Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festa da Prehistoria 2008 (Mos)
VENRES 8 de Agosto

20:00h- Involución e adaptación á vida prehistóricano poboado da Penacova.

21:30h- PROXECCIÓN das curtametraxes seleccionadas para o "I CONCURSO DE CURTAS DA PREHISTORIA".
- Cine Prehistórico.
- Música en vivo, actuación da charanga "A VACALOURA VERMELLA"

SÁBADO 9 de Agosto

Pola mañá-

OBRADOIROS:
- Útis de pedra.
- Pan prehistórico.
- Arqueoloxía para nenos.
- Pintura corporal.
- Demostración de TIRO CON ARCO.
- TÍTERES PREHISTÓRICOS na grande chouza do Clan do Porco Bravo, da man de TANXARINA.
- Xantar. GASTRONOMÍA DA PREHISTORIA (Churrasco, polbo á feira, carne ó caldeiro)
-Títeres, 2º pase.

Pola tarde-

- Ataque á cova. "Enfrontamento" entre as tribus visitantes e o Clan do Porco Bravo.
- Benvida ás tribus participantes e intercambio de agasallos.
- Comezo dos xogos e probas de competición entre tribus.
- Títeres, 3º pase.
- Cea Prehistórica.
- Entrega de premios.

INVOCACIÓN ÓS ESPÍRITOS soterrados
na Mámoa da Penacova.

CONCERTOS dos grupos:
- TANGHANA'S SHOW
- RUXE RUXE


www.festadaprehistoria.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2008 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
1ª Festa do Viño da Casa
1ª FESTA DO VIÑO DA CASA

Celebraráse o vinceiro sábado 9 de Agosto en Saxamonde (Concello de Redondela).

Contarase con boa música galega a cargo dos gaiteiros ALUARADO, as pandereteiras ARELA, o humor de SOMOZA e como plato forte un dos grupos revelación no eido da música tradicional: TNT (Tanto Nos Ten), grupo que auna coplas tradicionais na voz de Josinho da Teixeira, co bo facer na gaita de Manuel Cruces e ben condimentado co acordeón diatónico de Pedro Blanco. Destacar a presenza habitual nos seus concertos de convidados de excepción no eido tradicional para interpretar a zanfoña, pandeiretas e bombo.

Non podes faltar, a festa está asegurada coa boa música tradicionale e en galego.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2008 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Por Tutatis! Asterix de novo en galego
A Mocidade pola Normalización Lingüística realizou as xestións necesarias con Salvat Bruño, editora para o Estado Español.

O vindeiro ano festéxase o 50 aniversario do nacemento das aventuras de Astérix e Obélix. Adiantándose uns meses, a editora Salvat Bruño ten previsto lanzar ao mercado un novo tomo triplo, que estará dispoñíbel en castelán, catalán e, por vez primeira desde hai varios anos, tamén en galego.

A campaña das mocidades da Mesa en demanda da publicación das aventuras de Astérix en galego naceu en 2005 e neste tempo foi conseguindo millares de adhesións individuais e colectivas, moi especialmente entre a poboación escolar. O "cambio de actitude" de Salvat Bruño demostra, segundo Fran Rei, responsábel da Mocidade da Mesa, que "moverse ten todo o sentido do mundo, cando os obxectivos son xustos e razoábeis". A Mesa, que constatou a actual "magnífica vontade" da editora de colaborar para a publicación regular de títulos en galego, lamenta que "a Secretaría Xeral de Política Lingüística nin tan sequera levantase o teléfono para falar coa editora".

Outras iniciativas
Pero non só a Mesa estivo pulando para que Asterix e Obélix volvesen falar galego. Iniciativas de mestres e alumnos de escolas, as Ciberirmandades da Fala ou o BNG a través de varias preguntas parlamentarias, pelexaron nos últimos tempos para conseguilo. A publicación en 2005 de O ceo vénsenos enriba en 25 linguas mais non oen galego, motivou que os alumnos do instituto brionés de Viceso se decidisen a traducilo pola súa conta; ademais, iniciaron unha recollida de sinaturas para preguntar pola razón deste esquecemento. Chegaron a reunir 929 e a iniciativa estendeuse a vinte centros máis de toda Galicia e conseguiu o apoio da Mesa; en total de 4.000 rapaces de toda Galicia. Con todo isto, dirixíronse á editorial Salvat-Bruño, da que non obtiveron resposta no seu momento.

Así mesmo, en 2007 o grupo parlamentar do BNG, a través do seu voceiro en asuntos lingüísticos, Bieito Lobeira, propúxolle á Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través de una inciativa parlamentaria, que iniciase accións para que os 33 álbumes de Astérix se traducisen ao galego.

As primeiras traducións, de Blanco Amor
Nos anos setenta, sen lei de normalización e sen a existencia dunha política lingüística dende as institucións os líbros de Goscinny e Uderzo si se traducían, publicaban e vendían en galego, traducidos dous destes álbumes polo propio Eduardo Blanco Amor. As aventuras de Asterix e Obélix comezaron a publicarse en 1959, casualmente o mesmo ano que viu a luz A Esmorga. Xa en 1963, na Feira do Libro de Frankfort, Fernando Arenas (propietario da libraría Arenas da Coruña) fíxose cos dereitos de publicación dos heroes galos na nosa lingua.

Eduardo Blanco Amor aparece como tradutor de A liorta dos xefes e Astérix O Galo, mentres que os outros seis volumes publicados nos anos setenta por Mas-Ivars e a libraría Arenas son asinados por Juan Blanco Amor. A lingua destas traducións, debedora do galego oral, con marcados dialectalismos ourensáns e moi influída polo galego que Blanco Amor descubriu en América, foi revisado cando estes libros foron reeditados por Grijalbo, propietaria posteriormente dos dereitos de edición para o Estado Español.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2008 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas
Homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas. O grande Patriarca dos Seivane

O sábado 9 de agosto de 2008 en Ribeira de Piquín (Lugo)

O acto principal será o descubrimento dun busto e unha exposición retrospectiva sobre homenaxeado.

A Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín organiza, o sábado 9 de agosto de 2008, unha festa-homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas no Chao de Pousadoiro, lugar onde tivo a afincado o seu obradoiro durante máis de 50 anos.

A familia Seivane quere agradecer de xeito público esta deferencia á Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín e a todas as persoas e entidades que colaboran no evento.

Os actos comezarán ás 10:30 da mañá e sucederanse durante todo o día para rematar cun concerto de Susana Seivane, unha sesión de fogos de artificio e unha verbena. Celebrarase un xantar de irmandade xusto despois do descubrimento de un busto de bronce e unha placa que ficarán na praza do Chao en proba do afecto que lle profesan o seus veciños do concello da Ribeira. O pregón da festa será lido, tamén, por Susana Seivane.

Teñen confirmada a súa asistencia, a máis de moreas de amigos da familia Seivane, diversas autoridades tanto municipais como provinciais, así coma unha delegación do concello de Cambre, lugar onde está establecido o actual Obradoiro de Gaitas Seivane.

Socio fundador da Asociación de Gaiteiros Galegos e firme defensor das súas teses, Xosé Manuel Seivane Rivas dedicou a súa vida á fabricación e perfeccionamento do instrumento galego por antonomasia, así como á defensa e espallamento da tradición musical galega. As súas gaitas pódense atopar en calquera recuncho do mundo, e o panorama actual de música tradicional e folk de Galicia non pode ser entendido na súa totalidade sen ter en conta o seu apelido. Centos de gaiteiros pasaron por aquel pequeno obradoiro da Ribeira e moitos máis continúan hoxe a visitar o actual de Cambre, A Coruña, onde Xosé Seivane pasa, aos seus 87 anos de idade, algunha tarde entre a madeira do buxo que tan ben soubo traballar ao longo da súa vida en activo.

Foron moitos os premios e recoñecementos que recibiu Seivane polo seu traballo pero é este dos seus veciños e amigos da Ribeira de Piquín o que máis o emociona xa que o fai, sen dúbida ningunha, profeta na súa terra.

Para o xantar e a cea previamente deben retirarse invitacións nos teléfonos 653 720 232 ou 616 474 942.

PROGRAMA

10:30.- Pasarrúas a cargo do grupo de música tradicional ?Os Carunchos? patrocinado pola Asociación de Gaiteiros Galegos.

11:00.- Misa campestre en Chao de Pousadoiro coa colaboración do Coro da Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín acompañado pola Banda de Música de Meira.

11:45.- Lectura do pregón da festa a cargo de Susana Seivane.

12:00.- Concerto de cancioneiro tradicional galego a cargo do Coro da Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín e a Banda de Música de Meira.

12:30.- Descubrimento e inauguración dun busto e placa dedicatoria a D. Xosé Manuel Seivane Rivas na praza do Chao de Pousadoiro.

13:00.- Inauguración dunha exposición retrospectiva sobre o homenaxeado no CEIP Aníbal Otero. Estará aberta de 13:00 a 14:30 e de 17:00 a 20:00 h.

14:00.- Xantar. A organización disporá dun servicio de catering tanto para o xantar como para a cea instalado no polideportivo municipal en no que se servirán menús que se poñerán á venda a prezos populares (25 ? o xantar e 6 ? a cea) para tódolos asistentes que queiran.
Pódense retirar as invitacións na sé da Asociación organizadora previo ingreso do importe na conta do Banco de Galicia de Meira 0097 8505 10 0600025507
O xantar consistirá nun menú tradicional galego a base de empanada, polbo á feira con cachelos, cocido, postre, pan, bebida e gotiñas de augardente.
O hotel Mirador de Barcia ofrecerá á familia Seivane e autoridades os mesmos menús, poñendo á venda o resto das prazas ata esgotar a capacidade do salón de banquetes.

17:00.- Actuacións:
? Grupo Os Carunchos patrocinada pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
? Asociación Cultural Cantigas e Flores de Lugo.

21:00.- Cea. Consistirá en paella, pan e bebida e o prezo será de 6 euros.

23:00.- Concerto de Susana Seivane.

00:30.- Sesión de fogos artificiais.

01:00.- Verbena a cargo da orquestra Marimba.




Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-08-2008 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Andanças 2008: XIII Festival Internacional de danças populares
Andanças 2008: XIII Festival Internacional de danças populares

Do 4 ao 10 de agosto
Em Carvalhais, São Pedro do Sul (Portugal)


Energias e sinergias entre Música, Dança e o Mundo

Como vem sendo nossa tradição, será possível aprender este ano no Andanças mais de meia centena de estilos de dança diferentes: este é o resultado das sinergias que se geram entre cidadãos do mundo ávidos de partilhar saberes.

O Andanças é um festival onde não se vem ver, vem-se fazer.

Tendo por base a cultura participativa, o Andanças é um festival de dança e música popular de todo o mundo, onde a aprendizagem cultural é ilimitada e transborda para outras áreas, em que quem toca e quem dança se junta para formar um colectivo que é muito mais que a mera soma das partes.

Os participantes têm oportunidade de, durante uma semana única de partilha, descoberta, convívio, relação com o outro, aprender ou experimentar a dançar, jogar, tocar, construir instrumentos e brinquedos tradicionais, passear pela serra, de se aventurar em novos espaços com pessoas diferentes (ou não) das que encontram todos os dias.

É também motivo para a realização de um (re)encontro anual entre músicos e bailadores vindos de toda a Europa, para que possam partilhar o seu trabalho uns com os outros e com um público alargado. A preocupação é, cada vez mais, incentivar a troca cultural: ?do festival para fora e de fora para o festival?, à qual se alia uma preocupação ecológica, mas também social, e que fará deste espaço comum um local mais rico para todos.

Durante o dia participa-se nas diversas oficinas de dança, música, artesanato, ou numa das actividades que levam à descoberta da Serra da Gralheira. À noite, baila-se.

As pessoas são convidadas a inventar o seu próprio programa, o seu próprio Andanças, dentro da diversidade que o caracteriza, criando uma experiência à medida de cada um.

O programa do Festival Andanças reflecte na sua essência os objectivos da associação, ao contemplar numerosas actividades que são propostas aos participantes com um carácter marcadamente formativo, mas trabalhadas de forma livre e descontraída.

Esquema diário do programa

Início da manhã:
Aulas de Meditação, Concentração e Aquecimento

Meio da manhã:
Oficinas de Dança, Passeios na Serra, Actividades para Crianças, Desportos, Ofícios Tradicionais na Aldeia

Tarde:
Oficinas de Dança, Actividades para Crianças, Construção de Instrumentos, Malabarismo, Teatro de Rua, Percussão, Pintura, Canto Tradicional

Fim de Tarde:
Aulas de Meditação e Relaxamento

Princípio da noite:
Concertos na Capela, histórias e canções para crianças e cantigas à fogueira. Teatro.

Noite:
Bailes em vários palcos em simultâneo.

Pela noite dentro:
Espaço aberto à improvisação musical. Fogueira de Histórias.


Programa completo

www.pedexumbo.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-08-2008 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Dez días para escoller a canción do verán 2008
Poderase votar até o 13 de agosto. A canción con máis apoios levará o premio do público, mentres que o xurado fará igualmente a súa escolla.

As once cancións do verán galego

Esta é a aliñación de luxo que presentan Vieiros e o A Polo Ghit 2008:
-Chuliboy (Projecto Mourente),
-O reguetón de Maruxa (Joselito),
-Quero ver como te ris (Medomeda),
-Himno da crocha (Jabón Blue)
-Vin en caiuco (Pulpiño Viascón),
-Arroz, da Banda Potemkin;
-Licor café, de Skándalo GZ;
-Planeta 19, de Boy Elliott & The Plastic Bags;
-Punteirolo pola escuadra, de Trapos sucios;
-Os dous amigos, de Roger de Flor;
-Quente, de Sínefres.


Son as once finalistas da terceira edición do concurso, que escollerá a canción do verán en Galiza.

Dende este sábado ao mediodía os lectores xa están votando polas súas cancións favoritas, e en menos de 24 horas xa se rexistraron máis de 300 votos. As votacións rematarán o 13 de agosto ás 0.00 horas e tres días despois, o sábado 16, o programa Extrarradio da Radio Galega e Vieiros darán a coñecer o nome do grupo ou solista gañador do A Polo Ghit deste ano.
A canción con máis apoios levará o premio do público, que se entrega por vez primeira, mentres que o xurado fará igualmente a súa escolla. O tema seleccionado polo xurado representará a Galiza no Liet Lavlut, o festival europeo da canción en linguas minorizadas, que se celebrará o 18 de outubro en Luleå, capital da Laponia sueca, organizada pola comunidade Sámi, gañadora do anterior certame.

www.vieiros.com

Apologhit08
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-08-2008 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Bricadeira 2008 (Ordes)
Os días 8 e 9 de agosto en Ordes vai arder troya có Festival BRINCADEIRA´08:

-Machina
-O Chícharo Psicótico
-Amparanoia
-Obrint Pas
-Che Sudaka
-Def Con Dos
-Krakovia
-Los Coronas

e máis artistas por confirmar; con Festival de VideoClips, Feira de Mostras, Arte na Rúa, Acampada... e todo DE BALDE!!!

Este ano apostan de novo pola vangarda artística, máis alá das actuacións musicais, contando con diferentes actividades relacionadas co mundo das artes, todas e cada unha delas gratuítas: graffiti, deseño, street art, audiovisuais, tattoo, moda..., daranse cita en diferentes localizacións da vila de Ordes os días 8 e 9 de Agosto.

FESTIVAL DE VIDEOCLIPS

Os videoclips son un xénero tan sorprendente como pouco representado na maioría dos festivais. En BRINCADEIRA´08 disfrutaremos coas obras de novos creadores, amosando tamén diferentes pezas clásicas do audiovisual galego.

Participa, envíanos os teus videoclips!
Descarga as bases!

8 AGOSTO: 17:00 / 20:00 Exhibición de Videoclips.
9 AGOSTO: 17:00 / 20:30 Exhibición e entrega de premios.

www.komunikando.net

www.brincadeiraordes.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-08-2008 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Muimenta Rock 2008 (Sobrada-Tomiño)
O Venres 8 de Agosto no Campo de Fútbol de Sobrada e a partir das 23:00hs. comezará o Muimenta Rock 2008.

Os grupos que estarán este ano serán:

-Zënzar
-Ruxe-Ruxe
-Leyendas
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-08-2008 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Festival CasteloRock 2008 (Muros-A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-08-2008 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0