Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán dos Callos (Salceda de Caselas)
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-08-2013 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da A.C. Saiñas (Xove)
O pavillón municipal de Xove acollerá o sábado 31 de agosto ás 21.00 horas un festival folk con baile e música tradicional ambientado nunha taberna típica da nosa terra.

Trátase do XXXI Festival da Asociación Cultural Saiñas que, nesta ocasión, contará cun completo espectáculo de música e baile tradicional inspirado no establecemento Casa Abad de Xove.

A A. C. Saiñas invita a todas aquelas persoas que gosten da nosa tradición a asistir ao mesmo con entrada libre e gratuíta.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2013 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Featival Alborada (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2013 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
Festas de Vilameñe (Taboada)
Son 21 casas habitadas. Unhas 65 veciñas e veciños. Unha parroquia do rural interior galego. Unha aldea normal. Vilameñe é unha das parroquias máis pequenas das 27 que ten o concello de Taboada (disque anda aí aí con Gondulfe).

E, como acontece na maioría das parroquias normais do noso país, a festa é sagrada. E é que a troula tamén nos fai moita falta! Ramistas e comisións que traballan todo o ano, cotas, rifas, lotaría, ilusión e traballo para que o maior acontecemento colectivo-veciñal estea á altura, xunte a xente e, oe!, tamén para que teña sona e sexa, cando menos, algo mellor que as festas das parroquias do arredor.

E en Vilameñe, 21 casas, 65 veciñ@s, sempre o conseguiron. Pequena será e terá pouca veciñanza, pero as orquestras actuais de máis nome, e custo, todas, todiñas, xa revolveron os seus tráileres no campo da festa da parroquia.


"Pequena será e terá pouca veciñanza, pero as orquestras actuais de máis nome, e custo, todas, todiñas, xa revolveron os seus tráileres no campo da festa da parroquia"


Mira ti se será importante o primeiro domingo de setembro que ano tras ano xuntan doce ou quince mil euros con cotas duns 150 € ou 200 € por casa, sorteos, cantina e na súa particular “poxa das andas”, na que disputan quen leva na procesión a patroa, Santa Mariña, e a Virxe de Lourdes e o Santo Antonio. E tamén quen leva o estandarte, quen toca a campá, quen leva a cruz..., e, cos lóxicos piques, unha miga de devoción e unha chea de vontade de colaborar ou o que sexa, aínda xuntan entre 4.000 e 7.000 euros. “E noutras parroquias non hai quen saque os santos en procesión!”, comentan seguido.

Este ano son cinco ramistas pertencentes a catro casas, de entre 56 e 26 anos. E, coma sempre, comezaron a traballar con tempo para ir recadando. Incluso lles ofreceron a orquestra de máis sona de todas para repetir actuación. Por uns 17.000 euros xa lles reservaban a data e o éxito estaba asegurado. Só había que xuntalos, pero, malo sería... Mais alguén dixo “quieto aí!”. “Outra vez a mesma orquestra? Outra vez facer unha verbena igualiña igualiña á doutras 200 parroquias do país? E se en vez de traer imitador@s dos grupos comerciais de moda traemos conxuntos de verdade? E se optamos polo orixinal e por unha festa algo distinta? E se facemos que a nosa festa sexa máis nosa?”. E vano facer.

"En Vilameñe, 21 casas, 65 veciñ@s, dixeron que esta era a súa. E arriscaron a cambiar. A mover os marcos das verbenas dos últimos anos"

Se ben é certo que ata agora era técnica e infraestruturalmente moi complexo para unha comisión contratar algo que non fose orquestra, este ano comeza a haber opcións que facilitan o traballo. E é que as orquestras só piden cobrar e un sitio para meter o camión. O resto xa o xestionan todo. Non lles hai que poñer á parte palco, equipo de son, luces, técnic@, persoal de carga e descarga, cátering, toallas ou canon da SGAE. Páganselles os catro ou dez mil euros que piden e andando; xa vai todo incluído. E ata agora ningún grupo ofrecía tal comodidade para as comisións, mais, como agora si que comeza a haber posibilidades, en Vilameñe, 21 casas, 65 veciñ@s, dixeron que esta era a súa. E arriscaron a cambiar. A mover os marcos das verbenas dos últimos anos. E vailles saír ben, ou non, pero vano intentar, que é o único xeito de lograr que as cousas muden a mellor. E o que van procurar e conseguir xa é máis do que todas as concellarías de festas, de cultura, ou do que sexa, xuntas, intentaron para mellorar e galeguizar as verbenas nos concellos do país.

E así, este ano, as de Vilameñe, 21 casas, 65 veciñ@s, serán unhas festazas á altura dos mellores festivais, e gastando menos que os anos anteriores (uns 11.000 euros, contando xa con todo o que ten que haber para facer unha boa festa). E o venres 30 e o sábado 31 de agosto haberá variedade, e O Sonoro Maxín encherá o campo de pachanga e música festeira; Quempallou encargarase de poñer o folk progresivo; a Tuna Rastafari os ritmos de fusión festeira e diversión; The Turre’s Band fará festa balcánica e ská; e Cé Orquestra Fantasma levará o seu punchi punchi... E, por enriba, tod@s cantarán e falarán desde o palco no mesmo idioma que fala toda, todiña, a veciñanza da parroquia e arredores.

“E é que Vilameñe sempre tivo moi boas festas”, di todo o mundo pola zona. Pois este ano non había ser menos!

www.sermosgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2013 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
III Festival Folc San Xurxo de Vea
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-08-2013 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival Folk "Lume de Candela" (Bembrive-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-08-2013 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
XI Festival Xironsa (Corvillón-Cambados)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2013 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
XIV Malla tradicional (Codeseda-Doade-Lalín)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2013 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
II Olimpiadas rurais (Meira)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2013 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN” 2013
XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN” 2013 celebrarase o próximo sábado día 31 de agosto, as 20 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol

En Ferrol, o día 28 de agosto de 2013, na sede do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena 202-204 o XURADO

ACORDOU, conceder ó PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista a: DANIEL ROMAR SAMBADE pola obra “Fantasía concertante para gaita e banda”.

Así mesmo acordan conceder os accésit a:

JAVIER Mª LÓPEZ RODRÍGUEZ pola obra “The bagpipe in my life” (Para gaita solista en Do 5 con quinteto de frauta, clarinete, piano, violín e violonchelo) e LOIS PRADO FERNÁNDEZ pola obra “Son das on das Son” (Para gaita solista e corda)

Acta Selección Gaiteiros Solistas 2013

En Ferrol, o día 16 de agosto de 2013, na sede do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204 o XURADO do XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:

D. Víctor Fernández Gabeiras
D. Xesús Vaamonde Manteiga
D. Xavier Rodríguez Fariñas
D. Pablo López Torneiro
D. Xoán Rodríguez Silvar


e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requirían para participar no mesmo,

ACORDOU, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas:

1. David Fernández Vaamonde. A Coruña.
2. Pablo Devigo Vázquez. Castro Caldelas - Ourense.
3. Carme López Fernández. Lugo.
4. Daniel Fernández López. Lugo.
5. Serafín Santamariña Sanmartín. Fene – A Coruña.
6. Walter Andrés Almirón García. Arxentina “GAITEIRO DE SOUTELO”
7. Daniel Lumbreras Rodríguez. San Sebastián “GAITEIRO DE SOUTELO”
8. Raquel García Martínez. Valencia “GAITEIRO DE SOUTELO”


O Ateneo Ferrolán acorda concedela Mención Gaita de Ouro “Constantino Bellón” correspondente ao ano 2013 a:

PABLO CARPINTERO

pola súa labor desenvolvida como gaiteiro, investigador e artesán.
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-08-2013 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Heredeiros da Crus en Randufe (Tui)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2013 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Noite da Lúa meiga (O Viso-Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-08-2013 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Brinca na Praza (Pontevedra)
Antes de chegar á Feira Franca, as Festas de Verán de Pontevedra ten reservada aínda unha cita ineludible para os amantes da boa música. Trátase do festival Brinca na Praza, que inundará de rock galego a Praza do Teucro os próximos 30 e 31 de agosto. Será coa actuación de tres dos grupos máis importantes do panorama musical galaico: Foxy Freire, Güintervan e Zënzar.

A música comezará a soar o venres 30 de agosto ás 22.00 horas. Farao co grupo Zënzar, unha das formacións máis lonxevas do rock en galego. En plena celebración dos seus 25 anos sobre o escenario, chegan a Pontevedra coa seu inconfundible proposta de punk rock con certos toques tradicionais. Este quinteto, procedente de Meirama (Cerceda), editou seis discos, o último deles Vaise armar (Zënzar, 2012).


O sábado 31 de agosto a sesión será dobre. Por unha banda, Güintervan. É unha das bandas de folk máis bailables e festeiras da música galega. Unha proposta novedosa coa que catro músicos experimentados xuntáronse hai dous anos, editando o seu primeiro disco, Mundo tolo. Fuxindo de toques celtas, mesturan melodías galegas tradicionais con música de raíces balcánicas. Os seus ritmos ricos e veloces e as súas letras en galego completan a súa identidade.

Xunto a eles actuará Foxy Freire, unha das grandes apostas de futuro do rock galego. O rock de finais dos 60 e comezos dos 70 nutre este proxecto que leva xa case tres anos curtíndose polos escenarios das mellores salas galegas e do norte de Portugal. Ofrecen un espectáculo cheo de enerxía e rock, fortemente influenciado por bandas como MC5, The Doors, Jimi Hendrix, Led Zeppelin ou Black Sabbath, entre outras moitas.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2013 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
XXVII Festival da Poesía (Salvaterra de Miño)
XXVII Festival da Poesia no Condado

As actividades começam esta tarde com a projecçom do documentário Fóra, com a presença dos seus realizadores, Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas. A continuaçom inauguraram-se as exposiçons e, desde as 22:30, Mónica de Nut & Virxilio da Silva protagonizam a Noite nas Minas. Música barroca na única actividade de pagamento do festival, para a que ainda se podem reservar entradas, a dez euros, escrevendo a info@scdcondado.org ou chamando ao 646 959 587.

Ao remate, a Magnifique Band dos Homes sem Medo fará que continue a festa ao ar livre, mentres se serve um caldo verde para todas as pessoas assistentes à Noite nas Minas.

Manhá sábado será a jornada principal do encontro, com actividades desde a manhá. As exposiçons estarám abertas, haverá passa-ruas, um aberto de bilharda, feira de artesanato e colectivos, e umha mesa redonda sobre ‘O povo em movimento’, arredor da ideia de ‘Desobediência’ fronte às imposiçons do sistema inhumano e da sua crise.

Na tarde, María da Pontragha vai ser a encarregada de conduzir a Festa Infantil, desde as 17:00, e projectará-se umha selecçom de curtas participantes no Festival de Cans (às 19:00). Desde as 20:00, Estaleiro Editora celebra umha festinha polo seu V Aniversário, e às 21:00 será a hora do festival poético e musical.

O recital estará protagonizado polas poetas Aurora Ceibe, Elvira Ribeiro, Celso F. Sanmartín, Nolim Gonzalez, Dores Tembras, Alfonso Pexegueiro, Séchu Sende, Maria Rosendo, Mário Regueira, e polo brasileiro Márcio-André. Os seus textos, junto com os de Chus Pato (que nom poderá estar no recital) som os protagonistas da antologia poética que edita a SCD Condado e que se poderá adquirir no festival.

Apresentados polo colectivo do Gran Compadre, os grupos que vam protagonizar a noite de manhá som a Banda Hospitaleira do Miño (o regresso do trio composto por Rómulo Sanjurjo, Uxía e Víctor Coyote), a Magnifique Band dos Homes sen Medo (treboada de ventos), Malandrómeda (as verbas incendiárias do Hevi junto com os ritmos acelerados de Caldeirada) e Sacha na Horta (para um fim de festa sem parar de dançar). A festa nom vai rematar aí, pois o festival remata com a pinchada Hevi vs. Caldeirada.

O programa completo, e algumha informaçom complementar, está na página web da SCD Condado: www.scdcondado.org. A organizaçom agradece a difusom desta informaçom, com a que se ajuda a difundir a cultura popular e de base e a manter viva esta iniciativa cultural.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-08-2013 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Programa do Rebumbio 2013 (Mos)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-08-2013 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do Paradiso (Monforte de Lemos)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-08-2013 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Oscar Ibañez en Sanxenxo


O gaiteiro Óscar Ibáñez levará este xoves á localidade pontevedresa de Sanxenxo o seu novo espectáculo 'Alén do Mar', unha actuación organizada pola Deputación de Pontevedra e o O.A. Terra de Sanxenxo..

A cita comezará ás 22.00 horas na Praza dos Barcos e será aberta ao público. O músico presentou este mércores xunto coa concelleira de Cultura, Paz Lago, o disco que interpretará ante veciños e visitantes do municipio e co que busca "hermanar as culturas atlánticas utilizando o son galego como fío condutor desta mestizaxe", segundo dixo.

As diversas viaxes que Óscar Ibáñez realizou ao longo dos últimos quince anos por máis de 30 países de Europa, América Latina e Estados Unidos influíron na súa evolución, "que reflicte a afinidade dos dous continentes", segundo destacaron na presentación do seu novo traballo.

Así, inspirado nas músicas de ida e volta e na temática da emigración galega en América, o gaiteiro leva a cabo unha tarefa que se atopa a medio camiño entre a investigación e a creación, nunha fusión sen límite da que resulta un novo e único son.

Mestre en Educación Musical, especialista universitario en Música Tradicional Galega, Ibáñez posúe o título de grao profesional LOE na especialidade de gaita galega, instrumento que comezou a tocar en 1984 no grupo 'Treboada' de Poio. A partir de aí, participou en numerosos festivais internacionais coa Agrupación Folclórica Celme, de Pontevedra e conseguiu máis de corenta premios en concursos de prestixio, o que o converten nun dos gaiteiros galegos máis galardoados, tanto en dixitalización aberta como pechada.

Ademais de aparecer en diversos traballos discográficos, participou en festivais destacados e colaborou con músicos de renome como Paulo González, Iván Costa, Edelemiro Fernández, Pablo Devigo, Patrick Molard, Diarmaid Moynihan, Ventzislav Andonov ou Hevia.

Na actualidade presenta a súa nova proposta 'Óscar Ibáñez & Tribo', formada por músicos galegos de recoñecida traxectoria como Fernando Fraga, Harry Price, Carlos Calviño, Paco Dicenta ou Andrés Vilán, cos que xa protagonizou actuacións en Galicia, Cantabria, Cataluña, Madrid, Canarias e Bretaña.

http://diariodepontevedra.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-08-2013 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Filobia en Vigo
Filobia é o novo proxecto de catro xóvenes músicos vigueses, no que a traverso de catro perspectivas diferentes converxen nunha nova reinterpretación da nosa música de raíz.

O concerto será este xoves 29 de agosto, no Casco Vello de Vigo, na taberna A Regueifa, Rúa San Vicente nº1 as 20:30, entrada de balde.

https://www.facebook.com/filobia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-08-2013 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Remate dos "Xoves de Códax" con Uxía e Joao Afonso

Tras o éxito do pasado verán, remata a segunda edición de "Os Xoves de Códax", un ciclo de oito concertos de artistas galegos de renome que permitiron descubrir aos asistentes novas formas de sentir e vivir os viños da adega. Estas tardes de música e viño tiveron lugar os xoves de xullo e agosto na terraza de Bodegas Martín Códax a partir das 20.30 horas, cunha duración aproximada dunha hora.

A nosa terraza encóntrase no outeiro de Burgáns, dende a cal se divisa o Val do Salnés así como a Ría de Arousa, tendo un enclave privilexiado para gozar das postas de sol estivais.

Para poder asistir aos "Xoves de Códax" e tendo en conta que o aforamento será limitado, é imprescindible reservar praza a través do correo comercial@martincodax.com, do teléfono 986526040 e do Facebook de la Bodega, deixando os datos persoais na aplicación correspondente.
Os asistentes, ademais da obra destes artistas poderán gozar tamén dunha degustación dos viños de Martín Códax.

•29 de agosto: Uxía & Joao Afonso

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-08-2013 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Mónica de Nut no Festival da Poesía (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-08-2013 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Ruxe-Ruxe en Compostela
Hoxe martes 27 de agosto ás 20.00 e dentro da programación do FEITOAMÁN de Santiago de Compostela... RUXE RUXE na Vía Sacra, diante de Crechas, a pé de rúa e tocando no chao !!!!

Non nos faltedes que ademais vaise filmar unha cousa moi bonita para que despois nos vexamos tod@s ben ghuap@s !!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-08-2013 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Finou o Señor Floreano, gaiteiro de Sabaxáns (Mondariz)
Finou o Señor Floreano, gaiteiro de Sabaxáns (Mondariz), de quen moitos grupos tradicionais aprenderon unha boa selección de pezas.

Que a terra lle sexa leve.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-08-2013 03:20
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 26 (Luns)
• Roi Casal na praza da igrexa (Lalín) ás 22:00

Terza feira 27 (Martes)
• Ruxe-Ruxe en Compostela ás 20:00 diante da Casa das Crechas
• Treixadura no Liceo de Noia ás 22:00
• Irmandiños de Vincios ás 23:00 na praza do Concello de Baiona

Corta feira 28 (Mércores)

Quinta feira 29 (Xoves)
• Uxía & Joao Afonso na adega Martín Codax (Cambados) ás 20:30

Sexta feira 30 (Venres)
• Festival Brinca na Praza (Pontevedra): Zenzar
• Festival Rebumbio (Mos): Ultraquans, Chotokoeu, Os Vacalouras
• XXVII Festival da Poesía (Salvaterra de Miño)
• III Festival Folc San Xurxo de Vea (A Estrada): Retrouso, Regato de Matamulleres, O Recobio de Vaamonde, ...
• Quempallou en Taboada (Lugo)
• Luar na Lubre en Ribadavia ás 24:00

Sábado 31
• XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón”
• XXVII Festival da Poesía (Salvaterra de Miño)
• XI Festival Xironsa (Corvillón-Cambados): Xironsa, Tirulque
• II Festival Folk "Lume de Candela" (Bembrive-Vigo)
• Festival do Paradiso (Monforte de Lemos): Terbutalina, Ultraquans, Skarallaos,...
• Festival Brinca na Praza (Pontevedra): Foxy Freire e Güintervan
• Festival Rebumbio (Mos): As Lghasrteiras, Os Veraneantes,A Bagunda, ...
• Noite da lúa Meiga(O Viso - Redondela): Peter Punk, Os Fondaos do Pífaro, Os Melidaos, Os Terribles de Donas, Os Carunchos
• Heredeiros da Crus en Randufe (Tui)
• O Sonoro Maxín, The Turre´s Band en Taboada (Lugo)
• Anxo Lorenzo en Ribadavia ás 23:00
• Serán dos Callos (Salceda de Caselas)

Domingo 1
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-08-2013 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
Rebumbio 2013 (Mos)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-08-2013 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 23 (Venres)
• Castelo Son (Culleredo): Heredeiros da Crus, Zenzar, Skarallaos, Pito de Pikasso
• Ferrolfolk (Ferrol): Alén de Ancos, Chiculate, Boj ás 20:00 no teatro Jofre
• Dantebrama, Andrelo Band, Kambotes e Liviao de Marrao nas festas de Chantada
• Nao na taberna do Coxo (Forcarei) ás 23:30
• Radio Cos no xardíns de Méndez Nuñez (A Coruña) ás 20:30
• Mercedes Peón na praza do concello de Carballo ás 22:00
• Roi Casal e Ludovaina nas Naves de Ojea (Cangas do Morrazo) ás 22:30
• Os Carunchos en Peitieiros (Gondomar) ás 22:00
• Berroguetto en Matamá (Vigo) ás 22:00
• Foliada do demo ás 21:30 na praza do Teucro (Pontevedra)

Sábado 24
• Festipote (Maniños-Fene): Ruxe-Ruxe, Tanto Nos Ten, Natural Green
• Festival Folk de Guisamo (Bergondo): Roi Casal, Maghúa, Chiculate, Alen
• Festival do río Belelle (O Roxal-Neda): Caxade, Pablo Seoane Grupo, Festicultores, Tardepiache
• XX Festival Internacional Folclórico de Peitieiros (Gondomar)
• XI Festival de baile e música tradicional Aleivosía na praza Rafael Dieste (Rianxo) ás 21:30
• III Xuntanza de grupos tradicionais de Cerdido
• XVIII Encontro Folclórico Malveiras ás 22:00 na Praza da Peixaría (Vilagarcía de Arousa)
• XVI Festival Tromentelo: A.C.F Tromentelo e O.C.T. Ultreia nas Naves de Ojea (Cangas do Morrazo) ás 22:30
• Uxía (22:00), Berroguetto (00:00) e Marful (01:30) en Noia
• Terbutalina na Festa do Lago (As Pontes)
• Gaita & Cía, Falcatrúa en Matamá (Vigo) ás 22:00
• Serán de verán na Feira da Pedreira da Lama
• III Foliadiña no parque de Santa Margarida (A Coruña) ás 21:00

Domingo 25
• Festival Terra Brava (O Incio): Ruxe-Ruxe, Banda Fura Fura, Arandela, Turre´s Band
• Treixadura en Maniños (Fene) ás 22:00
• Leilía, Xacarandaina na Festa do Requeixo (A Capela)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 23-08-2013 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Pote (Maniños-Fene)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-08-2013 17:20
# Ligazón permanente a este artigo
Festipote (Maniños-Fene)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-08-2013 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Requeixo (A Capela)
Programa da XXV Festa do Requeixo de A Capela

11:00 apertura da mostra e a música da banda de gaitas Alfaia das Pontes.

13.00 lectura do pregón e posterior actuación do grupo Ging Tonic Song tamén do municipio pontés.
17:00 Cantareiras de Airiños da Capela.
18.00 Grupo de baile Donas e Galáns.
19:00 Xacarandaina
20:15 Leilía.

Tamén haberá exposición de artesanía e maquinaria, obradoiros de alfarería e xogos do mundo, para que todos os asistentes, ademais de gozar do saboroso requeixo, poidan gozar dunha divertida xornada.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-08-2013 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
Nao en Forcarei
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-08-2013 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada do demo (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-08-2013 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
III Foliadiña no parque de Santa Margarida (A Coruña)

Chega a Romaría de Santa Margarida, e por terceiro ano queremos facer unha previa ao domingo..

Por iso convidamosvos a una foliadiña no parque de Sta Margarida o SABADO 24 a partires das 21:00, cando rematen os Gaiteiriños na súa actuacion das oito.

Eche unha cousa espontánea. Nin máis (nin menos) que chegar e tocar.

Non contamos con permisos, nin teremos luces, nin megafonía, pero pra montala so fan falta ganas pra divertirnos.

Queremos pasalo ben, reivindicar a finde da Romería e por outra facer proveito do parque e a súa Romaría que non debe esmorecer nin ser desgaleguizada como é unha romaría que conta con varios centos de anos.

Animávosvos a vir, con ganas de botar unhas bailas, coa instrumentación e tamén pra os que queiran sumarse e desfrutar do bo ambiente.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-08-2013 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
50 aniversario SCD Atlántida (Matamá-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-08-2013 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
XVIII Encontro Folclórico Malveiras (Vilagarcía de Arousa)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-08-2013 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
XVI Festival Tromentelo (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-08-2013 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
XI Festival de baile e música tradicional Aleivosía (Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-08-2013 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer