Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo número de SonsdaGaliza
www.sonsdagaliza.es
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 07-06-2012 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Presenza galega nos Premios da Música Independente
Igual é porque os premios son patrocinados por unha cervexa galega. Mais o certo é que a música do país ten presenza en varias das candidaturas na cuarte edición dos Premios da Música Independente. Non é que na redacción de GZmúsica sexamos moi amigos deste tipo de telderetes, mais rechamounos a aparición de Das Kapital entre os candidatos a mellor álbum de música electrónica. Por iso botamos unha ollada.

O primeiro que sorprende é que tres das cinco candidaturas a mellor álbum de música de raíz son galegas. Uxía, Talabarte e A Banda Crebinsky. Porén, de analizarmos as propostas presentadas nesta categoría, a cousa enténdense mellor. Tan só 17 discos optaron a este galardón, e 6 deles foron propostas galegas de Fol Música, a división dedicada á nosa música de BOA.

E como xa dixemos, os Das Kapital están nomeados ao mellor álbum de música electrónica. Tampoucos moitos discos presentaron candidatura nesta categoría, apenas 14. E entre os 5 escollidos, tamén se coa o último disco do ferrolán Carlos Jean.

Sorprende o pouco interese que espertan estes premios nas bandas estatais

Noutras categorías, como rock ou músicas do mundo, non se presentaron propostas de música en galego. Iso si, entre os escollidos para artista revelación están Disco Las Palmeras! A banda leva un par de anos sorprendendo no panorama español, co seu son escuro e potente. Claros debedores de Sonic Youth ou Joy Division, os composteláns son xa asiduos dos festivais do rock alternativo español que se celebran ao longo do estado. De feito, estarán presentes na última versión destes macrofestivais nacida na Galiza, o PortAmérica, que se celebrará en xullo en Nigrán. Con nula presenza da música en galego, of course.

O cuarteto Quiroga en clásica, o fermoso vídeoclip de Alberto Baamonde para Eladio y Los Seres Queridos, Víctor Coyote e algunha outra nominación para empresas do sector sediadas en Galiza completan a nómina.

O certo é que sorprende a pouca importancia que a propia música independente estatal lle concede a estes premios, á vista das poucas propostas presentadas na maioría de categorías, agás as senlleiras. Practicamente, no resto de categorías as candidaturas están conformadas por grupos pertencentes a 3 ou 4 empresas que forman parte da Unión Fonográfica Independente, entidade organizadora. Malia anécdotas agradables como a presenza de Das Kapital, a sensación final é endogámica.

www.gzmusica.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2012 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
As escuras danzas brancas

UN GRANDE PATRIMONIO DE BAILES GREMIAIS MANTENSE AGOCHADO EN FESTAS DE CARáCTER LOCAL

A celebración do Corpus Christi, hoxe sete de xuño, levará á rúa un ano máis en distintas localidades do país, as danzas brancas ou gremiais. Coreografías perfectamente codificadas que se desenvolven, cando menos, desde hai catro séculos e que se conservan en preto de 30 concellos do país. No entanto, este patrimonio continúa a ter un carácter maioritariamente local e é escasamente coñecido.


As danzas brancas ou gremiais desenvólvense polo xeral no adro da igrexa, e de xeito previo a unha procesión. Os bailaríns, en moitos casos exclusivamente homes, caracterízanse por levar unha vestimenta de cor branca. A celebración das mesmas oscila entre as festividades vencelladas á Virxe, como pode ser o 8 de setembro (celebración da Natividade) ou, en moitas ocasións, ao Corpus (como é o caso das Penlas de Redondela). En lugares como Celanova faise con ocasión da festividade da Virxe do Cristal, e noutro lugares, a coincidir coa festa local. Como esquema xeral, a danza grupal comeza cunha reverencia ante o santo, seguido dunha parte na que os bailaríns baten paos (ou, nalgúns casos, espadas). Adoita ser habitual tamén o trenzado con fitas de cores arredor dun mastro, e o evento finaliza con outra reverencia. Canda ás espadas, nalgúns lugares tamén se empregan arcos trenzados de flores.

Distribución
A nivel de distribución xeográfica, estas celebración mantéñense sobre todo na zona sur de Galicia. As rías Baixas conservan estas tradicións en lugares como Marín, Redondela, Cangas ou Carril. Máis lonxe da costa atopámolas en Ponteareas ou A Cañiza, para alén dos múltiples casos que se conservan en Ourense. Na zona da Coruña rexístranse en zona das Costa da Morte ou en Betanzos, pero cunha difusión moito menor do que no sur. Fóra das nosas fronteiras poden atoparse en diferentes lugares de Portugal e no norte da Península Ibérica formas moi semellantes de celebración. Á hora de falarmos sobre este patrimonio inmaterial, resulta indispensable o volume Danzas gremiais e procesionais da provincia de Ourense, editado en 1999 pola Deputación e realizado por investigadores do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo. No mesmo especifícanse os compoñentes e explícanse os pasos das diferentes variedades destas festas na provincia.

Recuperación
Coa intención de rescatar todo este patrimonio anunciábase, en 2008, o nacemento da Asociación Galega de Concellos con Danzas Brancas. A proposta naceu da man de técnicos municipais de cultura de Redondela e Celanova. Segundo sinala desde esta segunda vila Antonio Piñeiro, “a intención visualizar estes bens, que Galicia fose consciente do número de danzas que existen e desenvolver un proxecto de catalogación a nivel galego semellante ao que se fixo en Ourense”, sinala. Un congreso, actividades de intercambio ou unha exposición itinerante son algúns dos proxectos que se propuñan no colectivo. “Queriamos pór en contacto estes colectivos, que na maior parte dos casos non saben uns dos outros”, sinala Piñeiro quen recoñece que “a asociación anda algo parada. “Houbo varias reunións coa Xunta, tanto co anterior goberno como co actual, pero non se avanzou en nada”.

Conservación
Moitas destas danzas continúan a día de hoxe cun xeito de transmisión tradicional que as dota dun forte carácter local. Precisamente esta característica dificulta en boa medida a súa conservación. Segundo apunta Piñeiro, “na maioría dos casos, os colectivos que as executan non son nin sequera asociacións. Son veciños que a manteñen e que mesmo se resisten a saír. Danzan para a súa virxe e para a súa propia procesión, e non pensan en o facer noutros lugares ou en os amosar”. O carácter achegado ao sacro que caracteriza estas danzas pode explicar en boa medida a resistencia en as transformar en espectáculos ou en as considerar do mesmo xeito que outros elementos da nosa tradición coreográfica. “En moitos lugares establécese que só poden participar na danza os homes da parroquia, e non queren ninguén de fóra. Nalgúns, como en Boborás, suspendérona varios anos porque tiñan que ser os homes solteiros da parroquia os que bailasen”, lembra este investigador. Afortunadamente este ano voltou celebrarse a Danza de Xuvencos, logo de catro anos sen se celebrar, unha pausa que xa fora precedida por outra seis anos antes de 2008.

Orixe
Malia a que os rexistros históricos sitúan a orixe desta manifestacións na altura dos séculos XVI e XVII, vencelladas a gremios profesionais de diferentes vilas e aldeas, non falta quen lles apón unha orixe anterior e mesmo elementos pagás, como pode ser o mastro como árbore simbólica que representa a primavera e o rexurdir da vida no ciclo anual . Na introdución ao volume mencionado, Juan José Rumbao Requejo sinala que “algunhas danzas procesionais foron nun primeiro momento danzas gremiais” e destaca a súa posible orixe “motivadas por votos, promesas feitas en tempos de adversidade ou por sinalar deste xeito festivo a honra do patrón do gremio”. Mariñeiros, sobre todo na costa ou zapateiros como é o caso de Vilanova dos Infantes.

Evolución
Rumbao recoñece, de calquera xeito a fusión que se produce nestas celebracións, que distan moito de teren unha única lectura. “Ritos ou elementos de clara orixe pagá foron revestidos ou “convertidos” en celebración cristiá, mesturando danzas profanas e relixiosas”. Malia á aparencia de tradición estática destes bailes, houbo no tempo innovacións nos mesmos, como pode ser a substitución de paus por espadas en moitos casos, ou a introdución de traxe e sombreiro nos danzantes de Cangas. Rumbao continúa a sinalar que “dá a impresión de que a emigración puido influír nelas incorporando elementos que parecen exóticos. Estas danzas relixiosas tampouco están libres de influxos das modas actuais, ao perderen o seu carácter relixioso, usurpadas para actos profanos, extrapoladas do seu contexto orixinal, trasladadas fóra do seu tempo e lugar” e mesmo denuncia tentativas por darlles máis espectacularidade que alteran coreografías ou elementos novos nas vestimentas.

Malia á aparente vitalidade que manteñen moitas destas festas, hai constancia de que, nalgúns lugares, teñen desaparecido. De feito, segundo comenta Antonio Piñeiro, á dificultade da transmisión sumouse por veces a presión eclesiástica. “En Ourense está documentado que se celebraba ata os anos 50, pero houbo unha orde do Bispo que prohibía a danza e a música nas procesións, e iso provocou que algunhas desaparecesen, aínda que tampouco sabemos exactamente cantas”. Está da nosa man evitar que desaparezan máis.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2012 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
O primeiro método infantil de gaita galega adianta a aprendizaxe aos 6 anos
Hai xa quince anos que Xaime Estévez, músico e profesor, comezou a dar clases de música a nenos pequenos e atopouse cun baleiro en canto a material didáctico. Xa entón tivo a idea de crear un manual de ensino de gaita pensado para os máis pequenos, pero non foi ata agora cando esa idea converteuse en realidade. A Asociación de Gaiteiros Galegos acaba de publicar "Son do fol", o primeiro método infantil de iniciación á gaita galega que permite adiantar o ensino deste instrumento aos 6 anos en lugar dos 10, que era a idade máis habitual.

O libro ofrece ao profesorado de centros de ensino obrigatorio e escolas de música unha ferramenta que ata agora non existía para achegar aos nenos non só o mundo da gaita, senón tamén da cultura tradicional. "O material está testado cos meus alumnos todos estes anos e comprobamos que funciona moi ben", asegura o profesor.

Os nenos aos 5 anos empezan co pito galego, que ten unha digitación igual á da gaita pero non precisa a forza pulmonar desta, que pode lograrse a partir dos 12 anos. "Coincide coa forma tradicional de aprender a tocar a gaita; os nenos fabricábanse no campo un pito e aprendían a tocar e, despois, pasaban á gaita, que tamén algúns se fabricaban eles mesmos coa vejiga dun animal", describe Estévez.

O libro é tamén un caderno de actividades e contén un CD de apoio con partituras, audicións e vídeos. A idea pedagóxica orixinal de Estévez complétase co deseño de Ramón Marín que o fai moi atractivo para os pequenos.
O repertorio está moi escollido. Trátase de cancións do folclore galego e todas elas pódense cantar. "Ao cantar, os nenos memorizan moi ben as melodías, pedagóxicamente é a mellor maneira de empezar; as partituras son un simple apoio e, ao principio, non hai que darlles maior importancia", aconsella o profesor e membro do grupo "Os terribles de Doas".
Inclúe tamén actividades, anécdotas, formas de fabricar un instrumento, datos sobre algúns dos músicos populares galegos, adiviñas, cancións e algo de linguaxe musical. "É un manual interdisciplinar, a música é unha das facetas da cultura tradicional. Ata agora as clases aos nenos dábanse de maneira moi individual pero grazas a este manual pódese traballar tamén en grupo", conclúe o autor.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2012 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 4 (Luns)

Terza feira 5 (Martes)

Corta feira 6 (Mércores)

Quinta feira 7 (Xoves)
• Vaamonde, Lamas e Romero na Cova Céltica (A Coruña) ás 22:30
• Concerto didáctico Galicia nas Terrras da Gaita no auditorio Atlántida de Matamá (Vigo) ás 21:30
• Serán no Sarela (Compostela)

Sexta feira 8 (Venres)
• Tanto Nos ten no bar de Foliada (San Lorenzo de Oliveira (Ponteareas) ás 23:30
• Balakandra na Sala Pousada das Ánimas (Boiro)
• aCadaCanto no Teatro Rosalia de Castro (A Coruña)
• Xoan Curiel, Meninos Carentes e Najla Shami na praza da Constitución de Vigo ás 20:30 Suspendido
• Festival Oubeade (Beade-Vigo):Liska, Unicornibot, Rocking For Tangas, Igmig, Dr.zaius,
• Barricas Folk (Milladoiro-Ames): Berrogüetto, Anxo Lorenzo, Manolo Tena y la Banda de Nash, Coanhadeira, Abóbriga, Maghúa, Maianas e Doctor Snob
• II Rúa de Cuntis

Sábado 9
• O Sonoro Maxín polas prazas de Ourense
• Zenzar no Liceum (O Porriño)
• Sés no Fórum (Culleredo)
• Mónica de Nut Trío no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Galicia nas Terrras da Gaita na praza da Constitución de Vigo ás 22:30
• Sergio Tannus, Uxía, Aline Frazao, Xoan Curiel, Najla Shami,... na sala Iguana de Vigo ás 21:00
• Balakandra no Festival Histórico de Augasantas (San Cosme de Barreiros)
• Festival Oubeade (Beade-Vigo): Recambios Tucho, R.d.b., Distilling Pain, La Vaga Banda, Muxarega, Odaiko, Cancamuxa, a Volta Do Demo, Ce Orquesta Pantasma
• Barricas Folk (Milladoiro-Ames):Los Suaves, Miguel Costas, Brothers in Band, Riff Raff, Medomedá, Desequilibrio Mental, Labazada,...
• VI Foliada Airiños da Lagoa en Baiña (Baiona)
• III Serán da Insua (Pontecaldelas), no torreiro da festa, a carón da igrexa
• II Serán na Asociación de Veciños de Sampaio de Lavadores (Vigo)
• II Foliada de Leiro

Domingo 10
• O Sonoro Maxín polas prazas de Ourense
• Sumrrá no Teatro Principal de Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2012 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 1 (Venres)
• VI Romaría Tradicional Xuntanza de gaiteiros Manuel Villanueva (Poio)
• Charla de Mini e Mero no Museo Manuel Torres (Marín) ás 20:30
• II Concerto Letras e Músicas en Feminino! no Cine-Teatro de Ribadeo ás 21.30: Uxía, Sérgio Tannus, Naír e Noemí, e a Coral Polifónica de Ribadeo
• Zenzar na sala Ese (Pousada da ánimas-Boiro)
• Samesugas na Sala Karma (Pontevedra)
• Loretta Martin no Boulevard Lounge Bar (Fisterra)
• Milesios no Torreiro da Festa (Vigo)
• Victor Aneiros Band no Clavicémbalo (Lugo)
• Tromentelos Chis Pum no Liceum (O Porriño)
• VI Festival Alternativo Millo Verde(Redondela): Dios Ke Te Crew, Invivo,...
• Foliada Noites de Tasca (especial 4º aniversario) en Ordes
• Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)

Sábado 2
• VI Romaría Tradicional Xuntanza de gaiteiros Manuel Villanueva (Poio)
• Encontros de música tradicional de Carboeiro (Silleda)
• Doa no Teatro Principal de Pontevedra ás 21:00
• Pentalfa no Aturuxo (Bueu)
• Ulträqäns na Fundaçom Artabria (Ferrol)
• Balakandra no Auditorio da Illa de Arousa
• Coanhadeira no Triskele (Cangas do Morrazo) ás 23:30
• Beladona no Var con Uve (Moaña) ás 22:30
• Charanga o Fiadeiro no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
• VI Festival Alternativo Millo Verde(Redondela): Guintervan, Terbutalina, Chotokoeu,...
• Festival Cineclube Compostela na Gentalha do Pichel (Compostela): Das Kapital, Ataque Escampe, Magnifique Band
• Festival de música tradicional no Centro Cultural de Pontellas (O Porriño) ás 19:00: Contracochenos, Os Terribles de Donas, Bicarelo, Vaicheboa, Nordesía,...
• II Foliada de Orbazai, a partir das 17:00 no campo da festa de Orbazai (Lugo)
• Serán do Remuiño (Paraños)
• Serán de Traspés na Alameda de Sárdoma (Vigo)
• V Serán á Beira do Mar de Baiona
• II Ruada da Ribeirana en Castrelo de Miño (ao carón do clube nautico)

Domingo 3
• VI Romaría Tradicional Xuntanza de gaiteiros Manuel Villanueva (Poio)
• O Sonoro Maxín na Regueifa (Ponteareas)
• Transilvanians no Aturuxo (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2012 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Van rematando os Seráns
2 xuño
- Serán do Remuiño (Paraños)
- Serán de Traspés na Alameda de Sárdoma (Vigo)
- V Serán á Beira do Mar de Baiona
- II serán de a Ribeirana en Castrelo de Miño (ao carón do clube nautico).

8 xuño
- II Rúa de Cuntis

9 xuño
- III Serán da Insua (Pontecaldelas), no torreiro da festa, a carón da igrexa
- II Serán na Asociación de Veciños de Sampaio de Lavadores (Vigo)

16 xuño
- Serán no adro da capela de Chaín (Pontecaldelas)
- Serán da “Noite da Moura” en Rebordechán (Crecente)
- Serán en Atios (O Porriño) ao carón do campo de futbol do Carballo
- Serán en Vincios (Gondomar)
- Serán na praza da Capela das Angustias en Xil (Meaño)

17 xuño
- Serán do Viso (Redondela)

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-06-2012 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
V Serán á beira do mar (Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-06-2012 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
II Ruada da Ribeirana (Castrelo de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-06-2012 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
VENRES 01 DE XUÑO, ÁS 23:00 h

FOLIADA DE XUÑO
MÚSICA E BAILE TRADICIONAL


Chegou xuño e aquí está de novo a nosa foliada, coma sempre o primeiro venres de cada mes. Nesta ocasión abrirá a foliada a agrupación “A.C.F. O Fiadeiro” de Vigo. Pandereteiras e pandereteiros.
E a continuación, coma sempre, participación libre: traede instrumentos e moitas ganas de bailar!!
Entrada de balde
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-06-2012 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán da A.C. Traspés (Sárdoma-Vigo)
Ola amig@s

Lembrade que o Sábado 2 DE XUÑO, a partir das 22 horas, na Alameda de Sárdoma (Vigo-Pontevedra) tedes unha moi boa opción para pasar unha noite de festa, II SERÁN DA A.C. TRASPÉS, ata que o corpo aghuante.

Tod@s aquel@s que queirán subir a cantar e/ou tocar poderán inscribirse alí mesmo, ó chegar; e o resto porémolo baile...

ATENCIÓN: para os máis pequenos ese mesmo día a partires das 16 horas xogos populares....

Haberá comida e chocolatada para os asistentes

Ven troulear con nos!!!!!

Unha aperta
A.C. Traspés
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-06-2012 16:06
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Encontros de Música Tradicional (Carboeiro-Silleda)
XIII ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL
SÁBADO 2 DE XUÑO DE 2012 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)


13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra
·Subasta das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de VIRAVOLTA)

-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:
· "NA PUNTA DO PÉ" exposición de calzado tradicional acompañada polos títeres do Museo da Marioneta, Casa do Títere (Lalín)

-FEIRA DE ARTESANÍA:
instrumentos tradicionais, coiro, abalorios, cosmética natural, bisutería..

- XANTAR POPULAR (empanada, carne ao caldeiro, larpeira, pan, viño/auga, café e ghotas -13€)

DURANTE A TARDE:
· XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES con Itaca e Xandobela
· "LINGUA QUE BAILA" con Celsiño F. Sanmartín
· VISITA GUIADA AO MOSTEIRO con Tesouros Novos
· 'O GALO QUIRICO' da compañía Seisdedos
· CONVERSAS DE ZOCOS A REMENDAR

E ao que se vaia facendo noite…

FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!

ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA
santaferrenha@gmail.com // 658 628 239

VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!


Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-06-2012 16:04
# Ligazón permanente a este artigo
4º aniversario de Noite de Tasca (Ordes)
As "NOITES DE TASCA na comarca de Ordes", cumpren 4 anos e celebrarano o próximo venres 1 de xuño con varias actividades:

A partir das 19:00 h:
Impartiránse dous "Obradoiros de Baile Galego":
un no Campo da Feira, diante do Museo do Traxe, dirixido por Juan Pena e Beatriz García (membros da A.F. Sementes do Arte) e outro na Alameda, dirixido por Helena Noya e Rocío López (da Asociación Cultural Camiño Real de Poulo) para público de todas as idades.

Ás 20:30 h:
No salón de actos do Museo do Traxe, terá lugar a presentación do primeiro tomo da colección "Tradición Oral", serie "Música" da Editorial Canela, no que Manuel Enríquez, "Nela de Bres" é o protagonista e fío conductor deste libro-CD sobre a música tradicional durante a 2ª mitade do Século XX no concello asturiano de Taramundi.

A partir das 21:30 h:
Os grupos estarán tocando por distintos bares de Ordes para logo xuntarnos todos, a iso das doce da noite, na cervexería ISLIA (frente ao centro médico) e despediranse ata o mes de outubro cunha gran FOLIADA.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-06-2012 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
VII Romaría Tradicional Xuntanxa de gaiteiros Manuel Villanueva (Poio)
www.escolagaiteirosdepoio.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-06-2012 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
II Foliada de Orbazai (Lugo)

Este sábado celébrase a II Foliada que organiza a Asociación Airiños de Orbazai

Xermán Gómez, presidente da Asociación de Veciños de Orbazai e o Tenente-Alcalde, o nacionalista Antón Bao, presentaron hoxe en rolda de prensa a II Foliada de Orbazai. Este encontro de grupos música tradicional celebrarase o sábado, 2 de xuño, a partir das 17:00 no campo da festa da parroquia de Orbazai no Concello de Lugo.
Nesta segunda edición da Foliada de Orbazai participaran os grupos:
- Alejandro & Tomas (Lugo),
- Reviravolta (Lugo),
- Caivanca (Lugo),
- Antaruxas e Sorteiros (A Fonsagrada),
- Arricandeira (Lugo)
- Grupo Nasdrovia (Outeiro de Rei),
- Xesta Verde (Friol),
- Folquiada de Lugo (Lugo),
- Os Trastiños de Castelo (Lugo)
- Airiños de Orbazai (Lugo).


Antón Bao felicitou aos organizadores por, “conxugar á perfección a recuperación do noso patrimonio inmaterial, pular polo desenvolvemento do medio rural, apostar polos recursos endóxenos e ademais facer festa”. Para o responsable de cultura do concello de Lugo “este encontro festivo é un modelo de como manter a actividade cultural e festiva de xeito sostible nestes tempos de crise e ao mesmo tempo poñer en valor a todos os colectivos e persoas que traballan na conservación da nosa música e das nosas tradicións”.

O presidente da Asociación de Veciños de Orbazai, organizadora do evento, convidou a todos os lucenses a participar e destacou “a xenerosidade de todos os grupos participantes que o farán de xeito totalmente desinteresado” ademais informou que “ao final dos concertos todos os participantes e asistentes estarán convidados a tomar uns pinchos por cortesía da organización”. Tamén informou que a II Foliada de Orbazai estará presentada pola xornalista Mª Xosé Fernández Azpeitia. Xermán Gómez tamén agradeceu a colaboración e implicación da área de cultura do Concello de Lugo.

www.lugo.es
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-06-2012 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de música tradicional (O Porriño)
O dia 2 de Xuño hai un festival de música tradicional en memoria do compañeiro gaiteiro Mingos.

O acto será no recinto do Centro Cultural de Pontellas , O Porriño.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2012 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Doa en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2012 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
Coanhadeira en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2012 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
Charla de Mini e Mero en Marín
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2012 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Zenzar en Boiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2012 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Cineclube de compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2012 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de danzas celtas en Pontecaldelas
1 Xuño ás 19:00 ata o 3 Xuño ás 14:00.. A Roca, Pontecaldelas

Danzas de Bretaña, Escocia e Irlanda


No primeiro fin de semana de xuño terá lugar en Pontecaldelas un curso de danzas de Bretaña, Escocia e Irlanda a cargo de Suso Cancelas.

O curso está aberto a todas aquelas persoas amantes da música e danzas tradicionais.
...
Aberto o prazo de inscrición.

Datas: 1, 2 e 3 de xuño
Lugar: A Roca, Pontecaldelas
Horarios:
- venres de 19:00 a 22:00
- sábado de 10.30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00
- domingo de 10:30 a 13:30
Prezo: 90€

O prezo inclúe: estancia dende o venres 1 á noite con cea, ata o domingo 3 ao serán, nunha casa de campo con pensión completa e o curso.

Inscricións no correo electrónico susocc@terra.es

Enviar mail cos seguintes datos:
nome e apelidos
enderezo electrónico
número de teléfono

Prazas limitadas


Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 01-06-2012 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
VI Festival alternativo Millo Verde (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-06-2012 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer