Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gala do Fiadeiro en Arteixo
Sábado 24 de xullo ás 22:00

VII Gala "Esta noite hai unha fía", de oficios e labores

Espectáculo de baile e música tradicional da agrupación O Fiadeiro
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 23-07-2010 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
Aló Irmao! na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-07-2010 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
Oscar Ibañez en Meaño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-07-2010 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
II Noite da Gaita Armada en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-07-2010 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
Ugía Pedreira e Fred Martins en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-07-2010 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
V Festival Sereas e Piratas (Carballo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-07-2010 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Carneirock (Moraña)
Venres, 23 de Xullo
Festa do Carneiro ó Espeto 2010 (Moraña)


Festival "Carneirock" na Carballeira de Santa Lucía ás 23:00

- Esenia.
- Medomedá.
- Astarot.
- Ruxe-Ruxe.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-07-2010 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Sargadelos Fusión
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-07-2010 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
Romaría de Sargadelos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-07-2010 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da patria na Coruña
Hoxe xoves 22 de xullo, a partir das 20:30 horas nos Xardíns de Méndez Núñez, Galiza Nova na comarca da Coruña, en colaboración co BNG, organiza a Festa da Patria 2010.

Nela contaremos coas intervencións políticas de Francisco Jorquera, Xosé Manuel Carril e Águeda Rei (Responsábel Comarcal de Galiza Nova).

Haberá tamén un recital a cargo de Lucía Aldao e as actuacións musicais dos grupos da comarca Magüa e 12labirinto.

Non faltes!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2010 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
BellónMaceiras abre a súa propia escola de música
BellónMaceiras abre a súa propia escola de música en setembro en Fene

Xa podedes reservar a vosa praza.

A matrícula será gratuíta durante o curso 2010/2011. Haberá gaita, acordeón, percusión tradicional, guitarra, baixo, batería, baile galego, combo instrumental, linguaxe musical e música para nen@s. Para máis información podedes escribir ós e-mails habituais. En breve teredes o listado dos mestres. Esperámovos a todos e todas!!!

Máis información:
daniel@bellonmaceiras.com diego@bellonmaceiras.com


www.bellonmaceiras.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-07-2010 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Música de autor en galego
Miguel Alonso edita o seu primeiro disco integramente na lingua do país, "A noite dos cans", que inclúe 12 temas intimistas e de denuncia da precariedade laboral ou do capitalismo

A noite dos cans é o primeiro disco gravado integramente en galego polo mozo cantautor ferrolán Miguel Alonso. Doce temas cargados de intimismo pero tamén de denuncia á precariedade laboral, á violencia machista ou ao capitalismo salvaxe. Despois de varias maquetas e do seu CD autoeditado Luz de guía (2007), Alonso presentará o seu novo traballo o 30 de xullo ás 23:00 horas na Sala Moon de Compostela.

Por que decidiches gravar este disco integramente en galego?
Foi o seguinte proxecto. Tiña pensado facer nalgún momento un disco en galego e cando tiven a posibilidade de editar o disco, simplemente me saíron as cancións neste idioma.

En que momento da túa traxectoria chega este traballo despois de gravares maquetas como "Aprendiz de poeta", "Está escrito en la calle" ou "Cartas al espejo"?
O ano pasado producín un libro-disco para Edicións do Cumio, que se chamou Once máis 15, sobre musicalización de poemas galegos. Logo de traballar tanto con isto, en tres ou catro meses compuxen os meus temas.

Ese libro-disco do que falas, "Once máis 15" en 2009 xunto co disco MusicARTE en 2008 son os teus traballos como produtor.
Os dous discos producímolos para a Asociación MusicARTE, que montamos un grupo de músicos de Santiago e foi unha experiencia previa moi bonita para o meu propio disco.

Algúns temas falan de sentimentos mentres que outros son cancións de denuncia social.
Habitualmente nas outras gravacións que fixen falaba máis de temas sociais. É un disco máis intimista pero tamén falo doutros como a precariedade laboral, a igualdade de xénero en A raíña do vento ou fago unha crítica ao capitalismo en Cen mil gaivotas, facendo un paralelismo coa cidade de Santiago. "Rúas molladas" vai ser o tema de presentación do disco porque representa moi ben o que queriamos plasmar: un traballo máis rockeiro pero tamén con cordas, violíns e guitarra eléctrica. Nesa onda está A túa coartada. O tema que pecha o disco é "Huckleberry Finn", tocado a piano e voz, entronca máis coa poesía. É un poema que escribín e musiquei só co piano. É tamén un dos máis abstractos do disco.

Mesturas pop e rock nas cancións.
Si, eu considérome cantautor. Pero fago unha música de autor tirando máis ao rock ou ao pop-rock. Neste disco incluímos algunhas cousas novas como utilizar cordas e violíns, usamos máis pianos e guitarra eléctrica.

Cales son as túas influencias?
Escoito un pouco de todo. Dende os cantautores españois das últimas xeracións como Quique González ou Ismael Serrano pero tamén xente como Dylan ou Cohen.

Tamén publicaches un poemaio, "Mentiras y Lunas".
Si, estou a ver se podo publicar outro este ano ou o ano que vén. Leo bastante poesía.

Como é o teu traballo á hora de compoñer os temas?
Á hora de escribir, traballo segundo veña o momento. Hai veces que fago primeiro a letra e outras veces, a melodía. Outras veces, compoño todo xunto. Como son o produtor do disco, tamén traballei no estudio.

Tes unha banda coa que tocas habitualmente, e que tamén colabora neste disco.
Si, no CD participa a miña banda habitual, con Víctor Méndez ó baixo, Javier Santana ás guitarras, David Dapena á batería, que son o núcleo do disco. Pero tamén participan outros músicos como Rubén Uahu ou Maciek Bulik nas baterías, e tamén colabora o guitarrista santiagués Pablo Terraga.Todos eles fixeron un gran traballo no disco.

Como elixiches a portada do disco?
Pedímoslles a trece ou catorce fotógrafos que nos enviaran imaxes relacionadas coa temática do disco. A foto da portada é do fotógrafo chileno Rodrigo Basaure.

A que se debe o título?
É un dos versos que abre o disco, "Rúas molladas", que di "envexei a noite dos cans, tan iguais tan distintos" pero tamén porque nos demos de conta que moitas das cancións facían referencia á noite ou ós cans. Quixemos deixalo como unha especie de resumo da parte intimista do disco.

Onde se pode mercar o disco?
En formato físico, chegará ás tendas de Ferrol, Santiago e Vigo esta semana. E en dixital, a través de internet pódese descargar.

Ademais do concerto do vindeiro día 30 na Sala Moon de Santiago, onde vas actuar?
En agosto imos a presentar o disco en Ferrol, en setembro, posiblemente iremos á Coruña e tamén volveremos a Santiago e andaremos por Vigo.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 21-07-2010 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
A Xunta de Galicia promociona Galicia cunha Misa Flamenca
Non é ningunha broma....
Non haberá cartos para os grupos galegos pero para esta iniciativa surrealista si, simplemente indignante.

Cultura subvenciona un documental que promociona Galicia cunha misa flamenca


Santiago promocionarase a nivel mundial cunha misa flamenca. A canle norteamericana Discovery Channel está a rodar un documental sobre Galicia, financiado con 9.000 euros pola Consellería de Cultura, que inclúe a gravación na Igrexa compostelá de San Francisco dunha misa titulada "Os xitanos cantan a Deus".
Para completar a postal de Compostela, a televisión norteamericana, coa súa estrela Ian Wright á cabeza, elixiu unicamente a dúas personalidades políticas para as súas entrevistas: a secretaria xeral de Turismo, Carme Pardo, e o portavoz do PP no Concello de Santiago, Gerardo Conde Roia.

O feito de que ambos sexan do Partido Popular e de que a reportaxe estea subvencionado pola Xunta indignou ao PSdeG-PSOE, que arremete contra o Goberno galego por haber "subsidiado esta produción" que, na súa opinión, non é máis que "unha autopromoción". "É unha basta utilización dos recursos públicos", espetou o portavoz do grupo socialista, Xaquín Fernández Leiceaga, quen presentou xa unha iniciativa no Parlamento para esixir explicacións a Cultura.
Ademais o PSdeG censura que se recorra a unha misa xitana para dar a coñecer Galicia.

O flamenco xa xerara controversia entre socialistas e nacionalistas durante o bipartito cando a entón presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, conmemorou as vodas de planta da Cámara cunha versión andaluza do himno galego.
Pero o departamento que dirixe Roberto Varela defende o seu investimento neste documental. Segundo argumenta, Discovery Channel é unha canle líder de audiencia a nivel internacional. "Démoslles unha subvención irrisoria en comparación co impacto deste documental a nivel mundial", explican.
Cultura justifica a inclusión da misa flamenca ao lembrar que leste mesma canle gravou esta mesma actuación na Catedral da Almudena de Madrid. E en canto á participación de Gerardo Conde Roia, explican que foi o único membro do goberno municipal que se prestou a unha entrevista en inglés.

www.farodevigo.es
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 20-07-2010 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Berroguetto en CNN+




Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 20-07-2010 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
Novo video de Ergom
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 20-07-2010 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Novo video de Raiba
Impresionante video-Clip que presenta a banda de Caldas de Reis, Raiba, co tema Fogar, no que colaboran mais de 20 artistas galeg@s entre os que podemos atopar a...

Chechu Aphonic, Tonhito de Poi Rasa Loba, María Indana, Xurxo Souto Os 3 Trebóns, Javi Talesien, Patty Meigha, Martiño Machina, Belize Dambox, CodyMC Kannon, AID, Ula Kertuler, Mario Invivo, Vituco Neira Ruxe-Ruxe, Yosi Los Suaves, Leo i Arremecaghoná, Bocixa Zënzar, Markos Trashnos, Javi Maneiro Jabón Blue, Thais Os John deeres e Ith e Sousa Ex-Knell.



Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 20-07-2010 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Novo video de Lamatumbá
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 20-07-2010 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Non saímos do lixo: Cap. IV "As drogas"

NON SAÍMOS DO LIXO cap. 4 "As drogas" from komunikando tv on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 20-07-2010 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
A retagarda do canto portuario
Cuadrillas de cantantes voluntarios tratan de rescatar a canción de tasca ferrolá que alegraba a noite nos establecementos do peirao

Cada porto ten o seu son e cada taberna, a súa canción. Refuxio de mariños e mariñeiros errantes, Ferrol ten un especial apego pola música coral e portuaria. É unha herdanza do seu pasado militar e emigrante, de cancións aprendidas de todos os forasteiros que fixeron do porto a súa patria por unha noite. Arrincarse a cantar en calquera tasca da cidade naval era un ritual diario ao que se entregaban con fervor propios e estraños, ata que algúns taberneros quixeron refinarse e colgaron o letreiro "Prohíbese cantar". Hai tempo que nos peiraos da cidade reina o silencio. Xa non soan as habaneras que alegraban as noites nos bares do Porto Chico.

A finais do setenta, algúns locais colgaron o "Prohíbese cantar"
Para rescatar unha tradición moi ferrolá que está a caer no esquecemento, cuadrillas de cantantes voluntarios despregáronse este fin de semana polos bares e tascas dos barrios de Canido e Ferrol Vello. O venres pola noite congregáronse nos peiraos de Curuxeiras e revolucionaron os bares. Os Xotas de Canido sumaron case 20 gorxas e outros tantos afeccionados repartíronse en grupos de entre catro e oito que foron enchendo de ritmo as tascas até a madrugada. Detrás deste peculiar despregamento musical está o Concello ferrolán, que se empeñou en renovar o canto tabernario a través do ciclo Músicas Portuarias, que este ano alcanzou a súa terceira edición.

Apoiado na súa guitarra, Manuel Alonso maldí a invención dos altofalantes. "A música dos pubs e a tele a todo volume acabou cos nosos cánticos". Os seus amigos chámanlle Manolo Bacallao. Di que só participou nunha campaña, pero o mote quedou ancorado. Aos seus 55 anos, laméntase de pertencer a "a última xeración" na retagarda do canto tabernario ferrolán, que bebía das influencias transoceánicas que chegaban de Cuba, México e Arxentina, cara a finais do século XIX e principios do XX.

Conta Manolo Bacallao que durante décadas, e aínda baixo o xugo da ditadura, os bares de Ferrol eran coros improvisados que entoaban habaneras, tangos, muiñeiras, rumbas ou guarachas sen máis artificios que a voz. Nas cuadrillas mesturábanse xeracións de pais e fillos e primos segundos que se atrevían con xogos de voces e o talento dalgún virtuoso espontáneo. Moi ao seu pesar, confesa Alonso, cantábase case sempre en castelán, mergullando de cando en vez na tradición galega e pequenas concesións ao portugués nos versos soltos dalgún fado.

"A finais do setenta, algúns locais empezaron a colgar o cartel de prohíbese cantar' e tiñámonos/tiñámosnos que ir", explica Manolo. Aos poucos fóronse case todos. Os mozos emigraron aos pubs e os maiores quedaron sós. A potente industria do estaleiro tamén se foi adelgazando a base de reconversións navais. "Nesta cidade houbo moito ferro [diñeiro] dos estaleiros. Con cuartos, un estaba alegre e era fácil gastar e cantar. Iso tamén se acabou".

Ferrolán de prol, e xubilado do estaleiro de Bazán, Pedro Abeledo, é outro veterano da canción de taberna. Rolda os 74 anos e quéixase de que cada vez lle custa máis atopar un local no que dar renda solta á garganta cos seus compañeiros de chateo. O dos viños, non o virtual.

Só por unhas horas, o venres a medianoite, Manolo Bacallao e a súa nai, Clementina, sumáronse á cuadrilla de cantores. Percorreron unha decena de tabernas do peirao cantando a capella estrofas de habaneras como A Bela Lola. Cantaron sen tregua até a madrugada do sábado. A pleno pulmón e regando a garganta con cervexa, viño tinto e algún petisco. Paseáronse por todos os bares típicos e míticos do peirao ferrolán: o Submarino, o Iate e o Naútico, camiño das Ordes, Marte, Coral, Anca ou a Ranita sen esquecer o Betanzos e o Portuarios.

O proxecto Músicas Portuarias, que coordina aCentral Folque, arrincou en 2008 e desde entón ha ir collendo impulso e axustando o orzamento, que se rebaixou de 50.000 en 2008 aos escasos 30.000 euros deste ano, explica o seu responsable, Mauro Sanín. Na súa primeira edición, Ferrol tendeu pontes cara ao Atlántico para entroncar a canción arxentina coa música de raíz. En 2009, inclináronse polos ritmos africanos de Cabo Verde e a samba brasileira, e este ano, envorcáronse no Mediterráneo. A 3ª edición de Músicas Portuarias arrincou a principios de xullo. Durante tres sábados (3, 10 e 17 de xullo), levou até as táboas do teatro Jofre aos máximos expoñentes da música tradicional mediterránea. O ciclo onte tocou ao seu fin, cun concerto que protagonizou Franca Masu, artífice da renovación da canción sarda.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-07-2010 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Come on Pelegrín’, o mellor underground compostelán nun CD
Enfudado nunha carátula coa “icona pop” do Pelegrín, este Caribe Mix Compostelán, recopilatorio de vinte e catro bandas que habitan a capital de Galiza, é unha mostra da excelente saúde que experimenta o rock na cidade. A presentación será o día 23 na Sala Moon. O prezo? Só 6 euros

En CD con nada menos que vinte e catro temazos do mesmo número de bandas compostelás é o que ofrece o recopilatorio Come On Pelegrín que o día 23 se presenta na Sala Moon de Santiago. Nacido do inquedo maxín de Carlos Pereiro, aka Carlangas, guitarrista e cantante de Novedades Carminha, Adrián Moreno, alma mater do blog de música Pista Oculta, e Julián Sobrino, dos hardcoretas Rayo Vaticano, faille xustiza ao excelente estado de saúde do underground na capital de Galiza. Tanta creatividade vén, ademais, enfundada nunha "xenial portada", tal como a cualifica Moréno, deseño de Rubén Prol, alias Zé Pequeno, de Metralletas Lecheras, que constitúe unha oda á "auténtica mascota" do Xacobeo, o Pelegrín.

"Para nos Pelegrín é unha icona pop" –alega Carlangas–. "Isto, xunto coa estética teletexto paréceme o realmente vintage. Os 60´s están pasados de moda, Andy Warhol nos avalaría, estou seguro. Non coñezo a Xubi, pero é un nome super pureta. Todos estos debuxiños e logos son unha paletada suprema, mais sempre hai unha doble interpretación artística e discursiva. Somos galegos". Ao que engade Moreno: "Coma en tantos outros campos, Xubi é un intento de renovar algo que posíbelmente non era necesario renovar. Tendo un icono recoñecido e querido preferiuse apostar por un novo sen personalidade, con ese fin único".

A presentación farase en palabras dos organizadores, "cunha festa como deus manda": Dúas actuacións en directo de El Pito de Pikasso e Metralletas Lecheras, unha picada de luxo a cargo de Shy Boy de Los Chavales e "por só seis euros a entrada" un sae da sala co disco baixo o brazo. "Vamos, que só poderiamos melloralo regalando bocadillos de Nocilla coa entrada". The Homens, Novedades Carminha, Samesugas, Los Chavales, Dr. Gringo, Royalties, Shit Pony, Sr. Anido, Dirty Socks, Pity Sanz, Sinestesia, Strabismo, Tapiporla, Ataque Escampe, Javi Pretty, Los Lombardi, Secho y Los Invisibles, Medomedá, Ruxe Ruxe, Desequilibrio Mental, Acción Kannibal, Rayo Vaticano, Metralletas Lecheras e El Pito de Pikasso son os artistas que contén o disco.

Compostela é un poderoso reducto do underground. É que ninguén se enteirou? Eche o que ten o de ir por abaixo?

Carlangas: Pois aqui o teñen. Sin recriminar nada a ninguén. Seguro que as paletadas que organizan requiren de moito tempo. Si o queren ver só teñen que mirar, e si queren explotar o diamante en bruto, non teñen máis que tratarnos como nos merecemos. Agora demostramos que valemos, ou non?

Adrián: creo que para os grupos pequenos, que están empezando, ou incluso os que xa levan anos na escena pero non saíron do círculo "underground", custa moito traballo conseguir darse a coñecer. Ás veces estamos infinitamente máis enterados do que están a facer uns chavales na outra punta do mundo coa súa banda que o ben que sona o grupo dos rapaces do barrio, pero isto non é algo exclusivo ó musical.

Como se lles ocorreu esta xenial idea?

Carlangas: Somos nervosos, e por tanto temos que canalizar os impulsos de algún xeito. Esta vez ocurríusenos facer un recopilatorio de bandas de rock and roll de Compostela, porque creo que é un proxecto que implica, a parte do propio formato físico, a iluminación de un movemento que realmente existe e que nin nós mesmos, que tocamos en grupos e facemos xornalismo musical, sabíamos que existía. No fondo foi unha pequena labor de investigación no underground. Creo que a partir de agora seremos máis fortes como escena, e espero que sirva para que o público poda coñecer a máis bandas, asistir máis a concertos e estar máis atentos ao que ocorre na súa cidade. Todo sito ocurríu de un mes a esta parte. Coordinámolo desde Madrid e Santiago de Compostela. Púxenme en contacto con Adrián, responsable da páxina pistaoculta.com, para expoñerlle a idea e mans á obra. Primeiro buscamos algo de financiación coa axuda do tercero coordinador, Julián Sobrino, e botamos contas. Todo o demás foi pedir cancións e proponer a idea ás bandas, avisar a técnicos de son, a deseñadores gráficos para a portada, á propia fábrica de discos. Creamos un bo equipo de traballo, e espero que o producto cumpla as expectativas, ainda que estou seguro. Hai un nivelón increíble.

Adrián: co blog non teño maior obxectivo que falar un rato de música, que é unha das miñas paixóns. Parte do tempo que boto nel aprovéitoo para dar a coñecer a grupos locais, porque cando comecei co blog achei que non había un medio que lles adicase un espazo no que contar as novidades en torno a eles, ou que os dese a coñecer ó mundo. Cando Carlangas comentoume a idea de facer o recopilatorio pareceume xenial, para deixar constancia de todos o movementos máis ou menos amateur (chamémoslle underground) que hai en torno á música en compostela, e ademais encaixaba totalmente coa labor de difusión da música máis local, á que máis lle custa conseguir un óco nos medios tradicionais. A partir de ahí, organizamos a tres bandas os aspectos técnicos, artísticos e económicos do disco, contactando coas posibles bandas para saber se estarían interesadas e obter os fondos para financialo. Gracias ós patrocinadores do disco puidemos facelo sen que sexa un custo para os grupos, e esperamos poder darlle unha boa difusión para que ninguén se quede sen oír o que se está a facer en Santiago.

O nome evoca a aquel dos Pixies ‘Come on Pilgrim’.

Carlangas: Si, é un recopilatorio de música Pop. Os Pixies seguramente sea unha das tantas bandas que nos unen como fans. Non é unha guerra fría contra ninguén. Creo que con publicacións como esta demostramos ter forza e calidade suficiente para que nos fagan caso, sin acritude o digo . Anque non é para nada iso o que nos preocupa. Cos cartos que costa un pincho calquera no concello, dos que hai a diario, nós montamos un circo e de calidade. Mais sabemos onde estamos, seguimos traballando, e espero que esto sirva para facer forza e chamar a atención. Ás veces si que é verdade que desde algunhas institucións se apuntan logros, pero a cultura non é subvencionable.

Ese é o grande erro, pensan que cunha rede de locáis de ensaio estamos contentos, e creo que iso non é tratarnos como nos merecemos, xa se ve que todo funciona tratando as cousas con cariño e un pouco de xeito, con iniciativas que realmente chaman a atención e son de interese público. Moitas veces veñen grupos dez grupos punteiros durante o verán a Santiago, que me parece perfecto, e ningún de aquí, cando hai xente de aquí que está metendo 400 personas na sala Nasa ou actuando con éxito polo resto de España. Eu só espero que non se apunten o tanto de ter recopilada a escena da súa cidade, fora de subvencións, fora de amaños que nada teñen que ver coa propia música, e lles sirva para reflexionar, e poder abrír unha porta de traballo e colaboración entre as institucións e os que traballamos día a día con esto. Creo que ninguén o fará mellor que nos mesmos neste ámbito, anque deberíamos de empezar a funcionar de outro xeito. Non é cuestión de cartos, xa se ve que non os necesitamos para facer algo atractivo.
Adrián: ás veces non sirve de nada esperar a que veñan e cho dean todo feito, hai que levantarse e ser ti o que dea o primeiro paso. Se queres que se recoñeza algo que cres que o vale, a mellor maneira de deixalo claro é montándoo ti mesmo.

Este cd é un antídoto contra tanta vulgaridade programativa oficial?

Carlangas: Este cd é bo, a pesar de ser o Caribe Mix Compostelano creo que hai calidade, hai boas cancións, hai actitude… Eu vou ir a todo, sobre todo ás orquestras, que me parecen divertidísimas. Quizás cada persoa programaría de unha forma as festas. É un tema complicado, que non ten nada que ver conmigo, non me interesa. Quizáis me interese máis un grupo que mete nunca sala pequena 50 persoas e levan un mes de xira sin cobrar un peso que Bebe, pero si necesitas que algún grupo underground veña a túa cidade o mellor que podes facer é organizarlles un concerto. Así con todo na vida. DIY (faino ti mesmo)

Adrián: Penso que este cedé pode servir para calqueira que se quera interesar pola música que se está facendo na súa cidade, que probablemente non coñeza e lle sorprenda a cantidad de grupos que se estaba a perder. Non é un disco definitivo no que estea toda a música compostelana, pero é un bo punto de partida para quen quera descubrir algo máis alá do que xa coñece.

Ten moito que ver niso a Casa Xurásica?

Carlangas: Ten moito que ver, ese si que é un reducto do underground. De ahí sairon as mellores bandas de Compostela últimamente. Creo que hai catro grupos da casa xurásica no recopilatorio, ou algún máis. É una pena que nos discos non quepan máis de 80 minutos, porque hai grupos como Fluzo, Malandrómeda, Kaze Dj, Galegoz, e mil máis que me esquezo que merecen moitísimo a pena. O que pasa é que tivemos que traballar cuns límites estilísticos. De todos xeitos non descartamos tocar a electrónica ou outros estilos en próximos proxectos.

Adrián: a labor que fai a Casa Xurásica de mantemento e difusión da cultura musical do-it-yourself compostelana paréceme digna do maior dos eloxios. Dela sairon multitude de grupos, algúns no digo, coma Samesugas, The Homens, Royalties..., e tantos outros que non encaixaban tan directamente no disco. E coa mesma, os concertos, festivais e demais eventos organizados por eles son do mellor que hai para a difusión da escena compostelana, son un dos seus mellores escaparates.

Fálenme da interacción entre as bandas, da creatividade da xente, dos locais onde tocan, beben, intactúan...

Carlangas: Respecto aos locais, precisamente son os reponsables de que isto saíra adiante. Entre os patrocinadores do disco non se atopa ningunha institución, a colaboración foi de bares, comercios e mesmo Estrella Galicia, que decidiron apoiar unha das súas paixóns, a música, que non sempre é ben tratada institucionalmente.

A creatividade compostelá segundo Alfonso Espiño de Los Chavales “Pois así, sen investigar moito, dende os 70 con N.H.U., nos 80 con Nicho Varullo e Dirty Barriguitas, nos 90 con Fame Neghra... Ao principio aparecen poucos grupos, pero xa nos 90 comeza a haber escea de grupos variados estilísticamente, xerme de moitas formacións actuais. Destacaría aos Miskatones, nos que comezaron o bluesman Xulián Freire, e Mon Orencio, que non para actualmente, e tamén Xacobe Prieto, actual baixista de Dr. Gringo. Con eles, a Red Blues Band, onde comezaron Coll e Costa, Los Reyes del KO. E tamén, como non, o meu primeiro grupo, Contrastes, aínda bastante andergraun e aínda bastante reivindicables. Pero había moitos máis, Flintstones, Túzaros, Cocodrilo Blues, Torquemada... menudos festivais se montaban nos institutos, e sobre todo na sala NASA, co Rock Parrulo, que marcou a nosa xeración. De todas estas bandas e moitas máis tomou boa conta César Varela no seu fanzine Plástico Elástico nº 1 no 2001. Hoxendía dirixe o seu programa Plástico Elástico na radio Kalimera no que fala de tódolos grupos en activo e outros que xa non están. Por certo, falando da Nasa, alguén sabe algo dos Moderados? Eran un grupo que me gustaba moito e non se volveu saber deles. Se estades aí, manifestádevos”.

“O cacarexado Xacobeo 2010 pasa de todas estas bandas” Alberte de Samesugas e Lixo Urbano, Roi Fernández de The Homens, Alfonso Espiño de Los Chavales, Carlangas de Novedades Carmiña e Adrián Moreno de Pista Oculta. Cinco cidadáns da urbe apostolar, que abre historicamente poderosas fendas desde o subsolo á impronta eclesiástica e oficial, cohabitan desde o seu nacemento (ou desde a chegada á Universidade, no caso de Fernández) coa cadencia regular de 6-5-6-11 anos da festa loco-internacional xacobea e das súas sucesivas programacións, este ano especialmente atravesadas polas críticas.
Roi Fernández: Compostela sempre foi un sitio onde xerminou de forma moi potende o underground e Come on Pelegrín é unha mostra, sobre todo tendo en conta que quedaron moitas bandas propias. É unha iniciativa privada onde se representan estes grupos que non están, entre outros, en ningunha das programacións do cacarexado Xacobeo 2010.

Alfonso Espiño: A min dáme a risa, ou eran ganas de chorar? Para comezar, repetir artista paréceme unha oportunidade perdida, un cartucho ao aire. Non sei por que ten que volver Springsteen e moito menos JM Jarre, se co seu caché pódese traer a outros dinosauros que aínda non nos visitaron. Gústannos os dinosauros para os grandes fastos. O que pasa é que este ano van traer ó máis aburrido deles, mr Knopfler. A ver se Alice Cooper non está moi vello, porque se o mellor que se pode traer para un Ano Santo é Muse (repe tamén) e Arcade Fire, apaga e imos. Estamos acostumados a que nos traian todo de segunda man ou de Todo a Cen, eu xa non me queixo nin suxiro, que para iso teñen a cabeza eses que cobran as comisións, para decidir a quen se trae. Aínda que postos a pedir, de dinosauro me pido a Paul McCartney e dos novos artistas a Alexander Kodchenko. Mención aparte merece o concellal de festejos sr Baqueiro, que este ano se luce con Melendi, Bebe e Pereza. Que non se sorprenda ninguén se o vemos no Preguntoiro pedindo una monedilla... En Compostela hai calidade suficiente coma para que o Xacobeo monte canda menos un día, só un día, un festival que reúna a media ducia de grupos locais, e que a xente de fora teña a oportunidade de escoitalos e opinar e/ou disfrutar. Só se necesita vontade para medrar. Queremos medrar.

Carlangas: A min pareceré que o Xacobeo ten cousas positivas, e nos dá posibilidades como espectadores. Creo que o poderían plantear de outra forma, eso si, porque hai movementos raros e decisións que ninguén entende e só se poden explicar por intereses económicos. Somos punks, eu si quero facer algo xa o fago ( á vista está), e eles que se enmarronen coa súa dubidosa forma de facer, mentras eu vou á praia e estou en contacto co que realmente me fai feliz, que son todas estas bandas de rock and roll. Cando se paren a pensar e reflexionar co corazón poderemos negociar, mentres seguiremos ligándonos ás súas fillas e disfrutando dos seus barcos a escondidas. A nivel musical a min dame bastante igual, é como a Cidade da Cultura. A min que coño me importa o Xacobeo ou o Gaiás, si non me vai a abrir ningunha porta? Disfrutarei de Elvis Costello e intentarei tirarme a unha holandesa. Eu agora vivo en Madrid, e estou acostumado a andar por rúas ateigadas de xente, non me sinto mal aqui estes días. Tamén me da bastante noxo a actitude de criticar todo o que pasa, creo que debemos de ser optimistas e sacarlle o bo ou polo menos o divertido a todo esto. Temos que tirar de actitude

Adrián: penso que, coma di Carlangas, o Xacobeo ofrécenos unha moi boa posiblidade coma público, traendo a artistas que non volverán a pasar por Galicia ata dentro de moitos anos (no próximo Xacobeo quizais?). E este afán por facelo todo ó grande é parte do problema: ás veces non é necesario recurrir sempre a traer cousas de fora, cando na casa tes xente moi boa que está pasando desapercibida e podes darlle unha grande oportunidade. O que realmente espero é que parte do feito este ano no Xacobeo se continue nos próximos anos, porque senón é realmente unha perda de tempo montar festivais multitudinarios de “usar e tirar”, dos que nada quede ata o grande evento de turno.
Alberte: Realmente nos últimos anos começou haver um interese de certos programadores do Xacobeo em bandas mais underground, em descubrir a qualidade musical que havia em bandas que nom eram tam conhecidas nem tocavam em grandes festivais. Mas neste último ano todo voltou ser como era anos atrás.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 20-07-2010 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Festigal 2010 (Compostela)

www.festigal.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-07-2010 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 16 (Venres)
• Os Cuchufellos en Tomiño
• Astarot en Marín
• Mamá Cabra no Campo das Redes (Nigrán) ás 20.00
• A Roda en Xinzo de Limia
• Donicelas en Salceda de Caselas
• Recambios Tucho en Taragoña
• Festival Folc de Callobre (A Estrada): Noitarega, Pradairo, Alvariza, Os ke hai, ...

Sábado 17
• XI Memorial Ricardo Portela en Pontevedra
• Sobre Rodas no XI Memorial Ricardo Portela ás 20:00 na Praza da Peregrina de Pontevedra
• Festival Homenaxe a Suso Vaamonde: Marcos Campos, O Leo Arremecaghona, Tino Baz e A Quenlla ás 22:00 na praia de Arealonga (Chapela)
• Regueifeiros de Galicia en Cabana de Bergantiños ás 22.30
• Sonoro Maxín no Tarabela (Lalín)
• Ultraquans en Malpica
• Treixadura en Cambados
• Uxía no Pub Gaviria (Vigo)
• Festicultores en Salceda de Caselas á 01:00
• Esquíos no Pub O Foso (Santa Comba)
• Malvela en Soutomaior
• Cristina Pato en Tui
• Mutenrohi na Veiga (Ourense)
• Os Residuos Atractivas na Guarda
• Festival das Mariñas (Xove): Quempallou e Tanto Nos Ten
• Festival Sons do Vento (Melón-Ourense): Ruxe-Ruxe, Alantre, Ness, Bastards on parade,...
• Festival Arreaocabo (Celeiro-Lugo): Zenzar, Tonhito de Poi, Jabón Blue, Segismundo Toxicómano,...
• Festival Revenidas (Vilaxoán de Arousa): A Tuna Rastafari, Funky Style Brass, La Pegatina, O Leo i Arremecághona, Combo Mariñeiro de Vilaxoán, Bloquinho Aperta,...
• Festival da Chaira (A Pastoriza): Kogito, UlträQäns, Zootropa,Chotokoeu,La Limoncello, ...
• Festival Serra da Queixa: Lamatumbá, Os Perqtores, Ergom, Manteca de Macao...
• XI Romaría Galega na Pontraga (Tordoia): Flor da maquía, Os Estoupapozas, Bouba, Muxarega…
• I Serán do Monte da Pedrada (entre os concellos de Tomiño e Oia)

Domingo 18
• VII Festival Folclórico Carneiro ó Espetoás 20:00 na Casa de Cultura A.D.R. Castelao (Moraña)
• Ruote e Linho do Cuco no XI Memorial Ricardo Portela ás 20:00 na Praza da Peregrina de Pontevedra
• Festival Folk de Oleiros: Muxarega,...
• Festival Folk de Narón: Mercedes Peón e Berroguetto
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2010 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Serán no monte Pedrada
Sexta romería do Monte da Virxen da Magdalena no monte da Pedrada

Organizada polas parroquias de Barrantes, Burgueira e Tomiño

17 e 18 de Xullo do 2010

PROGRAMA:

SABADO 17:

Serán Monte Pedrada a partir das 21:00 H. Gran sardiñada e empanadas “Prezos Populares”.

DOMINGO 18:

A partir das 10:30 H. Poderá degustar a precios populares Polvo a Feira, Carne o Caldeiro, empanadas, etc. Gran Carpa con mesas e sillas.
Grupos “Os Beiramiño”, “Airitos do Tamuxe” e Escola de música de Acordeóns da Comunidade de Montes da Parroquia de Tomiño, música todo o día.

Anímate e ven O Monte Da Pedrada e participa nunha romería distinta con unhas vistas excepcionáis a 519 m. de altitude sobre o nivel do mar.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2010 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Festival-Homenaxe a Suso Vaamonde en Chapela

O vindeiro sábado 17 de Xullo vaise celebrar a partir das 22 h. xunto a praia de Arealonga en Chapela (Redondela)

Festival-Homenaxe a Suso Vaamonde. Coa actuación de

- Marcos Campos (gaiteiro)
- O Leo Arremecaghona (punk)
- Tino Baz (cantautor)
- A Quenlla


Co escritor Anxo Angueira como mestre de cerimonias.



Galicia tamén tivo o seu Bob Dylan. Era Suso Vaamonde. Un home que sempre defendeu ós débiles e se enfrontou ós fortes coa soa axuda da súa guitarra; que consideraba á música unha extensión da poesía; que nunca separou o seu compromiso social da creación artística...

Poderíase continuar describindo o que foi a súa carreira (e, por ende, a vida, xa que no caso do cantautor de Pontecaldelas non estaban separadas), pero se resumiría dicindo que poucas veces o país gozou dunha persoa que unise de forma tan brillante a súa ética e a súa estética.

A década dos 60

Suso Vaamonde (Regodobargo, Pontecaldelas, 1950) compoñía cancións dende a adolescencia. As súas inquietudes artísticas levárono a introducirse xa en 1969 no colectivo Voces Ceibes, un grupo de cantautores no que coexistían outros nomes míticos da canción galega como Bibiano Morón, Benedicto García ou Xerardo Moscoso, que ó igual que os compoñentes da Nova Cançó catalana ou compositores franceses como Brassens tiñan o compromiso político, neste caso a loita contra a dictadura franquista, como un dos obxectivos principais das súas melodías. Nese grupo artístico permaneceu Suso Vaamonde ata 1974. «Aquelo rompeu moldes porque se pasou da gaita e os coros da Sección Femenina á guitarra, e cun texto en galego que dicía algo», contaba o cantautor nunha entrevista en 1997.

Un dos momentos máis críticos da existencia persoal de Suso Vaamonde chegou en 1979, cando despois dun concerto na praza de Herrería de Pontevedra un oficial do Exército puxo unha denuncia contra el por un «delito contra a Patria», debido a letra dunha das súas cancións.

Condena de cárcere

O resultado do altercado foi unha condena de seis anos de cárcere, o que motivou que Vaamonde se exiliase primeiro en Portugal e despois en Venezuela durante catro anos. O seu regreso, xa durante a primeira etapa de mandato socialista, produciuse en 1984. O cantautor permaneceu 46 días na prisión ata que o Goberno de Felipe González lle concedeu o indulto que o liberou da cadea.

Neste tempo, Vaamonde xa percorría os escenarios de países de toda Europa como Reino Unido, Suiza, Francia ou Portugal, onde era aclamado como un dos grandes compositores galegos de tódolos tempos.

O longo da súa carreira, o seu compromiso levouno tamén polos escenarios máis diversos do país, xa fosen actuacións en tabernas, polideportivos, actos sindicais, protestas veciñais... Como o poeta Manuel María, con quen colaborou nun disco, recordou no seu enterro: «Pateou toda Galicia, a da terra e a da emigración, as máis das veces totalmente desinteresado e a costa de sacrificios; na nosa historia da canción galega, non tiñamos unha persoa tan adicada, nen que cobrera tan longo espazo do tempo».

A enfermidade

So a enfermidade poido cortar a paixón de Suso Vaamonde, que xa no ano 2000 interrumpeu as súas actuacións. En novembro de 1999, Vaamonde aínda tivo tempo de recibir as mostras de cariño e admiración da xente e dos artistas galegos nun acto de homenaxe celebrado en Salvaterra do Miño, no que se congregaron músicos como Uxía, Emilio Cao, A Roda, Muxicas, Luar na Lubre, Berrogüetto, A Quenlla, Saraibas e un longo etcétera de artistas que quixeron recoñecer a importancia de Suso Vaamonde na historia sonora do país.

Cinzas no río Oitavén

O cantautor deixou este mundo o 16 de febreiro do 2000 en Vigo. Por desexo do músico, as súas cinzas foron espalladas no río Oitavén, sito na parroquia de Regodobargo no municipio de Pontecaldelas, onde 49 anos antes nacera Suso Vaamonde. Centos de persoas congregáronse para despedir a un dos grandes mitos que permanecen na música galega.

Ningunha enfermidade pode co son da súa voz e co seu compromiso co país.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2010 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
XI Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)
O XI Memorial Ricardo Portela celébrase en Pontevedra o sábado 17 e o domingo 18 de xullo.

Nado en Viascón –Pontevedra- en 1920 e finado en 1992, Ricardo Portela viviu a música tradicional xa dende pequeno. Destacou, ademais de polas súas dotes como gaiteiro, polo seu labor en defensa do mundo da gaita, tanto da técnica e a calidade dos materiais, como por promover a figura do gaiteiro.

Programa:

Sábado 17 de xullo
De 11:30 a 14 e de 17 a 21 VIII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais. Praza de Ourense
12 h Pasarrúas dos grupos inscritos no concurso con saída na praza de Curros Enríquez
20 h Actuación dos grupos finalistas, resolución dos premios e actuación especial Sobre Rodas. Praza da Peregrina

Domingo 18 de xullo
De 11:30 a 14 e de 17 a 21 VIII Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais. Praza de Ourense
20 h Festival de música tradicional coa actuación de Ruote e Linho do Cuco. Praza da Peregrina
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-07-2010 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
XI Romaría Galega (A Pontraga-Tordoia)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-07-2010 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
VII Festival Carneiro ao espeto (Moraña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2010 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada da mariña (Xove)
A Asociación cultural Saiñas de Xove vai celebrar o vindeiro sábado, 17 de xullo a VI FOLIADA DA MARIÑA na carpa situada na praza do Centro Cívico.

Comezaremos sobre as 14:00 h. coa sesión vermú a cargo dos gaiteiros de Saiñas. A partires das 18:00 h. terán lugar os xogos tradicionais para pequenos e maiores no parque do Centro Cívico.
Ás 20:00 h. temos preparada unha cea popular que estará composta por empanada, tortilla, churrasco, chorizo, pan e bebida a un prezo de 10€. Repartiranse preto de 300 racións.
Sobre as 21:30 h. dará comezo a foliada na que pode participar todo aquel que o desexe cantando, tocando ou bailando.

Por último ás 23:00 h. comezarán os concertos cos grupos :
· Os Minhotos
· Tanto nos Ten
· Quempallou


Dende a Asociación queremos agradecer a colaboración de todas as institucións, organismos e comerciantes porque sen eles non seríamos capaces de organizar esta boa proposta festiva e cultural para a toda a Mariña.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-07-2010 11:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Serra de Queixa (Chandrexa de Queixa)

Sábado 17 de xullo.

Programa deste festival na vila ourensá de Chandrexa de Queixa:

- Lamatumbá,
- Canteca de Macao,
- Ergóm
- Os PerQtores


www.serradequeixa.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-07-2010 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
VII Festival Sons do Vento (Melón)
O día 17 de xullo celébrase o VII Festival Sons do Vento na localidade ourensá de Melón.

- Grupo de baile “Santa Cristina de Valeixe”
- B.G. “Amigos do mosteiro de Melón”
- Grupo Folk “Alantre” de Leon
- Grupo folk-rock “Ruxe ruxe” de A Coruña
- Grupo folk-rock “Ness” de León
- Grupo folk-punk “Bastards on Parade” de A Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-07-2010 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da Chaira (Baltar-A Pastoriza)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-07-2010 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Arreaocabo 2010 (Celeiro-Viveiro)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-07-2010 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Revenidas 2010 (Vilaxoán de Arousa)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-07-2010 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Festival emerxe Marín
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2010 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Desconcerto en Betanzos
O vindeiro venres 16 de xullo a partir das 20:30 horas na Praza do Concello de Betanzos Galiza Nova organiza un ano máis o Desconcerto.

Desta volta contaremos coa participación da rapeira Aid e coas actuacións dos grupos Quando Band, Casual Troupe, O Gruve, Funkefussión e Skarallaos. Haberá tamén unha feira de asociacións e un concurso fotográfico. Achégate a Betanzos a desfrutar con Galiza Nova da música na nosa lingua!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2010 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer