Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chega a fin de semana

Sexta feira 28 (Venres)
• Derrame Rock (Ourense): Ruxe-Ruxe, Bastards on parade, Escuela de Odio, Reincidentes, Def con Dos, Boikot, ...
• I Festival Rural Moulla Rock en Boado (Xinzo de Limia): The Skarnivals, The Tetas’ Van, Çe orquestra Pantasma
• Dandy Fever e Transilvanians na Sala Garufa (A Coruña) ás 22:00 Adiado
• Narf na Biblioteca dos Tilos en Teo ás 22:30
• Ataque Escampe na sala Super 8 (Ferrol) ás 23:00
• Xosé Constenla no Salón Teatro (Compostela)
• Som do Galpom, Nao e Malandrómeda
nas Festas do barrio de San Pedro (Compostela)
• Cantos de Taberna en Pontevedra
• Estalotada na Rúa San Pedro (Compostela)

Sábado 29
• Derrame Rock (Ourense): Los Suaves, Porretas, Miguel Costas, Skarallaos, A Compañía do Ruido, Terbutalina,...
• The Tetas’ Van nas Festas do barrio de San Pedro (Compostela)
• Festa da República galega (Ordes): O Leo e Arremecághona, Çe orquestra Pantasma e Xenderal
• Banda Crebinsky na Praza maior de Ourense ás 23:00
• Taghaitai en Ferrol
• Radio Cos no Liceum (O Porriño)
• Abóbriga no Furancho da Balsa (Vigo)
• Noitarega en Viladesuso (Oia) ás 22:00
• III Serán na Asociación de Veciños de Sampaio de Lavadores (Vigo)

Domingo 30
• XXXIV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina na Coruña
Cancelado
• Romaría nas Festas do barrio de San Pedro (Compostela)
• Coral de Ruada na Praza Maior de Ourense ás 22:00
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 28-06-2013 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
Café da memoria: Gaiteiras (Museo do Pobo Galego)
CAFÉ DA MEMORIA.GAITEIRAS
O Museo do Pobo Galego celebra unha nova edición deste programa que recolle os relatos das persoas que son fonte viva da nosa historia recente


Xoves 27 de xuño ás 18:00

"Moitos pensaban que tiña que estar na casa, coidando dos fillos". Estas palabras de Maruxa de Os Rosales expresan moi atinadamente o que a xente pensaba ao ver a unha muller nun escenario ou tocando nas festas. A percusionista do grupo de gaiteiros de Asados-Rianxo nos que tamén puña a voz, xunto a Teresa, Maribeni, Conchita e Mª Carmen, as gaiteiras do grupo Saudade son as protagonistas dunha nova edición do Café da Memoria que mañá vai celebrar o Museo do Pobo Galego dedicado ás gaiteiras.Estas mulleres foron pioneiras como músicas profesionais dentro da música tradicional e popular dando un paso adiante desde as súas respectivas formacións musicais nunha época no que o mundo da música profesional era fundamentalmente masculino. Foron e son referentes sociais para a superación de estereotipos de xénero que van contar a súa experiencia este xoves 27 de xuño ás 18h00 no Museo do Pobo Galego.

O Café está dentro das actividades ao abeiro do convenio do Museo co Concello de Santiago de Compostela

Participar nesta actividade é de balde.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-06-2013 11:50
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto dos amigos da Coral de Ruada (Ourense)
O xoves, día 27 de xuño, a Coral de Ruada ofrece o seu tradicional Concerto dos Amigos no Teatro Principal de Ourense, ás 20.30 horas.

Os amigos da coral poderán recoller as invitacións para asistir ao concerto na taquilla do teatro, os días 25, 26 e 27 de xuño de 11.30 a 13.00 horas, previa identificación como amigo da Coral.

As invitacións non retiradas polos amigos do grupo serán ofrecidas ao público o mesmo día do concerto, 27 de xuño, de 19.30 a 20.30 horas.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-06-2013 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Traspés no Racimo (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-06-2013 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Narf en Teo

'Música nos Tilos' 2013 remata co concerto de Narf este venres

Fran Pérez, Narf, pecha o ciclo de concertos 'Música nos Tilos'. Será este venres 28 de xuño ás 22:30 na Biblioteca dos Tilos e con entrada de balde cando poidamos gozar dos temas deste grande artista, que repasará as mellores pezas da súa carreira e interpetará algunhas inéditas, que proximamente prevé incluir nun novo traballo.

Narf fará un concerto recopilatorio este venres nos Tilos. Poderemos escoitar unha selección dos mellores temas da súa traxectoria ademais dalgúns inéditos, que prevé incluir nun novo disco. Será ás 22:30 horas e con entrada de balde -aínda que se pode colaborar co Banco de Alimentos de Teo achegando algún produto non perecedeiro- cando poderemos escoitar . A actuación enmárcase no ciclo 'Música nos Tilos' que organiza o Concello de Teo e promove Imperdible Servizos Culturais.

Compositor e intérprete que reparte a súa actividade entre o mundo da canción, a composición por encargo e o teatro. Publicou tres discos baixo nome artístico de NARF, Aló irmao, Totem e Narf directo en Compostela. Músico multidisciplinar, recentemente participa tamén como actor na montaxe do CDG A Ópera dos Tres Reás, de Bertold Brecht e Kurt Weill, protagonizada por Luís Tosar, ademais de ter sido un dos fundadores da Sala Nasa, entre outros proxectos.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-06-2013 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
Ataque Escampe en Ferrol
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-06-2013 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de curso da Tradescola (Lugo)
O vindeiro venres día 28 de Xuño a partir das 20.00 h, celebraremos o final de curso cun concerto que terá lugar na Praza de Anxo Fernández Gómez (detrás do Concello de Lugo). Esta actividade na que actuarán alumnos e profesores da Tradescola porá peche ao curso 12/13.

A TRADESCOLA contou durante este curso con máis de 220 alumnos matriculados, e o seu equipo docente estivo formado por 9 mestres encargados de impartir as aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, e linguaxe musical. Os mestres implicados foron Bruno Villamor, Mª Carmen Saborido, Luis Correa “ O Caruncho”, Xerardo Quintela, Xabier Iglesias, PedroDavid Lamas, Begoña Lorenzo, Xela Conde, e Xose Lois Romero Cajigal.

RESERVA PRAZAS PARA O VINDEIRO CURSO

Informamos asimesmo que a Tradescola ven de abrir o periodo de reserva de prazas para o vindeiro curso 2013/2014.

Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Centro Lug 2 (Rúa Pintor Corredoira Nº 4 - LUGO), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-06-2013 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna en Pontevedra
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-06-2013 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Taghaitai en Ferrol
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-06-2013 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Gravación en directo do novo disco de Xosé Constenla (Compostela)
O 28 de xuño de 2013 pecho -no Salón Teatro de Santiago dC- unha xira de 18 concertos que me levaron por todo o país xunto ao pianista Javier Constenla. Quero aproveitar está ocasión para rodearme dunha banda de músicos de primeiro nivel e gravar ao vivo e en directo ese concerto que se convertirá no meu terceiro traballo discográfico.

Para que esa noite sexa aínda máis especial, voume acompañar doutros cantautores, músicos e artistas convidados entre os que xa están confirmados Javier Bergia (Madrid), Litus (Barcelona), Roberto Sobrado (Santiago dC) e César de Centi (A Coruña). Agardo que aínda haxa algunha sopresa máis!!

A banda está composta por músicos como Javier Constenla (piano), Leo Gianetto (guitarras), Rober Vázquez (batería) e Kike Calzonetii (baixo). Tamén contarei con artistas solistas para temas puntuais.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-06-2013 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Noitarega en Viladesuso (Oia)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-06-2013 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de interpretación de gaita con Pablo Devigo (Madrid)

Curso de interpretación de gaita con Pablo Devigo na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid os días 29 e 30 de xuño.

A Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela organiza un obradoiro de interpretación de gaita para os días 29 e 30 de xuño nas súas instalacións da Avda. de Córdoba. Está dirixido a todos os gaiteiros interesados en mellorar a súa interpretación, a súa técnica e corrixir certos aspectos ou a todos os gaiteiros en xeral que queiran coñecer as novas tendencias na gaita galega. Fai falta ter uns mínimos coñecementos previos aínda que non é necesario ter un nivel avanzado para inscribirse e vai ser fundamentalmente práctico (existe a posibilidade de inscrirse como alumno oínte no caso de non ter coñecementos previos).
Para realizalo contaremos, de novo este ano, coa presenza de Pablo Devigo, o recoñecido e laureado gaiteiro de Castro Caldelas e que está chamado a ser unha referencia importante na gaita galega. A súa forma de tocar e concepción da gaita cambiou o panorama ao buscar novas fronteiras tanto na interpretación como na composición.

Neste curso de interpretación haberá traballo individual con Pablo Devigo da interpretación de temas propostos polo alumno en cada nivel.

Esquema do curso:

- Saúde e práctica postural.
- Sistemas e técnicas de afinación.
- Técnicas de estudo.
- Articulación e ornamentación.
- Traballo de aspectos interpretativos sobre o repertorio proposto polo alumno.

O prezo é de 85 euros para os alumnos activos (65€ para os alumnos da Escola A Píntega Marela) y de 55€ para os alumnos oíntes (40€ para os alumnos da Escola A Píntega Marela). Facilitarase material didáctico e ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo.

As prazas son limitadas segundo a orde de preinscrición.

Máis información en apintegamarela@gmail.com , www.juanluna.es ou en www.apintegamarela.org
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 27-06-2013 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
I Festival Dálle Donaire (A Coruña)
I Festival "Dálle Donaire" - Mércores 26 de Xuño ás 19:30 horas no Centro Ágora de A Coruña

Para facer unha mostra dos grupos cos que conta a Asociación Cultural Donaire, o mércores 26 de Xuño deste 2013, celebraremos no auditorio do Centro Ágora este festival.

En escea, máis de cen compoñentes de Donaire, no que será un reto loxístico, xa que actuarán todos ataviados co traxe galego. Multitude de bailes, gaitas e pezas cantadas no que será unha exhibición do estado da asociación hoxe en día.

Tratará este festival dos oficios máis típicos da nosa terra, e tanto poderemos ver aos alumnos da escola interpretando cancións recuperadas de cando se facían estas labores como bailes de nenos dende os 5 anos ata os máis maiores do grupo, imaxe do asociacionismo e compañeirismo que velan na agrupación.

As entradas están á venda nas canles habituais, Servinova e billeteira da Praza de Ourense, ademáis de no Ágora o propio día do espectáculo, cun prezo anti-crise de 2€ reducida e 3€ xeral.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2013 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Finou o cantante dos Esquíos


"Como algúns e algunhas saberedes, cancelanse todos os concertos de Esquíos, por que Moro o noso colega e cantante deixou de estar entre nós, que non morreu, porque para a xente que o queríamos non morrera xamais. Saúde!"

Esquíos



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2013 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Preinscricións na Escola de salitre (Xabier Díaz)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-06-2013 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Gaiteiro Técnico en Madrid
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 26-06-2013 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de construción de pandeiros cadrados en Ramirás
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-06-2013 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
Festas do barrio de San Pedro (Compostela)
O martes 25 comeza a 10ª edición das Festas do Barrio de San Pedro con máis de 40 actividades

Durará desde o martes 25 ao domingo 30 de xuño e haberá feira, romarías, orquestras, danza, pirotecnia, foliadas, folc, rock, teatro, contacontos, circo...


En canto a música, o panorama galego ao completo: Vaamonde, Lamas e Romero; Radio Cos, Lagharteiras (trad/folc); e Som do Galpom, Nao e Malandrómeda (pop/hiphop/rock), ademais de Mónica de Nut, orquestras, batucada...

Haberá un espectáculo pirotécnico ao compás dos sons electrónicos de Kull d’Sac

Máis de 150 voluntarias (elas son maioría) participan nestas festas levadas adiante co esforzo da veciñanza

Barrio de San Pedro, 21 de xuño de 2013. “Amor de barrio” é o lema das Festas do Barrio de San Pedro, que se celebrarán do martes 25 ao domingo 30 de xuño, con máis de 40 actividades en toda a zona. Organiza a Comisión de Festas do Barrio de San Pedro coa colaboración da Asociación Veciñal A Xuntanza, os Comerciantes do Barrio de San Pedro e os veciños e veciñas.

E, coma sempre, estamos diante das festas máis populares da cidade, levadas a cabo co esforzo dos veciños e veciñas. Máis de 150 voluntarias (si, elas son maioría abrumadora) fan posible unhas 40 actividades de todos os xéneros en cinco días días.

Programa do 2013: Do 25 ao 30 de Xuño

MARTES 25

20.30h INTERVENCIÓN. (No Cruceiro de San Pedro)
Grito Comunal. Entrega de credenciais as persoas gritadoras oficiais de barrio. De mércores 26 ao sábado 29, todos os días ás 20:30h, esteas onde esteas gritaaaaaaaaa!!!! (as persoas gritadoras oficiais poden acreditar a xente do seu entorno iniciándoos no grito).
21.00h IMPROVISACIÓN-TEATRAL. (Na Praza da Angustia)
The Momento Impro
23.00h MÚSICA-CINE. (No Cemiterio do Parque de Bonaval)
Banda Municipal de Música musicando a película: O Prestamista.

MÉRCORES 26
18.00h MÚSICA-INFANTIL. (No Museo do Pobo Galego)
Arrolos de Salitre
22.00h MÚSICA. (Na Praza da Angustia)
ACadaCanto
23.00h CONTACONTOS. (No Adro da Igrexa da Angustia)
Celso Sanmartín

XOVES 27
22.30h. FOLIADA. (Na Praza 8 de marzo)
Lagharteiras, Vaamonde, Lamas e Romero, Radio Cos

VENRES 28
17.00h. GANCHILLO. (Rúa de San Pedro-Concheiros)
Recubrimos de fío e lá de cores, os grises accesorios das nosas rúas
18.00h. TEATRO. (No Museo do Pobo Galego)
Hámster de Histeria Teatro
19.00h. PASARRÚAS E CONCERTO. (Na Praza de Home Santo)
Banda de Lousame
20.00h. PASARRÚAS E CABEZUDOS.
Tabernícolas
21.00h MÚSICA TRADICIONAL (Na Praciña de San Pedro)
Presentación da Murga “Os lobos do espacio
22:00 NOITE DO LASTRO. (Na Praza 8 de Marzo)
Som do Galpom, Nao e Malandrómeda

SÁBADO 29
11.00h. FEIRA.
11.00h. ALMORZO NA RÚA. (Na Praciña de San Pedro)
Cada quen leva algo e compartimos este momento
12.00h. PASARRÚAS. (Na Rúa de San Pedro)
Treboeiros da Muimenta
12.00h. CIRCO DE RÚA. (Na Rúa Concheiros)
Peter Punk A Chungatrona
12.30h. MÚSICA-INTERVENCIÓN. (Na Rúa de San Pedro)
Non te cortes coa ópera de Mónica de Nut
13.30h SESIÓN VERMOUTH. (No Torreiro)
Orquesta Canadá
14.15h. PASARRÚAS.
Habelas Hainas
17.00h. CIRCO DE RÚA. (Na praciña de San Pedro)
Peter Punk A Chungatrona
17.00h. DANZA-ORIENTAL. (Na Rúa Concheiros)
As Feiticeiras
17:00h. ROTEIRO POLO BARRIO (Sae da Praza 8 de Marzo)
Arte e historia a cargo de Compostela Offroad
19.00h. PASARRÚAS/ACTUACIÓN. (Na Rúa de San Pedro)
Grupo de música e baile tradicionais Brincadeira
18.00h. PASARRÚAS. (Na Rúa Concheiros)
Treboeiros da Muimenta
19.00h. BATUCADA. (Na Rúa Concheiros)
Batucada San Xerome
20.00h. ASTRONOMÍA NA BEIRARRÚA
20.30h. CONCERTO. (Na Rúa Concheiros)
The Tetas’ Van
21.30h. TEATRO. (Na Rúa Concheiros, no Colegio Juventud)
Carauta Teatro.
22.30h. VERBENA. (No Torreiro)
Orquesta Canadá
00.30h. PASARRÚAS PIROTÉCNICO.(Rúa dos Concheiros)
“Ragnarok” Kull d’Sac.

DOMINGO 30
10.00h. DEPORTE. II Romaría do Fútbol. (Campo de Belvís)
11.00h. PASARRÚAS.
Quarteto da Gentalha do Pichel
12.30h. CONTACONTOS. (No Centro de Interpretación Ambiental, no parque de Belvís)
Anxo Moure
12.00h. PASARRÚAS. (Rúa de Home Santo, Cruceiro, Praza 8 de Marzo, Praciña de San Pedro)
Grupo de Baile e Gaiteiros da Xuntanza
14.00h. ROMARÍA. (Parque de Belvís)
Os Estalotes, Xandobela
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Cerámica
Inchables
Polbo e Churrasco
20.30h INTERVENCIÓN. (Belvís)
Desconcerto de Gritos e Silencio en Sol Maior. Xuntaranse tod@s @s gritador@s oficiais acreditados e iniciados. Finalmente se efectuará a recollida de acreditacións para evitar apegos a acción sonoras excesivas.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-06-2013 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
Aniversario do pub Valenciaga (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 25-06-2013 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da República galega (Ordes)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-06-2013 22:47
# Ligazón permanente a este artigo
I Festival Rural Moulla Rock en Boado (Xinzo de Limia)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 25-06-2013 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
Derrame Rock (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 25-06-2013 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Cancelado o XXXIV Concuso de Baile Tradicional Xacarandaina
CANCELACIÓN DO XXXIV CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA.

A Xunta Directiva da A.C. Xacarandaina informa que:

Unha vez rematado o prazo de inscrición o pasado sábado 15 de xuño, o número de grupos inscritos non acada o mínimo esixido para poder realizar un concurso destas condicións. Polo tanto, vémonos na obriga de cancelar a celebración do XXXIV Concuso de Baile Tradicional previsto para o vindeiro 30 de xuño no Centro Cultural Ágora da Coruña.

O Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina lévase celebrando 33 edicións ininterrumpidas, cunha elevada participación tanto de grupos coma de público, polo que foi una decisión moi difícil de tomar pola nosa parte.

Pedimos disculpas a todos os participantes e a todo o público polas molestias que lle poidan ocasionar.

XUNTA DIRECTIVA DA A.C. XACARANDAINA.
Comentarios (5) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-06-2013 22:40
# Ligazón permanente a este artigo
XLVI Concurso de Gaitas de Ponteareas
Bases do XLVI CONCURSO DE GAITAS DE PONTEAREAS

A celebración do Concurso de Gaitas de Ponteareas, é xa unha cita habitual no programa festivo de Ponteareas, acadándose este ano a 46 edición, que o consolida como o certame de música tradicional galega de máis ampla traxectoria.
Poden participar no consurso os grupos de gaitas integrados por dúas gaitas (tradicionais sen modificación de ningún tipo), un bombo e un tamboril, debendo vestir o cuarteto o traxe tradicional galego completo.
O prazo para inscribirse neste concurso remata o día 13 de setembro de 2013.

A organización deste concurso corre a cargo do Concello de Ponteareas coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Pontevedra.

Establecense os seguintes premios:
Primeiro Premio: 1.800 euros
Segundo Premio: 1.200 euros
Terceiro Premio: 900 euros
Cuarto Premio: 600 euros


O Concello de Ponteareas, tamén aboará a todos oss grupos participantes que non obteñan premio a cantidade de 200,00 euros para axuda de gastos de desprazamento.
Segundo o Concelleiro de Cultura de Ponteareas, Andrés Sampedro Fernández, a celebración deste Concurso amosa a tradición musical de Ponteareas e o compromiso do Governo Municipal a prol da música popular e tradicional de Galicia que atopa neste certame unha das súas expresións máis consolidadas.

XLVI CONCURSO DE GAITAS DE PONTEAREAS

Bases

1º.-Poderán participar no concurso todos os grupos de gaitas de Galicia e dos Centros Galegos de España e do estranxeiro que toquen con gaita tradicional (sen modificación de ningún tipo).

2º.-As solicitudes de inscrición no modelo que facilita o Departamento de Cultura Municipal dirixiranse ao Rexistro de Entrada do Ilmo. Concello de Ponteareas. Serán gratuítas e deberán recibirse ata o día 13 de setembro de 2013. Cada un dos grupos participantes proporcionará coa inscrición o enderezo e número de teléfono, segundo modelo de inscrición que se lle facilita. A orde de participación no concurso será de acordo coa de inscrición.

3º.-Os instrumentos obrigatorios para concursar serán: dúas gaitas, un bombo e un tamboril. Non serán admitidos máis instrumentos dos enumerados nin menos, debendo os participantes vestir o traxe tradicional completo.

4º.- O número máximo de participante será de quince grupos.
Os compoñentes dos grupos participantes non poderán participar na mesma edición do concurso con outro grupo.

5º.-Os grupos participantes estarán ás 10,15 h. da mañá do domingo, día 22 de setembro de 2013, diante do edificio da Casa do Concello de Ponteareas, a fin de percorrer as rúas da vila interpretando melodías galegas ata o Auditorio Reveriano Soutullo, onde a partir das 11.00 h. da mañá terá lugar o XLVI CONCURSO DE GAITAS DE PONTEAREAS.

6º.-Os grupos participantes interpretarán dúas pezas de libre elección que serán de raíz melódica galega. O tempo total dás dúas pezas será, como máximo, de 8 minutos e non se admitirá a interpretación de suites nin de popurris.

7º.-Permítese a afinación dos instrumentos musicais no escenario. O Xurado é competente para declarar deserto algún dos premios.

8º.-Para recoller o premio deberán subir ao escenario todos os compoñentes de cada un dos grupos clasificados nos catro primeiros postos, debendo vestir o traxe tradicional completo.

9º.- A comisión organizadora aboará a todos os grupos participantes que non obteñan premio a cantidade de 200,00 euros; cantidade que se destinará a sufragar os gastos de desprazamento.

10º.- A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a absoluta conformidade coas decisións da organización e do xurado, sen dereito a reclamación ou recurso ningún.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-06-2013 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega
Bases da convocatoria para o XXI Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega "Constantino Bellón" 2013.

DESGARGA AS BASES
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-06-2013 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
II Memorial Antonio Fernández (Marín) para Cuartetos de gaitas e percusión tradicional galega
A Asociación Artístico Cultural “Os Chaneiros”, coa colaboración do Concello de Marín ten o orgullo de poder volver a honrar a memoria, e destacar a súa figura, do noso ben querido cofundador e compositor do propio Grupo de Gaitas, Don Antonio Fernández Rodríguez.

Coa meta de seguir perpetuando o Memorial e co fin de rememorar os maravillosos intres do ano pasado, xa se está a preparar o “II Memorial Antonio Fernández” cos fins de recordar o seu nome e ensalzar a súa obra, non só polos veciños de Marín, senón tamén en toda Galicia.

As cancións de Antonio Fernández estaban compostas na súa gran maioría para rapaces, polo que o concurso irá enfocado a estes pequenos artistas.

O Concurso celebrarase o Domingo 7 de Xullo na Granxa de Briz en Marín.

MODALIDADE
Cuartetos de gaitas e percusión tradicional galega.

CATEGORIAS
Nesta edición do concurso establécese unha sóa categoría. Esta categoría estará composta por membros dentro das idades que se mencionan:

Categoría única: Entre 8 e 18 anos.

A Organización do Concurso resérvase o dereito de crear máis categorías en función das solicitudes recibidas.

REQUIRIMENTOS
Os grupos participantes deberán entregar a ficha de inscripción debidamente cumprimentada.
Deberá disporse en todo momento dun documento acreditativo no que se reflictan os datos dos participantes. Os documentos será o DNI ou ,no seu defecto,o Libro de familia. Deberanse traer os orixinais por sea Organización require do seu contraste.

Os datos dos participantes estarán protexidos pola Lei de Protección de datos e a organización poderá dispor deles.

Tamén deberán entregar a ficha de cesión de dereitos de imaxe, tendo que ser firmado polos pais/titores dos rapaces. Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.

CRITERIOS
•O xuradoterá presente os seguintes criterios de cualificación:
•Afinación e interpretación
•Dificultade da peza
•Orixinalidade das pezas, sempre respetando os patróns das pezas orixinais.
•A Organización pode chegar a desestimar a realización do Concurso polo número de participantes inscritos, para así asegurar a equidade e competitividade.
PREMIOS
Terán dereito a trofeo e premio en metálico segundo a súa clasificación. Tamén teranse en conta as colaboracións dos distintos patrocinadores do acto.

• Primeiro Premio: Trofeo e 250 €
• Segundo Premio: Trofeo e 150 €
• Terceiro Premio: Trofeo e 100 €

BASES CONCURSO

Modalidade: Cuartetos Tradicionais Juniors


•Poderán participar grupos de tódalas Asociacións Folclóricas, Culturais, Centros Parroquiais, etc..., así coma de formación libre.

• Os grupos participantes deberán ter un nome para o cuarteto.

•Os membros contarán con idades comprendidas entre os 8 e os 18 anos.

•É obrigatorio o uso de traxes tradicionais galegos.

•As gaitas e instrumentación de acompañamento deberán ser parte da cultura tradicional galega. Quedan totalmente excluídas as gaitas foráneas, así coma a percusión de material sintético.

•A interpretación constará de dúas pezas.
◦ A primeira peza, é de obrigado cumprimento a interpretación dunha peza das que se ofrecen do repertorio de Antonio Fernández. A interpretación será libre, valorándose a innovación mantendo a base o máis fidedignamente posible.

◦A segunda peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. Podense combinar varios temas, sempre e cando, o total do tempo non supere o establecido nas bases. No caso de que a A. S. C. “Os Chaneiros” se vira requerida por parte da S.G.A.E. por mor da interpretación dunha peza de autor, remitiríaselle ó participante calquer gasto que este particular ocasionase.

• O xurado terá presente os seguintes criterios de cualificación:
◦ Afinación e interpretación
◦ Dificultade da peza
◦ Orixinalidade das pezas, sempre respetando os patróns das pezas orixinais.

• Os grupos participantes terán un tempo límite de 8 minutos. A actuación que supere dito tempo quedará descalificada.

• O concurso celebrarase o Domingo 7 de xullo, en horario de tarde (ás 18:00 horas), no Auditorio da Granxa de Briz, nunha única proba final. Os participantes do concurso deberán presentarse como mínimo, media hora antes do comezo do concurso (17:30).

•O prazo de presentación para o concurso rematará o domingo 30 de xuño (quedará excluída toda inscripción realizada fóra desta data) .

•A inscripción realizarase a través do e-mail: oschaneiros@gmail.com. A ficha de inscripción poderase descargar da páxina web www.oschaneiros.blogspot.com dentro do apartado concurso.

•O Xurado, poderá descalificar calquera grupo que non se ateña ás presentes bases. O xurado poderá esixir o DNI ou libro de familia dos membros de cada grupo. A decisión do xurado será inapelable.

•A organización non se fará cargo de calquera desaparición de obxectos ou vestiario que se produza durante a realización do concurso.

•Establecerase a seguinte cuantía de premios:
Categoría Única:
· Primeiro premio (250 € e trofeo)
· Segundo premio (150 € e trofeo)
· Terceiro premio (100 € e trofeo)

•A participación neste concurso implica a aceptación das bases.

Descargas:
Bases e texto do concurso - Cancións a interpretar

Ficha de Inscripción

http://oschaneiros.blogspot.com.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-06-2013 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana

Segunda feira 24 (Luns)
• Mamá Cabra na Praza de María Pita (A Coruña) ás 12:45
• Mel de Meiga e Zurrumalla nos xardins do Posío (Ourense) ás 22:30

Terza feira 25 (Martes)
• Aniversario do pub Valenciaga (A Estrada): Jonh Deeres, Esquíos, Templanza e PDA
• Odaiko&Friends e Rastrexos nos xardins do Posío (Ourense) ás 23:30

Corta feira 26 (Mércores)
• María do Ceo na Praza Maior de Ourense ás 23:00
• Arrolos de Salitre e ACadaCanto nas Festas do barrio de San Pedro (Compostela)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 27 (Xoves)
• Amigos da Coral de Ruada ás 20:30 no Teatro Principal de Ourense
• Emilio Rúa no Xardín do Posío de Ourense ás 22:30
• Lagharteiras, Vaamonde, Lamas e Romero, Radio Cos nas Festas do barrio de San Pedro (Compostela)

Sexta feira 28 (Venres)
• Derrame Rock (Ourense): Ruxe-Ruxe, Bastards on parade, Escuela de Odio, Reincidentes, Def con Dos, Boikot, ...
• I Festival Rural Moulla Rock en Boado (Xinzo de Limia): The Skarnivals, The Tetas’ Van, Çe orquestra Pantasma
• Dandy Fever e Transilvanians na Sala Garufa (A Coruña) ás 22:00
• Narf na Biblioteca dos Tilos en Teo ás 22:30
• Xosé Constenla no Salón Teatro (Compostela)
• Som do Galpom, Nao e Malandrómeda
nas Festas do barrio de San Pedro (Compostela)
• Cantos de Taberna en Pontevedra
• Estalotada na Rúa San Pedro (Compostela)

Sábado 29
• Derrame Rock (Ourense): Los Suaves, Porretas, Miguel Costas, Skarallaos, A Compañía do Ruido, Terbutalina,...
• The Tetas’ Van nas Festas do barrio de San Pedro (Compostela)
• Festa da República galega (Ordes): O Leo e Arremecághona, Çe orquestra Pantasma e Xenderal
• Taghaitai en Ferrol
• Radio Cos no Liceum (O Porriño)
• Abóbriga no Furancho da Balsa (Vigo)
• Noitarega en Viladesuso (Oia) ás 22:00
• III Serán na Asociación de Veciños de Sampaio de Lavadores (Vigo)

Domingo 30
• XXXIV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina na Coruña
Cancelado
• Romaría nas Festas do barrio de San Pedro (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-06-2013 22:34
# Ligazón permanente a este artigo
kerkennai en Vilar de Santos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2013 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
Ses en Guitiriz
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2013 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de San Xoán en Couso (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2013 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Zurrumalla en Coruxo (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2013 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do celtismo na Illa de Arousa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2013 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
Xoán Curiel gaña o premio ao mellor álbum en galego

O fonsagradino Xoán Curiel fíxose co galardón ao mellor álbum en lingua galega —por 'Magnético zen'— nos Premios da Música Independente, nos que Niños Mutantes e outro galego, o coruñés Xoel López, foron os grandes triunfadores cos seus traballos ‘Naufragio' e ‘Atlántico'.


Así se chaman os discos cos que estes músicos costeiros, chegados de distintos mares, lograron os premios ao mellor álbum do ano e mellor vídeo musical, para os granadinos, e os de mellor artista e mellor álbum de canción de autor, para o galego, que anunciou a súa volta oficial a España en novembro tras o seu exilio a terras americanas.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2013 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
No décimo aniversario, o Revenidas presenta o cartaz máis potente da súa historia
Con Fermín Muguruza, Obrint Pas e Zuloak, entre os pratos fortes e históricas bandas autóctonas como Os Diplomáticos, Ruxe Ruxe, Zënzar e Ulträqäns, Vilaxoán de Arousa promete esmorga os días 18, 19 e 20 de xullo. Alén dos concertos de pago, o festival aposta por unha programación gratuíta con outras actuacións musicais, contacontos, teatro, circo e sardiñada popular

O décimo aniversario do festival Revenidas traerá a Vilaxoán de Arousa, no concello de Vilagarcía, a programación máis potente da súa historia, con máis de vinte bandas repartidas entre o 18, 19 e 20 de xullo. Malia que nas edicións anteriores o evento só durou dous días, este ano a troula se estenderá dende o xoves até o sábado.

Entre os seus pratos fortes, destacan Fermín Muguruza, Obrint Pas e Zuloak como bandas estranxeiras, mais tamén haberá representantes da música autóctona con Os Diplomáticos de Monte Alto, Ruxe Ruxe, Zënzar e Ulträqäns. Amais, ao final de cada xeira, contarase coa presenza de picadiscos para amenizaren as madrugadas.

Alén destes actuacións de pago, O Revenidas propón unha programación paralela gratuíta porque, malia que o festival “non busca lucrarse, si pretende ser sostible”, explica a organización nun comunicado.

Deste xeito, o público poderá asistir de balde ás actuacións musicais como as ofrecidas polo cantautor punk O Leo ou a banda de percusión compostelá Trópico de Grelos. Tamén haberá contacontos, teatro, circo, pallasos, e maxia para @s asistentes de todas as idades. A acampada será libre, sen dúbida, unha atracción para o turismo que procure os aires mariñeiros do Salnés.

Promoción da cultura local

Co obxecto de promoveren “o talento local”, o Revenidas propón distintas actividades. Por unha banda, organízase un concurso de grupos noveis no que xa se presentaron 21 candidatos. O gañador, seleccionado polo público a través das redes sociais, poderá actuar no festival o serán do xoves, o día que toda a programación é de balde.

Aliás, haberá un obradoiro de “tuneado” de camisolas cos distintos logos da Sardiña de Revenidas, creados ao longo dos seus 10 anos de vida. A mostra de graffiteiros será tamén unha das actividades máis orixinais do evento, onde os participantes “decorarán de forma permanente a praza de abastos da vila”, explican dende a asociación Repichoca, promotora do evento.

O cobro, a clave da supervivencia

O abono da sexta feira e o sábado, as dúas xornadas con concertos de pago, valerá 22 euros e, a entrada para un solo día, 14. Dende a organización lembran que, esta década de historia do festival, “non sería posibles sen a contribución do público que merca a súa entrada, a súa camisola e consume nas barras”. Alías, transmiten tamén o seu agradecemento a patrocinadores e colaboradores entre os que se atopa Semos Galiza.

www.sermosgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2013 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do concurso de baile tradicional Azaloira

A Ponte Vella vence por quinto ano consecutivo no concurso de baile tradicional galego Azaloira

A música e o baile tradicionais galegos reinaron este fin de semana nas comarcas de Deza e Tabeirós Terra de Montes. Seis dos mellores grupos de Galicia déronse cita onte no concurso de baile tradicional Azaloira, na Bandeira, e máis dun centenar de alumnos de Tequexetéldere actuaron sobre as táboas do Principal na Estrada. Vila de Cruces e a parroquia estradense de Oca foron tamén territorio folk.

No certame silledense, que celebrou a súa décimo terceira edición, non houbo sorpresas. A agrupación A Ponte Vella volveu alzarse co primeiro premio do concurso. É o quinto ano consecutivo que esta formación de Teo alcanza esta distinción, que lle valeu onte un galardón de 1.200 euros. O segundo posto foi para Traspés, de Vigo, que en 2012 logrou a terceira posición. O seu bo facer sobre o escenario, foi premiado con 700 euros. Pola súa banda, o terceiro clasificado da tarde foi a agrupación Trébede, de Marín, que percibe 400 euros.

No certame participaron outras tres formacións de renome a nivel galego: Malveiras, de Vilagarcía; Donaire, da Coruña; e Os Xeitosos de Trazo. Tamén actuou o grupo anfitrión, Fortín dá Pomba. O xurado destacou o gran nivel de todos os bailaríns que competiron e a precisión na execución das pezas.

www.farodevigo.es
Comentarios (21) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-06-2013 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer