Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Os internautas elixen os grupos do Certame Runas
Os visitantes da web do Festival Ortigueira poden votar xa os grupos emerxentes que, na súa opinión, merecen debutar, no certame celta dentro do Proxecto runas, de promoción de novos talentos da músicas de raíz. Terán, para iso, que elixir de entre as bandas semifinalistas do concurso. O veredicto dos internautas decidirá, xunto aos votos dun xurado especializado, o nome dos tres grupos que actuarán no XXVI Festival Internacional do Mundo Celta, que se celebrará do 8 ao 11 de xullo.

O público será o quinto membro do xurado, integrado por músicos e representantes de axencias, e nomeado para dirimir que tres bandas noveis actuarán no histórico festival organizado polo Concello de Ortigueira, co patrocinio de Xacobeo 2010, Deputación da Coruña e Estrella Galicia.

Só nove grupos superaron a primeira fase de selección, de entre a trintena que se presentou ao concurso. Os candidatos son:

- Antubel (Castela León)
- Cabo Norte (Cataluña- Galicia)
- Celtic maze (Madrid)
- Lochlainn (Comunidade Valenciana)
- Xabi Aburruzaga (País Vasco)
- Banda Broa (Galiza)
- Berros do castro (Galiza)
- The Crass (Galiza)
- Os Solenes (Galiza).

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-06-2010 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Ritmos galegos e universais no Festigal
Susana Seivane, O´Questrada ou Santa Macairo Orkestar tocarán nesta nova edición do Festigal, na que a organización traerá a Galiza 'un abano amplo e enriquecedor de música, letras e ideas da nación galega' durante o 24 e o 25 de xullo.

A Fundación Galiza Sempre e mais Galiza Nova veñen de dar a coñecer a programación musical que se poderá escoitar no Campus Sur de Compostela co gallo do Día da Patria. Ritmos galegos e universais centrarán a oferta musical deste ano, que se caracteriza por ser diversa e actual que será de entrada libre e aberta a todos os públicos.

Sábado 24 de xullo ás 23h00

Os Cuchufellos (Galiza), banda multicultural formada por trompeta, saxos, baixo, guitarra, acordeón e percusión, que fan de cada concerto unha festa.

Galegoz (Galiza), banda consolidada que nace no 2005 como un experimento para formar un grupo virtual que fusiona diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo... O orixinal son de Galegoz conséguese grazas ás bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas.

Banda Potemkin (Galiza), forxada a partir de músicos de diversas formacións musicais (Os Papaqueixos, 3 Trebóns, Meniños da Rúa...). A proposta desta banda céntrase na variedade de ritmos balcánicos, afro-caribeños, funk, disco, rock e folque.

Santa Macairo Orkestar (Francia), banda que alterna nos seus ritmos fanfarria, raíces ska, a velocidade da música balcánica, ruído punk ou o blues de Nova Orleáns.

Domingo 25 ás 22h00

Bellón Maceiras Quinteto (Galiza), achega os espectadores a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo, nunha posta en escena na que a improvisación ten un papel importante. A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrecen unha viaxe musical.

O' Questrada (Portugal), banda suburbana que sabe das vivencias de Arrantela, da chegada dos alentexanos e algarvíos, das filharmónicas, dos cantares ciganos, de kuduro e funaná, do hard metal e do gótico

Susana Seivane (Galiza), a herdeira da familia Seivane conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galiza cun estilo xenuíno que está presente na súa forma de tocar, pois ela sabe sintetizar estilo "enxebre" dos devanceiros gaiteiros.

Unha proposta cultural alternativa aberta a todos os públicos
Concibido como unha alternativa aberta a todos públicos, o Festigal –que chega este ano 2010 á súa novena edición– pretende ser un escaparate para a proxección e intercambio cultural a través de diferentes propostas musicais e artísticas. Nas edicións anteriores conseguiu abrirse un oco relevante na oferta cultural galega cun notábel éxito de asistencia propiciado por unha grande afluencia de visitantes que acoden a Santiago neses días desde todos os lugares de Galiza e, cada vez en maior número, desde as máis diversas procedencias internacionais.

A estrutura da programación busca dar cabida ao maior número posible de expresións artísticas. Acolle artistas de orixe moi diversa e presta especial atención á comunicación cultural con países como Portugal ou o Brasil –cos que existen especiais vencellos históricos, lingüísticos e culturais– e con outras realidades do noso entorno sociopolítico e xeográfico (Europa e norte de África).

Galería de ideas
A programación do Festigal esténdese ao longo de corenta e oito horas e combina as actuacións musicais con actividades literarias, debates, exposicións e proxeccións audiovisuais. Tamén hai espazos para mostras de artesanía galega e asociacións ou diversión para cativos e familias.

O programa completo das dúas xornadas estará proximamente dispoñíbel www.festigal.com.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-06-2010 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Lamatumbá, de AC/DC a Fuxan
A banda ourensá presenta en directo o seu cuarto traballo discográfico, A órbita da banda hipnótica, que inclúe temas propios e versións de heavy e folk.

Dous anos despois da publicación de Paraugas universal e da intensa xira de presentación que os levou por toda a península, Lamatumbá estrea novo disco. Trátase de A órbita da banda hipnótica, cuarto traballo discográfico no que a banda asumiu todas as tarefas de produción e no que a electrónica e o ska lle gañan espazo á cumbia e aos pasodobres que marcaron a primeira etapa do grupo.

Para Pedro Feixóo, músico da banda, estamos ante a evolución natural dunha sonoridade intuída xa no traballo anterior, reflexo da heteroxeneidade dunha formación de nove músicos procedentes de eidos estilísticos diversos, con gustos e influencias marcadamente antagónicos. Esa “babel inevitábel” que se produce no estudio é, ao ver de Feixóo, o sinal que singulariza a proposta de Lamatumbá, un caos ordenado de “músicos astronautas que pululan por un espazo amplo de curiosidades”.

A órbita da banda hipnótica coceuse de vagar durante máis de mes e medio nos estudios de gravación Muu!, de Vigo. O resultado é “un disco máis vivo e natural”, segundo sinala Feixóo, que fala do amor e do desamor, da ledicia e da tristura, pero sen perder o sorriso. Ademais dos temas propios, inclúen no novo repertorio dúas versións. O tema Muller, de Fuxan os Ventos, é unha delas. O grupo pasou pola peneira a letra asinada por Marica Campo, imprimiulle a súa particular impronta e contou coa colaboración de Mini para materializala. Lamatumbá tamén se atreveu a levar ao rego un dos clásicos de AC/DC You shook me all night long, desta vez na voz de Miguel Costas.

Doce anos de escenarios

O novo traballo preséntase, en palabras de Feixóo, como “a seguinte parada” nunha traxectoria que se iniciou en 1998, cando un grupo de amigos se xuntou na bodega de Moreiras coa intención de divertirse cun repertorio que mesturaba a cumbia co reggae, o ska co pasodobre, a festa coa verbena. Despois de tres anos madurando en escenarios e torreiros, Lamatumbá gravou o primeiro traballo Pachangüílanuí (2001) co que compartirían escenario con Manu Chao, Barón Rojo ou Hechos contra el Decoro. Pero foi Lume (para que saia o sol), publicado en 2005, o que supuxo a consolidación como un dos nomes de referencia no panorama musical galego.

En 2007 produciuse a excisión da banda e a publicación do terceiro traballo, Paraugas universal, no que seguía presente a intención de facer mover os pés e as conciencias a golpe de rock, ska e merengue. O público someteu o grupo a exame, comparándoa coa banda fundada polos músicos que abandonaron Lamatumbá. “Agora superáronse todas esas ansias comparativas, normalizouse a situación e a xente xa comprende a filosofía do grupo”, sinala Feixóo. “Este é o disco normal dunha formación normal”, engade.

Xira de presentación

Despois do concerto inaugural na sala Capitol de Compostela, o pasado 20 de maio, Lamatumbá iniciou a xira de presentación que os levará durante o verán por diferentes localidades. Unha realidade que, ao ver de Feixóo, non se corresponde co que lle sucede ao resto dos grupos. O músico lamenta que a administración pública divulgue a idea do “Xacobeo como unha oportunidade única para Galiza” cando “é mentira que se estea conseguindo un espazo para que a cultura galega converxa coa universal”.

Sinala, ademais, que se desbaratou a abundancia de festivais que existía. “Acabaron con todos os pequenos, os grandes son inaccesíbeis para a maioría dos músicos e os medianos parece que foron mercados polo Xacobeo, que introduciu unha programación que non se comprende”. A pesar de todo, Lamatumbá ten pechado un gran número de actuación para os vindeiros meses e promete potencia e festa no directo. O vídeo de presentación do tema Logo chega o día, dirixido por Xurxo Coira e gravado en Seixalbo, deixa pouco lugar a dúbidas.

En directo
- Ourense, 19 xuño, no FAX Festival
- Narón, 26 xuño, no Festival da Terra e da Lingua
- Ourense, 3 xullo, no Sou Festa Verano 2010
- Ourense, 17 xullo, no Festival Serra de Queixa
- Chantada, 20 agosto

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-06-2010 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de música tradicional en Sarria
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para a vindeira semana, unha nova xornada didáctica en Sarria.
Esta actividade, pretende a divulgación da nosa música tradicional a través dunha serie de obradoiros impartidos por mestres da propia escola en diferentes comarcas da provincia de Lugo.

O vindeiro día 16 de Xuño en horario de mañán, terán lugar 2 concertos didácticos de música tradicional na Casa da Cultura de Sarria, dirixidos á poboación en idade escolar dos distintos centros da vila, e nos que se fará un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos. Nos concertos amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.

Este concerto didáctico estará guiado por tres mestres da Tradescola, Bruno Villamor, Emilio Mesías e Luis Correa “O Caruncho”.

Posteriormente, o domingo 20 de Xuño, o Local social Os Breogáns acollerá durante todo a día un curso de técnicas de canto tradicional, que estará guiado polas profesoras da Tradescola, Montse Rivera e Begoña Lorenzo.

Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 14-06-2010 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 11 (Venres)
• Sonoro Maxín no Auriense (Ourense)
• Machina no Pub D´antón (Laracha)
• Kastomá no Pub Gatos (Melide)
• Donicelas no Liceum (O Porriño) ás 23:30
• Tke Turre´s Band, The Pressing Brass e Os Verbena Kings no Torreiro de Festas de Torroso (Mos) ás 22.30
• IV Festival Alternativo Millo Verde (Redondela): Skakeo, Chotokoeu, Funky Syile Brass,...
• Serán no Alto do Viso-Redondela (a estrada que sobe A Peneda)
• Ruada na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)

Sábado 12
• Sonoro Maxín no Sete Flores (O Carballiño)
• Ultraquans en Xinzo de Limia
• Chotokoeu na sala Ritmhicon de Monforte de Lemos
• Snatch no Muiño de Louro (A Coruña)
• Cuarteto Caramuxo no Tempo 23 (Navia-Vigo)
• Maghúa e Grileiros na Tasca O Puntal (A Coruña)
• IV Festival Alternativo Millo Verde (Redondela): Pan de Capazo, La Imposible, Minim, Arritmic,...
• Serán en Ribadelouro (Tui) no torreiro da festa
• Foliada na casa de veciños de Baíña (Baiona) (no antigo torreiro da festa, ó lado da autoestrada)
• Serán en Freaza (Fornelos de Montes) organizado por Eugenio da Pedra Quetiña de Touton.

Domingo 13
• Moxenas Musical Galego ás 11:00 da mañá na catedral de Tui
• Festival Folclórico Infantil en Cacheiras (Teo) ás 17:30
• Os Armadanzas de Laraño e a escola do OCT Ultreia ás 19:30 no teatro Principal de Compostela
• Universo AFI ás 18 h no Teatro Principal de Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2010 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
11 de xuño
- Serán no Alto do Viso-Redondela (a estrada que sobe A Peneda)
- Ruada na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)

12 de xuño
- Serán en Ribadelouro (Tui) no torreiro da festa
- Foliada na casa de veciños de Baíña (Baiona) (no antigo torreiro da festa, ó lado da autoestrada)
- Serán en Freaza (Fornelos de Montes) organizado por Eugenio da Pedra Quetiña de Touton.

19 de xuño
- Serán da "Noite da Moura" no campo da festa de Rebordechán (Crecente)
- Ruada en Vilán (Fornelos de Montes) partir das 17:00 (Festa da sidra)
- Serán do mar de Baiona

20 de xuño
- Foliada de lembranza na Ponte de Mourentán (Arbo)

26 de xuño
- Serán en Fornelos de Montes

3 de xullo
- Serán das Meghallas en Pereiras (Mos)

10 de xullo
- Foliada en Amorín (Tomiño)

7 de agosto
- Serán en Valadares (Vigo) no monte dos pozos
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-06-2010 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Freaza (Fornelos de Montes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-06-2010 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Serán no Viso (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-06-2010 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Ribadelouro (Tui)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-06-2010 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
The Turre´Band presenta novo disco

Dende The Turre´s Band (Fanfare, ska, reggae from Galiza) anunciannos a todo o pobo galego a presentación do seu segundo disco grabado e masterizado por Javier Abreu e no cal colaboran as Cantareiras de Torroso, así coma a violinista Laura Quintillán.

O disco está composto por 16 cortes, e con temas compostos polos principais compositores galegos da actualidade expresamente para esta ocasión.

O lugar elexido para a presentación, será o Torreiro de Festas de Torroso (Mos) preto de Vigo, o día 11 de Xuño a partir das 22.30H, e no cal contarán como teloneiros con The Pressing Brass, haberá Bar a prezos populares, un esceario con 20.000 wattios de son e 15.000 de luces e ó remate un DJ con Música ao vivo que formarán "OS VERBENA KINGS".

www.komunikando.net

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2010 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Ultreia e Armadanzas en Compostela
O vindeiro domingo día 13 de Xuño ás 19:30 no teatro principal de Compostela, actuarán os Armadanzas de Laraño e a escola do OCT Ultreia. Durante as actuacións haberá algunha sorpresa.
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2010 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
Maghua e Grileiros na Coruña
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2010 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da AFI + RadioAFIcionados do Laboratorio de Sons
Universo AFI

A Aula Folque Infantil e o Laboratorio de Sons de Pontevedra, proxectos adscritos n'aCentral Folque para unha formación musical alternativa para nenos e nenas entre 5 e 13 anos, rematan este curso 2010 co espectáculo "Universo AFI" co Festival da AFI unha mostra de cada unha das especialidades da AFI (expresión corporal, canto e percusión) e da montaxe escénica do Laboratorio de Sons "RadioAFIcionados", unha obra multimedia composta e interpretada polos propios rapaces sobre o mundo da radio e as ondas herztianas.


O espectáculo terá lugar o domingo 13 de xuño ás 18 h no Teatro Principal de Pontevedra con entrada de balde até completar aforo.

Baixo o título de Universo AFI o público poderá ver as actuacións que amosan o traballo nas aulas da AFI e o xa tradicional espectáculo de fin de curso do Laboratorio de Sons, que este ano ten por título RadioAFIcionados.


Como cada ano o espectáculo a Aula Folque Infantil e o Laboratorio de Sons amosa o traballo desenvolvidos por nenos de 5 a 14 anos ao redor da música popular galega e as artes escénicas no seo de ambos proxectos. Cun marcado carácter experimental e un elenco de profesores formado por destacados músicos en activo, Universo AFI promete ser una cita ineludible para o público en xeral e especialmente para os interesados na pedagoxía musical.

A primeira parte de Universo AFI é o
Festival AFI 2010 unha mostra representativa do traballo das aulas de canto, danza, percusión e da aula de sons. Nenos desde os 5 anos cantarán, bailarán, manipularán instrumentos galegos e doutras culturas, sendo eles menos os directores e creadores de pequenas orquestras pouco convencionais.

A segunda parte de Universo AFI acolle RadioAFIcionados, un espectáculo musical e teatral que percorre a historia de da radio en Galiza en forma de pequenas historias cun marcado acento cómico.

A cita para difrutar de Universo AFI é este domingo ás 18:00 no Teatro Principal de Pontevedra. A entrada é de balde.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2010 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folclórico Infantil en Cacheiras (Teo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2010 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Millo Verde (Redondela)

www.milloverde.blogaliza.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-06-2010 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
Donicelas comezan a súa xira polo país
O venres ás 23:30 horas o grupo de pandeireteiras Donicelas, formado por Tere, Noelia, Bea, Isa, Andrea e Rosa, comeza o seu percorrido por distintas vilas do país no pub Liceum, de Porriño.

O grupo actúa sobre todo en festas tradicionais, colexios, institutos e centros culturais de Salceda de Caselas e arredores (Vigo, A Guarda, Porriño...). Estivo presente en máis dunha ocasión en Portugal. A finais do 2004 incorporou dous homes: José Manuel San Román -gaiteiro- e José Alonso -acordeonista-.

O seu primeiro disco Que nunca foi abalada (2005) recolle temas xa tradicionais de Donicelas, así como outros de recente incorporación. Contan coa colaboración deTreixadura, Tino Baz, Orfeón Treixadura e Magoia Bodega. Será o venres 11 de xuño as 23.30 horas.

O sábado, e por primeira vez no Liceum, terá lugar o espectáculo de monólogos de Carlos Santiago A Leira Magnética, unha sátira sobre a actualidade na que o escritor, dramaturgo e artista compostelán desentraña os enigmas máis candentes sobre a lingua, a crise, a fusión das caixas ou o Ano Santo Xacobeo.

Desde os anos noventa Carlos Santiago, en paralelo coa súa actividade como músico e escritor, converteuse nun consumado monologuista, especialmente no palco das Ultranoites da Sala Nasa, das que é artista habitual, salienta o Liceum nunha nota.

Textos cargados de ironía onde a palabra é raíña absoluta deron corpo a espectáculos como Monólogos Finlandeses, Textículos ou Desacordos Ortográficos, que o levaron por toda Galiza, Portugal ou Mozambique.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-06-2010 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Mercedes Peón no festival 'Europa en Vivo'
A cantante Mercedes Peón será unha das artistas que participará no proxecto 'Europa en Vivo 2010', unha viaxe musical gratuíta que terá lugar en Madrid entre o 23 e o 26 de xuño con motivo da clausura da presidencia española da Unión Europea (UE).

A gaiteira será unha das artistas que, xunto con Estrella Morente, Niño Josele, Márte Sbestuén e Philip Catherine, protagonizará unha viaxe musical a través da diversidade que terá lugar na capital do Estado entre o 23 e o 26 de xuño e na que participarán máis de 40 músicos de España, Bélxica e Hungría.

Este grupo de músicos reunirase en torno a un laboratorio musical no Real Sitio de San Ildefonso (Segovia) para compartir sons e traballar no concerto que terá lugar o 26 de xuño no Escenario Puerta del Ángel de Madrid de 19h00 a 24h00, no que presentarán os froitos de tres xornadas de traballo e intercambios de diferentes tipos de músicas.

O cartel

Ademais da gaiteira e cantante Mercedes Peón o cartel español de Europa en Vivo confórmano a cantaora Estrella Morente, o guitarrista Niño Josele e a banda instrumental La Musgaña. Por Bélxica o jazzista Philip Catherine, o grupo de música tradicional belga Pantha Rei e o trío da rexión flamenca Laïs. A representación húngara correrá a cargo da solista Márte Sevestyén, a banda flok Cimbaliband e o grupo de jazz contemporáneo Plastic Septet.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-06-2010 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
A casa que soñaron Narf e Manecas Costa xa está en pé: Aló Irmao!
Xa está a venda o seu primeiro disco, que ofrece unha mestura de sons saudosos, encontro entre culturas e conexión coa terra.


Aló Irmao!, o proxecto creativo que botaba a andar hai xa dous anos, xa ten disco á venda. A casa común na que habitan o latexo africano de Manecas Costa e o espírito aventureiro de Narf xa está en pé e chega ás tendas de música de todo o país ofrecendo un encontro musical vizoso, cuns temas que se moven entre os sons saudosos, que parten da celebración do encontro entre culturas e que chegan aos nosos oídos en galego, portugués, crioulo, machopi e inglés.

A gravación recolle os concertos que os músicos ofreceron o 16 e o 17 de xuño de 2009 no Teatro Principal de Santiago de Compostela e incorpora un dvd cun vídeo das actuacións en directo. Producido por Nordesía Producións e editado por Falcatruada, recolle con vivacidade o son directo de Narf e Manecas, que conseguen contaxiar ao público da súa complicidade sobre o escenario.

Nos 12 temas do disco mestúranse as guitarras e as súas voces persoais, tamén as percusións de Celso Mahuie e o son único da 'tina', o tambor de auga guineano. En temas como “Aló Irmao”, “Esta noite”, “Emigrante”, “Irmón de terra” ou “A flor de pel”, Aló Irmao convida a esquecer as fronteiras, volver á infancia, reflexionar sobre a emigración, comprometerse, gozar da vida, lembrar o pasado e soñar un futuro mellor para os pobos. En suma, ofrécennos un disco completo, con música sinxela e innovadora a un tempo, incapaz de deixar indiferente a calquera que teña oídos abertos á emoción.

www.aloirmao.com

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-06-2010 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Antonio Mato no Alalá

Hoxe, xoves, día 10/06/2010

Para Antonio Mato é todo un privilexio, con 88 anos, poder aproveitar os pequenos e grandes momentos da vida, como a homenaxe que lle brindan seus fillos polos anos que tocou xunto a eles. Antonio Mato Rial, que abre hoxe as portas de Alalá, é un gaiteiro técnico, disciplinado e humilde, pero iso non impide que lle guste ver os logros que conseguiu na súa vida, por exemplo nos máis de 25 anos que pasou no coro ilustre de "Cántigas da Terra" na Coruña.


A de Antonio é unha longa traxectoria, pois comezou tocando de pequeno na súa terra natal, Arzúa e Melide, e máis tarde na banda de gaitas do cuartel onde fixo o servizo militar, en Ferrol. Non obstante un dos grupos que máis o marcou foi "Os Matos" en que tocaba cos fillos pezas que el mesmo compoñía, como as famosas "Marchas procesionais dos Matos".

Antonio, un home de ideas claras; carpinteiro e gaiteiro; pai e compositor; marido e galán, cóntanos hoxe as claves dun ser e dunha vida empapada da esencia das vellas persoas: un gaiteiro de principios, de ideas fortes e notas claras.

Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 10-06-2010 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Gallaecia. Cervexa celta
Nace unha nova cervexa galega e etiquetada en galego.

www.enerdrinks.com/gallaecia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-06-2010 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
A historia de Galicia en DVD con Xornal de Galicia
A historia de Galicia volve estar ao alcance da man con Xornal de Galicia. Até o vindeiro domingo 13 de xuño, os lectores deste diario pódense facer por un prezo asequíbel –14,95 euros máis o cupón que vén cada día co periódico, a metade do que se pagaría nun estabelecemento convencional– coa colección completa de Historias de Galicia. Tres DVD nun estoxo exclusivo que conteñen os doce capítulos da inesquecíbel serie de Televisión de Galicia.

Historias de Galicia é unha serie documental destinada a divulgar os feitos que, ao longo dos séculos, foron configurando a realidade económica, política, social, e cultural do noso país. Nela trátase de contestar as preguntas que todos nos podemos facer sobre o devir da nosa terra: que aconteceu, quen foron os protagonistas, e cando, como e por que sucedeu.

En cada capítulo pártese dun escenario da Galicia actual no que se conta ao longo de trinta minutos a evolución de diferentes feitos e realidades, dende as sociedades castrexa e romana até hoxe, deténdose nos momentos históricos nos que se experimentaron cambios cualitativos de interese.

‘Onde o mundo se chama Galicia’, ‘Fillos da terra’, ‘A despensa salgada’ e ‘A casa e a familia’ son os catro primeiros episodios, incluídos no primeiros dos tres DVD de Historias de Galicia. ‘Lingua de reis, lingua do pobo’, ‘No nome de deus’, ‘Nobres fidalgos e caciques’ e ‘O son das armas’ compoñen o segundo. Por último, ‘Sempre en Galicia’, ‘A historia de ser mulleres’, ‘Os camiños do país’ e ‘Onde a razón non chega’ completan a serie. Até o 13 de xuño, a historia de Galicia vén cada día con Xornal.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-06-2010 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
As novas do corazón
Un pouco de humor bífido...

relacionado:
O ‘idilio’ roto entre Feijóo e Lago
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-06-2010 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
A reunión de gaiteiros de Verín comeza cunha exposición
A vigesimoquinta edición da Xuntanza internacional de gaiteiros que se celebra en Monterrei comezou onte coa exposición inaugurada na Casa do Escudo de Verín.

Iconografía dá gaita, organizada pola Deputación e o Concello de Monterrei, está conformada por 65 paneis que inclúen reproducións de miniaturas de libros e pinturas, ademais de 67 fotografías do patrimonio inmoble, como portadas e pórticos de igrexas, catedrais ou mosteiros (na sección arte en pedra) ou tallas, retablos e sillerías de coros (na parte de arte en madeira). Todas elas con imaxes de gaiteiros, que se remontan desde o románico ata o barroco, e percorren diversas cidades da Península.

A exposición é unha antesala do que poderá verse o sábado, a partir das sete da tarde, no castelo de Monterrei. A esa hora comezan os concertos, coa participación da banda de gaitas do Concello de Verín e Terras do Cigarrón, Ivana Rufo Liño Miniscalco con Mauro Gioielli, Óscar Ibáñez, Borisav Milijkovic e Stevanic Branislav, Cantareiras dá Real, Toru Sonoda, Cuarteto Courtier, Ian Macdonald e Roberto Diego Romeu. Ademais a Real Banda de Gaitas de Ourense presentará o audiovisual A Real Banda en China, sobre a súa recente viaxe ao país asiático.

La Voz de Galicia
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2010 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Quempallou
O grupo de folc Quempallou nace aló polo 1999 ao abeiro dun festival universitario na Escola de Maxisterio de Pontevedra, co paso do tempo, a formación foi cambiando ata conformar unha familia de músicos cuxa bandeira é a música tradicional galega.

Dez anos despois, Xulio Coira (gaitas, clarinete), Xulio Abal (mandolina, harpa, banjo), Xosé Maceda (bombo, percusións), Roi Maceda (acordeón), Alfonso García “Eski” (técnico de son), Guillerme Ignacio (gaitas, frautas, voz), Isaac Millán (bouzouki, guitarra acústica, harpa) e Roi Adrio (tamboril, caixa, percusións) seguen Coa lingua de fóra invitando á festa sen abandonar nunca ese prisma de retranca que lles permite mirar o mundo.

Coa chegada do verán volven as festas rachadas cando Quemapallou se sobe enriba dun escenario. Este xoves darán o seu primeiro concerto da tempada en Compostela, en Arteria Noroeste, a onde volverán a finais de mes para celebrar as festas de San Pedro. Éstas virán seguidas de actuacións por todo o país.

Pregunta: As orixes do grupo teñen o seu berce na Escola de Maxisterio de Pontevedra. Como se coce a creación de Quempallou?

Resposta: Fixemos un festival cunha santa inventada, Santa Lambercha, onde actuaban grupos formados por estudantes, pero entre todos non había nin un só que fose de folc. Entón eu tireille un pouco do xenio a un compañeiro de clase, Roi Maceda (o acordeonista) e díxenlle que tiña un cuarteto en Bueu e que con alguén máis podíamos montar algo. Logo saiunos outro bolo, e despois outro, así que puxémonos un nome e tiramos avante.

P: Hai un membro de cada punto de Galicia. Iso achega diversidade ao grupo?

R: Ao principio eramos dous do Incio e cinco de Bueu, pero hai xa dez anos desde aquela e ata o 2004 fóronse sucedendo unha serie de trocos que acaboron coa formación como está agora. Somos un de Arcade, un de Vigo, dous do Incio, un de Guísamo e eu, que son de Bueu.

Cada un ten unhas vivencias diferentes e iso é o que fai as achegas ao grupo, aínda que si importa o sitio de onde ves, non e o mesmo ser gaiteiro das Rías Baixas qe selo da mariña da Coruña. De todos os xeitos, somos de sitios moi distintos, pero temos algo en común que é que todos nacemos en medios semi rurais.

P: Visto coa perspectiva do tempo, que supuxo para vós gañar o premio Radio Obradoiro? Como vivistes esa oportunidade de grabar un disco?

R: Supuxo un momento de consolidacion do grupo, de ver que o que a nós nos gustaba facer e nos parecía que funcionba no directo tamén lle gustaba á xente que entendía do tema. Aquel ano o xurado era moi potente a nivel de folc, estaba xente de Berrogüetto, Mutenrohi e máis do mundillo. Ese recoñecemento unánime foi moi importante cando nós apenas levabamos dous anos de andaina.

Ademais diso poder grabar un disco naquel momento era moito máis complicado do que agora.

Vender folc
P: Segue sendo complicado vender discos folc en galego?


R: Nestes tempos que corren non lle das moita importancia ao de vender discos, e máis importante darse a coñecer. O disco é un medio máis para facelo, pero nós sabemos que non imos gañar a vida con esas vendas. É un produto que che dá un momento de relevancia e é unha parte moi importante do traballo do grupo, pero non só encamiñado á venda. O interesante é que a túa música chegue á xente, a través do disco, de internet ou de directos.

Pero, respondendo á pregunta (risas), é complicado vender discos se non es un deses tres ou catro grupos que están na boca de todos e que máis se popularizaron cando foi o boom, cando se apostou desde as casas potentes pola música folc.

P: Os directos son case un selo de identidade de Quempallou...

R: Si, ese é o noso punto forte. O grupo deuse a coñecer porque os directos funcionaban. Tampouco era un concepto novo, era algo que xa explotaban Os Cempés ou Múxicas, a cara festeira, desenfadada e lúdica da música tradicional. Aínda así, escollemos non descoidar o contido das letras, algo que se fixo patente a partir do segundo disco, 'Estremonías'.

P: Festa si, pero con denuncia... non?

R: Si, contando as cousas que nos preocupaban, daquelas e hoxe. No primeiro disco hai un tema que foi unha declaración de intencións, 'A rabuda', que sintetiza o que logo iriamos desenvolvendo, a preocupación pola lingua, pola natureza, etc. A música folc non ten por que ser para escoitar relaxados na casa, pode ser música para brincar.

Escollos permanentes
P: A canción 'Coa lingua de fóra' publicada hai tres anos no disco 'Polo aire', recuperou a modernidade nos últimos tempos?


R: O maior problema daquela era a perda xeracional, seguía habendo problemas para que os pais educasen os seus fillos en galego, pero, desgraciadamente, agora a ese engadesen outros máis importantes como o propio desprezo das autoridades pola lingua. Este goberno estanos retrotraendo a momentos que había tempo que non vivíamos. Creo que é preciso recordar cousas que xa estaban esquecidas como que hai que protexer a nosa lingua e falala como única lingua propia.

P: Cómpre seguir pedindo que non mexen por nós ('Que chova!!')?

R: Temos que estar aí e dicir as cousas de xeito desenfadado, sen ofender a ninguén, pero tampouco hai porque calar.

Pensando no mañá
P: Para cando un novo traballo de Quempallou?


R: Agora mesmo estamos metidos de cheo no proceso de creación dun novo traballo, xa o estamos solapando coa inmersión no circuíto do verán. Elaboramos novos temas para intentar grabar o disco a final de ano, na primavera poder telo nas rúas e así, para o verán que vén, ter novos argumentos.

P: Como se presenta a tempada de festas neste verán?

R: Estamos bastante ilusionados, porque sen ter disco novo e en época de crise, que é unha boa escusa para non financiar o que non interese financiar, estannos saíndo moitas ofertas de actuacións, en festivais importantes. Sinto que o grupo ten o seu lugar.

P: A vosa próxima actuación, no edificio da SGAE en Compostela, podería levantar ampolas en algúns sectores?

R: Non vexo o porqué. A SGAE contrata a Quempallou e non ten por que non ir, aínda que esteamos de acordo ou non coas actuacións que a sociedade leva a cabo. Non é unha actuación benéfica. Ás veces hai que ponderar un pouco todo. Eu a nivel persoal defendo que os dereitos de autor se xestionen, que a SGAE o faga ben ou mal, pois non me vou meter.

As orixes do Incio
P: Que significa Quempallou?


R: Vén dunha pequena historia que recolleron os nosos compañeiros na súa terra brava do Incio. A mediados de século, coa chegada da industrialización, empregábanse máquinas para facer mallas. Repartíase o traballo para mallar unha leira. Os novos metían a palla dentro da máquina e os vellos sacaban a palla limpa e o gran quedaba dentro. Para non aburrirse durante o traballo picábanse uns aos outros, entón os novos empezaban a meter palla e a malladora empallaba e os vellos berraban "ei! para aí, que empallou". E iso tamén se aplica aos músicos cando atrancan.

Fundametalmente o importante do nome é que soa ben (risas). O outro é literatura; real, pero literatura.

www.galiciae.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2010 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Pradairo
Pradairo está de estrea. Estes mozos e mozas, mistura de composteláns e teenses, presentan veñen de presentar "Pateado", o seu segundo disco. Bases tradicionais para melodías novas e vontade de sumar experiencias son as chaves deste traballo.

Comezastes fai pouco e xa tedes dous discos ás costas. Cal é a intención deste voso novo proxecto?
Seguir traballando para poñer en valor a música tradicional.

En que momento se atopa Pradairo?
Esperamos que este disco sexa xa un disco de consolidación. Está moito máis coidado e é un traballo xa de madurez.

De quen de vós é máis, das pandeireteiras ou da parte masculina?
Eu diría que 50% Pradairo non se entende sen unha das dúas partes.

Cales son as fontes das que bebestes?
No caso deste disco, o punto de partida é sempre unha melodía tradicional.

Que oco na música galega busca cubrir este disco?
En realidade non buscamos cubrir nada, partimos de algo que nos gusta e xogamos con eso para sumarlle un chisco máis.

Todas e todos vós levades moitos anos na música tradicional. Aínda hai ganas de seguir nela, ou non é aí onde encadrades o estilo do grupo?
Isto é como o de ter un fillo, se te engancha é para a vida.

A que público vai dirixido este traballo?
Tampouco pensamos nun público en concreto. Cremos que calquera que goste da música é público potencial.

O presente disco abre algunha nova etapa na vosa formación?
Máis que abrir unha etapa e un paso necesario en tódalas formacións, e posiblemente máis difícil de dar que o primeiro.

Cal é a axenda de Pradairo para este verán?
Temos confirmado Música na Noite o 3 de Xullo en Teo, o festival de Callobre a mediados de Xullo, preto da Estrada. Unha presentación en Porto do Son e un par de aparicións máis que non temos pechadas pero confiamos en que vaian adiante.

www.gznacion.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2010 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Victor Aneiros

Non tería moito sentido que un bluesman de Ferrolterra cantase en inglés, por iso Víctor Aneiros se decantou por empregar verbas en galego para acompañar á súa guitarra nesta última aventura que leva por nome 'Brétemas de memoria'. "Optei polo galego porque me parece un idioma moi rítmico para cantar blues", asegura o compositor.

Estas dez novas pezas que acaba de presentar compoñen o que é xa o quinto traballo do guitarrista e compositor galego. Se existe algún inspirador claro neste disco ese é o poeta eumés Ramiro Fonte, que emprestou os seus versos para sete das novas cancións.

Eduardo Galán, amigo de ambos artifices do CD e coñecedor tanto da obra de Ramiro como da de Víctor, encargouse da presentación dun disco que ten como corpus inspirador ao recentemente falecido poeta de Pontedeume. Asegurou, na rolda de prensa celebrada en Arteria Noroeste, que está máxica combinación "fai que as palabras de Ramiro Fonte cheguen a persoas que nunca len poesía e, ao mesmo tempo, dalle a Víctor Aneiros un repertorio de letras perfectas para facer blues".

Poesía galega a golpe de blues
Non é a primeira vez que Aneiros se achega a poesía de Fonte, pois no seu anterior disco xa recuperou 'Na barra', tema onde se dan moitas das obsesións do escritor: ambientes nocturnos, personaxes decadentes, atración polo abismo, etc.

Neste novo traballo as pezas que levan o selo do de Pontedeume volven recorrer á temática "urbana e cinéfila" que Eduardo Galán describe como un leimotiv na súa obra. Fala, polo tanto, dun "encontro natural e coherente".

Tamén Víctor inclúe nesta última criatura musical 'Axúdame', un tema baseado nun texto doutro poeta galego contemporáneo, Xosé Carlos Caneiro. Un encargo do propio músico.

Ademais do atractivo literario 'Brétemas de memoria' inclúe exquisitas colaboracións musicales como a do coñecido Javier Vargas (fundador de Vargas Blues Band) ou a do saxofonista coruñés Roberto Somoza.

Ser bluesman en Galicia
"En Galicia dáse esa máxima de que sempre nos gusta a moza do veciño", Victor Aneiros asegura que aínda non sabemos ollar e admirar o que temos dentro e confesa que el viviuno e segue a vivilo en propias carnes, pois "antes fun coñecido fóra de Galicia e agora empezo a selo aquí".

Aínda así o guitarrista recoñece que aquí tamén hai un oco para o blues pero é preciso aunar forzas. "Cada músico vai á súa bola, temos que aprender a unificar e exportar isto". Víctor Aneiros insinuou que dende as institucións galegas tampouco se fomenta a exaltación da cultura galega. "Tiñamos unha marabillosa oportunidade para exportar a nosa cultura co Xacobeo, pero parece que as políticas non van por aí".

www.galiciae.com

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2010 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Deixémonos de gaitas (da Deputación)

É longa a súa loita, a de Ricardo Casás e os seus, os membros do Colectivo en Defensa da Gaita, contra a deturpación das raices elementais do noso instrumento tradicional e tamén contra toda a parafernalia militar, de importación escocesa, da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense que din representar a Galiza e que, de feito, a representan cada vez máis en eventos internacionais. O malo é que a representan con falsidade.

Eu non son un especialista no noso folclore, pero si son un home sensible e amante da música desde a miña infancia, e estou, afortunadamente, dotado dun bo oído e dunha suficiente capacidade de observación. O instrumento que introduciron os suevos en Galiza, co paso do tempo deu lugar á gaita galega, cun son inconfundible e específico, distinto ao da gaita asturiana (quizais semellante á gaita nosa que denominamos "gaita grileira") pero indubitablemente distinta, tamén, da gaita escocesa de longa tradición militar. Que eu saiba, esa non foi xamais a función da gaita galega, lúdica e festeira pero tamén solemne, ben diferenciada non só na súa estructura e no seu son da do país anglosaxón.

A finais do século XIX e principios do XX houbo en Galiza unha xeración de extraordinarios gaiteiros cunha técnica musical esmerada (o tocar pechado) que hoxe ficarían arrepiados co son das gaitas da Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, co ronco erecto que non ten a gravidade do noso ronco, e sen a graza especial da afinación do noso ronquete, os seus modernos tambores marciais de batucada antipática e os seus traxes negros vai ti a saber por quen deseñados.

Avelino Cachafeiro, Perfecto Feixóo, Xan de Campañó, Breixo, Santalices ou Bellón, e máis recentemente os meus admirados e insuperables irmáns Garceiras, de Melide, os que mellor sabían mollar a palleta, ficarían apampados e moi tristes ao verse representados por esa gaiteiría cibernética.

Eu son consciente desde hai décadas que as Deputacións non serven para nada, que son unhas institucións absurdas onde se seguen a cociñar o caciqueo e os favores. Fraga Iribarne, partidario desde sempre dun partido único e posteriormente, cando tivo que asumir a democracia, de dous, foi o promotor desta escola de gaita militar, como a el lle gusta, e aí segue pervivindo, "representando a Galiza".

Así como existe a figura do Defensor do Pobo, imprescindible figura, debería existir a do Defensor Etnográfico, que velase contra a deturpación da nosa identidade. Eu vivo desde hai oito anos nunha terra situada á beira do Atlántico Aberto, gobernada por un alcalde que dixo públicamente que non casaría nunca maricóns e que, polo tanto, non casaría aos homosexuais do seu propio partido, algúns dos cales, con todo o dereito do mundo, nun dos logros máis humanos desta democracia, dirixen importantes sectores da administración galega. El chámalle maricóns aos homosexuais, e di que os petroglifos son cousas vellas, e que máis dá un pedrolo antigo crebado cando o que hai que facer é mirar cara ao futuro. Lémbrame a outro alcalde dunha comarca próxima que chegou dicir que Grecia non estaba mal pero que na Acrópole había demasiadas ruínas.

Todo isto faime pensar que esa figura do Defensor Etnográfico debería ser radicalmente inflexible á hora de determinar quen se está cargando o patrimonio cultural deste país, quen o está disolvendo con estéticas importadas ou quen é capaz, con perdón, de cagar enriba dun petroglifo, e aplicarlle con rigor todo o peso da Lei.

Alfonso Álvarez Cáccamo

www.farodevigo.es

Relacionado:
Carta do Colectivo en defensa da Gaita
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2010 11:52
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados XXXI Concurso de baile Xacarandaina

Resultados XXXI Concurso de baile Xacarandaina celebrado o domingo 6 de Xuño no teatro Rosalía de Castro (A Coruña)

CATEGORÍA A:
1° premio: "O Muíño da Retorta" do C.C. A Ponte Vella.
2° premio: "E" da E. de M. de Cantigas e Agarimos.
3° premio: "Brétema" da Casa Galega-Hospitalet.

CATEGORÍA B:
1° premio: "Tras do Eo" do C.C. A Ponte Vella.
2° premio: "A" da A.C. Os Xeitosos de Trazo.
3° premio: "Bailadores do torreiro" da A.C. Donaire.

CATEGORÍA C:
1° premio: "Garagao" da A.C. Xacarandaina.
2° premio: "B" da A.C. Xeitosos de Trazo.
3° premio: "Cinquilimpé" da A.X. Xiradela.

CATEGORÍA D:
1° premio: C.C. A Ponte Vella.
2° premio: A.C. Traspés.
3° premio: "A" da E. de M. Cantigas de Agarimos

Mellor bailadora: Alejandra Montero (grupo Fieital da asociación Castro)
Mellor bailador: Alejandro Cangado (grupo Valarego de Xacarandaina)



Domingo 6 de Xuño no teatro Rosalía de Castro (A Coruña) ás 16:00h.

PROGRAMACIÓN DO CONCURSO:

1PARTE:

CATEGORÍA A: ata 8 anos inclusive.

"Barallete" de A.C.Xacarandaina.
"Donairiño" de A.C.Donaire.
"As Carrapucheiriñas" da A.C.Rosalía de Castro-Padrón.
"E" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos.
"A" da Escola Municipal de Folklore-Betanzos.
"Fusos e Rocas" da A.C.F.O Fiadeiro.
"O Muiño da Retorta" do C.C.A Ponte Vella.
"Brétema" da Casa Galega-Hospitalet.
"Barulleiras" da A.F. Santiaguiños-Boimorto.
"Quintán" da A.N.P.A. do Colexo Mondego-Sada.
"D" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos.

CATEGORÍA B:de 9 a 12 anos inclusive.

"C" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos.
"A" da Escola de Música e Danza Raigañas-Cerqueda.
"Bailadores do Torreiro" da A.C.Donaire.
"A" da A.C. Os Xeitosos de Trazo.
"Escornabois" da A.F. Santiaguiños-Boimorto.
"O Rodicio" de A.C.Xacarandaina.
"As Zoqueiras" da A.X. Regueifa.
"Tahumiños" da G.B.T. Tahúme.
"B" da Escola municipal de Folklore-Betanzos.
"Tras do Eo" do C.C.A Ponte Vella.
"B" da Escola de Música e Danza Raigañas-Cerqueda.

2PARTE:

CATEGORÍA C: de 13 a 16 anos inclusive.

"Brétema" da Casa Galega-Hospitalet.
"B" da A.C. Os Xeitosos de Trazo.
"B" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos.
"Cinquilimpé" da A.X. Xiradela
"Azougue" da Escola municipal de Folklore-Betanzos.
"Garagao" de A.C.Xacarandaina.

CATEGORÍA D: de 17 anos en adiante.

"Brétema" da Casa Galega-Hospitalet.
"Fiada" de A.C.Xacarandaina.
"G" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos.
"Fieital" da A.C. O Castro.
"Tahúme" do G.B.T. Tahúme.
"Picote" da A.C. Donaire.
"Trimiñoque" de A.C.Xacarandaina.
"Traspés" da A.C. Traspés.
"Regueifa" da A.X. Regueifa.
"A" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos.
C.C. A Ponte Vella.
"Valarego" de A.C.Xacarandaina.
"Repenicoque" da A.X. Xiradela.

Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-06-2010 11:46
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 7(luns)

Terza feira 8 (Martes)

Corta feira 9 (Mércores)
• Oh Trio! na borriquita de belén (Compostela)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 10 (Xoves)
• Raigañas na Fundación CaixaGalicia (A Coruña)
• Covalblú en Arteria Noroeste (Santiago de Compostela)
• Esquíos na sala Clavicémbalo (Lugo)

Sexta feira 11 (Venres)
• Sonoro Maxín no Auriense (Ourense)
• Machina no Pub D´antón (Laracha)
• Kastomá no Pub Gatos (Melide)
• Donicelas no Liceum (O Porriño)
• IV Festival Alternativo Millo Verde (Redondela): Skakeo, Chotokoeu, Funky Syile Brass,...
• Serán no Alto do Viso-Redondela (a estrada que sobe A Peneda)
• Ruada na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)

Sábado 12
• Sonoro Maxín no Sete Flores (O Carballiño)
• Ultraquans en Xinzo de Limia
• Chotokoeu na sala Ritmhicon de Monforte de Lemos
• Snatch no Muiño de Louro (A Coruña)
• IV Festival Alternativo Millo Verde (Redondela): Pan de Capazo, La Imposible, Minim, Arritmic,...
• Serán en Ribadelouro (Tui) no torreiro da festa
• Foliada na casa de veciños de Baíña (Baiona) (no antigo torreiro da festa, ó lado da autoestrada)
• Serán en Freaza (Fornelos de Montes) organizado por Eugenio da Pedra Quetiña de Touton.

Domingo 13
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2010 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto Runas no Festival de Ortigueira
O Festival Ortigueira busca ás mellores bandas folk noveis do momento para pechar o certame celta do 2010

O Festival Ortigueira servirá por undécimo ano consecutivo de plataforma promocional para os novos valores da música de raíz. A través do “Proxecto Runas”, convoca aos grupos emerxentes que buscan facerse un sitio no panorama folk. As tres mellores bandas protagonizarán a última xornada do certame celta, competindo en directo por coarse no cartel do 2011.

Como participar?

As formacións deberán enviar en MP3 á organización (runas@festivaldeortigueira.com ou ben por correo ordinario certificado a: Festival Internacional Mundo Celta- Proxecto Runas-Praza Isabel II s/n 15330 Ortigueira), ata o 7 de xuño os seus tres mellores temas. Xunto a estes cortes, dos que polo menos dous serán de produción propia, terán de incluír un breve dossier informativo e datos de contacto.

Música instrumental, música cantada... o único que se require é que sexa folk. Os grupos, cun máximo de dez integrantes e "de calquera procedencia xeográfica", deberán contar cun repertorio mínimo dunha hora de duración.

Selección

Un comité técnico, nomeado polo Concello de Ortigueira, organizador do Festival co patrocinio do Xacobeo 2010, Estrella Galicia e Deputación da Coruña, realizará unha primeira selección de ata quince grupos.

A segunda fase correrá a cargo dun xurado, integrado por axentes musicais, artistas e técnicos, aos que se sumará o voto emitido polos internautas que visiten esta web, do 10 ao 16 xuño.

As tres bandas finalistas actuarán en Ortigueira o domingo 11 de xullo e recibirán 1.500 euros. Finalmente, un xurado, presente entre o público, decidirá tras os concertos, cal é a formación gañadora, que volverá tocar no Escenario Estrella Galicia no 2011 e obterá 4.000 euros.

Máis dunha década de traxectoria

O “Proxecto Runas”, durante anos eixo central da programación musical diurna do evento, resérvase este ano para a última tarde do Festival, no Escenario Estrella Galicia. O “Runas” serviu na súa primeira década de vida para impulsar bandas como La Bruja gata, Rare folk, Bellón & Maceiras ou Qui hi ha?, vencedora do pasado ano.

Bases

www.festivaldeortigueira.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-06-2010 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
XI Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)
Coma tódolos anos a AGG xunto co Concello de Pontevedra anda a organizar o Memorial Ricardo Portela, que este ano xa conta coa XI edición.

As datas elixidas nesta ocasión son o 17 e 18 de Xullo na Praza de Ourense e da Peregrina nas que se desenvolverán as diferentes actividades.

Novamente levarase a cabo a Mostra de Artesáns que permanecerá aberta na Praza de Ourense os dous días que dura o memorial.

O sábado 17 de Xullo terá lugar o concurso do Memorial cunha fase eliminatoria pola mañá e unha final á tarde.

Próximamente poderedes consultar as bases na wb da Asociación de Gaiteiros Galegos.

www.gaiteirosgalegos.com

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 07-06-2010 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Festivais do mes de Xuño
4 xuño: Festival Tod@s paramos o Galicia Spitit (Ferrol)
- Zenzar, Os tres Trebóns, Sonoro maxín, Katomá,...

5 xuño: 1º Festinao (A Estrada)
-Nao, Primitve, Esquíos e For Home Use Only

11 e 12 xuño: IV Festival Alternativo Millo Verde (Redondela)
- Skakeo, Chotokoeu, Funky Syile Brass,...
- Pan de Capazo, La Imposible, Minim, Arritmic,...

18 xuño: Milladoiro Folc (Milladoiro)
-Ophiusa e Muxarega

18-19 xuño: FAX 2010 (Ourense)
- Barricada, Xtrume,...
- Lamatumbá, Muchachito Bombo Inferno,...

19 xuño: Festifolc (Mugardos)
- Ultraquans, Ruxe-Ruxe e Os Tres Trebóns

19 xuño: II Festival Folk en Vilacoba (Salvaterra de Miño)
- Zurrumalla, Terribles de Donas e Ardentia

20 xuño: Festa do Muíño de Taboadelo (Pontecaldelas)
- Foula, Os Paveros (Regueifa Josiño da Teixeira e Luis o caruncho), Tanto Nos Ten

25-26 xuño: Festival da Terra e da lingua (Narón)
- Boj, Estimaba que viñeras, Maghúa
- Wisdom, KaveGz, Lamatumbá

25 xuño: Festa de Silvoso (Pontecaldelas)
- Os Carunchos, Quempallou e Tanto Nos Ten

Axenda de Festivais de verán na Galiza
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-06-2010 03:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chegan os Encontros da Música Tradicional de Carboeiro
Os encontros do Carboeiro volven homenaxer a nosa cultura do mellor xeito, practicándoa

Fai once anos en Silleda corría o rumor de que se ía crear unha banda de gaitas "do estilo da Deputación de Ourense". Este runun motivou que un gupo de música tradicional e unha asociación decidisen celebrar unhas xornadas para "reivindicar o noso".

Dame Lume era o grupo e Adellis a asociación. Naquel sexteto de música tradicional tocaba Chus Caramés, organizadora dos encontros do Carboeiro, quen nos desmiuzou o existir desta festa e o programa deste ano para mañá día 5 de xuño.

Hoxe daquela xente só queda ela, se ben hai outra moita da comarca e doutros puntos do país que, tendo ou sen ter ningún vínculo coa nosa música, se implican "ou até piden vacacións para poder colaborar, por exemplo, poñendo a electricidade" formando parte da Asociación Santa Ferreña de Encontros da Música Tradicional.

Dos tres días iniciais pasaron a un por motivos de obras no mosteiro e de írense adaptando á propia festa, dando paso á improvisación, ao estar agusto, ao "ir todos xuntos tocar ao prado e bailar até que o corpo aguante". O que non deixou de facerse cada ano foron as exposicións, as conferencias e os obradoiros nos que, como dicía Chus, "cada un achega o que pode, o que sabe facer para explicar a nosa cultura tradicional".

Nos encontros do Carboeiro xúntase xente maior, xente nova, cativos e cativas, xeracións enteiras que aprenden dos outros e de si propios ante o fío condutor da música e das diversas manifestacións culturais do país. "Ver a un neno botarlle un peso á rá e que un señor se achegue para dicirlle como facer ou que as pequenas vaian, coas súas pandeiretiñas e se poñan diante dos maiores a cantar" é, segundo a responsábel do evento "o motivo polo que isto segue en pé".

Contadas, unha sesión vermú con todos os grupos da bisbarra "para que se vexan entre eles porque sempre o que non está nunha festa está noutra e nunca coinciden", faladoiros e voltas sobre o acordeón diatónico, a "comida na mesa larga", a colaboración de Olga Kirk, Xurxo Souto, Celsiño Fernández Sanmartín e a experiencia dos acordeonistas "Pazos de Meroxo" e "Cociñas" só son algunhas das actividades nas que perderse este sábado no mosteiro, ademais da subhasta das andas e a posibilidade de vermos os cabezudos profesionais e os papamoscas, entre outros anacos do noso patrimonio cultural.

Programa

www.gznacion.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-06-2010 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
Asemblea Músicos ao Vivo
Ola a tod@s!!!!
A Asociación "Músicos ao Vivo" está de volta, con moitas e importantes novidades.

Por iso convocamos a Segunda Asemblea do 2010


unha Asemblea Extraordinaria na que, entre outras cousas, se presentará o Plan de Normalización Laboral dos músicos en Galicia.
Contaremos coa asistencia e explicacións de Antoni Mas, un dos promotores desta iniciativa, que leva anos traballando pola dignificación da profesión de músico dende MUSICAT en Cataluña.
Ao mesmo tempo presentaremos a nova páxina web da Asociación, un proxecto ambicioso que pretende converterse nun punto de encontro indispensable para a comunidade de músicos de Galicia e que estamos a piques de ter rematada; e a Oficina Virtual da Asociación.

Dende xa, estamos presentes en varias das máis importantes redes sociais, como Facebook, Twitter, MySpace ou Youtube, redes que estarán interconectadas en canto a contidos coa nosa páxina web e dende as cales poderedes seguir a actualidade da Asociación e máis recursos interesantes para toda a comunidade de músicos galegos.

*Cando? Domingo 6 de Xuño, as 17:00h
*Onde? CGAC [Centro Galego de Arte Contemporánea]
Rúa Valle Inclán s/n
Santiago de Compostela


A Asociación está a vosa disposición nesta mesma conta de correo para calquera consulta ou aclaración e agradecemos que nos axudedes a facer que tódolos músicos galegos saiban desta nova e interesante etapa que se aproxima.

Un saúdo.

Visitanos en:
http://www.facebook.com/pages/Musicos-ao-Vivo/125879007431284
http://www.myspace.com/musicosaovivo
http://twitter.com/Musicos_ao_Vivo
http://www.youtube.com/user/MusicosAoVivo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-06-2010 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 4 (Venres)
• Pito de Pikasso no IES Antonio Fraguas, Fontinhas, Compostela ás 19:00
• Recambios Tucho no Capital (Ourense)
• Tonhito de Poi na Guinda (Vigo)
• Ugía Pedreira & Fred Martins no Manteca
Jazz (Vigo)
• Noise Project na sala 600 (Melide)
• Lamatumbá na sala The Star (Carral)
• Festival Tod@s paramos o Galicia Spitit (Ferrol): Zenzar, Os tres Trebóns, Sonoro maxín, Katomá,...

Sábado 5
• V Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva gaitas de fol do noroeste en Poio
• Nordestin@s no Rosal (Pontevedra) no Auditorio Municipal ás 21:00
• Lamatumbá na sala 600 (Melide)
• Xestreu no Esmorga (Ourense)
• Som do Galpóm no Con do Moucho (Illa de Arousa)
• Ruxe-Ruxe, Fracasados de Antemano e Loreta Martin na Sala O Túnel (Coliseum) da Coruña
• Mercedes Peón na Casa das Ciencias (A Coruña)
• I Festinao (A Estrada): Nao, Primitve, Esquíos e For Home Use Only
• XI Encontros de Música Tradicional en Carboeiro
• Serán do Remuiño (Paraños-Covelo)
• IV Serán do Gaiteirinho de Aldán (Cangas do Morrazo)

Domingo 6
• V Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva gaitas de fol do noroeste en Poio
• XXXI Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina no teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
• Luar na Lubre no Auditorio de Galicia (Compostela)
• Os Carunchos en Paraños (Covelo)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-06-2010 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer