Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Actividades de verán en Peis d´hos (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2015 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
III Serán de Pantiñobre (Arzúa)
Programa

18:30 Obradoiro de tarrañolas e cunchas
20:30 Obradoiro de baile e obradoiro de campás 22:30 Serán
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-06-2015 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Os Cuchufellos en Baiona
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-06-2015 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-06-2015 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
Ardentía en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-06-2015 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do documental sobre Ruxe-Ruxe
"Sempre adiante" o documental de Jairo Iglesias sobre os 20 anos de vida do grupo de rock Ruxe-ruxe estrease o sábado 13 de xuño no teatro Principal de Compostela

Despois de ano e pico compartindo vida e música co director Jairo Iglesias por fin chega o momento de disfrutar de “SEMPRE ADIANTE” o documental que xira entorno á nosa existencia musical.

Foron meses de moito traballo e moita vida e sempre coa cámara de Jairo prendida ó noso carón. Dende a presentación do “Némesis” ata a presentación do “Un mundo perfecto” e polo medio moitos concertos, moitos ensaios, moitas conversas e a gravación do disco.

Nós xa estamos desexando ver todo o traballo de Jairo despois de horas de gravación e de montaxe e agora xa sabemos o día da estrea. Sábado 13 de xuño no Teatro Principal en Compostela.

Para asistir terás que ter unha invitación do grupo pois non se poñeran entradas á venda … e se queres unha invitación escribe a ruxeruxe@ruxeruxe.com e reservámosche a túa invita (ata fin de existencias) :).

“SEMPRE ADIANTE” … UN ANACO DE VIDA VIVIDO E CAPTURADO POR JAIRO IGLESIAS.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-06-2015 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
III Festival de música e baile tradicional Donaire (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-06-2015 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Xuntanza Folclórica en San Andrés de Comesaña (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-06-2015 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Os Cempés no Baile Assalto (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-06-2015 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Mapa localizador de recolleitas de campo
Localizacións xeográficas de recollidas de campo de varias fontes.
Arquivos de Luis Prego, do APOI (Museo do Pobo Galego), Cancioneiro Popular Galego, AELG, Alan Lomax,...





http://pandeicanto.blogspot.com.es


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-06-2015 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
III Foliada da Santa Palleta (As Pontes)
E chegamos á 3ª edición da Foliada da Santa Palleta, organizada polo colectivo de grupos de música tradicional de As Pontes, coa colaboración do Grupo de Empresa Endesa e o Concello de As Pontes.

Como ven sendo habitual, a celebración da Santa Palleta celebrarase no recinto exterior do Lar, en As Pontes. Todos os grupos interesados en participar poden facelo inscribíndose mandando un email a santapalleta@gmail.com indicando o nome do grupo e datos de contacto.

Programa:
18:00 Ruta barítima polas rúas de As Pontes acompañando á Santa Palleta.

20:00 Obradoiro de Baile Tradicional impartido por Gamelas Anduriñas, de Ortigueira. Inscripción gratuita enviando un email a santapalleta@gmail.com

21:30 Inicio foliada de Foliada da Santa Palleta

23:30 Procesión da Santa Palleta

00:00 Pregón a cargo de Alfonso Tellado (Alfonso Alfonso)

Despois das actuacións dos grupos previamente apuntados, haberá Foliada libre.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-06-2015 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Noite da moura (Rebordechán-Crecente)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-06-2015 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Compostela
Seráns en Compostela
Venres 12 de xuño
A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)


O último do curso! Convidados excepcionais!
Quen vén tocar esa noite?
21h00 . Obradoiro con José Codesido e tocadoras da zona de Avión!
22h30 . Os Campantes da Baña
23h15 . Cantigas e Agarimos
24h00 . Faíscas da Pontraga
01h00 . Foliada aberta até que o corpo aguante


Entrada 3€
Máis información
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-06-2015 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
IX Foliada de Baiña (Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-06-2015 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Volven The Homens nun único concerto en Compostela
12 de xuño, Sala Capitol (Santiago DC), volven The Homens.

Tres anos despois do seu último concerto, alá en Cardiff, polas terras galesas. O grupo picheiro retorna para dar unha única actuación e estarán acompañados de The Lost Omelette Makers.





O grupo compostelán The Homens dará o día 12 de xuño na Sala Capitol de Santiago de Compostela un único concerto, o primeiro desde a súa marcha dos escenarios hai catro anos. A banda estará acompañada polo grupo de Porto do Son The Lost Omelette Makers.

As entradas (a 8 euros a anticipada e 10 na billeteira) poden comprarse xa nos establecementos composteláns Miranda - Cultura para levar e A Reixa Tenda.

Esta é a primeira reunión de The Homens desde que en 2011 decidiran suspender por tempo indefinido a súa carreira. Para a ocasión, o grupo repasará cancións dos dous EPs (#1, do 2005; e #2, do 2006) e dos dous discos longos (Tres, do 2007 e Cuarta potencia, do 2009) que publicaron. Soarán tamén temas das súas contribucións a discos colectivos e de homenaxe.

O público pode axudar á banda a escoller o repertorio elixindo as súas cancións favoritas a través dun formulario online ao que se accede a través deste enlace:
https://docs.google.com/forms/d/1tRu_lWL-UETLu8GEV0O-j2emZugt
M7URtTTROPgcsf4/viewform


12 de xuño de 2015 - 21.00 h.
Sala Capitol - Santiago DC
Anticipada: 8€ / Billeteira: 10€
Venda de entradas en Miranda - Cultura para levar e A Reixa Tenda
facebook.com/thehomens
thehomens.bandcamp.com
thehomens@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2015 12:26
# Ligazón permanente a este artigo
Uxía e Narf en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2015 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
III Ocafolk (Oca-A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-06-2015 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
I Xuntanza Folc na Insua (Pontecaldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-06-2015 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Festival Alternativo Millo Verde (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-06-2015 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 8 (Luns)
• Treixadura na Praza Maior de Ponteareas ás 22:30

Terza feira 9 (Martes)

Corta feira 10 (Mércores)
• Narf & Uxía no Salón Teatro de Compostela ás 21:00

Quinta feira 11 (Xoves)
• Roberto Sobrado e Os Resentidos no Salon Teatro de Compostela
• Coanhadeira no Forum Metropolitano (A Coruña) ás 20:00

Sexta feira 12 (Venres)
• Festival folk de Oca (A estrada): ACadaCanto, Ce Orquesta Pantasma, Regato de Matamulleres, A Requinta da Laxeira e A Banda da Balbina
• Festival Millo Verde (Redondela): Maskarpone, ...
• The Homens na Sala Capitol (Compostela)
• Serán na Nave de Vidán (Compostela)

Sábado 13
• Festival Millo Verde (Redondela): Sacha na horta, Sete Cuncas, ...
• Xabier Díaz no Pazo de Faramello (Rois)
• IX Foliada Airiños da Lagoa en Baiona
• VIII Ruada de Catoira no Edificio Felipe Arangude
• Festa da Noite da Moura en Rebordechán (Crecente)
• III Foliada da Santa Palleta (As Pontes)

Domingo 14
• Xuntanza Folc na Insua (Ponte Caldelas): Os Carunchos, Tanto Nos Ten,...
• Orquestra Os Modernos no Polideportivo Municipal de Paradela ás 19:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2015 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Xeira de concertos de Talabarte
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2015 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros musicais no Pazo de Faramello (Rois)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2015 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Pilocha, Miro Casabella e Quintáns Canella en Vilalba
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2015 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Vigo do libro de Amadeo Goyanes
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 03-06-2015 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
As Suripantas en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-06-2015 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
Milladoiro en Barrantes (Ribadumia)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-06-2015 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de baile tradicional en Lourenzá
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-06-2015 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de arrolos na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 02-06-2015 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Ardentía presenta novo disco en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2015 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna en Bergondo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2015 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
XXXV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina
O prazo de inscrición para o XXXV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina remata este sábado día 6 de xuño.

O XXXV CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 21 de xuño no auditorio do Centro Sociocultural Ágora en horario de mañá. Ao igual que nos últimos anos haberá tres categorías divididas segundo a idade dos compoñentes.

Achegamos as bases e a folla de inscrición.

O prazo de inscrición xa está aberto e as vías para facelo son:

- A través da nosa páxina web: www.xacarandaina.gal
- Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta, á dirección de e-mail: info@xacarandaina.com.

O prazo de inscrición remata o sábado 6 de xuño.
Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico:


Asociación Cultural Xacarandaina .... 981 277 315

Correo electrónico ..... info@xacarandaina.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-06-2015 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
XV Romaría do lecer (A Coruña)
A A.C. XACARANDAINA ORGANIZA A XV ROMARÍA DO LECER

Con motivo da XV Foliada e Romaría do Lecer que todos os anos ven organizando a Asociación Cultural Xacarandaina que, no marco do Anfiteatro do Parque de Sta. Margarida, se celebrará na Coruña os vindeiros sábado e domingo días 6 e 7 de xuño, a Asociación Cultural Xacarandaina aproveita a ocasión para convidar ao seu medio de comunicación.

O sábado día 6 de xuño realizarase, como anticipo á ROMARÍA, unha festa coa que se pretende recuperar outra tradición galega moi popular: a FOLIADA, festa nocturna de carácter tradicional na que a xente se reunían para cantar, bailar e divertirse. Como todos estes anos contamos coa presenza de grupos folclóricos de toda Galicia acompañando no escenario ao Grupo de Música Tradicional Xacarandaina interpretando pezas do noso repertorio tradicional para que poidan bailar nenas e nenos, mozos e maiores, xente de todas as idades que participan de forma moi activa na festa.

Será ás 19:00 h. cando comece a FOLIADA INFANTIL onde participarán nenas e nenos de distintas agrupacións. Como novidade deste ano, realizarase un obradoiro de baile para todo o público asistente e, finalmente, bailarase unha muiñeira de conxunto. Tras o obradoiro, comezará a FOLIADA DE ADULTOS, ás 21:00 h. No caso de estar interesados en participar na mesma deberanse anotar a través do correo electrónico da Asociación: info@xacarandaina.com.

Este evento inclúese na celebración da ROMARÍA DO LECER do domingo 7 de xuño, que acada xa a súa décimo quinta edición. Durante todo o día intentaremos recrear unha verdadeira Romaría! O programa inclúe a actuación das alumnas e alumnos da asociación onde amosarán o aprendido durante o curso enriba do escenario; intercalaranse actuacións de grupos de baile tradicional, pandereteiras e pandereteiros, cuartetos de gaitas, acordeón, guitarra...

Para as máis pequenas e pequenos contaremos con inchables e xogos populares, onde varios monitores ensinarán a xogar aos máis novos, diversión garantida! E, para ofrecer a posibilidade ao público de gozar durante todo o día desta Romaría, contarase con bochinche, pulpeira, churrasco…

A Asociación Xacarandaina celebra desde o ano 2001, no mes de xuño, esta Romaría coa que pretende recuperar o “sabor” de festa e lecer das antigas romarías galegas. Desde Xacarandaina animamos a toda a xente da cidade e arredores a participar neste día, como un día de homenaxe participativo ao folclore e cultura galegas, axudando deste xeito a que todas as coruñesas e coruñeses nos sintamos máis orgullosos das nosas tradicións, sen deixar que se extingan.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2015 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Puntada sen fío en Fene e Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2015 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
V Serán de Traspés (Sárdoma-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-06-2015 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
Programa do XVI Encontros de Música tradicional en Carboeiro (Silleda)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-06-2015 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer