Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Día da Galiza Mártir

Como cada ano, o 17 de agosto as e os nacionalistas conmemoramos o día da Galiza Mártir, lembrando o mesmo día de 1936 no que morría asasinado ao pé dun piñeiro na Caeira (Poio) Alexandre Bóveda.

Este ano, coincidindo co 75 aniversario do seu asasinato a nosa organización participará das diferentes actividades que como cada ano contribúen a restituír a memoria das e dos replesaliados polo réxime franquista e a poñer en valor o traballo en defensa da democracia, a igualdade e liberdade da Galiza que ergueron comprometidos militantes nacionalistas como o que fora Secretario Xeral do Partido Galeguista. A continuación detallámosche a programación completa dos actos para esta xornada. Agardámoste!!!

13.00 horas. Acto institucional na Caeira, Poio, organizado polo concello. Contará coas intervencións de Silvia Díaz, concelleira de Cultura, Xosé Álvarez, historiador, Fernando Quintela, presidente da Fundación Alexandre Bóveda, Amalia Bóveda, en representación da familia, e Luciano Sobral, alcalde de Poio.

14.00 horas. Galiza Nova da comarca de Pontevedra celebra o seu xantar no Cafetín. Contará coas intervencións políticas de Lidia Salgueiro, responsábel comarcal en Pontevedra e de Anxos Riveiro, responsábel comarcal do BNG en Pontevedra. Para anotarse: gnpontevedra@hotmail.com.

Tamén se celebra o xantar organizado pola Fundación Alexandre Bóveda no que se fará entrega do premio “Galiza Mártir á recuperación da memoria histórica”, que se lle concede este ano a Xosé Álvarez Castro.

19.00 horas. Acto cívico no cemiterio de San Amaro no que repousan os restos de Alexandre Bóveda.

20.30 horas. Acto político na praza de Curros Enríquez, en Pontevedra, coa intervención da deputada do BNG Olaia Fernández Davila.

www.galizanova.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2011 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Cantares do Brión en Nigrán
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-08-2011 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Festival San Roque 2011 (Vilagarcía de Arousa)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-08-2011 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
IX Certame de baile e música tradicional Aleivosía (Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-08-2011 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 15 (Luns)
• Lamatumbá en Viveiro
• Treixadura en Caldas de Reis ás 21.30

Terza feira 16 (Martes)
• Banda Crebinsky en Monforte de Lemos
• Luar na Lubre na Praza de María Pita (A Coruña)
• Cantares do Brión no campo de redes de Panxón (Nigrán) ás 22:30

Corta feira 17 (Mércores)
• Mercedes Peón en Pontevedra
• Snatch no Miudiño (Ourense)
• Pablo Díaz (Tic Tac) nos Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña) ás 19:00

Quinta feira 18 (Xoves)
• Samesugas na Fonte de San Miguel (Compostela) ás 22.00
• Vaamonde, Lamas & Romero no Clavicémbalo (Lugo)
• Ataque Escampe no pub Cachán (Compostela)

Sexta feira 19 (Venres)
• Xose Manuel Budiño e Ardentía na Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes
• Nordestin@s no Auditorio novo de Rianxo (A Coruña)
• Snatch no pub Muiño (Cervo)
• Mamá Cabra en Salvaterra de Miño
• Esmorga Folk (A Bandeira-Silleda): Vilarachos, Media Ducia, Pradairo e Os Carunchos

Sábado 20
• Festival Folclórico Nós de Sobradelo na Praza de Galicia (Vilagarcía de Arousa)
• Nordestin@s no Teatro de Beneficiencia de Ortigueira (A Coruña)
• Xose Manuel Budiño en Malpica
• Ruote na Praza de Fonseca (Compostela) ás 20.00
• Xosé Manuel Budiño en Malpica
• Pésdelán en Portosín
• A Roda en Acevedo
• Festa Folc na Fin do camiño (Fisterra): Os Cempés, A Requinta da Laxeira, The Crass,...
• Festival Folk de Guísamo: Mercedes Peón, Alén do Mar e Xera
• Asalto ao castelo de Moeche: Leilía, Muxarega, Estimaba que viñeras, Alalé
• Noite Folk de Negreira: Susana Seivane, A Compañía do Ruído e Fol de Veneno
• Festival de Vilariño (O Hío - Cangas do Morrazo): Saltonocribo, A Quadrilha, Banda Crebinsky e Bastards on parade
• Festival Ponte Louco (Castro Caldelas)
• Festival do Castro (Ferreira de Pantón): Lamatumbá, Tiruleque, Guezos,...
• Serán de Ponte Vella e Amigos na Praza dos Encontros, na Ramallosa, en Teo

Domingo 21
• Pepe Vaamonde en Allariz
• Berrogüetto e Trio Vaamonde Lamas & Romero en Betanzos
• Festival Ponte Louco (Castro Caldelas): Os Tres Trebóns, La Akustikasesina, El Pau
• Festa Terra Brava (O Incio): Pelepau, Quadrilha, Güintervan, Habelas Hainas, ...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-08-2011 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
Serán Pontevella e amigos (Teo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-08-2011 00:20
# Ligazón permanente a este artigo
IX Noite Folk (Negreira)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2011 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
XII Festival Folc de Guisamo
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2011 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Folc na fin do camiño (Fisterra)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2011 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Folc Vilariño (O Hio - Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2011 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
XXIII Esmorga Folc (A Bandeira - Silleda)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2011 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
XXXII Festival Irmandiño de Moeche
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2011 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Terra Brava (O Incio)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2011 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do Castro (Pantón)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2011 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Ponte Louco 2011 (Ponte Caldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2011 00:12
# Ligazón permanente a este artigo
Bandeirock (A Bandeira-Silleda)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2011 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
V Festival As Minas (A Pontenova)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2011 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
Berra na Festa 2011 (Nigrán)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2011 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
Romaría do S. Caetano en Celeiro de Mariñaos (Barreiros-Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-08-2011 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
Os Caneiros Gaiteiros (Betanzos)
A Asociación Cultural A Fuliada pretende xuntar nunha xornada festiva a músicos, bailadores e xente amante do noso folclore, así que andan a argallar Os Caneiros Gaiteiros en Betanzos. Será o próximo día 13 de agosto.

Xuntaranse pola mañán sobre as 12:30 h no paseo da tolerancia, o carón do río Mandeo para tomar uns viños e amenizar algunha que outra taberna mentres esperan a que chegue a xente. As 13:30 h embarcaran, e iran río arriba cara o campo dos Caneiros. No camiño pararan a xantar. Cada quen que leve a sua comida.

Nin que decir ten que podedes traer os vosos intrumentos para ir tocando, cantando e bailando durante a viaxe e despois de chegar ó campo.

Como teñen plazas limitadas na embarcación, sobre 50 persoas, puxeron unha data tope para que vos apuntedes: o 8 de agosto. Si tedes algunha dubida, falade con eles, Andrés: 667.455.377 Catuxa: 660.399.806 Pili: 620.850.422 ou mandade un correo: fuliada@gmail.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo O prezo para pasar o dia será de 12 euros.

www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-08-2011 16:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 12 (Venres)
• Cristina Pato en Baiona na praza do Concello ás 22:30
• Xabier Díaz e Maianas en Bertamiráns (Ames) ás 22:00
• Festicultores en Foz
• Snatch en Noia
• Abe Rábade na Praza de San Martiño Pinario (Compostela) ás 20.00
• Barqueirock (O Barqueiro): Zenzar, Raiba, ...
• Festival Brincadeira (Ordes): Ruxe-Ruxe, Rosendo, Avante, Obús, Labazada, Malandrómeda,...

Sábado 13
• Marful en Verín na praza García Barbón ás 23:00
• Fol de Veneno en Corme ás 21:00
• Atlántica Vapora Orquestra na Praza de San Martiño Pinario (Compostela) ás 20.00
• Xose Manuel Budiño en Vilagarcía de Arousa
• Xabier Díaz en Beluso (Bueu)
• A Requinta da Laxeira no Pino
• Tonhito de Poi en Monforte de Lemos
• Fracasados de antemano no pub d´Antón (Laracha)
• Festa da Prehistoria (Mos): Çe orquestra Pantasma e Os Festicultores
• Festival Brincadeira (Ordes): Europe, Kastomá, Burning, Boikot, Chícharo Psicótico,...
• Romaría do S. Caetano en Celeiro de Mariñaos (Barreiros-Lugo): Habelas Hainas, Os Cuchufellos, Tumba e Dalle

Domingo 14
• Emilio Rúa e BellónMaceiras Quinteto na Praza García Barbón de Verín (Ourense) ás 23:00
• Riobó en Monforte de Lemos
• Marful en Sada
• María do Ceo en Cee
• Quempallou en Meicende (Arteixo)
• Fracasados de Antemano en Cambre
• Festival As nosas Músicas (Couso-A Estrada): Alvariza, Tanto Nos Ten, A Requinta da Laxeira, Regato de matamulleres, Saltonocribo,...

Segunda feira 15 (Luns)
• Lamatumbá en Viveiro
• Treixadura en Caldas de Reis ás 21.30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-08-2011 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os festivais de verán
12 agosto: Barqueirock (O Barqueiro)
- Zenzar, Raiba, Riff Raff, ...

12-13 agosto: Brincadeira (Ordes)
- Europe, Ruxe-Ruxe, Kastomá, Obús, Dios Ke te Crew,...

14 agosto: Festival As nosas Músicas (Couso-A Estrada)
- Alvariza, Tanto Nos Ten, A Requinta da Laxeira, Regato de matamulleres, Saltonocribo,...

18 agosto: Bandeirock (A Bandeira-Silleda)
- Labazada, Kallaikoi, Malucos e Malandros,...

19 agosto: Esmorga Folk (A Bandeira-Silleda)
- Vilarachos, Media Ducia, Pradairo e Os Carunchos

20 agosto: Asalto ao castelo de Moeche
- Leilía, Muxarega, Estimaba que viñeras, Alalé,...

20 de agosto: Noite Folk de Negreira
- Susana Seivane, A Compañía do Ruído e Fol de Veneno

20 de agosto: Festival Folk de Guísamo
- Mercedes Peón, Alén do Mar e Xera

20 agosto: Festa Folc de Vilariño (O Hío - Cangas do Morrazo)
- Saltonocribo, A Quadrilha, Banda Crebinsky e Bastards on parade

20 agosto: Festival do Castro (Ferreira de Pantón):
- Lamatumbá, Tiruleque, Guezos e United Flavour

20 agosto: Festa Folk na Fin do Camiño (Fisterra)
- Os Cempés, Requinta da Laxeira, The Crass, Mordecans.

20-21 agosto: Festival Ponte Louco (Castro Caldelas)
- Os Tres Trebóns, Magnifique Band, El Pau, Çe Orquestra Pantasma

21 agosto: Festa Terra Brava (O Incio)
- Pelepau, Quadrilha, Güintervan,...

26 agosto: Festidoiro (Cuntis)
- Keltoi, Fracasados de antemano, Deseqilibrio mental, Skarmento

27 agosto: Festival do rio Belelle
Neda (A Coruña)

- Ultraqans,...

27 agosto: IV Festival antifascista (Cangas do Morrazo)
- Ludovaina, Molestia, Soak, Dakidarria, Skakeo

27 agosto: Festival da Lúa Meiga
O Viso (Redondela)

- Sobre Rodas, Coanhadeira, A Requinta da Laxeira


Setembro


3 setembro: Festival da Poesía do Condado
(Salvaterra de Miño)

- Ultraqans, Os Cuchufellos, Marful, ...
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-08-2011 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Festival ´As Nosas Músicas` (Couso-A Estrada)
www.asnosasmusicas.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-08-2011 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiros no festival As Nosas Músicas (Couso)
www.asnosasmusicas.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-08-2011 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Festival FolKk Celta Ponte da Barca (Portugal)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-08-2011 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Festas de Beluso (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-08-2011 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Barqueiro Rock (O Barqueiro-Mañón)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-08-2011 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Prehistoria (Mos)
SÁBADO 13 – DÍA GRANDE.

-10:00h. Apertura do poboado da Penacova.
-10:30h. Obradoiro de pintura corporal.
-11:30h. Subida á Lapiñeira da Fraga.
-12:00h. Recepción das tribos participantes.
-13:00h. 1ª función de “TROGLODITAS”, de Tanxarina Títeres.
-13:30h. Menú cavernícola.
-15:00h. Grupo de percusión A-TUN-CON-PUNK.
-16:00h. Obradoiros e outras actividades sobre a vida na Prehistoria. Técnicas para facer lume
Fabricación de ferramentas de pedra / Confeción do teu traxe da Prehistoria
Como facer pan / Tiro con propulsor / Elaboración dun petróglifo.

-17:30h. Xogos e competicións entre as tribos participantes / Xogos para o público en xeral.
-19:30h. 2ª función de “TROGLODITAS”, de Tanxarina Títeres.
-20:00h. LEVANTAMENTO DA PEDRAFITA.
Monumento megalítico para conmemorar unha década de Festa da Prehistoria.

-20:30h. 3ª función de “TROGLODITAS”, de Tanxarina Títeres.
-21:30h. Menú cavernícola.
-22:30h. Grupo de percusión A-TUN-CON-PUNK.
-23:00h. Invocación aos espíritos soterrados na Mámoa da Penacova.

-00:00h. Actuacións musicais:
- CÉ ORQUESTRA PANTASMA
- FESTICULTORES TROUPE

DOMINGO 14 – DÍA DA EVOLUCIÓN.

- 21:00h. CINE AO AIRE LIBRE.
- IV Concurso de Curtas da Prehistoria.
- A película “Na procura do Lume”.
-23:50h. Obradoiro de Astronomía no ceo da Penacova

http://festadaprehistoria.wordpress.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-08-2011 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Festiva Brincadeira (Ordes)
www.brincadeiraordes.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-08-2011 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
XVII Festival Rabafolc (Rábade)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-08-2011 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Consello da Cultura Demasiado Galega

Un pouco de retranca ante as declaracións da Concelleira de cultura da Coruña.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-08-2011 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Uxía entra no número sete das Listas Europeas de World Music
O disco Meu Canto, o último traballo de Uxía, está a ter unha gran acollida en Europa. O álbum entrou no número sete das Listas Europeas de World Music. Os 44 xornalistas que compoñen o xurado das WMCE votaron de forma unánime e apoiaron o traballo da galega.

A cantante Uxía celebrou con este disco 25 anos de carreira artística. Este traballo presenta unha relectura dos temas fundamentais do seu directo e aborda cancións que non experimentara anteriormente. Este novo traballo de Uxía, que se publicou o pasado 6 de xuño, foi gravado en Brasil nos Estudios Biscoito Fino de Río de Xaneiro xunto con Jaime Alem, que traballa como produtor habitual de Maria Bethania.

Meu Canto está composto por quince cancións das que unicamente unha fora gravada con anterioridade por Uxía e o seu nome débese precisamente a que a maioría das cancións conteñen a palabra canto, formulada como unha reflexión sobre o acto de cantar.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-08-2011 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
A vergoña de ser concelleira de cultura na Coruña
Entrevista a Ana Fernández (Partido Popular), nova concelleira de Cultura da Coruña.

O complexo de inferioridade desta muller por ser galega...

—¿Hay que potenciar que venga gente de fuera por eventos culturales?
—Esto es algo importantísimo. Hasta ahora se estuvieron programando cosas demasiado gallegas. Yo creo que se debe ofertar cosas de aquí, evidentemente, pero también programar otras cosas. Lo importante es que para que te interese la cultura tienes que entenderla, y tiene que estar en un idioma que entiendas.


Entrevista completa:
www.elidealgallego.com

Modo retranca: ... Supoño que cando esta señora di que hai que programar eventos culturais, en idiomas que se entendan, estará a referirse a que non van programar ás óperas en italiano, os concertos de grupos ingleses e americanos, nada de grupos brasileiros, etc.
Ah non, refirese a que o idioma que non se entende é o galego, somosche así de analfabetos.

Está é a Concelleira de cultura nunha cidade como A Coruña... alucinante.
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 10-08-2011 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Concurso de Gaiteiros Avelino Cachafeiro (Soutelo de Montes)

Bases para o XIII CONCURSO DE GAITEIROS AVELINO CACHAFEIRO “O GAITEIRO DE SOUTELO” que terá lugar na Praza do Gaiteiro, en Soutelo de Montes, o sábado 20 de agosto de 2011.

Premios:

1º Premio dotado con 2.000 € e trofeo
2º Premio dotado con 1.000 € e trofeo
3º Premio dotado con 500 € e trofeo

O prazo de inscrición remata o mércores 17 de agosto de 2011

Bases

Inscripcion

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-08-2011 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Pedro Álvarez Fariñas gaña o trofeo MacCrimmon (Lorient)
Galicia impusose a Asturias no trofeo Mac Crimonn de Gaita dentro do Festival Intercéltico de Lorient (Francia).

Catro gaiteros de cada comunidade competiron durante caseque catro horas para acadar o premio ao mellor solista. Cada un deles interpretou tres cancións: unha asturiana, outra galega e outra bretona.

O gaiteiro galego Pedro Álvarez Fariñas acaba de recibir o prestixioso Trophée MacCrimmon, o antigo Trofeo Macallan, considerado o Nobel dos gaiteiros.

O galardón, que vao pola 26ª edición, entregouse no Festival Intercéltico de Lorient.

Pedro Álvarez Fariñas, proclamouse gañador do trofeo para solistas de gaita galega e asturiana, sucedendo a unha gaiteira asturiana, Andrea Joglar, que foi a primeira muller en gañar este concurso.
Tras o gañador, o tamén galego Jesús Sánchez, conseguiu a segunda praza, por riba de Raúl Lacilla, que foi o terceiro clasificado no concurso de Lorient. A cuarta e soprendente posición logruna o veterano gaitero, Pablo Dalama.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 09-08-2011 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer