Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IX Xuntanza de gaiteiros `Manuel Villanueva´ (Poio)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-06-2014 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Treixadura en Ribadumia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-06-2014 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Esquíos e Superoito en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-06-2014 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
Nelson Quinteiro en Compostela
Hoxe martes a partir das 22:30 h estaremos na Casa das Crechas presentando o disco "Orquesta Gharbo!" en formato acústico.
Xa sabedes que co disco na man a vosa entrada é gratuíta, e que se aínda non adquiríchedes o voso traballo tedes discos á venda en espazos tan senlleiros como a Libraría Pedreira (Rúa do Homes Santo) ou Trisquel Artesanía (Rúa da Acibechería).
Gharbo!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-06-2014 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Pinzás (Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-06-2014 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Garabano na Ribeira (Crecente)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-06-2014 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán da Cereixa (Beade-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-06-2014 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
IV Serán de Traspés (Sárdoma-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-06-2014 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
II Foliada-Festa folk de Borneiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-06-2014 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Compostela
Seráns en Compostela
Xoves 5 de xuño

A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)

Último serán do curso!
Quen vén tocar esa noite?

21h30 . Obradoiro de baile con Fernando Saavedra
22h30 . Raiola
23h15 . Pandereteiras de Cantigas e Agarimos (grupo A)
24h00 . Os d'Abaixo
01h00 . Foliada aberta até ás 03h00


Máis información
www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-06-2014 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
XV Encontros de música tradicional (Carboeiro-Silleda)
XV ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL
7 DE XUÑO DE 2014 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)


13h. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra
· Poxa das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de VIRAVOLTA e os papamoscas de SANTISO)
- APERTURA DA EXPOSICIÓN:
'A PROCESIÓN VAI POR DENTRO' adicada ás manifestacións folclóricas arredor das procesións en Galicia, acompañada polos títeres do Museo da Marioneta, Casa do Títere (Lalín)
- FEIRA DE ARTESANÍA: instrumentos tradicionais, coiro, abalorios, xoguetes, cerámica, títeres, bixutería...
- XANTAR POPULAR (empanada, carne ao caldeiro, larpeira, pan, viño/auga, café e ghotas -13€)

DURANTE A TARDE:
· XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES con Xandobela e Itaca de Compostela.
· 'A PROCESIÓN VAI POR DENTRO E O CONTAR POR FÓRA' contacontos de Celsiño F. Sanmartín de Lalín.
· MÁSCARA FÓRA! de Fantoches Baj
· 'RECUNCHO DO TOCAR' no patio do mosteiro.

E ao que se vaia facendo noite…
FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!
ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA

santaferrenha@gmail.com // 658 628 239
VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2014 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de tasca en Ordes
6º ANIVERSARIO DAS "NOITES DE TASCA"
EN ORDES
VENRES 6- XUÑO-2014


A festa comeza pola tarde, cuns obradoiros na Alameda, para achegar o noso folclore ao público de tódalas idades.
A partir das 18:30 h, os alumnos e compoñentes da Asociación Cultural CAMIÑO REAL DE POULO, dirixidos pola mestre HELENA NOYA, levarán a cabo un obradoiro de baile galego.

Tamén estará na alameda, o músico e artesán OLI XIRÁLDEZ, cun obradoiro de "Enredos sonoros" no que ensinará a fabricar diversos instrumentos musicais de xeito moi sinxelo e divertido.

Un pouco máis tarde, ás 20:00 h, diante do Museo do Traxe, haberá outro obradoiro de música e baile tradicional a cargo dos mestres JUAN PENA e BEA GARCIA, da Asociación Folclórica SEMENTES DA ARTE.

E a partir das 21:30 h,... máis de 25 grupos de música e baile tradicional repartiranse polos bares de Ordes para logo xuntarse todos, a partir das 12 da noite, e desfrutar dunha gran FOLIADA final que terá lugar arredor da cervexaría ISLIA (na Rúa Ramón Ferreiro, 2)

Importante: O sorteo dunha gaita do Obradoiro SEIVANE comezará ás 12 h da noite no ISLIA e sacaranse boletos ata que apareza o afortunado gañador.

ESTADES TODOS CONVIDADOS... VIDE TOCAR CON NÓS!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2014 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
VI Encontro de escolas adultas (Teo)
"O vindeiro Domingo 8 de xuño de 2014 a partir das 6 da tarde, terá lugar no local social da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo),o VI ENCONTRO DE ESCOLAS ADULTAS.

Nesta edición participan as seguintes Asociacións:
- As Pandereteiras de O Freixo (Outes).
- Grupo de Cantareiras Mestura de Meirás (Valdoviño).
- A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2014 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
Ao son do Masma (Celeiro)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-06-2014 16:13
# Ligazón permanente a este artigo
Romaría do lecer de Xacarandaina (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2014 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
Caxade “revélase” como mellor artista nos Premios Opinión

Caxade pecha un extraordinario ano co Premio Opinión ao mellor artista despois de ter publicado o seu primeiro álbum “A Dança dos Moscas” (Discos da Máquina). “Sotaque” de Xosé Manuel Budiño fíxose cos outros dous premios, o de mellor disco do anos e mellor tema orixinal.


O primeiro traballo de Caxade converteuse na grande revelación da tempada que lle vale agora o ser escollido como mellor artista nos Premios Opinión que se entregaron a noite da sexta feira na Coruña. “”A Dança dos Moscas”, editado polo selo cooperativo “Discos da Máquina” esgotara en só o mes a súa primeira tirada e conseguira o aplauso da crítica e do público. A musicóloga Dorothé Schubarth foi galardoada co premio “Andaina Senlleira” polo seu traballo na recollida de pezas tradicionais nos anos setenta e comezos dos oitenta.

Renovador da música tradicional, como mostrou coa interpretación da noite como compoñente do grupo Pel de Noz, Alonso Caxade recibiu o premio cunha intervención na que pulou por unha tradición que estea presente nos novos ritmos, conservando a súa esencia e a súa riqueza musical.

Xosé Manuel Budiño recibiu dous dos premios da noite, o de mellor traballo polo seu disco “Sotaque” e o de mellor canción orixinal por “Déixame adiviñar”, tema no que tamén participou o actor Carlos Blanco e que interpreta no disco o portugués Antonio Zambujo.

Os premios do folk galego que cada ano convocan á música de raíz na Coruña entregáronse nun acto no que tamén se sentiu a música de Anxo Pintos e Serxo Ces, o cuarteto Saiva Nova e o gaiteiro Pablo DeVigo.


www.sermosgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2014 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de galiteiros solistas `Os Dezas de Moneixas´ (Lalín)

I CONCURSO DE GAITEIROS SOLISTAS: Memorial “Os Dezas” de Moneixas

BASES:

1. Poderán participar todos os gaiteiros e gaiteiras de calquera zona de Galicia sen acompañamento.

2. Só se admitirán gaitas de estética tradicional sen importar a tonalidade.

3. Valorarase positivamente aos participantes que vistan o traxe galego, aínda que non é de carácter obrigatorio.

4. A idade mínima de participación é de 15 anos sen límite. Seleccionaranse por orde de inscrición un máximo de dez participantes. A organización informará por teléfono aos seleccionados unha vez rematado o prazo de inscrición.

5. Os que desexen participar no concurso deberán poñerse en contacto a través de:

- teléfonos: 661288280 – 652263857 – 615468586
- no correo lotaboadarozas@hotmail.com

Non se admitirán modificacións respecto a folla de inscrición. O modelo de inscrición e a partitura da canción obrigatoria estarán á disposición dos interesados no blog moneixas14.blogspot.com.es, e deberán enviar toda a documentación ao correo anteriormente mencionado.

6. O prazo de inscrición remata o 27 de xuño ás 20:00 horas.

7. O concurso terá lugar en Moneixas (Lalín) o día 12 de Xullo de 2014.

8. O concurso dará comezo ás 13:00h. Os participantes seleccionados deberán presentarse ao pé do escenario as 12:30 e confirmar a súa participación.

9. A orde de actuación será segundo a orde de inscrición.

10. Disporán de 6 minutos nos que interpretarán obrigatoriamente XOTA DE CRUCES, (partitura dispoñible en facebook) composta polos “Dezas” de Moneixas e outra/s peza/s libre/s. Penalizarase o exceso de tempo cun punto por cada vinte segundos.

11. Premios:

1.º Premio, dotado con 250€ e trofeo2.º Premio, dotado con 100€ e trofeo3.º Premio, dotado con 50€ e trofeo

12. O xurado estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito da música tradicional galega e por un representante da organización (con voz, pero sen voto). As decisións do xurado serán inapelábeis.

13. O xurado valorará os seguintes aspectos:

- A afinación do instrumento- A claridade e dificultade da interpretación- A estética no escenario

14. O gañador ou gañadora repetirá unha das súas intervencións como remate do concurso.

15. A participación no concurso implica a autorización aos membros da organización para publicar fotografías de carácter informativo na páxina web, no periódico ou outros medios similares.

16. A inscrición no concurso implica a total aceptación das bases.

http://moneixas14.blogspot.com.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-06-2014 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 2 (Luns)

Terza feira 3 (Martes)

Corta feira 4 (Mércores)

Quinta feira 5 (Xoves)
• Serán na Nave de Vidán (Compostela)

Sexta feira 6 (Venres)
• Treixadura na Festa do Viño Tinto (Ribadumia)
• Machina no pub Gatos (Melide)
• Caxade no Café Pop Torgal (Ourense)
• Baile assalto na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Serán en Pinzás (Tomiño)

Sábado 7
• Festival ao son do Masma (Celeiros de mariñaos): Os Cuchufellos, Os Carunchos, Leirabuxo,...
• XV Encontros de música tradicional de Carboeiro (A Bandeira-Silleda)
• Romaría do lecer de Xacarandaina no parque Santa Margarida (A Coruña)
• Caxade no Clavicembalo (Lugo)
• Os Esquíos na sala Moon (Compostela)
• Familia Caamagno na Taberna O Marrucho en Baiona
• Ruada na casa do pobo de Seixido (A Lama)
• IV Serán da A. C. Traspés (Vigo)
• Serán da Cereixa (Beade-Vigo)
• Serán do Garabano na Ribeira (Crecente)

Domingo 8
• Romaría do lecer de Xacarandaina no parque Santa Margarida (A Coruña)
• Berroguetto no Auditorio de Galicia en Compostela
• Fiandola na Ameixoada (Moaña) ás 20:00
• SonDeSeu na Festa da Cereixa de Beade (Vigo) ás 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2014 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer