Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-05-2014 17:40
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Borreiros (Gondomar)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-05-2014 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Cea-concerto De outra margem (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2014 17:29
# Ligazón permanente a este artigo
Pandereteiras do Faneco no Racimo (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2014 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Sesión Bravú na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2014 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de música infantil en Vigo
Lemos, cantamos, gozamos. Festival de música e literatura infantil na Feira do Libro en Vigo

Día 28 de maio - Mércores
19:00 Tambo, de Víctor A. Castro

Día 29 de maio - Xoves
19:00 Pitusa semifusa, de Olga Brañas

Día 30 de maio - Venres
Estamos no verán!!!, de Xoán Curiel

Día 31 de maio - Sábado
Xiqui Xoque, de Uxía e varios autores

Día 1 de xuño - Domingo
Brinca vai! de Paco Nogueiras
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2014 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Heredeiros da Crus toman Madrid
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2014 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Familia Caamagno en Carballo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2014 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
Gala XIII Premios Opinión (A Coruña)

A gala dos XIII PREMIOS OPINIÓN celebrarase o 30 de maio no Rosalía

Na cerimonia que premia aos mellores traballos do folk actuarán o gaiteiro Pablo Devigo, o cuarteto Saiva Nova, o trío PeldeNoz e Anxo Pintos acompañado pola voz de Serxo Ces


A décimo terceira edición dos PREMIOS OPINIÓN de música folk xa ten definido o seu programa de actuacións para a gala de entrega dos galardóns, que un ano máis se desenvolverá no teatro Rosalía de Castro. A data sinalada para festexar os mellores traballos da música de raíz elaborados durante o ano 2013 é a do 30 de maio, comezando o espectáculo ás 20.30 horas.

O ton das actuacións previstas aposta por amosar unhas caras diferentes do folk, afastándose dos canóns máis ortodoxos coñecidos noutras épocas para ofrecer unha variedade sonora que non fai máis que reflectir o que está a acontecer na propia escena musical galega ao longo dos últimos tempos.

Abrirá a noite o gaiteiro Pablo Devigo, un deses mozos virtuosos da gaita que honran ao instrumento tentando equiparalo a calquera outro. Gusta de emparellar á gaita co piano, unha parella de feito na música que está a dar froitos interesantes en Galicia. Devigo vén de gañar o prestixioso galardón Constantino Bellón e nese concurso amosou as súas grandes virtudes e enorme habelencia coa gaita ao interpretar un tema de Albéniz. Esa peza tamén se vai escoitar na cerimonia e vaise ser o punto de entrada perfecto para a segunda actuación da noite.

Ao longo destes anos, o público asistente tivo ocasión de escoitar moita variedade estilística enriba do escenario e nesta ocasión vaise tocar unha nova tecla sonora na historia da gala coa participación do cuarteto Saiva Nova. Será unha oportunidade para ver como se mestura o mundo da música clásica e as raíces musicais galegas. O grupo editou hai un par de anos o seu primeiro álbum, no que realizaban versións de pezas tradicionais galegas e de autores con vencellos a ese tipo de música. O cuarteto sabe unir con gusto e pericia eses dous mundos. Participaron como músicos no espectáculo Terra de Soños, que recuperaba con novos arranxos o repertorio máis coñecido do histórico grupo Fuxan os ventos.

Non será esta a única novidade estética que se vai propoñer na gala, xa que tamén haberá unha actuación ata o momento inédita na traxectoria dos galardóns. Os asistentes poderán escoitar unha vea creativa diferente dun dos mellores músicos do país. Anxo Pintos foi un dos sete compoñentes dos recentemente desaparecidos Berrogüetto e forma parte do trío Lizgairo. Ademais participa activamente nos traballos da orquestra folk SondeSeu, premiados en tres ocasións nos nosos galardóns. Por exemplo no álbum editado o ano pasado pola formación aparece o tema Sil lenzo, composición de Pintos, quen exerce como mestre na escola E_trad viguesa, lugar onde naceu unha orquestra composta fundamentalmente polo polo alumnado do centro educativo.

O artista realizou a banda sonora para unha curtametraxe documental de David Beriain titulada Percebeiros, no que o protagonista é Serxo Ces, cantante de Os Cempés que leva anos exercendo esa dura profesión. O músico vigués tocará as pezas que compoñen a banda sonora no escenario do teatro Rosalía de Castro e como broche final á súa intervención estará acompañado nun par de pezas pola voz de Serxo, quen interpretará a cantiga dos percebeiros coñecida xa de cando a comezou a interpretar hai anos cos Cempés.

O punto final da noite mesturará os elementos da tradición cos do jazz, outro estilo que tampouco tivera ocasión de ouvirse case nada nas doce galas de entrega anteriores. Co gallo da entrega do premio á traxectoria á musicóloga Dorothé Schuberth o grupo PeldeNoz interpretará algunha das pezas recollidas no monumental Cancioneiro elaborado pola suíza e Antón Santamarina, que formaban parte do repertorio da súa ópera prima editada hai dous anos. A formación tivo o mérito de facer convivir tradición e jazz dun xeito harmonioso, o que non resulta doado. O acordeonista Alonso Caxade fora finalista no apartado de mellor artista polo seu labor nesa obra.

Ese premio de mellor artista, xunto aos de canción orixinal e disco do ano serán os que se entreguen no decurso da cerimonia do 30 de maio.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2014 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Ei Carballeira (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-05-2014 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
Xira despedida de Berroguetto
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2014 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 26 (Luns)
• Concerto `descubrindo aos Trinta´ no Salón Teatro (Compostela) ás 20:00

Terza feira 27 (Martes)

Corta feira 28 (Mércores)
• Sesión Bravú na Coruña

Quinta feira 29 (Xoves)
• Folk na rúa (Compostela): OCT Ultreia, AC Brincadeira, AF Cantigas e Agarimos, AF Colexiata de Sar ás 18:00

Sexta feira 30 (Venres)
• Gala dos XIII Premios Opinión de música folk no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña) ás 20:30
• Os Resentidos na Praza da Quintana (Compostela) ás 22:00
• Martelo na sala Karma (Pontevedra)
• Cantos de taberna en Pontevedra
• Foliada no Lar (As Pontes)

Sábado 31
• 99 Aniversario Toxos e froles (Ferrol) no teatro Jofre ás 20:30
• Treixadura en Redondela
• Ultraqans no Xebra de Burela
• III serán dos Maios en Queimadelos (Mondariz)
• VIII Noite de Fiadeiro en Vilavidal (Ramirás - Ourense)
• IX Serán Mar de Rianxo
• Serán en Borreiros (Gondomar)
• Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)

Domingo 1
• II Romaría Muiñeira da Sobreira (Vigo)
• Berroguetto no Teatro Principal de Ourense
• Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)
• Malvela no Multiusos das Pozas de Petelos (Mos) ás 20:30
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 26-05-2014 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto `descubrindo aos Trinta´ (Compostela)
Luns 26 de maio
Salón Teatro ás 20:00

O Salón Teatro acolle esta tarde un concerto organizado polo Proxecto de Recuperación Musical coa colaboración do Centro Dramático Galego co que se pretende dar a coñecer a música dunha agrupación de gaiteiros ourensáns de finais do século XIX, Os Trintas de Trives.

É a finais do século XIX cando se establece o nacemento dos Trintas de Trives, coincidindo coa chegada á vila ourensá do músico coruñés Ricardo Courtier (1865-1922). A finais da década de 1880, Courtier establécese na vila como músico e funda varias agrupacións, entre as que se atopan os famosos gaiteiros Os Trintas, arranxando e compoñendo obras que os Álvarez se encargarán de trasladar ás vilas galegas.

Acadan tal sona que son requeridos dende Cuba, para onde embarcan a finais de 1910, participando no Centro Gallego. Esta viaxe e a recepción dos exóticos ritmos de ultramar fan que pouco a pouco o seu repertorio vaia incluíndo ritmos foráneos (rumbas, tangos…) que se amalgaman coa música máis tradicional. A súa traxectoria tamén os levará a Barcelona, Madrid, Bilbao, Astorga,… incluso chegando a participar no acto de proclamación do monarca Alfonso XIII.

Os Trintas de Trives constitúen para a música galega un claro referente: por unha parte no que respecta a un tipo de agrupación estable, o cuarteto de gaita, requinto, caixa e bombo; por outra parte en canto ao versátil repertorio configurado por obras compostas expresamente para a agrupación por un compositor de sólida formación musical, arranxos de obras musicais de moda en España e Europa (zarzuelas, polkas, valses, …) ou aquelas de máis fondo sabor popular.

Catro persoeiros no mundo da música galega serán os responsables de achegarnos e de recuperar a música destes senlleiros gaiteiros ourensáns:
- Óscar Ibáñez (gaita)
- Fernando Abreu (clarinete en mi b – requinto)
- Andrés Vilán (caixa)
- Julia Feijóo (bombo)

Cunhas traxectorias coñecidas e recoñecidas no panorama musical galego, desta vez únense os catro para trasladarnos aos inicios daqueles xenuínos músicos profesionais e das músicas que espallaban cos seus instrumentos.

O obxectivo primordial de 'Descubrindo as Nosas Músicas' é dar a coñecer compositores, intérpretes e obras galegas de relevancia, achegando estas músicas á poboación e enriquecendo o legado musical. Trátase de conectar ao público coa súa historia e tradición musical máis próxima, facendo que o espectador sexa parte activa e implicada na experiencia; por iso, a interacción entre músicos intérpretes e estudosos faise imprescindible.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-05-2014 15:37
# Ligazón permanente a este artigo
Serán dos maios de Queimadelos (Mondariz)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-05-2014 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna en Pontevedra
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 26-05-2014 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
IX Serán Mar de Rianxo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-05-2014 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Noite de Fiadeiro (Ramirás)
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-05-2014 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-05-2014 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
99 Aniversario Toxos e froles (Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-05-2014 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
II Romaría Muiñeira da Sobreira (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-05-2014 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro da música de cultura tradicional de Golmar (A Laracha)
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 26-05-2014 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de pandeiro en Vigo
OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DUN PANDEIRO CADRADO

1. Destinatarios:
Calquera persoa interesada na elaboración dun pandeiro.
Non se require ningunha formación previa.
Os menores de 14 anos deberán vir acompañados dun adulto

2. Obxectivos e contidos:
Coñecer e aplicar as técnicas básicas para a construción
dun pandeiro tradicional de pel cosido a man.

3. Metodoloxía:
Este é un obradoiro interactivo onde os participantes irán
adquirindo os coñecementos a medida que os poñen en práctica. Os
alumnos levaranse, ó remate do curso, o instrumento que eles elaboren.

Día: Sábado 31/05/14

Lugar: Asociación O Fiadeiro (R/ Xesús Fernández Nº3 Baixo – Zona Calvario)

Hora turno mañá: de 10.00 a 14.00
Hora turno tarde: de 16.00 a 20.00

Prezo soci@: 63.00 euros
Prezo non soci@: 68.00 euros

Prazas limitadas por turno, entre 8 e 10 alumn@s

Todo o material e ferramentas necesarios a cargo do monitor.

Interesados anotarse no 629 585 355 / 986 253 585 – ofiadeiro@ofiadeiro.com
Data límite de inscrición 29 de maio
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-05-2014 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
III Curso de construción de palletas e pallóns (Lugo)
O artesán Xaime Pena será o encargado de guiar o curso que terá lugar nos locais da Tradescola, no Centro LUG II (Lugo) o vindeiro sábado 31 de maio.

Este curso é imprescindible para todas aquelas persoas amantes da música tradicional e particularmente para os alumnos que se están formando na aprendizaxe da gaita, xa que nesta xornada, poderanse adquirir unhas nocións básicas sobre a construcción e a manipulación de palletas e pallóns, as peculiaridades dos materiais cos que se realizan, o trato que se lles debe dar, a importancia das condicións atmosféricas no comportamento destes elementos, etc.

O horario do curso, que terá lugar no Centro LUG II ( Rúa Pintor Corredoira nº 4 - Lugo), será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

Prezo: 20€ (para alumnos da Tradescola / Socios da AGG) e 25€ para público en xeral.

As prazas son limitadas.

Inscricións:

•Tradescola ( horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas)
•Teléfono 982229966
•Mail: tradescola@gaiteirosgalegos.comEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo Indicando nome e apelidos e teléfono de contacto.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-05-2014 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 23 (Venres)
• I Xornada sobre música tradicional `Danzas e danzantes´(Pontevedra)
• IV Encontro de cantos de taberna en Coruxo (Vigo)
• Dios ke te Crew na sala Master de Vigo
• Os Cempés no Auditorio Municipal de Vigo ás 21.00
• Lume no Racimo (Vigo)
• Foliada en Couso (A Estrada)

Sábado 24
• Presentación na Coruña da Orquestra de música tradicional galega no Forum Metropolitano (A Coruña) ás 19:30
• Heredeiros da Crus no Festival de Cans (O Porriño)
• Invivo no TNT (Compostela)
• III Trullada Serán Pan con pan (A Poboanza)
• Serán do Coto no Colexio Carballal (Cabral - Vigo)
• Serán en Oroso (A Cañiza)
• Serán en Belesar (Baiona)

Domingo 25
• Coanhadeira en Cangas do Morrazo no Salasón as 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2014 16:49
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Belesar (Baiona)

A Comisión de Festas de San Lorenzo de Belesar organiza este sábado 24 de maio un Serán no Recinto de Festas da parroquia a partir das 21:30 horas. Haberá comida e bebida, acompañadas como non, de boa música da terra. En caso de chuvia haberá instalada unha carpa.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-05-2014 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Coto (Cabral-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-05-2014 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
III Trullada Serán Pan con pan (A Poboanza)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-05-2014 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Couso (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-05-2014 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
IV Encontro de cantos de taberna en Coruxo (Vigo)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2014 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
Dios ke te Crew en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2014 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Lume no Racimo (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2014 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
Coanhadeira en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2014 14:40
# Ligazón permanente a este artigo
II Xornada sobre música tradicional `Danzas e danzantes´(Pontevedra)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2014 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación na Coruña da Orquestra de música tradicional galega
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2014 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación en Compostela do novo disco de Invivo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2014 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer