Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festas do barrio de San Pedro (Compostela)

Programa FBSP 2011
29, 30 de XUÑO e 1,2 e 3 de Xullo de 2011

XOVES 30
22.30h. FOLIADA. Praza 8 de marzo (Pta. Camiño).
Vilarachos
Tanto Nos Ten
Tiruleque


VENRES 1
19.00h. PASARRÚAS E CABEZUD@S.
19.30h. TÍTERES. Praciña de San Pedro.
Carlos Luna: Rocambola Títeres "Historias de Rocambola"

20.30h. CLOWN. Na praciña de San Pedro.
Peter Punk e o neno imperdible

22:00 NOITE DO LASTRO. Praza 8 de marzo (Pta. Camiño).
Banda Crebinsky
Dandy Fever
Fluzo


SÁBADO 2
11.00h. FEIRA. Rúa de San Pedro.
12.00h. ENCONTRO DE CABEZUD@S E PASARÚAS.
@s da Gentalha do Píchel
@s do Barrio de San Pedro
Zampón o lambón
Música de: "Treboeiros de Muimenta"

12.30h. CLOWN. Na praciña de San Pedro.
Pedro

13.00h. OBRADOIRO DE COSTURA DIVERTIDA. Na Praza 8 de Marzo (Pta Camiño).
O Traxe Tradicional

13.30h. PASARRÚAS.
Treboeiros de Muimenta
14.00h SESIÓN VERMOUTH. No Cruceiro de San Pedro.
Orquesta Marimba.
17.00h. CONTACONTOS EN LÍNGUA DE SIGNOS. Na Praciña de San Pedro.
17.30h. OBRADOIRO DE BAILE TRADICIONAL. Na Praza 8 de Marzo (Pta Camiño).
18.00h. CLOWN. Na praciña de San Pedro.
Assircopatas
18.30h. PASARRÚAS/ACTUACIÓN. Praza 8 de Marzo (Pta Caminño)
Grupo de Música e Baile Tradicional de Brincadeira
19.00h. CLOWN. Na praciña de San Pedro.
Dj Capuzzi y La Señorita X
20.00h. ASTRONOMÍA NA BEIRARRÚA

20.00h. PASARRÚAS.
A Magnifique Band dos Homes sen Medo
21.00h. CONCERTO. Na Praza 8 de Marzo (Pta Camiño).
A Magnifique Band dos Homes sen Medo
22.30h. VERBENA. No Cruceiro de San Pedro.
Orquesta Marimba.

DOMINGO 3
11.00h. PASARRÚAS.
Quarteto da Gentalha do Píchel
Gaiteiros da Xuntanza

12.00h. CONCERTO. Na Praza da Angustia.
A Banda de Lousame

12.00h. RECITAL POÉTICO E MUSICAL. Na Praza 8 de Marzo (Pta Camiño)
A Rebelión da Décima Musa IV
Ana Romaní, Antía Otero, María Rosendo, Lucía Aldao, Alicia Fernández, Dores Tembrás e as Pandereteiras Bouba.

12.00h. CATA DE VIÑOS. No Parque de Belvís. (Preinscripción).

13.00h. PASARRÚAS/ACTUACIÓN. Cruceiro de San Pedro - Pza. 8 Marzo - Parque de Belvís
Grupo de Baile A Xuntanza e Escola de Pandeireta de Brincadeira

14.00h. ROMARÍA. Parque de Belvís.
Os Estalotes
As pandereteiras de Toutón e Pazos de Borbén

Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Polbo e Churrasco
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-06-2011 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Festa populares e galegas de Boiro
http://aturuxa.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-06-2011 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
A Roda no Alalá

Hoxe, mércores, día 29/06/2011

Entre amigos, arredor dunha mesa redonda, do mesmo xeito que naceu un dos grupos máis importantes e emblemáticos da música tradicional galega, "A Roda", así se presenta o "Alalá" de hoxe, para achegarnos a figura daqueles míticos músicos que cantaban "O Miudiño" "O Gato" e o "Pousa Pousa", temas que xa resoan na memoria colectiva do universo musical.


O equipo do programa acompañará os recordos destes 35 anos de música ininterrompidos do grupo "A Roda", creador de parte da iconografía musical galega, a partir dun son que nos achega as nosas raíces máis profundas, máis populares e máis nosas.

Aqueles músicos e amigos de "A Roda conseguiron a proeza de gravar no seu primeiro disco temas xa históricos, cando corría o ano 1977 e uns rapaces de vinte poucos anos elevaban a canción de taberna á súa máxima expresión.

A medida que aquelas cancións se transformaban en himnos informais, "A Roda" editaba máis dunha ducia de discos, conseguía multitude de premios e abarrotaba prazas e auditorios por toda Galicia e medio mundo.


Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 29-06-2011 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Talabarte
–¿Como xurdiu a idea de facer este grupo?
–Non é o grupo principal de ningún de nós, que estamos metidos tamén noutros proxectos. Comezamos ao redor do ano 2004 e nese momento eramos un dúo de violín e acordeón diatónico que tiñamos a intención de tocar repertorio galego con sonoridades europeas. Agora que tes acceso practicamente a calquera música do mundo resulta inevitable ter certas influencias sonoras. Nun momento determinado uniuse á banda a percusión e levamos tres anos tocando por diversos lugares de Galicia.

–A formación de trío é a mellor para o que vostedes pretenden realizar musicalmente?
–Son tres instrumentos que empastan ben e soan moi a madeira. Cremos que é unha formación moi redonda e estable en canto a sonoridade. Ás veces xérase un efecto case de música de cámara pola presenza do contrabaixo. Estamos cómodos como trío, aínda que temos falado que se nalgún momento actuamos nun festival de verán en escenario grande quizais poidamos engadir a un percusionista.

–En Galicia houbo poucos achegamentos entre o folk e o jazz e o seu grupo aporta toques jazzísticos no seu traballo.
–En Europa existen formacións destas características, mais é verdade que aquí non se fixera algo así. A nivel tímbrico soa diferente e iso é bo para o panorama musical galego, xa que aporta frescura. O que facemos parte das linguaxes musicais na que nos movemos e está claro que Kin García provén do jazz e iso ten que notarse nalgún momento no resultado artístico, e os outros compoñentes aínda que nos movimos dentro do folk sempre fixemos unha chiscadela a outros estilos na nosa andaina. O noso concepto musical xoga coa fusión de diversos elementos e dámoslle relevancia ao tema da improvisación.

–Con esta formación os instrumentos teñen plena liberdade para expresarse e, por momentos, o repertorio elixido resulta esixente para vostedes como instrumentistas.
–Deixamos que os instrumentos digan o que teñen que dicir. Existen momentos na obra de maior excitación musical e outros nos que estamos máis recollidos. É verdade que existen partes do repertorio esixentes, con harmonías bastante atrevidas, e cómpre estar preparados para afrontalo porque ten momentos complicados para tocar. Debemos pensar que só somos tres músicos para levar todo o peso musical do proxecto.

–Botan man de bastantes pezas tradicionais. Como traballaron con elas para efectuar os arranxos?
–Algúns temas elixidos no repertorio xa os tocáramos noutras formacións, son moi coñecidos e quixemos aportarlle a nosa visión. É positivo que existan diferentes versións dun tema tradicional, algo que semella teñamos medo de realizar en Galicia e que noutros países fan con naturalidade. Nestas pezas comezamos a tocar violín e acordeón como punto de partida e logo imos harmonizando. O tratamento vai na procura dunha sonoridade diferente e arriscamos coas harmonías e ritmicamente. Por exemplo, Sara soa case como un tango mais conserva a esencia, xa que son pezas perfectamente identificables aínda que as levemos a outros territorios. Pasámolo moi ben cando ensaiamos, xa que adoitamos estar un día enteiro no campo e facemos as cousas con calma e sen estrés mentres disfrutamos da natureza.

–Chama a atención a presenza de dúas pezas do acordeonista francés Bruno Le Tron. A que é debido?
–Tróuxoas Pedro, que está moi ao tanto do que se fai no eido do acordeón diatónico europeo. É un músico de referencia dentro dese mundiño, pero foi realmente casual que nos gustasen tanto esas dúas pezas e aparezan no álbum.

–Logo queda unha parte importante da obra coas catro pezas de composición que aportan. Vese aí máis reflectida a personalidade de Talabarte?
–Un tema propio sempre aporta algo persoal ao conxunto. A tendenza acostuma ser comezar arranxando temas tradicionais, e co paso do tempo ir aportando pezas propias é algo que vai xurdindo. Pero ás veces retomas novamente a tradición porque ese material está sempre presente na túa cabeza e pode xurdir a posibilidade de darlle unha volta. Xa temos temas novos para poder tocar nos concertos. No futuro vainos apetecer meter máis temas propios. Cremos que esas pezas manteñen en todo momento a sonoridade da banda.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2011 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Treixadura: Unha semaniña de catro discos
O último álbum de Treixadura fecha un ciclo que coincide con vinte anos dos grupo e cunha tetraloxía discográfica, un proxecto pouco común no noso país. A seguir a liña de recuperación de cantos tradicionais e de taberna, o grupo combina agora o seu son co das bandas de música e outras corais nunha ambiciosa aposta que estará de xira polo país esta verán.

Comezou con Unha noite no muíño en 1999 e finaliza neste 2011 con esa si que é muiñada.

Catro discos, cada un dos cales ten como título un dos versos desta coñecida cantiga, foron a grande a aposta de Treixadura polo seu traballo de recuperación e reinterpretación de cantigas tradicionais. “Cando comezamos era para nós un soño conseguir completar esta tetraloxía. A medida que foi pasando o tempo e fomos atopando a colaboración da xente e do público vimos que podía ser posible”, explica Toniño, percusionista e voceiro da formación. No camiño, o proxecto pasou de ser un grupo de gaitas e percusión de 5 membros a integrar un orfeón con dez persoas máis. “Un punto de inflexión foi o comezo da colaboración con eses dez homes que nos botaron unha man e que acabaron sendo o Orfeón Treixadura, que nos directos deunos unha saída moi potente”. Na actualidade, este grupo vocal está totalmente inserido no grupo e supón a seña de identidade do son Treixadura. “O que queriamos cando comezamos o proxecto era servir un pouco de elo na cadea de transmisión da música tradicional. Non só tocar o repertorio propio de gaiteiros, coros e bandas de música, senón tamén crear algo máis na música popular, por iso tamén hai temas propios de Treixadura”, lembra Toniño. O proxecto avanzou compilando e versionanto temas tradicionais máis ou menos coñecidos.

Muiñada
“Este é un disco que envolve un pouco toda a traxectoria do grupo” lembra o percusionista do grupo. Na presentacón da obra, fálase dos “cantos que aínda hoxe viven nas tabernas, nos seráns, nos gaiteiros, nos coros, nas bandas,que permanecen en nós desde a noite dos tempos de man da tradición oral, os libros e a música”. O proxecto, autoeditado e gravado nos estudios Casa de Tolos, conta con convidados de luxo, xa que reúne, na Foliada marmuradora e mais no tema que dá nome ao disco as voces dos catro coros decanos do noso país: Real Coro Toxos e Froles, Coral De Ruada, Cantigas e Agarimos e Cántigas da Terra. Canda a eles, a Agrupación Musical do Rosal participa tamén no último tema, unha aposta que quere reivindicar a importancia das formacións destes tipos na recuperación e transmisión da nosa música. O disco inclúe ademais unha nota emotiva cun tema dedicado a Xosé Méndez, Morgan, membro do orfeón falecido en 2010. “Dedicámoslle o tema Canto do meu compañeiro, unha canción tradicional á que lle engadimos unha nova copla”, lembra Toniño. Canda a este tema, destaca propostas como Caraveliños, con letra tradicional sobre música propia, ou a xa mentada colaboración cos coros. “Están gustando moito unha serie de Alalás que gravamos e que pensamos que non ían ten tanta popularidade. Ao final será o público quen vaia peneirando estes temas”.

O segredo Treixadura
Facer vinte anos de traxectoria no folk galego non é tan sinxelo, e menos coa saúde coa que celebra o seu aniversario esta formación. Unha das grandes peculiaridades de Treixadura é que conseguiu que algunhas das melodías orixinais que incluíu nos seus discos se incorporansen a repertorios de formacións de gaitas e outros grupos como se fosen pezas populares, como é o caso da súa Muiñeira de Santo Amaro. “Sabemos que moitos gaiteiros valoran o noso grupo, encántanos que nos concertos a xente cante con nós, mesmo temas que non son populares, e que apareza a nosa música nos bares e en festas e que se cante”. A aceptación de Treixadura débese en boa medida a súa aposta pola vertente máis festeira da nosa tradición, cantos corais que en moitos casos son propios de tabernas ou eventoso sociais. “Cando o grupo naceu hai vinte anos estábamos convencidos d eque un grupo de gaiteiros tiña que ser capaz de facer un espectáculo como calquera outro. Era un momento no que a música de gaita non estaba moi considerada, e penamos que había que a actualizar algo e darlle un carácter máis lúdico no directo” lembra Toniño.

A evolución do público
Malia a que agora estes conceptos poden parecernos habituais, no seu momento supuxeron unha novidade no paronama da música tradicional galega, e foi parte dun proceso que deu nun potenciamento dos aspectos festivos da tradición. “As cousas van evolucionando. Hoxe é moi sinxelo atopar toda unha serie de seránas e de citas deste tipo no calendario. A música tradicional está a ocupar un epazo que tiña antes, está a darse unha revitalización cunha boa masa de xente que se dedica a tocar a cantar”. Cun maior ou menor apegamento á tradición, a vertente máis verbeneira da nosa música popular tivo outros representantes neste período como son Quempallou ou Os Cempés, entre outros, afianzando un panorama ben afastado do formalismo que durante anos caracterizou a música e o baile tradicionais.

Despois da fin do ciclo
Unha vez rematado o ciclo destes catro discos, queda por saber cal é o camiño de futuro do grupo. Se temos en conta que antes unicamente publicara un disco como quinteto de gaitas e percusión, é difícil ter unha base para se facer unha idea da vindeira evolución. “Non sabemos ben aínda o que faremos. Polo de agora estamos a gozar do sabor deste, pero é de agardar que seguiremos nunha liña semellante, cun estilo moi clásico. Tentaremos coida a música de gaita, facer certa compilación nese sentido e seguir achegando a nosa música para o popular”. Entre os proxectos máis inmediatos está facer os concertos de presentación do proxecto, que o grupo pretende concentrar cara aos vindeiros outono e inverno. “O verán será algo de repouso. Queremos aproveitar despois as salas e auditorios para que a xente poida escoitar e participar con calma. Polo xeral toda a programación neste estilo concéntrase no verán, pode acontecer que haxa un baleiro no inverno e aí queremos ir nós”.


www.culturagalega.org

Ven ver o mar by Treixadura

Reportaxe Treixadura from Casa de Tolos on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2011 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe pecha o xornal en galego Galicia Hoxe
A sangue frío

Só lle tiñamos medo a que nos caese o ceo enriba e durante dezaoito marabillosos anos fomos unha tribo irredutible que manteu ergueita a bandeira na que está bordado o ADN deste bendito/maldito país noso, co idioma como fío condutor. Hoxe remata a aventura do Galicia Hoxe, orgulloso herdeiro d’O Correo Galego, afogado pola crise, esnaquizado polo desprezo institucional aventado dende o Goberno que preside o señor Núñez Feijóo, aplastado polo autoodio dunha sociedade civil afeita secularmente a manter unha relación paranoica cos seus propios sinais de identidade.

Se o gran libro da Historia lle dedica unha liña -que llela dedicará- ao proxecto máis ambicioso en favor do galego sostido por unha empresa privada, dirá, con total seguridade, que o GH naceu con Fraga, viveu co bipartito de Touriño e de Quintana, e morreu con Feijóo. Quen tivo a honra de dirixilo -baixo o paraugas protector de Feliciano Barrera, co apoio xeneroso e titánico de José Manuel Rey e cun equipo exemplar de profesionais-, pode dicir algo máis, igual de certo, malia que espido da asepsia dos historiadores: Galicia Hoxe deu os seus primeiros pasos cando a era Fraga agonizaba, e o gran patrón da dereita practicou con nós unha política de permisividade, de ‘laissez faire’, que lle deu osíxeno ao proxecto, logo dos anos de hostilidade contra O Correo Galego.

A etapa dourada vivímola co bipartito, sobre todo porque con Touriño e Quintana chegaron o respecto e unha liberdade descoñecida até entón no universo dos medios de comunicación. Abriuse, tamén, a billa das axudas institucionais -nada que ver coas inxeccións dos gobernos catalán e vasco a proxectos semellantes, pero si unha esperanzadora viraxe na política de defensa do galego- e aproveitamos os catro anos de bonanza para desenvolver un periodismo fresco e independente.

Coa chegada a Monte Pío do ‘señor das tesoiras’, no GH comezamos a escribir a crónica dunha morte anunciada. Consúmase hoxe -mentres o señor Núñez Feijóo entrega ufano as medallas Castelao, simbolo de galeguidade- o asasinato a sangue frío, con aleivosía e a pleno sol, dun periódico crítico, pequeno como a aldea de Astérix e grande no tratamento das noticias coas únicas armas da veracidade, da honestidade e do compromiso con Galicia.

Sei ben o que dirá o ‘señor das tesoiras’: Galicia Hoxe pecha porque a sociedade o deixa morrer, porque non vende o suficiente para ter unha conta de resultados equilibrada. Amén, señor presidente, pero con esa regla de tres ten vostede que comezar a desmantelar -se é que non comezou xa, que barrunto que si- o tecido produtivo deste país tan pequeno como o GH, con Citroën, a nosa primeira industria, á cabeza e metendo no saco das empresas improdutivas a mesmísima CRTVG. Porque nin unha nin a outra poderían sosterse sen as xenerosas subvencións dunha Xunta que utiliza con arrepiante impunidade a lei do funil.

É tan certo que o GH non conseguiu lectores suficientes para se soster como certo é que ningún periódico en Galicia podería vivir só dos seus lectores. A oportuna reflexión do analista Manuel M. Barreiro ofrece luz para quen queira ver: "En Galicia hai milleiros de persoas que, sobre a importancia dun medio en galego, viven en permanente estado de necesidade, pero non dan o paso ao estado de compromiso co sostemento de ningún medio en galego crítico. Somos os lectores os que temos que soster os medios críticos e alternativos, Polo de pronto, apoiando os existentes, dándolles audiencia e contribuíndo economicamente ao seu sostemento".

É dolorosamente obvio que iso non ocorre, así que misión cumprida, señor presidente, pero non se agoche baixo o paraugas das leis do mercado: Galicia Hoxe desaparece porque vostede camiña diante pola corredoira do autoodio, Galicia Hoxe desaparece porque o seu Goberno lle pechou con estrondosa hostilidade as axudas que alegremente reparte noutras leiras mediáticas, Galicia Hoxe desaparece porque non estamos dispostos a dicir que chove cando o que fan e mexar por nós.

Só unha reflexión máis: coa morte do único diario en galego morre tamén un pouco do ADN de Galicia, e tampouco niso andamos como para tirar foguetes. Hai poucos días, presentouse un libro da Universidade de Salamanca, no que participou o profesor da USC Xusto G. Beramendi, que revisa o concepto de identidade nacional no senso de que, xunto co Estado, a xeran a sociedade civil, as institucións e os medios de comunicación. Quizais na ultraliberal Xunta do ‘señor das tesoiras’, nese equipo de demolición (o mestre Beiras dixit) onde falar de identidade nacional é case como mentar o demo, respiren hoxe aliviados co peche dun periódico en galego e, sobre todo, galego.

Mátanos a sangue frío, don Alberto, pero saiba que o sangue quente das familias dos dezanove profesionais que hoxe van ao paro estará sempre aí, lembrándonos que a pluralidade informativa está de loito en Galicia, e saiba tamén que a Historia alumará con cegadora claridade e con exactitude o rol que cada quen desenvolveu neste tan minúsculo como nada pueril episodio. Mentres ese día chega, a todos, boas noites e boa sorte.

Nota
Agradecemos as condolencias dos bos e xenerosos, pero afórrenas para mellor causa. A nosa dor é privada e as nosas feridas, tamén. A familia non recibe. É tempo de silencio.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-06-2011 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Curso 2011-2012: Escola de Salitre de Adufes, Pandeiretas e Coplas, de Xavier Díaz
información e preinscricións: curso@musicasdesalitre.com

até o 30 de xuño.

Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 28-06-2011 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 27

Terza feira 28 (Martes)

Corta feira 29 (Mércores)

Quinta feira 30 (Xoves)
• Festas do barrio de San Pedro (Compostela): Vilarachos, Tanto Nos Ten e Tiruleque

Sexta feira 1 (Venres)
• Festas do barrio de San Pedro (Compostela): Banda Crebinsky, Dandy Fever e Fluzo
• Festival Arde Rande (Chapela-Redondela): Kogito, Bloquinho da Salgueira, Foxy Freire,...
• Música na noite (Calo-Teo): Ataque Escampe, Galegoz, Novedades Carmiña, Medomedá
• Sons da Lameira (Matamá-Vigo): Os irmandiños de Vincios, Os Terribles de Donas, A Requinta da Laxeira
• Serán en Maceda

Sábado 2
• Festas do barrio de San Pedro (Compostela): A Magnifique Band dos Homes sen Medo
• VII Foliada da Mariña en Xove (Lugo): Pradairo e Güintervan
• Quempallou en Outeiro de Rei-Lugo
• Treixadura en Carril (Vilagarcía de Arousa) ás 23:00
• Noitarega no Memorial Ricardo Portela de Viascón (Cotobade)
• Festival Asalto ao castelo de Vimianzo: Chiculate, Berroguetto, Funky Style Brass,...
• XVIII Festival do río Castro (Narahío): A Quenlla, Os Carunchos, Os Cuchufellos
• Festival Vai chorar a Cangas (Cangas do Morrazo): Skakeo, Kogito, Bastards on Parade, A Tuna Rastafari
• Sons da Lameira (Matamá-Vigo): Ruxe-Ruxe, Skunk DF, Os Podridos, Medomedá
• Música na noite (Calo-Teo): Banda De Gaitas S.R. Calo, Os Estalotes, Bellon Maceiras Quinteto, Mercedes Peón, Ulträqäns
• X Festa Rachada da Baña
• Serán na Capela de Santo Estevo, O Rodeiro, Avión

Domingo 3
• Romaría nas Festas do barrio de San Pedro (Compostela): Os Estalotes, as Pandereteiras de Toutón e Pazos de Borbén,...
• Susana Seivane na Porta do Sol de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-06-2011 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 24 (Venres)
• Concerto fin de carreira de Xurxo Fernández en Vigo
• Tanto Nos Ten no Multiusos de Redondela ás 21:30
• CoraSons no Liceum ( O Porriño)
• Pé de boi na Estrada no Teatro Principal ás 23:30
• Capitán Furilo en Ponteareas
• Ataque Escampe no café Uf (Vigo) ás 23:30
• Snatch na Casa do Medio (Compostela) ás 22:00
• Derrame Rock XVI(Ourense): Muchachito Bombo Infierno, Lamatumbá, Molotov, Def con Dos, ...

Sábado 25
• Mercedes Peón nas Festas de Ourense
• Tanto Nos Ten na Casa dos Druidas (Vilaboa)
• Liorna en Ardán (Marín)
• Ultraqáns na Festa da Xuventude (Outeiro de Rei) ás 22:00
• Raiba no Clavicémbalo (Lugo)
• Derrame Rock XVI (Ourense): O’funk’illo, Dios Ke Te Crew, Soziedad Alkoholica, Los Suaves, Siniestro Total, ...
• II Festival da cultura proletaria (Cangas do Morrazo): Luis Caruncho, Chacarrandaina, Skarnio,...
• Serán no Campo da festa de Valongo (Cotobade)
• XII Serán de O Fiadeiro na AVV Santa Mariña de Cabral (Vigo)
• Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)

Domingo 26
• Atlántica Vapora Orquestra en Vilaxoán ás 13:00
• Uxía nas Festas de Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-06-2011 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
25 de xuño
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)
- XII Serán festa fin de curso da ACF O Fiadeiro na A .V. Santa Mariña de Cabral (Vigo)
- Serán no Campo da festa de Valongo (Cotobade)

1 de xullo
- Serán de Maceda

2 de xullo
- Serán na Capela de Santo Estevo, O Rodeiro, Avión

9 de xullo
- VI Conrobla de Boimorto

30 de xullo
- Serán no monte da Picaraña (Ponteareas)

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-06-2011 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Valongo (Cotobade)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-06-2011 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Serán O Fiadeiro 2011
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-06-2011 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación da Atlántica Vapora Orquestra
A Atlántica Vapora Orquestra -AVO-, até o de agora coñecida coma Combo Mariñeiro de Vilaxoán, presentará o seu disco "Porto de Vilaxoán" o vindeiro domingo 26 de xuño ás 13 horas dentro das actividades do X Encontro de Embarcacións Tradicionais en Vilaxoán.

O disco gravado e producido en Savik Sound por José Trincado e dirixido polo director musical do grupo, autor de case tódolos arranxos do grupo, o zanfonista Óscar Fernández.

O CD estará dispoñíbel a partires do domingo 26 no propio concerto

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-06-2011 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
CoraSons no Liceum ( O Porriño)
Esta semana imos pechar a nosa programacion deica Outubro cunha despedida ao grande o venres unha destas actuacións que se fan moi poucas veces na vida, esta e a súa cronoloxía:

Recibín unha proposta para realizar unha exposición en Santiago de Compostela, durante todo o mes de febreiro e aceptei. Como a persoa que me convidou é unha cantante galega, a Uxía, logo pensamos en realizar tamén un concerto con cancións que falasen do corazón. Pedimos a colaboración de distintos músicos portugueses, galegos e brasileiros a vivir na Galiza. Chamouse 'Sons do coração', unha bonita forma de festexar o San Valentín.

Foi unha experiencia tan significativa para todos os que participaron, que nos gustaría volver a repetila no Liceum para recrear momentos como o da cardióloga Belén Cid cantando o Corazón Partío, a miña sobriña Inês entoando 'Carinhoso' de Pixinguinha ou tod@s xunt@s o Coração Bobo de Alceu Valença.

Desta volta queremos chamalo CoraSons e estaremos presentes:

Como anfitriona e raiña de corazóns: Isabel Leal, de Porto, autora do Álbum de fotos da exposición 'Heartistic'.

Sérgio Tannus: Guitarra, cavaquinho e dirección musical

Sérgio Sales: piano e acordeón

Uxía, Fred Martins, Jamila Castillo, Magín Blanco, Chus Senlle, Najla Shami, Belén Cid, Inês Salselas, Ana Senlle, Tatán e algunha sorpresa máis... "


Será o venres 24 de Xuño as 23h30 horas.
Os prezos 8 euros normal, 6 anticipada e 4 para socios
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-06-2011 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival da cultura proletaria (Cangas do Morrazo))
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 24-06-2011 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco de Tanto Nos Ten en Redondela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-06-2011 12:50
# Ligazón permanente a este artigo
Tanto Nos Ten na Casa dos Druidas (Vilaboa)
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 24-06-2011 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Pé de boi na Estrada
Continuamos coa xira de presentación do novo disco da banda: "SomosNós". O vindeiro venres día 24 de xuño estaremos no Teatro Pricipal de A Estrada (Coincidindo ademáis coas Festa da Vila)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-06-2011 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto fin de carreira de Xurxo Fernández

Moi boas Compañeir@s:

O vindeiro VENRES 24 DE XUÑO, ás 20:00h., no Auditorio Martín Códax, situado dentro do Conservatorio Superior de Música de Vigo (Manuel Olivié 23, O Castro), terá lugar o meu CONCERTO FIN DE CARREIRA da especialidade "Instrumentos da Música Tradicional e Popular de Galicia. GAITA".

O programa que interpretarei será o seguinte (máis información en http://xurxofernandez.tk):

---------------------1ª PARTE--------------------

OFRENDA MUSICAL (BMW 1079)_________________________J.S.Bach

Canon a 2 per motum contrarium, Canon perpetuus super tema
regium e Canon a 2 por Augmentationen, contrario motu.

Gaita en Dó: Xurxo Fernández
Zanfona 1: Iván Abal
Zanfona 2: Paulo González

CONTORNO #1________________________________________Paulo Glez.

Gaita en La: Xurxo Fernández
Piano: Iván Abal


---------------------2ª PARTE--------------------


ALBORADA ANTERGA DE PONTEVEDRA_______“Repertorio Perfecto Feijóo”
Gaita tumbal: Xurxo Fernández
Tambor: Cristian Silva
Bombo: Rafa Crespo

CANTO DE FIADA___________________________“Repertorio Aires da Terra”
V.O. por Aires da Terra

ALALÁ Nº2_________________________________“Repertorio Aires da Terra”
Gaita tumbal: Xurxo Fernández
Tambor: Cristian Silva
Bombo: Rafa Crespo
Voces: Cristian Silva, Rafa Crespo, Ánxela Vidal, Nuria Gesteira,
Andrea Río, Jose Comesaña, Fran Sieira, Bruno Díaz.

MUIÑEIRA (CF012)_____________________“Repertorio de Manuel Villanueva”
Gaita tumbal: Xurxo Fernández
Tambor: Cristian Silva
Bombo: Rafa Crespo


---------------------3ª PARTE--------------------


NICTEO O ESTETA_____________________________________David Bellas
I. NICTEO
V.LICO
II. ANTÍOPE

Gaitas: Projecto de Foles (Xurxo Fernández, Ánxela Vidal,Lucía
Comesaña e David Bellas)

GEA INVICTA*_______________________________________Xurxo Fernández

Gaita en Sib: Xurxo Fernández
Electroacústica

*(Estrea absoluta)(Primeira obra composta para gaita e electroacústica)

Unha forte aperta
Xurxo Fernández
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-06-2011 12:41
# Ligazón permanente a este artigo
Ataque Escampe en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-06-2011 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Derrame Rock (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-06-2011 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Roi Casal no Alalá

Hoxe, mércores, día 22/06/2011

O equipo de Alalá achégase hoxe á figura de Roi Casal, que nos vén presentar o seu segundo disco en solitario, "Maxicamente vello", onde se revela como un músico capaz de ser ás veces tradicional, outras moi pop ou tamén moi roqueiro, logrando unha mestura que a Roi lle sae de xeito natural. Tiña que ser así á forza, porque é fillo de Nando Casal, o gaiteiro de "Milladoiro", e medrou rodeado dos discos de seu pai e de todas as outras músicas que ía descubrindo por si mesmo.


O son de Roi Casal, que toca un mundo de instrumentos, está caracterizado pola arpa e, a pesar da súa mocidade, ten pisado xa algúns dos principais escenarios do planeta, porque non tiña máis que 19 anos cando se converteu no arpista de "Milladoiro"; calquera pensaría que iso é como se che tocase a lotaría ou se aprobase unha oposición, pero el non quixo acomodarse e dez anos despois deixou o grupo para intentar seguir o seu propio camiño.

Amais de tocar e cantar, o programa reflicte que Roi Casal é ante todo compositor de música e de moitas letras das súas cancións, en que agroma o seu compromiso declarado coa cultura galega.

Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 22-06-2011 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Lulavai e Irtio finalistas no VI concurso para grupos folk Folkezblai de Ermua
O xurado do concurso Folkez Blai de Ermua fai público o nome dos grupos finalistas que competirán entre si na presente edición 2011. O órgano realizou a preselección entre todas as formacións que se presentaron ao certame. O número de formacións foi de trinta e tres (33).

De todos eles, seis fixéronse acredores de pasar á última fase do concurso. Entre eles temos dous grupos galegos, un rioxano, outro biscaíño, un gaditano e outro madrileño.

- Tündra (A Rioxa)
- Adarrots (Bizkaia)
- A banda morisca (Cádiz)
- Lulavai (Pontevedra)
- Irtio (Pontevedra)
- Streets wings (Madrid)

Esta é a sexta edición do concurso para grupos folk, Folkez Blai. O concurso está dotado con 4500 euros en premios e ademais os grupos finalistas recibirán unha dieta de 400€ para os gastos de desprazamento, por vir tocar a Ermua. O grupo gañador recibirá 3000 euros en metálico e o segundo clasificado outros 1.500 euros. Os grupos seleccionados na primeira fase tomarán parte na segunda, que consiste na actuación en directo na praza Cardeal Orbe durante o segundo fin de semana de setembro (días 9, 10 e 11). Este certame está organizado polo departamento municipal de Cultura e polos grupos de música folk do municipio. O mesmo naceu coa vocación de promocionar a música de raíz e de servir de plataforma de difusión dos colectivos musicais que abordan esta modalidade.

Así mesmo, durante o transcurso desta segunda fase cóntase coa presenza dun grupo xa consagrado da música folk que ofrecerá un concerto no mesmo escenario que os grupos participantes no certame. Ao obxectivo inicial de promoción dos grupos folk súmase o de proporcionar a todas aquelas persoas que se queiran achegar ao noso municipio durante o citado fin de semana, unha oportunidade de descubrir e gozar dun tipo de música que esperamos sexa do agrado de todos/as. No concurso non participan os grupos locais, que si o fan como colaboradores na organización, así como en calidade de membros do xurado.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-06-2011 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Talabarte presenta o seu primeiro disco
Talabarte presenta o seu primeiro disco de música tradicional contemporánea

Música acústica que parte da tradición contemporánea, esta é a aposta de Talabarte, unha formación que presenta agora o seu primeiro disco. Tangos, folk, jazz ou a música popular galega e europea mestúranse nun proxecto que conta con tres pesos pesados do actual panorama folk no país: O violín de Quim Farinha (Berrogüetto), o acordeón diatónico de Pedro Pascual (Marful) e o contrabaixo de Kin García (Susana Seivane).

O disco, que achega catorce temas, está dispoñible tanto en formato físico como de xeito electrónico, a partir deste 20 de xuño
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 22-06-2011 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto fin de carreira de David Bellas
Ola amig@s quería convidarvos ao meu concerto fin de carreira da especialidade de Instr. da Mús. Trad. e Popul. Galega, para min sería un pracer que me acompañárades nese día. grazas!!!

Concerto Fin de Carreira de David Bellas
Hora Martes, 21 de Xuño · 20:00 - 21:30
Lugar Auditorio Martín Codax do Cmus. sup. de Vigo, Manuel Olivié nº1


Programa:

Primeria parte:

- Estudo 4 em Dó M-- Paulo p. de 21 estudos para gaita contralto

- Longtemps y a-- (Thielman Susato) (ca. 1510 - ca. 1570)
de Premier livre des chãsõs a deux ou a troix parts (1544)
Zanfonas: Paulo Gonzalez e Iván Abal

- Sonata I para gaita e continuo, op.27 (1730)-- Joseph-Bodin de Boismortier(1689-1755)
-Allemande. Gayment
-Courante. Vivement
-Rondeau. Gracieusement
-Gigue
Viola da gamba: Víctor Soto

Segunda parte:

- Repertorio gaita de cana-- Trad.
- Jota do Piñeiro (Trad. Piñeiro, concello do Corgo (Lugo), do repertorio de Xabier Blanco)
- Muiñeira das Muiñeiras (Popular, do repertorio de Xabier Blanco)
Tamboril: Noa Vidal
Bombo: Marcos Gallego

- Repertorio de José Marentes-- Trad.
- Muiñeira, Fonsagrada (Lugo)
- Pasodoble, Fonsagrada (Lugo)
Caixa antiga: Noa Vidal
Bombo con pratos: Marcos gallego

- Repertorio Vocal-- Trad.
- Maneo
Ercebedo, Coristanco (A Coruña)
- Cantar da danza
Comarca de Soneira, recollido pola A.C. Castro de Meda, Zas (A coruña)
Grialia (Cantareiras): Sara Abalde, Patricia Sobreira e Laura Vila

Terceira Parte

- A Ω-- D. Bellas
Bordóns: Pedro Álvarez, Ánxela Vidal, Lucía Comesaña e Xurxo Fdez.

- Nicteo o esteta-- D. Bellas
III-Epopeo
VI-Dirce
VII-Anfión e Zeto
Projecto de Foles (gaita de fol): Ánxela Vidal, Lucía Comesaña e
Xurxo Fdez.

- Alea Iacta Est-- D. Bellas
Zanfona: Lucía Comesaña
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 21-06-2011 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Ultraqans na Fnac da Coruña
Martes 21 de xuño ás 19:30hs

O martes 21 de xuño, día máis longo do ano e por suposto “día europeo da música”, os Ulträqäns tocarán na FNAC Coruña, para celebrar varias cousiñas: a saída do seu disco, a súa distribución física, dixital, a música e tamén a entrada do verán!

Os Ulträqäns fabrican un punk-folk de ciencia ficción, frenético e rotundo, que soa familiar aos ouvidos educados nas tabernas pero nos que os sintetizadores e as bases rítmicas do funk e do ska están presentes ao longo do seu potente directo.

Os Ulträqäns naceron coa idea de darlle outra volta ao parafuso da música do novo milenio, forxando un son orixinal e non catalogábel, pero que dan ao tempo coa fórmula de provocar o baile intenso no seu público.

Cinco experimentados músicos inzados de retranca e bo humor que só queren xolda, paixón e frenesí.

Ulträqäns é un choco metaloplástico que se propulsa batendo nas moléculas con fúria zoupadora de varios quilo-estalos.

Que o desfruten.

Chipirixouba!

Ulträqäns son:
Aarón Bouzón: frauta travesa, Ewi4000s, whistles e gaita
Antón Díaz: voz, baixo e contrabaixo eléctricos
Fran Amil: batería
Tino Vilaro: guitarra
Tomás Saiz: acordeón piano

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-06-2011 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Dous violinistas folk galegos dan clases en California

Afonso Franco e Afonso Merino, profesores no curso máis importante do mundo, que se celebra en California invitados por Alasdair Fraser

Dous violinistas galegos de folk, Afonso Franco e Afonso Merino, van volver a levar a música galega todo o máis alto do panorama musical e cultural mundial tras ser invitados ao máis importante curso de verán de fiddle, como se denomina a ese violín.

Estes dous virtuosos, profesores na escola e-Trad de Vigo e membros do grupo Bula Timpánica acudirán este mes a California ao Sierra Fiddle Camp, que organiza Alasdair Fraser, virtuoso dese instrumento e que cursou a invitación persoalmente a estes dous violinistas galegos e o percusionista Xavier Feijoó Chisco.

"O fiddle é un violín, non ten ningunha diferenza estrutural co clásico, e a diferenza atópase na forma de tocalo", afirma o compostelán Afonso Franco. "Tamén varía a forma de tocalo segundo a zona e, tradicionalmente, empregouse para facer bailar á xente", puntualiza.

Franco e Merino forman, ademais, o grupo Bulla Timpánica, na que o terceiro membro é Xosé Liz, que pasa por ser o intrumentista de corda pulsada con maior experiencia acompañando ao violín tradicional España e que viaxará con eles a California. O Sierra Fiddle Camp, que se celebra entre este sábado e o próximo 26 de xuño, contará coa asistencia de preto de 300 fiddlers de diferentes estados de Estados Unidos e Canadá.

A pesar de que o xeito de tocar da nova xeración de violinistas galegos incorpora técnicas introducidas polos grandes mestres do fiddle contemporáneo, o punto de partida destes arracan do xeito de tocar o violín dos cegos cantores de coplas, quen durante séculos foron unha peza crave na transmisión da música tradicional galega e cuxo referente máis coñecido é Florencio dúas Vilares, Ou cego dá Fontaneira, recorda Afonso Franco.

Este mesmo músico recorda que xa son dez os anos que transcorreron desde que coñeceu a Alasdair Fraser e que, sobre todo, interesoulle a forma en que tocaban o violín imitando o son das pandereitas. "Distínguenos esa percusión que transmitimos a través do violín, tocando con dobres cordas e o persoal manexo do arco", apunta Franco.

Xunto aos tres membros de Bulla Timpánica, Xavier Feijoó Chisco, profesor de canto popular e baile da e-­Trad e de Fiadeiro de Vigo, será o encargado de impartir un curso básico de baile e "pandeireta". Deste xeito, os asistentes ao curso poderán comprender mellor a técnica de arco empregada polos nosos violinistas, -­baseada en gran medida na mimetización dos golpes de percusión-­ para facilitar a danza.

O feito de que estes virtuosos mostren un gran interese polo "galician fiddle style", como eles denominan ao violín galego de folk, é froito do afán dos violinistas da comunidade porque fose incluído por dereito propio dentro dos estilos internacionais, como o escocés, escandinavo, cajún, etcétera.

A invitación.
O pasado mes de novembro, os profesores da e-Trad Liz, Franco e Chisco colaboraron no concerto que Alasdair Fraser e a chelista Natalie Hass ofreceron no Auditorio do Consello de Vigo. Por mor desa visita xurdiu a idea de invitar aos tres profesores ao curso que agora se organiza no norte de California, xunto ao lago Tahoe, para que ensinen a interpretar correctamente música galega.

Ademais, deles, como xa se reflectía ao principio, tamén acudirá a impartir clases Merino, antigo alumno da e-Trad e un dos máis importantes violinistas de música folk de Galicia.

Finalmente, Franco reivindica a cidade de Vigo como berce do violín folk, grazas, entre outros, a Pancho Álvarez, Begoña Riobó, Paco Juncal, Anxo Pintos ou Pomba Trigás e Milena

www.sierrafiddlecamp.org/
www.stringsconcerts.com/11-­‐06-­‐25-­‐fiddlers.html

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-06-2011 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos polo día da música no Museo do Pobo Galego (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-06-2011 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Parte a expedición a Sligo
PARA O CELTIC FRINGE FESTIVAL IRLANDES

Este martes 21 de xuño parte a expedición galega que pasará unha semana en Sligo -Irlanda- para participar na estrea da partitura escrita polo compositor Michael Rooney sobre o capitán Francisco de Cuéllar, fantástica historia logo da súa odisea coa Armada Invencíbel no 1588 e un dos poucos supervivintes daquela viaxe frustada coa que Felipe II pretendía invadir a Inglaterra de Isabel I.


Os 15 músicos da Escola Livre da MPG que aCentral Folque xestiona en Santiago son convidados do Celtic Fringe Festival, nos que ademais da “De Cuellar Suite”, promocionarán a música galega en concertos especiais, desfiles musicais, radio e sesións locais.

A estrea terá lugar o sábado 25 de xuño no Radisson Hotel de Sligo, nun palco especialmente deseñado para acoller aos 75 músicos da Ceol na Nog Sligeach Orquestra que estrearán a suite orquestral nunha mistura de músicos tradicionais irlandeses e galegos con músicos de formación clásica.

A expedición galega contará con percusión tradicional, zanfonas, requintas, gaita, voces e gaita, especialidades todas impartidas na Escola Livre da MPG d'aCentral Folque. Levan meses ensaiando e logo de varias visitas do compositor, todo está preparado pra rematar de montar a suite cos músicos en Sligo, onde terán os ensaios finais.

Ademais da suite, a Banda Folque dará un concerto de música galega o domingo 26 de xuño e impartirá obradoiros de baile galego así como a súa participación no pasarrúas de peche do festival.

A “De Cuellar suite” relata musicalmente a saída da Armada desde Lisboa e o seu paso por Coruña, a batalla coa flota inglesa, a dispersión da flota de De Cuéllar por Calais, a viaxe a redor de Gran Bretaña o seu paso por Escocia e o encallamento do barco en Sligo, do que De Cuellar foi un dos poucos supervivientes. A partitura segue coas súas aventuras en Irlanda e a volta a Flandes -daquela territorio español- por Escocia.

A “De Cuellar Suite” e a HISTORIA DO CAPITAN DE CUÉLLAR

A "De Cuéllar Suite" é a suite das novas composicións por Michael Rooney que será tocada pola Ceol na Nog Sligeach Orquestra -uns 50 músicos e bailaríns- a quen se xuntarán 15 músicos da Escola Livre da MPG de Santiago para un acto único que irmanará a música tradicional destas dúas rexións atlánticas.

As composicións están baseadas na abraiante historia de Francisco de Cuellar, Capitán de navio que zarpou do porto da Coruña rumbo norte e un dos poucos superviventes das naos da Armada Invencíbel que encallaron en Streedagh Strand, Sligo en 1588.

A composición seguirá o enfrontamento da Armada coa frota inglesa, a súa derrota e loita desesperada subseguinte para regresar a España navegando ao redor da Gran Bretaña onde moitos dos barcos foron destrozados nun excepcionalmente tormentoso Outono.

As composicións entón describirán as aventuras de De Cuéllar e loita para sobrevivir cando fai a súa odisea desde Streedagh por Sligo e Leitrim. A fame, feridas e morte próxima antes da súa chegada ao dorte dos McClancys en Lough Melvin. Durante o inverno de 1588 con éxito sobrevive un asedio do seu castelo por parte dos exércitos ingleses e loitando do lado dos chieftains de Irlanda, devindo un heroe para os ollos locais.

Non sen sobresaltos e logo dun segundo encallamento en Flandes, consegue regresar á Península Ibérica e á coroa española.


www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-06-2011 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Luns 20
• Vaamonde, Lamas & Romero na Casa das Crechas (Santiago de Compostela)

Terza feira 21 (Martes)
• Concerto fin de carreira de David Bellas en Vigo
• Guadi Galego, Xabier Díaz e Guillerme Fernández no Clavicémbalo (Lugo)
• Ultraqans na Fnac da Coruña ás 19:30

Corta feira 22 (Mércores)
• Xoán Curiel no pub Ultramarinos (Compostela)

Quinta feira 23 (Xoves)
• Derrame Rock XVI(Ourense): Os Tres Trebons, Rastreros, Boikot, Ruxe Ruxe, etc.

Sexta feira 24 (Venres)
• Concerto fin de carreira de Xurxo Fernández en Vigo
• Derrame Rock XVI(Ourense): Muchachito Bombo Infierno, Lamatumbá, Molotov, Def con Dos, ...

Sábado 25
• Mercedes Peón nas Festas de Ourense
• Liorna en Ardán (Marín)
• Ultraqáns na Festa da Xuventude (Outeiro de Rei) ás 22:00
• Raiba no Clavicémbalo (Lugo)
• Derrame Rock XVI (Ourense): O’funk’illo, Dios Ke Te Crew, Soziedad Alkoholica, Los Suaves, Siniestro Total, ...
• Serán no Campo da festa de Valongo (Cotobade)
• XII Serán de O Fiadeiro na AVV Santa Mariña de Cabral (Vigo)
• Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)

Domingo 26
• Uxía nas Festas de Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2011 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
Adiados os obradoiros de Folclore Galego
Car@ amig@,

Desde a A.C. Maghúa queremos transmitir-che o noso agradecimento, e as moléstias que che puidemos causar co adiamento dos obradoiros.

En resumo: o traballo que levabamos feito coa colaboura da Concellaria de Cultura do concello d'A Coruña desde o mes de fevereiro caiu en nada coa chegada do novo governo municipal. Non só os dous actos fechados por Maghúa para o dia 25 (Obradoiro e Foliada Fórum Folk 2011), senón perto dunha trintena de actos xa fechados pola anterior Concellaria para o mes de xuño. Entre estas actos, cancelaron, polo que nos transmiten desde a equipa da ex-concelleira, un promovido pola Real Académia Galega, ou a apresentación do novo CD do grupo DOA.

Deron-nos longas des que chegaron ao poder, por iso apuramos até a última esperanza en podermos realizar o obradoiro. Hai semana e pico, cando nos prantexan que non cárcere non pode ser (un Parador Nacional dá mais cartos ca un centro sócio-cultural), puxeron à nosa disposición o centro cívico que quixeramos. A dia de hoxe ainda non sabemos que tipo de instalacións nos oferecen. Tentamos en centros de ensino, e demais, e a estas alturas tiñan problemas (algo comprensíbel, por outra banda, coas datas que corren)

A nosa intención é a de levar adiante os obradoiros, à volta do verao, no mes de outubro. Ide barallando a posibilidade que teriades nalgunha fin de semana. Andamos a barallar facé-lo tanto no CEIP Curros Enríquez, ou en instalacións da UDC. A cabezonaria non nos gaña ninguén. OUTUBRO? Sábados 1, 8. 15, 22, 29? Desta volta vai!


Un saúdo, e obrigado, de verdade.


A.C. Maghúa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2011 15:43
# Ligazón permanente a este artigo
Noite da Moura en Rebordechán (Crecente)
A lenda afirma que : "ás doce da noite, dun día do mes de Xuño, unha moura encantada, danzaba na eira do Castro do Coruxón, provocando ca súa danza que, as cahalletas dunha cabra, adquirisen o valor do seu peso en ouro, agasallando, deste xeito, fartura.

Os habitantes agradecíanllo aos deuses, tocando gaitas e tambores de pel de carneiro; comendo carne de porco, bebendo viño e augardente con mel baixo o orballo, ata o raiar do novo dia, para ver bailar o sol, cunha cunca de caldo na man".


Confiando en que a lenda se cumpra de novo, nós, os seus descendentes, o vindeiro 18 de Xuño, en Rebordechán (Crecente, Pontevedra), alí, na Eira do Castro (actualmente Capela de San Sebastián), reunirémonos, estando seguros de que danzará a moura; de que, ás 00:00 da noite aparecerá a cabra, e obsequiará cas súas caghalletas de valor do ouro, aos donos das leiras onde estas caian.

E celebrarémolo como no pasado, comendo carne de porco (de Balde), bebendo augardente con mel e viño, ao son de gaitas e tambores (SERÁN), baixo o oraballo da noite agardando ver danzar o sol no raiar do novo dia, cunha cunca de caldo na man .



















Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-06-2011 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
III Serán de Valga
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-06-2011 22:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 17 (Venres)
• Recambios Tucho no pub Gatos (Melide)
• Milladoiro Folk en Milladoiro (Ames): Fol de Veneno e Birimbao
• Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa
• Venrespiriño en Ourense, a partir das 20:00.
• Venrespirar no Bar Miguel, R/Arcediagos, 11 (Ourense) a partir das 22:30.

Sábado 18
• Liorna na praza da Chouza de Combarro
• Festival pola Memoria Histórica en Aranga (A Coruña): Zenzar, Os Tres Trebóns, A Quenlla
• V Festifolk no Parque Municipal San Xoan de Piñeiro de Mugardos: Tiruleque, Muxarega, Estimaba que viñeras,...
• VI Serán Mar de Rianxo no Campo de Arriba de Rianxo
• Serán de Herville, no local da A.C.S. Herville, Cela (Mos), a partir das 22:00
• Foliada de Xacarandaina, Anfiteatro do Parque de Santa Margarita (A Coruña), a partir das 21:00
• Serán Popular nas Angustias (Nigrán), a partires das 20:00.
• I Foliada da Lembranza en As Pontes
• Ruada Lembranza en Oza dos Ríos e homenaxe ao gaiteiro e palleteiro Juan Brea.
• III Serán de Valga, no Campo da Festa de Campaña (Valga)
• Noite da Moura en Rebordechán (Crecente)
• Serán IV aniversario sala The Star (Carral)

Domingo 19
• Romaría do Lecer de Xacarandaina, Anfiteatro do Parque de Santa Margarita (A Coruña), a partir das 12:30
• Festival Folk in Rio, en Touro, a partir das 18:00: Bombos S. Tiago + Ce Orquesta Pantasma + Tanto Nos Ten
• Armadanzas de Laraño e a Escola do OCT Ultreia en Compostela, no Teatro Principal ás 19:30
• Pesdelán ás 20:30 no Parque Ramón Barba do Temple, Cambre
• Baile Assalto na praza de Abastos de Marín con Linho do Cuco ás 19:00
• Festival Andarela (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2011 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
18 de xuño
- Noite da Moura en Rebordechán (Crecente)
- Serán de Herville (Cela-Mos)
- Serán Vai de Roda (Rianxo)
- Serán Popular nas Angustias (Nigrán)
- Ruada Lembranza en Oza dos Ríos e homenaxe ao gaiteiro e palleteiro Juan Brea.
- III Serán de Valga, no Campo da Festa de Campaña (Valga)
- Foliada de Xacarandaina no Parque de Santa Margarida (A Coruña)

25 de xuño
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)
- XII Serán festa fin de curso da ACF O Fiadeiro na A .V. Santa Mariña de Cabral (Vigo)
- Serán no Campo da festa de Valongo (Cotobade)

1 de xullo
- Serán de Maceda

2 de xullo
- Serán na Capela de Santo Estevo, O Rodeiro, Avión

9 de xullo
- VI Conrobla de Boimorto

30 de xullo
- Serán no monte da Picaraña (Ponteareas)

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-06-2011 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer