Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados do XXX Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

Resultados do XXX Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina celebrado este domingo na Coruña

Categoría A: até 8 anos
1º- "O muiño da Retorta" do C.C. A Ponte Vella de Teo
2º- "Ferreiros" da A.C. Adro de Baio
3º- "Teirón" da A.R.C.D. San Martín de Razo

Categoría B: de 9 a 12 anos
1º- "Garagao" da A.C. Xacarandaina
2º- "B" da Agrupación Municipal Tequexetéldere de A Estrada
3º- "O Rodicio" da A.C. Xacarandaina

Categoría C: de 13 a 16 anos
1º- "Xarío" da A.C. Xacarandaina
2º- A.C. Os Muiños de Oliveira de Ponteareas
2º- "C" da Agrupación Municipal Tequexetéldere de A Estrada

Categoría D: de 17 anos en adiante
1º- C.C. A Ponte Vella de Reis
2º- A.C. Os Muiños de Oliveira de Ponteareas
3º- "Repenicoque" da A.X. Xiradela de Arteixo

Mellor bailador: Primeiro bailador do C.C. A Ponte Vella de Rei da Cat. D
Mellor bailadora: Primeira bailadora de "G" da E. de M. Cantigas e Agarimos de Santiago
Comentarios (64) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-07-2009 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Os soños que voltan. Susana Seivane
As cantareiras de Ardebullo introduciron a presentación, o pasado xoves 2 de xullo, deste cuarto traballo de Susana Seivane. Os soños que volven ve a luz xusto 10 anos despois da gravación do seu primeiro disco, Susana Seivane.

Seguíronlle Alma de Buxo e Mares de Tempo. Houbo que escoller entre 200 temas do acervo de Seivane, e da súa peneira saíron 14: a maioría son mesturas de pezas tradicionais,e hai tamén unha peza de Carlos Justo, outra de Julio Amado, e unha lembranza a Nazario González "Moxenas". O proceso, cóntanos, foi moi laborioso, pero deu lugar a un produto autoeditado e de 70 minutos.

"Soñando soñei que soñaba / soño de doce soneira / cando o soño remataba / soñaba con ser gaiteira". Dende que tiña tres anos e mirou a súa primeira gaita até os 20, en que arrincou a súa carreira profesional, Seivane recorre á música tradicional galega como pano de fondo. Este seu traballo é "unha mirada atrás sobre as pegadas que a música galega foi deixando na alma". Fixo a presentación, como non podía ser doutro xeito, no seu "berce", vital e artístico: o Obradoiro de Gaitas Seivane. Poderemos obter xa o disco nas tendas por 10 euros, ou escoitala o venres 10 de xullo no Festival de Ortigueira, "nun concerto extraordinario, con Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Pedro Lamas..."

E para rematar, dedícanos unha peza na súa primeira gaita, que comezou a tocar cando tiña catro anos



www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-07-2009 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Pecha a tempada do Furancho da Balsa (Vigo)

O Furancho da Balsa pecha as súas portas ata a tempada que ven.

Un cordial saúdo e unha forte aperta.
Furancho da Balsa.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-07-2009 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco dos Cuchufellos
“Achegaivos Feligreses“ (2009) é o nome que da titulo ó novo traballo de Cuchufellos, un disco con trece temas que sae a venda ó 10 de Xullo de 2009, e poderás mercalo a través da súa web ou nos concertos. [www.cuchufellos.com ]

Para comprender cabalmente a musica dos Cuchufellos, a sua técnica compositiva e o seu tono estetico-sentimental, advertirvos que seleccionaron os rasgos proprios das tradicións occitanas de "conditione rusticorum" combinandoas coas cadencias habituais do galego de "arrecendo campesino".

Música posta ó servizo de esmorgas, romerías, parrandas, larpeiradas, foliadas, vendimas e folguedos, tendendo a subvertir os estilos sin inhibicions nin psicolóxicas nen sociais.

Música propria de ialmas non corrompidas, unxida de gracia latina e profundidade celtica.

Convidamosvos a gozar ininterrumpidamente, abducidos por estes ritmos hipnóticos e de moi alto voltaxe, que unen igual os xoves de hoxe, como onte unian as tribus primitivas.

Escoita "O Lume Chega" un adianto do novo trabalho:

Para bailadores e cantaroleiros,
para regocixo dos nosos ouvidos e os dos vellos,
poñeros de fronte ou poñeros de esguello,
eiqui están os Cuchufellos e os seus trebellos!!!

Mais Info.: www.cuchufellos.com

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 09-07-2009 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Romaría Popular e Serán en Senra (Oroso)
Comentarios (4) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-07-2009 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Mestura Sons (A Bola)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-07-2009 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Sinto rock (Golmar - Laracha)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-07-2009 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Muros
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2009 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Descarga ao Vivo fusionará música galega e cubana
Esta é unha viaxe de volta: logo da convivencia de grupos e artistas de Galiza e Cuba nos xardíns da Tropical, na Habana (que podemos ver no vídeo) as dúas culturas volven irmandarse na outra banda do Atlántico.

Xa están á venda as entradas para os tres concertos: o 23 de xullo, o Teatro Rosalía de Castro acolle o primeiro deles ás 22.30. O 25 estarán no FestiGal, en Compostela, ás 22.00. E o concerto no Teatro Caixanova, de Vigo, o 30 de xullo ás 20.30, poralle o broche de ouro a esta semana. Amais, sortéanse 10 entradas mediante un "Concurso indiano" de fotografías da época, que se poden enviar a descarga@folque.com.

Jotas, muiñeiras, rumbas e güajiras configuran o repertorio deste espectáculo, adobiado con arranxos entre o jazz latino e o folque europeo, e que conta cun elenco musical de excepción, dirixido por Ramom Pinheiro no plano artístico, e tres persoas no musical: Alejandro Vargas, compositor cubano, premio Cubadisco ao mellor disco de jazz en 2008; Pedro Pascual, profesor da Central Folque, compositor, arranxista, produtor musical e músico de Marful; e Marcos Teira, compositor, arranxista e recoñecido intérprete de guitarra flamenca.

O proxecto nace da colaboración entre aCentral Folque e o Instituto Superior de Arte cubano, capitaneado por artistas que se dedican tamén á docencia, coma Guadi Galego, Quim Farinha, Ugia Pedreira, Oscar Fernández, Xabier Díaz, Edelmiro Fernández, Pablo Castanho, Pablo Pascual, Gutier Álvarez, Raciel Jiménez, Adonis Ríos e J.M. Díaz, amais dos bailaríns para a posta en escena.

Unha investigación sobre o patrimonio común

Amais da ducia de temas que xurdiron deste proceso, e que poderemos escoitar nos concertos, o libro A la Habana quiero ir, Los gallegos en la música de Cuba, recolle a investigación de Ramom Pinheiro Almuinha sobre a parte cubana do patrimonio musical galego. Editado por Sotelo Blanco, compendia meses de pesquisa na Illa.

A finais do século XIX e principios do XX, os emigrantes galegos foron tan numerosos en Cuba que "gallego" era sinónimo de Peninsular. O himno galego estreouse na Habana en 1907, de feito. Durante meses, Pinheiro estudou os compositores galegos emigrados ou exiliados na illa, os xéneros musicais que crearon e a influencia que a música galega exerceu nos compositores cubanos.

Así apareceron pezas inéditas ou longamente esquecidas do repertorio musical galego, e naceu Descarga ao vivo, un espectáculo musical de fusión galego-cubana do que Pinheiro é o director artístico. Un espectáculo que se estreou o ano pasado na Habana, no Teatro Mella, e que chegará o próximo mes de xullo a Galicia.

Entre os doce temas que interpretarán soarán melodías emblemáticas, coma a "Alborada de Veiga" ou "Un adiós a Mariquiña", mais tamén temas inéditos como "O Indiano" de Ricardo Fortes Albarellos, "Del Ferrol a La Habana" de Juan Parga, ou o tema "Cuba-Galicia", do compositor cubano Guillermo Tomás.

www.anosaterra.org

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2009 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Alborada do Brasil
Escoitando "Alborada do Brasil", o Atlántico é outra ría que ten fronte a Vigo, pasadas as Cíes, a Río de Janeiro.

Se ata agora Carlos Núñez sacoulle partido á Galicia norteña, a de la "irmandade das Estrelas" que limita con Irlanda e o céltico, mira agora ao Oeste e atópase todo un continente sonoro reflexo deste complexo mundo onde conviven, en pura amalgama, a samba e a muiñeira, Rosalía de Castro e o rap, o "forró" brasileiro e las "treboadas" galegas nun continuo armónico con só a alegría e a beleza como referente. Carlinhos Brown, The Chieftains, a Escola do Samba Beija Flor... son exploradores, xunto a Carlos Núñez, nesta gozosa aventura musical.

Solana
Faro de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-07-2009 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Fasero 3
O guitarrista e productor ourensán preséntanos a terceira entrega discográfica da súa traxectoria en solitario, probablemente o seu mellor traballo ata este momento pero que ten por pecado unha versatilidade que neste caso xoga máis en contra que a favor.

Fasero debería aclararse dunha vez e saber a onde quere ir parar porque mesturar nunha mesma obra o "Imaxine" de John Lennon e "A Gaita de Melchor" non resulta nada convincente. En cambio (na parte positiva) hai que resaltar que o modo de tocar a guitarra de Juan Carlos, que patentemente bebe das fontes de David Gilmour e Dan Ar Bras, debería dar moito máis de si do que ofreceu ata agora aos que seguimos o seu, de todos os xeitos, moi interesante quefacer.
S.R.

Faro de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-07-2009 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Fasero novo director de AGADIC
A Xunta nomea a Juan Carlos Fernández Fasero novo director da Agadic

Tras varios atrasos, o posto de director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) xa ten novo nome. Trátase de Juan Carlos Fernández Fasero, que substitúe a Miguel Martín á fronte do organismo, segundo aprobou este xoves o Consello da Xunta.


Ata agora, Fernández Fasero era director da empresa Zouma Producións S.L. e ocupou os cargos de vicepresidente da Asociación Galega de Empresas Musicais e de secretario da Asociación Galega de Produtoras Fonográficas. Ademais, era concelleiro do PP en Arnoia desde 2007.

Membro fundador dos grupos de música folk Grieih, Aqua-Lae e Mutenrohi, ademais de autor de tres discos en solitario, Fernández Fasero empezou encamiñando a súa carreira pola Física, estudos que cursou na Universidade de Santiago, en complemento dos de guitarra do Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

Como compositor e produtor musical traballou para Mutenrohi, Cristina Pato, Eva Carreiras e Lume e foi nomeado 4 veces pola Academia da Música como mellor autor en galego.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2009 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Tres discos, trece grupos, trinta poetas
De Carvalho Calero a Lois Pereiro e de Fanny + Alexander a Alexandro González. A música galega máis moza porfía en ollar de vez en cando á poesía. Unhas veces contemporánea, outras veces canónica, por veces ambas as dúas cousas

Non se pode contar a historia da poesía galega sen Antón Reixa nin a da música do país sen un dos seus proxectos sonoros máis situacionistas, Os Resentidos. Talvez estas dúas afirmacións sexan unha soa. Poesía e música, por algunha razón, levan moito tempo a dialogar no campo cultural galego. E o que é máis singular aínda: non deixan de facelo. Lonxe abondo da conexión folclórica, mesmo fóra da taxidermia institucional, as bandas e os solistas mozos porfían en virar a ollada cara aos versos, de agora ou de antes, para poñerlle música ou facelos propios. Mentres o bravú pescaba nos caladoiros identitarios do coloquial e do mundano, a facción máis militante diso que se deu en chamar “a esbourante escea da música galega” hai tres anos apaña nas bibliotecas.

Edicións do Cumio está a piques de editar Once máis 15, un libro-disco no que quince bandas, cada unha do seu pau, adaptan textos poéticos doutros once autores. Uns, xa desaparecidos, como o Celso Emilio Ferreiro ao que se achegan Miguel A. Suárez ou Xurxo Mares, e outros aínda a poñer as súas palabras entre as rodas do capital, como o Antón Lopo que transubstancian Ataque Escampe –remesturados por Galegoz– ou o Daniel Salgado de “Autopoética in progress”, que traen para a música Fanny + Alexander.

Proceso de selección

Trátase dunha iniciativa de Musicarte, un colectivo que se quere nas estremas do que a industria musical pode considerar rendíbel, como insinúa Miguel Alonso, un dos seus activistas. No principio foron os grupos, unha escolma maior que os quince que finalmente figuran no volume, e logo apareceron os poemas, escollidos libremente polos músicos e levados ás demos que chegaron á selección final. Fóra ficaron moitos, máis dos que entraron nos quince cortes, e dentro –á parte dos mencionados– están zimmer 103 (“Se has de chorar”, de Alfonso Pexegueiro), Miguel Alonso (“Nos ollos teus”, de Álvaro Cunqueiro), Anxo Rei (“Contarche hei amiga”, de Darío Xohán Cabana), Roberto Sobrado e banda (“A dama que fala”, do Grupo Rompente), Snail (“Cunetas”, de Luís Pimentel), Meiga do Norte (“Ai!”, de Curros Enríquez) e Julian Ross (“A Rosalía de Castro”, tamén de Curros).

O volume combina os textos orixinais, antes da metamorfose á que os someteron os grupos, e información sobre os autores, tanto dos poemas –biografías en sentido estrito– como das cancións –perfís máis libres que cada banda encargou a quen quixo–. Gravados por cada grupo segundo o seu criterio e cos seus medios, agás casos illados nos que Musicarte e Do Cumio botaron unha man contando co propio estudio de Miguel Alonso, os cortes do disco eran todos inéditos cando se entregaron. Agora, xa non.

Fanny + Alexander

Unha das cancións que comparte este disco con outro é “Autopoética in progress”, baseada nun poema de Daniel Salgado. Logo de entregala para Once máis 15, Fanny + Alexander incluírona no seu último disco, Alfaias (A Regueifa Discos, 2009), unha heteroxénea gravación que arrandea entre o pop electrónico e o acústico e na que o poeta de Monterroso comparte mp3 con outros autores da mesma xeración que Noel Feáns e Efi Arias, quen se agochan atrás de Fanny + Alexander: Mario Regueira, Emma Couceiro, Diego Ameixeiras, Lara Dopazo Ruibal, Xiana Arias, Igor Lugrís, Pedro Lamas, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa e Alberte Momán.

O interese de Fanny + Alexander pola poesía galega estaba no seu primeiro traballo, Lusco e fusco, onde rescataban algúns versos de Manuel Antonio, e sobre todo na súa segunda entrega, inmediatamente anterior a Alfaias. En realidade, Finais dos 70s, principios dos 80s (2007) era exactamente iso: un disco de adaptacións poéticas de autores, iso si, de distintas épocas. Dende Ricardo Carvalho Calero, nacido hai case cen anos, que hoxe podería converterse no protagonista do vindeiro Día das Letras Galegas, até María do Cebreiro, ou o propio Daniel Salgado dúas dos voces novas da poesía galega.

‘Atrocity exhibition’

Nese disco estaba tamén outro poeta sen o que non se poden escribir nin a historia da música nin a historia da poesía en lingua galega. Lois Pereiro (Monforte, 1958-A Coruña, 1996) titulou o primeiro poema do seu debut en libro “Atrocity Exhibition”, como a canción de Joy Division, e nunca deixaría de levar a música gravada na súa palabra. Fose escribindo sobre grupos nas distintas publicacións nas que colaborou ao longo das décadas dos setenta e oitenta, fose escribindo as letras do grupo do seu irmán, Radio Océano –“Narcicismo”, un dos seus poemas máis populares, é difícil de esquecer–, ou fose a través das adaptacións que os músicos fixeron dos seus versos. Aí, os paus tamén son todos. Dende Antón Reixa, que adaptou “Furia” cando Os Resentidos xa eran historiografía, até as máis recentes achegas de O’Leo i Arremecághona –para un documental aínda sen estrear– ou Alexandro González, o último en intentalo dende coordenadas ben diferentes ás dos seus predecesores.

Este músico lugués vén de presentar na súa cidade Oito cancións para oito poemas, un disco que se publica como resultado dunha das bolsas de primeira obra que concede a Fundación Caixa Galicia. Lonxe da vontade performativa de O’Leo ou das estéticas epocais dos Resentidos ou de Radio Océano, González (Salcedo, A Pobra do Brollón, 1981), membro fundador de Capitansonoro e colaborador de Meu, propón unha viaxe mental pola obra do poeta monfortino. Os oito textos, procedentes do segundo e último libro de Lois Pereiro en vida (Poesía última de amor e enfermidade, 1996), póñense nas voces de Xavier Deive, Lino Braxe, Antón Patiño, Julián Hernández ou Uxía Senlle, que canta o tema que arrica a gravación. Gravado entre maio de 2008 e xaneiro deste ano polo propio Alexandro González, único instrumentista e compositor de todas as pezas, vén a ser unha interpretación teatral, tanto no espacial como no narrativo, da obra dun dos poetas máis admirados polas xeracións posteriores a el.

Sexa como for, os traballos de Fanny + Alexander, Alexandro González e o colectivo que vai editar Edicións do Cumio veñen a confirmar que o interese das bandas mozas pola poesía en lingua, fagan pop, rock ou música experimental, segue vixente. Lonxe dos tópicos da canción de autor, o folclore ou a homenaxe, dialogan coa palabra contemporánea ou constrúen xenealoxías propias furando na tradición a golpe de portátil. Se a palabra é para quen a traballa, pódese dicir que hai moita máis plusvalía nun tema de Ataque Escampe que na deliberación que terá lugar hoxe na Real Academia Galega. Á filosofía da saudade de Ramón Piñeiro era difícil poñerlle un riff de guitarra ou unha percusión electrónica. Ao próximo, quen sabe, pódelle acaer.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 07-07-2009 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
José Marentes no Alalá

Hoxe, martes, día 07/07/2009

José Marentes é un dos mellores gaiteiros de Galicia e o derradeiro dunha antiga xeración de gaiteiros de Son Máxico da Fonsagrada.


O último portador do saber dunha antiga estirpe musical tecnicamente prodixiosa: a gaita é un instrumento de son continuo, pero eles eran capaces de silenciala nota a nota, de facer picados antigos incribles que os gaiteiros de hoxe apenas conseguen e de improvisar as pezas ao mesmo tempo que tocaban. Poder escoitar esta noite a Marentes no espazo de Alalá, é unha auténtica xoia musical e tradicional.

Marentes é un home feito a si mesmo. Comezou tocando no monte con pipas de alcacén ou castiñeiro e hoxe é un dos mellores gaiteiros de Galicia. Traballou a terra con esforzo e coa honra como principio e na vida lle faltou de nada. Humilde por natureza non lle gusta botarse nin que lle boten flores, pero este labrego de 71 anos con alma de gaiteiro é o último portador do saber dos antigos gaiteiros da Fonsagrada, algo que o converteu nun tesouro vivo da nosa música tradicional.
Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 07-07-2009 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Susana Seivane
Viaxe nostálxica de Susana Seivane no seu disco «Os soños que volven»
O cuarto traballo da gaiteira, que saiu á venda o luns, rescata da memoria familiar temas tradicionais


A gaiteira Susana Seivane decidiu presentar o seu cuarto disco, Os soños que volven, na contorna familiar que lle proporciona o Obradoiro de Gaitas Seivane, ou sexa, na súa casa. A súa familia estaba alí, desde o seu avó Xosé Manuel Seivane ata o seu afillado, o pequeno Brais, co que se inicia a cuarta xeración e xa ten a súa propia gaita feita polo seu bisavó.

Entre fotos familiares, roucos, farrapos punteiros e palletas abriuse o acto de presentación da man do dúo cómico Nucha e Moita, composto por José Touriñán e Marcos Pereiro, coñecidos polas súas aparicións nas noites de Luar , quen fixeron un breve e divertido repaso da traxectoria desta gaiteira, que comezou a tocar aos tres anos.

Décimo aniversario
Tras esta intervención, Susana Seivane explicou que «este é un traballo moi especial para min», xa que con este cuarto disco celebra o décimo aniversario da publicación do seu primeiro álbum. A gaiteira non puido ocultar a súa emoción ao recordar o inicio do proxecto: «Son as cancións da miña vida, todas pezas tradicionais recuperadas da memoria familiar que me traen moitos recordos, que tratei de adaptar a un son contemporáneo», apunta Seivane satisfeita mirando ao seu avó, quen comentou ao escoitalo: «Aquí haiche músicos».

Criba
Susana Seivane barallou máis de 200 temas para Os soños que volven, para ao final quedar con catorce cortes. «Foi un traballo laborioso e aínda así contén setenta minutos de música», afirmou Seivane, que adiantou que Os soños que volven será un disco barato, «o luns estará xa na rúa a un prezo de 10 euros».
Susana Seivane agradeceu a entrega dos músicos do seu grupo, que tamén participou na gravación: Brais Maceiras, Xurxo Iglesias , Iago Rodríguez, Carlos Freire e Carlos Gándara.

É un traballo moi persoal para Susana Seivane, que decidiu autoeditarlo e utilizar o local de ensaio como estudo de gravación; ata o xardín da súa casa resultou o lugar adecuado para rexistrar

Unha ollada ao libreto é visitar o álbum familiar dos Seivane, ademais do dos músicos, colaboradores e fans. Outro apartado do que Susana Seivane atópase moi satisfeita é o da achega de músicos como Rodrigo Romaní -«o gran culpable de que eu publicase fai dez anos o meu primeiro disco e que me acompañou en toda a miña traxectoria», afirmou a gaiteira-, ademais da participación de Anxo Pintos (Berrogüetto) coa súa fanfona, un instrumento que Seivane quere incorporar aos seus espectáculos, ou o magnífico violinista Harry Price.
«Non podo evitar a nostalxia nesta viaxe ao pasado», concluíu Susana Seivane.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 07-07-2009 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas para compartir
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 07-07-2009 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Mugardos e Keresú publican un disco en galego e guaraní
Cantos das dúas beiras reivindica a lingua como signo de identidade dos pobos

Coa intención de establecer un diálogo musical entre dúas linguas minoritarias o galego Xavier Mugardos e a arxentina Natalia Carossi "Keresú", publican Cantos das dúas beiras, o primeiro disco gravado en galego e na lingua guaraní da comunidade indíxena amazónica. O traballo conxunto dos dous músicos presenta once cancións, sinxelas pero fermosas, construídas con dúas guitarras e a cálida voz de Keresú. O disco foi gravado co mesmo son que o dúo presenta nos seus directos para reivindicar a música como un traballo artesán sen intervención das máquinas.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 07-07-2009 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Once máis 15
Libro con CD froito da unión entre once poetas galegos de todos os tempos e quince grupos da escena musical actual.

Versos que van dende Rosalía e Curros ata Antón Lopo e Daniel Salgado convértense en cancións por virtude dun elenco variado de músicos no que conviven a electrónica, o pop, o rock de diversa inspiración e case todos os estilos imaxinables.
O libro recolle as versións orixinais dos poemas, aquelas que serviron como punto de partida para as composicións dos músicos, así como pequenas biografías dos autores. Por parte dos músicos, a edición aporta imaxes das bandas e textos que os presentan.

-"Se has de chorar" de Alfonso Pexegueiro por zimmer103
-"Nos ollos teus" de Álvaro Cunqueiro por Miguel Alonso
-"Ningún lugar seguro" de Antón Lopo por Ataque Escampe
-"Longa noite de pedra" de Celso Emilio por Miguel A.Suárez
-"Non" de Celso Emilio Ferreiro por Xurxo Mares
-"Autopoética in progress" de Daniel Salgado por Fanny e Alexander
-"Cantarche hei amiga" de Darío Xohán Cabana por Anxo Rei
-"A dama que fala" de Rompente por Roberto Sobrado e banda
-"Cunetas"de Luís Pimentel por Snail
-"Ai!" de Manuel Curros Enríquez por Meiga do Norte
-"A Rosalía de Castro" de Manuel Curros Enríquez por Julian Ross
-"Outono" de Manuel María por David Taboada
-"Canción para cantar tódolos días" de Manuel María por Elanor
-"Cantan os galos pro día" de Rosalía de Castro por Fucoxabier
-"A xustiza pola man" de Rosalía de Castro por Nao

www.cumio.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 07-07-2009 08:30
# Ligazón permanente a este artigo
O novo disco dos Terribles de Donas
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 07-07-2009 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Brañas Folk
A banda ourensá Brañas Folk ultima xa os preparativos para o lanzamento do seu próximo disco "Alalá do Cebreiro" (PAI - Música 2009) que verá a luz próximamente. Un traballo que recolle entre outros, arreglos de temas tradicionais e medievais como o Canto das Chirimías da Catedral de Santiago de Compostela.

Este novo traballo conta con importantes colaboracións de músicos e cantantes como Pancho Álvarez, Uxía, Laura Amado ou Sonia Lebedinsky.

O CD deste traballo contará cunha pista interactiva multimedia con contidos adicionais: fotografías, e catro video clips de temas do propio disco.

Máis información do grupo en www.branhasfolk.com

www.ghastaspista.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-07-2009 00:31
# Ligazón permanente a este artigo
A música galaicobrasileira

O gaiteiro galego, que acaba de editar un disco producido en Brasil, trata as relacións sonoras de ambos lados do atlántico

O xornalista Carlos Galilea faloume un día dun interesante concepto, o das músicas portuarias, que mantiveron conectadas por mar unha soa «nación musical» na que se cociñaron as claves do éxito da música do século XX: a mestura das melodías e harmonías europeas, co ritmo africano.

Sábese que os emigrantes irlandeses e escoceses a EE.?UU. contribuíron coa súa música, mesturada coa dos descendentes de escravos africanos, á formación da que máis influiría no mundo na segunda metade do século pasado: o rock & roll, cos seus derivados e coas súas fontes.
¿Por que Galicia non colleu ese tren das músicas do XX, como si fixeron na Península o flamenco ou o fado? Seguramente por culpa da gaita. Os seus roncóns medievais non permitiron a viaxe cara á harmonía e o jazz. A guitarra gañou a carreira de América. No fondo esas son xa músicas urbanas e aquí a cultura galega sobreviviu no rural.

Aínda que, de maneira seguramente anecdótica, si que os galegos contribuíron a estas músicas na emigración: por exemplo no tango (lembremos o Galleguita de Gardel), ou en Cuba (onde tamén gravamos algún repertorio galegocubano, se cadra mesmo contribuímos ao bum cubano dos noventa ao facelo con Ry Cooder). Tamén no fado houbo emigrantes galegos. E seguramente no flamenco, coa cantidade de galegos que había en Cádiz ou Sevilla.

E algo de todo iso debe de haber, non hai máis que ir a calquera festa do verán en Galicia para se decatar do moito que nos gustan estes ritmos quentes, de influencia afroamericana. Mesmo mitos da música cubana levaban sangue galego e africano, como Antonio Machín, fillo dun galego e dunha descendente de escravos, ou Bebo Valdés, neto dun galego. Tamén é certo que neses países, o tocar ou bailar como un galego era símbolo de falta de swing ?
¿Será no Brasil onde Galicia atope finalmente e en profundidade a súa exitosa mestura co africano?

Galegos e negros
Como escribe meu amigo o maestro Tinhorão: «O contato direto entre negros africanos, portugueses e espanhóis na Península Ibérica remontava ao século XV, pois entre as mercadorias negociadas no Norte da Africa, figuravam escravos (muitas vezes africanos trocados por mouros, e que os muçulmanos traziam do interior do continente). Lisboa e Sevilla, ao reforçarem sua posição de entrepostos comerciais con América, só fariam crescer o número de vagabundos, valentões, criminosos ou simplesmente pícaros, destinados a formar ao lado dos escravos negros (e logo crioulos e mulatos) o público das diversões urbanas. A novidade de uma música producida pela gente do povo das cidades, para atender à expectativas do lazer urbano, estava nascendo em Portugal de Quinientos. E, tal como mais tarde viria a confirmar-se no Brasil, essa música popular surgia como criação das camadas mais humildes dos negros e brancos pobres das cidades».
Dicía un panfleto sobre a música «que veyo agora da Bahia, e o Fandango de Sevilla», que circulou na Lisboa do século XVIII -cando alí había 40.000 galegos-: «É o som do marujo, do galego, do moço de servir, da inquietação e da balburdia, dos barulhos e das traficâncias».

A moda do fandango
O fandango foi um bum na España do século XVIII moi relacionado coas colonias americanas. Hai quen di que nace da folía e que esta, á súa vez, vén do norte de Portugal. No século XVII, no mítico arquivo de música do Rei João IV figuraban 36 danzas galegas. A folía está etimoloxicamente relacionada coa nosa foliada, que é un fandango, quen sabe por tanto se tamén hai relación musical.
No século XVIII, o artista mulato brasileiro afincado en Lisboa Domingos Caldas Barbosa escribe: «Vence fandangos e gigas / A chulice do Lundum». Ou que é case o mesmo, o lundú vencía ás nosas jotas e muiñeiras... O ritmo do lundú vén dos batuques dos escravos africanos, mais a súa coreografia «imitaba a da dança espanhola denominada fandango».

Os brasileiros din que «tal fusão, realizada há tanto tempo, torna de certa maneira vã toda tentativa de procurar estabelecer o que é realmente africano ou europeu em nossas danças populares atuais». Mais eu acho xiros de Alborada antiga no lundú do XVIII que gravei con Carlinhos Brown e un coro de bahianas que ben poderían ser pandereteiras. E ese lundú é o máis vello contacto do africano e o europeo no Brasil do que se conserva transcrición musical.
E o máis incrible é que tantos anos despois, o lundú segue vivo con outro nome. Eu escoitei hai só uns meses en Bahía eses mesmos xiros «gaitísticos» no Axé eléctrico máis de moda. E o baile do público asistente -brazos en alto como de muiñeira ou jota e movemento africano de cintura para abaixo-, e tal e como describían os viaxeiros ao Brasil hai más de 200 anos, «sedutora dança dos negros, misto de coreografia africana e fandangos espanhóis e portugueses» (Thomas Lindley, Bahia, 1802).
Nas miñas viaxes vivín moitas veces a reacción espontánea dos percusionistas brasileiros ao tocar eu a gaita. Tal como describe nunha exposición colonial portuguesa O Comércio do Porto , en 1934, «eu mesmo vi um preto fazer batuque da mais característica dança regional do Norte». Parece que ese encontro é algo natural...
Gustan da néboa

Desas viaxes trasatlánticas, con tantas idas e voltas ao longo dos séculos, vén a música brasileira que hoxe coñecemos: lundú, modinha, maxixe, choro, samba, bossa nova, tropicalismo, MPB... Tamén é certo que mesmo nos xéneros propios non fan fronteiras claras; se cadra os brasileiros gustan da néboa, coma nós.
Diciamos que as nosas posibles relacións co Brasil están sen estudar na lingua, así que imaxinade na música... En calquera caso, estas son as miñas conclusións deste ano brasileiro; é a miña historia, ¡quen teña outra, que a conte!

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-07-2009 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 6 (Luns)
• Galegoz en Caldas de Reis

Terza feira 7 (Martes)

Corta feira 8 (Mércores)
• Os Chiquilicuatres en Boiro

Quinta feira 9 (Xoves)
• Vaamonde, Lamas & Romero en Guitiriz
• Encontro de embarcacións tradicionais en Muros: Som do Galpóm e Trapos sucios
• O Son Benitiño (Moaña): O Sonoro Maxín,...
• Festival de Ortigueira: Pablo Seoane Grupo, Tiruleque e Qui Hi Ha?

Sexta feira 10 (Venres)
• Machina en Molgar (A Coruña)
• Kastomá en Ordes
• A Tuna Rastafari en Palas de Rei (Lugo)
• Projecto Trepia en Pontevedra
• Encontro de embarcacións tradicionais en Muros: Treixadura e Quempallou
• Festival de Ortigueira: Escola de Gaitas de Ortigueira, Susana Seivane, Michael Mcgoldrick Band e Judith Mateo

Sábado 11
• X Memorial Ricardo Portela en Pontevedra
• Uxía no Teatro Jofre de Ferrol ás 21,30
• Encontro de embarcacións tradicionais en Muros: Susana Seivane, Vaamonde, Lamas & Romero
• Ruxe-Ruxe en Vilariño de Conso
• Festival de Ortigueira: Xose Manuel Budiño, La Bottine Souriante, Wolfstone e Korrontzi
• III Serán na Ribeira do Rio Miño (Amorin- Tomiño)
• Serán no campo da festa de Senra
• Foliada en Cela (Bueu) no Adro da Igrexa

Domingo 12
• XXX Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina
• X Memorial Ricardo Portela en Pontevedra: Os Carunchos e Quempallou
• Festival de Ortigueira: Banda de gaitas Xarabal + Johnstone Pipe Band, Battlefield band, Arán e Sog
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-07-2009 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Programa do Festival de Ortigueira
Festival 2009

Xoves 9 de xullo

Praza de Isabel II - ás 20 horas
Sesión inaugural. Intervirán a Escola de Gaitas de Ortigueira, o gaiteiro Pablo Devigo, a Banda de Gaitas Agarimo de Ferrol e a escocesa Johnstone Pipe Band.

Escenario Estrella Galicia
Proxecto Runas'09
-Pablo Seoane Grupo
-Tiruleque
-Qui Hi Ha?


Venres 10 de xullo

Praza de Isabel II - ás 20 horas
-Fred Morrison

Escenario Estrella Galicia
-Escola de gaitas de Ortigueira (Galiza)
-Susana Seivane (Galiza)
-Michael McGoldrick band (Irlanda)
-Judith (Castela A Mancha)


E tamén...
Rúas de Ortigueira - a partir das 11.00 horas
Pasarrúas do cuarteto de gaitas Tarabelos

Rúas da vila e Praza de Isabel II - a partir das 13.00 horas
Desfile e miniconcerto da Johnstone Pipe Band

Rúas de Ortigueira - a partir das 17.00 horas
Pasarrúas do cuarteto de gaitas Tarabelos

Rúas de Ortigueira e Praza de Isabel II - a partir das 18.30 horas
Desfile da Banda de gaitas da Casa de Galicia de L'Hospitalet

Sábado 11 de xullo

Escenario Estrella Galicia
-Banda de gaitas Casa de Galicia de L'Hospitalet
-Xosé Manuel Budiño (Galiza)
-La Bottine Souriante (Quebec)
-Wolfstone (Escocia)
-Korrontzi (Euskadi)


E tamén...
Rúas de Ortigueira - a partir das 11.00 horas
Pasarrúas do cuarteto de gaitas San Xiao do Trebo e Os Estoupa caldeiros

Rúas da vila e Praza de Isabel II - a partir das 13.00 horas
Desfile e miniconcerto de La Reina del Truébano

Rúas de Ortigueira - a partir das 17.00 horas
Pasarrúas do cuarteto de gaitas San Xiao do Trebo e Os Estoupa caldeiros

Teatro de Beneficencia - ás 16.00 horas
Programa en directo Lume na Palleira da Radio Galega

Rúas de Ortigueira e Campo de San Roque - a partir das 19.30 horas
Desfile da Banda Xarabal e a Johnstone Pipe Band, que actuarán co Grupo Dorna Tradicional de baile

Domingo 12 de xullo

Porto deportivo e principais rúas de Ortigueira - a partir das 12.00 horas
Desfile de Bandas
-Escola de Gaitas de Ortigueira
-Johnston Pipe Band(Escocia)
-Banda de gaitas La Reina del Truébano (Asturias)
-Banda de gaitas da Casa de Galicia de L'Hospitalet
-Banda de Gaitas Xarabal (Vigo)
-Real Banda de gaitas da Deputación de Ourense
-Banda de gaitas de Ladrido (Ortigueira)

Escenario Estrella Galicia
-Banda de gaitas Xarabal + Johnstone Pipe Band
-Battlefield band (Escocia)
-Arán (Galiza)
-Sog (León)


E tamén...
Teatro de Beneficencia - ás 15.00 horas
Programa en directo Lume na Palleira da Radio Galega

Propostas diarias

Paseo marítimo - mañás, tardes e noites
Feira de artesanía

Rúas de Ortigueira- mañás, tardes e noites
Actuacións de artistas de rúa

Exposicións

Claustro do Concello - mañás e tardes
Exposición fotográfica "30 anos de Festival"

Obradoiros

IES de Ortigueira - xoves ás 18.00 horas, venres e sábado de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 18.00 horas
Obradoiro de fabricación de palletas, con Javier Pena Louzao (Bossa)

IES de Ortigueira - venres e sábado de 10.00 a 13.30 e de 16 a 18.30 horas
Curso avanzado de interpretación de gaita, con Pablo Devigo

IES de Ortigueira - venres e sábado de 11.30 a 13.00 e de 13.00 a 14.00 horas
Obradoiro de baile (iniciación) coa Asociación Gamelas e Anduriñas

IES de Ortigueira - venres e sábado de 17.00 a 18.30 horas
Obradoiro de baile (perfeccionamento) coa Asociación Gamelas e Anduriñas

IES de Ortigueira - sábado e domingo de 17.00 a 18.30 horas
Obradoiro de canto e pandeireta (iniciación), con Mercedes Peón

IES de Ortigueira - sábado e domingo de 18.30 a 20.00 horas
Obradoiro de canto e pandeireta (perfeccionamento), con Mercedes Peón
Comentarios (6) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-07-2009 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Festival Retrouso (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-07-2009 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
X Memorial Ricardo Portela
O Concello de Pontevedra, en colaboración coa Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza o Memorial Ricardo Portela, que este ano camiña pola súa décima edición. Durante os días 11 e 12 de Xullo, celebraranse, na praza de Ourense e na praza da Peregrina, as diferentes actividades.

Novamente, levarase a cabo a Mostra de Artesáns de Música Tradicional, que permanecerá aberta na praza de Ourense durante os dous días que dura o Memorial, nun horario de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

O sábado 11 de xullo terá lugar o concurso do Memorial, cunha fase eliminatoria pola mañá e unha final a partires das 20:00 horas na praza da Peregrina, coa actuación durante a deliberación do xurado do grupo Verdegaio. No concurso poderán participar agrupacións de música tradicional galega no formato de cuarteto, quinteto ou sexteto segundo as bases que podes consultar no enlace ao final desta nova. As inscricións haberán de formalizarse no rexistro do concello de Pontevedra en persoa, por carta ou FAX (986 862 590). É convinte confirmar a inscrición chamando ao rexistro no Tfno. 986 804 300.

Os importes dos premios en metálico para a presente edición serán: 1º-1500 euros; 2º- 900 euros; 3º- 600 euros. Ademais hai dous premios especiais: O “Ricardo Portela” de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio de Don Ricardo e un premio “Seivane-Goretex”, consistente nunha gaita creada especialmente para o X Memorial.

O Domingo 12, a partir das 20h, celebrarase o Festival de Música Tradicional que pecha o memorial coa actuación de Os Carunchos e Quempallou.

PROGRAMA:

MOSTRA DE ARTESÁNS DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS
SÁBADO 11 E DOMINGO 12

De 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 h.
Praza de Ourense

SÁBADO 11 DE XULLO
12:00 | Saída Praza de Curros Enríquez - Pasarrúas dos grupos inscritos no concurso.
20:00 | Praza da Peregrina - Actuación dos grupos finalistas, resolución dos premios e actuación especial de Verdegaio

DOMINGO 12 DE XULLO
20:00 | Praza da Peregrina - Festival de Música Tradicional:
• Os Carunchos
• Quempallou

Cartel e Bases do Concurso

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (4) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-07-2009 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
XXX Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (12 xullo)

www.xacarandaina.com/index-galego.html
Comentarios (16) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-07-2009 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Festivais de verán
3 xullo: Revoltosa Rock (Montaos-Ordes)
- Ataque Escampe, Dixebra, Kastomä, Los Kebraos e Electróxeno.

3 xullo: Rapa das Bestas de Sabucedo
- Som do Galpóm, Os Tres Trebóns e Os Chiquilicuatres

3-4 xullo: XII Músicas na noite (Teo)
- Medomedá, RuxeRuxe e Galegoz
- Leilía Band, Alvariza e Fía na Roca

4 xullo: Mostra das Culturas (Boiro)
- Projecto Trepia, Cartell 70, Taru e Os Paxaros Coiro, CHamalle Xis, Galegoz,...

4 xullo: Asalto ao Castelo (Vimianzo)
- Duplo Son, Ophiusa, The Turre´s Band

4 xullo: Festival do río Castro (Narahío)
- Berros do Castro, Pesdelán, Os Tres Trebóns e Ultraqáns

4 xullo: Festa Rachada da Baña
- A requinta da Laxeira, Armadanzas, Os Campantes

9 xullo: O Son Benitiño (Moaña)
- O Sonoro Maxín,...

9, 10, 11 e 12 Xullo: Festival de Ortigueira
- Jacky Molard Acoustic Quartet e Final Proxecto Runas'09
- Escola de Gaitas de Ortigueira, Judith Mateo, Susana Seivane e Michael Mcgoldrick Band
- Xose Manuel Budiño, Wolfstone e La Bottine Souriante
- Nova Galega de Danza, SOG e Battlefield Band

17 xullo: Teixeiro Rock
- O Sonoro Maxín, ...

17 xullo Revenidas (Vilaxoán)
- Kogito, La kinky Beat, Skarface, Manu adeus
- Quempallou, Cuchufellos, O Taberneiro lamentable,...

17 xullo: Festival Folc Vila de Covas (Viveiro)
- Coanhadeira,...

17 xullo: Festival da Coruña)
-Siniestro Total, Galegoz, Os Tres Trebóns, Taru e os Paxaros Coiro

17 xullo: Festival de Callobre (A Estrada)
- Treixadura, Os Carunchos, ...

17-18 xullo: Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo)
MatamáFolc: Tiruleque, Crema de gaita, Tanto Nos Ten
Malaherba Rock: Skarnio, Puta Miseria, Aphonnic, Rojo Dos

17-18 xullo: Festival da Terra e da Lingua (Narón)
- Skacha, Kogito, ...

18 xullo: Festival da Chaira (A Pastoriza)
-O Sonoro Maxín, A Vaga Banda, Chotokoeu...

18 xullo: Arreacabo (Celeiro-Viveiro)
- Lamatumbá, Boikot, Betagarri, Sem Resposta, ...

18 de Xullo: I Nordestazo Rock. Malpica.
- Os Tres Trebóns, Ultraquans, ...

19 xullo: Festival folk de Narón
-Leilía Tradicional e Susana Seivane.

23 xullo: Festa da Dorna (Ribeira)
- Chotokoeu,...

24 xullo: Festa da Fraga (As Pontes)
- Luar na Lubre, Bonovo,...

24 xullo: IV encontro de folk do cabo da vila en Muxia:
- A.C Punta da Buitra, Coanhadeira, Tiruleque e Chotokoeu

24 xullo: Víspera do día da Patria (Compostela)
- Kogito, KOP, ...

24 -25 xullo: Festigal (Compostela)
- Chamalle xis, Os John Deeres, Som do galpom, Dj Click Live
- Descarga ao vivo, Katembe Project, Os Tres Trebóns e amighos, a grande treboada

25 xullo: Festival Son Celta (Porto do Son)
- Som do Galpóm, Galegoz, ...

25 xullo: Santiaguiño folc (Padrón)
- Mercedes Peón,...

Agosto


1-2 agosto: Festival de Pardiñas
- Muyayos de Raïz, La Belle Image Fanfare, Hedningarna e Banda Potemkin,
- Bloquinho da Salgueira, Lúa de Fouce, Pepe Vaamonde Grupo e Pan de Capazo

1 agosto: Festixeve (Xeve-Pontevedra)
- A Tuna Rastafari, Kogito, Skarnio...

1 agosto: Peneda Rock (Monforte de Lemos)
-Ataque Escampe,...

6-7 agosto: Castelorock (Muros)
- Ruxe-Ruxe, Kogito, Machina, Gatillazo,...

7 agosto: Festival Folc de Arzua
- Berroguetto, Coanhadeira,...

7-8 agosto: Festival Brincadeira (Ordes)
- Dios Ke Te Crew, Bonye M, Kastomá,...

8 agosto: Festa da Prehistoria
- Skandalo GZ, A Tuna Rastafari,...

14 agosto: Festival as Nosa Músicas (Couso-A Estrada)
- Tiruleque, A Magnifique Band dos homes sen medo, Turre´s Band, Pablo Seoane Grupo, ...

21 agosto: Esmorga Folc (Bandeira)
-Pepe Vamonde Grupo, Os Carunchos,...

22 agosto: Festidoiro (Cuntis)
- Skacha, Kogito, Machina,...

22 agosto: Pontelouco (Castrocaldelas)
- O Sonoro Maxín,...

22 agosto: Festival Fin do Camiño (Fisterra)
-A Tuna Rastafari,...

22 agosto: Festival das Minas (Pontenova)
- Tonhito de Poi e Rasa Loba,...

22 agosto: Festival de Corcubión
- Lamatumbá, Chotokoeu, Ultraqans, Chamallexis,...

22 agosto: Festival Folc de Vilariño
- Os Carunchos, Ruxe-Ruxe, ...

29-30 agosto: Noite da Lúa Meiga (O Viso-Redondela)
- Os Carunchos, Ardentía,...
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-07-2009 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 3 (Venres)
• Nicra Rock: Banda Potemkin, Os Trasnos de Moscoso, Marmota Phil, Kaña D’herbas en Negreira
• Revoltosa Rock (Montaos-Ordes): Ataque Escampe, Dixebra, Kastomä, Los Kebraos e Electróxeno.
• Rapa das Bestas de Sabucedo: Som do Galpóm, Os Tres Trebóns e Os Chiquilicuatres
• XII Músicas na noite (Teo): Medomedá, RuxeRuxe e Galegoz
• O leo i Arremecaghoná no Aturuxo de Boiro
• Çe Orquestra no Pub Horreo de Carnota
• O Sonoro Maxín na Saña Clan de Xinzo de Limia

Sábado 4
• Coanhadeira no bar A Grándola, (praza de san Marcial - Ourense)
• O Sonoro Maxín en Seixalbo
• Pandereteiras Xacarandaina ás 20:00 na Rosa dos Ventos ao pé da Torre de Hércules (A Coruña)
• Ardentía no Grove ás 19:00
• Ardentía en Pontesampaio ás 22:30
• Labazada no Pub O Foso de Santa Comba
• Sem Resposta no C.S. Revira (Pontevedra)
• Cristina Pato en Fene, Barallobre
• Suso Vaamonde e Pedro Lamas en Xinzo de Limia
• Snatch no Excalibur (Chantada)
• XII Músicas na noite (Teo): Leilía Band, Alvariza e Fía na Roca
• Ruote nas Festas de Boiro
• Mostra das Culturas (Boiro): Projecto Trepia, Cartell 70, Taru e Os Paxaros Coiro, Chamalle Xis,...
• Asalto ao Castelo (Vimianzo): Duplo Son, Ophiusa, The Turre´s Band
• Festival do río Castro (Narahío): Pesdelán, Os Tres Trebóns e Ultraqáns
• Festa Rachada da Baña: A requinta da Laxeira, Armadanzas, Os Campantes, Tanto Nos Ten
• Gala Queiroa "O noso ritmo"ás 21:00 no auditorio da Casa da cultura Pintor Lloréns de Sada
• IV Romaría da Conrobla na área recreativa da piscina municipal de Boimorto.
• Serán no "Muiño da Regueira" na Balsa (Matamá-Vigo)
• I Serán de Rande, debeixo da Ponte de Rande
• Festa fin de curso A.V.C. Casco vello de Vigo na Praza do Berbés

Domingo 5
• Ruada da Rapa (sabucedo-A Estrada)
• Ataque Escampe no Aturuxo de Boiro
• Os Chiquilicuatres en Caldas de Reis
• Pesdelán nas Festas de Boiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-07-2009 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
Sábado 4 de xullo
-Serán no casino de Xesta - A Lama ADIADO
-Serán no "Muiño da Regueira" na Balsa (Matamá-Vigo)
-I Serán de Rande, debeixo da Ponte de Rande

Sábado 11 de xullo
-III Serán na Ribeira do Rio Miño (Amorin- Tomiño)
-Foliada en Cela (Bueu) no Adro da Igrexa

Sábado 18 de xullo
-Serán de Chan do vilar (Vilaboa - Figueirido)

Mércores 5 de agosto
-III Foliada do Grupo de Bailes Populares “IAR” na Praza de Pablo Iglesias da Coruña

5 de setembro
-III serán no parque do tamuxe en Pías- O Rosal
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-07-2009 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 15 de maio
Vai de baile do 15 de maio de 2009

Os Aderezos (Compostela) vs Os Rebuldeiros (A Coruña)

Concurso


Xurado
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 03-07-2009 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 22 de maio
Vai de baile do 22 de maio de 2009

Os Rondeiros dos Castros (A Coruña) vs Un par de Cuncas (Vigo)

Concurso


Xurado


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 03-07-2009 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Festa fin de curso e Foliada no Casco Vello de Vigo

Despois de moitos anos de actividades a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo organiza a súa I Festa de Fin de curso este sábado 4 de xullo na Praza do Berbés.

A partir das 17:30
-Exposicións das diversas aulas de manualidades e obradoiros da Asociación
-Xogos e deportes diversos
-Exhibición de diversas grabacións das Festas dos Maios e da Reconquista

A partir das 20:00

Actuación das diversas aulas da Asociación:
-Baile Tradicional
-Percusión e gaita
-Acordeón
-Bailes do mundo
-Danza Oriental

A partir das 22:00 Foliada

Haberá carpa, bebidas, chourizos, música e festa...

Anímate e ven disfrutar co Casco vello!!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-07-2009 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Gala Queiroa ´O Noso ritmo´
O sábado 4 de xullo ás 21:00 h no auditorio da Casa da cultura Pintor Lloréns de Sada celébrase a Gala Queiroa "O noso ritmo".

O grupo Queiroa xurdiu no outono de 2002 coa intención de encher un vacío que existía en determinadas parroquias de Sada e foi crecendo ata convertirse nun referente cultural na comarca das Mariñas.

Nesta gala participarán todolos alumnos das escolas e os mestres.

Merece a pena, non faltedes!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-07-2009 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Rua da Rapa (Sabucedo - A Estrada)

Ruada na carballeira do Campo do Medio.
Está aberto para todos aqueles que queiran vir bailar e tocar.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-07-2009 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán de Rande
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-07-2009 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer