O XXXVII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 28 de maio no Pazo da Ópera da Coruña en horario de mañá. Ao igual que nos últimos anos haberá tres categorías divididas segundo a idade dos compoñentes.
Despois da xornada vivida, non podemos máis que dar as grazas a tódolos grupos participantes, aos membros do xurado Leni Pérez, Chus Uzal e Miro Regueira e aos patrocinadores e colaboradores por facer que este proxecto poida ser unha realidade.
Os resultados acadados onte foron os seguintes:
Categoría A (ata os 11 anos):
1º Premio Os Batáns da A.C. Os Xeitosos de Trazo
2º Premio Gharabullos da A.C.F. Tarambainas
3º Premio Galdrumeiras da A.C. O Amanexo
Vestiario Grupo C da A.C. Rosalía de Castro
Categoría B (de 12 a 16 anos):
1º Premio Soalleira da A.C. Soalleira
2º Premio Soalleiriños da A.C. Soalleira
3º Premio Grupo B de Cantigas e Agarimos
Vestiario Tahúme do G.B.M.T. Tahúme
Categoría C (de 17 anos en adiante):
1º Premio Aldomir da A.C. A Mámoa de Luou
2º Premio Barallocas da A.C. O Amanexo
3º Premio Pandereteiras da A.C. Rosalía de Castro
Vestiario Lagharteiras da A.C.F. As Lagharteiras
Reiteramos o noso agradecementos á Excelentísima Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo, Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, Codisoil S.A., Carmencita La Contenta, De Cotío, Instalaciones del Noroeste S.A., Contradición, Obradoiro de Costura Saiáns, Xesleio, Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Antón Corral, Obradoiro de gaitas Afonso Castro, Téqueletéquele, Bulideira, Casa Cielito Lindo e Ofint,
ESTE CONCURSO SEN VÓS NON SERÍA POSIBLE, GRAZAS!!
Pablo Díaz pecha unha exitosa xira no programa de actividades para a Rede de Dinamización Lingüística o sábado 20 ás 18:30 horas
O ?Tic Tac Toc? despídese dos escenarios do programa cun concerto especial de entrada libre e de balde ata completar a capacidade deste espazo
Os convites pódense retirar, ata un máximo de catro por persoa, hoxe e mañá no despacho de billetes do Teatro Principal en horario de 18:00 a 21:00 horas