Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vai de Baile (13/06/08)
Vai de baile do 13 de xuño


Os Festexeiros de Culleredo VS Os Bailadores da Telleira

Fase de concurso



Xurado





Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 23-06-2008 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
E continúan os Seráns
Sábado 21 de xuño
-Serán de Vincios (Gondomar)
-Serán en Alcabre (Vigo)
-I Serán Ramón Cabanillas en Cambados

Sábado 28 de xuño
-Serán do Fiadeiro (Vigo)

Sábado 5 de xullo
-Serán en Amorín (Tomiño)

Sábado 19 de xullo
-1º Serán de Estás (Tomiño)

Sábado 6 de setembro
-II Serán dos Callos en Salceda de Caselas
-Serán no Rosal (no parque do Tamuxe-Pías)

Sábado 13 de setembro
-II Serán das Tarambainas en Lavadores (Vigo)

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 20-06-2008 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
II Festifolk de Mugardos

Cinco grupos actuarán este sábado pola noite na segunda edición do Festifolk de Mugardos

O Concello de Mugardos, a Sociedade Cultural, Recreativa e Deportiva (SCRD) San Xoán de Piñeiro e a escola de gaitas do colectivo organizaron para mañá pola noite a segunda edición do Festifolk, que se celebrará a partir das 21.00 horas no parque municipal de San Xoán de Piñeiro.

Está previsto que actúen os grupos Touche, Os Xotas, Estimaba que viñeras, Serralle-aí e Ruxe Ruxe.

Nesta ocasión, a cita musical estará acompañada, ademais, doutras iniciativas. É o caso dunha feira de artesanía da que se poderá gozar, na mesma zona, a partir das once da mañá, con exposición e venda de todo tipo de produtos feitos a man.

Tamén está previsto que, a media mañá, o grupo de gaitas Os Boinantes faga soar a súa música durante unha sesión vermú que ten como obxectivo ir caldeando o ambiente para as actuacións da noite, que se prolongarán ata ben entrada a madrugada.

Sardiñada
E non será esta a única actividade paralela que se organizará en torno ao Festifolk. Sobre as sete da tarde celebrarase unha sardiñada popular, que será totalmente gratuíta.

Con esta segunda edición do Festifolk preténdese consolidar unha iniciativa que se puxo en marcha no 2007 e que, polo éxito de público que supuxo nese momento, tivo continuidade este ano. Dará a oportunidade de escoitar a grupos xa coñecidos dentro do panorama folk galego e tamén o son doutras bandas de nova formación. é o caso, por exemplo, da agrupación mugardesa Estimaba que viñeras, que terá esta noite unha magnífica oportunidade para difundir os seus temas.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2008 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Sons e Voces da Identidade

SÁBADO 21 DE XUÑO, DÍA DA MÚSICA.

Sons e Voces da Identidade
Museo do pobo Galego (Santiago de Compostela) ás 12:00

Co gallo do Día da Música,o Museo do Pobo Galego organiza unha actividade aberta e participativa centrada na música tradicional, como unha forma específica de patrimonio inmaterial que, máis alá da súa función de goce e celebración, é tamén un vehículo para a transmisión de saberes e valores portadores de identidade.

Xosé Luís Rivas ( Mini ) e Baldomero Iglesias (Mero) conducirán os asistentes a través dunha selección de elementos característicos da nosa tradición.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2008 01:08
# Ligazón permanente a este artigo
Roubo dun baixo a Nao
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2008 01:06
# Ligazón permanente a este artigo
Despedida de Ecléctica Ensemble
Presentación-despedida de Ecléctica Ensemble

Co gallo da celebración do décimo quinto aniversario do Centro Galago de Arte Contemporánea (Compostela)

Na terraza do CGAC ás 22 horas o sábado dia 21, dia europeo da música.

A heterodoxa formación de artistas galegos Ecléctica Ensemble non é unha banda, nin ten solución de continuidade. Comezou a xestarse no ano 2000 como un espazo para a improvisación sobre o patrimonio musical galego de tradición oral. Tras abandonar os escenarios no 2004 Ecléctica Ensemble reinventouse concentrando a súa actividade nun laboratorio musical durante tres anos e convidando a un total de doce músicos a realizaren improvisacións a partir de materiais musicais pretéritos até completar un total de seis temas gravados e mesturados a finais do 2007.

Con motivo da celebración do décimo quinto aniversario do CGAC os artistas que condicionaron a xestación dos temas deste novo álbum reúnense nun evento único e irrepetible: unha performance interdisciplinaria que une a música (Nacho Muñoz, Ugia Pedreira, Davide Salvado, Richard Rivera, Ramom Pinheiro, Óscar Fernández, Fernando Abreu), coa literatura (Estevo Creus e Lucía Aldao), as artes plásticas (Pancho Lapeña, Misha Bies Golas) e a danza contemporánea (Olga Cameselle) a través da narración de Quico Cadaval que oficiará de mestre de cerimonias.

23:30 h
Sesión DJ Nathan Carter + VJ Nela
Entrada do parque de Bonaval

Nathan Carter, formado en arte dramática no Reino Unido, é o DJ do grupo de rap Nonresidentz, ademais de participar como produtor, cantante e DJ para o grupo de rap-jazz The Jordanairs como DJ Lord Keison. A súa sesión, concibida como parte dunha noite con Ecléctica Ensemble e inseparable da súa performance colectiva, acompáñase das proxeccións visuais da videocreadora e performer Nela Que.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2008 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
A Feira de 1908 en Sarria
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2008 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
Programa da Feira de 1908

Como era unha Feira en 1908?

Para respostar a esta pregunta a Asociación "Lume de Sarria", como organizadora das Festas do San Xoán 2008, esta a preparar unha representación multitudinaria na zona máis antiga da Vila,para a fin de semana do 21 e 22 de Xuño.
Nesta Feira haberá máis de 40 postos de Artesanía, un gran Mercado Agroalimentario con productos Ecolóxicos, 20 Músicos Tradicionais animando as rúas, unha Exposición Permanente de Instrumentos Antigos e Traxes Tradicionais con fotos da época, un programa de actividades continuas os dous días para nenos e maiores (xogos tradicionais, baile, charlas didácticas,...), Obradoiros permanentes sobre Oficios Tradicionais Galegos, postos de comida e bebida para os visitantes e a colaboración e participación das Asociacións Culturais da Comarca.

E o sábado, emisión en directo do programa da Radio Galega "Lume na Palleira"dende a propia Feira con:

-Presentación en directo do Novo Disco de Xarín "Galaguech"

-Presentación da fotobiografía sonora sobre Celso Emilio Ferreiro a cargo de X.M. Aldea.

-Monográfico: "O acordeón diatónico no século XX", a cargo de Pedro Branco coincidindo coa súa exposicón de acordeóns diatónicos na mesma feira.

-Presentación do recente libro "Para Cantar e bailar" de Luis Prego, sobre xogos de baile tradicional cantados.

ADEMÁIS, se queres festa o domingo 22 pola noite teremos os concertos de:

- A Charanga de Ultreia.
- Os Carunchos.
- A Turres Band
- A Tuna Rastafari.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2008 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
XI Festa dos Fachos
XI FESTA DOS FACHOS no monte da Peneda (Soutomaior-Redondela)

Sábado 21 de xuño de 2008

Tradición recuperada en 1997 por varias agrupacións e colectivos culturais Redondeláns. É celebración do solsticio de verán, limiar das fogueiras de San Xoán, pero tamén un xeito de reivindicación do monte da Peneda, das pegadas históricas e dos mitos de seu.

Ás once da noite reúnen a tódolos asistentes ó pé deste monte emblemático que se ergue entre terras de Redondela e Soutomaior, na aldea do Viso, e desde alí soben ó cumio portando uns fachos, e formando unha comitiva que se distingue desde tódolos lugares do concello.

Ó chegaren arriba invocan as tradicións e sinais de identidade do lugar; seguidamente, prenden lume a un folión cos fachos e preparan unha queimada reparadora.

A continuación Festa rachada
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2008 01:02
# Ligazón permanente a este artigo
Recollida de herbas de San Xoán.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2008 01:01
# Ligazón permanente a este artigo
Ciclo de músicas portuarias en Ferrol
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2008 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
Novo aberto de billlarda no Sur
A Nosa Terra (Mos) convócanos a xogar á pincha ou billarda este sábado 21 ás 18:30 horas en Pereiras (Mos).

É unha nova oportunidade para ir perfeccionando a técnica e postularse como candidato/a a facerse cun novo lacón. Josué, que levou o de Torroso, e Chupi, que alí foi finalista, parten co favoritos, pero aumenta a lista de xogadores que van xogando cada vez mellor e aspiran á victoria.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2008 00:57
# Ligazón permanente a este artigo
Semana Cultural no Castiñeiriño

SEMANA CULTURAL DO CASTIÑEIRIÑO-SANTIAGO

Venres 20 de xuño.
Día dedicado á nosa da cultura tradicional

17.30 h. Taller de confección de instrumentos tradicionais. Con Emilio Lois Blanco.

19 h. Sesión de xogos tradicionais a cargo da Asociación galega de xogo popular e tradicional.

A partir das 20.30 h. Actuación das pandeireteiras Amigos do Castiñeiriño e mostra de baile coa asociación cultural Pena Maior de Marrozos.

22. Foliada no Castiñeiriño con actuacións da charanga Quensonestes de Cacheiras e do Grupo de gaitas do Castiñeiriño e outras formacións que serán benvidas para tocar e bailar.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2008 00:56
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto do día da música en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2008 00:54
# Ligazón permanente a este artigo
V Festa do Muíño do Verdugo
Programa da Festa

SABADO 21
19:00 Apertura dos postos de artesania e exposicións
20:00 Apertura da presa e primeira muiñada
21:00 Inauguración do muiño de abaixo
21:25 Aturuxo inaugural a cargo de “Topo”

21:30 ACIBREIRA gaitas medievales
23:15 MACFECK folk europeo | www.macfeck.com
01:00 LOS MUÑECOS rumba latina
02:30 conVERSOS rap

········································

DOMINGO 22
A partires das 13:00 XOGOS POPULARES
16:00 OS AMIGOS DE SANTISO charanga
17:00 AS CINCO LUAS pandereteiras
17:30 KOTEMALABAR circote
18:30 TITIRIMAÑA teatro animación

www.festadomuinho.org
Comentarios (2) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-06-2008 00:54
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de Curso de Rebulir (Ramirás)
A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir, organizará o vindeiro día 21 de Xuño a xornada de despedida deste curso 2007-2008. Para esto propónse un programa de actividades que a continuación se describen :

* 11:00 h - Obradoiro de Intrumentos tradicionais Vexetais.

- Imparten : Grupo Os Chichisos de Pontevedra
- Lugar : A Pontenova - Ramirás
- Mátricula : Gratuíta. 20 persoas por orde de inscripción

* 14:00 h - Comida de Alumnos e Amigos de Rebulir
( Inscribirse antes do 15 de Xuño )

* 17:00 h - Actuación dos Grupos da Escola Rebulir
- Lugar : Praza de San Andrés ( Vilavidal )

* 18:00 h - Despedida do Curso 2007-2008

Estas actividades estas patrocinadas polo Concello de Ramirás, coa especial colaboración do Grupo Os Chichisos de Pontevedra.

Unha aperta.

Alexandre Sotelino Losada
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2008 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
I Campionato de futbolín Cidade de Ourense
Ás 11:30 da mañá, do Sábado 21 de Xuño, no Pavillón dos Remedios de Ourense, dará comezo o I Campionato de futbolín "Cidade de Ourense", no que haberá tamén um xantar e xogos para nenos e nenas.

Carlos Blanco será o árbitro e presentador do concerto, que dará comezo ás 22:00hs. e que estará a cargo de:

Banda Potemkin
Os Tres Trebóns
Dj Marcos Payno (GalegoZ)


Para apuntar-se teredes que achegar 20€ por parella (Xantar e Camisola de regalo incluidos) a o local da Auriense, no Vereda ou A Esmorga.

O prazo remáta-se o 18 de Xuño e haberá ate 4000€ en premios.

Mais Info. no: 672 336 955
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2008 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán de Cabanillas en Cambados

Unha Grande Chea organiza o primeiro Serán de Cabanillas o vindeiro 21 de xuño en Cambados.

A asociación cambadesa anima a todos os arousáns a sumarse a esta festa tradicional galega

Unha gran festa da música e a tradición galegas. Isto pretende ser o primeiro Serán de Ramón Cabanillas que organiza a asociación cambadesa Unha Grande Chea. Sete agrupacións de gaiteiros serán as encargadas de animar unha velada á que está invitado todo o mundo. O único requisito é que «hai que pasalo ben», explicou o responsable do Orfeón de Treixadura, Xaquín Xesteira.
A festa do Serán é herdeira daquelas «que a xente facía cando se xuntaba para facer ou fío, as fiadas», explicou Xesteira.

Entón, «aproveitaban para pasalo ben cantando e bailando». Fai uns quince anos, os grupos musicais que se dedicaban a recompilar antigas cancións recuperaron esta tradición para facer que os maiores revivisen todas estas celebracións. Hoxe, son moitos os municipios que acollen este tipo de festexo. E Cambados non podía ser menos.

Os integrantes dunha Grande Chea participaron o pasado ano no que organizaron os responsables de Dorna, na Illa. E agora decidiron devolver a visita organizando o seu propio. «Queremos que sexa soado e entrañable», explicou o presidente da entidade, Manuel Domínguez. A cita será o próximo 21 de xuño no paseo da Calzada.As actividades comezarán ao redor das sete da tarde cando as sete formacións que participan nestes festexos percorran as principais rúas de Cambados. Chegarán ata o paseo da Calzada, onde lles esperará un palco sobre o que actuar. Ao redor das once e media da noite, a escena chegarán os gaiteiros do Orfeón de Treixadura. A súa actuación marcará o inicio da festa, pois a idea é que, a continuación, xurdan espontáneos dispostos a demostrar os seus dotes coa gaita, o tambor ou o bombo.

Os responsables dunha Grande Chea quixeron onte animar a todos os veciños da comarca a participar nestes festexos. «Ou que se pretende é que todo tipo de xente, a que sabe e a que non, goce dá música e anímese a bailar», explicou Xesteira. E é que o único obxectivo desta festa, insiste, «é pasalo ben».

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 20-06-2008 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
Festisahara Salceda 08
O Festisahara Salceda 08, que organiza a Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui vaise celebrar o 21 de xuño no campo de futbol do pavillón municipal de Salceda.

O obxetivo deste evento é recaudar fondos para o apoio ó Pobo e refuxiados saharauis.

Neste festival que comezará ás 19.00 horas actuarán os grupos:

- Kogito
- The Turre's Band
- Tiro na Testa
- A Banda de Poi
- Koka
- El Cubo
- Phatom Club
- Dj. Ali Gator

A entrada será de 5€.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-06-2008 00:48
# Ligazón permanente a este artigo
Vai chegando o día da Patria
FESTIGAL 08

VII Edición: 24 e 25 de Xullo de 2008

O Festigal consolídase coa súa sétima edición, que terá lugar os días 24 e 25 de Xullo, coincidindo co Día da Patria Galega e tamén festivo local na capital, Santiago de Compostela.

Está concebido como un escaparate cultural, onde a cultura galega e a internacional (tradicionalmente cunha especial atención aos países da lusofonía), manteñen un frutífero diálogo. Vai máis alá dun simple festival de música, xa que conta con charlas, mesas redondas e presentacións de libros -galería das ideas-, actuacións de maxia, tendas de artesanía, de libros, estreos audiovisuais...

O programa musical aposta polos autores e grupos internacionais, así como polos grupos galegos.

Outras novidades salientábeis son a presenza, por primeira vez dunha galería dedicada á cultura tradicional galega e a emisión en directo por parte da emisora Radiofusión do Festigal.

En base aos anos anteriores, está previsto que pasen 20.000 persoas ao longo dos dous días que dura o Festigal. Na organización participarán 200 persoas, contando os voluntarios. O Festigal contará con 40 postos de artesanía e tendas, 6 exposicións e 15 postos de xantar e bares.

O recinto, que ocupará un total de 20.000 metros cadrados, contará con zona de acampamento, na que se instalarán, en torno a 160 tendas. Para a promoción do Festigal 2008, editaranse 20.000 programas, 15.000 cartaces e 50.000 folletos.

AVANZO PROGRAMA MUSICAL

En continuidade cos criterios de programación de anos anteriores combinarase a presenza preferente de músicos galegos con doutras procedencias caracterizados pola innovación das súas creacións.

XOVES 24

O concerto do 24 vai preferentemente dirixido á xente máis nova e contará con 4 actuacións:

· Nao (Galiza)
· Caravan Palace (Franza)
· Lamatumbá (Galiza)
· The International Noise Conspiracy (Suecia)


VENRES 25

O día 25 programarase outro concerto con 4 actuacións para un público máis familiar e diverso.

· Víctor Aneiros Band (Galiza)
· Quempallou. (Galiza)
· Pablo Milanés.
· Berrogüetto.


Así mesmo, os días 24 e 25 pola tarde haberá Café Concerto con actuacións de jazz, humor, música tradicional e semellantes.

www.festigal.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-06-2008 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Mini e Mero
Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, coñecidos popularmente como Mini e Mero, levan máis de trinta anos difundindo o noso acervo cultural a través da música. Mini e Mero representan a coherencia e a honestidade daquelas persoas que non claudican ante as modas e que non están dispostas a edulcorar a súa mensaxe en función dos tempos. Os dous músicos, mestres de profesión, avalían nas seguintes liñas a súa traxectoria, caracterizada por un compromiso inquebrantábel co país e coa súa xente, desde os seus comezos en “Fuxan os ventos” até “A Quenlla”.

Mero e Mini Antón Álvarez: Como foron os vosos comezos na música?

Mini: Nos anos setenta. Éramos un grupo de mozos de aldeas da Terra Cha e do extrarradio de Lugo que estábamos encadrados nas actividades do Frente de Juventudes e que nos reuníamos para cantar en coros. A nosa evolución ideolóxica foi lenta, pausada, mais sempre tivemos os pés na terra. Cando algúns de nós regresamos da mili xa volvemos radicalizados, porque as circunstancias nos levaron a preguntarnos que pasaba na vida, como o feito de facer unha carreira en español e logo darse de conta de que nos contaron unhas películas que non eran certas, ou ter acceso a libros prohibidos ou a descubrir os poetas do exilio. Entón, todo isto conformou en nós un galeguismo que naceu non desde un punto de vista teórico, senón desde un coñecemento práctico. Accedemos á teoría despois de palpar os problemas da xente.

Nós non participamos nas loitas estudantís porque en Lugo daquela non as había. Non corremos diante da policía. En cambio, accedemos ao activismo político desde abaixo. Fuxan os ventos participou no activismo político pero tendo moi claro o campo de actuación: o rural. Porque este é un lugar onde non hai conciencia de clase, nin de idioma, nin de nada. Pretendíamos a través da música popular mobilizar ese sector.
Chega a calar unha fama acerca de nós que non era certa, unha fama de radicais agraristas. Nós eramos un grupo de rapazotes de 20 e 25 anos que estábamos vendo o mundo e buscando a liberdade que non tíñamos. E sobre todo, críamos inxenuamente que se podía facer a revolución.

Antón Álvarez: Entón, cales son as diferenzas máis destacábeis entre vós e outros grupos da época que xermolaban en ambientes universitarios e urbanos?

Mini: Na universidade a análise faise desde un punto de vista teórico e panfletario; nós desde un punto de vista máis real. Non utilizamos música de Bob Dylan, senón xotas, muiñeiras e romances, porque o noso público é do rural. Porque entendemos que non só hai que falar en lingua galega senón tamén na linguaxe musical galega. Hai que conxugar as dúas cousas. Un poema de Cabanillas pódese musicar cunha muiñeira. Entón a xente enténdete e admítete.

Antón Álvarez: Como estaba o panorama musical galego antes da vosa chegada? Cales eran as vosas motivacións?

Mero: Había grupos que se expresaban a través da música pero non tanto por medio da palabra. A palabra era e segue sendo perigosa. Desde o momento que exerces de cantor cerras, inmediatamente, centos de portas. Un grupo musical galego pode cantar en calquera sitio do mundo. Un grupo que cante en galego está limitado non só á xeografía galega, senón tamén a certos puntos da nosa xeografía. Segue a haber capitais e vilas nas que estás mal visto, que te repudian e, até certo punto, te exclúen das súas festas e programacións. Falo de concellos, institucións e caixas de aforros que “son moi dignas e colaboran moito coa cultura galega”. Os mesmos medios de comunicación tamén exercen de censores.

Mini: Se ti teorizas non es perigoso até certo punto. Ora ben, se teorizas exercendo, iso xa é máis fodido. Podo cantar cancións superrevolucionarias nun medio burgués e non pasa nada. Agora, eu colaboro cun determinado grupo de base e xa te convertes en perigoso se pos a palabra. Fuxan os ventos era un grupo cuncha, que se pechaba en si mesmo, para aguantar as hostias e o xabón, porque recibimos proposicións deshonestas, ademais de moitas hostias.
O grupo era sospeitoso de ser de todo: para uns éramos comunistas; para outros falanxistas. Outros dicían que éramos do Opus Dei. Nós tiñamos moi claro que facer: cantar co noso país. Estábamos até os ovos que nos dixesen o que tiñamos que facer.
De nós sospeita até o nacionalismo. Por que? Porque non nos afiliamos, non nos abandeiramos. E por que? Porque se nos afiliábamos perdíamos o campo e tíñamos que axudar a abrir camiño, pero cada un utilizando a súa táctica. Anos despois o nacionalismo recoñecería que o que fixemos estaba ben feito. Nós puidemos ser o grupo da ANPG ou da UPG, porque ideoloxicamente estabamos aí. O que pasa é que queríamos liberdade para poder facer que o país fose normal.

Hai sectores que nos miraban e aínda nos miran con desconfianza, que nos acusaban de “españolistas” e “amarelos”. En cambio, se nos chamaban das Encrobas íamos e, ás veces, deixábamos diñeiro, como para caixas de resistencia de empresas en folga. Pero isto non o sabe nin Deus! Nós íamos tocar a calquera sitio con tal de que nos deixasen a liberdade de cantar o que nos dese a gana. Aínda seguimos así.
A Fuxan non se menciona nin nas historias da música. A nós gárdasenos unha xenreira tremenda, porque demos hostias a destro e sinistro. Nós dicíamos o que pensábamos. E iso é delito. Isto transcendeu a A Quenlla.

Antón Álvarez: A música, por tanto, pode servir como unha ferramenta eficaz para a transformación social, a axitación e a politización?

Mini: A canción e a música son alimento e inxectan forza. Algún antigo preso político chegou a dicirme que el e outros presos se alimentaban coa nosa música cando estaban no cárcere. Por outra banda, nós accedemos á poesía, ao nacionalismo e á cultura galega por medio da canción. Encontrámonos con Manuel María, Celso Emilio ou con Uxío Novoneyra.

Antón Álvarez: Por que destes por rematado o voso ciclo en “Fuxan os ventos”?

Mini: Por todo o anterior. Imos ver, do 74 ao 80 as cousas están bastante claras: había que conseguir a revolución. A partir do 80 entran os partidos políticos, a democracia, a Autonomía e todo isto se confunde. Entón, a política queda para os políticos e nós témonos que dedicar a namorar (risos).

Mero: Hai quen di que daquela (a comezos dos oitenta) as cousas xa se podían conseguir no Parlamento. Pola contra, a nós aquilo serviunos para radicalizarnos nas nosas posturas. Era un trampa ou semellaba selo. E así foi.
A pretensión de Fuxan era volver aos textos de combate, pero modificaron esta inercia. Entón produciuse a ruptura. Fuxan estaba acabado como proxecto pois pretendían que lles cantásemos ás flores.

Mini: Ese era un camiño, pero de artista, para acadar niveis altos de popularidade, de diñeiro, de contratos. Renunciamos a iso. E o país estaba como estaba.

Mero: A partir de entón se empobreceu a palabra. Hai seca de cantores pois só coa música non transgrides nada. Fuxan sae contra a Autonomía, cunha canción chamada Cantiga para unha antroidada. Fuxan estaba tirando do carro coas súas cancións. Nós non estábamos na elite, estábamos en todas as capas sociais. Iso era o perigoso.

Mini: Tes que saber dicirlle a veciña do lado quen foi Castelao, cal é o problema da terra, a emigración. Por exemplo, a canción Muller non é analítica pero chega ao corazón e nela se recoñece a xente.

Antón Álvarez: Como avaliades a música galega do momento?

Mini: Está o problema da posmodernidade. Todo se rexe por modas, por movementos estéticos e somos conscientes de que a nosa está pasada. Pero a palabra é libre e non pasa de tempo, como os poemas de Pablo Neruda, que están vixentes hoxe e o estarán no século XXIII.
Hoxe a música móvese moito máis pola estética, pola forma, pola aparencia, polo vestido. Nós estamos moi conformes nos sitios onde estamos cantando.

Mero: A teoría das modas e de romper co anterior para crear o caos e provocar a atención non é algo novo. O que non pode facer ninguén é chegar a desfacer e deteriorar a música tradicional en beneficio propio para facer un traballo temporal para vender discos.
A nosa cultura é moi seria e poderosísima e ninguén pode cuspir sobre ela para poder facer un traballo ocasional para sacar beneficios crematísticos. Non é cuestión de mestizar, senón de identificar, recuperar e devolver. As mesturas teñen que ser de maneira espontánea e non forzadas desde fóra.

Mini: O noso é un país sen público, un país de músicos, actores de teatro e cineastas sen público. Por que nas radios de Galiza non se programa música galega? Por que os poetas só saen na televisión de madrugada cando o pobo traballador está durmindo? Por que os xornais non nos falan de cultura? Porque hai intereses. A grande desgraza dos artistas galegos é que somos artistas sen público.

www.galizacig.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2008 00:33
# Ligazón permanente a este artigo
Mercedes Peón: ‘ghaiteira’
A artista recibiu o Premio Nacional da Cultura Galega na Modalidade de Música, despois dunha ampla traxectoria con grandes recoñecementos a nivel internacional

Foron os seus avós maternos, de Oza dos Ríos, os que lle ensinaron a amar o galego. Desde aquela, o compromiso co país de Mercedes Peón non cesou, sen que iso non lle impedira tamén afondar nas músicas máis innovadoras de todo o mundo e ser unha defensora dos dereitos da muller.

Con só 13 anos, quedou abraiada escoitando dúas mulleres na Costa Da Morte. O tocar da pandeireta e o cantar da riberana serán o detonante para que Mercedes comece a recoller canta cantarea, baile, conto e vivenza que lle quixeran transmitir as xentes das aldeas.

Pertenceu ó grupo folclórico Xacarandaina, formou asociacións e grupos de nenos para transmitirlles todo aquilo que ía recollendo polas aldeas e así paralelamente pagar os estudos e comezar a súa vida laboral. Dedicouse ao ensino da música e baile tradicional ao longo de 17 anos da súa vida. Durante todos eses anos desenvolveu a faceta de instrumentista tratando de respectar e imitar as maneiras tanto na percusión, voces, gaitas, e danzas que ía observando, a súa aprendizaxe dende moi nova baseouse fundamentalmente en todas estas formas e no seu esforzo autodidacta

En 1990 decide non tocar máis e dedícase só á didáctica, pero nese intre edítalle o Grupo Correo Gallego unha fita coas súas performances. Danlle o premio especial do xurado e o premio á autenticidade no festival Cidade Vella de Compostela. A partir de aí foi chamada por Os diplomáticos de Monte Alto , Xosé Mauel Budiño, Manu Chao, Alisder Fraiser, Carlos Núñez, Kepa Junquera,diversas produtoras de TV, que abraiados por eses sons tan da terra, queren contar coa súa colaboración nos seus discos do momento.
As súas inquedanzas lévana a adentrarse no mundo da composición, sen pudor e coa súa visión da vida , e cun claro imaxinario xurdirán os xermolos do seu primeiro disco en solitario, Isué, e compoñerá tamén a banda sonora da serie televisiva Mareas vivas. Paralelamente realiza dende esta etapa e durante oito anos, un apartado no programa Luar da TVG, onde levou ó escenario persoas de máis de 300 lugares distintos de Galicia. Igualmente funda o selo discográfico Discotrompo e dá conferencias por medio mundo.

Os premios que recibiu ó longo da súa carreira son case infinitos –destacan oP remio Iar polo seu traballo en prol da recuperación das tradicións galegas; Galega do ano 2005; Premio Mackcallan do festival de Lorient; Top dez nas listas de songline; Premio opinión 2005; Mellor artista do ano polo magacín Folkworld; ou Mellor artista de Europa na sección de World Music.

Despois de Isué, que saíu ó mercado no ano 2000, editada no 2003 Ajrú e no 2007 Sihá.

Ó longo destes sete anos, Mercedes Peón viaxou e participou en máis de 300 festivais de todo o planeta

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2008 00:32
# Ligazón permanente a este artigo
Os furanchos xa están regulados
Entre outros requisitos, os furanchos haberán de fornecer viño non embotellado e pedir unha autorización de apertura.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o Decreto polo que se establece a ordenación dos establecementos de restauración denominados furanchos.

Xustifica esta norma o feito de que estes establecementos, «tipicamente galegos, responden a unha tipoloxía que, polas súas características especiais, non estaba recollida na actual normativa».

A exposición de motivos recorda a procedencia dos furanchos na tradición no rural galego de vender os excedentes do viño elaborado para consumo propio.

Entre outros requisitos, os furanchos haberán de fornecer viño non embotellado, senón proceder directamente do barril, e os produtos alimenticios que se ofrezan deberán proceder de establecementos autorizados e non poderán requirir elaboración ou transformación no propio furancho.

Os furanchos pasan a ser un novo grupo de establecementos de restauración, diferenciados de bares, cafeterías e restaurantes, e necesitarán desde agora autorización de apertura e clasificación turística, que será concedida pola Consellería de Innovación e Industria. O departamento de Fernando Blanco revisará o seu período de funcionamento, exhibición de prezos a clientes, follas de reclamacións e ata accesibilidade. Os furanchos deberán obter unha autorización de apertura dos concellos.
Os furanchos deberán acreditar anualmente a declaración de produción de viño, emitida pola Consellería do Medio Rural. Estes locais estarán suxeitos ás normas municipais que lles sexan de aplicación, no sentido de que se garanta a igualdade de oportunidades respecto doutros establecementos e refórcense as garantías para os clientes.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2008 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
Zënzar: vinte anos de rock
A banda de Cerceda celebra cunha xira as dúas décadas que leva dando guerra nos escenarios do país ·· Negreira, Guitiriz, Vedra e Teo acollerán os próximos concertos

Negreira, 18 de xullo. Guitiriz -Festival de Pardiñas- , 2 de agosto. Vedra, 23 de agosto. E Teo, o día 30. Son as próximas citas no calendario da xira coa que Zënzar, unha das máis emblemáticas bandas do rock galego, está a celebrar os seus vinte anos sobre os escenarios. Dúas décadas nas que o panorama da música en galego viviu mudanzas máis que salientables, ás que o grupo de Cerceda non permaneceu alleo.

"Ao primeiro eramos máis heavys, despois máis punk, e no último disco, Sigue... e dálle, fixemos algo máis fácil de asumir para un público máis amplo porque, aínda que ten pezas con moita caña, ten outras máis acústicas, melódicas... Os outros discos eran máis duros, e este está máis arranxado, máis coidado..", comenta nunha entrevista Bocixa, voz e un dos membros fundadores de Zënzar.

Bocixa achega un balance positivo da marcha da xira 2008. "A cousa vai ben. Tocamos en bares, salas... con normalidade. Na provincia da Coruña vemos que hai xente que se repite nos concertos, tamén hai espazos nos que tocamos moito e vemos que aparecen xeracións máis novas... ", subliñou.

"Fomos cambiando todos... Ademais, un dos guitarristas de sempre, Silveira, deixounos, -de bo rollo- porque el é máis heavy, e a nós agora nos gustan máis o punk, a festa... Tamén entrou Paco, e entón aproveitamos para tirar por outros camiños. Do último disco non nos quedan copias. Imos facer unha edición máis barata", engadiu.

"Sempre se cumpriron os obxectivos, pois tampouco eran moi grandes: o caso é non perder cartos... Non somos un grupo que queira estar sempre tocando. Á nosa idade dar o paso profesional é complicado. Estamos a gusto co que facemos: tocando de cando e vez, para a xente... Ao principio queriamos normalizar a historia do rock en galego. Hoxe a ninguén lle estraña que fagas música en galego", explicou. Aínda que, -aclarou-, eles non ven "tal boom da música galega", do que se está a falar tanto ultimamente.

"O que pasa é que se está a facer máis visible o mundo da música. Hoxe pos a radio e ves o que hai. Nós tivemos a primeira entrevista na radio galega desde que o PP perdeu. Antes, só nos chamaran unha vez. Non é que nos teñan que estar chamando sempre: cada un mostra o que fai, e se á xente lle interesa ben, e senón non tes nada que reclamar...", opina.

Bocixa aprecia transformacións importantes no mundo do rock desde hai vinte anos. "Nos primeiros concertos notabamos, nas vilas polas que tocabamos, que a xente estaba desexosa de rock. Había outra idea do rock, que era máis de batalla, de denuncia, eramos menos grupos... Nós vimos de Cerceda, eu das Encrobas... O rock reflectía os problemas de onde viñas... Hoxe o público está maís afeito a escoitar de todo, e en calquera lingua. Para nós nunca foi unha limitación cantar en galego. Estamos moi preto de Portugal, o mercado do propio país é pequeno polo que hai que quitar a música fóra...", cre.

Industria, medios de comunicación e institucións foron mudando nas últimas décadas. "Nós comezamos cun mánager. Tocamos con Extremoduro, Platero y tú... pero cansamos de que nos utilizaran de recheo nos concertos doutros, cobrando moi pouco mentres os outros cobraban unha millonada. Agora a cousa cambiou totalmente. O noso último disco está en internet: e non é piratería, como di a SGAE co apoio dos gobernos. As discográficas van ter que adaptarse, a xente o que quere é música en directo...", subliña.

"Hoxe podes gravar na casa, xa non é tan caro gravar nun estudo... Tocar en directo é moito máis fácil no verán, polos festivais... Eu non son partidario dunha cultura subvencionada, dependente, pero si de subvencionar a cultura como calquera outra cousa. E as institucións si están a facer cousas, con máis ou menos acerto: circuítos, programas para abrir o mercado... Sempre hai voces críticas, pero non significa que esteas en contra do que fan", di.

"Os medios: depende. Os públicos cambiaron: a radio galega programa moita música galega, porque hai xente que tira por iso e llo permiten. Na televisión segue sen haber un programa de rock: en galego e castelán. Para nós cantar en galego é imprescindible, pero cada un ten a súa idea da cultura", afirmou.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2008 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Uxía
Oito anos sen sacar un novo álbum, que foi anunciado repetidamente, é un periodo moi longo e a cantante de Mos explica os motivos dese retraso na súa nova obra.

“Esa tardanza ten que ver cunha gran actividade miña con outros proxectos musicais, como Cantos na maré, Malvela ou señora Carmen, e tamén cun proceso de aprendizaxe, o que me levou un tempo. Se pretendes facer un disco supostamente atlántico na procura dunha nova sonoridade cómpe investigar e vivir esas músicas, estar fisicamente neses lugares e colaborar con outros músicos. Tamén aconteceu o do Prestige e iso deixoume moi tocada emocionalmente, para ben e para mal, e vitalmente foron vivencias moi intensas e interesantes. Nestes anos non parei de facer cousas, nunca estiven parada. Tamén entendo que un disco propio che situa novamente no panorama”.

Aínda que vai actuar algo no verán, os concertos presentando este álbum quedarán adiados para despois do periodo estival.

–Neste Eterno navegar volve afondar na súa vertiente máis lusófona.
–Pretendín procurar un espazo propio, que dalgún xeito xa tiña, para reconquistalo, e tamén a un público que se pode ir despistando ao estar eu en proxectos tan diversos. As experiencias enriquecedoras están neste álbum e é moi importante non parar de viaxar, coa imaxinación, fisicamente ou coa música. A obra é froito de moitas visións musicais. É un disco moi meu e tamén moi coral. Vexo parte da miña vida condensada, incluso nas letras das cancións. Quería que o mundo lusófono estivese representado por músicos que eu consideraba axeitados. Na música galega existe moita diversidade e riqueza e penso que eu podo aportar estes espazos de encontro lusófono. Creo que o disco é luminoso, con moitos medios tempos, e máis vitalistas que os meus anteriores discos.

–Volve ter como director artístico a un pianista. Na anterior obra foi Nani García e agora o luso Paulo Borges. Como desenvolveu o traballo co das Açores?
–O piano é un instrumento que me gusta moito e tamén investigar novas linguaxes. Paulo tocou jazz, pop, clásico e reciclou todo iso cunha linguaxe moi propia buscando orixinalidade na interpretación e nos arranxos. Traballamos xuntos, fixemos concertos só de piano e voz e iso serviu para coñecernos moito e ver que Paulo era o meu cómplice. Os dous deseñamos o repertorio. Actuar só co piano faiche estar máis exposta como cantante. Logo ten outra cousa ao abordar os temas galegos, xa que trae unha visión desde fóra, cunha certa distancia para facer unha lectura nova deles.

–Temos a peza A quimera, que se desmarca do concepto estilístico do disco.
–É unha canción que fixemos moito en directo. Descobre outra Uxía e unha linguaxe máis irónica. No fondo é un blues, composto por Fran Pérez e Pepe Sendón. É un tema un pouco fetiche para nós. Na música sempre fun moi aperturista e gústame meter cousas diferentes. Hai debo agradecer o traballo feito por Na Lúa, cos que traballei durante anos e abríronme os ollos.

–Porque decidiu gravar a obra nun estudo de Sintra?

–É o que posúe Rui Veloso, que é como o pai do rock portugués, e está nun lugar totalmente privilexiado. Sentía que debía ser alí para concentrarse no traballo a pleno rendemento. Paulo e eu tiñamos as bases musicais e os convidados ían aparecendo por alí con calma para deixar a súa colaboración no disco.

–O álbum principia e remata coa peza As nosas cores.
–Pedinlle unha pequena colaboración a Júlio Pereira e xa fixo unha versión enteira diferente, na que eu tiven que gravar a voz de novo. É un tema moi simbólico pola propia letra e o que se conta nela.

–Desde o seu anterior álbum mudou moito o panorama en Galiza da música cantada. Xa non se sente tan soa como antes?
–Había un certo deserto en canto ás voces. Creo que o xermolo das voces femininas veu do espectáculo Son delas. Alí estaban Guadi Galego, Ugía Pedreira, Rosa Cedrón, Mercedes Peón e Sonia Lebedynski e todas elas foron percorrendo un camiño e conforman un panorama máis rico e diverso, e con moitas complicidades entre todas. Cada unha escolleu un vieiro propio e particular, o que considero un valor engadido. O único que compartimos é que vimos da música de raíz, da nosa fonte, e quizais iso dá unha visión das cousas un pouco diferente e témolo como bagaxe para o noso traballo.Tamén contamos na parte masculina coa presenza de Xabier Díaz e Narf.

–Asinou coa colección World Village, do selo Harmonia Mundi. Ofrécenlle con este contrato unha boa posibilidade de distribución en Europa?
–Sempre tiven en conta iso porque Galiza é moi pequena e debemos pasear a nosa música polo mundo. Asinando con eles pretendo ampliar horizontes. Agora está editado en España e Portugal. A partir de outubro lanzarase en diferentes países europeos e logo en Estados Unidos. Debemos apoiar eses lanzamentos con concertos. Estou leda e para min é fundamental para un disco como este, que pretende ampliar horizontes. Estou orgullosa de que se lle bote un ollo a Galiza e vexan que saen cousas interesantes.

–Pensa que será un disco moi importante na súa carreira e que pode marcar o seu futuro? –Creo que si. Apostei claramente por levar un camiño musical propio. A ver que acontece.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2008 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
Catro xeracións creando gaitas
Seguindo a tradición do seu bisavó, Eduardo Represas pasa os seus días en Xinzo fronte ao torno para dar forma a instrumentos que se venden a partir de 200 euros

No sangue. A arte de converter a madeira en música veulle a Eduardo Represas case antes de nacer, polo cheiro impregnado da familia a buxo e a freixo. Un aroma acompañado do son das gaitas que o arrulló desde neno e conquistouno sendo un adolescente. Para seguir a tradición do bisavó Antonio , que case coas mans espidas encargábase de arrincar música dos pedazos de madeira. Por aquel entón o taller era un pequeno galpón xunto ao río que, por intres, traballaba de serradoiro. Alí, entre labras e po, naceron centos de gaitas das que aprendeu a seguinte xeración e os fillos dos fillos desta.
Da época en que o torno só permitía traballar nalgunhas das voltas, da que os buracos do son facíanse a man e cando a electricidade non existía, nacen os recordos da familia Represas.

Agora, aínda que o espírito é o mesmo, as facilidades permiten acabar antes co traballo. O principal herdeiro do negocio, o bisnieto, apunta a que pode facerse unha gaita nuns poucos días se o traballo esíxeo. «A semana pasada chegamos a facer ata seis porque as querían con urxencia. Normalmente cun pouco de traballo intensivo nun par de días xa se pode ter unha», recorda Eduardo Represas mentres busca entre os tacos de madeiras exóticas.

Abobai, pau santo, pau violeta, muculongo... calquera destas variedades, xunto ao buxo, o freixo e o granadillo, pode converterse en parte dunha das gaitas que fan no pequeno taller, situado xunto á antiga nacional a Vigo. Nas pequenas habitacións acumúlanse os tornos para formar as siluetas das distintas partes, as gaitas acabadas, aínda que en ocasións o traballo leva ata a casa.

O bo funcionamento do negocio familiar fai que estean implicados todos os membros. «A miña nai encárgase de coser en casa os fols e en ocasións o meu irmán vén botarnos unha man», recorda Eduardo Represas. A continuación da tradición aínda non está asegurada, porque os seus fillos son aínda moi pequenos para decidir o seu futuro. Para o seu pai, Edgar e Aroa teñen total liberdade para elixir a súa profesión. «Esperamos que o negocio familiar siga dando beneficios, se é así e queren seguir con el ou pechalo será decisión súa», apunta o artesán, cuxa obras se poden vender desde 200 a 800 euros, segundo os materiais empregados e a complexidade do instrumento.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2008 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Para cantar e bailar en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2008 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
Reaccións á carta aberta sobre Ortigueira
Xa temos na rede diversas reaccións á publicación dunha carta aberta dirixida aos Organizadores do Festival de Ortigueira: Concello e Xacobeo.

www.vieiros.com

www.chuza.org


Dende o colectivo Ortigueira Sostible (plataforma en defensa do medio ambiente, o patrimonio, a cultura e a paisaxe)

A través de chuza soubemos da vosa campaña para reclamar a devolución do vello esprito do festival de Ortigueira. Concordamos con vos en que nos últimos anos produciuse unha evidente degradación deste, que perdeu reelevancia musical e que pasou de ser un evento cultural a un macrobotellón sen identidade e indistinto de calquera outro. A obsesión por crecer cuantitativamente (nº de visitantes) foi parella ao decrecemento en calidade. A nós tamén nos preocupa a butal agresión que todos os anos recibe o pinar por parte de hordas cada vez mais irrespectuosas cun espazo que ten moitísimo valor natural e que despois do festival queda lamentablemente arrasado. Pensamos a celebración do festival ten que ser compatible coa conservación na súa integridade dese entorno máxico que describides. Queremos facervos saber de que moita xente en Ortigueira comparte a vosa opinión (aínda que quizais hai pouco espíritu para cambiar as cousas) e que pola nosa parte farémosnos eco da vosa campaña na nosa web (www. espacioblog.com/ortigueira)

Unha aperta

www.espacioblog.com/ortigueira
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2008 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
Campaña pola recuperación do Festival de Ortigueira
Remitido a través do correo electrónico solicitando a colaboración para recuperar o ambiente tradicional do Festival de Ortigueira

OLA MEU AMIGO:

Eu, non sei se o saberás, espero todos os anos que chegue o mes de xullo porque nese mes sucede algo máxico e marabilloso. Durante catro días un pequeno pobo do norte de Galicia, Ortigueira, énchese de música e de xentes con ganas de bailar e de escoitar gaitas, arpas, zanfoñas, bouzukis, bodrans, guitarras... e de Bandas de Gaitas... é o Festival Internacional do Mundo Celta, un gran festival no que se poden escoitar os mellores grupos celtas e folk do mundo.
Este festival xa leva celebrándose durante 30 anos e é un referente en toda regra: Ortigueira énchese de maxia, e de música por todos os recunchos. Ademais é de balde e todo aquel que queira ir pode acampar nun piñeiral fermosísimo á beira dunha praia incrible. Alí, a xente que acode ao festival, adoita xuntarse para tocar calquera instrumento e facer festa nas horas anteriores ao festival (ou ata nos días previos... toda a noite).

Claro que agora todo iso xa non é realmente así. Nestes últimos anos, a zona de acampada perdeu a súa maxia. Agora entre os piñeiros instálanse moreas de carpas que non paran de pór música "dance" e que non deixan descansar a aqueles que queren facelo. A xente que antes pasaba as horas mortas tocando xa non o fai: imaxínaste unha gaita soando ou un grupo de pandereteiros e de fondo uns altofalantes co chunda chunda a todo volume? A que a ninguén se lle ocorriría nun festival dance montar unha carpa folk?

O malo é que atraídos por ser gratis e por poder pasar un fin de semana de drogas, alcol e música dance, xentes que non se achegan a Ortigueira a ver nin un só concerto, enchen a zona de acampada. Que pinta esa xente aí? E non só é iso: agora o sábado do festival, ata se achegan rapaces saídos da ruta do bacalao, que nin sequera están acampados.
Os que coma min imos ao festival porque realmente interésanos o festival xa non estamos a gusto, entre outros motivos porque cada vez hai máis medo de que nos rouben, porque alí xa non hai o ambiente máxico que había antes e porque toda esa xente o único que fai é encher un piñeiral e unha praia, que son zona protexida, de toneladas de merda.

Eu e todos aqueles que adoramos Ortigueira queremos recuperar aquel ambiente máxico do piñeiral no que a escoitábanse as gaitas e outros instrumentos, queremos poder descansar se nos apetece e queremos estar tranquilos e poder ir ver os concertos sen ter que estar preocupados por se ao volver van faltar as nosas cousas.

A organización fai oidos xordos ano tras ano a todos aqueles que nos diferentes foros pedimos que se impida que se monten esas carpas na zona de acampada e por iso pídoche a túa axuda.

Trátase de que envies a seguinte carta ás direccións de correo electrónico que escribo máis abaixo, ou/e que polo menos lle pases este correo aos teus contactos para que o fagan eles. As direccións son dos dous organizadores do festival, a Sociedade Anónima da Xunta de Galicia "Xacobeo" e o Concello de Ortigueira.

Canta máis xente reciba este correo, máis mensaxes enviaranse e máis posibilidades hai de que este ano a organización decídase a facer algo para solucionar este problema que che expliquei moi por enriba.

Para envialo ao Xacobeo só tes que copiar a carta coa dirección nunha mensaxe nova e logo cortar a dirección e pegala tal cal no apartado "Para". Vale?

O correo é: xacobeoweb@xacobeo.es

Para envialo ao Concello de Ortigueira só tes que copiar a carta sen a dirección do Xacobeo e entrar na seguinte dirección: http://www.concellodeortigueira.com/index.php?lg=gal.

Na fiestra que se abre pulsar onde pon contacto e na fiestra nova, pegar o texto.
Eu e todos aqueles que queremos que o Festival de Ortigueira volva ser o que era estarémosche moi agradecidos.


Carta para enviar a Xacobeo e ao Concello de Ortigueira:

Moi Sres. meus:

Póñome en contacto por vostedes para facerlles unha solicitude e darlles as grazas.
Primeiro a solicitude: quizais non lean esta mensaxe ou non lle fagan caso, pero xa que vostedes van a colaborar na organización do festival de Ortigueira deste ano, penso que deberían ser conscientes do que sucede no festival. Penso eu que o que lles vou contar é algo que pode ter consecuencias tamén para vostedes posto que de suceder algo afectaría a todos os organizadores.

O festival Ortigueira é un gran acontecemento do verán en Galiza. Os mellores grupos do mundo folk pasan por alí e cada vez vai máis e máis xente. Ou non? Esa afirmación é certa pero, ata que punto? Cada vez vai máis xente pero cada vez unha porcentaxe maior desa xente ten menos interese polo festival: só van de acampada, a pasar tres ou catro días de festa, drogas e alcol na zona de acampada do piñeiral de Morouzos, importándolles ben pouco o festival. Cada vez hai menos xente interesada no festival e cada vez vai menos xente, digamos, con poder adquisitivo.

O que quero dicir é que cada vez vai máis xente nova á que o festival lle importa ben pouco, e que cada vez vai menos xente maior á que o festival si que lles importa. O festival cada vez é máis grande, pero pouco a pouco vai perdendo prestixio entre a xente á que lle gustan esas músicas: un dato, cada vez hai menos xente que toca algún tipo de instrumento. Eu que levo moitos anos indo véxoo ano tras ano.
Por que? Por dous motivos. Un deles é o tipo de grupos. En anos anteriores moitos dos grupos non tiñan nada que ver ca música folk ou celta, si ben iso parece que foi corrixido o ano pasado.
O outro motivo é a zona de acampada. Antes no piñeiral, un podía pasar o día tocando música e bailando o son das gaitas, das pandeiretas, do que fora. A xente ía para estar nun ambente fermoso, sen ter medo de si lle roubaban e podía descansar e todo. Non nos esquezamos que o obxectivo da zona de acampada é darlle un sitio onde aloxarse á xente que vai pasar en Ortigueira todos os días que dura o festival.
Agora os que imos ó piñeiral de Morouzos case nunca podemos descansar porque aquilo está cheo de carpas de música tecno ou chirinquitos que poñen rock ou reageton a toda pastilla e que non paran en todo o día. Agora aquilo está cheo de merda por todos lados. Agora un ten medo de deixar as súas cousas alí por culpa de moitos indesexables que viven do que lle rouban a outros. Agora o ambente é insoportable porque todo o rato parece que vai a haber bronca porque aquilo está cheo de rapaces, moitos menores de idade, que pasan tres días drogándose, bebendo e buscando como tolos madeira para facer unha fogueira na que facer unhas brasas e que non baixan ó pobo a menos que quedaran sen comida.
Eu teño moitísimos coñecidos que xa non van o festival porque xa non aturan aquilo e outros moitos que seguen a ir pero que cada vez lles gusta menos.

Agora, polo menos en Morouzos, o ambiente non é ambiente dun festival que se chama (ou se chamaba) Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Agora é un ambiente no que un ano vai pasar algo gordo: se pasase este ano, quererían vostedes saír salpicados?
Hai unha solución e penso que ata agora a organización ten mirado para outro lado. A solución é por entrada e impedir o acceso a Morouzos dende principio de mes. Pénseno: unha entrada de 20 € por cabeza para acceder á zona de acampada faría que moita xente que non vai a Ortigueira por ir o festival deixase de ir e o festival volvería a ser o que no seu momento foi ou o que debería ser. Pensen que é mellor ter 50000 persoas que realmente van o festival no canto de 80000 que só van para pasar tres días de farra sen achegarse a ver un só concerto. Con eses cartos poderían pagarse máis servizos, máis duchas, máis persoal de limpeza... Por certo, no outro grande do mundo celta, en Lorient, cobran entrada e sempre está cheo.

Está nas súas mans que este ano, no 30 aniversario, as cousas sexan un pouco mellor. Eu adoro este festival, e daríame moita mágoa que puidese chegar a desaparecer porque é impresionante a cantidade de xente de fóra de Galicia que vai a el.

Xa para rematar, agradecerlles que colaboren neste ano na organización, e agradecerlles o seu traballo na ruta Xacobea, que fai que Galicia non deixe de estar en boca de todos...

Unha aperta.

(Aquí debería ir a sinatura)
Comentarios (9) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2008 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de Cuartetos Tradicionais Festas de Ourense
I CONCURSO DE CUARTETOS DE GAITAS
FESTAS DE OURENSE


A Concellaría de Cultura do Excmo. Concello de Ourense e “Galegapoloscincosentidos” convocan o concurso de CUARTETOS DE GAITAS “FESTAS DE OURENSE”, que se celebrará os vindeiros 28 e 29 de xuño do 2008 no marco das Festas de Ourense , conforme ás seguintes

B A S E S :

Poderán participar agrupacións tipo cuarteto tradicional (2 gaitas de calquera tonalidade, tamboril/caixa e bombo). Non serán admitidas gaitas de tipo “marcial”, nin instrumentos de
percusión de alta tensión.

1. –INSCRICIÓN:
aberta ate o mércores 18 de xuño.
Non existe cota de inscrición. Ningún participante poderá intervir no concurso con máis dun grupo.

Os grupos deberán remitir a seguinte documentación:
- Folla de inscrición (incluída máis adiante)
- Breve Currículo do grupo e dos seus compoñentes.
- Opcionalmente (é recomendable), os grupos poderán remitir ademais fotografía(s) en formato dixital ou gravacións dixitais, que serán utilizados pola organización para a selección dos grupos (en base á súa calidade artística, non técnica), e mais para a promoción do Concurso baixo autorización, no seu caso, dos grupos.
A documentación deberá ser enviada prioritariamente ao seguinte enderezo electrónico cuartetosourense@gmail.com.

Só no caso de que o grupo non puidese facer a súa inscrición vía electrónica, poderá ser enviada por correo ordinario ao seguinte enderezo:
Concellería de Cultura Concello de Ourense
Auditorio Municipal
Rúa da Canle nº 2
32005 – Ourense
Concurso de Cuartetos Tradicionais

2- PARTICIPANTES:
O número máximo de grupos será de 10, seleccionados previamente pola organización de entre os grupos inscritos. A selección dos grupos será efectuada baseándose en:

- Orde de inscrición.
- Currículo dos grupos e os seus compoñentes
- Calidade artística das gravacións enviadas polos grupos na inscrición, no caso de que así o fixesen.

A organización , entre o 15 e 20 de xuño porase en contacto cos grupos seleccionados, facendo así mesmo pública a lista dos grupos participantes. Asemade, serán seleccionados outros dous grupos como “suplentes”, para o caso de que algún dos grupos seleccionados inicialmente non puidese asistir finalmente ao concurso. Os grupos participantes recibirán 100 euros por grupo en concepto de dietas o día do concurso.

3. – TRAXE TRADICIONAL GALEGO:
Será OBRIGATORIO que os grupos vistan traxe tradicional galego, e a calidade da vestimenta será outro dos apartados valorados polo xurado.

4. – DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO:
O concurso dividirase en dúas xornadas.

- Sábado 28 de xuño:
os grupos seleccionados deberán presentarse ás 17h no lugar indicado pola organización, onde se lles indicará un breve percorrido para efectuar de pasarrúas, acompañados por unha persoa da organización. O xurado valorará este pasarrúas .

Posteriormente, nun escenario disposto para tal efecto,co equipo de son necesario, e logo do sorteo da orde, cada grupo interpretará un máximo de 8 min de pezas tradicionais ou de autor. Será valida a unión de varias pezas sempre que haxa como mínimo unha pausa na interpretación de cada grupo. De entre os grupos participantes, o xurado escollerá seis que participaran na xornada final do domingo. Estes grupos seleccionados recibirán outros 80 euros a maiores en concepto de gastos de desprazamento e dietas.

- Domingo 29 de xuño: os grupos finalistas deberán presentarse na explanada das Burgas ás 11:00 h, onde se lles indicará a cada un un breve percorrido para efectuar de pasacalles, acompañados por unha persoa da organización. O xurado valorará de novo o desenvolvemento deste paseo. Posteriormente os grupos actuarán no palco, (a orde será sorteada con anterioridade en presenza dos grupos), cunha duración máxima de 10 min de pezas tradicionais ou de autor. Será valida a unión de varias pezas sempre que haxa como mínimo unha pausa na interpretación de cada grupo. Cando menos unha das pezas non poderá coincidir coas interpretadas na fase de clasificación.

Tras unha breve deliberación farase pública a decisión do xurado, integrado por 4 persoas designadas pola organización. A decisión do xurado será inapelable.

5.- PREMIOS : Entregaranse os seguintes premios:
1º premio ... 1.200 euros
2º premio ... 700 euros
3 premio ... 300 euros


A inscrición supón a total aceptación das bases por parte dos grupos participantes, tendo o xurado plena potestade para dirimir ao seu criterio calquera cuestión non recollida nas presentes bases, así como a interpretación destas en caso de dúbida. Para máis información, ou aclaracións necesarias, poderase contactar coa organización no tfno. 606777718 ou 639444426, ou preferiblemente vía e-mail (cuartetosourense@gmail.com).


FOLLA DE INSCRICIÓN NO I CONCURSO DE CUARTETOS TRADICIONAIS “FESTAS DE OURENSE”, 27 e 28 de xuño 2008

DATOS DO GRUPO
NOME DO GRUPO:
TELÉFONO:
ENDEREZO
ENDEREZO ELECTRÓNICO:
COMPOÑENTES:
GAITA
GAITA
TAMBORIL / CAIXA
BOMBO
Sinatura:
NIF e sinatura do representante do grupo
Data:

Remitir a : cuartetosourense@gmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 17-06-2008 05:30
# Ligazón permanente a este artigo
A Superliga Galega de Billarda xa ten os seus campións nacionais 2007-2008
Velaquí vai a crónica completa do acontecido este domingo en Conxo, enviada pol'O Varal.

Todo o que se diga é pouco. A tormenta billardeira, coma na canción de Dylan, chegou e arrasou Conxo cos golpexos dos palanadores e palanadoras chegados dende as Conferencias NorLeste e NorOeste, dispostos a loitar con todas as forzas posíbeis por facerse cos títulos en xogo na terra batida do campo de fútbol da máis brava parroquia Compostela.

A caricia dunha serpe, chamada barruzo, non impediu que a LNB decidira desafiar a climatoloxía, apostando pola disputa a ceo aberto, desbotando de inicio a posibilidade do resgardo das uralitas. Impresionante a chegada das dúas delegacións, ás 11:30 horas da mañá. Palanadores e palanadoras concentrados, e seareiros preparados para animar até a extenuación, durante unha xornada que, dende primeira hora da mañá, nos tanques-guagua, xa se prevía histórica.

A final feminina
Arrincou a primeira final do play-off para dilucidar a campioa nacional deste deporte que arrinca chantos, cunha maioritaria presenza de palanadoras da Conferencia NorLeste. Mais as dúas únicas aloitadoras do NorOeste, Leticia e Besbe, souberon revolverse perfectamente na area de Conxo, para coarse nas semifinais, pese a quedar apeadas polas palanadoras do NorLeste Geni, Ana e unha espectacular Lola. As tres disputaron unha final que se desfixo nun espectacular cara a cara entre Geni e Lola. Mais, como relatou, co alento entrecortado, A Revista da Galega e O Varal Morse, finalmente foi Ana do NorLeste, a campioa nacional feminina! A palanadora dos Bíteres é a nova campioa galega.

A final por equipos
Comezaba a tensión e a loucura a invadir o estadio de Conxo, non era Viena pero semellaba o preludio da futura final da Eurocopa: Billadeiros Musicais Vs Filloas de Sangue; a experiencia fronte á xuventude extrema, famenta de triunfos. Dende o inicio do partido os Filloas, pese os intentos do seu adestrador, Lois Fontán, de centrar os seus pupilos no taboleiro de terra, semellaban fragmentados polo empurre e a experiencia duns Billardeiros que, minutos a minuto, aumentaban a distancia, facendo inútil a estirada da franquicia do NorOeste. Ao final, pese aos apoios dende a banda duns ruidosos Remourelle Bulls ás novas estrelas do NorOeste, estes nada puideron facer para impedir que os implacábeis Billardeiros Musicais conseguisen o título nacional por equipos.

Chega a paparota
Espectacular xantar a pé de pista, con empanada de polbo e mexillóns, churrasco de xato, para repoñer forzas, a piques de entrar no tramo final da tarde, que ía arrincar cos especialistas de varados, ou tiros directos, desafiando coa forza e precisión as sempre malditas leis da gravidade.

Cobertura da Galega TDT para unha espectacular final na que o público comía materialmente os participantes. Os especialistas podían sentir na caluga o empuxe dun público totalmente entregado á causa. Polo medio, a desconcertante e explosiva aparición, por sorpresa, do cuarteto ítalo-galego de gaitas LNB.

Tres palanadores salvaron a gran criba que supuña unha pista tan lenta, cunha distancia considerábel do punto de golpexo ao varal, e a certa dificultade que impón o levantamento da billarda nun terreo de terra. Lois Fontán, polo NorOeste, e David e Ginés R., polo NorLeste, afrontaron xuntos o sprint final. Finalmente, foi a flamante fichaxe dos Cornería-Team e campión nacional 2005-2006, David, quen se fixo co título nacional da máis espectacular das disciplinas.

A súper final feminina
Ás 17:00 h., cumprindo os horarios establecidos pola LNB, todo estaba preparado para acoller a última das finais deste inesquecíbel play-off nacional 2008. O estadio recibía unha auténtica marabunta de seguidores da billarda, que se acomodaban nas bancadas para ver ás grandes estrelas dun deporte que en Conxo demostrou o seu poderío.

Espectacular, tamén, a chegada da delegación do Sur, que veu entregar o seu alento de apoio a unha revolución xa imparábel en todo o país, e que en Pontevedra e Ourense se espalla xa coa solidez absoluta e infranqueábel do granito de Porriño.

Todos os flashs ollaban cara o posíbel desquite do NorOeste: Serxio, Sak, Lois Fontán e, sobre todo, o campión de Conferencia, Kilo, adoecían por saltar á pista, despois de estar toda a xornada agardando, coma gatos raxados, o intre no que a presa saíra do seu acocho. Zidane, un dos referentes do NorLeste, caía degolado polo empurre dun concentradísimo Sak. E é que, e pese á forza de todos os palanadores finalistas, dúas malladoras de xogo apartaban a moitos. A final: Ginés R. fronte a Markitos, dous mitos deste deporte do NorLeste, enfrontándose, face a face, polo Título Nacional Absoluto.

Mesmo a perfecta matemática alemá de Ginés R. se resentiu ante tanta presión e, sobre todo, ante o xa histórico Remuíño de Markitos, un desconcertante movemento de brazos, antes da saída de cada carreira, que puido ser, xunto co acerto e nervios de ferro do palanador dos Billardeiros Musicais, o que o levou a inscribir o seu nome con letras de ouro no espectacular Trofeo Rotatorio de Campión Nacional Absoluto 2008.



Parabéns a todos o campións e a toda a tribo LNB, porque A Gran Muiñada de Conxo demostrou o impresionante poder e consistencia dunha proposta, a nosa, que fóra dos acabicornamentos institucionais dá prioridade absoluta ás palanadoras e palanadores, que son os únicos e os que máis ordenan nesta vaina. Parabéns, e adiante coa revolución billardeira!!!


www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2008 05:28
# Ligazón permanente a este artigo
RETRANCA Nº 8 Queremos ser funcionarios!!!!

Agora que todo quisque se pon de folga porque todo sube menos os soldos... agora que o traballo escasea máis ca nunca... é o momento!!... FAITE FUNCIONARIO!!!

Se o teu soño é pasarte o día na barra dun bar, vendo o partido ou lendo o xornal cunha caña na man...se queres ter un traballo de por vida, con pagas extras, baixas laborais a esgalla e vacacións pagadas, DEIXA DE XOGAR A LOTERÍA, PAILÁN!!... E PRESÉNTATE AS OPOSICIÓNS DA XUNTA!.

AVISO: ESTE NÚMERO DE RETRANCA FOI SECUESTRADO POR UNS CAMIONEIROS PERO PAGÁMOLO RESCATE E CHEGARÁ ESTA SEMANA AOS QUIOSCOS GALEGOS!!

O CONTIDO DESTE NÚMERO CAE NOS EXAMES DAS OPOSICIÓNS ASÍ QUE VAI CORRENDO A RESERVALO SE QUERES SACAR A PRAZA !!!

Saúdos retranqueiros, A SANTA COMPAÑA.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2008 05:27
# Ligazón permanente a este artigo
'Maus', obra mestra do cómic, en galego
A partir do 13 de xuño, a mítica novela gráfica de Art Spiegelman estará nas librarías en catalán, éuscaro e galego, traducida, neste último caso, por Diego García. Edita Inrevés

A editorial mallorquina Inrevés é a responsábel das traducións ao galego e ao catalán desta autobiografía, Art Spiegelman relatou, por medio da banda deseñada, a historia de seu pai xudeu e polaco, Vladek, que sobreviviu ao campo de exterminio de Auschwitz. Retrátao na actualidade, cando o entrevista para que lle conte a súa vivencia da guerra, e vai moito máis alá do holocausto. Introdúcese a analizar a psicoloxía do pai, co peso do suicidio da nai e a pantasma dun irmán a quen nunca coñeceu como pano de fondo.

Caracteriza aos personaxes como animais: os xudeus son ratos; os nazis, gatos; os americanos, cans; os franceses, rás; os polacos, porcos; os suecos, renos; os británicos, peixes, ou os xitanos como avelaíñas. No 92 gañou o Premio Pulitzer e o Museo de Arte Moderna (MoMA) de Nova York lle dedicou unha exposición.

Outra tradución que chega ás librarías vén da man de Faktoría K, que traduciu recentemente Os cinco narradores de Bagdad, dos franceses Frantz Duchateau e Fabien Vehlmann, galardoada hai pouco co premio Canal BD das librarías especializadas europeas. Conta como cinco narradores (o rosmón, o filósofo, o perspicaz, o rebelde e o xentil) buscan o mellor conto do mundo para gañar o reto proposto polo califa de Bagdad, nun ambiente que reproduce o misterio e o exotismo d'As mil e unha noites.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2008 05:27
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro manga traducido ao galego
Bícame, profe (Kusatta Kyoushi no Houteishiki), unha obra da xaponesa Kazuma Kodaka, é o primeiro manga que se edita traducido ao galego.

Edicións do Cumio puxo xa nas librerías o primeiro número dun total de 10, e a saída do próximo está anunciada para setembro. Publícase en tomos en branco e negro, en formato de peto e en sentido de lectura oriental.

Bícame, profe pertence ao xénero shonen-ai (historias amorosas entre personaxes masculinos) e narra as vivencias de Atsushi Arisawa, un mozo que decide matricularse no instituto Jyogaoka, porque alí exerce como enfermeiro Masami Shibata, o seu amor platónico da infancia. Porén, cando por fin o atopa, descubre que a súa personalidade cambiou por completo nos anos que leva sen velo.

A serie basease no humor, o enredo e a caracterización dos personaxes. É apta para todos os públicos, ao contrario que outras obras da mesma autora, onde as relacións sexuais tempestuosas están moi presentes. Kazuma Kodaka cultiva principalmente o manga yaoi e é coñecida en España pola súa serie máis longa, Kizuna, que está a ser editada por Norma Editorial.

www.galiciae.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-06-2008 05:26
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá con Xochilmica
O luns 16 de Xuño poderemos ver unha nova entrega do programa Alalá que nos achegará a música de Xochilmica.

"Cando lle puxeron o nome ao grupo, os cinco rapaces que forman Xochilmica buscaban algo único, algo que só os representase a eles, algo que cando o puxeran nun buscador de internet non dese máis que ese resultado. E o seu son é tan único como o nome. Neste Alalá intentaremos descubrir a qué soa Xochilmica, porque a pesar de que tocan os mesmos instrumentos que se poden atopar nunha charanga tradicional, o resultado é totalmente diferente. Cunha gaita, un acordeón, un tamboril, un bombo con pratos e un saxofón conseguen un son totalmente novo, elegante e divertido.

Os cinco "xochilmicos" viviron desde nenos a música tradicional e acabaron coincidindo en Santiago, na agrupación folclórica "Cantigas e Agarimos". Desde que se xuntaron e formaron o grupo, todo foron éxitos e en poucos anos fixeron un feixe de cousas: gañaron o Certame de Música Folk de Radio Obradoiro e gravaron o seu primeiro disco "Cinco Elementos"; gañaron no festival de Ortigueira e no de Lorient e veñen de presentar o segundo disco "Carta Branca". Agora o público pode escoitar e comprobar neste Alalá a que soa Xochilmica."


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-06-2008 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer