Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III Serán Esfarrapada (Ancéu-Pontecaldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-06-2012 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Serán no Freixo (Crecente)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-06-2012 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Este venres Cantos de taberna en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2012 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Gran encontro foliada en Pontecesures

O vindeiro 30 de Xuño, a Asociación Cultural Xarandeira vai celebrar un encontro de grupos folklóricos da comarca, que, en forma de serán, abarcará dende o 30 de xuño as once da mañán ó 1 de xullo a mesma hora, no peirao de Pontecesures (na explanada que hai antes da Nestlè).

Xa temos confirmada asistencia dos seguintes grupos:


- A Requinta da Laxeira (Vedra)
- Algueirada (Pontecesures)
- Os Mercenarios de Dodro
- Pandereteiras Infantís de Cordeiro
- Pandereteiras Infantís de San Clemente
- Pandereteiras de Valga
- Grupo Folklórico de Trazo
- Grupo Folklórico de Barro
- Grupo de Pandereitas As Outras (Allariz)
- Airiños de Meda (Padrón)
- Pandereteiras - Amas de Casa de Catoira
- Grupo Folklórico Veigo do Coton de Negreira
...

Os grupos pódesvos anotar en acxarandeira@hotmail.com, ou no teléfono 628.826857.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2012 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Coanhadeira, Kepa Junquera e Xosé Manuel Budiño en Ourense
COANHADEIRA e o espectáculo “JAI GALAI” de KEPA JUNKERA E XOSÉ MANUEL BUDIÑO

Sábado 30 de xuño
Lugar: Praza Maior
22.30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2012 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Treixadura en Ourense
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2012 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Milladoiro na Coruña
Teatro Colón (A Coruña)
venres 29 de xuño ás 20:30


Tocar na Coruña sempre nos serviu para coller folgos e continuar a nosa carreira. É coma ir comer á casa da nai os domingos. E máis no Teatro Colón, que é coma a nosa casa”. Deste xeito presentaron este martes Moncho García, Pepe Ferreirós e Nando Casal o concerto que Milladoiro ofrecerá este venres na Coruña, o primeiro en case tres anos.

“Estámonos indo aos anos setenta a nivel de programación, xusto cando seguramente estamos vivindo o mellor momento da cultura e da música galega”

Na rolda de prensa na que ofreceron os detalles do concerto, os tres integrantes orixinais da formación fixeron fincapé no difícil momento que viven as industrias culturais, as artes escénicas e a música en concreto: “estámonos indo aos anos setenta a nivel de programación, xusto cando seguramente estamos vivindo o mellor momento da cultura e da música galega”, salientou Nando Casal. Pola súa banda, Pepe Ferreirós destacou a necesidade de que “o público recoñeza a súa identidade na música, que se reafirme nesa diferenciación, iso é o que nos deu pulo durante 33 anos”.

Os tres músicos chamaron a atención sobre a marca creada polo grupo, cun son moi recoñecible máis aló dos cambios na formación, pero mesmo así salientaron que este venres estarán na Coruña cinco dos seis integrantes orixinais do grupo. "Nós o que pretendemos nestes 33 anos foi darlle unha continuidade á música tradicional, iso si, adaptándoa aos tempos que corren. A música tradicional galega, coma en calquera país, tivo unha dimensión funcional, moi ligada ao mundo rural e ás tarefas do campo", dixo Ferreirós. E de aí transformouse no que hoxe é, grazas a creadores coma Milladoiro.

A Coruña e Milladoiro están ligados dende hai moitos anos, dende o inicio da formación

O grupo leva máis de 33 anos en activo, nos que editou 24 discos, obtendo o recoñecemento do público e da crítica, tanto en Galicia coma noutros países (segue sorprendendo o éxito que manteñen en Xapón ou Canadá). A Coruña e Milladoiro están ligados dende hai moitos anos, dende o inicio da formación. No propio Teatro Colón no que actuarán este venres presentaron, por exemplo, o seu último disco, A Quinta das Lágrimas, en 2008, pero trinta anos antes a cidade vira nacer a Milladoiro: O 15 de maio de 1979 o auditorio do Colexio Salesianos foi o escenario do primeiro concerto do grupo, cuxo nome se decidira nun bar da cidade (no desaparecido Chantada, na rúa Feijoo) e do que o seu primeiro disco, A Galicia de Maeloc, se editara na coruñesa Ruada. Polo tanto, hai moito de Coruña nesta formación tan viguesa e tan compostelá, por outra banda. Por iso, Milladoiro volve á casa.


www.praza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2012 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Marful en Allariz
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2012 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Marful en Monterroso
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2012 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Charla e obradoiro no Carballiño
XX aniversario da Banda Escola de gaitas do Carballiño

Sábado 30 de xuño ás 19:30 na Casa da Cultura do Carballiño

Charla sobre a Historia e Evolución das agrupacións de música tradicional en Galicia e Obradoiro de afinación de percusión tradicional impartida por "Os Alegres de Pontevedra"
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2012 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen as Festas do barrio de San Pedro (Compostela)
Programa do 2012
27, 28, 29, 30 de Xuño e 1 de Xullo de 2012



VENRES 29

19.00h. ENCONTRO DE CORAIS. (Museo do Pobo Galego)
Coral «A Xuntanza»
Duo Mara
Coral José Saramago

19.00h. PASARRÚAS E CONCERTO. (Praza de Home Santo)
Banda de Lousame

19.00h. PASARRÚAS E CABEZUDOS. Tabernícolas
20.30h. DANZA. (Na Praciña de San Pedro)
Mostra do Centro Starben
«Un disfraz equivocado» Cía. Cisma

22:00 NOITE DO LASTRO. (Praza 8 de Marzo)
Presenta: Leo i Arremecághona!
Sacha na horta
Dios Ke Te Crew
Terbutalina


SÁBADO 30

10:00h. PERFORMANCE. «Alborada de Pedra».Diana musical a cargo de Mónica de Nut.
11.00h. FEIRA. (Rúa de San Pedro)
11.00h. ALMORZO NA RÚA. (Praciña de San Pedro)
11.00h. PASARRÚAS. Un de cada.
12:00h. RECITAL POÉTICO E MUSICAL. (Na Praciña de San Pedro)

A Rebelión da Décima Musa V

12.30h. LÍNGUA DE SIGNOS. (Na Praciña de San Pedro)
13.30h SESIÓN VERMOUTH. (No Torreiro)

Orquesta Atlanta.

14.15h. PASARRÚAS. A Magnifique Band dos Homes Sen Medo. (Do Torreiro á Praza 8 de Marzo)
17.00h. A RÚA EN DANZA: Espacio Aberto. Clase de Tango. (Na Praciña de San Pedro)
17.00h. CIRCO DE RÚA. «Velocíclopes» Fantoches Baj. (Na Praza 8 de Marzo)

18.00h. PASARRÚAS/ACTUACIÓN.
Grupo de música e baile tradicionais Brincadeira

19.00h. CIRCO DE RÚA. (Na praciña de San Pedro)
Pedro

19.00h. CABARET. «Unha cadeira para movelo mundo» Femme Fatale (Na Rúa de San Pedro)
20.00h. ASTRONOMÍA NA BEIRARRÚA
20.00h. CONCERTO. (Na Praza 8 de Marzo)
Xerock
22.30h. VERBENA. (No Torreiro)
Orquesta Atlanta.

24.00h. PASARRÚAS ESPECIAL.
«Ragnarok» Kull d’sac. (Rúa dos Concheiros)

DOMINGO 1

10.00h. DEPORTE. I Romaría do Fútbol. (Campo de Belvís)
11.00h. PASARRÚAS.
Quarteto da Gentalha do Píchel
Gaiteiros da Xuntanza

13.00h. PASARRÚAS.
Grupo de Baile e Gaiteiros da Xuntanza e Escola de Pandeireta de Brincadeira

14.00h. ROMARÍA. (Parque de Belvís)
Os Estalotes
As pandereteiras de Toutón e Pazos de Borbén
Xandobela

Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Polbo e Churrasco
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2012 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
XI Festival Retrouso (Cela-Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2012 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto pro refuxiados saharauis (Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2012 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Festival nas festas de Coia (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-06-2012 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festa República Billarda en Ribadeo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2012 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival Vente Vindo (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-06-2012 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de apoio a Radio Piratona (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-06-2012 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Carlos Conde (Tito Galiña)

o sábado 30 de xuño terá lugar en Vigo un xantar-homenaxe a Carlos Conde Quintela (Tito Galiña), tamborileiro de grupos míticos como Os Cruceiros, Airiños Galegos, Os Xeitosos de Sárdoma,...

O xantar-homenaxe terá lugar no restaurante Danubio Azul de Sárdoma (Vigo)

Se queres participar na homenaxe podes porte en contacto con Antón Sánchez (Gaiteiro) no correo-e: anton_cuncheiros@yahoo.es ou no teléfono 646.92.51.46

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2012 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Remata o prazo para os Cursos monográficos de verán Trepia

Aberta a inscrición até o 30 de xuño!


Do 2 ao 31 de xullo convocamos a segunda edición dos cursos monográficos de verán da A.C. Trépia.

As sesións programadas para este ano son:
•História e tipoloxias do traxe tradicional
•Música tradicional galega contemporánea
•Metodoloxia e técnicas da recolleita
•Pasamaneria e bordado ao ar
•Peiteado e maquillaxe para o traxe tradicional
•Polifonia aplicada ao canto tradicional
•Percusión tradicional (culleres, lata, tixola, pandeiro, cunchas...)
•Baile, pandeireta e canto tradicional (muiñeira vella, Tordóia, técnicas de improvisación...)

Tedes máis información (programa, horários, prezo, etc...) no pdf da convocatória.

NOTA: As sesións deberán ter un mínimo de 5 matriculados para seren levadas a cabo. Poderán asistir tanto sócios coma non sócios.

http://trepia.org/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 29-06-2012 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Café da memoria adicado aos vellos gaiteiros (Compostela)
Café da Memoria: Gaiteiros. 28/06/2012

CAFÉ DA MEMORIA: GAITEIROS xoves, 28 de xuño de 2012, ás 18:00 h. Unha parola con café compartida cos nosos e nosas maiores. Un xeito de achegármonos ás súas experiencias: á súa nenez e mocidade, ao traballo, ao amor, ás celebracións, aos cambios das últimas décadas... Relatos que nos poden axudar a interpretar o mundo no que vivimos.

Un encontro que conta coa xenerosidade de persoas que traballan encol da recuperación da nosa memoria colectiva e daqueles que son fonte viva da historia recente. Grazas aos músicos que, nesta ocación, prestan a súa voz e a súa arte para esta xeira:

- Juan Bello Mallou, gaiteiro (Compostela)
- Ramón Carou, gaiteiro (Rianxo)
- Francisco Ferreira Vázquez,
- Celso Ferreira Fernández,
- Recaredo Pena Vázquez, Gaiteiro, caixa e bombo (Vilar. Calvos de Randín)
- Manolo Solla, gaiteiro (Vigo)
- Florentino Ruibal "Flor da Maquía", gaiteiro (Ordes)
- Julio Vázquez Carril, gaiteiro (Arzúa)


Agradecemos a súa colaboración tamén a: Castor Castro, José Luís Dopico Orjais, Xoán Ramón marín Martínez, Patricia Noya Ruibal, Luís Prego, Carlos Rodríguez Osorio, Asociación de Gaiteiros Galegos.

Agardamosvos a todas e todos no Museo o xoves a partir das 18h00. A participacion e libre e tratase de facer tertulia, parola cos protagonistas, bos conversadores e mais fantasticos musicos.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-06-2012 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Núñez e a Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) na Coruña
Carlos Núñez e o director da OSG Víctor Pablo Pérez ofrecen o 28 de xuño un concerto na Coruña
O gaiteiro Carlos Núñez e o director da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), Víctor Pablo Pérez, ofrecerán o próximo 28 de xuño, no Pazo da Opera de A Coruña, un concerto xunto ao conxunto orquestral galego, segundo informa nun comunicado a OSG.

"Non é a primeira vez que a Sinfónica de Galicia une ao son das súas cordas ao dunha gaita --as de Cristina Pato, Susana Seivane e Mercedes Peón-- nin a primeira vez que Carlos Núñez ofrece coa agrupación orquestral un concerto --Xacobeo 2011, en Santiago de Compostela--, pero si a primeira ocasión na que o fai ao lado de Víctor Pablo Pérez", explica o conxunto orquestral.

«É unha gran posta en escena: clásica, rock, música celta e bandas sonoras». Así presenta Carlos Núñez o concerto que ofrecerá esta noite, 20.30 horas, no Palacio da Ópera da Coruña, coa Sinfónica de Galicia, «unha orquestra que conseguiu para os galegos ser un motivo de orgullo como o fútbol».

-Francia, Irlanda, Brasil... é difícil seguirlle a pista.
-Hai pouco estivemos en Nantes presentando o documental Brasil somos nós e veu un señor, coa súa muller, a felicitarme, que lle gustou moito. Era Jean-Marc Ayrault, que agora resulta que é o primeiro ministro de Francia, e así coñeceu Galicia. A Dublín imos todos os anos a tocar polo San Patricio e vén o presidente de Irlanda.

-¿Galicia vende fóra?
-Galicia ten moito que dicir. Somos ponte natural con Irlanda e de aí con Estados Unidos. Hai que romper eses tópicos de sol e touros e co turismo dar a coñecer esta parte atlántica. Xa lle gustaría ao flamenco encher estadios como facemos os músicos celtas.

-¿Prepara novo disco?
-En Nadal sairá Discover Carlos Núñez, unha antoloxía froito dos quince anos de traballo.



O encontro terá lugar o xoves, 28 de xuño, no Pazo da Ópera de A Coruña ás 20.30 horas e cun repertorio que inclúe obras de Davey, Terashima, Gaos, Sarasate, Rodrigo, Moloney, Amenábar, Sakamoto e o propio Núñez.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-06-2012 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Visita guiada á Casa da Gaita (Viascón)
Hoxe xoves 28 de xuño, Os chichisos en colaboración coa Asociaciónd e Gaiteiros Galegos organizan unha visita guiada á Casa da Gaita.

O punto de encontro será a Casa da Cultura de Marcón as 17:30.

Para apuntarse hai que chamar ao 676 84 29 42

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-06-2012 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Para escoitar
Achegamos os distintos programas relacionados co Folk que se emiten na Galiza para os que non poideron escoitalos en directo:


Folk in Trio (22/06/2012)


Lume na Palleira (23/06/2012)




Lume na Palleira (24/06/2012)




Comentarios (0) - Categoría: Programas de radio - Publicado o 27-06-2012 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Promo do Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo)

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 27-06-2012 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Premio da música independente ao disco de Uxía
Os Premios da Música Independente, que recoñecen o traballo dos profesionais do sector en todo o Estado, premiaron o álbum Meu Canto de Uxía, como o mellor disco de música de raíz.

A cantante recolleu, a noite do luns, o seu galardón nunha gala celebrada no Teatro Arteria Coliseum da Gran Vía madrileña. O premio serve para visibilizar un traballo moi coidado, pero tamén para romper prexuízos cara aos músicos da periferia e prestar máis atención ao que pasa por aquí, explica cunhas palabras que resumen tanto a súa traxectoria individual como o seu empeño en conseguir un recoñecemento global da música galega.

Máis de 3.000 candidaturas presentáronse a estes premios para optar a unha trintena de categorías a concurso. Un centenar de profesionais elixiu os finalistas e, a partir de aí, o público tomou a decisión final a través dunha votación popular en Internet, onde Uxía superou a outros artistas galegos como Talabarte e Banda Crebinsky ou ao recoñecido Eliseo Parra. Había tamén varios galegos nomeados noutras categorías, algúns dos cales obtiveron o seu recoñecemento, como os coruñeses Mushroom Pillow ao mellor selo discográfico. Defensora da música de raíz como un espazo vivo nada inmovilista, que se mestura e que viaxa ben, Uxía acompaña as súas palabras con feitos: no outono iniciará unha xira por Brasil.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-06-2012 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto-homenaxe a Celso Emilio Ferreiro en Vigo

A Consellería de Cultura e Educación organiza na cidade da oliveira un concerto homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, que terá lugar hoxe martes 26 de xuño, ás 20:00 horas, no Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, e que será de entrada aberta e gratuíta.


O evento congregará diversas propostas artísticas, dos ámbitos musical e poético, baseadas na obra do escritor, da man de voces novas da cultura galega.

As actuacións de Ataque Escampe, El Puto Coke, Patricia Moon e Frans Banfield, Davide e Luis Emilio Batallán compartirán escenario coas intervencións de Inma López Silva, Rexina Vega ou Xesús Alonso Montero. No concerto, que será presentado por Yolanda Castaño, tamén participarán alumnado da Escola Superior de Arte Dramática e do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, así como a Coral de Beade.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2012 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Zeca Afonso en Ourense


A Praza Maior de Ourense acolle hoxe martes, día 26 de xuño, o concerto titulado "Terra da fraternidade", en homenaxe ao músico e compositor portugués Zeca Afonso.

O concerto contará coa actuación dos artistas Joao Afonso, Uxía Senlle, Xurxo Souto e Najla Shami, entre outros.

O evento está previsto para as 22.30 horas e forma parte da programación das Festas de Ourense 2012, que organiza a Concellería de Cultura.

Zefa Afonso (1929-1987) foi un dos mellores e máis coñecidos músicos de Portugal. Compuxo canción protesta portugués e escribiu música contra a dictadura de Salazar, que gobernou Portugal dende 1926 ata 1974. Na actualidade, anos despois da súa morte, permanece aínda cun alto número de vendas tanto no seu país coma no estranxeiro.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2012 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 25 (Luns)
• Germán Díaz no Salón de actos do MARCO (Vigo) ás 20:30
• O Sonoro Maxín na praza Maior de Ourense ás 22:00

Terza feira 26 (Martes)
• Concerto homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no C.C. Caixanova (Vigo) ás 20:00: Ataque Escampe, Patricia Moon, Luis Emilio Batallán, Davide,...
• Concerto Terra da Fraternidade (Homenaxe a Zeca Afonso): Joao Afonso, Uxía, Xurxo Souto, Najla Shami, Ico,... na Praza Maior de Ourense ás 22:30

Corta feira 27 (Mércores)
• Festas do barrio de San Pedro (Compostela): Talabarte
• Foliada no Bar Rúa (Rúa de San Pedro - Compostela)

Quinta feira 28 (Xoves)
• Festas do barrio de San Pedro (Compostela): Maghúa, Os Modernos e Ardentía
• Carlos Núñez e a Orquesta Sinfónica de Galicia no Pazo da Ópera (A Coruña)
• Derrame Rock (Ourense): Los Suaves, O Sonoro Maxín, Festicultores, Cuchufellos, Ulträqäns, Final Concurso Radio Galega, Gatillazo, Miguel Costas...

Sexta feira 29 (Venres)
• Festas do barrio de San Pedro (Compostela): Sacha na horta, Dios Ke Te Crew e Terbutalina
• Milladoiro no Teatro Colón (A Coruña)
• Lulavai no pub Gatos (Melide)
• Carapaus no Liceum (O Porriño)
• Treixadura coa Coral de Ruada en Ourense ás 22:30 na praza Maior
• Foliada Cantos de Taberna (Pontevedra)

Sábado 30
• Encontro de grupos folklóricos de Pontecesures, no peirao dende as 11:00
• Homenaxe a Carlos Conde (Tito Galiña) en Sardoma (Vigo)
• XI Festival Retrouso (Cela-Bueu)
• Festas do barrio de San Pedro (Compostela)
• Derrame Rock (Ourense): Heredeiros da Crus, Zenzar, Dakidarría, Los Enemigos, Reincidentes, Rosendo,...
• Festival en favor dos refuxiados saharauís as 21:00 no Campo de Arriba de Rianxo: Verdegaio e a Orquestra Os Modernos
• Marful en Allariz na Fundación Vicente Risco ás 21:00
• Tertubalina na Sala Karma (Pontevedra)
• Coanhadeira, Xose Manuel Budiño e Kepa Junquera en Ourense na Praza Maior ás 22:30
• Serán de Esfarrapada (Anceu-Pontecaldelas)
• Serán de Freixo (Crecente)

Domingo 1
• Festas do barrio de San Pedro (Compostela): Romaría ás 14.00h. Os Estalotes
As pandereteiras de Toutón e Pazos de Borbén
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-06-2012 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada Ven Respirar (Ourense)
Cambio de data, pasa ao 22 de Xuño en lugar do 29 como estaba previsto, motivado pola coincidencia o día 29 de actuación do grupo Treixadura na Praza Maior a mesma hora.

EXPLANADA DA EFÉMERA (Fronte ao Auditorio Municipal)

Último Venrespirar da tempada 2012, desta volta modificamos a data, vai ser o VENRES 22 DE XUÑO,coma sempre con música TRAd ao vivo e baile guiado.

Nesta edición d
e Xuño, festa rachada cos seguintes grupos: Tanto nos ten (TNT), Candaira, Gomes Mouro e convidados: Vapores das Burgas e Asoc de veciños "Os Montes" do bairro de San francisco. Guiará o baile Bea Díaz

Ás 20:00 VENRESPIRIÑO: Obradoiro infantil de danza trad e xogos bailados,
A partir das 22:30 VENRESPIRAR
Haberá sorpresas!!!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-06-2012 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival Folk de Vilacoba (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-06-2012 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Festas de San Xoán de Paredes (Vilaboa)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2012 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Areal (Ribeira de Berres-A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2012 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Campionato de futbolín e festival en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2012 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Nao en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2012 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Armadanzas e Ultreia en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2012 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer