Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O adeus de Xochilmica

Dende o principio, un dos primeiros adxectivos que escoitamos os Xochilmica cando se referiron a nós, foi o de "grupo sincero". Pasaron anos dende que nos adicaron esas primeiras palabras os que tanto nos axudaron...

A partir de ese momento, fomos creando, case sen querer, un pequeno xochil-mundo... xochil-concursos, xochil-premios, xochil-disco, xochil-ensaios, xochil-concertos... e polo medio moitos xochil-sentimentos.

Con esa sinceridade, queremos comunicarvos a tod@s, que os elementos de Xochilmica decidimos poñerlle fin a este proxecto tan intenso, nun momento doce, co que queremos quedar na nosa memoria.

Temos que berrar con forza palabras de agradecemento a tod@s os que nos axudastes e fixestes posible esta xochil-atmosfera.

Grazas a tod@s e ata sempre.

Xochilmica

www.xochilmica.com
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 31-07-2008 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Alcouce (Figueirido-Vilaboa)
O vindeiro sábado 2 de agosto, no lugar do Alcouce (nucleo rural tradicional), Figueirido- Vilaboa (Pontevedra), os amigos da Asociación Cultural Chan do Vilar, organizan o 1º Serán Mixtura

Animádevos a participar e botar unhas pezas ou uns bailes!!!!

Organizado pola Asociación Chan do Vilar o seu número de contacto para calquera dúbida é o 617778328 (Alberto).
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-07-2008 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Festicultores con Manu Chao
O EGFA, o Exército Gherrilleiro das Festas Armadas anda na procura de reclutas que teñan moito aguante. Só os mellores aspirantes poderán pasa-las probas e ingresar na lexión festeira.

Os Festicultores Troupe, os rumaníacos da festa rachada, os parrandeiros máis lexendarios da romaría dos últimos anos en Galiza, son os combatentes desta milicia tan especial. Reclutando o peor da cada casa, os festeiros máis guerreiros do país van tomar as rúas, vanse facer fortes cos seus ritmos balcánicos e van dar a batalla bailonga. Sen tregua. Troula ou morte, ata a mañá, sempre.

Os Festicultores tamén actuarán no fin da xira europea de Manu Chao e RadioBemba junto aos franceses La Phaze na Praza de Touros de Bayonne (Francia), os días 30 e 31 de Xullo.

EGFA, actuará por vez primeira mais aló dos Pirineos. Tralo éxito acadado polo espectáculo en Galiza e o pasado 20 de Xullo no KESSE'08 de Tarragona, os cultivadores de festas levarán o seu espectáculo a Francia no mellor marco posible.

Mais info.: www.festicultores.com

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-07-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza xa ten o seu kilt
Un vello deseño galego logra a inscrición no rexistro escocés de saias

Achegábase o Festival de Ortigueira e na cabeza do artesán Santiago Bernárdez bulía unha idea: presentar na gran festa do mundo celta un kilt, a saia que visten os homes e identifica aos clans en Escocia, pero propio de Galiza. "Fixen o deseño do tartán, o tecido a cadros, rexistreino e chamei a un amigo escocés para encargar 30 saias. Non sabía como ía resultar a aventura, levei 25 e vendinas todas. Foi un éxito que non me esperaba".

A idea xurdiulle ao seu creador logo de vivir en Irlanda e Escocia
Xa encargou outras 100 saias ao seu provedor escocés. Comercialízaas a 29 euros cada unha. "Non pretendo que substitúa o traxe tradicional galego, senón que se converta nunha peza para os días de festa. E aquí temos moitos días de troula", comenta en Allariz, onde instalou o taller de coiro que rexenta desde fai cinco anos con Mónica, a súa parella.

A ocorrencia non foi repentina. Este deseñador, natural de Cangas do Morrazo, viviu antes de establecerse en Allariz dous anos en Irlanda e cinco en Escocia. "Cando me invitaban a unha festa tiña que alugar un kilt para non desentonar e custaba, se se trataba de épocas como fin de ano, 80 libras".

En Escocia atópase o Tartan World Register, institución que valida, tras un exame rigoroso, o cadro que identifica a unha familia, a unha empresa ou a unha nación. Obter o certificado supón un desembolso de 400 euros. "Conta a porcentaxe das cores e a disposición e distribución dos cadros, que saen dun tear con catro barras, que xa existían fai séculos en Galicia, sobre todo na Ribeira Sacra, como constatou os estudos da británica Anna Champeney". Santiago Bernárdez inscribiu o seu deseño como Tartan Gallaecia/Galician National, que se caracteriza por un 50 % de cor azul cobalto, 40% de azul mariño e 10% de branco. "Elixín o azul cobalto polo escudo galego, o azul mariño polo mar e o branco pola bandeira. Creo que a combinación quedou bastante ben", opina mentres ensina un kilt que deixou en Allariz por tratarse dunha talla pequena. "Mágoa, venderiao tamén".

Algún dos que se achegaban ao seu posto en Ortigueira reclamáronlle un kilt no que predominase a cor vermella, "e respondíalles que só vendía o nacional de Galiza". Cando os clientes interesábanse por que no galego mandaba o azul, topábanse cunha resposta imposible de rebater: "Porque é o que rexistrei eu". No Festival de Ortigueira, Santiago Bernárdez tamén puxo á venda a highland shirt (camisa tradicional) e o sporran (zurrón que se anilla á cintura). "En vista da aceptación, vou encargar tamén as medias, e os ribbons, que son unha especie de ligas que suxeitan as medias á altura do xeonllo, para completar a vestimenta".

O negocio está en cueiros, pero este artesán rezuma optimismo. "Percorremos moitas feiras e festas e neses momentos a xente anímase porque tes ganas de risas e de carallada". Ademais, Internet resulta unha ferramenta imprescindible para chegar desde Allariz a todas partes cun simple clic. Bernárdez rexistrou as webs TendaGaliza.com, TiendaGalicia.com e GalicianShop.com nas que tamén explica a historia do tartán en Galicia e en Europa para proclamar a súa universalidade: "Entendémolo como algo escocés, pero é unha vestimenta universal. Hai rexistrados o tartán nacional de Alemaña, Australia, Holanda..." E agora tamén o de Galiza.

Cando alguén se interesa polo kilt galego, Bernárdez detense un intre co comprador para impartir unha clase de historia resumida e o xeito de vestir esta peza. "Case todo o mundo leva mal a saia. Colócanlla na cadeira e hai que levala na cintura para que quede xusto á altura dos xeonllos".

A pregunta que máis lle formulan é se se loce con calzón debaixo da tea ou sen el. "¡Sen calzón, por favor!", responde. "Só os bailaríns teñen licenza para porse calzóns".

www.elpais.com
Comentarios (8) - Categoría: Novas - Publicado o 31-07-2008 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
Banda Potemkin

O "acoirazado" galego
Banda Potemkin adianta que están a gravar o seu disco debut tras o seu concerto en Compostela dentro das Festas do Apóstolo


Banda Potemkin, grupo que recolle o seu nome do clásico filme de Eisestein, comezou a súa andadura hai uns 3 anos, aínda que o proxecto xa estivera armado dende hai algo máis de tempo.

Comezou como un conxunto formado por músicos con certa traxectoria no panorama local, pero a día de hoxe o grupo experimentou un crecemento expoñencial e chegou a colocarse no mesmo plano que outros grupos con case unha década de historia enriba.

Os integrantes do proxecto descríbense a eles mesmos como un barco todoterreo que navega nos "precipitados ritmos balcánicos e afro caribeños entre outros, e que se expón ás fortes treboadas provocadas por bruscos cambios de tempo ou impredicibles inclemencias musicais", e sen dúbida a descrición é axeitada. Coa capacidade de mesturar sons, texturas, e diferentes intensidades, e contando cunha orixinal formación que ademais dos instrumentos básicos (baixo, guitarra, voz e batería) inclúe percusión, gaita, frauta traveseira, trombón, e bombardino, a música dos Potemkin resulta fresca, variada e sempre interesante.

Tras o concerto do grupo na praza do Toural no marco das festas do Apóstolo, falamos con Anxo, baixista do grupo quen tamén participa doutros proxectos musicais.Este músico de Cerceda falounos dos proxectos do grupo para o que queda deste 2008, e que sorpresas ten preparadas para o vindeiro 2009.

A primeira gran novidade que ten a tripulación é que están a gravar o seu primeiro disco, unha tarefa pendente e sempre adiada pola urxencia dos concertos e os outros compromisos profesionais dos músicos. A día de hoxe, o rexistro de pistas está chegando ao seu ecuador, e segundo as previsións, o disco debería estar mesturado e editado para finais de ano, e chegar a ser distribuído nos primeiros meses do 2009.

Fóra destes proxectos, o grupo atópase en plena xira estival, sumando a día de hoxe unhas cincuenta presentacións, cifra considerable para un grupo que só leva dous veráns tocando.

O último concerto no Toural, deixou unha moi boa sensación nos músicos que falaron dun concerto "concorrido e animado". Cómpre salientar que esta actuación coincidiu co concerto de Bassekou Kouyate & Ngoni Ba conxunto de Mali que tocou na Quintana á mesma hora que Potemkin facía o propio no Toural.

Deste xeito, o grupo engade á súa andadura por Galicia, Euscadi, e Cataluña as Festas do Apóstolo. O acoirazado avanza a todo vapor.

O DATO Datas de concertos

Para este verán o grupo ten algunhas datas xa pechadas para o mes de agosto e varias á espera de seren confirmadas para setembro e outubro.

A próxima actuación do grupo será o 1 de agosto en Vilagarcía nun concerto a beneficio dos pobos saharauís. Ó día seguinte actuarán no Senuncán, no Carballiño.

O día 14, o grupo atraca en Couso para actuar no Festival As Nosas Músicas.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-07-2008 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Xa pasou o Festigal
Unhas trinta mil persoas gozaron do Festigal a pesar de que o tempo non acompañou
O festival, cun orzamento de 150.000 euros, desborda todas as expectativas


A pesar do chuviosa da tarde no día grande do Apóstolo, a segunda xornada do Festigal, o festival organizado por Galiza Nova, contou cunha gran cantidade de xente, ao que contribuíu o feito de que moitas das actividades que nesta sétima edición do certame celebrábanse tiñan lugar en espazos cubertos. Unhas trinta mil persoas calcula a organización que participarían nos dous días na ampla e variada oferta do Festigal.

Un dos espazos que máis chamaban a atención era a Zona de Xantar, preparada para que puidesen comer 7.000 persoas con comidas contratadas previamente. Moitos asistentes á xornada festiva e de reivindicación nacionalista puideron, xa que logo, acudir desde as súas respectivas comarcas co cátering organizado. No entanto, un bo número de xente preferiu traer a comida, e ata mesa e mantel, da súa casa. A variedade gastronómica existente tamén provocaba situacións insólitas como o intercambio de especialidades entre os festivaleros. E é que o 25 de xullo para a gran familia nacionalista é un lugar de reencontro e confraternización.

Despois do bo xantar a xente podíase atopar, campus sur arriba, cunhas 25 jaimas e catro grandes carpas, conformando 29 espazos ou Galerías nos que se ofrecían todo tipo de actividades. Entre elas destacaba a Galería dás Letras, cunha mostra de numerosos libros galegos, e na que nas dúas xornadas presentáronse as mellores edicións do ano.

Mentres isto ocorría, no espazo habilitado como Café Concerto actuaba o cantante galego Tino Baz ante un público que enchía totalmente o recinto, á vez que gozaba dunha copa comodamente sentado. A programación de concertos neste espazo era en grao sumo variada, contando con música de cabaré (Lilí Berlín), cubana, coa cantante Yamila, e de jazz. A actuación máis esperada foi a de Pablo Milanés, que saíu ao escenario cara ás doce da noite. O público que encheu o recinto aplaudiulle baixo unha choiva miúda.
Todas as organizacións, asociacións e colectivos da órbita nacionalista contaron coa súa jaima para expor. Tamén a rede de emisoras municipais contou cun espazo no que emitiu varios programas en directo.

Esta sétima edición do Festigal viuse enriquecida con novos espazos como o Espazo dá Cultura Tradicional, que albergou mostras de instrumentos e traxes tradicionais ademais de ofrecer talleres de xoguetes e xogos tradicionais. Na tarde de onte acolleu tamén unha exhibición de «loita galega», un deporte que se intenta recuperar.

Xosé Gontá, responsable de organización e finanzas do Festigal, sinala que o festival se está convertendo «nun evento de moita transcendencia para a xente que se move non mundo dá cultura e dá música. Tódolos anos recibimos centos e centos de e-mails , pero non só de Galicia senón de todo ou estado: de axencias, de artistas e ata para poñer postos de comida». Gontá considera que lles empeza a desbordar a organización do evento na cal participan unhas 150 persoas. O orzamento do mesmo alcanza, segundo el, unha cifra de 150.000 euros. Orzamento posible porque algúns artistas non cobran o caché habitual e porque o festival afórrase os custos organizativos, contando ademais coa colaboración de moitas entidades

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-07-2008 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Amancio Prada reedita os seus clásicos
Amancio Prada reedita os seus clásicos Vida e morte e Rosas a Rosalía
"Grazas a Rosalía conseguín a miña primeira guitarra", recorda o do Bierzo, que recupera o seu primeiro disco, gravado en París, e a homenaxe rosaliana máis sobranceira.


Amancio Prada ven de presentar a reedición en cedé dos seus clásicos Vida e morte (París, 1973) e Rosas a Rosalía (Compostela, 1997). O poeta, vinculado dende sempre a Galiza, recupera o seu primeiro traballo, que levaba fora de catálogo dende os anos oitenta.

"Foi o meu primeiro traballo, gravado en París no outono de 1973, con acompañamento de guitarra e o violoncello de Eduardo Gattinoni", conta Prada de Vida e morte, "un disco, como todos, coas súas virtudes e defectos, pero tiña un aquel especial: foi un disco fundacional, que deixou asentados os cimentos do que logo fun construíndo ao longo da miña vida”.

“Graveino en circunstancias moi especiais -tiña unha catarreira-, e cos nervios de quen con veintipoucos anos consegue facer un disco", relatou, "meses despois e co disco baixo o brazo, volvin a miña terra amosando o froito musical da miña estancia en París. Xa podía presentarme perante meus pais e meus amigos”.

Censurado

"Cando cheguei, presentei Vida e morte a Hispavox, que gostaron moito del. Rapidamente fixeron a versión española, que fora practicamente idéntica á orixinal francesa, agás a canción Monorrimo, que aínda agora non entendo por que non pasara a censura. Era 1974, e mirando a letra de Luís López Álvarez podo pensar que ao mellor se deron por aludidos dalgún xeito (Nada retoña, no, nadie restaña / nadie la preña ya, nadie a la entraña / muñón de sangre sí, muñón de España)”.

Este tema por suposto está recuperado para a actual edición, e máis dúas críticas que saíron co gallo da publicación do disco en España, unha de Moncho Alpuente e outra de Álvaro Feito.

“Grazas a Rosalía conseguín a miña primeira guitarra”

Rosas a Rosalía é a súa segunda homenaxe á poetisa de Padrón. Amancio Prada comezou a emocionarse cós versos rosalianos cando tiña 17 anos, e antes dos vinte xa compuxera a música para dous poemas de Rosalía (Como chove miudiño e Un repoludo gaiteiro), que incluíu no seu primeiro traballo, Vida e morte.

“Grazas a ela conseguín a miña primeira guitarra. Con vinte anos fun cantar Pra Habana a un festival en Valencia cunha guitarra emprestada e gañei o primeiro premio: dez mil pesetas coas que merquei unha guitarra que vira o día antes en Valladolid. Con ela marchei a Francia, como se fose a chave daquel outono que me levou a París”.

Dous anos despois, en 1975, Prada xa gravara Rosalía, doce temas tamén có acompañamento de Eduardo Gattinoni ao violoncello.

Este Rosas a Rosalía contén todo o seu repertorio rosaliano máis a canción de Juan Montes Negra sombra, que xa é un clásico popular, coa colaboración de amigas actrices e cantantes, como Martirio, María Dolores Pradera, María del Mar Bonet ou Nuria Espert. As dezasete cancións foron gravadas en Compostela, no Auditorio de Galicia, coa Orquestra Real Filharmonía de Galiza e as pandeireiras de Baio

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-07-2008 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Últimas horas para votar en A Polo Ghit!
O xoves ao mediodía remata o prazo de votacións na web. Os cinco temas máis votados, máis os cinco elixidos polo xurado, pasarán á final a partir do sábado.

Entramos na recta final para elixir os finalistas de A Polo Ghit 2008. O xoves 31 de xullo, ás doce do mediodía, quedarán pechadas as votacións na web. Xa falta moi pouco tempo e os temas máis destacados en número de votos teñen todas as papeletas para entraren na final.

Os cinco temas cun número máis alto de valoracións, xunto cos cinco que escolla o xurado, terán a posibilidade de se converteren nos representantes de Galiza no festival Liev Lavlut, en Luleå, na Laponia sueca.

O sábado 2 farase pública a lista final, e abrirase un novo período de votacións para elixir, tamén, que canción levará o premio do público.

www.apologhit.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-07-2008 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
XV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional en Pardiñas
Un ano máis a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), a través da comisión de artesáns, achégase ata o Festival de Pardiñas para organizar o que será a "XV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional".

Un evento que constitúe unha das mostras de luthería máis antigas da península e que congrega cada ano a numerosos artesáns do país para mostrar o seu traballo ao público.Para levar a cabo esta actividade, e mellorar nos seus contidos ano tras ano, contamos coa inestimable axuda da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura, e máis a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo da Consellaría de Industria da Xunta de Galiza.

Unha colaboración que resulta imprescindible para que a AGG continúe na súa loita de divulgación e dignificación da cultura tradicional.

Durante as xornadas do 2 e 3 de Agosto, no marco incomparable do Festival de Pardiñas, os artesáns de instrumentos musicais abrirannos unha fiestra aos seus obradoiros amosando o seu bo facer. Limparán o po das ferramentas e vestiran coas mellores galas as súas obras, tan cobizadas en moitos casos. Pero haberá moito máis, xa que se trata dunha festa na que non poden faltar os gaiteiros, obradoiros, o baile tradicional e a foliada ate que o corpo aguante.

O pregón deste ano ofreceránolo Luciano Pérez, mestre de taller e responsable técnico da colección permanente de instrumentos musicais do Centro de Artesanía e Deseño-Deputación de Lugo. Trátase dun convidado moi especial xa que foi el mesmo o que leu o pregón da I Mostra de Artesáns hai xa 15 anos.

O Sábado contaremos coa presenza de Tanxedoras, un grupo de música tradicional galega, formado por cinco rapazas de Vigo (Ioli, Leni, Margó, María e Tere), que se caracteriza polo emprego de distintos instrumentos de percusión galega tales como pandeiro, pandeira, tixola, legón, pandeireta, culleres…, ademais de gaita e acordeón. Tanxedoras é un proxecto que naceu en setembro de 2003. Con anterioridade formaron parte doutras agrupacións folclóricas, mais os camiños da vida xuntáronas para traballar arredor dunha idea común: a recuperación do legado musical de Galiza.

Durante a xornada do Domingo haberá actividades dende a mañá co Obradoiro de Baile Tradicional, da man de Montse Rivera, mestra desta disciplina e compoñente do grupo Leilía, e un novo Obradoiro de Construción de Xoguetes Sonoros dirixido por Luciano Pérez. Pola tarde, a música chegará dende terras lusas, coa presenza de O Carriço, insigne gaiteiro de Coimbra que nos amosara o seu xeito tan particular de tocar a gaita.As actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois haberá un escenario dispoñible durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos seus instrumentos.

PROGRAMA DA MOSTRA

SÁBADO 2 DE AGOSTO

17:00 h. ---------------------- Apertura da Mostra

17:00 h. a 18:00 h. ---------- Escenario libre para músicos espontáneos

18:00 h. ------------------------Pregón LUCIANO PÉREZ

18:30 h. ---------------------- Actuación de TANXEDORAS

19:30 h. A 21:30 h. --------- Escenario libre para músicos espontáneos

DOMINGO 3 DE AGOSTO

11:30 h. ---------------------- Apertura da Mostra

11:30 h. a 13:30 h. ----------- Escenario libre para músicos espontáneos

12 :00 h. --------------------- Obradoiro de xoguetes sonoros LUCIANO PÉREZ

12 :00 h. ----------------------- Obradoiro de baile tradicional MONTSE
RIVERA

16:00 h. a 18:00 h. --------------- Escenario libre para músicos espontáneos

17:00 h. ----------------------Obradoiro de baile tradicional MONTSE RIVERA

18:00 h. -------------------------Actuación de O CARRIÇO

19:00 h. A 21:30 h. --------- Escenario libre para músicos espontáneos


Asociación de Gaiteiros Galegos
Rúa Alfonso XII - 7 – Pontevedra
986 847 074 - www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-07-2008 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
De Mercedes Peón a Edelmiro Fernández
Música Tradicional Galega

Un día apareceu Mercedes Peón cantando cunha lighona no Luar e foi como cando por primeira vez vin desaparecer a Mr. Spock tras dizer "teletransporte": os parámetros da cotidianidade desintegráronse pra deixar paso a un novo mundo insospeitado e fascinante no que resultaba imperioso aprofundar.

Se ben é certo que adiquei moitas horas a investigar o asunto da física cuántica, nunca se me dou por grabar os capítulos de Star Trek; porén o impacto de atoparme co eslabón perdido da miña identidade faría que cada venres rexistrara nunha cinta de vídeo as actuacións que apresentaba aquela moza, neta dun abó que debía ser do tempo do meu. Tratábase da única videocassete que eu tiña, así que a base de play, forward e rewind fun verquendo como puiden aquelas letras, ritmos e melodías nunha libreta co obxecto de podelas estudar despois, antes de que a falta de espazo me obrigara a sobreescreber a cinta con novas emisións que me levarían a repetir aquela particular recollida etnográfica.

Aínda conservo esa libreta e, cando ma atopo, vexo reflexada nela un abraiante desequilibrio entre a riqueza -e a vitalidade- do patrimonio artístico, etnográfico e musical da Galiza por un lado, e por outro o histórico desleixo de determinadas elites culturais e políticas diste pais a respeito dela. O abraiante é que a pesares de ter que perviver nun entorno tan desfavorabel, logramos non só conservar senón mesmo adaptar ás novas circunstancias o noso patrimonio inmaterial e mesmo enriquecelo. Un bon exemplo disto -e, se cadra, o que amosa unha maior vitalidade xunto co da língua- atopámolo no caso da nosa música tradicional.

Tras lograr sobreviver ao proceso de colonización iniciado no śeculo XV, o patrimonio musical do pobo galego parecía estar condenado a verse confinado no ámbito do foclórico e do ritual a causa das transformacións derivadas da revolución industrial, xa que ao desaparecer as canles de transmisión oral interrumpíase o proceso de adaptación e reelaboración próprio da música patrimonial e, sobre todo, desaparecía o contido transmitido. Porén esta eiva viuse neutralizada grazas á sensibilización das elites culturais que, dende o Rexurdimento, iniciarían a revalorización da cultura nacional galega favorecendo a posterior proliferación de transcrizóns musicográficas, rexistos fonográficos ou cancioneiros e outros estudos e iniciativas encadrados na etnomusicoloxía europea, en especial a partires da segunda metade do pasado século.

O resultado deste histórico esforzo colectivo está á vista. Hoxe por hoxe non só conservamos un vasto rexistro da nosa música patrimonial; temos ademais escolas e cursos nas que se estuda e transmite ás novas xerazóns alicerzando o mantenemento dun vizoso entramado de festas, seráns, ligas, concertos, festivais, xornadas, encontros, memoriais e concursos nos que a Música Tradicional Galega é reproducida, interpretada e sobre todo reelaborada, dando lugar a unha variada producion musical en forma de rexistros sonoros e musicográficos que xa non se restrinxen a conservar ou reproducir as composicións do pasado, senón que introducen novos arranxos, amplían o repertorio con novas pezas axustadas aos cánones tradicionais e mesmo chegan a fusionarse con outras correntes musicais como o pop, o rock ou o jazz... e por suposto coas músicas tradicionais doutras culturas do planeta, en especial coas das restantes nacións celtas.

Nas últimas décadas estamos asistindo á profesionalización de distintos sectores do ámbito da música tradicional: dende o colectivo de ensinantes, ao dos músicos -fundamentalmente intérpretes e compositores- pasando polo dos luthiers ou o da produción discográfica. Progresivamente vai consolidándose unha industria musical endóxena en torno ao reto de darlle resposta ás demandas dun público cada vez mellor formado e máis esixente; demandas que cando son contrariadas provocan os consecuentes apupos e polémicas -tal como ven de suceder co discutido fallo do IX Memorial Ricardo Portela-; e que en cambio, cando son satisfeitas, tórnanse en recoñementos internacionais -tal como sucedeu no XXII Trofeo MacCrimmon do Festival Intercéltico Lorient, que proclamou ao galego Edelmiro Fernández como o mellor gaiteiro do mundo. O público, sobra decilo, é xa de carácter global, e se a nosa música continúa viva é xustamente polo seu carácter universal.

A vitalidade da Música Tradicional Galega é incuestionabel; non só se pode apreciar na densa produción cultural que en torno a ela se xenera dentro e fora do pais: tamén na Internet -canle cada vez máis principal na transmisión da cultura- pode percibirse isto de forma obxectiva na grande cantidade de webs, foros, blogues e sitios de todo tipo adicados a tratar estas cuestións. As polémicas houboas sempre e ha de seguir habéndoas: sermos capaces de transformalas en postas en común construtivas é un reto que como comunidade da rede debemos afrontar; evitemos caer nos ataques personais e teremos máis da metade do camiño percorrido.

Suso Baleato

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-07-2008 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Reflexións de D. Ricardo Portela
Tras as polémicas do Concurso Memorial Ricardo Portela de Pontevedra, presta lembrar un pouco a figura do Grande Mestre Gaiteiro e que moitos podían tomar como exemplo do amor pola cultura popular galega.

O gaiteiro Ricardo Portela fai unha reflexión sobre as súas inquietudes polo mundo da gaita. Videos propiedades de Maximino Souto e cedidos por cortesía de Miguel Souto.



2ª parte:



3ª parte



Ricardo portela interpretando un pasarrúas de Xan de Campañó.



Ricardo Portela interpretando a "Xota da Mahía".

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 30-07-2008 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
De camiño ao Festival Intercéltico de Lorient
Xarabal, Cantigas e Agarimos, Leilía, Quempallou e Mutenrohi representarán a Galicia na Bretaña francesa

Mentres Galiza vive o seu propio Intercéltico -o de Moaña, desde o xoves ata o domingo- nas coordenadas da Bretaña francesa prepáranse para a edición número 38 do Festival Intercéltico de Lorient. A pequena cidade bretoa, con pouco máis de 60.000 habitantes e irmanada con urbes como Vigo ou a irlandesa Galway, duplicará a súa poboación desde o día 1 ao 10 de agosto. Nas súas rúas e escenarios, oiranse as linguas das nacións celtas e, entre elas, o galego de man da Banda de Gaitas Xarabal -de Vigo-, Leilía, Cantigas e Agarimos, Mutenrohi e Quempallou.

Precisamente, estes últimos serán os primeiros da delegación galega en actuar, con cita para o día da inauguración. Na xornada seguinte, 2 de agosto, os preto de 45 compoñentes de Xarabal subirán ao escenario no espazo "Músicas e de danzas de países celtas". Xarabal non só destaca polas súas gaitas senón pola súa sección de percusión axuntando ritmos tradicionais con outros novos diferentes dos instrumentos que se afacían a escoitar na música popular.
A "Agrupación de peixes ante un perigo" -significado de Xarabal- coñece ao que se enfronta. "Participar no Intercéltico de Lorient é unha grande achega e experiencia persoal que te permite vivir experiencias musicais con outros grupos de música celta", explicaba onte Andrés Avendaño, vicepresidente da Asociación Cultural Xarabal, á que pertence a banda nacida en 1984 do Obradoiro-Escola de Instrumentos Musicais da Universidade Popular de Vigo, da que se desvinculou en 2001.

"Homenaxe" especial
Non será a primeira vez que actúen no Intercéltico bretón, xa en 1981 e 2005 fixérono. Con todo, esta ocasión vivirana de forma especial como unha "homenaxe" a Isaura, a esposa do director da banda, Antón, recentemente falecida.

O luns día 4, subiranse a un dos escenarios os galegos Mutenrohi; ao igual Quempallou que repetirán actuación; para actuar Cantigas e Agarimos o 8 de agosto no espazo de Música e danzas de países celtas. Para o día de peche, pola noite, a música galega soará co grupo Leilía que non comparte a idea de que actuar no Festival de Lorient signifique automaticamente "que en Europa che vaian abrir as portas".
No entanto, unha dos seus compoñentes, Montse, engadía que "Lorient é unha dás citas máis emblemáticas do folk en Europa. Non é ou mesmo ambiente nin a mesma proposta que a do Festival de Ortigueira, xa que en Lorient hai que pagar en moitos dous espectáculos. Non estou en contra de Ortigueira. Ou que ocorre é que, ás veces, masifícase".
Comentarios (2) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-07-2008 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Romaría - Foliada nos Muiños (Meiro-Bueu)

ROMERÍA – FOLIADA NOS MUÍÑOS
MEIRO (BUEU – PONTEVEDRA)


O vindeiro domingo día 3 de agosto de 2008 celebrarase unha xornada de lecer e contacto co medio ambiente, coa cultura e co patrimonio no entorno dos muíños na zona do Canudo (Meiro – Bueu).

Dende as 9:30 horas da mañá e durante todo o día realizaranse numerosas actividades:

Ø Roteiros de senderismo ás 9:30 e as 18:00 horas dende a caseta de turismo de Bueu.
Ø Representación de títeres "O tranqui pasou por Meiro". Representado pola sección infantil do Grupo de Teatro Simalveira de Meiro.
Ø Charlas didácticas sobre a flora e a fauna do bosque de ribeira, e as partes e funcionamento dos muíños.
Ø Actuación de agrupacións de música tradicional.
Ø Artesanía en vivo.
Ø Xogos populares.

Durante todo o día habilitarase un posto no que se venderá productos, tapas e comidas típicas da aldea (ovos con pan de millo, empanadas e pan de millo corvo, etc.).

A organización desta romería e foliada ten a finalidade de recaudar fondos para a restauración do patrimonio cultural e etnográfico dos muíños de Vilas, Santos e Laxe.

Máis información: meirocorvo@gmail.com

ASOCIACIÓN CULTURAL MEIRO
C.I.F.: G-36293223
Casa da Aldea s/n - Meiro
C.P. 36938 - Bueu ( Pontevedra)
www.meirocorvo.org
meirocorvo@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-07-2008 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
A AGG no pasado Festigal
Grande éxito da Mostra de Cultura Tradicional que a A.G.G. presenta, por primeira vez, dentro das actividades do Festigal.

Numerosas persoas disfrutaron da Galería da Cultura Tradicional, que foi xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos dentro das actividades do Festigal, que se celebrou en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de Xullo.
Os visitantes puideron asistir a actuacións, mostras de instrumentos e xoguetes tradicionais, e distintos obradoiros que fixeron as delicias do numerosísimo público que nos visitou durante a mostra.

Nesta edición contouse coa presenza de tres recoñecidos artesáns de instrumentos tradicionais, que amosaron o seu bó facer nunha ampla exposición. Contouse tamén con mestres que levaron a cabo obradoiros de xoguetes sonoros, de xogos de baile, de iniciación ao baile tradicional e incluso ensinaron a regueifar aos participantes. A ampla mostra de xoguetes tradicionais coa que contou a galería evocou tempos pasados en moitos dos asistentes.

O éxito acadado nesta edición, demostra a preocupación crecente da sociedade galega por poñer en valor a súa cultura, a súa música e todo aquelo que ao longo dos anos foi conformando o noso feito identitario.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-07-2008 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado dos Concursos de Gaiteiros Solistas e Parellas de baile de Padrón
Celebrados o 25 de Xullo de 2008

Resultado do I Concurso de Gaiteiros Solistas de Padrón

1º GONZALO ABELAIRAS (OURENSE)
2º EMILIO JOSÉ RIAL (A CORUÑA)
3º ADRIANA RIVAS (A CORUÑA)

Resultado do I Concurso de Parellas de Baile tradicional de Padrón

1º Aderezos de Betanzos
2º Os de Estebo de Compostela
3º Os Revoltas de Compostela
Comentarios (11) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-07-2008 02:53
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival Folc Praia de Ézaro (Dumbría)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-07-2008 02:51
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival Folk Chuchurrao (Forcarei)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-07-2008 02:50
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Arranchando Culturas (Burela)

O sábado 2 de agosto, o Festival Arranchando Culturas chega a Burela: todo un día de festa, concertos e actividades, para unir culturas a través da música, confluíndo na Mariña.

A XXIV Feira do Bonito convértese na escusa perfecta para celebrar a segunda edición de Arranchando Culturas; un festival no que conflúen as culturas galega, euscalduna e bretoa, onde a tradición boniteira se converte no nexo que une a estes tres pobos, afianzando a conexión transcantábrica que os vencella dende séculos atrás.

Arranchando culturas, unha festa homenaxe aos mariñeiros e ás súas familias, na que por riba de todo está a linguaxe universal da música, coa que Burela acollerá a todas as persoas que queiran gozar coas propostas musicais máis importantes destas vilas de fonda tradición mariñeira.

O sábado, o Festival comeza na explanada do porto de Burela ás 14h cunha sesión vermú-taco. As actividades continúan ás 16h na Casa da Cultura, onde o Proxecto O+Hatz (hogeihatz) impartirá un obradoiro de txalaparta, de entrada libre. O Proxecto O+Hatz é unha iniciativa de Ion Garmendia e Iñaki Plaza, dous dos txalapartaris de maior recoñecemento internacional. A festa continuará cunha verbena na explanada do porto de Burela a partires das 21h, e o prato forte de Arranchando Culturas comeza ás 23h con tres actuacións chegadas dende Galiza, Euskal Herria e Bretaña:

Os encargados de comezar a festa son Iñaki Plaza e Ion Garmendia, cun concerto no que a txalaparta, a xirula, a trikitixa ou a alboka, de fonda tradición euskalduna, fusiónanse coa táboa india ou o steel drum de Xamaica. Estes dous músicos veñen de levar os ritmos da txalaparta por todo o mundo, e teñen colaborado con Kepa Junkera, Ibon Koteron, Berrogüetto ou Faltriqueira. Nesta ocasión, para Arranchando Culturas, veñen acompañados de Kepa Calvo, percusionista que completa a proposta destes dous txalapartaris.

Tralos ritmos euskaldúns, continúa a festa, pasando por Bretaña: Les Trompettes du Mozambique, que aínda que non o pareza, son bretóns 100%, preséntanse por primeira vez en Galiza. Estes 18 músicos vestidos con traxes coloridos, que bailan ao son de coreografías moi animadas e que levan a festa alá por onde van, grazas ao seu contaxioso ritmo, xa levan varios anos movendo a multitude de público incondicional. Os directos desta banda non deixan indiferente a ninguén, e conseguen animar, dar calor e divertir a calquera público, mesmo ao máis frío e distante. Les Trompettes du Mozambique: a música divertida e dinámica da Bretaña actual, rebosante da tradición musical máis arraigada.

E para rematar, a música volta a Galiza da man dos Tres Trebóns. Un conxunto formado pola voz e o acordeón de Xurxo Souto, a batería de Fran Amil e o baixo de Antón Díaz. Para este concerto veñen acompañados de Os Homes sen medo, unha formación móbil composta nesta ocasión por Manu Payno á trompeta e Martiño Mato ao saxo. Os directos dos Tres Trebóns mesturan música e contos, e parten de tres premisas indispensables: 1º-que ben se vive sen guitarristas, 2º- as notas que poidas meter en medio compás non as metas en dous e 3º (e máis importante)- o viño do Rosal é medicinal. Partindo desta base, a festa e o baile están máis que asegurados.

A segunda edición de Arranchando Culturas garantiza boa festa en Burela este sábado 2 de agosto. A unión das culturas, as actividades ao longo de todo o día, e a festa final na explanada do porto fan deste Festival unha cita ineludible na Mariña.


Programa II Arranchando Culturas

14h Sesión Vermú-Taco
Explanada do Porto

16h Obradoiro De Txalaparta da man do Proxecto O+Hatz
Casa da Cultura

21h Verbena Popular
Explanada do Porto

23h II Festival Arranchando Culturas
Explanada do Porto

-Iñaki Plaza e Ion Garmendia (Euskadi)
-Trompettes du Mozambique (Bretaña)
-Os Tres Trebóns (Galiza)

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-07-2008 02:49
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Galaicofolia 2008 (Portugal)
Festival Galaicofolia 2008 (Portugal)

31 Julho - 3 de Agosto
Castro de S.Lourenço, Esposende (Portugal)


Existe uma forma de festejar nascida por estes castros há 2000 anos atrás. Naquele tempo, o povo unia-se nos pequenos povoados para partilhar todos os momentos e em particular as horas de alegria. Um povo galaico movido a cada dia para renovar a festa. Uma modo de festejar que se desenvolveu pelo atravessar dos tempos mantendo o espírito ímpar de diversão. A cada instante invadia este povo uma sensação única de prazer festivo. A verdadeira folia galaica. A “Galaicofolia”.

1 agosto
- JULIE FOWLIS
- MONTE LUNAI

2 agosto
- ARREFOLE
- GAITEIROS DE LISBOA

3 agosto
- FÍA NA ROCA
- RED HOT CHILLI PIPERS

Diário - 1 pessoa: 5€
Passe 3 dias - 1 pessoa: 11€

www.galaicofolia.com
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-07-2008 02:49
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Pèsdelán

PESDELÁN para bailar

Disposto a recuperar a cultura participativa das festas, este curioso grupo de músicos pretende non descansar ata poñernos a todos a bailar.

"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema: o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos."

O repertorio de Pesdelán abrande temas tradicionais galegos e portugueses, arranxados dun xeito divertido e orixinal.

Para os máis atrevidos Pesdelán ofrece obradoiros de baile galego e portugués.

Pesdelán

Guadi Galego (voz e percusións)
Uxía Cribeiro (voz e percusións)
Montse Rivera (voz e ensino de danzas)
Mercedes Prieto (voz e ensino de danzas)
Xan Pampín (acordeón)
Carlos Freire (percusión)
Miguel Flores (guitarra)

O vindeiro luns 28 de xullo as 23:30 h. terá lugar na Praza do Toural de Compostela o primeiro concerto do recén formado grupo Pèsdelán.

Unha aposta nova dun grupo cheo de facianas coñecidas da música e a danza galega que pretende recuperar a cultura participativa nas festas... e facernos a todos bailar.

As 20:30h terá lugar na mesma praza un obradoiro de danza onde se poderán aprender os bailes para despois poñelos en práctica...
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 28-07-2008 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Nova polémica que rebordou os límites
Todos coñecedes á politica de respecto deste blog por todos os que fan algo pola cultura galega, así que de novo tivemos que tomar unha decisión sobre comentarios dentro do blog.

A maioría de vós non o saberedes pero houbo, dende hai uns días e até hoxe, unha polémica coa súa discusión sobre os resultados do Memorial Ricardo Portela, e observando como ían introducindose acusacións sobre persoas concretas, e sobre todo feitas dende o anonimato, decidimos retirar todos os comentarios.

Unha obsevación para os protagonistas: as IP quedan gravadas na mensaxe, así que iso de xogar a ser varias identidades non é tan sinxelo de agochar e é moi triste comprobar como persoas illadas, supostamente defendendo a mesma cultura tradicional, tentan facer tanto dano dende o anónimato.
Comentarios (10) - Categoría: Novas - Publicado o 28-07-2008 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
XXIV Festival Intecéltico de Moaña
XXIV EDICIóN DO FESTIVAL INTERCéLTICO.

Do 31 de xullo ata o 3 de Agosto.

PROGRAMA:

Xoves 31 de Xullo.

As 22:00. Inauguración do Festival , con música tradicional galega.
Escenario II.
-Actuación da charanga Lembranzas da ría.
-Noitarega.

Venres 1 de Agosto.

Escenario II:
-19:00: teatro para nenos e actividades varias.
Escenario I:
22:30-Noites Folk:
- Aira da Pedra. (O Bierzo)
- Four Men and a Dog.(Irlanda)

Sábado 2 de agosto.

Escenario II:
19:00-Música de Raíz:
- 1º Sobre Rodas.(Galiza)
- 2º A gaita de Sarandón. (Galiza)

Escenario I.
22:30- Noite Folk.

-1º.Luétiga (Cantabria)
-2º.Júlio Pereira (Portugal)

Domingo, 3 de agosto.

Escenario II. 19:00
Música de Raíz:
- Chema Puente.(Cantabria)
- Juanjo Fernández.(Galiza)

22:30-Noite Folk:
Escenario I. 22:30
- Susana Seivane.(Galiza)
- Shooglenifty. (Escocia)
Comentarios (3) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-07-2008 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
XXIV FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS
PROGRAMA 2008

XXIV FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS

Venres, 1 de Agosto do 2008 actuarán: A partir das 11 da noite:

- Birimbao (Galiza)
- Briganthya (Euskadi)
- Triquel (Valladolid)


Sábado, 2 de agosto do 2008 actuarán: a partir das 6 da tarde:
- A.C. Castro Meda de Zas
- Murga Os Campantes (A Baña)
- Grupo de Bailes Populares Iar (A Coruña)
- Banda de Gaitas Ferreñas (Vilamaior)

A partir das 9 da noite:

- Fia na roca (Galiza)
- A quadrilha (Portugal)
- Luar na lubre (Galiza)
- Wolfstone (Escocia)
- Clanadonia (Escocia)


Acceso: 5 euros, con agasallo de cd exclusivo con 2 cancións de cada grupo que actua.
Comentarios (3) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-07-2008 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Pardiñas 2008 (Guitiriz)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-07-2008 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Lugnasad (Bretoña)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-07-2008 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
9º Festival Intercéltico de Sendim (Portugal)

9º Festival Intercéltico de Sendim
Terras de Miranda

1, 2 e 3 de Agosto de 2008


PROGRAMA

Actividades Musicais
Parque das Eiras

1-Sexta
22h00: GINGA portugal
23h15: SKANDA astúrias
00h30: LUAR NA LUBRE galiza

2-Sábado
22h00: KEREKES BAND hungria
23h15: VOANERGES ucrânia
00h30: SHOOGLENIFTY escócia

3-Domingo
22h00: PICA TUMILHO terra de miranda

Casa da Cultura 2 – Sábado 16h00: Gaiteiros da Família Fernandes
18h00: Evocação do Tamborileiro Virgílio Cristal

Actividades Paralelas

Taberna dos Celtas (madrugadas de 1 e 2 depois dos concertos)
Viver as Madrugadas em Festa - Música e Imagens

Parque das Eiras (durante os concertos)
Artesanato e Produtos da Terra, Discos, Livros e Instrumentos Musicais

Centro de Música Tradicional (dia 2: 12h00)
Apresentação de Discos e Livros


…porque a folk merece um festival assim!

Numa iniciativa do Centro de Música Tradicional Sons da Terra, vai realizar-se entre 1 e 3 de Agosto de 2008, na vila de Sendim, concelho de Miranda do Douro, o 9º FESTIVAL INTERCÉLTICO DE SENDIM, tendo como objectivos principais a divulgação das músicas folk e tradicionais, contribuindo ao mesmo tempo para a promoção das terras mirandesas do Nordeste Transmontano.

Trata-se de um evento maioritariamente apoiado por todos quantos, vindos das mais diversas terras portuguesas bem como das vizinhas terras castelhano-leonesas, galegas e asturianas, aqui se deslocam, ano após ano, para viver as celebrações intercélticas em ambientes únicos de convívio colectivamente partilhado.

Para esta nona edição, o FESTIVAL INTERCÉLTICO DE SENDIM optou por uma programação centrada nos diálogos interculturais, indo justamente ao encontro do multiculturalismo que marca os tempos que correm. Trata-se, uma vez mais, de corresponder, na medida do possível, às sugestões do público bem como de divulgar as mais expressivas linhas de renovação da folk europeia.

Os concertos no Parque das Eiras, onde se encontrará instalado o palco principal do festival, iniciam-se no dia 1 de Agosto, com um concerto do grupo português GINGA, uma formação vendedora em 2004 do prestigiado concurso Eurofolk que actualiza as músicas de raiz com grande energia e poder de comunicação com o público. O que também sucede – e de que maneira! – com o grupo seguinte, os asturianos SKANDA, com uma proposta musical que não importa se é folk celta ou folk mestiço porque, de facto, pouco importa o rótulo se a proposta que nos apresentam é uma inequívoca prova de força e de compromisso. E a noite acabará com a excelente representação da Galiza, o grupo LUAR NA LUBRE, uma verdadeira instituição musical da folk europeia, com uma música que nos faz viajar pelos mais sedutores e encantatórios paraísos da grande terra celta!

No sábado, dia 2 de Agosto – consagrado às grandes e multinfluenciadas viagens da folk europeia –, a noite começa com o grupo húngaro KEREKES BAND, apresentando um verdadeiro caldeirão cultural, numa viagem musical fantástica que liga o punk, o funk e a dança com a música tradicional da Hungria. E do mesmo modo assumindo o gosto pelas ousadias criativas e cruzamentos interculturais, a segunda proposta da noite avança para as fisicamente distantes mas culturalmente próximas terras ucranianas, com os sons do grupo VOANERGES, que os críticos dizem tocar uma mistura de rock, funk, world, gospel, rap, música atmosférica, folk étnico…mas que eles insistem em ser simplesmente neofolk-rock! E de ousadia em ousadia chegaremos ao final da noite com os surpreendentes escoceses SHOOGLENIFTY, com a certeza da embriaguez dos ritmos a tomar conta de todos, com uma música que não raro continuam a designar com inegável sentido de humor: acid croft… techno-cet… hypno-folkadelic ambient trad… Para nós basta shoogle sound!

E no domingo, dia 3 de Agosto, a mítica banda sendinesa de rock agrícola, PICA TUMILHO, que celebra os seus 10 anos de vida com a edição de um novo trabalho discográfico, que estreia no FESTIVAL INTERCÉLTICO DE SENDIM, num concerto gratuito para todos quantos ao mesmo queiram assistir. Cantam em mirandês, falam da vida rural nas comunidades rurais, assumem a endémica teatralidade do rock e fazem da cada concerto um verdadeiro acontecimento transgeracional.

Das várias actividades paralelas previstas destacam-se os concertos (a realizar na tarde de sábado, dia 2 de Agosto, na Casa da Cultura de Sendim) de homenagem aos Gaiteiros da Família Fernandes bem como de evocação do tamborileiro Virgílio Cristal, bem como as indescritíveis madrugadas na Taberna dos Celtas.

www.intercelticosendim.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-07-2008 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Xuntanza moteira e Festival do Ribeiro
PROGRAMA

XOVES, día 31

23:00 h Comenza a festa con verbena a cargo de DELFINES
24:00 h Concerto de folk co grupo TREIXADURA
01:30 h De novo sigue a verbena co grupo DELFINES

VENRES, día 1

00:15 h Concerto de folk galego co grupo PRADAIRO
01:30 h De novo, seguiremos disfrutando da boa música coa orquestra MONTES BLANCOS
03:00 h Macro-disco MASTER. Disfrutando da boa música con unha discoteca espectacular ata que o corpo aguante

SÁBADO, día 2

21:30 h Da comenzo a verbena coa actuación da gran orquestra COSTA DORADA
23:00 h Concerto folk galego co grupo BALAKANDRA
00:00 h De novo actuación da orquestra COSTA DORADA
01:30 h Concerto folk do grupo LAPSUS
03:00 h Macro-disco MASTER. Disfrutando da boa música con unha discoteca espectacular ata que o corpo aguante

DOMINGO, día 3

22:30 h Baile e verbena popular ofrecida pola orquestra espéctaculo MONUMENTAL
00:00 h Concerto de música folk galega co grupo FALTRIQUIERA
01:30 h De novo actuación da orquestra MONUMENTAL
02:15 h Queima de fogo fixo e volador para ir poñendo o remate a esta XXIX edición da FESTA DO PEMENTO e seguimos bailando e disfrutando da boa música de MONUMENTAL


www.festivaldoribeiro.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-07-2008 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Pontelouco'08
Festival Pontelouco'08

Volven á carga outro ano máis, o Sábado, día 2 de Agosto, como non no Castelo de Castro Caldelas.


Os grupos este ano son:

-A Tuna Rastafari
-Os Tanghana's Show
-Cuchufellos


A parte como todos os anos Feira de Artesanía, Titeres (Viravolta), Contacontos (Canier), Pasarrúas, Malabares....

Lembra que a acampada é gratuita e a entrada de valde.

www.pontelouco.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-07-2008 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival da Solidariedade Galaga co Pobo Saharaui
Estamos organizando o II FESTIVAL DA SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI.

Terá lugar o vindeiro 01 de Agosto ás 20:30 no "EXTERIOR DO AUDITORIO DE VILAGARCIA DE AROUSA"


Pedimos e agradecemos a maior difusión posibel

Todo o que se recaude irá destinado para pagar ó traslado dos nenos desde Tinduf a Galicia para que pasen unhas "VACACIONS EN PAZ"

Gracias pola sua colaboración

P.D.: Para calquer dúbida, consulta, entrevista tanto coa organización como cos grupos chamar a

Loli Santos (610.94.08.14)
Irene Santos (609.90.90.98)
Quintans (645.84.21.60)
Juan (637.16.09.59)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-07-2008 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Senuncan
O Festival Senuncan ten lugar o primeiro fin de semana de agosto no parque municipal de O Carballiño, Ourense.

Trátase dun festival gratuíto e autofinanciado, con acampada libre nunha paraxe sen igual, onde ten cabida calquera tipo de expresión artística libre, pero sobre todo a música en directo. Senuncan é un colectivo sen ánimo de lucro (Asociación Cultural) que autoxestiona totalmente as suas actividades debido a falta de apoio institucional e a escasa colaboración do concello. Esto quere dicir que facemos nós todo o traballo, en gran parte gracias á colaboración dos socios e demaís amigos e familia sen os que isto sería unha aventura imposible.

Este festival lévase a cabo coa axuda imprescindible de todos os socios e amigos do Carballiño e arredores, procurando sacar ó maximo partido co mínimo orzamento pero moitisimo traballo.

Polo tanto Senuncan é sinónimo de festa, de rúa, de natureza, de espectáculo, de tolerancia...

Este ano estarán:

-A Banda Potemkin
-Bodega Bodega
-La Tuna Rastafari
-La Vaga Banda
-Taru e Os Paxaros Coiro
-Rumbo Tupá
-Chotokoeu
-Banda Desarmada
-Patrankalo

Tamén haberá Campionato de Futbolín, exibición de Graffitti e moito mais...

www.myspace.com/senuncan

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-07-2008 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
25 de xullo: Día da Patria Galega

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2008 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Galería de Cultura Tradicional no Festigal
ESPAZO DA CULTURA TRADICIONAL
ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS


XOVES 24 DE XULLO

11:00h: Apertura
· Mostra de Instrumentos Tradicionais
· Mostra de Traxes Tradicionais
· Mostra do 20 aniversario da AGG
· Mostra de Xoguetes Tradicionais Galegos

17:00h: OBRADOIROS
· Xoguetes Tradicionais
· Construción de Xoguetes Sonoros

19:00h: OBRADOIRO Xogos de Baile Tradicional

21:00h: Peche do Espazo da Cultura Tradicional

VENRES 25 DE XULLO

15:00h: Apertura
· Mostra de Instrumentos Tradicionais
· Mostra de Traxes Tradicionais
· Mostra do 20 aniversario da AGG
· Mostra de Xoguetes Tradicionais Galegos

17:00h OBRADOIROS
· Xoguetes Tradicionais
· Construción de Instrumentos Vexetais

18:30h: Exhibición de Loita Galega

19:00h: OBRADOIRO Iniciación ao baile tradicional

21:00h: Peche

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2008 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Festigal 2008
Programación do FestiGal08 en

www.festigal.com



Unha das novidades é a convocatoria do I Campionato de Trivial. GZ Día da Patria Galega b>

Festigal 2008
Santiago.Campus Universitario Sul

Músicas, cultura, tendencias e diversidade.

Dous días de actividades. Máis de 30 carpas para todos os públicos

Programación continua dende o día 24 ás 12:00h.

Entrada de balde.

Zona de Acampada

Postos para xantar e cear os dous días con oferta gastronómica variada.

Café Concerto / debates / libros e editoriais / audiovisual / xogos e animación / exposicións / software libre/ tendas e artesanía / cultura tradicional / radio en directo / feira de asociacións /...

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 24-07-2008 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Festixeve 2008
FESTIXEVE 2008
no Campo de Vilar de Fragoso, en Santo André de Xeve (Pontevedra)


Sábado 26 de xullo:
a partires das 22:30 concerto de:

- Os Tres Trebóns
- Ruxe-Ruxe
- O Sonoro Maxín


Domingo 27 de xullo:
Festa coa charanga Os Galochos, e pola tarde actuación do grupo de títeres Tanxarina e para finalizar a festa Os Chiquilicuatres.
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 24-07-2008 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Fraga 2008 (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 24-07-2008 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer