Sexta feira 30 (Venres)
? Oenach Atlántico (Narón): Bonovo e Fía na Roca
? Berroguetto en Carballo
? Ith en Celanova
? III Noite musical Son da Burga (Baños de Molgas-Ourense):Xituma Batuke, Xestreu, A requinta da laxeira, Guezos e Cuchufellos
? Festival Os Camiños da Música (Verín): Zenzar, Machina, Gendbeat, ...
? Festival AntrosPinos en Taragonha (Rianxo): A Compañía do Ruido, Tiruleque, Falperrys e Estimaba que viñeras
? Intercéltico do Morrazo (Moaña): Ophiusa, Garma
? Festival Intercéltico de Sendim (Portugal)
Sábado 31
? Día do traxe Galego en Compostela
? Homenaxe ao Zeca na Casa da Torre de Redondela ás 23:00 : Xosé Pumar, Xico de Cariño, Xan López, Ana Ribeiro, Pilar Gonçalves...
? The Homens en Catoira
? Coanhadeira na Feira do Monte (Cospeito)
? Xose Manuel Budiño en Marín
? Lamatumbá en Ribadeo
? Pepe Vaamonde Grupo en Neira de Rei (Baralla - Lugo)
? Ardentía en Redondela
? Noitarega en Valadares (Vigo)
? Quempallou en Manzaneda
? Mutenrohi na Festa do Pemento de Arnoia
? Vaamonde, Lamas & Romero no Grove na Praza do Corgo
? Moura Rock (Chaín-Gondomar): Abóbriga, Irmandiños de Vincios, Kallaicoi, e Gold Fox.
? Festival AntrosPinos en Taragonha (Rianxo): Funky Style Brass, Festicultores Troupe, Cuchufellos e A Banda da Balbina
? Festixeve (Xeve-Pontevedra): O Sonoro Maxín, Tanto Nos Ten, A Tuna Rastafari...
? Intercéltico do Morrazo (Moaña): John Mcsherry Band, Anxo Lorenzo
? Serán na Praia de Deilán de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa)
Domingo 1
? Regueifeiros de Galicia ás 19.30 no Recinto Feira do Cabalo de Teixeiro (Curtis)
? Cristina Pato na Festa do Pemento de Arnoia
? Cristina Pato en Oimbra (Ourense) ás 19:00
? Fía na Roca e BellónMaceiras Quinteto no Corgo (Lugo)
O 31 de xullo de 2010 dentro do programa de Festas do Apóstolo, o Departamento de Festexos do Excmo. Concello de Santiago de Compostela, convoca o XXXII Certame do Traxe Galego coas seguintes
BASES
1ª Poderán concorrer cantas persoas o desexen, cubrindo a folla de solicitude que se facilitará no Departamento de Festexos do Concello de Santiago: Teatro Principal. Rúa Nova 21, teléfono 981 54 23 47
2ª Na folla de solicitude sinalarase: nome, apelidos e enderezo da persoa que mostre o traxe; se este é antigo (COMPLETO OU PRESENTADO POR PEZAS) ou moderno, de gala ou de cotío; comarca de procedencia e época á que pertence. No apartado de observacións consignaranse os mais datos aclaratorios posibles para unha mellor identificación así como os elementos que compoñen o traxe.
ADXUNTARASE OBRIGATORIAMENTE UNHA FOTOGRAFÍA DO CONCURSANTE ATAVIADO CO TRAXE COMPLETO CO QUE PARTICIPA NESTE CERTAME.
NO MESMO IMPRESO ATOPARÁN AS NORMAS DE ORGANIZACIÓN QUE REXIRÁN A PRESENTE EDICIÓN DO CERTAME.
3ª O prazo de presentación de solicitudes para participar no concurso remata o día 30 de xullo, as 14 horas, podéndose entregar no Departamento de Festexos do Concello de Santiago. Teatro Principal, Rúa Nova, 21.
4ª Tódolos traxes feitos na actualidade se deberán inscribir como Traxe Moderno, sendo imprescindible que garden o canon do traxe antigo.
5ª Os traxes antigos completos, OU AS PEZAS ANTIGAS PRESENTADAS SEGUNDO O APARTADO B do presente punto 5º deberanse presentar como tales, facendo referencia detallada ós seus antecedentes e procedencia.
5ª B. NA MODALIDADE DE PEZAS OU CONXUNTOS DE PEZAS ANTIGAS QUE NON COMPOÑAN UN TRAXE COMPLETO, AS PEZAS QUE SE PRESENTEN PODERÁN IR ACOMPAÑADAS DAS PEZAS DE NOVA CONFECCIÓN QUE SE PRECISEN PARA COMPLETAR O TRAXE QUE, EN TODO CASO, DEBERÁ SER ARMÓNICO.
6º Calesquera que sexan os traxes, antigos ou modernos, OS SEUS TECIDOS SERÁN NATURAIS E DE USO TRADICIONAL E os seus adornos haberán ser de vidro, acibeche ou cera vidrada, os agremáns ou pasamanerías de fío, seda ou algodón, e no seu feitío axeitaranse ós patróns tradicionais.
7º É condición imprescindible que tódalas prendas que compoñen o traxe en exhibición formen un conxunto completo e homoxéneo.
8ª Non poderán combinarse prendas de distinta comarca.
9ª O Xurado, no momento da súa deliberación terá moi en conta a calidade e autenticidade do traxe e de cada unha das prendas que o compoñen, e máis dos restantes elementos da indumentaria, incluídos calzado, adobíos, peiteado, etc.
10ª Os traxes premiados no XXXI Certame, celebrado no ano 2009 non poderán concursar.
11ª O Xurado estará constituído por un experto designado por cada unha destas institucións: Consello da Cultura Galega, Universidade de Santiago de Compostela, Consellería de Cultura, Museo do Pobo Galego, Instituto Padre Sarmiento, Concello de Santiago e Patronato Rosalía de Castro. Actuará como Secretario, sen voz nin voto, un membro da Asociación do Traxe Galego.
12ª O Xurado terá as meirandes facultades para a interpretación destas bases e poderá outorgalas mencións e accésits que xuzgue convintes así como a descalificación inmediata de aqueles participantes que incumplan algunha das anteditas bases ou das normas de organización do certame.
13ª Establécense os seguintes premios:
PREMIO TRAXE ANTIGO COMPLETO
Homes: 500 EUROS e agasallo conmemorativo
Mulleres: 500 EUROS e agasallo conmemorativo
PREMIO TRAXE DE COTÍO
Homes: 300 EUROS e agasallo conmemorativo
Mulleres: 300 EUROS e agasallo conmemorativo
PREMIO TRAXE MODERNO
Homes:
Primeiro Premio: 350 EUROS e agasallo conmemorativo
Segundo Premio: 250 EUROS e agasallo conmemorativo
Mulleres:
Primeiro Premio: 350 EUROS e agasallo conmemorativo
Segundo Premio: 250 EUROS e agasallo conmemorativo
Nenos:
Primeiro Premio: agasallo conmemorativo
Nenas:
Primeiro Premio: agasallo conmemorativo
No apartado de nenos/as poderán participar concursantes ata os 14 anos.
PREMIO ESPECIAL de 600 EUROS para o grupo de máis de 10 persoas que se inscriban como asociación, grupo folclórico, etc. e que ningún dos seus membros estea inscrito no Concurso de xeito individual.
PREMIO ESPECIAL DE 200 EUROS Á MELLOR PEZA OU CONXUNTO DE PEZAS ANTIGAS que non compoñan un traxe completo.
1. DESFILE
Concentración na Alameda as 11.30 horas
A saída do Desfile terá lugar as 12.15 da mañá no Paseo Central da Alameda.
2. MISA SOLEMNE E OFRENDA
A Misa solemne terá lugar as 13.15 horas na Catedral de Santiago.
3. RECEPCIÓN DE HONRA NO CONCELLO
Arredor das 14.00 horas sairemos da Catedral pola porta do Obradoiro ata o Concello.
4. CERTAME DE TRAXES
Pola tarde, como tódolos anos as actividades se inician co exame dos participantes no Certame do Traxe en San Domingos de Bonaval a partires das 16 horas. Non se admitirán participantes a partires das 16.30 horas
1. Os concursantes serán avaliados por rigoroso orde de chegada. En canto se presenten e acrediten en Bonaval se lles adxudicará un número que determinará a orde de entrada na sala do Xurado e que deberán conservar durante toda a tarde, xa que será utilizado para dispoñelos na formación do desfile posterior e para seren chamados a pasarela na Praza da Quintana.
2. En canto teñan número pasarán o interior do Museo e poderán utilizar unha sala habilitada para a espera da súa quenda.
3. Os concursantes deberán pasar sen acompañantes a sala de exame do Xurado.
4. En canto sexan examinados pasarán por orden numérico a sesión fotográfica no claustro do Museo do Pobo e logo, poderán esperar nas dependencias do Museo pero deberán estar atentos e portar o seu número para a organización do desfile.
5. DESFILE DESDE BONAVAL Á QUINTANA
Se iniciará as 19.30 horas desde as portas do Museo do Pobo Galego
1. O desfile, no que participarán tanto os concursantes como os membros da Asociación e outros convidados ataviados con Traxe Tradicional, se organizará do seguinte modo:
? Abre un grupo musical de acompañamento
? Seguen os nenos e nenas non participantes no concurso en dobre fila.
? A continuación os adultos non participantes no concurso por parellas.
? Un primeiro grupo de gaiteiros
? Os nenos e nenas participantes no concurso infantil en parellas por rigoroso número de orde que lles fora adxudicado.
? Os adultos participantes no concurso en parellas por rigoroso número de orde que lles fora adxudicado.
? Un segundo grupo de gaiteiros para cerre do desfile.
2. O percorrido baixará a Rúa de Bonaval, cruza a Casas Reais, Cervantes, segue polo Preguntoiro, Conga, Rúa Nova, Rúa de Vilar, Praterías, Conga e entrará na Praza da Quintana pola rampa entre San Paio e a casa da Conga.
3. O desfile continuará no interior da Quintana, segundo o esquema, ata chegar as localidades previstas para os participantes:
? Avanzará de fronte bordeando a Praza pola dereita, atravesará fronte as escaleiras ante todo o público sentado e voltará pasando por diante da Porta Santa ata chegar a altura do escenario, onde as persoas ataviadas non concursantes (os primeiros) continúan desfilando fronte o escenario ata acomodarse nos sitios reservados o efecto no escenario grande e o longo da pasarela.
? As persoas concursantes quedarán xuntas antes do escenario, en pe, ordenadamente (por número), e axudadas por azafatas do Concello para seren chamadas para subir a pasarela cando a presentadora o indique.
6. EXHIBICIÓN DE TRAXES NA QUINTANA
Aproximadamente as 8 da tarde terá lugar a exhibición de traxes e a entrega de premios do certame na Praza da Quintana.
1. Os presentadores introducirán o acto e presentarán a tódolos participantes no certame que irán desfilando a medida que sexan chamados por orde de chegada (por número). En cada pase describirán os traxes.
? O baixar da Pasarela tras o desfile inicial quedarán agrupados no lugar indicado, agardando seren chamados de novo, si foran premiados, para a entrega de galardóns.
2. Os presentadores darán lectura da Acta do Xurado do Certame e irán chamando os premiados/as e as autoridades que procederán á entrega de premios.
3. O remate do acto de entrega de premios soará o Himno Galego para cerrar a celebración.
Venres 30 de Xullo: (na Feira do Trece)
21:00 horas.- Apertura do Oenach cun ?acto sorpresa?
22:30 horas.- Noite de Música Galiciana: -Bonovo
-Fía na Roca
Sábado 31 de Xullo: (na Feira do Trece)
10:00 horas.- Feira de artesanía e Comercio artesán.
13:00 horas.- Degustación de Menú Castreño.
14:00 horas.- Cita gastronómica para degustar un menú autóctono a base de porco celta ó braseiro.
16:00 horas.- Xogos populares.
17:30 a 19:30 horas.- Olimpiadas de Deporte Rural Interterritorial.
Sábado 31 de Xullo: (no Castro de Eiravedra)
22:00 horas.- Recreacións teatrais no Castro de Eiravedra a cargo da Compañía de Teatro Comunitario de Sedes. As obras estarán escritas e representadas pola veciñanza da parroquia, e dirixidas por Pedro Pablo Patinho.
23:30 horas.- Repichoca de Música Tradicional e convite gastronómico na Capela de Placente á beira do Castro.
Domingo 1 de Agosto: (na Feira do Trece)
VI Mostra de Razas Autóctonas Galegas
9:00 a 20:00 horas.- Mostra monográfica do Porco Celta.
10:00 horas.- Feira de Artesanía e Comercio Artesán.
Domingo 1 de Agosto: (na Feira do Trece)
Entre as 11:00 e as 14:00 horas.- Recreación dun Oenach, con esceas da vida cotiá da época castreña, e representación do Oenach de Sedes a cargo dos veciños.
14:00 horas.- Entrega de presentes ás entidades colaboradoras.
16:30 a 18:30 horas.- Recreación do Oenach e representación parateatral a cargo da veciñanza de Sedes.
17:00 a 19:00 horas.- Encontro de Deporte Rural, coa demostración de diferentes variantes de deporte rural peninsular.
19:00 horas.- Carreira Popular ó Castro, que xa se está a converter nun clásico como proba atlética na época estival.
20:00 horas.- Entrega de trofeos de tódalas probas deportivas.
Clausura do Oenach coa entrega da II Edición do Premio Castrexo do Ano.
Cultura Aberta nos Xardíns da Deputación. Concerto dos Festicultores e de Maghúa
Despois de máis dun ano de xira, co espectáculo E.G.F.A., no que ademais de percorreren as rúas e os escenarios de Galiza, acompañaron a Manu Chao e Radiobemba na fin da xira europea en Baiona (Francia) e no 50 cabodano do Che Guevara en Santa Clara (Cuba). Gañaron o Premio do Público no Festival Internacional Haizetara de Amorebieta-Etxano, e compartiron cartel con grupos internacionais como Gogol Bordello, Emir Kusturika & The No Smoking Orchestra, Fanfare Ciocarlia. Festicultores comezarán o 2010 no Festival de Cine Kustendorf en Drvengrad, como invitados do seu director, Emir Kusturika, onde presentarán un espectáculo baseado no E.G.F.A. pero con moitas novidades e temas novos. Así pois, aquí está, xa preparada, a Troupe, para descargar o PODER BALCÁNICO e o seu RITMO TRITURADOR.
O termo "Manjúa", empregado tradicionalmente na costa do Cantrábico para denominar un banco de peixe (sardiña, bocarte...), segue a ser utilizado na zona do Morrazo baixo a forma de Maghúa. Deste xeito "Maghúa" é un grupo de mozos residentes na vila da Coruña, interesados en recuperar e transmitir unha pequena porción da tradición do País. Botáronse á auga no Nadal do ano 2006 como grupo de cantareiros, unicamente voz e pandeireta. A día de hoxe tamén tocan como grupo de gaitas, e están avanzando na formación dunha charanga, incorporando requinta e saxo soprano. Son dous, basicamente, os obxectivos deste grupo de amigos: recuperar e transmitir a tradición e pasalo ben...
Que lembranzas garda de Paralaia, o seu debut discográfico?
?Daquela estaba a estudar jazz en Vigo e comecei a descobrir as posibilidades de escribir para todo tipo de instrumentos. Esas clases supuxeron unha apertura musical importante para min e cheguei á conclusión que podía levar esa bagaxe ao meu terreo e compoñer para instrumentos próximos a min. En canto pensaba isto xurdiu por casualidade unha chamada do festival de Lorient pedíndome que fose coa miña banda a tocar alí, daban por suposto que a tiña, e eu mentín e dixen que iría cando aínda non tiña grupo co que tocar! Coincidiu no tempo a miña intención de comezar unha carreira como solista con esa proposición, e foi un punto de partida para principiar. Alí funcionou todo moi ben e reafirmoume na idea de continuar o camiño emprendido. Lembro que os espectadores pedían discos para mercar cando aínda non tiñamos nada gravado. Importante foi a axuda dispendida por Jacky Molard na produción do disco.
?E nesa obra cantou dúas pezas Mercedes Peón que impactan moito. Vostedes dous ofreceron naquela altura unha vía diferente ao acostumado no noso folk.
?Foi clave contar coa colaboración de Mercedes nese momento, unha artista cunha bagaxe detrás tremenda. Descobrina nun festival Cidade Vella cando chegou ao escenario soa coa súa pandeireta e unha voz espectacular. Fiquei abraiado. Aire de Cruceiro e o Pateado naceron pensando nela e animeina a facer a letra. Creo que foi un cocktail explosivo o que montamos. En canto á nosa chegada ao folk creo que o fundamental para os dous era non seguir os patróns xa feitos. No meu caso provén da inquedanza que me producen todos os estilos que me atraen e teño na miña cabeza. A clave é realizar algo que non estea feito. Iso provoca que te diferencies dos demais. Non aturo as copias, non me encaixan. Resulta fundamental contar cun estilo propio e que a xente recoñeza unha canción como túa en canto soa. E todo iso aparece servido nas miñas composicións cunha influenza da música tradicional galega.
?Co segundo disco gravou para Virgin. Que lle pareceu o paso por esa multinacional?
?Horas antes de saír ao escenario da sala La Riviera en Madrid comunicáronme que os xefazos de Virgin asistirían ao concerto e que alí ían decidir se apostaban por min ou non. Levaban un ano seguíndome a pista. Convenceulles o espectáculo e déronme carta branca para realizar a produción. Flipei coa proposta que me ofreceron. Como todos os estudos de Madrid estaban ocupados nas datas que escolléramos debimos gravar no máis caro. Cando traballas en estudo sintes a presión do reloxo cando as horas van pasando. Logo estiven dando os toques finais nun estudo de Glasgow con Donald Shaw, de Capercaillie. Quedei encantado do trato que me deron en Virgin. Despois absorveuna EMI e todo rematou.
?O seguinte paso é o álbum Zume de terra.
?O cambio importante é que rexeito os estudos de gravación de Madrid, que resultan moi caros. Non quero pagar esa peaxe. En Glasgow vexo que poden facerse outras cousas e lánzome a montar un estudo na miña casa, algo ao que me axudou moito o técnico de son Tasende. Foi un traballo feito con toda a calma do mundo e dinme o pracer de convidar aos Capercaillie para unha peza, a Júlio Pereira ou á caboverdiana Sara Tavares para que cantase. A xente véu a casa a gravar colaboracións. Teño o método de que o fagan sempre á caida, na primeira toma, xa que logo queda con moita frescura.
?O disco Home xa o temos máis recente e agora edita Volta. Foi gravando regularmente cada 2-3 anos. É o periodo comercial que esixe o mundo do folk?
?Nunca pensei en estar catro ou cinco anos sen novo álbum e poder estar tanto tempo sen compoñer pezas para un traballo. Agora estou nunha etapa nova de non ser tan dependente da tecnoloxía, de ordenadores, software? Entras nunha dinámica perigosa de dependencia brutal das últimas novidades
?Pasado o tempo revélase como un acerto a súa conversión en solista logo de tocar varios anos no grupo Fol de Niu.
?Daquela, a finais dos noventa, era case impensable poder vivir da música e máis tocando a gaita. Pode ser que algúns que nos lanzamos a ser profesionais fósemos valentes. Eu descobrín que quería adicarme a isto cando era un rapazolo que tocaba nunha banda de gaitas e no Festival Intercéltico de Moaña facías jam-sessions con músicos escoceses e irlandeses, e comprobaba que vivían de tocar música polo mundo adiante e vin claro que, se tiña posibilidade, iso era o que quería facer coa miña vida.
?Quería que me falase das diferentes bandas que tocaron con vostede e do traballo efectuado para ter un bo directo.
?Fun variando de formación case en cada disco porque me parece máis sano. Poden cansar de min e eu deles. Os discos son como un experimento onde podes chamar a convidados especiais cos que non contas nas actuacións. É case como un agasallo ao ouvinte. Nos directos tes que ofrecer outra versión e agora mesmo manexo un concepto amplo de chegar a un público que quizais non escoita este tipo de música. A intención é que fagas disfrutar aos espectadores, aínda que esteas nun país en que descoñezan o que é a gaita. Quero ofrecer un espectáculo e refugo facer algo standard. Fago a miña película no palco, teño claro o que pretendo e un dos obxectivos é por á xente a bailar nos momentos culminantes do recital. É importante para conseguilo contar co teu deseñador de luces e os teus propios técnicos de son e monitores. Cando tes inquedanzas e viaxas, e vas a festivais sobranceiros o que sucede é que te divirtes e tamén aprendes de bandas moi diferentes e cadaquén monta a súa película persoal no escenario.
?Que diferenzas atopa no folk galego dende que comezou de solista ata agora?
?Esta cuestión daría para falar moito. Estamos nun punto de inflexión. En todos os festivais europeos pagan unha entrada e aquí nunca sucedeu así e considero que, con ese xeito de facer as cousas, acabas por queimar ao público. Levamos vinte anos sen cambiar esa actitude. Aquí a xente comenta ?a ese artista xa o vin?, e ao mellor o concerto ao que asistiu tivo lugar cinco anos antes e os músicos están a facer algo diferente, pero o concepto é de que xa está escoitado.
?Pasados xa trece anos, pode dicir que se considera un profesional que vive disto?
?De momento conseguino e non resulta doado. Teño un pouco a mentalidade do mariñeiro de se non pescas, non comes. Esta forma de vida ten un risco continuo porque a situación económica resulta inestable en función do demandado que esteas. Por exemplo, eu estiven cun stand propio na feira do Womex, onde se xunta xente de todo o mundo para ofrecer as súas propostas na música de raíz e esa aposta personalizada foi moi custosa a nivel económico, pero é preciso arriscar se queres ter unha visibilidade grande diante dos programadores de festivais.
?Tocou xa en bastantes países. Amosou que a gaita funciona como calquera outro instrumento á hora de conectar co público, aínda que descoñeceran o seu son?
?Iso de que a gaita é limitada? As limitacións están no instrumentista e iso sucede con calquera instrumento. Ademais tamén existen cantantes con tesitura vogal limitada e triunfan en todo o mundo. O importante é como concibes ti a música e o espectáculo que ofreces. O público pode disfrutar cun instrumento que descoñece pero que lles transmite sensacións.
?Cales son os seus festivais de folk predilectos?
?O Celtic Connections é marabilloso. Celébrase en xaneiro en Glasgow e é o punto de partida do que se verá en todo o ano. Quen triunfa alí logo toca moito. Temos o Ollin Kan mexicano, cun mes de concertos a esgalla e no que existe unha grata convivencia entre músicos. Foi impresionante tocar na praza do Zócalo e tamén que unha produtora dun programa televisivo, que seguen 14 millóns de espectadores, teimara para que participásemos nese espazo. En Ortigueira fixen catro concertos como solista e un con Fol de Niu e quedei alucinado dende o primeiro momento. Sempre aproveito algún día para ir como espectador. Alí aprendín moito no backstage do xeito de traballar de grupos sobranceiros. Ten un ambiente especial e todos os músicos coincidimos en que tocar nese escenario é unha animalada.
?Que artistas o impactaron ao ao longo deste tempo?.
?Os escoceses Capercaillie. Toquei con eles en Moaña cando era un rapaciño e logo fomos véndonos no tempo, e agora temos amizade. Entre eles existe unha química especial que saben trasmitir ao público. Tamén citaría aos irmáns Molard. Estes bretóns son un mundo á parte. Descobrin a súa mestría cando tocaban coa banda Dem e cando escoite que tocaban Aires de Pontevedra no repertorio foi algo que me impactou. Milladoiro significou todo para a miña xeración e marcou o camiño. E pecho co irlandés Davy Spillane, que unía a un gaiteiro cunha banda que se movía con soltura no blues-rock.
Denís Mutante, unha das voces da banda, fálanos, gardando distancias, da música do conxunto, con alto compoñente político, letras incendiarias e un estilo propio. A banda estradense actuou por primeira vez en Compostela nun día especial, o 24 e xuño, no marco do Festigal.
Pregunta: Inauguraron un estilo propio, en que consiste o 'Aranhoto Style'?
Resposta: O 'Aranhoto' é un estilo moi particular porque mestura moitas cousas, basicamente electrónica cunha mestura de funky, soul, hip-hop, incluso, un pouco de todo. Como todos os músicos teñen formacións diferentes e tocaron moitos estilos, puxemos ese nome porque a verdade é que non nos parecemos moito a nada.
P: Cando definen a súa música como 'marxista-electricista', a que os referides?
R: Iso vai un pouco polas letras. Galegoz é unha banda que ten un compoñente moi político e social pero sempre dende o punto de vista do humor e do lúdico. Define, até certo punto, a nosa filosofía. Falamos de moitas cousas pero sempre dende un punto de vista divertido e persoal.
P: Podería dicirse que hai compromiso coa terra por parte de Galegoz?
R: Non sei se diría tanto. Hai unha crítica ás cousas que pasan. O primeiro de Galegoz é que é unha banda para divertirse. Falamos de cousas serias e das cousas que pasan, sobre todo no último disco, que coincidiu non momento moi... importante, que foi este último cambio de goberno. Neste si se pode ver a voz máis crítica. Mais o primeiro sempre é a diversión e despois, evidentemente, estamos no mundo e aféctanos todo o que pasa no país.
P: O feito de cantares en galego, supúxovos algún atranco na vosa traxectoria?
R: Si e non. Obviamente, a música en galego tes que buscala, como usuario. Un adolescente que escoita a radio ou busca especificamente música en galego ou senón non lle vai chegar, xa que o que soa son outras cousas. Por outra parte, o galego axúdanos no sentido en que hai un público, reducido, pero que apoia moito e que si que valora que as bandas traballen en galego.
P: Cales son as orixes do nome da banda, Galegoz?
R: É un xogo de palabras. Por un lado foi un pequeno guiño ao grupo 'Gorillaz' que tamén era un grupo virtual cando comezamos no 2006. Hai que aclarar que Galegoz comezou coma un proxecto pequeno e coma un grupo virtual, o noso obxectivo era sacar un disco, colgalo e que se oíra. Por outra parte, significa galego en euskera; por suposto, de forma sonora parecíanos bonito e divertido
P: É a primeira vez que actúan no Festigal? Como ven a actuación?
R: Si é o primeiro ano que estamos no Festigal. Fainos moita ilusión esta cita; primeiro por actuar en Compostela xa que a metade dos integrantes do grupo viven ou vivimos nalgún momento alí e tamén porque é un día moi bonito, o 24, un día de festa e porque é un festival moi importante que sempre ten moita xente. A verdade é que estamos moi ilusionados coa actuación
P: Podería definirme a súa música en poucas palabras?
R: Non sabería dicirche... Electrónica para...a festa
Concurso de Gaiteiros Solistas:
1º premio - Isidro Vidal (Acompañado de Jose Manuel Mojón)
2º premio - Javier Vázquez (Acompañado de Álex Fente ao tambor e Serxo Núñez ao bombo)
3º premio - Ismael García (Acompañado de Antonio Prado ao tambor e Roberto Aller ao bombo)
Concurso de parellas:
1º premio - Zafarrancheiros de Rianxo
2º premio - Biligos de Betanzos
3º premio - Gazafellos de A Coruña
Fiel á frescura das primeiras tomas, Xosé Manuel Budiño (Moaña, 1969) recoñécese pouco amigo de repetir as súas gravacións. Por iso e porque os seus concertos ben merecen sobrevivir ao esquecemento, o seu novo traballo, Volta, gravouno en formato CD e DVD durante o Festival de Ortigueira 2009. Foi en vivo, ante milleiros de almas, e é esa forza de Ortigueira a que imprime carácter ao resultado.
A finais de verán voará a Arxentina e Bélxica para presentar o disco
"En Shaigón a xente estaba como tola bailando coa nosa música"
Con Volta o moañés pecha a xira mundial que lle levou ao longo do últimos catro anos por cidades como Shanghai, Tetuán, Buenos Aires ou Rabat. Un percorrido de ida e volta que queda retratado na road movie que acompaña á gravación, dirixida polo mesmo Quique Otero que xa puxo en marcha a marea Crebisnky e que ofrece, entre outras perlas, minientrevistas con Kepa Junkera, Mercedes Peón ou os líderes da banda escocesa Capercaillie. A actuación sorpresa que protagonizou o pasado marzo na Praza dás Praterías de Santiago pon o toque de enxeño a un disco que pouco ten que ver co seu catro traballos anteriores.
"Hai tempo que quería gravar un disco en directo e un vídeo creación", comenta Budiño, "e foi en parte esa mestura de formatos o que fixo de Volta un traballo tan complicado". A elección de Ortigueira, festival que el pisou por primeira vez en 1987, para pechar semellante periplo vital se justifica por ese "aquel especial", que, di Budiño, só se atopa nas terras de Santa Marta. "Alí tiven a sorte de atoparme con xente como Béla Fleck, Kepa Junkera, A Bottine... xente que a pesar da súa experiencia en festivais de todo o mundo tiña a mesma expresión que os mozos que soben por primeira vez a escena". Sobre esas mesmas táboas nas que explorou as emocións do directo decidiu botar o peche a unha viaxe que culmina.
Agora, apenas un mes despois da presentación de Volta, vólvese a abrir un novo horizonte que o levará por terras belgas e mexicanas. En agosto estará no Festival Sauga Folk de Cantabria e só unha semana despois voará até o Paseo da Praza, en Buenos Aires, para regalar á diáspora galega a súa mestura de tradición e modernidade. No camiño, ao seu paso por Sevilla, promete reeditar a colaboración co vocalista e guitarrista Xoel López, despois das boas críticas que lles mereceu a ambos o seu primeiro encontro.
Tocar para xente que xamais ouviu o son dunha gaita e nada sabe das melodías galegas é un reto que Budiño asume con tranquilidade. "O importante é a calidade da música e que o intérprete sexa capaz de transmitir con ela o que sente. En Saigón, por exemplo, a xente estaba como tola cos nosos temas. Bailaba e mostraba esa actitude viva que nós sempre pedimos ao público". O éxito da fórmula demóstrao que ao longo do seu trece anos de carreira poucos son os auditorios e festivais do circuíto folk nos que non vibrou o seu punteiro.
Aínda que a maior parte do seu traballo ciméntase na fusión do folk con outros xéneros como o jazz ou o rock, Budiño enraíza a súa música na tradición galega. Parte da herdanza que lle deixou a súa formación como gaiteiro na escola Semente Nova e o posterior paso polas formacións Fol de Nui e Xarabal. "Neste disco só hai un tema tradicional, Tradi. O resto son composicións propias nas que uso pinceladas desa tradición musical". Volta recolle o mellor dese saber facer e enriquéceo con novas composicións e un son actualizado que revive éxitos pasados. Non faltan clásicos como Paralaia ou Arredor, que o encumbraron en 2000 e volven situalo agora entre o máis vibrante da música galega.
A radio portuguesa RDP sitúa o álbum conxunto do galego e do guineano arrasando nas listas
Aló Irmao! é o álbum publicado por Fran Pérez Narf e por Manecas Costa. Galego e guineano, branco e negro, confirman a teoría de que os opostos se atraen porque é incuestionable a calidade do son elaborado por estes músicos de orixes tan diferentes. O título do single, homónimo ao do disco, acadou o teito das listas de éxitos da RDP África, unha emisora pública portuguesa que ten difusión por tódolos países lusófonos do continente africano. Chegaron o máis alto desbancando no número un ao tema Mozamverde, de Otis e Tito Paris, e tan só catro semanas despois de entrar nas listas, o que demostra o éxito que están a ter tanto en Portugal coma en toda a África lusófona.
?O éxito do noso proxecto Aló Irmao! baséase en que unificamos a música de Galicia coa música de Guinea-Bissau. Pero non se trata só diso. Este disco ten moita calidade, é un proxecto moi coidado?, sinala o músico guineano Manecas Costa. Pola súa parte, para Narf ser o número un da RDP en África é algo moi importante. ?A emisora escóitase, ademais de en Portugal, en moitos países de África: Angola, Mozambique, Guinea, Cabo Verde... en tódolos países lusófonos?, confesa o galego. Tal foi o éxito que Manecas Costa recibiu unha chamada do presidente do seu país para expresarlle os seus parabéns. ?Foi algo incrible, non o podíamos crer, de verdade?, admite Manecas.
Dende a gravación do álbum en xuño de 2009 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, escenarios de Galicia, España, Brasil ou Arxentina tiveron o privilexio de escoitar o gran directo de Narf e a Manecas. Non obstante, os creadores de Aló Irmao! teñen o soño en común de actuar en África, concretamente na Guinea, a terra de Manecas Costa. ?Ir a Guinea-Bissau sería unha das cousas máis fermosas na miña vida?, sinala Narf.
Pero polo momento a súa cita máis inmediata está na cidade da Coruña. Mañá venres, Narf e Manecas Costa levarán a cidade herculina as doce cancións das que está composta o seu Aló Irmao! O publico que acuda ás 22.30 ao Castelo de San Antón escoitará esa exótica mestura de guitarras españolas con instrumentos africanos, coma a tina ?alcumada ventre de muller? unha especie de tambor de auga guineano composto por unha cabaza flotando nun balde de auga. A actuación está enmarcada no ciclo de concertos Son de Noite, que está a traer a Coruña artistas coma Omar Souleyman ou Emilio Rúa.
"Son da Alma nace do aroma das orquestras, do que nos namorou cando cativos"
Confesa ademais o rapsoda de Moaña: "Non todo foi 'Xirarei', as pezas reivindicativas son as que máis me emocionan".
Antes de nada, como é que unha persoa coa traxectoria e a enerxía que vostede demostrou posuír pode pasar tanto tempo de parón? O mono tivo que ser terrible, non?
Está claro que son unha persoa de directo e non só de estudio. Pero a vida artística é moi complicada. Se tés familia e queres levar unha vida con certa estabilidade, vas a estar a expensas de se tes galas ou non, de se un disco sae mellor ou peor. É a razón pola cal eu xa a comezos dos 80 busquei outras saídas e montei o meu primeiro negocio de hostalaría. Porque vivir da música é complicado. Pero iso non quita que aínda cando estiven de parón estivese fóra da música. O inverno, a compaña dunha guitarra, a xente, as ideas... Sempre parindo cousas.
Cóntenos deste 'Son da alma'. Que tiña na alma Xil Ríos cando lle pediu o corpo este novo disco?
Son cousas complicadas de explicar. Porque se trata do que flúe de ti mesmo nun momento dado. As vivencias dun neno, as lembranzas da música que escoitabamos daquela. Músicas mexicanas, caribeñas, a salsa, o son... sons do que nos namorou cando cativos. De aí nace. De cousas que se levan moi dentro. Dese aroma das orquestras que sempre tiveron moito éxito neste noso país que sempre foi Galiza de grandes orquestras. Eran os 50 e tantos e corríamos polas verbenas e, antes de que nos viñera a beatlemania, iso é o que escoitábamos.
Aínda con ese fío común, este último disco explora varios matices : ese desafío festeiro do 'Xa caerá', ese compás máis íntimo do 'Unida a min'... como fixo a selección? quedáronlle pezas no caixón?
E claro, sempre quedan pezas. E unha vez que comeceu a compoñer todo foi moi rápido e saía con moita enerxía. Logo da experiencia anterior, co 'Vai e vén', no eido do folk mais cunha concepción moderna, é un cambio considerábel. Pero é o que xurdiu dun xeito moi natural. Empecei a compoñer temas con ese fío e gustoume tanto que xa tirei por aí. A partir diso, había que mestizalo a darlle tamén un toque moi noso, por exemplo con esas pandeiretas, o maneo que tan ben entra con moito ritmo con moitos destes sons. E falando con Segundo [Grandío] miramos de buscar un percusionista cubano, el mesmo insistiu en tocar o baixo, contamos cun tresero magnífico, do mellor que teña escoitado eu con ese instrumento. Que por certo, contábame o cubano que colaborou con nós, Willi Mondeja, que lle chamaba a atención ese son que tiña na alma porque, dicía el, era mesmiño o que seu pai tocaba nos anos 40... E dicíalle eu: isto, neniño, mámalo desde pequeno. E así é.
Hai varios perfís en Xil Ríos... o máis festeiro, o máis íntimo, o reivindicativo. En todos se sente cómodo? Cal lle ten outorgado máis satisfaccións?
En verdade pódese dicir que as satisfaccións dachas o mundo comercial e non o ámbito máis 'social'. Pero o social outórgache outro tipo de satisfaccións, aínda que ás veces leves paus. Falaba un vello de por aquí aí nunha taberna 'Por dicir máis de catro verdades perdín algo máis de catro vasos'... Evidentemente eu cando comecei fíxeno no eido da reivindicación. Denunciei, loitei á beira dos mariñeiros. Eran tempos duros. Había moito que denunciar.
A cousa virou cando asinei cunha multinacional. Funcionan así: só queren aproveitar unha boa voz sen máis complicacións. Foi ben significativo cando despois me chamaron da CBS moi interesados en min. Apetecíame cambiar de compañía, pero tamén de estilo: volver ás orixes. Cheguei onda o director artístico da discográfica e ensineille os temas na liña reivindicativa na que quería ir. Insistíronme en que me querían para cousas do tipo Xirarei e Rapaciña bonita, sen complicacións. E cando insistín xa me cepillaron (ri).
E nestes tempos de crise volve asomar esa vea reivindicativa...? Ademais a música é do mellor para espantar a crise, non é?
Home! Se ben por sorte todo cambiou, deixamos atrás unha ditadura e hai presións que desapareceron, a reivindicación non é menos necesaria. E a min aínda me gustaría dicir máis de catro cousas. Estáche falando un paisano que xa tivo que andar a labazadas con armadores, que ergueu a voz cando fixo falta. E cando un se bateu desde novo por uns ideais e puxo esperanzas nunha xente, cústalle ver cousas que están pasando. Non dou creto ao que fan e o que din algúns políticos e moitas veces decepciónante tamén as actitudes dalgúns sindicatos. Envelénome moito cando paro a pensar en cousas destas. Róeme por dentro. E que están pasando cousas... Miro cousas que non creo!
Ao fío diso... poucos músicos hai que poidan dicir que sexan protagonistas do que a sociedade asumiu como 'himno'. Pero alén do Xirarei e temas similares, se cadra os que o gran público coñece... serán algúns dos menos coñecidos aos que Xil Ríos lle garda un cariño especial...?
Claro, ás veces dáche un chisco de tristura que só parezan quedar na memoria pezas como o Xirarei ou Rapaciña bonita, Maruxiña... Son ás que máis doado fican na xente. Pero recoñezo que hai temas da miña época máis 'social' que son os que máis me emocionan. Pezas como 'Nosa Galiza', 'Aos meus amigos', tema que mesmo foi vetado pola TVE, 'Vello compañeiro', 'Mar adiante',
E sempre en galego, malia que por exemplo fixéronlle armar unha versión en castelán do 'Xirarei'. Pedíronlle moitas veces que cantase en castelán?
Pois si, sempre había sobre todo xente de fóra a quen lles gustaban as cancións pero tiña esa teima. Eu tiña que desculparme, porque o certo é que nunca tiven repertorio ningún en castelán. Si é certo que algunha vez saíu algún tema, caras B, en castelán, en realidade non as tiña incluídas no repertorio. En galego era o natural. Recordo por exemplo en Suíza unha xente que se me achegou e me felicitou e pediume que cantase algo en castelán. Foi conmovedor ver como lles gustaba a miña música, pero no tocante á lingua, simplemente non me saía e con moita diplomacia díxenlles que non podía ser. O meu repertorio sempre foi galego.
Por certo, préstalle ese alcume de 'O rapsoda de Moaña'? Como foi que llo puxeron?
Foi Xosé María Castroviejo. A cousa xurdiu dun pequeno poema que fixen por respecto e homenaxe a meus pais e á xente da emigración. De aí saíu a primeira letra que eu compuxen. E coincidiu nunha ocasión que Xerardo Rodríguez, da Radio Popular Vigo, convidoume a unha cata de viños do Condado nas Covas de dona Urraca. Alí cantei por primeira vez aquel 'Nosa Galiza'. E a xente quedou encantada e impresionada. Daquela foi cando Castroviejo me puxo o do rapsoda.
E 'O baile lévase dentro', di unha peza deste Son da alma, ten moito baile preparado Xil Ríos...? No seu 'Xirarei' vital en que novos proxectos cavila?
Pois si que o do baile o levo moi dentro. Mentres a forza aguante aí seguirei. Viña dunha época na que estaba moi saturado física e psicoloxicamente. E buscar e barallar ideas fóra do que estaba facendo animoume moito. Recuperei as gañas de tocar e bailar. E este disco apetéceme moito vivilo en directo.
A artista e compositora galega Mercedes Peón vén de ser seleccionada polo xurado do Womex ?a Feria de Músicas do Mundo máis importante do mundo? para actuar na súa sección oficial que se celebrará no Forum Copenhague o 29 de outubro.
A compositora Mercedes Peón acudirá coa súa performance, froito dun traballo de investigación musical electroacústica feito dentro e fora de Galiza. Trátase dun espectáculo multidisciplinar no que a artista interpreta varias das súas composicións e interactúa con cada un dos instrumentos que utiliza na súa posta en escena.
A proposta de Mercedes Peón foi elixida entre máis de 800 traballos por un xurado formado expresamente polo festival composto por sete figuras representativas de diferentes culturas e ámbitos musicais do mundo. Nesta ocasión conformárono o director do Roskilde Festival Peter Hvalkof (Dinamarca); a directora do Gandusiana Rovinj Music Festival, Melita Jurkota (Croacia); Corinne Serres, directora do Mad Minute Music (Francia); e Diego Siegelwachs, director de La Regla (Arxentina-Alemaña?.
Sobre o Womex
O Womex é a feira para profesionais do eido da world music máis importante do mundo. Cunha filosofía itinerante, varía a súa sede cada tres anos e supón unha cita ineludíbel para todos os participantes do sector. Esta cita, ademais das actuacións musicais, contempla na a organización de conferencias, propostas artísticas e a difusión de documentais.
A de outubro deste ano é a edición número 16 desta cita pola que en quince anos pasaron máis de 3.000 delegados procedentes de máis de 100 países
Corta feira 28 (Mércores)
? Festicultores na Praza das árbores de Cuntis ás 21:00
Quinta feira 29 (Xoves)
? Maghúa e Festicultores no Xardíns da Deputación de Lugo
Sexta feira 30 (Venres)
? Oenach Atlántico (Narón): Bonovo e Fía na Roca
? Berroguetto en Carballo
? Ith en Celanova
? III Noite musical Son da Burga (Baños de Molgas-Ourense):Xituma Batuke, Xestreu, A requinta da laxeira, Guezos e Cuchufellos
? Festival Os Camiños da Música (Verín): Zenzar, Machina, Gendbeat, ...
? Festival AntrosPinos en Taragonha (Rianxo): A Compañía do Ruido, Tiruleque, Falperrys e Estimaba que viñeras
? Intercéltico do Morrazo (Moaña): Ophiusa, Garma
? Festival Intercéltico de Sendim (Portugal)
Sábado 31
? Día do traxe Galego en Compostela
? The Homens en Catoira
? Xose Manuel Budiño en Marín
? Lamatumbá en Ribadeo
? Pepe Vaamonde Grupo en Neira de Rei (Baralla - Lugo)
? Ardentía en Redondela
? Noitarega en Valadares (Vigo)
? Quempallou en Manzaneda
? Mutenrohi na Festa do Pemento de Arnoia
? Vaamonde, Lamas & Romero no Grove na Praza do Corgo
? Festival AntrosPinos en Taragonha (Rianxo): Funky Style Brass, Festicultores Troupe, Cuchufellos e A Banda da Balbina
? Festixeve (Xeve-Pontevedra): O Sonoro Maxín, Tanto Nos Ten, A Tuna Rastafari...
? Intercéltico do Morrazo (Moaña): John Mcsherry Band, Anxo Lorenzo
? Serán na Praia de Deilán de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa)
Domingo 1
? Regueifeiros de Galicia ás 19.30 no Recinto Feira do Cabalo de Teixeiro (Curtis)
? Cristina Pato na Festa do Pemento de Arnoia
? Cristina Pato en Oimbra (Ourense) ás 19:00
? Fía na Roca e BellónMaceiras Quinteto no Corgo (Lugo)
Sexta feira 23 (Venres)
? Xose Manuel Budiño ás 22:30 na Alameda de Gondomar
? Berroguetto en Nigrán no Campo das redes de Panxón ás 22:30
? Chotokoeu no bar Bahía (Cariño)
? Tanto Nos Ten en Sarreaus (Ourense)
? Pradairo en Porto do Son
? Aló Irmao!ás 23:00 no Castelo de San Antón. A Coruña
? Ugia Pedreira y Fred Martins ás 23: 30 no Cabiria Bar (Vigo)
? Lorena Lores ás 23:00 na Praza da Granxa en San Xoán de Poio
? Fracasados de Antemano en Arteixo
? Carneirock (Moraña): Medomedá, Ruxe-Ruxe, Astarot, Esenia...
? Sargadelos Fusion (Sargadelos): Ataque Escampe, Sacha na Horta, Mallory, Recambios Tucho
? Festival do Santiaguiño (Padrón): Milladoiro e Lunasa
? VI Festival Folk de Muxía: Cuchufellos, A Roda, Pandereteiras de Muxía, Xaramiños do Corpiño
Sábado 24
? Gala de O Fiadeiro en Arteixo
? Quempallou no Grove na Praza do Corgo
? Kastomá en Ribeira
? Leilía na A Mezquita (Ourense)
? Ardentía en Gondomar
? Ophiusa en Porto do Son
? Sonoro Maxín en Baiona
? Raiba na praza 8 de marzo (Compostela) ás 21:00
? Lamatumbá na Praza da Quintana (Compostela) ás 24:00
? Victor Aneiros na Praza do Toural (Compostela) á 01:00
? Tanto Nos Ten na Mezquita (Ourense)
? Festival Folk A Fraga (As Pontes): A Banda da Balbina, Muxarega,...
? Festival Briga (Compostela): Machina, Trapallada, Eina, Indarrap...
? Festigal (Compostela): Os Cuchufellos, GalegoZ, Banda Potemkin, Santa Macairo Orkestar
Domingo 25
? Sonoro Maxín en Cambados
? Cristina Pato ás 22:00 h. no aparcamento de Tui
? Milladoiro en Compostela na Praza da Quintana ás 22:00
? Festival Causa Galiza no Parque de Belvis (Compostela): Projecto Trepia, Labregos no Tempo dos Sputniks e Fracasados de Antemano
? Festigal (Compostela): Bellón Maceiras Quinteto, O' Questrada, Susana Seivane
? Festival do Santiaguiño (Padrón): Fía na Roca e Rosa Cedrón
No Campus Sur (Festigal)
17:00 Os Folerpas
18.00 Grupo de Baile Armadanzas de Laraño.
18:30 LITANEI
20:30 SNATCH
21:00 na Praza 8 de marzo (AMI)
-Raiba
23:00 no Campus Sur (Festigal)
- OS CUCHUFELLOS
- GALEGOZ
- BANDA POTEMKIN
- SANTA MACAIRO ORKESTAR
23:30 no Parque de Belvis (Briga)
- Machina
- Indarrap
- EINA
- Trapalhada
24:00 na Praza da Quintana
- LAMATUMBÁ
01:00 na Praza do Toural
- VÍCTOR ANEIROS BLUES
25 de xullo
No Campus Sur (Festigal)
16:30 TNT Tanto nos Ten
18:00h HECTOR LORENZO & ALVARO VIEITO
18:30 Obradoiro de Xoguetes Sonoros por Pablo Carpintero
19:30 Obradoiro de Baile Tradicional a cargo de Gustavo Couto
20:00 ALEJANDRO VARGAS TRIO
20:00 Actuación zanfonas
21:00 no Parque de Belvis (Causa Galiza)
- Fracasados de antemán
- Projecto [?trεpja]
- Labregos do tempo dos Sputniks
22:00 no Campus Sur (Festigal)
- BELLÓN MACEIRAS QUINTETO
- O´QUESTRADA
- SUSANA SEIVANE
Galería da Cultura Tradicional 2010 (ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS)
SÁBADO 24 DE XULLO
· Mostras (durante todo o día)
· Mostra de Instrumentos Tradicionais
· Mostra de Traxes e Bonecas Tradicionais
· Posto informativo e de venda da AGG
· A partir das 17.00h:
Actuación do Grupo Os Folerpas (Carpa AGG -Pasarrúas FESTIGAL)
· A partir das 18.00h:
Actuación do Grupo de Baile Armadanzas de Laraño.
DOMINGO 25 DE XULLO
· Mostras
· Mostra de Instrumentos Tradicionais
· Mostra de Traxes e Bonecas Tradicionais
· Posto informativo e de venda da AGG
· Mostra de Oficios Tradicionais (GRUPO DE PORTADORES DE TRADICIÓN ORAL SAN TIRSO DEL EO)
· A partir das 16:30h:
Actuación do grupo TNT- Tanto nos Ten (Carpa + pasarrúas)
· A partir das 17:00h:
Representación explicada Mostra de Oficios Tradicionais
· A partir das 18:30h:
Obradoiro de Xoguetes Sonoros a cargo de Pablo Carpintero
· A partir das 19:30h:
Obradoiro de Baile Tradicional a cargo de Gustavo Couto
· A partir das 20:00h:
Actuación zanfonas
Café Concerto 2010
SÁBADO 24 DE XULLO
De 16:00h a 18:30h AUDIOVISUAL
· FESTIVAL DE CANS
· FILMINHO. FESTIVAL DE CINEMA GALEGO E PORTUGUÉS
De 18:30h a 19:30h LITANEI
De 19:30h a 20:30h DJ MARCELO
De 20:30h a 21:30h SNATCH
De 21:30h a 23:00h DJ MARCELO "Noites do Brasil?
DOMINGO 25 DE XULLO
De 16:00h a 18:00h AUDIOVISUAL
· FESTIVAL DE CANS
· FILMINHO. FESTIVAL DE CINEMA GALEGO E PORTUGUÉS
De 18:00h a 19:00h HECTOR LORENZO & ALVARO VIEITO
De 19:00h a 20:00h DJ MARCELO
De 20:00h a 21:00h ALEJANDRO VARGAS TRIO
De 21:00h a 22:00h DJ MARCELO "Musica do Brasil"
MANIFESTACIÓN (CON SAÍDA NA ALAMEDA)
13:00 h. Manifestación unitaria co lema Para enfrentarmos o capital, aquí e agora soberanía nacional.
ZONA DE XANTAR (PARQUE DE BELVÍS)
14:30 h. Xantar popular (prezo 10 ?)
ESPAZO POLÍTICO (PARQUE DE BELVÍS)
17:00 h. A loita pola autodeterminación. Galiza, Euskal Herria e Països Catalans.
Causa Galiza
Delegación vasca
Delegación catalana
18:00 h. Movemento obreiro e autodeterminación. Respostas á situación actual
Ricardo Castro. Secretario Xeral da CUT
Paulo Rubido. Secretario Nacional da CIG-Servizos.
19:00 h. Lingua e autodeterminación
Activistas en defensa da lingua
ESPAZO LITERARIO (PARQUE DE BELVÍS)
18:00 h. Presentación do libro Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural, do Cineclube de Compostela.
19:00 h. Presentación do libro Recessom ou colapso?. Teoria da crise dos marxismos de Júlio Teixeiro.
20:00 h. Presentación do libro Decrescimento, crise, capitalismo, de Carlos Taibo.
ACTIVIDADES PARALELAS A PARTIR DAS 16:30 H (PARQUE DE BELVÍS)
Partido de fútbol (organizado por Siareir@s Galeg@s)
Aberto de billarda (organizado pola Liga Nacional de Billarda)
Espazo para nen@s con actividades (organizado por Agarimar)
Feira de asociacións
CONCERTO (PARQUE DE BELVÍS)
21:00 h.
Fracasados de antemán
Projecto [?trεpja]
Labregos do tempo dos Sputniks
13h00 Vermout
14h00 Jantar
16h00 Palestra: O impacto do Jacobeu em nós
Laura Bugalho- Militante feminista
Pichi- Luita Verde, colectivo ambientalista
Leonardo da Cruz- CUT
Representante Ceivar
18h00 Exibiçom de Beatbox
21h00 Concerto: Raiba
22h00 Acto Político
23h00 PORTA FAXEIRA-RONDALHA
A Jornada começará com a manifestaçom do 24J, que como na ediçom anterior partirá às 22h00 desde a Porta Faxeira sob a legenda ? Pola resistência nacional, contra a ofensiva patronal. O COMBATE É AGORA!
Desde às 23h30 dará começo no Parque de Belvis o concerto:
- Machina, "post-bravú" da Galiza.
- Indarrap, rap chegado desde Euskal Herria.
- EINA, ex-Inadaptats, Païssos Catalans.
- Trapalhada, ska-punk da Galiza