Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Rexenera Fest (Carballo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-05-2016 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
FesTeo
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-05-2016 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Ourenserock
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-05-2016 17:18
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de técnicas avanzadas de pandeiro galego (Lugo)
A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, organiza o domingo 12 de xuño, no salón de actos do Centro Lug2 - Tradescola, un obradorio de técnicas avanzadas de pandeiro galego guiado polo estudoso e investigador do folclore galego Luis Prego.

Neste obradoiro @s asistentes aprenderán as bases técnicas do pandeiro, as prácticas tradicionais que chegaron aos nosos días, as variantes locais.

O curso terá unha duración total de 6 horas, de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas, e contará co seguinte programa:

Desenrolo teórico:

O pandeiro no folclore galego. Situación no pasado e na actualidade.
Organoloxía do instrumento. Contextualización xeográfica.
Función e rítmica.
Grabacións históricas.
Visualización de vídeos documentais de traballos de campo feitos nas provincias de Pontevedra e Ourense, nos que se amosan as diversas técnicas tradicionais de tocar e suxeitar o pandeiro, atendendo ás variantes locais.
Desenrolo práctico:

Posturas para coller o pandeiro. Estilo persoal, xeito e acomodación para tocar. Diversos tipos de pancadas.
Ritmos e cadencias a 6/8 para o baile solto, toques a dúas mans.
Ritmos a ¾ para o baile solto, toques a dúas mans.
Toques a dúas mans para o baile agarrado.
Toques a unha man.
Prácticas de canto.
¡Aberto prazo de inscrición!

A inscripción ten un custo de 20'00€ (15'00€ si eres soci@ da AGG) e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Poden anotarse tod@s @s percusionistas que o desexen chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a tradescola@gaiteirosgalegos.gal ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.

É necesario que cada quen leve o seu instrumento.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 31-05-2016 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
obradoiro sobre programas informáticos aplicados á música tradicional (Lugo)
A Tradescola, escola de música tradicional galega que xestiona a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s na cidade de Lugo, organiza o domingo 5 de xuño de 11:00 a 14:00 horas, no 1º andar do Centro Lug2, un obradorio sobre programas informáticos aplicados á música tradicional (Musescore Software libre) guiado pola músico e mestra da Tradescola Mª Carmen Saborido (Menchu)

Este obradoiro está dirixido a tod@s aqueles que desexen iniciarse na edición de partituras mediante o uso dun programa de software libre como é o Musescore.

Tratarase:
Descarga e instalación do programa Musescore.
Coñecemento xeral do programa.
Creación de partituras.
Modificación de partituras.
O midi e o pdf.

¡Aberto prazo de inscrición!

A inscripción é gratuíta e as prazas son limitadas (asignaránse por rigurosa orde de matrícula). Podes anotarte chamando ao teléfono 982 229 966, enviando un correo a tradescola@gaiteirosgalegos.gal ou mesmo achegandose ata a Tradescola, na rúa Pintor Corredoira, 4 de Lugo.

É necesario que cada quen leve o seu seu ordenador portátil xunto cuns auriculares.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 31-05-2016 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
I curso de zanfona con Germán Díaz (Ribadeo)
A Asociación Cultural Ronqueta coa colaboración do Concello de Ribadeo organiza o I curso de zanfona. O curso terá lugar os días 11 e 12 de xuño na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e estará impartido por Germán Díaz.

Destinatarios
Persoas maiores de 8 anos.
Dous niveis diferentes (iniciación e perfeccionamento).
*IMPRESCINDIBLE TRAER O INSTRUMENTO PROPIO

Prazas
As prazas están limitadas a 15 persoas, sendo o mínimo 10 para a realización do curso.

Horario:
Perfeccionamento: Sábado de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
Iniciación: Sábado de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

Prezo:
Alumnado da EMMeD: 50€
Poboación en xeral: 60€
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 31-05-2016 17:04
# Ligazón permanente a este artigo
Día da muiñeira en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2016 01:18
# Ligazón permanente a este artigo
XI Serán Mar de Rianxo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2016 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-05-2016 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada nas Pontes
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-05-2016 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
X Noite de Fiadeiro en Ramirás
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-05-2016 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada en Parada (Silleda)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-05-2016 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Tarde de Fiadeiro en Vide (As Neves)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-05-2016 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Festa 20 aniversario da Reixa (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-05-2016 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Superoito na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2016 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Festival solidario en Rianxo
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-05-2016 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
V Encontro musical en Oza (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-05-2016 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival Folc-Rock en Grisalba (Sobrado dos Monxes)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-05-2016 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Manuel María en Castro de Rei
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2016 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
Caxade en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2016 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
II Festa nómada (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-05-2016 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Nao na Estrada
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2016 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Churrasconcerto (Couso-A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-05-2016 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre en Ponteareas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2016 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Sonia Lebedynski en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-05-2016 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do IV Concurso de canto e percusión tradicional Traspés
Resultados do IV Concurso de canto e percusión tradicional Traspés que tivolugar o 22 de maio no Auditorio do Teatro Afundación Vigo.

Categoría A: ata os 11 anos
1.º premio: trofeo e 300 €. Soalleiriños da A. C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)
2.º premio: trofeo e 150 €. Laretas, da A. C. Tarambainas (Vigo)
3.º premio: trofeo. Escola de pandeireta do CEIP do Hío (Cangas)
Accésit de vestiario: 50€. A. C. Rosalía de Castro (Teo)

Categoría B: de 12 a 16 anos
1.º premio: trofeo e 300 €. Soalleira da A. C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)
2.º premio: trofeo e 150 €. Titiriteiras da A. C. Tarambainas (Vigo)
3.º premio: trofeo. Grupo A, de Rosalía de Castro.
Accésit de vestiario: 50€. Titiriteiras da A. C. Tarambainas (Vigo)

Categoría C: de 17 anos en adiante
1.º premio: trofeo e 1000 €. Barallocas da A. C. O Amanexo de Oleiros,
2.º premio: trofeo e 500 €. Lagharteiras da A. C. Lagharteiras (Mos)
3.º premio: trofeo e 250 €. Grupo C da Escola Muiñeira Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)
Accésit de vestiario: 150 €. Pandereteiras A Buxaina de Coruxo (Vigo)

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-05-2016 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
XXXVI Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña)
O XXXVI CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 5 de xuño no Pazo da Ópera da Coruña en horario de mañá. Ao igual que nos últimos anos haberá tres categorías divididas segundo a idade dos compoñentes.

O prazo de inscrición xa está aberto e as vías para facelo son:

- Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.

- Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta, á dirección de e-mail: info@xacarandaina.com.

- A través da nosa páxina web www.xacarandaina.gal

O prazo de inscrición remata o sábado 28 de maio.

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico:

Asociación Cultural Xacarandaina.... 981 277 315
Correo electrónico info@xacarandaina.com

Agardamos que sexa do voso interese e poder contar coa vosa participación.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-05-2016 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
XXVII Concurso de música tradicional Xacarandaina (A Coruña)
O XXVII CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA terá lugar o día 29 de maio no auditorio do Centro Sociocultural Ágora en horario de mañá e de tarde.

Ao igual que nos últimos anos haberá tres modalidades: cuartetos, gaiteir@s solistas e pandereteir@s. Para cuartetos e gaiteir@s solistas haberá unha única categoría sen límite de idade mentres que na modalidade de pandereteir@s haberá catro categorías divididas segundo a idade dos compoñentes.

Achegamos as bases e a folla de inscrición.

O prazo de inscrición xa está aberto e as vías para facelo son:

- A través da nosa páxina web: www.xacarandaina.gal

- Por correo ordinario, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición, á dirección postal do local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº 3, soto 1º, 15004 A Coruña.

- Por correo electrónico, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta, á dirección de e-mail: info@xacarandaina.com.

O prazo de inscrición remata o sábado 14 de maio.

Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar coa A.C. Xacarandaina por teléfono ou correo electrónico:


A. Cultural Xacarandaina .......... 981 277 315

Correo electrónico .... info@xacarandaina.com


Agardamos que sexa do voso interese e poder contar coa vosa participación.

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 25-05-2016 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de canto en Rubiáns (Vilagarcía de Arousa)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 25-05-2016 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de pandeiro (Marín)
A Asociación Folclórica Pousos da Area organiza un obradoiro de pandeiros impartido por Xosé Maceda que consistirá en coñecer e aplicar as técnicas básicas para a construción dun pandeiro tradicional de pel cosido a man.

A este cursiño pode apuntarse calquera persoa interesada na elaboración dun pandeiro cadrado (non se precisan coñecementos previos). @s alumn@s irán adquirindo os coñecementos a medida que os poñen en práctica e ademais levaranse o pandeiro que confeccionen ó rematar o curso.

A duración de dito curso será de 4 horas e conta con 12 prazas. Podes inscribirte ou solicitar mais información enviando un correo a afpousosdaarea@gmail.com ou chamando ao 671 932 328 do 2 até o 27 de maio.

Data obradoiro: 29 de maio ás 17 h.

Lugar: Local Social de Cantodarea, Marín (en fronte á igrexa parroquial).

Prezo: 50 € Socios, 60 € Non socios.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 25-05-2016 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades de primavera de Algaravia en Ourense

Actividades de primavera de Algaravia, Obradoiro exprés de baile agarrado TRAD galego con Luis Prego e Obradoiro de Construción de pandeiro cadrado con Xosé Maceda, a que agardades, bulide que as prazas voan!!!!!

Partillade!!!
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 25-05-2016 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
Repertorio acompañado de pandeiro cadrado na Galiza (Vigo)
Este martes 24 de maio ás 19:30 será a presentación de Julia Feijóo do seu Traballo Fin de Estudos sobre o Repertorio acompañado de pandeiro cadrado na Galiza, na aula de orquestra do Conservatorio Superior De Vigo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2016 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
Roi Casal en Cervo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-05-2016 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Borreiros (Gondomar)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 20-05-2016 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán en Mandrás (Cea)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 19-05-2016 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer