Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo disco de Invivo
Invivo presenta agora Cárcavas, a forza da natureza arrasando as terras malas, abrindo longas fendas, físicas e emocionais,? 11 temas que podes escoitar e descargar na súa bandcamp.
As modificacións apareceron motivadas a raíz duns problemas na voz orixinal do grupo, Mario César a inicios de 2013. Cos temas practicamente rematados para entrar no estudo, deciden apostar polo paso da testemuña do micro a Roberto Filgueira. Así mesmo, coma novidade, o grupo integra a Bruno Castro (Sarabia, Crying Wolves, Nerium,?), coma novo baixista, outorgando un son máis redondo.

Producido por Iago Pico e Invivo nos Pousada Son Estudios de Ames (A Coruña) entre novembro de 2013 e marzo de 2014, cun deseño de Laura Riveiro e vídeo oficial ideado e dirixido por Lois Rodríguez.














Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-05-2014 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Ruxe-Ruxe
NÉMESIS é un disco conceptual a modo de ópera rock. É a viaxe en tres actos dunha persoaxe de a pé que un día se levanta pola mañán e decátase de que a terceira guerra xa comezou. Non hai tanques nas rúas nin mísiles atravesando o ceo pero o mundo caese a pedazos enriba da súa cabeza coa excusa dunha crise económica que deixa man libre e argumentos ficticios para que os poderosos sometan ós débiles. Observa ese mundo cheo de odios, estados miseria, delincuencia, políticas escuras e sometedoras. Observa a irmáns que matan irmáns. Ve crimen e destrucción. Despois reflexiona sobre o seu sitio no mundo e énchese de dor e dunha amarga decepción que remata en odio. Comeza a súa revolta, a súa loita persoal contra todo e acaba enguedellado nunha sanguenta batalla que acaba arroxandoo a el e ás súas pantasmas dende a azotea máis alta para deixalo reducido a unha simple mancha de sangue sobre cemento e sen saber nin tan sequera que foi da súa vida.

O espíritu da deusa NÉMESIS e da súa xustiza retributiva alimenta unha historia de ficción na que todo parece tan real que semella estar a falar do mundo no que vivimos.
Ficción ou realidade?

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-05-2014 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Nao
As ? Cartas no caderno ? están xa pechadas. Listas para compartir e espallar. Despois do paso adiante que supuxo o último disco ?Cancións de amor e liberdade?, en menos dun ano, apresentannos as súas "Cartas no caderno".

Grazas á agarimosa acollida do anterior traballo e os novos camiños que se lle abriron ó grupo, tráennos agora, cinco temas cargados de intensidade e forza. Unha pequena xoia da música galega, que demostra o bo momento da banda e a súa condición para alcanzar novos retos e seguir crecendo.

Estas 5 cartas que nos envía NAO reflexan o compromiso, a creatividade, o amor e a elegancia coas que NAO trata as súas cancións, levando a súa proposta por novos derroteiros, pero manténdoos fieis ós seus principios. Un tema propio que dá nome o single e catro versións feitas desde o respecto e a admiración máis profunda: ?Acción Galega? de Xenreira, ?Os Vampiros ? do gran Zeca Afonso, ?Como o vento ? de Sétima Legiâo e ?Je Veux? de Zaz.

Neste disco NAO contan coa fortuna de achegar gorxas e instrumentos de persoas que coa súa actitude e determinación fixeron e fan historia. Nomes, países e traxectorias diversas cun nexo en común: a súa actitude. Aí están Xurxo Souto de Diplomáticos de Monte Alto (GZ), Sigaro e Picchio dos míticos Banda Bassotti (IT), Xosé Manuel Pereiro de Radio Océano (GZ), Álex ? Eina, Inadaptats (PPCC), Manuel Payno de Caxade e Os tres trebóns (GZ), Jony e Fonta de Kaotiko (EH), Paula Chaves (GZ), Mini de A Quenlla (GZ) e Antía e Adrián da Liga Gaiteira Galega (GZ).

Nomes, países e traxectorias diversas que conflúen. Exemplo e referencia que marcaron as súas vidas e que hoxe teñen a sorte e privilexio de acompañarlles na gravación, e xuntos fan da nova proposta un disco soñado, feito entre amigos, para seguir soñando, para seguir camiñando.

Con todos vos: Cartas no caderno, de NAO, gozádeo...

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-05-2014 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Berros do Castro `Tanto encanto reunido´
Un LIBRO-CD de 120 páxinas, indispensable para músicos e afeccionados á nosa música popular.
15 Temas gravados e misturados nos estudios A Ponte nun libro-cd publicado por Edicións Embora


Poderás coñecer a moitos dos nosos músicos populares e como era o xeito que tiñan de interpretar a nosa música: gaiteiros solistas, bandas de música, murgas, cuartetos, constructores de instrumentos...

O libro conta con destacados colaboradores, como Daniel Bellón, Pablo Carpintero ou Alonso Caxade. Tamén músicos da Banda de Infantería de Ferrol, da Banda de Santa Cruz de Ribadulla ou da Banda de Música da Estrada, fixeron revivir a música da Laureada Banda Garrote de Ortigueira, nunha composición do ano 1931
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 21-05-2014 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Biografía dos Diplomáticos de Montealto
O xornalista Rodri Suárez é o autor do libro, co selo de Nicetrip Edición e xa á venda, que se presentará ao público o próximo mércores 28 de maio, na Sala Mardi Grass da Coruña.
Usando decenas de testemuñas, o texto relata a carreira da banda de rock ?que tronzou todos os tópicos submisos para liderar un movemento, o Bravú, que supuxo un inédito estoupido popular e galego?.
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 21-05-2014 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco do Coro Tradicional Cantares do Brión
Coro Tradicional Cantares do Brión, ?ARRUÍDOS?

Unha gravación-rexistro da memoria.


Memoria da nosa música tradicional, elaborada ao longo dos séculos, e cunha especial expresión nos últimos cen anos, des que apareceron os nosos coros históricos.

Memoria de catro anos, tempo de existencia de Cantares do Brión. Fixación do repertorio do período 2010-2014, con pezas do catálogo de Aires da Terra, de Cántigas da Terra, de Cantigas e Agarimos, da Coral De Ruada e, abrindo o disco, de Toxos e Froles; pero tamén con obras de nova creación, composición de membros do coro, como é o caso das Tríadas do vento no mar, Camiño de Ourense, Na Touba do Brión, Foliada de Vincios, Has de cantar; e outras con harmonización e arranxos para coro como é O carro, de Mero Iglesias, con letra de Manuel María.
Foliadas, alalás, pasodobres, pandeiradas e pandeiretadas e, pechando o disco, Os Pinos, a composición de Pascual Veiga e letra de Eduardo Pondal, que é o Himno de Galicia.
[Os compositores das obras de nova creación son: Luís Correa ?Caruncho? e Pablo Rial Salgueiro, que é o director do coro.]

Entre os propósitos principais están a interpretación, divulgación e restitución da música coral tradicional galega con acompañamento instrumental, así como o uso e divulgación do traxe tradicional; sendo obxecto de atención especial e uso habital o idioma galego.
Cantares do Brión está integrado na actualidade por 60 persoas, a maioría delas do Val Miñor, fundamentalmente da parroquia de Vincios, pero tamén doutras comarcas como O Condado, O Baixo Miño, Soutomaior ou Vigo.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-05-2014 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Brañas Folk
BRAÑAS FOLK, ?Danza das Burgas?

A Danza das Burgas é o terceiro traballo de Brañas Folk. Un disco onde se alternan temas cantados con instrumentais, tradicionais e de autor, de ritmos e ambientes variables, e cociñado íntegramente con receitas propias da nosa terra.


Os ingredientes ponos Brañas Folk, formado por Manuel Brañas (gaita, requinta, whistle, arpa, zanfona), Ana Dosouto (voz), Leonardo Blanco (violín), Tomás Saiz (acordeón), J. Antonio Blanco (guitarra), Olga Brañas (piano, pandeireta e outras percusións), Eduardo Balvís (baixo) e Aser Álvarez (batería, tamboril e outras percusións). E, tras cocer estas músicas con auga fervendo recén saída das Burgas e deixalas repousar, o aliño corre a cargo dos colaboradores que axudaron a enriquecer este traballo (Guadi Galego, Lucía Pérez, Davide Salvado, Pancho Álvarez, Javier Bergia, Quim Farinha, Pablo Pascual, Segundo Grandío e Xaquín Xesteira).

Bo proveito!
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-05-2014 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Marta Quintana
Novo traballo de Marta Quintana con un total de 11 temas do poeta galego Xosé Mª Díaz Castro da súa obra Nimbos.

As composicións musicais son de Marta Quintana e os arranxos de Cuchus Pimentel


O disco foi gravado por Cuchus Pimentel e masterizado por René Molinos. O deseño grafico correspondeulle a C. Pordeus.O disco naceu o descubrir Marta Quintana o poeta Díaz Castro con motivo do seu recoñecemento nas Letras Galegas de este ano... Os poemas nas mans de Marta tomaron unha nova vida musical, e, como un amor de nai que crece día a día, foron conformando as cancións na súa mente ata topar co calor que precisaba en Cuchus Pimentel quen fixo coas súas guitarras o berce perfecto para este traballo ?LUS? cargado de forza viva.

Os poemas que inspiraron a Marta para compoñer estas fermosas cancións están cheos de forza e de reivindicacións, e poderían ser feitas xusto hoxe, nesta mesma mañá, por ser totalmente atemporais. Neles, o autor reivindica a falta de beleza, a falta de verdade, a falta de traballo cualificado e o abandono dos pobos.... Poemas que teñen que ver coa forza da terra e o seu recoñecemento como nai, e remarca a idiosincrasia galega a través da súa paisaxe e autenticidade. Dende a perspectiva de Marta, nestes versos, poderíase entrever un símil do marcado papel da muller na nosa sociedade.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-05-2014 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Tonecho Castelos & Pablo Esqueira
Tonecho Castelos & Pablo Esqueira, ?Nas mariñas?

Dúo de música folk galega formado por Tonecho Castelos Boutureira (violín, bouzouki) e Pablo Gómez Esqueira (acordeón, piano e voz).


Presentan unha proposta sinxela baseada en pezas tradicionais e tamén en composición propias. No seu haber musical está o ter formado parte de distintos grupos de música tradicional e folk das mariñas lucesense e coruñesa. Presentan o seu primeiro traballo discográfico "Nas Mariñas".

O seu directo é un directo que invita a unha viaxe pola súa música, un concerto íntimo, elegante e divertido á vez. Aínda que sexa só un dúo incorpora no seu concerto unha rica variedade instrumental dando desta maneira un colorido sonoro moi singular. Cabe destacar tamén a súa faceta ditáctica, xa que contan cunha versión didáctica da súa música para un público familiar.

NAS MARIÑAS O título do disco fai referencia á orixe dos intérpretes, ámbolos dous da comarca da Mariña Luguesa (Pablo) e das Mariñas Coruñesas (Tonecho). O punto de partida foi nun primeiro lugar a música tradicional e composicións propias inspiradas na música tradicional que foron transformando en pezas elaboradas con riquezas tímbricas moi variadas. Trátase duna coidada selección de melodías sinxelas que foron coloreando cos seús arranxos. Contén todo tipo de ritmos galegos variados. Nas Mariñas e o primeiro traballo discográfico de Tonecho Castelos & Pablo Esqueira
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-05-2014 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de A Quenlla
Xa van alá 30 anos de cancións, de recorrer Galicia e todas esas terras onde Galicia está presente. A Quenlla celebra tres décadas de ?amor, dor e loita? e faino alentada polos amigos de sempre: Alfredo Garrido como produtor, Xulio Xiz e Alfonso Blanco como alentadores de músicas e poesías e un crítico da talla inmensa de Xesús Mato (incombustible musicólogo e humanista).

Con este consello de sabios Mini e Mero seleccionan coidadosamente 26 cancións inéditas para un dobre disco que nos trae moitas das músicas que levan anos formando parte do seus directos dos que, por certo, saiamos con ganas de ter en cd cancións como ?Carlos dos Santos? de Xosé Lois García, ?Penélope? de Díaz Castro ou ?Abril de lume e ferro? de Manuel María, todas elas musicadas por Mero.

No disco atopamos, tamén, cancións novas que chaman a atención facéndonos cavilar como ?Carme ti nós? de Lois Diéguez , na que o recordo e a nostalxia se fan amor en cada verso. O disco ten moito de saudade, dende ese precioso ?Quero voltar para Porto? ata o recordo alegre ao humanista Bernardo García Cendán, que nos deixou fermosos poemas como ?Dime quen te foi pescar?.

A Quenlla recunca no seu credo de sempre e faino con firmeza e utilizando a verba para denunciar que a nosa Penélope segue engaiolada nas teas de sempre con continuos retrocesos e enganos que nos adormecen na falsidade. Contra isto, A Quenlla permanece na terra porque é terra e non pode deixar de teimar nela para agromar o porvir; mais agora, está claro que nunca estiveron, nin estarán, sos nesta teima senón que os rodea un amplo exército de poetas que esnaquizan ermos coa palabra que eles erguen en voz para espallala polos puntos cardinais dunha terra que merece ser outra cousa.

A Quenlla agasállanos con 26 cancións nas que se deixa sentir o recordo dos mellores directos. Este é un traballo de anos, rodado e perfeccionado en moitos lugares de Galicia nos que estes músicos deixan as esencias da voz e da palabra. Por iso, cómpre agradecérllelo e pedirlles que sigan dándonos ese canto dos poetas que nos alenta.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-05-2014 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Andrés Penabad
ANDRES PENABAD, ?Crossing?
Despois de máis dunha década de estudo, premios e colaboracións con diversos músicos, Penabad decidiuse a gravar o seu propio traballo, Impulsado por Bieito Romero (Luar na Lubre), a quen considera o seu padriño musical, e coa produción de Fernando Barroso (Cuarto Baleiro).

Composicións propias e temas de Barroso, Kepa Junquera e tamén tradicionais. ?Este é o primeiro disco pero antes gravou con moita xente, estivo dez anos en Muxarega e colaborou con Ulträqäns, Kepa Junkera, Óscar Fernández, Pablo Díaz, Avelaíña, Xabi Aburruzaga ou Xoán Carlos Rilo?. Esta experiencia musical reflíctese tamén nas achegas coas que conta en ?Crossings?, onde está tamén Kepa Junquera, o propio Fernando Barroso, Edelmiro Fernández, Davide Salvado, Bieito Romero, Valentín García, Pedro Villarino, Óscar Fernández, Arancha Bouza, Ramón Dopico ou Pedro Fariñas.

Na traxectoria de Penabad cruzouse tamén a orquestra de acordeóns Robaleira, de Cedeira, cos que incluso gañou premios como solista no certame de Arrasate dos anos 2005 e 2010. Pero a vida musical deste intérprete pasa tamén polo Conservatorio de Música de Getafe, pola Escola de Música Moderna Estudo (en Santiago) e por clases con mestres como Oleg Sharov, Iñaqui Diéguez e Ángel Luis Castaño.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-05-2014 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco dos Terribles de Arousa
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 21-05-2014 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de A Roda
A RODA, ?Outra volta de Roda?

Libro disco homenaxe a toda unha carreira, a un tempo pasado onde o falecido Fito, ?a voz? inconfundible da Roda, está moi presente sen estar.
Unha selección de cancións imprescindibles interpretadas pola A Roda, coa colaboración de artistas xovenes que creceron escoitando estes temas nas festas, e viaxes no coche con seus pais.
Entre outros Miguel Costa exsiniestro total, Ses e Emilio Rua.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-05-2014 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de 2Nafronteira
2NAFRONTEIRA, ?zapatiños para Diaz Castro?

O dúo 2naFronteira, formado por Carmen Penim e Maurizio Polsinelli, presenta Zapatiños para Díaz Castro, un CD no que musica catorce poemas deNimbos, o poemario de Xosé María Díaz Castro. Os textos do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano cobran vida cunha ampla presenza de harmonios, pianos e a voz de Carmen Penim. No vídeo que encabeza esta información os artistas explican o proceso de xestación deste disco.O grupo iniciou o proxecto a musicar Penélope, o poema máis coñecido do autor, e foi o interese que os músicos foron atopando na lectura dos poemas de Díaz Castro o que os levou a completar o conxunto de textos do autor.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-05-2014 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Os contos de Joselín
Os contos de Joselín, José Rodríguez de Vicente
Primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954)


Laura Tato. Estudo e edición
Valentín Paz-Andrade. Prólogo

Este libro-disco recolle o periplo vital e a obra do actor e dramaturgo José Rodríguez de Vicente quen, caracterizado como «Joselín», gravou os primeiros contos en galego en 1929. Valentín Paz-Andrade definiu a «Joselín» como un xograr que soubo enraizar os seus contos na antiga tradición do escarnio popular de mariñeiros e labregos. Un artista capaz, a través dos seus discos de contos galegos, de facer estalar o riso tanto nos esperanzadores tempos da República como na triste realidade da ditadura franquista. O libro contén toda a obra literaria en galego de José Rodríguez de Vicente e preséntase cun Cd no que podemos escoitar en versión orixinal restaurada a integral dos seus contos, un total de 23.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 21-05-2014 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro infantil e xuvenil de instrumentos de corda (Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-05-2014 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto e obradoiro de corda en Xustáns (Pontecaldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-05-2014 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de percusión tradicional (A Coruña)
A Asociación Cultural Xacarandaina organiza un curso de Percusión Tradicional que será impartido por Eliseo Parra.

Nacido na Ribeira do Duero un mes antes da década dos 50, desde neno empezou a mostrar gran afección, primeiro polo baile e máis tarde polo cante. Realizou ?traballo de campo? por boa parte de España xunto a José Manuel Frade e colaborou nos libros e discos de recopilación deste, como transcriptor musical. Entre outras, cabe resaltar a súa labor docente desde fai seis anos como profesor de percusión e canto tradicional.

O curso será impartido os días 24 e 25 de maio. O sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 e o domingo de 10:00 a 14:00. O prazo de inscrición finaliza o 12 de maio e as clases serán impartidas a un máximo de 25 e un mínimo de 18 persoas. Impartiranse 3 sesións cun prezo total de 110 ? para os Socios e 140 ? para os Non Socios.

Asociación Cultural Xacarandaina 981 277 315
Correo electrónico info@xacarandaina.com

Asociación Cultural Xacarandaina
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-05-2014 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado do Concurso Azaloira 2014
O XIV Festival de Baile Tradicional Azaloira encheu ata os topes o auditorio Manuel Dopazo de A Bandeira nunha edición especial, adicada á canteira das formacións galegas. O grupo Náñaras, da Asociación Cultural Saíñas de Xove (Lugo) alzouse co primeiro premio da sección xuvenil -de 12 a 16 anos-, dotado con 500 euros.

O segundo posto nesta categoría foi para Os Xeitosos de Trazo, que se levaron 300; e a terceira posición foi para A Burga, do Centro Cultural A Ponte Vella de Teo, que recolleu 150 euros. O galardón a mellor vestiario recalou en Fungueirazos, da Asociación Donaire de A Coruña, que recibiu 100 euros doados polos comerciantes e empresarios de A Bandeira.

Na sección infantil -de 8 a 12 anos- impusose Sete Ferreñas, da Asociación Vai de Roda, de Rianxo, a quen lle corresponderon 400 euros. A victoria foi por partida dobre, xa que tamén recolleu o premio a mellor vestiario, dotado, igualmente, con 100 euros. O grupo C da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos consiguiu o segundo posto -250 euros- e Os Remuíños, da Asociación Cultural Mar de Arousa, de Vilagarcía, o terceiro premio -150-.

Integraron o xurado: Carlos Pardo, da Colexiata do Sar; Chus Uzal, bailadora de Xacarandaina; e Miguel Sotelo, director do grupo Trébere, de Marín. A edil de Cultura, Margarita Campos, actuou como secretaria, con voz pero sen voto. O comité calificador fixo unha mención especial á " importancia de ensinar aos rapaces a finalidade de disfrutar bailando e transmitir forza e ledicia, en contra de facer tan ríxidos os bailes na procura da perfección".

O festival durou case tres horas e nel compitiron 19 grupos, un menos do previsto, xa que a formación infantil Donairiño, da Asociación Cultural Donaire de A Coruña, caeu do cartel ao lesionarse o seu guía durante unha actuación, o sábado, na cidade herculina. Tamén bailaron os tres grupos da escola de Fortín da Pomba -a agrupación organizadora-, os adultos, as pandereteiras e o grupo de acompañamento, inda que fora de concurso.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 19-05-2014 15:35
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 12 (Luns)

Terza feira 13 (Martes)

Corta feira 14 (Mércores)

Quinta feira 15 (Xoves)
? Radio Cos na Casa do saber (Lugo) ás 20:30
? Caxade no Teatro Rosalía de Castro da Coruña ás 20:30

Sexta feira 16 (Venres)
? Caxade na Baña
? Machina na Fábrica de Chocolate (Vigo)
? Ardentía en Vigo
? Serán no torreiro da Festa de San Sebastian de Fragoselo (Coruxo-Vigo)

Sábado 17
? Ventofolk en Ventosela (Redondela)
? Ruxe-Ruxe na Gentalha do Pichel (Compostela)
? García MC no Liceum (O Porriño)
? ​Cantata Vernácula ás 22:30 no ​Liceo de Noia
? Breogán, Solaina, Charaviscas e A Banda do Trisquele ás 19.00 no Palco da Música de Moaña
? Ardentía no Heicho de dar queridiña (Pontecaldelas)
? A Roda no auditorio do Concello de Vigo ? Narf no Auditorio do Multiusos de Redondela ás 21:00
? Machina na Casa Tomada (A Coruña)
? VII Serán de Nespereira (Pazos de Borbén)

Domingo 18
? XIV concurso de baile tradicional Azaloira (Bandeira)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 13-05-2014 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do XXV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Reunido o Xurado do XXV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina, celebrado no Centro SocioCultural Ágora de A Coruña o 11 de maio de 2014, tomaron os seguintes acordos:


SOLISTAS:

1º premio: "Dairea"
2º premio: Santiago Lage Souto
3º premio: Ismael García del Río

CUARTETOS:

1º premio: "Virutas de Ébano"
2º premio: "Os Picurruchos"
3º premio: "Lusco - Fusco" Mención especial á percusión por parte do xurado.


PANDERETEIR@S CAT. A.:


1º premio: "Tarabeliños" da A.C. Donaire
2º premio: "Arrieiras" da A.C. Xiradela
3º premio: A.C. Os Xeitosos - Trazo


PANDERETEIR@S CAT. B.:


1º premio: ?Os fillos de Pepa a Loba? da A.C. Faragullas
2º premio: "Pedresqueira" da A.C. Adro - Baio
3º premio: ?Titiriteiras? da ACF Tarambainas


PANDERETEIR@S CAT. C.:


1º premio: ?Lilaina? da A.C.R.D. O?Castro
2º premio: ?Taravela? da A.C. Xiradela
3º premio: ?Lagharteiras? da A.C.F. ?As Lagharteiras

Parabéns a todos eles e vémonos o vindeiro ano!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-05-2014 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Faite un pandeiro (Taragoña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 13-05-2014 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Borderline 79 e Vicky Polard en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2014 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
V Xuntanza folc en Lires
Como previa da V Xuntanza Folk de Lires, esta fin de semana e coincidindo coas festividades na parroquia de Lires a ARCE ten previsto celebrar o seu primeiro festival folclórico no que estarán presentes as seguintes agrupacións: Ecos e agarimos (Peitieiros, Gondomar), Agrupación Breogán (Brens), Terra de Sena (Cee), e Pedras Miúdas. O festival terá lugar na praza de Riba das Eiras a partires das 18:00 horas.

Ademais, o domingo o grupo de baile de Pedras Miúdas bailará a tradicional danza de arcos no transcurso da procesión da Virxe do Socorro.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2014 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Festival Afamo (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2014 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Grande baile assalto en Compostela
Venres 9 de maio a partires das 19:00 na Gentalha (Compostela)

Baile Assalto da Escola Livre da MPG para o mes das flores na Gentalha do Pichel (Sta. Clara 21, Compostela). Este mes adicado a bailes do leste de Europa e Israel. A sesión está dirixida polos mestres de percusión e violino da ELMPG (Kinhos Saburido e Gutier álvarez respectivamente). Previamente ao baile, hai un obradoiro de aprendizaxe para estas danzas dirixido especialmente por Pili Conde que é tamén a comisaria do Baile Assalto. Comezamos puntualmente 19h.

Bailes: especial sobre danzas de Romanía, Grecia e hebreas: Hora Mare (Rom), Tzakonikos (Gre), Ikarioticos (Gre), Hassaposerviko (Gre), Kalamatianos (Gre), Tzadik Katamar (Heb) e Samoth (Heb). Extremadamente doadas e entretidas todas elas.

Ademais haberá danzas das xa coñecidas: galaicas varias, schotische, cercle, bourrées, chapelloise, OXO reel, hater dro, gavotte, OXO reel, etc?

Haberá tres pases a cargo de dúas formacións:
◾Trio Os sureños (músicos da Escola Livre do suroeste galego): Javier Álvarez (diato), Marcos Saburido (percusións), Gutier Álvarez (violin, vioara cu goarna e Zanfona) e coa colaboración inestimable de Pedro Pascual (bouzouki).
◾Músicos invitados co grup Kumbal Trad da Coruña e que levan moitos anos facendo música para bailes europeos.

Horarios:
◾19 ? 20.30 obradoiro de baile
◾21.30- 1.30 h Baile Assalto
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2014 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Esquíos e Jonh Deeres en Pontevella (Teo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2014 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
X Feira da illa (Meira-Moaña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2014 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Sementeira e música (Corzáns-Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2014 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
XXIII Festa do melindre en Melide
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2014 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Freixo Rock (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-05-2014 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
XXV Concurso de música tradicional Xacarandaina (A Coruña)
XXV CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL XACARANDAINA

O XXV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina que todos os anos ven organizando a Asociación Cultural Xacarandaina, no marco do Centro Sociocultural Ágora, celebraráse na Coruña o domingo día 11 de maio.

O acto dará comezo ás 10:30 da mañá e continuará ás 16:00 tarde. Participarán no mesmo 72 grupos de pandeireteiras, cuartetos e solistas procedentes de toda Galicia: grupos de Asociacións folclóricas, Centros Parroquiais, Asociacións Culturais e Recreativas e Asociacións Xuvenís etc. Todos os grupos participantes deberán cumprir as bases do concurso, onde se indica que é obrigatorio o uso de traxe tradicional. Concederanse 3 premios por categoría, que se determinará pola media das idades dos compoñentes do grupo e ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos:

CATEGORÍA A: ata 10 anos inclusive.
CATEGORÍA B: de 11 a 16 anos inclusive.
CATEGORÍA C: de 17 anos en adiante.

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, quedando descualificado o grupo que exceda dito tempo. O xurado no momento da cualificación terá en conta: autenticidade da peza, dificultade técnica e afinación e interpretación.

En cada unha das categorías serán concedidos tres premios:

1º PREMIO: trofeo e 250 ?
2º PREMIO: trofeo e 150 ?
3º PREMIO: trofeo

Finalízase o acto, tanto da mañá como da tarde, coa actuación do Grupo de Música Tradicional Xacarandaina que realizará unha exhibición despois da actuación dos participantes e mentres o xurado delibera para a entrega de premios.


A venta de entradas está dispoñible na páxina web de Servinova (a partir do día 5 de maio), no despacho de billetes da praza de Ourense ou o mesmo día no despacho de billetes do Ágora ata unha hora antes do inicio do concurso, sendo o prezo das mesmas a 5 ? (cada sesión individualmente) ou 8 euros (en horario de mañá e tarde).

info@xacarandaina.com
Asociación Cultural Xacarandaina
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-05-2014 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Parola con Pablo Quintana en Compostela
Xoves 8 de maio ás 21:00 no local Folque de Compostela

Dentro das actividades no local da Folque para este 1º semetre de 2014, organízanse estas ?Parolas de tu a tu?, sesións amenas para falar abertamente abertamente das visións sobre arte e oficio de personaxes relacionados coa música popular actual.

A conversa de hoxe ten como convidado a un dos músicos e pesquisadores referentes da música popular en Galiza, Pablo Quintana, autor dun dos discos seminais da músca folk nos anos 80, ?O cego andante? (1982) que abriu camiños que logo seguiron outros grupos e que recentemente está facendo pública a súa impresionante colección de fotos, vídeos e investigacións antropolóxicas da música en Galicia desde os anos 70.

Con el manteremos unha parola distendida acompaña dun chá e unhas bolachas sobre o patrimonio, as gravacións históricas -foi responsável das gravacións a Eva castiñeiras e Florencio para Tecnosaga- , a perspectiva dos últimos 40 anos da música en Galiza e moitos outros temas que queirades sacar á luz.

www.folque.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2014 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Compostela
Seráns en Compostela
Xoves 8 de maio


A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)

Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de baile con José Codesido
22h30 . Sete cuncas
23h15 . A Requinta da Laxeira
24h00 . Retrouso de Ouzande
01h00 . Foliada aberta até ás 03h00


Máis información
www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-05-2014 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Gala da A.C. Buxainas en Valdoviño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2014 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0