Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

X Festival Folc de Guísamo
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-08-2009 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
XXI Esmorga Folk (Bandeira - Silleda)
Venres 21 de agosto

Ás 22.30 horas comezará o Esmorga Folk coas actuacións de:

- Os Vilarachos
- Os Carunchos
- Pepe Vaamonde Grupo
- Os Tres Trebóns
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-08-2009 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
XXX Festival Irmandiño (Moeche)
XXX Festival Irmandiño
Moeche, 22 de Agosto de 2009


SÁBADO 22

A partir das 11.00h e ao longo do día:
Exposicións no Castelo
Artesáns do Eume
Cómic "Os Lobos de Moeche" de Manel Cráneo

Festival Irmandiño XXX Aniversario
Música Ambiental a cargo do compositor local JORGE ÁNGEL BATOCA

As 13.30h:
Sardiñada
ao carón do Castelo con zona habilitada para merendas

As 16.30h:
Obradoiro Infantil
Compañía OS GHAZAFELHOS con “TEATRIÑOS DE CARTÓN”

As 18.30h:
Competición de Xogos Populares

A partir das 22.00h actuación dos grupos:
- SARAIBAS & BALAKANDRA (Galiza)
- BELLONMACEIRAS QUINTETO (Galiza)
- LAMATUMBÁ (Galiza)
- MALLACÁN (Aragón)


A partir das 00.00h:
Lectura do pregón a cargo de Manel Cráneo e Asalto ao Castelo

Acampada e aparcamentos gratuítos nas inmediacións do festival

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-08-2009 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Terra Brava (O Incio)
O INCIO ACOLLE A VII EDICIÓN DO FESTIVAL TERRA BRAVA O DOMINGO 23 DE AGOSTO

As actividades inclúen música de rúa, un xantar popular, xogos para os cativos e maiores, e concertos pola noite.


Un ano máis, a Asociación Cultural Terra Brava, en colaboración coa Asociación Cultural A Ouriceira, organiza o festival Terra Brava na localidade de O Incio (Lugo). Trátase dunha festa que camiña xa pola VII edición consecutiva procurando en cada unha delas a participación de todo o pobo a través das distintas propostas, tanto musicais como de animación e gastronómicas.

As actividades comezarán pola mañá coa actuación do grupo de gaiteiros do Incio Arandela, que animarán as rúas da vila e os prolegómenos do xantar que se celebra cada ano no mesmo lugar do festival, e ao que asisten máis de 400 persoas. A sobremesa tamén estará animada polos gaiteiros e músicos espontáneos que queiran sumarse á festa. Segundo un dos organizadores, Carlos Núñez, o xantar e un dos momentos que máis gusta aos asistentes xa que “supón un punto de encontro entre varias xeracións das distintas familias e persoas que acoden, algunhas das cales residen fora e soamente se reúnen nestas datas de verán”.

Pola tarde está prevista a realización de varios obradoiros de xogos para cativos e maiores e a animación musical do home orquestra Cé Orquestra Pantasma, quen tamén actuará pola noite completando o cartel do Festival cos grupos Tanto Nos Ten - a revelación do ano na música tradicional -, e Os Cuchufellos, que dende Manzaneda nos traen unha explosiva festa de fanfarria balcánica ao xeito máis galego.

O festival que se celebra no Incio leva o nome que o finado escritor Ánxel Fole lle daba a estas terras nas que viviu unha tempada, a Terra Brava. Este é tamén o título dun dos seus libros, no que se refire en varias ocasións aos costumes e paisaxes do lugar. Curiosamente, a festa lévase a cabo nunha pequena carballeira situada na estrada que vai dende O Incio a Hospital, pola que tantas veces paseou o escritor, ao final da rúa Ánxel Fole dedicada na súa memoria.
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-08-2009 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Festa IV Aniversario Arrincadeira (Ribadavia)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-08-2009 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Ponte Louco 2009 (Ponte Caldelas)

Ponte Louco 2009 (Ponte Caldelas)

Venres 21
De 17 a 19 na praza
Obradoiro de Malabares
Obradoiro de Break Dance: Afrodisiacos Crew

Ás 19 Contacontos: Canier
Ce e a Orquestra Pantasma (Home-orquesta)

Ás 22 horas Teatro no Castelo
23: 00 Sesión de Curtas: El Cumpleaños e Calle Desengaño

Sábado 22
Maxia
Contacontos: Anxo Moure
Títeres: Viravolta
Pasarrúas: Ce e a Orquestra Pantasma

CONCERTO:
- FABULOSOS CUBATAS FOCKINK BROTHER´S
- BODEGA BODEGA
- O SONORO MAXIN
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-08-2009 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do Castro (Pantón - Lugo)
Festival do Castro (Pantón)
Sábado 22 de Agosto


Concertos:
- Festicultores,
- Os Cuchufellos,
- Som do Galpom,
- Dios Ke Te Crew
- Aira da Pedra.


www.festivaldocastro.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-08-2009 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Festidoiro 2009 (Cuntis)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-08-2009 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Rock in Río Miño (Cortegada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-08-2009 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
III Festival As Minas (A Pontenova)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-08-2009 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Tonhito de Poi
O ex compoñente de Heredeiros da Crus actuará mañá co seu novo grupo Rasa Loba na vila condal de Gondomar

Unha manada de lobos. Así define Tonhito de Poi o último proxecto musical no que está inmerso Rasa Loba, que mañá tocarán en Gondomar como actuación estrela que precederá aos concertos do “Rock no río” do sábado. Aínda que como o antigo líder de Heredeiros da Crus di máis que cantar pensan “ouvear” no Parque da Coelleira a partir das 22.30 horas.

– Para os que non coñezan a nova formación, ¿qué directo se vai atopar o público que se achegue ao concerto?
– Vai ser unha actuación brutal. Non admito que ninguén poida saír decepcionado dun concerto. Non se lle pode facer perder o tempo a xente. Somos unha banda de moita raza, aínda que mellor dito somos unha manada de lobos rockeiros.

– ¿Cal é a diferenza principal entre o estilo de Rasa Loba e de Heredeiros?
–Pois daquela apostabamos polo rock, pero agora xa estamos a falar dun sonido metal.A guitarra eléctrica é a protagonista. A Sachadora – o nome da súa– é a responsable dos novos temas.

– Non bota de menos polo que se ve esa etapa de grandes éxitos...
–Crecimos co grupo. Sacamos sete discos nos catorce anos que estivemos xuntos. Non obstante, era tempo de buscar cada un o seu camiño. É algo así como independizarse da casa dunha nai, estase ben pero hai que evolucionar.

– ¿Considera que marcaron una xeración de mozos galegos?
– Non. Un grupo vai crecendo co público. Heredeiros eran tanto os que tocabamos como os que escoitan.

–Máis dalgún pai ou avó botou pestes pola boca ao escoitar a súa música nos cuartos dos seus fillos e netos...
–Hai moita xente que cando chega a certa idade esquece que eles foron mozos. Eu diríalles que non hai diferenza entre o que escoitan os rapaces agora aos 20 anos e o que escoitaban eles.

–Despois tivo unha mala experiencia coa Banda de Poi.
–Digamos que había unha froita podrida que contaminaba aos demais. Tentabamos reivindicar que o río Miño non é unfra fronteira, senón un lugar de paso. Agora con Rasa Loba deixamos iso nun espazo secundario e falamos de moitas cousas.

– ¿Coñecía a comarca?
–É un paraíso. As praias, os montes... Ademais hai moitos por aí que saben de min (risas).

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-08-2009 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Carlos Nuñez
O gaiteiro vigués Carlos Núñez consegue un galardón histórico ao ser recoñecido xunto con Enya e Sharon Shannon nos Ireland's Music Awards

Con tan só 12 anos Carlos Núñez, un dos músicos galegos máis internacionais, foi invitado a tocar como solista na Orquesta Sinfónica de Lorient. Dende entón non parou de colleitar éxitos en todo o mundo. O último, en Irlanda, onde resultou galardoado a semana pasada nos Ireland's Music Awards como mellor artista continental. Canda el resultaron tamén premiados Enya e o grupo Sharon Shannon. Carlos Núñez pode presumir de ter actuado nos escenarios máis prestixiosos: desde o Carnegie Hall de Nova York ata o Royal Albert Hall de Londres tocando ao lado de artistas da talla de Bob Dylan ou Lou Reed. O seu último traballo, Alborada do Brasil, que fusiona música celta e brasileira, foi gabado pola mesmísima María Teresa Fernández de la Vega a comezos de mes nun percorrido que realizou polo Brasil para reunirse con Lula da Silva.

-¿Que supón este galardón na súa traxectoria?
-Este premio significa a consolidación de moitos anos de esforzo, de ir labrando pouco a pouco o público dun país como é Irlanda, celtocéntrico. Demóstranos que a música celta non é un soño, senón unha realidade. Unha realidade que no fondo amosa unha conexión entre Galicia e Irlanda. Significa que non é que os galegos vendamos a Breogán ao mundo, senón que son os irlandeses os que o adaptan á súa cultura. Sobre todo faime sentir orgulloso de ser galego.

-¿É o mercado irlandés a súa aposta de futuro?
-Irlanda é un país pequeno, protexen moito aos seus artistas e por iso a entrada non foi fácil. Son moi protectores. Isto, unido a que é un país reducido, fai que non permita moito.

-¿Pouca proxección?
-En realidade, as súas dimensións fan que non soporte moitos concertos ao ano. Pasa como con Galicia, se queres facer cousas especiais teñen que ser selectivas. O certo é que o meu horizonte agora mesmo está na consolidación do imaxinario galego-brasileiro, penso que as conexións que recolle Alborada do Brasil están por formarse.

-¿Débese a iso a fusión de ritmos do último disco?
-Si, é unha conexión que quería abordar dende hai uns dez anos, que foi cando fun por primeira vez alí, de xira. Decidín esperar un pouco para meterme de cheo nese gran mastodonte que é Brasil. É un país enorme. Foi hai tan só tres anos cando empecei a indagar e descubrín un país moito máis galaico do que pensaba. Realmente foi un traballo enorme, pero pagou a pena. Penso que as críticas a este novo traballo están sendo boas.

-¿Existe algunha receita para o éxito?
-[Risas]. Pois no meu caso, constancia, pero sobre todo independencia. É moi importante que un artista sexa independente mesmo incluso politicamente. Intento que a miña música estea ao servizo de Galicia e da súa cultura, non de ningún partido político.

-¿Segue algún ritual antes de saír ao escenario?
-Gústame palpar o ambiente cinco minutos antes. Cada lugar é un mundo. Fago coma os músicos franceses do barroco, intento adaptar o tempo, a velocidade e os temas ao estado de ánimo do público. Sempre trato de percibir o sentir xeral dos que queren gozar da miña música.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-08-2009 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Berra Baiona 2009
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-08-2009 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Bandeirock (Bandeira - Silleda)
BANDEIROCK 09

Xoves 20 Agosto 09 - En Bandeira (Silleda)

-TUNGSTENO (Hard Rock)
-SEMOS PELIGROSOS (rock, metal)
-PITO DE PIKASSO (punk rock)
-RUMBA KE TE FIXO (ghalisian rumba, pachanga punk)
-MORE, JOTAH AND IZKI (hip hop)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-08-2009 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Núñez gaña o Ireland's Music Award para artistas europeos

O vigués Carlos Núñez gañou o premio ao Mellor Artista Continental, destinado a músicos europeos de fóra de Irlanda, nos Ireland's Music Awards.

O gaiteiro galego Carlos Núñez gañou o premio irlandés de Mellor Artista Continental nos Ireland's Music Awards. O músico tamén estaba nomeado a outras dúas categorías: Mellor Instrumentista e Mellor Grupo de Música Celta. Ademais de Núñez, ao premio de Mellor Artista Continental concorrían Salsa Céltica, Capercaille, Flook, Bellowhead e Mike McGoldrick.

O premio ao Mellor Artista Continental concédese a artistas de Europa (excepto Irlanda) e esta foi a primeira vez que se lle outorgou a un músico non nacido nas Illas Británicas.

Núñez (Vigo, 1971) presentou en Irlanda hai uns meses, no National Concert Hall de Dublin, temas do seu novo disco Alborada do Brasil, coa asistencia no público da presidenta de Irlanda, Mary McAleese.

Alborada do Brasil (Sony Music) é unha viaxe iniciática en busca das conexións musicais entre Galicia e Brasil, no que participan artistas como The Chieftains, Carlinhos Brown, Lenine, Adriana Calcanhotto, Jacques Morelenbaum ou a Escola do Samba Beija Flor.

Outros gañadores do Ireland's Music Awards foron Enya (Mellor Vocalista Feminina) ou Sharon Shannon (Mellor Grupo Tradicional).

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-08-2009 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Músicos Tradicionais da Limia no Alalá

Hoxe, martes, día 18/08/2009

Paco de Escornabois, Hermelinda do Muíño ou os Gaiteiros do Vilar foron algúns dos músicos que pasaron polo programa pero, nunca se preguntaron como demos con eles?
Diso vai o "Alalá" de hoxe, un programa completamente distinto a todos os anteriores, xa que se trata dun "Alalá" de recoñecemento e de homenaxe a aqueles que dedicaron o seu tempo a buscar incansablemente tesouros da nosa música tradicional e deron despois as coordenadas para que nós simplemente tiveramos que admiralos e compoñer os "Alalás" coas súas verbas.

Esta noite, gaiteiros con máis de medio século e historias da lembranza da Limia no "Alalá" do Catálogo de Músicos Tradicionais da Limia. Así, verase como se atopan pezas e gaiteiros con case un século de historia e para iso o equipo do programa acompaña a Castor e Félix, dous verdadeiros investigadores. Eles dous son notarios da música tradicional galega, que durante dez anos fixeron máis de 4000 quilómetros polo interior da Limia, en Ourense, na procura de verdadeiras xoias musicais do patrimonio cultural. Todos estes achados son historias e músicos tan reais como incribles, que foron capaces de reflectir nun catálogo de músicos coa axuda doutros coma eles: Iván Area, Pablo Carpinteiro e Delfín Caseiro. Entre todos inmortalizaron para sempre aquel saber tradicional da comarca da Limia nun libriño tan breve como ancestral que poderemos ler nas imaxes e nos beizos dos seus personaxes.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 18-08-2009 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 17 (Luns)
• Ruxe-Ruxe en Pontevedra adiado ao 12 de setembro
• Snatch en Portonovo

Terza feira 18 (Martes)

Corta feira 19 (Mércores)
• Obradoiro de Pesdelán en Compostela no Festival dos Abrazos ás 13:00 no Toural e ás 22:00 na Praza Salvador Parga

Quinta feira 20 (Xoves)
• Bandeirock (Bandeira-Silleda): Pito de Pikasso, Rumba que te fixo, Kambotes, Semos peligrosos,...

Sexta feira 21 (Venres)
• Pesdelán e Pradairo na Rúa
• Treixadura en Rianxo
• Brath en Cambados
• Pablo Seoane Grupo en Muros
• Tonhito de Poi e Rasa Loba en Gondomar
• Festival Rock In rio Cortegada (Ourense): Skandalo GZ,...
• Esmorga Folc (Bandeira-Silleda)): Pepe Vaamonde Grupo, Os Carunchos, Vilarachos e Os Tres Trebóns

Sábado 22
• IV Festa da Pandeira (O Piornedo)
• XI Concurso De Gaiteiros Avelino Cachafeiro “O Gaiteiro De Soutelo” en Soutelo de montes, Forcarei
• Mutenrohi, Diplomáticos do Acordeón e Xarín Gaiteiros na Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes (Pontevedra)
• Xose Manuel Budiño en Ordes
• Mercedes Peón en Nigrán
• Treixadura en Foz
• Chotokoeu no Pub Ardora de Porto do Son
• Tanto Nos Ten en Ponteareas
• Pito de Pikasso en Calo
• Bonovo e Malvela na Illa de Arousa
• Fía na Roca en Corcubión
• Festival Irmandiño de Moeche: Saraibas & Balakandra, Bellón & Maceiras Quinteto, Lamatumbá e Mallacán
• Festival Fin do Camiño (Fisterra): A Tuna Rastafari, Leilía, Clan Maragato,...
• Festival das Minas (Pontenova): Tonhito de Poi e Rasa Loba,...
• Festival do Castro (Pantón-Lugo): Festicultores, Cuchufellos, Som do Galpom, Dios Ke Te Crew e Aira da Pedra.
• Festival Pontelouco (Castrocaldelas): Fabulosos Cubatas, Bodega Bodega e O Sonoro Maxín
• Festidoiro (Cuntis): Spooner Street, Machina, Vichelocrego, Skacha e Kogito
• X Festival Folk de Guísamo: Ca Lúa, Triquel e Gwendal
• Festival Folc de Negreira: Ardentía, Fiandola e Pésdelan
• Festival de Vilariño (Hío-Cangas do Morrazo): Os Carunchos, Ruxe-Ruxe, Quempallou, Berroguetto...

Domingo 23
• A Quenlla en Sobrado dos Monxes
• A Gaita na Catedral. O Cebreiro (Lugo)ás 12h
• Milladoiro en Betanzos
• Coanhadeira en Allariz
• Os Alegres e Val da Maia na Praza da Vila de Castroverde (Lugo) ás 19:30
• Festival Terra Brava (O Incio): Tanto Nos Ten, Arandela, Os Cuchufellos, Cé Oequestra Pantasma
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2009 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
17 de agosto: Día da Galiza Martir

Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936 na Caeira (Poio)

Luns 17 de agosto de 2009, día da Galiza Martir
Programa:

13:00 Ofrenda institucional no monumento a Alexandre Bóveda na Caeira (Poio).
-Luciano Sobral (Alcalde de Poio)
-Fernando Quintela (Presidente da Fundación Alexandre Bóveda)
-Xosé Luís Bóveda (Representación da familia Bóveda)

14:00 Xantar de entrega do IV Premio "Día da Galiza Mártir" á recuperación da memoria histórica a Xusto Beramendi González

18:30 Ceremonia de Aniversario na Capela de San Amaro
19:00 Homenaxe cívica diante do seu sartego no cemiterio de San Amaro
-Xusto Beramendi González

20:30 Acto político na Praza de Curros Enríquez (Pontevedra)
-Guillerme Vázquez (Portavoz nacional do BNG)

www.galizamartir.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2009 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 14 (Venres)
• A. Folclórica Aturuxo nos Xardíns de Méndez Nuñez da Coruña
• Fía na Roca na Praza do Porto de Foz
• Milladoiro en Vilagarcía de Arousa na Alameda ás 23:00
• Lume en Monforte de Lemos (Lugo)
• Mamá Cabra en Laracha
• María do Ceo en Lalín na Praza da Igrexa ás 22:30
• Toques de Caramulo na Praza de Compostela ás 22:30
• Chotokoeu na A. C. Propolis (A Coruña)
• Ophiusa en Rianxo
• Brath en Allariz
• Brigada Bravo & Díaz en Chantada
• Coanhadeira en Begonte (Lugo)
• Duplo Son en Muros
• Festival Monte do Faro de Rodeiro-Lalín: Som do Galpóm, Tonhito de Poi e Rasa Loba, Alén, ...
• Treixadura e Malvela na Praza da Ferraría de Pontevedra ás 22:30
• Festival as Nosa Músicas (Couso-A Estrada): Tiruleque, Ardentía, Pablo Seoane Grupo, A Magnifique Band dos homes sen medo,...

Sábado 15
• Susana Seivane en Miño
• Os Carunchos en Gondomar
• Fred Martins Trio en Compostela
• Pito de Pikasso en Soutelo de Montes
• Esquíos, Zyrconia, O Leo i Arremecaghona en Xinzo de Limia
• Uxía na Pobra do Caramiñal na Praza Alcalde Segundo Durán ás 23:00
• Coanhadeira na Mezquita (Ourense)
• Pablo Seoane Grupo en Rianxo
• Brath en Caldas de Reis
• Festas de Couso (A Estrada): A Magnifique Band dos homes sen medo, Marful e The Turre´s Band
• Capitán Furilo e Sugar Mountain nas Festas de San Roque de Freás (Cea - Ourense)
• Festival Monte do Faro de Rodeiro-Lalín: Linho do Cuco, Os Tres Trebóns, Bonovo e Cé orquesta Pantasma
• Festival Reggae na Chaira de Villalba (Lugo): Chotokoeu, Skarallaos,...
• Festival Folc de Leirado (Salvaterra): Pradairo, Tiruleque e Clave de fol

Domingo 16
• A Quenlla en Moaña
• Ataque Escampe en Bueu
• Tanto Nos Ten en Monforte de Lemos
• Berroguetto en Pontevedra ás 22:30 na Praza da Ferraría
• Gaideón en Castrelo do Val (Ourense)no Campo da Festa ás 20:00
• Os Trazantes de Tenorio, Legua Dereita e Xarín en Portomarín(Lugo)na Praza do Concello
• Festas de Couso (A Estrada): Os Alegres da Buraca, As Pandereteiras de Toutón,...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2009 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Suguen os Festivais
14 agosto: Festival as Nosa Músicas (Couso-A Estrada)
- Tiruleque, Ardentía, Pablo Seoane Grupo, A Magnifique Band dos homes sen medo,...

14-15 agosto: Festival Monte do Faro de Rodeiro-Lalín
- Som do Galpóm, Tonhito de Poi e Rasa Loba, Alén, ...
- Linho do Cuco, Os Tres Trebóns, Bonovo e Cé orquesta Pantasma

15 agosto: Festival Folc de Leirado (Salvaterra)
- Pradairo, Tiruleque e Clave de fol

15 agosto: Festival Reggae na Chaira de Villalba (Lugo)
- Chotokoeu, Skarallaos,...

21 agosto: Esmorga Folc (Bandeira)
- Pepe Vaamonde Grupo, Os Carunchos,...

22 agosto: Guisamo Folc
- Ca Lúa, Triquel e Gwendal

22 agosto: Festival Folc de Negreira
-Ardentía, Fiandola e Pésdelan

22 agosto: Festival Irmandiño de Moeche
- Lamatumbá, Saraibas, BellónMaceiras quinteto, Balakandra, Mallacán...

22 agosto: Festidoiro (Cuntis)
- Spooner Street, Machina, Vichelocrego, Skacha e Kogito

22 agosto: Festival das Minas (Pontenova)
- Tonhito de Poi e Rasa Loba,...

22 agosto: Pontelouco (Castrocaldelas)
- Fabulosos Cubatas, Bodega Bodega e O Sonoro Maxín

22 agosto: Festival do Castro (Pantón-Lugo)
- Festicultores, Cuchufellos, Som do Galpom, Dios Ke Te Crew e Aira da Pedra

22 agosto: Festival Fin do Camiño (Fisterra)
- A Tuna Rastafari,...

22 agosto: Festival das Minas (Pontenova)
- Tonhito de Poi e Rasa Loba,...

22 agosto: Festival de Corcubión
- Lamatumbá, Chotokoeu, Ultraqans, Chamallexis,...
ADIADO

22 agosto: Festival Folc de Vilariño (Cangas do Morrazo)
- Os Carunchos, Ruxe-Ruxe, Quempallou, Berroguetto...

23 agosto: Festival Terra Brava (O Incio)
- Tanto Nos Ten, Os Cuchufellos, ...

29 agosto: Festival Rebumbio (Mos)
- Dakidarria,...

29-30 agosto: Noite da Lúa Meiga (O Viso-Redondela)
- Os Carunchos, Ardentía,...

4-5 setembro: XXIII Festa da Poesia de Salvaterra
- Covalblú,...

18-19 setembro: Festival Reperkusión (Allariz)
- Emir Kusturika & No Smoking Orchestra,...

19 setembro: Festival Meigas Fora (Ordes)
- Kastomá, Zenzar, Invivo,...

26 de setembro: III Zumbanocoiro de Lugo (Festival de música tradicional)-A Volta do Agro, Bouba Pandereteiras, O Tear de Llerena e A Gaita de Sarandón
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-08-2009 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folk en Leirado (Salvaterra)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-08-2009 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
Festival As Nosas Músicas (Couso-A Estrada)
Festival As Nosas Músicas (Couso-A Estrada)

VENRES 14 DE AGOSTO no Campo da Festa de Couso - A Estrada.

Comenzamos pola noitiña . 21:00h.
Serán .
DE TORDOIA A TOUTÓN
TREBOEIROS DA MUIMENTA

para continuar
PABLO SEOANE
ARDENTÍA
TIRULEQUE
MAGNIFIQUE BAND dos HOMES SEN MEDO

para rematar FOLIADA ABERTA ata que sexa de día.

Tamén anunciar que o día 15 e día 16 de agosto continuamos de PARRANDA e estamos todos convidados as Festas Patronais da Parroquia.

FESTAS DA NOSA SEÑORA E O SANTISIMO.COUSO 2009

Dia 15: NOSA SEÑORA
Sesión Vermut: 14:30 h
- C.C. A Ponte Vella

Noite: 22 30 h.
- MAGNIFIQUE BAND dos HOMES SEN MEDO
- MARFUL SEXTETO
- TURRES BAND

Dia 16: SANTISIMO
Sesión Vermut: 14:30 h.
-Tamparrantán

A Partir das 22:30 h.
-Concerto da Banda Municipal de A Estrada
-Os Alegres da Buraca
-As Pandereteiras de Toutón
-Sesión de Baile ca Banda Municipal de A Estrada
Comentarios (4) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-08-2009 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro de verán de Galiza Nova en Trives
ENCONTRO DE VERÁN GALIZA NOVA TRIVES

O sábado 15 de Agosto, Galiza Nova Trives organiza un encontro de verán con múltiples actividades para a xente da comarca. Salvo o xantar, tódalas actividades son completamente gratuitas.

A xornada comeza en Castro Caldelas, as 10 da mañá temos o punto de quedada no campo da feira de Castro Caldelas, alí subiremos polo casco vello caldelao ata o Castelo que visitaremos.

Ao rematar no Castro desplazarémonos a Mourúas, no Concello de San Xoán de Río, onde realizaremos a ruta da Fraga (ruta de sendeirismo cunha dificultade baixa e que nos levara entre 1’30 e 2 horas) rematando a ruta no centro da vila de San Xoán de Río.

A continuación desplazaremonos a San Lourenzo, no concello da Poboa de Trives, onde xantaremos no seu Pazo. O prezo do xantar é de 10 € e compre avisar se vas a vir xa que é necesario reservar.

Despois do xantar desplazaremonos a Soutipedre (Manzaneda) onde aprenderemos a xogar tanto os bolos celtas, como a billarda, 2 xogos populares galegos. Tras unha aprendizaxe básica de ambos xogos realizaremos campionatos das dúas disciplinas con premios para os mellores en cada torneo.

Para rematar visitaremos unha bodega da Ribeira Sacra onde teremos unha degustación gratuita de viños e licores.

Para apuntarse chamar aos teléfonos 636059234 ou 627780891, ou enviando un email a trives.gz@gmail.com

ANIMATE E PARTICIPA.

http://galizanovatrives.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2009 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folc Rock no Monte Faro (Lalín)
A primeira edición do Festival Monte Faro, adicado á música rock e folk, celebrarase os días 14 e 15 de agosto, con entrada libre a todos os concertos e zona de acampada gratuíta.

Está organizado pola Asociación cultural Alén de Rodeiro, en colaboración co Concello desta localidade.

O programa
Na primeira xornada do venres 14 haberá rock a partir das 20.00 horas, con Ibsen, Indana, Alén, Tonhito de Poi e Rasa Loba, O som do galpón e unha banda invitada.

O sábado día 15 estará dedicado ao folk. Ese día celébrase, ademais, a tradicional romaría do Faro, con polbo, churrasco, pan e viño, polo que ambas as celebracións coincidirán. A partir das 19.00 horas haberá concertos con O linho do Cuco, Os Tres trebóns, Bonovo, Cé orquestra pantasma e varios picadiscos.

Os organizadores elixiron para este festival un monte cunha paisaxe única, escenario de varias celebracións ao longo do ano, a máis coñecida, a romaría do 8 de setembro, en honra á virxe dos Remedios.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-08-2009 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival da Mocidade en Xinzo de Limia
O IV Festival da Mocidade decorrerá em Ginzo de Límia o sábado dia 15 de Agosto na zona dos vinhos e praça de oriente da vila limiá. Contará com as actividades que seguem;

PROGRAMA

Desde às 17h00
Feira de Colectivos, Exposiçons e Jogos
Elaboraçom de Murais

Às 19h00

-Conferència “Crise capitalista. Do global ao local”
A carrego de CAMILO NOGUEIRA
Intervençom de trabalhadores do conflicto na “Vidriera del Atlántico”

-Projecçom de Documentários

Às 20h00
Performance feminista
Passa-Ruas Reivindicativo

Às 21h00
Ceia Popular

Às 22h00
Concertos
- Leo i arremecaghona
- Zyrconia
- Os Esquios

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2009 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Berra Nigrán
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-08-2009 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Reggae na Chaira 09
Festival Reggae na Chaira 09
14 e 15 de agosto - Vilalba Lugo


Venres 14
-Merry melodiers (reggae, experiemental)
-Selectah jag (roots, hip-hop, african)
Documentario (sobre culturas do mundo)

Sábado 15
-Zaramarandi (reggae, ska, raggamuffim)
-Samurai 6 (percusión, voz , diyiridú)
-Chotokoeu (percofusion, folk, ska)
-Skarallaos (ska, reggae)
-Kaos & karmasound (hip-hop, soul)
-Efe-3 & xaco beat (hip-hop, experimental, reggae)
Pequena feira rasta
Workshops


Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-08-2009 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Susana Seivane pechou o ano Galiza en Lorient
Co pavillón que Turgalicia instalou en Lorient totalmente abarrotado, Susana Seivane pechou o pasado domingo o ano dedicado a Galicia nesa cidade bretona.

Despois de dez días de concertos de varios grupos galegos que mostraron a nosa música nun dos festivais máis importantes do mundo celta, Susana fixo gala das súas mellores maneiras cun concerto animado e con forza que deleitou ao público de varias nacionalidades que atestaba a carpa.

O día anterior, sábado, Susana congregou a máis de 7000 persoas no recinto do Porto de Pesca onde ofreceu outro concerto de presentación do seu novo disco ‘Os soños que volven’. A nova obra de Susana tivo moi boa acollida entre o público e moita repercusión nos medios de comunicación da Bretaña francesa, rexión na que é moi coñecida e apreciada.

Esta mesma semana, Susana Seivane continúa a súa xira galega cun concerto en Miño o día 15 e outro en Malpica o 22.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-08-2009 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
A reivindicación musical
A música tradicional galega ten hoxe unha serie de retos para a súa supervivencia despois de anos de recuperación e dignificación

A música tradicional é un elemento salientábel dos que constitúen a bagaxe cultural colectiva dun pobo. É unha expresión deste, coas súas coitas e inquedanzas, que se configura como un patrimonio inmaterial de gran valor. Galicia conta cunha tradición ampla neste senso. Dende hai séculos, o país ten desenvolvido no maioritario rural unha ampla creación musical que se vencella inseparabelmente ás festas que se celebraban por todo tipo de motivos: dende a malla ao San Xoán.

A música que coñecemos como popular galega chéganos como resto dunha tradición dos séculos XVIII e XIX que fora totalmente "desprestixiada e desvalorizada", en palabras do experto Pablo Carpintero. Tamén Xosé Luís Rivas, Mini, do mítico grupo Fuxan os Ventos e hoxe integrante de A Quenlla, incide na "nula consideración social" que existía cara á música tradicional de Galicia. O musicólogo Xesús Mato opina que esta música debe o seu mantemento ao longo da historia ás corais, estendidas en gran número por todo o país no seu día e verdadeira "universidade popular", e aos grupos de gaiteiros.

Reivindicación e dignificación durante a ditadura franquista

A cultura poucas veces pode ser neutra, e menos nun contexto represivo como o da ditadura franquista. Mini afirma que a fins dos anos 60 e paralelamente á creación de Voces Ceibes houbo xente que quixo avantar coa música galega dende a súa consideración aldeá á de "nacional e xenuína" de Galicia, tentando contribuír a "derrubar o fascismo" emprengando a música como vehículo de transmisión con esa fin. Mini fai fincapé no obxectivo a través da música de obter unha "dignificación histórica" e "apetencia de renovación". Porén, sinala como coa chegada da democracia e a autonomía moitos músicos pensaron que loitar era entón "labor dos políticos" cando para Mini non é así.

Xesús Mato indica que durante a ditadura, e até o momento da recuperación, a música tradicional galega tivera que cinguirse a danzas e instrumental ante a desconfianza do réxime cara ás letras. Ademais, indica como se restrinxía a emisión nas emisoras radiofónicas, manténdose como un produto popular agochado e pouco coñecido en beneficio doutros modelos.

A música tradicional de Galicia na actualidade

Hoxe o estilo musical máis tradicional convive co folk que non é senón unha versión de maior amplitude xeográfica que conserva a raíz tradicional pero mestúraa coa música e instrumentos doutros países. Un dos grupos de maior éxito en Galicia nesta modalidade é Quempallou. Un dos seus membros, Guillerme, explica que hoxe hai un "fervor" da música tradicional de base con "rigor nas escolas"e unha tentativa de recuperar a esencia" para achegarse a todo tipo de públicos. Sinala a existencia de centros de espallamento como E-Trad o ou Central Folque onde se pode aprender a bailar e atocar instrumentos galegos. Ademais, indica que nos últimos anos as foliadas estendéronse cara ás cidades á vez que os traballos de recolección etnográfica de cancións e melodías galegas están saíndo á luz, o que ofrece unha oportunidade de coñecemento. Porén, lamenta que subsistan grazas a subvencións híbridos galego-escoceses como que son "modelos aculturizadores" potenciados dende a Deputación de Ourense. Tamén Xesús Mato se laia de que se potencie unha exhibición marcial como a escocesa. Non obstante, Pablo Carpintero indica que isto non afecta á música tradicional ao pertencer a un "espazo" distinto.

A produción e distribución dos grupos ten bastante de autoxestionario, segundo coinciden Guillerme e Mini. O primeiro indica que se ben hai pequenas discográficas galegas, as grandes foráneas apostan por "dous ou tres grupos" e a universalización dos recursos favorece a devandita autoxestión. Mini sinala que hoxe hai "moito de gravar na casa" e que o maior volume de vendas pode facerse nos concertos.

A supervivencia da música tradicional galega depende de moitos factores. "A xente nova anda noutros estilos" e agás na Radio Galega existe "centralismo" nas emisoras, asegura Xesús Mato. Ninguén sabe aínda cales serán as políticas do novo goberno autonómico. O anterior, sinala Guillerme, potenciou "locais de ensaio" e circuítos", pero Mini teme que a partir de agora se apoien correntes "culturais alleas". Mini tamén sinala que hoxe hai moito músico que non distingue o tradicional e tómao como unha pose, caendo nas deturpacións. Ademais, a música tradicional responde ao colectivo que a creou. Coa sociedade tradicional galega desaparecendo devagar pode rematar por haber unha música tradicional "ben interpretada" pero carente do "espírito daquela sociedade morta" e convertida nunha sinxela "estética".

HISTORIA A gaita foi cerne das agrupacións

O instrumento que se asocia á expresión musical popular galega é a gaita. Está estendida, dende Asia até a Europa occidental e presente en moitas culturas. No noso país o gaiteiro foi orixinalmente un personaxe viaxeiro que recorría as vilas e gozaba de boa consideración, indo ás veces acompañado dun tamborileiro. Era pouco común que dous gaiteiros viaxasen xuntos polas diferenzas de escala entre gaitas construídas polo propio portador. No século XIX o desprezo da burguesía galega cara ós gaiteiros rematou con boa parte da distinción que tiveran e non foi até máis adiante, xa no século XX, que o estudo da cultura galega trouxo interese por esta figura. Paralelamente a esta recuperación nacen os coros folclóricos nos que a gaita tivo moito peso. Gaiteiros de sona da época foron Ricardo Portela, Enrique Otero ou Xoán Bello Mallou. Hoxe a gaita está moi viva trala masificación de alumnado nas súas escolas nos anos 80.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-08-2009 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Alberto Coya, gañador do Trofeo MacCrimmon de Lorient
O solista convértese no sexto galego en lograr o Trofeo MacCrimmon de Lorient

No ano 1983, naceu e non precisamente cunha gaita debaixo do brazo. Foi a partir do boom do fenómeno Carlos Núñez cando o morracense (da parroquia canguesa de O Hío) Alberto Coya comezou a fixarse no instrumento tradicional galego. Agora, converteuse nun virtuoso ao ser o sexto galego da historia en conquistar o Trofeo MacCrimmon do Festival Intercéltico de Lorient. Coa súa fazaña, sitúase no podio dos grandes, ao nivel de Carlos Núñez, Hevia, José Manuel Tejedor, Edelmiro Fernández ou Daniel Bellón.

Tróuxo o MacCrimmon para casa sendo esta a terceira vez consecutiva que o premio vén a Galicia. Unha fazaña...

Non o vexo unha fazaña. Quizais non me deu o subidón que tivera outras veces con outros concursos (Constantino Bellón, As Mariñas de Betanzos...). Pero si estou moi satisfeito por telo conseguido. Este era o último ano que me presentaba e decidín poñer toda a carne no asador.

Nas últimas catro edicións quedara finalista no Trofeo, ¿cal foi a súa aposta oficial para levarse o premio este 2009?

A diferenza doutros anos, toquei con gaita asturiana, arriscando porque a teño desde fai tres meses. Neste concurso, os gaiteros deben tocar un tema galego, outro asturiano e un bretón. Para os galegos, é máis complexo tocar a gaita galega porque a asturiana é máis complicada. Un bo gaitero asturiano ten máis mérito que un galego, porque o instrumento astur está menos evolucionado que o noso, a gaita galega, digamos, pónnolo máis doado á hora de tocar.

logrou un dos seus soños gañando este trofeo. ¿Que ten en mente agora?

Este concurso era un reto, un obxectivo persoal que me marcou fai tempo ata antes de aprender a tocar a gaita. En principio, pensaba non seguir concursando porque cumprín as expectativas postas nos concursos. Levo seis anos concursando e quero cambiar de rutina. Quero ter un grupo para gozar da música. En certo xeito, os concursos foron as miñas únicas actuacións. Axudáronme a coller táboas no escenario pero tamén me deron moitos nervios.

Cre que Galicia sacou proveito de ser a invitada de honra no Festival de Lorient deste ano?

Creo que foi un exitazo rotundo. No pavillón galego, había escenario, tendas de artesanía e restaurante ademais de stands informativos de Turgalicia. Só nos dous primeiros días se contabilizaron 30.000 persoas e o festival durou dez xornadas.

Fálase de crise, da perda de peso de folk, Lorient escápase de todo iso?

O festival está en reformas tralo cambio na directiva, agora, en mans dun asturiano. O vindeiro ano, cumpre 40 anos. Neste 2009, parece que se recuperou un pouco o festival do baixón do pasado ano pola disminución na venda de entradas por mor da crise.

Cre que nos festivais galegos como Ortigueira ou Moaña vense máis como reunión de botellón que como espazo de goce musical?

Nunca estiven en Ortigueira, pero si se transmite máis a imaxe ao lado festivo que o lado cultural. A música galega debe ter música para a festa pero tamén música exquisita, para escoitar; quizais, máis culta, o que non quere dicir elitista.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-08-2009 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Moncho Reboiras (12/08/75-12/08/09)















Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 12-08-2009 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
XV Rabafolc en Rábade (Lugo)

MÉRCORES, 12 DE AGOSTO

Ás 21:00
- Estoupido e traca de comenzo de festas
- Descubrimento do Rei da Chaira plos Cabezudos
- Churrascada Popular

XV Rabafolc ás 22.30 na Prza de España de Rábade (Lugo):

- “VERANEANTES”,
- “PEPE VAAMONDE GRUPO”,
- “TREIXADURA GAITEIROS E ORFEÓN” e
- “OS TRES TREBÓNS”
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-08-2009 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Dios Ke Te Crew en Vilagarcía de Arousa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-08-2009 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
O último Intercéltico de Moaña?
O goberno moañés estuda pór fin ao que foi a referencia do folk por consideralo estancado e sen proxección

Milladoiro puxo fin ao que moi probablemente foi o último Festival Intercéltico do Morrazo. O goberno moañés aínda non tomou a decisión, pero leva semanas dándolle voltas á idea de darlle carpetazo ao festival. De feito, se se celebrou esta edición é porque cumpre 25 anos. Faise reducido en días e orzamento, con menos axuda da Xunta, aínda que cun cartel de primeira liña: Gwendal e Milladoiro.

Custo elevado
O alcalde moañés, un tanto remiso a falar do asunto, admite que o festival representa para o Concello un elevado custo en relación «cos rendementos». é un evento consolidado, pero, recoñece Xosé Manuel Millán, estancado desde fai anos.
«Pese ao moito esforzo feito, non se conseguiu relanzalo. Precisase máis seguridade económica e máis orzamento», di o rexedor moañés. Refírese á tardanza habitual das institucións que colaboran economicamente en dar o visto e prace á subvención, o que xera tal incerteza que, ás veces, chega a paralizar a programación. En ocasións, ademais, tamén se atrasa en pago do diñeiro comprometido.

O orzamento deste ano baixou a 100.000 euros. A achega da Xunta limítase a 33.000, parte a través do Xacobeo e parte, da Dirección Xeral de Cultura. A Deputación pon 8.000 e Caixanova, 4.000. O ano pasado, as achegas externas ao Concello alcanzaron case os setenta mil euros.
O Concello asume o resto, 55.000 euros, de fondos propios. O festival non xera ningún ingreso específico. Desde fai anos, a entrada é gratuíta

En fin, que o festival folk máis lonxevo de Galiza, polo que pasaron todos os grandes grupos do chamado mundo celta, ten un orzamento que non chega á quinta parte do de Ortigueira, ao que o Xacobeo apoiou este ano con 600.000 euros.

Moaña tampouco apostou por asociar festival e acampada. Fíxoo nalgunha das edicións, pero de forma restrinxida. Na actualidade, en moitos municipios de Galiza celébranse festivais folk.

Uns están consolidados e outros desapareceron. «Agora, cada aldea ten ou seu festival de folk. Os que trunfan non ofrecen tanto música como posibilidades de lecer, incluíndo acampada e botellón», di Xosé Manuel Millán.

Sen proxección
Non hai visos de que a dinámica do Intercéltico vaia cambiar. «Tiña que ter unha proxección, un sentido máis alá, pero a función que cumpría nos anos noventa, agora xa non a ten», admite o alcalde moañés. «A decisión non está tomada, Pode variar. De decidir porlle fin, eses fondos irán para a oferta cultural do verán en Moaña.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-08-2009 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Éxito de Pardiñas
Máis de 15.000 persoas viviron a lume de biqueira o festival de Pardiñas

Ao redor de 15.000 persoas gozaron a lume de biqueira do trixésimo festival de Pardiñas, que concluíu a pasada madrugada en Guitiriz. «Quizais baixou algo o número de xente nas merendas, polo frío e a auga, pero nos concertos houbo tanta coma calquera outro ano», destacou onte desde a Asociación Xuvenil e Cultural Xermolos Alfonso Blanco .
O sábado pola noite, o conxunto sueco Hedningarna demostrou por que é un dos grupos máis recoñecidos do panorama internacional. Aínda que, o público reunido en Pardiñas vibrou de xeito especial durante a actuación da Banda Potemkin.

Outro punto forte do certame foi a mostra de instrumentos de música tradicional, que contou coa presenza de 19 artesáns. Para a noite de onte estaba prevista a actuación, entre outros, do grupo do gaiteiro Pepe Vaamonde.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-08-2009 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer