Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán en Borreiros (Gondomar)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Cela (Mos)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-05-2013 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Couso (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-05-2013 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
I Foliada da A.C. Queiroga en Paiosaco
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-05-2013 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Pandereteiras Chorouvía no Racimo (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto da Escola Livre da MPG en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Heredeiros da Crus en Ordes
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 20:28
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto X aniversario Dios Ke Te Crew en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
Coanhadeira en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
Xoán Curiel en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Familia Caamagno en Carballo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
Festival infantil de baile e musica tradicional (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto homenaxe a Suso Vaamonde nas Pontes
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 20:17
# Ligazón permanente a este artigo
Çe orquestra Pantasma en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Sacha na horta en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
Ultraqans en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 20:05
# Ligazón permanente a este artigo
Festival tradicional Aquelando (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Gala XXV aniversario de Ximiela (Muros)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Martelo e Arrythmia en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
V Festival Cans de Palleiro en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
Festa das letras galegas na Capela
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
VI Festival Berra en galego (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 19:51
# Ligazón permanente a este artigo
Música tradicional nos PREMIOS OPINIÓN
Sexta feira 24 (Venres)
? Gala dos XII Premios Opinión de música folk no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)


Dúas actuacións complementarias, unha cantada e outra instrumental, baseadas na música tradicional van completar o cartel da XII gala dos PREMIOS OPINIÓN. O grupo de pandereteiras Taravela, de Arteixo, naceu no ano 2000 dentro da Asociación Xuvenil Xiradela e teñen como mestra a Fransy González, unha das voces tradicionais máis sobranceiras do panorama musical galego. Elas abrirán a noite festiva do folk galego e tomarán o relevo no escenario os membros da Agrupación Instrumental da Escola Municipal de Folclore de Betanzos.

O grupo ten como director musical a Pedro Lamas e entre os instrumentos que empregan achamos pandeiretas, tamboril, bombo, clarinete, saxo soprano e seis gaitas. Interpretarán na gala tres pezas tradicionais galegas.

Dos outros concertos que completan a cerimonia xa fomos informando no seu momento nestas mesmas páxinas. O dúo formado polos compoñentes de Berrogüetto, Guille Fernández e Xabier Díaz, decidiu lanzar no 2010 un álbum, titulado Arrolos de Salitre, no que daban a oportunidade a novas voces masculinas e femininas para que se deran a coñecer no panorama musical galego. Tres desas voces (Diego Calviño, Carlos Álvarez e Alba Guitérrez) estarán enriba do escenario, acompañadas polo acordeón de Díaz e a guitarra de Fernández, para cantar cada un deles o tema que interpretaban no disco e deixar escoitar ao público as súas habelencias vogais.

E para pechar o espectáculo aparecerá en escena un grupo pioneiro do folk que leva máis dunha década afastado dos escenarios. Cúmprense vinte anos dende que os lalinenses Dhais editaron o seu primeiro disco homónimo. Anos máis tarde publicarían Arman vela, e pouco despois deixarían a actividade. Existe un motivo emocional grande para que volten esa noite, tan especial para o mundo da música de raíz, aos escenarios. Dende hai tempo pretendían facer un concerto de homenaxe a dous dos seus compoñentes que finaron hai anos, Luís Areán e César Morais, e dende os PREMIOS OPINIÓN ofrecéuselles con gusto esa posibilidade.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 19:49
# Ligazón permanente a este artigo
I Xornada feroz de Música Galega (As Pontes)
I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA

O grupo Os Feroces da Galgueira fixo a presentación pública da I XORNADA FEROZ DE MÚSICA GALEGA que se levara a cabo o vindeiro 25 de Maio en As Pontes, e que consistirá na impartición de tres obradoiros de perfeccionamento:gaita galega, canto e pandeireta, e percusión.


Esta Xornada, aberta a todo aquel que esté interesado, impartirase nas instalacións do Conservatorio de Música Profesional de As Pontes e terá unha duración de 8 horas.

O contido de cada un dos obradoiros pretende afondar nos coñecementos técnicos e musicais dos alumnos, e na apredizaxe de novos recursos. Para elo Os Feroces contan con 4 músicos de primeiro nivel para impartir cada unha das materias, que de seguro serán clave para que cada obradoiro sexa de máximo proveito para os alumnos;
- Obradoiro de Gaita Galega: DANIEL BELLÓN.
- Obradoiro de Canto e Pandeireta: DAVIDE SALVADO.
- Obradoiro de Percusión: LOLA FERNÁNDEZ (Lola de Ribeira) e MIGUEL FRAGUAS.


O prezo de cada un de estes obradoiros será de 35 ? a pagar unha vez que a cada alumno se lle confirme a súa admisión no obradoiro que escollera.

As inscripcións pódense facer dende o 10 de Abril ata o 15 de Maio na dirección de correo xornadaferoz@gmail.com, indicando claramente: nome e apelidos, teléfono e correo electrónico de contacto, e obradoiro no que se quere inscribir.

Dado que temos un límite de 15 prazas por obradoiro, a admisión de alumnos farase por rigurosa orde de inscripción.

Para calquer consulta ou dúbida ó respecto, podedes poñervos en contacto con nós no mesmo correo das inscripcións xornadaferoz@gmail.com

OBRADOIRO DE GAITA GALEGA: DANIEL BELLÓN
Posúe un dos currículums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios no seu haber. Ten acadado premios como o "Constantino Bellón" en 3 ocasións (2001, 2005 e 2006, sendo o gañador máis novo de toda a historia), o "Gaiteiro de Soutelo" en 4 ocasións (2002, 2004, 2005 e 2006), e o "Trophée Macallan (Lorient, Francia, 2003).

É titulado en Grao Profesional de Gaita Galega. Dende 2006 estudia jazz na "Escuela Popular de Música y Danza" (Madrid), cursando saxofón, harmonía moderna, improvisación e piano complementario.

Na actualidade combina a súa faceta de gaiteiro-saxofonista nos proxectos BellónMaceiras (dúo e quinteto), coa de gaiteiro do prestixioso cuarteto Luvas Verdes, e coa de mestre de gaita galega.

Contidos xerais do obradoiro de gaita galega:
1. Afinación na gaita galega (4 horas).
1.1. O tempero.
1.2. Afinación do ronco.
1.3. Afinación do punteiro.
2. Ornamentación e estilística na gaita galega (4 horas).
2.1. Ornamentos. Estudio sobre partituras de pezas galegas.
2.2. Estilística diversa.
2.3. Posturas alternativas
2.4. Ornamentación a cuarteto.
2.3. Audicións


OBRADOIRO DE CANTO E PANDEIRETA: DAVIDE SALVADO
É sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir.

Formou parte como cantante e percusionista da banda do recoñecido gaiteiro Xosé Manuel Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo. Na actualidade, é voz da Banda das Crechas, grupo residente da mítica Casa das Crechas compostelana, coa que gravou o seu disco homónimo. Davide ten ademáis colaborado en varios traballos discográficos, como ?Arrolos de Salitre?, o disco de cantos de berce editado por Xabier Díaz e Guillerme Fernández (Berrogüetto).
No 2011 editou o seu primeiro traballo en solitario, ?Árnica Pura?. Agora no 2013 presentará o seu segundo traballo "O ladrón de amorodos".

Contidos xerais do obradoiro:
- Afinación, dinámicas e expresividade no canto tradicional.
- Nocións técnicas e ritmos en pandeireta galega, pandeiras, pandeiro cadrado de Peñaparda.
- Repertorio aplicado.

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN: LOLA FERNÁNDEZ (LOLA DE RIBEIRA) E MIGUEL FRAGUAS
Lola Fernández, máis coñecida por Lola de Ribeira é unha das percusionistas máis recoñecidas do panorama musical tradicional do país.

estudos de percusión clásica no conservatorio de Santiago de Compostela, cos da diplomatura de Maxisterio Musical na mesma cidade.
Foi integrante do orfeón "Terra a Nosa?, onde traballou canto clásico co mestre de capela Miro Moreira. Anos máis tarde, complementará os seus estudos de canto moderno con Carmen Rey.
Formou parte de grupos tan dispares como Serra-lhe aí!!!, Sete Saias ou Os Diplomáticos de Montealto. Na actualidade forma parte do grupo Taghaitai xunto con Manolo Maseda, Edelmiro Fernández e Iván Costa.
Miguel Fraguas é titulado de Grado Profesional de Música Tradicional na especialidade de requinta. Formouse como instrumentista de gaita de mans de prestixiosos mestres coma Iván Costa, Edelmiro Fdez, Pepe Vaamonde e Juanjo Fernández. Posteriormente cursou estudios de saxo da man dos mestre Pablo Estellés e Sarunas Pupelis.
No campo da música tradicional ten acadado numerosos e importantes premios, tanto coma gaiteiro coma percusionista.
Na actualidade é membro da orquesta tradicional Sondeseu, do grupo Banda Baile Asalto, do grupo Lagareu, do cuarteto tradicional Polavila e da compañía de danza Bruma. Asemade é director da Banda de Gaitas Foula de Cotobade, así como da sección de percusión Os Chaneiros de Marín, mestre das pandereteiras de Quireza e director da Charanga Polavila.

Contidos xerais do obradoiro:
1. Descripción e características do instrumento: tamaño, materiais, tímbrica, bordón, afinación (relativa), etc.

2. Baquetas: elección,posición adecuada e modo de collelas.
3. Rudimentos técnicos: linguaxe musical básica para a lectura e composición de arranxos;paradiddle; acentos; ligaduras; redobres; mordentes; etc.
4. Esquemas básicos de acompañamento dos diferentes ritmos empregados na música tradicional galega: alboradas, pasodobres, polcas, rumbas, vals, mazurcas, jotas, muiñeiras.
5. Traballo de arranxos para os diferentes ritmos (exemplos e composición individual e/ou por grupos).
6. Audicións de diferentes execucións percutivas e maneiras de acompañar (acompañamento básico, debuxo da melodía, contrate e contraposición).
7. A pequena percusión: culleres, tarrañolas.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-05-2013 19:46
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Música tradicional en Pobra de Brollón
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-05-2013 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
XXIV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina

Domingo 26 de maio de 2013 ás 11:00 e ás 17:00 no Centro Cultural Ágora - A Coruña

BASES DO CONCURSO
XXIV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
Centro cultural Ágora, A Coruña
26 de maio de 2013

MODALIDADES:

A) PANDERETEIROS/AS
B) CUARTETOS, QUINTETOS OU SEXTETOS.
C) GAITEIROS SOLISTAS


1. Neste concurso poden participar grupos de Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais etc... nas modalidades de pandereteiras/os e de cuartetos de gaitas, así como tódolos gaiteiros solistas que o desexen.

2. A modalidade de pandereteiras/os distribúese en tres categorías:

­ Categoría A: ata 10 anos inclusive.
­ Categoría B: de 11 a 16 anos inclusive.
­ Categoría C: de 17 anos en adiante.

Nas modalidades de pandeireta a categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, tendo en conta que ningún deles debe superar o límite da categoría en máis de dous anos.

3. A modalidade de cuartetos establécese unha única categoría sen límite de idade.

4. Na modalidade de gaiteiros solistas establécese unha única categoría sen límite de idade.

As gaitas deberan ser galegas, quedando excluidas as foráneas. O gaiteiro poderá levar un so acompañante (por exemplo, tamboril, caixa, pandeireta ou calquer instrumento de percusión considerado tradicional, quedando excluidos os de material sintético).

5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego en tódalas modalidades (pandeireta, cuartetos e gaiteiros solistas)

6. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E. pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago o grupo correspondente.

7. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:

­ Autenticidade e dificultade da peza.
­ Afinación e interpretación.
- Expresividade na interpretación.

O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C. XACARANDAINA.
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA, ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERA OPORTUNO.

8. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos para realizar a súa interpretación. O grupo que exceda dito tempo quedará descalificado.

9. Os premios serán os seguintes en tódalas categorías de tódalas modalidades.

- 1º premio: trofeo e 250 ?
- 2º premio: trofeo e 100 ?
- 3º premio: trofeo

Se o número de grupos participantes nunha categoría é inferior a cinco,
outorgarase un único premio. (trofeo e 200 ?)

10. O concurso terá lugar o domingo 26 de maio no Centro Cultural Ágora da Coruña, sito na rúa Ágora s/n - 15010. Está previsto que o concurso se desenvolva ó longo de todo o día, mañá e tarde, incluíndo a entrega de premios correspondente.

A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ó concurso vía correo electrónico.

11. O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA O DÍA 11 DE MAIO.

12. Este ano pódense realizar as inscricións a través da nosa páxina web www.xacarandaina.com, ou da mesma forma que en edicións anteriores, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta por:

- Correo ordinario ó local social: A.C.Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº3, soto 1º, 15004 A Coruña.
- Correo electrónico: info@xacarandaina.com

13. EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA REALIZAR AS INSCRICIÓNS E NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESTA DATA.

Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público tanto no local coma na web www.xacarandaina.com, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.

A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315 info@xacarandaina.com
Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-05-2013 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Cans (O Porriño)

Programa

MÉRCORES 22 DE MAIO


Baixo de Moncho (Cans):
10.00h. Cans do Futuro. Visitas guiadas para colexios, con proxeccións e coloquios con directores e actores
16.30h. Proxección de Fraga e Fidel, sen embargo, de Manuel Fernández-Valdés
19:00h. Proxección de Ciudadano Cans, documental sobre a primeira edición do festival. Coloquio co director do festival e persoas que participaron no nacemento do mesmo.

Rotonda da Adroza (Cans):
21.00h. Apertura da décima edición no Can de Pedra

Baixo de Moncho (Cans):
21.30h. Día dos veciños
Presentación de CanZine
Presentación do xurado dos veciños
Proxección de ?10 anos do festival de Cans?
Avance do making of de Cans 2012
Serán dos músicos de Cans: Os Chavellos, As Pandereteiras de Cans e Os Lajaretas

XOVES 23 DE MAIO
Baixo de Moncho (Cans):
10.00h. Cans do Futuro. Visitas guiadas para colexios, con proxeccións e coloquios con directores e actores

Círculo Recreativo e Cultural (O Porriño):
17:00h. Proxección-coloquio: O Apóstolo, con Fernando Cortizo (director), Isabel Rey (produtora executiva) e Isabel Blanco (actriz)
19.30h. Desfile de chimpíns desde o Parque Infantil ata o CRC cos equipos técnico e artístico de Somos gente honrada. Amenizado por Os Lajaretas
20.00h. Estrea de Somos gente honrada

Pub O Sótano (O Porriño):
22:30h. Inauguración da Can Parade coa actuación de Missin'Blues. Na calexa detrás do Sótano
23.15h. Noite V Clips, presentada por Juan Fuentes.
0.30h. Sesión con Dj Charly Domínguez (Los Suaves)

VENRES 24 DE MAIO
10.00h. Cans do futuro. Visitas guiadas para colexios, con proxeccións e coloquios con directores e actores. No Baixo de Moncho
12.00h. A que andas?: Andrés Rosende (Sink Hole), Alberto Vázquez (Psiconautas), Enrique Otero (Ningún Dios aquí arriba) e Jorge Coira (La luna en setiembre) avanzan detalles dos seus proxectos actuais. Na Casa de Bugarín
16:00h. Canastro Experience: Ruido Baixinho: ?Dez Cans Dead?. No hórreo da Casa de Bugarín
16.30h. Fill@s de Cans: Funes de Enrique Otero; Os Fenómenos de Alfonso Zarauza; Alén do Cosmos, de Rubén Pardiñas e Pedro Pablo Alonso; Your lost memories, de Alejandro Marzoa. No Baixo de Moncho
17.00h. Canastro Experience: Ruido Baixinho: ?Dez Cans Dead?. No hórreo da Casa de Bugarín
18.00h. Estrea do documental Toñito Blanco: só, perdido e vicioso. Coa presenza de Juanillo Esteban e Julián Hernández, protagonistas do documental, e mais o produtor, Xosé Zapata. No Baixo de Moncho
18.30h. Canastro Experience: Ruido Baixinho: ?Dez Cans Dead?. No hórreo da Casa de Bugarín
19.30h. Primeiro test: preestrea de Encallados, de Alfonso Zarauza. Na Casa de Bugarín
21.30h. Procesión de chimpíns coa treboada Os da Fonte do Frade. Dende o Baixo do Moncho
21.45h. Inauguración da exposición de Luis Davila, O Bicheiro, con viñetas sobre Cans. No Cans Voulevar

Torreiro de Cans:
22.00h. NOITE DE ANIVERSARIO
Presentada por Keka Losada e Federico Pérez
Presentación dos xurados do festival
Estrea dos traballos de Can Campus: videoclips de Terbutalina e Os Vacalouras
Proxección e premios dos videoclips gañadores da noite V Clips
Presentación de Cans Proxecta
Entrega do premio á mellor obra da Can Parade
Proxección de Cans 2012: 10 - 1 = Cans. Making of resumo da novena edición do Festival de Cans
Proxección de ?10 anos do festival de Cans?
Can Parade: presentación da figura gañadora
Entrega de premios do concurso de videoclips
Entrega dos Chimpíns de Prata á serie ?Era visto!? e os veciños/as pioneiros/as.
Entrega do Premio de Honra Pedigree'2013 a Manuel Manquiña e colocación da súa estrela no Torreiro das Estrelas

23.30h. Concerto Jorge Ilegal y Los Magníficos
2.00h. Sesión DiscoChimpín con Javi Arizona Dj

Bar A Escola Vella (Cans):
3.30h. Cé Orquestra Pantasma

SÁBADO 25 DE MAIO
Cans (torreiro, salas, leiras e camiños):
9.00h. Ruta a pé: ?Subida ao Castelo?. Saída desde a igrexa de Cans
10.00h. Pase matinal das curtas a concurso (bloques 1 e 2). Na Casa de Bugarín
10.00h. Festival de Douarnenez (Bretaña): selección de curtametraxes. No Jalpón Fri
10:00h. Webseries galegas. Na Sala Multiusos
11:00h. Proxección de POPArtesanal. Na Sala Multiusos
11.00h. Selección de traballos audiovisuais de Juanma Bajo Ulloa presentados polo director. No Jalpón Fri
12.00h. Coloquio na leira con Juanma Bajo Ulloa. Na leira de Alicia
13.15h. Juanma Bajo Ulloa coloca a súa estrela no Torreiro das Estrelas
13.30h. Sesión vermú coa Banda de Música Unión de Guláns
13:30h. Documental ?Toñito Blanco, só perdido e vicioso?. No Jalpón Fri
13:30h. Pase matinal das curtas a concurso (bloques 3 e 4). Casa de Bugarín
13:30h. Proxección de Migrations. Na Sala Multiusos
14:00h. Homenaxe a Rogelio Groba. No Torreiro de Cans

15.30h. Procesión de chimpibuses, amenizada por Os Veraneantes
16.00h. Miradas de Cans: Kiko da Silva + toma o relevo Pepe Solla. Na Sala Multiusos
16.00h. Xavier Villaverde coloca a súa estrela no Torreiro das Estrelas
16.30h. Inicio do das proxeccións da sección oficial
16.30h. Proxección de POPArtesanal. Na Sala Multiusos
16.30h. Festival de Douarnenez (Bretaña): selección de curtametraxes. No Jalpón Fri
16.30h. Actuación de Grampoder. No Cans Voulevar
17.30h. Actuación de Fon Román. No Jaliñeiro Unplugged
18.00h. Webseries galegas. Na Sala Multiusos
18.00h. Selección ?Cans visibles?: curtas LGTB made in Galicia. No Jalpón Fri
18.30h. Actuación de Óscar Avendaño. No Cans Voulevar
19.00h. Actuación de Lobishome. No Jaliñeiro Unplugged
19.30h. Concerto de Tony Lomba & Elio dos Santos. No Torreiro de Cans
20.30h. Reinicio das proxeccións da sección oficial
20.30h. A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos. Coloquio con membros do filme. No Jalpón Fri
21.00h. Proxección de Migrations. Na Sala Multiusos
21:30h. Actuación de Cristina Pato. No Jaliñeiro Unplugged
22.00h. Actuación de Radio Cos. No Cans Voulevar
22.00h. El quid: estrea dos catro primeiros capítulos. Na Sala Multiusos
23.00h. Entrega de premios
0.00h. Concerto de El Gran Wyoming y los Insolventes + invitados
1.30h. Disco chimpín. Dj Silvia Superstar

Bar A Escola Vella (Cans):
3.30h. Sesión DiscoChimpín con Dj Constan Chao

MÉRCORES 29 DE MAIO
Bar Liceum (O Porriño):
22.00h. Proxección das curtas gañadoras

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
Sés en Lugo
Sés, acompañada de Tito Calviño na guitarra, ofrecerá este xoves 23 un concerto acústico na Casa do Saber de Lugo

A actuación da cantautora coruñesa, que se encadra no ciclo Lubicán 2013, comezará ás 20.30 horas e a entrada será de balde ata completar o aforo

María Xosé Silvar ?Sés? ofrecerá o xoves 23 de maio, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, un concerto acústico, no que estará acompañada polo guitarrista Tito Calviño.

Nesta actuación de Sés interpretará temas do seu repertorio e adiantará algunhas das composicións incluídas no seu último álbum ?Co xenio destrozado?, un disco que sairá á venda o vindeiro 11 de xuño.

O novo disco de Sés, ?Co xenio destrozado?, é un traballo feito con orgullo e identidade, frescura e vitalidade, no que a cantautora coruñesa pretende concentrar a potencia do directo nunha presa de cancións viscerais e chegas de paixón.

Gravado nos estudios Bruar da Coruña e producido por María Xosé Silvar, a propia Sés conta neste novo traballo cos seus músicos habituais nos directos: Tito Calviño (guitarra), Marcos Pazo (batería) e Fran Sanz (baixo).

Formada na música e no baile tradicional, Sés, que é profesora e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social, publicou no 2011 o seu primeiro traballo ?Admirando a condición?. Catro anos antes de que vira luz este proxecto ?100% en galego e 100% feminino?, Sés formara xunto con outros amigos a banda ?Chámalle Xis?, un dos grupos revelación do 2007 e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón.

A entrada ao concerto de Sés na Casa do Saber de Lugo será de balde, como todas as actuacións programadas ao abeiro do convenio Lugo Cultural, aínda que o acceso de público estará limitado pola propia capacidade do aforo.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-05-2013 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Os Chavellos en Cans (O Porriño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2013 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
O ensino público...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2013 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 20 (Luns)

Terza feira 21 (Martes)
? Som do Galpom na Casa das Crechas (Compostela)

Corta feira 22 (Mércores)
? Os Chavellos no festival de Cans (O Porriño) ás 22:00
? Radio Cos e Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 23 (Xoves)

Sexta feira 24 (Venres)
? Gala dos XII Premios Opinión de música folk no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)
? Oscar Ibáñez na etrad (Vigo) ás 19:00
? 2uS no Auditorio Municipal de Vigo ás 21:00
? Chorouvía no Racimo (Vigo) ás 21:00
? Foliada en Couso (A Estrada)

Sábado 25
? Festival Infantil Por cantar e por bailar na Escola Oficial de Idiomas de Vigo ás 18:00
? I Xornada feroz de Música Galega (As Pontes)
? Dios Ke Te Crew na Sala Capitol (Compostela)
? II serán dos Maios en Queimadelos (Mondariz)
? I Serán en Oroso (A Cañiza)
? VIII Seran Mar de Rianxo
? Serán no Centro cultural de Borreiros (Gondomar)

Domingo 26
? XXIV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
? Coanhadeira no SalaSon (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-05-2013 13:58
# Ligazón permanente a este artigo
Noitarega en Tui

Este xoves día 16 de maio, a partir das 21:00 h no Teatro Municipal de Tui, o grupo de música tradicional galega Noitarega ofrecerá un concerto onde presentará ao vivo as pezas que compoñen "XXI", a súa última achega discográfica, un traballo que conmemora os máis de 21 anos de existencia da banda.

Falar de Noitarega non é falar dun grupo novo, é falar dunha banda lendaria dentro do panorama da música tradicional galega que soubo gañarse a pulso o respecto e cariño do público. Formados no ano 1989, Noitarega están considerados como unha das formacións máis importantes da música popular galega, grazas as súas innumerables actuacións tanto por toda a xeografía galega e española (Auditorio Novagalicia de Vigo, Festival Internacional de Mérida, Expo 92 de Sevilla, Casa de Galicia en Madrid, Palau de Congressos de Montjüic en Barcelona, etc), coma en Francia (Bordeos), Portugal (Lisboa) ou mesmo nos Estados Unidos (Nova Iork, Nova Jersey ou Connecticut), compartindo escenario con artistas da talla de Berrogüetto, Luar Na Lubre ou Susana Seivane, e consolidándose como un dos maiores expoñentes da música tradicional galega e como un embaixador da cultura galega por todo o mundo.


Musicalmente falando, tanto os concertos como os traballos discográficos do grupo veñen ser un fito no que respecta a unha nova interpretación da música tradicional galega, xuntando o sabor do tradicional con novas e rechamantes opcións instrumentais e interpretativas, todo isto conseguido cunha base instrumental netamente autóctona (gaita, zanfona, tamboril, bombo, pito pastoril, requinta, tarrañolas, culleres, pandeireta, ferriño, pandeiro, etc) e realizando uns arranxos totalmente anovadores, como a combinación de gaitas en diferentes tons, zanfona con pito e requinta ou misturas de diferentes aparellos percusivos.


O concerto deste xoves en Tui, é un cita ineludible para os amantes da boa música tradicional galega.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2013 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
Os Cempes en Ferrol
O grupo Os Cempés presentan hoxe no Torrente Ballester cun concerto o seu último disco

O grupo folk ferrolán Os Cempés presenta hoxe xoves ás nove da noite na capela do centro Torrente Ballester o seu último disco que leva por título Tentemozo. O concerto enmárcase dentro do ciclo As Noites en Capela, que promove o Concello de Ferrol.


A mítica agrupación conta con algúns cambios. Continúan Serxio Ces, Óscar Fernández e Antón Varela e unir Pablo de Lama, Fernando Barroso e Ramón Dopico. O sexteto formado así volve ás súas raíces populares e alegres, con pasodobres e instrumentos tradicionais, máis metais e sons orquestrais. O novo disco recolle músicas da terra, para namorar e bailar, para reir con músicas pasadas revitalizada.
As entradas para o concerto poden adquirirse anticipadamente no despacho do teatro Jofre ou a través da páxina web do Concello www.ferrol.es no apartado de Axenda Cultural.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2013 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
Ruxe Ruxe en Compostela
o concerto previsto para a Capitol suspendeuse por causas alleas a ruxe ... pero se queredes un pouco de Pub Rock !!! prometemos unha noite inesquecible ... RUXE-RUXE anos despois de novo na CASA DAS CRECHAS hoxe xoves 16 !!! a entrada é simbólica de 3 ouros ... sede puntuais diañ@s ... 22.00 h coma cravos !!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2013 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Cancelado o festival de San Cidre en Cangas do Morrazo
A organización do Festival San Cidre, que ia transcorrer nos próximos 17 e 18 de maio,
ven de informar que o festival foi cancelado con motivo das previsións meteorolóxicas. A intención dos organizadores é celebrar o festival em xuño.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2013 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0