Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nova polémica
Todos coñecedes á politica de respecto deste blog por todos os que fan algo pola cultura galega, así que de novo tivemos que tomar unha decisión sobre comentarios dentro do blog.

A maioría de vos non o saberedes pero houbo, dende hai tempo e até hoxe, unha polémica coa súa discusión nunha nova sobre os traxes tradicionais galegos, e observando como ían introducindose acusacións sobre persoas concretas, e sobre todo feitas dende o anonimato, decidimos retirar todos os comentarios.

Unha obsevación para os protagonistas: as IP quedan gravadas na mensaxe, así que iso de xogar a varias identidades non é tan sinxelo de agochar.

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2008 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Bonovo
Bonovo son a zanfona de Óscar Fernández (ex Cempés), o acordeón de Roberto Grandal, e a batería e o serrucho de Pulpiño Viascón. Composicions baseadas nas músicas de raíz arranxadas con moita liberdade e interpretadas cunha mestura eléctrica e acústica, cun acompañamento de samplers e efectos e a base dunha batería electrónica. Estes días presentan o seu segundo disco, homónimo, que inclúe algúns temas xa clásicos no seu repertorio en directo, como Sexta, Gran Dereit ou unha remestura de In The Ocean.

Nos seus concertos Bonovo propón un espectáculo inquedo, cun ritmo frenético e bailábel, que non deixa indiferente a ninguén. A partir deste venres 13 presentaron en directo as súas novas cancións, con concertos na Coruña (Garufa), San Sadurniño (sábado 14 na sala DZine) e Santiago de Compostela (venres 20 no C.S. Gentalha do Pichel). Así mesmo, xa está confirmada a súa presenza no Festival Irmandiño de Moeche, o 23 de agosto.

Falamos con Óscar Fernández, que reinventa a zanfona, incorporando os últimos avances e complementándose cunha cadea de procesadores e samplers.

Sorpréndeche que non haxa moitos máis grupos como Bonovo (hai algúns) que mesturen o folk e os sons e intrumentos tradicionais, con outros sons, coa electrónica?
Non, téñense que dar as circunstancias que dicía arriba, tes que repartirte entre o acústico e eléctrónico e iso leva un grande investimento en tempo, traballo e material. Non me sorprende que non haxa moitos máis grupos dispostos a romper a cabeza neste tipo de proxectos.

Tedes recibido algunha crítica 'purista', por introducir estes novos elementos?
Hai tempo que o meu cerebro escoita as criticas puristas en chinés e eu non entendo o chinés. Ademáis ese tipo de críticas están caendo en desuso a gran velocidade, é o que pasa cando a xente en xeral está máis informada sobre todo tipo de temas.

Contades con colaboracións neste disco? Algunha sorpresa?

Colaboran Serxio Ces (compañeiro meu da época de Os Cempés) cantando un romance de cego, o unico tema tradicional galego do CD. E Nacho Jarbanzo, compañeiro de Pulpiño no Jarbanzo Negro co Ukelele na version de bOnOvo do hit de apologhit In the ocean.

Que representa para ti actuar en San Sadurniño?
Máis que actuar en San Sadurniño, que é a vila onde pasei a maior parte da miña vida, actuaremos na sala Dzine, que reúne xente de toda a comarca dende hai varios anos para disfrutar da música en directo. Dende logo é un placer tocar nunha sala tan especial.

A zanfona, instrumento antigo, parece extraordinariamente moderno pola súa particular sonoridade, máis que válido para mesturarse con sons electrónicos..., estas de acordo?
Todas as músicas, timbres e tendencias son mesturables. O dificil é atopar a receita para atopar un resultado coerente. Mais para gustos...

Como nace Bonovo? Chegastes, dixestes 'hai que facer isto', ou foi máis espontáneo?
Os tres compoñentes compartimos unha insana afición a todo tipo de aparellos cos que se fai música. Pulpiño e Roberto empezaran a experimentar cun proxecto de dúo e ao pouco tempo ofrecinme a participar coa zanfona electroacústica. Tiñamos en mente o que queríamos facer e ao pouco decatámonos de que tiñamos que renovar todo o equipo e aprender a usalo. O traballo levounos un aniño e en decembro do 2006 demos o primeiro concerto.

Na túa opinión o folk galego, no auxe que tivo a mediados dos noventa, cun enorme éxito comercial, atención mediática..., desproveitou daquela unha oportunidade? Por que cres que foi?
Non creo que houbera ningun "enorme exito comercial", como dis. Máis ben un enorme esforzo por parte das bandas para ofrecer a súa música en gravacións e concertos en directo. Nalgún momento os medios emprestaron moita atención ao tema e nalgúns casos utilizáronse técnicas de prensa rosa para potenciar a atención do público. Este público na súa esmagadora maioría seguía perseguindo en masa ás orquestas de verbena no verán e nunca se lle ocorreríaa pagar 10€ por escoitar calquera musico folki nunha sala ou teatro. Igual que se incha, o globo desínchase. Pasou a época da musica, e pasou a sensación de éxito enorme. Ninguén se fixo rico e moi poucos viven exclusivamente de tocar nunha soa banda.

Cal sería a clave para que a música galega comezase a soar, a distribuírse fóra do país de xeito constante e importante?
Crear as nosas versións de Chayanne, Amaral, etc. Pois é con eles con quen compite toda a música. Hai que ser consciente de que o mercado está hipersaturado de cousas moi boas e moi malas e véndense todas moito. No caso de bOnOvO, que fai musica instrumental, non hai nada que facer contra Chayanne e os seus imitadores, polo que me conformo con pouco: conseguir un grupo fiel de seguidores e sorprender o máis posible á xente que me escoite por primeira vez. Se ademais podo levar unha vida economicamente tranquila cos rendementos da música, non preciso máis.

Que papel cumpre o Conservatorio de Música Folque de Lalín na túa opinión? Cara a onde se debe camiñar no futuro no que respecta á formación?
Folque oferta unha formación en materias e dun xeito que non se pode atopar en ningun outro sitio do mundo. Quen queira prepararse para facer da música folque e tradicional a súa profesión ou completar a súa formación musical ou músico-docente con coñecementos sobre a música tradicional, ten en Folque unha moi boa solucion. Paréceme ben que as institucións dependentes do goberno creen escolas de calquera tipo de música, pero un proxecto tan exclusivo como Folque é dificil que se deseñe nun despacho da Xunta.

www.vieiros.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2008 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre Lizgairo
O trío Lizgairo realiza a súa estrea discográfica co álbum ´Diacronías´

O conxunto está composto por Rodrigo Romaní, Anxo Pintos e Xosé Liz, tres músicos moi experimentados que forman parte importante da actual escena folk galega.


Soergueu moita expectación no mundiño musical o nacemento de Lizgairo, non en van este trío contaba entre os seus compoñentes con músicos de recoñecido prestixio que xa amosaran cotas de creatividade importantes na súa andaina. O nacemento da nova formación produciuse do achegamento destes tres músicos que conviven dando clases na Escola de Artes e Oficios en Vigo, a sede da orquestra folk SondeSeu. "A min apatecíame retomar a música tradicional instrumental, que a tiña un pouco abandonada, e como contaba con dous excelentes músicos ao meu carón non era cuestión de desaproveitar a situación", indica o arpista Rodrigo Romaní.
O traballo entre os compoñentes realízase "de xeito moi doado porque temos gustos compatibles", manifesta Anxo Pintos. "O traballo é completamente diferente ao que se desenvolve nunha banda con máis compoñentes, como me sucede a min en Berrogüetto, porque aquí o que traes adoita chegar para quedarse se o que aportas é razonablemente interesante". Romaní engade que cando un deles apunta un tema a tocar "prepárase no ensaio e alí vanse facendo os arranxos oportunos. Os ensaios funcionan así como un xeito de jam session".

É inevitable que certas sonoridades lembren a fomacións das que o trío forma, o formou parte, ao longo da súa andaina artística. "A maneira de facer as cousas de cadaquén nótase e escapar diso sería pouco produtivo. Está claro que existen selos personais que aparecen na obra. Creo que a combinación achada no trío aporta un producto interesante", sinala o arpista da formación. "É evidente que levas esa bagaxe contigo e que as cousas que fas teñen un determinado pouso estético e iso debe saír á superficie cando realizas arranxos", razona Pintos.

Chama a atención esa presencia de arpa e zanfona, dous instrumentos aos que o folk galego practicamente non unira nunca. "Algo fixera Milladoiro, e tamén Berrogüetto, mais agora é verdade que se afondou nesa sonoridade con timbres máis puros, algo que che permite facer unha formación destas características". Pola su banda, Romaní subliña que cando existe "un virtuoso na zanfona como Anxo amplíanse as posibilidades técnicas. Esta tímbrica que aporta Lizgairo é, para min, un aliciente".

Optaron por ofrecer unha variedade de ritmos importantes que volven amosar a riqueza do folclore do noso país. "Temos unha música moi rica en comparanza con outras europeas. No último século houbo unha boa contaminación e viñeron xéneros foráneos que chegaron a galeguizarse. En Lizgairo gústanos tocar todos os paus posibles", indica o zanfonista, mentres o seu compañeiro apunta que a entrada do toque urbano na tradición "foi delimitando as sonoridades. Iso fai que as cousas vaian mudando. A música tradicional é un saco sen fondo e conta cun repertorio moi grande". Case todas as pezas incluídas no álbum pertencen á tradición e son os arranxos do grupo os que conforman o xeito de interpretar eses temas, e na obra atopamos arranxos clásicos e outros un chisco máis arriscados, "sempre abordados dun xeito contemporáneo. Ás veces eses arranxos dependen da personalidade dos temas e é verdade que hai diferenzas no tratamento, pero eu non sinto a necesidade de ser rompedor en todo o que fago, creo que xa fixen cousas nesa onda, e algunhas veces pretendo disfrutar dunha certa ortodoxia", di Pintos. O seu colega corrobora esa idea e manifesta que existen "aires tradicionais inspiradores sen retocalos demasiado. O que pretendemos facer é resaltar a súa frescura. É importante a confortabilidade á hora de tocar e non realizar filigranas sen motivo ningún". Un engadido importante para o resultado final da obra son as percusións de Isaac Palacín, xa que se deixan escoitar en varios temas. E tamén achamos dúas pezas cantadas interpretadas por Chisco.

Logo de realizar dous discos nos que cantaba, Romaní optou nesta ocasión por ceder esa función a Chisco, outro docente da Escola de Artes e Oficios que dirixe o ex compoñente de Milladoiro, quen indica a diferenza existente entre este repertorio e o que el interpretou, "posto que o meu tiña ligazón coa poesía, agás algún tema tradicional, e en Lizgairo non contemplamos iso. Chisco ten unha gran voz para cantar en clave tradicional e non é un estilo axeitado para min. Ademais, eu non teño recursos vogais para ser cantante e agora non me atopo cómodo nesa función".
Lizgairo nace con vocación de continuidade e quere ofrecer novos traballos discográficos para os vindeiros anos.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2008 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Sementeira en Corzáns (Salvaterra)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2008 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 13 (Venres)
• Fía na Roca no Auditorium Municipal de Cerceda
• Pepa e Davide & Madame Cell no aturuxo de Bueu
• Narf e Manecas Costa no Salón Teatro de Compostela
• Leo e Arremecaghoná no Salón Parroquial de Ponteareas
• Treixadura en Burela
• ON/OFF no Pub Ensache de vigo
• Sonoro Maxín no Liceum (O Porriño)
• Bonovo no Pub Garufa (A Coruña)
• Sanfonía na Adega de Isaac (Barreiro-Vigo)
• Tanto Nos Ten, Algarabía, O Tamboril furado e Os Carunchos nas Festas de Santo Antón en Rial (Soutomaior)

Sábado 14
• Som do Galpóm no Leblon de Pontecaldelas
• Ruxe-Ruxe en Oia (Vigo)
• Ultraqans, Guezos, Suspenders e Betagarri en Ourense
• Pablo Seoane en Melide
• Malvela e Ophiusa en Negreira
• Bonovo na sala Dzine (San Sadurniño)
• Pablo Seoane Grupo, Lúa de Fouce, Tino Baz e A Quenlla na Praza do Toral de Compostela
• Festa Monteira de Danzas do mundo en Vigo
• Serán da Federación Veciñal en Castrelos (Vigo)
• I Serán en San Ciprán (Donas-Gondomar)
• Foliada e Romaria do Lecer de Xacarandaina na Coruña

Domingo 15
• Foliada e Romaria do Lecer de Xacarandaina na Coruña
Concurso de Pandereteiras Loaira ADIADO
• Pradairo no Teatro Principal de Compostela


Axenda completa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2008 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
E continúan os Seráns
Sábado 14 de xuño
-Serán da Federación Veciñal en Castrelos(Vigo)
-I Serán en San Ciprán (Donas-Gondomar)

14 e 15 de Xuño
-Foliada e Romaria do Lecer de Xacarandaina na Coruña

Sábado 21 de xuño
-Serán de Vincios (Gondomar)
-Serán en Alcabre (Vigo)
-I Seran Ramón Cabanillas en Cambados

Sábado 28 de xuño
-Serán do Fiadeiro (Vigo)

Sábado 5 de xullo
-Serán en Amorín (Tomiño)

Sábado 19 de xullo
-1º Serán de Estás (Tomiño)

Sábado 6 de setembro
-II Serán dos Callos en Salceda de Caselas

Sábado 13 de setembro
-II Serán das Tarambainas en Lavadores (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-06-2008 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de Baile (06/06/08)
Vai de baile do 6 de xuño de 2008

As Fanecas Malinas VS Os Amantes de Paiosaco

Fase de concurso



Xurado

Comentarios (2) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 13-06-2008 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Subidas as fotos do encontro de Carboeiro

Actualizamos o estoxo de fotografías co Encontro de música trdicional celebrado o fin de semana pasada no impresionante entorno do Mosteiro de Carboeiro (Silleda)

Fotos do Encontro de música tradicional de Carboeiro
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-06-2008 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Marcha contra Celulosas
CONTRA AS AUTORIZACIÓNS...
MOBILIZACIÓN !!!


A recente concesión pola Consellería de Medio Ambiente das Autorizacións Ambientais Integradas (AAI) a ENCE e ELNOSA, supón un freo ás aspiracións da cidadanía da bisbarra que quere ver a Ría libre do complexo antes do 2018 e deixa en evidencia ao goberno da Xunta de Galicia que, lonxe de acometer o acordo programático asinado entre BNG e PSOE para eliminar o complexo de Lourizán, da un paso máis cara á súa consolidación, e ao Partido Popular, que aplaude efusivamente a decisión e –xa que logo‐ a permanencia do complexo na actual localización.

Non é certo que a decisión veña obrigada por “imperativo legal”, como gosta de repetir o conselleiro Pachi Vázquez: nin ENCE nin ELNOSA cumpren os requisitos fixados pola Lei 16/2002 para a concesión da citada autorización ambiental.

1.‐ Tanto ENCE como ELNOSA incumpren o RAMINP (Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres,
Nocivas y Peligrosas)

2.‐ ENCE incumpre a autorización de vertido para DBO, DQO, Sólidos en Suspensión e Fósforo total.
3.‐ Téñense superado os prazos de tramitación das autorizacións, o que –de acordo coa Lei‐ implica a súa desestimación.

4.‐ Nin ENCE nin ELNOSA teñen conquerido o Informe de compatibilidade urbanística do Concello de Pontevedra, un requisito preceptivo e vinculante segundo a Lei.

E non é certo tampouco que nestes 3 anos a Xunta de Galicia vaia acometer o desmantelamento do
complexo. Non existe vontade política de facelo, e o sometemento da Xunta aos intereses empresariais é cada día máis evidente. Se tiveran vontade de solucionar o problema terían dado pasos neste sentido ao longo dos 3 anos que levan no goberno galego, e nada teñen feito; só pomposas declaracións nas que por certo deixan sempre claro que ENCE pode quedar en Lourizán ata 2018. Sen comentarios!.

Desde a APDR esiximos o cese inmediato e definitivo da actividade de ENCE‐ELNOSA na nosa Ría polos problemas de contaminación, económicos e de calidade de vida e saúde que sigue a provocar, e a dimisión do Conselleiro de Medio Ambiente pola súa defensa do complexo e como responsable das consecuencias que para todos e todas nós se puideran derivar da presenza de ENCE‐ELNOSA na actual localización. Convén non esquecer o recente accidente dunha planta de cloro‐sosa na localidade barcelonesa de Gualba, un
accidente que se pode producir en Lourizán en calquera momento.

Fronte á ilegalidade, fronte á irracionalidade e o engano, só cabe a mobilización social.

MARCHA CONTRA CELULOSAS
Sábado, 14 de xuño ás 20:30 horas
SAÍDA DAS ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA
Ao remate: FESTA-POLBADA NA PRAZA DO TEUCRO
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2008 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

DIA: Sábado 14 de Xuño
Pateada: Ponteareas - Salvaterra
Saída Nº 83


Iremos ás umbrosas beiras do Tea a facer unha pateada fluvial, fresquiña e fácil.

Saída: Almas Perdidas (baixo o pavillón polideportivo do Berbés) ás 9,30.

Percorrido: Lineal

Duración aproximada: 5/6 horas

Lugares de Interese: Bosques de galería. Pontes medievais dos Remedios e das Partidas. Esteiro do Tea.

Dificultade: Baixa

Para contactar: congostra@hotmail.com ou tf: 646 848 872
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 13-06-2008 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Play-off polo título da LNB
Billardeiros Musicais vs. Filloas de Sangue: isto si que é muiñada!
Domingo de luxo en Compostela, coas estrelas da Superliga Galega de Billarda e cun duelo final cos dous mellores equipos de cada Conferencia. Son os play-off polo título da LNB.


Nada de NBA, aquí o que valen son os play-off da LNB, a Liga Nacional de Billarda, que bota o peche este domingo en Compostela, no barrio de Conxo, cunha xornada final espectacular na que se darán cita as maiores estrelas deste deporte que, como di o coordinador do campionato, Xermán Viluba, rompe moldes e arrasa, alí por onde pasa.

Chega a finalísima da III Superliga Galega de Billarda
Viluba estivo esta cuarta feira en Compostela, xunto coa directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e o presidente da Asociación de Xogos Tradicionais de Compostela, Mario Rodríguez. Os tres presentaron os play-off finais da LNB, que comezarán este domingo 15 de xuño, de mañá, no complexo Deportivo de Conxo (se chove, cousa pouco probábel, no pavillón polideportivo Quiroga Palacios), e que son, en palabras de Viluba, "un paso máis para dignificar este deporte, legalizalo. Nós, que nacemos nos montes, sen normalidade nin nada, sentímonos orgullosos de compartir mesa coa institución que nos compete".

Viluba tamén prometeu que estes play-off han ser cento por cento galegos, con esencia, espectáculo, loita... e neles han estar os grandes palanadores e palanadoras do campionato, os oito mellores da Conferencia NorLeste e os oito mellores da NorOeste. Ademais, vai haber unha finalísima entre os dous equipos gañadores, os Billardeiros Musicais (Conferencia NorLeste) e os Filloas de Sangue (Conferencia NorOeste); un campionato feminino, e a final de varados. A competición comezará ao mediodía.

"É o primeiro paso por dignificar este deporte, pero agardamos dar mil máis", dixo Viluba, ao tempo que aproveitaba para anunciar que o ano que vén vai haber unha nova Conferencia na LNB, a Sur, con epicentro en Vigo e en Mos, e con palanadores a palanadoras chegados mesmo de terras ourensás.

"LNB batendo 'récord' de asistencia!"
Polo seu lado, Mario Rodríguez amosou o seu apoio á finalísima e dixo estar a traballar, dende a súa asociación, para que vaia xente de Compostela, tamén os internos do Centro Psiquiátrico de Conxo.

A máxima responsábel do deporte galego salientou, na súa quenda, a importancia de "todos os deportes tradicionais", que son a "esencia do noso ser, como pobo", e citou, alén da billarda, os bolos celtas e a chave. Tamén falou do traballo feito dende o seu departamento para pór en valor este deportes, para "recuperalos, dignificalos, dinamizalos e estandarizar o seu uso, ao tempo que se poñen en contacto diferentes xeracións".

www.vieiros.com

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2008 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Adiado o I Concurso de Pandereteiras Loaira

CAMBIO DE DATAS DO I CONCURSO DE PANDERETEIRAS LOAIRA.

Debido a numerosas chamadas telefonicas de grupos que estaban interesados en participar e non poder facelo por mor de teren concertadas actuacions cos seus grupos con anterioriade, e o non cubrir por tal motivo o numero minimo de grupos participantes a direccion da A.C. Loaira toma a decision de aplazar o concurso para o dia 19 de outubro.

Se tendes calqueira dubida, non dubidedes en poñernos en contacto connosco no mail da asociacion. Gracias.

www.acloaira.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-06-2008 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto en Compostela pro-ASPAC
Concerto en Santiago de Compostela, organizado por ASPAC (ASOCIACIÓN PARKINSON COMPOSTELA)

Día: Sábado, 14 de xuño do 2008
Hora: Ás 20.30h.
Lugar: Praza do Toural. Santiago de Compostela


Actuacións:
- Grupo Pablo Seoane Grupo
- Lúa de Fouce
- Tino Baz
- A Quenlla


A recentemente creada Asociación Párkinson Compostela, convida a todas as persoas a participar neste concerto para compartir un anaco de ocio e dar a coñecer a propia Asociación, as actividades e información sobre a enfermidade. Un dos principais motivos deste acto é a concienciación, plantarlle cara á enfermidade e frear o deterioro que causa padecela. Darán información doutras actividades que están a desenvolver como logopedia, taller de escritura, cursos de natación, servizo de fisioterapia,...

A Asociación Párkinson Compostela (ASPAC) agárdavos o sábado, 14 de xuño na Praza do Toural para gozar da boa música e compartir con enfermos e familiares, e todas aquelas persoas que queiran obter información sobre o Párkinson.

MOITAS GRAZAS

Contactos: Carmen Guillín, presidenta da Asociación Párkinson Compostela
Tf. 649 11 51 51 ASPAC

Marcos Varela, integrante do grupo de Lúa de Fouce
Tf. 620 83 10 18
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2008 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Jornadas Nacionais de Siareir@s Galeg@s en Ourense

Já estam fechadas as diferentes actividades para as vindouras Jornadas Nacionais de Siareir@s Galeg@s, desta volta em colaboraçom com o Centro Social A Esmorga De Ourense e que decorreram nos vindouros 13-14 de Junho.

Animamos-vos a todas e todos a participar nestas terceiras Jornadas Nacionais póla oficialidade das nossas selecçons.

Sexta-Feira 13 de Junho

20h: Apresentaçom oficial do programa de actividades das Jornadas 2008 No Centro Social A Esmorga.

20h30: sorteio do torneio de futebol praia no Centro Social A Esmorga.

Sábado 14 de Junho

10h: torneio de futebol praia. No Passeio do Barbanha.

11h: Abre-se o mercadilho a beira do Pavilhom Municipal dos Remedios.

13h: Sessom Vermut amenizada por uum grupo de gaiteiros.

14h: Jantar popular e ecologico. Haverá unha polveira e também a Comissom de Agroecologia d’A Esmorga fará diferentes comidas com produtos ecológicos.

15h 30: teatro amateur, com o grupo da Casa da Juventude de Ourense.

16h: jogos populares, organizados por Lito nas pistas de patinaxe do Pavilhom dos Remedios.

16h 30: Palestra colóquio no Ateneu.

18h: Jogo de futebol “Siareir@s - Deportistas Ourensáns”. Campo de futebol do Pavilhom dos Remedios.

20h : Degustaçom de produtos ecológicos e ceia popular. Nas pistas de patinaxe do Pavilhom dos Remedios.

21h : teatro amateur com as Esmorganas. No cenário principal.

21h30 : concerto

- ULTRAQANS
- SUSPENDERS
- GUEZOS
- BETAGARRI


www.siareirasgalegas.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
O grupo Om/Off obtén un dos premios do certame 2008 Culturas
O grupo vigués Om/Off obtivo un dos premios do certame 2008 Culturas, que convocou a Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais, abscrita ao Ministerio de Cultura. O galardón correspóndese coa modalidade musical, pero ata o próximo 3 de xullo non se saberá cal é o premio que se lle outorgará ao grupo. Om/Off é unha formación que combina a música tradicional hindú, a galega, o pop e o jazz. Para este certame enviaron tres temas do seu primeiro traballo.

O certame 2008 Culturas está articulado ao redor de cinco grandes temas e celébrase con motivo do ano europeo do diálogo intercultural. A entrega de premios producirase o 3 de xullo no Círculo de Belas Artes de Madrid.

O Ensanche
Om/Off, grupo no que milita o ex Pirata Paco Serán, actuará mañá na sala O Ensanche de Vigo. Neste concerto presentarán as primeiras composicións que realizaron desde a súa formación a finais do pasado ano. Neste concerto, os compoñentes da formación viguesa contarán coa colaboración dos músicos Fernando Abreu, Tony Lomba, Daniel Rodríguez (Ectoplasma) e Roberto Milla. O concerto comezará ás once da noite.

www.lavozdegalicia.es

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Manecas Costa e Narf
Manecas Costa colleulle gusto a iso de traballar con artistas galegos e logo da colaboración efectuada con Carlos Blanco en Humor neghro, agora prepara a estrea do espectáculo musical Aló irmão, xunto ao cantautor Narf, que terá lugar o vindeiro día 13 en Santiago de Compostela.

Fran Pérez, o home que se agocha tras da denominación de Narf, comenta que a idea naceu “cando nos coñecimos nos espectáculos de Cantos na Maré e De les a les. Houbo boa química entre nós e dixemos que tiñamos que facer algo conxunto e en canto tivemos a oportunidade decidimos lanzarnos a explorar esta colaboración musical”. Pérez xa coqueteara con ritmos africanos en Bumba e tiráballe ese mundo, e atopou en Manecas “a un colega con moitas cousas que dicir”.

Un detalle moi importante é que na actuación do vindeiro día 13 no Salón Teatro de Compostela o público poderá escoitar pezas inéditas. “Aínda que soará algunha xa coñecida dos nosos repertorios, o eixe desta proposta nace con cancións creadas polos dous nas que eu canto en galego e Manecas en crioulo. Somos dous músicos coas nosas guitarras, con moito respecto e ganas por descubrir ao outro”. No futuro xa se verá o que acontece porque Pérez indica que son temas “susceptibles de montarse cunha banda que nos acompañe”. Os dous artistas lanzáronse á procura de puntos en común e a iso pode axudar que son da mesma xeración, tan só cun ano de diferenza entre eles. “Segundo íamos traballando fomos atopando máis cousas en común do que semellaría nun primeiro instante”, subliña o cantautor galego.

Outra cousa curiosa que os une é que comezaron como baixistas e agora levan anos exercendo de guitarristas nos seus respectivos proxectos musicais.

En Aló irmão pretenden dar unha visión diferente do continente africano. “A cotío as novas sobre África nos medios de comunicación falan de desesperanza e, sen dúbida, que iso existe, mais hai outra faciana nese continente, e creo que temos moito que aprender deles. A visión europea cínguese ao turismo e existen máis cousas. En África atopamos a miseria máis dura, pero tamén achamos as fontes da ledicia. A nivel musical é un lugar moi enriquecedor para calquera”, di Pérez.

No espectáculo teatral que comparte con Carlos Blanco, o de Guiné interpreta algunhas das cancións máis sobranceiras do seu repertorio, incluídas no álbum Paraiso di Gumbe, co único acompañamento da súa guitarra, amosando que cando os temas son de calidade é máis que suficiente saír só a escena para poder conectar co público e facelos partícipes dunha música fundamentalmente leda e cargada de optimismo. Os bos temas non precisan de aditamentos para chegar ao corazón.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2008 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Romaría do Lecer na Coruña
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-06-2008 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto-presentación do disco Aliaxe

Despois de gañar o Certame Radio Obradoiro 2007 na que fora case a súa primeira actuación, o recén formado grupo compostelán Pradairo, acaba de gravar o seu primeiro disco: Aliaxe.

A súa aposta é moi clara: "Facer fusión sen necesidade de atravesar as nosas fronteiras, mesturando todas as vertentes da música tradicional galega dende as pandereteiras ás charangas pasando polos cuartetos de gaitas ou a música coral..."

CONCERTO - PRESENTACIÓN

LUGAR: Teatro Principal, Rúa Nova 22, Santiago de Compostela (A Coruña)

DATA: Domingo 15 de xuño de 2008.

HORA: 20:30 h.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2008 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos presentación do CD de Bonovo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2008 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
Rock ´N Oia 2008
Rock ´N Oia 2008

14 de Xuño as 21:30 na mesma carpa de sempre e no mesmo sitio, Liñares (Canido).

As entradas anticipadas podedelas mercar na cervexería Miguel en Canido.

O prezo das entrada é de 8€.

Os grupos que virán este ano son:

-Ruxe Ruxe
-Dismal
-Insolbentes
-Phantom club


Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-06-2008 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
Festa de danzas do mundo en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2008 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
Unha bandeira galega ‘tuneada’ nun cómic USA
Con 23 anos e só seis cómics publicados, un deles un Spiderman para Marvel que sairá en agosto no mercado estadounidense, o autor vigués é un dos novos valores da BD galega que, como outros antes, está a triunfar no estranxeiro para facerse cun nome na casa. Internet agocha o seu traballo. Busquen...

Moitas posibilidades abertas pero que non acaban de concretarse". Así se refire á súa situación en conversación telefónica desde Barcelona, Alex Cal, un vigués de 23 anos que, pouco a pouco, se está a converter na revelación galega no mundo da BD alén mar. Até o punto de que a todopoderosa Marvel se decantou polo seu trazo para poñerlle rostro, nada máis e nada menos, que ao lendario Spiderman nun número autoconclusivo que sairá en EEUU o próximo agosto, baixo o título de Amazin Spiderman Family 1.

Un debuxo de Cal no que aparecía o home araña brincando entre a xungla urbana novaiorquina, con claras referencias clásicas, convenceu os editores estadounidenses. A historia transcorre 48 h despois da morte do tío de Peter Parker e o volume irá acompañado dos traballos doutros autores que nalgún momento traballaron sobre a personaxe.

Un "regalo", este, que lle veu mentres Cal traballaba para a serie North Wind (Boom Studios). Creada por David DiGilio, composta de cinco números, está ambientada nun Os Ánxeles post nuclear co mundo submido nunha nova época glaciar. Aínda sen publicar en España –pódese ler en MySpace previa busca en Google ou desde o blog do autor–, pode que haxa que esperar a que calle o proxecto de levala ao cine para que algunha editorial patria se decida a dar o paso. "Coido que Norma ten os dereitos pero non sei nada", explica Cal, consciente de que "o paso do papel ao celuloide era algo que parecía pensado de antemán". Ben é certo isto, xa que o carácter cinematográfico de North Wind se aprecia mesmo na estrutura e disposición das viñetas. Unhas viñetas nas que hai sitio para introducir pequenas referencias a Galicia. É o caso dunha bandeira galega cun tríscele por escudo. "A verdade é que non me apetecía debuxar máis casas e crin que a bandeira era unha boa idea". No número de Spiderman, entre outros, poderemos ver referencias a Vigo, como o escudo do Celta, ou a autores galegos como Prado ou DasPastoras.

Con só seis cómics publicados, Cal está agora realizando probas para outras editoriais estadounidenses como DC, Wildstorm e Top Cow. A voltas con Batman, Batgirl ou mesmo un Indiana Jones. O peor é a espera. "Cando es novato é máis fácil publicar fóra que en España porque aquí non hai industria", sinala, consciente do pulo experimentado polo xénero nos últimos anos, especialmente en Galicia.

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-06-2008 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
Marta Quintana en Palabras Liberadas
A Biblioteca do Porriño produce "Palabras liberadas para Xosé María Álvarez Blázquez" co ánimo de acadar para a literatura outra canle de difusión: a través da música e da lectura en mans dos seus artífices, os nosos músicos, os nosos poetas, a nosa cultura. Hai palabras libres encerradas nos libros que poden e deben ser liberadas para facelas vida.

A aportación de Marcos Legazpi, JazzP e Marta Quintana ao disco "Palabras liberadas para Xosé María Álvarez Blázquez"



O DVD tamén ten música, e ese é quizais o seu principal valor, a parte máis orixinal da iniciativa da Biblioteca do Concello do Porriño. En 1969 a Coral Polifónica do Círculo Recreativo Cultural da vila gravou unha versión musicada do poema Era un airiño soave, versión que encabeza a parte musical do DVD. Está tamén Uxía, acompañada de Héctor Lorenzo e Quim Farinha, que canta a mesma canción, un tema que -confesa- constoulle máis ca ningún outro, pois Uxía, que pertenceu á Coral, tivo que cantar moitas veces a versión orixinal do tema.

E no DVD inclúense outros moitos estilos, nos que a poesía de Álvarez Blázquez encaixa sorprendentemente ben. A banda de pop-rock El Cubo fai unha versión de Ao ver que non tiñas nome, un tema que tamén é interpretado en clave de hip-hop por Kedro e DJ.Kiko. O disco péchase cun achegamento á música electrónica, realizado por Marcos Legazpi, Jazzp e Marta Quintana, sobre os textos e a propia voz de Álvarez Blázquez.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-06-2008 01:02
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro programa da terceira xeira de Camín de Cantares
O Programa da TPA "Camín de Cantares" comezou a súa terceira xeira cun capítulo adicado a unha muller de Areas de Cabrales, Isabelina Mestas de Areas, que con máis de noventa anos é unha enciclopedia de cultura popular, gran poeta tradicional e fonte oral do repertorio cabraliego.







Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 12-06-2008 01:01
# Ligazón permanente a este artigo
Mesa redonda sobre ENCE-ELNOSA en Pontevedra
Este mércores 11 de xuño ás 20,00 h. no salón de actos de Belas Artes terá lugar unha mesa redonda: Autorización ambiental: un paso máis na consolidación de Ence / Elnosa; na que intervirán o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e a profesora de Dereito. U.S.C. Alba Nogueira López, moderada polo avogado Vicente García Legísima.

Este acto será preambulo da Marcha contra celulosas o sábado 14 de xuño ás 20:30 h nas alamedas de Marín e Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2008 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Para cantar e bailar en Vilagarcía
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 11-06-2008 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Bonovo

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 11-06-2008 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
O novo disco de Uxía, xa á venda
O esperado novo álbum, que xa se puido escoitar en directo, chega hoxe ás tendas de música de Galiza, Portugal e o Estado Español.

O 15 de marzo, o Auditorio de Galicia encheuse para escoitar as novas cancións de Uxía. Eterno Navegar chega despois de case oito anos dende o seu predecesor, A danza das areas. Textos a medias propios e emprestados (Curros, Celso Emilio, Marica Campo...) e sons do Atlántico, unindo mornas caboverdianas e alalás, os ritmos de Angola e das Azores. Uxía, ademais, aparece acompañada dun elenco de músicos e colaboradores de primeiro nivel, comezando por Paulo Borges, o grande apoio de Uxía en todo o proceso do disco.

O libreto que o acompaña, amósanos ademais outras disciplinas artísticas con valor de seu, como as intervencións fotográficas da man do polifacético Quim Farinha. As diferentes músicas conxélanse en imaxes de gran potencia visual. Con localizacións e materiais testemuñas dese atlántico, aporta ao disco a visión estética contemporánea "deste mar que nos une".

Baixo este coidado formato, coa produción executiva de Nordesía Producións e distribuído polo selo Harmonía Mundi-World Village, o traballo está xa dispoñible nos principais puntos de venda de música en Galiza, resto do Estado e tamén de Portugal.

www.uxia.net

www.vieiros.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2008 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Grupos aspirantes ao Certame Runas do Festival de Ortigueira
O Festival (...dance?) de Ortigueira aposta un ano máis pola promoción dos novos creadores da música de raíz. A través do Proxecto Runas'08 convoca aos grupos emerxentes ou non consolidados que buscan facerse un sitio no panorama folk da Península.

As oito mellores formacións debutarán no escenario de tarde os vindeiros 12 e 13 de xullo e competirán por compartir palco cos cabezas de cartel do 2009.

- O proceso de selección constará de 3 fases.

Primeira fase:
A dirección do Festival fará unha preselección dun máximo de 20 traballos.

Segunda fase:
Un xurado integrado por críticos musicais e polos visitantes da web do certame elixirá de entre os preseleccionados un máximo de 8 grupos finalistas que participarán no Escenario Runas do Festival Ortigueira os días 12 e 13 de xullo.

Terceira fase:
O público asistente aos concertos valorará aos participantes escollendo a un gañador que será convidado a participar no escenario de noite da edición 2009. En caso de empate, a decisión será tomada polo xurado nomeado.

Grupos aspirantes:

-PABLO SEOANE
-KÉLTIBER
-XAILE
-BLIMA
-OPHIUSA
-GHAITA DA PEDRA
-NAHASIAK
-ROSA NEGRA
-ANTUBEL
-NEIRELA
-QUI HI HA?
-ZYCLO
-COVALBLU
-PRADAIRO
-DEALAN
-NEMON
-COANHADEIRA
-A CADIERA COIXA
-AMIGOS DE GUINNESS
-CAMBERA´L CIERZU
-BAUMA
-BALAKANDRA
-SOG
-PULPIÑO VISACON E A BANDA ARPON
-LA OTRA BANDA
-STOLEN NOTES
-FOLKIDELIA
-XÚA
-RAIGAÑAS DE CERQUEDA
-CARUMA
-LA RUTA DE LES ESTRELLES
-KELTIAR ALDEA
-TOQUES DO CARAMULO
-BANDA DESARMADA
-MARTA QUINTANA
-FOLK ON CREST
-LÚA DE FOUCE
-PAN DE CAPAZO
-LOCHLAINN
-FLIPIN FOLK
-DIVERTIMENTO FOLK
-ErDruida
-CHOTOKOEU
-VERIA
-LANGUE d´Oc
-CLARO QUE SI


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2008 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Música nordestina do Brasil en Vigo
Este martes 10, no Auditorio Municipal
Quinteto Violado, música nordestina en Vigo.


Quinteto violado xurdiu no 1971 en Recife, capital do Estado de Pernambuco, no nordeste do Brasil,e enfiou un novo camiño para a música popular brasileira baseado en tomar elementos da cultura popular nordestina e pescudar na propia experiencia musical de cada un dos seus integrantes.

Quinteto Violado Parten da idea de que toda arte é a universalización do popular, e mesturan, nos seus espectáculos, a música, a danza e o teatro. Acoden a danzas dramáticas como as do "Bumba meu boi" ou marchas de entroido representadas polo ritmo de "frevo". Constituído actualmente como Fundación, o Quinteto Violado participou en varios proxectos culturais e didácticos no Brasil.

Na súa discografía atopamos recollida unha boa representación da música nordestina, sexa de autor ("Asa Branca", de Luis Gonzaga,"O rei do Baião", de Humberto Teixeira, ou "Acauã", de Zé Dantas), tradicional ("Marcha nativa dos indios Quiriris"), e creación propia, amais de recuperaren tamén temas populares de raíz portuguesa, como a "Roda de Ciranda".

Dende Quinteto Violado (no 72) até Quinteto canta Vandré (sobre temas de Geraldo Vandré), no 2004, pasaron 32 anos e case unha vintena de discos. Moitos deles mesmo foron editados en Alemaña ou Xapón. Mesmo Marcelo Melo cantor e guitarrista, cofundador con Toinho Alves do Quinteto, participara na gravación do último disco de Geraldo Vandré, Das terras de Benvirá (París, 1970) xunto ao músico galego Xico de Carinho.

A día de hoxe, o Quinteto Violado fai unha relectura da música nordestina, con influencia do jazz e coa exploración do virtuosismo instrumental ao máximo. Agora teremos oportunidade de velos no Auditorio Municipal de Vigo, este martes 10 de xuño, ás 20.30 da tarde. As entradas custan 5 euros.

www.anosaterra.org

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-06-2008 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
O quinteto compostelán de folk Xochilmica presenta un novo disco
Un antes e un despois no seu proceso creativo. É o significado que, para os membros do grupo Xochilmica, cobra Carta Blanca, o novo traballo deste quinteto compostelán de música folk.

"O noso primeiro disco, 5 elementos, puidemos gravalo tras gañar o V Certame de música folk de Radio Obradoiro. Aquilo colleunos de sorpresa, e tivemos que adaptarnos aos medios que había, ao tempo que nos marcaban... e iso sempre limita o traballo artístico. Con Carta branca, é para nós como se fose o primeiro disco: fixemos o que nos apetecía, gravamos como quixemos, cos medios que nos facían falta, con todo o tempo que precisamos...", explicou Manuel Iglesias, Sopas, na presentación onte en Santiago deste disco, que sairá á venda o día 12 deste mes.

Conforman Carta branca doce temas. "A maioría son cancións orixinais. Conservamos os ritmos tradicionais da música galega, a instrumentación galega, pero cun son máis evolucionado que no primeiro disco, e dándolle unha dimensión contemporánea da música feita aquí. É máis do que se agarda dun quinteto de música tradicional de gaita, tambor, acordeón e saxo", engadiu Xan Pampín.

Xochilmica contou na elaboración deste álbum coa colaboración de Pedro Pascual, Pablo Pascual, Carlos Freire, Xosé L. Miguélez, as pandeireteiras de Cantigas e Agarimos, Nicolau Rodríguez e Iván Varela de Lamatumbá, Santi Cribeiro, Quim Farinha, Manuel Amigo e Edelmiro Fernández.

Carta branca foi gravado no estudio Casa de Tolos de Gondomar e mesturado en Infinity Studios, en Madrid. Casa de Tolos encargouse tamén das fotografías, e Manuel Rey foi o responsable do deseño gráfico. O grupo estrea tamén o seu web: www.xochilmica.com.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 10-06-2008 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Premio para o punteiro afinable
O punteiro afinable», de José Luis Latas, gaña os premios Artesanía de Galicia

O traballo "O punteiro afinable", de José Luis Latas Vilanova, gañou a primeira edición dos premios Artesanía de Galicia, que outorga a Consellería de Innovación a través da Dirección Xeral de Comercio e a Fundación Centro Galego de Artesanía. Na modalidade de novos creadores foi elixida a obra Transportiños, de David Soengas Ben. A de innovación quedou deserta.

O obxectivo do premio Artesanía de Galicia, dotado con 10.000 euros, é recoñecer unha obra que combine calidade e deseño, á vez que fusione a cultura tradicional e as tendencias máis actuais. A obra de José Luis Latas aplica, segundo o xurado, solucións prácticas para alcanzar melloras na interpretación e na adaptación da gaita aos novos públicos, polo que se facilita a aprendizaxe e a práctica do instrumento. O premio a David Soengas, dotado con 4.000 euros, destaca o carácter lúdico e humorístico da proposta, unhas pezas decorativas con forma de vehículo. Os premios serán entregados mañá pola directora xeral de Comercio, Ana María Rúa.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-06-2008 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Mercedes Peón
MERCEDES PEÓN, PREMIO NACIONAL DE MÚSICA

Con tan só tres álbumes, Isué (2000), Ajrú (2003) e Siha (2007), Mercedes Peón converteuse nunha das artistas galegas da maior éxito internacional, recoñecida pola crítica especializada de todos os continentes. Tradición e experimentación, orixinalidade dende a base, nun traballo que vén de moi atrás, do seu labor de recuperación de pezas e ritmos realizado en milleiros de aldeas e lugares do país.

Cres que ás veces tende a encasillarse á música tradicional nunha categoría moi pechada, esquecendo que calquera música que se faga en Galiza, tendo emprestado unha mínima atención a esa tradición, ten moito dela, como a túa propia música?
En Galiza temos a grande sorte de convivir con música da tradición, folclore, de creación, etc. Eu comezaría por facer unha pequena descrición delas. A música tradicional é a que chega de xeración en xeración e baixo o meu punto de vista debería de pasar máis de catro xeracións para considerala deste xeito. O folclore é o que representa a un pobo, e creación, parta de onde parta non se pode confundir co que é creado por un pobo é que está relacionado con todo o que nos rodea, o ciclo do ano, as montañas, o clima, a lingua, o xeito de relacionarse a tódolos niveis dunha comunidade. Aínda que semella que a tradición é estática, non o é. Eu puiden observar como evolucionaba con cambios insensibles cara o mesmo sitio. Polo tanto, dende o meu punto de vista, se te baseas en ti mesma, sempre terás unha orixinalidade posto que partes da orixe, pero tamén penso que hai que ter tino cos conceptos.

En Galiza somos todo o conscientes que deberiamos da riqueza que temos no que respecta ao patrimonio musical que aínda conservamos, único en Europa?
Creo que estamos a vivir un momento de conciencia despois da revolución que houbo nos anos 80 con toda a xente dos grupos folclóricos que se botou ás aldeas a recoller, proba delo é o recoñecemento das pandeireteir@s, e que levamos vinte anos falando do mesmo, xente sen formación e dende o informal que a día de hoxe teñen un arquivo sonoro e visual incalculable. Eu estou certa que a administración porá as canles necesarias para que este material atope o dinamismo necesario de acorde aos tempos que corren.

Na música galega actual as mulleres ocupades un lugar protagonista. Cres que a razón está na nosa propia tradición musical dende hai séculos?

Creo que na nosa sociedade convivían varios xeitos de núcleos familiares. Un era o patriarcado non agresivo, natural, sen machismo, non tiña sometemento ao feminino. Outro era matrilineal, onde a consanguinidade do pai non era relevante, polo tanto non existía esa figura na familia. Entre medias estaba relixión xudeu cristiá, que impoñía normas máis castradoras e homoxéneas. Polo tanto o noso imaxinario non afogaba a muller colocándoa en castas inferiores, outra cousa é o que se viviu paralelamente cos poderes do momento.

Siha está soando en todo o planeta, e está sendo entendido en todo o planeta. Unha mostra de que en galego pódese chegar a calquera sitio?
Para mostra un botón. Todos os recoñecementos que teño internacionais son do meu traballo en galego, e máis, estou certa de que teño tanto recoñecemento por esa singularidade que non chegan a entender e lles resulta totalmente innovadora.

Como foi a experiencia de facer a música para o Kiosko das Almas Perdidas?
Foi unha experiencia humanamente enriquecedora. Como artista no escenario foi un suicidio, porque tiven, que colocarme a carón do emisor, e é todo o tempo susceptible de acoples, e logo fixen un traballo de enxeñería, arranxo, e producción que me deixou esgotada. A relación cos bailaríns e co equipo executivo foi todo un placer.

Vés de gañar o primeiro Premio Nacional de Música. Quen cres que merecería levalo no vindeiro ano, polo traballo que vén facendo?
Eu teño tanto cariño por tanta xente do mundo da música que non podo contestar a eso.



www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-06-2008 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Anxo Pintos (Lizgairo)
Despois dunha longa traxectoria por separado, tres destacadas figuras da música tradicional galega únense nun proxecto común. Anxo Pintos, Rodrigo Romaní e Xosé Liz, baixo o nome de 'Lizgairo' acaban de sacar o disco 'Dicronías' no que ofrecen unha mestura inusual de arpa, zanfaña e bozouqui. Falamos con Anxo Pintos para saber un pouco máis desta colaboración.

-Como xurdiu a idea de colaborar os tres conxuntamente?
-Nos traballamos xuntos na Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) de Vigo, e ao mesmo tempo estamos na orquestra Sondeseu. E nunha conversación informal saiu a idea de facer un trío entre Rodrigo Romaní (que toca o arpa)e Xosé Liz (bozouqui) e eu, que toco a zanfoña, coa idea de traballar arredor destes tres instrumentos, cun repertorio baseado na música tradicional. Empezamos a ensaiar temas bastantes coñecidos de tríos e cuartetos de cancioneiros que nos gustaban até que chegamos a conformar un repertorio que nos pareceu interesante para publicar.

-E por que apostades por esta mestura inusual destes tres instrumentos?
-Pareceunos suxerente a hibridación tímbrica que producen os tres instrumentos de corda, dous de corda pulsada e un frotada. E,como realmente non había nada igual feito en Galiza, pensamos que podíamos aportar un novo punto de vista tímbrico e facer unha relectura de moitos temas que son coñecido no panorama da música tradicional. Sobre todo agora, que a música instrumental non está no centro das miras da música folk.

-A idea era coller temas tradicionais e darlles unha volta, non?
-Realmente, hai moito traballo de arranxo e harmonización, de tal maneira, que todos os temas tradicionais teñen algo a maiores, como interludios, e momentos que fan que estas melodías teñan unha extensión e unha hibridación coa nosa creatividade. Fixemos temas tradicionais pero moi traballados por nós os tres. Utilizamos a música tradicional como materia prima e, a partir de aí, creamos. É como un escultor que utiliza a madeira.

-Houbera colaboracións entres os tres anteriormente?
-Houbera colaboracións puntuais, e tanto Xosé Liz coma eu participáramos nalgún disco de Rodrigo Romaní. E, despois, coñecémonos ben do noso traballo na orquestra Sondeseu, porque aí cada un de nós conduce unha sección e facemos arranxos para a propia orquestra. Coñecemos perfectamente os nosos gustos e sabemos que son absolutamente compatíbeis e complementarios e a verdade é que estamos moi contentos do resultado e foi moi divertido traballar xuntos. Quizais esta sexa unha das principais motivacións de que montemos este trío, o goce de traballar xuntos e o resultado que nos ofrece.

-Os tres tendes unha longa traxectoria, como é que despois de tantos anos aínda tendes ganas de iniciar novos proxectos?

-Esta é unha actividade, non me gusta chamarlle a nosa profesión aínda que en realidade si que o é, que ten moito de lúdico en moitos momentos e iso é algo que procuramos non perder. Probabelmente, ningún músico quere perder esa ansia de gozar co que fai e, evidentemente, nós apuntámonos a un bombardeo cando nos sentimos a gusto e vemos que hai posibilidade de facer cousas interesantes e isto era unha oportunidade para facelo, compartindo o talento dos meus compañeiros. A oportunidade de facer música é moi gratificante e supoño que para eles tamén.

-Como xurdiu a idea de chamarlle 'Lizgairo' ao grupo?
-É unha idea de Rodrigo Romaní, unha especie de xogo coas primeiras letras de cada un dos nosos primeiros apelidos. ( No caso de Anxo Pintos, o seu primeiro apelido é García). Dáse a circunstancia de que tamén é unha palabra galega que ten un significado interesante. Refírese a unha persoa intelixente, vivaz, que sabe o que quere. A nos pareceunos moi oportuno.

-É unha colaboración puntual para un disco ou pensades seguir traballando xuntos no futuro?
-Realmente a idea é seguir tocando xuntos, facer directos e gravando discos, o que sería a actividade normal dun grupo consolidado, aínda que aquí a esixencia está marcada por conseguir ter algo que decir. Os discos iranse sucedendo na medida en que teñamos un repertorio que nos satisfaga.

-Tendes planeada unha xira para dar a coñecer o traballo?
-En principio ad actividades nos veráns vense un pouco condicionadas polos nosos traballos paralelos, como Berrogüetto ou Sondeseu, e Xosé Lis tamén ten varias formacións. Entón, realmente, cando esteamos movendo máis a música de Lizgairo será no inverno. Pero tamén hai bastantes opcións de estar presentes nalgúns dos máis importantes festivais de folk do verán, pero polo de agora, aínda non temos nada pechado. A verdade é que estivemos máis centrados en pechar o repertorio e facer o disco que en presentalo en directo. A partir de agora, empezaremos a traballar arredor do directo, que tamén nos interesa moitísimo. Haberá concertos nos que tamén contemos coa colaboración dalgúns que xa aparecen no traballo discográfico, como Begoña Riobóo, Francisco Feijóo 'Chisco'…

-No teu caso, en que proxectos andas metido, ademais de Lizgairo?
-Agora mesmo, estou 'enfedellado' con Berrogüetto, que ten unha continuidade dende hai 12 anos, e ao mesmo tempo, xunto cos meus compañeiros, estamos pendentes da orquestra Sondeseu, que este ano estará presente en Ortigueira. Estamos a organizar un congreso de orquestras a nivel europeo, co obxectivo de organizar unha rede de orquestras folk a nivel europeo. Sondeseu é a unica en Galiza e interésanos montar unha rede que posibiliten un circuíto deste tipo de formacións.

-Ti, que es profesor de música tradicional, como ves o panorama actual?
-A nivel de ensino,de creatividade, de saúde, o panorama é moi bo. Agora hai máis escolas que nunca e máis xente aprendendo e con máis medios. Por outra parte, hai cada vez máis propostas persoais e con maior capacidade de crear e de interpretar en directo e iso nos ten ubicado como país a un nivel verdadeiramente importante e case envidiábel co resto da xeografía peninsular. Hoxe en día son poucos os festivais europeos que non programan música galega de seu. A música galega xa ten un peso de seu que hai uns anos sería impensábel. E iso é un traballo de moita xente, un esforzo de moitos grupos, desde os máis veteranos, como Milladoiro, até as últimas propostas actuais como Lizgairo e outros tríos. Hai que dicía que este ía ser o ano dos tríos e a verdade é que están empezando a aparecer . Os pequenos formatos conseguen amosar timbres máis puros e novas propostas que non teñen tanto prebe arredor da cociña pero que amosan a materia prima.

-Vos acabades de sacar un disco no formato CD. Non credes que os músicos agora deberían optar por outras vías, como Internet, para distribuír o seu traballo ante a crise das discográficas?
-Iso xa se fai. Agora mesmo non hai un só grupo que pense só en facer unha edición nos soportes tradicionais. Conforme sacas o disco, ao mesmo tempo colgas a música. No noso caso, a discográfica Falcatruada faino directamente en Itunes. Realmente os que non queiran coller o CD, van ter a opción de descarga. Parece que os soportes tradicionais están en crise, pero a verdade é que a música folk, consigue unhas ventas máis que aceptábeis. Berrogüetto, por exemplo, é un grupo que chega a vender 8.000 copias e Sondeseu, unhas 3.000, e os grupos en Galiza en xeral son capaces de vender unhas 3.00 copias dos seus discos, o que non está nada mal. Se se sigue editando é porque sigue sendo suficientemente rentábel para cubrir os custes.


www.gznacion.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-06-2008 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados V certame de gaitas Manuel Villanueva
A clasificación final do V certame de gaitas Manuel Villanueva celebrado o día 7 na praza da Chousa de Combarro a cargo do xurado calificador composto por; Pepe Vaamonde, Álvaro Novegil, Andrés Vilán e Roberto Quintillán foi o seguinte:

1º Clasificado: Tentenoaire formado por, Pablo Devigo, Marcos Saburido, Miguel Fraguas

2º Clasificado: Albor formado por, Pedro Álvarez, Ramón Corral, e Alex Covelo

3º Clasificado: Dotrinque formado por, Carlos Tomico, Óscar Pazos e Carlos Mouriño


Premio especial Manuel Villanueva: José M López Trío

O Trío na foto de entrega do premio

www.folque.com

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-06-2008 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer