Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

San Pedro chega antes do San Xoán
O máis popular dos barrios de Santiago comezou onte o antecipo das súas festas


Como anticipo das festas do Barrio de San Pedro, as máis populares das que se celebran en Compostela, a Asociación Cultural do Barrio comezou onte un programa de celebracións que incluíu a actuación de Homes sen Medo e que continúa hoxe co Mercado entre Lusco e Fusco -a partir das sete da tarde nas terrazas do Parque de Belvís-, onde actuarán Mini e Mero e o Coro da Rá.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2010 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Berroguetto en Ourense

Berrogüetto pecha as presentacións de "Kosmogonías" no Auditorio Municipal ourensán

O Auditorio Municipal de Ourense acollerá hoxe o último concerto da xira de presentación do novo disco de Berrogüetto, Kosmogonías. Composto por once cancións, Kosmogonías lévanos ao punto de partida por excelencia, ao Big-Bang, ao triunfo da materia sobre a antimateria, ao berro inicial do universo que coa súa radiación chega ata nós.

Con este concerto Berrogüetto completa a xira de presentación do seu novo disco que desenvolveuse na Coruña, Ferrol, Lugo Pontevedra, Vigo, Zaragoza e Madrid. No mes de xullo o grupo comezará a xira do verán que durará dende xullo a outubro e visitará Cedeira, Nigrán, Narón, Bilbao e Barcelona, entre outros.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2010 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Participa na gravación do novo videoclip de Xil Ríos
Hoxe martes 22 de xuño ás 4 da tarde, estaremos no torreiro das festas en Mañufe en Gondomar, para a gravación do novo videoclip de Xil Ríos, do seu úlimo traballo "Son da alma" (PAI Música 2010).

Recrearemos unha festa típica dos anos 30 con aquelas maravillosas orquestas, e combos. Se queres participar como público só tes que rebuscar no faiado da casa, vestimenta da época e achegarte ata Mañufe.

Haberá café de pote e pastas para todos os asistentes.

Cómo chegar ata Mañufe - Mira o mapa

www.pai-musica.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2010 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Quique Peón inaugurará o auditorio municipal de Vigo
O reformado auditorio municipal da praza do Rei será inaugurado hoxe martes 22 de xuño, ás 20.30 horas, cun espectáculo de danza protagonizado pola compañía de Quique Peón.

Con esta estrea, o auditorio comezará a programar actuacións de forma regular a partir do próximo mes de setembro, aínda que antes dará xa cabida a varios concertos incluídos no Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons.

Conclúen así case dous anos de inactividade e ano e medio de obras, que comezaron en novembro do 2008. A reforma contou cun orzamento próximo ao millón catrocentos mil euros, unha parte dos cales foi achegada pola Consellería de Cultura. Estes 250.000 euros chegados da Xunta de Galicia foron os culpables do atraso acumulado polas obras, cuxa conclusión estaba prevista para o verán do 2009. O cambio de goberno na Xunta provocou o atraso na entrega da cantidade comprometida co Concello de Vigo.

Danza
Quique Peón presentará, no auditorio da praza do Rei, o espectáculo Ovay , que recentemente puido ser visto na capital de Xordania. A peza, interpretada en solitario por Peón, está baseada no baile tradicional galego, e conta con música en directo, interpretada por Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero. Henrique Peón ten unha ancha traxectoria e un importante labor como profesor de baile e música tradicional. Formou parte de diversos grupos e é o director de Xacarandaina.

Recollida de invitacións:
Na taquilla do auditorio de 18:00 a 20:00


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-06-2010 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 21(luns)
• Nova Galega de Danza en Ourense na Praza do Concello
• Uxía Senlle Trío na Casa das Crechas (Compostela) ás 22:30

Terza feira 22 (Martes)
• Berroguetto en Ourense no Auditorio Municipal
• Sumrrá na Casa das Crechas (Compostela)
• Quique Peón no Auditorio Municipal de Vigo
• Uxía no Garufa (A Coruña)

Corta feira 23 (Mércores)
• Os Carunchos en Cesantes
• Nao en Berres (A Estrada)

Quinta feira 24 (Xoves)
• Festas do barrio de San Pedro (Compostela): Odaiko, Quempallou, Habelas Hailas e Bouba pandereteiras
• Dúo Fernandez&Quintá no Ultramariños (Compostela)
• A Roda en Cortegada. Sarreaus
• Sonoro Maxín na Praza da Sta. María(Lugo)

Sexta feira 25 (Venres)
• Festas do barrio de San Pedro (Compostela): Moita Leira, The Homens, A Tuna Rastafari
• SkandaloGZ en Fiolledo (Salvaterra)
• Trio Vaamonde, Lamas &Romero na Efémera (Ourense)
• Fin de curso da A. Trepia no Local Social da Asoc. Almuinha de Marin
• Festival da Terra e da Língua (Narón): Boj, Estimaba que viñeras e Maghúa
• Festa de Silvoso (Pontecaldelas): Os Carunchos, Quempallou e Tanto Nos Ten
• Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Foliada Ven respirar no Efémera (Ourense)

Sábado 26
• Fuxan os Ventos en Ourense na Praza Maior
• Os carunchos en Cesantes
• Fía na Roca en Campo Lameiro
• Royalties en Compostela
• Festisahara (Salceda de Caselas): Skakeo, Estado de sitio,...
• Festival da Terra e da Língua (Narón): Wisdom, KaveGz e Lamatumbá
• Serán en Fornelos de Montes

Domingo 27
• Festas do barrio de San Pedro (Compostela): Romaría cos Estalotes
• Vaamonde, Lamas & Romero no Forumetropolitano (A Coruña)
• María do Ceo en Ourense
Fía na Roca na festa do augardente (Campo Lameiro)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-06-2010 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
1º Encontro de Pandereteiras en Torneiros (O Porriño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2010 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 18 (Venres)
• Presentación do libro Zampadanzas ás 19:00 na galería Sargadelos de Pontevedra
• Projecto Trepia na sala Zona (Bueu)
• Raiba na sala Xoldra (Guitiriz)
• FAX 2010 (Ourense): Barricada, Xtrume,...
• 18º Festival "A Mocidade coa Lingua" (Ferrol) no parque Raiña Sofía: Balakandra, Neda York, Arredemo, Fenéticos, Rapatios
• Milladoiro Folk (Ames): Ophiusa e Muxarega
• 1º Encontro de Pandereteiras en Torneiros (O Porriño)
• Foliada en Sada

Sábado 19
• Homenaxe a Henrique Otero no auditorio do Conservatorio Superior de música de Vigo
• V Certame de Bandas de gaitas tradicionais (Calo)
• Presentación do libro-CD `O Quinteto Monterrey de José Posada´ no Teatro Principal de Pontevedra
• Esquíos na Casa das Atochas (A Coruña)
• Pepe Vaamonde Grupo ás 21:00 no Auditorio Municipal de Ribadeo
• FAX 2010 (Ourense): Lamatumbá, Muchachito Bombo Inferno,...
• Festifolc (Mugardos): Ultraquans, Ruxe-Ruxe, Os Tres Trebóns
• II Festival Folk en Vilacoba (Salvaterra de Miño): Zurrumalla, Terribles de Donas e Ardentia
• III Festival Río D´area (Camelle): Madialeva, Crus de baixar, Escarnio
• Foliada de Xacarandaina (A Coruña)
• Ruada en Vilán (Fornelos de Montes) partir das 17:00 (Festa da sidra)
• Serán da "Noite da Moura" no campo da festa de Rebordechán (Crecente)
• Serán en Viascón (Cotobade)
• Serán do mar de Baiona

Domingo 20
• Festa do Muíño de Taboadelo (Pontecaldelas): Foula, Os Paveros (Regueifa Josiño da Teixeira e Luis o caruncho), Tanto Nos Ten
• Trio Vaamonde, Lamas &Romero en Portosin ás 21:30
• Uxía no Bar Liceum do Porriño ás 21:00
• Foliada de lembranza na Ponte de Mourentán (Arbo)
• Romería do Lecer (A Coruña)
• Folk in Rio (Touro):Os Malinos, Zurrumalla e Requinta da Laxeira
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2010 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os seráns
19 de xuño
- Serán da "Noite da Moura" no campo da festa de Rebordechán (Crecente)
- Ruada en Vilán (Fornelos de Montes) partir das 17:00 (Festa da sidra)
- Serán en Viascón (Cotobade)
- Serán do mar de Baiona

20 de xuño
- Foliada de lembranza na Ponte de Mourentán (Arbo)

26 de xuño
- Serán en Fornelos de Montes

3 de xullo
- Serán das Meghallas en Pereiras (Mos)
- Serán no Rodeiro (Avión) xunto a capela de San Esteban

10 de xullo
- Foliada en Amorín (Tomiño)
- Serán en Chapela (Redondela) na baixada a Pescanova(na pista polideportiva)

7 de agosto
- Serán en Valadares (Vigo) no monte dos pozos

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-06-2010 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
VII Festa do Muíño do Verdugo (Taboadelo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2010 17:53
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festifolk (Mugardos)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-06-2010 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Baiona
Sábado 19 de xuño

A partir das 22:00 no Parque da Palma (Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-06-2010 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Viascón
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-06-2010 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Sada
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-06-2010 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de Xacarandaina e Romería do Lecer (A Coruña)

A tradicional Foliada, que os últimos anos se viña realizando no paseo das Pontes, celebrarase este sábado no Parque de Sta. Margarida. Aínda que estaba previsto facelo nos Xardíns de Méndez Núñez, a programación de diversos actos impide que finalmente se realize alí.


O sábado día 19 de xuño realizarase, como anticipo á Romaría, unha festa coa que se pretende recuperar outra tradición galega moi popular: a Foliada, festa nocturna de carácter tradicional na que a xente se reunía para cantar, bailar e divertirse. Como todos estes anos contamos coa presenza de grupos folclóricos de toda Galicia: O Fiadeiro de Vigo, Azougue de Betanzos, Pandereteiras da Pontragha de Tordoia, Magúa da Coruña, Traspés de Vigo, Iar da Coruña, Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela… acompañando no escenario ao Grupo de Música Tradicional Xacarandaina interpretando pezas do noso repertorio tradicional para que poidan bailar nenas e nenos, mozos e maiores, xente de todas as idades que participan de forma moi activa na festa.

O domingo 20 de xuño realizarase a tradicional Romaría do Lecer. Este acto dará comezo ás 11,30 horas e finalizará sobre as 20,30 horas. O programa inclúe a actuación das alumnas e alumnos da asociación onde amosarán o aprendido durante o curso enriba do escenario; intercalaranse actuacións de grupos de baile tradicional, pandereteiras e pandereteiros, cuartetos de gaitas, baile de salsa e merengue, acordeón, guitarra, bailes de salón... Contaremos tamén coa actuación do grupo de baile “Les Ayalgues d´Ayer” de Cabañaquinta (Asturias) que realizarán unha exhibición do baile tradicional de Asturias. Están programadas tamén actividades paralelas pensadas para todas as idades: aulas abertas de folclore (para todos os que o desexen), obradoiros para rapaces, contacontos, ginkana... Poderase aprender a xogar á billarda ou á chave ou observar unha demostración das palilleiras da Asociación. Para os máis pequenos cóntase con inchables e xogos populares, onde varios monitores ensinarán a xogar aos máis novos, diversión garantida! E, para ofrecer a posibilidade ao público de gozar durante todo o día desta Romaría, contarase con bochinche, pulpeira, churrasco e rosquillas e lambonadas.

A Asociación Xacarandaina celebra desde o ano 2001, no mes de xuño, esta Romaría coa que pretende recuperar o “sabor” de festa e lecer das antigas romarías galegas. Desde Xacarandaina animamos a toda a xente da cidade e arredores a participar neste día, como un día de homenaxe participativo ao folclore e cultura galegas, axudando deste xeito a que todas as coruñesas e coruñeses nos sintamos máis orgullosos das nosas tradicións, sen deixar que se extingan.
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-06-2010 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
Uxía celebra 25 anos sobre os escenarios
No Bar Liceum do Porriño este domingo 20 de xuño ás 21:00

A cantane repasa os temas fundamentais da súa discografía co seu proxecto máis íntimo: Uxía Trío.


Agora que se conmemoran os vinte e cinco anos do comezo da súa carreira, Uxía achega ao Bar Liceum os temas fundamentais da súa discografía, co seu proxecto máis íntimo e persoal: Uxía Trío. Unha proposta limpa de artificios, na que o fundamental é a excepcional voz de Uxía. Unha voz fermosa e serena, que foxe do virtuosismo exhibicionista e faise transparente, para mostrarnos unha artista madura, que comprendeu que non hai nada máis sofisticado que o esencial e que a voz é o único instrumento que nunca mente.

Despois de actuar en Bélxica e por terras valencianas, Uxía Trío chega a Galicia para celebrar concertos de pequeno formato que exploran a versatilidade das guitarras para acompañar a incomparable voz de Uxía. Sérgio Tannus e Alejandro Luzardo son os dous instrumentistas delicados e virtuosos que a acompañan nesta proposta acústica na que, ademais dos temas de Eterno navegar, haberá versións dalgúns dos temas máis representativos dos 25 anos de carreira de Uxía e algunhas sorpresas e novidades.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2010 17:12
# Ligazón permanente a este artigo
V Certame de Bandas de gaitas tradicionais (Calo
V Certame de Bandas de gaitas tradicionais este sábado 19 de xuño en Calo, Concello de Teo

Organiza a sociedade recreativa San Xóan de Calo (S.R.Calo).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2010 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Lembranza en Arbo
O igual que o ano pasado, imos facer a marcha de Mourentan polo entorno do rio de San Juan.
Os que xa viñestes o ano pasado espero que este ano repitades, e para que non vos aburrades a ruta imos facela por outro sitio distinto a do ano pasado, ainda que como e loxico alguns tramos coinciden, pero como nos pareceu que o ano pasado fostes de paseo e a fixestes moito mais rapido do que nos pensamos, este ano fixemola mais longa e con uns paisaxes moi bonitos. E como non para os acompañantes teremos uha marcha de sendirismo polos marxes do rio e polos distintas zonas de San Juan.
Este ano teremos gaiteiros e pandereteiras que nos animaran toda a tarde ata que o corpo aguante.

Leede os carteis que ahi vos pon o telefono de contacto para anotarvos para a comida dese dia e tamen explica como tedes que facer para anotarvos na ruta ciclista.

Se tedes algunha duda podedes chamarnos o seguinte telefono 634 87 39 89
Estaremos encantados de vervos de novo, e os que non viñestes estaria ben que este anos nos acompañarades neste dia de troula.

ESPERMOSVOS, NON FALTEDES
UN SAUDO

Associacion cultural Barca de Loimil
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2010 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro-CD `O Quinteto Monterrey de José Posada´ en Pontevedra
O vindeiro sábado 19 de xuño no Teatro Principal de Pontevedra ás 21 h Oscar Ibáñez presenta o libro-CD “O Quinteto Monterrey de José Posada. Nos xardíns da Tropical”, editado por Dos Acordes en 2009.

Este traballo é froito da súa investigación sobre o “Quinteto Monterrey”, levada a cabo en La Habana (Cuba) en 2005 e 2006 mentres impartía cursos de gaita galega para a Federación de Sociedades Galegas de Cuba a través da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, e posible grazas á colaboración e xenerosidade de Rodolfo Posada, fillo do gaiteiro e director do conxunto, quen atesouraba as partituras do conxunto, os instrumentos do seu pai e documentos gráficos.

Esta publicación consta de tres partes: o libro, con ampla documentación sobre o conxunto e a edicións electrónica de 39 pezas das 54 conservadas do repertorio do conxunto, o CD, coa reconstrución musical de 19 pezas do “Quinteto Monterrey”, gravadas ao vivo no Teatro Principal de Pontevedra por Pablo Barreiro co estudo móbil da Radio Galega, e o CD-ROM, que contén a edición electrónica das partes individuais dos instrumentos presentes na edición electrónica contida no libro, a totalidade das partituras orixinais do conxunto en imaxes e o programa Alalá nº 91 da TVG dedicado a Rodolfo Posada, ao Quinteto Monterrey de José Posada e á elaboración de este traballo.

Este libro-CD foi promovido pola Asociación de Toque Pechado de Pontevedra, a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, a actual Secretaría da Emigración da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, os Concellos de Monterrei, Verín e Riós coa colaboración da CRTVG e do Concello de Pontevedra.

O acto de presentación pecharase cun concerto recreación do "Quinteto Monterrey" a cargo de: Oscar Ibáñez (gaita e dirección musical), Miguel Dopazo (clarinete), Eduardo Seoane (trompeta), José Manuel López (saxofón alto 1º), Luís Rodríguez (saxofón tenor), Andrés Vilán (caixa) e Alberto Costas (bombo con pratos).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2010 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro Zampadanzas en Pontevedra
Este venres, día 18 de xuño, Mercedes Prieto Martínez e Serxio Cobos presentarán ao público de Pontevedra o libro Zampadanzas do mundo. O acto dará comezo ás 19:00 horas na galería Sargadelos incluirá unha pequena parte práctica na que os autores ensinarán ao público algunha das danzas que a obra propón.

Máis información sobre o libro
Edicións do Cumio vén de sacar do prelo un divertido compendio de danzas de diferentes países recollidas baixo o título Zampadanzas do mundo que promove a asociación de danzantes Pé de Xumbo.
Seguindo o fío dunha lírica historia, na que un cociñeiro aprende a danzar saltando de país en país, o Zampadanzas achéganos aos bailes tradicionais de Portugal, Dinamarca, México, o Brasil, o Xapón, Bélxica, Cataluña e Galicia, ao mesmo tempo que nos aporta pequenos datos sobre as súas culturas.

O libro foi redactado por Mercedes Prieto Martínez, profesora titulada de danza e compoñente de Pé de Xumbo, mentres que a parte narrativa foi composta por Marta Pereira Coutinho e conta con ilustracións de Serxio Cobos. A publicación vai acompañada dun CD no que se poden atopar mostras en vídeo das coreografías suxeridas e todas as pezas musicais precisas para as mesmas.

Edicións do Cumio encadra Zampadanzas do mundo na súa colección de libros multimedia destinados aos amantes da cultura tradicional, o baile e a música, compartindo espazo con outros títulos como Para cantar e bailar de Luis Prego e Bailabén de Edith Cotilla e Gustavo Couto.


Moitas grazas de antemán pola difusión desta nova. Pode atopar máis información visitando a nosa web en www.cumio.com ou chamando ao 986 679 035.
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 18-06-2010 17:04
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Henrique Otero

O GAITEIRO DO FRAGOSO, como el mesmo gustaría que o recordaran, é un personaxe clave para comprender e coñecer boa parte do mundo da gaita en Galicia e imprescindible para o que pode considerarse Vigo e comarca.Hoxe en día é o mellor expoñente da tradición gaitística galega.figura de transición entre o gaiteiro rural tradicional e o gaiteiro urbano,pero tamén entre o gaiteiro de oído tradicional e o gaiteiro músico actual.

Por ende, organízaselle un máis que merecido acto de homenaxe que terá lugar o vindeiro sábado 19 de Xuño no auditorio do Conservatorio Superior de música de Vigo.

Posterior á homenaxe haberá unha cea, que ten prazas limitadas no Restaurante Rocamar de Baiona (40€ praza). Para inscribirse podedes contactar coa secretaría da Asociación de Gaiteiros Galegos no telf 986 84 70 74 ou no correo secretaria@gaiteirosgalegos.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2010 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos Folk en Ferrolterra
Cursos folk ferrolterra, que terán lugar os días 18, 19 e 20 de Xuño.

http://www.facebook.com/pages/CURSOS-FOLK-FERROLTERRA/119156911446713?ref=ts#!/pages/CURSOS-FOLK-FERROLTERRA/119156911446713

Unha aperta

Whistle: Abraham Fernández (10 prazas)
Gaita galega: Marcos Campos(10 prazas)
Acordeón: Fernando Fraga(12 prazas)
Bouzouki e Guitarra:Fernando Barroso(10 prazas)
Mandolina e Cavaquinho: Luis Peixoto(10 prazas)
Violín Folk: Alfonso Merino(10 prazas)
Bodhran: Pablo Vergara e Pablo Condo (14 prazas)
Canto e Pandeireta: Xela Conde (10 prazas)
Percusión Tradicional: Sandra López-Villar (10 prazas)
Arpa Céltica: Xulio Abal (8 prazas)
Baile Tradicional: Miguel Sotelo ( 16 prazas)

Contacto para apuntarse aos cursos:
cursosfolkferrolterra@gmail.com
Pablo: 633501324
Fernando: 666369090 Xénero:
Precio de los Cursos: 1 curso(50€) - 2 cursos(80€)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 18-06-2010 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
A mocidade coa Língua 2010 (Ferrol)
Nesta 18º Edición do Festival "A Mocidade coa Lingua" que se celebra todos os anos na comarca de Trasancos, actuarán o 18 de Xunho às 10:30hs. no parque Rainha Sofía de Ferrol.

Balakandra [Grupo convidado]
Neda York [IES F.Esquio de Neda]
Arredemo [IES de Fene]
Fenéticos [IES de Fene]
Rapatios [CPI Atios - Valdovinho]


Esta é unha iniciativa da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüistica da comarca de Trasancos.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-06-2010 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
Folk in Río
En tempo de crise, a Asociación Cultural Sobreiras do Ulla bota adiante o seu particular 'Plan F', "para o fomento do folk".

Concurso de cantos de taberna, xogos tradicionais, maxia, artesanía... e sobre todo moitas ganas de armar festa. Desde a parte de Touro a asociación cultural As Sobreiras do Ulla convócanos á terceira edición do seu 'Folk in Río'. Como parte dos obxectivos da propia asociación, protexer a música galega, así como a lingua, a natureza, a artesanía ou os xogos tradicionais, a mocidade local argallou un programa de actividades ben variado.

O Folk in Río 2010 comeza ás 11:00h do domingo 20 de xuño co I Open de Billarda no campo da festa de Touro e nel participarán os mellores palanadores e palanadoras da LNB (Liga Nacional de Billarda). Dende as 12h ata as 15h. terá lugar o "I Concurso de Cantos de Taberna" polos bares da vila. Ao final do percorrido polas tabernas de Touro, todos os grupos cantarán unha peza no campo onde se desenvolve o festival, na Área Recreativa da Santaia. A continuación a festa desprázase ata a área recreativa do río Santaia Alí, a carballeira e os prados que rodean o río estarán transformados nun espazo ateigado de artesáns, de exposicións fotográficas, mostra de vellos oficios, etc. Un lugar onde se repoñerán forzas para continuar coa festa xa que haberá postos de polbo á feira, carne ao caldeiro, churrasco e outras viandas.

Chega logo o tempo dos xogos tradicionais: aros, os zancos, a chave, a ra, a corda, etc..., onde os máis veteranos recordarán a súa infancia e amosaranlle aos máis novos como se xogaba antigamente nas nosas aldeas. Deseguido, grandes e pequenos poderán gozar dun espectáculo de maxia e malabares a cargo de Roi, o Cagabolas.

E, ás 18h darán comezo os concertos do Festival FOLK IN RÍO, onde actuarán os seguintes grupos:

- Os Malinos, de Portugal
- Zurrumalla, de Pontevedra
- Requinta da Laxeira, de Vedra

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-06-2010 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival Río D´area (Camelle)
Un ano máis a AA.VV."A PERGOLIÑA" de Camelle organiza o II Festival Río D´AREA para celebrar o San Xoan.
Como xa pasara o ano pasado, para que todolos veciños poidan disfrutar do Festival e da Sardiñada traládase a celebración do S Xoan para o Sábado 19 de Xuño.


Ás 8 da tarde comezará o tradicional Xogo do Galo que ,coma o ano pasado, será de xoguete, xa que se pode conservar a tradición sen maltrato animal.
A partir das 22:00h dará comezo a Sardiñada e o Festival cas seguintes actuacións:
* MADIALEVA
* CRUS DE BAIXAR
* ESCARNIO

En Camelle o SAN XOAN sempre cae en Sábado!!!
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-06-2010 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Fax 2010 (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-06-2010 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
Os cabezudos de Santiago no Alalá

Hoxe, xoves, día 17/06/2010

Os cabezudos de Santiago son únicos en España porque bailan, e non o fan de calquera xeito, pois debaixo das súas simpáticas cabezas están algúns dos mellores bailadores de Compostela; por iso velos é todo un espectáculo, pola alegría das máscaras, da música e dos bailes do seu repertorio, que interpreta de xeito maxistral a charanga que os acompaña, que inclúe xotas, muiñeiras, rumbas, pasodobres e ata o mítico bailón.

Os cabezudos teñen unha compoñente festiva e misteriosa que os fai irresistibles para grandes e pequenos, e moito máis se bailan tan ben como o fan os de Compostela, que non poden faltar nas festas do Apóstolo nin por suposto nas da Ascensión, as festas que os composteláns senten máis súas.

Houbo un tempo en que os cabezudos ían sempre acompañando os xigantes e chegaron mesmo a bailar no altar maior da catedral, porque a súa orixe podería estar relacionada coas festas relixiosas. O certo é que hai máscaras semellantes a estas en todo o mundo, desde Rusia ata a Polinesia, e en Galicia eran habituais, ata non hai moitos anos, nas festas de case todas as vilas.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 17-06-2010 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Espectáculo literario-musical EBA 5.0 en Ourense
O espectáculo literario-musical EBA 5.0 hoxe xoves 17 de xuño na Praza Maior ás 22:30, preludio das Festas de Ourense

EBA 5.0 é un espectáculo literario-musical creado con motivo do 50 aniversario da edición d’A Esmorga, a novela mais representativa da literatura producida e inspirada na cidade de Ourense e que Eduardo Blanco Amor editara no exilio galego en Buenos Aires na Editorial Citania.
Esta proposta de homenaxe a Eduardo Blanco Amor tentou producir un novo coñecemento a partir da sua novela, así como ofrecer a través da música novas leituras e posiblidades de aproximación à obra e aos seus espazos e tipos.

Este espectáculo foi estreado no Auditorio Municipal de Ourense en decembro do ano pasado, e serve agora de preludio ás Festas de Ourense na Praza Maior.

Trátase de 11 grupos musiciais de diferentes estilos e propostas, todos de Ourense, que durante o ano 2009 traballaron coa novela de Blanco Amor e sobre ela compuxeron, adaptaron ou versionaron temas musicais inspirados na Esmorga.

Once grupos e once propostas musicais conducidas neste espectáculo polas escenificacións dos actores Fernando Dacosta, Suso Diaz e Josito Porto da compañía Sarabela Teatro e coa animación de rua dos Cabezudos d’A Esmorga, cinco personaxes creadas e construidos nun obradoiro aberto que foi dirixido pola Compañía Viravolta.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2010 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
Dios Ke Te Crew en Compostela
DIOS KE TE CREW presenta na Sala NASA de Compostela, este xoves 17 de Xuño, un novo e probablemente irrepetible show no que poderemos ver como o rap contundente dos seus catro MC´s (JAMAS, MOU, GARCÍA E SOKRAM) se mestura coa potencia dos sons da recoñecida banda de metal MACHINA e coa experimentación da electrónica do productor CROMA nos aparatos. Aos pratos estará coma de costume manexando o cotarro o veterano DJ MURDOCK e na parte plástica contan coa impresionante destreza de SEKONE pintando en directo no mesmo escenario.

Ademáis de todo isto traennos máis sorpresas, pois contarán coa colaboración de invitados de excepción coma HEVI (MALANDROMEDA), o beatbox de GENDEBEAT, Manu Paino (GALEGOZ) aos ventos , e algunha que outra novidade máis...

Pra telonear a festa, contán con DJ MIL, un compostelán que é toda unha promesa do turntablism e que seleccionará a millor música pra abrir a noite, de seguido xusto antes dos anfitrións poderemos ver á prometedora banda de rap ALTO ASALTO, presentando o seu primeiro longa duración titulado "Cultura humana", producido en grande medida por MOU de DKTC.

Orde de actuacións:
- DJ MIL
- ALTO ASALTO
- DIOS KE TE CREW E A MAKINA DO DEMO

ENTRADAS:
Adiantada(A Reixa): 8 €
Tripulantes: 5 €
Por internet: 8 €
Taquilla: 10 €


www.komunikando.net
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2010 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
XXI, o novo disco de Noitarega
Logo de dez anos dende o lanzamento do seu derradeiro disco, o grupo de música tradicional galega Noitarega volve á actualidade coa edición de "XXI", o seu novo e agardado traballo discográfico, un disco conmemorativo dos seus 21 anos de existencia.

Gravado nos Estudios Muu de Vigo baixo a produción de Pedro Feijóo e do propio grupo, "XXI" é un disco que nos amosa a clara evolución da banda ao longo destes anos e que conta cunhas colaboracións musicais de luxo: Anxo Pintos (Berrogüetto), Luís "O Caruncho" e Berto Costas (Os Carunchos), Xaime Estévez (Os Terribles de Donas), Coral Lago (Gaideón), Pandeireteiras Grialia e Silvia Costas. "XXI" estará dispoñible a finais deste mes de Xuño.

Como adianto á saída deste traballo, no myspace de Noitarega (www.myspace.com/noitarega) podedes ver o tráiler promocional de "XXI" e escoitar seis das pezas que compoñen o traballo, ademais dos concertos e de todas as novas do grupo, como a Presentación Oficial que fará no Fórum Metropolitano de A Coruña o vindeiro 25 de Xuño.








"XXI" mil saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 17-06-2010 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Un gaiteiro de Lugo grava o seu primeiro disco aos 84 anos
Perfecto Arias comezou aos tres anos e pasou toda a súa vida entre o seu oficio de albanel e o seu amor ao instrumento

Con 84 anos acaba de gravar un disco que recolle catorce cancións que el mesmo compuxo. Chámase Perfecto Arias, naceu en Freán (Guntín) e desde que era un neno a súa gran paixón foi a gaita.
O primeiro que nos pregunta ao chegar á súa casa é: «¡A ver, que queredes que vos toque!». Nós dicímoslle que escolla el mesmo e así empeza a tocar, decidido e con moito sentimento, a muiñeira monfortina. Perfecto goza tocando. «Eu creo que xa nacín coa idea de tocar a gaita», afirma convencido, e prosegue dicindo que «pola zona había uns gaiteiros que lles chamaban Os Rodrigos e a min encantábame andar sempre entre eles para aprender todo ou que podía». A súa carreira musical comezou aos tres anos cunha cana de centeo á que lle puxo unha lengüeta e uns buracos. Dous anos despois, o seu pai comproulle a súa primeira cornamusa. «Aprendín só. Ou máis difícil era amornar ou aire, pero logo xa me fun acostumando».

Aos 20 anos formou parte dos Gaiteros de Freán. Logo casou e trasladouse a vivir a Lugo, onde fundou Os Lucenses e, en 1968, Os Enxebres. Con esta agrupación percorreu toda Galicia e varios pobos de Asturias e León. Desta forma, pola semana o artista de Guntín gañábase a vida co seu oficio de albanel, mentres que os sábados e domingos dedicábaos á gaita. «Tocabamos polas festas e cobrabamos mil pesetas en cada unha», recorda.

Perfecto toca e compón de oído. Nunca utilizou o pentagrama, confesa que a música lle sae da alma e aclara con firmeza que «para compoñer hai que cavilar moito e ter moita imaxinación». Iso quedou demostrado o pasado mes de outubro, cando gravou nun só día o seu disco Perfecto Arias Cerceda. Gaiteiro de Freán. Con el cumpre o seu desexo de deixar rexistrada a música que ama.
Agora, Perfecto ten unha perna ríxida e cústalle camiñar, pero recoñece que se non fose por iso aínda tiña ánimo para formar un grupo en condicións, «¡algo que gustase!».

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2010 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
Pato e Cedrón comezan a gravar o disco `Soas´
Cristina Pato e Rosa Cedrón, abren unha paréntese para materializar o proxecto no que veñen traballando desde hai dous anos: Soas, un disco que naceu como a resolución dunha inquietude común.

Para este primeiro traballo discográfico, seleccionaron coidadosamente un repertorio que comprende obras propias e grandes clásicos galegos de diferentes épocas: desde Negro Caravel, editado no último álbum de Cristina Pato The Galician Connection, pasando por unha versión emocionada do Romance de Mirabella do disco Entre dous mares de Rosa Cedrón, ademais de temas populares como Unha noite na eira do trigo ou Quen poidera namorala.

O disco contará con dous bloques: nun deles, Cristina ao piano e Rosa ao cello e voz, interpretarán cinco temas. O outro bloque estará conformado por sete temas nos que contan coa colaboración da Bratislava Symphony Orchestra, dirixida por David Hernando e cuxa gravación comeza 5 de xullo no Estudio 1 da Slovak National Radio.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2010 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Un luthier en Sarria
Fabricar instrumentos é case unha tradición en Vilei, ao pé da ruta francesa

É ben coñecida a influencia do Camiño de Santiago na penetración de innovacións musicais desde a Idade Media. A evidencia se custodia no Liber Sancti Jacobi do Codex Calixtinus. O que non logrou demostrarse é se a pegada xacobea foi determinante para que en Vilei, na parroquia sarriá de Barbadelo, proliferen os fabricantes de instrumentos en maior proporción que en París. Xermán Arias (1965) é o herdeiro deste bo facer. Especialista en instrumentos de corda fregada e medievais, ten claro que a ruta de peregrinación "tivo que ver".

Do mundo da música clásica proceden a maioría dos seus encargos
Xermán naceu ao pé do Camiño Francés: "A miña casa está á beira da mouteira 108 km". De pequeno, vía aos peregrinos que chegaban cada verán á súa aldea como señores altos, con barba, que viñan de lonxe falando idiomas descoñecidos. Nesa época, na que non había albergues nin frechas amarelas, a boa vontade dos veciños suplía comodidades modernas. "Preguntábannos por un sitio para durmir, e para iso habilitabamos a palleira; tamén comían connosco en casa", explica. Lembra a un belga ao que permitiron pasar a noite no alpendre que, anos despois, noutra viaxe, volveu a Sarria en taxi para agradecerlles.

"Entón había máis contacto cos peregrinos que agora, porque hoxe en día todo é máis organizado", di. "A masificación fixo que se perda a aura romántica do Camiño: hai máis turistas e menos peregrinos", lamenta. Para o neno rural, "o Camiño era unha xanela aberta ao mundo, e marcou a miña forma de ser e a do resto dos rapaces do lugar". Por iso, asegura tamén que a xente das localidades polas que pasa "é a máis aberta de Galicia". Ademais de ser acolledores, aos da súa aldea dáselles ben facer instrumentos. De Vilei era tamén Paulino Pérez Sánchez, mestre de gaitas e zanfonas. Este artesán foi un dos fundadores do taller de instrumentos musicais da Deputación de Lugo, a mediados do século pasado e, xunto ao seu outro impulsor, Faustino Santalices, artífice da recuperación da zanfona en Galicia.

No taller da Deputación lucense, Xermán estivo oito anos aprendendo o oficio, ata que en 1994 seguiu o Camiño Francés en sentido inverso para formarse co luthier galo Christian Roult. Con el especializouse na fabricación de violíns, violas, violoncelos e zanfonas. Ten un taller, e vivenda, en Sarria. Abre as portas do seu domicilio aos músicos e a súa casa é lugar de faladoiros. "O meu profesor francés aconselloume unha vez que aprendese a traballar e falar á vez".

Entre os clientes de Xermán Luthier ou Arxemil Lutheria, como se coñece ao seu establecemento, hai moitos profesores e alumnos de conservatorios. Por iso, a demanda impón que sobre todo fabrique violoncelos. Traballa tamén para músicos das dúas orquestras galegas e da nacional. Colaborou para o último disco de Fuxan os Ventos, pero é no mundo da música clásica onde ten a maioría dos seus encargos.

Segundo di, a clave dun bo instrumento está na madeira, de arce, abeto ou ébano, e no equilibrio, que funcione ben en todos os rexistros. Para conseguilo, hai que saber elixir a materia prima. Nos seus violíns usa madeiras importadas de Alemaña, que lle chegaron, por casualidade, a través do Camiño: "Un día chamou á porta do obradoiro un peregrino que me viu traballando a través do cristal, e resultou ser o empresario máis importante de materiais para instrumentos".

Para fabricar os arcos, só usa a crin de cabalos de Mongolia: "Alí non hai árbores e o pelo está puro, sen rozamentos". A última variable no proceso é o tempo: "Isto non é fabricación en serie; tárdase un ano nun violín". De aí as diferenzas de prezo: un violín chinés pode adquirirse por 200 euros, mentres que un artesanal alcanza os 6.000. No seu currículo, Xermán sinala unha pequena gran achega xacobea: a súa participación na reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria. Xermán sabe como soan e lles replica desde Sarria, onde toca a zanfona só en privado. Os peregrinos poden ouvirlle. Ao chegar a Santiago, espéranlles outras melodías: folk enlatado para ambientar establecementos de hostalaría e tendas de recordos.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2010 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 14(luns)

Terza feira 15 (Martes)

Corta feira 16 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 17 (Xoves)
• Dios Ke Te Crew e Convidados na sala Nasa (Compostela)
• Tanxedoras e Banda de Música de POntevedra na Praza da Peregrina (Pontevedra) ás 21:30

Sexta feira 18 (Venres)
• Projecto Trepia na sala Zona (Bueu)
• Raiba na sala Xoldra (Guitiriz)
• FAX 2010 (Ourense): Barricada, Xtrume,...
• Milladoiro Folk: Ophiusa e Muxarega

Sábado 19
• Homenaxe a Henrique Otero no auditorio do Conservatorio Superior de música de Vigo
• Esquíos na Casa das Atochas (A Coruña)
• FAX 2010 (Ourense): Lamatumbá, Muchachito Bombo Inferno,...
• Festifolc (Mugardos): Ultraquans, Ruxe-Ruxe, Os Tres Trebóns
• II Festival Folk en Vilacoba (Salvaterra de Miño): Zurrumalla, Terribles de Donas e Ardentia
• Ruada en Vilán (Fornelos de Montes) partir das 17:00 (Festa da sidra)
• Serán da "Noite da Moura" no campo da festa de Rebordechán (Crecente)
• Serán do mar de Baiona

Domingo 20
• Festa do Muíño de Taboadelo (Pontecaldelas): Foula, Os Paveros (Regueifa Josiño da Teixeira e Luis o caruncho), Tanto Nos Ten
• Trio Vaamonde, Lamas &Romero en Portosin ás 21:30
• Foliada de lembranza na Ponte de Mourentán (Arbo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-06-2010 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Manuel Budiño presenta 'Volta'
'Volta' é o novo traballo discográfico do gaiteiro de Moaña Xosé Manuel Budiño. O disco está baseado nun traballo audiovisual sobre unha viaxe de ida e volta polos catro continentes que culmina cun concerto no Festival de Ortigueira do ano pasado.

Este é o quinto traballo de Xosé Manuel Budiño que se presentará en soporte dvd e cd, xa que contén un documental sobre a viaxe de ida e volta, unha road movie coas actuacións e momentos que o gaiteiro protagonizou nos últimos anos ao longo de catro continentes. O traballo culmina cun concerto ao vivo no Festival de Ortigueira.

Tal e como recolle a web oficial do gaiteiro, 'Volta' sairá ao mercado neste mes de xuño sen concretar unha data exacta.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-06-2010 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Rodrigo Romaní
O músico Rodrigo Romaní, coa orquestra folk Sondeseu, publica o disco "Barlovento" e pensa que a música é un elemento de coherencia social, ademais de ter valores terapéuticos

"Como chove miudiño, como miudiño chove, pola banda de Laíño, pola banda de Lestrove" pero non chove sempre da mesma forma. Ás veces chove para baixo, e ás veces chove para arriba. A chuvia pode ser diagonal, circular, vertical ou horizontal. Rodrigo Romaní opina que "a música tradicional non é estática". As cancións van pasando duns a outros, e esa transmisión é un proceso vivo, inacabado. Ao mellor ti cantas cando estás alegre, e outra persoa canta nos momentos tristes. O disco Barlovento recolle música popular pero tamén se achega a un enfoque máis clásico. Os ollos de Rodrigo Romaní, durante a entrevista, rin todo o tempo. Ao mesmo tempo el é un home profundamente serio, responsable. O seu oficio é inventar a beleza a través da música. Soñar cos amenceres claros.

A que xogabas cando eras un neno? Como foi o teu descubrimento da música?
Pasaba os veráns en Noia. Meu pai traballaba no Banco Pastor e mandábano dun sitio para outro. O banco era unha gran familia, presidida por don Andrés e contaba meu pai que todos se coñecían e o director era o grande avó de todos. Crieime en Tui, Viveiro e Lugo. Fíxenme adolescente en Lugo. Recordo estar sempre na rúa, xogando con pelotas, bicicletas... A música empezou a gustarme aos doce anos. Recordo un concerto didáctico no Gran Teatro de Lugo, no que unha orquestra tocaba unha obra que me impresionou moito. Era La oración del torero de Joaquín Turina. O grupo Los Chalchaleros, de música tradicional arxentina deu un concerto en Lugo e creo que foi o concerto máis marchoso da miña vida. Eu lieime co asunto nacionalista. Cantaba coa guitarra nas reunións. Coincidín en COU co poeta Fiz Vergara Vilariño, que era pobre como as ratas. Tiña un muíño en Lóuzara e el, que era paralítico cerebral, facía mover o muíño. Facía milagres coa pouca mobilidade que tiña. Púxenlle música a un poema seu.

Avilés de Taramancos foi a persoa que che axudou a amar a palabra poética?
Avilés estaba na tasca de Noia e tiña contacto coa miña irmá e coa miña nai. Eu coñecíao porque estaba con el na taberna e falabamos de política. E morreu. Cando lle dedicaron o día das Letras Galegas empecei a descubrir quen era. Avilés era para min coma un muro enorme e dez anos despois, cando me afastei del, decateime da construción inmensa que había tras ese muro. A súa poesía chegoume profundamente. O día das Letras Galegas é un invento xenial. É moi útil. Serve como escusa para achegarse á nosa literatura. Despois de musicar poemas de Fiz Vergara, era cando estaba caducando o movemento "Voces Ceibes" e querían montar algo diferente. Con Benedicto e Bibiano metinme no "Movemento Popular da Canción Galega" e xa me liei cos que serían os meus compañeiros de viaxe.

O folclore etnográfico galego é un pozo enorme do que sempre podemos aprender moito?
Si, pero non do folclore como un repertorio, un arquivo, un "tesaurus", unha compilación. O que me interesa é a dinámica. Emprego a etiqueta de "tradición oral". O importante é como se transmite a música, ou sexa, "de oído" e as cousas vanse deformando e vanse creando cousas diferentes. A música tradicional non é estática. Queres estudar unha canción pero o importante son as transformacións que se producen nesa transmisión "de orella a orella". Non ten nada que ver con termos como "pureza, autenticidade, fidelidade á tradición". Eses termos contradícense a si mesmos. Iso é o que me atrae da música tradicional.

Ti es director do Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo. Cal é a liña a seguir para transmitir o gusto pola cultura popular?
Agora chámase "Escola Municipal de Artes e Oficios", porque volveu ás súas orixes. Había un departamento de música tradicional e no ano 2008 desapareceu e converteuse nunha escola municipal, tamén chamada "E-TRAD". É tentar que a xente aprenda que a tradición e o urbanismo -no sentido de contemporaneidade- é un nexo que non se pode disolver. Tentamos que a música tradicional se perpetúe na cidade e que ocupe un lugar nos distintos estilos musicais. A escola cumpre unha dobre función: ensinarlle á xente a que participe e se socialize a través da música dende o punto de vista dun afeccionado, e formar a xente que quere ter a música tradicional como profesión. En Galicia non había onde estudar profesións como esta.

Tocar a arpa produce unha sensación de gran paz espiritual?
En EEUU hai un movemento que estrutura a presenza de arpas nos hospitais. O beneficio máis grande é tocala físicamente. Pulsar unha corda, dúas cordas, tres cordas, as que che deixe a túa destreza. Tocala ben é moi difícil pero "tocala" é sinxelo. Os beneficios son inmensos. O seu poder terapéutico, tanto a nivel físico como psíquico, aínda está sen estimar. É o que máis me apaixona agora, facer un labor de base que é importante. Aquí as Bandas de Música levan facendo iso hai moitos anos, e tamén as asociacións culturais, pero está todo desestruturado. A música como arma de coherencia social e de terapia dende o punto de visto sociolóxico. Normalmente pensamos a música en termos de virtuosismo,"tocar ben", profesionalizarse. Non apreciamos a grande educación musical para a maioría.

Que recordos tes da túa etapa no grupo "Milladoiro"?
Milladoiro abreulle as portas á musica folk galega, porque tocabamos minimamente ben e por puro azar. Estabamos no sitio adecuado e no lugar adecuado. As miñas experiencias con Milladoiro están relacionadas coa sorpresa. Nunca te imaxinabas que o que facías podía gustarlle tanto á xente, e daba igual que tocasemos en Tokio ou nos Ánxeles. Eramos bos pero non eramos virtuosos. Había algo que funcionaba moi ben. Eu sempre vin a reacción do público como desproporcionada. Hai códigos que funcionaban, como o auxe da galeguidade. Hai tamén algo inexplicable. Facendo música galega non temos ningunha competencia en Europa. Temos que exportar ao mundo o noso jazz, o hip hop, o clásico pero ninguén como os propios galegos fai "o que vén do pasado..."

Por que a música de Sondeseu resulta tan impresionante, tan espectacular e tan cargada de forza, enerxía, vida?
Eu creo que é polos músicos. Chegamos a un punto de convencemento e saímos ao escenario a arrasar, a provocar que a xente do patio de butacas saia dos concertos cun sorriso infinito, que movan os pés e que entren no ritmo. É toda esa enerxía que os músicos despregan. Son 41 persoas no escenario. Non hai outra orquestra que mostre tantas ganas de seducir. Ten dinámicas, cores e consegue unha linguaxe moi global. No disco Barlovento hai un achegamento á musica culta pero a linguaxe de "Sondeseu" ten que ser sempre popular e partir do repertorio tradicional.

Fixestes un concerto en homenaxe a Novoneyra, o poeta que amou profundamente o seu pobo.
Novoneyra era músico! Os seus recitais son auténticas interpretacións musicais. Recitaba cunha dinámica, cunha alteración no ritmo da música... Era moi "arrubatado". Os seus poemas están cheos de música. Emilio Cao foi dos primeiros en traducir musicalmente a poesía de Uxío, xa cando el estaba vivo. Descubriunos o carácter musical da súa poesía.

Cando morre unha persoa vella dunha aldea tamén morre unha biblioteca de cancións, sabedoría, cultura...?
Dende o punto de vista musical e dende todos os puntos de vista. Nos anos 80, a época do boom do folk galego, empezouse cos recursos que había, co exemplo da música de fóra, a música celta. A música galega colleu certo "acento celta" e houbo unha reacción: temos un estilo musical galego e non debemos imitar a escoceses e irlandeses. A referencia do "rexeneracionismo" era a xente maior: os gaiteiros, as pandeireteiras. Nos anos 90 houbo unha febre de recompilar, e salvouse moito repertorio. O que me interesa é o que se crea a partir dese repertorio. Cando alguén recolle música fai unha foto de algo que está "en perpetuo movemento". A música culta supón unha autoría dunha persoa cun canon e reprodúcese exactamente igual. Iso é contraditorio co sentido da música tradicional.

Crear música é unha forma de sobrevivir na procura da beleza?
Sobrevivimos grazas á beleza da arte. Un compañeiro meu, que fai música contemporánea, dicíame que están organizando unha obra de Satie tocada no piano durante 18 horas ininterrompidas no cabo de Fisterra. Iso é unha performance. Ou fixeron unha obra para ser tocada por cen timbres de bicicleta. A beleza está na propia idea, porque é fermosa. Non sabemos onde está a beleza, pero non está tanto no exterior como no interior.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-06-2010 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer