Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alalá coa Señora Carmen
Hoxe, luns, día 09/06/2008

Como chega unha muller de 82 anos que traballou toda a vida no campo a gravar un disco? A resposta está na señora Carmen, que presentou hai uns meses o seu primeiro disco en solitario pero que xa participou noutros seis: tres coas de Malvela, o grupo en que canta desde hai dez anos, e o resto como convidada doutros artistas.

A pesar dos éxitos obtidos, a señora Carmen segue a traballar como viña facendo nos últimos anos: cociñando a diario para máis de dez persoas e coidando aos máis pequenos da familia, pois esta muller tivo catro fillos e hoxe ten xa doce netos e dez bisnetos, unha enorme familia que ás veces tense que amañar sen ela, porque a avoa… marcha de viaxe musical!

Para ela, o traballo que dá gravar un disco ou percorrer os teatros de medio mundo non é nada, afeita a toda unha vida de traballar no campo, de ir a pé de feira en feira turrando do gando, de pasar noites de frío no muíño e de atender a casa e os catro rapaces. Toda unha vida de sacrificio en que a única diversión foi a música, ir ao baile e, sobre todo, cantar, cantar sempre.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 09-06-2008 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
XXIX Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

A Asociación Xuveníl Xacarandaina informa que:

Debido ó elevado número de grupos que queren participar no XXIX Concurso de Baile Tradicional, FARASE UN SORTEO PÚBLICO entre tódalas incricións recibidas por correo ordinario ou mail entre o 9 e o 21 de xuño, o día 23 de xuño ás 12h no local social sito na rúa Historiador Vedía nº3 soto1º da Coruña.


No sorteo serán elixidos un máximo de 40 grupos que finalmente participarán no XXIX Concurso de Baile Tradicional, polo tanto o programa non se rexirá pola rigurosa orde de incrición como figura nas bases enviadas.

Pregamos puntualidade a todos aqueles representantes dos grupos inscritos como calquer outro interesado que queira asistir.

De tódolos xeitos comunicarase a relación dos grupos participantes na web www.xacarandaina.com o mesmo día do sorteo pola tarde.

Asociación Xuvenil XACARANDAINA
Rúa Historiador Vedía, 3 - soto 1º
15004 A Coruña

Tlf: 981 277 315 / Fax: 981 275 472
www.xacarandaina.com
info@xacarandaina.com

Horario de oficina:
Luns a venres, de 10:30 a 12:30 e de 18:00 a 21:30 h.
Sábados de 10:00 a 14:00 h.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-06-2008 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chegou a fin de semana
Sexta feira 6 (Venres)
• Na Virada no Liceum do Porriño ADIADO
• Luar na Lubre (Galiza), Vozes da Rádio (Portugal), Socorro Lira (Brasil) e Avelino González no Verbum de Vigo
• Humor Neghro no Teatro Principal (Compostela)
• Zenzar no Gatos de Melide
• Ruxe-Ruxe en Ponte Carreira (Frades-A Coruña)
• Isga Collective no C.C. A Fábrica de Oleiros
• Nova Galega de Danza en Culleredo
• Kiosco das almas perdidas (con Mercedes Peón) no Teatro Principal de Ourense
• III Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva en Poio: Tentenoaire e Xavier Blanco
• Os chupacabras na Adega de Isaac (Barreiro-Vigo)
• I Noite de Tasca en Ordes
• Derradeiro Ven respirar da tempada en Ourense, no Pub Ollo Ledo


Sábado 7
• Projecto Trepja en Pontevedra
• Humor Neghro no Teatro Principal (Compostela)
• Faltriqueira en Burela na Casa da Cultura
• Sonoro Maxín na sala Baranda (O Barco)
• Coanhadeira no Auriense (Ourense)
• Tonhito de Poi e Rasa Loba no Pub Gatos de Melide
• Transilvanias en Vigo
• Ruxe-Ruxe en Vilagarcía
• Kogito en Compostela
• Ataque Escampe no Uf (Vigo)
• Malvela en Lugo
• Som do Galpóm en Redondela
• O Fiadeiro na Fonsagrada
• Macfeck no Tiradoura de Cangas
• Kiosco das almas perdidas (con Mercedes Peón) no Teatro Principal de Ourense
• Festa do Novas de Galiza en Compostela: Ugía Pedreira, Tino Baz, Os da Ría e Leo e Arremecaghona
• III Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva en Poio: Xuacu Amieva e Paidecana
• Encontros de Música Tradicional de Carboeiro (Silleda)
• Serán en Chaín (Gondomar) no C.C. A Merced
• Serán en Pontesampaio (Pontevedra)

Domingo 8
• Día da muiñeira na Coruña
• Sonoro Maxín na sala Aturuxo (Bueu)
• Marcos Teira no Teatro Principal de Compostela

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2008 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
E continuan os seráns
Sábado 7 de xuño
-Serán en Chaín (Gondomar) no C.C. A Merced
-Serán en Pontesampaio (Pontevedra)

Sábado 14 de xuño
-Serán da Federación Veciñal en Castrelos(Vigo)
-I Serán en San Ciprán (Donas-Gondomar)

14 e 15 de Xuño
-Foliada e Romaria do Lecer de Xacarandaina na Coruña

Sábado 21 de xuño
-Serán de Vincios (Gondomar)
-Serán en Alcabre (Vigo)

Sábado 28 de xuño
-Serán do Fiadeiro (Vigo)

Sábado 5 de xullo
-Serán en Amorín (Tomiño)

Sábado 19 de xullo
-1º Serán de Estás (Tomiño)

Sábado 6 de setembro
-II Serán dos Callos en Salceda de Caselas

Sábado 13 de setembro
-II Serán das Tarambainas en Lavadores (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-06-2008 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile (30 de maio 2008)
Vai de baile do 30 de maio de 2008

Os Gholfiños de Ribeira VS Os Moinantes de Ourense

Fase de concurso



Xurado

Comentarios (1) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 06-06-2008 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán das Angustias en Nigrán
No blog da Asociación Cultural As Angustias podemos atopar fotos do serán celebrado o pasdo fin de semán en Nigrán.

Fotos do serán das Angustias en Nigran


Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-06-2008 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Carboeiro 2008
Xa está en marcha unha nova edición dos míticos Encontros de música Tradicional en Carboeiro (Silleda)

IX ENCONTROS MÚSICA TRADICIONAL

7 de xuño de 2008 no Mosteiro de Carboeiro(Silleda)

13:00- SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra

· Subasta das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA acompañada polos cabezudos de Viravolta
· “A VODA” pola compañía VIRAVOLTA (Lalín)

-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:

· “PAN PAN PAN DEI” Monográfico pandeiretas, pandeiras e pandeiros

· MUSEO DA MARIONETA, CASA DO TÍTERE (LALÍN)

·Presentación de “TEMPOS MODERNOS” (historias de amor) de Celso F. Sanmartín

·”OS MONOS DE LAXEIRO“ da biblioteca do Ies Laxeiro de Lalín. Investigación e coordinación de Manuel Igrexas

FEIRA DE ARTESANÍA:
Coiro, títeres, cerámica, porcelana,recíclexe, abalorios…

15:00- XANTAR POPULAR (empanada, carne ó caldeiro, postre, pan, viño/auga, café e ghotas –10€)

DURANTE A TARDE:

· Xogos Tradicionais para Cativ@s e maiores
· “CANTOS CONTIÑOS CONTAMOS” Celsiño F. Sanmartín.
· Grupo da 3ª Idade da aula municipal de teatro “ANXO CASAL” de Arzúa
· Cousas de cregos en Galiza e Portugal“A SAIA DA CAROLINA” de Fantoches Bag
· Cantos galego-guaranís do dúo KERESU

E ó que se vaia facendo de noite…
FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!
ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA
TELF INFO: 658 628239


VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!

Viva A Santa Ferreña!!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-06-2008 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Ponte nas ondas 2008

6 de xuño de 2008
XIV EDICIÓN DA XORNADA DA COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL PONTE... NAS ONDAS! e DA VII MOSTRA DA ORALIDADE


Museo Verbum (Samil-Vigo)
Horario
9.30-22.00
Entrada gratuita

O museo Verbum-Casa das Palabras, en colaboración coa Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas!, convoca ás comunidades educativas dos centros de ensino do Concello de Vigo a participar nas actividades que con motivo da XIV edición da xornada da comunicación audiovisual Ponte… nas ondas! se desenvolverán na cidade de Vigo.

Programa:

9.30 Espectáculo audiovisual de entrada libre ata as 14.00 horas. Auditorio da Facultade de Telecomunicación no Campus de Lagoas—Marcosende da Universidade de Vigo (Teléfono para asistencia de grupos, 618 888 888). Magazine con radio, actuacións musicais, regueifeiros, narración oral e paisaxes sonoras en directo. Presenza da Conselleira de Obras Públicas e Ordenación do Territorio, Dna. Mª José Caride.

12.00 Presenza da Conselleira de Vivenda Dna. Teresa Táboas. Realización de programas en directo ata as 15 horas.

16.00 Realización en directo do programa Aberto por Reformas da Radio Galega con Xurxo Souto e convidados. Retransmisión audiovisual en directo de programas de radio-televisión dos distintos centros educativos participantes e diversas actuacións musicais e de narradores orais. Realización emitida en directo desde a web: www.pontenasondas.org

22.00 VII Mostra da Oralidade Galego-Portuguesa. Concerto, ao aire libre de Luar na Lubre (Galicia), Vozes da Rádio (Portugal) e Socorro Lira (Brasil) conducido por Avelino González.


NOTA: Os asistentes ao Verbum terán esa tarde entrada libre para visitar as exposicións do museo. Festival de acceso libre e gratuito.

www.pontenasondas.org

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2008 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
III Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva en Poio
Os días 6, 7 e 8 de xuño celebrarase en Poio o III Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste.

Entre as actividades organizadas destacan: Relatorios, o V concurso de gaiteiros MANUEL VILLANUEVA, a Xuntanza de Gaiteiros e moitas máis novidades que podedes consultar neste nova. Quedades tod@s convida@s.

Actividades do Encontro:

1.- RELATORIOS a cargo de prestixiosos especialistas para o estudo da gaita galega no contexto do gaitas de fol do noroeste peninsular no que se analizan as distintas variantes morfolóxicas do instrumento por áreas xeográficas.

ASTURIAS

*El repertorio y la ornamentación en la gaita asturiana*
Xuacu Amieva

GALICIA

*A recuperación da gaita de Poio: O modelo tombal con ronquillo de Manuel Villanueva*
Carlos Real, Manuel Fernández, Xosé Piñeiro "Nebra" e Oscar Ibáñez

2.- V Concurso de Gateiros MANUEL VILLANUEVA a través do que se potencia e se difunde o repertorio da tradición gaitística de Poio e tamén se recupera a gaita tumbal con ronquillo de dixitación pechada que tivo presencia no
noso municipio e mais en Pontevedra até a súa desaparición a mediados do s.XX. Poderán participar todos os gaiteiros que o desexen con gaita galega en calquera tonalidade e dixitación.

PREMIOS:

1ºPremio ......................................................... 1.500 €, diploma e trofeo
2ºPremio ......................................................... 1.100 €, diploma e trofeo
3ºPremio ............................................................ 800 €, diploma e trofeo
Premio especial MANUEL VILLANUEVA ............... 1.200 €, diploma e trofeo

O concurso gravarase en directo co fin de editar un CD.

3.- XUNTANZA DE GAITEIROS é unha romaría na que non faltan polbeiras e rosquilleiras, así como artesáns de instrumentos tradicionais, de coiro, etc. Durante todo o día hai un escenario con micros abertos dende as 10 h para a participación musical libre de todos aqueles solistas ou grupos de música tradicional que o desexen.

Como actividades paralelas presentarase o CD do IV Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA e o nº 11 da revista Etnofolk que recolle os artigos dos relatorios do I e II Encontro, haberá alboradas a cargo de grupos locais e concertos.

Toda a información: horarios, prazos e enderezos para a inscrición nas distintas actividades, bases do concurso, etc...

Mais información: Portada e Interior

O Prazo do inscrición no Concurso de gaiteiros remata o 4 de xuño.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 06-06-2008 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Galas de verán do Fiadeiro
Comentarios (7) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2008 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
Derradeira foliada Ven Respirar en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-06-2008 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Noites de Tasca en Ordes
A Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes organiza o vindeiro vernes 6 de xuño na cervexería PJ de Ordes a partir das 22:00 horas as 1ª Noites de Tasca.

Nesta primeira edición conta coa presenza de Josefa de Bastavales ao que lle seguirá unha Foliada amenizada polos propios Viqueiras e por todos aqueles que vos queirades apuntar á mesma.

A festa está asegurada, non vola perdades!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2008 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
II Mostra Etnográfica de Matamá (Vigo)

Os próximos días 6 - 7 - 8 de xuño vaise celebrar no colexio Josefa Alonso de Matamá(Vigo) a II MOSTRA ETNOGRÁFICA DE MATAMÁ. Exporanse ferramentas de diferentes oficios, máquinas, obxectos antigos, .... todos eles aportados polos veciños da parroquia.

PROGRAMA

VENRES 6
12h Inauguración da Mostra.
12.30h Explicación para @s nen@s sobre o oficio de canteiro, coa presenza de canteiros
de Matamá.
16h. Apertura da exposición o público en xeral.
20h. Peche.

SABADO 7
16h. Apertura.
17h. Ruta de sendeirismo por Matamá.
19h. Proxección do traballo “O muiño do Foxo”
20.30h. Festival Folc.

DOMINGO 8
11h. Apertura.
12h. Encontro cos canteiros de Matamá.
14h. Clausura da mostra.

Esta Mostra esta organizada polo Colectivo Malaherba, o CEIP e a ANPA do colexio Josefa Alonso.
A entrada será gratuita
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2008 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
Festa de Novas de Galiza

O jornal Novas da Galiza organiza umha festa o sábado, 7 de Junho, em Compostela. Baixo a legenda 'Compromisso com a Independência' vai haver palestras, concertos e outras actividades nos centros sociais da capital.

Compromisso com a independência

Sábado, 07 de Junho de 2008
Compostela


·Entrada solidária: 4 €
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2008 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
XXVI Día da Muiñeira na Coruña
¡Benvidos á festa do noso baile!

O día 8 de xuño, domingo, festexaremos o XXVI DÍA DA MUIÑEIRA na Coruña, organizado pola A.X.Xacarandaina.

O acto comenzará ás 17:30h.cun pasarrúas de tódolos grupos participantes dende a Porta Real ata os Xardíns de Méndez Núñez.

Alí, ás 18:00h. terán lugar a lectura do pregón e o baile das tres muiñeiras. Despois disto, retiraremos o vallado, e convidaremos ó público asistente a bailar con todos nos.

Achegádevos!

1. O “Día da Muiñeira” celébrase con carácter de exhibición, non de concurso.

2. Poderán participar nel os grupos de Asociacións Culturais e Recreativas, Centros de ensino, Asociacións Folclóricas, Centros Parroquiais, Asociacións de Veciños, Asociacións
Xuvenís, Centros Sociais, etc, de toda Galicia, sendo requisito indispensable enviar debidamente cuberta a folla de inscrición adxunta:
- ó local social na rúa Historiador Vedía, 3-soto 1º na Coruña
- por correo electrónico á dirección
info@xacarandaina.com.

3. O prazo de admisión de inscripcións
rematará o día 30 de Maio.


A Asociación Xuvenil Xacarandaina aclarará con pracer calquera dúbida sobre esta convocatoria

- no local social de luns a venres de 10:30 a 12:00 e de 18:00 a 21:00
- no teléfono 981 277 315 no mesmo horario
- por correo electrónico:
info@xacarandaina.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2008 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Millo verde en Redondela
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-06-2008 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
O Son da túa lingua, en Vilagarcía
O rock galego de Ruxe Ruxe e XS-Trume porá a banda sonora ao concerto “O Son da túa lingua”
A velada do sábado 7 de xuño terá unha banda sonora integramente galega. Os grupos Ruxe Ruxe e XS-Trume serán os protagonistas do concerto “O son da túa lingua” que se celebrará na Praza do Castro no marco dunha iniciativa conxunta desenvolvida polas concellerías de Xuventude e Cultura.


O evento musical orientado á mocidade ten unha importante carga de compromiso lingüístico, de aí que no cartel do concerto figuren dous dos grupos musicais do país máis representativos por cantar en galego. Deste xeito, os departamentos que dirixen Ana Lorenzo e Xosé Castro Ratón pretenden fomentar e normalizar o uso da nosa lingua entre a mocidade e tamén no seu tempo de lecer. De feito, o acto enmárcase e pecha a programación de dinamización lingüística desenvolvida ao longo nas últimas semanas en torno á celebración do Día das Letras.

Os concertos serán de entrada gratuíta e desenvolveranse a partir das 23:00 horas na Praza do Castro. En caso de mal tempo o festival trasladarase á Praza da Peixería. Os primeiros en actuar serán XS-Trume, un grupo de Cambados que fai, o que se podería denominar como “rock do país”. Dende a súa creación, hai oito anos, a formación caracterizouse por compoñer e cantar todos os seus temas en galego.

Esta é tamén a principal característica de Ruxe Ruxe, o grupo compostelá que tras 12 anos de traxectoria xa se ten convertido en todo un referente do panorama musical galego. Os Ruxe Ruxe serán os últimos en subir ao escenario o sábado para tocar, entre outros, os temas do seu último traballo discográfico, titulado “Xigantes”, fiel ao seu estilo rockeiro no que se mesturan ritmos e sons propios da música tradicional galega na que se iniciaron varios dos seus compoñentes.

A parte de percorrer a xeografía galaica, Ruxe Ruxe tamén ofrece ao longo do ano numerosos concertos en outras zonas de España onde, segundo explicaron os membros do grupo, o idioma galego no que cantan e se expresan, nunca foi un obstáculo nin un problema para entenderse, conectar co público e transmitir todo o sentimento das súas cancións e da súa música.

www.ivilagarcia.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2008 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Novos traballos discográficos en preparación
Despois da presentación dos novos discos de Xochilmica e do novo prxecto Lizgairo estes son os discos que están xa en fase de realización...

- O novo disco de Milladoiro. "A quinta das lágrimas",

- O novo disco de Os Carunchos,

- O primeiro disco das Tanxedoras do pandeiro.

- O novo de Ultreia, grupo de música tradicional galega liderado por Pablo Carpintero.

- O primeiro disco das Batuko Tabanka, "Yuntamón".

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-06-2008 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Xochilmica

Xochilmica, lanza o seu novo traballo discográfico “Carta Branca”. Un disco que conecta o pasado e o presente do grupo, e que conserva toda a frescura e musicalidade da instrumentación tradicional galega pero aposta por unha dimensión contemporánea da música feita aquí, en Galicia.

Traballo no que contamos coa participación de moitos amigos, Pedro Pascual, Pablo Pascual, Carlos Freire, Xosé L. Miguélez, as Pandereteiras de Cantigas e Agarimos, Nicolau Rodríguez e Iván Varela de Lamatumbá, Santi Cribeiro, Quim Farinha, Manuel Amigo e Edelmiro Fernández.

www.xochilmica.com

Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 05-06-2008 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica do disco de Ruxe-Ruxe

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-06-2008 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto do día mundial do Medio ambiente e dos Océanos
5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente
8 de xuño, Día Mundial dos Océanos


O xoves 5 de xuño ás 19h na Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar 19, Compostela), conferenza cargo do prof. Ramón Varela Díaz. “O bosque galego e as emisións de CO2, presente e futuro. 20 anos da presentación da Inciativa Lexislativa Popular do forestal galego”.

Ramón Varela é doutor en bioloxía, foi presidente de ADEGA e é un dos maiores expertos sobre contaminación atmosférica en Galiza, particularmente a das emisións das térmicas. Foi hai 20 anos o encargado de defender a Iniciativa Lexislativa Popular en defensa do bosque autóctono.

Domingo 8 de xuño, día Mundial dos Océanos.
Praza das Praterías de Compostela ás 12h. Concentración e lectura do Manifesto "Por un futuro sen carbón. Por unha costa sen cemento e lonas negras" por Xurxo Souto.

MANIFESTO

POR UN FUTURO SEN CARBÓN,
POR UNHA COSTA SEN CEMENTO E LONAS NEGRAS


Nesta Semana Galega do Medio Ambiente as organizacións e colectivos asinantes queremos facer un chamado á sociedade e as administracións para actuar sobre dous problemas ambientais nos que Galiza ten moito que dicer: o uso do carbón como combustíbel para a xeración de electricidade e a degradación dos nosos mares, fonte de vida e recursos para as xeracións vindeiras.
Estas son as mensaxes que centran as reivindicacións do Día Mundial do Medio Ambiente e do Día Mundial dos Océanos que se celebran en todo o planeta os días 5 e 8 de xuño, respectivamente. Por iso as organizacións e colectivos asinantes queremos manifestar o noso compromiso coas demandas das Nacións Unidas para estas datas e a nosa vontade para traballar en Galiza a prol dos obxectivos propostos.

“DEIXAR O HÁBITO” en referenza ao uso do carbón como combustíbel, é o lema do Día Mundial do Medio Ambiente. Con él quérese promover a eliminación do carbón nas economías e estilos de vida das sociedades industrializadas como causante de gran parte das emisións de gases de efeito invernadoiro (GEIs).

Sobre os efeitos da queima de carbón no ambiente, en Galiza sabemos moito. Son xa máis de 30 anos aturando as emisións de Endesa e Fenosa, empresas que obtiveron inmesos beneficios a costa da explotación do noso carbón autóctono para a produción de electricidade nas centrais térmicas. E logo de rematado co lignito, impórtase carbón de países en vías de desenvolvemento, contibuindo a perpetuar a explotación social e destrucción de recursos naturais derivado dun modelo enerxético inxusto e insustentábel. A cambio, os galegos e galegas ostentamos un dos ratios de emisión de CO2 por habitante máis alto de Europa e os peores índices de calidade do servizo eléctrico do estado.

No entanto, as térmicas galegas lonxe de reducir as súas emisións, auméntanas (un 40,2% en 2007 con respeito ao 2006) incumprindo as cuotas para o sector derivadas do cumprimento do protocolo de Quioto, porque lonxe de mudar o modelo, a produción de enerxía segue baseándose no consumo dos recursos fóseis. E os efeitos da contaminación na atmosfera e na terra (eis a loita os veciños da Lousa e Cerceda), da chuvia áceda, das feridas na paisaxe e da perda patrimonio cultural, sufrímolos todos os galegos e galegas, e constitúen unha realidade incómoda que as térmicas non parecen dispostas a asumir e moito menos remediar. Por iso, esiximos das administracións un compromiso decidido coa cidadanía e co ambiente para forzar ao sector eléctrico a reducir as emisións derivadas da combustión de carbón e doutros combustíbeis fóseis. Precisamos unha lexislación que comece por obrigar ás empresas a minimizar as súas emisións e estableza un plano de peche progresivo das centrais térmicas que deberán ser substituídas por enerxías renovables para estarmos á altura dos desafíos que nos plantexa o cambio climático.
As administracións teñen tamén a responsabilidade de promover un maior aforro e eficiencia nos procesos produtivos e no consumo de electricidade a nível institucional, industrial e doméstico, impulsando campañas de Educación Ambiental e procesos de participación pública para incorporar á cidadanía na busca de solucións. Demandamos un maior compromiso na transformación do actual modelo enerxético e de transporte cara o uso de sistemas e enerxías máis limpas, renovábeis, ambientalmente seguras socialmente máis xustas.

O transporte é outro sector dependente da economía do carbono que supón preto do 40% do total das emisións. As políticas baseadas na promoción das grandes infraestruturas de transporte por estrada son insustentábeis. As alternativas que propoñen algúns governos seguen a reproducir o mesmo modelo de dependencia enerxética, desta volta queimando alimentos para mover veículos. A utilización a grande escala dos agrocombustíbeis ten dubidosos balanzos enerxéticos e de emisións de gases, contribúe á perda de biodiversidade polos monocultivos, maioritariamente transxénicos, á contaminación do solo e as augas polo uso masivo de agrotóxicos e condea á fame e á explotación laboral ás comunidades agrícolas tradicionais, incluindo os nosos labregos e labregas, que constitúen unha parte importante da poboación mundial.

No desenvolvemento das enerxías renovábeis, débese incidir no seu carácter de alternativas abandonando modelos produtivistas e pulando por facer da suficiencia, da soberanía enerxética e do respecto polo patrimonio ambiental e cultural os principais eixos dun novo modelo enerxético máis sustentábel e solidario.

O papel dos bosques é outro aspecto que se quere subliñar este día: as florestas fixan o carbono e contribúen a combater o aumento de gases de efecto invernadoiro. A perda de superficie arborada no planeta contribúe nun 20% ao cambio climático global, que se vai retroalimentar ao aumentar tamén a incidencia dos incendios forestais.

No noso país, cunha importante superficie forestal, a loita contra o lume é unha estratexia fundamental para diminuir a incidencia do cambio climático. Porén, as políticas forestais non deben centrarse só na produción madeireira: os bosques e montes cumpren unha importante función ecolóxica na preservación da biodiversidade, da fertilidade e dos resursos hídricos. A diversificación dos aproveitamentos e a ordenación dos usos do monte con criterios de sustentabilidade deben continuar sendo os referentes dunha nova política forestal, paralelamente ao abandono dos monocultivos de pirófitas, á promoción das frondosas autóctonas e da actividade silvopastoril.

Como demandaba a ILP Forestal de 1989, esiximos un novo Plano Forestal que, recollendo estes criterios, promova unha intensificación das accións por unha silvicultura sustentábel, alonxada de modelos produtivistas ou submetidos aos intereses das transnacionais pasteiras.

Este 8 de xuño é tamén o DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS. Nesta data, as organizacións e colectivos asinantes queremos lanzar unha mensaxe de alarma pero tamén de esperanza á sociedade galega sobre o estado dos nosos mares. De alarma porque estes ecosistemas están seriamente amezados pola irresponsabilidade e a cobiza de quenes só ven neles unha fonte ilimitada de recursos para explotar ou unha cañeira na que deitar todo tipo de refugallos, sen reparar nas consecuencias.

O 75% das especies úteis ao ser humano están sobrexplotadas ou sendo explotadas ao límite da súa capacidade. A pesca artesanal, tradicionalmente sustentábel e respetuosa cos recursos do mar, esmorece, mentres se impoñen políticas pesqueiras orientadas á grande industria extractiva que especula co dereito á alimentación dos povos. E a estes, só se lles permite escoller entre o desmantelamento da súa estrutura pesqueira tradicional e os modelos de acuicultura produtivista que vira as costas ao mar para criar peixes en terra, nas macropiscifatorías das transnacionais.

A perda de diversidade e produtividade dos ecosistemas mariños polas verteduras urbanas e industriais, a degradación do litoral polo urbanismo salvaxe, as práticas pesqueiras insustentábeis ou influenza do cambio climático, están colocando ao borde do colapso ecolóxico (e xa que logo económico) a ambientes tan produtivos como as rías galegas, que sustentan sectores chaves para a economía do país e fornecen de recursos a unha grande parte da poboación que precisamente se concentra preto da costa.

O desenvolvemento urbanístico ocupa cada vez máis territorio no litoral, soterrando con toneladas de ladrillos e formigón non só o espazo físico da paisaxe costeira, senón tamén o espazo mental e cultural que fai parte do noso referente vital e da nosa identidade como pobo.

En moitos treitos do litoral costeiro galego interrompeuse a comunicación natural terra-mar
producindo un desequilibrio ecolóxico na dinámica litoral, co consecuente gasto de diñeiro público anual en rexeneracións de praias e dragados.
As macroplantas de acuicultura previstas no Plano Acuícola pretenden asolagar baixo o cemento e as lonas negras os millores espazos da nosa costa e as nosas terras agrarias, que van trocarse en fábricas de peixes de cemento e foco de contaminación orgánica, química, antibióticos… directa ao corazón do noso mar máis limpo e bravo. E todo por 1.800 postos de traballo, memos dun 5% do emprego directo que xeran os cultivos mariños alimentados por esas marabillas naturais, únicas no mundo, que son as nosas rías.
Os planos de protección do medio mariño están sen cumprir e as áreas previstas para a ampliación da Rede Natura 2000 están sen definir. Á case total ausencia dunha investigación planificada para coñecer o estado do noso patrimonio natural mariño, hai que engadir a falta de compromiso coa protección das especies que son incluidas en catálogos sen poñer en marcha os necesarios planos de protección e recuperación.

Cómpre reducir drasticamente o impacto das actividades humanas sobre os ecosistemas mariños. E para este obxectivo global, aparentemene un chisco utópico, debemos actuar localmente comezando polo noso, o mar de Galiza. Comezando por reducir as práticas pesqueiras insustentábeis que comprometen a continuidade dos recursos, mesmo daqueles que non son obxectivo directo da pesca. Esiximos da administración a criazón dunha rede galega de
áreas mariñas protexidas, que servan como refuxio e sementeira da biodiversidade mariña que
manterá unha actividade extractiva sustentábel, garantindo deste xeito os dereitos e os medios de vida das comunidades pesqueiras artesanais e de todas as que viven directa ou indirectamente
do mar.

Reclamamos a elaboración urxente dun Plano Estratéxico contra a Contaminación Mariña na que participen todos os axentes implicados e con obxectivos concretos, temporalizados e debidamente orzamentados que vise a eliminación dos focos de contaminación puntual e difusa no litoral e nas rías así como a minimización do risco por verteduras accidentais e mareas negras. Para isto é preciso garantir a responsabilidade ilimitada para as actividades industriais que causen danos ao medio mariño.

Pedimos a protección efectiva dos ecosistemas costeiros fronte ao urbanismo especulativo e depredador, integrando os espazos costeiros máis valiosos dentro dunha rede galega de áreas mariñas protexidas e estendendo a moratoria ás planificacións industriais, sectoriais e de portos deportivos até a aprobación un Plano de Ordenación do Litoral redactado con criterios de
sustentabilidade.

Esiximos finalmente a retirada do Plano Acuícola, a principal e máis inminente ameaza ao patrimonio natural e cultural do litoral, e a apertura dunha mesa de negociación con representación dos movementos sociais, industrias e administracións.

Hai aínda motivos para a esperanza. Os nosos mares aínda teñen capacidade de rexeneración e a chave para a súa curación está nas nosas mans. Comezando por tratar ao océano con esa mistura de agarimo e respecto que lle profesaban os nosos antergos. O mar é a orixe da vida na terra e a súa continuidade, nosa continuidade, depende en gran medida de que saibamos actuar responsabelmente e con humildade para con el, e que sexamos capaces de garantir un aproveitamento sustentábel dos seus recursos.

ABEIRO (Asociación de Protección Animal)
ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza)
Amigos da Terra
ANABAM (Asociación Naturalista do Baixo Miño)
CC.OO. (Comisións Obreiras)
CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños)
EU (Esquerda Unida)
FEG (Federación Ecoloxista Galega)
Fundación Sen Esquencer
Grupo Naturalista Hábitat
Organización Social Altermundo
SGEA (Sociedade Galega de Educación Ambiental)
Plataforma de Arou
Plataforma de Camelle
Plataforma Medioambiental de Corrubedo
Plataforma de Merexo
Plataforma de Quilmas
Plataforma de Oia
SLG (Sindicato Labrego Galego)

www.adega.info
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2008 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
A dexeneración dun Festival
Pois semella que este ano tampouco vai ser o ano da recuperación do Festival de Ortigueira.

Prima o traer o maior número de xente, e non importa para nada que veñan ao festival polos grupos e pola música. Este ano semella que seguirán as carpas dance para que os pastilleiros tomen de novo a praia de Morouzos.

Musica Dance xa anunciada para Ortigueira

Que troquen o nome xa...Festival Dance de Ortigueira...
Comentarios (7) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2008 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
II Encontro de Tocadores de Trompa
Por segundo ano consecutivo, a Asociación de Gaiteiros Galegos celebrou o II Encontro de Tocadores de Trompa. Foi o pasado Sábado 31 de Maio na localidade da Fonsagrada, durante unha intensa xornada na que os amantes da música tradicional, e máis concretamente da Trompa, puideron reunirse entorno a este pequeno gran instrumento.

Dende primeira hora foi numeroso o público se achegou para participar nas diversas actividades programadas. En primeiro lugar levouse a cabo unha interesante charla sobre a trompa en Galiza e nas distintas culturas do mundo na que interviñeron Luciano Pérez, responsable técnico da colección de instrumentos musicais do centro de artesanía e deseño de Lugo; Natalia Regueiro, quen fixo un importante estudio da Trompa na comarca da Fonsagrada, e o recoñecido músico e investigador Inglés John Wright, quen catalogou a maior colección de Trompas do mundo que se atopa no Museo do Home da cidade de París.

Xa pola tarde, foi o momento das demostracións prácticas, co artesán experto na fabricación de Trompas Oliverio Fernández, que deu conta do seu bo facer na fragua, e coa celebración dun curso de iniciación á Trompa. Pechouse a xornada cun concerto de demostración onde participaron os trompeiros Emilio O Pando, César Fernández, Pablo Carpintero, Daniel O pando e John Wright.

Na foto John Wright nun momento da súa intervención tocando unha trompa de Bambú que se acciona mediante un cordel.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2008 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Derradeiro serán da tempada na Fábrica de Chocolate

SERÁN - FOLIADA
(Música e baile tradicional Galego)

Mércores, 4 de xuño - 22:30 H.
Entrada de balde
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-06-2008 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
Remate de inscrición do I Concurso de pandereteiras LOAIRA

O prazo de inscrición remata o 8 de xuño de 2008

O vindeiro día 15 de xuño é a data elixida para levar a cabo o noso primeiro evento de certa "envergadura", o .

Terá lugar no colexio San Narciso de Marín ás 17:00 horas.

Os grupos interesados en inscribirse podédelo facer no noso enderezo de correo electrónico ou nos números de teléfono 649 422 846 ou 652 945 215.
Ánimo, ghuapas e ghuapos!

BASES DO CONCURSO.

1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recretaivas, folclóricas, de vecinos, etc… que o desexen.

2. Constara de unha única modalidade. Grupos de pandereteiras, que constará de duas categorías.
CATEGORIA A: ata 15 anos
CATEGORIA B: de 15 anos en diante.

3. Os grupos participantes poderan ser femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

4. Os concursantes poderan conscursar en todalas modalidades. Sen embargo non poderan concorrer en mais dun grupo en cada unha delas.

5. Os premios serán os seguintes_
CATEGORIA A:
1º PREMIO: TROFEO E 200€
2º PREMIO: TROFEO E 100€
3º PREMIO: TROFEO

CATEGORIA B:
1º PREMIO: TROFEO E 250€
2º PREMIO: TROFEO E 150€
3º PREMIO: TROFEO

6. Cada grupo tera un tempo limite de 5 minutos para interpretar a peza coa que tomara parte no certame. O grupo que sobrepase o tempo establecido quedara automáticamente descalificado. O tempo empezara a contar dende que empece a peza a interpretar.

7. No momento da calificación o xurado tera en conta:
- Auntenticidade da peza, que tera que ser tradicional
- Dificultade da mesma en canto a toque de pandeireta e melodía.
- Afinación e interpretación.

8. O concurso tera lugar o dia 15 de xuño de 2008 ás 17h no auditorio do Colexio San Narciso de Marin. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.

9. A folla de inscripción deberá chegar debidamente cumplimentada a seguinte dirección: Republica Arxentina, 36 3ºA 36900 Marin, ou ben o correo electrónico da asociación: acloaira@gmail.com . O prazo será ata o 8 de xuño de 2008.

10. O xurado, completamente libre e independente, estará formado por tres membros de recoñecido prestixio na materia e os seus fallos serán inapelables.

11. A participación no concurso implica a total aceptación destas bases. Non se admitirá ningún cambio fora do prazo de inscripción. A organización reservase o dereito de exisir o DNI ou libro de familia de calquer participante que semelle dubida da idade, ben a requerimento de calquera agrupación participante, membro do xurado ou que estime oportuno a organización. No caso de non presentalo o grupo quedara descalificado automáticamente.

12. Os premios entregaranse ao remate do concurso.

13. Nesta convocatoria os grupos de A.C Loaira non poderan participar.

Calquera dubida que teñades ou xurerencia será atendida no correo electrónico da asociación ou ben no seguinte teléfono: 649422846

www.acloaira.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-06-2008 01:41
# Ligazón permanente a este artigo
A polo ghit 2008!
Xa está en marcha a terceira edición de A polo ghit!, o concurso que busca a canción do verán galega.

Este ano hai algunhas novidades nas bases: a principal, que os temas teñen que ser orixinais e non versións. As votacións abrironse o luns 26, e xa se poden escoitar e comentar as cancións.

Polo momento xa hai 13 candidaturas

Jabón Blue: Himno da Crocha
Carlos Cañas: A fonte
Ulträqäns: Os ocelotes
Paris Joel: Ollos de mar
Boy Elliott and the Plastic Bags: Planeta 19
Novedades Carminha: John Ballan song
Cuchufellos: Isto non é un blues
Magín Blanco & Burgas Beat: Canto de serea
Mostoboys: Rosiña
Dúo Estúpido Mascalzone: Moito roncha
Banda Potemkin: Arroz
Os John Deeres: Que o demo me leve
Projecto Mourente: Chuliboy

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-06-2008 01:38
# Ligazón permanente a este artigo
Días tristes
Dende Malmequer queremos lembrarnos de dúas persoas que acaban de perder a familiares próximos.

Á nosa grande amiga Bea, gran bailadora de grupos (Fiadeiro, Albendeira,...) e de moitos seráns, pola perda do seu pai. O enterro será hoxe.

Ao grande Mestre Antón Corral, que dende a Escola de Artes e Oficios e dende Xarabal tanto ten feito pola música tradicional e que grandes músicos teñen pasado polas súas clases, pola perda da sua muller. O enterro será mañá.

O noso recordo para ambos nestes tristes momentos.




Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2008 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
A Danza miúda

Para cantar e bailar amosa os xogos e bailes tradicionais para os máis pequenos

Dentro das variadas formas da nosa música popular, non debe estrañarnos que existisen unha ampla variedade de xogos sonoros destinados aos máis pequenos. No entanto, eran ata o de agora poucos coñecidos. En Para cantar e bailar Luís Prego e Edicións do Cumio recuperan unha parte fundamental da nosa tradición que pode axudar que nenos e nenas se achegan ao mundo da danza tradicional.

Sabemos do xogo das cadeiras, da roda, do pasemisí e de moitos outros xogos infantís nos a música e o movemento se mesturan en auténticas danzas grupais. Para alén destes, a nosa cultura tradicional posúe unha ampla variedade de entretementos deste tipo, non só para nenos, que agora coñecemos da man de Luís Prego, ensinante de música tradicionalen colectivos coma Brincadeira ou O Fiadeiro.

O esquecemento e as posibilidades
“Moitos grupos de música e baile teñen recollido moito material deste tipo, pero non se lle dá a mesma importancia que a outro porque ten pouca vistosidade”, explica Prego a escasa difusión dos entretementos que el agora pon a disposición do público. “Cando preparas unha actuación, tentas levar ao escenario as danzas máis atractivas visualmente, con máis coreografía, e as cantigas cos toques máis impresionantes. Estes xogos son máis para participar do que para ver. Teñen melodías e pasos moi repetitivos, e un espectador pódese aburrir”.

Ollándoo polo reverso, podemos pensar en que este tipo de propostas achegan unhas posibilidades de interacción inéditas en moitos dos habituais espectáculos de música tradicional aos que estamos afeitos. “Nós, desde Ardentía, temos feito algunha experiencia con xogos moi sinxelos para que a xente participe nas actuacións. Son cousas moi sinxelas que permiten que todos estean cantando na segunda repetición e funcionan moi ben”. Está por ver que a experiencia calle noutros grupos e que comecemos a i ás actuacións non só a mira, senón tamén a bailar.

O interese
Para alén, semella que fóra dos escenarios tamén existe un prometedor oco para recuperar estes vellos entretementos. “Arredor do ano 91 comezamos a recoller cantigas e bailes tradicionais, e entre o moito material que levabamos había xogos e danzas que se facían, sobre todo, no sur da provincia de Pontevedra”, explica. “Fomos meténdoas polo medio de clases e cursos e vimos que funcionaban moi ben e que había moita demanda”. Deste xeito, cursos para mestres, obradoiros de danza en festas coma as da reconquista e outros espazos deste tipo foron escenarios desta pequena recuperación. Aos poucos, colegas do ensino da música tradicional e afeccionados a estes temas animáronse a solicitar material deste tipo e ao incluír nas súas propias clases, e deste xeito foise facendo evidente a necesidade de contar cun libro. Para cantar e bailar, editado por Edicións do Cumio, recolle 23 destes antigos entretementos, ilustrados e explicados. Ademais, un CD achega a música necesaria para poder practicar de xeito inmediato.

Xogos para adultos
Malia á súa aparente sinxeleza, non todas as propostas que Prego recolleu van dirixidas aos máis novos. “Moitos dos xogos que aparecen no libro eran exclusivos para xente adulta. Por exemplo, o Lambonciño, que ten como retrouso “lambón lambón das herbas, entréganche as mozas e non as conservas”, estaba destinado aos rapaces e rapazas que comezaban a mocear”, explica. Neste entretemento concreto facíanse parellas, e cumpría que sempre quedase un dos mozos sen casar, que era o que ficaba no medio. “Burlábanse del e dábanlle golpes, non era un entretemento infantil. Logo si que hai outros para máis cativos, que fan sons onomatopéicos e imitan o trote do cabalo ou o son da serra”.

Na actualidade, os xogos que este investigador rescata de propón “van dirixidos sobre todo aos ensinantes de música tradicional e ás agrupación de folclore. Pódenlles axudar e facer que os pequenos aprendan, ademais das melodías, os movementos máis básicos sen se aburrir. Pola miña propia experiencia os nenos desexan que no medio da clase lles propoña bailar un destes xogos”. Está por ver ata que punto se poden popularizar de volta estes entretementos. Por se acaso, Prego adianta que xa hai material abondo para unha segunda parte.

www.culturagalega.org

Hoxe luns 2 de xuño, presentación do libro "Para cantar e bailar" ás 19:30 na Feira do Libro de Ourense.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2008 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia, capital da troula
Galicia acapara o maior volume de festas populares de toda Europa. Só nos días dos meses de verán, concentra máis de 3.000, de tal maneira que se ofertan 24 citas por cada unha das 122 xornada de troula. A Dirección Xeral de Turismo acaba de presentar unha guía con todas as festas que se celebran nos 315 municipios galegos.

Galicia conta cunha marca no número de festas en toda Europa: nin máis nin menos que máis de 3.000 eventos reúne en só 122 días nos meses de verán. Todo un récord no que se inclúe a ristra de eventos gastronómicos, romarías, concertos e verbenas que converten o país nun paraíso para a troula.

Para posibilitar a elección, a Dirección Xeral de Turismo volve apostar por terceiro ano consecutivo pola publicación dunha guía que recolle todas as que se celebran nos 315 municipios galegos. "Non falta ningún", asegurou onte o director xeral de Turismo, Rubén Lois, na presentación en Santiago de Compostela da terceira edición de Verán de Lecer, da que se publicaron 3.000 guías, 2.000 en galego e 1.000 en castelán.

Precisamente, Rubén Lois admitiu que os galegos son os que máis interesados están en coñecer en detalle todas os eventos festivos e culturais que se celebran en Galicia e que a guía facilita dun "xeito ordenado" por días e lugares.

Tamén existe unha alta demanda de información destas festas, romarías ou feiras por parte dos visitantes de comunidades fieis a Galicia durante o verán como son madrileños e cataláns, que tamén comparten ser o lugar de procedencia dos peregrinos non estranxeiros.

Por iso, os municipios polos que pasa o Camiño de Santiago están diferenciados cun distintivo gráfico na guía. Ademais, as Festas de Interese Turístico tamén están destacadas e no mapa final que recolle

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2008 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá nas terras do Barbanza
O Alalá de hoxe luns visita ás terras do Barbanza para achegarse á asociación Tahúme de Olveira, os gardiáns da cultura da festa.

"Alalá visita hoxe as terras do Barbanza para achegarse a Olveira, no concello de Ribeira, onde unha asociación chamada Tahúme, como agrupación de música e baile tradicional, dedícase a recuperar desde hai moitos anos as tradicións máis características da zona. Nesta comarca hai moi bos bailadores, como Juan de Martís, que ten un xeito de moverse que “repenica todo o corpo”; e hai tamén moi boas tocadoras de pandeireta como Hortensia e Josefa: do seu xeito de tocar hai que facer referencia ao ritmo da muiñeira, que o marcan cambiando de man igualiño que se tocaran un pandeiro.

Por aquí estaremos, nos concellos de Ribeira e Porto do Son, nas parroquias de Baroña e Axeitos; descubriremos a vida destes nosos maiores, como pasan o seu tempo nestas aldeas enclavadas en paisaxes naturais e tesouros prehistóricos.

Por suposto, tamén saberemos como traballan os mozos e mozas da asociación Tahúme. Hai anos non había neno do lugar que non bailara ou tocara ningún instrumento, pero na actualidade volveuse recuperar o entusiasmo e así deron con informantes que son verdadeiros tesouros. Fran Sieira é o novo director deste grupo de baile e comprobaremos como un mozo tan novo dedica o seu tempo libre á recuperación e ensino da cultura tradicional. Para fomentar o folclore unha das rapazas de Tahume, Susana, que dirixe o bar da asociación, organiza unhas foliadas impresionantes. A estas foliadas vai toda a familia e o ritmo é frenético.

O programa desta noite repasa os momentos máis felices duns protagonistas que recordan as fiadas, muiñadas e todas as festas ás que ían. "

Hoxe ás 21.30 h.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2008 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Diacronías á venda este 3 de xuño
Romaní, Anxo Pintos e Xosé Liz danlle unha volta a tradición no novo proxecto Lizgairo.

'Diacronías' é o título do primeiro disco de Lizgaro, un trío avalado pola experiencia de tres grandes da música galega: Rodrigo Romaní, Anxo Pintos e Xosé Liz.


O 3 de xuño sae a rúa Diacronías (Falcatruada), o primeiro traballo do trío Lizgaro. Nesta nova formación conflúen tres dos talentos máis destacados e recoñecidos da música folk e tradicional da escena galega: Rodrigo Romaní (arpa e guitarra acústica), fundador de Milladoiro; Anxo Pintos (zanfona e violín), compoñente e fundador de Berrogüetto, e Xosé Liz (bouzouki e guitarra acústica), fundador de Beladona e Entretrastes.

O trío presenta un repertorio que conxuga melodías da tradición oral coas posibilidades acústicas de tres instrumentos como a arpa, a zanfona e o bouzouki, unha volta de torca á música popular dende unha perspectiva contemporánea.

Temas:
1.- O ñarro-ñarro
2.- Alalá de Menduiña e Muiñeira do Morrazo
3.- Xotas de Poio e Acevedo
4.- Pasacorredoiras Mariñán II
5.- Muiñeira de Piadela
6.- Albobarreira
7.- Percorrido turniscante
8.- Esvarante
9.- Sete xastres
10.- En las montañas de Galicia
11.- Foliada dos Morenos


www.anosaterra.org
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 02-06-2008 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
Seivane ou o negocio de vender gaitas a medida na Rede
Esta empresa familiar da Coruña é unha das protagonistas do evento que celebra Fundetec en Llanes para atraer aos artesáns ás novas tecnoloxías

Mike Oldfield usa unha das súas gaitas. Non é de estrañar pois a familia Seivane leva 60 anos fabricando gaitas de xeito totalmente artesanal. Alvaro e Xosé, os irmáns que xestionan este negocio iniciado polo seu pai, están máis preto dos 50 dos 20 pero souberon dar ese toque diferencial ao espazo web que idearon fai tres anos.


Lonxe de ser un mero escaparate para os seus instrumentos e as súas exclusivas "palletas" sintéticas, unha innovación que lles valeu o recoñecemento internacional, a súa páxina está plenamente orientada ao comercio electrónico, tanto que inclúe un sistema polo que se pode configurar unha gaita ao gusto do internauta.

A súa web permite elixir cada compoñente da gaita, a cor da bolsa, inscribir unha frase e ata pide a altura do gaiteiro. Segundo as configuracións móstrase o prezo do produto final, que custa un mínimo 1.300 euros. Seivane recibe pedidos de toda Europa e doutros moitos países como Israel ou Brasil.

O exemplo de Seivane é raro, pero non é o único. As empresas artesás, que na gran maioría das ocasións non exceden a dúas ou tres persoas, empezaron a descubrir o que pode representar a introdución das novas tecnoloxías na súa xestión. "Algo está pasando na artesanía española. Nos vindeiros dous ou tres anos imos ver moitas iniciativas interesantes en Internet", asegura Pablo Blanco, director de Proxectos de Oficio e Arte, unha organización que leva 10 anos traballando para a modernización das empresas artesás.

Foron eles quen deseñaron a web para Seivane, entre outras moitas webs, ao mesmo tempo que desenvolveron un software de xestión propio para este tipo de negocio, Agata, que utilizan gran parte dos artesáns españois.

Blanco é consciente de que se necesita formación e sensibilización neste sector por iso uniuse ás xornadas organizadas por Fundetec para achegar as novas tecnoloxías a estes negocios, que se celebran estes días en Llanes, Asturias. "tivemos unha gran resposta, e logramos reunir a 140 empresas e autónomos", resalta Afonso Arbaiza, director xeral de Fundetec, quen subliña a dificultade de asistir a este tipo de actos formativos nun gremio onde todos son xefes, empregados, xestores e financeiros ao mesmo tempo.

Llanes esta hoxe e mañá chea destes novos artesáns, atraídos polas tecnoloxías e por aprender a como sacar partido delas para os seus pequenos negocios.

Un ferramenta fundamental, pero descoñecida

As causas máis mencionadas entre os talleres artesáns á hora de explicar por que non introducen as novas tecnoloxías no seu negocio son a falta de coñecementos (34%) e o tempo que se require para facer mellor uso das mesmas (33%), segundo queda reflectido no informe Diagnóstico Tecnolóxico da Artesanía en España realizado polo Observatorio de Rede. Pero a pesar de todo, o 72% considera que as novas tecnoloxías son unha ferramenta imprescindible, e só un 2% non as ve útiles.

Só un 43,9% ten un computador dedicado á súa actividade profesional ou no seu lugar de traballo. No País Vasco esta porcentaxe chega ao 70% dos talleres, seguido de Murcia (66,7%) e a Comunidade Valenciana (62,5%).

O 88% dos que teñen ordenador usan ademais Internet e case a metade dos talleres din ter unha páxina web. E dos que non o teñen, un 10% estana desenvolvendo actualmente.

A telefonía móbil configúrase como o principal equipamento presente no 90% das empresas, seguido das cámaras dixitais, a impresora a tinta e o escáner.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2008 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
Unha gaita galega para Lenny Kravitz
O Concello de Vigo regaloulle un instrumento realizado polo mestre Alfonso, do Rosal

A próxima vez que Lenny Kravitz veña a tocar a Galicia, quizá nos sorprenda cunha muiñeira ou unha foliada, todo depende da capacidade de aprendizaxe que demostre o músico norteamericano. De momento, marchouse de Galicia cunha fantástica gaita realizada por Alfonso, do Rosal, un dos máis reputados mestres artesáns de Galicia.

Foi un agasallo da cidade de Vigo, que se encargou de entregar o tenente de alcalde, o nacionalista Santiago Domínguez, minutos antes do inicio do concerto do pasado xoves, no Ifevi. O concelleiro explicou que o agasallo era unha forma de expresar o agradecemento da cidade por elixir Vigo para iniciar a súa xira europea actual, pero, ao mesmo tempo, tamén tiña por obxecto felicitar ao músico por cumprir, o pasado luns, 44 anos.

Tras mostrar a súa sorpresa, o músico neoiorquino agradeceu o presente e interesouse polas súas características técnicas, para despois manifestar a súa intención de buscar un mestre gaiteiro que lle poida ensinar a tocar o instrumento. Ata chegou a preguntarlle ao concelleiro vigués se podería ser el quen lle ensinase os misterios de tan complicado dispositivo. Ao parecer, Santiago Domínguez respondeu que carecía dos suficientes coñecementos para asumir semellante tarefa. No entanto, o tenente de alcalde vigués animou a Lenny Kravitz a incorporar a gaita ao seu espectáculo, en canto senta con ánimos para soprala. Así pois, o autor de Are you gonna go my way busca á persoa adecuada que lle poida ensinar a tocar a gaita.

Trátase dunha gaita de madeira de granadillo con xuntas de prata, que está afinada en do. O fol é negro e verde brión, e foi entregada nun estoxo de coiro. Aínda que non se fixo público o prezo deste instrumento, pode superar os tres mil euros.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2008 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Mercedes Peón
Forza e tradición levada aos novos tempos son trazos básicos da música de Mercedes Peón, que acaba de obter o Premio Nacional de Cultura Galega na modalidade de Música. O xurado dos galardóns dediciu outorgarlle esta distinción por ser unha "grande intérprete pluriinstrumentista" que a partir da música tradicional "soubo crear unha nova linguaxe" que coloca a música galega na vangarda internacional. Mercedes Peón é unha das figuras máis representativas da música galega nos inicios do século XXI, tanto polo seu traballo de investigación e divulgación de pezas tradicionais case esquecidas, como na súa aposta pola renovación da música popular galega, ata lograr gran proxección fóra do país.

Que supón inaugurar o palmarés da música nos Premios Nacionais?
Suponme unha sorpresa, un recoñecemento tremendo, decatarme do aprecio que teñen por min compañeiros do mundo da cultura, e sen dúbida, unha ledicia termos unha fiestra aberta cara a nós mesmos.

Non se sentiría máis encadrada na modalidade de Patrimonio?
Non considero que poida ser parte da modalidade de patrimonio, xa que por definición é "ben común", e no caso que soslaias, eu só me sinto agradecida de ser partícipe del.

O xurado xustifica o premio tanto pola faceta de interpretación como por ser capaz de crear unha nova linguaxe. Que opina?
Iso non o debera contestar eu, en todo caso a liberdade de opinar é fermosa.

Cre que o seu labor didáctico e patrimonial terá continuidade no futuro?
Diso estou certa, eu confío moitísimo na xente nova, tamén confío en que se poñan as canles dende a administración para facer un traballo serio de arquivo, e tamén de divulgación con propostas dinámicas de acordo cos tempos que corren.

Somos os galegos conscientes do ‘cordón umbilical’ que nos une á nosa tradición musical?
A música da tradición, a transmitida de xeración en xeración, suxire en todo momento que estamos unidos ao universo, sexas consciente ou non. A nosa é tan orixinaria que os seus ritmos básicos son os ternario, e a maioría dela está executada por pandeireta e voz, sen harmonía. Eses ternarios que non necesitan xustificarse con culturas alleas porque teñen o ritmo do fluxo sanguíneo (cando somos fetos escoitamos o 3/4 das nosa nais, os maneos, e o noso fluxo vai 6/8,como as muiñeiras), está transmitida en galego, con palabras nacidas nesta terra porque así tiña que ser, polas súas montañas, pola súa auga, polo seu clima. A consciencia non é necesaria, a recomendación é ser harmónico co que che rodea.

Como se atopa Galicia en relación coa vangarda internacional?
Como boa galega pregúntoche, e ao revés?
Está Galicia preparada para a ‘era do MP3’, con todos os cambios técnicos, comerciais, de consumo... que están a ocorrer nos últimos anos?

Si.

En que proxectos anda a traballar actualmente?
Fixen o espazo sonoro de Centro Coreográfico Galego, anteriormente a banda sonora de longametraxe documental de Margarida Ledo ‘Liste pronunciado Lister’, e aínda só hai un ano que fixen o meu último disco ‘Sihá’, que ando a defender polo mundo adiante.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 02-06-2008 00:26
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer