Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Taghaitai en Cangas do Morrazo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 10-05-2013 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
Raparigos en Bertamiráns (Ames)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-05-2013 17:07
# Ligazón permanente a este artigo
Skandalo GZ en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-05-2013 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Roi casal e Rosa Cedrón en Compostela. Entrevista a a Roi Casal
Esta será a primeira noite que Roi Casal actúe na praza da Quintana sen estar acompañado de Milladoiro, banda que deixou para comezar a súa carreira en solitario no 2009.
-¿Que se vai atopar a xente?
-Vaise atopar unha banda madura despois de case catro anos de xira e dous discos. O primeiro foi Lendas douradas, que foi o que colocou á banda no primeiro plano musical en Galicia e foi o disco máis vendido no 2009 para sorpresa de todos. Continuamos ata Maxicamente vello. Hoxe tocamos nunha nova fase do proxecto de 12 persoas que fan posible a xira.

-Pero non será un concerto de música tradicional ao uso.
-A xente ve un arpista que era de Milladoiro e di «branco e en botella, folk». [Ri] Pois non, branco e en botella non dá folk neste caso, porque se fose así non marcharía de Milladoiro, porque baixo o meu criterio é unha das mellores bandas de folk do mundo. O que tiña claro é que o meu punto de vista da música non era o mesmo e decidín facer a miña aposta. Sempre digo que a música galega é basicamente música de festa, e a miña banda e mais eu queremos seguir transmitindo iso.

-¿Como?
-Queremos demostrar que coa música feita neste país se pode facer tanta festa e a xente o pode pasar tan ben como outros formatos. Será música galega pero non folk, porque collemos a música tradicional e podemos convertela en radiofórmula. Moita xente di que é música comercial. Se significa que a xente lle gusta e a compra estou de acordo. Se significa que non ten un pouso musical detrás non estou de acordo, porque a nosa é unha proposta moi elaborada. É unha música para todos os públicos.

-Semella que hai un rexurdimento da música en galego.-
Creo que iso era unha burbulla inflada polas subvencións. Non había un mercado real, pero é certo que os que sigan agora teñen moito mérito. Sempre o digo, o día que nos concertos non me veñan ver ou non merquen o meu disco terei que dedicarme a outra cousa. Eu estou en contra da política de subvencións polo mero feito de estar en galego, ten que haber máis criterios. Esa política fixo máis mal que ben.
roi casal músico

Venres 10 de maio ás 22.00 horas. Praza da Quintana. Comparte escenario con Mayalde e Rosa Cedrón. El toca ás 00.00.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-05-2013 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Son do Cortello (Lourido-Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 10-05-2013 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lagharto Pintado (Vigo)
A tradicional foliada dos mércores en O Lagharto Pintado pasa esta semana ao xoves 9 de maio, coa presenza dos grandes Brittany Haas (fiddle) e Yann Falquet (Guitarra), máis Jody March (fiddle), na que promete ser unha intensa e inesquecible noite musical. A partir das 21 horas. Para non perder!!!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-05-2013 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
O cancioneiro en dixital
A FUNDACIóN BARRIé PUBLICA NA REDE O CANCIONEIRO POPULAR GALEGO DE SCHUBARTH E SANTAMARINA

Hai trintaecinco anos chegaba a Galicia de vacacións Dorothé Schubart. Alguén lle falara da riqueza do noso folclore, sen esquecer referirlle a pobreza característica do noso país. A viaxeira era autora de destacados traballos sobre a música popular europea e, movida pola vocación, en chegando, comezou a buscar as escasas recompilacións que existían no noso país sobre o tema. Ante esa insuficiencia, non o dubidou e comezou un traballo de colleita que se iría ampliando e enleando ata dar lugar, seis anos máis tarde, á publicación do "Cancioneiro Popular Galego", a máis importante recompilación do noso folclore musical.

Considérase a pedra basilar da recuperación da nosa música tradicional galega. O Cancioneiro popular galego que compilou Dorothé Schubarth coa colaboración de Antón Santamarina supón unha achega inigualable cuxa importancia medra cos anos. Agora, a Fundación Barrié, que a editara orixinalmente, pon na rede unha versión dixital da obra que, de certo, ha supor un grande pulo á súa popularización. Repasamos con músicos do país a importancia deste traballo e o seu impacto na música de raíz.

Cinco anos de traballo e máis de 5.000 pezas recollidas e clasificadas, coas súas correspondentes gravacións. O Cancioneiro popular galego que compilou a suíza Dorothé Schubarth marcou un antes e un despois no coñecemento da nosa tradición musical coa súa publicación en 1978. ?É unha referencia. Non hai nada mellor nin o haberá?, así de categórico se amosa Pablo Carpintero, autor doutra obra de referencia da nosa música como é a monumental Os instrumentos musicais na tradición galega. Segundo el ?é unha ferramenta que aumenta o seu valor cos anos, porque a xente vai morrendo e pérdese a posibilidade de facer traballo de campo?. De xeito semellante, Benxa Otero, membro de Linho do Cuco e profesor da Central Folque, sinala que ?para min resulta un traballo básico?.

Versión web
O proxecto ve agora a luz nunha versión electrónica da man, como na edición física, da Fundación Barrié. Un web específico permite acceder ás letras, partituras e mesmo aos audios que acompañaban, orixinalmente en casete, á primeira edición da obra, difícil de atopar desde hai anos. Un total de sete volumes (o último dedicado exclusivamente a índices e táboas sinópticas) que se organizan nos epígrafes Oficios e Labores, Festas Anuais, Romances Tradicionais, Romances Novos, Cantos Narrativos, Sucesos, Coplas Locais e Cantos Dialogados e mais Coplas Diversas, Cantos Enumerativos e Estróficos.

A popularidade
Encol de se a obra conseguiu calar entre os músicos que desde a súa publicación veñen traballando os sons de Raíz, os músicos coinciden. ?É complicado de empregar porque hai que o saber ler e empregar. Non vale só con saber solfexo, cómpre que lendo a partitura xa soe en ti a peza para poder escoller, se non tes que aprender varias e sobre estas escoller. E hai pouca xente que teña esa habilidade para ler así as partituras, iso esixe moitos anos de práctica?, explica Carpintero. Segundo explica Alonso Caxade, de Peldenoz entre outras formacións, a obra ?non conseguiu facerse popular. O método tan académico que emprega Schubarth non é moi coñecido entre os músicos tradicionais ou folk. As pezas non teñen un compás asociado, tes que ver a marca de metrónomo e mirar na zona correspondente como son os ritmos?.

Máis dificultades
Segundo explica Carpintero, ?unha peculiaridade que dificulta achegarse á obra é que Dorothé non era galega e organizou as pezas en categorías que non se corresponden coas nosas. Entón hai muiñeiras clasificadas como outras cousas, ou cantos narrativos que para nós son jotas. Son cousas que se detectan sendo galego ou estando aquí moitos anos, é normal que alguén que viña de fóra o fixese coa súa visión. Pero isto fai que á xente lle fose máis difícil achegarse?. Do mesmo xeito, Otero apunta que ?é difícil entrarlle, resulta pouco agradable ou cómodo, e isto bota para atrás a moita xente. Pero cando te afás, atopas un material marabilloso e pouco coñecido?.

As outras fontes
Esa certa dificultade fai que haxa quen prefira recorrer ás súas propias gravacións de campo para procurar repertorio. ?Resulta máis rápido, escóitalas e xa sabes como soan as pezas?. Coincide Otero con esta apreciación que ten o Cancioneiro entre os músicos galegos. ?Coñécese pero trabállase pouco. Por unha banda ten unha certa dificultade que non presentan outros como o de Casto Sampedro ou o de Bal y Gay. Cómpre revisar como se fan as transcricións e a clasificación, e isto bota para atrás a moita xente?. Coincide nesta perspectiva Fernando Abreu, membro do grupo 2us. ?Desde o meu punto de vista é a colleita mellor feita a nivel musical. Hai outras obras, como a de Casto Sampedro que presenta moitas inexactitudes nese sentido. Schubarth tiña unha formación impresionante e empregou un método de transcrición moi preciso pero que obriga a entender como o fixo para interpretar as pezas?. En xeral ?a maior parte dos grupos folk buscaron referencia sempre nos cancioneiros. Aínda que nos últimos anos foi imperando máis a recollida e xa se parte de fontes máis recentes?.

En defensa
Fronte a estas aparentes dificultades, no entanto, non faltan músicos que defenden as posibilidades desta obra. ?Aínda que o de non ter compás bota para atrás algunha xente, a min paréceme que outorga moita máis liberdade á hora de abordar as pezas. Un músico de jazz, por exemplo pode facer o que queira con iso?. De xeito semellante Rodrigo Romanía apunta que ?a min paréceme un traballo accesible. Require certa preparación pero tampouco é excesivamente inintelixible. O problema ata o de agora era conseguir os libros?.

A pegada
Malia a dificultade que supuña o manexo do volumen orixinal, a obra deixou a súa pegada na nosa música. ?Todo o movemento da música folk galega serviuse moito dos materiais compilados por Schubarth? apunta Romaní. ?Na discografía de Milladoiro hai moitas cousas que proceden do Cancioneiro?. Carpintero sinala que ?está en moitos discos, a xente que temos grupos de música usámolo. No último disco dos Carapaus, no Kikirikí ou en Pelo gato 24 pódense atopar moitos temas tirados do Cancioneiro?, lembra Carpinteiro. ?Eu téñoo usado, por exemplo, para completar as coplas que che di unha persoa á que non se lle entende moi ben. E logo saquei 10 ou 15 veces coplas para o grupo?. Para alén da pegada directa nos repertorios de grupos galegos, o Cancioneiro marcou o xeito de investigar a nosa tradición musical. ?Supuxo unha primeira achega a un xeito Europeo e científico de facer as cousas, afastado dos folclorismos. Aí abriu un camiño e deixa ver a súa pegada?, lembra Otero. Caxade, pola contra, sinala que ?está pouco valorado, a súa presenza nos repertorios dos grupos é case anectdótica. É un traballo impresionante e penso que o mellor xeito en que o podíamos agradecer era facendo uso del?.

Por explorar
Dentro da relativa influencia que tivo o volume no noso panorama musical, existen apartados da obra que foron pouco explotados nese sentido. ?Hai cousas que valen pouco para escenarios. Por exemplo os cantares de cegos, os romances ou os reis non sen axeitados para un grupo que busca algo dinámico?. De xeito semellante, Otero apunta que ?aínda que a nivel musical os romances non están demasiado explotados, si que se teñen desenvolvido traballos a partir deles, todo o material que hai de Florencio, o Cego dos Villares é marabilloso, tanto polo complexo das pezas como pola calidade das transcricións?.

A nova versión
Á hora de analizar o novo formato da obra, Carpintero sinala que ?para o manexar hai que coñece o cancioneiro de papel. Permite consultar os audios pero hai que os ir pasando secuencialmente, non permite buscar un específico. Entón sabendo onde está no cancioneiro un tema concreto, podes ir á sección concreta e pasar ata atopalo, pero se non é complicado, facía falla algún texto que explicase como funciona. Logo estaría ben que houbese un mapa no que se estivesen localizados todos os ítens?.

Futuro prometedor

De cara ao futuro, a obra amosa a súa vixencia. Malia aos seus comentario sobre no novo formato, Carpintero recoñece que ?o traballo é impresionante, gustoume moito poder escoitar esas gravacións? e sinala que ?ao polo na rede sen dúbida vaise aproveitar moito máis?. Pola súsa banda, Romaní apunta, ?na E-Trad de Vigo traballamos moito con el, os volumes son un pouco como os libros de texto?. Isto garante unhas novas xeracións de músicos que estarán familiarizados coa obra e co seu emprego, ao tempo que apunta as posibilidades que as escolas de música tradicional abren para o futuro do noso legado sonoro. Otero, pola súa banda, sinala que ?hai moita xente que está a traballar en cuestións coma a análise de melodías a seguir esa senda?, lembra Otero, sinalando que ?na actualidade está a se incidir nunha concepción máis etnomusicolóxica do traballo, e esa vía comezou co Cancioneiro?. Por se fose pouco, Caxade mesmo está nominado aos Premios Opinión de música folk deste ano ?precisamente polos arranxos sobre temas do Cancioneiro?. Tamén o grupo no que participa, Peldenoz, opta a un destes galardóns por un disco, Jazz&Trad, no que a práctica totalidade dos temas están tirados da obra en cuestión. O Cancioneiro segue vivo.

www.culturagalega.org

Ligazóns:
www.fundacionbarrie.org/cancioneiro/
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 09-05-2013 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
Mes de maio na Casa das Crechas (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2013 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Festival portugués Perto (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2013 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Ás portas do novo álbum de Sés
Ás portas do novo álbum de Sés, ?Co xenio destrozado?

O día 6 de xuño porase á venda o novo álbum de Mª Xosé Silvar, Sés, que leva por título Co xenio destrozado. Despois da extraordinaria acollida do seu primeiro traballo, Admirando a condición, e de sorprender en centos de concertos por todo o país, volve coa súa forza no seu segundo traballo discográfico.

Paixón, cancións viscerais, frescura, vitalidade, orgullo identitario. Son algúns dos cualificativos que o selo Fol emprega para anunciar o segundo disco de Sés, Co xenio destrozado que se porá á venda o próximo seis de xuño. Producido pola propia Mª Xosé Silvar, o novo traballo conta coa súa banda nos directos, Tito Calviño na guitarra, Marcos Pazo na batería e Fran Sanz no baixo.

Desde que en 2011 publicou o primeiro disco asinado por Sés -despois de ter iniciado a súa traxectoria coa banda Chámalle Xis!- o nome de María Xosé Silvar comezou a cobrar forza no panorama musical, como un berro contundente e distinto que aos poucos conseguiu ser coreado polo público. Como ?disco dunha cantautora heterodoxa? definiuno nunha entrevista publicada no semanario Sermos Galiza no que explicaba a súa condición de muller ?enérxica, pasional, berrona, faladora e extrovertida, que fala do que pensa?, ese modelo co que moitas mulleres se identificaron.

Tempestades de sal, himno colectivo

Do primeiro disco, foi sen dúbida o tema ?Tempestades de sal" o que levou á autora ao nivel máximo de popularidade. A canción foi himno de manifestación e empregada moreas de veces para poñerlle banda sonora ás revoltas. María Xosé Silvar explicaba o seu éxito por ser unha ?reafirmación colectiva? que escribía desde ?a primeira persoa do plural?. ?Na canción digo ?mais aínda seguimos aí?. Escribo como parte dunha colectividade na que me insiro e pertenzo. Son galega e en galego e, se non, simplemente non son. Que esta colectividade asuma o teu discurso como propio é marabilloso, porque a escribín en nós, non en min?, explica a autora.

Do seu novo disco, sinalaba que continúa na ?liña de eclecticismo musical, dunha rancheira a un rock and roll?, con letras e músicas de autora e gravado con formato de directo.

www.sermosgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2013 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Garantindo a continuidade do baile tradicional

Temen que a falta de apoio á actividade cultural condene ao folclore galego á súa desaparición. Por iso, a asociación viguesa O Fiadeiro, xunto á coruñesa Xacarandaina e a compostelá Cantigas e Agarimos, propúxose que o baile da terra comparta co flamenco, o asubiar gomero ou o fado a honra de pertencer ao Patrimonio Inmaterial da Humanidade e comprometer así á Administración na súa conservación.


-Por que decidiron propor o baile galego como Patrimonio Inmaterial da Humanidade?
-As tres agrupacións empezamos a xuntarnos en 2006. Imos polas aldeas e recollemos cantares e músicas. Cada vez que nos reuniamos saltaba esa espiniña. Por que o flamenco si e a danza galega non? Sería unha honra. Decidímonos polo baile e non pola música porque a danza xa o implica todo. Centrámonos máis no tradicional, pero incluímos o resto tamén. Non só a muiñeira, tamén xotas, rumbas, ribeiras, pasodobres, contemporánea? O que queremos é que non morra o noso baile de raíz. Nun momento de recortes, podería chegar o día que desaparecese. Declaralo patrimonio inmaterial da Humanidade é a maneira de garantir que perviva. Queremos dignificar o noso folclore, que existe desde tempos inmemoriais. O medo que temos é que quede no esquecemento e, se é PIH; as institucións teñen a obrigación de conservalo. Non estaría mal que lle destinasen un mínimo do 1% do seu orzamento.

-Que implicaría o nomeamento?
-Son moitos requisitos os que hai que cumprir. Que haxa un número importante de centros galegos no mundo, que estea recolleito en arquivos? Queremos que a candidatura a presente a Xunta como institución, porque ten máis forza. Nós formariamos unha comisión de traballo para cumprir os requisitos.

-En cales se están centrando agora?
-Estamos a buscar sinaturas de apoio e rexistrando arquivos particulares. Nos poucos días que pasaron desde que o anunciamos, puxéronse en contacto connosco unha ducia de centros galegos de todo o mundo.

-Que posibilidades hai de que a Unesco conceda o nomeamento?
-Doado non é. Se cadra non o conseguimos o primeiro ano ou no segundo... A nosa intención é presentar a candidatura en 2014. Fixémoslle a proposta á Xunta en xaneiro e na seguinte abordaremos todos os requisitos que hai que cumprir. Nós seremos a plataforma de traballo. Só pedímoslle á Xunta que presente a candidatura. A nivel económico non lles pedimos nada.

-Cal é a realidade do interese polo baile galego hoxe na cidade?
-Vemos que, nos últimos tempos, anótanse ás clases máis nenos pequenos. Nos colexios, antes, era unha actividade extraescolar e iso perdeuse. É unha mágoa. Pero agora empeza a volver ese interese. É unha alegría ver a gran cantidade de nenos de entre 3 e 5 anos que nos chegan.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2013 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
O baile tradicional galego, candidato a patrimonio inmaterial da humanidade

A Conferencia Xeral da UNESCO aprobou no ano 2003 a Convención para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial. Esta aprobación marcou un logro, xa que por primeira vez a comunidade internacional recoñecía a necesidade de prestar axuda a un tipo de manifestacións i expresións culturais que ata entón carecían dun marco desta envergadura.

En concreto, a lista de patrimonio inmaterial da humanidade ten por obxecto salvagardar os usos, representacións, expresións, coñecementos e técnicas que as comunidades, os grupos ou os individuos recoñecen como parte integrante do seu patrimonio cultural. En España, 10 Bens culturais inmateriais son considerados patrimonio da humanidade, ningún deles en Galicia.

Desde o colectivo XOC, Formado por tres asociación con actividade no eido do folclore galego: Xacarandaina (A Coruña), O Fiadeiro (Vigo) e Cantigas e Agarimos (Santiago), temos a firme convicción de que o baile tradicional galego merece formar parte desa lista.

En Galicia, desde tempos inmemoriais existe o baile como manifestación artística propia, cunha extraordinaria riqueza de movementos e ritmos. Ademáis dos ritmos máis exclusivos de Galicia, como a muiñeira, o folclore galego incorporou durante séculos ritmos de outras partes de España e de Europa, adaptándoos á nosa propia indiosincrasia e á nosa forma de entender as expresións artísticas, musical e coreográficamente.

Hoxe en día, o baile e a danza tradicional de Galicia forman parte da nosa vida cotián, existindo múltiples agrupacións que dunha ou outra maneira colaboran na súa difusión e conservación. O baile é a nosa tradición, é a nosa cultura, é común a tódolos galegos, é reflexo da nosa historia, é integrador. Por todo isto son necesarias accións que garantan a súa conservación e transmisión dunha forma pura e afastada de influenzas que o desvirtúen O baile tradicional galego, polo seu valor histórico, debe ser conservado, dignificado e transmitido a través de tódalas canles posibles.

O colectivo XOC ven de promover perante a Xunta de Galicia a proposta de candidatura do baile e a danza tradicional de Galicia como patrimonio inmaterial da humanidade. Conscientes de que a UNESCO valora positivamente o apoio popular da candidatura, e de que é preciso un amplo respaldo cidadán para que as institucións galegas se impliquen na candidatura, pedimos, se estás de acordo, que fagas constar o teu apoio.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2013 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 6 (Luns)

Terza feira 7 (Martes)
? Grampoder na Casa das Crechas (Compostela)

Corta feira 8 (Mércores)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 9 (Xoves)

Sexta feira 10 (Venres)
? Roi Casal na Praza da Quintana (Compostela)
? Linho do Cuco na Discotasca (Redondela)
? Snatch no Bar Plaza (Ribeira)
? Martelo no Marrucho (Baiona)
? Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)

Sábado 11
? Ludovaina e Os carunchos Samertolameu (Meira-Moaña)
? Festival Son do Cortello (Lourido-Soutomaior): A Tarantela Rabuda, Tábula Rasa,...
? I Foliada Festa da Lingua (Marín)
? Ruada de Boborás (Ourense) no Colexio
? Serán de Valadares (Vigo) no "Baile vello" ao carón da igrexa no torreiro da festa.
? Serán no Porriño
? Serán en Randufe (Tui)

Domingo 12
? Mama Cabra ás 19.00 no Auditorio Municipal da Xuventude de Cambados
? Os Carunhos na festa dos Maios do Casco Vello (Vigo) ás 18:30
? I Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-05-2013 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
I Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés (Vigo)
A Asociación Cultural Traspés ten o pracer de convidar a tódalas Asociacións Xuvenís, Culturais, Artísticas, Recreativas, Folclóricas, Veciñais , ANPAS, etc. a participar no I CONCURSO DE CANTO E PERCUSIÓN TRADICIONAL TRASPÉS que terá lugar o 12 de maio no Auditorio-Cine Novacaixagalicia de Vigo.

A necesidade de dar auxe a este tipo de eventos que promoven a cultura galega e que serven de motivación para as numerosas agrupacións e asociacións adicadas á recuperación e conservación do noso folclore, figuraba ata agora non cuberta na zona sur de Galicia. Asimesmo, a gran afluencia de colectivos que move este tipo de eventos noutras provincias galegas, levounos a cubrir este vacío cultural. Deste xeito, e coa intención de dar a coñecer o talento artístico galego e fomentar as relacións sociais entre os colectivos participantes, nace este interesante proxecto.

O éxito depende da vosa participación, polo que tedes de prazo ata o vindeiro 30 de abril (remate periodo de inscrición).

Consultade as bases e achegádenos a folla de inscrición debidamente cuberta ao seguinte correo electrónico: traspes@traspes.com.

Para calquera consulta ou aclaración non dubidedes en porvos en contacto con nós.

Sen outro particular, quedamos emprazados para o vindeiro 12 de maio en Vigo.

Bases I Concurso Traspes

FOLLA INSCRIPCION

www.traspes.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 06-05-2013 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 3 (Venres)
? Uxía e João Afonso na Sala Auriense de Ourense ás 21:30
? Mini e Mero no bar Cabiria (Vigo) ás 20:00
? Carlos Salgueiro no Var con Uve (Moaña)
? Festa 2º Aniversario 15M: O Sonoro Maxin, Swiss Cottage eMalagoiro na Sala Berlín de Ourense
? Xoan Curiel en Panxea (Compostela) ás 21:00
? Pelepau no Furancho da Balsa (Vigo)
? Barafunda no Racimo (Vigo)
? Ataque Escampe no Pub Gatos (Melide)
? Foliada Ven Respirar en Ourense
? Noite de tasca en Cerceda
? Estalotada na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Serán da lamprea (Arbo)

Sábado 4
? IV berce de Donaire no Fórum Metropolitano da Coruña ás 17:30
? Festa do Muiño en Coiro (Cangas do Morrazo): Abaloiro, Carapaus e Ludovaina
? Feira da primavera (Compostela): A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, O Sonoro Maxín e A Compañía do Ruído
? Roi Casal en Ribadavia, no Anfiteatro do Castelo dos Sarmiento
? Os Irmandiños de Vincios no Liceum (O Porriño)
? Kepa Junquera na Casa Lourán (Monfero)
? Snatch no Bobber Café de Bertamiráns (Ames)
? Festa Treze Catorze (Salceda de Caselas): Quempallou, Terbutalina, O Caimán do río Tea
? X Manguelo Folk en Orazo (A Estrada)
? Serán do Coello en Lourido-Soutomaior
? Serán en Santa Mariña de Cabral (Vigo), no torreiro da igrexa.

Domingo 5
? Marta Quintana no Salasón (Cangas do Morrazo) ás 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Malmequer - Publicado o 03-05-2013 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Coello (Lourido-Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-05-2013 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
Serán da lamprea (Arbo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-05-2013 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de tasca en Cerceda
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-05-2013 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
IV berce de Donaire (A Coruña)
IV "O berce de Donaire" o 4 de Maio no Fórum Metropolitano

No ano 2010 celebramos o noso décimo aniversario e organizamos actividades para festexalo. A primeira foi a creación do festival infantil "O Berce de Donaire", unha idea que nace pola inquedanza da A.C. Donaire de que os cativos tamén teñan o seu espazo para amosar todo o que aprenden nas asociacións, xa que polo xeral os grupos de nenos quedan relegados a un segundo plano e merecen ter tamén o seu protagonismo.

Logo de tres edicións consolidando o espazo, cas entradas esgotadas antes do propio evento en todas as edicións, presentamos a cuarta edición, o sábado 4 de Maio ás 17:30 horas no Auditorio do Fórum Metropolitano, onde actuarán:

- A.C. Donaire. Os Castros, A Coruña.
- A.C.F. Tarambainas. Lavadores, Vigo.
- A.C. Rosalía de Castro. Cacheiras, Teo.


As entradas están á venda nas seguintes canles:
- http://www.servinova.com/
- Billeteira da Praza de Ourense (de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 horas).
- Na billeteira do Fórum o propio día do festival, se quedasen.

A Asociación Cultural Donaire recomenda, visto o éxito das anteriores edicións, mercar a entrada o antes posible para evitar quedar sen ela.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 03-05-2013 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
VI Festa 13-14 (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 03-05-2013 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
X Manguelo Folk (Orazo-A Estrada)
X Manguelo Folk

Día: 4 de Maio
Lugar: Orazo, A Estrada - Pontevedra
Hora: a partir das 20:00 e hasta que o corpo aguante...

Haberá carpa, pulpo e churrasco, prezos populares
Aparcadoiro de balde.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 03-05-2013 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Xoan Curiel en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-05-2013 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Festa 2ª aniversario 15M (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-05-2013 14:00
# Ligazón permanente a este artigo
Feira de primavera no barrio de San Pedro (Compostela)

Programa da Feira 2013

Sábado, 4 de Maio

12:00 Construción dos Maios (Praza 8 de Marzo)

Pasarrúas: Art-monium (Rúa de San Pedro)
Pasarrúas: Coro Cutún (Rúa Concheiros)

Visita guiada ao Museo do Pobo Galego. Exposición de Mapas Antigos de Galiza. (Praza 8 de Marzo)

13:00 Pasarrúas-regueifeiro: Triroliro (Rúa Concheiros)

Pasarrúas do Colexio Santiago Apostol (Rúa de San Pedro)

Obradoiro: Danza para nenas/os. Espazo Aberto. (Praciña de San Pedro)

13:30 Sesión Vermú: O Sonoro Maxín (Rúa Concheiros)

Pasarrúas: Grupo de Gaitas da Xuntanza e Cabezudos (Rúa de San Pedro)

16:00 Concerto: Xerock (Praza 8 de Marzo)

Espectáculo Infantil: A Historia de Brancaflor (Praciña de San Pedro)

Pasarrúas: Oito nun piso (Rúa Concheiros)
Pasarrúas: A Magnifique Bande dos Homes sen Medo (Rúa Concheiros)

17:00 Procesión do Maio cos Tabernícolas (da Praza 8 de Marzo a Concheiros)

Mostra de Danza: Baile moderno e hip-hop. Centro Starben (Praciña de San Pedro)
Obradoiro: Manualidades. Papelería Palacios

18:00 Pasarrúas: Art-monium (Rúa de San Pedro)

Obradoiro: Danza para adultas/os. Espazo Aberto. (Praciña de San Pedro)
Espectáculo Infantil: A Historia de Brancaflor (Rúa Concheiros)

19:00 Pasarrúas: Coro Cutún (Rúa Concheiros)

Obradoiro: Tango. Espazo Aberto. (Praciña de San Pedro)
Obradoiro: teatro para nenas/os (No local de Espazo Aberto)

20:00 Pasarrúas: Art-monium (Rúa Concheiros)

Danza Oriental: As Feiticeiras (Praciña de San Pedro)
Astronomía na Beirarrúa (Cruceiro de San Pedro)

21:00 Concerto: A Magnifique Bande dos Homes sen Medo (Praza 8 de Marzo)

Concerto: O Sonoro Maxín (no principio da Rúa Concheiros)
Concerto: A Compañía do Ruído (no final da Rúa Concheiros)

21:45 Proxección: Reportaxe da Feira de Primavera feito por Vemo.tv (Rúa de San Pedro 110)

23:00 Queimada-Popular: O Chamán do Baixo Miño (Rúa Concheiros)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-05-2013 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Estalotada en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-05-2013 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Kepa Junquera, concerto e curso
aCentral Folque organiza un concerto con Kepa Junquera na Casa Lourán (Monfero), casa rural no parque natural do Eume, nun dos vales máis enxebres de Monfero, ao pé da Serra da Loba, e envolta en castiñeiros centenarios. Despois do concerto, repichoca na palleira e antes, un curso intensivo para acordonistas e ointes deste trikitixilari espectacular que está a preparar o seu vindeiro disco sobre a música galega. Será o vindeiro 4 maio. e para quen queira, hai camas dispoñíveis na casa.

+info e inscrición: matricula@folque.com.

Organiza ACentral Folque
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-05-2013 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Audición da Escola Municipal de Música (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-05-2013 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Barafunda no Racimo (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-05-2013 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Muiño en Coiro (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-05-2013 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Mini e Mero en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-05-2013 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0