Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación de Gaifonía
O domingo 19 de Xullo, ás 20:00 horas do serán, no transcurso do XIV Certame de Bandas de Música no auditorio municipal Cine Alovi de As Pontes, será presentado o libro GAIFONÍA.

Trátase de dúas obras musicais para gaita galega e banda: suite PARA OS DA NOSA TERRA e marcha procesional Á NOSA SEÑORA VIRXE DO CARME, ámbalas compostas polo Mestre Gaiteiro Xoán Carlos Rilo e harmonizadas e orquestradas para Banda polo director Joan Bautista Bernat.

GAIFONÍA foi editado pola Excma. Deputación de A Coruña en colaboración co Concello de As Pontes.

Con esta publicación, os autores pretenden principalmente dous obxectivos:

1.- Facilitar a calquera alumno que estude nos Conservatorios de Galicia o acceso a este tipo de obras que lle permitirá familiarizarse coa nosa música.

2.- Paliar o déficit que seguimos tendo de obras para gaita e banda, co firme propósito de que o noso instrumento mais representativo adquira e manteña o lugar que lle corresponde.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 17-07-2009 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
VI Concurso de música tradicional 'Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón'.
O sábado 18 de Xullo celebrarase en Viascón a VI edición do Concurso de música tradicional 'Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón'.

Será un concurso de gaita aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar todas/os as /os gaiteiros que o desexen dentro dun único apartado, “toque pechado”, en modalidade individual.

O prazo de inscrición remata o día 17 de xullo.

Bases do concurso:

VI CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL “RICARDO PORTELA” –O GAITEIRO DE VIASCÓN”-

1. Este será un concurso de gaita aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar todas/os as /os gaiteiros que o desexen dentro dun único apartado: “toque pechado”, en modalidade individual. O Concurso celebrarase o día 18 de xullo ás 19:00 horas, e a entrega de premios será o día 19 de xullo despois do xantar popular que haberá na Carballeira da Portela en Viascón.

2. As solicitudes de inscrición serán gratuítas e dirixiranse ó Excmo. Concello de Cotobade, Concellaría de Cultura, Educación, Deportes e Xuventude. O prazo de entrega de inscricións remata o día 17 de xullo de 2009 ás 13:00 horas. Cada Gaiteira/o proporcionará coa inscrición o enderezo, o número de teléfono, o número de conta bancaria así como copias das partituras que vai a interpretar, segundo o modelo de folla de inscrición que se facilita.

3. O número de participantes está limitado a 25, no caso de superar esta cifra terase en conta a orde de entrada, considerando so inscritos ós 25 primeiros.

4. As/os participantes deberán levar traxe tradicional galego e poderán ir acompañadas/os dun percursionista, sempre e cando utilice a percusión tradicional galega.

5. A orde de participación está determinada pola orde de entrada de inscrición no concurso.

6. As/os concursantes deberán de estar ao pé do escenario, mentres actúe a/o gaiteira/o que lle precede.

7. As persoas que concursen farán unha primeira interpretación libre onde poderán executar unha ou varias pezas galegas, recollidas ou de autor. A segunda interpretación será dunha peza do repertorio de Don Ricardo Portela, entendendo como tal aquela que estea gravada en cinta ou disco polo mestre de Viascón.

8. Os criterios de valoración do xurado son:
a. Afinación ata 5 puntos
b. Dificultade da peza ata 5 puntos
c. Execución ata 5 puntos
d. Posta en escena ata 1 punto
e. Outras consideracións de interese ata 1 punto
As/os participantes deberán executar pezas de temática libre por orde de participación ata que o xurado remate a deliberación.

9. O importe único do premio será de 1.200 €, dos cales 900 € serán doados pola Comunidade de Montes de Viascón e 300 € pola Concellaría de Cultura, Educación, Deportes e Xuventude do Concello de Cotobade. O Concello librará a súa parte do premio mediante transferencia bancaria ao número de conta facilitado na ficha de inscrición.

10. A inscrición supón a aceptación das bases.

11. As decisións do xurado serán inapelables, e será quen teña potestade para dirimir ao seu bo criterio calquera cuestión non recollida nas bases, así como a interpretación das mesmas en caso de dúbida.

Tamén haberá un premio “Viascón á percusión” dotado con 300€

Deben de dirixir a solicitude a:

EXCMO. CONCELLO DE COTOBADE
CONCELLARÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E DEPORTES
CHAN, Nº11 – CARBALLEDO 36856 COTOBADE
TFNO.: 986 76 09 03//76 00 01. FAX: 986 76 01 30
cultura@concellodecotobade.org

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-07-2009 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
V Foliada da Mariña - Xove 2009
V Foliada da Mariña - Xove 2009
Asociación cultural Saíñas
Xove - Praza do concello

O 18 de xullo celebramos en Xove a V edición da Foliada da Mariña. Este ano realizaremos todo tipo de actividades relacionadas coa cultura, a música e o baile tradicional galego.


Programa

12.00 da mañan.
- I Obradoiro. Construción de enredos musicais impartido por Emilio Lois Blanco.
- Pasarrúas a cargos dos gaiteiros de Saíñas.

14.00 da tarde.
- Xantar popular na carpa situada na praza do concello.
(Previa inscripción)

17.00 da tarde.
- Xogos tradicionais para pequenos e maiores que se celebrarán no campo de entrenamento situado a carón do campo municipal de Xove.

19.30 da tarde.
- Foliada popular con todos os asistentes na que poderá tocar ou bailar calquera que o desexe.

22.30 da noite.
- Concerto cos grupos de música tradicional Galega TANTO NOS TEN e COANHADEIRA.
- Festa ata que o corpo aguante.

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-07-2009 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
X Festival Folk.. de raiz en Callobre (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-07-2009 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Festival Folc de Vila de Covas (Viveiro)
Os días 17 e 18 de xullo celebrarase o VII Festival Folc de Vila de Covas.

Venres 17 de xullo

22:30 h. Festival Folc:
- Tarabelos (Covas)
- Coanhadeira (Ourense)
- Linho do Cuco


00:00 h. Gran Queimada

Sábado 18 de xullo

12:00 h. Pasarrúas dos grupos participantes

19:00 h. Gran Festival Tradicional:
- Banda de gaitas 'O son do Sor' (O Barqueiro)
- Corpo de baile da A.C. Gamelas e Anduriñas (Espasante)
- Banda cedida pola deputación de Lugo
- Escola de gaitas Cacharela de Covas


Organiza Escola de gaitas Cacharela de Covas
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-07-2009 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Romaría Solidaria na Coruña
ROMARÍA SOLIDARIA DA ONG VIRAVENTOS

O próximo 19 de xullo a ONG Viraventos organiza coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello da Coruña, a partires das 12:00 h, unha Romaría Solidaria, na que haberá postos de comida e bebida, música galega e senegalesa, performances, venda de artigos de comercio xusto e de artigos de segunda man, así como actividades lúdicas e didácticas para nenas/os.
A ONG Viraventos, é unha ONG de Inmigración, Cooperación Internacional e Educación para o Desenvolvemento. O obxetivo desta Romaría Solidaria é a recaudación de fondos para o mantemento da actividade da ONG e para os proxectos de cooperación internacional que estan a desenrolar en Senegal e Palestina.

Nesta xornada festiva na que participarán: Cancións para Antía, Bailadela, Cántigas da Terra, Donaire, Dorna, Frouma, Cata Almibre, Maghúa, Os Viqueiras de Ordes, Troulando e Tumbalobos Orquestra, o interese non só é recaudar a maior cantidade de cartos para as actividades que a organización realiza, senón pasar un bo día de romaría todos xuntos, participando dunha festa solidaria e multicultural.

Agradecemosvos de anteman a vosa participación. Vide e colaborade!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-07-2009 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
II Festa do Viño da Casa
II Festa do Viño da Casa (Saxamonde - Redondela)

Un ano máis, Saxamonde prepárase para unha fin de semana de degustación de caldos caseiros. Un extenso e variado programa de actividades acompañará a celebración desta nova edición da Festa do Viño da Casa.


A Asociación Centro Social Deportivo Cultural “Chan das Pipas” de Saxamonde (Redondela) organiza a II Festa do Viño da Casa. A presente edición pretende dar continuidade aos obxectivos marcados hai un ano, así como consolidar e ampliar a iniciativa. A Asociación Cultural “Chan das Pipas” pretende, desde o traballo diario, dinamizar a vida social e cultural da parroquia de Saxamonde e a súa bisbarra. O colectivo desenvolve diversas e variadas actividades ao longo do ano que procuran dar conta dunha maioría de vontades na parroquia. O ampolo elenco de cursos, as festividades anuais celebradas ou as xornadas de convivencia propostas obteñen unha crecente participación por parte da veciñanza da parroquia así como por persoas de toda a comarca.

A II Festa do Viño da Casa terá lugar os días 18 e 19 de xullo e reunirá nesta fin de semana a diversos produtores domésticos de viño de Saxamonde e arredores para que oferten os seus caldos aos visitantes. Calquera persoa que queira poderase achegar para degustar os viños e acompañalos de carne ao caldeiro, polbo e empanada a prezos populares. A Área Recreativa e Chan das Pipas, onde se celebra a festa ten unhas condicións idóneas para o estacionamento e o goce dun entorno natural e agradábel.

Desde a Asociación Cultural “Chan das Pipas” consideramos que celebracións desta natureza poñen en valor a elaboración do viño artesán mais non só. Pretendemos contribuír á promoción de Saxamonde, e Redondela, dinamizando os seus espazos e ofrecendo posibilidades de lecer, ao tempo que potenciamos e renovamos os nosos elementos de identidade cultural.
A II Festa do Viño da Casa conta cunha programación ampliada respecto do ano pasado que inclúe unha exposición de fotografía histórica da parroquia, onde colaboración ducias de veciños; a demostración do traballo do alumnado de diferentes cursos de baile impartidos durante todo o ano; un concerto de música folc coa presenza de OS CARUNCHOS; sesión vermú coa Orquestra de Saxos de Redondela; un xantar popular o domingo e posterior xornada de xogos populares e tradicionais.

A festa terá lugar na Área Recreativa de Chan das Pipas na parroquia de Saxamonde (Redondela) e conta co patrocinio das concellarías de Cultura e Participación Cidadá do Concello de Redondela así como da Comunidade de Montes en Man Común de Saxamonde.

Como chegar: No Alto de Os Valos, na extrema de Redondela con Mos na N-550, vírase cara o Aeroporto. A uns 400 m. tómase á dereita e, 50 m. despois á esquerda. Haberá indicadores dende o desvío da N- 550.


PROGRAMA DA II FESTA DO VIÑO DA CASA

Sábado 18 de xullo:
18:00 Apertura de casetas de viño e petiscos (carne ao caldeiro, polbo e empanada)
Inauguración da exposición fotográfica:
"Xente, momentos e lugares de Saxamonde"
20:00 Demostración da Escola de Baile Moderno de Saxamonde e da Escola de Baile Latino Vigo-Salsa.
21:00 Pasarrúas a cargo do grupo “Os de sempre” de Lavadores
22:00 Concerto de Música
Pandereteiras de Saxamonde “Arela”
Pandereteiras “As Tarambainas” de Lavadores
Regueifeiros de Galicia (improvisación en verso)
OS CARUNCHOS


Domingo 19 dexullo:
11:30 Reapertura de Casetas
13:00 Sesión vermú a cargo da Orquestra de Saxos de Redondela.
14:00 Xantar Popular
17:30 Xornada de Xogos Tradicionais e Populares (para cativos e maiores)
19:30 Monicreques a cargo de TANXARINA
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-07-2009 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folc nas Festas de Narón
DOMINGO 19 DE XULLO

Ás 20:00 horas no Paseo Marítimo de Xuvia
- Leilía
- Susana Seivane
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-07-2009 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Sons da Lameira en Matamá (Vigo)

www.sonsdalameira.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-07-2009 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Vai de Camiño 2009 (A Coruña)
Festival Vai de Camiño 2009
17 e 18 de Xullo no Parque Sta Margarita da Coruña


Venres 17
- GalegoZ,
- Taru e Os Paxaros Coiro,
- Os Tres Trebóns
- Siniestro Total.


Sábado 18
- John Deeres,
- Chamalle Xís!,
- Elanor,
- Spinning Jenny
- Igloo.



Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-07-2009 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Festival As Revenidas (Vilaxoán de Arousa)
Grupos 09

Grupos Musicais
Venres 17
D´Callaos!
La Kinky Beat
Kogito
Lusco Fusco
Skarface

Sábado 18
Alamedadosoulna show
Quempallou
Zulú 9.30
Os Cuchufellos

Música tradicional
Os Xirifeiros
Os Terribles de Arousa

Picadiscos
O Taberneiro Lamentable
Manu Adeus
Muchachinho Pum!!!!

Animación
Cé orquestra pantasma
Peter Punk 2
Circo Expresso
Aperta Percusión

www.revenidas.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-07-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Arreaocabo 2009 (Viveiro-Lugo)

www.myspace.com/festivalarreaocabo
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-07-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
VI Festival Sons do Vento (Melón)
Festival"SONS DO VENTO" 09

18 de Xullo en Melón (Ourense)

-Banda de gaitas Amigos do mosteiro.(celta-folk-fusión) (Melón Ourense)

-Bastards on parade (punk-folk) (A Coruña)

-La Collá Propinde(folk-fusión-folk rock) (La Pola Llena Asturies)

-Pepe Vaamonde grupo (folk Galicia)

-Verdasca(música tradicional-folck-acústica) (Asturies)

-Pandereteiras de Randufe (a Cañiza Pontevedra)

-Pandereteiras "As charaviscas".

-Grupo de baile "Retrouso".
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-07-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
IX Festival da Terra e da Língua (Narón)
IX Festival da Terra e da Língua

17 de Julho (sexta-feira)

19.30 Passaruas por Pedroso

22.00 Apresentaçom do Festival

22.15 Concerto
- Arenga (GZ)
- Retobato (GZ)
- Skacha (GZ)


01.30 Repichoca Ártabra (Traz o teu instrumento)

18 de Julho (sábado)

11.00 Roteiro pola zona

12.00 Apertura da exposiçom “Crise de aquí e crise de alá” de Gabriel Tizón

12.45 Teatro clandestino

13.00 Sessom Vermú com o duo Eva e Camilo

16.00 I Campeonato Futebol 3

16.30 Aula de Ecologia

17.30 Festivalzinho

19.30 Debate “Alternativas à crise capitalista”
- Anxo X. López Pintos, Secretário Comarcal da CIG-Ferrol
- Lidia Senra, Sindicato Labrego Galego
- Alexandre Rios Bergantinhos, militante de BRIGA
- Teresa Rua, Cooperativa Xoaninha

22.00 Pregom com Lidia Senra

22.15 Concerto
- Les Moreaus (Bretanha)
- Kogito (GZ)
- Trapalhada (GZ)
- Dj Doctor Mandanga (Ska, punk, pachanga, rumba...)


Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-07-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da Chaira (A Pastoriza-Lugo)

www.achainza.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-07-2009 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
I Nordestazo Rock (Malpica)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-07-2009 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Teixeiro Rock 2009 (Teixeiro-A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-07-2009 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Comarcal na Ferrolterra polo día da Patria
Festa Aberta en Ares

O vindeiro domingo 19 de xullo no parque Rosalía de Castro haberá unha xuntanza con actividades polo día: xogos e deportes tradicionais, xantar, gaiteiros, humor e concertos.

PROGRAMA

11 h: Recepción asistentes.

12 h: Visita guiada ao Mosteiro de Santa Catarina de Montefaro.

14.30 h: Xantar de confraternidade, coa actuación do grupo tradicional “Os Xotas”.

16.30 h: Xogos e deportes tradicionais.

18 h: Actuación do Mago “Martin”.

19 h: Intervención política.

19.30 h: Actuacións musicais:

- “Os dous de sempre”
- “Xabier Díaz e Guillerme Fernández”


www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-07-2009 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
II Festa Nacionalista de Soutomaior
O vindeiro venres 17 ás 22 h., o grupo municipal do BNG organiza a "II FESTA NACIONALISTA" de Soutomaior.

A festa estará emprazada na Carballeira do Peirao de Arcade e contará con varias intervencións políticas (Manu Lourenzo, Marga Caldas e Bieito Lobeira) e grandes actuacións musicais (Putísima croqueta bang bang; Sol y sombra hijo del desierto e Leo e Arremecághona).

Na carballeira haberá postos de comida e bebida a prezos populares.

Esperámosvos a todos!!!!.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-07-2009 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Festa nacionalista en Gondomar
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2009 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Folk no río Chamoso (O Corgo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2009 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Sons da Lameira 2009
Este ano terá lugar a 3ª edición do festival SONS DA LAMEIRA, que como en edicións anteriores se celebrará no torreiro da festa da parroquia de Matamá (Vigo).

Este evento está organizado conxuntamente polo Colectivo Cultural Alternativo Malaherba e a Asociación Xuvenil de Actividades de Ocio de Matamá (A.X.A.O.MA), que son duas Asociacións constituidas na sua maior parte por xente xoven da parroquia de Matamá.

MAIS INFORMACIÓN EN:
www.sonsdalameira.com
ENTRADA GRATUITA
CONSUMICIÓNS ECONÓMICAS

VEN PASALO BEN!!!!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2009 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Tarde de `brindos´ en Samos
Un encontro na montaña recupera a tradición secular de «brindeiros» e «aloiadores» con «coplas que son bonitas e non molestan a ninguén»

Doce dos dezaseis improvisadores da montaña luguesa convocados ao encontro do sábado en Lóuzara (Samos) acudiron á cita de veciños e investigadores desexosos de brindos e regueifas. A comida organizada polas asociacións Oral de Vigo e o Centro Galego de Música Popular contou con bastantes participantes, os brindadores María de Paredes, José O Fontal, e Antonio Río O Ribeira, e Antonio Río, de Louzarela, todos de Samos; Adamo e Amable de Nullán, dous aloiadores (así se denominan nos Ancares) das Nogais, Pepe de Folgar (Monforte); Fidel Galego, de Cortes (Samos), Daniel Vilariño, Antonio Campo, Antonio Vila e Carmen , de Sarria. De todos eles, Daniel é o máis novo , con 67 anos.
A eles uníronse desde Vigo un trío de regueifeiros de novo cuño: Luis O Caruncho, Josiño dá Teixeira e Benito Logariño, que son algúns dos que saíron tras doce anos de encontros de improvisadores de Oral de Vigo, representada por Carlos Alonso.

«Xa non valgo»
Os tres últimos exerceron de animadores ou respondedores dos máis veteranos, algúns dos cales eran remisos a participar nesta loita sen feridos, ao non verse xa coa axilidade mental necesaria: «Xa non vallo, non me sae ben», alegaron preocupados ante os etnomusicólogos ou antropólogos musicais que lles buscaron, tendo que superar as reticencias dos familiares que non lles daban valor ou temían o ridículo. Tiraron, como non, da man do cura Xesús Mato, que continúa como armadanzas musicais da montaña.

Ao final, en Lóuzara saíron chispazos de canto improvisado, máis eficaz que a oratoria de sobremesa. Fallou a variedade temática, pois case todo centrouse nas urxencias da entrepierna (masculina) e do bandullo, ámbitos moi recitados ao ser os brindos propios das vodas de antes.
O Ribeira, con camisa de cor rosa pau e xa moi paseado por ruedos e #estudio, foi dos veteranos con maior repertorio de saídas e unha «coplas que son divertidas e non molestan a naide». Deu unha tunda verbal a Josiño, tras retarlle este como «presidente». Ribeira debía levar un bo intre masticando o encontro burlesco e ata o buscou ao final entre o auditorio.
As esencias da música rural son as que son, e estes raperos de vello andan agora solicitados, antes de que morran todos. Segundo Ramón Pinheiro, que prepara unha historia do canto improvisado en Galicia, «atopámolos en moitas bisbarras, pero só quedan brindeiros vivos en Bergantiños e na montaña».

En busca de «brotes verdes»
Xunto con Uxía Pedreira, Pinheiro rebusca nas raíces da música tradicional para sacar novos «brotes verdes». Quizais o recitado máis antigo soou na voz do veterano e recto ton de José O Fontal -pouco vía, pero captou o ton da reunión-, o romance picarón a unha tal Dorita, improvisado coa cadencia daqueles cantos antigos de vida, de arrimarse. «Ou estilo do interior -dicía Pinheiro-, é máis poético, arcaico ou introspectivo, e sempre repiten ou último verso de quen lles precede; en cambio a loita dous dá costa é máis descarada, explícita».
O primeiro, o da camisa ben #pasar# o ferro e gardar as formas mentres a comida está na mesa, adoita quedar na metáfora e a rima resólvese con maior sorpresa final. O segundo, o da camiseta serigrafiada, boa andorga e reto máis tabernario. Saísen ou non aspectos canónicos da improvisación, alí escoitaron varios filólogos, músicos de Sober -Quempallou e Neno do Cuco-, ou a directora do Centro Dramático Galego, Cristina Domínguez.

Como teatro, tratamento de voz e outras variantes, estas formas populares de cantos para o Nadal (Reises), o entroido ou as vodas (cantos epitalámicos) teñen ata interese. Os medievalistas din que son tradición desde polo menos o século XIII, desde os trobadores e cegos-lazarillos.

O anfitrión, saxofonista

Ao remate saíu o saxofón do patrón da casa, Evaristo, curtido en orquestras rurais. E versos de toda a vida: «Heime de casar cun vello, heime de cansar de rire..», «E durmir de pé, e durmir de pé...» ou adaptacións locais: «Se o río de Sarria levara coñá, levara coñaaá, levara coñá...»


La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2009 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
O grupo Qui hi ha? gaña o Proxecto Runas '09

O Proxecto Runas 2009 xa ten ganadores. A animada proposta de Qui hi ha? foi a que máis convenceu ao xurado deste concurso de promoción de novos valores do folk. O seu voto sitúa á banda directamente no Escenario Estrela Galicia o próximo ano. O grupo catalán subiu ao escenario, tralos finalistas galegos, pechando a noite inaugural do Festival Ortigueira.

O xurado, integrado polos directores da Escola de Gaitas de Ortigueira, Rodrigo López, a Banda de gaitas de Ladrido, Juan Barcón, a Banda de música de Ortigueira, Carlos Diéguez, o técnico municipal de cultura, Manel López, a edil de Cultura, Mª Cruz Sabio e, como secretario, o coordinador do Festival, Alberto Balboa, decidiron por unanimidad declarar vencedor a Qui hi ha?.

O grupo catalán, con dous traballos no mercado ( "Qui hi ha?" e Aquest llum per qui crema?"), fai música celta de raíz irlandesa, que incorpora elementos mediterráneos e aires psicodélicos. Artífices da estética do grupo son The Pouca Monta Company.

O xurado outorgou a segunda posición a Pablo Seoane Grupo e o terceiro posto foi para Tiruleque.

www.festivaldeortigueira.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-07-2009 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Festigal 2009
Os 'ataques' ao galego centrarán os diversos actos do Festigal '09 en Compostela

A situación lingüística de Galiza será un dos eixos do Festigal '09, organizado polas entidades nacionalistas Galiza Nova e Galiza Sempre, que mediante concertos, presentación de libros ou exposicións invitarán os asistentes 'á reflexión e a acción' contra os 'ataques e a ofensiva' que cren que sofre a lingua galega.

Imaxe do Festigal do ano pasado O director da Fundación Galiza Sempre, Xabier Macías, manifestou que a oitava edición deste festival que se celebra en Santiago de Compostela está dedicada con "especial alegría e orgullo" ao galego, "sinal de identidade" deste programa musical e cultural. Por iso, a axenda inclúe actos como unha exposición gráfica e audiovisual titulada "Crónicas da represión lingüística".

Os organizadores pretenden tamén "darlles cabida aos debates que hai hoxe en día na sociedade galega", como “o aborto, a crise económica, a Unión Europea ou o feminismo", segundo resaltou a secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi.

Nesta liña, tamén indicou que terán lugar numerosas actos literarios nos que se presentarán algúns libros, como 'Do Ñ para o NH', de Valentín R. Fagim, ou 'Sobre o racismo lingüístico', de Patricia A. Janeiro, que lle farán fronte a "a ofensiva e os ataques que hai hoxe en día contra do galego".

Ademais, o día 25 terá lugar no marco da 'Galería de Ideas' unha charla sobre a lingua galega á que acudirán invitados como o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, o deputado do BNG Bieito Lobeira ou o produtor audiovisual Domingo Díaz.

Música e oportunidades


Pero a música tamén será un dos grandes referentes deste festival, tal e como destacaron na súa presentación representantes dos grupos 'Os John Deeres', 'Som do Galpom' e 'Descarga ao vivo', quen agradeceron a "oportunidade" que supón o evento para "os grupos galegos e a música galega e en galego".

Durante os días 24 e 25 de xullo, coincidindo coas Festas do Apóstolo, os grupos galegos 'Chámalle Xis', 'Os John Deeres', 'Som do Galpom' e 'Os Tres Trebóns e Amighos' actuarán en diferentes recintos repartidos polo Campus Sur Universitario. Ademais, o Festigal contará coa presenza do francés 'DJ Click', os angolanos 'Katembe Proyect' e o espectáculo musical 'Descarga ao vivo', que une nun mesmo recital artistas galegos e cubanos.

Do mesmo xeito que nos sete anos anteriores, Festigal '09 pretende ser "un referente na cultura propia de Galiza", ademais de darlles aos visitantes unha "oportunidade de intercambio e coñecemento" doutras culturas. Macías sinalou que a emisora Radiodifusión emitirá en directo desde o recinto do festival.

Galería, exposicións e tendas

Ademais das actuacións musicais, a oferta cultural do festival contará con diferentes galerías dedicadas, entre outras actividades, aos libros e á artesanía, exposicións, unha feira de asociacións, mostras audiovisuais e espazos de animación dedicados aos máis pequenos.

Xabier Macías anunciou tamén que, por segundo ano consecutivo, Festigal ofrecerá un espectáculo teatral, que en está edición estará a cargo do grupo artístico 'Carrachanacacha' e a súa obra 'Comendo pementos de Padrom con Tarantino'.

A comisión organizadora tamén ofrecerá un café concerto para a actuación de grupos acústicos, zonas de acampada, espazos para comer, bar e até tendas.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-07-2009 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Finou o gaiteiro José Cardelle
José Cardelle Portos representa a passagem do gaiteiro rural ao gaiteiro urbano, nasceu em 1924 numa aldeia de Boimorto; muda-se para Arzua e começa a tocar com digitação fechada.
Gostava na altura de tocar com a gaita para acompanhar à voz, na festa de Reis. Faz o serviço militar em Pontevedra, onde toca numa banda de gaiteiros. Volta a Arzua e finalmente começa a colaborar com o ballet Rey de Viana, com o qual percorre toda a Europa e parte da América. Passa a viver na Corunha. Sempre gostou de afinar a gaita com muita voz e soprar com força. Em Valparaiso, o falecido Rey de Viana repreendeu Cardelhe e Gabriel Mato Varela (“os irmãos Garceiras”, de Melide) ...por não parar de tocar! Cardelhe foi o mestre de reconhecidos gaiteiros da actualidade, como Ricardo Santos Blanco.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-07-2009 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Máis concertos...
Terza feira 14 (Martes)
• Tiruleque no Campo do Bosque. Dodro
• Avelaiña ás 22:30 en Salceda de Caselas
• Os Folieiros na Nogueira (Vigo)

Corta feira 15 (Mércores)
• Marta Quintana no Bardo (Vigo)

Quinta feira 16 (Xoves)
• Quempallou en Lugo
• Chotokoeu no Garufa (A Coruña)
• Galegoz en Mugardos
• Festival Folk de raiz (Callobre - A Estrada): Os Carunchos, Regato de matamulleres, A requinta da laxeira e Folk de veneno

Sexta feira 17 (Venres)
• Roi Casal no Castelo de San Antón (A Coruña) ás 23:00
• Brath ás 22:30 en Salceda de Caselas
• Pèsdelán na praza de Macias en Padrón ás 22:30.
• Skarmento na sala 600 de Melide
• Teixeiro Rock: O Sonoro Maxín, Ith e Los Suaves
• Festival Vai de Camiño (A Coruña): GalegoZ, Taru e Os Paxaros Coiro, Os Tres Trebóns e Siniestro Total.
• Festival Revenidas (Vilaxoán): Kogito, La kinky Beat, Skarface, Manu adeus
• Festival Folc Vila de Covas (Viveiro): Tarabelos, Coanhadeira e Linho do Cuco
• Festival Folk de raiz (Callobre - A Estrada): Treixadura, Eilea (xenebra, suiza), Os ke hai, Pé de boi e Regueiferos " Os Gordechos"
• Festival da Terra e da Lingua (Narón): Retobato, Arenga, Skacha, ...
• Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo) MatamáFolc: Tiruleque, Crema de gaita, Tanto Nos Ten

Sábado 18
• Linho do Cuco na inauguración do C.S Tarabela (Lalín)
• Nova Galega de Danza en Sanxenxo
• Skacha en Marín
• Berroguetto no Grove
• Susana Seivane en Ponteareas
• Coanhadeira e Tanto Nos Ten (TNT) en Xove (Viveiro)
• Os Carunchos en Saxamonde
• Sem Resposta en Celeiro
• Dios ke Te Crew e Skacha nas Festas de Marín
• Festival Vai de Camiño (A Coruña): John Deeres, Chamalle Xís!, Elanor, Spinning Jenny e Igloo.
• Festival da Chaira (A Pastoriza): O Sonoro Maxín, A Vaga Banda, Chotokoeu...
• Festival Arreacabo (Celeiro-Viveiro): Lamatumbá, Boikot, Betagarri, Sem Resposta, ...
• I Nordestazo Rock. Malpica: Os Tres Trebóns, Ultraquans, ...
• Festival Revenidas (Vilaxoán): Quempallou, Cuchufellos, O Taberneiro lamentable,...
• Festival da Terra e da Lingua (Narón): Kogito, Les Mornes, Trapallada,...
• Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo) Malaherba Rock: Skarnio, Puta Miseria, Aphonnic, Rojo Dos
• Festival Sons do Vento (Melón-Ourense): Banda de gaitas Amigos do mosteiro, Bastards on parade, La Collá Propinde, Pepe Vaamonde grupo, Verdasca, Pandereteiras de Randufe, Pandereteiras "As charaviscas", Grupo de baile "Retrouso"
• Serán de Chan do Vilar (Vilaboa - Figueirido)

Domingo 19
• Balakandra nas escalinatas da Domus (A Coruña) ás 22:00
• Cristina Pato no Corgo (Lugo)
• Festival folk de Narón: Leilía Tradicional e Susana Seivane
• Romaría Solidaria no Parque de Santa Margarida (A Coruña): Donaire, Dorna, Frouma, Maghúa, Os Viqueiras de Ordes,...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-07-2009 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Os Terribles de Donas no Alalá

Hoxe, martes, día 14/07/2009

Os seguidores da Galega poderán lembrar a visita que realizou o equipo de Alalá a Donas, en Gondomar, para resolver o misterio dos Terribles de Donas.


Un grupo creado en 1937 por e para a festa que mantén intacta a súa memoria entre a xente do lugar. De feito nos anos 40 xa tiña club de fans feito a base de tocar por todas as festas do sur de Galicia e do norte de Portugal nos veráns. Organizaba bailes en que cobraba entrada nos despachos de billetes e ata tiña unha copla que indicaba a súa chegada á festa.

Ao longo do século XX, os Terribles de Donas tocaron por todas as festas do sur de Galicia e norte de Portugal. Comezaron como cuarteto tradicional, pero foron evolucionando incorporando saxos, clarinetes e o que fixera falla, porque os Terribles eran músicos de oído que tocaban para divertir e divertirse. Muiñeiras, xotas, pero tamén rumbas, pasodobres ou habaneras... Nos anos 70 desapareceron substituídos polas grandes orquestras.

Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 14-07-2009 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS - SANTIAGUIÑO DO MONTE

BASES DE PARTICIPACIÓN

PRIMEIRA
Poderán tomar parte tódolos gaiteiros e gaiteiras solistas que o desexen, establecéndose unha única categoría.
O concurso terá lugar o día 25 de xullo de 2009, 11:30 h. no “Área recreativa do Santiaguiño do Monte”, Padrón.

Os participantes deberánse presentar media hora antes do comezo no posto de control do certame.
Os participantes estarán convivados a un xantar gratuíto.

SEGUNDA
Os gaiteiros que desexen participar no II CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS - SANTIAGUIÑO DO MONTE deberán enviar ó Concello de Padrón, antes do día 21 de xullo o IMPRESO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN xunto co xustificante de pago da fianza, ou remitilo por fax ó número 981 81 13 62, ou nos correos electrónicos a: culturapadron@yahoo.es ou opedron@terra.es O Comité de admisión determinará o número de participantes (máximo 15), tendo en conta a orde de recepción das solicitudes.

TERCEIRA
As gaitas deberán ser galegas e o gaiteiro só poderá ir acompañado de tamboril, caixa tradicional, bombo, pandeireta ou calquera outro instrumento de percusión considerado como tradicional dentro da nosa música, quedando excluídos os de materiais sintéticos.
O estilo e carácter da peza a interpretar serán necesariamente galegos.
Recoméndaselles ós participantes vestilo traxe tradicional galego. (máximo 3 acompañantes).
A duración da interpretación non rebasará os 5 minutos.

CUARTA
Establécense tres premios, cunha dotación de:
1º Clasificado: 500 euros e placa
2º Clasificado: 300 euros e placa
3º Clasificado: 200 euros e placa

QUINTA
O Xurado cualificador será nomeado pola Comisión Organizadora do II Certame de Gaiteiros Solistas - Santiaguiño do Monte, e a súa composición darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.
O Xurado cualificador terá en conta a afinación, interpretación, dificultade e rigoroso respecto á orixe e recreación das pezas interpretadas.
O Xurado poderá descalificar a calquera intérprete que non se atinxa ás Bases do Certame.

SEXTA
Cada participante deberá presentar unha fianza de 50 € no momento de facela súa preinscrición, ingresandoa na conta 2080 04 93 010000118840 da Entidade Caixa Nova sita na localidade de Padrón.
A fianza devolverase no posto de control da organización o día da celebración do certame.
Os participantes que non concurran o concurso perderán os dereitos de devolución de dita fianza.

SEPTIMA
A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, así como as decisións do Xurado designado, que serán inapelables.

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 21 DE XULLO DE 2009
Para consultar calquera dúbida, chamar ó Teléfono: 686.56.91.09 / 981.81.13.29
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 14-07-2009 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
II CERTAME DE PARELLAS DE BAILE TRADICIONAL - SANTIAGUIÑO DO MONTE

BASES DE PARTICIPACIÓN

PRIMEIRA
Terá lugar o venres 25 de xullo de 2009 na Área recreativa do Santiaguiño do Monte ás 17:00 h.. Os participantes deberánse presentar unha hora antes no posto de control do certame.
Os participantes estarán convidados a un xantar gratuíto.
Os bailes serán interpretados por parellas (mixtas).
Establécese unha única categoría sen límite de idade.

SEGUNDA
As parellas que desexen participar (max. 15) no II CERTAME DE PARELLAS DE BAILE TRADICIONAL - ANTIAGUIÑO DOMONTE deberán enviar ó Concello de Padrón, antes do día 21 de xullo o IMPRESO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN xunto co xustificante de ingreso da fianza, ou remitilo por fax ó número 981.81.13.62, ou por correo electrónico á: culturapadron@yahoo.es O Comité de admisión determinará o número de participantes (máximo 15),
tendo en conta a orde de recepción das solicitudes.

TERCEIRA
As melodías serán elexidas ó azar e terán o seguinte esquema: muiñeira e xota de dúas partes e un agarrado.
Puntuarase favorablemente vestilo traxe tradicional.
Ningunha persóa poderá formar parte de máis dunha parella do concurso.
Cada Parella disporá dun tempo máximo de cinco minutos.
Estes 5 minutos repartiranse da seguinte maneira: muiñeira de 2 minutos, xota de 2 minutos e agarrado de 1 minuto (aproximadamente).
A organización enviará toda a información (programa, cambios de última hora etc.) ós participantes úns días antes do concurso.

CUARTA
Establécense os seguintes premios:
1º Clasificado: 500 € e placa
2º Clasificado: 300 € e placa
3º Clasificado: 200 € e placa

QUINTA
O Xurado cualificador será nomeado pola Comisión Organizadora do II Certame de Parellas de Baile Tradicional - Santiaguiño do Monte, e a súa composición darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.
Para a concesión dos galardóns, o xurado terá en conta: a interpretación, dificultade e compenetración das parellas.
O estilo e carácter dos bailes serán necesariamente galegos.
O Xurado poderá descalificar a calquera participante que non se ateña ás bases aquí expostas, e as súa decisión respecto ó resultado do concurso serán inapelables.

SEXTA
Cada participante deberá presentar unha fianza de 50 € no momento de facela súa preinscrición, ingresandoa na conta 2091 0304 21 3040012351 da Entidade Caixa Galicia sita na localidade de Padrón.
A fianza devolverase no posto de control da organización o día da celebración do certame.
Os participantes que non concurran o concurso perderán os dereitos de devolución de dita fianza.

SEPTIMA
A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, así como as decisións do Xurado designado, que serán inapelables.

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 21 DE XULLO DE 2009
Para consultar calquera dúbida, chamar ó Teléfono: 669.92.05.65 / 981.81.13.29
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 14-07-2009 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Gravación do novo disco de Sumrrá
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 14-07-2009 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
XXXI DIA DO ENXALZAMENTO DO TRAXE GALEGO
XXXI DIA DO ENXALZAMENTO DO TRAXE GALEGO (COMPOSTELA)

Día do Enxalzamento do Traxe Galego que terá lugar o 26 de xullo en Santiago de Compostela.

Como tódolos anos haberá Desfile, Misa, Recepción no Pazo do Concello e pola tarde Certame de Traxes, Desfile e exhibición na Praza da Quíntana.

A saída do Desfile terá lugar ás 11,30 da mañá do Paseo Central da Alameda O desfile percorrerá Porta Faxeira, Toural, Rúa do Vilar e Praterías, por onde entraremos na Catedral. O remate da misa e ofrenda sairemos da Catedral por a Praza de Praterías para pasear ata o Concello onde a Corporación Municipal nos ofrece a Recepción de Honra ca que rematan os actos da mañá.
Pola tarde, como tódolos anos as actividades se inician co exame dos participantes no Certame do Traxe en San Domingos de Bonaval.

Certame do Traxe en San Domingos de Bonaval.

Achegamos as bases, normas e folla de inscrición.


NORMAS
Os concursantes quedan citados o día 26 de xullo de 2009 a partires das 4 da tarde na sede do Museo do Pobo Galego en San Domingos de Bonaval para seren examinados os seus Traxes polo Xurado do Certame nas condicións que establecen as bases.
Non se admitirán concursantes a partires das 16.30 horas.

NORMAS DE ORGANIZACIÓN DO XXXI CERTAME DO TRAXE GALEGO. ANO 2009

1. Os concursantes serán avaliados por rigoroso orde de chegada. En canto se presenten e acrediten na entrada do Museo se lles adxudicará un número que determinará a orde de entrada ante o Xurado e que deberán conservar durante toda a tarde, xa que será utilizado para dispoñelos na formación do desfile posterior e para seren chamados a pasarela na Praza da Quintana.
2. En canto teñan número pasarán o interior do museo e poderán utilizar o claustro como sala habilitada para a espera da súa quenda, ou permanecer no patio de butacas do salón de actos do Museo presenciando a avaliación do resto dos concursantes. No patio de butacas deberán permanecer en rigoroso silencio . Do contrario poderán ser expulsados do certame por falta de orde.

3. Os concursantes accederán ao espacio fronte a mesa onde estará situado o xurado, desde o patio de butacas. Deberán pasar sen acompañantes para o exame do xurado, salvo os presentados na categoría infantil que poderán facelo acompañados dun adulto.
3-b. O xurado avaliará as pezas exhibidas e interrogará os participantes sobre todas as cuestións referentes ao traxe e a súa documentación complementaria para proceder a súa cualificación motivada.

4. En canto sexan examinados polo xurado, os participantes poderán saír do recinto ou esperar ao final da fase pública de exame. Trala avaliación pública, o xurado retirarase a deliberar en sesión pechada e asinará a correspondente acta de cualificación. Esta acta farase pública no curso do desfile que terá lugar pola tarde na praza da Quintana

5. Os concursantes deberán presentarse, portando o seu número, para a organización do Desfile de saída que se iniciará as 7.30 da tarde partindo da porta do convento de San Domingos de Bonaval

5. O desfile, no que participarán tanto os concursantes como os membros da Asociación e outros convidados ataviados con Traxe, se organizará do seguinte modo:
* Abre o grupo de acompañamento musical .
* Seguen os nenos e nenas non participantes no concurso en dobre fila.
* A continuación os adultos non participantes no concurso por parellas.
* Un grupo de gaiteiros
* Os nenos e nenas participantes no concurso infantil en parellas por rigoroso número de orde que lles fora adxudicado.
* Os adultos participantes no concurso en parellas por rigoroso número de orde que lles fora adxudicado.
* Un segundo grupo de gaiteiros para cerre do desfile.

6. O percorrido baixará a Rúa de Bonaval, cruza a Casas Reais, Cervantes, segue polo Preguntoiro, Conga, Rúa Nova , Rúa de Vilar, Praterías, Conga e entrará na Praza da Quintana pola rampa entre San Paio e a casa da Conga.

7. Para acadar máxima vistosidade, o desfile continuará no interior da Quintana, ata chegar as localidades previstas para os participantes:
Avanzará de fronte bordeando a Praza pola dereita, atravesará fronte as escaleiras ante todo o público sentado e dará volta pasando por diante da Porta Santa ata chegar a altura do escenario, onde as persoas ataviadas non concursantes (os primeiros) continúan desfilando ata acomodarse nos sitios reservados o efecto.

8. As persoas concursantes quedarán xuntas antes do escenario, en pe, ordenadamente (por número), e axudadas por azafatas do Concello para seren chamadas para subir a pasarela cando a presentadora o indique.

9. Ó baixar da Pasarela tras o desfile inicial, quedarán agrupados no lugar indicado, agardando seren chamados de novo, si resultaran premiados, para a entrega de galardóns.

10. O remate do acto de entrega de premios soará o Himno Galego para cerrar a celebración.

11. A título informativo, os participantes terán dereito a recibir copia da folla de cualificación do traxe que presentaron a concurso. Deberán solicitala por escrito (asinando un formulario que lles será facilitado a tal efecto) no momento de seren avaliados polo xurado. A copia será remitida por correo ao nome e enderezo que figure na folla de inscrición, tralo remate dos actos. Lémbrase que, segundo as bases do certame, o fallo do xurado é inapelable.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-07-2009 01:20
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 13 (Luns)
• Projecto Minho no Multiusos de Culleredo ás 20:30

Terza feira 14 (Martes)
• Tiruleque no Campo do Bosque. Dodro

Corta feira 15 (Mércores)

Quinta feira 16 (Xoves)
• Quempallou en Lugo
• Galegoz en Mugardos
• Festival Folk de raiz (Callobre - A Estrada): Os Carunchos, Regato de matamulleres, A requinta da laxeira e Folk de veneno

Sexta feira 17 (Venres)
• Roi Casal no Castelo de San Antón (A Coruña) ás 23:00
• Pèsdelán na praza de Macias en Padrón ás 22:30.
• Skarmento na sala 600 de Melide
• Teixeiro Rock: O Sonoro Maxín, Ith e Los Suaves
• Festival Revenidas (Vilaxoán): Kogito, La kinky Beat, Skarface, Manu adeus
• Festival Folc Vila de Covas (Viveiro): Tarabelos, Coanhadeira e Linho do Cuco
• Festival da Coruña: Siniestro Total, Galegoz, Os Tres Trebóns, Taru e os Paxaros Coiro
• Festival Folk de raiz (Callobre - A Estrada): Treixadura, Eilea (xenebra, suiza), Os ke hai, Pé de boi e Regueiferos " Os Gordechos"
• Festival da Terra e da Lingua (Narón): Retobato, Arenga, Skacha, ...
• Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo) MatamáFolc: Tiruleque, Crema de gaita, Tanto Nos Ten

Sábado 18
• Linho do Cuco na inauguración do C.S Tarabela (Lalín)
• Nova Galega de Danza en Sanxenxo
• Skacha en Marín
• Berroguetto no Grove
• Susana Seivane en Ponteareas
• Coanhadeira e Tanto Nos Ten (TNT) en Xove (Viveiro)
• Os Carunchos en Saxamonde
• Sem Resposta en Celeiro
• Dios ke Te Crew e Skacha nas Festas de Marín
• Festival da Chaira (A Pastoriza): O Sonoro Maxín, A Vaga Banda, Chotokoeu...
• Festival Arreacabo (Celeiro-Viveiro): Lamatumbá, Boikot, Betagarri, Sem Resposta, ...
• I Nordestazo Rock. Malpica: Os Tres Trebóns, Ultraquans, ...
• Festival Revenidas (Vilaxoán): Quempallou, Cuchufellos, O Taberneiro lamentable,...
• Festival da Terra e da Lingua (Narón): Kogito, Les Mornes, Trapallada,...
• Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo) Malaherba Rock: Skarnio, Puta Miseria, Aphonnic, Rojo Dos
• Festival Sons do Vento (Melón-Ourense): Banda de gaitas Amigos do mosteiro, Bastards on parade, La Collá Propinde, Pepe Vaamonde grupo, Verdasca, Pandereteiras de Randufe, Pandereteiras "As charaviscas", Grupo de baile "Retrouso"
• Serán de Chan do Vilar (Vilaboa - Figueirido)

Domingo 19
• Balakandra nas escalinatas da Domus (A Coruña) ás 22:00
• Cristina Pato no Corgo (Lugo)
• Festival folk de Narón: Leilía Tradicional e Susana Seivane
• Romaría Solidaria no Parque de Santa Margarida (A Coruña): Donaire, Dorna, Frouma, Maghúa, Os Viqueiras de Ordes,...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-07-2009 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Festivais de Verán
16-17 xullo: Festival Folk de raiz (Callobre - A Estrada)
- Os Carunchos, Regato de matamulleres, A requinta da laxeira e Folk de veneno
- Treixadura, Eilea (xenebra, suiza), Os ke hai, Pé de boi e Regueiferos " Os Gordechos"

17 xullo: Teixeiro Rock
- O Sonoro Maxín, Ith e Los Suaves

17 xullo Revenidas (Vilaxoán)
- Kogito, La kinky Beat, Skarface, Manu adeus
- Quempallou, Cuchufellos, O Taberneiro lamentable,...

17 xullo: Festival Folc Vila de Covas (Viveiro)
- Tarabelos, Coanhadeira, Linho do Cuco

17 xullo: Festival da Coruña)
-Siniestro Total, Galegoz, Os Tres Trebóns, Taru e os Paxaros Coiro

17-18 xullo: Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo)
MatamáFolc: Tiruleque, Crema de gaita, Tanto Nos Ten
Malaherba Rock: Skarnio, Puta Miseria, Aphonnic, Rojo Dos

17-18 xullo: Festival da Terra e da Lingua (Narón)
- Retobato, Arenga, Skacha, ...
- Kogito, Les Moreaus, Trapallada,...

18 xullo: Festival da Chaira (A Pastoriza)
-O Sonoro Maxín, A Vaga Banda, Chotokoeu, Caivanca.

18 xullo: Arreacabo (Celeiro-Viveiro)
- Lamatumbá, Boikot, Betagarri, Sem Resposta, ...

18 de Xullo: I Nordestazo Rock. Malpica.
- Os Tres Trebóns, Ultraquans, Sonotones, Los Justicieros.

18 xullo: Festival Sons do Vento (Melón-Ourense)
-Banda de gaitas Amigos do mosteiro, Bastards on parade, La Collá Propinde, Pepe Vaamonde grupo, Verdasca, Pandereteiras de Randufe, Pandereteiras "As charaviscas", Grupo de baile "Retrouso"

19 xullo: Festival folk de Narón
-Leilía Tradicional e Susana Seivane.

23 xullo: Festa da Dorna (Ribeira)
- Chotokoeu,...

24 xullo: Festa da Fraga (As Pontes)
- Luar na Lubre, Bonovo,...

24 xullo: IV encontro de folk do cabo da vila en Muxia:
- A.C Punta da Buitra, Coanhadeira, Tiruleque e Chotokoeu

24 xullo: Víspera do día da Patria (Compostela)
- Dois Ke te Crew, Kogito, KOP, ...

24 -25 xullo: Festigal (Compostela)
- Chamalle xis, Os John Deeres, Som do galpom, Dj Click Live
- Descarga ao vivo, Katembe Project, Os Tres Trebóns e amighos, a grande treboada

25 xullo: Festival Son Celta (Porto do Son)
- Som do Galpóm, Galegoz, ...

25 xullo: Santiaguiño folc (Padrón)
- Mercedes Peón, Quempallou e Arreixeira

31 de xullo e 1 de agosto: II Festival Antrospinos (Taragoña-Rianxo)
- Quempallou, Os Tres Trebóns, Canijos sin Fronteras e Súper Sandwich
- Machina, Yoplay, The Homens e The Majestics

Agosto


1 agosto: Festival de Zas
- Capercaillie, Tanto Nos Ten (TNT), Ruote, ...

1-2 agosto: Festival de Pardiñas
- Muyayos de Raïz, La Belle Image Fanfare, Hedningarna e Banda Potemkin,
- Bloquinho da Salgueira, Lúa de Fouce, Pepe Vaamonde Grupo e Pan de Capazo

1 agosto: Festixeve (Xeve-Pontevedra)
- A Tuna Rastafari, Kogito, Skarnio...

1 agosto: Peneda Rock (Monforte de Lemos)
-Ataque Escampe,...

6-7 agosto: Castelorock (Muros)
- Ruxe-Ruxe, Kogito, Machina, Gatillazo,...

7 agosto: Festival Folc de Arzua
- Berroguetto, Coanhadeira,...

7-8 agosto: Festival Brincadeira (Ordes)
- Dios Ke Te Crew, Bonye M, Kastomá,...

8 agosto: Festa da Prehistoria
- Skandalo GZ, A Tuna Rastafari,...

8 agosto: Festa Folc do Pino
- Regato de Matamulleres, Ardentia e Os Carunchos

14 agosto: Festival as Nosa Músicas (Couso-A Estrada)
- Tiruleque, Ardentía, A Magnifique Band dos homes sen medo, Turre´s Band, Pablo Seoane Grupo, ...

21 agosto: Esmorga Folc (Bandeira)
-Pepe Vamonde Grupo, Os Carunchos,...

22 agosto: Festival Folc de Negreira
-Ardentía,...

22 agosto: Festival Irmandiño de Moeche
- Lamatumbá,...

22 agosto: Festidoiro (Cuntis)
- Skacha, Kogito, Machina,...

22 agosto: Pontelouco (Castrocaldelas)
- O Sonoro Maxín,...

22 agosto: Festival Fin do Camiño (Fisterra)
-A Tuna Rastafari,...

22 agosto: Festival das Minas (Pontenova)
- Tonhito de Poi e Rasa Loba,...

22 agosto: Festival de Corcubión
- Lamatumbá, Chotokoeu, Ultraqans, Chamallexis,...

22 agosto: Festival Folc de Vilariño
- Os Carunchos, Ruxe-Ruxe, ...

23 agosto: Festival Terra Brava (O Incio)
- Tanto Nos Ten,...

29-30 agosto: Noite da Lúa Meiga (O Viso-Redondela)
- Os Carunchos, Ardentía,...

18-19 setembro: Festival Reperkusión (Allariz)
- Emir Kusturika & No Smoking Orchestra,...
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-07-2009 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do X Memorial Ricardo Portela
"Os enxebres de Cacheiras", ganñadores do X Memorial Ricardo Portela
O Concello de Pontevedra destaca a gran asistencia de público ás actuacións


O Memorial Ricardo Portela encheu de música tradicional galega Pontevedra neste primeiro fin de semana de festas de verán, que tamén contou coa celebración do San Benito.

Os grupos participantes, logo de tocar polas rúas e prazas da cidade, enfrontáronse o sábado á gran final que tivo lugar na praza da Peregrina e contou coa asistencia de numeroso público.

Primeiro premio (1.500 euros): "Os Enxebres de Cacheiras",
Segundo premio (900 euros): "Os Folerpas"
Terceiro premio (600 euros): "Contra cocheno".

Premio Seivane-Goretex consistente nunha gaita creada especialmente para o X Memorial: "Os Enxebres"
Premio especial Ricardo Portela (600 euros) á mellor interpretación dunha peza do repertorio de Don Ricardo : "Picuíña".


Ademais, o memorial completouse cunha mostra de artesanos de instrumentos tradicionais que aínda se puido ver onte.

Neste concurso participarán as seguintes agrupacións de música tradicional galega:

- A Requinta de Xián (Boqueixón)
- Os Folerpas (Santiago de Compostela)
- O Facho de Maeda (A Coruña)
- Ludovaina (Cangas do Morrazo)
- Contracocheno (Vigo)
- Os Enxebres de Cacheiras (A Coruña)
- Miañadura (Madrid)
- Picuíña (Seixo-Marín)

Comentarios (11) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-07-2009 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer