Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán de O Fiadeiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-06-2007 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
XXIV Mostra Internacional de Teatro de Cangas
Programación:

Domingo 1
-Teatrapo (Extremadura): Eclipse 23.00 horas. Xardíns do Señal.

Luns 2
-As Sircopatas (Galiza) 21.00 horas. Xardíns do Señal.
-A Factoría Teatro (Galiza): Castronós, 22.30 horas. Auditorio Municipal.

Martes 3
-Fredi (Galiza) ?Cirnanelo? 21.00 horas. Praza das Pontes.
-Teatro Corsario (Castela León) ?Aullidos? 23.00 horas. Auditorio Municipal.

Mércores 4
-Vanesa Sotelo (Galiza). 16 intervencións durante todo o día en distintos puntos de Cangas.
-La Pera Llimonera. 21.00 horas. Auditorio Municipal.
-Markeliñe (Euskadi) ?Carbón? 23.00 horas Praza das Pontes.
-Fiandola (Galiza): Salasón 24.00 horas

Xoves 5
-Almacabra (Galiza) 21.00 horas. Praza das Pontes
-Jango Edwards e Peter Ercolano (EUA-Italia). 23.00 horas Auditorio Municipal.
-Produccións Bacana (Galiza). 00.30 horas. Salasón (2?)

Venres 6
-Clownx Teatre (Catalunha) ?Actinooon? 21.00 horas. Función rueira
-Los Excéntricos (Catalunha) ?Música Maestro? 23.00 horas. Auditorio Municipal.

Sábado 7
-Teatro del Norte (Asturies). ?Los principios del actor? 12.00 horas. Casa da Cultura.
-Compañía Maite Merino (Madrid) ?Los Monólogos de la Vagina? 23.00 horas. Auditorio Municipal. (9?)
-The Combo Roxo (Galiza) 00.30 horas. Salasón (2?)

Por outra parte, Etelvino Vázquez e Manuel Lourenzo realizarán cursos de ?O Signo Actoral? e a ?Escrita Teatral? dende o martes até o vernes ás 16.30 horas no local Salasón.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-06-2007 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos da campaña

Voltamos subir fotos!!!!

Hai tempo que non subía nada e índa temos algunhas datas pendentes...
Hoxe aproveito para subir fotos festeiras da campaña electoral.

Unha noite no Furancho da Balsa

Peche de campaña cos Festicultores no Casco vello

P.D.: Tentarei por ao día a galería de fotografías
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-06-2007 01:32
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Festival Folk Cancioneiros

Festival Folk Cancioneiros

A Fundación Pedro Barrié da Maza, con obxecto de potenciar e fomentar entre os grupos folc afeccionados o interese polo repertorio do Cancionero galego, de Torner e Bal y Gay, e do Cancioneiro Musical de Galicia, de Casto Sampedro e Folgar, cuxas reedicións críticas preparou con motivo do seu 40º aniversario, convoca o concurso Festival Folk Cancioneiros.

O intérprete ou grupo máis destacado será premiado con 6.011 euros, a gravación dun disco editado pola Fundación e a participación nun concerto compartindo escenario cunha consagrada formación de folk galega.

A documentación deberá enviarse entre o 11 de xuño e o 15 de outubro de 2007 ao enderezo da Fundación Pedro Barrié de la Maza, Cantón Grande nº 9, 15003 - A Coruña, nun sobre rotulado ?Festival Folk Cancioneiros?.

Bases convocatoria

Impreso de solicitude

Cancioneiro Galego

Cancioneiro Musical de Galicia


Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-06-2007 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos de Verán
Festas do Cristo da Victoria en Vigo
30 xuño: Julieta Venegas
19 xullo: Artic Monkeys
22 xullo: Paulina Rubio
23 de xullo (Castrelos): Treixadura, Davy Spillane, Shooglenifty
24 xullo (Casco Vello): Faltriqueira
25 xullo (Casco Vello): Os Cempés
26 xullo (Casco Vello): Balbarda
26 xullo: Grupos Pop español dos 80: Nacha Pop e Los Secretos
27 de xullo (Castrelos): SondeSeu e Flook
1 agosto: Marea
2 agosto: Coral Casablanca
3 agosto: Coti, Deluxe e Fon Román (ex Piratas) na Estación Marítima.
4 agosto: Manu Chao, Radio Bemba Sound System e Le Punk na Estación Marítima

Festas da Peregrina en Pontevedra
11 agosto: Barricada
12 agosto: Nena Daconte
14 agosto: Sugar Mountain, Burning, Deltonos e The Cell.
15 agosto: Dover
16 agosto: Galicia S21 (Isolma)
17 de agosto: Pepe Vaamonde e John McSherry & At First Ligth Band
18 agosto: Kepa Junquera e Faltriqueira
19 de agosto: Fangoria
20 agosto: Miguel Bosé

Festas da Coruña...poño só o Noroeste Pop Rock porque o resto é de vergoña...

Noroeste Pop-Rock (A Coruña)
2 agosto: Dover, Deluxe e Triángulo de Amor Bizarro.
3 agosto: Nacha Pop, Danza Invisible e Toreros Muertos.
4 agosto: Los Crueles, New York Dolls e La Inconsciencia de Uoho

Festas do Apostolo (Compostela)
13 xullo: Soraya. Obradoiro.
14 xullo: Serrat & Sabina. Praza do Obradoiro. 30?.
15 xullo: Xornadas de folclore galego. A Quintana.
16 xullo: Xornadas de folclore galego. A Quintana.
Música tradicional no Toural. Colexiata de Sar. 22:30 horas
19 xullo: Julieta Venegas. A Quintana. (6-8?)
20 xullo: Festival Linguas Vivas. Fermín Muguruza, Banda Bassotti, Nao, Boom Club, Dj Capitá. 20:30 horas Multiusos Fontes do Sar.
21 xullo: Andrés Calamaro e Fito & Fitipaldis. Monte do Gozo. 40 euros.
Música no Toural. Alberto Conde Trío. 23:00
22 xullo: Marlena Smalls & The Hallelujah Gospel Choir. A Quintana.
24 xullo: Orishas. A Quintana. 24:00
The Ellas. Praza do Toural. 01:00
25 xullo: Susana Seivane. A Quintana. 23:00 horas
26 xullo: XXIX Día do Traxe.
11.30 Concentración de persoas con traxes tradicionais galegos. Alameda.
12.00 Desfile polas rúas até o Obradoiro.
16.00 Concentración de participantes en San Domingos de Bonaval.
19.30 Desfile de traxes tradicionales dende Bonaval á praza da Quintana.
20.00 Exhibición de traxes na praza da Quintana.
27 xullo: Álvaro Costas & Hot Band. A Quintana.
28 xullo: Estrella Morente. A Quintana. (12-25 ?)
29 xullo: Brath. A Quintana. 21:30 horas
30 xullo: Música no Toural. Pablo Seoane. 23:00
31 xullo: Dios salve a la reina. Tributo a Queen. A Quintana. 22:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-06-2007 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
XVII CONSTANTINO BELLÓN
XVII CONSTANTINO BELLÓN

O Ateneo Ferrolán convoca o XVII Concurso de Gaita Galega ?Constantino Bellón?. Celebrarase en Ferrol o día 31 de agosto de 2007 e, este ano, estará dotado con 3000 Euros e dous accesits de 1000 Euros cada un.

Poderán participar neste premio de gaita galega todos os músicos que o desexen, con gaitas que poderán estar afinadas en calquera tonalidade.

Deberán enviar un CD gravado coa peza Danza do gato e o rato, de Iván Costa Blanco, sen acompañamento e facendo constar na mesma o pseudónimo adoptado, nun sobre pecho identificado co mesmo. Este sobre introducirase dentro de outro repetindo outra vez o pseudónimo no exterior, xunto cunha partitura orixinal dunha peza inédita composta expresamente para este concurso e unha copia da partitura da peza tradicional ou de autor, e os dados persoais.

Remitirase antes do 12 de xullo ao Ateneo Ferrolán, na rúa Magdalena 202, 1º - 15402 de FERROL.


Ademais establécese un Certame de Composición, que contará cunha dotación de 2000 Euros, no que poderán tomar parte os autores que o desexen, cunha partitura escrita para gaita galega solista, con ou sen orquestra ou conxunto instrumental composto por un máximo de 40 instrumentos, que ten que ser inédita, non ter sido estreada nin premiada anteriormente en ningún outro concurso, nin obxecto de encargo previo. Terá unha duración mínima de, aproximadamente, 5 min. e máxima de 12.
Farase chegar ao Ateneo antes do 2 de xullo.

Se desexas descargar as bases ou a partitura obrigatoria, por favor, preme nas seguintes referencias.

Bases
Partitura
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-06-2007 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada nas Pontes

O vindeiro venres día 29 de Xuño a partir das 22:30 horas, na Cafetería LAR, organizamos a derradeira Foliada desta temporada. Para a ocasión contamos cun cartel de luxo dentro do ámbito tradicional.

Para empezar visítannos ?AS DUAS?. Elas son: Sabela Caamaño e Tamara Santamariña, dúas xóvenes rapazas ferrolás que fan maravillas cos seus acordeóns. Demostrando en cada actuación que o delas é o virtuosismo, semellando facil é sinxelo todo o que fan, demostrando un control impecable e un dominio absoluto sobre o instrumento.
Teñen unha maqueta gravada no 2006, titulada ?COMEZOS?, con doce pezas, todas tradicionales, mesmo teñen gañado algún concurso internacional.

Despois poderemos contar coa presenza de Manuel Viqueira, o gaiteiro de Vilaverde, un dos mellores gaiteiros de Galicia: Coñecido en toda a comarca de Ordes dende que, con 11 anos, comezara a percorre-las romarías levando a maxia e a alegría da súa música. Manuel tén agora 77 anos e segue cheo de forza e de proxectos: acaba de gravar un disco e tamén de aparecer no mes de Febreiro como protagonista do programa da TVG, ALALA.

Manuel é único porque tén un xeito de tocar, o que se coñece como ?tocar pechado?, que antes era moi frecuente pero que agora pouca xente domina. Ademais conserva moi ben o repertorio propio da súa zona e que fai uns picados e uns trinos que distinguen a súa música da de calquera outro gaiteiro, poderemos comprobar a gran espectacularidade, coa sua forza de interpretación ante o público.
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-06-2007 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)

"VI Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais" na Praza da Verdura.
de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00

Sábado 14 de xullo
12:00 Pasarrúas dos grupos inscritos no concurso con saída na Praza de Curros Enriquez
20:00 Actuación dos grupos finalistas, resolución dos premios e actuación especial de Xabier Blanco na Praza da Verdura

Domingo 15 de xullo
20:00 Festival de música Tradicional con Ardentía e Tanxedoras do Pandeiro na Praza da Verdura
































VIII MEMORIAL "RICARDO PORTELA".

A inscrición deberá de formalizarse no rexistro do Concello de Pontevedra, ben en persoa, ben por correo e o prazo remata o 10 de Xullo. Mais información no Concello de Pontevedra: 986 896 528

Ademais do concurso, tanto o sábado como o domingo teremos a oportunidade de visitar a "VI Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais" na Praza da Verdura.

Bases do Concurso " VIII Memorial Ricardo Portela"

1. O concurso celebrarase en Pontevedra o sábado 14 de xullo, en dúas fases: unha eliminatoria pola mañá e unha final polo serán.

2. Poderán participar nel agrupacións musicais tradicionais galegas no formato de cuarteto, quinteto ou sexteto. Os cuartetos e quintetos comporanse, cando menos, dos seguintes instrumentos: dúas gaitas, un tamboril e un bombo. No caso de ser quinteto, o quinto instrumentista poderá, ben utilizar unha terceira gaita, ben formar parte da percusión con calquera instrumento deste tipo dos considerados tradicionais galegos: pandeiro, pandeireta, ferriños, cunchas, etc, ou ben utilizar instrumentos que teñan sido empregados por agrupacións deste estilo no pasado: requinta, requinto, clarinete, etc. Os sextetos admitiranse unicamente con esta configuración: dúas gaitas, dúas requintas,tambor e bombo.

3. Todos os instrumentos han ser de formato e feitura tradicional quedando expresamente excluídas as percusións de alta tensión e as gaitas denominadas marciais.

4. Os membros dos grupos vestirán obrigatoriamente o traxe tradicional galego.

5. Estabelecerase unha única categoría con tres premios en metálico e a posibilidade de contratación dos finalistas polo Concello de Pontevedra para as dianas, alboradas e outras actuacións das festas da Peregrina dese mesmo ano. Os grupos premiados terán preferencia para a contratación, estando obrigados, salvo causa de forza maior, a acudir cos mesmos membros que concursaron.

6. Os importes dos premios en metálico para a presente edición serán:
1º- 1500 euros; 2º- 900 euros; 3º- 600 euros


7. Estabelecerase un premio especial ?Ricardo Portela? de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio de don Ricardo, entendendo como tal aquel que estea gravado en cinta ou disco polo mestre pontevedrés. Este premio é compatíbel con calquera dos outros en metálico e tamén poderá recaer sobre calquera dos finalistas non premiados.

8. Establerecerase un premio especial ?Seivane-Goretex?, consistente nunha gaita creada especialmente para o VIII Memorial, á mellor interpretación dunha peza en toque pechado. Este premio é compatíbel con calquera dos outros en metálico e tamén poderá recaer sobre calquera dos finalistas non premiados.

9. Calquera dos premios pode quedar deserto se o xurado así o estima.

10. O xurado será nomeado polo Concello de Pontevedra tendo en conta que polo menos a metade dos seus membros estean vencellados co mundo da gaita. A tarefa deste xurado será a de cualificar os grupos na fase eliminatoria, clasificando un máximo de oito para a fase final.
Nesta fase terán que escoller os que, ao seu xuízo, sexan os merecedores dos premios que se ofrecen; así como cualificar, por orde da súa preferencia, os restantes. Esta última clasificación non se fará pública aínda que estará ao dispor de quen a solicite. Tamén poderá o xurado descualificar calquera grupo que incumpra algunha das bases deste concurso. O veredito e outras decisións do xurado serán inapelábeis.

11. A fase eliminatoria celebrarase sobre un percorrido polas rúas e prazas da cidade polo que os grupos deberán tocar, a xeito de dianas e alboradas, distintas pezas galegas ben tradicionais ou de autor. Para os efectos de non solapárense, darase a saída a un grupo cada 5 ou 10 minutos. Os membros do xurado, que estarán situados en distintos puntos do percorrido polos que os grupos pasarán tocando, cualificarán deste xeito os grupos na súa actuación natural. O fallo do xurado darase a coñecer durante unha comida de irmandade de todos os grupos que será sufragada polo Concello de Pontevedra, sorteándose a continuación a orde de saída dos finalistas.

12. A fase final celebrarase polo serán nun escenario montado nunha das prazas do centro histórico. Os grupos clasificados deberán interpretar dúas pezas galegas (tradicionais ou de autor) por un espacio de tempo máximo de 8 minutos. O xurado valorará a calidade interpretativa, a afinación, a dificultade e idoneidade das pezas elixidas así como a presenza e enxebreza de cada un dos grupos finalistas.

13. A inscrición deberá de formalizarse no rexistro do Concello de Pontevedra, ben en persoa, ben por correo; facendo constar o nome do grupo, número de compoñentes e o nome, enderezo e teléfono da persoa de contacto; así como un pequeno currículo do grupo. A orde de actuación na fase eliminatoria será inversa á de inscrición (o primeiro inscrito será o último en saír).

14. O prazo para a inscrición remata o día 10 de xullo.

15. No caso de superaren o número de inscricións os 25 grupos, terase en conta a orde de entrada no rexistro municipal; e só se considerarán inscritos no concurso os 25 primeiros.

16. A mera inscrición supón a total aceptación das bases.

17. O xurado terá a potestade para dirimir ao seu bo criterio calquera cuestión non recollida nas presentes bases, así como a interpretación das mesmas en caso de dúbida.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-06-2007 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
IV Concurso de música tradicional
O Concello de Cotobade organiza o IV Concurso de música tradicional "Ricardo Portela" - O Gaiteiro de Viascon-. Este será un concurso de gaita aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar tódolos/as Gaiteiros/as que o desexen dentro dun único apartado: ?toque pechado? , modalidade individual.

As/os participantes deberán levar traxe tradicional galego e poderán ir acompañadas/os por un/unha percusionista, sempre e cando utilice percusión tradicional galega.

O Concurso celebrarase o sábado día 21 de xullo ás 18:30 horas, e a entrega de premios será o domingo 22 de xullo despois do Xantar Popular que haberá na Carballeira da Portela.

O prazo de entrega de inscrición rematará o 13 de xullo de 2007 ás 13:00 horas e haberá un único premio de 1200 ?. Máis información no Concello de Cotobade (986 760 001 )

BASES IV CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL ?RICARDO PORTELA?-O GAITEIRO DE VIASCÓN?

1.- Este será un concurso de gaita aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar tódolos/as Gaiteiros/as que o desexen dentro dun único apartado: ?toque pechado? ,modalidade individual. O Concurso celebrarase o sábado día 21 de xullo ás 18:30 horas, e a entrega de premios será o domingo 22 de xullo despois do Xantar Popular que haberá na Carballeira da Portela.

2.- As solicitudes de inscrición serán gratuítas e dirixiranse ó Excmo. Concello de Cotobade, Concellaría de Cultura, Educación e Deportes. O prazo de entrega de inscrición rematará o 13 de xullo de 2007 ás 13:00 horas. Cada Gaiteira/o proporcionará coa inscrición o enderezo, o número de teléfono así coma as partituras das pezas a interpretar, segundo modelo de folla de inscrición que se facilita.

3.- O número de participantes será limitado a 25, no caso de superar esta cifra terase en conta a orde de entrada e só se considerarán inscritas/os no concurso as/os 25 primeiras/os participantes por orde de inscrición.

4.- As/os participantes deberán levar traxe tradicional galego e poderán ir acompañadas/os por un/unha percusionista, sempre e cando utilice percusión tradicional galega.

5.- A orde de participación será mediante sorteo, que se realizará momentos antes de comezar o Concurso.

6.- As/os concursantes deberán de estar o pe de escenario, mentres actúa a/o Gaiteira/o que lle precede.

7.- As persoas que concursen farán unha 1ª interpretación Libre onde poderán interpretar unha ou varias pezas Galegas, recollidas ou de autor/a non excedendo os 5 minutos de actuación, sendo penalizado cun punto de penalización por cada 10 segundos de exceso. A 2ª interpretación será dunha peza do repertorio de don Ricardo Portela, entendendo como tal aquel que estea gravado en cinta ou disco polo mestre de Viascón.

8.- Os criterios de valoración do xurado serán os seguintes:
- Afinación ata 10 puntos
- Dificultade da peza ata 10 puntos
- Interpretación ata 10 puntos
- Posta en escena ata 5 puntos
- Orixe da peza ata 1 punto
- Idade do participante ata 1 punto

As/os participantes deberán executar outras pezas de temática libre por orde de participación ata que o xurado remate a deliberación.
9.- O importe do único premio será de 1200 ?, dos cales 900 será doados pola Comunidade de Montes de Viascón e os restantes 300? pola Concellaría de Cultura, Educación e Deportes do Concello de Cotobade. O Concello librará a parte do seu premio mediante transferencia bancaria ao número de conta que a tal efecto facilite o gañador do premio.

10.- A composición do Tribunal determinarase tras as eleccións locais do próximo 27 de maio de 2007.
Para a válida constitución do tribunal, a efectos da celebración de sesións, deliberacións e toma de acordos, requirirase a presenza do presidente e do secretario, ou no seu caso, de quen os substitúa, e polo menos, tres dos seus membros.

11.- A inscrición a este concurso supón a aceptación das bases.

12.- A decisión do Xurado será inapelable, e será quen teña potestade para dirimir ao seu bo criterio calquera cuestión non recollida nas bases, así como a interpretación das mesmas en caso de dúbida.

Folla de Inscrición
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/inscricionportela07.doc
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-06-2007 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra das Culturas en Boiro o 30 de xuño
Venres 29 de xuño
24:00 h. Concerto
Loretta Martin
Cuchufellos
Sinefres

Sábado 30 de xuño
23.00 h. Escenario principal
Triángulo de amor Bizarro
La Kinky Beat
Najwajean (Nawja Nimri e Carlos Jean)

Domingo 1 de xullo
21.00 h. Concerto no parque da Cachada
Ataque escampe
Chiquilicuatres
Renato Spencer (Brasil)

Luns 2 de xullo
13:00 h. Concerto de BATUKO TABANKA na rúa peonil

Martes 3 de xullo
13:00 h. Concerto de SERRALLE-AHÍ na rúa peonil

Mércores 4 de Xullo
13:00 h. concerto de MALVELA na rúa peonil
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-06-2007 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de carreira e fins de curso
Este Xoves 28 de xuño ten lugar o concerto de fin de carreira da gaiteira Lorena Freixeiro.
Será ás 16:00 no auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de música de Vigo.

No concerto participarán entre outros Xistra de Coruxo, Vicus Spacorum e un septimino formado por gaiteiros do conservatorio.

-------------------------------------------------
Este venres dia 29 de Xuño será o fin de curso na Escola de Artes e Oficios de Vigo (antiga Universidade Popular) coas audicións das distintas turmas do conservatorio folc (Canto popular, Requinta, Violín, Zanfona, Harpa, Gaita e percusión).

A partires das 18:00 na sede de García Barbón (Vigo)

------------------------------------------------
Tamén este venres dia 29 de Xuño, organizase o concerto de Fin de Curso cos Alumnos de Gaita, Percusión, Acordeón, Canto e Pandeireta da AOFT (Asociación Ourensana de Folclore Tradicional).

Será a partir das 20:30h. no salón de actos da Casa da Cultura de Allariz.
------------------------------------------------

O sábado 30 de xuño ás 19:00 no Salón Teatro de Lalín, concerto aberto fin de curso do Conservatorio Folque.

Convidados Mofa e Befa (Teatro) e Merce de Rande (Teatro)

E ás 21:00 o gaiterio Edelmiro Fernández coa Banda Municipal de Lalín.
-------------------------------------------------


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-06-2007 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Kérkennai

O grupo de folk Kérkennai ven de sacar un novo disco: Nas Beiras de Lethes.

Conta a lenda que os romanos tardaron en invadir Galiza tanto tempo porque dicíase que se cruzabas o río Lethes, o actual Limia, perdías todas as túas lembranzas.
O disco procura mostrar un poco da abstracción das lembranzas e a levidade da boa música de Kérkennai.

Conforman Kérkennai:
Pepe Quintas, ó baixo e guitarra;
Sindo Otero, ás guitarras e voz;
Pepa Rodríguez ó clarinete e voz;
Felipe Rodicio, ó violín e viola;
Juan Seara, á gaita, flautas e voz

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2007 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Manu Chao
O novo disco de MANU CHAO vaise chamar "La Radiolina" e porase á venda o 27 de Agosto.

Agora mesmo Manu esta dando os últimos retoques ao mesmo, seis anos logo da saída de "Radio Bemba Sound System", xunto ao produtor Mario Caldato (Beastie Boys, Jack Johnson).

O disco conterá 19 cortes en castelán, francés e inglés, así como unha canción dedicada a Maradona, contando ademais co cineasta e músico Kusturica co que gravou un vídeo-clip.

No disco tamén se incluirá "Me llaman calle ", o tema principal da película "Princesas" de Fernando León, corte do que tamén se incluirá o vídeo-clip dirixido polo propio Fernando. E por suposto tamén conterá o primeiro single, "Rainin In Paradize", que se pode descargar ata o día 30 de Xuño de forma gratuíta en www.manuchao.net.


Manu Chao estará de concerto en Vigo o 4 de agosto.





Tracks de "La Radiolina":

1. 13 dias
2. mama cuchara
3. infinita maleza
4. politik kills
5. rainin in paradize
6. me llaman calle
7. besoin de lune
8. el kitapena
9. cosa
10. bleedin clwon
11. mundo reves
12. siberia
13. toda siberia
14. tombola
15. el hoyo
16. mala fama
17. panik panik
18. otro mundo
19. la radiolina
Comentarios (12) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2007 01:31
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe no Alalá: Pablo Carpintero
Hoxe, martes, día 26/06/2007

O equipo do programa compartirá co público o coñecemento dun verdadeiro ?crack? da música tradicional: Pablo Carpintero, un magnífico gaiteiro que ademais é un dos maiores expertos en folclore do noso país, que constrúe e restaura instrumentos, produce discos, organiza exposicións de instrumentos antigos, dirixe varios grupos, colabora en programas de radio e intenta por todos os medios que a cultura tradicional chegue a todos.

Pablo Carpintero é un home xeneroso que doou todo o material acadado durante anos de traballo de recollida ao Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega, e por esa xenerosidade e polo seu altísimo nivel de coñecementos é admirado e querido polos outros músicos e estudosos da tradición. A pesar de ser aínda novo, leva feito un enorme labor de estudo e recuperación da cultura tradicional e agora traballa na que será a primeira tese de doutoramento dedicada á gaita galega. Para el será o segundo doutoramento, porque este Leonardo da Vinci da nosa terra é ademais doutor en Ciencias e un destacado investigador no eido da xenética molecular.

Neste programa coñecerase ademais a súa faceta máis familiar, as súas reflexións sobre a situación actual da cultura en Galicia, e saberase moitísimo sobre a gaita e outros instrumentos galegos curiosos que forman parte da colección completa que posúe Pablo Carpintero.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-06-2007 01:07
# Ligazón permanente a este artigo
Festas do barrio de San Pedro (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 25-06-2007 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Festival Folc de Callobre (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 25-06-2007 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
II Mostra de folclore tradicional do grupo Brincadeira
O vindeiro sábado, 30 de Xuño, a partir das 21:00 horas, no Teatro Principal en Santiago de Compostela, terá lugar a II Mostra de folclore tradicional do grupo Brincadeira.

Ao longo dunha hora e media coñeceremos de primeira man o traballo feito polo alumnado desta escola de baile, gaita, percusión, pandeireta e acordeón, realizado ao longo de todo o curso. Tres grupos de cada disciplina (o dos cativos, e de adultos, iniciación e perfeccionamento) en baile, pandeireta e gaita, tambor e máis bombo, pasarán polo escenario do Teatro Principal.

Amosarán diferentes pezas tradicionais recollidas nas diferentes comarcas galegas, tentando reflectir da maneira máis fiel posible a cultura tradicional. Por suposto, vestidos co traxe tradicional, co que ademais poderemos gozar da riqueza e variedade das pezas, tanto de cotío como de gala, de distintas zonas de Galiza, de xeito que coñeceremos de xeito integral a nosa cultura.

Horario: 21:00 h.

Lugar:
Teatro Principal
Rúa Nova, 21. 15701, Santiago de Compostela

Prezo: De balde
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-06-2007 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Programa do Festival de Ortigueira 2007
Xoves 5

Exposicións
Nazón de Breogan. Exposición sobre a historia de Galicia organizada pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia
Lugar: Claustro do Concello
Todos os días de 12.00 a 20.00 horas

Saias Faldas, de José Pardo
Lugares: Escaparates das rúas do centro de Ortigueira

Escenario Estrella Galicia
Proxecto Runas 07.
22.00 horas
Sete Saias, Balbarda, Crema de gaita, La Jambre e Bonovo

Venres 6

Pasarrúas
Banda de Gaitas de Ladrido (Ortigueira)
Lugar: Cantón
12.00 horas

Banda de Gaitas de Candás
Lugar: Cantón
18.00 horas

Vídeo-documental
Cabo Verde Sabi. A muller e a terra, o home e o mar.
Idea e dirección: Manuel Maseda.
Lugar: Teatro de Beneficencia
18.00 horas

Danza
Centro Coreográfico Galego
Lugar: Cantón
21.00 horas


Escenario Estrella Galicia
22.00 horas
Escola de Gaitas de Ortigueira(Galicia)
Pepe Vaamonde Grupo (Galicia)
Eric Rigler & Bad Haggis (Escocia/ EE.UU.)
Flook (Irlanda/U.K.)
Zarambeques (Galicia)

Sábado 7

Pasarrúas
Banda de Gaitas de Verín
Lugar: Cantón
12.00 horas

Scotish Power Pipe Band e Banda de Pauliteiros de Sendín (Portugal)
Lugar: Cantón
17.00 horas

Lume na palleira
Programa en directo da Radio Galega
Lugar: Teatro de Beneficencia
15.00 horas

Vídeo-documental
AcTÚa
(1ª parte) Finalistas do Festival internacional de curtometraxes organizado por Intermón Oxfam
Lugar: Teatro de Beneficencia
18.00 horas

Serán
Lugar: Campo de San Roque
19.00 horas

Escenario Estrella Galicia
22:00 horas

Sud ar Su: Bagad Kemper + convidados (Bretaña)
Kroke (Polonia)
Kepa Junkera (Euskadi)
Daniel Bellón e Diego Maceiras + Álex Blanco (Galicia)

Domingo 8

Desfile de bandas
Percorrido: Porto deportivo-Rúa As Pontes- Estrada xeral-Rúa Francisco Santiago-Tres farolas e Cantón
12.00 horas

Banda de Gaitas San Xiao do Trebo (Cariño)
Banda de Gaitas de Verín
Banda de Gaitas de Candás
Bagad Kemper (Bretaña)
Banda de Gaitasde Ladrido (Ortigueira)
Scottish Power Pipe Band
Banda de Pauliteiros de Sendín (Portugal)
Escola de Gaitas de Ortigueira

Pasarrúas
Banda de Gaitas Gaitas San Xiao do Trebo (Cariño)
Lugar: Cantón
12.00 horas

Vídeo-documental
AcTÚa
(2ª parte) Finalistas do Festival internacional de curtometraxes organizado por Intermón Oxfam
Lugar: Teatro de Beneficencia
18.00 horas

Concerto
Rosa Cedrón. Entre dous mares.
Lugar: Teatro de Beneficencia
20.00 horas

Escenario Estrella Galicia
22.00 horas
Scotish Power Pipe Band + Finlay MacDonald (Escocia)
Milladoiro (Galicia)
Dervish (Irlanda)
Mercedes Peón (Galicia)
Comentarios (2) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-06-2007 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Noite Meiga 2007 no Casco Vello
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-06-2007 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Carta de Luz Casal (19/06/07)


Lo que nos mata, nos hace más fuertes.
- NIETZCHE -

!Hola a todos!
He terminado con la quimioterapia!

Desde el 12 de Febrero, he aprendido a convivir con: Taxotere,Farmorubicina, Corticoides, Genoxal, Kytril y otros cócteles.
Veneno y toxicidad que me ayudan a combatir la enfermedad.

Un antes y un después.
Una prueba.
De ser una persona físicamente imbatible, he pasado en estos meses, a ser una mujer dependiente y frágil.
Mis venas están quemadas.
Mis ojos vagos y llorosos.
Mis huesos doloridos.
Mis músculos lentos.
Mi cerebro perezoso.
Mi estómago resentido... Y mi cabeza, !calva!.

Sé que lo que vivo yo, lo han vivido y lo viven otros.
En los primeros días, después de escribiros la nota en la que os hablaba de mi enfermedad, me impuse la tarea de responder a vuestros mensajes; sobre todo a los que padecían la misma enfermedad -me sentía muy cerca de ellos-. Tarea muy difícil de cumplir.

Así que es hora de daros las gracias a tod@s:

A los que cada día me escribieron " Te quiero"
A los que me exigieron que no me fuera...
A los que han escuchado mis canciones en este tiempo, como una forma de estar más cerca de mi.
A los que contaron su bajada a los infiernos de Orfeo.
A los que me enviaron una poesía.
A los que me enviaron Ánimo,Fuerza,Valor...
A los que confiaron en mi fe, en mi lucha y en mi fortaleza.
A los afectados por Linfomas, Mielomas y otras enfermedades duras.
A los que me recomendaron ponle palabras a los sentimientos.
A las familias enteras que me enviaron cariño.
A los que me enviaron su testimonio y su experiencia con la enfermedad.
A los que rezan por mi.
A los que me recomendaron usar: Marihuana, Homeopatía y ... demás.
A los que se ofrecieron para ayudarme como enfermeros, masajistas, acompañantes, chóferes...
A muchos de mis colegas -afines y no- que me llamaron.
A los que me enviaron flores y plantas.
A las que me mandaron naranjas cada 21 días.
A las que cada 21 días perfumaron de azucenas mi habitación.
A la gente de Asturias, á forza do pobo galego, a Barcelona, Las Palmas, Guipuzcoa, Cádiz, Málaga, Mallorca, Murcia, Gijón, Sevilla, Bilbao, Alcorcón, Oporto ( porto) Serena (Chile), Lisboa, Río de la Plata, Marsella, Uruguay, Los ángeles, Rosario, París, Montpellier, Avilés (Asturias).

El aprendizaje en la vida es largo, pero con la enfermedad, se acorta.

Luz Casal
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2007 15:08
# Ligazón permanente a este artigo
Recollida de herbas de san Xoán
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2007 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Fogueira de San Xoán no Casco vello de Vigo
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2007 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festa do Muiño do verdugo
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-06-2007 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Nova sala de concertos en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2007 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
10ª Festa dos Fachos na Peneda (O Viso-Redondela)
Venres 22 de xuño ás 23:00

Tradición recuperada en 1997 por varias agrupacións e colectivos culturais redondeláns. É celebración do solsticio de verán, limiar das fogueiras de San Xoán, pero tamén un xeito de reivindicación do monte da Peneda, das pegadas históricas e dos mitos de seu.

Ás once da noite reúnen a tódolos
asistentes ó pé deste monte emblemático que se ergue entre terras de Redondela e Soutomaior, na aldea do Viso, e desde alí soben ó cumio portando
uns fachos, e formando unha comitiva que se distingue desde tódolos lugares do concello.

Ó chegaren arriba invocan as tradicións e sinais de identidade do lugar; seguidamente, prenden lume a un folión cos fachos e preparan unha
queimada reparadora.

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 20-06-2007 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Xose Manuel Budiño
Celebraremos este verán de 2007 o décimo aniversario do primeiro disco de Xosé Manuel Budiño ?PARALAIA (1997)?.

Budiño presenta agora un Novo Disco con composicións cheas de vitalidade e coa colaboración de amigos como:
Jorge Pardo (saxo) - Paco Charlín (contrabaixo) - Paulo Borges (piano) - Jacky Molard (violín,guitarra) - Carlos Castro (percusión) - Kepa Junkera (trikitixa) - Mercedes Peón (voz) - Xoel López (voz) - Antón Reixa....


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2007 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Igor Medio e Carlos Redondo
Concerto de Homenaxe a Igor e Carlos o próximo día 22 de Xuño en Xixón.

Cabe dicir que o os 10 segmentos reservados para o folk foi imposible dar cabida a todas as persoas que desexaban tomar parte na homenaxe participando encima do escenario. As familias e Felpeyu realizaron unha selección de xente que foi realmente próxima a Igor Medio e a Carlos Redondo. Por iso hai unha chea de músicos que quedan sen ter a oportunidade de actuar no concerto, pero que de igual forma poden participar na homenaxe como público.

A xornada debe de ser unha verdadeira homenaxe ao ambiente musical que tanto Igor como Carlos propiciaron. A comunidade musical asturiana estará alí presente tanto no escenario como entre o público.

A idea do concerto non é que cada grupo súbase ao excenario para interpretar as súas propias cancións, pois iso pode verse en calquera outro concerto. Os grupos van traballar en adaptar outros temas.

Do mesmo xeito que na parte pop/rock, onde se interpretarán maioritariamente temas de Los Locos, na parte folk cada grupo ou colectivo vai interpretar dous temas nos que participaron ou tiveron que ver Igor e Carlos, ademais de (onde proceda) un tema propio. A maioría dos temas que se tocarán serán parte do repertorio de Felpeyu ou do traballo de Igor Medio con Lisardo Prieto (Dual), pero tamén se prepara algunha que outra sorpresa.
Comentarios (2) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-06-2007 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
Sons na Rua o 21 de xuño (SDC)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-06-2007 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá polo Val do Ulla

Hoxe, martes, día 19/06/2007

Nesta nova edición, o programa Alalá viaxa ao Val da Ulla. En San Miguel de Sarandón viven Marcelino de Muiñeiro e Pepe de Nande, os dous últimos requinteiros que aínda tocan nunha formación estable. Ao redor destes grandes e vellos mestres reuniuse un grupo de músicos novos que, engaiolados polo son da requinta, quixo recuperar as vellas tradicións musicais da Ulla con ?A gaita de Sarandón?. Pepe e Marcelino ademais de veciños son amigos desde a infancia. Xuntos teñen unha chea de vivencias tanto musicais coma persoais. O que tiveron en común os dous foi o amor pola música, de cativos conseguiron xa o seu primeiro pínfano ou frauta e con el andaban ?pinfaneando? mentres andaban coas vacas nas veigas.

Descubriremos tamén como se empregaban hai moitos anos instrumentos pouco coñecidos, como pode ser o charrasco. Recuperar o repertorio e o legado musical que os dous reteñen na mente son os obxectivos do grupo, as pezas de cando tocaron na ?Gaita de Vedra? e as das festas e troulas cos veciños de Sarandón.

Grazas ao traballo e esforzo deste grupo, a requinta, un instrumento case esquecido, está a vivir hoxe un momento de esplendor que se ve reflectido coa publicación do seu primeiro traballo discográfico: Requinteiros da Ulla. Na gaita de Sarandón hai unha mestura de idades, caracteres e personalidades. Ademais de músicos, no grupo hai un enxeñeiro, un investigador, un bibliotecario, un mecánico?e de todo isto xorde unha formación que está a acadar un éxito importante, que lembra aqueles grupos de requinteiros, de comezos do século vinte, que constituían outro dos emblemas do Val da Ulla.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2007 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Ortigueira 2007: Concertos do esceario Runas
O Proxecto Runas'07 xa ten gañadores

O Proxecto Runas´07 pecha o seu cartel. A dirección artística do Festival Ortigueira vén de anunciar os nomes das cinco bandas noveis gañadoras do concurso, que abrirán a cita folk nunha noite adicada a pular aos novos creadores da música de raíz.


Sete Saias, Balbarda, Crema de gaita, La Jambre e Bonovo son as formacións que debutarán no escenario Estrella Galicia o xoves 5 de xullo. Por unha noite, o palco principal de Ortigueira será espazo reservado para os grupos emerxentes do panorama folk.

O xurado, integrado por críticos musicais como José Miguel López, director de Discópolis; Emilio Españadero, director de Lume na palleira en Radio Galega; Ángel Varela de La Voz de Galicia; Óscar Losada de La Opinión, Joao Sá do portugués Folklandia e o público da web oficial, inclinouse este ano de forma maioritaria por propostas artísticas que actualizan e reinterpretan a música tradicional (aplicable aos andaluces La Jambre, aos madrileños Balbarda e aos galegos Setesaias e Crema de gaita). Unha liña da que escapa o son festivo e cañeiro de Bonovo.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-06-2007 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Despois de Xacarandaina tócalle a O Fiadeiro
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-06-2007 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Crema de gaita
Marcos Campos ...gaita e wistles
Ernesto Campos ...guitarra e serrucho
Judith Alonso...baixo
Suso "feixon" Alonso...batería e percusións
Diego Mariño...gaita e wistles
Jose Manuel Lopez...clarinete ,saxo e gaita
Cristina Macias...piano e voz
X.C. Villar Bouza...percusións

O novo disco de Crema de Gaita xa está a venda!

Para os internautas interesados, xa o podedes adquirir en: www.ouvirmos.com ou contactando directamente co grupo en: cremadegaita@gmail.com

Para os que queran escoitar, a modo de adianto, algún tema deste novo traballo podedes facelo na entrevista do programa "Lume na Palleira" do día 16 de xuño en
http://www.crtvg.es/RG/arquivo.asp
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2007 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
INTENSIVOS FOLQUE DE VERÁN 07

INTENSIVOS DE VERÁN 07

Cursos intensivos de verán Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín. 8 e 9 de agosto.

www.folque.com Auditorio Municipal s/n 36500 Lalín.
producetrini@folque.com tlfe. 651957361

5 cursos a elexir:
RITMOS E CORDAS DO BRAZIL. Profesor: Sérgio Tannus.
PANDEIRETA GALEGA, TECNICA REELABORADA. Profesor: Davide Salvado
BAILE GALEGO, DANZAMOS COMO NÓS SOMOS. Profesor: Marcelo Gonzalez
REELABORACIÓN DE CANTOS POPULARES GALEGOS. Profesor: Pepa Yañez
REPERTORIO PARA ACORDEÓN DIATÓNICO. Profesor: Carlos Quintá.
ARRANXOS PARA PERCUSIÓN TRADICIONAL. Profesor: Lola de Riveira.

Aula colectiva para todo o alumnado. HISTORIOGRAFIA DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA.Profesor: J.Luis Dopico Orjais.

Lugar: Auditorio Municipal. Duración: 2 dias. Horarios: de 11 a 14 h. e de 17 a 20h. Data: 8 e 9 de agosto.
Matrícula por curso : 100 euros(inclue intensivo + aula teórica)
Preiscrición no mail: producetrini@folque.com
Pagamento de matrícula n. conta: 2080 0401 6 3 0040184764
+info www.folque.com (aloxamento, transporte, restaurantes?)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2007 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Cava do Millo Corvo

CAVA DO MILLO CORVO

A Asociación Cultural Meiro realizará o vindeiro luns 18 de xuño, a partir das 8 da mañá, a cava do millo corvo, continuando co ciclo do millo corvo, iniciado en maio coa sementeira.

A cava é o primeiro labor que se realiza despois de sementado o gran. Con esta actividade elimínanse as malas herbas e se airea a terra, conseguindo un maior desenrolo das raíces e do milleiro.

A seguinte tarefa a desenvolver será a renda.

NOTA: O tratarse dunha actividade realizada ao aire libre, ésta farase
sempre que a climatoloxía o permita.

Para máis información: 637 55 89 57 ou no mail: meirocorvo@gmail.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2007 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Cartaz de Ortigueira 2007

Xa temos cartaz oficial
Comentarios (3) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-06-2007 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0