Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza

Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A venda ás entradas para Fuxan Os Ventos
Xa á venda as entradas para o espectáculo Terra de Soños de Fuxan os Ventos

Xa se poden mercar os billetes para o espectáculo Terra de Soños, que suporá o regreso de Fuxan os Ventos, os días 18 e 19 de outubro no Auditorio de Galiza (Santiago de Compostela), dentro do ciclo Sons da Diversidade.

As entradas están dispoñíbeis na web de Caixa Galicia e no teléfone 902 434 443.

Na véspera e nos mesmos días das actuacións tamén estarán á venda nas billeteiras do Auditorio de Galiza. O horario para adquirirlas é de 12:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h. Nos próprios días de actuación, as billeteiras permanecerán abertas até as 20:30h.

Prezos: de 10€ a 20€

www.fuxanosventos.net

18 outubro :
Fuxan os Ventos
Auditorio de Galiza (Santiago de Compostela)

19 outubro :
Fuxan os Ventos
Auditorio de Galiza (Santiago de Compostela)

Fuxan os Ventos regresa ao escenario co espectáculo Terra de Soños

Terra de Soños, o espectáculo que Fuxan os Ventos levará ao Auditorio de Galiza os próximos 18 e 19 de outubro e que suporá o regreso aos escenarios do senlleiro grupo galego tras case dúas décadas, contará coas colaboracións de Guadi Galego, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Uxía, Rodrigo Romaní, Pepe Ferreirós, a compañía Nova Galega de Danza, Miguel Lustres e Sabela.

Xunto con todos eles, o grupo reinterpretará os temas máis emblemáticos do grupo dende unha visión renovada, xa que, amáis das colaboracións mencionadas, Fuxan os Ventos contará co acompañamento de Xosé Lois Romero, artífice tamén dos arranxos instrumentais para este proxecto. Nesa banda atoparanse o cuarteto de corda Saiva Nova, Simón García ao contrabaixo, Roi Adrio ás percusións, Guillermo Fernández á guitarra e Benjamín Otero ao oboe.

O Auditorio de Galiza será o espazo no que terá lugar a agardada reunión, nos días 18 e 19 de outubro, dentro do ciclo Sons da Diversidade que organiza a Concellería de Cultura de Santiago de Compostela. O espectáculo está patrocinado pola entidade Xacobeo, a Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela, a Televisión de Galicia, a Radio Galega, a Consellería de Cultura a través de Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural e o Restaurante 0’16. Colabora, asimesmo, Vieiros.

Para saber máis sobre o espectáculo, preme aquí.

www.nonsi.es


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-09-2008 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Remate do prazo para aCentral Folque (Compostela)
O vindeiro mércores día 1 remata oficialmente o prazo de prematrícula para o curso 2008-2009 en aCentral Folque.

Para todas aquelas persoas interesadas, aínda quedan sen cubrir completamente as materias de frautas e requinta, acordeón diatónico e sanfona.

En canto ás que estades xa preinscritas ou vos inscribades estes días, lembrar que as probas de acceso terán lugar estes venres 3 -de 10 a 21 h- e sábado 4 de outubro -de 10 a 14 h.

Empezaremos a avisar persoalmente as horas das audicións e colgaremos os horarios nesta páxina.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-09-2008 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
III Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
COMUNICACIÓNS NO III CONGRESO DE ENSINANTES DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

A Asociación de Gaiteiros Galegos está a organizar o III Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, que se levará a cabo no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, durante os días 31 de Outubro, 1 e 2 de Novembro.

Toda persoa que queira expoñer algún tema relacionado co ensino da música tradicional poderá escribir unha comunicación e presentala no Congreso.

As normas para a presentación de comunicacións serán as seguintes:

- O prazo de presentación dos resumos das comunicacións será do 1 ao 17 de outubro de 2008. O contido deberá ser enviado co seguinte formato: letra “Times New Roman”, tamaño 12, interliñado sinxelo. O contido deberá incluírse nunha páxina como máximo (1 cara). Ademais deberán indicarse os datos persoais do autor/es que presenten a comunicación.

- Os autores das comunicacións seleccionadas poderán redactar o traballo in extenso ata o 27 de Outubro. Data límite para que todos poidan ser incluídas na documentación oficial do Congreso.

- A duración das comunicacións non deberá ser superior a 15 minutos de exposición.

- O envío das comunicacións deberá realizarse por correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.com ou por correo ordinario á Rúa Alfonso XIII nº7, oficina 8. 36002 Pontevedra.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-09-2008 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Maruxa (Fuxan Os Ventos)
“Os galegos soñamos moito, pero tamén nos deron moitos paus. Hai que pasar páxina, agora non é o momento da canción reivindicativa e da canción protesta, pero a realidade é que hai moitas cousas que non están superadas, por exemplo, hoxe hai moita xente que canta en galego e despois fala en castelán”. Son as verbas dunha das integrantes de Fuxan os Ventos, na antesala da volta do grupo ós escenarios. Tras vinte anos sen facelo, a música tradicional do que no seu día foi pioneiro en amosar unha conciencia crítica e comprometida co país volverá soar en directo

Maruxa Fociños, Carme Vázquez, Xoán L. F. Saavedra, Tereixa Novo, Alfonso Fernández, Moncho Díaz, Antón Castro, Xosé Vázquez e Pedro Lucas compoñen a día de hoxe a mítica agrupación musical. Logo de sacar oito discos ó mercado e de levar vinte anos sen subir a un escenario, os Fuxan rexorden para ofrecer un concerto que, de seguro será inesquecible, no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, os días 18 e 19 de outubro, baixo o título Terra de soños e acompañados por unha banda dirixida por Xosé Lois Romero, así como polas colaboracións de gran parte dos músicos refrentes a día de hoxe na música galega como Mercedes Peón, Uxía, Guadi Galego; Xabier Díaz; Rodrigo Romaní; Pepe Ferreirós, Miguel Lustres ou Sabela, entre outros. Emocionada pola cita que se aveciña, Maruxa Fociños, en nome de todos os seus compañeiros, comenta como será este novo encontro co público.

Fuxan os Ventos volve ós escenarios. ¿Como vai iso? ¿Nerviosos?
Despois de vinte anos, a verdade é que digamos que un pouco as táboas si que as perdemos, pero ó mesmo tempo nós sempre fomos nós mesmos e penso que seguimos séndoo.

Cóntame cómo xurdiu esta decisión de volver.
Foi unha proposta de NonSi Servizos Culturais. Ó ser con orquestración e con colaboracións pareceunos un proxecto moi bonito. Ó principio, para dicir que si, custounos, aínda que algúns o dixemos pronto, como por exemplo eu, houbo xente que o dubidou bastante. É que nós agora temos cada un as nosas familias, cada un ten as súas circunstancias persoais, e a algún custoulle decidirse, pero ó final, non é que botaramos de menos os escenarios, pero sempre che queda aí ese proído de por qué non.

Como ti dis, ides estar acompañados por unha gran banda e por gran parte dos músicos galegos de hoxe en día. Non sei se isto se converte nunha especie de homenaxe da música galega a Fuxan ou viceversa...
Pareceunos moi interesante o feito de nós colaborar con eles ou de que eles colaborasen co nós. Son xente que case naceu cando naceu Fuxan. Nalgúns casos, non digo que lles dobremos a idade, pero case, a algúns estou segura de que si. Esta tamén era unha maneira de fundir ou xuntar as dúas tendencias, o que son os pioneiros, como fomos nós, coa xente que fai música hoxe en día. Penso que vai ser moi bonito, porque, por exemplo, con Uxía nós xa temos cantado e coñecemos a todos. Eu creo que a eles lles fai moita ilusión e a nós tamén.

¿Este é un espectáculo montado só para os concertos que vai haber en Santiago ou logo Fuxan ten pensado seguir de xira e volver definitivamente ós escenarios?
Temos propostas, pero en principio imos esperar a que pasen os concertos do Auditorio, para ver cómo saíron. Queremos curarnos en saúde primeiro.

¿Que é o que se vai atopar o público, os temas de sempre supoño?
Ó ser un concerto nestas circunstancias escollemos temas de todos os discos, procuramos máis ou menos que houbera unha escolla equitativa. Van estar representados todos os nosos traballos desde que empezamos a andaina.

O espectáculo chamarase ‘Terra de soños’. Eu non sei se este título se debe a que Galicia ten que seguir soñando porque aínda non se cumpriron os anhelos que para o país tiña Fuxan hai máis de tres décadas...

‘Terra de soños’ tamén é parte dun verso. Ían os ollos cantando cantando, por exemplo, do lobo, e nós pensamos que, efectivamente, é unha terra onde sempre se soñou, onde se segue soñando e pareceunos moi bonita esa idea polo que nada máis dicir o título pensa cada quen, independentemente do que para nós signifique iso. O que pasa é que aínda que é terra de soños, Fuxan sempre tivo bastante os pés nas terra e os galegos soñamos moito, pero tamén nos deron moitos paus. Nós somos conscientes diso, hai que pasar páxina, evidentemente, pero coido que aínda que hoxe non é o momento da canción reivindicativa e da canción protesta, ás veces, pasa que pensamos que temos moitas cousas superadas e resulta que non o están tanto. Refírome, por exemplo, á conciencia de galego. Hoxe hai moita xente que canta en galego e despois fala en castelán. Nós estamos sempre na liña de pensar como galegos, obrar como galegos e sentir como galegos. Nós mamamos iso, non sei se é o caso de todo o mundo, logo, entendo que hai xente que fai moitos esforzos porque non o mamou e xa sabemos todos que a educación empeza desde abaixo.

Falemos de ti. Se non me equivoco, creo que entraches en Fuxan a finais dos anos 70...
Si. Eu naquel momento acabara Maxisterio e estaba facendo o curso de Arte. A verdade é que xa antes de facer Maxisterio eu quería facer Arte. Unha irmá maior miña díxome que por qué non facía primeiro Maxisterio, xa que Arte tiña tan poucas saídas..., e segue sen telas, claro. Logo, estaba eu facendo o curso de Arte cando me chegou a proposta de Fuxan porque se fora unha das rapazas, pero estaba tan ensimesmada no tema da Arte, que supoñía un nivel de estudos superior ó que eu fixera para Maxisterio, que lles dixen que non. Eles insistiron e propuxéronme que fora ver un concerto e despois opinara. Daquela era a época na que Fuxan cantaba en todos os sitios, aldeas, parroquias, teleclubs, etc. Fun velos e claro, eu iso xa case mo supoñía...

Que te ían convencer, ¿non?
Claro. A partir desas datas entrei a formar parte do grupo. A verdade é que foi todo moi ben e desde aquela nunca máis volvín marchar. O que pasa é que tivemos esta época pasada que foi de letargo, pero iso non quere dicir que nestes vinte anos non nos chamaramos e non nos falaramos.

É que foron vinte anos sen subir a un escenario, pero vinte anos nos que Fuxan non estivo durmindo, de feito, sacastes ó mercado neste tempo dous discos.
O problema de Fuxan sempre foi a amplificación, porque son varios instrumentos, varias voces, nun momento dun tema solos, logo dúos, logo entran todas as voces..., é dicir, que non é fácil amplificar un grupo así. Gravar un disco suponche preparar as cancións e facer os arranxos e as partes musicais, que ten a súa dificultade, pero á hora de gravar, se che sae mal volves repetir e punto, non é o mesmo que un directo. Para gravar, aínda que nos ocasionou os nosos trastornos porque agora temos fillos e cargas familiares e témolas que deixar atendidas, foi doado, porque che apetece xuntarte e facer un disco. Logo pasan outros anos, e volves estar outra vez en paro e cando volvemos retomalo xa nos volve ilusionar tamén, que foi o que nos pasou agora con este concerto.

Dicías antes que Fuxan foi un grupo pioneiro na canción galega. Está claro que foi un símbolo de loita, de resistencia, de compromiso co país. Ti que o ves desde dentro, ¿que dirían que representou?
Eu penso que Fuxan é un referente sobre todo polo labor que fixo de recollida e de achegarlle á xente todo ese material. Hoxe hai máis xente que se dedica a recoller cancións tradicionais e o mesmo se poderían ter coñecido igual, pero nós recollémoslle cancións a xente maior que hoxe sería imposible porque xa non están aquí. Fuxan sempre tivo un principio, e é que non estaba con soar dunha maneira no disco e en directo doutra.
Nese aspecto fomos bastante íntegros.

¿Por que ese principio? ¿Por unha razón de perfección?
Non. Porque todos viamos concertos en directo de cantantes famosos a nivel nacional e escoitabas o disco e case sempre o grupo soaba no disco bastante mellor que en directo. A nós isto non nos gustaba. Ademais, nós sempre nos encargamos do material, nós montabamos, desmontabamos. Digamos que nós cantabamos, que era o que mellor sabiamos facer e achegabamos as pezas e o folclore e o que se recollía e cousas tradicionais que xa estaban recollidas e mesturabámolas cos nosos arranxos particulares. Iso afectou ás nosas vidas, porque tamén nos comprometemos nós máis. Cando ti están falando da emigración, na que houbo moitas situacións delicadas e duras, ti tamén estás achegándote un pouco ás vivencias desas persoas que emigraron. O mesmo cos mariñeiros e cos outros temas. Eu penso que o que Fuxan intentaba era chegar á xente co maior compromiso posible de cara a todos os colectivos. Non sei se se conseguiu, pero penso que Fuxan espertou un pouco algunhas conciencias.

Espertou conciencias e falou de temas dos que na época non gustaba moito que se falara. Aínda así, sobreviviu a moitas censuras.
Malia todo o traballo feito, penso que moitos dos Fuxan tampouco o tiñan tan claro naquel momento. O que pasa é que estabamos vivindo un momento histórico, e os que tiñan algún medio para poder chegar á xente, como era a través de cantar, tiñan que facelo, por iso eles se viron na obriga de comunicar e de dicir cousas que naquel momento eran importantes.

¿Séguense entendendo hoxe en día esas cousas? ¿Todas esas cancións non están xa un pouco desfasadas a día de hoxe ou seguen sendo actuais? ¿Unha persoa nova pode perfectamente hoxe entender e gustar deses temas?
Eu penso que si.

O outro día nun chat, falábase da vosa volta ós escenarios e alguén preguntábase para cando Fuxan adaptaría os seus temas ós novos tempos. É dicir, para cando cancións de Fuxan sobre a problemática que hai con Reganosa, co Plan acuícola ou coas canteiras do Courel, igual que no seu momento o fixo coas Encrobas.
Non é que non sexa posible. Non é que hoxe non haxa cousas polas que protestar, pero temos outros medios para facelo. Creo que un grupo como Fuxan hoxe non se pode poñer a facer canción protesta. Nós estamos no noso estilo. Sería como se hoxe, por exemplo, Mocedades se pón a facer canción pop. Eu non os vería, pero iso non quere dicir que o que fixeran non estivera ben e que o traballo non fora digno. Hoxe pódense facer manifestacións e se fas actuacións podes facer alusións e falar do tema, que non pasa nada, e dicir que iso é unha inxustiza, si, pero hoxe facer este tipo de cancións..., non o sei, temos falado e non nos formulamos volver para facer cancións protesta. Ademais, tampouco volvemos estar nos escenarios coma antes. Trátase agora de facer un concerto recompilatorio e iso de todos os xeitos non impide que ó mellor mañá decidamos gravar un disco e se inclúa algún tema sobre o que ti dis, pode ser, pero non é unha meta do grupo .

Fuxan sobreviviu a épocas duras. Hoxe hai moitos grupos que cantan en galego, ¿as cousas son máis doadas agora?
Si, por suposto.

¿O panorama da música galega está ben logo?
Creo que está bastante mellor do que estivo, pero iso non quere dicir que xa toquemos teito. Hai que evolucionar e é difícil, sobre todo para un grupo coma nós que leva tanto tempo.


Fuxan os Ventos formouse en 1972 co nome de Folk 72 para participar no II Festival musical das San Lucas de Mondoñedo, onde gañaron o primeiro premio co tema ‘Fuxan os ventos’. Desde aquela adoptaron este nome para o grupo e comezaron a realizar actuacións.En 1973 o grupo participou no III Festival Ría de Ares, en Pontedeume, gañando tamén o primeiro premio e o mesmo pasou noutros certames.En 1976 publicaron o seu primeiro disco, Fuxan os ventos, con Philips-Fonogram, acadando prestixio internacional. Por Fuxan os ventos chegaron a pasar até 30 persoas.

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-09-2008 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Emilio Cao
O músico Emilio Cao volve aos escenarios e prepara un novo disco, que ten máis cor que os anteriores, e fala de cousas cotiás e sinxelas

Podes atopar a Emilio Cao tocando a arpa nun mosteiro, ou nun concerto de rock and roll. É un home calmo, pero tamén enerxético. Transmite sensacións de espiritualidade e amabilidade, porque anda buscando ese equilibrio interior tan necesario. Pensa que o son da arpa aportou "dozura e tranquilidade" á música folk de Galicia. Segue sendo un amante do pop e do rock, igual que nos seus inicios musicais. En 1977 gravaba o seu primeiro disco, "Fonte do araño", e dende entón pasaron moitas cousas na súa vida, pero mantén vivas a curiosidade e a ilusión. Viaxou moito. Naceu e vive en Compostela. As súas cancións transpórtannos a mundos soñados nos que sentimos que podemos tocar o ceo.

Que é para ti o intimismo da música?

Penso que a arpa xa é de por si un instrumento cuxa visualización pon a xente nunha onda de tranquilidade. Coa primeira arpa que tiven pasábame que só con mirala parecíame bonita. Para min é un espazo natural esa situación de intimidade. Nos concertos que dei este verán busqueina. Quero buscar un "OM" de ioga, buscar "un tempo" e facer outro diálogo coa xente.

Como lembras aqueles anos 70 dos teus inicios musicais?

Os meus comezos foron de rock. Era baixista dun grupo rock de Compostela. Esas liñas sígoas mantendo. Non me considero un músico folk ao uso. Gústame tamén o pop. Os meus comezos foron tocando en discotecas e ao aire libre. Teño un traballo vocacional. Sempre recordo un consello que me deron: "se tes un traballo vocacional non debes presumir nin queixarte." Lembro aquel momento con enerxía e claridade. Deixei os estudos e marchei vivir fóra de Compostela. Necesitaba esa dislocación.

Que é Galicia para ti? Estás contento de vivir neste país?

Sempre tiven a sensación de que para levarme ben co país teño que ter un pé dentro e o outro fóra. Para min foi importante vivir no estranxeiro. Nos comezos tivo que ver con esa necesidade de ter outra perspectiva e unha riqueza humana e musical que aquí non tiña. Agora teño un fillo co que comparto a miña vida. Este país está nun bon momento. Hai unha oportunidade para as novas xeración. Temos que resituarnos no mundo.

Como foi o teu primeiro encontro coa arpa?

Atopei nunha tenda de instrumentos de segunda man, na Coruña, unha arpa. Leveina para a casa. Despois duns días de admiración e respecto comecei a tocala. Son autodidacta e os autodidactas temos unha intuición máis desenvolvida e a sorte de non perder o aspecto lúdico da aprendizaxe. Cando saíu o meu primeiro disco eu nunca mirara outra arpa. Non tiña referentes ningúns. A arpa proporcionoulle á musica galega un punto de dozura e tranquilidade. Abre un espazo sonoro. Ofrece a lectura interior da música.

Traballaches de lavapratos en restaurantes de Barcelona e tocaches no metro de París.

Traballei no restaurante San Jaime de Barcelona. Penso que agora a xente nova non sabe o que perde ao non alternar traballos intelectuais con traballos físicos. Porque achega unha visión do mundo real, do esforzo directo, de cumprir horarios e ter responsabilidades. Tocar no metro de París era xenial. Eramos como unha familia. Á última hora do día quedabamos para comentar e falar. Non te coñecía ninguén, estabas dentro da multitude. O anonimato funciona moi ben para a creación.

Compostela é agora a túa casa. Cres que é unha cidade aberta ao mundo?

É unha cidade que dende os seus inicios ten unhas constantes cosmopolitas, de xente que entra e sae. Cando me din que agora hai "xente alternativa" penso que aquí antes a realidade era igual. Aquí chegaban princesas, pero tamén rufiáns, prostitutas e borrachos. Compostela é abarcable camiñando. Para o pequena que é ten unha dinámica de cidade máis grande. Aquí non me sinto agobiado. Condicióname o ceo, ter perspectiva. Vivo nun ático e agradezo ter o ceo como punto de fuga.

Sempre mantiveches amistade con músicos e cantantes de Portugal. O país veciño segue sendo unha referencia para ti?

Eu tocaba rock e cantaba en inglés e chamáronme do grupo Voces Ceibes para que os acompañase. Empecei a cantar con eles. Foron xenerosos. Eles estaban moi conectados con Portugal e con José Afonso, a quen coñecín e tratei. Era un referente. O único que lle faltou a José Afonso para ser Bob Dylan foi nacer en Estados Unidos. Síntome neto de José Afonso. Con él vimos como facer música mantendo o sabor e as raíces da túa terra pero sendo ao mesmo tempo música actual. Toquei moitos anos en Portugal.

Dedicaches o teu disco "Cartas Mariñas" á poesía de Manuel Antonio.

Durante moitos anos "De catro a catro" foi o meu libro de viaxe. Gústame iso dos "océanos do corazón", ese mirar para fóra e para dentro, ese vangardismo conectado co país. Coñecín xente que tivo relación con Manuel Antonio. O avó de Julián Hernández, o cantante de Siniestro Total, carteábase con Manuel Antonio. Tiven moita vinculación con Rianxo. Manuel Antonio tamén foi situarme cando eu era neno, e ía enriba dun carro a coller algas no mar para abonar. Era o rural galego dos 70.

Como vives agora o teu regreso aos escenarios e á música profesional?

Agora é "o tempo". Para subir a un escenario tes que ter enerxía e ganas de contar. Pasei unha época dura. Necesitei volverme situar. A vida civil tamén me encanta. A industria musical nestes anos cambiou moito, e estou situándome pouco a pouco. Este verán deuse unha circunstancia gozosa. Din concertos en Compostela e os de Siniestro Total convidáronme para tocar na presentación do seu disco. Síntome tan feliz nun mosteiro tocando a arpa como ao lado de xente tan irreverente e enerxética como Siniestro.

Como é o novo disco que estás preparando?

Ten moitos instrumentos e é moi rítmico. É un disco moi aberto, con moita máis cor que os que teño feitos. Hai algún tema instrumental pero son sobre todo cancións que falan da vida cotiá. Quixen evitar certa solennidade que vexo na música e na poesía galegas, e da que quero escapar. O discurso da música folk galega sempre foi "moi serio". Creo que lle faltou algo de irreverencia. A música pop, rock e punk si que colleron a bandeira da irreverencia, da travesura, do sentido do humor, de ser "algo malos".

O vento pode falar? A Natureza sabe expresarse?

A palabra ventá en case todos os idiomas ten que ver con "burato" e "vento". A ventá como un burato por onde entra o vento. A Natureza é un libro aberto e temos que volver a ela. Ter os pés descalzos na terra e mirar para riba e que o teito sexa o ceo. Son un fervente seguidor de Prisciliano. Quero fundar unha igrexa priscilianista. Gústame moito ese personaxe, o seu culto á Terra e ao sol. É a conexión precristiana co cristianismo.Gustaríame unha nova igrexa un pouco hippie e un pouco animista.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-09-2008 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Manifestación para salvar Fonte Gaiteira
Duascentas persoas reivindican en Catoira a conservación como parque da área de Fonte Gaiteira

Catoira é ben coñecida como berce das Torres de Oeste, fortaleza medieval de raizames antigas que defendeu a costa galega das invasións vikingas. Mais o municipio arousán contén moitos máis elementos que o configuran como un espazo con personalidade propia, incluíndo muíños de vento, auga e marea.

Un destes conxuntos atópase en Fonte Gaiteira, un pequeno bosque de ribeira que nace no río Catoira. Aló se atopan un vello muíño, o conxunto coñecido como Casa das Pexegas e unha ponte romana, sobre o que vén de intervir a escola-obradoiro. Curiosamente, este espazo está a punto de padecer unha notable agresión urbanística. O Concello prevé erguer, a uns metros de distancia, un edificio multiusos que albergará unha nova casa consistorial e un auditorio.

A plataforma Salvemos Fonte Gaiteira naceu para tratar de evitar que a desfeita se consume. Malia a Subdelegación do Goberno non autorizar a concentración de protesta, o colectivo reuniu onte a duascentas persoas para reivindicar a súa conservación coma parque, e demandar que as instalacións previstas se constrúan noutro emprazamento. O rexedor, o socialista Alberto García, semella decidido a continuar.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-09-2008 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 26 (Venres)
• Folión de fachas en Vilelo (O Saviñao) cos Jalochos e Os Chiquilicuatres
• Galegoz e Lamatumbá en Porriño
• María do Ceo en Tui
• A Roda en Vilagarcía de Arousa
• Festival Mundo DZ en San Sadurniño
• Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)

Sábado 27
• Roteiro de Congostra pola Peneda (Portugal)
• XX Xuntanza folcórica no Carballal (Vigo)
• Torneo de pincha (billarda) no Porriño
• Faltriqueira en Marín
• The Homens na Praza de Castelao (Corcubión)
• Kogito na sala Vagalume de Salvaterra de Miño
• A Roda en Soutomaior
• Xose Manuel Budiño na Carballeira de Zas (ADIADO)
• Festival Sitio Distinto en Monterroso: Os Tres Trebóns, Nadadora, Galegoz, Ataque Escampe, O Leo i Arremecaghona,...
• Festival MundoDZ en San Sadurniño
• XX Xuntanza de Gaiteiros na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene): “Treixadura Gaiteiros e Orfeón”, “Pradairo”, “Leilía” e a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene"
• Serán en Mos, no Pazo dos Marqueses
• Serán Carballeira en Picoña (Salceda de Caselas) no Torreiro da Festa

Domingo 28
• Concentración na Fonte Gaiteira de Catoira ás 12:00
• Brincadeira, Toxos e Fores e Coral Cantigas da Terra na Coruña no Teatro Rosalía de Castro ás 19:00
• Nova galega de Danza no Auditorio Municipal de Ourense ás 20:30
• A Roda en Marín
• Ataque Escampe en Monterroso
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-09-2008 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os seráns
Venres 26 de setembro
-Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)

Sábado 27 de setembro
-Serán en Mos, no Pazo dos Marqueses
-Serán Carballeira en Picoña (Salceda de Caselas) no Torreiro da Festa

Mércores 1 de outubro
-Serán na Fábrica de Chocolate (Vigo) ás 22:30

Sábado 4 de outubro
-Serán de Vilaboa na Casa da Cultura de Riomaior, entre San Adrián e Santa Cristina de Cobres (Vilaboa)
-Serán de San Tomé en Parderrubias (Salceda de Caselas)

sábado 18 de outubro
-Serán "Val de Flores" en Valdráns (estrada Tui-Salvaterra), no centro cultural
-IV Ruada Xiradela no Centro Cívico Cultural de Arteixo

sábado 25 de outubro
-Serán da Balsa, no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)

Xoves 30 de outubro
-Serán na Sala Nasa (Compostela)

sábado 8 de novembro
-Serán en Caldelas de Tui, na Carballeira de San Martiño
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-09-2008 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
VENRES 26 DE SETEMBRO, a partir das 23.00 h.
ENTRADA DE BALDE


Coma sempre, o último venres de cada mes tócalle o turno a músicos e bailaríns do “país”, xa sabes a música tradicional no seu estado máis puro, gaiteir@s, tamboriler@s, bombeir@s, requintistas, pandereteir@s e algún que outro clarinetista perdido…
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-09-2008 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Salceda de Caselas
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-09-2008 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Sitio Distinto 2008 (Monterroso)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-09-2008 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Festival DZ 08 (San Sadurniño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-09-2008 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Pincha (billarda) no Porriño. LNB Conferencia Sul
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-09-2008 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
XX Xuntanza Folclórica en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-09-2008 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
XX Xuntanza de Gaiteiros en Fene
O sábado 27 de Setembro de 2008, a partires das 20.00 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XX Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organiza tódolos anos dende 1988. Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, realízase unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracteriza por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música.

Este ano a homenaxe vai dedicada ao grupo “Leilía”.

Leilía e un grupo que se pode considerar case que imprescindible, non so na preservación das esencias da tradición cantada, senón tamén na súa faceta de recolleita, a pé de campo, do repertorio tradicional. Foron as primeiras pandeireteiras ou cantareiras en gravar e tamén en normalizar (no que a recoñecemento, difusión e equiparación co resto da nosa música se refire) esa tradición oral transmitida de xeración en xeración.

Nesta XX Xuntanza de Gaiteiros participarán:

- “Treixadura Gaiteiros e Orfeón”,
- “Pradairo”,
- “Leilía”
- Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene”.


A Xuntanza será presentada por Quico Cadaval

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-09-2008 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Folión de fachas en Vilelos (O Saviñao)
Unha tradicción Castrexa con moitos anos de antiguidade e un grande interese cultural por ser un dos poucos sitios de Galicia onde se conserva o folión "de véspera" como tal, para anunciar que van a escomezalas festas parroquiais, con un ritual de lume e música que durará ata ben entrada a madrugada!!

Durante os meses de vran haberá que recoller agucios, que son unhas plantiñas que nacen na primaveira pero non se poderán coller ata que estén ben secos, e eso será aló polo mes de Agosto. Logo de varios días a captura destes ... habera que facelas fachas que serán as encargadas de amenizala festa, faranse o máis grande posible posto que elas decidirán cando remata a troula pois .... namentres haxa lume hai festa!!!! (polo menos cando non había ainda luz electrica).

Tamén se farán fachas máis pequenas pois haberá que subir a "cima" do Castro da parroquia dende o cal se avisa a toda-las parroquias cercanas de que imos estar de festa pois seica se ve dende, polo menos, 7 parroquias o redor, asique estades todos invitados a visitar este folión que ben seguro vos fara vivir momentos ben inesquencibles ...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-09-2008 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

www.congostra-vigo.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 26-09-2008 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
FONTE GAITEIRA DE CATOIRA
Nos tempos máis escuros da nosa cultura e da nosa música tradicional, no noso país non abundaban os grupos de gaitas, non sendo doado atopar máis alá dun puñado desas formacións, fundamentais na conservación e transmisión do patrimonio musical do noso pobo.

Había unha vila en Galiza, na que a mediados do século pasado, seguia mantendo viva a nosa música . Así, Os Riveiros”, “Brisas do rio Ulla, “Os Areeiras” e logo máis tarde “Faíscas do Xiabre” fixeron que Catoira fose o pobo de Galiza no que había máis cuartetos de gaita. Foi a nosa vila unha importante “Fonte Gaiteira” do noso país.


Eran tempos aqueles nos que, froito do autoodio, do complexo de inferioridade que se fomentaban desde o poder, o gaiteiro e a súa música era considerada por moita xente música de aldeanos e paletos.

Afortunadamente a situación mudou e hoxe, tanto a nosa música tradicional, como a figura emblemática que a representa “o gaiteiro” gozan do recoñecemento da maioría do pobo. Pódese dicer, que estamos a vivir un explendor da nosa música. Semella que as distintas fontes gaiteiras ao longo do noso país tiñan un bo caudal, para que as novas xeracións bebesen deses ricos manantiais, fructificando e ampliando ese rico patrimonio herdado dos nosos devanceiros.

Esta reflexión ven a conto, porque en Catoira, no corazón do pobo, temos un fermoso parque que se chama “Fonte Gaiteira”, no que no seu dia tocaron os lexendarios Gaiteros de Soutelo. Atopándose ao carón da Fonte Gaiteira un prado, un muiño de auga e unha ponte romanica protexida por patrimonio. O concello en vez de darlle a todo esto un tratamento global, ampliando o parque, pretende enche-lo de formigón para construir un macroedificio.

Diante desa pretendida desfeita, unha parte importante do pobo de Catoira reaccionou e ten convocada unha concentración na Fonte Gaiteira, o vindeiro domingo 28 de Setembro ás 12 horas.

A música tradicional dun país, ven a ser a banda sonora coa que se identifica ese pobo. Na creación desa banda sonora ten unha influenza fundamental a paisaxe e o medio no que vivimos. Por eso as persoas vinculadas á nosa música tradicional, somos especialmente sensibles coas agresións ao medio ambiente.

Catoira aportou moito a ese manantial da música tradicional que antes citaba, a traveso da nosa Fonte Gaiteira, da que moitos seguimos bebendo.

Para protexer o noso patrimonio artístico, paisaxístico, medioambiental, é polo que vos fago un chamamento a todos os gaiteiros do país, a que acudades o vindeiro Domingo á concentración que imos celebrar ás 12 da mañá no devandito parque. Pretendemos facer unha grande concentración de gaiteiros. Traer os vosos instrumentos para demostrar que os gaiteiros galegos queremos defender a Fonte Gaiteira.
Logo convidámosvos a xantar no parque.

Salvemos a Fonte Gaiteira.

Unha aperta.
Nando Casal- gaiteiro-
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-09-2008 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Ugía Pedreira
O 1 de outubro pecharase o prazo de inscrición nas aulas do Centro Galego de Música Popular, dando paso ás probas de acceso e audicións, que se celebrarán os días 3 e 4. O 11 de outubro, cos alumnos seleccionados e distribuídos en cada un dos niveis comezará oficialmente o curso na Central Folque.

Pero antes, o día nove, os profesores do centro ofrecerán un concerto na Igrexa da Compañía. Falamos con Ugia Pedreira, directora de aCF, para que nos explique as razóns do cambio de Lalín por Compostela, o proceso de crecemento que vive o centro, os seus retos de futuro, e alén diso, as últimas novidades de Marful, que prepara un novo álbum, que escoitaremos en breve.

Que vai cambiar no conservatorio na súa nova etapa?
Xa non se chama conservatorio (esta palabra ficou en conserva). aCentral Folque (aCF), Centro Galego de Música Popular, é un centro adicado, por un lado á docencia, e polo outro á produción de eventos musicais complementarios da formación. aCF aposta mais que nunca pola profesionalización do alumnado adaptada ás necesidades específicas do campo musical galego. Neste proxecto case que se duplicou a equipa, creamos máis postos de traballo, introducimos a materia de violín, historia da música galega convértese en materia obrigatoria, o alumnado ten que realizar unhas probas de acceso (as prazas son limitadas), temos o recoñecemento de créditos de libre configuración para o alumnado da USC..., un sen fin de novidades curriculares e de estrutura xeral.

A intención era quedar en Lalín. En Galiza non é posíbel estabelecer centros de prestixio e dimensión fora das cidades?
A intención era permanecer en Lalín, si. Evidentemente desde as raíces do local chegamos ao universal, ben sexa nunha illa, nunha aldea, nunha vila mariñeira..., mais foi Compostela quen nos acolleu e sobre todo quen comprendeu mellor o proxecto polo tanto desde aquí traballaremos no barrio 'optimista' de Vista Alegre, na cidade, como viñamos facendo.

Que leccións aprendidas traedes de Lalín?

Unha experiencia de sete anos que permitiu construír un proxecto curricular de centro e aula para a música popular galega. Ser quen de poñer en valor as formas patrimoniais, a linguaxe da beleza e da realidade intemporal desta sabedoría colectiva. Potenciar as nosas capacidades creadoras e por que non, ser o altofalante dunha xeración de músicos. As vangardas son revoltosas, esponxas, cocteleiras, centrifugadoras que rachan co anterior constantemente, aínda que non sexan un fenómeno novo. Mais non temos os pés no río do esquecemento, sabemos que Lalín abriunos as portas para a construción dun sono, polo tanto iso non se esquece.

Parece que o ensino da música tradicional en Galiza vai collendo músculo. O conservatorio consolídase e crece, en Vigo a escola E-trad tamén vai adiante... Cales son os próximos pasos?
Os que como colectivo queiramos dar. Facer o sector mais forte é parte da nosa responsabilidade cara á nosa música, a nosa representación diante do mundo.

Cres que é posíbel chegar a este obxectivo da profesionalización dos músicos?
Iso actualmente xa é unha realidade. Toda a nosa equipa vive profesionalmente da música desde hai anos e certos alumnos do conservatorio anterior tamén se lanzaron ao acantilado nesta profesión. Non só é posíbel, é normal. O elenco de profesores da aCF é de luxo. Profesionais activos na creación discográfica e nos palcos que proxectan na súa aula unha forma de vida.

Como valoras o momento actual da música tradicional, de raíz, folk en Galiza?
En linda construción e traballando no segredo da eterna xuventude, as 3 'in': inquedanza, inconformismo e infancia. A expectativa está nos rapaces e concretamente nós apostando pola Aula Folque Infantil de Pontevedra que é a floreciña recén cortada de aCF. Unha aula folk experimental apoiada polo Concello de Pontevedra que desenvolve desde hai 3 anos unha pedagoxía libre.

Falta valentía ás veces? Bótanse en falta mais intentos de fusionar ritmos, de buscar novos camiños?
Valentes con valor? As culturas non son materia orgánica que pode morrer ou desaparecer ao completo. Tampouco as culturas musicais son verdadeiras ou falsas, pode que haxa mentiras evidentes. O hibrido é o natural nelas, polo tanto estamos a falar do mundo do inauténtico. Logo coma sempre, depende do talento, da técnica... Penso que pouco importa o xénero ou estilo cando se trata de comunicación. Neste proceso é a naturalidade e a sinceridade a clave dunha persoa que se comunica musicalmente. Ás veces para innovar é preciso unha certa inocencia para aportar novidades sen propoñelas. A compositora que ten necesidade de dicir algo será grazas á súa espontaneidade inventiva e non do seu empeño en convencer. Evidentemente, coñecer as formas musicais galegas e a historia musical dun pais axuda. Mellor é mostrar que ser sospeitosa de demostrar.

Fálanos dos teus proxectos. Cando teremos na man novo disco de Marful?
Buf... cando pase todo isto. Cando pintemos o local das oficinas de aCentral Folque, remate de montar os móbeis, aCF se bote a andar..., recuperarei cos meus compañeiros marfuleiros as novas canción e letras. En novembro faremos unha digresión por Valladolid, Segovia, Madrid e continuaremos dándolle voltas mentres "combinaremos na liña do horizonte ou naquel mar que non sae nas cartas, as cousas estanche moi boas, o caso é ter tempo" di a Jota para Frank Sinatra de Pedro Pascual.

Estades satisfeitos coas novas canción? Como definiriades o novo rumbo do grupo?
A viaxe a Cuba, a "Descarga ao vivo", está marcando en certa medida o ambiente do disco, tamén as viaxes de Marcos Teira a Brasil. Unha vez máis, están plasmadas as influencias americanas tan presentes na música inquietante de Marful e digamos que é mais bailábel, un baile cheo de inequívocos. No que a min respecta, as letras son mais patafísicas, optimistas e frívolas. As ansias dun infinito verao, as variettes e as damas das primeiras orquestras dos 50 cáenme coma un ballón de auga salgada

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-09-2008 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Inaugúrase aCentral Folque en Compostela
Este Centro de Estudos da Música Popular Galega, antigo Conservatorio Folque de Lalín, bota a andar coa súa programación no próximo mes de outubro.

García Conde, Bugallo e Pedreira na presentación de aCentral Folque Esta mañá presentouna a súa directora, Ugia Pedreira, acompañada pola conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e e a concelleira de Cultura compostelá, Socorro García Conde. O centro, situado na Escola de Altos Estudos Musicais, e coa sede administrativa na Rúa Salvadas, número 22, constitúese como un centro formativo profesional para a investigación e docencia da música galega, tanto para público adulto como infantil.

O proxecto educativo, patrocinado pola Consellaría de Cultura e Deporte a través de Agadic, o Concello de Santiago e o Consorcio de Santiago, coa colaboración da USC, caracterízase pola súa amplitude, o desenvolvemento curricular e a súa aposta pola profesionalización. Para este curso 2008-2009 haberá 120 prazas, que se agarda que se cubran na súa totalidades, e as horas lectivas serán validadas por créditos de libre configuración. O prazo de prematrícula está aberto até o 1 de outubro, e pódese realizar a preinscrición a través da web de aCentral Folque. Con todo, convocaranse probas de acceso.

Os cursos comezan o 11 de outubro, impartidos por Guadi Galego, ex vocalista de Berrogüetto, en canto; Pedro Pascual, en acordeón diatónico; Francisco Estevez "Chuco", en percusión tradicional; Edelmiro Fernández, en gaita; Óscar Fernández, zanfonista de Bonovo; Quim Farinha, violinista de Berrogüetto; Roberto Sala, en frauta e requinta; Benxamín Otero, profesor de linguaxe musical; e Ramón Piñeiro, investigador e director artístico do Centro Galego de Música Popular, na materia obrigatoria de "Historia da música popular galega".

O plan de estudos está organizado en catro cursos divididos en dous ciclos. Inclúe aulas teóricas e prácticas, e unha materia obrigatoria de "Historia da música popular galega", como elemento contextualizador dun currículo interdisciplinar que contempla formación en linguaxe musical, instrumentos, improvisación, interpretación colectiva, etc., xunto coa participación en cursos monográficos, conxuntos instrumentais e concertos e espectáculos de fin de curso.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-09-2008 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Portas abertas de Tear de Llerena (Pontevedra)

Olá a todas e todos!

Comunicamos-vos que na vindeira semana (29 setembro - 4 outubro) imos celebrar unhas xornadas de PORTAS ABERTAS no novo Local Social (Rua do Castañal, Nº 10 - Baixo, Ponte Vedra), para as que -de momento- están programadas as seguintes actividades:

Luns, 29 setembro:
· 19:30 - 20:30 : Presentación curso tamboril
· 20:30 - 22:00 : Pandeireta e canto tradicional (iniciación)

Martes, 30 setembro:
· 20:30 - 22:00 : Pandeireta e canto tradicional (perf. I)

Mércores, 1 outubro:
· 18:00 - 19:00 : Aula infantil (nen@s a partir de 7 anos)
· 19:00 - 20:00 : Proxección recolleitas 1980 (super-8)
· 20:30 - 22:00 : Pandeireta e canto tradicional (perf. II)

Xoves, 2 outubro:
· 20:30 - 22:00: Pandeireta e canto tradicional (iniciación)

Venres, 3 outubro:
· 20:30 - 22:00: Presentación aula pandeireta castellana

Sábado,4 outubro:
· 18:00 - 19:00 : Presentación arquivo de recolleitas e páxina web
· 19:00 - 20:00 : Presentación vídeos Projecto ['trepia]
· 20:30 - 22:00 : Presentación aula pandeiro
· 22:00 - 00:00 : INAUGURACIÓN LOCAL SOCIAL

Lembramos-vos que estamos abertos ás vosas propostas, tanto para esta semán como para actividades en xeral ao longo do ano. Todas as actividades son de asisténcia libre e gratuita, tanto para sócios como para non sócios.

www.teardellerena.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 25-09-2008 08:32
# Ligazón permanente a este artigo
Inicio das clases de O Fiadeiro

www.ofiadeiro.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 25-09-2008 08:31
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo)
*Bota a andar o curso 2008/09 da Escola de baile e música tradicionais Lembranzas da Ría.
As clases comezan o sábado 4 de outubro de 2008 e rematan o sábado 27 de xuño de 2009. Os cursos impartidos cos seus respectivos horarios (suxeitos a posibles modificacións) son:

BAILE:

*Venres:*
*- de 19:30 a 20:30 h. (Iniciación)*
*Sábados:*
*- de 16:15 a 17:15 h. (Pequenos)*
*- de 17:15 a 18:15 h. (Pequenos)*
*- de 18:30 a 19:30 h. (Iniciación)*
*- de 19:30 a 20:30 h. (Avanzado)*
Mestre: Miguel Sotelo


PANDEIRETA E CANTO:

*Xoves:*
*- de 20:00 a 21:00 h. (Iniciación)*
*Sábados:*
*- de 17:00 a 18:00 h. (Iniciación)*
*- de 18:00 a 19:00 h. (Avanzado Mulleres)*
*- de 19:15 a 20:15 h. (Avanzado Homes)*
*- de 20:30 a 21:30 h. (Avanzado Homes)*
Mestres: Lidia Piñeiro e Merchi Rodríguez


GAITA:

*Xoves:*
*- de 19:00 a 20:00 h. (Iniciación)*
*- de 20:15 a 21:15 h. (Iniciación)*
*- de 21:30 a 22:30 h. (Avanzado)*
*Venres:*
*- de 19:00 a 20:30 h. (Perfeccionamento)*
*Sábados:*
*- de 17:00 a 18:00 h. (Iniciación)*
*- de 18:00 a 19:00 h. (Iniciación)*
Mestres: Bea Malvido e Roberto Sotelo


PERCUSiÓN:

*Venres:*
*- de 20:00 a 21:00 h. (Avanzado)*
*Sábados:*
*- de 17:00 a 18:00 h. (Iniciación)*
Mestre: Sandro Sotelo

*Para máis información ver o apartado cursos da nosa web www.lembranzasdaria.com ou chamar ó 670706147 (Miguel) ou ó
605094203 (Manolo).
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 25-09-2008 08:30
# Ligazón permanente a este artigo
Apertura do Curso na Escola de Rebulir
ACTO DE APERTURA DO CURSO 2008/09 E ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ANTIGA

A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir convoca para o vindeiro Sábado día 27 de Setembro o Acto de Apertura do Curso 2008/09, no cal se presentará todo o referente as actividades docentes normais ( horarios, profesores, grupos... ) así como as actividades lúdicas e culturais que organizamos durante o ano ( festival, exposicións, noite de fiadeiro, obradoiros... etc ).

Conxuntamente celebrarase o acto de entrega de premios do I Concurso de Fotografía Antiga, cuios resultados se atopan publicados na páxina da escola (www.rebulir.blogspot.com). Os premios serán entregados pola Exma. Alcaldesa do Concello de Ramirás, O Concelleiro de cultura do Concello de Ramirás, e o director de Rebulir.

Ámbolos dous actos serán celebrados no Local de Rebulir, situado na Praza de San Andrés – Vilavidal – Ramirás e terán comezo as 18:00h.

Actividade: Acto de Apertura do Curso 2008/09 e Entrega de Premios do I Concurso de Fotografia Antiga.

· Data: Sábado, 27 de Setembro de 2008
· Lugar: Local de Rebulir (Praza de San Andrés – Vilavidal – Concello de Ramirás)
· Hora: 18:00 h
· Organiza: Rebulir Escola de Baile e Música Tradicional
· Colabora: Concello de Ramirás


REBULIR Escola de Baile e Música Tradicional
Centro Sociocultural de S. Andrés - Vilavidal - Concello de Ramirás

Tel: 639 908 005
Correo Elec: rebulir@hotmail.com
WWW.REBULIR.BLOGSPOT.COM
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-09-2008 08:29
# Ligazón permanente a este artigo
Novos concertos de Budiño

www.ghastaspista.com


ATENCIÓN

* O concerto do sábado 27, na carballeira de Zas, cancelouse temporalmente, segundo confirmou o propio artista.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2008 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiros de Patrimonio en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 24-09-2008 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
XX Xornadas de Banda Deseñada de Ourense

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2008 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Nova pelicula galega de animación
A polos éxitos de «O bosque animado»
David Rubín e Juan Carlos Pena debutan como directores á vez en Espírito do bosque,


Cando un especulador pretende construír unha estrada, a malvada señora D´Abondo tenta aproveitar a oportunidade para talar as árbores do bosque. O vetusto Carballo e os seus compañeiros están en perigo, e todos os animais que viven ao seu amparo veranse obrigados a fuxir. Con todo, os topos Furi e Linda, co rato Piorno, non pensan renderse, acompañados do asustadizo topo Cebolo, un recentemente chegado da cidade ao que custa afacerse aos modos e costumes do bosque. Na súa resistencia contarán coa axuda do Clan dos Gatos Libres, co valeroso e engreído Tigre á fronte.

Uniranselles as escatológicas moscas Hu-Hu e Ho-Ho. Cando descobren que a señora D´Abondo tenlles pánico aos pesadelos, Furi propón o plan de revitalizar ao Espírito do Bosque.

David Rubín e Juan Carlos Pena debutan como directores á vez en Espírito do bosque, a terceira longametraxe animada en 3D da produtora coruñesa Dygra Films, que no 2001 estrearon Ou bosque animado e no 2005 O soño dunha noite de San Xoán, polas que recibirían dous Goyas, que xunto aos cinco recibidos anteriormente pola compostelá Bren con Goomer (1999), O Cid : a lenda (2003), P3K: Pinochio 3000 (2004), Pérez, ou ratiño dous soños (2006) e Nocturna (2007), converten a Galicia nunha potencia no contexto do sector da animación en España. Sobre un guión de Beatriz Iso (que xa coescribiu O soño dunha noite de San Xoán) e música de Arturo Kress (igualmente participante nas bandas sonoras das dúas animacións previas de Dygra), Espírito do bosque retoma boa parte dos personaxes de O bosque animado, adaptación libre da novela homónima de Wenceslao Fernández Flórez e que no seu momento foi a primeira película de animación europea que se converteu nun importante éxito de público.

14 millóns de euros
David Rubín, actualmente unha das primeiras figuras do cómic galego con crecente proxección española e internacional, responsabilizouse da dirección artística, procurando tomar como referencia visual o bosque de Cecebre orixinal. Pola súa banda, Juan C. Pena coordinaba o relativo á produción técnica, campos que xa cubriu con éxito nas anteriores producións de Dygra. Cun orzamento equivalente a 14 millóns de euros, en boa parte provenientes de axudas públicas da Xunta, a película xa foi seleccionada para competir na sección oficial do Festival Internacional de Cine Infantil de Chicago, onde fai anos Ou bosque animado comezara a súa triunfal peripecia internacional ao recibir o Premio do Público.

A voz de Hellboy
Un aspecto importante nunha película animada son as voces da dobraxe. Por parte de Galicia, conta cos dobladores Carolina Vázquez, Consuelo Díaz, Óscar Fernández e Xoán Diéguez, entre outros, mentres as principais voces castelás son de Luis Merlo, María Adánez, Juan Ibáñez e Damián Mollá, estes últimos donos dos personaxes Trancas e Barrancas do popular programa televisivo O formigueiro, que visten ás moscas Hu-Hu e Ho-Ho. En canto á versión en lingua inglesa para o mercado anglosaxón, recorreuse aos populares actores Anjelica Huston (filla do gran John Huston), Ron Perlman (protagonista de ambas as Hellboy) e Sexan Astin (Sam, amigo de Frodo na triloxía O señor dos aneis). Se nos dous filmes anteriores Dygra foi distribuído por Disney a través de Buenavista, nesta ocasión será a independente Manga Films a que colocará Espírito do bosque en ao redor de 200 pantallas, cifra moi considerable para unha animación española. Dygra, pola súa banda, xa traballa nun novo proxecto, Noite de paz, igualmente en animación en 3D.

www.lavozdegalicia.com

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2008 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número de BD Banda
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2008 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Número especial de Retranca
Este ano a Feira da que máis se fala é a da FESTA DA CRISE, pero a pesar de todo estamos de notraboa... Este ano parece que nos libramos das dúas pragas principais das vacacións os incendios forestais e a canción do verán. Inda por riba Retranca pon na rúa un número EXTRA ideal para acompañar os mellores moementos gastronómicos, praieiros e culturais e tamén para gozar coma un marciano quedado na casa.

Que non decaia !!!

NOTA: Este número ten o dobre de páxinas porque corresponde aos meses de agosto e setembro. EN setembro non hai número: A SANTA COMPAÑA VAISE DE VACACIÓNS, ate a primeira semán de outubro.
Saúdos retranqueiros!!!

www.revistaretranca.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2008 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Pradolongo Premio Cidade de San Sebastián
O equipo da película Pradolongo, dirixida por Ignacio Vilar, recibirá este martes en Donostia o IV Premio Cidade de San Sebastián Film Comission, integrado na sección 'Made in Spain' do festival e dotado con 12.000 euros.

O director xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Nacho Varela, en representación do presidente do organismo, Fernando Salgado, será o encargado de recoller o premio, acompañado de Vilar. Posteriormente, a película proxectarase ante un aforo duns 240 espectadores, tanto o martes como o mércores.

Ademais, coincidindo coa entrega do premio, está previsto celebrar unha especie de “día galego” no Festival de Donosti, xa que o equipo de Pradolongo está a preparar unha gran festa para celebrar o premio e a súa participación na sección 'Made In Spain'. Terá lugar no Hotel María Cristina e asisitirán o director Ignacio Vilar, os actores protagonistas Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto, e outros persoeiros convidados que festexarán a noticia con música, comida e viño Godello de Valdeorras.

Producida por Vía Láctea Filmes, Pradolongo conta coa participación da Televisión de Galicia e coa axuda da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura da Xunta, da Axencia Audiovisual Galega e da Deputación de Ourense. Tamén contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, de Turgalicia e da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Por diante de éxitos do cine español
O filme foi proposto para o premio polo Consorcio Audiovisual de Galicia, xunto con outros dous proxectos galegos: O menor dos males e Abrígate. Pradolongo impúxose a outras películas presentes na sección 'Made in Spain', como El orfanato, Rec ou Los crímenes de Oxford, segundo informan dende a produtora. O feito de "reflectir os valores urbanísticos, paisaxísticos, culturais e sociais" do lugar onde foi rodada inclinou o xurado cara esta película.

Integrado polas actrices Natalia Verbeke e Alicia Borrachero, así como polo escritor e crítico Manuel Hidalgo e o decorados Parcual Ortega, o xurado valorou tamén o impulso que supuxo a cinta rodada en Valdeorras para a industria audiovisual.

O Festival de Donostia recoñece así o traballo do equipo de Pradolongo por facer dunha historia local algo universal, e malia que a súa versión orixinal emprega só "galego de Valdeorras". Esta distinción supón unha plataforma de lanzamento internacional para a película gañadora. En anos anteriores, o permio recaeu en filmes como Alatriste, La leyenda del tiempo e En la ciudad.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-09-2008 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
A mocidade coruñesa aprenderá galego a golpe de rap
Ao obradoiro, destinado a rapaces e rapazas maiores de 14 anos, asistirán García (DKTC), Pinto d'Herbón e Luís 'O Caruncho'.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda, coa colaboración do Concello d'A Coruña, organiza un obradoiro de rap regueifa de balde para achegar o galego á mocidade, en especial no seu tempo de lecer, para incentivar a súa aprendizaxe.

A Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística inclúe este curso no seu programa formativo que presentou na este luns. Ao obradoiro, destinado a rapaces e rapazas maiores de 14 anos, asistirán García (DKTC), Pinto d'Herbón e Luís O Caruncho.

As aulas serán todos os sábados dende o 11 de outubro até o 22 de novembro, agás o 1 de novembro. A inscrición é de balde e pódese realizar no Centro Municipal de Información Xuvenil até o día 8 de outubro.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-09-2008 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Novo traballo de Roi Casal
Lendas douradas, o novo traballo de Roi Casal.

PAI Música prepara xa a producción e lanzamento do primeiro traballo de Roi Casal, membro do grupo Milladoiro, nado en Catoira fai 28 anos.

Un traballo que mestura a tradición e a poesía galega.

www.pai-musica.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 23-09-2008 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Programación Forumfolk na Coruña
A Coruña crea o "Forumfolk" para pular da música tradicional

O Forum Metropolitano da Coruña acollerá no último trimestre do ano o ciclo de música Forumfolk, dedicado a presentar novas propostas do folk galego e da música tradicional co propósito de dar a coñecer novas tendencias dentro das creacións ligadas á tradición.


A concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo, presentou o programa de concertos que terán lugar o cuarto luns de cada mes ás 21.00 horas no auditorio do propio Forum a un prezo de cinco euros. A iniciativa completarase con actividades paralelas como mesas de debate, proxeccións, exposicións, ou clases maxistrais. "Forumfolk é un espazo aberto a propostas e pretende converterse nunha iniciativa moi dinámica", manifestou.


www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-09-2008 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Construcción artesanal de instrumentos musicais CAIM-Gaita
Solicitude de preinscripción alumnado de novo ingreso curso 2008-2009 da Escola Municipal de Artes e oficios de Vigo

Construcción artesanal de instrumentos musicais CAIM-Gaita

Calendario oficial de presentación de solicitudes de novo ingreso para o curso 2008-2009 na especialidade CAIM-Gaita:

17-26 de setembro: Preinscrición de alumnado novo ingreso
29 de setembro: sorteo das preinscricións
30 de setembro: exposición listas de admitidos.
1 de outubro: inicio curso alumnado procedente do curso 2007-2008
2 de outubro:
Exposición listados definitivos alumnado de novo ingreso
Inicio do curso para alumnado de novo ingreso

PRAZAS VACANTES: Gaita 5 prazas. (para o curso 2008-2009 non se convocan prazas vacantes de CAIM-Zanfona nin CAIM-Luthería antiga).

INFORMACIÓN E ENTREGA DE SOLICITUDES
Edificio principal da EMAO, rúa García Barbón, 5
de 10 h. a 14 h., laborables de luns a venres.
Máis información:
http://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion7
emao@vigo.org
986228088
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-09-2008 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer