Quinta feira 3 (Xoves)
? Tumba e Dálle e Os Cempés nos xardíns do pazo de San Marcos (Lugo) ás 21.00
Sexta feira 4(Venres)
? Cé Orquestra Pantasma, A Requinta da Amaía e Os Cempés en Bertamirásn (Ames)
? Marful no Encontro de Artesania Tradicional da Golada ás 22:00
Sábado 5
? Asalto ao Castelo de Vimianzo: Susana Seivane, Kepa Junkera e Muyayo Rif
? Sons da Lameira (Matamá-Vigo): Def Con Dos, The Skarnivals, Festicultores...
? Festival do Río Castro en Narahío: Orquestra Pantasma, Taghaitaí, O Sonoro Maxín
? Lumeirada no río Deva (Pontedeva) con Muxeraga e a Requinta de Laxeira
? Sés no Encontro de Artesania Tradicional da Golada ás 22:00
? Tiruleque en Muros ás 23:00
? A Banda de Andrelo no Var con Uve (Moaña)
? XIII Festa Rachada da Baña
? Serán de Avión no torreiro da capela.
? IX Romaría da Conrobla, serán ou foliada ao xeito de Boimorto
Domingo 6
? III Memorial Antonio Fernández (Marín)
? Cantata vernácula na Capela de San Bartolomeu do Burgo (Lugo) ás 14:00
Sexta feira 27 (Venres)
? Presentación do proxecto Elelelos (Músicas de tradición oral no Concello de Bueu) no Centro Social do Mar de Bueu ás 20:00
? Trim no Pazo de Faramello (Rois) ás 16:00
? A miña primeira Rosalía en Brión ás 20:30
? Moxenas musical galego ás 21:00 no Auditorio de Torroso (Mos)
? Ultraqáns e A banda de Andrelo no Garufa (A Coruña) ás 22:30
? Sacha na Horta, Os John Deeres, Familia Caamagno na praza 8 de marzo (Compostela) ás 22:00
? Victor Aneiros no Café Dzine (San sadurniño) ás 23:00
? Faltriqueira na Praza Alfredo Brañas (Cambados) ás 24:00
? Cantos de taberna en Pontevedra
? II Foliada da Pastoriza
Sábado 28
? Coral de Ruada na Catedral de Ourense ás 20:30
? 2nafronteira no Auditorio de Redondela ás 21:00
? Abóbriga e Pelepau en Chaín (Gondomar) ás 23:00
? A Bagunda na Taberna Rianxeira (Vigo) ás 23:00
? O Caimán do Río Tea no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 22:30
? Treixadura en Codeso (Boqueixón)
? Os Esquíos no pub Rockers (A Estrada)
? Quempallou e Superoito en San Pedro de Vilas (Rianxo)
? Serán do Fiadeiro en Santa Mariña de Cabral (Vigo)
Domingo 29
? Berroguetto no Teatro Garcia Barbón (Vigo) ás 21:00
? Coral de Ruada e Os Melidaos na Praza maior de Ourense ás 23:00
Hoxe 27 de xuño é último venres de mes e en Pontevedra a Asociación Cultural Maravallada en colaboración co Concello de Pontevedra organiza os Cantos de Taberna!!!!!!!.
As 21 horas estaremos no Brasilia na rúa da ponte e as 22.30 horas no Rebusco na rúa Isabel II.
Os grupos que tocarán serán Maravallada de Pontevedra e Reitesías de Portonovo.
Imposible perder esta festaza!!!!
Ide afinando as gorxas que a noite promete!!!!
O 25 de xuño de 1976 Benedicto e Bibiano ofreceron no pavillón de deportes da Coruña un dos concertos con máis carga simbólica de toda a década dos setenta en Galicia. Era unha homenaxe a Santiago Álvarez, secretario xeral do PCG e preso en Carabanchel xunto a Santiago Carrillo e outros líderes comunistas. A gravación do recital foi de inmediato editada clandestinamente en cassette polas Xuventudes Comunistas co título Homenaxe a Santiago Álvarez, e recuperada anos máis tarde en outras dúas edicións, a máis recente a publicación da A Regueifa Plataforma en 2006.
Este xoves, 38 anos despois, o Teatro Principal, en Compostela, acollerá un recital dedicado ao cantautor, no que intervirán João Afonso, Fanhais e Freire, Miro Casabella, Antón Seoane, Uxía Senlle, Narf e a Orquestra Valdeorras. O acto, que comezará ás oito da tarde, vén precedido da publicación Benedicto. Polo mar da liberdade, a cargo da Fundación 10 de marzo, unha obra que reúne dedicatorias e recordos de amigos escritores, profesores, políticos e compañeiros, ademais de numerosas fotografías, debuxos e pinturas de artistas galegos e un disco con imaxes e gravacións musicais.
Benedicto García Villar, nacido en Santiago de Compostela en 1947, foi un cantautores máis destacados da súa xeración, vencellado a Voces Ceibes. Por suposto, participou no recital que o 26 de abril de 1968 deu inicio ao movemento, no Paraninfo da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago. A súa voz decidida e súa a guitarra belixerante cantaban "loitemos, loitemos, que a lúa segue brilando". Había fame de liberdade, e cando Benedicto cantou: "Fuco Buxán, non sintes que na Iberia feden a podre os homes e as paisaxes" a sala rompeu a forza de aplausos. En 1972 Benedicto traba amizade con José Afonso, que a instancias do cantautor galego actúa en maio en Compostela, onde estrea o seu Grândola, vila morena. Nos anos seguintes José Afonso e Benedicto actuarían xuntos en numerosas ocasións.
Voces Ceibes desfíxose como tal grupo en 1974, pero Benedicto seguiu cantando. En 1977 edita Pola Unión, e en 1979 Os nomes das cousas, pero coa chegada dos oitenta comeza a abandonar pouco a pouco a música, coincidindo co final do tempo dos cantautores. Benedicto foi, tanto ou máis que músico, mestre, sindicalista e activista social, un activismo que nunca abandonou.
A homenaxe deste xoves coincidirá co aniversario do famoso concerto da Coruña con Bibiano. Un recital que se viviu coa tensión e a emoción dun tempo aínda de ditadura, seis meses despois da morte de Franco e un ano antes das primeiras eleccións. O "está caendo toda a túa dentadura" (cantada polo público como ditadura) de Can de Palleiro conseguía eludir a aínda moi presente censura e botaba abaixo o teito do recinto. O mesmo que os berros de ?amnistía e liberdade? ou a canción dedicada a "Amador e Daniel". O propio Benedicto describiu o ambiente vivido aquel día: "ademais dos espectadores que enchían as gradas e boa parte do patio de butacas, había un cordón de uniformados que non pagaran entrada e que rodeaban, esta vez sen cabalos, a tódolos asistentes. Nun momento do acto un mozo sae de entre o público das gradas cunha bandeira, non lembro se roxa ou tricolor, e inicia unha carreira cara o escenario onde Bibiano e máis eu mantiñamos un acorde rítmico coas guitarras en espera de inicia-lo canto de ?Amador e Daniel?. Os policías de paisano preparados no patio de butacas lánzanse sobre o rapaz. Nese instante o graderío vense abaixo de berros e asubíos. Os polis desisten e o rapaz coloca a bandeira no escenario. Nós seguímo-la cantarela, logo doutra tanda de berros".
Terza feira 24 (Martes)
? Cristina Pato na Praza maior de Ourense ás 22:30
Corta feira 25 (Mércores)
? Lulavai na Praza do Ferro de Ourense ás 21:00
Quinta feira 26 (Xoves)
? Treixadura nas festas da Estrada
? Foliada na praza 8 de marzo (Compostela): Carapaus, Pandeiromus, Os de abaixo ás 22:00
Sexta feira 27 (Venres)
? Presentación do proxecto Elelelos (Músicas de tradición oral no Concello de Bueu) no Centro Social do Mar de Bueu ás 20:00
? Ultraqáns e A banda de Andrelo no Garufa (A Coruña) ás 22:30
? Sacha na Horta, Os John Deeres, Familia Caamagno na praza 8 de marzo (Compostela) ás 22:00
? Faltriqueira na Praza Alfredo Brañas (Cambados) ás 24:00
? Cantos de taberna en Pontevedra
? II Foliada da Pastoriza
Sábado 28
? Coral de Ruada na Catedral de Ourense ás 20:30
? Abóbriga e Pelepau en Chaín (Gondomar) ás 23:00
? A Bagunda na Taberna Rianxeira (Vigo) ás 23:00
? Treixadura en Codeso (Boqueixón)
? Os Esquíos no pub Rockers (A Estrada)
? Serán do Fiadeiro en Santa Mariña de Cabral (Vigo)
Domingo 29
? Berroguetto no Teatro Garcia Barbón (Vigo)
? Coral de Ruada e Os Melidaos na Praza maior de Ourense ás 23:00
Este venres, 27 de xuño, estréase oficialmente o proxecto Elelelos: Músicas de tradición oral no Concello de Bueu, en concerto. Será ás 20.00h, de balde, no Centro Social do Mar, no centro da vilamorracense.
O espectáculo estará centrado na interpretación das pezas do disco por parte dos músicos da Asociación Cultural Retrouso de Cela, responsables da iniciativa, aínda que, por ser a presentación oficial contará con varias sorpresas especiais.
A primeira será que haberá un recoñecemento público a todas e todos os informantes das que se recolleron as voces e pezas para compoñer o proxecto, facendo subir ao escenario aos que estean no evento para darlles de xeito simbólico o agasallo dun disco a cada un, como escusa para recibiren o aplauso e recoñecemento do público asistente.
Tamén, no transcurso do concerto, contaráse coa participación activa de tres dos infromantes: Paco Piñeiro e Seso Pesquella, que tocarán a filharmónica; e María do Caño, veciña da Illa de Ons, que interpretará unha peza acompañada por Guillerme Ignacio coa zanfona e outra máis coa súa pandeireta.
Agárdase unha grana fluencia de público, polo que se convida aos interesados a ir con certa antelación para poderen entrar. No caso de que se supere o aforo, a seguinte oportunidade de ver o espectáculo de Elelelos será o sábado 12 de xullo, no eirado de Cela, no Festival Retrouso.
Sobre Elelelos
O proxecto Elelelos contén dous discos. O primeiro é una escolma das recollidas de campo que os membros de Retrouso de Cela levan facendo a xente maior durante os últimos 15 anos en todos os recunchos de Bueu. Inclúe música de gaita, filharmónica, pandeireta e sobre todo moita música vocal. Cantares do ciclo da vida (arrolos, xogos) e do ano (reis, panxoliñas, cantares do entroido); un enorme repertorio de cantares e tocatas para o baile... Unha compilación que chega aos 47 cortes e que pretende achegarao público en xeral e aos estudosos en particular a achegarse ás músicas de raíz deste pequeno pero interesante concello morracense.
O segundo disco é un tributo de Retrouso tanto ás músicas do concello de Bueu coma aos seus portadores, os informantes. Nelhai 14 pezas tradicionais reinterpretadas por músicos da agrupación de Cela, e conta tamén coa participación especial de María do Caño, grande cantadeira da Illa de Ons que interpreta un antigo romance acompañada da zanfona de Guillerme Ignacio.
INÍCIATE NO MUNDO DO VIOLÍN EN SSF14
A organización prestará un violín aos participantes
O SSF14 abre un grupo limitado para aqueles nenos e nenas que queiran iniciarse no mundo do violín do xeito máis divertido. A asociación cultural Galicia Fiddle, organizadora do curso, pon a dispor dos mozos e mozas un instrumento durante a semana que dura o SSF, prolongando o préstamo do mesmo durante todo o verán sen custe algún. O sistema empregado polos organizadores consiste en utilizar violíns preparados dun xeito que lles permita facer un acompañamento sinxelo, utilizando cordas ao aire e empregando un só dedo. Deste xeito poderán incorporarse en tan só unha semana ao conxunto formado polos rapaces máis avanzados, quen interpretarán a melodía principal.
Este sistema xa foi empregado na primeira convocatoria do SSF no ano 2012 con grande éxito, permitindo aos principiantes formar parte do concerto final xunto cos seus mestres e demais compañeiros. No ano 2013 non se puido abrir este grupo por seren cubertas aos poucos días de abrir o prazo de inscrición todas as prazas por alumnos con experiencia mínima dun ano.
Este ano o SSF abre de novo a posibilidade de inscrición para alumnos non iniciados dado que, ante a grande demanda dos pasados anos, ampliouse o número de participantes e incorporáronse tres novos voluntarios, mestres de violín, que se encargarán deste grupo especial.
O grupo de iniciación abrangue nenos e nenas de 7 a 18 anos.
GRUPO INFANTIL E XUVENIL
Este ano o SSF distribuirá aos participantes en dous grandes grupos, un infantil, de 7 a 12 anos e outro xuvenil, de 13 a 18. Deste xeito haberá talleres e actividades enfocadas para os máis novos ás que non asistirán os adolescentes, quen por outra banda disporán dun réxime horario diferente e gozarán de maior tempo libre para poder practicar co seu instrumento, organizar grupos musicais para actuar nos concertos organizados na illa ou tocar cos seus mestres nas foliadas que puideran xurdir despois das ceas.
UN LUTHIER NA ILLA
O prestixioso construtor de violíns José Catoira, membro da asociación Galicia Fiddle, revisará os instrumentos dos cativos para que estean a punto para os concertos do sábado e domingo, e tamén impartirá un taller de mantemento e coidados básicos dos instrumentos e dos arcos.
CONCERTO A BORDO DUNHA GOLETA CENTENARIA
O remate do SSF 14 será espectacular, preto de cen músicos de corda a bordo dunha goleta a vela surcarán a ría de Vigo interpretando as melodías aprendidas durante a semana de curso, para rematar ofrecendo dous concertos dende o mar para o público asistente que o gozará dende os peiraos de Cangas e Vigo o domingo 13 de xullo.
Nestes concertos participarán os alumnos pero tamén os seus mestres, de recoñecido prestixio internacional no mundo do folk: Anxo Pintos, Begoña Riobó, Xosé Liz, Alfonso Franco, etc., todos eles mestres da escola municipal de música folk e tradicional de Vigo ETRAD.
IRMANDADE CUN FIDDLE CAMP DE FLORIDA
O pasado ano fixeran un intercambio vía skype cun fiddle camp de Ashland, Oregón. Este ano tócalle a quenda á costa leste dos Estados Unidos; así, o SSF fará un irmandamento co MIKE BLOCK STRING CAMP de Vero Beach, no estado de Florida.
Se ben nesta ocasión o contacto entre Galicia e EUA non vai ser só virtual, pois unha nena de Porriño, estudante de violín na ETRAD (escola municipal de música tradicional e folk de Vigo) asistirá convidada ao prestixioso Fiddle Camp dirixido por Mike Block (mestre no máis importante centro de ensino de música popular do mundo: Berklee College de Boston).
Elena Troncoso, de 15 anos, terá a sorte de participar nun fiddle camp no que imparten clase os mellores profesionais do mundo do fiddle: Hanneke Cassel, Rushad Egglestone, Brittany Haas, Mike Block, Casey Driessen, etc..
Ela será encargada de ensinar un par de pezas de música tradicional galega aos asistentes ao curso de Florida.
A súa vez, unha moza chelista de 15 anos, residente en Florida, e chamada Samantha será invitada a participar durante unha semana na illa de San Simón onde aprenderá música tradicional galega e tamén fará o propio ensinando aos asistentes a SSF un par de melodías tradicionais de norteamérica.
Un dos momentos cumios do SSF deste ano terá lugar na noite do xoves, cando vía skipe os dous fiddle camps conecten ao vivo e intercambien as melodías aprendidas grazas a Elena e Samantha, quen serán as embaixadoras da irmandade de dúas culturas separadas polos 7000km do Océano Atlántico e unidas pola música.
Luar na Lubre e a Orquestra Sinfónica de Galicia estrearon no Pazo da Ópera o espectáculo "Torre de Breoghán", que rescata un relato épico da cultura celta para levármonos de viaxe a través da lenda dos Milesiáns a bordo dunha nave mecida pola música.
"Estamos encantados de poder presentarvos "Torre de Breoghán", un proxecto multidisciplicar no que non só escoitaredes a música, senón que tamén a veredes."
Música e efectos visuais fúndense nesta ambiciosa produción artística que xirará por España e por Europa con outras orquestras e terá unha versión CD. O realizador Jorge Coira dirixirá un filme sobre o espectáculo, un acontecemento musicial inédito que o poeta Xabier Cordal recollerá nun libro.
O Intercéltico descobre talento
O festival de Moaña abre o prazo para a segunda edición do seu concurso de grupos noveis de folk
A organización do Festival Intercéltico do Morrazo, que se celebrará os vindeiros días 25 e 26 de xullo en Moaña, ultima a preparación do evento do xénero cunha traxectoria máis dilatada en toda Galicia. Este ano cúmprese a súa edición número 30 e o Concello ten a intención de ofrecer unha programación especial. Mentres tanto, repetirán a experiencia do ano pasado organizando un concurso para grupos noveis que descubra aos conxuntos que marcarán o futuro da música folk. Os organizadores abriron o prazo para a presentación de grupos ao concurso e lembra que o ano pasado este certame tivo moi boa acollida e deu a oportunidade de "compartir cartel con bandas xa consagradas, como foi o caso de Outra vaca no millo de Os Perucos".
A concelleira de Cultura, Colomba López, indica que o obxectivo de consolidar este concurso está en "seguir a ser unha plataforma de difusión de novos creadores, que teñen moito potenciar e, ás veces, contan con poucas oportunidades para demostralo".
Para poder participar as bandas deben estar integradas por un máximo de seis compoñentes, cun repertorio baseado na música tradicional galega. Así mesmo o repertorio debe ser orixinal. O grupo que resulte gañador actuará durante 30 minutos como teloneiro da cabeza de cartel nun dos dous días, percibirá tamén unha pequena compensación económica en concepto de gastos de desprazamento e manutención.
Os aspirantes deben enviar as súas maquetas, acompañadas dun pequeno texto que explique o estilo musical e os nomes dos integrantes a unha dirección de email. A data límite é o 6 de xullo. Ao día seguinte darase a coñecer o nome do gañador.
Antes de facer público o cartel definitivo, Colomba López asegura que esta edición do Intercéltico "será moi especial, porque xa é unha cita obrigada non verán galego e dá música folk en toda Europa". Milladoiro e Treixadura lideraron o cartel de 2013.
Prioridade
Asegura que este evento é prioritario para o seu departamento, "porque é unha investimento en se mesma e contará coa asistencia de xente de toda Galicia. En próximas datas coñecerase o cartel definitivo "con músicos de primeira orde no panorama internacional". A páxina web do evento e as redes sociais serán unha ferramenta importante á hora de promocionar este festival na edición de 2014.
A nave de Berrogüetto está a piques de atracar pero a súa música seguirá a ser unha errante nos camiños das lembranzas. O vindeiro domingo, Vigo recibe a banda e a meirande parte dos seus excompoñentes no último concerto da xira de despedida. Pasaron 19 anos dende aquel Navicularia e o vigués Anxo Pintos, fundador, fai balance.
-Que gardan para este directo?
-Imos en orde cronolóxica inversa á saída dos nosos traballos discográficos nunha especie de fuxida á Ítaca da que saímos hai 19 anos. No escenario, estará a meirande parte da xente que pasou polo grupo. Estamos moi pendentes do que suceda con Guadi Galego. Está a punto de acabar ou renovar unha baixa polo seu avanzado estado de xestación. Ela, desde logo, ten moitas ganas, tantas coma nós, de estar neste último concerto.
-Entradas esgotadas dende hai días. O público debeuse volcar máis co grupo nestes anos?
-Moita xente cando se enterou de que o deixabamos, dirixíase a nós dun modo un tanto lutuoso case como se lles morrera un familiar. Moitos nos comentaran que formaramos parte da banda sonora da súa vida, que fixeran o amor coa nosa música, que fixeran os seus fillos coa nosa música, que casaran con ela... É normal que sendo só cinco concertos e en teatros con aforo limitado que eses lugares se enchan. É certo que no momento que vivimos coa única posibilidade de ir á taquilla e os poucos festivais dispostos a programar a música como a que fai Berrogüetto non son suficientes para manter a estrutura empresarial do grupo. Nestes últimos anos, atopámonos con que o mercado é pouco propicio para seguir esta filosofía. Evidentemente, hai que buscar máis recursos fóra do grupo o que supón unha merma de atención cando sempre nos puxemos un grao de esixencia alta para o noso produto. A mellor maneira de non comprometer o que lograramos era saber dicir adeus.
-Cambiou moito o público dende aquel 1995 cando empezaron.
-Agora hai moi poucas posibilidades de levares ti as rendas da túa música. Unha das consecuencias da dixitalización dos soportes é que ti perdes o control de como queres que se ofreza a túa obra. Nós sempre traballamos de forma moi conceptual, entendendo cada disco coma unha obra de arte. Todo iso pérdese nesta arte 3.0 na que o consumidor elixe en que orde consume as cancións. Non hai suficiente paciencia para abrir un libreto e ollar para todo ese microuniverso dun disco, nin para escoitalo atentamente. A xente non quere escoitar un concerto se non participa. Os grupos que mellor funcionan son os que permiten facer karaoke con eles. Asistimos á disolución do concepto romántico da arte e do artista, vixente dende o periodo romántico ata finais do século XX. Hoxe en día iso xa non existe nin vai volver existir. Hai un cambio de xeración e de modo de consumo.
-Tocan no antigo García Barbón, onde se estrearon. Será un momento duro?
-É un momento cunha parte doce e outra menos doce. Chegamos ó final dun proxecto engaiolante de 19 anos. Facémolo onde presentamos Navicularia, aquel primeiro disco. Cando rematamos, houbo unha ovación que non paraba tras minutos e minutos... unha sensación de que estabamos creando unha música unida a emocións, unha paisaxe, a unha idiosincrasia e un país, foi algo que fixeran os grandes Milladoiro. Ímonos despedir cun sorriso e seguramente cos ollos cheos de brillo por unhas bágoas que pretenderán asomarse pero felices por unha comunición coa sociedade que chega ós nosos días.
The Chieftains e Milladoiro son o prato forte dun festival folk que se atrasa ao 17 de xullo
Músicos míticos dos 70 para 2014. Ortigueira celebra este verán o 30 aniversario do seu festival celta tirando de arquivo cunha volta ás bandas pioneiras e históricas da música folk da man de dúas bandas que non necesitan presentación entre os devotos da gaita.
The Chieftains e Milladoiro son os pratos fortes da XXX edición do Festival do Mundo Celta de Ortigueira (do 17 ao 20 de xullo) e lideran un cartel dunha edición para o recordo, en palabras dos seus promotores, que o presentaron este venres coa lema "Lévalo dentro. Sínteo".
É a volta ás raíces da música de raíz tras algúns anos erráticos de experimentos errados que lle restaron empaquetado a un festival que é Festa de Interese Turístico Internacional e que a principios de século pulverizaba os rexistros de público con máis de 100.000 almas folkies -novas e non tanto- peregrinando entre o piñeiral de Morouzos e o porto dun municipio que rolda os 6.000 veciños e apenas pasa de dous mil no centro urbano onde se coloca o escenario.
Veteranos pero aínda 'xefes', The Chieftains tocaron por primeira vez en Ortigueira en 2004 e regresan unha década despois (19 de xullo) polo interese do seu líder, Paddy Moloney, en volver a Galicia ao facilitar a negociación, explicou Alberto Balboa, coordinador musical do evento. Precederaos Milladoiro, que toca a noite anterior (18 de xullo), nun escenario que xa pisaron outras dúas veces no 2000 e 2007. A síntese de toda unha institución do folk en Galicia cunha longa historia que arrincou en 1978.
O cartel dos trixésimos aniversarios de Ortigueira complétano os irlandeses Moxie, Badag Kemper, a Treacherous Orchestra (Escocia), entre outras bandas, xunto a músicos patrios como Pepe Vaamonde, Anxo Lorenzo ou o quinteto Bellón&Maceiras, ademais da escola local de gaitas que abre, ano tras ano, a cita e pecha un desfile de nove bandas que lle bota o peche ao festival a mañá do domingo 20.
Entre as novidades desta edición, un obradoiro de danza irlandesa, concursos rueiros de gaita solista e de cuartetos tradicionais ademais dun curso de verán da Universidade de Santiago: 'Industria musical en Galicia. Identidade e novas tendencias'.
Nestas tres décadas, o que non cambiou en Ortigueira é que todo o festival é de balde. Aínda que arrastra os flocos da crise cun orzamento mermado con respecto a edicións pasadas (400.000 euros) os concertos e a zona de acampada son, como outrora, gratuítos. Nin aforamentos nin entradas para catro días de festa, tres noites de concertos e 15 grupos a escena entre os que se contan tres bandas noveis: Xabi Aburruzaga Band (Euskadi) e os galegos Tiruleque e o Cuarteto Caramuxo, que se disputan o Runas, o concurso para emerxentes que lles vale un premio en metálico e o pasaporte directo ao escenario do 2015.
Si haberá que pagar, en cambio, polo bus urbano que comunica o piñeiral da acampada coa zona de concertos (1 euro) e que adoitaba correr por conta do municipio. Tamén se cobrará por aparcar nos estacionamentos vixiados nas dúas entradas do pobo.
O festival promóveo o Concello de Ortigueira, co respaldo de Xunta e Deputación, e o patrocinio de Gadisa ou Coca cola, entre outras marcas. O consistorio abriu esta semana unha bolsa de emprego temporal para desempregados da zona. Facilitarán a lista á empresa que requiran persoal para hostalaría, carga e descarga, montaxe, limpeza ou mantemento que se xera a partir do festival e da marea humana que desborda a vila de Santa Marta de Ortigueira e a zona da praia.
Sexta feira 20 (Venres)
? II Festival Dálle Donaire no Forum Metropolitano (A Coruña) ás 19:30
? Acto-concerto homenaxe a Treixadura no Auditorio de Vilagarcía de Arousa ás 20:30
? Rock in Freixo (Valadares-Vigo): Vacalouras, Saldos Arias, Os Podridos,...
? Berroguetto no Auditorio Gustavo Freire (Lugo)
? Sés e Balakandra no C. C. A Pontevella (Pontevea - Teo)
? II Serán de Pantiñobre (Arzúa)
Sábado 21
? Son do Barbansa (Aguiño-Ribeira): Heredeiros da Crus, Terbutalina, Familia Caamagno, Tevra,...
? III Festival Augas Santas (Ermo-Barreiros): Ultraqans, Sacha na horta, Tumba e dálle,...
? Luar na Lubre coa OSG no Pazo da Ópera (A Coruña)
? Os Carunchos no pub Gatos (Melide)
? Dios Ke Te Crew no Garufa Club (A Coruña)
? Cantata Vernácula no Liceum (O Porriño)
? Banda Baile Asalto na praza da Leña (Pontevedra)ás 21.00
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
? Serán da beira do mar (Baiona)
Domingo 22
? Luar na Lubre coa OSG no Pazo da Ópera (A Coruña)
? Milladoiro en Ponteareas, na Praza Maior ás 23:00
Hoxe venres tedes todos unha cita co II serán de Pantiñobre, a partires das 21:00 obradoiro de repenique de campás e a partires das 22:30 actuación de Os Do Pilón e despois foliada libre, non deixedes os vosos instrumentos nin as ganas de bailar na casa!!! Pinchos de balde, sorteo de un año ata que toque e prezos mais que populares. Será no campo da festa de Pantiñobre
Luar na Lubre e a Orquestra Sinfónica de Galicia estrearán no Palacio da Ópera da Coruña os vindeiros días 21 e 22 de xuño o espectáculo de ?Torre de Breogán?, un ambicioso proxecto que inclúe un espectacular directo que recrea unha ancestral historia épica con A Coruña, Galicia e Irlanda como protagonistas. Unha viaxe única a través da lenda dos Milesians a bordo dunha nave mecida pola música.
Para Bieito Romero, líder de Luar na Lubre trátase dun ?soño cumprido, un proxecto inspirado na historia da nosa cidade cunha das mellores orquestras españolas e europeas. Trátase de ofrecer calidade a través da maridaxe de dous referentes galegos a nivel musical?.
Este concerto xirará por España e por Europa con outras orquestras e terá unha versión CD, un filme dirixido por Jorge Coira e un libro con textos do poeta coruñés Xabier Cordal. Os arranxos corren a cargo do músico coruñés Nani García, a dirección musical a cargo de Diego García, a escenografía é cousa de Franc Aleu e o deseño das ilustracións, de Estefanía Cagigao.
A ruta dos Milésians
Coma se dun marabilloso descubrimento arqueolóxico se tratase, o grupo folc Luar Na Lubre rescata un relato épico da cultura celta para dar forma a un espectáculo onde música e efectos visuais se funden nunha especial alquimia. ?Torre de Breoghán? será un acontecemento musical inédito, unha versión orquestrada do mellor da banda galega, coa Orquestra Sinfónica de Galicia como acompañante de luxo.
A historia que narra está inspirada no libro Leabhar Ghabhala Eirean (Libro das Invasións), un documento excepcional recollido da tradición oral irlandesa e transcrito polos monxes cristiáns desta illa no século XI. Nel relátanse, por orde cronolóxica, as diferentes invasións que foron sucedéndose en Irlanda. A última delas é a dos Milesios, que desde a cidade de Brigantia (actual A Coruña) partiron cara á illa despois de que Ith, fillo do caudillo Breoghán e líder Milesio, a descubrise logo de divisala desde o alto da torre que leva o nome do seu pai, a Thor Breoghán, que podería ser a coñecida actualmente como Torre de Hércules.
Guerreiros, embarcacións, druidas, feitizos... Torre de Breoghán será unha experiencia única e sobrecolledora, unha viaxe mítica para calquera amante da música e da cultura. Luar Na Lubre embárcase nunha nova aventura na súa constante aposta por situar a música folc na vangarda da escena musical contemporánea.
O Festival de Ortigueira convoca os concursos RUNAS de CUARTETOS TRADICIONAIS GALEGOS E DE GAITA SOLISTA
(O prazo de inscrición é do 5 o 30 de Xuño de 2014)
Como unha novidade desde ano, O Festival de Ortigueira convoca os concursos de CUARTETOS TRADICIONAIS GALEGOS E DE GAITA SOLISTA.
O concurso de CUARTETOS TRADICIONAIS GALEGOS, poderán participar todos os grupos que o desexen independentemente da súa orixe ou procedencia.
O Cuarteto estará formado por DÚAS GAITAS, TAMBORIL E BOMBO. Os requisitos de participación sinálanse nas bases.
Establecense tres importantes premios: Primeiro 1.500 euros. Segundo 700 euros e Terceiro 500 euros.
Admitiránse un máximo de dez cuartetos e o prazo finaliza o dia 30 de xuño deste ano. As prazas serán por orden de inscrición.
O prazo de inscrición ábrese o dia 5 de xuño as 00 horas. Non se admitirán inscricións anteriores.
A inscrición será exclusivamente a través do correo electrónico "concursos.festival@concellodeortigueira.com".
O concurso de GAITA SOLISTA, tamén é outra das novidades deste ano, e poderán participar os gaiteiros que o desexen, a marxe de seu orixe o procedencia.
Establecese unha única categoría sen limites de idade. Non se poderá levar ningún tipo de acompañamento.
Non se esixe determinado tipo de gaita, senón que admítense todos os tipos.
Deberán interpretarse tres pezas, unha de ritmo libre, outra de 6/8 e outra en compas binario.
Establecense tres importantes premios: primeiro 1.500 euros, Segundo 700 euros e Terceiro 500 euros.
Toda a información está nas bases publicadas na paxina web do Festival, sección RUNAS.
O prazo finaliza o 30 de xuño a ábrese o dia 5 de xuño as 00 horas. Non se admitirán inscricións anteriores.
A inscrición será exclusivamente a través do correo electrónico
"concursos.festival@concellodeortigueira.com"
Que mellores embaixadores para levar por Galicia adiante esta nova edición das ?Mil festas máis para a lingua galega? que Treixadura? O seu galeguismo musical ? estético e de dignificación do cancioneiro popular- é un modelo a imitar, como no seu día foi o exemplo de Xoán Montes, Pascual Veiga, os grandes compositores que tivo o noso País, ou Perfecto Feijóo, o iniciador da escola orfeonistica que en Galicia tivo tanto predicamento nas sociedades culturais e recreativas do primeiro terzo do século XX.
?Treixadura? será homenaxeado pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia nun acto que se celebrará o próximo día 20 ás 20:00 horas no auditorio municipal de Vilagarcia que inclúe un concerto deste grupo musical. Entrada de balde.