Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ses, Guadi Galego e Mercedes Peón publican novo disco a finais de ano

A colleita musical deste ano xa nos trouxo o primeiro disco de Sonia Lebedynski (‘Deserto de centos’), que estreaba o seu primeiro traballo en solitario, e o novo traballo de Mónica de Nut (‘Raíces aéreas’), que acaba de saír ao mercado este agosto. E o 2016 rematará aínda máis femininamente, con novos traballos de Guadi Galego, Ses e Mercedes Peón, ademais das pandereteiras bruxelenses Ialma.

A primeira que ten previsto publicar a súa nova proposta discográfica é Guadi Galego, que neste novembro publicará o seu cuarto disco en solitario, despois de ‘Luas de outubro e agosto’, que obtivo unha magnífica resposta do público na súa definitiva incursión no pop. Agora mesmo está pechando xira (último concerto o 7 de setembro nas festas da Guadalupe en Rianxo), para abrir unha nova xeira de presentacións a partir de novembro.

O novo disco será máis arriscado e aínda máis pop, segundo as súas propias palabras, e contará con algunhas colaboracións sonadas, como o pianista Abe Rábade ou o músico e compositor Pachi García, entre outros. Como produto, o seu novo traballo virá en forma de CD e vinilo nun só pack, cunha tiraxe única de 1.000 unidades.

Ses: novo disco e regravación

Ses traeranos a finais de ano ración dobre de música ‘rabuda’. Haberá novo disco e, sorpresa, tamén unha regravación do seu primeiro LP, ‘Admirando a condición’. A cantora coruñesa sempre manifestou o seu descontento con esta gravación e agora, diante da continua demanda do seu público por reeditar ese traballo, xa anunciou que o gravará de novo e o editará. Para ledicia da súa lexión de fans.

O novo traballo afonda na fórmula máxica que tan bos resultados lle ten reportado até o momento: rock’n’roll, tradición oral galega e ecos da canción latinoamericana. Nos concertos xa foi testeando algúns temas do vindeiro disco, como este ‘Romance da bela rosa’ que podemos escoitar e ver no seu Facebook, ‘Sodomita’ ou ‘Canción a Sara’, dedicada a unha filla dunha das súas coristas.

Regresa Mercedes Peón

E unha das voltas máis agardadas é a de Mercedes Peón, a máis internacional das nosas artistas, que leva desde o 2010 sen publicar novo disco logo daquel ‘SOS’, pero percorrendo o mundo cos seus sons en solitario. Nos últimos meses puidemos vela en diferentes concertos polo país, pero tamén foi artista convidada en WOMAD -o maior festival de ‘world music’ do mundo- nas súas edicións de Chile, Cáceres e Inglaterra.

Tanto tempo fai agardar importantes sorpresas dunha cantora e compositora que nunca deixa indiferente. O seu quinto traballo chegará a finais de ano, ou a comezos de 2017, e será un disco impregnado pola electrónica e polos sons recollidos en diferentes ambientes e lugares de Galiza, como un portaavións en construción nos asteleiros de Navantia. Será un traballo no que amosa de novo o seu compromiso coas causas que leva defendendo desde a orixe: o empoderamento da muller, a lingua ou a diversidade cultural.

Ialma en Galiza

As galego-belgas tamén están a preparar o lanzamento de ‘Camiño de Bruxelas a Santiago’, o seu quinto e novo disco logo dun parón de cinco anos. “É a historia da nosa emigración e dos nosos pais”, cóntanos Marisol Palomo, unha das catro pandereteiras. Será despois do verán, cando iniciarán unha xira que as levará por varios países. Desta volta, a diferencia do disco anterior (‘Simbiose’, 2011), farán presentación e concertos en Galiza.

www.sermosgaliza.gal
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-08-2016 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
X Serán dos Callos (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-08-2016 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Rande (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-08-2016 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
XXIII Revoltallo de música e cultura emerxente (Valadares-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-08-2016 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas do Patrimonio Inmaterial de Galicia (Illa de San Simón-Redondela)
Xornadas do Patrimonio Inmaterial de Galicia

Durante a fin de semana do 9 ao 11 de setembro levaranse a cabo na Illa de San Simón os obradoiros de perfeccionamento de técnicas de baile, canto e música tradicional.

O mestres elixidos son : Javier Feijoo (Xisco), Davide Salvado e Pepe Vaamonde

A inscrición inclúe o traslado (ida e volta) á Illa de San Simón, o aloxamento da fin de semana en réxime de pensión completa e a participación no obradoiro escollido.

Máis información na web sansimon2016.ga ou no teléfono 679 562 333

Durante a fin de semana do 9 ao 11 de setembro levaranse a cabo os obradoiros de perfeccionamento de técnicas de baile, canto e música tradicional, impartido por mestres de reputado prestixio.

Dende a agrupación O Carballo das Cen Pólas comprendemos que Redondela e arredores está carente de referentes culturais que aglutinen a todo o tecido tradicional da bisbarra. As Xornadas do Patrimonio Inmaterial de Galicia porán en valor o noso folclore, na busca de facer de Redondela o punto de encontro e de divulgación dos nosos costumes, nun primeiro momento dos arredores, aspirando a ser un referente en todo o país.

Os obradoiros están enfocados a espallar entre os asistentes o produto das recollidas que dende hai tempo moitas agrupacións e folcloristas veñen facendo por toda Galicia.

Os alumnos das disciplinas de baile, canto e música deben ter coñecemento das técnicas tradicionais para que a transmisión dos coñecementos sexa eficaz. Para as técnicas de canto e gaita os alumnos deben levar o seu instrumento. As aulas desenvolveránse en sesións de mañá e tarde o sábado e de mañá o domingo.

O prazo de inscrición rematará no momento que se cubran as prazas de cada especialidade.

A inscrición custa 130€, inclúe o traslado (ida e volta) á Illa de San Simón, o aloxamento da fin de semana en réxime de pensión completa e a participación no obradoiro escollido. Os participantes poderán escoller entre os menús facilitados polo catering.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-08-2016 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Rebeliom do inframundo en Baiona
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2016 13:40
# Ligazón permanente a este artigo
Roi Casal en Ferrol
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2016 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Ameixa rock (Carril)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-08-2016 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Tahúme de gala (Riveira)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2016 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
V festival Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2016 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
XX Festival Folclórico Baíña (Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2016 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
VI Festival Folk San Xurxo de Vea (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-08-2016 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
V Festival do Paradiso (Monforte de Lemos)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-08-2016 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
I Festival Entrebateas (A pobra do Caramiñal)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-08-2016 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Xovenau (San Andrés de Comesaña-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-08-2016 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da Poesía no Condado (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-08-2016 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
V Vibra Balboa (O Bierzo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-08-2016 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 29 (Luns)
• María do Ceo en Cangas do Morrazo

Terza feira 30 (Martes)
• Milladoiro na Praza de Amboaxe (Ferrol)

Corta feira 31 (Mércores)
• Roi Casal na Praza de Amboaxe (Ferrol)
• Rebeliom do Inframundo no Novo Marrucho (Baiona)

Quinta feira 1 (Xoves)
• Guadi Galego e Quempallou en Cangas do Morrazo
• V Vibra Balboa (O Bierzo)

Sexta feira 2 (Venres)
• VI Festival Folk San Xurxo de Vea (A Estrada)
• XXX Festival da Poesía no Condado (Salvaterra de Miño)
• V Vibra Balboa (O Bierzo)

Sábado 3
• XXX Festival da Poesía no Condado (Salvaterra de Miño)
• V Vibra Balboa (O Bierzo)
• Festival Xovenau (San Andrés de Comesaña-Vigo)
• Ameixa Rock (Carril)
• V Festival do Paradiso (Monforte de Lemos)
• I Festival Entrebateas (A pobra do Caramiñal)
• XX Festival Folclórico Baíña (Baiona)
• Dakidarría en Cangas do Morrazo
• Serán dos Callos (Salceda de Caselas)

Domingo 4
• V Vibra Balboa (O Bierzo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2016 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Romaría de Santa Margarida (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-08-2016 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 26 (Venres)
• Armadiña Rock (Combarro-Poio): Terbutalina, The Lakazáns, Siniestro Total,...
• Festival Agrogay da Ulloa Cumbraos - Monterroso): Os Modernos, Sofía Espiñeiro
• Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre en Malpica
• Ultraqans en Caldas de Reis
• De Vacas ás 22.00 na Praza do Reló (A Guarda)
• Xoan Curiel na Fonsagrada
• Ataque Escampe en Cangas do Morrazo
• 2na Fronteria e Kepa Junkera en Ribadavia
• Serán de Xironsa (Corvillón-Cambados)

Sábado 27
• XI Festa da Pandeira (O Piornedo)
• Armadiña Rock (Combarro-Poio): Sés, Nao, Banda Bassotti,...
• Festival Terra Brava (O Incio): Os Cuchufellos, Korrontzi, Alén de Ancos,...
• Festival do Río Belelle (Neda): Banda Balbina, O Sonoro Maxín, Retambatuke,...
• XVII Festival Guisamo Folk (Bergondo): Milladoiro, Radio Cos,...
• XVI Festival Xironsa (Corvillón. Cambados): Xabier Díaz, Pepe Vaamonde Grupo, Dakidarría,...
• Festival Rock Pontecesures: Martelo e Foxy Freire
• Festival Agrogay da Ulloa Cumbraos - Monterroso): As Boubas e A Banda das Crechas
• XIX Festival Tromentelo (Cangas do Morrazo): Anxo Pintos, Ghaveta, B.G. Tromentelo, Inquedanzas
• PésdeLan, Tiruleque, Xosé Lois Romero & Aliboria, Os d´Abaixo na Coruña
• XV Noite da Lúa Meiga (O Viso-Redondela): Os Carunchos, Cantata vernácula, Carapaus,...
• Raiba, The Lacazáns e Poetarras en Caldas de Reis
• XX Encontro folclórico Malveiras (Vilagarcía de Arousa)
• XIX Festival Folclórico de Domaio (Moaña)
• Mercedes Peón en Malpica
• Roi Casal en Tomiño
• Banda Baile asalto en Ribadavia
• Primordiais ás 22:00 na praza Curros Enríquez (Pontevedra)
• III Foliada do Bosque (Carballo)
• VII Serán da Guía (A Guarda)

Domingo 28
• Xacarandaina, Vieux Farka Touré e Treixadura na Coruña
• Uxía ás 19.00 na Praza Condes de Fenosa de Portomarín
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-08-2016 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
VII Serán da Guía (A Guarda)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-08-2016 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
III Foliada do Bosque (Carballo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-08-2016 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Rock Pontecesures
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 25-08-2016 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
Roi Casal en Tomiño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-08-2016 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Agrogay da Ulloa na Granxa Maruxa (Cumbraos - Monterroso)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-08-2016 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
XX Encontro folclórico Malveiras (Vilagarcía de Arousa)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-08-2016 12:31
# Ligazón permanente a este artigo
XIX Festival Folclórico de Domaio (Moaña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-08-2016 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
XIX Festival Tromentelo (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-08-2016 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Leilía e Quempallou en Noia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-08-2016 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Terra Brava (O Incio)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-08-2016 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada do demo (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-08-2016 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Sés en Cariño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-08-2016 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
XI Festa da Pandeira (O Piornedo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-08-2016 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Romaría de Santa Margarida (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-08-2016 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán e XVI Festival Xironsa (Corvillón - Cambados)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-08-2016 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer