Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Carlos Nuñez en Compostela
Este sábado, 20 de xuño, a Cidade da Cultura celebra o Día da Música cun concerto de excepción: Carlos Núñez, acompañado da súa banda e un grupo de novas promesas galegas, renderalle unha sentida homenaxe ao folclorista Alan Lomax.

Entradas a partir de 8€ no Punto On e www.ataquilla.com (+gastos de xestión). Desconto do 40% para socios do Club Gaiás.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2015 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Zurrumalla en Moaña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2015 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Os Cempés en Sedes (Narón)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2015 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Festa fin de curso da Fervenza de Ouzande (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2015 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Festival fin de curso de Ultreia (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2015 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Fin de curso de Armadanzas de Laraño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2015 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Musica tradicional e mulleres (Lugo)
Música tradicional e mulleres, na II sesión do ciclo documental “A nosa terra, a nosa cultura”

Hoxe martes 16 de xuño, ADEGA proxectará no Museo Provincial de Lugo ás 20.00 horas o documental “Por que non cantades todas” de Trespés Sociedade Cooperativa Galega e dirixido por Diana Toucedo Crespo. Posteriormente haberá unha charla coloquio con Alberte Román, técnico de Trespés Sociedade Cooperativa Galega e Branca Villares, ensinante de música tradicional.

ADEGA promove este ciclo por terceiro ano consecutivo dentro da campaña “Ponte no medio. Móvete polo Territorio”. Trátase dun cine-fórum no que se expoñen traballos audiovisuais galegos que dificilmente poden ser vistos nas canles habituais e que teñen que ver co noso patrimonio natural ou cultural máis próximo.

As diferentes sesións do ciclo permiten á cidadanía intercambiar reflexións e experiencias cos autores dos diferentes traballos documentais e expertos dos diversos eidos sobre os que versan estas obras, creando deste xeito, un espezo de análise e debate do que extraer conclusións e novas vías de acción, de dinamización do rural e de defensa da nosa cultura e territorio.

II Sesión: Música e tradición oral
Nesta segunda sesión do ciclo documental a obra a proxectar será: “Por que non cantades todas” de Diana Toucedo Crespo.

Sinopse: Documental que amosa a un grupo de mulleres da aldea de Zobra na Serra do Candán a súa relación coa música no transcurso das súas vidas. A música como memoria, experiencia e convivencia.

Charla-Coloquio
Tras a proxección audiovisual haberá unha charla coloquio entre o público e os autores do documental, ademais da persoa convidada como experta, que neste caso se trata da ensinante de música e baile tradicional, Branca Villares Naveira.

Por tanto, nesta segunda sesión intervirán:
Alberte Román, Técnico de Trespés Sociedade Cooperativa Galega.
Branca Villares, Ensinante de música tradicional.

Este Ciclo Documental conta co apoio e patrocinio da Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2015 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Fin de Curso da Tradescola (Lugo)
Hoxe martes día 16 de Xuño a partir das 19.00 h, celebraremos o final de curso cun concerto que terá lugar na Praza de Anxo Fdez. Gómez (Lugo). Esta actividade na que actuarán alumnos e profesores da Tradescola porá peche ao curso 14/15.

A Tradescola, contou neste curso con máis de 260 alumnos matriculados, e conta no seu equipo docente con 9 mestres do eido da música tradicional que son os encargados de impartir as aulas de: gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e técnica vocal ademais de aulas específicas para os máis pequenos.

Os mestres e mestras implicados neste proxecto educativo son:Bruno Villamor, Mª Carmen Saborido, Luis Correa “ O Caruncho”, Gerardo Quintela, Xabier Iglesias, Pedro David Lamas, Pablo Carpintero, Xela Conde e Xose Lois Romero Cajigal. Todos eles son recoñecidos profesionais e contan cun dilatado curriculo, como músicos e como docentes, no eido da música tradicional galega.

RESERVA PRAZAS PARA O VINDEIRO CURSO

Informamos asimesmo que a Tradescola ven de abrir o periodo de reserva de prazas para o vindeiro curso 2015/2016.

Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira Nº 4 - LUGO), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.gal

http://gaiteirosgalegos.gal
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2015 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Tomeza (Pontevedra)
A asociación cultural San Cibrán de Tomeza celebrará por terceiro ano consecutivo o Serán de Música tradicional o próximo 20 de xuño a partir das 21.00 horas. Desta forma, a organización quere continuar co éxito de asistencia obtido durante as dúas edicións anteriores.

Ademais da música, o público que acuda poderá gozar dunha sardiñada ou degustar uns bos chourizos. Todos os grupos de música que queiran participar terán que achegarse ata o lugar da capela de San Cibrán e apuntarse á súa chegada para actuar durante este Serán. Só terán prioridade na orde de actuación aqueles grupos que estean formados por nenos. Cada grupo participante terá a oportunidade de interpretar catro temas.

A organización alerta de que, en caso de que xurdise mal tempo durante esa xornada, se instalarían carpas para celebrar esta festa xa tradicional na parroquia. Para máis información, o colectivo facilita este correo asoc.cult.sancibran@gmail.com para resolver calquera dúbida.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-06-2015 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Borreiros (Gondomar)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-06-2015 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Adiado ---- II Serán Treboada Baixo Miño (Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-06-2015 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
IV Trullada (A Poboanza-Parada de Amoeiro)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-06-2015 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
IV Serán da Capela (Xil-Meaño)
A Asoc. Cult. PENAGUDA de Dena (Meaño) ten o pracer de convidarvos ó IV Serán da Capela. Para a ocasión o sitio elixido é o de estes últimos anos: a acolledora praza da Capela das Angustias en Xil (Meaño).

Animamos a toda a xente que queira achegarse a botarlle unhas pezas e uns bailes.

O serán será a partir das 21:30. Trae o teu instrumento e únete á festa!!
Haberá chocolate quente e rosca de balde para os asistentes!!

Como Chegar: (do punto A: AP9 ao punto B: Capela das Angustias)

Na AP9 toma a saída 119 para incorporarte á Autovía de Salnés/AG-41 en dirección Cambados/Sanxenxo/O Grove
Unha vez na Autovia do Salnes, toma a saída 15 Dena/Meaño
Unha vez na rotonda que hai na saída so tes que guiarte polos carteis de señalización postos para o serán (carteis laranxas).

Seguindo o enlace de arriba non tendes perda ningunha!

Parafraseando ó presidente da asociación: “Como di un vello dito (e se non é así, meu avó sí que o dicía): non hai solto sen agharrado nin xota sen muiñeira, asique... lume no baile! E que rule o licor café!...”
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-06-2015 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Serán á beira do mar (Baiona)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-06-2015 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Derradeira Foliada Ven respirar 2015 (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-06-2015 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Festa dos fachos (O Viso-Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2015 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Brincadeira (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2015 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
XXXV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña)
XXXVI Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

​CENTRO SOCIOCULTURAL ÁGORA

A Coruña Domingo, 21 Xuño 2015 a partir das 11:00


Xa están á venda as entradas para o XXXV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina, podédelas mercar:

- Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 h. e de 16.30 a 19.30 h. (pago en efectivo).

- Despacho de billetes do Centro Sociocultural A Fundación: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h. (pago en efectivo ou con tarxeta).

- Televenda: 902 504 500, de luns a sábado de 8.00 a 22.00 h. e www.ataquilla.com (pago con tarxeta).

- Despacho de billetes do Ágora: o mesmo día, desde unha hora antes (pago en efectivo).

- Teletaquilla: Ataquilla.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 16-06-2015 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Ruxe-Ruxe en Vilariño (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2015 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Folk in Río (Touro)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-06-2015 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Festifolk Costa da Morte (Carballo)

En marcha o “Festifolk Costa da Morte”, un festival de música tradicional galega que contará coa presenza de Luar na Lubre e Birimbao que terá lugar o sábado 20 de xuño en Carballo.

O proxecto, iniciativa do Concello e La Voz de Galicia, que nace para reivindicar a gaita, o instrumento máis característico da nosa bisbarra. De aí que a idea sexa xuntar ao maior número de gaiteiros para facer un roteiro musical, un desfile de gaiteiros polas rúas carballesas.

Programa do Festifolk

O desfile arrincará ás 16:00h. Un desfile que arrincará na rúa Gran Vía entonando a Muiñeira de Lugo, para pasar á rúa Doctor Fleming e Vázquez de Parga (estación de autobuses) tocando conxuntamente o Pasodoble de Pastoriza, e xa desde a Estación de Trolebuses-Praza de Galicia-Rúa Coruña-Praza, tocaranse Buxos verdes. Para rematar, na Praza do Concello volveranse a interpretar as mesmas pezas, na mesma orde, e rematarase co Himno do Antigo Reino de Galiza.

Ao remate do desfile, ás 18:30h na Praza do Concello, entrega do premio ao Gaiteiro do Festifolk. A continuación, todos os gaiteiros interpretarán de novo os tres temas realizados no desfile e, para finalizar, a marcha do Antigo Reino de Galicia.

Xa ás 22:00h arrincará o Festival nocturno coa Actuación de Birimbao, que dará paso ao gran concerto de Luar na Lubre, que presentará a súa obra Torre de Breogán.

www.quepasanacosta.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-06-2015 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Rock in Freixo (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-06-2015 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival Augas Santas (Ermo-Barreiros)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-06-2015 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Brochas Rock (Cerceda)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-06-2015 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 15 (Luns)

Terza feira 16 (Martes)

Corta feira 17 (Mércores)

Quinta feira 18 (Xoves)

Sexta feira 19 (Venres)
• I Festival Brochas Rock (Cerceda): Zenzar, Riff Rff, Gansos Rosas,...
• Ataque Escampe na Sala Capitol (Compostela)
• Trevellos e Bouba Pandeireteiras no Clavicémbalo (Lugo)
• Foliada Venrespirar (Ourense)

Sábado 20
• Festifolk (Carballo): Luar na Lubre e Birimbao
• IV Festival Augas Santas (Ermo-Barreiros): Cé orquestra pantasma, A.F. O Arco da Vella, Tumba e Dálle e Os D´abaixo.
• Ruxe-Ruxe en Vilariño (Cangas do Morrazo) ás 20:00
• Eliseo Parra no Multiusos de Redondela ás 21:00
• Miro Casabella no Var con Uve (Moaña) ás 22:30
• Eudemónicas e Airiños da Freba no Clavicémbalo (Lugo)
• Serán de Borreiros (Gondomar)
• III Serán de Tomeza
• Serán Treboado do Baixo Miño (Tomiño)
• VIII Serán á beira do mar de Baiona
• Serán da Capela (Xil-Meaño)
• IV Trullada en A Poboanza (Parada de Amoeiro)

Domingo 21
• XXXV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña)
• VIII FolkinRío (Touro): Festicultores, Tanto Nos Ten, Alvariza,...
• Guadi Galego no Auditorio da Xuventude de Cambados ás 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2015 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana

Sexta feira 12 (Venres)
• Festival folk de Oca (A estrada): ACadaCanto, Ce Orquesta Pantasma, Regato de Matamulleres, A Requinta da Laxeira e A Banda da Balbina
• Festival Millo Verde (Redondela): Maskarpone, ...
• The Homens na Sala Capitol (Compostela)
• Os Cuchufellos no Marrucho (Baiona)
• Ardentía no bar Cabiria (Vigo) ás 23:00
• Os Cempés no Baile Assalto da Gentalha do Pichel (Compostela)
• Serán na Nave de Vidán (Compostela)

Sábado 13
• Festival Millo Verde (Redondela): Sacha na horta, Sete Cuncas, ...
• III Festival de música e baile tradicional Donaire (A Coruña) ás 19:30
• Xuntanza Folclórica en San Andrés de Comesaña (Vigo) ás 20:00
• Xabier Díaz no Pazo de Faramello (Rois)
• Cantata Vernácula en Caldas de Reis ás 21:00
• IX Foliada Airiños da Lagoa en Baiona
• VIII Ruada de Catoira no Edificio Felipe Arangude
• Festa da Noite da Moura en Rebordechán (Crecente)
• III Foliada da Santa Palleta (As Pontes)
• III Serán de Pantiñobre (Arzúa)
• III Foliada de Borneiro (Cabana de Bergantiños)

Domingo 14
• Xuntanza Folc na Insua (Ponte Caldelas): Os Carunchos, Tanto Nos Ten,... Adiado
• Orquestra Os Modernos no Polideportivo Municipal de Paradela ás 19:00
• Guezos na Arca da Noe (Vilar de Santos) ás 20:00
• Foliada na praza das Cunchiñas (A Coruña) ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-06-2015 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Despedida de AcadaCanto
A Cada Canto despídese despois de tres anos de encontro feliz na música
Naceron como proposta efémera mais o encontro foi tan feliz que deu lugar a dous discos e unha morea de inesquecíbeis concertos. A Cada Canto despídese esta sexta feira cun concerto no festival Oca Folk.


Ao carón do Pazo de Oca e nun festival, un formato pouco visitado pola formación, A Cada Canto despedirase esta sexta feira ás 23 horas no festival Oca Folk. A formación que xuntara a Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero di adeus despois de ter gravado dous discos e presentado a súa música en multitude de concertos ao vivo, maiormente en teatros nos que se establecía unha especial e máis íntima conexión co seu público.

Como unha “unión de traballo temporal” se definían alá por xuño de 2012 cando A Cada Canto presentaba o seu primeiro disco, un proxecto musical que xuntaba a catro grandes músicos que tiñan participado de maneira combinada nas máis interesante propostas do país.O primeiro encontro co público foi no Rosalía de Castro da Coruña e logo virían Lugo, Vigo, Carballo, Tui, Pontevedra, Silleda, Ponteceso ou Ferrol en concertos íntimos e directos antes de atravesar o océano para tocar no Teatro Avenida en Bos Aires máis o Centro Cultural de España de Montevideo, os grandes centros da emigración en Latinoamérica,. O primeiro disco foi unha grande sorpresa musical, con temas de grande suceso como o xa popular “Teu nome por mar e terra” que rebentou a rede cando o videoclip se comezou a expandir polas distintas canles.

Un inesperado segundo disco

ACadaCanto
Malia ser unha proposta efémera, non tardaron en presentar o seu segundo disco, a súa particular visión sonora de Rosalía. En “A Rosa d´Adina” musicaban seis poemas da autora nun traballo que presentarían no Claustro da Catedral de Tui, dentro do festival “Música no Claustro”. “Dende a Limia”, “Tecín”, “Este meu camiño”, “Levoume o río”, “Onde pousei a infancia” e “Aló” son os poemas que se sentirían na voz de Guadi Galego e Xabier Díaz, con Guillerme Fernández á guitarra e o acordeón de Xosé Lois Romero.

Guillerme e Xabier Díaz chegaban co aval de Berrogüetto, grupo en que se escoitou a voz de Guadi; Xabier Díaz contara con Romero e Guillerme Fernández no seu inicial Músicas de Salitre, Guadi cadrou tamén con Guillerme en Espido e Xavier e Guillerme conxeniaran para publicar o disco Arrolos de Salitre. A Cada Canto nacía da man tamén do selo Músicas do Salitre, formado por Xabier Díaz e Guillerme Fernández. Co concerto de Oca despiden tres anos despois esta aventura que tivo un traxecto feliz. Os catro cantos da agrupación volven aos seus camiños por solto, Guadi Galego en plena presentación do seu novo disco e Xabier Díaz a pouco de anunciar un novo traballo que verá a luz en outono.

www.sermosgaliza.gal
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-06-2015 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Roberto Sobrado e Os Resentidos en Compostela
Roberto Sobrado homenaxea Os Resentidos na presentación do seu novo disco

Atlas de Anatomía, o quinto disco de Roberto Sobrado grupo presentarase hoxe xoves 11 de xuño en Compostela, nun concerto no que tocarán cos Resentidos, banda á que homenaxean.

O concerto será de presentación do quinto disco de Roberto Sobrado grupo mais tamén unha homenaxe aos Resentidos, a banda coa que compartirán espectáculos. Atlas de Anatomía presentarase o vindeiro 11 de xuño no Salón Teatro de Compostela e, para a súa presentación pública, Roberto Sobrado grupo acompañarase de tres dos membros da última formación da banda liderada por Antón Reixa. Pablo Vidal, Rubén Losada e Manu Payno participarán nun concerto que contará tamén con colaboracións estelares de Antón Reixa, Javier Soto, Anxo Graña, Piti Sanz ou Xabier Camba.

A banda anuncia viaxar polo “lado escuro do rock”

Os membros d´Os Resentidos non serán os únicos convidados para a presentación do novo disco de Roberto Sobrado grupo e, así, o vindeiro 11 de xuño subirán a escena tamén Abe Rábade, Carlos Blanco, Xosé Constenla e O Leo e Arremecághona.

Atlas de anatomía ofrece nove temas novos de Roberto Sobrado, un músico que cumpre xa 20 anos de traxectoria. Pop, rock e blues son o telón de fondo sonoro deste novo, e quinto, traballo no que a banda anuncia viaxar polo “lado escuro do rock”. Con esta nova proposta, Roberto Sobrado executa un “harakiri consciente pero non total ao cantautor que eleva dentro”.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2015 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Actualizando os festivais de verán 2015

Xa imos actualizando a axenda de festivais de verán 2015 no blog de Malmequer:

Festivais de Verán na Galiza 2015

Xuño


6 de xuño: I Festa Folc-Rock (Sobrado dos Monxes)
- Quempallou, Ruxe-Ruxe, Ith,...

12 de xuño: Ocafolk (Oca-A Estrada)
- ACadaCanto, Ce Orquesta Pantasma, Regato de Matamulleres, A Requinta da Laxeira e A Banda da Balbina

12 e 13 de xuño: Festival Millo Verde (Redondela)
- Maskarpone, ...
- Sacha na horta, Sete Cuncas, ...

14 de xuño: Xuntanza Folc na Insua (Ponte Caldelas)
- Os Carunchos, Tanto Nos Ten,...

19 de xuño: I Festival Brochas Rock (Cerceda)
- Zenzar, Riff Rff, Gansos Rosas,...

20 de xuño: Festifolk (Carballo)
- Luar na Lubre e Birimbao

20 de xuño: IV Festival Augas Santas (Ermo-Barreiros)
- Cé orquestra pantasma, A.F. O Arco da Vella, Tumba e Dálle e Os D´abaixo.

21 de xuño: VIII Festival Folk in Río (Touro)
-Brincavai, Festicultores, Tanto nos Ten, Alvariza, Bombos de S.Tiago

26 de xuño: Festival Rockin Carballo
- Terbutalina, Los Eskizos,...

27 de xuño: Peneda Rock (Monterroso)
- Os Kambotes, Arrhythmia, Birrados

27 de xuño: Derrame Rock (Ourense)
- Los Suaves, Siniestro Total, Bergallazo, Rosendo, Burning,...


Xullo


4 de xullo: Sons da Lameira - Malaherba Rock
(Matamá-Vigo)

- Quempallou, Aerolineas Federales, Fanfarria Taquikardia,...

4 de xullo: XXII Festival Río Castro (Narahío)
- O Sonoro Maxín, Taghaitai, Vai rañala meu,...

4 de xullo: Rock in Río Tea (Ponteareas)
- Familia Caamagno, The Soul Jacket, Banda de Mazinger,...

4 de xullo: XX Asalto ao castelo de Vimianzo
- Dakidarría, Ruaille-Buaille, Herdanza meiga,...

10 de xullo: XVI Folk de Raíz (Callobre-A Estrada)
- Sés, Os Carunchos, Xirandola, Regatos,...

11 de xullo: XII Karrascal Rock (Vigo)
- Heredeiros da Crus, Dakídarría

11 de xullo: Nordestazo Rock Fest (Malpica)
- Los Suaves, Siniestro Total, Sés,..

11 de xullo: Festival da Chaira (Baltar)
- Maskarpone, Biribirlocke, Chotokoeu e Lady Chatarra

16, 17, 18 e 19 de xullo: Festival de Ortigueira
- Proxecto Runas 2015
- Escola de gaitas de Ortigueira, Xabi Aburruzaga
- Xosé Manuel Budiño

17 e 18 de xullo: Festival Oubeade (Beade-Vigo)
-

24 e 25 de xullo: Festigal (Compostela)
-

25 de xullo: Festixeve (Xeve-Pontevedra)
- Festicultores,...


Agosto


1 e 2 de agosto: Festival de Pardiñas
- Sés, Habelas Hainas, Sonoro Maxín, Nao,...

7 e 8 de agosto: Castelo Rock (Muros)
- Soziedad Alkohólika, Skandalo GZ, Boikot,...
- Heredeiros da Crus, Biribirlocke, el Drogas,...

8 de agosto: Festival dos botes (Arzúa)
- Superoito,...

15 de agosto: XVI Festa folc de Vilariño (Cangas do Morrazo)
-

21 e 22 de agosto: Festival irmandiño (Moeche)
- Dakídarria, Banda Crebinski, Bastard on parade, Talabarte,...

21, 22 e 23 de agosto: Festival Revenidas (Vilaxoan)
-


Setembro


12 de setembro: RockinRian (Rianxo)
- Quempallou

Festivais de Verán na Galiza 2015
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-06-2015 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Exposición de traxes tradicionais en Pontevedra
Exposición Vestidos con pincel, cosidos con agulla. Traxes tradicionais galegos

Desde o 12 de xuño ás 20 h ó 2 de agosto pódese visitar no edificio Sarmiento esta mostra que fai un percorrido pola historia e evolución do traxe tradicional e a súa representación na pintura.

O proxecto expositivo, comisariado por José Luis Rodríguez , presidente da Asociación Cultural Gaiteiros Os de Algures, combina a elaboración de traxes tradicionais e a reprodución de fondos do Museo de Pontevedra. As pezas dos traxes foron confeccionadas a imitación das que se representan nunha selección de obras pertencentes e expostas no Museo, todo iso completado con paneis explicativos con información detallada.

Deste xeito o público poderá apreciar, coñecer e afondar nas pezas do traxe tradicional, observándoos ó vivo e asociándoos ó seu tempo e uso, grazas ó contexto pictórico ó que fan referencia.

O paralelismo entre o traxe galego e o mantemento das tradicións galegas, tanto en Galicia como na diáspora, radica nalgunhas das súas características: infunden ás comunidades e os grupos un sentimento de identidade e de continuidade; promoven o respecto pola diversidade cultural, transmítense de xeración en xeración; son recreados constantemente polas comunidades e grupos no seu ámbito e na súa historia; están cargados de símbolos de expresión popular e axudan ó respecto mutuo entre comunidades, grupos e individuos.

Os traxes tradicionais, incluídos dentro do patrimonio cultural inmaterial, experimentaron numerosos cambios desde a súa orixe adaptándose ós gustos e necesidades de diferentes épocas, de maneira que non podemos dicir que haxa un único modelo de traxe que sexa definidor do mesmo ó longo da historia. A partir do século XIX, sucédense unha serie de acontecementos históricos que levan a unha busca da identidade, nacendo a preocupación por investigar todo o que ós pobos lles é propio. A respecto do vestir, o traxe do século XVIII e XIX, converterase en arquetipo do traxe tradicional, doadamente identificable a primeira vista. Os patróns, a confección e as técnicas e materiais de bordado poden resultar moi semellantes pero, ó mesmo tempo, moi distintas entre as diferentes comunidades ou pobos, variacións debidas á súa funcionalidade.

VISITAS GUIADAS

Todos os venres ás 19h o Gabinete Didáctico realizará visitas guiadas a esta mostra. Non será precisa inscrición.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2015 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
III Foliada de Borneiro (Cabana de Bergantiños)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-06-2015 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de libro-Cd na Pontenova
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2015 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Cantata Vernácula en Caldas de Reis
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2015 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Campamento de verán do Fiadeiro (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2015 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas infantís Donaire (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2015 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer