Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Suspendidos os Intensivos do Folque de Lalín
SUSPENDEN-SE OS INTENSIVOS DESTE VERÁN 2007.

No Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalim suspendem-se os intensivos do Verán 2007 e ficades convocados/as para outros que viram doutro xeito, doutras maneiras, doutra forma.

Cursos intensivos de verán Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín. 8 e 9 de agosto.
www.folque.com Auditorio Municipal s/n 36500 Lalín.
producetrini@folque.com tlfe. 651957361

5 cursos a elexir:
RITMOS E CORDAS DO BRAZIL. Profesor: Sérgio Tannus.
PANDEIRETA GALEGA, TECNICA REELABORADA. Profesor: Davide Salvado
BAILE GALEGO, DANZAMOS COMO NÓS SOMOS. Profesor: Marcelo Gonzalez
REELABORACIÓN DE CANTOS POPULARES GALEGOS. Profesor: Pepa Yañez
REPERTORIO PARA ACORDEÓN DIATÓNICO. Profesor: Carlos Quintá.
ARRANXOS PARA PERCUSIÓN TRADICIONAL. Profesor: Lola de Riveira.

Aula colectiva para todo o alumnado. HISTORIOGRAFIA DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA.Profesor: J.Luis Dopico Orjais.

Lugar: Auditorio Municipal. Duración: 2 dias. Horarios: de 11 a 14 h. e de 17 a 20h. Data: 8 e 9 de agosto.
Matrícula por curso : 100 euros(inclue intensivo + aula teórica)
Preiscrición no mail: producetrini@folque.com

+info www.folque.com (aloxamento, transporte, restaurantes…)

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 31-07-2007 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
“Coanhadeira” Gañador da modalidade folk do Concurso "Nsaio"

“COANHADEIRA” GAÑADOR DA MODALIDADE FOLK DO CONCURSO “NSAIO NO CAMIÑO"

O grupo ourensán de música folc “Coanhadeira” vén de resultar gañador da modalidade folk do concurso “Nsaio no camiño”, despois da final desa modalidade celebrada esta pasada fin de semana na localidade coruñesa de Melide.

O concurso “Nsaio no Camiño” está destinado a artistas noveis galegos, e conta con cinco modalidades según diferentes estilos músicais: folk, rock, pop, mestizaxe e novas tendencias. Na categoría de folk os grupos finalistas fóron, ademais de Coanhadeira, os tamén ourensáns “Guezos” e os pontevedreses “Sonhos”.

Coanhadeira deberá agora medirse cos gañadores das outras categorías nunha “gran final” a celebrarse o vindeiro 15 de setembro en Lugo, e da cal sairá o gañador final do premio, consistente nun contrato discográfico e “management” a nivel nacional, valorado nuns 30.000 euros. Toda a información sobre o concurso está recollida na web de nsaio.

Mais detalles na páxina web de Coanhadeira.
http://www.coanhadeira.com/
Para contacto, contratación e actuacións: contacto@coanhadeira.com ou Manuel Franqueira 636806163
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 31-07-2007 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Achégase a final de A Polo Ghit 2007
Outra semana para votar en A Polo Ghit!

A semana pasada rebordou todas as nosas expectativas: vinte novas pezas! Ante tal entrada masiva de cancións, hai sete días máis para poderdes escoitalas, comentalas e votalas.

Conscientes do facilmente manipulables que son as votacións electrónicas, a popularidade das cancións medirase tendo en conta, sobre todo, o número de descargas de cada tema, pero a decisión final corresponderalle ao xurado, que terán que escoller, en primeiro lugar, os finalistas do concurso. Abrirase entón unha nova votación e o 18 de agosto coñeceremos finalmente o ghit galego de 2007!!

O xurado desta edición de A Polo Ghit!, integrado pola xornalista María Yáñez, Noel Feáns, artífice da plataforma A Regueifa, o músico Luís Queimada e Xavier Campos, como representante do IGAEM, escollerá este sábado 4 de agosto os posíbeis ghits. Calquera destes finalistas pode ser o afortunado que viaxe a Cuba e herde de Pulpiño Viascón e o seu In the Ocean o grao de "ghit" do verán. Saberémolo o 18 de agosto.
Este ano, debido á saturación dos últimos días (en ocasións por problemas técnicos ao acumulárense tantas cancións, outras por chegaren xa fóra de prazo), foron moitas as cancións que quedaron fóra. Para o ano agardamos solucionar os problemas que experimentamos na recolla de cancións, pero tamén propoñemos que as cancións sexan enviadas canto antes para evitar colapsos de última hora.

http://apologhit.vieiros.com/

Descarga o Cd de "A polo ghit 2006"

Portada e contraportada

Grupos participantes A polo Ghit 2007:
Manoele: Son a suma total
Cuchufellos: A Ramalleira
Taru e os paxaros de coiro: Babilonia
061, Música urxente: Sen dor
Snatch: Bikos from Madeira
Charleston Big Band: Merengue Rosalía
Los Santos: Rapariga
The Turre's Band: Hawai 5.0
Lamanaestrada: Tango para bailar em tanga...
Banda Gandanagaia: Da praia
Imben: Ti tes vacasións?
Machina: Xirarei
Leo i Arremecághona: Bilingüismo harmónico
Sonhos: Eu non sei
Lulu: Ata a auga das macetas
A matraca perversa: A mala herba
The Cads: Rock en galego
Don Perrako e as Cuscús: O socorrista
Os Forfiestas: Verbenero
Reggaeifeiros...: Reggaeifa do Borja mailo Tino
Noise Project: Marcial
Antonio del Río: O tanga de Manolo
Lolo Arincón: Un peta en Tarajoña
Zumbido: Popular
Jabón Blue: Tranquilo, viejo
Magín Blanco: Ti es de aquí ou viñeches á festa?
Supersandwich: Efecto Pinocho
Amacuca: Pinguinha
Pandeiromus: Mira como canta
Sacha na Horta: Biocultivos
O home bala: Escoitando a Machín
disKordia: De que me vale?
Mordecans : O son do Son
A Banda da Señorita e Tomasa: Broncodilátame
Chupadeskay: Guachin in the sky...
Arrás! : O Pobretón
Dandy Fever: Baila Ska
Ataque Escampe: Quero ser o malo da película
Debuxos Reanimados: Debaixo da viña
Tonatiu: Tras o sol
Esquíos: A Rapa
Kogito: 8 que 80
Paula Madero: Meu neno
Pé de Boi: Meneo
Schizophrenic husbands: Turbulencia
Trifulka: Os fransianos marseses
Xan Martín: O ritmo
Sínefres: Noitebús
Superglú: Agora sei
Kamándula: Praceres
La Sonora Callejera: Morría por seu amor
Pulpiño Viascón: Se ti durmes
Comentarios (2) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 31-07-2007 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
XIV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional
XIV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional (Guitiriz-Lugo)

Os vindeiros 4 e 5 de Agosto de 2007 terá lugar en Guitiriz (Lugo) a "XIV Mostra de Instrumentos de Música Tradicional" que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos organiza, dentro do marco do festival de Pardiñas organizado pola A.C. Xermolos de Guitiriz.

Esta Mostra comezou xa fai catorce anos, coa idea de crear en Galicia unha cita anual onde os mellores luthiers e artesáns estivesen nunha feira amosando o seu traballo de ano en ano, fora do seu obradoiro. Hoxe en día é unha referencia indispensable da música tradicional na península.

As actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois haberá un escenario dispoñible durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos
seus instrumentos. Non faltedes a esta importante cita!!





PROGRAMA DA MOSTRA


SÁBADO 4 DE AGOSTO

17:00 h. ---------------------- Apertura da Mostra
17:00 h. a 21:00 h. ------- Escenario libre para músicos espontáneos
18:00 h. ---------------------- Pregón FUXAN OS VENTOS
18:30 h. ---------------------- Actuación de LUDOVAINA

DOMINGO 5 DE AGOSTO

11:30 h. a 13:30 h. --------------- Escenario libre para músicos espontáneos
12 :00 h. --------------Obradoiro de xoguetes sonoros PABLO CARPINTERO
12 :00 h. ---Obradoiro de baile tradicional LUIS PREGO e ROSA HERMIDA
16:00 h. a 21:00 h. --------------- Escenario libre para músicos espontáneos
17 :00 h. ---Obradoiro de baile tradicional LUIS PREGO e ROSA HERMIDA
18:00 h. -------------------------Actuación de OS ENXEBRES DE CACHEIRAS
20:00 h. a 21:30 h. --------------- Escenario libre para músicos espontáneos


Asociación de Gaiteiros Galegos
Rúa Alfonso XIII - 7 - 36002, Pontevedra
986 847 074 www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-07-2007 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Artigo sobre o Traxe tradicional

O artesán da tradición.

Álex Regueiro, investigador do traxe galego, denuncia a distorsión deste elemento da cultura do país por non consultar os expertos

Artigo de Galicia-Hoxe (31/07/07)


O artesán Álex Regueiro ten 30 anos e gran parte da súa vida dedicouna ao estudo do traxe galego tradidional. "O traballo de investigación do traxe ­-di- é algo custoso, por iso moitos non o fan". Leva, sobre todo, moito tempo, "hai que patear moito e chamar a moitas portas" e o feito de que este labor non se realice está a provocar "a deslocalización do traxe"; isto é, atribúense elementos propios da vestimenta dunha zona ao traxe doutro lugar distinto. Regueiro admite que, a pesar da proliferación de agrupacións nos últimos tempos, "non se consulta os expertos con respeto ao traxe".

Unha conversa con este "Produtor de Traxes Tradicionais Galegos axuda a comprender o entrecruzamento de variables que están detrás dun traxe tradicional. O nivel económico, a zona xeográfica, a época ou o xeito de coser son algúns dos elementos que lle dan a súa variedade característica. Pero Regueiro advirte que, por non consultar os expertos, "estase a desvariar moitísimo, a distorsionar a vestimenta", tanto nas formas como nos usos. O artesán explica que "a estas alturas todo é tradicional, pero hai que ter en conta que para o mundo da moda son 100 anos os que marcan tradición". Por exemplo, unha parte do traxe tradicional feminino que se considera tradicional son os pololos, non obstante, "esta prenda foi imposta máis tarde pola Sección Feminina da Falanxe por unha cuestión de pudor".

Á hora de confeccionar un traxe tradicional hai que ter en conta se se quere un traxe de gala ou un traxe de cotío. Regueiro explica, por exemplo, que "unha peza como o mantón de caxemir, nunca se usou no traxe de cotío" xa que era moi custoso porque o material procedía dun animal do Tíbet. O lugar ao que pertence a vestimenta é tamén fundamental e identifícase, sobre todo, a través das cores. Sábese que "unha especie de granate era a cor de Bergantiños, as Mariñas coruñesas empregaban as amarelas e as vermellas, as Mariñas lucenses as azuis e a marrón era máis propia de Santiago e Tui". A monteira do home, "o símbolo da gallardía", é tamén outro dos elementos que marcan a diferenciación xeográfica segundo a súa forma. Detrás do traxe tradicional hai toda unha linguaxe e non se debe esquecer "que todos os elementos forman cultura".

TRABALLO DE CAMPO A documentación é a base no oficio

Álex Regueiro confesa que tivo que ler moito para aprender cousas sobre o traxe galego tradicional e que tivo que investigar todo tipo de documentos da época: dende a literatura ata a pintura, e máis tarde a fotografía. Cita as obras dos pintores Álvarez de Sotomayor ou Dionisio Fierros ou a dos fotógrafos Pedro Ferrer e Varela como algunhas das fontes básicas polas que se guía para confeccionar os seus traxes. Segundo explica o artesán, a través dos documentos apréndese a enmarcar os diversos elementos nunha época concreta. Por exemplo, "a raíña Isabel II prohibiu a través dun Real Decreto as basquiñas (peza do traxe tradicional feminino) de cor, reservadas só para a realeza".

A documentación é básica para coñecer os materiais, xa que "se fabricaba co que había no momento". Os intercambios comerciais provocaron a diferenza entre a vestimenta das áreas costeiras e as do interior, con máis problemas para chegar ás novas mercadorías. "A II Revolución Industrial -explica Regueiro- marcou o momento de máximo esplendor do traxe tradicional feminino" coa chegada dos novos materiais, pero hai que ter en conta que ese punto álxido do traxe feminino non coincide co do traxe masculino, xa que nese momento os homes do país marchan traballar ás colonias americanas e xa empregaban o traxe de cubano, co pantalón longo. Con respecto a isto, Álex Regueiro explica que "o traxe do home foi o que menos evolucionou e conserva un carácter máis medieval". Isto ocorre porque "para o home non era tan necesario coidar a súa vestimenta, era a muller a que se tiña que acicalar para gustarlles ao home". Grazas ao estudo pódense coñecer curiosidades como que unha parte do traxe masculino como é a faixa, "de orixe árabe e cunha función primitiva que era a de suxeitar a faca".
Comentarios (9) - Categoría: Novas - Publicado o 31-07-2007 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiros do Intercéltico de Moaña

Horarios modificados, para ver as últimas modificacións dos horarios nos Obradoiros consultade o blog de Milego.

Últimas modificacións...

GAITA:
luns, martes, mércores e xoves de 20:00 a 22:00 h.

PERCUSIÓN:
luns, martes e mércores de 18:00 a 20:00 h.

BAILE TRADICIONAL:
mércores de 18:00 a 20:00 h.
xoves de 17:00 a 18:30 h. (Perfeccionamento)
venres de 12:00 a 13:30 h. (Perfeccionamento)
venres de 17:00 a 19:00 h.
sábado de 12:00 a 13:30 h. (Perfeccionamento)

DANZAS EUROPEAS:
mércores de 18:00 a 20:00 h.
xoves de 18:30 h. a 20:30 h.
venres de 19:30 a 21:30 h.

O sábado de 17:00 a 19:00 h. haberá unha clase para a xente dos tres obradoiros: baile tradicional, perfeccionamento e danzas europeas.
Comentarios (6) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-07-2007 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
3ª entrega de TV Komunikando
3º programa xa no ar da arañeira sobre a música da Galiza.

Diversión e información alternativa que non atoparás en ningunha outra televisión:

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 30-07-2007 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do XXVIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina
Resultados de todas as categorías no XXVIII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA


Celebrado o 15 de xullo do 2007 na Coruña

Categoria A: (Até 8 anos)
1º Premio: “I” da Escola Cantigas e Agarimos
2º Premio: “A” da A.M.Tequexetéldere - A Estrada
3º Premio: “Teiron” da A.R.E. e D. San Martín - Razo

Categoria B: (De 9 a 12 anos)
1º Premio: “B” da A.M.Tequexetéldere - A Estrada
2º Premio: “Mar Adentro” da A.C. As Neves - Buxantes
3º Premio: “Predavixía” da A.C. Adro - Baio

Categoria C: (De 13 a 16 anos)
1º Premio: “B” da Escola Cantigas e Agarimos
2º Premio: “Xario” da A.X.Xacarandaina
3º Premio: “C” da Escola Cantigas e Agarimos

Categoria D: (A partires dos 17 anos)
1º Premio: “A” da Escola Cantigas e Agarimos
2º Premio: “Fusos e Rocas” da A.C.F. O fiadeiro
3º Premio: “Repenicoque” da A.X.Xiraela

Ligazón aos comentarios do concurso

Video-Resume da final 2007

Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-07-2007 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Festival intercéltico de Moaña
Programa 2007

XOVES 2 DE AGOSTO
- 20.30: Contacontos: As pekanekas na librería O Pontillón
- 21.30: Actuación do trío Mala-Herba no palco do paseo marítimo

VENRES 3 DE AGOSTO
- 21.30: Codia e Miolo (Teatro), diante do palco do paseo marítimo
- 22.30: Concerto a cargo de: Blima (Asturies), Sérralhe-aí!! (Galiza) e Korrontzi (Esukadi), no palco do paseo marítimo

SÁBADO 4 DE AGOSTO
- 11.30: Charanga de Lembranzas da Ría polas rúas de Moaña
- Pola tarde actuación e desfile de Os Chaneiros (Marín) nas pistas da praza
- 21.30: Malabares diante do palco do paseo marítimo
- 22.30: Concerto a cargo de: Pé de boi (Galiza), Quempallou (Galiza) e Mercedes Peón (Galiza), no palco do paseo marítimo

DOMINGO 5 DE AGOSTO
- 11.30: Desfile da Banda de Gaitas Tromentelo de Cangas
- 20.00: Actuacións de baile: Breogán de Moaña e Rosalía de Castro de Padrón, nas pistas da praza.
- 21.00: Malabares e Codia e Miolo (Teatro), diante do palco do paseo marítimo
- 22.30: Concerto a cargo de: Xochilmica (Galiza) e Oskorri (Euskadi)


O venres e sábado, despóis dos concertos, alongaranse as noites de festa con actividades de SERÁN onde os asistentes o Festival poderán tocar instrumentos e bailar ate altas horas de madrugada. Estás reunións faranse preto da Zona de Acampada no Campo de Fútbol da Xunqueira.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-07-2007 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Carballeira de Zas
XXIV FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS
4 de Agosto do 2007

Actuarán: A partir das 6 da tarde:
- A.C. CASTRO MEDA de ZAS
- Banda de Gaitas TERRA DE TRASANCOS (Ferrol)
- Grupo de danza A.X XIRADELA (Arteixo)

A partir das 9 da noite:
- RADIO COS (Galiza)
- LLAN de CUBEL (Asturias)
- SOLAS (Irlanda - EEUU)
- SHARON SHANON (Irlanda)
- PEPE VAAMONDE Grupo (Galiza)

ACCESO: 5 euros, con agasallo de CD exclusivo con 2 cancións de cada grupo que actua.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-07-2007 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Senuncan 2007
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-07-2007 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Festival Intercéltico de Sendím (Terras de Miranda-Portugal)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-07-2007 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Pardiñas
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-07-2007 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Festixeve 2007
FESTIXEVE 2007
no Santo André de Xeve-Campo do Vilar-Fragoso (Pontevedra)

Sábado 28 de xullo
De 16 ás 22 horas:
Xogos inchables e actividades deportivas. Carpa, mesas e polbeiro a carón da carballeira para xantar e cear.

Ás 22 horas. Concerto
The Turres band e A matraca perversa.

Domigno 29 de xullo.
Todo o día xogos inchables.
Despois de xantar:
Xogos populares e proxeccións fotográficas sobre a historia da Asociación Recreativa de Xeve.

Pola tarde:
Actuación do grupo de música e baile tradicional Pandereteiras de Soutomaior.

Polo sérán, degustación de empanada e rosca.

Ás 22 horas concerto:
Festicultures Troupe e Cuchufellos.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-07-2007 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festa Folk da Praia fluvial do río Chamoso (O Corgo-Lugo)
Domingo 29 de Xullo.
IV FESTA FOLK PRAIA FLUVIAL RIO CHAMOSO

12:30. Pasarrúas da Asociación Cultural Legua Dereita do Corgo
13:00. Asociación Cultural Val de Láncara
16:00. Grupo de Gaitas Zuncurrundullo de Castroverde
17:30. Actuación de grupos:

- A RUXIDEIRA DAS NOGAIS.
- XISTRA DE PEDRAFITA DO CEBREIRO.
- LEMBRANZAS DO CONDADO DE DONIÑOS –FERROL.

19:30. Asociación Cultural Legua Dereita do Corgo.
20:00. Concerto :

- KÉRKENNAI.
- XOCHILMICA.
- QUEMPALLOU.
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-07-2007 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
SondeSeu e Flook no Vigofolcelta
5ª Xornada do Festival Vigofolcelta.
Venres 27 de xullo





SondeSeu (Galiza) e Flook (Irlanda)
ás 22:30 no Auditorio de Castrelos (de balde)



SondeSeu


Flook


Comentarios (2) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-07-2007 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de tempada do Furancho da Balsa

Amig@s,
como deve ser sabido xa por tod@s, o vindeiro sábado, día 28 de xullo, o Furancho da Balsa pechará as suas portas, rematando así a sua primeira andaina.

Dende esta casa, queremos despedirnos de todos os amigos que nos fixeron a sua visita, e nos honraron coa súa compaña.

Vaia un agradecemento para todos vos, i en especial para os malmequerians, que foron un exemplo para todos, polo seu excelente esprito, e as suas foliadas, xa fosen levando a voz cantante na festa, ou xa fose acompañando cos seus bailes e pandeiretas ás músicas dos gaiteiros e músicos que por aquí pasaron a deixar a sua aportación de alegría, amizade, e tradición.

Podemos decir que esta experiencia ficará imborravel na nosa memoria, e o que é mais importante, ficarán no noso corazón, todos e cada un dos amigos que aqui fixemos, e cos cales, sen dúvida voltaremos a atopar en calquer romaría, foliada, festa, ou carallada.

Unha aperta para todos. Vémonos na próxima, e ...tomaremos unha.

Até sempre.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-07-2007 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
L Burro i l Gueiteiro 2007

Programa e máis información en: www.aepga.pt
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-07-2007 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Andanças 2007 (XII Festival de danças populares)

Programa e máis información en: http://www.pedexumbo.com/
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-07-2007 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
XXIII Festival Intercéltico de Moaña 2007

Xa temos o cartaz doutro clásico.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-07-2007 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
XII Festival Rock&Motos 2007

Xa sei que é de Rock e non ten moito que ver co blog, pero téñolle especial cariño polos bos momentos vividos neste Festival.

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-07-2007 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Pablo Seoane
O vindeiro 30 de xullo e durante as festas do apóstolo en Compostela faráse a presentacion oficial do 2º cd do gaiteiro Pablo Seoane, "Fluindo en pechado". Será ás 22:30 h. na Praza do Toural.

O pasado 1 de xuño púxose á venda este 2º traballo discográfico que está auto producido. Foi grabado nos estudios de producción da Radio Galega, e está editado polo selo “Leilear”.

“Fluindo en pechado” é un traballo basado na música de raíz galega, especialmente na dixitación “pechada”, a cal estivo prácticamente en desuso debido a grande dificultade, tanto de interpretación como de afinación e interrelación con outros instrumentos.

Este disco componse de 14 temas, todos eles tradicionais , algúns deles interpretados respetando fielmente a súa orixinalidade, e outros arranxados e interpretados seguindo as novas tendencias da música tradicional galega.

No repertorio busca ofrecer unha visión ampla de tódolos ritmos que compoñen a música tradicional galega, dende as muiñeiras, pasando por xotas, pasodobres, mazurcas, valses, rumbas, tendo a gaita como instrumento conductor.

A grabación foi posible grazas a colaboración dos músicos:

•Edelmiro Fernández (percusions)
•Josele (clarinete, requinto e saxo soprano)
•Xan Pampín (acordeón)
•Guti Álvarez (violín)
•Ruote (voces)
•Pablo Seoane (gaitas)

Para máis información:
Pablo Seoane 657 810 611
Pabloseoane@yahoo.es

http://www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 26-07-2007 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
V Traba Folc (Laxe)
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-07-2007 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
VI Festival de Gaitas (Toral dos Vados-O Bierzo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-07-2007 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da Terra e da Lingua en Narón

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-07-2007 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Espazo Activo da Ulla

Espazo Activo da Ulla

27 e 28 de xullo na parroquia de San Miguel de Sarandón (Concello de Vedra)

Programa

Venres 27 de xullo:
Casa da cultura

21:00 h. FORM-ARTE
Mesa redonda: “Claves para o futuro: como orientar a nosa asociación cara o éxito”
(obxectivos, participación, cartos…)

MOST-ARTE
Mostra de asociacións; culturas e solidariedade…(aberta o 27 e 28)

Campo da festa
23:00 h. CONCERTO FESTEX-ARTE
-Oito nun piso (charanga festeira)
-A Compañía do Ruído (música emerxente)
-A Banda de Poi (rock activo)
-Alto Asalto (hip hop da terra)

Sábado 28 de xullo:
Campo da festa

18:00 h. ANIM-ARTE
Obradoiros alternativos
Xogos populares
A ludochapa

21:00 h. Circo:
Yuma Malabares
Mago Garabal

23:00 h. Foliada: “Ghran tralla de música”
-A Requinta da Laxeira
-Retrouso
-Banda de Gaitas de Gracia
-Os ke ai
-A chave do Xarro
-Raiolo
-Silandeira
-Xuntanza dos regatos
-...
Para tocar e bailar todos/as; traede os instrumentos!
Cea tradicional (reservas: 659.157.799-619.520.793-658.046.008)

*A participación en tódalas actividades será aberta e de balde* *Zona de acampada*
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-07-2007 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
VI Noite Folk de A Caridade (Comarca Eo-Navia)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-07-2007 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Balbarda no Vigofolcelta
4ª Xornada do Festival Vigofolcelta.
Xoves 26 de xullo





Balbarda

ás 22:30 na Praza da Constitución (Casco Vello)



Balbarda

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-07-2007 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
Os Cempés no Vigofolcelta
3ª Xornada do Festival Vigofolcelta.
Mércores 25 de xullo





Os Cempés
Xira de despedida
ás 22:30 na Praza da Constitución (Casco Vello)



Os Cempés

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 24-07-2007 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
25 xullo: Estrea do documental

"FRONTEIRAS"
ESTREA EN TELEVISIÓN O DÍA DA PATRIA

O MÉRCORES 25 DE XULLO ÁS 16:00 HORAS A TVG EMITIRÁ O DOCUMENTAL FRONTEIRAS, DIRIXIDO POR RUBÉN PARDIÑAS. TRÁTASE DUN PERCORRIDO POLOS LÍMITES XEOGRÁFICOS E CULTURAIS DE GALICIA, E NEL INTERVEÑEN POLÍTICOS COMO XOSÉ MANUEL BEIRAS, MANUEL FRAGA, ESCRITORES COMO XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN E ANXO ANGUEIRA, ASÍ COMO OS VECIÑOS DAS TERRAS ESTREMEIRAS DO EO-NAVIA (ASTURIAS), BIERZO (LEÓN), AS PORTELAS (ZAMORA) E PORTUGAL.

No debate sobre a que comunidade político-cultural deben pertencer as rexións fronteirizas, todo o mundo ten unha opinión: desde as polémicas rifas entre historiadores, filólogos e políticos, ata as posturas máis desdramatizadoras dos propios habitantes destas zonas. Todos eles falan en Fronteiras de como perciben o feito de que as divisións administrativas non coincidan moitas veces coas lindes culturais. O documental é un achegamento á construcción das identidades colectivas a través das comarcas estremeiras de Galicia en Asturias, León, Zamora e Portugal.

O documental, producido por Pasacana Films, patrocinado por AVID Technology e dirixido por Rubén Pardiñas, é un percorrido polas fronteiras socioculturais de Galicia no Eo-Navia (Asturias), O Bierzo (León), As Portelas (Zamora) e Portugal. O proxecto recibiu en 2006 o Premio Xpréssate en Tui´06 ao mellor proxecto de documental no Festival Internacional de Documentais de Tui Play-Doc e estreouse en 2007 no mesmo festival.
O filme inclúe entrevistas aos habitantes de vilas e aldeas como Vilafranca do Bierzo e Ponferrada (León), Ibias e El Franco (Asturias), Hermisende e Lubián (Zamora) ou Castro Laboreiro (Portugal). As opinións sobre a propia identidade resultan do máis variadas en todos estes lugares; hai dende quen explica nun galego impecable que el non ten nada que ver coa cultura galega, ata quen reclama a anexión a Galicia.
Recóllense tamén declaracións de políticos como Xosé Manuel Beiras, Manuel Fraga ou Maurício Castro, e de escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Angueira, Lluís Álvarez ou Xavier Frías Conde. Destacados filólogos, como Francisco Fernández Rei, Xosé Lluís García Arias ou Ramón d´Andrés tamén aportan o seu punto de vista, ademais dos presidentes da Real Academia Galega e da Academia de la Llingua Asturiana, Xosé Ramón Barreiro Fernández e Ana Cano. O historiador Justo Beramendi, o politólogo Álvaro Xosé López Mira e o gaiteiro Bieito Romero son algúns outros dos persoeiros que falan en Fronteiras.
O documental reflicte tanto a convivencia cultural como as polémicas que xurden desta situación de “transición”. Así como no Bierzo e nas Portelas o feito cultural galego está máis ou menos asumido, o verdadeiro conflicto se produce en Asturias, onde a Academia de la Llingua Asturiana nega que o que se fala no Eo-Navia sexa galego (nunha rifa que se reproduce no eido da música co conflicto entre gaita galega e asturiana). O documental explica, por exemplo, o cambio de opinión que unha parte importante da filoloxía feita en Asturias experimentou desde os anos 80 con respecto á galeguidade da fala do Eo-Navia.
Fronteiras fai tamén un repaso polo proceso de creación da Comunidade Autónoma de Galicia, e como os seus actuais límites administrativos quedaron fixados polas mesmas fronteiras que no século XIX deixaran fóra territorios como o Bierzo.
Outro asunto espiñento é a especial relación, tanto idiomática como cultural, de Galicia con Portugal. O documental plantexa (de novo a través do testemuño dos habitantes da zona e de especialistas) ata que punto a fronteira do Miño e a raia seca ourensá separan realmente dous países e dous idiomas diferentes.
Fronteiras inclúe temas de grupos como Siniestro Total, Os Resentidos e A Banda de Poi.

Rubén Pardiñas (Vigo, 1976) é Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, e comezou a súa andaina no audiovisual como director artístico. Paralelamente foi desenvolvendo unha sólida traxectoria adicada á crítica de arte contemporánea, eido no que gañou o XII Premi Espais a la Crítica d´Art e o II Premio CajaMadrid de Ensayo.


FICHA TÉCNICA
Guión e dirección Rubén Pardiñas
Produtores Miguel Gavito e Carlos Aguilera
Cámara e montaxe Carlos Aguilera
Son Daviz López
Duración 58´"

Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Programa para non perderse no Día da Patria

Martes 24 xullo


11:00h. Apertura do FESTIGAL

11:10 – 11:55h. Documental. "GALIZA EN VENEZUELA" da Fundación FESGA. 45 min.

12:00 – 12:45h. Documental. "Peregrinaxes.Viaxando con Manuel Maria". Fundación Bautista Álvarez. 45 min.

12:55 –13:55h. Documental coas testemuñas da represión do 36 na Illa de S. Simón. "Aillados" de Antonio Caeiro. 60min.

13.00h: Mesa A soberanía dos pobos fronte á globalización.

16:30 – 16:55h. Documentais do colectivo Olho Livre(C.S.ATREU) sobre accións de denuncia-social.Dur. 23min.

17:00 – 17:25h. Docudrama "As Farolas" de Abelardo Rendo. 25min.

17:00h Presentación do libro "Poesía contra a Violencia", editado por Espiral Maior.

17:00h Isabel Rei – Guitarra clásica

17.30h: Mesa Sáhara: a marcha cara á autodeterminación.

17:30h Xan Campos Trío ( Jazz)

17:30 – 18:05h. Documental "A casa de Lola de Andrés" de Olaia Sendón.
35min.

18:00h "Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero"

18:00 h Homenaxe a Rosalía e Castelao no Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval

18:00 - 20:00h. Obradoiros plástica

18:10 – 19:00h. Documental "Crónicas de Pizarra e xiz" de Xan Leira.

18:30 Euclydes Mattos Trío (Brasil) (Samba-Jazz)

19:00h Recital poético-musical: As horas de María de Paco Souto.

19:00h - 20:00h. Obradoiro "Danzas do mundo"

19:15 – 20:15h. Documental "As Encrobas. A ceo aberto" de Xosé Bocixa. 60 min.

19.30h: Mesa Os medios de titularidade pública na Galiza.

20:00h Paulo Sergio Santos Trío (Brasil)(Choro brasileiro) (Jazz)

20:00h AMI na Porta do Caminho
Foliada Aprende a dançar.
Regueifas contra a especulaçom. Hip-hop (Os de Quistiláns) e regueifeiros tradicionais.
Concerto Skarnio.

20:00h Presentación da editora portuguesa Arca das Letras

21:00h Presentación do libro "Os domingos de Gólgur" de John Alonso na editora Rinoceronte ao abeiro de Morgarte.

22:00h O Mago Antón: Espectáculo de maxia "Magos no País das marabillas".

22:30h AMI na Porta do Caminho: XIII Rondalha da Mocidade com a bandeira.

23:00h Concertos Festigal
-Loretta Martin
-Babylon Circus
-Terrakota
-Dj Missill

23:00h BRIGA no Parque de Belvis (Compostela)
-Trapalhada (Galiza)
-Skacha(Galiza)
-Obrint Pas (Catalunha)
-Skárnio (Galiza)

23:30h. Queima da Fachada Gótica na Praza do Obradoiro

24:00h. Orishas na Praza da Quintana

01.00h. The Ellas na Praza do Toural


Mercores 25 de xullo: DÍA DA PATRIA


12:00 Manifestación BNG do día da Patria na Alameda

13:00 Manifestación Causa Galiza na Alameda

14:00 Xantar Popular na Carballeira de Santa Susana

15:30h - 16:30h Obradoiro e animación

16:15h Presentación do libro O bosque de Nadgor de Farruco Graña.

16:30h - 17:00h "Risco e Losada" Contacontos

16:30h Concerto Kérkennai

16:45h. Presentación O Canto do Muecín, novela de Lois Diéguez editada en A Nosa Terra

17:00h - 18:00h Lembranzas da Ría. Cantareiras. Aldán

17:00h Presentación de Galeguia, Encontro dos Cinco Cantos, organiza a Fundación Via Galego promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística.

17:30h Quintín Cabrera (Cantautor. Uruguai)

17:45h Presentación do libro O voto emigrante. Viaxe pola zona escura da democracia española de Anxo Lugilde na Editorial Galaxia.

18.00h: Mesa O momento político no Estado. Unha perspectiva galega

18:00h Lois Diéguez asinará exemplares da súa obra O canto do muecín, editada por Edicións A Nosa Terra.

18:00h O Mago Antón: Espectáculo de maxia "Magos no País das marabillas".

18:15- 19:45h Teatro: A Escola Municipal de Narón presenta "TARAS MíNIMAS" de Gustavo Pernas. Dirixe Flor Maceiras.

18:30h Presentación do libro Benquerida catástrofe, editado por Edicións Xerais de Galicia.

18:30h Concerto Na Virada (Folk)

19:15h Recital de Poesía: Marta Dacosta, Paco Souto, Lucía Novas, Xabier Paz e Medos Romero.

19:15h - 20:15h Monicreques. "Xigante". Miro Magariños.

19:30h Couple Coffee "Homenagem a José Afonso" (Portugal)

20:00h Presentación do libro "Palabras Contadas" de Camilo Franco na editorial Xerais de Galicia, coa colaboración de Magin Blanco á guitarra.

21:00h Concertos
-Fía na roca
-Nancy Vieira
-Kroke

23:00h Susana Seivane na Praza da Quintana

EXPOSICIÓNS

QUEREMOS COÑECERNOS, sobre a vida e traxectoria de mulleres galegas destacadas, organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

OS TESOUROS DA NOSA MONTAÑA. Un percorrido polas riquezas, a vida e os problemas das serras galegas. CANDEA. Asociación de Ensinantes do Salnés.



Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 24-07-2007 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
A Forza que fai País

Manifestación do día da Patria ás 12:00 na Alameda de Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Festas en Santiago polo día da Patria
martes 24

12.00 H. Animación de rúa e Grupos de Gaiteiros
Xigantes e cabezudos de Santiago na Praza da Quintana

SESIÓN DE PIROTECNIA ENTRE O CABIDO E O CONCELLO
18.00 a 21.00 h.
Ferradura Aberta na Alameda

23.30 h. QUEIMA DA FACHADA GÓTICA Mirada Creativa
Praza do Obradoiro

24.00 h. ORISHAS
Praza da Quintana Entrada de balde

24.00 h.Orquestra Lamas Paseo central da Alameda
1.00 h The Ellas
Praza do Toural

mércores 25 DÍA DA PATRIA

10.00 h. PROCESIÓN e OFRENDA AO APÓSTOL na Catedral
12.30 h. Pasarrúas: cabezudos e Grupos de Gaiteiros
13.00 h. Animación de rúa con Grupos de gaiteiros
22.00 h.Orquestra CUNTER´S Paseo central da Alameda
23.00 h. SUSANA SEIVANE
Praza da Quintana Entrada de balde

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos de Briga polo día da Patria

O concerto dará comezo às 23h00 e terá lugar no Parque de Belvis (Compostela)

-Trapalhada (Galiza)
-Skacha(Galiza)
-Obrint Pas (Catalunha)
-Skárnio (Galiza)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades de AMI polo día da Patria

Actos programados para a celebraçom do 24 de Julho em Compostela. Todos os actos terám lugar na Porta do Caminho (Praça 8 de Março) desde as 18h00 da tarde.

18h00
Exposiçom e projecçons contra a turistificaçom na Galiza.

20h00
Foliada: Aprende a dançar.
Regueifas contra a especulaçom. Hip-hop (Os de Quistiláns) e regueifeiros tradicionais.
Actuaçom musical surpresa.

22h30
Acto político e XIII Rondalha da Mocidade com a bandeira.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer