Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza

Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Revista Folc Galega `online´

Óscar Martínez é o principal responsable de Sons da Galiza, unha revista online de música folk galega que creou logo de levar varios anos seguindo a grupos e colaborando con eles nos seus discos, festivais, etc.
«Decidín cubrir un oco que non existe na Galiza -conta- e de momento a resposta é bastante boa. Só leva tres meses funcionando e no Facebook, que é onde empezou todo, e xa temos mais de 500 fans».

Oscar tamén é o responsable do Festival Folk de Vigo, que vai acontecer nestes primeiros días de setembro.

«A web é www.sonsdagaliza.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-08-2010 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 30 (luns)

Terza feira 31 (Martes)
• A Roda ás 22:00 en Vilar de Barrio (Ourense)

Corta feira 1 (Mércores)

Quinta feira 2 (Xoves)

Sexta feira 3 (Venres)
• Chupacabras ás 20:30 no Pazo Quiñones de León (Vigo)
• Festas da rúa de baixo (Compostela): Tiroliro Regueifeiros, Bouba Pandeireteiras, Os Estalotes
• Festival da Poesía no Condado (Salvaterra de Miño): Sonhos

Sábado 4
• XIV Festival Folclórico Baiña (Baiona) ás 22:00 na Praza do Concello de Baiona
• Festas da rúa de baixo (Compostela): Coro da Rá, Duo Eva e Camilo, Cé Orquestra Pantasma (home orquestra)
• Nordestin@s no Porriño
• Os Carunchos na Feira Franca (Pontevedra)
• Coanhadeira na Praza do Concello da Veiga ás 23.30
• Xestreu en San Miguel de Presqueiras (Forcarei)
• SkandaloGZ no Campo de futbol de Lira (Salvaterra do Miño)
• Festival da Poesía no Condado (Salvaterra de Miño): De outra margem, Uxía, Labregos do tempo dos Sputniks, Os tres Trebóns, Afro-vungo
• Serán en Salceda de Caselas
• Serán en Ribeira
• Serán no Rosal

Domingo 5
• Tanto Nos Ten no Incio
• Lamatumbá en Neda
• Uxía Trío ás 21:00 h. no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-08-2010 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 27 (Venres)
• Fía na roca en Ponte Caldelas
• Sonoro Maxín en Esgos (Ourense)
• Coanhadeira en Escairón (O Saviñao)ás 20.30
• Milladoiro en Chantada (Lugo) no campo da feira
• Luar na Lubre no Auditorio de Vilagarcía de Arousa ás 22:00
• Nao en Forcarei
• Covalblú na Praza da Igrexa de Forcarei ás 22:30
• XII Noite dos encantos na Furna do Osmo(Corme): Folkolicos, Fanki bruster, Chotokoeu, Furnier, García, Ursus, Pan de capazo
• Festidoiro (Cuntis): Os Tres Trebóns, Medomedá, Kastomä, Raiba e O Leo i Arremecaghoná
• Festival Rebumbio (Mos): Os Veraneantes, Lakustikasesina, Troula Ghaiteira

Sábado 28
• Encontro sobre a improvisación oral (Carballo)
• Os Carunchos en Carballo na Praza do Concello ás 22:30
• III Mostra do Traxe galego e música tradicional (Melide)
• Limagoia en Melide ás 23:00
• Xarabal no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo ás 21:30
• Roberto Sobrado en Santa Susana (Compostela) ás 20:30
• Abóbriga na praza do Concello de Baiona ás 22:30
• The Homens na Ramallosa (Teo) ás 23.00
• Royalties no pub Óxido (Lalín)
• Snacth en Portonovo
• Sonoro Maxín en Priaranza (O Bierzo)
• Pepe vaamonde Grupo en Toques (A Coruña)
• Chotokoeu na sala Clavicémbalo (Lugo)
• Milladoiro en Sarria (Lugo)
• Cristina Pato en Salvaterra do Miño
• Ardentía en Ponteareas ás 22:30
• XV Encontro Folclórico Malveiras (Vilagarcía de Arousa) ás 21:30 na Praza da Peixería
• Noite Rock Cambeo nas Festas do San Ramón - Cambeo, Ourense: Guezos, Mitocondrias, John Deeres
• Festival Bailando entre Toxos (Ribeira): Pito de Pikasso, Manolo Kabezabolo, Comando Katana ...
• Festival do Río Belelle (O Roxal, Neda): Festicultores Troupe, A Banda da Balbina, Folk de Veneno, Os Xotas, Berros do Castro
• Festival Rebumbio (Mos): A Compañía do Ruido, Os Podridos, Residuos Atraktivas, Sundayers
• Noite da Lúa Meiga (O Viso-Redondela): Grupo de gaitas Asubios, A Quenlla, Tanto Nos Ten, O Leo e Arremecaghona

Domingo 29
• III Mostra do Traxe galego e música tradicional (Melide)
• Ludovaina en Melide ás 22:00
• Luar na Lubre na Capela (A Coruña) ás 21:30
• Som do Galpom no CC Auriense (Ourense)
• Tanto Nos Ten en Xunqueira de Ambía (Ourense)
• Festa Terra Brava no Incio (Lugo): Os Campantes da Baña, A Tuna Rastafari, Pan de Capazo e Medomedá
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 27-08-2010 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
Ciclo Trad en Carballo
28 de agosto de 2010 11:00 h - 20:00 h

Dentro do Ciclo Trad, aCentral Folque organiza varias actividades ao redor da improvisación oral ou repentismo
, manifestación universal sobre a controversia entre dous ou máis improvisadores que en Galiza se denomina regueifa, brindo ou loia. Será un día cheo de actos ao redor desta arte na que se pretende reunir non só a improvisadores populares, mais tamén, a profesionais da escena relacionados coa improvisación que comparten fundamentos esenciais coa esta disciplina.

O encontro tamén vai dirixido a profesionais da comunicación social, investigadores e especialistas dos saberes dos que participa a regueifa co obxectivo de crear un lugar de intercambio sobre o movemento repentista en xeral, e sobre a regueifa en particular.

O encontro no que intervirán os regueifeiros Luís Correa “O Caruncho” e Benito Lombariñas explicándonos os segredos da súa arte contará tamén coa presenza de Cristina Domínguez e Ramón Pinheiro Almuinha,

As xornadas son de balde pero debe confirmarse a reserva cun mail a info@folque.com ou cunha chamada ás oficinas de aCentral Folque no +34 881 031 829.

Programa sobre a improvisación oral no Ciclo Trad 2010. Sábado 28 agosto.
Pazo da Cultura. 11 h


Encontro sobre a improvisación oral:
- Presentación con Cristina Domínguez e Ramóm Pinheiro
- Aula maxistral con Luis Correa “Caruncho” e Benito Lombariñas
- Reflexións sobre o repente

12.30 h “Praza dos libros”- Xardín municipal
Obradoiro de regueifa para público infantil

14.30 h Xantar do repente

19 h “Praza dos libros”- Xardín municipal
Presentación do libro “O regueifeiro Celestino Álvarez Castro” de Xosé M. Varela

19.30 h “Praza dos libros”- Xardín municipal
Sesión de regueifa con improvisadores locais.

22.30 h Praza do Concello
Concerto de Os Carunchos
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 27-08-2010 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
III Mostra do Traxe galego e música tradicional (Melide)
III Mostra do Traxe Galego e da música tradicional

A Concellaría de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Melide organiza o sábado 28 e o domingo 29 de agosto, na Praza do Convento, a III Mostra do Traxe Galego e da Música Tradicional.
Unha fin de semana para a cultura a través dos sons e dos xeitos de vestir que nos son propios e nos identificaron e identifican como pobo.
Toda a programación desta fin de semana, nesta web.

SÁBADO, 28 DE AGOSTO
Na Praza do Convento

11.45 h Inauguración co grupo de música tradicional Os Rueiriños
12.00 h Obradoiro de enredos musicais con Emilio Lois
18.00 h Grupo de música e baile tradicional Os Rueiriños
19.30 h Animación de rúa cos Terribles de Donas
21.00 h Concerto de portadores con Manuel Viqueira de Ordes
23.00 h Actuación musical con LIMAGOIA (No Cantón de San Roque)

DOMINGO, 29 DE AGOSTO
Na Praza do Convento

12.00 h Obradoiro de xoguetes sonoros con Xaneco Tubío
18.00 h Grupo de música e baile tradicional A Ponte Vella
19.30 h Desfile de traxes tradicionais da Asociación do Traxe Galego
22.00 h Concerto musical co grupo LUDOVAINA

EXPOSICIÓNS

11.00-14.00 h/ 16.30-21.00 h Na Capela de San Antón:
O Traxe Tradicional Galego. Exposición de traxes tradicionais.

11.00-14.00 h/ 16.30-21.00 h Na Praza do Convento
A música tradicional galega nos camiños xacobeos.
Mostra de instrumentos antigos, vestiario, fotografías e outros obxectos relacionados coa música tradicional nas zonas polas que discorre o camiño xacobeo.

ARTESÁNS
Na Praza do Convento

Horario dos stands: 11.00-14.00 h/ 16.30-21.00 h

•Oli Xiráldez (gaitas e requintas)
•Lorena Reinaldo (arpas)
•Xaneco Tubío (percusión e zanfonas)
•Pablo Carpintero (percusión e zanfonas)
•Master Gaita (controlador midi con dixitación de gaita)
•Cristóbal Prieto (pitos, frautas e requintas)
•Alfonso Castro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-08-2010 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
XV Encontro Folclórico Malveiras (Vilagarcía de Arousa)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-08-2010 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo espectáculo de Xarabal
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 27-08-2010 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
IX Noite da lúa meiga (O Viso-Redondela)
O Monte Outeiro Grande será o escenario dunha nova edición da Noite da Lúa Meiga. Este miradoiro sobre a Ría de Vigo, emprazado na parroquia redondelá do Viso, acollerá a vindeira fin de semana dous días de música, baile, galeguidade e festa rachada.

O sábado 28 o grupo de gaitas ‘Asubíos’ dará o pistoletazo de saída ás 22h30 da noite. ‘A Quenlla’ amosará o seu bo facer e animará a noite con interpretacións coñecidas e populares, cheas de reivindicación. O ‘Leo I Arremecaghona’ animará os cambios de grupos cunha importante carga de humor. Para pechar, o grupo de Redondela que é revelación da música tradicional festiva galega, ‘Tanto Nos Ten’, fará bailar e cantar a todos os asistentes.

Xa o domingo 29 de agosto, na liña de edicións anteriores, contará coa participación de artistas locais, monicreques, subida de meighachimpíns, xantar popular con polbeira e xogos tradicionais. Durante a xornada, nun ambiente familiar e interactivo, o escenario estará a disposición do público.

A información relativa ao programa pódese consultar na web do festival.


Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-08-2010 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Terra Brava (O Incio)
O INCIO ACOLLE UNHA NOVA EDICIÓN DO FESTIVAL TERRA BRAVA O DOMINGO 29 DE AGOSTO

Os Campantes da Baña, A Tuna Rastafari, Pan de Capazo e Medomedá completan a proposta musical deste ano.

Xa está todo preparado para a celebración da VIII edición do Festival Terra Brava. Unha cita na que a música tradicional, os xogos populares, os contos de sobremesa e as propostas musicais máis innovadoras, reúnen nunha mesma carballeira a xentes de tódalas idades e condición.

As actividades comezarán pola mañá coa actuación da murga tradicional Os Campantes da Baña, que farán un percorrido pola vila e animarán os instantes previos ao xantar que se celebra cada ano no mesmo recinto que o festival. A sobremesa tamén estará animada pola murga e os músicos espontáneos que queiran sumarse á festa.

Xa pola tarde, os obradoiros de xogos para cativos e maiores apenas deixará tempo libre antes de que á noitiña comecen os concertos. Un cartel que se completa con A Tuna Rastafari e a súa festa e baile sen descanso, Pan de Capazo - pura enerxía dende a música de raíz -, e Medomedá, que nos presenta o rock galego máis irreverente e divertido do momento. En palabras de Luís Pombo, un dos organizadores, “ano tras ano o festival procura actividades e actuacións para todos os gustos, para a xente nova e para os que vivimos unha segunda xuventude”.

O Festival está organizado pola Asociación Cultural Terra Brava, e conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo a través da Área de Cultura, a Asociación de Gaiteiros Galegos e o Xacobeo 2010.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-08-2010 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Festidoiro (Cuntis)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-08-2010 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Rebumbio (Mos)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-08-2010 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
I festival Bailando entre os Toxos (Ribeira)
A asociación Flor de Toxo ten previsto realizar cada ano un festival solidario para recadar fondos para axudar ás oenegués de Ribeira. En cada edición, o diñeiro logrado destinarase a unha entidade benéfica diferente. A celebración deste ano, denominada Bailando entre os Toxos, terá lugar mañá mesmo, e os fondos que se consigan coas entradas, que custarán 4 euros, irán destinados integramente a Cáritas de Ribeira.

Onte tivo lugar a presentación deste festival, e no acto participaron o presidente de Flor de Toxo, Francisco Javier Gómez; o portavoz da asociación, Luis Fernández; o concelleiro de Cultura de Ribeira, Luciano Fernández, e o de Xuventude, Vicente García. O dirixente de Flor de Toxo mostrou a súa ilusión por esta iniciativa: «Queremos que Ribeira teña un festival solidario de referencia en Galicia», e mostrou o seu agradecemento polo apoio que o Concello ribeirense prestoulles desde o primeiro momento en que expuxeron a súa idea.

Fernández destacou que «existe moita xuventude preocupada por facer actividades» e García sinalou que é unha iniciativa importante para a mocidade e que ten «unha boa finalidade».
A festa será mañá ás 21.00 horas na pista deportiva do Touro e actuarán Manolo Kabezabolo e a súa banda, Pito de Pikasso, Comando Katana, Belfastt e DJ Farruco.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-08-2010 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Noite Rock Cambeo (Ourense)
Noite Rock Cambeo 2010 (Ourense)
Sábado 28 de Agosto


- Guezos
- John Deeres
- Mitocondrias
- Overher
- Derroche
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-08-2010 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do Río Belelle (O Roxal-Neda)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-08-2010 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Noite dos Encantos na furna do Osmo (Corme)
O dia 27 de agosto, celebraráse outro ano máis (e xa van 12), unha nova edición da noite dos encantos na furna do osmo, en Corme, no corazón da costa da morte.

A festa de este ano contará ca presencia de 6 grupos de distintos estilos musicais e estará presentada polo actor e humorista de fene Bitxobola.

@s artistas de esta edición son:

Folkolicos.- por fin volta este grupo ,que tras 2 anos de ausencia, transmitirán as suas ondas de... folk e rock; tan tradicionais na furna.

Fanki bruster.-grupo coruñés de recente creación que experimenta con ritmos funks.

Chotokoeu.-pachanga e musica bailable desta banda da coruña,que coa sua mestura de ritmos farán bailar a toda a furna.

Furnier.-mítico cantante de hip hop de compostela,que coas suas letras corrosivas fará as delicias das amantes da poesia.

García.-un dos membros do grupo dios ke te crew, tocará uns temas en solitario.

Ursus.-os amantes do hard-core e o crust tamén gozaran con estes veteranos artistas neste eido musical.

Pan de capazo.-instrumentos tradicionais mesturados co folk máis actual.

Neste ano,coma no pasado,a recaudación irá destinada a solidaridade co povo mapuche, habitantes orixinarios do cono sur de latinoamerica que estan a sufrir no seu territorio unha nova conquista politico-economica por parte das empresas transnacionais e o estado chileno e arxentino.

Esta solidariedade temos que mostrala hoxe mais que nunca,xa que dende o pasado 12 de xullo,mais de 30 mapuches encarcelados no estado chileno están en folga de fame.

Convidarvos a todos a desfrutar desta nova edición do concerto que agardemos nos faga desfrutar tanto coma os anteriores
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-08-2010 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do concurso de gaiteiros Avelino Cachafeiro, Gaiteiro de Soutelo
1º Pablo Devigo e Alberto Costas
2º Oscar Ibañez e Carlos Estévez
3º Pedro Álvarez e Miguel Rivas

Pablo Devigo gañou por terceiro ano consecutivo o concurso de gaiteiros solistas.
O segundo premio, estatuiña e 1.000 euros, foi para Óscar Ibáñez e o terceiro, estatuiña e cincocentos euros, para Pedro Álvarez.


O xurado estivo composto por Álvaro Novegil Dopazo, Begoña Louzao Filgueira, Andrés Vilán Lorenzo, José Luis Represas Carrera e actuou como secretaria Filomena Álvarez Bértolo.

O gaiteiro Pablo Devigo alzouse por terceiro ano consecutivo co premio do concurso de gaiteiros Avelino Cachafeiro, Gaiteiro de Soutelo, que celebraba a súa duodécima edición dentro do marco da Festa do Gaiteiro. O xove músico conseguiu o primeiro posto, dotado con 2.000 euros, interpretando un fandango que sorprendeu ao xurado e unha versión dun tema do compositor galego Ernesto Campos. Óscar Ibáñez, outro veterano e gañador en pasadas edicións, conseguiu o segundo posto e Pedro Álvarez o terceiro.

No concurso competiron outros nove músicos «experimentados» segundo o xurado encargado de dirimir o fallo. Rubén Troitiño, natural de Soutelo, foi o primeiro en tocar ao seguir a orde inversa á inscrición. Javier Vázquez (Eivissa), Isidro Vidal, Rafael Carracedo (Alcorcón), Marcos Castro, Luís Alberto Gómez (Irún) e Javier Soto tamén participaron nesta disputada edición.

O concurso de solistas é unha cita xa consolidada na festa de Soutelo, que aposta pola música e os instrumentos tradicionais. A Consellería de Economía e Industria quixo tamén prestar o seu apoio visitando a Feira de artesanía, especializada na elaboración de instrumentos musicais tradicionais. A xerente da Fundación Centro Galego de Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, asistiu ao mercado da Praza de Venezuela para ver as pezas confeccionadas por unha vintena de artesáns que alí se deron cita.

La Voz de Galicia
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-08-2010 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Matamá Ensemble
O grupo galego "Matamá Ensemble" gañou o II Certame de Música Amigos do Folk Plasencia, cuxa disputa supuxo o inicio da programación oficial do XV Festival Internacional Folk deste municipio cacereño, que se celebra ata o vindeiro sábado.

Grazas a este premio, o cuarteto vigués Matamá Ensemble, formado por Xurxo Fernández (gaita), David Bellas (saxo soprano), Noa Vidal (percusión e voz) e Lucía Comesaña (zanfona electroacústica e voz), asegúrase un posto para poder actuar na edición de 2011 do Festival Internacional Folk de Plasencia.

A Asociación de Amigos do Folk Plasencia, co patrocinio do Concello, organizou este certame, que se celebrou no Teatro Alkázar.

Tras recibir propostas de 24 grupos, o citado colectivo decidiu que os grupos finalistas fosen os andaluces Stolen Notes, os galegos Matamá Ensemble e os vascos Sokaide.

Durante corenta minutos, os tres grupos presentaron ante o público as súas "credenciais" e finalmente, o xurado profesional formado por Alicerce Barrios (etnomusicóloga da Universidade de Estremadura), Sonia Frías (xornalista de Radio Círculo de Madrid), Javier Monteagudo (membro do grupo Balbarda), Jesús Bravo (programador do Festival Magusto de Carvajo) e Miguel López (presidente de Amigos do Folk Plasencia) decidiuse pola banda galega.

Matamá Ensemble é unha formación que aposta pola actualidade e a contemporaneidade da música tradicional galega, desde unha óptica actual, con arranxos modernos que escorregan por encima das melodías e clichés coñecidos por todos.

O grupo naceu en Vigo en xaneiro de 2010, presentouse ante o público en abril do mesmo ano e conseguiu un gran éxito de público e crítica.

O seu repertorio é unha viaxe pola música tradicional galega dos últimos cincuenta anos, incluíndo muñeiras, pasodobres e xotas, entre outros sons.

www.farodevigo.es








Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 26-08-2010 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Xurxo Fernández (Matamá Ensemble)
A banda Matamá Ensemble acaba de gañar o II Certame de Música Folk de Plasencia

Son de Vigo e gañaron este mércores o II Certame de Música Amigos do Folk de Plasencia, sobre outros 24 grupos procedentes de todas partes de España. Xurxo Fernández (gaita), David Belas (saxo soprano), Lucía Comesaña (zanfona e voz) e Noa Vidal (percusións e voz) forman Matamá Ensemble, un grupo que aposta pola contemporaneidade da música tradicional galega, desde unha óptica actual. Tras ser os finalistas do concurso xunto a unha banda vasca e outra andaluza, o xurado cacereño elixiunos como os mellores da edición.

Como senten logo de gañar o concurso?
Estamos moi contentos, moi satisfeitos co noso traballo. A verdade é que levamos moi pouco tempo como grupo nos escenarios, e conseguir algo así é estupendo. Aínda estamos celebrándoo.

O grupo naceu en xaneiro deste ano, e xa foron recoñecidos a nivel nacional con este premio. Como xurdiu este proxecto?
Eu uninme un pouco máis tarde, en xuño, cando xa estaba o grupo rodado e xa deran o seu primeiro concerto, por abril. A idea partiu de David Bellas [o saxofonista], que é quen adapta as cancións. Pero somos todos amigos, tres de nós somos compañeiros do Conservatorio Superior, nos estudos de Instrumento Tradicional.

Nos seus temas mesturan a música tradicional coa música contemporánea, cren que é esa a fórmula do seu éxito?
Eu non diría que facemos música contemporánea, porque é un tipo de música demasiado inamovible, moi particular. Creo que nos adaptamos aos tempos, que a música tradicional galega está sempre evolucionando, e iso é o que tocamos. A tradición está viva. Facemos todo en base á música folclórica galega, desde muiñeiras, e ata pasodobres e xotas.

O premio que conseguiron permítelles aparecer no cartel oficial do certame do ano que vén, están xa pensando algo de face á próxima edición?
Aínda estamos celebrando o premio, así que non temos a cabeza posta no próximo ano, pero si que esperamos empezar a gravar algo de xeito profesional, e sobre todo, seguir cara a adiante.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-08-2010 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Noente Paradaise: poemas e canções de Ugia Pedreira.

O meu bebé mais querido, o 1º livro que saco á luz fora das tebras.
Noente Paradise.
Saudos e multiplesortes.
Ugia

Ugia Pedreira acaba de publicar o seu primeiro livro de poemas "Noente Paradise", editado por Através da Associaçom Galega da Língua (AGAL). Um fermoso caderno com poemas e letras compostas que contém de agasaio um CD com 2 temas gravados especialmente para o livro com música de Fred Martins e Óscar Fernández assim coma uma colecção de postais.


Quem busque um poemário encontrará se calhar um livro de canções. Se buscas canções tal vez te surpreendas lendo um poemário ou um manual de baile. Noente Paradaise é um híbrido. Ugia Pedreira atirou ao público, desde antes dos remotos tempos de Chouteira, voz e olhadas, mesmo sinais. Agora atira-se ela sem mediação. Resgata as retóricas que arrouparam músicas eclécticas, marfulianas, nordestinas ou matraqueiras e acrescenta-lhes cantigas ainda não musicadas (leia-se poemas à percura de melodias). Ugia despe a palavra e partilha-se sobre o papel e detrás da câmara. Convida ao seu público e ao que não é seu nem público, a quem queira abrir os olhos e deixar-se invadir.
O papel muda-se em mais um espaço directo que o próprio concerto. Sem espaço para a dúvida as frases falam a uma segunda pessoa que não é outra que tu, não há perda no grupo que segue a actuação, o eu dirige-se a ti desde a vogal U. Escutamos o rasgar de vestiduras e cortinados junto do marmúrio e o vento salgado.
As facianas da autora são múltiplas, tem musicado espectáculos teatrais, dirigido centros de folque com nomes cambiantes (aCentral), gerido, produzido, ordeado, desenhado. Hoje tira fora uma outra necessidade em celulosa. Convite para o desordem, o caos, o movimento sem destino para chegar a algures e recolocar tudo ou descolocá-lo definitivamente.

Uma viagem polos mares do norte desde a entranha. Noente está nas praias do interior, segundo se passa por Cuba e se volta, sempre, a Galiza, à repetição da quotidiania delirante. O paraíso está no vaivém contínuo da palavra ao som e do som ao texto.
O material sonoro, cénico, sensual, visual, táctil pode ser irreverentemente impresso e ser com todas as suas formas. A víscera ascende pela gorja e alcança o teclado, atravessa de certo o termo esdrúxulo, e libera a entranha sem sentido por vontade própria. Diabo, mãe, mulheres valentes, pastores eléctricos e aspirantes a astronautas desconhecedores do seu destino saem ao passo para guiar neste paraíso, para que não nos percamos nos carreiros e podamos encontrar-nos (ou enfrontar-nos) nos mares.

O artefacto livro desborda a sua função até a esaxeración. Oferecem-nos dançar a ritmo de dadá creacionista. A dureza conjuga-se com o agarimo. As vezes golpeia, a vezes estreita numa aperta sinceira. A leitura perde-nos entre o descontrolo e o autocontrolo, entre o sem-sentido e as verdades como rosários: Punk?s not dead! O antijogo sem regras aparentes prodiga despropósitos e imagens encontradas e impossíveis. Fecharemos portas e abriremos janelas e balcons para ler, escutar, olhar, apalpar?

Escoita o tema "Sabe a pao"Sabe_a_pao.mp3

Tenda Folque
Comentarios (2) - Categoría: Publicacións - Publicado o 25-08-2010 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Nova peza de Moxenas Musical Galego
Estrea da Polca da Cereixa

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 25-08-2010 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Así foi a festa do Demo en Pontevedra
Os Trebellos do Morrazo







Os Chichisos





Os grupos Os Trebellos do Morrazo acompañado por a xente da Ghaita do Avó, Os Abrentes de Cerdedo e os Chichisos de Pontevedra.

Comentarios (3) - Categoría: Videos - Publicado o 25-08-2010 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
O Fiadeiro no pregón das festas de Vigo
Actuación da agrupación O Fiadeiro no pregón das festas de Vigo 2010

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 25-08-2010 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Novo video de Zenzar

Tiven un bar

ZENZAR | MySpace Music Videos
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 25-08-2010 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Música no Claustro (Tui)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-08-2010 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada do demo en Pontevedra
-Foliada do demo-
Revive as verbenas populares dos anos 50


- Os Trebellos do Morrazo
- Os Chichisos de Pontevedra
- Charanga tradicional Os Abrentes de Cerdedo


Luns 23 de agosto de 2010 ás 21:30h na Praza da Pedreira (Pontevedra). É unha festa na que se reproducen as verbenas dos anos 50, polo que sería moi interesante que acudírades con traxes que semellen de esa época.

Vístete daquela época, ven bailar!!

PRÉGASE DIFUSIÓN, E RECORDA... Vístete daquela época, ven bailar!!

Un saúdo
Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-08-2010 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 23 (luns)
• Foliada do demo en Pontevedra ás 21:30 na Praza da Pedreira
• Väsen+Banda das Crechas na praza da Quintana (Compostela) ás 22:30

Terza feira 24 (Martes)
• Os Festicultores en Pol
• Teresa Gómez (Zanfona) & Alba Barreiro (Arpa) no Claustro da Catedral de Tui ás 21:00

Corta feira 25 (Mércores)
• Pesdelán en Noia
• Lulavai no Verbum (Vigo)
• Projecto de Foles no Claustro da Catedral de Tui ás 21:00

Quinta feira 26 (Xoves)
• Fía na roca en Noia
• Uxía no Náutico (O Grove)
• Tanto Nos Ten en Redondela
• Maghúa na sala The Star (Carral)

Sexta feira 27 (Venres)
• Fía na roca en Ponte Caldelas
• Sonoro Maxín en Esgos (Ourense)
• Coanhadeira en Escairón (O Saviñao)ás 20.30
• Milladoiro en Chantada (Lugo) no campo da feira
• Luar na Lubre no Auditorio de Vilagarcía de Arousa ás 22:00
• Nao en Forcarei
• Covalblú na Praza da Igrexa de Forcarei ás 22:30
• Festidoiro (Cuntis): Os Tres Trebóns, Medomedá, Kastomä, Raiba e O Leo i Arremecaghoná
• Festival Rebumbio (Mos): Os Veraneantes, Lakustikasesina, Troula Ghaiteira

Sábado 28
• Xarabal no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo ás 21:30
• Roberto Sobrado en Santa Susana (Compostela) ás 20:30
• Abóbriga na praza do Concello de Baiona ás 22:30
• The Homens na Ramallosa (Teo) ás 23.00
• Royalties no pub Óxido (Lalín)
• Snacth en Portonovo
• Sonoro Maxín en Priaranza (O Bierzo)
• Os Carunchos en Carballo
• Pepe vaamonde Grupo en Toques (A Coruña)
• Limagoia en Melide
• Guezos nas Festas do San Ramón - Cambeo, Ourense
• Chotokoeu na sala Clavicémbalo (Lugo)
• Milladoiro en Sarria (Lugo)
• Cristina Pato en Salvaterra do Miño
• Ardentía en Ponteareas ás 22:30
• XV Festival Folclórico Malveiras (Vilagarcía de Arousa)
• Festival Bailando entre Toxos (Ribeira): Pito de Pikasso,...
• Festival do Río Belelle (O Roxal, Neda): Festicultores Troupe, A Banda da Balbina, Folk de Veneno, Os Xotas, Berros do Castro
• Festival Rebumbio (Mos): A Compañía do Ruido, Os Podridos, Residuos Atraktivas, Sundayers
• Noite da Lúa Meiga (O Viso-Redondela): Grupo de gaitas Asubios, A Quenlla, Tanto Nos Ten, O Leo e Arremecaghona

Domingo 29
• Luar na Lubre na Capela (A Coruña) ás 21:30
• Som do Galpom no CC Auriense (Ourense)
• Tanto Nos Ten en Xunqueira de Ambía (Ourense)
• Festa Brava no Incio (Lugo): Os Campantes da Baña, A Tuna Rastafari, Pan de Capazo e Medomedá
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-08-2010 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 16 (luns)
• PabloSeoane Grupo e Som do Galpóm en Cedeira
• Xoán Curiel Cuarteto na Praza dos Gatos (Compostela) ás 20:30

Terza feira 17 (Martes)
• Quempallou na praza do Souto en Cervo (Lugo) ás 23:00

Corta feira 18 (Mércores)
• Tiruleque en Cervo (Lugo) ás 23:00

Quinta feira 19 (Xoves)
• Mamá Cabra en Cambre
• Folk Focus no C. Comercial Ponte Vella (Ourense)
• Lamatumbá en Chantada (Lugo)
• Nao en San Clemente (Caldas de Reis)

Sexta feira 20 (Venres)
• Baldo Martínez & Maite Dono no Parque de San Roque (Compostela) ás 20:00
• Fía na roca en Forcarei ás 22:30
• Treixadura en Xinzo de Limia (Ourense)
• Os Cuchufellos na Rúa (Ourense)
• Snacth no Muiño (Cervo)
• Tanto Nos Ten en Acevedo (Pontesampaio-Pontevedra)
• Esmorga Folk (Bandeira-Silleda): Quempallou, BellónMaceiras Quinteto, Tiruleque e Fracasados de Antemano

Sábado 21
• Luar na Lubre en Malpica (A Coruña)
• Lorena Lores en Marín
• Pito de Pikasso no pub Mar de Mares (Espasante)
• O Fiadeiro na Festa do gaiteiro de Soutelo de Montes
• Noite Folc de Negreira: Pepe Vaamonde Grupo, Avelaiña, Charanga Vai de Roda,...
• Festival das Minas (Pontenova-Lugo): Ruxe-Ruxe, Darbuka, Forraje,...
• Festival da Mocidade na Sainza (Xinzo de limia) SkandaloGZ, Raiba, Sen resposta, Esquíos,...
• Festival do Castro (Ferreira de Pantón): Coanhadeira, Alberto Mvundi, Festicultores,...
• Festival Pontelouco en Castro Caldelas: Chotokoeu, Alpargata e Os Cuchufellos
• Festival Folk de Guísamo (Bergondo): Lunasa, Birinbao e Tejedor
• Festival Irmandiño (Moeche): Quempallou, Slainte,...
• Festival de Vilariño (Hío-Cangas do Morrazo): Tiruleque, Ultraquans, os Tres Trebóns, Pumar e Prieto...
• Festa folc na fin do camiño (Fisterra): Mercedes Peón, Sonoro maxín, A Banda Balbina, A Crus de Baixar,....

Domingo 22
• Ultreia Cantareiras na Praza de Fonseca (Compostela) ás 20:30
• Os Royalties na Praza de Cervantes (Compostela) ás 21:30
• Guezos na Praza do Concello de Sobrado ás 22.00
• Berroguetto na Gudiña (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-08-2010 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
XI Festa Folc de Vilariño (Hío-Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2010 23:48
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do Castro (Ferreira de Pantón):
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2010 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival As Minas (A Pontenova)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2010 23:37
# Ligazón permanente a este artigo
XXII Esmorga Folc (Bandeira-Silleda)
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2010 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Noite Folk de Negreira
NEGREIRA - PRAZA DO CONCELLO

Programa

18:00 h. INCHABLES E XOGOS PARA OS NENOS.

19:00 h. OBRADOIRO DE BAILE E MÚSICA TRADICIONAL.

20:30 h. PASARÚAS A CARGO DE GRUPO DE GAITAS "CAIVANCA".
...
22:00 h. ACTUACIÓN DE GRUPOS DE GAITAS "CAIVANCA".

22:30 h. CONCERTO GRUPO AVELAIÑA.

23:30 h. ACTUACIÓN GRUPO GAITAS "OS MERCENARIOS" .

00:00 h. CONCERTO PEPE VAAMONDE GRUPO.

1:30 h. ACTUACIÓN GRUPO DE GAITAS "OS MERCENARIOS".

1:45 h. CONCERTO CHARANGA "VAI DE RODA".
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2010 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
XII Festa Folk na fin do Camiño (Fisterra)
Xa está en marcha a XII Festa Folk na fin do Camiño. O vindeiro sábado 21 de agosto a Asociación Cultural Anchoa ten preparada na Anchoa de Fisterra unha festa de primeira.

Unha festa que aposta pola música folk do país. Este 2010 son 4 bandas galegas as que completan o cartel. De feito, 2 dúas das bandas que tocaron o ano pasado na Anchoa o farán este ano na Carballeira de Zas.

Programa da XII Festa Folk na fin do Camiño

A partir das 13:00h da tarde poderemos disfrutar dunha completa Degustación de polbo á feira, mexillóns, zamburiñas, empanada... amenizada pola Charanga Vendabal de Fisterra.
Tamén haberá obradoiros e inchables para os máis pequenos.
E por suposto, non faltará a tradicional Queimada.

Festival Folk
E pola noite, a partir das 22:00h, a música toma o protagonismo no Festival Folk. Estas son as 4 bandas galegas que subirán aos escenario.

- A Crus de Baixar
- Mercedes Peón
- A Banda de Balbina
- O Sonoro Maxín
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2010 23:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folk de Guisamo
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2010 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Pontelouco (Castro Caldelas)
En Castro Caldelas, os días 20 e 21 do mes de Agosto, celébrase o festival PONTELOUCO.

O venres 20 comenzará a tardiña con un Obradoiro de Malabares, Sesión de Curtas e a actuación de Cé e a orquestra Pantasma.

O sábado 21 comeza de mañá con Feira de Artesanía e pola tarde as actuacións de Viravolta Títeres, Anxo Moure o contacontos de Chantada e o comezo da festa ca percusión polas rúas a cargo de Xituma Batuké de Xinzo, e coma prato forte o concerto no Castelo con:

- CHOTOKOEU A Coruña
- ALPARGATA Madrid
- OS CUCHUFELLOS Manzaneda
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2010 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer