A sexta edición do concurso de gaiteiros Manuel Villanueva que cada ano organiza Poio xa ten vencedores.
- Primeiro premio: Albor, de Nigrán (dotado con 1.500 euros, diploma e trofeo).
- Segundo premio: Tritono, de Viveiro, (1.100 euros)
- Terceiro premio: Tentenoaire, de Castrocaldelas (800 euros).
Esta última agrupación tamén saíu gañadora no premio especial Manuel Villanueva (1.200 euros, diploma e trofeo). Este galardón concédese á mellor interpretación dunha peza do repertorio de Manuel Villanueva.
O certame ten como obxectivo dá ra coñecer a figura do gaiteiro de Poio, e recuperar ao mesmo tempo a gaita tumbal con ronquillo de digitación pechada, instrumento con presenza na zona pero que desapareceu no século XIX.
No concurso participaron dez tríos de gaita, bombo e redoblante. A deliberación do xurado efectuouse durante 45 minutos. O trofeo co que se galardoou a cabo banda foi deseñado pola Escola de Canterios de Poio, organismo dependente da Deputación de Pontevedra.
Durante a cita musical levou a cabo unha romaría popular, na que a choiva «non foi óbice para que persoas se achegarán a Reiboa».
As habaneras, un dos xéneros musicais que máis se seguen cantando nas xuntanzas de amigos en calquera taberna galega, a pesar de que naceron en Cuba, centrarán o "Alalá" de hoxe, que contará por que son moitas as habaneras en galego e intentando explicar este longo e complexo proceso grazas a unha das musicólogas cubanas máis prestixiosas, María Teresa Linares. Da súa man coñeceremos a maneira en que xurdiron estas cancións e por que chegaron a facerse máis populares en España que na mesma Cuba... ata o punto de que a habanera máis coñecida internacionalmente, La Paloma, escribiuna un español, Sebastián Iradier.
Os portos de mar foron a gran vía de entrada das habaneras porque alí chegaban os barcos que mantiñan relacións comerciais coa Habana e alí era onde os mariñeiros, que as aprendían en Cuba e tiñan tempo para memorizalas nas longas travesías cruzando o Atlántico, xuntábanse nas tabernas e cantaban aquelas melodías novas chegadas da outra beira do mar. O mesmo que os emigrantes, que recreaban nesas cancións toda a nostalxia que sentían ao lembrar o tempo vivido en Cuba. Por iso nas vilas mariñeiras é onde máis se desenvolveron as habaneras, no litoral de Cataluña, de Valencia, de Cádiz, de Euscadi, Cantabria, Asturias e, por suposto, Galicia. Hai quen di que as habaneras provocan un vaivén semellante ao das ondas do mar.
Contra a censura e a marxinación da música galega.
" Artigo 16 da lei 9/1984 da RTVG: A programación debe de estar inspirada na promoción e difusión da cultura e lingua galega ?.
Diante da eliminación da música galega do programa ABERTO POR REFORMAS , e en relación coa deformación e perversion dos seus contidos?
Consideramos que este programa viña sendo?
Un programa plural, aberto á cidadanía e participativo, como a sociedade na que queremos vivir e, precisamente por iso, um programa onde a música se vivía con vitalidade, intensidade e enerxía.
Un programa cun forte pulo dinamizador para a música que se está a facer hoxe na nosa lingua, no noso país, como un espello diario no que a xente preocupada pola música de calquer tendencia ollabamos unha realidade socio-cultural que está a transformar a historia da nosa música.
Un programa, enraizado na radio de todos e todas as galegas, cunha vocación pública fundamental, ofrecendo a música que se está a facer no nosso país como un ben público de interese xeral.
Un programa que axudaba a tecer os fios da rede socio-cultural da música galega, que nos relaciona ás persoas que facemos a música do século XXI coas persoas que queren gozar, emocionarse e vivir a música do presente.
Un programa que, durante os seus máis de 900 (¿?¿¿) días de emisión, día a día, fixo que ?como recolle o Plan Xeral de Normalización da Língua Galega , aprovado por consenso polos tres partidos políticos maioritarios- o galego estivese vinculado e fose vivido por milleiros de persoas como referente de modernidade, como un motor de normalidade língüística cotiá.
Un programa que materializaba de forma sobresaliente a natureza e principios da propia CRTVG, no artigo primeiro da súa Lei de Creación: a promoción, difusión e impulso da lingua galega .
Un programa que, nun contorno social e mediático onde a cultura, a lingua e a música galega son minoritarias, minorizadas e desprezadas por múltiplos agentes sociais e institucionais, se baseaba na posta en valor da nosa cultura, a nosa lingua e a nosa música.
Un programa absolutamente xeneroso, respectuoso e honesto nas relacións humanas coa xente que está criar, a comunicar, a compartir, a impulsar, a gozar coa música deste país.
Un programa, ademais, aberto a culturas e músicas de todo o planeta, poñendo a música galega en relación -en pé de igualdade- coa doutras partes do mundo, con especial interese polas músicas irmás da Lusofonía.
...e por iso...
Entendemos que esta medida de eliminación da música en língua galega supón un paso máis na política de represión, empobrecemento e marxinación que os responsábeis políticos da Xunta de Galiza están a realizar contra a lingua e a cultura dos galegos e galegas.
Queremos denunciar, como xente preocupada pola nosa música e a nosa cultura, esta agresión dirixida ?cunha intención política e simbólica evidente- contra un dos veículos de comunicación do movimento de Rexurdimento Musical que as novas xerazóns do mundo da música estamos a protagonizar, impulsado por unha sociedade que sabe valorar a sua criatividade.
Queremos posicionarnos e defender de forma decidida, belixerante e irrenunciábel a presenza da música galega na nosa Radio Pública.
Queremos dirixirnos á xente sensível coa nosa cultura e coa nosa música, para sumarse a esta denuncia, a esta reivindicación lexítima: A MÚSICA GALEGA DE VOLTA Á RÁDIO GALEGA!
Pedimos que se restableza un programa diario que de conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas e que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral.
Ante os moitos comentarios e propostas, abrimos o ForoKomunika , que podedes atopar no menú da esquerda para organizar e deixar constancia de ideias, proxectos, apoios, datas de assembleias, ... esperemos que esta ferramenta sexa útil para nos organizar e assim poder dar resposta a este ataque contra a música galega na Rádio Publica da Galiza.
O grupo cercedense presenta o seu disco 'Post-bravú'. Machina son Gonzalo (guitarra), Ángel (batería), Anxo (baixo) e Martín (voz), e con eles falamos sobre este novo proxecto.
Machina nace no 2003 en Cerceda, berce do rock galego (Zënzar, Desertores do Arado, Nasser, Shangrila, Sensacha, Presencia Zero) co nome Co-Incidencia, e comezan tocando versións de Rage Against the Machine ("Killing in the name of"), ou de Anouk ("Nobody's wife") e con temas propios. Daquela eran Gonzalo e Nacho nas guitarras, Mahi na batería, Estefanía na voz, e César no baixo. A banda foi mudando: marcharon César, Nacho e Mahi para outros proxectos, e entrraon David como baixista e Diego na batería. Logo marcha Estefanía e entra a voz de Ángel, co que o grupo grava a primeira maqueta, S.O.S. Machina. Gañaron o concurso campussons05 ante diversas bandas do panorama galego.
Pero o grupo sofre outro novo xiro, e tanto Diego como David e Ángel abandonan o grupo por diversos motivos persoais. Foi entón cando chega ao baixo Anxo (actualmente tamén en Banda Potenkim), á batería volve Mahi (actualmente tamén Presencia Zero) e na voz entra Martín (actualmente tamén Presencia Zero). O grupo comeza un periodo de composición onde se vai forxando un novo estilo propio moi persoal e difícil de definir, para pasar logo a tocar obtendo moi boas críticas. Presentaron o disco Acouga, e agora vén Post-bravú
OVAY son as catro estacións do camiño da vida, os catro puntos cardinais da nosa existencia e os catro elementos da nosa alma, conceptos universais e atemporais encrucillados, ante os que nos movemos a cegas sen comprender o sentido do noso ser. Porque o sentido do noso ser está na fusión de todos eles e só se alcanza coa íntima comprensión da nosa multiplicidade.
OVAY é a liberdade sen lastres, o movemento renovado, a expresión dunha inquedanza sobre a propia esencia que xurdiu durante unha madurez vital e artística, coas preguntas e respostas do que foi, do que é e do que está por ser.
OVAY dinlle os canteiros ao ousado que encara o perigo sen vacilar, ao que reclama orgulloso o que é seu e dos seus. É a valentía de enfrontarse á propia evolución, de reivindicar a identidade cultural renovada, de procurar un equilibrio maduro entre o enxebre e o depurado, entre a forza e o sosego, entre o urbano e o tradicional, entre o masculino e o feminino.
OVAY quere amosar a forma de expresión masculina e feminina empregando un amplísimo abano de movementos tradicionais galegos que evolucionan ata chegar aos nosos días. Para isto mestúranse as frases tradicionais no marco da danza contemporánea, tentando non perder o esencial, o cerne do noso espírito, a nosa expresividade e sentimentalidade. A obra vai máis aló do virtuosismo do bailarín: amósanos o seu interior, fusionando os instrumentos, o canto e o teatro co mesmo baile, e tentando que o espectador recoñeza e redescubra, a un tempo, o seu.
FICHA ARTÍSTICA
DIRECCION: Henrique Peón Mosteiro
PRODUCCION: Quique Peón Cía / CCG (AGADIC)
COREÓGRAFÍA: Henrique Peón e Erik Jimenez
DRAMATURXÍAO: Roberto Magro
DIRECCIÓN MUSICAL E ARRANXOS: Xose Lois Romero
MÚSICOS: Xose Lois Romero e Suso Vaamonde
DESEÑO DE LUZ: Baltasar Patiño
DESEÑO VESTIARIO: Cloti Vaello e Henrique Peón
BAILARÍN E INTÉRPRETE: Henrique Peón Mosteiro
Sábado 13 ás 21 e domingo 14 ás 18 horas.
Salón Teatro de Santiago de Compostela.
Rúa Nova, 34.
Terza feira 9 (Martes)
? Xabier Díaz no pub Ultramarinos (Compostela)
? Ophiusa na Casa das Crechas (Compostela)
? Cuarteto "O Chupacabras" no Verbum (Vigo) ás 20:30
Corta feira 10 (Mércores)
Quinta feira 11 (Xoves)
? Snatch no Pub A Senra (Teo)
Sexta feira 12 (Venres)
? Baile Assalto na Gentalha do Pichel (Compostela)ás 21:30
? 2us en Betanzos
? Dandy Fever na Fundación de Melide
? Serán no Vilar-Pontesampaio
Sábado 13
? Quique Peón e Cía presenta Ovay no Teatro Principal (Compostela) ás 21:00
? Banda Potemkin no Auriense (Ourense)
? Lume en Pobra de Brollón (Lugo)
? Guezos en Chantada
? Sacha na Horta no CSC de Vite (Compostela) ? Festival no Camiño (Ames): Som do Galpóm, Ataque Escampe e Samesugas ADIADO
? Festival Palavea Bravú (A Coruña): Duplo Son, Skarallaos e Ultraqáns
? I Festival de Música de Autor e Reivindicativa en Arbo: Luis Caruncho, Tino Baz, Xan López,...
? II Serán Ramón Cabanillas (Cambados)
? Serán na Carballeira dos Padros de Xesta - A Lama
? II Serán A Ribeira do mar (Baiona)
Domingo 14
? XXII Concurso de Baile Tradicional Cantigas e Agarimos no Teatro Principal de Compostela
? XXIII Día da muiñeira en Arteixo
? Quique Peón e Cía presenta Ovay no Teatro Principal (Compostela) ás 18:00
? O Sonoro Maxín no Aturuxo (Bueu)
Temos o gusto de comunicarvos que un ano máis vaise celebrar o Concurso de Baile e Música Tradicional Cantigas e Agarimos, xa na súa XXII edición.
O Concurso de Baile Tradicional celebrarase o domingo 14 de xuño no Teatro Principal(Rúa Nova ?Zona monumental?, 21). En horario de mañá e tarde.
O Concurso de Música Tradicional (Pandereteiras/os e Cuartetos) celebrarase o domingo 21 de xuño no Centro Sociocultural de Vite, José Saramago (Rúa Carlos Maside, 7). En horario de mañá e tarde.
Os horarios serán enviados unha semana antes da celebración do concurso.
Unha vez rematada a actuación dos grupos, os/as participantes non poderán entrar na sala vestidos co traxe tradicional; SÓ SE PERMITIRÁ O ACCESO Á SALA ÁS PERSOAS CON ENTRADA E NON ATAVIADOS CO TRAXE TRADICIONAL. OS PARTICIPANTES VESTIDOS CO TRAXE TRADICIONAL PODERÁN ENTRAR SÓ NO MOMENTO DA ENTREGA DE PREMIOS.
A entrada o XXII Concurso de Baile tradicional Cantigas e Agarimos terá un prezo de 3 ? (excepto menores de 3 anos que non pagarán entrada sempre que non ocupen butaca). Haberá unha entrada especial de 5 ? para todas aquelas persoas que asistan ás xornadas de mañá e de tarde. As entradas non estarán numeradas e non se poden reservar. A taquilla abrirá unha hora antes do comezo de cada xornada do Concurso.
A Agrupación informa de que os grupos participantes poderán ser gravados nunha canle de televisión local ou autonómica para ser retransmitidos con posterioridade. En caso de que algún dos grupos participantes teña algún impedimento, rogamos se poñan o antes posible en contacto coa organización.
As medidas do escenario do Teatro Principal son 8 metros de fondo e 8,50 metros de ancho.
Rógase aos grupos que comuniquen estas normas a pais e rapaces para facilitar a tarefa da organización.
Achéganse as bases do concurso. O formulario deberá ser enviado antes do 3 de Xuño de 2009 no caso da modalidade de baile e antes do 10 de Xuño de 2009 no caso da modalidade de música, por vía electrónica ou ben por correo ordinario ó enderezo da Asociación que aparece nas bases. Recordamos que se unha mesma agrupación desexa presentar a varios grupos ó concurso, será necesario enviar un formulario de inscrición por cada un deles.
Entrevista a Chus Caramés - Presidenta da asociación Santa Ferreña
?Este ano os Encontros de Música Tradicional de Carboeiro chegan á décima edición. Cal foi o devir da música tradicional neste tempo?
?En Silleda, dende que comezamos a organizar os Encontros, xurdiron varios grupos de gaiteiros coma os de Saídres e Escuadro, e incluso moita xente se apunta a cursos de baile para danzar o primeiro sábado de xuño en Carboeiro. Organizáramos os primeiros Encontros como un intento de amosar todo o patrimonio cultural galego nun momento en que corría o rumor de que se ía crear en Silleda unha banda de gaitas similar á Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, que toca con instrumentos foráneos. Esta mostra inicial na Casa de Cultura de títeres, música, teatro ou contacontos tivo unha excelente acollida, e ao ano seguinte xa a trasladamos en Carboeiro.
?E o feito de celebrar esta festa da cultura nun entorno relixioso non lles acarreou problemas, xa que incluso teñen unha patroa propia, a Santa Ferreña?
?Non, nunca, porque a xente é relixiosa pero tamén pandereteira. O único que non nos permite o garda do mosteiro é meter a santa dentro do inmoble, pero facemos unha procesión na que nenos e maiores acoden con moita devoción. É como se viras pasar todas as etapas da vida, con rapaces de curta idade e as pandereteiras de Zobra, con máis de 80 anos, detrás da santa e baixo o son do himno do Antigo Reino de Galicia. Facemos esta procesión desde hai sete anos, pero non coma un ataque á Igrexa, senón como demostración de que cremos no noso patrimonio e na necesidade de conservalo. Quizais esta festa hai 40 anos non tería sentido, porque daquela os abós e os netos vivían xuntos e estaba asegurada a transmisión interxeracional da cultura. Pero agora non é así, por iso os encontros recuperan por un día dita transmisión, con esceas na que nenos e maiores bailan o suelto xuntos, ou nas que un señor explica a un rapaz cómo ten que xogar á rá se quere gañar.
?Esta colaboración prodúcese incluso na organización desta xornada, non si?
?Por suposto. Cada ano temos unha exposición diferente e todos colaboran de xeito desinteresado. De feito, nos quintos encontros tiñamos unha débeda de 3.600 euros e por iso falábamos duns ?Encontros limitados?. Sen embargo, todos se volcaron para manter a xornada con música, teatro... Aí demostrouse que o poder e a vontade da xente é moito máis forte que o diñeiro. De feito, por aquí pasaron grupos como Leilía ou Berrogüeto, así como actores da talla de Carlos Blanco, que seguen acudindo aos Encontros xa non en calidade de artistas senón como parte do público.
?Un diñeiro que, por certo, segue a ser escaso por parte da administración.
?Bueno, o concello danos unha axuda de 1.000 euros ademais de apoio loxístico, e estamos pendentes da subvención da Xunta. Pero é a única actividade na que, ademais de xente de fóra, os veciños de Silleda e da Bandeira traballan xuntos.
?Non teme que a estampa dos encontros se vexa nun futuro empanada polo traxecto do TAV, tan próximo ao mosteiro?
?Non, o máximo que nos pode afectar é na contaminación acústica, Dende o inicio cremos que Carboeiro era o lugar máis idóneo para uns encontros de música tradicional.
Ademáis da campaña de correos electrónicos de protesta á Radio Galega e a Secretaría Xeral de Política Lingúistica estase a organizar unha campaña de solidariedade dos propios grupos galegos.
Esta campaña está centralizada a través da rede Komunikando e de momento xa confirmaron a súa implicación Zenzar, Esquíos, Ulträqäns, Os John Deers, Duplo Son, O Chícharo Psicótico, Chotokoeu, Maus vizinhos, Inllorfeis.
Sexta feira 5 (Venres)
? Ponte nas Ondas 2009! no Verbum (Vigo) con Pancho Álvarez, Xavier Blanco, Cantadeiras de Gargamala,...
? IV Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva: Tentenoaire (Pablo Devigo, Marcos Pérez e Miguel Fraguas) ás 20:00 no Casal de Ferreirós (San Salvador-Poio)
? Festival Millo Verde (Redondela) ? Som do Galpóm en Pontedeume na Sala Coliseo ADIADO
? Snatch na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Guezos no Auriense (Ourense)
? O Sonoro Maxín na Fábrica de chocolate (Vigo)
? Ataque Escampe na sala Baranda (O Barco de Valdeorras)
? Estalotada en Sar no Mañoso e Marmolo (Compostela)
? Foliada Ven Respirar no Café-Bar Ollo Ledo (Ourense)
Sábado 6
? IV Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva: Certame de gaita fol ás 18:00 na Praza da Chousa (Combarro)
? Arrás!! no Salasón (Cangas do Morrazo)
? Esquíos na Fundación Artabria (Ferrol)
? Cé Orquestra Pantasma no Pub Sete Flores (O Carballiño)
? A Quenlla na Feira da Música Tradicional (Lugo)
? Galegoz en Caldas de Reis na Carballeira de Chorons
? Festival Millo Verde (Redondela)
? Moxenas Musical Galego na Igrexa do Cristo da Vitoria (Vigo) ás 21:00
? Fiandola e Ruote en Muniferral no concello de Aranga ás 23:00 ? II Serán Ramón Cabanillas (Cambados) ADIADO
? Serán do Remuiño en Paraños (Covelo) ? III Serán do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo) ADIADO
? X Encontros de Música Tradicional de Carboeiro (Bandeira-Silleda)
Domingo 7
? XXVII Día da Muiñeira na Coruña
? Treixadura en Allariz
? Festa do Chourizo de Paraños (Covelo): Os Carunchos e Cé Orquestra Pantasma
Sábado 6 de xuño -II Serán Ramón Cabanillas (Cambados) ADIADO
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo) -3º Seran do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo) ADIADO
-Encontros de Música Tradicional de Carboeiro (Bandeira-Silleda)
Venres 12 de xuño
-Serán no Vilar-Pontesampaio
Sábado 13 de xuño
-II Serán Ramón Cabanillas (Cambados)
-Serán na Carballeira dos Padros de Xesta - A Lama
-II Serán A Ribeira do mar (Baiona)
Sábado 20 de xuño
-Serán da Federación Veciñal de Vigo no Parque de Castrelos
-Foliada dos fachos na Peneda (O Viso-Redondela)
Sábado 27 de xuño
- Ruada en Cerdedo( Pendente de confirmación)
Sábado 4 de xullo
-Serán no casino de Xesta - A Lama
Sábado 11 de xullo
-III Serán na Ribeira do Rio Miño (Amorin- Tomiño)
Onte todos os que amamos a música galega recibimos un durísimo golpe, a nova dirección da Radio Galega tomou a súa primeira decisión sobre a programación da canle e, "curiosamente", o primeiro programa eliminado foi Aberto por Reformas, presentado por Xurxo Souto.
Aberto por reformas foi un soplo de ar fresco nun mundo como o da radio onde non existía un programa adicado aos grupos galegos, e especialmente aos grupos que cantaban en galego. Por fin a emisora pública galega facía algo polos novos grupos que estaban a agromar por todo o país e que tiñan como nexo que cantaban en galego, tiñan a súa saída ao mundo, e coincidiu co estoupido de grupos galegos en todos os estilos, Pop, Electrónica, Funk, Jazz, Ská,... aparte de empurrar o concurso Apologhit, o de comparsas do entroido, xunto con todas as novas, debates, presentacións de discos, entrevistas,... arredor da música galega.
Catro anos despois o novo equipo colocado polo Partido Popular toma como primeira decisión eliminar o programa, non só cesando a Xurxo Souto senón trocando completamente o espíritu do programa transformandoo nun magazine de música española e estranxeira.
As veces os xestos son elocuentes e este é un destes casos... o único programa de radio adicado aos grupos galegos desaparece...
Seica non só a poesía é un arma cargada de futuro, a música en galego tamén, e iso podía ser perigoso e un referente para as novas xeracións... o mellor neste caso, cargarse esa semente de cultura galega.
Castelao deixou dito, nun dos seus debuxos sobre a represión na guerra civil, unha frase que nos anos 70 encheu os muros galegos en referencia ao asesinato de Moncho Reboiras; hoxe esa frase volve ter o seu aquel lembrala na nosa Terra:
NON ENTERRAN CADAVRES, ENTERRAN SEMENTE!!!
Dende malmequer unha aperta ben grande para Xurxo Souto e un agradecemento por todo o que fixo pola música galega.
Dada a importancia da existencia dun programa desa caracteristicas nun ente público como é a Radio Galega estase a organizar por todo internet medidas de protesta para recuperar o espíritu do programa, ser altofalante dos grupos galegos e en galego.
Unha das primeiras medidas é remitir á radio galega o sentir do moitos mozos, e non tan mozos, que colleron este programa como xeito de expresión dunha cultura que está aí e que axudou a xurdir unha morea de grupos músicais, de todos os estilos, nunca vista en Galiza e cunha proxección discográfica que fixo batir nestes últimos anos o record de publicacións de discos e festivais.
Xurxo Souto é destituido como subdirector de programas e presentador do único espazo que potenciaba a música en galego
A depuración na TVG e a Radio Galega comezou, tralo nomeamento de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta, coa destitución de Xurxo Souto á fronte da subdirección de programas. Por extensión, viuse obrigado a deixar de presentar Aberto por reformas, un espazo que se caracterizou por programar exclusivamente música en galego.
Souto, ex líder do grupo musical Os Diplomáticos de Monte Alto e afín ao movemento nacionalista, tivo que deixar en tempo récord o programa, agora presentado por Xusto López Carril, un profesional da casa que rompeu coa súa filosofía ao debutar con cortes de artistas internacionais como Bruce Springsteen ou Wilco. O detalle podería parecer absurdo se non fose porque a función de Aberto por reformas era, precisamente, difundir o labor de bandas que facían música no idioma autóctono.
"Aspiro e desexo que a nova dirección se ocupe da música galega, algo obvio nun medio como este e un mandato legal", asegurou a Público Xurxo Souto, quen recordou que a Lei do ente público deixa abofé que os seus contidos deben promocionar a lingua e a cultura galega. Pero só este programa (que emitiu en ocasións cortes de grupos lusófonos) e Lume na palleira (de temática folk) cinguíanse a composicións en galego.
Das vacas tolas censuradas ás 'reformas' na radio
O dato careceu de importancia para Rosa Martínez, nova directora da Radio Galega, cuxo nomeamento coincidiu co de Rosa Vilas como responsable da TVG. Os cambios producíronse trala chegada de Feijóo á presidencia da Xunta e de Alfonso Sánchez Esquerdo á dirección da Compañía RTVG. Unha vez instalado o pasado venres, nomeou este luns ás novas responsables, que se estrearon con polémica. Rosa Vilas censuró un documental sobre as vacas tolas e, agora, Vilas bota ao primeiro de vez a Souto.
Aínda que non recibiu a comunicación da súa destitución por escrito, si o fixo de palabra. Con todo, Souto preferiu non valorar o cambio de contidos tanto no seu programa como na cadea e limitouse a recordar que a música en galego é "unha demanda social". O feito de que continúe co mesmo nome, sintonía e horario, pero cun presentador e unha programación musical diferentes, é para o presentador unha "medida de urxencia".
"Aspiro e desexo que a nova dirección se ocupe da música galega, porque está nun estado de eclosión marabilloso e sería moi importante que a Radio Galega fose un referente á hora de dala a coñecer", concluíu o subdirector de programas, cargo que podería asumir a actriz Gloria Ferreiro.
Bandas galegas solidarizanse con Souto
A súa destitución foi criticada por moitas bandas galegas, como reflicte o diario dixital Vieiros.com: "Noticia tráxica" para Ataque Escampe; "reorientación prácticamente ilegal", di Fanny& Alexander; "un faro" que explica o "rexurdimiento da música en galego", opina Som do Galpom; a radio pública convértese nunha "radio de partido", critica Deus Ke Che Krew.
"sorprendeu que o cambio fose tan radical ao pasar de difundir cancións en galego de grupos novos a non emitir prácticamente nada na nosa lingua. Parece M80", afirma o xornalista musical Marcos S. Pérez. "Ninguén entendeu que desbotaran de primeiras a eses grupos, pero tamén soa a recochineo que o programa manteña o seu nome pero cun contido radicalmente diferente. Poderían facer un programa novo, cun nome distinto".
Os grupos galegos séntense, trala marcha de Souto, como "orfos, cre Pérez, quen valora que o seu programa tivo unha gran repercusión porque "por primeira vez os grupos galegos entraron de verdade na Radio Galega e nun horario destacado". A súa destitución, engade, podería ser esperada, pero non as formas. "Xurxo era un estandarte do cambio, parte do equipo de dirección e claramente oposto ao PP". Público.es tentou poñerse en contacto esta tarde co seu substituto para coñecer a súa opinión, sen conseguilo.
Os artistas e grupos salientan a revolución que supuxo o 'Aberto por Reformas' e desconfían dos novos xestores da radio.
Soaba Quedamos nesa Praza, de Som do Galpom, a derradeira canción do Aberto por Reformas de Xurxo Souto, e un convite para o futuro, para seguir traballando, seguir loitando pola música galega. O luns 1 de xuño os novos xestores da radio pública de Galiza, a Radio Galega, decidían que Xurxo Souto non continuaría á fronte do programa. Souto finalizou esta última emisión final despedíndose dos oíntes, dando as grazas, e reivindicando a riqueza e o valor da música galega: "chega o momento da despedida. Hai máis de tres anos principiabamos esta aventura. E agora chega o momento de dicir adeus, e dicir grazas (...) Grazas a tantos artistas galegos, a tanto talento. Somos un pobo de artistas. Cando chegamos houbo certas dúbidas. Había quen dicía que non había música galega de abondo para encher unha hora de programación diaria. E a verdade, e dígoo sen ningún pudor, é que botamos por fóra. A aventura continúa. Agora chega o tempo de que veñan outros compañeiros para manter aceso este facho sonoro. Ata logho amigos, tres, dous, un, partíu".
O martes 2 de xuño, ás sete e cinco da tarde, o programa comezou coa mesma sintonía e o mesmo nome, pero un presentador distinto, Xusto López Carril, que pasara fugazmente polo 'Un día por diante' a comezos da pasada lexislatura. Non só era unha voz distinta, senón unha nova filosofía de programa na que a música galega perdía completamente o protagonismo, e o propio espazo, malia manter a mesma forma, ficaba desposuído de identidade e de contido. López Carril abriu a emisión con toda unha declaración de intencións: "Este é un programa musical, de transición entre o magacín e e a información, pero é un programa con selo propio. Sucede que a música é subxectiva, e a nosa aproximación á música é subxectiva, polo tanto cada quen, particularmente, elixe a súa selección natural, que probabelmente vós ou vostedes non compartan, en absoluto, quizais un pouco, quizais algo máis ou algo menos". O novo programa comezaba, pois xustificándose, e anticipando uns cambios que se fixeron evidentes na primeira canción que soou, de Bruce Springsteen.
Foron máis de tres anos nos que o Aberto por Reformas levou, por vez primeira, a música galega de todos os estilos á radio pública, realizou máis de trescentas entrevistas, e deu a coñecer a ducias de novas bandas e de artistas noveis, moitos deles sen ter editado aínda o seu primeiro traballo. Foron tres anos nos que a música galega tivo un escaparate, un espazo de absoluta liberdade para darse a coñecer. Creou un hábito de escoita entre os oíntes e entre os grupos, que comezaron a confiar nos medios para a difusión do seu traballo. O Aberto por Reformas creou por vez primeira un público para a música galega. Desaparece, pois, un espazo fundamental para a difusión da música galega. Un espazo de liberdade que deixa a centos de grupos galegos sen un escenario privilexiado para darse a coñecer. Só queda dicir grazas polo traballo feito nestes anos. E partiu!
Som do Galpom
Som do Galpom foi o derradeiro grupo que soou no programa. Brais, un dos seus compoñentes, di que Aberto por Reformas é "a clave que permite entender o rexurdimento da música en Galiza, e sobre todo da música en galego. Xurxo Souto conseguía transmitir a sensación de que estaba pasando algo importante, e estaba no certo, algo estaba pasando". Para Brais, "a gran asignatura pendente para a música galega é a formación do público, por iso nós tocamos tanto. E nese sentido Aberto foi un faro; grazas ao programa apareceu un novo tipo de consumidor de música: o que compra música galega". E conclúe: "Xurxo facíache crer na música, en que era posíbel, el sínteo así e é capaz de transmitilo".
Ataque Escampe
Para Álex, de Ataque Escampe, é "unha noticia tráxica" e salienta ademais que "Xurxo Souto é unha referencia dunha cidade, A Coruña, que sempre foi vilipendiada. Cando nos putean aos que crecemos alí, podemos ir de humildes dicindo que está aí o Dépor e podemos ir abusóns dicindo que alí creceu Xurxo Souto. Non teño máis que palabras de agradecemento por todo o que fixo pola música galega. Non só se vai un referente á hora de promocionar a música galega, senón tamén unha persoa que defendía a lingua. Téñolle dito que metaforizaba moito e que dicía moitas hipérboles, pero benvidas son as hipérboles cando se trata de defender a lingua".
Fanny & Alexander
Fanny & Alexander mesmo opinan que a desaparición dun dos espazos que máis promocionaba a música do país podería mesmo incorrer na ilegalidade: "A nova orientación de Aberto por Reformas é practicamente ilegal xa que ao eliminar o único programa que promovía a música contemporánea cantada en galego estase conculcando o artigo 16 da Lei 9/1984 da CRTVG onde se di a programación debe estar inspirada pola 'promoción e difusión da cultura e lingua galega, así como pola defensa da identidade da nacionalidade galega".
Machina, Uxía, García (DKTC) e Galegoz
Machina tamén soou no derradeito programa. En opinión de Anxo, un dos seus integrantes, "antes deste programa non existían os grupos galegos na Radio Galega, quitando os de folk, con todo o respecto para eles. Non sei que vai pasar agora, esperabámolo, pero é un mazazo". Para Uxía Senlle, o Aberto por Reformas foi unha "revolución na radio galega, e na radio pública en xeral. Recuperou para a radio, onde non existía, a música galega en todas as súas expresións"; e sobre Xurxo Souto di que se converteu nun "totem para os grupos", sobre todo para as novas formacións, grazas á "enerxía, á radio viva que fixo, totalmente pegada á realidade". Pola súa banda, Marcos Payno (Galegoz) salienta que o programa "promocionou a música como ninguén, nunca censurou nada, e nestes anos o traballo de Xurxo Souto foi fundamental para a difusión da música galega. E seguirá facendo un labor moi importante, estea onde estea". García (Dios ke te Crew), mentres, cre que é "triste" que unha radio pública "se convirta nunha radio de partido" e lamenta que se elimine un programa que "conseguiu que un monte de grupos emerxentes fosen coñecidos.
O Leo
En palabras de O Leo, Aberto por Reformas foi para a música galega "o que a aparición das radiofórmulas significou para a explosión da música pop en todo o planeta hai unhas décadas". "En Galicia chegamos con máis de corenta anos de atraso", di Leo, que salienta que Xurxo Souto estivo "á altura do país". "As contas cadran -di- se non fose polo programa eu non estaría tocando tanto; estaría como antes, coma na prehistoria fraguista, dando tres ou catro concertos ao ano, cunha música galega de capa caída e non só non promocionada senón perseguida", conclúe Leo, que avisa: "O traballo de Xurxo Souto non caeu en terreo ermo; o que sementou esta aí e isto non vai dar marcha atrás". É, pois, tempo de traballar, como canta Deolinda nun tema que tamén soou no derradeiro programa conducido por Xurxo Souto: Agora sim, damos a volta a isto!/ Agora sim, há pernas para andar!/ Agora sim, eu sinto o optimismo!/ Vamos em frente, ninguém nos vai parar!
Em Komunikando.net, nom temos palabras para explicar o que isto supom para a música na Galiza e em Galego.
Grazas por momentos de emoción, asombro e sorrisos, grazas por Komunikar, grazas por amosar que existe e existirá umha língua que intenta sobreviver, como nom, também a través da música. Agora quédanos luitar, nom choveu que nom escampase, assim que... já se sabe que as dificultades agudizam o ingenio e disso temos bastante, como dim os GalegoZ: NOM PODEM COM NÓS!!!!!.
Como moito retrasarám o inevitável, pois esta marea nom ha quem a pare.
Debido o mal tempo que todos predin que vai a facer este fin de semán, as entidades convocantes do evento acordaron a suspensión do do II Serán Ramón Cabanillas, para o vindeiro TRECE DE XUÑO.
Esperemos que desta vez sexa a definitiva e asemade esperamos a asistencia de todos vos.
Festas itinerantes de música e baile, organizados por "algaravía" e "aoft gomes mouro".
Realízanse en diferentes locales da cidade de ourense e coinciden este ano, no primeiro venres de cada mes(comezan as 22:30).
Aquí tedes s datas e lugar do derradeiro Ven Respirar desta tempada:
5 de xuño..........Ollo Ledo
Estas festas están abertas a toda a xente que queira vir e participar, xa sexa tocando, bailando, cantando ou simplemente
Tomándolle algo e disfrutando do ambiente
Dende o colectivo Bateasonora queremos anunciar a suspension do Serán do Gaiteirinho, que ia celebrarse o día 6 de xuño no adro da Capela de San Amaro en Aldán, Cangas.
O motivo da suspensión é a prevision de mal tempo que hai. Queda suspendido para despois do veran, faremolo en Setembro, a data inda non a puxemos.
Un saúdo
X ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL
6 DE XUÑO DE 2009 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)
13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra
·Subasta das andas e PROCESIÓN SA DANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de Viravolta)
-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:
·BRINQUEDOS DE SEMPRE
ASOC GALEGA DE XOGO TRADICIONAL E POPULAR
MUSEO GALEGO DO XOGUETE (ALLARIZ)
FUNDACIÓN RAQUEL CHAVES (VIGO)
TEMPO DE XOGAR (LOURENZÁ)
JULIO BALADO (LALÍN)
LUIS PREGO (VIGO)
MUSEO DA MARIONETA, CASA DO TÍTERE (LALÍN)
·ANTÓN ALONSO RIOS. O SIÑOR AFRANIO
COMISIÓN POLA MEMORIA SIÑOR AFRANIO
ADELLÍS ASOC. SOCIO-CULTURAL
-FEIRA DE ARTESANÍA:
coiro, prata, abalorios, cerámica, títeres...
15:00- XANTAR POPULAR (empanada, carne ó caldeiro, queixo con marmelo, pan, viño/auga, café e ghotas -12?)
DURANTE A TARDE:
·XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES COA ASOC. GALEGA DE XOGO TRADICIONAL E POPULAR
·BOTA CONTAS PERO BOTA CONTOS con Celsiño Fndez. Sanmartín
· Grupo da 3ª Idade da aula municipal de teatro ?ANXO CASAL? de Arzúa coa obra "A AVOA VAI Ó BAILE"
VEÑEN XENTES DE TOUTÓN, ZOBRA, SANTA COMBA, ARZÚA, O CAPADOR?
E ó que se vaia facendo de noite?
FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!
ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA
TELF INFO: 658 62 82 39
Os vindeiros días 5 e 6 de xuño celebrarase en Poio o IV Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste.
Actividades:
Venres 5 de xuño
20 h Casal de Ferreirós (San Salvador)
Presentación CD V Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA
Actuación de Tentenoaire (Pablo Devigo, Marcos Pérez e Miguel Fraguas), conxunto gañador da V edición
Inauguración da exposición ?Olladas? do pintor pontevedrés F. Sutil
Sábado 6 de xuño
10 h ALBORADA a cargo dos grupos Pai da Cana, Escola de Música Tradicional de Poio, Vides Novas e Os do luns
12h RELATORIOS
A gaita-de-fol no patrimonio musical de América latina. Os exemplos de Cuba e Arxentina
Ramom Pinheiro Almuinha. Historiador e profesor en aCentral Folque
O gaiteiro moderno, técnica expandida e música contemporánea
Paulo González. Músico e compositor
18 h Praza da Chousa (Combarro)
CERTAME DE GAITA DE FOL
VI Concurso de Gateiros MANUEL VILLANUEVA a través do que se potencian as novas composicións para gaita galega e o repertorio da tradición gaitística de Poio, ao tempo que se recupera a gaita tombal con ronquillo de dixitación pechada que tivo presencia nas marxes do Lérez ata a súa desaparición a mediados do s. XX. Poderán participar todos os gaiteiros que o desexen con gaita de fol galega en calquera tonalidade e dixitación. O concurso gravarase en directo co fin de editar un CD.
PREMIOS:
1º Premio ......................................................... 1.500 ?, diploma e trofeo
2º Premio ......................................................... 1.100 ?, diploma e trofeo
3º Premio ............................................................ 800 ?, diploma e trofeo
Premio especial MANUEL VILLANUEVA ............. 1.200 ?, diploma e trofeo
Actuación do Grupo de Música Tradicional Pai da Cana
Entrega de premios
Toda a información está ampliada no folleto adxunto: horarios, prazos e enderezos para a inscrición nas distintas actividades, bases do concurso, etc...
Ponte...nas ondas! presenta, no marco da XV edición da xornada da comunicación, unha revista oral destinada a presentar a proposta dos Tesouros Vivos do Patrimonio Cultural Galego-Portugués.
A Revista Oral ten un formato áxil e ameno no que se combina a palabra, a música, o canto e o recitado. Antonio Reigosa, investigador e difusor da literatura de tradición oral coordenará esta sesión que contempla a presenza de portadores do patrimonio galego-portugués chegados desde diversos puntos da Eurorrexión.
A Revista Oral será retransmitida en directo por televisión a través de Internet e poderá ser seguida en simultáneo dentro da programación de Ponte...nas ondas! A emisión e realización de televisión correrá a cargo do estudio móbil de Casa de Tolos baixo a dirección de Segundo Grandío.
* A UNESCO define os Tesouros Humanos Vivos como persoas ou grupos que posúen un saber ou unha habilidade relacionada con calquera disciplina do coñecemento e da cultura. En xeral, podemos considerar a estas persoas como portadores do patrimonio que manteñen e transmiten as diversas expresións do patrimonio inmaterial .
Estes portadores están na comunidade, na sociedade. Temos ao noso lado persoas que transmiten saberes e destrezas aprendidas de xeracións anteriores. A cultura popular sempre estivo mantida polas persoas e as comunidades.
Exemplos de Tesouros Humanos Vivos podemos atopalos en calquera destes ámbitos:
1. En calquera das tradicións e expresións orais nas que a lingua sexa o soporte da expresión cultural.
2. Nas artes do espectáculo: danzas, cantos, romarías e rituais festivos que teñan un significado esencial para unha determinada comunidade ou grupo social.
3.- Nos usos sociais, rituais e actos festivos que se realizan durante o ciclo anual.
4.- Nos coñecementos e usos relacionados coa natureza e o universo. Tanto na cultura agraria como marítima encontramos toda unha sabiduría asociada a diferentes prácticas e usos.
5.- Nas técnicas artesanais tradicionais relacionadas con oficios e saberes.
INTERVENCIÓNS:
· Antonio Reigosa. Escritor e investigador ? Presentación
· Ponte...nas ondas!- O Sistema dos Tesouros Vivos da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal
· Xavier Blanco, de Moaña (Pontevedra), músico de raíz, recuperador dos chamados "instrumentos pobres".
· Cantadeiras de Gargamala (Mondariz ), mulleres que conservan na súa memoria os cantos de labor.
· Manuela de Barro, de Cerdedo (Pontevedra), voz portentosa da copla e do cancioneiro popular tradicional.
· Elba Requeijo, de Abadín (Lugo), recitadora e narradora de contos.
· José Cortizo, de Cerdedo (Pontevedra), poeta popular e cantor.
· Nelson Vilarinho, o cantador e tocador de concertina de máis idade do Norte de Portugal.
· Diana Gonçalves ? Directora documental ?Mulleres da Raia?
· As mulleres da raia e Diana Gonçalves ( protagonistas e directora do premiado documental ).
· Grupo Abertal, A Rúa, (Valdeorras), grupo de baile e música tradicional que leva 25 anos de andadura baixo a dirección de Manuel Durán.
· Cavaquinhos do Minho - Viana do Castelo. Grupo formado por tocadores de varias xeracións.
· Concertinas de Viana do Castelo. Tocadores de varios lugares do distrito de Viana.
· Pancho Álvarez, de Tui (Pontevedra), músico, recreador de sons á maneira tradicional coma os do mítico Florencio, o cego da Fontaneira. Pancho presentará temas do seu último traballo ?Sólidos galicianos?.
Neste traballo dise: ? Os romanos crían que ao cruzar as augas do río Limia esquecerían o seu pasado. Este río chega ata Portugal, país co que compartimos un pasado que ás veces, uns e outros tamén esquecemos ?.
Co Certame de Gaiteiros Solistas 'Manuel Dopazo' ábrese a tempada anual de eventos que outorgan todo protagonismo ao instrumento nacional do noso pais: a gaita. A ocasión merecía adicarlle un 'Contrapunto' dos que nesta 'bitácula' adico a cuestións distintas á programación de fontes abertas.
O evento tivo lugar no auditorio homónimo na vila da Bandeira, alí onde os vestixios das culturas neolítica e celta asistiran no lonxano 1809 a un chanzo significado no proceso de cristalización da soberanía política do pobo galego no contexto da súa loita contra a ocupación napoleónica. A reflexión sobre o desleixo historiográfico relativo a ises feitos históricos daría para moitas páxinas; mais refirámonos primeiro aos que tiveron lugar no Auditorio bandeirense o domingo 24 de maio.
Debimos de ser dos últimos en chegar e tivemos sorte de atopar bo sitio pois a abundante afluencia de público deixaba poucas prazas baleiras alén das reservadas. O escenario amosaba unha estampa costumista na que os apeiros agrícolas se dispoñían nun contorno de xestas florecidas onde un labrador ataviado co traxe da comarca apilaba as alpacas de herba seca que complementaban o atrezzo. Sen consultar as bases do concurso, todo indicaba que nos atopabamos ante un evento herdeiro da escenografía que o Rexurdimento canonizara como a tradicional e, por tanto, que coa sucesión de intérpretes teriamos tamén un desfile de vestimentas froito da reinterpretación da moda napoleónica.
Solistas de calidade
Tras unha presentación de caracter institucional, no idioma proprio, no que se anunciou a composición do xuri -Anxo Lorenzo Álvarez, Anxo Pintos e Xosé Casal- subiu ao escenario o primeiro intérprete. Tratábase nada menos que de Gonzalo Abelairas, ourensán integrante do laureado cuarteto Abelente e membro do Grupo de Música Tradicional "Gomes Mouro", desfrutando así da discutibel honra de romper o xeo dun público que se amosaría respectuoso, esixente e atento, mais que tardaría en entregarse.
Vestido de negro rigoroso e chapeu da comarca como é habitual nel, o de Ourense subiu ao escenario acompañado de tambor tradicional con gaita de buxo en Re e triple harmonium composto de ronco e ronqueta, a dúas oitavas por debaixo da tónica o primeiro e da quinta xusta o segundo, e afinando o chillón a unha oitava da cuarta xusta. Gaita clásica galega pois, afinada nun acorde pedal co que Abelairas buscaba un "efecto de dominante" para realzar o paso da primeira das pezas -un popular Canto de Arrieiro- á segunda -Tres Cores, muiñeira da súa autoría. Precisamente esta última peza, que merecera un accésit na última edición do prestixioso certame adicado a Constatino Bellón, supuñía unha dificuldade engadida por acabar nunha pasaxe escrita en Fa que tería introducido disonancias con aquel acorde, e por eso veriamos o ourensán compoñer ao final o acorde de Re Maior baixando o chillón medio tono.
Tratouse dunha interpretación meritoria e non exenta de dificuldades que para o xuri mereceu o terceiro premio, dotado de 500 euros e á que seguiu a de Manuel Fernández Alén, o primeiro gaiteiro que subiu ao escenario sen máis apoio que si propio. Trouxo para a súa interpretación un profundo La de granadillo co que interpretou dúas pezas: Fisterra e Sen Máis, a primeira unha variación de Brian Boorhby da coñecida Noitébrega e a segunda autoría dunha das promesas convertidas en realidade, o ferrolán de Barallobre Daniel Bellón. A interpretación de Manuel, caracterizada por ese pausado tempo do que tanto gosto -e que contrasta coa obsesión pola velocidade e a prestidixitación (que non virtuosismo) tan estendida lamentabelmente na escena galega profesional- pareceume honesta e sentida, por moito que a tensión escénica condicionara a precisión da afinación de notas pedais e punteiro.
Chegaría despois o turno doutro gaiteiro dos de renome: Alberte Coia, quen proclamando a mestría de Carlos Núñez dende o seu Hío natal se fixo co primeiro premio -de 1500 euros- grazas á interpretación de tres pezas. Así, abriu cun Cantar de Serán emocionado, seguiu cunha xusta homenaxe a Edelmiro Fernández -o compositor de Lusiña, a peza que escolleu como centro da súa interpretación- e fechou cunha Paxota na que fixo gala desa técnica de ornamentación que identifica o do Morrazo: busquen os vídeos na rede e descúbrano por si mesmos. Alberte subiu ao escenario acompañado dun tamborileiro que demostrou comprender a importancia dunha axustada tensión do instrumento; fíxérono os dous sen sombreiro, o que chamou a atención do público mais sen lograr desviar o protagonismo de quen o merecía: a súa gaita qu combinaba o granadillo do harmonium co buxo dun punteiro correctamente afinado en Mi.
Seguíronlle Daniel Blanco Carpente -o único que escolleu unha pandeireteira para a percusión- Anxo Piñeiro Souto e Xoán Manuel Ríos Alcaide, que amosaron un excelente gusto na escolla das pezas, entre as que considero importante sinalar tres pola súa autoría: a Xota de Recadadores de Ernesto Campos, a Lúa Arreghoada de Roxelio Groba e unha das máis coñecidas -e das máis que máis respecto deberan inspirar- como é o O soño da Papuxa, de novo do inefábel Edelmiro Fernández.
Unha actuación a destacar
Tras todos eles chegou o que para min foi o momento memorabel do Certame: a interpretación do nicraniense Pedro Álvarez Fariñas. Non se molestará Alberte comigo, pois é sabedor da admiración que lle profeso e nada do que eu diga podería menoscabar a calidade da súa executoria, se digo que na miña opinión foi aquela, e ningunha outra, a interpretación merecedora do primeiro premio. Tampouco se sentirá cuestionado o xuri, pois ao apuntar esta alternativa, non fago máis que sinalar a complexidade dunha decisión que deberon tomar por apenas unhas décimas porcentuais; dende logo a calidade dos gaiteiros demostrou estar á altura do Certame.
Pedro subiu ao escenario cunha gaita de granadillo en Do con harmonium de pallón, convenientemente vestido e conxuntado cun tamborileiro que tivo a virtude de lembrarnos a importancia que ten a percusión na nosa música patrimonial, tan frecuente como inxustamente esquecida: tratábase de Ramón, neto e discípulo do reputado mestre Antón Corral, quen permanecía no público atento á evolución das distintas actuacións. Pedro tivo a cortesía de afinar sen darlle a espalda ao público e, unha vez logrado o equilibrio en harmónicos, interpretou un emocionante Amencer en Fisterra de Ernesto Campos, fechando a súa actuación con Urbión, unha peza de Pedro Lamas. Foi unha interpretación xusta na ornamentación, limpa e afinada, cunha expresión e firmeza que deron lugar a unha actuación na miña opinión sentida, honesta e potente e cuns fraseos moi ben definidos e resoltos cunha execución moi coidada.
Seguíronlle David Valladares Ocampo quen, cunha gaita de García de Riobó con punteiro de Seivane en Do e ronqueta na tónica, interpretou a Xota do 3 -de Pedro Lamas- e a clásica Aires de Pontevedra, o que fixo non sen dificuldades na afinación e na execución dos arranxos de Anxo Lorenzo, precedendo á interpretación de Alberto Falcón Cazás, quen cunha boa técnica interpretou con gaita en Do de Tonecho Varela a popular muiñeira O Burriño -de novo Pedro Lamas- e a Xota Novo Milenium, de Agustín Sánchez.
A honra de fechar o concurso correspondeulle a Isidro Vidal Gallardo, gaiteiro do Carballiño que actualmente estuda o Grao Medio de gaita no Conservatorio Mayeusis de Vigo da man xustamente de Ernesto Campos, interpretando dúas obras de creación propia nunha actuación na que a afinación do bordón e a execución do fraseo impedirían unha mellor valoración do xuri.
Premio de honra para a familia Seivane
Tratouse dun certame moi completo, ben organizado e de calidade que contou coa posta de longo das Ruadeiras de Loimil e unha homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas
Se cadra para facer máis levadeiros os nervios de solistas e acompañantes na espera do fallo do xuri, a organización tivo a previsión de regalarnos a posta de largo das Ruadeiras de Loimil, un conxunto que recuperou a tradición do baile, relacionada coas pandereteiras de Barro de Arén, no concello de Cerdedo.
A decisión do xuri, que se axustou a criterios de afinación, expresividade na interpretación, dificuldade de execución e orixinalidade no arranxo e/ou composición das pezas -tal como sinalaban as Bases do Concurso- foi ben recebida polo público, e os protagonistas foron aplaudidos como merecían. Esto foi especialmente certo para outro dos protagonistas do serán, o gaiteiro e luttier Xosé Manuel Seivane Rivas, que recibía unha mención de honra outorgada pola organización do Certame, que agradeceu emocionado, antes de dar paso ao feche do acto, que tería lugar coa interpretación ao unísono polos gaiteiros do Himno nacional. Ao respeito é preciso comentar que o público se abstivo de acompañar a interpretación coa súa letra se cadra por estar tocado en Do; seguramente sexa este un punto mellorabel pola organización, en especial habida conta da presenza da gaita en La de Manuel Fdez. que con seguridade tería impedido esta descortesía vogal coa homenaxe que Eduardo Pondal adicou ao noso antergo Breogán.
Con seguridade a edición do próximo ano amosará aínda máis a experiencia acumulada, polo que a cita debera quedar marcada xa nas nosas axenda como a que dá inicio á tempada gaiteiril do noso país coa dignidade que esta merece.
A Polo Ghit agarda pola vosa participación!
Seis temas inauguran a cuarta edición do certame: Magritte, Labazada, Esquíos, Alumetes, Fachenda Galega e Os John Deeres.
Un ano máis, e xa van catro, inaugúrase a web de A Polo Ghit, o concurso que procura a canción galega do verán, organizado por Vieiros e a Radio Galega. Desta volta son seis os temas que inauguran o certame, con cadanseu estilo pero sempre coa intención de se converteren no ghit do 2009. Magritte, Labazada, Esquíos, Alumetes, Fachenda Galega e Os John Deeres son os primeiros, aos que se lles sumarán de seguro moitas máis candidaturas.
Lembramos as bases: contando de antemán con cumprir coas premisas de que a canción se poida converter nun ghit galego do verán, haberá que enviar un arquivo de audio con calidade suficiente (mínimo de 256 kbps), de cara a que sexa "escoitábel" a través da Radio Galega e da web, aos enderezos apologhit@vieiros.com e apologhit@crtvg.es (aos dous, non a un deles), ou ben empregar a tradicional vía postal e enviar un CD co tema. Haberá que incluír datos do grupo (tamén de contacto), unha presentación, a letra da canción e imaxes ou mesmo vídeos.
Quedan aínda case dous meses por diante para enviar temas. O prazo de recepción péchase o 29 de xullo. Esas cancións poderanse votar na web de A Polo Ghit, para o que é preciso estar rexistrado como usuario de Vieiros, e tamén chamando aos programas en directo da Radio Galega que se refiran ao concurso.
Polo tanto, xa se pode votar. Moita sorte aos participantes!