Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival Vikinsons 2013 (Catoira)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-07-2013 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
XIV Festival Folk de Fornelos de Montes
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-07-2013 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
XX Mostra de instrumentos tradiuicionais de Pardiñas (Guitiziz)

Programación da XX MOSTRA DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS DE PARDIÑAS 2013

Esta mostra, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, é unha das máis antigas da península, e congregará este ano a máis de 30 artesáns que mostrarán o seu traballo durante os días 3 e 4 de Agosto no marco incomparable do Festival de Pardiñas (Guitiriz - Lugo).

Nesta edición temos novidades!!!! Entre elas importantísimos sorteos de instrumentos musicais e outros agasallos!!!!

Sabado día 3
17.00h – Apertura da Mostra.

- Sorteo

17.30h – Pregón a cargo de Pablo Quintana.

18.00h – Actuación de Pablo Carpintero: “Repertorio antigo de Pontevedra interpretado coas gaitas deManuel Villanueva doMuseo de Pontevedra”.

18.45h – Sorteo

19.15h - Concerto de Maghúa presentando o seu traballo “Corricán”.

20.30h - Concerto do trío La Guareña ( Asturies): “Camín de occidente a oriente asturiano”.

21.15 h – Obradoiro de Treboada - Oli Xiraldez.

Domingo día 4
11.30h – Apertura da Mostra.

- Sorteo

12.30h – Concerto Luis Mondelo e Rafa Busto (O Bierzo): “O Bierzo, terra de tamboriteiros e gaiteiros”.

13.30h - Presentación do Guieiro dedicado a Xosé Seivane

17.00h – Demostración práctica de construcción de palletas – Jaime Pena

- Sorteo.

18.00h – Obradoiro de Baile tradicional – Xiao e Davide de Magúa.

19.00h – Actuación do grupo Os Raparigos.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-07-2013 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Iª Xornada dos Obradoiros Maghúa de Folclore Galego (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-07-2013 11:48
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Interceltico de Lorient

Do 2 o 11 de Agosto celébrase na localidade Bretona de Lorient a 43 edición do Festival Intercéltico.

Como é costume, cada ano adícase a un país celta, e nesta ocasión será Asturias. Durante os 10 días de duración, pasan polo festival 4.500 artistas cunha afluencia dun millón de espectadores.
Este ano Galicia estará representado polo gaiteiro Anxo Lorenzo, os grupos folk “Linho do Cuco” e “Taghaitai”, a Banda de Gaitas de Forcarei, a A.C. Traspés de Vigo, e os gaiteiros Xesús Rodriguez Callejón, Jesús Sánchez Ascariz, Ismael García del Río e Lois Prado Fernández, participantes no prestixioso “Trofeo Maccrimmon”.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-07-2013 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 29 (Luns)

Terza feira 30 (Martes)
• Donaire no xardíns de Méndez Nuñez (A Coruña) ás 20:30 Suspendido

Corta feira 31 (Mércores)
• Roi Casal no Auditorio Municipal da Xuventude de Cambados ás 22.00 Adiado

Quinta feira 1 (Xoves)
• Primordiais na adega Martín Codax (Cambados) ás 20:30
• Sés e Aid nos Xardíns da Deputación de Lugo ás 21:00
• Abóbriga en Baiona ás 23:00

Sexta feira 2 (Venres)
• Festixeve(Xeve-Pontevedra): Pandeiromus e Sonoro Maxín
• Festival do Ludnasad (Bretoña): Zurrumalla, Quempallou, Guintervan
• X Castelo Rock (Muros): Reincidentes, Banda Fura Fura, Zenzar, The Skarnivals,...
• Festival Sonrías Baixas(Bueu): Dakídarria, Enemigos, Talco, Agoraphofia,...
• Cantares Gallegos no xardíns de Méndez Nuñez (A Coruña) ás 20:30
• Gustavo Almeida nas ruinas de Santo Domingo (Pontevedra) ás 22:00
• Orquestra Gharbo! na praza do Concello de Carballo ás 22:30
• Repichoca de verán na Rebusca (Manzaneda)

Sábado 3
• XIV Festival Folk de Fornelos de Montes: Ardentía, Algaravía e a Banda de gaitas de Fornelos de Montes
• Vikinsons 2013 (Catoira): Ruxe-Ruxe, Noite Fechada, La calle del ruido
• X Castelo Rock (Muros): Lendakaris Muertos, O´Funkillo, Chotokoeu,...
• Festival Sonrías Baixas(Bueu): Toy Dolls, Boikot, Foxy Freire,...
• Festa da carballeira (Zas): Xabi Aburruzaga, Berrogüetto, Lurte e Rua Macmillan
• Festival de Pardiñas (Guitiriz): Bloquinho de Xermolos, Coanhadeira, Harmonica Creams, Tara e Dios Ke Te Crew
• Marful nas ruinas de Santo Domingo (Pontevedra) ás 22:00
• Luar na Lubre en Melide no Cantón de San Roque ás 23:00
• I Serán na carballeira de San Xusto (Cotobade)
• Serán solidario en Toutón (Mondariz)

Domingo 4
• Festival de Pardiñas (Guitiriz): Taquikardia, Peter Punk, Os Minhotos, Susana Seivane, Skarallaos, Mr. Fishman (Dr. Think)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-07-2013 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Serán solidario en Toutón (Mondariz)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-07-2013 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán na carballeira de San Xusto (Cotobade)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-07-2013 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación da Orquestra Gharbo! (Carballo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-07-2013 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Noites de agosto nas Ruínas (Pontevedra)
Os días 2 e 3 de agosto as Ruínas de San Domingos acollerán o ciclo de música Noites de agosto nas Ruínas, organizado polo Museo. Os concertos comezarán ás 22:00 h e a entrada será libre ata completar o aforo.

O venres 2 actuará Gustavo Almeida, cantante e compositor de orixe brasileira

O sábado 3 será o grupo Marful quen nos deleite coa súa actuación. Marful é un dos grupos máis recoñecidos da música galega na última década. Os seus compoñentes son Ugia Pedreira (voz) , Marcos Teira (guitarra), Pedro Pascual (acordeón diatónico) e Pablo Pascual (clarinetes).
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 29-07-2013 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
A Rebusca en festas (Manzaneda)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-07-2013 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
XVII Festa do Lugnasad (Bretoña)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-07-2013 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
XXXIV Festival de Pardiñas (Guitiriz)
VENRES, día 2:

Ás 18.00;Taller de batukada co Bloquinho de Xermolos.
Ás 19,30:Festival de videos musicais, presentados polos directores: "Soro da verdade"
de Tonhito de Pol, "Terra" de Dakidarria, "A lus do mundo" alumn@s do Ies de Guitiriz, "Abaixo e de Pé" de Garcia MC,"Zinfonia" de Kamy
As 21,00: Batukada ata o Campo da Feira dos alumn@s do Taller e Bloquinho
As 21,30: Teatro no Campo da Feira: Menciñeiros de Volta e Dálle coa música de Mini e Mero

SABADO, día 3:
Ás 12,30: CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA polos bares de Guitiriz, os participantes e gañadores van ser agasallados con pezas conmemorativas de xermolos. Taller de batukada co Bloquinho de Xermolos o Pardiñas tamén é Gastronomia, porque a consideramos CULTURA NOSA, e este ano abrimos esta nova actividade. Os bares van ofrecer estes días unha nova tapa: "Bolo pardiñeiro", a base se aceite, xamón cocido, etc

Ás 16.00;
Apertura das exposicións de Pintura, Escultura, Fotografía, cerámica na CASA DAS ARTES DE PARDIÑAS. Son dúas salas nas que se mostra pintura e escultura de Marcos Lamas, Euloxio Penas, Lomarti, Valdi, Xan Amil, etc. Exposición monográfica das ferramentas antigas de carpintería.
Mostra Extraordinaria de Fotografía sobre Díaz Castro no Festival de Pardiñas, a cargo de Xan Muras, na Casa das Artes.
Comezo da Mostra do XXXIV Certame de Debuxo Infantil,

Ás 17.00; Apertura da XX Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, son dúas xornadas nas que se estudia o universo da música tradicional por artesáns, investigadores, intérpretes, etc.
Pregón da Mostra de Artesáns a cargo dun músico representativo da nosa terra.
Entrega dos premios dos Cantos de Taberna
o Entrega dos premios do XXXIV maratón de Guitiriz
o Obradoiro de Regueifas
Obradoiro da danza tradicional

Ás 19.00; Primeiro concertóo de música tradicional no palco deste espazo.

Dende ás 21.00 – 04.00;Primeiro Festival de música, no esceario principal:
cos grupos :
Bloquinho de Xermolos (21:00) GALIZA
COANHADEIRA (22:00) GALIZA
HARMONICA CREAMS (00:00) XAPÓN
TARA (02:00) CATALUNYA
DIOS KE TE CREW (03:00) GALIZA


DOMINGO, día 4:

Ás 11.00:
Apertura da Feira de Libros de Xermolos
Apertura das Exposicións XXXIV Mostra de Artesanía, de artes plásticas,
cerámica, fotografía na Casa das Artes

Dende ás 11.30-13.30:
Escenario libre para músicos espontáneos na Mostra de Artesáns de Instrumentos de Música Tradicional.

Ás 12.00:
Obradoiros, seminario de baile tradicional.
HOMENAXE A XOSE SEIVANE, 1º Pregoeiro da mostra de Artesanía, de hai 20 anos, coa presentación do Guieiro nª 14, no que participan máis de 100 músicos, escritores, artesáns, gaiteiros, etc

Ás 13.30:
Concerto da Coral De Xermolos na Igrexa de Santo Domingo.
Merendas en todo o recinto do Festival amenizadas polo Fanfarria TAKIKARDIA.
Dende ás 16.00-21.00:
Concertos no esceario libre de músicos espontáneos
As 16:30: Actuación de PETER PUNK para nenos e nenas
As 17:00: Obradoiro de baile tradicional
Taller de percusión brasileña
Äs 18.00: Pregón do escritor, XOSE VAZQUEZ PINTOR
Ás 18.30: Entrega polos escritores e creadores de lotes de libros como premios do XXXIV Certame Terra Chá de Literatura e Debuxo Infantil.
Ás 19.00: Concerto de música tradicional dentro da XX Mostra de Artesáns.
Dende ás 20.00 – 22.00: Escenario libre de músicos espontáneos.
Dende ás 22.00 – 03.00: Segundo Festival de música, no esceario principal, con grupos :
OS MINHOTOS (20:00) GALIZA
SUSANA SEIVANE (22:00) GALIZA
SKARALLAOS (00:00) GALICIA
MR, FISHMAN AKA DR. THINK & MIKE ROLLING (01:30)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-07-2013 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
XXX Festa da Carballeira (Zas)
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-07-2013 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Castelo Rock 2013 (Muros)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-07-2013 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
Actualización
Quinta feira 25 (Xoves)
• Narf e Os Perucos na festa de CxG (Compostela) ás 20:00 Suspendido
• Os Resentidos en Compostela na Praza da Quintana ás 22:00 Suspendido
• Festigal en Compostela no Campus Sul: Habelas Hainas, Os da Ría, Grampoder, García MC,... Suspendido
• Festival Armadiña Rock (Combarro): Ataque Escampe, Som do Galpom e Champurrada Adiado
• Treixadura na Pza. do Concello de Baiona ás 23:00 Adiado

Sexta feira 26 (Venres)
• Xornada de Folclore (Compostela): Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar e Ultreia ás 21:30 na praza da Quintana Suspendido
• VI Festival Antrospinos (Taragoña-Rianxo): Sacha na Horta, La Gran Orquesta Republicana, Figli di madre ignota,...
• Festival intercéltico do Morrazo (Moaña): Milladoiro, Outra vaca no Millo Adiado
• Das Kapital e Camarada Nimoy no Liceo Mutante (Pontevedra) Adiado
• Treixadura na Pza. de Combarro (Poio)

Sábado 27
• Desfile de traxes tradicionais en Compostela ás 10:30 e ás 19:30 Suspendido
• Tiruleque en Monterroso Adiado
• Ultraqans en Santiago de Cangas (Pantón)
• Liska en Lira (Carnota)
• The Homens e Samesugas en Compostela ás 13:00 no Zona C Suspendido
• VI Festival Antrospinos (Taragoña-Rianxo): A Compañía do Ruído, Familia Caamagno, Chotokoeu, La Troba Kung-Fu,...
• Festival intercéltico do Morrazo (Moaña): Treixadura, Os Perucos Adiado
• Festixeve (Xeve-Pontevedra): Pandeiromus e Sonoro Maxín Adiado
• Tonhito de Poi na Praza da Alameda de Gondomar ás 22.00 Adiado

Domingo 28
• Festival Armadiña Rock (Combarro): Ataque Escampe, Som do Galpom e Champurrada
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-07-2013 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Loito na nosa terra
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 25-07-2013 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Certame Folk A Voz de Galicia (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2013 20:41
# Ligazón permanente a este artigo
XXIX Festival Intercéltico do Morrazo (Moaña)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-07-2013 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Festa de CxG en San Domingo de Bonaval (Compostela)

Xoves 25 de xullo, día da Patria Galega

9:30 Apertura recinto.

10:00 Música ambiental no escenario

11:00 á 13:00 Apertura da zona infantil con Inchables. Animación de
Xogos varios ( globoflexia, maquillaxe, xogos con paracaídas, con
pelota…)

12:00 Acto no Panteón de Galegos Ilustres. (ofrenda floral)

13:00 Acto político.

14:30 Xantar.

14:30 a 19:00 Actividades zona infantil con monitores de apoio.
Xogos tradicionais (chave, rá, pelouro, sacos, cordas saltar, cordas turrar…)

17:30 Música de taberna na carpa

18:30 á 23:00 Concerto e actuacións.

- Os Perucos (folk)
- Evaristo Calvo (monólogo)
- Narf (cantautor)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2013 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
Festigal (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-07-2013 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do IX Jornada de Rebeliom Juvenil (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2013 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival do Povo (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-07-2013 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Antrospinos 2013 (Taragoña-Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-07-2013 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Fraga (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-07-2013 19:26
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Arreaocabo (Celeiro-Viveiro)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-07-2013 19:24
# Ligazón permanente a este artigo
Armadiña Rock (Poio)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-07-2013 19:23
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 22 (Luns)

Terza feira 23 (Martes)
• María do Ceo na praza da Ferraría de Pontevedra
• II Certame Folc (Compostela): Tanto Nos Ten, Berroguetto e Os d´abaxio na Praza da Quintana ás 21:00

Corta feira 24 (Mércores)
• Festigal en Compostela no Campus Sul: Sés, A Quenlla, Nao, Festicultores,...
• II Festival do Povo (Compostela): Os da Ría, Vicky Polar, Gendebeat, Labrgos do tempos dos Sputniks,...
• Festival do IX Jornada de Rebeliom Juvenil (Compostela): Os Tres Trebóns, Fracasados de antemano, Rebeliom do inframundo,...
• VIII Festival Arreaocabo (Celeiro-Viveiro): Terbutalina, The Lakazáns, Miguel Costas,...
• Festa da Fraga (As Pontes): Mercedes Peón, Quempallou, Guezos, Bastards on Parade
• Treixadura no Paseo do Espolón (Padrón)
• A Requinta da Laxeira en Sargadelos (Cervo)
• Oscar Ibañez na Praza do Concello de Baiona ás 23:00
• Foliada de Donón (Bueu)

Quinta feira 25 (Xoves)
• Narf e Os Perucos na festa de CxG (Compostela) ás 20:00
• Os Resentidos en Compostela na Praza da Quintana ás 22:00
• Festigal en Compostela no Campus Sul: Habelas Hainas, Os da Ría, Grampoder, García MC,...
• Festival Armadiña Rock (Combarro): Ataque Escampe, Som do Galpom e Champurrada
• Treixadura na Pza. do Concello de Baiona ás 23:00

Sexta feira 26 (Venres)
• Xornada de Folclore (Compostela): Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar e Ultreia ás 21:30 na praza da Quintana
• VI Festival Antrospinos (Taragoña-Rianxo): Sacha na Horta, La Gran Orquesta Republicana, Figli di madre ignota,...
• Festival intercéltico do Morrazo (Moaña): Milladoiro, Outra vaca no Millo
• Das Kapital e Camarada Nimoy no Liceo Mutante (Pontevedra)
• Treixadura na Pza. de Combarro (Poio)

Sábado 27
• Desfile de traxes tradicionais en Compostela ás 10:30 e ás 19:30
• Tiruleque en Monterroso
• Ultraqans en Santiago de Cangas (Pantón)
• Liska en Lira (Carnota)
• The Homens e Samesugas en Compostela ás 13:00 no Zona C
• VI Festival Antrospinos (Taragoña-Rianxo): A Compañía do Ruído, Familia Caamagno, Chotokoeu, La Troba Kung-Fu,...
• Festival intercéltico do Morrazo (Moaña): Treixadura, Os Perucos
• Tonhito de Poi na Praza da Alameda de Gondomar ás 22.00

Domingo 28
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2013 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 19 (Venres)
• X Festival Revenidas (Vilaxóan): Ruxe Ruxe, Zenzar, Ultraqans, Banda Fura Fura, Obrint Pas,...
• Moxenas Musical Galego en Salceda de Caselas ás 22:30
• II Foliada de verán en San Vicente de Trasmañó (Redondela)

Sábado 20
• X Festival Revenidas(Vilaxóan): Os Diplomáticos de Montealto, Fermín Muguruza, A Compañía do Ruido, O Caimán do río Tea, Martelo,...
• Festival da Chaira (Baltar-A Pastoriza): Zenzar, Milesios, Skandalo GZ, Son do Galpóm,...
• Concerto pola Soberanía (Ribadeo): Arenga, Skohlma, Carmen Rodríguez
• Festaberta BNG (Fene): Ultraqans, Familia Caamagno, Estimaba que viñeras, Tremebundos
• Chotokoeu e Nao no Carballiño ás 22:00
• Das Kapital no Mardi Gras ( A Coruña)
• Heredeiros da Crus en Betanzos
• Noitarega no peirao de Moaña á 22:30
• Roi Casal bo peirao de Arcade (Soutomaior) ás 23:00
• Encontros culturais en Chapela (Redondela): Mini e Mero, Orfeón mariñeiro do Berbés ás 21:30
• Serán e IV Festival Illa de San Simón (Redondela): Tanto Nos Ten, Pelepau
• Esmorga Popular en Sarria

Domingo 21
• Urbano Cabrera con Abóbriga na Praza do Concello de Baiona ás 23:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-07-2013 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Memorial Lola Diz (Moaña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-07-2013 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
Revenidas 2013 (Vilaxoán-Vilagarcía de Arousa)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-07-2013 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
X Festival Carneiro ao espeto (Moraña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-07-2013 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros culturais en Chapela (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-07-2013 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto "Non sen o noso nome"
UN ANO MAIS “OS CHICHISOS” FACEMOS UN CHAMAMENTO ÓS GAITEIROS GALEGOS, POLA DIGNIDADE:“NON SEN O NOSO NOME”

Este é un chamamento a tódolos gaiteiros do país, ós bardos da Tribo Aturuxo, á confradía do bombo, do tamboril e da gaita, á voz do pobo e da nosa alma. Un chamamento para que calen tódalas gaitas da Nazón de Breogán namentres os gaiteiros da nosa terra non reciban o trato digno que merecen. Un berro ós nosos irmáns do fol para que se neguen a tocar en toda festa, romaría ou foliada onde non apareza dignamente recollido no cartel da festa o seu nobre nome de gaiteiros.

Rematemos co anonimato no país das gaitas.

Xa o dicía o mestre don Ricardo Portela, igual que figuran o nome das orquestras ou dos patrocinadores ten que aparece-lo dos gaiteiros; e se non, non tocamos.
Estamos fartos de escoitar nos medios, de ler nos xornais ou de ver nos carteis de festas frases de menosprezo como “actuará un grupo de gaitas”, “haberá animación musical”, “tocarán uns gaiteiros” ou “haberá música de gaitas”. Non admitamos este degradante xeito de referirse á respectable actuación dun grupo de músicos tradicionais cun nome propio e un traballo, esforzo e ilusión detrás dese nome. Como di o noso himno; os tempos son chegados e agora que chega o verán e o país estoupa en milleiros de festas é o momento de que digamos NON.NON sen o respecto que merece todo músico tradicional, NON sen o trato digno que se lle debe á nosa música, NON mentres o traballo do gaiteiro non sexa recoñecido como merece selo a figura máis representativa da nosa cultura e da nosa Terra.

NON tocaremos se non figuramos no cartel.

Irmáns da gaita, compañeiros da foula e a brincadeira, fillos da noite no muíño, pola dignidade da nosa música berremos sen medo: NON SEN O NOSO NOME!!!

Os Chichisos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-07-2013 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso "Vas sacar nota" na Radio Galega

Benvidos a unha nova edición do VAS SACAR NOTA?, e xa van catro!
Este ano, de novo, a Radio Galega vai facer unha forte aposta polos músicos galegos buscando a nosa canción do verán. Agardamos as vosas propostas musicais dende XA, sempre tendo un ollo no aire desenfadado, a alegría e o bo roio que transmite esta época do ano. Podedes consultar as bases neste mesmo blog do VAS SACAR NOTA?
Este ano temos dúas categorías de premios: Canción do Verán: Premio do Xurado e Canción do Verán: Premio á Popularidade (Premio do público), este último determinado pola suma total dos votos recibidos a través da web, dos SMS e das chamadas telefónicas.

Agardamos as vosas propostas. Debedes enviarnos os temas (tede en conta que a calidade será fundamental; os formatos de audio comprimido terán que ter un Bitrate mínimo de 256kbps e os formatos nos que admitiremos os temas son MP2, MP3 ou WAV), unha foto do grupo ou solista, a letra da canción e unha pequena biografía do grupo a vas-sacar-nota@crtvg.es.

Tedes ata o 22 de xullo (incluído) ás 23:59 h. para facernos chegar as vosas cancións do verán, que por suposto serán radiadas durante estas semanas en varios programas da Radio Galega e de Radio Galega Música. Se o preferides, podedes mandarnos o tema en CD, coa foto, a letra e a biografía por correo postal ao seguinte enderezo: VAS SACAR NOTA? Programa Somos quen. Radio Galega. Bando. San Marcos S/N 15820 Santiago de Compostela. IMPORTANTE!: se mandades as cancións por correo ordinario deben ter como data límite de saída o 15 de xullo!

Cando se vaia achegando o final da FASE DE RECEPCIÓN, anunciaremos tanto vía web como na radio, o comezo do prazo de votacións.

Damos o pistoletazo de saída a esta edición 2013 do VAS SACAR NOTA? Que comece a música!!!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-07-2013 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer