Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Final do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega `Constantino Bellón´
O Ateneo Ferrolán acorda concede-la Gaita de Ouro“Constantino Bellón 2011”, a persoa de
XOSÉ MANUEL SEIVANE MAGIDE
como artesán e pola continuidade familiar a prol da música tradicional galega


A imposición da citada Mención terá lugar no ACTO que se celebrará o próximo mércores día 31 de agosto, as 20,30 horas, no Teatro JOFRE de Ferrol na Final do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “Constantino Bellón”.


O Ateneo Ferrolán comprácese en convidarlle aos actos do XX Concurso de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN” 2011

FINAL do XX Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón”
DATA: mércores día 31 de agosto de 2011
HORARIO: 8,30 tarde.
LUGAR: Teatro JOFRE - Ferrol.

Entrada libre e gratuíta (recollida de entradas na taquilla do Teatro Jofre)



Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-08-2011 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega `Constantino Bellón´ 2011
En Ferrol, o día 4 de agosto de 2011, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204 o XURADO do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:

D. Víctor Fernández Gabeiras
D. Xesús Vaamonde Manteiga
D. Xavier Rodríguez Fariñas
D. Pablo López Torneiro
D. Xoán Rodríguez Silvar

e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requirían para participar no mesmo,

ACORDOU, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas:

1. Pedro Álvarez Fariñas.Nigrán - Pontevedra
2. Pablo Devigo Vázquez. Castro Caldelas - Ourense.
3. Bruno Villamor Gay. Lugo.
4. Gorka Bravo Barreiro. Vitoria.
5. Diego Bello Fernández. Bembibre - León. “GAITEIRO DE SOUTELO”
6. Xosé Antonio Constela Martínez. Xenebra - Suiza. “GAITEIRO DE SOUTELO”
7. Daniel Lumbreras Rodríguez. San Sebastián “GAITEIRO DE SOUTELO”
8 . Nicolás Ramiro Peréz Rodríguez. Arxentina “GAITEIRO DE SOUTELO”

Concurso de Composición para Gaita Galega Solista
Punto nº 9 do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega“CONSTANTINO BELLÓN” 2011


En Ferrol, o día 4 de agosto de 2011, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena 202-204 o XURADO do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN

ACORDOU, conceder ó PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista a:
JAVIER MARIA LÓPEZ RODRIGUEZ pola partitura “As cousas de Sabela” Suite para Gaita Solista en La e Orquestra.

Así mesmo acordan conceder os seguintes accésit a:
- JESUS RODIL RODRIGUEZ pola obra “OCTOPUS” para Gaita e Piano.
- PABLO DEVIGO VÁZQUEZ pola obra “LOIA” para gaita en Do5 e electrónica en vivo.

ACTA FINALISTAS SOLISTAS 2011
ACTA COMPOSICIÓN 2011

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-08-2011 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Coanhadeira en Boiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2011 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Daravelo pon de acordo á Comisión de Festas e á Asociación da Danza
Tras unha semana convulsa, chea de acusacións por unha e outra parte, por fin impúxose a cordura. O portavoz da Asociación de Veciños "Daravelo", Antonio Paredes, foi o encargado de pór fin á disputa.

O mércores chamou aos representantes da Asociación da Tradicional Danza de Darbo e aos da comisión de festas da Romaría de Darbo, e convocounos a unha reunión. O encontro tivo lugar, ás 19.00 horas, na antiga escola de Seixo, e parece que con bo éxito, tras máis de dúas horas de conversación e de limar asperezas.

A reunión serviu para retomar o diálogo e deixar resoltos os deberes e dereitos de cada unha das partes. Practicamente retomouse a tradición e a danza figurará na programación das festas. Pola súa banda, a comisión de festas comprométese a pagar os petiscos e a entregar un donativo dunha cantidade fixa ou a factura da limpeza dos traxes da danza na tinturaría, algo que decidirá a comisión que cada ano organice as festas.

O acordo sinala que "No día de hoxe vense de celebrar no local da Asociación de Veciños Daravelo de Darbo unha reunión convocada por esta asociación veciñal a raíz das novas aparecidas este días nos distintos medios informativos. Na mesa participaron os representantes da Comisión de Festas da Tradicional Romería de Darbo e da Asociación da Danza de Darbo. Neste encontro chegaron ó acordo que permite a continuidade das relacións entre estas entidades de forma harmónica, anunciado a celebración da danza o día 8 de septembro nos horarios habituais, despois da misa maior e tamén pola tarde".

A Asociación de Veciños de Daravelo adiantouse ao rexedor local de Cangas, José Enrique Sotelo, que tiña a intención de reunirse coas partes. De feito fixara para o día 2 de setembro un encontro coa Asociación da Danza de Darbo, que podería celebrarse igual, pese ao acordo alcanzado onte.
Antonio Paredes quere destacar que non atopou grandes fracturas entre as partes e que foron unha sucesión de malentendidos o que levou a unha situación á que nunca se tiña que chegar. Paredes destacou a vontade de ambas as partes.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2011 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 29 (Luns)

Terza feira 30 (Martes)
• Coanhadeira en Boiro
• XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2011 en Ferrol

Corta feira 31 (Mércores)
• XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2011 en Ferrol
• Festicultores en Arzúa

Quinta feira 1 (Xoves)

Sexta feira 2 (Venres)
• Festas da rúa de abaixo (Compostela): Orquestra Os Modernos, Habelas Hainas e Tanto nos Ten
• Circio en cangas do Morrazo
• Kastomá no pub Gatos (Melide)
• Raiba na sala Moby Dick de Sada
• Roi Casal en Rianxo
• Guezos e Pulpiño Viascón en Dodro

Sábado 3
• Encontro Folclórico de Uxes (Arteixo) ás 18:00
• XV Festival Folclórico Baiña en Baiona ás 22:00
• Os Carunchos na Casa de Arriba (Vigo) ás 18:00
• María do Ceo en Celanova
• A Roda en Vilalba
• A Requinta da Laxeira en Poulo (Ordes)
• Xosé Manuel Budiño en Negreira
• Roberto Somoza en Rianxo
• O Son das mamoas (Candeán-Vigo): Recambios Tucho, Kogito, Skakeo, Bastards on Parade,...
• Festival da Poesía do Condado de Salvaterra de Miño (Pontevedra): Ultraqans, Marful, Os Cuchufellos,...
• V Serán dos Callos na Praza do Concello de Salceda de Caselas

Domingo 4
• Marful en Salceda de Caselas ás 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-08-2011 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos da Festa do Viño do Condado (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-08-2011 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 26 (Venres)
• Leilía en Salvaterra de Miño ás 24:00
• Cé Orquestra Pantasma en Cabana de Bergantiños
• Snatch no Encontro (Barrantes)
• Rosa Cedrón en Pontecaldelas na Alameda ás 22:30
• Festidoiro (Cuntis): Keltoi, Fracasados de antemano, Deseqilibrio mental, Skarmento
• 1º Ponte dos Mouros (San Adrián de Calvos-Fornelos de Montes): Pandeireteiras San Adrián de Calvos, Os Carunchos, Tanto Nos Ten.
• Foliadiña no parque de Sta Margarida (A Coruña) ás 19:00.

Sábado 27
• XIII Malla Tradicional (Codeseda-Doade-Lalín)
• XVI Encontro Folclórico Malveiras (Vilagarcía de Arousa) na praza da Peixaría ás 22:15
• Bellón Maceiras Quinteto na Praza de San Martiño Pinario (Compostela) ás 20.00
• Pé de Boi en Melide
• A Roda en Mugardos
• Festipote (Maniños-Fene): Estimaba que viñeras, Los Tigres del Cañotas e Lamatumbá.
• Festival do rio Belelle de Neda (A Coruña): Pesdelán, Kilomberos de Monte Alto, A Banda da Balbina e A Compañía do Ruido
• IV Festival antifascista (Cangas do Morrazo): Ludovaina, Molestia, Soak, Dakidarria, Skakeo
• Festival da Lúa Meiga no Viso (Redondela): Sobre Rodas, Coanhadeira, A Requinta da Laxeira

Domingo 28
• XX Festa da Malla (Meira)
• IV Xuntanza nos muiños do rio Armenteira: Maquina de meter medo, Marcelo González, Os Gordechos, Ardentía,...
• X Festival Retrouso (Cela-Bueu): Retrouso, Tarambainas, Abóbriga,...
• Noitarega en Salvaterra de Miño ás 22:30
• Leilía en Maniños-Fene ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-08-2011 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada na Coruña
Chega a Romaría de Santa Margarida, e este ano queremos celebrala se cadra un pouco antes.

Por iso convidamosvos o VENRES 26, a partires das 19:00, a una foliadiña no parque de Sta Margarida.


Esta foliada malia ser "demasiado galega", mesmo pode considerarse clandestina, xa que non contamos con permisos, nin teremos luces, nin megafonía.
So as nosas ganas, gorxas e forza non precisaran de tales cousas pra podernos divertir.

Faremos a foliada en dous tempos:

Comezaremos a partires das 19:00 no Muíño, onde estaban as pombas, no estanque dos patos. Alí comezaremos a temperar, onde disporemos dun ambigú pra quen se lle preste a quecer.
No momento no que poidamos acadar un quórum e os bailaríns demanden pista moverémonos á explanada da Casa das Ciencias, a 10 metros do lugar.

Non contamos con intervención policial, bailando pegados ao cuarteliño da policia, e calculamos con rematar sobre as 22:00.
Moitos nos dirixiremos deseguido á Cova ou a Repichoca.

Contamos con todos vós, primeiro porque queremos pasalo ben, reivindicar a finde da Romería e por outra facerlle homenaxe ao Monte e a súa Romaría que veu esmorecendo de vagar dende hai tantos anos atrás.
Animávosvos a vir con gaitas, pandeiretas, tamboriles, coas ganas de botar unhas bailas, e tamén pra os que queiran desfrutar do bo ambiente.

Felices festas!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-08-2011 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Lúa Meiga (O Viso-Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-08-2011 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
IV Xuntanza nos muiños do rio Armenteira
Este domingo 28 de agosto celébrase a IV Xuntanza Ruta da Pedra e da Auga -Parkus Rivadumia-, unha reunión festiva ao redor dos muíños de Armenteira. aCentral Folque encargouse de deseñar unha serie de actividades e intervencións artísticas para a contextualización, pasatempo e reflexión nos espazos máis singulares do lugar, un percurso músico-ambiental na Aldea Labrega de Armenteira, concello de Meis.

PROGRAMA

Muíño do Pino = Muíño do Oráculo. De 20:00 a 22:00 h
O druída Manuel Aneiros elaborará queimada máxica

Muíño do Gaiteiro = Muíño das Conversa. De 13:00 a 14:00 h e de 17:30 a 19:00 h
Conversas teatralizadas con Paula Carballeira

Muíño do Curruncho = Muíño das Palabra. De 19:00 a 20:00 h
Recital poético con Lucía Aldao, María Lado e Rosa Bugallo coa música do colectivo Alg-a

Muíño Laxiña = Muíño da Muiñeir. De 13:00 a 14:00 h e de 18:00 a 20:00 h
A máquina de meter medo: dúas zanfonas e percusión

Muíño Montiño = Muíño do Amor De 20:00 a 21:00 h
Concerto de Tango Bar

Lavadoiro. De 13:00 a 14:00 h e de 18:00 a 19:00 h
Sesión de canto popular con Marcelo González

Ponte de entrada. Pases ás 13:30 e as 18:30 h
Regueifeiros Os Gordechos

E ademais:

Músicos ambulantes. Dúo de acordeóns Verdegaio Pases ás 14:00 e as 17:00 h
Obradoiro de creación de instrumentos pobres para nenas e nenos con Xurxo Troncoso Ás 18:00 h

Na festa haberá un xantar popular con polbo, carne ao caldeiro, empanada,... (reservas nos teléfonos dos concellos de Meis -986 721 101- e Ribadumia -986 718 491)

Ademais a festa péchase cun concerto de Ardentía ás 18 horas e o Dúo D'perlas

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-08-2011 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Bellón Maceiras en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-08-2011 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
XVI Encontro Folclórico Malveiras (Vilagarcía de Arousa)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-08-2011 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
X Festival Retrouso (Cela-Bueu)
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-08-2011 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
1º Ponte dos Mouros (San Adrián de Calvos-Fornelos de Montes)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-08-2011 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do río Belelle (O Roxal-Neda)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-08-2011 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Festidoiro 2011 (Cuntis)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-08-2011 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival antifascista (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-08-2011 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas e Agarimos presenta nova gala en Noia


A AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA CANTIGAS E AGARIMOS PRESENTA O SÉU NOVO ESPECTÁCULO "LELA"

Xoves 25 de agosto ás 22h en Noia (A Coruña).

A obra Os vellos non deben namorarse, de Castelao, serve de fío conductor á nova gala de Cantigas e Agarimos.

Cantigas e Agarimos quere rendir homenaxe a todos e todas as persóas que en xullo de 1961, fixeron posible aquela primeira representación, fóra de América, da obra de Castelao. Neste espectáculo, mais de 80 persoas tentarán trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames

O 25 de xullo de 1961 o grupo de teatro de Cantigas e Agarimos, dirixido por D. Rodolfo López-­‐Veiga, puxo en escena por primeira vez en Galicia a obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse. A parte musical da obra, dirixida por D. Rosendo Mato Hermida, incluía entre outras,­ a peza Serenata de Boticarios, máis coñecida co título de Lela.

Neste ano 2011, no que celebramos o noventa aniversario da Agrupación e cúmprense 50 anos daquela primeira representación fóra de América da obra de Castelao, Cantigas e Agarimos presenta a gala Lela, en lembranza e homenaxe a todos e todas as que, no seu día, fixeron posible aquel acto senlleiro da cultura galega.

Este é o fio que serve as diferentes seccións de Cantigas e Agarimos (coral, instrumental, grupo de baile e pandeireteiras) para presentarnos un espectáculo de calidade, no que mais de 80 persoas tentan trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames. Baile, musica, vestiario, pinceladas de teatro... todo un despregue visual e sonoro que non te deixará indiferente...



Biografía
A Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela fundouse nesta cidade no ano 1921, sendo, polo tanto, a máis nova das catro agrupacións históricas do folclore galego.

Dende entón Cantigas e Agarimos, vén traballando arreo na recuperación, conservación e transmisión dalgunhas das formas máis entrañables da cultura tradicional galega, como son a cantiga, a música, o baile e o traxe tradicional.

A través das súas seccións: coral, gaiteiros, grupo de baile e pandeireteiras (e antigamente grupo teatral), Cantigas e Agarimos non deixou nunca de ocupar postos privilexiados nos eidos do folclore e así o acreditan os numerosos premios acadados ao longo da súa traxectoria e as referencias dos historiadores da cultura galega.

Ademais dedica un importante traballo á promoción do baile e da música popular entre os rapaces, por medio da Escola da Muiñeira, Gaita e Pandeireta, Concurso de Baile e Música, Día da Muiñeira e a publicación da revista Algalia.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-08-2011 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Seráns 2010-2011
4 de setembro
- Serán en Salceda de Caselas
- Serán en Ribeira
- Serán no Rosal

18 de setembro
- Serán das Tarambainas (Lavadores - Vigo)

24 de setembro
- Seran en Gargamala (Mondariz) no adro da igrexa

25 de setembro
- Serán da Carballeira (Salceda de Caselas)

2 de Outubro
- Serán de San Miguel no Teleclub de Gaxate (A Lama)
- Serán de San Tomé en Parderrubias (Salceda de Caselas) no Torreiro da Igrexa.

9 de outubro
- Serán no Mercado Gaxate (A Lama)

16 de Outubro
- Serán do Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
- Ruada de Arteixo

23 de outubro
- Serán en Achas-Randufe,(A Cañiza). a carón do campo de futbol
- Serán en Barcela (Arbo)
- Serán no casino de Antas (A Lama)
- Serán en Mosende (O Porriño)

30 de outubro
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño) no Pavillón de Deportes

31 de outubro
- Serán do Samaín na Alameda de Redondela.

6 de Novembro
- III Foliada de Sada
- Serán en Caldelas do Miño (Tui) ao carón da igrexa
- Serán no bar o Sifón de (Avión)
- Serán en Viladesuso
- Serán en Couso (A Estrada)

13 de Novembro
- Serán na casa do Pobo da Esfarrapada (Anceu - Pontecaldelas)
- V Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
- Serán en Frades (Mondariz)

14 novembro
-II Serán de Lourido (Salvaterra de Miño)

20 de novembro
- Serán de Loimil (A Estrada) na antiga escola da parroquia
- I Ruada de Outono de Beariz (Ourense)
- II Serán dos Cogumelos en Entenza (Salceda de Caselas)

27 de novembro
- Magosto-Serán da Ponte Vella en Reis (Teo)
- Magosto-Serán en Saxamonde (Redondela) no Centro Cultural de CHan das Pipas
- Serán da Forna (Budiño-O Porriño)
- Ruada de outono en Cuspedriños (Cotobade)

4 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

5 de decembro
- Serán en Burgueira (Oia)
- Serán en Couso (Gondomar)

11 de decembro
- Serán no adro da igrexa de Mondariz

18 de decembro
- Serán en Val-Sobral (Soutomaior)

19 de decembro
- Serán en Parada de Achas (A Cañiza) no Teleclub do Feirón

6 de xaneiro
- Serán nas Cortellas (Padróns-Ponteareas)

8 de xaneiro
- III Seran de Silvoso (Pontecaldelas) no adro da festa

14 de xaneiro
- Serán de San Amaro - Traspielas (Fornelos de Montes)

15 de xaneiro
- Serán de Prado da Canda (Covelo)

22 de xaneiro
- Serán en Ribadavia
- Serán en Parada (Pontecaldelas) a carón da capela
- Serán en Paraños (Covelo)

29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.
- Serán de Arbo no cuartel

5 de Febreiro
- Serán no bar do Sifón en Avión

12 de Febreiro
- Serán dos namorados (Toutón-Mondariz)
- Foliada no Irixo (Ourense)

19 de Febreiro
- Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)
- Serán en Ventín (Fornelos de Montes)

26 de febreiro
- Serán en Mouriscados (Mondariz)

6 de marzo
- II Serán de entroido no Casco Vello de Vigo

12 de marzo
- Serán de Laxoso

18 de marzo
- Serán de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)

19 de marzo
- Serán en Gargamala (Mondariz) na casa parroquial de Mourelle
- Serán no baile vello de Valadares (Vigo), no torreiro da festa ao carón da igrexa.
- Serán furancheiro na Picoña (Salceda de Caselas)

25 de marzo
- Serán da Ermida en Pazos de Borbén

26 de marzo
- III Serán en Vilacoba (casa da Cultura), Salvaterra de Miño
- IV Ruada de Catoira
- Serán en Mondariz no pavillon deportivo (ó lado da igrexa)
- Serán en Santa Lucía (Santiago

2 de abril
- Ruada en cabaleiros (Tordoia)
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)
- Serán no Freixo (Valadares-Vigo)
- Serán no Casino de Vilasobroso (Mondariz)
- Serán en Oubiña (Cambados)

9 de abril
- Serán de Angudes (Crecente)
- Serán na Casa do pobo de Xesta - A Lama

16 de abril
- Serán na casa do pobo das Estacas (Fornelos de Montes)
- Serán en Pinzás(Tomiño)
- Serán Aña Urbana en Pontevedra

21 de abril
- Serán do Sor (O Barqueiro)

29 de abril
- Serán de Beirán (Matamá-Vigo)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara (Ponteareas)
- Serán en Santa María (Salceda de Caselas)
- Serán do Muiño da Regueira (Matamá-Vigo)

7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
- Serán en San Benito (O Porriño)
- Serán Tromentelo (Coiro-Cangas do Morrazo)

14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
- Serán no Torreiro da festa das Angustias (Nigrán).
- Serán do Patrocinio (Rianxo)
- Serán de Piñor (Ourense)
- I Serán en Burela

16 de maio
- Serán das Letras en Sobrada (Tomiño)

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa
- Serán de Borreiros no centro Cultural de Borreiros en Gondomar

28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) nos baixos do Pavillón de deportes
- Serán na Casa do pobo de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
- Serán do Coto (Cabral-Vigo)

29 de Maio
- II Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)

4 de xuño
- Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
- Serán da A. C. Traspés (no adro de Sárdoma - Vigo)
- Serán do mar (Baiona)

11 de xuño
- Foliada A Rúa de Cuntis

11 de xuño
- Serán da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baíña - Baiona)
- Serán na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)

17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa

18 de xuño
- Noite da Moura en Rebordechán (Crecente)
- Serán de Herville (Cela-Mos)
- Serán Vai de Roda (Rianxo)
- Serán Popular nas Angustias (Nigrán)
- Ruada Lembranza en Oza dos Ríos e homenaxe ao gaiteiro e palleteiro Juan Brea.
- III Serán de Valga, no Campo da Festa de Campaña (Valga)
- Foliada de Xacarandaina no Parque de Santa Margarida (A Coruña)

25 de xuño
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)
- XII Serán festa fin de curso da ACF O Fiadeiro na A .V. Santa Mariña de Cabral (Vigo)
- Serán no Campo da festa de Valongo (Cotobade)

1 de xullo
- Serán de Maceda

2 de xullo
- Serán na Capela de Santo Estevo, O Rodeiro, Avión

9 de xullo
- Serán na praia de Deilán (Santa Cristina de Cobres-Vilaboa) ADIADO
- VI Conrobla de Boimorto

16 de xullo
- Serán na praia de Deilán (Santa Cristina de Cobres-Vilaboa)

23 de xullo
- XII Romaría galega (A Pontraga-Tordoia)
- III Serán de Figueiras (Compostela)

30 de xullo
- Serán no monte da Picaraña (Ponteareas)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-08-2011 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Malla Tradicional (Codeseda-Doade-Lalín)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-08-2011 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
XX Festa da Malla (Meira)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-08-2011 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Un país que non quere as súas tradicións....
A comisión de festas de Darbo non quere na romaría a danza tradicional da parroquia de Darbo (Cangas do Morrazo)

Será por ser "demasiado galega"?




Danza e contradanza de Darbo
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 24-08-2011 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores do Certame de Soutelo de Montes
O vilagarcián Cristian Silva Bóveda -acompañado ao tamboril por Alberto Costas- foi proclamado como mellor gaiteiro de Galicia nun concurso no que participaron 14 intérpretes. O segundo posto foi para Pedro Álvarez Fariñas (Nigrán) -acompañado de Ramón Corral- e o terceiro para o vigués Lois Prado Fernández -con Julia Martínez- que recibiron 1.000 e 500 euros respectivamente, mentras que o vencedor levouse a casa 2.000 euros.

Houbo dous participantes de fora de Galicia: o venezolano Erik Corrente e a vasca Rebeca Caballero, a única participante feminina. No certame tomou parte tamén o músico soutelán Diego López Cosme, alumno da escola de Avelino Fírvida.

Cristian Silva Bóveda, de 28 anos, é un gaiteiro nado en Carril e fincado en Vilagarcía. O pasado sábado foi recoñecido como mellor gaiteiro de Galicia, na trixésimo segunda edición da Festa do Gaiteiro celebrada en Lalín. O músico estivo acompañado ao tambor por Alberto Costas na celebración lalinense.

-¿Era a primeira vez que participaba no certame?
-Si, levaba anos querendo presentarme á Festa do Gaiteiro, pero esta foi a primeira vez. Foi unha experiencia bonita, a verdade. Tiven boas sensacións e gustoume poder participar.

-¿En que consistiu a proba que tivo que realizar?
-Eramos catorce participantes, predominantemente de Galicia. Había que interpretar dous temas, e eu optei por presentar un tema propio, moderno e de tinguiduras pop, e outro tradicional de Soutelo, onde se celebrou o certame.

-¿Quen compuxo o xurado que valorou aos músicos participantes na Festa?
-O xurado estivo composto por seis ou sete persoas, relacionadas co mundo tradicional da gaita. Había artesáns, músicos... Xente que está metida no mundo da música tradicional.

-¿Que premio recibiu como gañador?
-Unha dotación económica de 2.000 euros e un trofeo. Os dous participantes escollidos como segundo e terceiro mellores gaiteiros tamén recibiron trofeo e recompensa económica.

-¿É a primeira vez que se presenta a un concurso destas características?
-Como solista participei anteriormente nun concurso de Vigo, onde quedara segundo. A nivel de agrupación participei en varios.

-¿E en cales sente máis cómodo?
-Bo, digamos que son diferentes. Gozo dos dous xeitos, aínda que como solista sempre tes máis liberdade para facer as cousas como ti queres e tes na cabeza.

-¿Que aspiracións ten en mente relacionadas coa gaita?
-Eu dedícome á música. Teño a carreira de conservatorio en gaita, e agora mesmo son profesor no conservatorio de Vilagarcía. Tamén dou clases noutras escolas. En canto aos concursos, intentarei seguir presentándome a algúns sempre que se presente a ocasión e poida permitirmo.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-08-2011 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
A volta dos Cempés
Fisterra, 20 de agosto 2011. Os Cempés volven aos escenarios!! :-)


Os Cempés ensaiando dias antes da súa reaparición en Fisterra despois de 4 anos de descanso e reflexión.
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 24-08-2011 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Pedro Alvarez Fariña gañador do MacCrimmon


Pedro Álvarez Fariñas, actual campión do Trofeo McCrimmon de gaita, naceu en Nigrán (Pontevedra) en 1989. Xa desde temperá idade mostraba ter aptitudes para a música polo que con tan só 7 anos os seus pais decidiron que empezase a estudar música e con 8 comezou a súa formación no conservatorio na modalidade de gaita galega. Aos 9 anos, este mozo galego xa tocaba na Banda de Gaitas Xarabal de Vigo, agrupación da que aínda hoxe é compoñente e que o pasado ano cumpriu as súas vodas de prata.
Con tan só quince anos xa gañou o seu primeiro concurso co cuarteto de música tradicional Anacos de Buxo. En canto aos últimos concursos nos que participou podemos destacar o Manuel Villanueva, Manuel Dopazo e o primeiro concurso de gaiteiros solistas de Concello de Vigo.

Para este novo gaiteiro gañar o trofeo McCrimmon é un recoñecemento ao seu traballo ademais dun aliciente á hora de lanzar a súa carreira como músico máis aló dos concursos.

Pero, como se prepara o repertorio para un concurso como este?
Ademais do traballo diario e facer unha boa elección dos temas cos que participa, Pedro opta por preparar as súas actuacións absorbendo o mellor dos diferentes estilos dos gaiteiros tradicionais e facendo a súa propia versión dos temas tocados por eles pero sempre fiel ao estilo destes.

Ademais, outra das cousas que fai tan especiais e interesantes as interpretacións de Fariñas, é a diversidade de estilos polo que en certo xeito vese influenciado e que van desde a música clásica ata o máis puro estilo insular de Xamaica.

Se a isto engadímoslle a multitude de instrumentos que toca ademais da gaita; como o piano, saxo, guitarra, mandolina, frauta travesera ou percusións étnicas, estamos ante un músico moi completo en constante crecemento.
Finalmente, que plans de futuro ten?

Para o próximo ano, espera o grao superior do conservatorio e montar un grupo folk co que dar o salto aos escenarios, así como outros pequenos proxectos que esperamos ir vendo pronto.

www.festivaldelorient.com
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-08-2011 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
O Fiadeiro no Festival Intercéltico de Lorient 2011
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 24-08-2011 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Xosé Manuel Budiño
-¿Por que gaiteiro?
-Empecei moi noviño, con sete anos, escoitando música tradicional. Xa sendo neno chamábame moito a atención a gaita, así que supoño que por iso a elixín. Coa gaita sentín de neno un amor a primeira vista e tireime de cabeza.

-¿Como foi esa viaxe por todo o mundo?
-¿Como plasma todas esas experiencias en «Volta»?
-É tan interesante ver tantas culturas e tan diferentes que necesitas empaparte delas, pero non só musicalmente, senón en todos os sentidos. Os seus olores, a súa gastronomía, os seus sabores... Todo iso axuda a compoñer.

-¿Que levará a Malpica?
-Teño preparado un espectáculo cheo de moita enerxía, con baile tradicional en directo, con música electrónica, con vídeo creacións... É un espectáculo para deixarse levar e para gozar de toda a enerxía que fomos recollendo por todos os países que visitamos e que reflectimos en Volta. Nunca tiven a oportunidade de actuar en Malpica e teño moitísimas ganas.

-O seu estilo é moi tradicional, pero tamén introduce novidades nos seus temas. ¿Como xurde esa mestura?
-Apasióname a música tradicional, pero tamén me gustan outros estilos. Ademais, teño a sorte de ter o meu propio estudo de gravación na casa, o que me permite acceder a diferentes estilos, coma a música electrónica. Teño a posibilidade de experimentar e combinar, e iso é o que levo aos escenarios. Gústame mesturar a vídeo creación co baile e a percusión galega e ao mesmo tempo coa electrónica. Ademais, gústame moito recuperar gravacións antigas e, grazas á tecnoloxía, tocar con actuacións de máis de cen anos de antigüidade. As novas tecnoloxías permiten, por exemplo, dar vida de novo a Perfecto Feijoo con Aires da Terra e tocar con eles.

-Iniciou a súa carreira en solitario hai xa máis de dez anos. ¿Como cambiou o seu estilo dende «Paralaia» ata «Volta»?
-Paralaia foi un disco totalmente acústico, gravado practicamente en directo, mentres que Volta é o resultado dunha viaxe que fixen por catro continentes, con cámara en man e gravando momentos que normalmente non se poden ver, como as probas de son, desprazamentos, comidas... Todo iso está mesturado cun concerto en directo que demos en Ortigueira diante de 40.000 persoas. Volta é un repaso a todos os meus temas dos catro discos anteriores e algún tema novo.

-Moi enriquecedora, e gocei de situacións moi especiais, como bañarme no mar Morto, que é o único punto de encontro entre dous países que non se entenden nunca. Estar alí foi moi curioso.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-08-2011 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Roi Casal
-«Maxicamente vello» é o título dunha canción incluída no seu novo disco, que leva tamén ese nome. ¿É algo así coma un himno?
-Si, un himno case por decisión popular. Máxicamente vello foi un tema que nos acompañou na xira do primeiro disco ata a gravación do que sería finalmente Maxicamente vello. É unha letra de Manuel María, e curiosamente, polos valores que transmite, cos que eu me sinto identificado e que o público sempre aclamou coma un himno, poñerlle ese título ao disco unha forma de agradecer estes dous anos que nos acompañou o público na xira anterior e que o público tamén se vise recoñecido.

-¿Que pegada deixou na súa música ese paso por Milladoiro?
-Eu penso que en Lendas douradas, o meu primeiro disco, hai máis de Milladoiro que en Maxicamente vello. Eu deixei Milladoiro porque tiña claro que a miña estética era totalmente diferente, como era lóxico, por outra banda, porque eu teño 30 anos e os compañeiros ían cara os sesenta. O máis honesto para expoñer a miña forma de ver a música sería emprender o meu camiño en solitario. Obviamente, teño influenzas de Milladoiro, pero co paso do tempo penso que se van difuminando.

-¿Que vai ofrecer en Carballo?
-O 100% de Maxicamente vello e o 80% de Lendas douradas, iso é case a totalidade da exposición musical que levo recompilado nos dous últimos anos.

-¿Séntese identificado co compromiso político que reflicte o poema de Manuel María?
-Si, sen ningún tipo de dúbidas. Eu penso que non é momento de agocharse nin de esconderse, senón, ante os ataques que está sufrindo a cultura dende distintos ámbitos, eu non teño ningunha dúbida en posicionarme ao lado do que é o noso idioma e a nosa cultura, e despois que cada un faga o que queira. Eu, por suposto, púxenlle Maxicamente vello ao disco, pero que ningún pense que é un disco de contido político. Esa é a anécdota. É un disco de música, que é polo que quero que se me analice, se me xulgue e se me critique. Iso si, que ninguén espere que eu sexa un cabeza de chorlito que non son consciente do país no que vivo, porque penso que á parte de artista tamén tes que ter certos compromisos.

-Non é a primeira vez que tira da poesía. Fíxoo tamén con Rosalía de Castro. ¿Por que?
-É que eu penso que é a maneira natural de rodearte do entorno no que vives. Hai moitos críticos que din que Galicia ten una sobreprodución en calidade literaria e musical con respecto ao país pequeniño que é. Eu tamén o comparto. Temos a sorte de ter moitísimos autores, e penso que sería unha mágoa desperdiciar un tesouro que temos, que é a música tradicional por un lado e as letras dos grandes autores por outro. Sería atrevido pola miña parte non facerlle caso a ese legado que temos os galegos e que é tan rico.

Porqué elexiu a arpa?
-Dende o ano 2000 ata o 2009 formei parte de Milladoiro. Son fillo de Nando Casal, de Milladoiro tamén, así que a tradición musical era fácil seguila. A arpa elixina con dez anos vendo tocar a Milladoiro. Despois formeime en Vigo, e foi o instrumento no que me profesionalicei. Pero sempre digo que para min a arpa é unha ferramenta,. A min o que realmente me importa é a música.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-08-2011 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Folida do demo (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-08-2011 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Fai un sol de carallo', 25 anos despois

'Galicia Caníbal', o disco de Os Resentidos que marcou un fito no rock galego, cumpre 25 anos


No verán de 1986 era imposible saír de casa e non escoitar nalgún sitio unha canción que non paraba de soar,"Galicia Caníbal". Todo o mundo tarareaba aquel tema repetindo a que posiblemente sexa a frase máis soada da historia do rock en galego: "fai un sol de carallo". A canción de Os Resentidos converteuse nun boom e no primeiro tema en galego que, anos despois de Andrés Dobarro, picábase sen complexos nas emisoras comerciais de Madrid.

"É o himno de rock en galego por excelencia", di o crítico Xavier Valiño, bo coñecedor da historia musical recente. Catro anos antes, en 1982, Os Resentidos empezaban a súa traxectoria liderados por Antón Reixa, entón un profesor de literatura e poeta interesado nas vangardas. Ao amparo da nova onda que xeraba a movida viguesa, Os Resentidos gravaran xa dous discos, ata que chegou o traballo que os catapultó a toda España, cantando en galego e cunha letra-collage que reflectía a esencia das festas patronais: tradición, devoción, gastronomía e baile.

Como outros grandes acontecementos, todo xestouse unha noite de farra nun bar, neste caso nun dos santuarios da movida, o Ruralex. "Nacera a miña filla Antela e saímos a celebralo Julián Hernández e o produtor Paco Trindade. Chegado un momento, un tipo expulsounos do local, e como levabamos lentes, dixo ao saír, "fai un sol de carallo", e xa quedou como unha ladaíña que se repetiu toda a noite" lembra Antón Reixa.

O chiste acabou nunha canción que en 1986 non paraba de radiarse nos diales de toda España, e nun disco que despachou ese ano 30.000 copias, unha cifra moi alta tendo en conta que o disco de ouro andaba polas 50.000 unidades. O álbum fora editado pola compañía independente Gasa e estaba integramente en galego. "Eramos a primeira xeración de galegos sen complexos. Cantabas en galego e era unha opción natural, sen problemas nin discusións. A contorna da movida era castellanohablante, pero nunca ninguén me preguntou por que cantaba en galego" explica Reixa, con respecto a unha época que parecía moito máis tolerante que a actual.

"Corrían bos tempos para o pop español e as discográficas de Madrid, que tiñan máis opcións de chegar a medios masivos, eran receptivas ao que viña de Vigo, por iso coou mellor o galego" analiza o crítico Xavier Valiño sobre o éxito que tiveron Os Resentidos, e o tema "Galicia Caníbal". A pesar de todo, Reixa confesa que a punto estivo de prohibir a saída da canción ao mercado. "Cando recibín o single quixen parar a distribución, porque me deu a impresión que estaba moi mal mesturado e que aquilo non se podía vender", confesa o que foi líder de Os Resentidos. Reixa recoñece que no proceso de gravación houbo certas tensións entre a banda e o produtor, e que algúns dos seus compañeiros se cabrearon, co cal a gravación do tema supuxo un momento desalentador. "Acabei eu só no estudo metendo a voz á canción sen ninguén máis, e era algo moi estraño", se sincera 25 anos despois.

Debían ser detalles só percibidos polos músicos, porque a canción alcanzou tal popularidade que a discográfica propuxo ao grupo unha versión en castelán. "Dixen que non porque se me ía a notar o acento" ironiza Reixa, que a cambio ofreceu "medio de broma", unha versión en inglés e outra en eúscaro, "que acabou sendo un disparate gravado sílaba a sílaba" .

Como ocorrera outras moitas veces na historia do rock, o éxito de Os Resentidos provocou un debate interno no grupo, o momento da eclosión, a profesionalización e o cambio de plans: "Uns eramos profesores e outros combinaban a banda con Siniestro Total, co cal as actuacións se solapaban, e ese verán de éxito obrigounos a elixir e a reformar o grupo".

Na distancia dos 25 anos, Reixa confesa con todo unha frustración no que puideron achegar Os Resentidos. "É frustrante que aquel éxito non servise nin para crear un esbozo dunha industria do rock en galego, nin nas discográficas, nin nos circuítos de actuacións. Non se logrou consolidar nada, a pesar de que a creatividade estea máis viva que antes", conclúe con certo ton amargo. En 2012 cúmprense 30 anos do nacemento de Os Resentidos, Reunirase de novo a banda? "Uf, non se eu se estou para virar con tantos tacos ao lombo, e tampouco falamos nada, pero hai un disco homenaxe en marcha e nunca se sabe", comenta sen despexar a incógnita de se lle dará o gusto aos fillos daqueles "ye-yés" escondidos tras os seus "jafas de sol".



Disco homenaxe no 30º aniversario da banda

En 2012 cumpriranse 30 anos do nacemento de Os Resentidos, aquela banda que o profesor de literatura Antón Reixa montou para acompañar os seus poemas. O que non sospeitaba Reixa é que fosen alcanzar tal popularidade, e chegar a un público tan variado. "Abrimos unha nova vía nas festas patronais, iso que empezaron a chamar "atracción", e que non había até o momento. Tocaba unha orquestra e iamos como atracción Os Resentidos, e tiñamos un público moi amplo", lembra Reixa.

Os Resentidos son a banda en galego máis relevante da exigua historia rockeira do país, e unha das máis influentes nas novas xeracións de músicos. "Son un referente total, e estou seguro que se nacesen hoxe mesmo, neste momento, seguiría sendo unha banda igual de moderna", di Roberto Sobrado. Este músico é, xunto con Marcos Payno, un dos impulsores dun disco-homenaxe que se está preparando para conmemorar os 30 anos de Os Resentidos. Sobrado acaba de sacar un disco, Noroeste Estraño, no que xa fai algunha versión de Os Resentidos. Entre os grupos que preparan temas para a homenaxe están formacións como Ataque Escampe, Projecto Mourente, The Homens ou Fany e Alexander. "Tentaremos ser máis ambiciosos e contar tamén con músicos coñecidos como Siniestro Total, Fermín Muguruza ou Víctor Coyote, pero esa parte vai máis lenta", explica o coordinador do disco Marcos Payno, cuxa idea é facer un dobre CD, no que teñan cabida unha vintena de grupos.

"Influíron decisivamente en todos os que facemos música en galego, pero ás veces sorpréndeme que os rapaces non os coñezan ", expón Payno, membro do grupo Das Kapital, que tamén estarán neste disco homenaxe.

A popularidade de Os Resentidos permanece vixente no termómetro de youtube, onde o videoclip de Galicia Caníbal segue recibindo decenas de miles de visitas. Este clip supuxo un traballo rompedor nunha época na que se experimentaba co vídeo. Reixa deixouse guiar polo oficio e o talento creativo dun novo cineasta, Xavier Villaverde, mesturando tradicións como a matanza, con imaxes de Xosé Ramón Gayoso e Tareixa Navaza, dúas iconas mediáticas nesa época, ou a canallada de introducir a aparición recorrente do entón presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-08-2011 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre non calou a boca
O grupo galego máis internacional aproveitou o seu concerto de onte na Coruña para tirarlle das orellas á concelleira de Cultura, Ana Fernández, logo de que cualificara as festas de María Pita dos últimos catro anos como "demasiado gallegas".

"Este é un concerto demasiado galego. Na Coruña nunca se nos valorou. Somos galegos e somos da Coruña; cremos que a autoestima dun pobo é o máis importante", dixo, segundo testemuñas presentes, o líder do grupo, Bieito Romero, ante 5.000 persoas, entre as que se atopaba a propia edil, protagonista da polémica.

Non é a primeira personaxe pública que critica as declaracións da concelleira. A xornalista catalá de orixe galega, Julia Otero, censurou tamén no seu twitter as polémicas declaracións, como xa fixera co feito de que non se empregase a lingua galega na inauguración do centro comercial Marineda City.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-08-2011 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Unha orquestra de taberna e deseño
Veciños de Vilaxoán e músicos profesionais reinterpretan o cancioneiro popular

Ás veces ocorre que eses títulos interminables e abstractos que nomean convenios, proxectos ou sumas de vontades entre entidades chegan a converterse en algo. É dicir, nun asunto vivo que implica a persoas, en primeira ou en última instancia, que é para o que se adoita dicir que se asinan esa clase de acordos. Pero son moitas as veces nas que, tras a rúbrica, nada volve saberse daquel prometedor viveiro de ideas que ía sacar do ostracismo a tal grupo humano. Polo menos, esta historia é diferente.

En setembro de 2009, o historiador Ramom Pinheiro e o antropólogo Marcos Lorenzo empezaron o seu traballo de campo, que consistía en indagar acerca da música e a cultura mariñeira da parroquia de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa). O Concello encargara ao equipo do Centro Galego de Música Popular A Central Folque o deseño dun proxecto para inventariar o patrimonio cultural da localidade e identificar oportunidades de desenvolvemento local que tivesen que ver con ese legado. A historia de Vilaxoán, que foi concello desde o século XVIII até 1913, estaba demasiado marcada pola turbiedad do narcotráfico e as mortes por sobredoses, pero aínda latexaba, con forza, un aceno de identidade: a música.

Mediante entrevistas con axentes económicos, sociais e culturais da comarca, Lorenzo e Pinheiro comprobárono. "A xente canta nas tabernas, está no seu ADN", afirman. Desde 1980 celébrase un certame, "Vilaxoán canta", que reúne a todo o pobo ao redor dunha coral popular formada por máis dun centenar de veciños. Identificadas as claves, música e participación, pasaron á acción convocando a representantes de entidades locais para participar na definición dun programa de accións destinadas a promover a rexeneración urbana, a dinamización sociocultural e o estímulo da actividade empresarial. "A aposta pola cultura local como motor de desenvolvemento social e económico dun territorio é unha iniciativa con abundantes exemplos en Europa, pero absolutamente inédita en Galicia", aseguran desde o centro que dirixe a vocalista e compositora Ugia Pedreira, integrante de grupos como Marful e Nordestin@s.

Un dos seus froitos presentouse hai case un ano, coa celebración do ciclo Sabores e saberes, un programa de actividades na praza de abastos en tanto que espazo público vertebrador, que reuniu artistas, asociacións sociais e culturais, produtores locais e empresas. Houbo espectáculos, exhibicións culinarias, homenaxes aos oficios tradicionais arousáns, talleres, mesas redondas, conferencias e unha feira de produtos da zona. Antes, a primeira acción foi a creación dun Combo Mariñeiro, con intención de reelaborar o repertorio mariñeiro da ría e orquestralo. E á tarefa sumouse o músico Óscar Fernández, membro de agrupacións como Vos Cempés e Bonovo. Enseguida xuntou unha ducia de músicos e, durante ese primeiro ano, crearon un espazo onde atoparse. "Pero cando se deron conta, soaban como unha banda, e iso que non deran ningún concerto", relata Pinheiro, quen define a formación como "unha orquestra folk, popular e urbana, porque conecta coa tradición e, á vez, non soa a nada semellante". "É a orquestra do mar", concreta Pedreira.

Con préstamos da desaparecida conserveira Atlántica de Vilaxoán, a película L'Atalante de Jean Vigo e as lanchas vaporas que comunicaban os portos insulares e peninsulares arousáns, teceron o nome de Atlántica Vapora Orquestra e a súa estética vintage auténtica desde todos os ángulos, porque é o seu patrimonio. Debutaron no Festival Revenidas de 2010 e, o pasado mes de xuño, participaron no X Encontro de Embarcacións Tradicionais da Federación pola Cultura Marítima e Fluvial de Galiza. Mañá levarán o seu mar até Compostela, no Festival dous Abrazos (Praza de San Martiño Pinario, 20.00 horas).

Entre a pedra centenaria da cidade vella, liberarán todo o salitre que cabe en Porto de Vilaxoán, un puñado de músicas portuarias, cancións de mariñeiros e melodías tradicionais con arranxos contemporáneos. Ten o selo de Fernández, fai chiscadelas a temas emblemáticos como A danza de espadas da Confraría de Mareantes (Carril) ou polcas e muiñeiras de históricos grupos de gaitas da zona como Vos Campaneiros (Vilagarcía), e é un crisol de músicos e veciños. Soan voces, zanfoñas, acordeóns, clarinetes, gaitas, guitarras, piano, contrabaixo, batería ou violíns. Na suma deste primeiro disco e os concertos cristaliza un modesto taller de músicos, deseñado nun despacho, madurado nas tabernas de xeración en xeración e regado con talento e amor pola música.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-08-2011 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Dios Ke Te Crew
Foron os últimos en actuar o sábado do último Festigal. O campus estaba inzado de xente e ninguén parou de bailar ata que o concerto rematou. Dios Ke te Crew intensifican a súa enerxía coas guitarras de Machina no seu último disco, 'Humanose', que chegou ás tendas hai só uns días. Para quen non puidese aínda escoitalos en directo, hai outra oportunidade o día 11 de agosto no festival Brincadeira, en Ordes, a partir das 2.35 horas, nunha xornada na que compartirán cartel con Samesugas ou Skarallaos, entre outros grupos. 'Humanose' é un álbum cargado, como o anterior, 'Xénese', de crítica política e social. De "sucias verdades", como lles gusta dicir. Cóntano eles mesmos nesta entrevista.

Unha das primeiras cousas que primeiro chaman a atención deste disco é a presenza da guitarra eléctrica. ¿Como xurdiu ese encontro con Machina? No disco anterior xa había influencias de estilos como o jazz ou o propio rock. ¿Pedíavos o corpo máis guitarra neste?
O encontro xurdiu cando o ano pasado quixemos facer un concerto especial na sala NASA de Compostela, reunindo a varios amigos nosos para que nos acompañasen no directo. Ocorréusenos facer unha parte do espectáculo con banda e para nós non había ninguén mellor. Neste disco pode haber máis presenza de guitarra eléctrica. Sempre nos gustou o aire rock nas producións, pero cremos que saíu como algo natural sen premeditacións.

¿Como serán os concertos de presentación deste disco? ¿Seguirá habendo graffiti, break, etc).
Os directos ímolos realizar facendo un mestura, metade con instrumentais puramente hip hop e metade coa banda aportando o lado máis analóxico e eléctrico. En canto as condicións o permitan, seguiremos realizando breakdance e graffiti xuntando tódalas vertentes do hip hop no escenario.

O disco ten varias conexións temáticas con 'Xénese'. Unha, a chamada a vivir a vida, e outra, a reivindicación da cultura do hip-hop. ¿Podedes explicar como xurdiu ese dobrete de 'Berra' e 'Rebenta', esa dobre versión?
Pois foi ensaiando os temas no local de Machina para o concerto da Nasa. Gustounos moito como quedou a versión e decidimos gravala, vendo o resultado decidimos incluíla no álbum.

Outra conexión con 'Xénese' é o berro ecoloxista, tan presente en 'Profecía'. Se 'Virus' xa dicía que os humanos son un cancro para o planeta, en 'Humanose' está máis desenvolta esta idea. E todo o disco parece unha chamada a non resignarse, a reaxir. ¿É así?
Si, por suposto. Nós non temos as respostas para parar todo isto, o que si podemos facer é plasmar nas nosas cancións o que vemos diariamente, e se con iso logramos espertar algunhas conciencias, perfecto.

A falsa liberdade volve estar moi presente. En 'Xénese' simbolizábana, por exemplo, os abusos da Policía ou da Garda Civil. En 'Humanose' está en '4ª guerra mundial' e a súa reflexión sobre o cárcere como o contrario da rehabilitación ou sobre a desigualdade. Son o medo -inducido- e a comodidade -consumismo- a clave da falta de rebelión?
O sistema penitenciario é efectivamente un xeito de castigo, baseado na inxustiza de cara á xente de a pé, moi lonxe de ser un modelo solucionador dos problemas. Pois eses problemas ademais teñen unha raíz, entón algo vai mal. O Estado español ademais ten o réxime penitenciario máis duro da Unión Europea, os informes sobre tortura multiplícanse e as mortes baixo custodia tamén. Todo iso forma parte da '4ª guerra mundial' na que estamos inmersos, que ten por nome: Neoliberalismo, a fase actual do sistema capitalista. É a forma de escravismo deste século 21 e nós dicimos Berra! ou Rebenta!, pois as nosas vidas só nos pertencen a nós. O movemento 15-M é unha resposta totalmente natural. Nalgún momento tiña que xurdir, o que se precisaría agora é levar este movemento ós barrios, as vilas e aldeas, para facelo con toda a xente de abaixo. Moitos dos movementos reivindicativos na sociedade xa levan moito tempo a tratar de concienciar coa idea de que este sistema non nos vale e que temos que construír outras realidades. A cousa agora está en tecer as redes.

A política volve estar, por suposto, moi presente. 'Herdeiros da ditadura' chamaba a atención sobre a alienación lingüística e cultural, 'Política de asfalto' sobre a compra caciquil de votos... En 'Humanose' o tema 'Están tolos' critica o imperialismo americano... Apuntades moito á coviza como orixe de todas estas corruptelas. ¿Que responsabilidade teñen nisto os votantes?
A democracia somos nós, o poder do pobo, hai que horizontalizar o poder e iso é responsabilidade de todos nós. A denuncia do que vemos no noso entorno sempre está presente nos nosos discos, non podería ser doutro xeito, como ben di no tema 'Benvido a Mördor 2.0' "...denunciando realidades". O que está claro é que o sistema electoral tal e como está concibido non funciona e está obsoleto, sería necesario unha revisión neste campo.

A televisión volve ser criticada no disco. Do 'Apagha a tele' de 'Xénese' chégase ben ó 'Ollo ó parche remix': o Gran Irmán como metáfora dunha sociedade controlada. Por certo, 'Ollo ó parche', ¿non ía ser título dun disco? En conexión con esta idea da TV está a crítica ós músicos que se deixan comprar pola industria...
'Ollo ó Parche!' pertencía ó maxi que sacamos como adianto do álbum xunto con 'Chove'. En ningún momento tiñamos pensado que fose o nome do disco, eran simplemente dúas cancións de anticipo. Nós cremos no hip hop como unha vía para utilizar a palabra, como unha forma de denuncia e de transmitir a nosa realidade. Moitos grupos, non só no rap, senón en todos os estilos musicais, vense absorbidos pola industria discográfica. Por tentar chegar á fama perden a súa liberdade como músicos e creadores: en definitiva, o control sobre o seu traballo. A televisión é a versión moderna do 'Pan e Circo' dos romanos, a masa en silencio e entretida para non facer moito ruído.

Hai en 'Humanose' unha chamada a ser un mesmo e non deixarse levar polo que che impoñen: as modas... 'O coro dos nenos distintos' fala de persoas discriminadas por ser diferentes. 'Dáme ighual' convida a ser como es, gozando da vida. Podería ser a idea principal do disco: sé como es, e non te deixes manipular por modas, caciques, televisións... ¿poderíase resumir así o sentido xeral do disco?
Podería ser... concibimos o traballo como algo aberto, tocando moitos enfoques e temática. En definitiva, o que quixemos foi analizar diferentes temas que como nexo común teñen os comportamentos humanos, con esperanza e tamén con moita autocrítica.

¿Queredes destacar algo sobre os colaboradores do disco, ademais de Machina? ¿Como foi a preparación da parte do deseño con Ligen e Sekone?
Neste traballo tiñamos clara a incorporación doutros músicos ós nosos temas, por iso a colaboración con compañeiros do noso contorno como pode ser a xente de Machina foi dun xeito moi natural e sen prexuízos de ningún tipo. Tamén destacamos a presencia do saxo de Gilbert Carballo en clave jazz na '4ª Guerra mundial' ou o Leo i Arremecághona e Loli Nogueira en 'Dáme igual', o violonchelo de Cristina Sánchez no 'Coro dos nenos distintos'... O mesmo pasou co deseño. Liqen tiña unha serie de obras tituladas 'Humanosis' e vimos clara a conexión coa temática do noso disco. Xuntámolo con Sekone e quedamos moi satisfeitos co resultado, a verdade.

www.elmundo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-08-2011 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Atlántica Vapora Orquesta
Mauro Sanín é un dos produtores da Central Folque. Este centro leva un proxecto fundamentado no estudo, promoción e divulgación da música galega cun enfoque aberto, global e contemporáneo. Unha das iniciativas que apoiaron foi a formación do Combo Mariñeiro de Vilaxoán, que por encargo do Concello de Vilagarcía realizaron o proxecto Desenvolvemento local e cultura mariñeira de Vilaxoán de Arousa.
Dentro dese traballo levaron a cabo unha recopilación do repertorio mariñeiro da Ría de Arousa. Xa en maio do 2010 deron o seu primeiro concerto co nome de Atlántica Vapora Orquestra e o pasado 26 de xuño lanzaron o seu primeiro disco.

- Definides a música de Atlántica Vapora como contemporánea, ¿que significa?
- A música tradicional é fusión por natureza. Unha mazurca é un ritmo do século XIX, non é galega, está galeguizada. Facemos música tradicional actualizada. Que haxa catro zanfonas xa é algo bastante psicodélico.

-¿Grabar un disco nestes tempos non é algo arriscado?
- Os tempos inda non son chegados. Críamos importante ter un soporte físico, e grazas á encarga do concello foi posible.

- ¿Non resulta estrana esa colaboración cando hai políticos que renegan da programación «demasiado galega»?
- Os políticos falan de máis. Na maioría dos casos non é cultural, é político e ese é o problema. A música galega vai depender da xente e da súa demanda.

- Como editores e produtores, ¿cal é a relación coa SGAE?
-Nós somos veciños e nada máis. Dedicámonos a cousas diferentes. Eles teñen un modelo de entidade baseado en principios de proteción de dereitos de autor do século XIX, non adaptados ás novas tecnoloxías.

- Houbo unha época dourada do folk, ¿está xa pasada ou hai relevo xeracional?
-Dende o punto de vista comercial tivo o éxito nos 90, pero non quere dicir que aquela fora dourada e esta sexa de bronce, musicalmente incluso é mellor esta. Falta quizáis o campanazo comercial, a nivel xeralista.

-¿Como se conseguiría esa maior sintonía?
-A xente non tería que quedar chateando na casa e debería ir aos concertos. Temos que querernos un pouco máis e disfrutar do noso. É unha cuestión de educación.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-08-2011 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
A música galega está en perigo
Betanzos será este domingo a próxima escala da xira actual de Berrogüetto, unha das bandas máis exitosas do panorama folk galego. Xabier Díaz (A Coruña, 1970) é unha das súas sete inquedas cabezas.

-Tamén preparan un deuvedé en vivo e unha biografía. ¿Tocaba xa facer balance destes primeiros quince anos de vida?
-Foi algo que xurdiu o ano pasado, en Nadal. Tiñamos un concerto en Compostela en colaboración coa Televisión de Galicia e xurdiu a posibilidade de gravalo e editalo como celebración do 15.º aniversario do grupo. E ao mesmo tempo apareceu a idea de facer a biografía.

-¿Como se di nestes casos, de hoxe en quince anos?
-Somos tremendamente optimistas e esperamos estar outros quince anos polo menos, aínda que o rum rum das bandas, da cultura e da economía non vaia por aí. A música non pode nin debe apagarse, é algo que nos alimenta.

-Hai pouco alertaba de que a música galega corría perigo.
-Os feitos acreditan que está en perigo. Se vemos os cartaces das festas apreciase un baixón do produto propio. As Administracións deben apostar decididamente pola cultura propia. Hai bandas senlleiras que están no dique seco e por iso toca prender as alarmas. A ninguén se lle ocorrería prescindir de sectores estratéxicos, como o peixe, o marisco, os caldos... pois coa música tamén debería pasar o mesmo.

-¿É un problema só das Administracións ou tamén da sociedade?
-É cousa das Administracións, pero tamén da sociedade e dos medios, que deberían darlle máis visibilidade. Resulta paragóxico que, ás veces, haxa que saír do país para ser consciente do valor que ten o propio.

-¿Como acolleron o premio da música ao «Alalá da noite»?
-Valorámolo coa alegría coa que hai que tomarse todos os premios, pero tampouco é que supoña un xiro na inercia da banda. Sentímonos contentos porque coincidiu cos 15 anos da banda e porque son os propios músicos os que o conceden.

-¿Que ten Berrogüetto para manterse quince anos na cima?
-O segredo da lonxevidade é sentirnos músicos as 24 horas do día, sentir a necesidade da dedicarnos a isto, e ter un gran cariño pola música tradicional.

-¿Xa teñen en mente o próximo traballo discográfico de Berrogüetto?
-Nunca deixamos de traballar. Somos sete cabezas que estamos pensando na música permanentemente. Agora estamos co libro e co deuvedé, pero supoño que a comezos do próximo ano empezaremos a traballar no próximo disco.

-Ademais, compaxina o grupo cunha carreira propia e coa compañía Nova Galega de Danza. ¿Cal é o segredo?
-É unha cuestión de adecuar a axenda e as velocidades, de ir facendo. Berrogüetto é o que manda na miña axenda, pero teño tempo para outras cousas e penso que todo iso se retroalimenta.

-E tamén imparte obradoiros en escolas. ¿Que impón máis, o público dun concerto ou os alumnos?
-[Ri]. Ás veces impoñen mesmo máis os rapaces.

-¿Que acollida lle dan eles á música galega?
-Fantástica, porque os rapaces teñen unha facilidade tremenda para asimilala, eu mesmo empecei con once anos. É un entorno que mestura aprendizaxe e diversión, e ademais é algo que os vencella directamente á terra na que viven. Ademais, é unha inversión no futuro da cultura propia porque quen coñece a música tradicional de pequeno vive con ela un romance para toda a vida.


La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-08-2011 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer