Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Tregua da choiva e éxito para Zas
O grupo escocés Capercaillie logrou reunir a unhas 6.000 persoas diante do escenario, consolidando así a Festa da Carballeira como todo un referente do folk

Fíxose o milagre. O sábado amenceu cuberto. Practicamente toda a Costa da Morte recibiu nalgún momento desa xornada os intensos chuvieiros que descargaban as nubes.
En Zas, as miradas ao ceo eran constantes. Celebrábase a Festa dá Carballeira, un dos festivais folk máis consolidados, convertido en referente para moitos grupos. Para Muthenroi, por exemplo, tal e como encabezou a súa actuación, «un dous mellores do mundo».
O risco era grande e, o orzamento investido, maior aínda. Pero as meigas que se adoitan atribuír a esta carballeira lográrono: entrada xa a tarde e próxima a noite, deixou de chover.

A pesar diso, houbo consecuencias: «Tivemos que suspender a primeira parte do festival», admite Guadalupe Neto, presidenta de Castro Meda, entidade organizadora. A contorna de Velar, que así se chama o lugar do festival, era case unha lameira. Os camións encallaban e os voluntarios que colaboran para que este festival sexa posible -máis de 100- escorregaban. Así, a actuación de Castro Meda, Donaire e Maruxía, cuxa intervención estaba prevista para as 18.30 horas nunha leira lindeira co escenario, non puido celebrarse.

Pero seguiron adiante. O tempo comezaba a conceder unha tregua. Sobre as oito da tarde, comezaron a chegar autobuses cargados de xente que, cada ano, e xa van 26, regresan á Carballeira. Había colas para entrar. «O público respondeu», asegura Neto, aínda que «a xente dá tarde tivo que faltar por forza». En total, segundo recontos apresurados, sobre unhas 2.000 persoas menos.

E chegou a noite. Con ela, Ruote (A Coruña) espertou os primeiros pés que pisaban terreo empapado. Os irmáns Tejedor (Asturias) «encantaron» e, Capercaillie, estrela da festa, logrou reunir diante do escenario a unhas 6.000 persoas. Karen Matheson, a impresionante voz deste grupo escocés, saudou cun traballado «Ola, ¿que tal?». quedaron anonadados co auditorio natural e ata, contan, non as lendas senón Lupe Neto, que a artista seguiu cada movemento sentada á beira dunha fogueira. Melodiosas cancións, á beira doutras máis movidas, levaron á Carballeira ata a súa ecuador.

Mutenrohi (Galicia) e O Sonoro Maxín (Ourense) encargáronse do «final de festa». Os primeiros, demostrando que, se se suma pop e tradición, pode saír como resultado o éxito. A melodiosa Eva Carreiras contribuíu a iso. Pola súa banda, a onda do Sonoro Maxín chegaba de «peito a peito» sobre as catro e media da madrugada.
«Podía ter sido un desastre, pero a xente veu e o vidro case non entrou non festival». Era un dos obxectivos deste ano. O outro, conseguir converter a contorna nunha fraga chea de miles de trasgos amantes do folk enfeitizados, tamén. Talvez para o ano haxa que economizar, pero volverá haber Carballeira.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-08-2009 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Os Seráns no Alalá

Hoxe, martes, día 11/08/2009

"Alalá", o espazo documental sobre música tradicional que presenta Pilar G. Rego, lembrará o programa dedicado a descubrir Os Seráns, un tipo de festa que hai décadas se celebraba nas aldeas durante os meses de inverno, cando baixaban as temperaturas. Este tipo de reunións en que a xente se reunía para cantar e bailar podía ter nomes diferentes segundo a zona, pero nesta ocasión "Alalá" achegarase aos seráns que se facían no sur da provincia de Pontevedra, concretamente estaremos na parroquia da Ermida, en Pazos de Borbén; pasará por San Vicente de Oitavén, en Fornelos de Montes, e chegará a Aboal, no concello de Mondariz.


Grazas a que os seráns se volveron poñer de moda asegurando que o proceso de transmisión da tradición funciona, cando se xuntan todas as xeracións, coñeceremos hoxe o divertimento propio dunha época que cos anos foi esmorecendo pouco a pouco. Pero as ganas dos veciños de contar todas as andanzas dos seus anos mozos segue viva e neste "Alalá" estarán todos os protagonistas, quen viviu os seráns e quen axudou a recuperalos, neste caso, o investigador de todo este proceso, Luís Prego, o que supuxo moitas horas e días escoitando con ansia e agarimo a todos os veciños.

Que era o serán e onde se facía? Sorprenderalles saber que o escenario, na Ermida por exemplo, era unha corte, a do gando, onde estaban os animais e o esterco. Para bailar, por suposto, había que baleirala e axeitala, o que supuña un enorme traballo.

Aquelas reunións divertidas recórdanas tamén as veciñas de San Vicente de Oitavén. Neste lugar o serán tiña algunha variante. Por exemplo, o xeito de anuncialo era "a peito", percorríanse os camiños cantando antes de comezar e, desta maneira a xente quedaba informada. Despois de rematar as duras faenas do campo, as mulleres arranxaban o "salón de baile" botándolle area que se carrexaba en cestas e caldeiros.

En Aboal, no concello de Mondariz, empregaban outro local para os festexos nocturnos da longa invernía. Nesta parroquia facían para a ocasión unha "casa do baile", unha especie de cabana construída con palla, piñeiros, xestas e codesos e tan ben traballada que non entraba pinga de auga.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 11-08-2009 11:55
# Ligazón permanente a este artigo
Cal é o teu ghit 2009?
Deica o mércores 12 de agosto aínda estará aberto o prazo para votar. Aproveitamos para facer repaso da traxectoria de A Polo Ghit.

Esvaera xa o verán de 2006, mais as temperaturas musicais aínda se mantiñan altas. O A Polo Ghit zoupaba duro na internet galega na procura do enxeño e a capacidade creativa dos músicos do país. Acabando setembro, aquela primeira peneira musical chegaba á fin a meta. Un xurado formado por Nonito Pereira, Xil Ríos, Mónica Ares e Pía de Tolomei, declaraba gañadora da primeira edición a peza In the Ocean, tema en galego con retrouso en inglés interpretado polo músico coruñés Pulpiño Viascón. Todo o que de si deu aquela experiencia pioneira na rede galaica poden atopalo condensalo no CD de libre descarga A Polo Ghit 2006.

De alí a un ano, e desta volta en plena cima das calores de agosto, o A Polo Ghit 2007, peneiraba outra vez as creacións musicais propostas. Daquela, o favor do xurado ía parar ao tema Biocultivos, da formación debutante Sacha na Horta, un grupo de mulleres afincadas na compostelá rúa das Hortas que entraban así con forza na escena musical. "Vivo na terra do sol, aínda que chova aquí vai calor", cantaban. Poden lembrar a participación daquel ano na vella web de A Polo Ghit 2007.

Xa consolidado, en 2008 o A Polo Ghit elixía gañador o tema Planeta 19, dos ferroláns Boy Elliott and The Plastic Bags. A eles corresponderíalles xa que logo cumprir coa obriga dos triunfadores do ghit dese verán, encamiñárense no outono até as terras laponas de Luleå para participar no eurofestival Liet-Lavlu. Aquí poden descargar tamén de balde o CD A Polo Ghit 2008, cun total de 82 temas.

E chegamos a 2009... A primeira peneira chega o próximo sábado 15 de agosto, día no que coñeceremos os dez finalistas desta ocasión. Até daquela, poden seguir escoitando, opinando e gozando da paixón creativa que agroma vizosa nas leiras musicais do país. Longa vida ao A Polo Ghit!

www.vieiros.com

Boy Elliot & The Plastic Bags, gañadores de A Polo Ghit 2008
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-08-2009 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Fuxan Os Ventos en Vigo

Vía www.ghastaspista.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-08-2009 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Dúas noites no mosteiro de San Paio con Uxía e Fred Martíns
Os amigos de caldelas organizan unha nova edición de Dúas noites no mosteiro de San Paio.

Este ano estarán adicadas á música, con Uxía Senlle e mais un cantautor brasileiro, Fred Martins. A cita será os días 12 (Fred) e 13 (Uxía) de agosto. Agardamos que veñades todos os amigos do ano pasado mais os que non puderon vir.


Uxía presentará o espectáculo, “A travesía da saudade”, que ela dirixe e que ata o de agora soio presentou en Madrid. Este espectáculo é un percorrido polas músicas de Galicia, Brasil, Portugal, e Cabo Verde. Estará acompañada polos músicos Sérgio Tannus (guitarra, cavaquinho e voz), Sergio Salles (teclados) e Paulo Silva (percusión).

Fred Martins é un novo e premiado compositor brasileiro, representante da Música Popular Brasileira, e esta é a súa primeira xira pola península. Martins acaba de lanzar o seu cuarto álbum, Guanabara.

As entradas están tamén á venda a través de Caixa Galicia, como o ano pasado.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-08-2009 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 10 (Luns)
• Da outra marxe na Praza de Compostela de Vigo ás 22:30
• Brath en Monforte de Lemos
• Rosa Cedrón en Cee

Terza feira 11 (Martes)
• A. Folclórica Gaiteiriños nos Xardíns de Méndez Nuñez da Coruña
• Trasmundi na Praza de Compostela de Vigo ás 22:30
• Os Carunchos na Golada
• Berroguetto en Viveiro
• Trio Lamas, Vaamonde e Romero en Celanova
• Fred Martins Trio en Compostela

Corta feira 12 (Mércores)
• Ruote nos Xardíns de Méndez Nuñez da Coruña
• Dios Ke Te Crew no Parque do Cavadelo de Vilagarcia de Arousa
• Galandum Galandaina na Praza de Compostela de Vigo ás 22:30
• Fuxan os Ventos no Parque de Castrelos (Vigo)
• Gaiteiros Xarín en Ribadeo
• Fred Martins Trio en Castro Caldelas
• Tonhito de Poi e Rasa Loba na Golada
• Coanhadeira no Claustro do Mosterio de San Rosendo Celanova (Ourense)
• Festival Rabafolc (Rábade - Lugo): Os Veraneantes, Treixadura e Orfeón, Pepe Vaamonde grupo, Os Tres Trebóns

Quinta feira 13 (Xoves)
• Donaire nos Xardíns de Méndez Nuñez da Coruña
• Uxía en Castro Caldelas
• Quempallou na Praza de Compostela de Vigo ás 22:30
• Berroguetto en Cedeira
• Víctor Aneiros Band en Miño (A Coruña) na Praza do Parchís ás 23:00
• Brath en Moaña no Paseo Marítimo ás 22:30

Sexta feira 14 (Venres)
• A. Folclórica Aturuxo nos Xardíns de Méndez Nuñez da Coruña
• Fía na Roca na Praza do Porto de Foz
• Milladoiro en Vilagarcía de Arousa na Alameda ás 23:00
• Lume en Monforte de Lemos (Lugo)
• Mamá Cabra en Laracha
• María do Ceo en Lalín na Praza da Igrexaás 22:30
• Toques de Caramulo na Praza de Compostela ás 22:30
• Chotokoeu na A. C. Propolis (A Coruña)
• Ophiusa en Rianxo
• Brath en Allariz
• Brigada Bravo & Díaz en Chantada
• Coanhadeira en Begonte (Lugo)
• Os Carunchos en Gondomar
• Duplo Son en Muros
• Festival Monte do Faro de Rodeiro-Lalín: Som do Galpóm, Tonhito de Poi e Rasa Loba, Alén, ...
• Treixadura e Malvela na Praza da Ferraría de Pontevedra
• Lume en Monforte de Lemos (Lugo)
• Festival as Nosa Músicas (Couso-A Estrada): Tiruleque, Ardentía, Pablo Seoane Grupo, A Magnifique Band dos homes sen medo,...

Sábado 15
• Susana Seivane en Miño
• Os Carunchos en Gondomar
• Fred Martins Trio en Compostela
• Pito de Pikasso en Soutelo de Montes
• Esquíos, Zyrconia, O Leo i Arremecaghona en Xinzo de Limia
• Uxía na Pobra do Caramiñal na Praza Alcalde Segundo Durán ás 23:00
• Coanhadeira na Mezquita (Ourense)
• Pablo Seoane Grupo en Rianxo
• Brath en Caldas de Reis
• Festas de Couso (A Estrada): A Magnifique Band dos homes sen medo, Marful e The Turre´s Band
• Capitán Furilo e Sugar Mountain nas Festas de San Roque de Freás (Cea - Ourense)
• Festival Monte do Faro de Rodeiro-Lalín: Linho do Cuco, Os Tres Trebóns,
Bonovo e Cé orquesta Pantasma
• Festival Reggae na Chaira de Villalba (Lugo): Chotokoeu, Skarallaos,...
• Festival Folc de Leirado (Salvaterra): Pradairo, Tiruleque e Clave de fol
• Festas de Couso (Couso-A Estrada): Marful, The Turre´s Band, ...

Domingo 16
• A Quenlla en Moaña
• Ataque Escampe en Bueu
• Tanto Nos Ten en Monforte de Lemos
• Berroguetto en Pontevedra ás 22:30 na Praza da Ferraría
• Gaideón en Castrelo do Val (Ourense)no Campo da Festa ás 20:00
• Os Trazantes de Tenorio, Legua Dereita e Xarín en Portomarín(Lugo)na Praza do Concello
• Festas de Couso (A Estrada): Os Alegres da Buraca, As Pandereteiras de Toutón,...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-08-2009 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do tecno galego
Algo distinto ao habitual no blog,,,

Festival de Dj's en Luou o venres 14 de agosto.

Nace neste verán a primeira edición (agardemos que de moitas) deste modesto festival adicado sobre todo á música electrónica en todalas suas variantes. Unha aposta arriscada que tentará traer a Dj's de diversos estilos para que toda a xente que alí se acerque poida disfrutar dunha festa distinta ás que estamos habituados.

Cartaz de actuacións:
-Manu López - Latin (Santiago DC)
Abrirá a noite cos sons + latinos
-Dj Son1c - Dance (A Coruña)
Presentando o seu hit "A festa non vai parar"
-Luís Vázquez & Sergio Rodríguez - House (Moaña)
Creadores de "Zenaida" incluído no recopilatorio Ibiza 09
-Miguel Fons - House (Santiago DC)
Residente Barmacia (Ordes) - Housearth Records
-Zana Dj - Remember (Santiago DC)
Residente "Disco DyR" (Touro)
-Dj Federato - House (A Coruña)
Presentando en exclusiva a sua nova producción "Iviata Omului"
-Miguel Lueiro - House (Luou)
Residente "SónaR Pub" (Santiado DC)

Datos de interese: Entrada libre, zona acondicionada para aparcadero, copas a 3 € (*)(o que eran 500 pesetas...^:^)

O tema de éxito nas salas galegas de dance
Dj Son1c feat Isis
A festa non vai parar


Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 10-08-2009 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
XXVI Xornadas de Folclore de Ourense
O lúns día 10 comezan en Ourense as XXVI Xornadas de Folclore, que este ano contarán no seu programa cos seguites grupos:

- Portugal: Etnográfico da Areosa
- Filipinas: Compañia de Danza Folklorico Filipino
- Filipinas: Leyte Kalipayan Dance Troupe
- China: Compañía de Canto y Danza Folklórica del Sudeste de Guizhou.
- Taiwan: Taiwan Folk Music Ensemble
- Índia: Shildagya
- Romanía: Doina Timisului
- Arxentina: Gran Ballet Argentino
- México: Ballet Folklórico de la Universidad de Colima
- República de Daguestán: Grupo “Gergebil”
- República de El-Mari (Rúsia): Conjunto Folklórico Mari El
- Sudáfrica: Gauteng Provincial Troupe
- Armenia: Nairi

Percorrerán durante 10 días as principais vilas da Provincia de Ourense e mesmo se achegarán as veciñas de Monforte (Lugo) e Chaves (Portugal).

Recomendámosvos que asistades porque é un espectáculo que realmente merece a pena, polo nivel dos grupos que veñen. Se queredes ter máis información do programa podedes consultalo en:

http://www.mundourense.com/ocioetempolibre/ocio28.html
http://www.ourense.com/xxvi-xornadas-de-folclore/

Para información sobre o libro das Xornadas ou de outras edicións podedes consultar o seguinte enlace:

http://www.teatroprincipalourense.com/xornadas_folclore/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-08-2009 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Xa de volta
Xa estamos de volta na Galiza tras 10 días pola Bretaña francesa, aproveitando o que o Festival de An Orient estaba adicado a Galiza fixemos un atracón de quilometros para disfrutar dunha terra tan semellante á nosa que é como estar na casa.
Castelos, dolmenes, menhires, arquitectura, natureza,... moitas cousa para coñecer e disfrutar.

Ben, pois xa estamos de volta e mentres tanto estivo Edu ao pé do blog mantendo os servizos mínimos.

Desculpade todos os que tedes mandado cousas ao correo de Malmequer xa que durantes estes dez días estivo sen consultarse e non se puido actualizar o blog con todas as actividades que recibimos nel.

A partir de xa estamos outra vez ao 100% e seguiremos actualizando o máis interesante do mundo da música galega tradicional (e folc, rock, punk, pop, ...)

Saudinhos
Henrique
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 10-08-2009 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Domingo de Folc en Vedra
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-08-2009 18:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 7 (Venres)
• Cé Orquesta Pantasma na festa da Prehistoria de Mos
• Machina, Kogito, ... en Castelo Rock, Muros a partir das 20:15.
• Dios Ke Te Crew, La Pulquería,... en Festival Brincadeira, Ordes.
• Berroguetto, Coanhadeira,... Festival Folc de Arzua

Sábado 8
• Encontro Tradicional Malveiras 09: Asociación Coros e Danzas Dúos Pontes (Pontevedra), Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela, Asociación Cultural Malveiras (Vilagarcía de Arousa) a partir das 22:30
• Berroguetto, Coanhadeira,... en Arzúa
• Regato de Matamulleres, Os Carunchos,... na Festa Folc do Pino
• Siniestro Total, Ruxe-Ruxe... en en Castelo Rock, Muros a partir das 20:15.
• Avelaíña, Coanhadeira e Guezos en en Budiño, Porriño a partir das 22:30
• Ruxe-Ruxe, Kogito, Machina, Gatillazo,... en Ribeira
• Kastomá, Bonye M... en Festival Brincadeira, Ordes.
• O Leo i Arremecaghona, Skandalo GZ, A Tuna Rastafari, A Banda Potenkim na festa da Prehistoria de Mos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-08-2009 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os festivais de verán
Agosto


7 agosto: Festival Desconcerto 09 en Betanzos
- Qando Band, Casual Trope, Fracasados de antemano, Skarallaos.

6-7 agosto: Castelorock (Muros)
- Ruxe-Ruxe, Kogito, Machina, Gatillazo,...

7 agosto: Festival Folc de Arzua
- Berroguetto, Coanhadeira,...

7-8 agosto: Festival Brincadeira (Ordes)
- Dios Ke Te Crew, Bonye M, Kastomá,...

8 agosto: Festa da Prehistoria
- Skandalo GZ, A Tuna Rastafari, Banda Potenkim

8 agosto: Festa Folc do Pino
- Regato de Matamulleres, Os Carunchos,...

8 agosto: Festival Folc do Salvador (Budiño-O Porriño)
- Avelaíña, Coanhadeira e Guezos.

12 agosto: Rabafolc (Rábade - Lugo)
- Os Veraneantes, Treixadura e Orfeón, Pepe Vaamonde grupo e Os Tres Trebóns

14-15 agosto: Festival as Nosa Músicas (Couso-A Estrada)
- Tiruleque, Ardentía, A Magnifique Band dos homes sen medo, Marful, Turre´s Band, Pablo Seoane Grupo, ...

15 agosto: Festival Folc de Leirado (Salvaterra)
- Pradairo, Tiruleque e Clave de fol

21 agosto: Esmorga Folc (Bandeira)
-Pepe Vamonde Grupo, Os Carunchos,...

22 agosto: Guisamo Folc
-Gwendal,...

22 agosto: Festival Folc de Negreira
-Ardentía,...

22 agosto: Festival Irmandiño de Moeche
- Lamatumbá, Saraibas, BellónMaceiras quinteto, Balakandra, Mallacán...

22 agosto: Festidoiro (Cuntis)
- Skacha, Kogito, Machina,...

22 agosto: Pontelouco (Castrocaldelas)
- O Sonoro Maxín,...

22 agosto: Festival do Castro (Pantón-Lugo)
-Cuchufellos, Som do Galpóm, United Flavour,...

22 agosto: Festival Fin do Camiño (Fisterra)
-A Tuna Rastafari,...

22 agosto: Festival das Minas (Pontenova)
- Tonhito de Poi e Rasa Loba,...

22 agosto: Festival de Corcubión
- Lamatumbá, Chotokoeu, Ultraqans, Chamallexis,...
ADIADO

22 agosto: Festival de Liméns (Cangas do Morrazo)
- Berroguetto,...

22 agosto: Festival Folc de Vilariño (Cangas do Morrazo)
- Os Carunchos, Ruxe-Ruxe, Quempallou, ...

23 agosto: Festival Terra Brava (O Incio)
- Tanto Nos Ten,...

29 agosto: Festiva Rebumbio (Mos)
- Dakidarria,...

29-30 agosto: Noite da Lúa Meiga (O Viso-Redondela)
- Os Carunchos, Ardentía,...

4-5 setembro: XXIII Festa da Poesia de Salvaterra
- Covalblú,...

18-19 setembro: Festival Reperkusión (Allariz)
- Emir Kusturika & No Smoking Orchestra,...

26 de setembro: III Zumbanocoiro de Lugo (Festival de música tradicional)-A Volta do Agro, Bouba Pandereteiras, O Tear de Llerena e A Gaita de Sarandón
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-08-2009 17:10
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 17 de xullo - Final
Vai de baile do 19 de xuño de 2009

Final


Bugalleiros de Ames VS Un Par de Cuncas de Matamá

Concurso



Xurado



Dende Malmequer queremos felicitar á parella gañadora e a todos os que participáchedes e darvos as grazas por que participar nese concurso aunque pareza pouco importante, realmente, dende o punto de vista da nosa cultura tradicional, si que o é. Co voso traballo, gañamos todos!
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 07-08-2009 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Desconcerto 09 en Betanzos
Cartel de música do Desconcerto 09

O colectivo de grupos dos locais municipais de ensaio de Bellavista (esa factoría de sonos que puxo a andar o BNG en canto tivo responsabilidades de goberno na área de xuventude en Betanzos hai xa seis anos, xermolo da Rede Galega de Locais de Ensaio, e que o PP criticou primeiro e logo sepultou nunha sutil e calculada indiferencia), Galiza Nova e Mandeo Records, a produtora doutro fenómeno musical de Betanzos que responde ao nome de Dani López, organizan este venres un festival humilde e caseiro.

O Desconcerto, cun xogo de palabras que xa se fixera na inauguración, precisamente, dos locais de ensaio. Un berro desde a praza do Concello, o cerne mesmo do corazón da cidade de Betanzos (o seu Casco Histórico) que levará toda a forza da mocidade por unhas horas ás máis vetustas pedras do castro de Unctia e unha chamada de atención cachonda e festeira para os gobernantes, para que miren a música que fan os grupos noveis e conten con eles nas programacións que se fan ao longo do ano. Algún cartel coma este aínda veríades pola rúa de seguro, a pesar de que alguén dedicou moito esforzo a arrincalos con saña, tal vez confiando en que grazas a tan desinteresada acción o Desconcerto fose un fiasco. Alguén anda nervioso ao ver como a xente nova é capaz de autoorganizarse para darse as cousas que lle gustan. Mais diso xa falaremos.

Mañá subirán á tarima da praza do Concello catro grupos, dous de Betanzos e dous da Coruña, mais todos con algún integrante betanceiro, a amosar a potencialidade das bandas noveis da redonda. Dispostos a demostrar que se pode facer boa música, galega e na vangarda. Desde aquí ao lado e válida para amosar a calquera, sen complexos.

Cartafol do Mandeo
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-08-2009 02:29
# Ligazón permanente a este artigo
XIV Encontro Folclórico Malveiras

Comentarios (5) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 06-08-2009 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Prehistoria (Mos)
Os vindeiros 7-8 de Agosto celebrase en Mos a Festa da prehistoria.

VENRES, 7 DE AGOSTO – DÍA DA INVOLUCIÓN
- Pola tarde: Chegada das tribos.
- Ó solpor: Proxección das Curtas da Prehistoria.
- Á noitiña: Música, con Cé-Orquestra Pantasma.

SÁBADO, 8 DE AGOSTO - DÍA GRANDE
- Pola mañá:
· Obradoiros: útiles de pedra, arqueoloxía, elaboración de pan e pintura corporal.
· Demostracións: tiro con arco e tiro con propulsor.
· Compañía de títeres Tanxarina.
· Grupo de percusión Bata-Unga.
· Gastronomía: carne ó caldeiro, polvo á feira e asados.

- Pola tarde:
· Ataque na cova: Enfrentamento entre as tribos participantes no Penedo da Pucha.
· Recepción: Benvida ás tribos participantes e intercambio de agasallos.
· Xogos Olímpicos entre as tribos e carreira de relevos Na Procura do Lume.
· Construcción do monumento megalítico.
· Invocación ós espíritos da Mámoa da Penacova co chamán Leo e Arremecaghoná.

- Pola noite concertos de:
· O Leo i Arremecaghona
· Skandalo GZ
· A Tuna Rastafari.
· A Banda Potenkim.

http://festadaprehistoria.wordpress.com/
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-08-2009 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de San Salvador (O Porriño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-08-2009 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Castelo Rock (Muros)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-08-2009 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Brincadeira
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-08-2009 19:14
# Ligazón permanente a este artigo
A morte do CD obriga o negocio da música a buscar novas vías
Falamos cos responsábeis de Falcatruada, Nordesía e A Regueifa Plataforma sobre a crise do sector discográfico e as mudanzas en proceso no modelo de negocio.

A industria musical do país tamén se enfronta a unha crise. Pero non é só un mal momento económico, senón que tamén está a sufrir unha crise de identidade, de modelo. Parece definitivamente demostrado que o vello sistema de identificar éxito con venda de discos está esgotado, e o acceso directo á cultura que permiten as novas tecnoloxías precisa de novas estratexias, tanto para os artistas como para as produtoras e promotoras.

Segundo explica Sergio Lago, director de Falcatruada, "hai unha crise de financiamento e de actividade". A situación de parálise que atravesa o sector débese en parte á dependencia que existe das institucións públicas e da súa participación. "Non estamos nunha boa época", recoñece.

O responsábel de Nordesía Producións, Quique Costas, a crise das industrias culturais e das musicais en particular vai ligada á crise xeral, pero é aínda máis "profunda porque obviamente as administracións nun momento de recorte prefiren facelo en materia de cultura e espectáculos". De feito, detectou un importante descenso nas contratacións das festas de verán das principais oito cidades do país, con baixas de "entre o 20 e o 40 por cento", o que "reduce as expectativas doas industrias do sector".

Non o ve así Noel Feáns, da Regueifa Plataforma. "Nunca se editaron tantos discos como agora e hai moita vida ao vivo", salienta. Engade que a "crise da industria tradicional beneficiou enormemente os mercados menos comerciais", como o galego, e situounos "en igualdade de condicións, democratizando canles que antes estaban reservadas ás multinacionais".

Sobre se é preciso reformular a estratexia da industria, dende Falcatruada aseguran que o modelo 360º, de integrar todo o negocio arredor dun proxecto musical en diferentes soportes "lévanse facendo aquí dende hai moito tempo, ese debate está un pouco pasado". Sobre a virada que está a dar un mercado tan potente como o británico cara á venda de música en formato dixital, Lago asegura que "é un mercado moito máis maduro", pero "aquí non existe" aínda o costume de mercar música por internet e non hai "alternativa á venda tradicional de discos".

Quique Costas opina que é "inevitábel" mudar, porque "o mercado está en permanente cambio e a industria ten que adaptarse". Considera que a crise do disco como obxecto "é fondísima e sen retorno", e que se reducirá a simple obxecto de coleccionista. Tamén apunta que "no Reino Unido a xente está disposta a pagar por descargar, pero no Estado Español non", polo que é "ineludíbel que se produza un cambio de mentalidade".

Ademais, asegura que centrarse nos concertos é "complicado", porque en Galiza "están promovidos por administracións públicas ou caixas de aforros". Isto provoca que a xente non estea educado na "necesidade de pagar unha entrada para asistir a un espectáculo". Avoga por que as empresas asuman "o rol de promotoras" e que as programacións non dependan "do gusto do concelleiro de turno". Para que un concerto sexa rendíbel as entradas deberían de custar "entre 30 e 60 euros".

Pero a crise tamén está a provocar unha caída da venda de billetes, constata o responsábel de Nordesía. O problema é "manter os concertos de caché medio" fronte aos macroconcertos que teñen o cheo asegurado. Ademais, afirma que a crise, por un lado, frea o gasto público en música, pero, por outra banda, ten "o efecto beneficioso" de que os artistas están dispostos a reducir o seu caché. Tamén as empresas se verán obrigadas a "reordenar o sector".

Para Noel Feáns, esta mudanza é necesaria: "Non lles queda outra e de feito as grandes xa están metidas de cheo". Neste senso, as multinacionais "asinan os denominados contratos 360º, onde non só quedan cunha parte da venda dos discos senón tamén da venda de entradas, merchandising e nalgúns casos até dos dereitos de imaxe". Mais iso, ao seu xuízo, provoca que a nova industria "vai ser aínda mais leonina que a anterior. Por sorte, coas licenzas libres, Internet e a autoedición esta xa non é a única vía". Ese será precisamente, o tema da seguinte parte desta reportaxe: Hai lugar para os dereitos de autor tradicionais en plena expansión do copyleft?

Vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-08-2009 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Acto de entrega do XXIV Trofeo Mac Crimmon de Gaita en Lorient 2009


E a orde dos premiados foi a seguinte:

  1. Alberto Coya (Galiza)

  2. Pablo Carrera (Asturies)

  3. Pablo Dalama (Galiza)

  4. Pedro Álvarez (Galiza)

  5. Xurxo Fernández (Galiza)

  6. Hugo Noval (Asturies)

  7. Jesús Fernández (Asturies)

  8. Borja Rodil (Asturies)


Parabéns a todos os participantes e en especial a Alberto Coya polo seu primeiro posto!
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 06-08-2009 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Pedro Álvarez no MacCrimmon 2009
Comentarios (8) - Categoría: Videos - Publicado o 06-08-2009 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Xurxo Fernández no MacCrimmon 2009
Comentarios (7) - Categoría: Videos - Publicado o 06-08-2009 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Alberto Coya no MacCrimmon 2009
Comentarios (2) - Categoría: Videos - Publicado o 06-08-2009 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Pablo Dalama no MacCrimmon 2009
Comentarios (2) - Categoría: Videos - Publicado o 06-08-2009 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Primeira noite galega en Lorient 09
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 06-08-2009 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza o festival de Lorient

"O esforzo feito nos 90 para internacionalizar a música tradicional deu os seus froitos"
Todos os anos é especial, mais este éo un pouco máis. Galiza é o país homenaxeado no festival celta por excelencia. Falamos con Anxo Pintos, de Berrogüetto e SonDeSeu.

Dende este venres deica o 9 de agosto, An Oriant hase converter na capital de Galiza. Polo menos culturalmente. Este ano o noso país é o convidado de honra -xa o fora tamén en 2001- no máis importante festival celta do mundo, o Intercéltico que se organiza en terras da Bretaña.

A presenza galega aumenta anualmente. Na edición de 2008, sendo Gales o homenaxeado, Leilía, Quempallou e Munterohi pasaron polos escenarios da cidade bretoa. Antes fora a quenda de Milladoiro, Carlos Núñez, Fía na Roca, Susana Seivane, Mercedes Peón, Budiño ou Luar na Lubre (algúns destes repiten).

Mais non foi até agora que a dirección do festival contou con outra das xa míticas bandas con raíz na música tradicional galega, Berrogüetto, que ademais terá un papel especial xa que actuará o luns na gran noite de Galiza. Compartirán espazo coa orquestra folc SonDeSeu, composta polos 40 mellores alumnos da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk (e-trad) de Vigo.

É por iso que será unha noite especial para Anxo Pintos, pola súa dupla condición de compoñente de Berrogüetto e de mestre da e-trad e dos SonDeSeu. Recoñece que repasando o programa "faltan algúns nomes", mais valora o "esforzo" dos responsábeis do Intercéltico -o director artístico é o asturiano Lisardo Lombardía- para elaborar a representación galega.

"Riqueza de propostas"
Anxo Pintos considera neste senso que hai que salientar a "riqueza de propostas" dos músicos folc do noso país, tanto polo número como tamén "cara a dentro" pola variedade a nivel de produción: "Xa non somos miméticos como antes", afirma, e engade que "seguemos a ter a música tradicional de referente, mais combinada con cadanseu imaxinario particular".

Preguntado por se considera que os nosos artistas están a día de hoxe recoñecidos internacionalmente, Pintos di que en todos os festivais do mundo Galiza é referencia. "O esforzo realizado a finais dos anos 90 para internacionalizar a música tradicional deu os seus froitos", confesa, e recorda as xiras que se facían mesmo "sen ser rendíbeis".

Ao respecto dos concertos programados para An Oriant, salienta que unha das actuacións será en formato semiacústico, unha innovación que están a probar esta tempada, que serve para reducir os elementos de amplificación e permite que o timbre de cada instrumento se escoite de xeito máis natural. No caso de SonDeSeu, que dirixe Rodrigo Romaní, fai que o balance entre seccións -arpa celta, zanfona, canto, gaita, requintas, violín, contrabaixo e percusión- combine mellor.

Músicas do mundo
Mais non todo será música no Intercéltico. Ao igual que en anos anteriores, Turgalicia instalará un stand con mostras de gastronomía, de artesanía e obradoiros, por exemplo. E haberá tempo tamén para a estética tamén fóra dos escenarios.

Un dos actos principais é o tradicional desfile de bandeiras, o martes pola mañá, onde participan milleiros de gaiteiros das nacións participantes, cun destacado papel para Galiza (en 2010, no 40º aniversario do Festival, Bretaña levara o peso das celebracións).

Fóra dos artistas galegos, entre os que tamén hai que salientar os Crema de Gaita, destaca a presenza de portugueses, como Misia, iugoslavos, como Goran Bregovic, quebequeses, como Le Vent du Nord, ou brasileiros, como Lenine. E dento dos espectáculos, os 700 mil visitantes previstos poderán gozar dun dedicado ás Mulleres Irlandesas no Mundo Celta e doutro sobre a figura de Castelao.

Vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2009 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Máis de 30.000 persoas pasaron polo pavillón galego no festival celta de Lorient
Máis de 30.000 persoas visitaron xa o pavillón de Galicia no XXXIX Festival de Música Intercéltica de Lorient (Francia), segundo os datos de Turismo de Galicia divulgados onte. O festival da cidade bretoa é o encontro internacional máis importante do mundo celta, e dedica cada edición a un dos territorios celtas. Este ano, o país convidado é Galicia.
A Secretaría Xeral de Turismo organizou un programa de promoción de Galicia no encontro musical, centrado no pavillón de mil metros cadrados instalado no recinto do festival, que acolle actuacións musicais, exposicións, demostracións de artesanía, degustacións culinarias dos produtos galegos e material promocional sobre a comunidade.
A música galega non deixará de soar durante os dez días do festival, e, xunto a grupos consagrados como Berrogüeto, Fía na Roca, Lamatumbá, Carlos Núñez, Emilio Cao ou Rosa Cedrón, salientan as actuacións de formacións emerxentes como Pradairo, Limagogia, Lulavai, BoNoVo ou Ialma.
A secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, salientou na presentación da delegación galega no festival “os lazos comúns que unen a Galicia co resto dos países celtas” e lembrou que a comunidade autónoma “é hoxe un territorio con gran personalidade, moderno e ao tempo moi identificado coas tradicións do contorno”.
A responsable de Turismo informou nun comunicado de que se reuniu co presidente das cámaras de comercio de Bretaña co obxectivo de chegar a un acordo coas axencias de viaxe bretoas para comercializar o vindeiro Xacobeo 2010 como un produto turístico.

Xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2009 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel Rivas entra na Real Academia Galega
A institución que preside Xosé Manuel Barreiro acorda nomear membro electo ao xornalista

Manuel Rivas xa é académico. O escritor e xornalista coruñés foi nomeado onte membro electo da Real Academia Galega e ocupará a vacante que deixou o falecemento, en novembro de 2008, do académico numerario Camilo González Suárez-Llanos, máis coñecido na literatura galega como Camilo Gonsar, segundo informou a institución nun comunicado.
Nacido na rúa Marola do barrio coruñés de Monte Alto en 1957, Manuel Rivas é xa unha das figuras fundamentais da historia da literatura galega. Licenciado en Ciencias da Información na Universidade Complutense de Madrid, estudos que compatibilizou co seu traballo en publicacións como Loia ou Teima, é hoxe un prestixioso xornalista e un escritor traducido a máis de vinte linguas.
Premio da Crítica Española por Un millón de vacas (1989), O lapis do carpinteiro (1998) e Os libros arden mal (2006) e Premio da Crítica de Galicia por En salvaxe compaña (1994) e Os libros arden mal (2007), Rivas tamén é un dos escasos premios nacionais da narrativa galega, no seu caso polo libro de relatos ¿Que me queres amor? (1996). Un deles, “A lingua das bolboretas”, deu pé a unha das primeiras adaptacións cinematográficas da súa traxectoria.
Non hai xénero que non tocase Rivas: nin o teatro (O heroe, 2005), nin o relato (Ela, maldita alma, 1999), nin o ensaio xornalístico (Galicia, el bonsai atlántico, 1990), nin a novela (A man dos paíños, 2000), nin a narrativa para mozos (Bala perdida, 1997), nin a de cativos (O sombreiro chichiriteiro, 2009) nin a poesía, linguaxe case iniciática do escritor coruñés –reunida en Do descoñecido ao descoñecido– á que vén de contribuír novamente cun libro nas catro linguas peninsulares, La desaparición de la nieve, 2009.

Xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-08-2009 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folclórico Internacional de Vigo
Outro ano máis volve o Festival Folclórico Internacional para percorrer diferentes parroquias do concello vigués.
Celebrarase entre o mércores 5 de agosto e o luns 10 de agosto tendo o seu acto central lugar o día 7, venres, na Praza dá Alameda ás 22,30.

Nesta edición os grupos participantes serán:

- Ballet Andino `Humanizarte´de Quito, Ecuador
- Grupo Folklórico `Aires de Asturias´de Xixón, Asturias
- Conxunto Folklórico `African Tumbas´de Nairobi, Kenia
- Grupo Folklórico `Sibirianochka´de Irkutsk, Siberia.

Ademais participarán agrupaciones locais, e, no acto central, o Grupo Tradicional `Xirandola´de Bandeira (Silleda) e os integrantes da Asociación Cultural Interfolc, organizadora do evento.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-08-2009 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
III Foliada IAR na Coruña
Mércores 5 de agosto:
A partires das 21 horas, faranse unha serie de talleres tradicionais de baile e pandereta, pra que todos estemos o 100 por cento nesta foliada, así naide quedará sen cantar ou bailar.

Por certo tamén despoñemos dun "bochinche" tradicional, sede tampouco se pasará.

Esperamos por vos.

Calquer dubida solicitade máis info en iargrupo@hotmail.com
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-08-2009 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 3 (Luns)

Terza feira 4 (Martes)
• Chotokoeu no pub Moby Dick de Sada
• Brath en Nigrán

Corta feira 5 (Mércores)
• Noite Folc de Teis (Vigo): Trioliro regueifeiros, Os Carunchos e Ardentía
• III Foliada do Grupo de Bailes Populares “IAR” na Praza de Pablo Iglesias da Coruña
• Narf e Juán Perro no Peirao de Trasatlánticos de Vigo

Quinta feira 6 (Xoves)
• Kogito, Ganjahr Family e Álvaro Costas na Praza da Estrela
• A Quenlla en Lubián
• The Turre´s Band en Torroso (Mos)

Sexta feira 7 (Venres)
• Emilio Rúa na Praza da Constitución de Vigo ás 23:00
• Corisco, Lembranzas Galegas, Xirandola,... na Praza de Compostela de Vigo ás 22:00
• Brath no Peirao de Trasaltánticos de Vigo ás 23:00
• Os Terribles de Donas en Baiona
• Ophiusa en Carballo
• Projecto Trepia en Arzua
• Cuchufellos en Taboada
• Nao en Vila de Cruces
• Sonoro Maxín en Eiradela (Ourense)
• Soas (Cristina Pato e Rosa Cedrón) en Ames- Bertamiráns (A Coruña)
• Mutenrohi no Carballiño (Ourense)
• Castelorock (Muros): Machina, Kogito, Gatillazo, Eco e Trapos Sucios
• Festival Folc de Arzua: Berroguetto, Coanhadeira,...
• Festival Brincadeira (Ordes): La Pulquería, Che Sudaka, Dios Ke Te Crew e Las Furias.

Sábado 8
• XIX Mostra do Traxe Tradicional na Praza de Compostela de Vigo ás 22:30
• Treixadura en Redondela
• Berroguetto na Cañiza
• Mercedes Peón en Xinzo de Limia
• Brath en Oleiros
• Cuchufellos en Vilaseco (O Bolo-Ourense)
• Romaría labrega da Chaira (Os Vilares-Guitiriz): Os Carunchos e Lardeiros (O Pino)
• Duplo Son en Rois
• Som do Galpóm en Boiro
• Pai da Cana en Riobó (Cabana de Bergantiños)
• Tanto Nos Ten en Vilanova (O Hío)
• Castelorock (Muros): Ruxe-Ruxe, Krakovia, Siniestro Total, Boikot e Doomsday Clock
• Festival Brincadeira (Ordes): Boney M, Rumba Tarumba, Chico Trujillo, Kastomä e Virüs.
• Festa da Prehistoria (Mos): Skandalo GZ, A Tuna Rastafari e Banda Potenkim
• Festa Folc do Pino: Regato de Matamulleres, ...
• Festival Folc do Salvador (Budiño-O Porriño): Avelaíña, Coanhadeira e Guezos.

Domingo 9
• OM-Off e orquestra Academia Sibelius na Praza de Compostela de Vigo ás 22:30
• Trio Lamas, Vaamonde e Romero, Leña Verde e Os Miñotos en mosteiro-Pol (Lugo)
• Ruxe-Ruxe en Ordes
• Brath en Ribadavia
• Fía na roca e Os Tres Trebóns nas Festas de San Campio en San Miguel de Sarandón (Vedra - Pontevedra)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-08-2009 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer