Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán de Figueiras (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-07-2011 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
XII Romaría Galega (A Pontraga - Tordoia)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-07-2011 18:13
# Ligazón permanente a este artigo
III Foliada de Donón
Mañá sábado 23 de xullo vaise celebrar en Donón, parroquia do Hio (Cangas) a terceira edición da súa foliada do Día de Galicia. As actuacións principiarán ás sete da tarde cun pasa rúas a cargo da charanga Treboada do Gato. Unha hora despois terá lugar o Concurso de Tortillas, “de patacas, setas, estrume e o que se vos ocorra, que non sexa velenoso”, amenizado pola agrupación Sons do Muiño.

Ás dez da noite dará comezo a foliada en si, coa música dos seguintes grupos: Abaladoiro, Volandeiras, Punkis da Tellada, Sons da Eira, Sachadiso e Ludovaina

www.xeadodetoxo.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-07-2011 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas e Agarimos presenta nova gala en Padrón

A AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA CANTIGAS E AGARIMOS PRESENTA O SÉU NOVO ESPECTÁCULO "LELA"

Sábado 23 de xullo de 2011 ás 23h
Praza de Macías, Padrón (A Coruña)


A obra Os vellos non deben namorarse, de Castelao, serve de fío conductor á nova gala de Cantigas e Agarimos.

Cantigas e Agarimos quere rendir homenaxe a todos e todas as persóas que en xullo de 1961, fixeron posible aquela primeira representación, fóra de América, da obra de Castelao. Neste espectáculo, mais de 80 persoas tentarán trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames

O 25 de xullo de 1961 o grupo de teatro de Cantigas e Agarimos, dirixido por D. Rodolfo López-­‐Veiga, puxo en escena por primeira vez en Galicia a obra de Castelao, Os vellos non deben de namorarse. A parte musical da obra, dirixida por D. Rosendo Mato Hermida, incluía entre outras,­ a peza Serenata de Boticarios, máis coñecida co título de Lela.

Neste ano 2011, no que celebramos o noventa aniversario da Agrupación e cúmprense 50 anos daquela primeira representación fóra de América da obra de Castelao, Cantigas e Agarimos presenta a gala Lela, en lembranza e homenaxe a todos e todas as que, no seu día, fixeron posible aquel acto senlleiro da cultura galega.

Este é o fio que serve as diferentes seccións de Cantigas e Agarimos (coral, instrumental, grupo de baile e pandeireteiras) para presentarnos un espectáculo de calidade, no que mais de 80 persoas tentan trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames. Baile, musica, vestiario, pinceladas de teatro... todo un despregue visual e sonoro que non te deixará indiferente...

Biografía
A Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela fundouse nesta cidade no ano 1921, sendo, polo tanto, a máis nova das catro agrupacións históricas do folclore galego.

Dende entón Cantigas e Agarimos, vén traballando arreo na recuperación, conservación e transmisión dalgunhas das formas máis entrañables da cultura tradicional galega, como son a cantiga, a música, o baile e o traxe tradicional.

A través das súas seccións: coral, gaiteiros, grupo de baile e pandeireteiras (e antigamente grupo teatral), Cantigas e Agarimos non deixou nunca de ocupar postos privilexiados nos eidos do folclore e así o acreditan os numerosos premios acadados ao longo da súa traxectoria e as referencias dos historiadores da cultura galega.

Ademais dedica un importante traballo á promoción do baile e da música popular entre os rapaces, por medio da Escola da Muiñeira, Gaita e Pandeireta, Concurso de Baile e Música, Día da Muiñeira e a publicación da revista Algalia.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2011 18:09
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de gaitta armada con María Manuela na Gentalha do Pichel (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2011 18:07
# Ligazón permanente a este artigo
Os Viqueiras presentan disco na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2011 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
Skandalo GZ na Casa da Triga (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2011 18:04
# Ligazón permanente a este artigo
Kallaikoi en Baiona
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2011 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
I Encontro da Mocidade Rebuldeira (Teo)
Lecer, debate e festa no I Encontro da Mocidade Rebuldeira

A comarca de Galiza Nova de Compostela organiza o I Encontro da Mocidade Rebuldeira, un acto que se vai celebrar o vindeiro sábado 23 de xullo no concello de Teo.

Segundo o responsábel comarcal de Galiza Nova, Roberto Pardal Coca, "queremos que este encontro se celebre todos os anos na comarca e se convirta nun espazo para que os mozos e mozas e os que non o son tanto poidamos compartir as nosas inquedanzas, preocupacións e as nosas ilusións".

O Encontro comezará ás 19 horas no Resturante O Portico, en Teo. Neste primeiro encontro haberá actuación de contacontos, xogos populares, cea e un concerto co grupo O KE OH!, con outros grupos da comarca que estan comezando a súa andaina. Así mesmo terá lugar un coloquio sobre o "15-M e as novas formas de participación política" na que interviran, entre outros o Alcalde de Teo, Martiño Noriega. O prezo da cea será de 15 euros por persoa.

Para aqueles que o precisedes sairá un autobus dende a Praza Roxa de Santiago ás 18.15 regresando ao remate da Festa.

Para anotarse haberá que encher este formulario.

www.maisgaliza.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2011 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
Coanhadeira en Xinxo de Limia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2011 17:58
# Ligazón permanente a este artigo
I Certame Provincial de Canción de Taberna (Moaña)
O Var con Uve celebra desde o sábado o I Certame Provincial de Canción de Taberna

O Var con Uve de Moaña continúa co seu afán de recuperar as vellas tradicións de Galicia. O sábado 23 de xullo inaugúrase o I Certame Provincial de Canción de Taberna ás 22.00 horas. Se reunen dez grupos de diferentes puntos da provincia orientados á canción de taberna e á música tradicional galega. Inician o evento as cantareiras As Chaneiras, desde Marín, e o conxunto Os Tonys, procedentes de Vigo. As demais actuacións prolongaranse ata o 26 de agosto durante as noites dos venres, con excepción do día 29 porque se celebra o Festival Intercéltico

O Var con Uve de Moaña continúa de forma incansable co seu labor de recuperar a canción popular. Nesta ocasión é o escenario do I Certame Provincial de Canción de Taberna, que dará comezo o sábado ás 22.00 horas. As actuacións prolongaranse ata o 26 de agosto no mesmo horario pero trasládanse aos venres. A única excepción é o venres 29 de xullo porque Moaña estará a celebrar o Festival Intercéltico.

Cada día actuará un grupo con cancións de taberna e outro de música tradicional. En total participan 10 conxuntos procedentes de distintas zonas da provincia de Pontevedra. A inauguración do certame corre a cargo das "cantareiras" As Chaneiras, de Marín, e o grupo vigués Os Tonys. Tras unha semana de Intercéltico, o venres 5 de agosto actuarán o grupo Raigames de Vigo e Cantadores Tradicionais, un grupo de amigos de Meira. A testemuña recollerao o día 12 o Coro San Bartolomé, que estará acompañado por Chiruca, de Moaña. O Var con Uve amenizará a noite do venres 19 co grupo Un de Cada Casa, que vén de Teis, e o colectivo Barlovento de Moaña. Esta primeira edición do certame pecharase coa actuación dos moañeses A Tropa dá Tralla e o grupo Os do Lérez, de Pontevedra.

O obxectivo deste certame é conservar e divulgar a canción popular ou de taberna, tradición asentada nos anos 60 que aos poucos se ha ir perdendo. Segundo Cándido Pena, propietario do Var con Uve, a culpa tena a televisión porque "a xente quería escoitala nos bares e prohibiron cantar". O seu obxectivo é recuperar os bos momentos e a camaradería que se creaban nesas veladas. Por iso todos os grupos participantes levarán premios conmemorativos e produtos típicos de taberna, "porque ou importante é dar a coñecer este tipo de canción popular e, sobre todo, pasar un bo intre cos amigos".

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2011 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
XXXI Xuntanza Mariñana (Cambre)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2011 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Festival Carneiro ó espeto (Moraña)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-07-2011 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Rosalía e Castelao en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2011 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
X Festigal (Compostela)
O Festigal 2011 acolle decenas de actos literarios e musicais a modo de "escaparate" da cultura galega

Decenas de actos literarios, musicais e de reflexión comporán a nova edición do Festigal para o ano 2011, que acollerá entre os días 24 e 25 de xullo aos "principais grupos da música galega" e pretende consagrarse como "escaparate" da cultura propia de Galicia. Con dez anos ás súas costas e máis de 100 bandas de 15 países diferentes, esta nova edición presenta unha programación que versa sobre as diferentes expresións artísticas da comunidade galega, xunto con debate de actualidade social e política, ou presentacións de novidades literarias.

Sobre todo, participa "unha ampla representación de bandas galegas", como Ultrqns, Loretta Martin e Deus ke te crew, que actuarán o día 24 ás 11 da noite xunto aos portugueses Deolinda. Na xornada seguinte, será a quenda --a partir das 21.00 horas-- de Orquestra Os Modernos, Os Carunchos e Cé Orquestra Pantasma.

Por outro lado, a Galería central Letras e Ideas acollerá as presentacións das últimas obras de Gemma Fernández e José Antom Serém, Fernando Cimadevila, Antonio Gramsci ou Carlos Callón, cunha obra sobre defensa dos dereitos ling~ísticos e que contará con ao presencia do secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, ou Manuel Bragado, director de Edicións Xerais, entre outros.

Tamén contará coa presentación de Son Radiofusión, por parte de Henrique San Fiz, do libro 'entre a ciencia e a ética' de Teresa Moure, a Biblioteca H.P. Lovecraft, ou un relatorio sobre 'Nacións contra a involución no Estado', coa participación do deputado do BNG Francisco Jorquera ou o senador do PNV Iñaki Anasagasti.

DEBATES E FLOTILLA DA LIBERDADE
Na xornada do luns daranse a coñecer os libros de Andrea Nunes Brión ('Todas ás mulleres que fun'), Francisco Castro ('in viño Veritas'), Xavier Queipo ('Artico 2.0'' ou de Francisco Rodríguez, coa súa obra 'Rosalía estranxeira na súa patria'.

Este mesmo día, se celebrará dúas mesas redondas sobre alternativas a ao crise económica, coa presenza do secretario xeral da CIG, Suso Seixo ou Olaia Fernández Davila, do BNG; e sobre revoltas populares no Norte de Africa e Oriente Medio.

Yolanda Castaño participará, tamén presentando a súa obra 'Cociñando ao pé dá letra' e Fernando Corredoira fará o propio co libro 'Falar com Jeito', ademais de permanecer aberta ao público a exposición Estampas de Guerra de Castelao.

O Festigal 2011 contará tamén cunha Galería de Cultura Tradicional (Asociación de Gaiteiros Galegos), o lugar de café-concerto, un espazo de animación para os máis pequenos, ademais de galería artesanal e unha feira con representación de máis de 30 colectivos e asociacións, xunto con zonas de comida e tendas.

Un dos puntos destacados será a presenza dos galegos que formaron parte da II Flotilla da Liberdade que partiu rumbo a Gaza, cos testemuños directos de Moncho Boán, da CIG, e de Elvira Souto (Esculca).

VOLUNTARIADO
Na rolda de prensa de presentación, Xabier Macías, da fundación Galiza Sempre, destacou a continuidade ao evento a pesar de as redución presupostarias e a caída de achegas, grazas ao voluntariado desinteresado de numerosas persoas.

Ao respecto, Iria Aboi, de Galiza Nova, incidiu en que a súa organización mobiliza uns 200 voluntarios que traballan para permitir a súa celebración e por contar cunha programación cultural galega. Tamén presente no acto, un dos membros de Orquestra Os Modernos vai "importante" que se sigan organizando este tipo de eventos, sobre todo porque os profesionais culturais adoitan ser os primeiros a quen les "cortan ao cabeza" en tempos de crise.

www.galiciahoxe.com

Máis información:
Programa Completo do festigal 2011
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2011 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Rondalla e Festival de AMI (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-07-2011 17:39
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Briga (Compostela)
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-07-2011 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
1ª Festa da Patria en Pontedeume
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2011 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folk da Fraga (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-07-2011 17:33
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival do Lea (Castro de Rei)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-07-2011 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Karraskal Rock (Zamáns.Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-07-2011 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
Sargadelos Fusión (Cervo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-07-2011 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Arreaocabo (Celeiro-Viveiro)
www.myspace.com/festivalarreaocabo
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-07-2011 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Ponterock (Ourense)
PONTEROCK 2011
Entrada de balde

23 de xullo de 2011
Parque da Ponte Romana (Ourense)


- Recambios Tucho
- Derroche
- Bergallazo
- Acid Proyect
- Matxetazo Na Parrotxa
- Maco
- Colombo
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-07-2011 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Cabiria (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 21-07-2011 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
Safari Orquestra en Lugo
Hoxe xoves

Un ano máis volve o Cultura Aberta nos xardíns da Deputación Provincial de Lugo. Terán lugar todos os xoves desde o 21 de xullo ata o 4 de agosto. A primeira cita será a actuación de Safari Orchestra.

Estes xardíns resultaron un espazo polo que os lucenses levan suspirando moito tempo como lugar de esparexemento. Trátase dun espazo privilexiado, situado entre a Muralla romana e o edificio do goberno provincial, de propiedade desta institución, e de acceso restrinxido. Calcúlase que a estes xardíns acudiron na anterior edición desta campaña ao redor de 3.000 persoas, que participaron nas diversas actividades alí organizadas.

A entrada para o evento é totalmente de balde.







































Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-07-2011 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Sés na Coruña
O primeiro disco de Sés, a banda de María Xosé Silvar, preséntase hoxe xoves na Coruña

O disco titúlase 'Admirando a condición' e presentarase en concerto este xoves, 21 de xullo, no teatro Rosalía de Castro da Coruña. Está producido por Airparo, gravouse, mesturouse e masterizouse nos estudos Bruar, con David Paz, Nicolás Vieites e Javier Ferreiro á fronte dos traballos de gravación e produción e coa propia María Xosé Silvar, autora de todos os temas, supervisando os arranxos musicais. Encabezados polo single ?Rolling Stone?, son en total dez temas gravados con toda a banda, cos metais, os coros e a impoñente voz de Sés que conseguen un son dacabalo entre os ritmos americanos e a música latina. Admirando a condición conta cun undécimo corte extra gravado co formato acústico co que actuaron Silvar e Tito José Calviño nos meses pasados en bares e locais de toda Galicia. Canto á imaxe do disco, todo o deseño e as fotografías de 'Admirando a condición' están asinadas por Marcos Martínez, autor tamén da web www.mariaxosesilvar.com

Sés presentará Admirando a condición en directo o vindeiro 21 de xullo, nun concerto no teatro Rosalía de Castro con toda a banda. O concerto comezará ás nove da noite e as entradas xa están á venda: custan 8 (anfiteatro) ou 10 euros (platea) e pódense adquirir na billeteira da praza de Ourense (de luns a venres de 21:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30), no propio teatro Rosalía (só os días de función, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00) ou por telematicamente no teléfono 902-504-500.

SÉS

Dos coros africanos aos ritmos ska, do blues á pachanga, de Aretha a Janis, da Habana a Budapest? Sés é unha descarga de ritmos e sons cun denominador común: as boas vibracións. Unha banda de dez músicos con sección de vento e coros, un feixe de temas orixinais cantados en galego e unha vocalista que canaliza toda a enerxía do escenario: María Xosé Silvar, autora de todas as cancións, lidera Sés cun torrente de voz imposible, espontánea e chea do eclecticismo máis festeiro e bailable. Sés distribúese en tres formatos: formación completa (11 músicos), formación reducida (guitarra, baixo, batería e voz) e formato acústico, un plantexamento máis íntimo no que María Xosé Silvar presenta os temas de Sés ?desenchufados? acompañada do guitarrista Tito José Calviño.

MARÍA XOSÉ SILVAR

Formada na música e no baile tradicional, María Xosé Silvar é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social. En 2007 crea xunto a tres amigos Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso Acoruña Son, apadriñado por Santiago Auserón. Despois de máis de 30 concertos por toda Galicia con Chámalle Xis! e logo de colaborar con grupos coma Zënzar, AiraPro produce o primeiro álbume de María Xosé Silvar (ou Sés, como lle chaman ?na casa?), con temas propios e acompañada dunha banda de músicos profesionais. Un proxecto en feminino no que o carácter, a forza e a creatividade de María Xosé rompe o molde da muller na música galega.

SÉS, A BANDA

Os músicos que completan Sés son David Paz --que ademais de tocar o saxofón e o clarinete, é o produtor musical de SÉS e responsable, xunto con María Xosé Silvar, dos arranxos dos temas--, Tito José Calviño na guitarra, Pablo Cedeño no baixo, Miguel Queixas á batería, Jose Rodriguez no saxo, Moncho Ces á trompeta, Cristian Leggiero no teclado e Aixa Romay, Lucía Souto e Carla Álvarez nos coros.

COLABORACIÓNS

Ademais do traballo en Sés, María Xosé Silvar ten colaborado con outros grupos e artistas, dos máis destacados do panorama galego, como Zënzar ou Xabier Díaz: María Xosé canta con Bocixa un dos temas de ?A tribu?, o último disco da mítica banda rockeira de Cerceda. Trátase da peza ?Caneando ruainas?, escrita nunha antiga xerga empregada polos canteiros ourensáns. No caso do cantautor coruñés, María Xosé participou no último álbume de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, titulado ?Arrolos de Salitre?, interpretando unha fermosa nana, ?Caravel de mel?.

O DISCO "ADMIRANDO A CONDICIÓN"


En 2010, Sés gravou unha maqueta con tres temas (Tola atrás de ti, Admirando a condición e Se te vas), producida por Airapro. En xullo de 2011 edítase o primeiro disco de banda, titulado ?Admirando a condición? que se presentará en directo o vindeiro 21 de xullo nun concerto no Teatro Rosalía de Castro.

www.mariaxosesilvar.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-07-2011 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Curros Enriquez (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-07-2011 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
A muller, a mellor transmisora do canto tradicional
Non pretendemos caer en tópicos ao afirmarmos que a Galiza é un país 'lírico', oposto á España por que este é esencialmente 'épico', pois incorreríase en visións reducionistas da nosa cultura, aparentemente inocentes, mais dotadas dunha significación moito máis seria, tal e como desenvolve Azorín en "La música gallega", de 1931. Aínda así, coidamos que non debe de ser por un acaso que a obra que sitúa o país e a súa lingua nos postos máis destacados da literatura universal reciba o nome, precisamente, de Cantares gallegos, e tamén non debe ser considerado como produto da casualidade que fose unha muller, Rosalía, a que colocou a Galiza nese marco literario internacional. Igualmente, o feito de que outros autores decidisen baptizar os seus libros con idéntico nome, como é o caso de Roxelio Lois ou M. Leiras Pulpeiro, debe facernos pensar a relevancia que tiñan as manifestacións musicais orais na cultura galega tradicional. Así pois, parece evidente a importancia que tivo a música na vida cotiá das clases sociais menos favorecidas, pois foi durante séculos no mundo rural unha terapia liberadora de fortes tensións sociais: a dureza do labor, a emigración, a marxinaliza ción, a morte, a soidade... Inclusive, hai estrofes que fan referencia a eses neborentos estados de ánimo, en que os propios cantares axen como potenciais e únicos remedios, como o parecen verificar estas estrofes provenientes da Colección de J. Casal Lois: Eu non canto por cantar, / nin por gana qu'eu che teña / sô canto por aliviar / meu corazon qu'está en penas; Non pensedes, por que canto, / que canto con alegría; / canto por desfogar / tan solo as miñas peniñas; etc.

Nesas comunidades rurais en que se xeraron e se conservaron de xeración en xeración as estrofes tradicionais, a muller tivo unha importancia de primeira orde, pois nela arraizou (in)conscientemente a responsabilidade da transmisión e mesmo da creación da música e poesía orais. Parece como se a falta da cultura escrita e da alfabetización, vetadas secularmente para a muller na sociedade galega, fosen suplidas pola súa mestría neste tipo de literatura inicialmente ágrafa, sempre se admitindo a súa dedicación á lírica anónima mais a se descartar que, en xeral, puidese ter acceso aos libros; inclusive, existen varios cantares que, precisamente, fan referencia ao raro que era encontar na Galiza tradicional de hai un século unha rapariga que soubese ler e escribir: Válgame Dios que regalo, / unha nena saber lér: / é cand'o galán ll'escribe / saberll'éla responder (Colección de J. Casal Lois). E mesmo o grao de alfabetización e a vixencia da lírica tradicional parecen ter sido noutras épocas incompatíbeis, xa que alí onde chegou máis tarde a escolarización, isto é, ao mundo rural, foi onde se mellor conservou este tipo de manifestacion literaria, ao paso que nos ambientes citadinos foi onde primeiro comezou a deserción da literatura oral.

Mais, á marxe desta marxinalización da muller no ensino (e non só), a súa centralidade no proceso de manutención e xeración de lírica tradicional chamou a atención dos protagonistas do Rexurdimento. Temos aquí de salientar a este respecto, que xa M. Murguía, na súa Historia de Galicia de 1901, a se alicerzar en Sarmiento, puxo de relevo o papel das galegas como principais intérpretes e transmisoras do canto e da poesía anónima coas seguintes palabras: "en Galicia, son las mujeres las que inventan la música y la letra de sus cantares". Un outro escritor no Rexurdimento, A. González Besada, harmoniza na súa Historia crítica de la literatura gallega de 1887 coas impresións do bieito e de Murguía, o que vén redundar máis unha vez no grao de responsabilidade que tivo a muller na transmisión e xeración de lírica e música orais: "las mujeres [...] son según sabios autores cuentan, las inventoras de la poesía popular [...]. Por de pronto, bueno será hacer notar que cualquiera chicuela de nuestros días compone con natural desenfado una copla, que canta con especial tonillo, no bien está aderezada; y de la misma manera que rima sus pesares, pone en caricatura al que más ajeno está".

Doutro lado, existe durante un notábel número de cantares en que se facía referencia ao protagonismo na muller neste tipo de manifestación literaria, o que demostra, outra vez, a súa relevancia nese ámbito. Extraemos do cancioneiro de J. Pérez Ballesteros estas estrofes como mostra: A gracia de cantadora / perdina, triste de min, / sendo n-o monte pastora (Vol. I); Cantade, nenas, cantade, / qu'o voso cantar m'alegra; / s'o voso cantar non fora / xa n'-estaba n-esta terra (Vol. I); Axudádeme á cantare / rapazas d'a miña aldea, / axudádeme á cantar / xa qu'estóu en terra allea (Vol. III): Eu non podo cantar máis / qu'está o meu amor diante, / que me está cenando os ollos / que estóu ronca que non cante (Vol. III); etc.

Así pois, dada a centralidade das mulleres tradicionalmente no proceso de espallamento da literatura e da música anónimas, que inspirou comentarios e cántigas como os precedentes, non é raro que chamase tamén a atención dalgúns autores nados noutras latitudes da Península Ibérica, onde posibelmente non terían un papel tan relevante nesa transmisión oral. O xuíz español N. Tenorio, maxistrado andaluz que estivo destinado en Viana do Bolo a comezos do século XX, sorprendeuse de que as mulleres participasen constantemente nos labores agrícolas e que adoito o fixesen a cantaren; no seu interesante libro La aldea gallega, publicado orixinariamente en 1914, poden lerse fragmentos como estes, totalmente explícitos a propósito do protagonismo das galegas de hai cen anos nese particular: "casi siempre cantando, se las encuentra en los valles y laderas, unas veces conduciendo los bueyes y el arado; otras, extendiendo los abonos sobre la tierra [...]. Las xeitureiras siegan cantando, y lo hace la cuadrilla a coro; una de ellas entona la canción, las demás repiten los mismos versos o estrofa que cantó la primera, sin que por ello dejen de cortar la mies. Con las canciones populares de la xeitura podría formarse un libro no pequeño [...]".

Aínda que foron as mulleres, por tanto, as principais transmisoras de música e de literatura orais, pode chamar a antención como, falando de si propias ou do seu corpo, recorreron aos usos eufemísticos para evitaren ter de empregar palabras que a sociedade consideraba pouco apropiadas ou inacaídas para ese contexto en particular. Deste modo, as cantadeiras anónimas tradicionais souberon tirarlles rendemento, xunto a solucións lexicais, a certos elementos pronominais para omitiren, nun propositado xogo de reprobamento, a utilización das unidades lexicais 'politicamente incorrectas'. Así se observa nas cántigas seguintes, compiladas durante o século XIX, en que o clítico de acusativo serve para dar a entender o desexo de unión sexual: Eu pidinllo a unha nena, / qu'é do val de Viveiro; / respondeum'a picarona / que s'ha de casar primeiro (Poesía popular de Galica, compilada e editada por D. Blanco); Si queres, ben poderás; / si queres, ben pode ser, / eu botarcho unha noite / e teu pai non o saber (Poesía popular de Galica, de D. Blanco); esta mesma modalidade lírica fornécenos máis mostras en que, noutra ocasión, o pronome átono de acusativo se emprega para se non ter de utilizar un termo considerado inacaído, como o himen, infeliz símbolo, noutrora, das virtudes humanas da muller e da súa condición como 'persoa decente': Eu pidinllo a unha nena, / ela díxome que si; / pregunteill'ónde o tiña, / ela dixo: "mira ti" (Poesía popular de Galica, de D. Blanco); ¿Para que mo prometiche, / si non mo habías de dar? / Si eu a ti non te tivera, / fórame a outro lugar (Poesía popular de Galica, de D. Blanco); Eu pidinllo a unha nena / entr'os pés do tear; eu pidinllo, ela diumo: / nunca outro chegue a dar (PGA, II, 404).

A este respecto, e aínda que talvez non corresponda a estas páxinas reflectiren sobre estes particulares, parécenos pertinente repararmos nun fenómeno que, non sendo estritamente lingüístico, garda, de feito, relación coa linguaxe, coa sociedade galega en xeral e, máis concretamente, coas mulleres. Polos exemplos que expuxemos, salta á vista unha obviedade, cal é que moitas das interdiccións sociais teñen como protagonista o feminino, embora reducido a unha visión sexista e estanca da condición da muller; os xogos sinalados co clítico de acusativo con referencialidades fisiolóxicas e sexuais así o demostran. Naturalmente, non é culpa da clase pronominal desempeñar tales funcións, como tamén non é da responsabilidade da música e da lírica tradicionais, e menos aínda das súas transmisoras, serviren como testemuños do fenómeno, mais un e outro ámbito, o gramatical ou o dos pronomes e o das estrofes populares, son espellos dunha negadora visión masculina da sociedade, que, como era de esperar, se proxecta nas capacidades expresivas da lingua e nos recursos que posúe. As estrofes tradicionais, aínda a seren cantadas na súa maioría por mulleres durante os séculos XVII-XXI, non puideron fuxir desa situación, e é por iso que reflicten cunha notoria frecuencia eses exemplos de tabús e de eufemismos aplicados ao universo feminino, á súa condición sexuada e aos seus órganos fisiolóxicos.

Unha outra evidencia desa marxinalización da muller, tendo tamén a música e a literatura tradicional como protagonistas, ímola achar na creación dos primeiros coros. Con efecto, se partirmos da base de que a maioría dos documentos lingüístico-musicais provén das voces das galegas de fins do século XIX e dos primordios da centuria seguinte, chama a atención como algunhas desas agrupacións non contaban con ningunha voz feminina, cando menos nos seus inicios. Tal é o caso, por exemplo, do coro pontevedrés Aires d'a Terra, fundado en 1883 por Perfecto Feixoo, que non incluía incialmente mulleres entre os seus membros; as primeiras actuacións con integrantes femininas producíronse en 1908, co cal a gama das voces resultou notabelmente enriquecida.

Por último, á marxe da transcendente figura da muller como transmisora da lírica galega tradicional, non podemos deixar de comentar nestas páxinas que a outros colectivos socialmente tamén marxinalizados ou secundarizados das estruturas sociais, cal é o caso dos cegos, correspondeu igualmente desenvolveren un relevante papel nesa conservación ou xeración de textos e de música tradicionais. Aínda que a responsabilidade fundamental nesa sobrevivencia continuou a recaer no colectivo feminino, e a pesar de que outros grupos tamén tiveron un certo protagonismo nesa cadea transmisora, como é o caso dos arrieiros (de onde proveñen os 'cantos de arrieiro', cantos pausados de ritmo libre de extraordinaria beleza e de notorio arcaísmo melódico), houbo autores que salientaron as persoas invidentes, outrora relativamente numerosas, que percorrían os camiños galegos, como fixo en 1894 E. Portela Pérez no seu libro Notas discriutivas sobre as romarías en Galicia, non sen certa dose de ironía: "Son indispensabres en todal-as romarías de Galicia dous cegos que, por fortuna, non sempre o son: o que bota os monicreques debaixo d'a longa capa, roxa pol-a sua respetrabre edá, y-o que toca a zanfona. Iste últemo, acompañado d'o lazarillo, que sempre e un rapás d'o máis escachado, ou unha moza, âs veces bunita, cuya procedencia nadie coñece, recorren os grupos onde se xanta, a para todos teñen unha copra pendente dos lábeos [...]. Os improvisados trovadores agasallan e divirten a todos co-as suas âs veces oportunas e casque sempre chispeantes copras".

Como conclusión, pois, debemos salientar a grande importancia que tivo historicamente a muller na xeración e na transmisión do canto galego tradicional. Diversos autores así o ponderaron ao longo dos séculos XVIII-XX e, con efecto, non é para menos, pois aínda a día de hoxe resulta ser un feito que se constata con moita facilidade. Mágoa é, conforme comentamos aquí noutra ocasión, que na actualidade se dedique tanto esforzo a colixir estrofes vehiculizadas barbaramente en español ou en híbridos lingüísticos que atentan contra o idioma propio do país e contra os sinais identitarios deste, a literatura anónima entres eles.

XOSÉ MANUEL SÁNCHEZ REI

www.terraetempo.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-07-2011 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Mercedes Peón
Mercedes Peón volveu revolucionar a escena musical de Galicia co seu recente discó "Sós", unha intensa mestura coa que nos mergulla no seu concepto de música electroacústica. Sons á vez ancestrais e vangardistas fan que este traballo consiga entrelazar sólidas capas construídas a base de electrónica, instrumentos acústicos, sons e voces da cidade, todo iso envolvido por unha poderosa voz. Extrovertida e apaixonada polo seu traballo, Mercés Peón conta nesta entrevista todos os segredos de "Sós", á espera da súa actuación o próximo 21 de xullo no festival Os Veráns da Vila (Madrid).

Pregunta: O disco atráenos irremediablemente xa desde a portada: unha sobria caixa metálica na que só destaca o título en código Morse. Cal foi a formulación deste deseño?
Resposta: Cos títulos dos discos anteriores creei unha estética a través de sons preciosos do idioma galego, e ao chegar o cuarto disco intentei tamén crear unha palabra que tivese un concepto detrás. "Sós" é unha proposta artística tanto no deseño gráfico como no que hai dentro. A primeira impresión ao ler o código Morse podería ser que alguén está pedindo socorro, e con todo "Sós" é o branco nun fondo negro, o son do singular, do natural que se está afogando nun mar negro. É a luz que nos podería levar a un ecoloxismo total, a un equilibrio entre nós, que somos pura natureza, e o pensamento humano.

Este disco ten moitísimo máis que ver comigo mesma, é o máis urbanita. Durante varias xiras amplifiqué o son das cidades, gravadora en man. É unha experiencia que me encanta: amplifico o son e paseo cuns cascos escoitando todo magnificado. Esa obra electroacústica espontánea que xorde das cidades é o fío condutor que nos leva. Este é un traballo moito máis sistémico, que inclúe as miñas vivencias, ademais das culturas e cidades desta viaxe. Por exemplo, o tema "Sao Paulo" é un día de Mercedes Peón nesa cidade, onde estiven gravando os helicópteros, as persoas falando no metro. Tamén a miña experiencia en Marrocos ou no Radical de Barcelona están plasmadas aí.

P. Cal é o fío condutor neste traballo?
R. O fío condutor é a falta de prexuízos. Ningún tema ten unha estrutura estándar, non é rock, non é pop, non é folk. É unha obra electroacústica na que as palabras son a evidencia de singularidades e da beleza inmensa desas singularidades. O que fago son varias propostas que interactúan no mesmo momento, tanto a nivel musical como a nivel conceptual. Non podo definilo cunha palabra soa, porque son dous anos e medio deixándome levar por ese xeito de facer, manexando cinco, seis ou sete conceptos á vez.

Encántame coñecer as cidades a través do traballo, vou andando coa sensación de que aparecen músicas por todos lados.

P. Falemos un pouco das cancións. "Elas" une musicalmente ás mulleres galegas e magrebís e destila complicidade e solidariedade. Que ten de vivencia real?
R. Isto é unha vivencia real, tal cal, e menos mal que teño testemuñas, porque había un xornalista comigo. Cheguei a Marrocos nunha xira de cinco actuacións e fomos ao zoco de Rabat, que é precioso, case como ir a calquera mercado de Galicia. Había un señor vendendo pandeiras bereberes e compreille unha. Empeceina a tocar cantando "Elelé", un tema que fixen no primeiro disco, e a xente do zoco empezoume a acompañar con palmas e con todo o que tiñan a man. Eu púxenme a tocar a pandeira e a cantar como unha tola, e toda a xente do zoco levantouse e púxose a cantar Elelé comigo. Foi unha vivencia real. Ese pandeiro, co seu grave tremendo, é o que se escoita no tema, o que sustenta toda esa tolemia arreglística. En Casabranca, ía eu co meu camisetita e os ombreiros ao aire e cruceime cunha muller que levaba un yihab e só ía cos ollos á vista, pero cunha mirada, como di a canción, "tan intensa que parecía que ou tempo parábase, que volvía ou pasado". Imaxína a contraposición do aspecto. Entón cruzámonos unha mirada aos ollos moi poderosa, moi intensa, case coma se eu me recoñecése nela. A través da canción conto isto, coas miñas emocións e as miñas intuicións. Todo iso ao final vaise transformando en música.

P. "Sao Paulo" e "Babel" son dous temas fannos agudizar todos os sentidos. Que significan para ti?
R. Cheguei a Sao Paulo para tocar na Bienal e cando me levaron á habitación do hotel, nun noveno piso, apareceu un helicóptero na fiestra. Ao día seguinte preguntei e dixéronme que alí hai moitos empresarios que se desprazan de hotel a hotel en helicóptero. Entón, con esa impresión e a gravadora coa que ando por aí amplificando, saín á rúa. O material co que me atopei ao chegar a casa foi o son do metro, cousas da xente do meu grupo, o son dos helicópteros. Con ese material en casa fágome a miña obra electroacústica, primeiro sen música e logo a mestura con todo iso. É o meu imaxinario, a miña historia máis profunda nesa cidade. Encántame coñecer as cidades a través do traballo, vou andando coa sensación de que aparecen músicas por todos lados. En "Babel" hai un tratamento completamente electrónico da instrumentación percusiva acústica que eu se tocar: pandeiros, pandereitas, pandeiras grandes, latas de pemento. Con todo iso, pasado polo meu computador, ecualizado e comprimido, conseguín loops exactamente igual que se traballa na música electrónica. Nunha cea en Suecia coñecín a un home cunha voz alucinante, un empresario sueco de orixe exipcia. Cheguei a atreverme a porlle unha canción e encantoulle. Pedinlle que dixese o que quixese para gravarlle e empezou a falar en árabe. Eu non sabía o que dicía nin lle pedín a tradución, deixeille o espazo aberto. "Babel" é un tema que crea espazos abertos para mostrar certas partes da nosa construción humana, ese xeito que temos ás veces de aseverar cousas que están baseadas única e exclusivamente en prexuízos ou en clichés preconcibidos.

P. "Ciumes", o último tema do disco, enlaza de novo con "Sao Paulo" e "Babel".
R. Utilicei este tema para abrazar todo o disco. O tema está provocado por Margarita Ledo, por unha longametraxe documental ao que lle fixen a banda sonora, dúas horas e media de música. Era a primeira vez que me propuñan algo así e foi duro, pero bonito. Trata sobre o deber cumprido na derrota, sobre o xeneral Líster, ao que lle tocou defender a República cando o golpe de estado. Eu por suposto non vivín a Guerra Civil nin a posguerra e cando me expuxen isto tiven que ler moita historia sobre o que ocorreu en Galicia e no resto de España. Para min foi tremendo. Un día levanteime de madrugada coa emoción concreta do deber cumprido na derrota, logo de habela estado buscando durante meses. Este final tamén significa "eu fixen isto con todo o amor do mundo". Isto é o que puiden facer e estou contenta, sinto que fixen un traballo bo e regálovolo con todo o amor do mundo.

P. Estamos seguros de que entre Sihá, o anterior disco de 2007, e este non estiveches parada nin un momento. Que outras actividades e proxectos desenvolviches ao redor da música e a arte?
R. Estes tres últimos anos, como parte de Sihá, fixen o espazo sonoro para o Centro Coreográfico Galego, tivemos 35 actuacións por toda a península e logo realicei a banda sonora para Margarita Ledo. Este ano tamén fixen música para "Só 2", de Maruxa Salas, unha coreógrafa moi importante.

P. A túa discográfica cualifica o teu traballo como World Music nas súas follas de promoción, pero nos datos gravados no disco aparece como música tradicional. Que pensas desas etiquetas?
R. A música tradicional é a música creada colectivamente durante centos ou miles de anos en comunidade, sen ningún tipo de liderado, e que chega aos nosos días naturalmente e evolucionando. Polo tanto, unha compositora do século XXI en soidade nunca pode dicir que fai música tradicional. Levo 25 anos estudando e traballando coa música tradicional e pertencendo a ela, mesturándome cos seus códigos, e podo estar en calquera lugar de Galicia cantando e tocando, ata participando nesa creación colectiva, porque coñezo eses códigos. O que podo dicir é que nesta discográfica son uns tolos vangardistas. Tanto eles como esta compositora que acaba de entrar na súa discográfica, non nos movemos moito no sentido de pór etiquetas, ao contrario. A palabra "tradicional" é unha palabra moi manida que se utiliza sen coñecemento, porque nos lugares que avanzaron moito economicamente, a vivencia tradicional fai 100 anos que non existe. Eu creo que o que fago é música e xa está, gusta ou non gusta. En todo caso si creo que, como son unha música actual, é música de vangarda.

P. O feito de que sexa difícil etiquetarte nun estilo, pode pecharche portas en festivais ou pola contra ábreche maiores posibilidades?
R. Creo que se estou polo mundo tocando ten que ver con outros parámetros, co boca a boca, con que che viron nunha actuación ou que lles chegou o disco. Creo que as cousas móvense por outros camiños. A cuestión é que en todos estes anos non parei, paralelamente fago moitas cousas. Por exemplo, toco moito en Francia e fixen xiras de 10 actuacións por salas moi alternativas onde toca, por exemplo, un grupo de reggae e despois eu. Neses lugares o público está xa afeito escoitar singularidades de xente que está investigando continuamente e con moita formación musical. Comigo ocorre que son moi enerxética e se me chaman de festivais como o Sigre húngaro, que ten 35 escenarios, e nun está Alanis Morrisette, noutro Goran Bregovic e noutro Mercés Peón, é porque a proposta chámalles a atención, sen máis. Eu enténdoo e non teño ningún tipo de problema coas etiquetas, porque ás veces teñen que explicar quen es.

www.tierrafolk.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-07-2011 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Fermín da Insua no Alalá

Hoxe mércores ás 22:30

Internarse na historia de Fermín da Insua, tal é o obxectivo do “Alalá” de hoxe, para achegarse aos máis de sesenta anos que leva animando a vida dos seus veciños da Insua, en Ponte Caldelas, coa música da súa gaita. Tocaba en todo canto baile, entroido ou procesión había, que ata compuxo varias pezas que levan o nome da súa aldea alí onde soan. Agora, a piques de cumprir os noventa, continúa gozando cada vez que colle unha gaita como cando era un neno que, cheo de ilusión, construíu a súa primeira frauta coa cana dunha vasoira.

A pesar da súa avanzada idade, sorprende que Fermín aínda se mova como o fai cando interpreta unha peza e que continúe tocando con asiduidade cos seus dous compañeiros da alma, Antonio e Elías; por iso os músicos novos o queren e admiran tanto, pola súa entrega durante toda a vida. Fermín acompaña cada venres os mozos do grupo “Os Xeitosos” da Insua na clase que lles imparte Luís Prego, e eles non dubidan en acompañar a Fermín cada vez que os precisa para actuar nalgún festival ou nalgún serán.

Comentarios (3) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 20-07-2011 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Berrogüetto publica no outono a súa biografía e un disco en directo
"O pulso da terra"

O grupo e Galaxia afrontan xuntos este proxecto en formato Libro+ DVD + CD


A Editorial Galaxia editará despois do verán o libro Berrogüetto: O pulso da terra, primeira biografía sobre Berrogüetto escrita polo xornalista e crítico musical Fernando Neira.
Berrogüetto é, sen dúbida, un dos grupos musicais máis relevantes que deu a música de raíz tradicional galega durante as dúas últimas décadas. O volume, que coincide co Ano da Música e co décimo quinto aniversario da banda, vai acompañado do primeiro audiovisual dun concerto ao vivo desta formación (gravado en colaboración coa TVG, en Santiago de Compostela en novembro de 2010) mais o CD co rexistro sonoro dese mesmo concerto.

Berrogüetto: O pulso da terra percorre de xeito minucioso a historia do grupo ao longo destes quince anos de actividade, tanto en Galicia como ao longo do Estado español e as súas xiras internacionais. Detalla a peripecia artística de todos os seus integrantes (os sete actuais e os que formaron parte da banda nalgún momento) e retrata a eclosión do folk galego como un dos fenómenos musicais máis relevantes para a recuperación do patrimonio cultural do país.

O libro nútrese de abundantes conversacións mantidas ex profeso para a ocasión con todos os músicos do grupo, así como con outras personalidades da cultura galega e estatal que desenvolveron un papel relevante ao longo destes tres lustros: compañeiros de profesión, colaboradores, representantes, técnicos, amigos… A través da historia de Berrogüetto, percórrese tamén a historia da música de raíz en Galicia durante os seus anos máis esplendorosos.

Non faltarán no libro as fotografías imprescindibles para contar a historia, moitas delas inéditas, nun formato visualmente moi coidado coa estética propia de Berrogüetto e a solvencia técnica de Galaxia.

A Editorial Galaxia e Berrogüetto Produccións acometen este proxecto multidiscipliar de forma conxunta nun exercicio de compartir as bondades e as capacidades que aporta a colaboración entre as diferentes industrias culturais.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 19-07-2011 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Grande éxito do XII Memorial Ricardo Portela
A Asociación de Gaiteiros Galegos, en colaboración co Concello de Pontevedra, organizou a pasada fin de semana a duodécima edición do Memorial Ricardo Portela, no que durante os días 16 e 17 de Xullo, se celebraron, na praza de Ourense, na praza da Peregrina e na praza da Ferrería, en Pontevedra, diferentes actividades, que incluíron mostras de artesáns de instrumentos tradicionais, actuacións de cuartetos e grupos de baile, concertos de música tradicional e o concurso do Memorial.

A Mostra de Artesáns de Música Tradicional, na súa IX edición, permaneceu aberta na praza de Ourense durante os dous días. Nela amosáronse instrumentos como gaitas, zanfonas, requintas, pandeiretas, harpas… construídas por artesáns de recoñecido prestixio no eido da música tradicional galega.

Ao longo do sábado tivo lugar o concurso do Memorial, que ademais de descubrir a novos valores da música tradicional, rinde homenaxe ao mestre Ricardo Portela. Os sete grupos que optaron ao premios foron: Os Picurruchos, Virutas de Ébano, Picuiña, Os de Algures, Polavila, Foula e Fol de Coiro.
O concurso, cuio xurado estivo composto por Henrique Otero, Xaime Estévez, Alvaro Novegil e Juanjo Fernández, celebrouse en dúas fases, unha fase eliminatoria pola mañá consistente nun pasarrúas por diversas rúas e prazas da cidade e unha fase final a partires das 20h. na praza da Peregrina, na que os finalistas actuaron sobre o escenario.

Os grupos Polavila, Fol de Coiro e Picuiña foron os galardoados deste ano, sendo, o primeiro premio para Polavila, cunha dotación de 1.500€, o segundo premio para Fol de Coiro, cunha dotación de 900€ e o terceiro premio recaeu no grupo Picuiña, dotado con 600€. Ademais destes premios tamén se outorgaron outros dous, un deles foi o Premio especial Seivane-Goretex para a mellor interpretación en toque pechado, consistente nunha gaita especialmente creada para o Memorial e cedida polo “Obradoiro de Gaitas Seivane”, e que este ano recaeu no grupo Polavila. O outro premio foi o Especial Ricardo Portela a mellor interpretación dunha peza do mestre Portela, co cal foi galardoado o grupo Picuiña e que ten unha dotación de 600€. Non faltou a mención e agradecemento ao resto dos grupos participantes.

Durante a deliberación do xurado púidose disfrutar coa actuación do grupo Os Minhotos.

Na xornada do domingo as actuacións correron a cargo de TintaFemia, que se encargou de amenizar as xentes da vila facendo, pola mañá, un pasarúas polas distintas praza nas que se celebrou o Memorial, e xa pola tarde, a Agrupación Donaire realizou a súa actuación de música e baile tradicional na praza da Ferrería.

Para pechar esta edición do Memorial, tamén o domingo, celebrouse a partir das 20h o Festival de Música Tradicional coa actuación dos grupos Noitarega e Pradairo na Praza da Peregrina.

Podedes ver a fotos na nosa paxina do facebook.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-07-2011 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Ugía Pedreira
Ugia Pedreira e Fred Martins acaban de presentar no festival éMundial o vídeo de 'De pressa a vida passa', un dos temas do seu primeiro disco xuntos, 'Acrobata'. A calma, a sinxeleza e a complicidade entre os dous músicos que transmite esta peza audiovisual é a mesma que se atopa no CD, froito da confluencia entre ambos e da exploración da irmandade entre as músicas populares galega e brasileira. "Vivir é un risco, estamos xogándonos a vida todos os días", di Ugia. Como o paxaro de voo acrobático que lle dá título ao álbum.

A sinxeleza é un dos eixes que definen este disco. Voces e guitarra basicamente, que é un xeito habitual de traballar en Fred. No teu caso, pode ser un contraste co proxecto de Marful -moito máis rebuldeiro-. Tiñas unha necesidade de explorar esa sinxeleza?
Foi xurdindo así, aos poucos. Non houbo premeditación nin estratexia nin control. Coñecémonos en Niteroi, á fronte de Rio, e alí comezamos a gostar un do outro a nivel compositivo e na maneira de ver a vida. Unha vez que aCentral Folque puido traer a Fred para o Ciclo de Músicas Portuarias de Ferrol tivemos máis tempo para experimentar a música xuntos. Necesidade para min foi remover na calma e na tenrura do cantar e tamén mostrar as letras máis desposuídas.

Notábase moito, na presentación do disco en Santiago, a complicidade entre vós. Como foi o proceso de preparación dos temas? Algúns son poemas do teu libro 'Noente Paradise'.
Foi como recoller os froitos da horta ecolóxica. Puxemos en común os mellores tomates e cabaciñas sen sulfato. Fred degustou das cancións miñas que lle apetecían e eu das del. Logo precisamos dun grande amigo chamado Pedro Pascual, el foi o produtor do disco e ten moita responsabilidade no seu son.

Tamén dá a impresión de que hai como unha alternancia no disco entre a túa voz e a del. Unhas son máis Ugia, e outras máis Fred. É un CD que ademais transmite moita calma. E é moi alegre. Procurastes ese equilibrio?
Creo que estamos nun tempo onde xa a présa non ten valor e os traballos se van aderezados con responsabilidade individual mellor nos irá no colectivo. Cando alguén propón emocións auténticas e verdadeiras contáxianse para quen sexan recoñecíbeis. As cancións son o noso diario de existencia, as que eu escribo contan a miña vida, son cachiños da miña vida que dou aos demais, algunhas con boas vibracións, outras con dor, outras con exaltación vital, outras con xenreira....

Fred está moito, tamén, nas letras. Na presenza do seu tema por excelencia: o amor. 'Tanto amar' é moi Fred. Aínda que tamén lembra a Ugia de Nordestin@s. Que pegada cres que deixaron neste disco os teus proxectos anteriores ou paralelos máis inmediatos?
Creo que un paso leva a outro. podería haber 'Acrobata' sen 'Manual de Sedución'. Para min o 'Manual' foi un postgrado na comunicación do canto porque está cargado de voltas e é un caleidoscopio sonoro. O cantar con Fred foi unha volta de rosca máis na miña andaina artística, e mañá será outro dia.

'O Melhor da Música Brasilega' é como se resumise o espírito do disco. A confluencia, non só na lingua. Por que se parecen tanto a música popular galega e a brasileira? -Esa semellanza da que agora tanto fala Carlos Núñez, ou que leva explorando Uxía tanto tempo-.
Pouco me interesan os proxectos artísticos que non nacen da natureza (en todos os sentidos). A miña admiración por Fred e a súa música é esencial, a miña posición lingüística no reintegracionismo é evidente desde os primeiros discos con Chouteira, como é sanguínea por vía familiar a miña relación con Cuba que promoveu unha 'Descarga ao Vivo'. 'Acrobata' é unha maneira de voar, técnica que nos paxaros non cambiou moito desde o pleistoceno até os nosos dias. Voar nunha lingua común ou navegar nunha lingua común como se pode identificar o espectáculo 'Cantos na Maré'. É evidente que un galego enténdese con unha brasileira, angolana... mais na evidencia ás veces está o misterio que 'Acrobata' quere mostrar, supoño que Carlos e Uxía tamén.

En canto á lingua, nuns temas é máis padrón portugués e noutros máis a nosa variante galega. Aínda que parece que te adaptas ti máis a el que el a ti.
Adáptome porque non esquezo que son portadora do xen nai e pai dun idioma, o galego de onde naceu o portugués e o brasileiro. Os 'brasis' mesturan a comida no prato, todo o que tocan convérteno en brasileiro. Creo que nós somos moi camaleónicos, temos moitos paxaros na cabeza, por iso tanta creatividade e talento e ademais imos co vento, iso é supervivencia.

"Eu veño dun país onde a lingua sabe a pan", di 'Sabe a Pam'. Podes explicar a historia deste tema?
A frase vén de Cunqueiro. El dicía que a nosa lingua sabía a pan recén saído do forno. Comeceina a facer en Cuba por falta de pan e remateina na Illa de Arousa por encargo de Guadi Galego. Unha posíbel canción que debía falar de gastronomía e rematou sendo un decálogo de principios de alimento e amor que é o mesmo.

O acrobata é un paxaro en perigo de extinción. O carrán un paxaro de voo acrobático. E acrobacias mira que tes feito -moitas cousas, e moi distintas entre si, e moitas veces con ben risco-. Sentídesvos acrobatas como músicos?
Si, sinto. Non é o mesmo vivir enriba da corda que que te poñan entre as cordas. Tensa ou elástica eu prefiro que me rebote na cara. Vivir é un risco, estamos xogándonos a vida todos os días e os funcionarios tamén aínda que pensen que a teñen resolta.

Aludiches a Conde Roa no concerto. Moitas veces protestou porque a cultura en Santiago non era, segundo el, o suficientemente internacional e estaba en decadencia. En xeral, semella que o PP tenta quitar peso simbólico ós artistas que tedes un compromiso máis directo co galego, coa nosa cultura... Preocúpache moito isto?
A referencia ao señor Conde Roa era pola ironía do apelido, do condado. Mais hai moita xente que non está na administración e xoga a ser alcalde da cultura nas súas programacións e empresas. Cando a sociedade entenda que ela mesma é cultura en todos os seus actos e deberes deixaremos de manipular e controlar. A cultura faina a xente con cargos e sen cargos, quen a xestione e como publicamente é outro cantar.

ACentral Folque acaba de presentar o proxecto dun novo grupo. Como vai, malia os recortes?
Navegando en barca de furados con remos construídos caseiramente cheos de grabados e cristais de cores. aCentral folque é ensino, investigación, palco, turismo, cohesión social... nós vivimos para a música e nela medramos como persoas cargadas de ideas que levamos a cabo para mellorar a calidade de vida.

www.elmundo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-07-2011 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana do Día da Patria Galega
Segunda feira 18 (Luns)

Terza feira 19 (Martes)

Corta feira 20 (Mércores)
• OCT Ultreia e o grupo de música medieval Resonet na catedral de Compostela ás 21:30

Quinta feira 21 (Xoves)
• Safari Orchestra nos xardíns da Deputación (Lugo)
• Lorena Lores no Castro de Castrolandín (Cuntis) ás 22:00
• Sés no teatro Rosalía de Castro (A Coruña)

Sexta feira 22 (Venres)
• Uxía en Padrón
• Susana Seivane en Carballo
• Mini e Mero no Var con Uve (Moaña)
• Skarallaos en Aldán (Cangas do Morrazo)
• Ugia pedreira e Fred Martins no Castelo de San Antón (A Coruña)
• Festival Arreaocabo (Celeiro): Kogito, El último ke zierre, Bytheface, Yuno,...
• Karraskal Rock (Zamáns - Vigo):(Noite folc Festa Licor Café): A Merced de Chaín, O Tirabeque, Bicarelo e Virandeira

Sábado 23
• Luar na Lubre en Redondela
• Ataque Escampe en Tui
• Matamá Ensemble en Gondomar
• Skandalo GZ na Casa da Triga (Ponteareas)
• Gala de Cantigas e Agarimos en Padrón
• Karraskal Rock (Zamáns - Vigo): El Cubo, Kaixo Sama, Saldos Arias, Riff e Bocanegra
• Festival Sargadelos Fusión (Cervo): Falperrys, Clan Maragato, Medomedá,...
• II Festival do Lea (Castro de Rei): Avante, Muxarega, A Banda de Balbina,...
• XII Romaría galega (A Pontraga-Tordoia)
• III Serán de Figueiras (Compostela)

Domingo 24
• Ruxe-Ruxe en Ribeira
• Berroguetto en Cervo
• Leilía no Saviñao
• Coanhadeira en Xinzo de Limia
• Festa da Fraga (As Pontes): Cristina Pato, Muxarega, ...
• Festival Briga (Compostela): Raiba, Cuchufelhos, Su Ta Gar, Nos Ki Nasi Homi Ki Ta Mori
• Festival de AMI (Compostela): Os Tres Trebóns, K-raxe, Rebeliom do Inframundo
• Festigal (Compostela): Tanto Nos Ten, Ulträqäns, Loretta Martin, Deolinda, Dios ke te crew

Segunda feira 25 (Luns)
• Berroguetto en Compostela
• A Roda en Baiona
• Festigal (Compostela)Espazo animación: Uxía, Pablo Díaz (Tic-Tac)
• Festigal (Compostela): Miro Casabella, Orquestra Os Modernos, Os Carunchos, Cé Orquestra Pantasma
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 18-07-2011 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer