Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concertos na ruta de viños de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2013 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Tanxedoras e Odaiko en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2013 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Adiado Xacarandaina en Vigo
Cancélase Galizien Amerika Linie en Vigo

Por causas alléas a Xacarandaina e o Centro Cultural Novacaixagalicia vémonos na obriga de cancelar a representación do espectáculo "Galizien Amerika Linie" programado para o vindeiro sábado 1 de xuño no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo.

Pedimos disculpas a todo o público e informamos que o importe das entradas poderá recuperarse integramente nos mesmos puntos de venda onde foron adquiridas.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2013 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Machina e Tolemia na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2013 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Aniversario de Toxos e Frores (Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2013 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Medomedá en Catoira
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2013 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Tanxedoras
TANXEDORAS, A sombra da oliveira

Cinco voces. Luz. Dez mans. Forza. Medio cento de dedos. Universo. Gorxas moduladas para cantar alegrías. Almas bucinando sons dun tempo que non sabía que había perdurar por elas grazas a elas con elas nelas. Tanxedoras. Que han ver medrar nos sucos deste disco posmoderno e dixital os aires dunha época sepia que se policroma á sombra da oliveira.


Cinco voces. Luz. Linguas que saborean sílabas que non percorrerán xardíns de verán nin camafeos de señoritas. Esta sombra da oliveira é, queridas e queridos, a voz rexa das mulleres que levan sostendo o mundo sobre a súa pel toda a vida, antes coma hoxe, mañá tamén, sen dúbidas.. Músicas que non serven para arrolar. Sonvos para mastigar a vida cun certo cerne férreo que nos lembre que se non hai taquicardias cando goberna anárquico o aturuxo, coma os pandeiros recordan, non hai vida. Hai maquillaxe. Pero non hai vida.

Cinco voces. Luz. Que empatan coas leis ocultas e indiscutibles da natureza máis verdadeira. Coa calma que vén despois do traballo ou antes do baile, é dicir, antes de que os corpos se acubillen ?xota muiñeira valse rumba como desculpa- nos atafegos saudosos e desexados do amor. Érache boa. Para iso vivimos. Para iso cantamos.




Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 29-05-2013 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
Uxía canta a Rosalía para os cativos
A Editorial Galaxia presenta Rosalía pequeniña, un libro disco que mestura poemas de Rosalía de Castro, ilustracións de Marina Seoane e mais a voz de Uxía.

O proxecto, editado na colección Sonárbore, está dirixido aos máis pequenos da casa e presenta unha Rosalía meniña que busca dialogar directamente cos ouvintes. No disco atópanse colaboracións como as de Sés, Isaac Palacín, Habelas Hainas ou Magín Blanco, e con Sergio Tannus a cargo da gravación e da dirección musical. O volume conta cun total de 28 páxinas e sae á venda por 20 euros.
















Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 29-05-2013 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Banda Baile Asalto
Temas de festa e de baile, tirados da tradición mais mesturados con metais, guitarras, batería e toques de jazz. Cos seus seis membros repartidos entre Pontevedra e Vigo, Banda Baile Asalto presenta o seu primeiro disco, homónimo do grupo.

Gravado nos estudos composteláns A Ponte, en grande medida ao vivo, o CD achega dez temas mais un bonus e conta con colaboracións como as de Eliseo Parra, Uxía Senlle ou Rodrigo Romaní entre outros. O grupo está a desenvolver unha xira de presentación que pasou xa por Compostela, Boiro ou Vigo.




Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 29-05-2013 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Pito de Pikasso
Arrock con Chicharos é unha mixtura de sons, sabores e texturas argallado por Pito de Pikasso, ca produccion de Hevi (Malandromeda, Fluzo), 12 cullaradas de arrock para saborear a todo volume.

Podes decargalo en:
http://otoxorabudonetlabel.blogspot.com.es




















Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 29-05-2013 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Guintervan
Guintervan están a presentar o seu segundo traballo discografico "PSICOPANO".

15 temas novos gravados e mesturados por Isaac Van Güinter nos estudios Lagharteira.
Ten moitas sorpresas!






















Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 29-05-2013 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Heredeiros da Crus
Despois de case dez anos sen publicar temas novos, Heredeiros da Crus presenta Jard Rock con fe, o noveno traballo discográfico da súa exitosa e prolongada carreira.

Un traballo fiel ao seu título: con moito "jard", moito rock e tamén moita fe. Fe nos riffs poderosos de A Duquesa de Poi ou Non che teño medo, fe nas grandes baladas rock como María ou Corasón de Carballo, e sobre todo fe nas letras descaradas, o falar coloquial e a actitude irreverente pola que sempre se caracterizou a banda de Ribeira. Un feixe de 12 cancións, moi esperado polos fieis seguedores de Heredeiros da Crus, que levaban case dez anos sen publicar disco de estudo.
















Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 29-05-2013 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Adiado o concerto de Budiño na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2013 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores do XXIV Concurso de Música Tradicional

Reunido o Xurado do XXIV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina tomaron os seguintes acordos:


SOLISTAS:
1º premio: Roberto Aller Alcalde
2º premio: Carlos Barcia Trahorras
3º premio: Marina Fernández Vigo

CUARTETOS:
1º premio: "Chimpacarneiros"
2º premio: "Ballóns"
3º premio: "O Capitán co Ghalleto" da A.C.D. Galania - Muros

PANDERETEIR@S CAT. A.:
1º premio: "Quintán" do CEIP Mondego - Sada
2º premio: "Tarabeliños" da A.C. Donaire
3º premio: Escola de Pandeireta do CEIP do Hío - Pontevedra

PANDERETEIR@S CAT. B.:
1º premio: "Meniñas" ACF Taranbainas
2º premio: "Pedresqueira" da A.C. Adro - Baio
3º premio: "Cirro" da AMDT Queiroa . Sada

PANDERETEIR@S CAT. C.:
1º premio: "Lagharteiras"
2º premio: "Trébede"
3º premio: "Sadeo" de Ponteareas

Parabéns a todos eles.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 29-05-2013 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Nova publicación do Fiadeiro

De oficios e labores Vol.1

"Mestura de tradición e actualidade..."

Con este traballo preténdese dar información sobre o espectáculo musical e de baile levado a cabo pola A.C.F. O Fiadeiro, na súa VII Gala, titulada ?De Oficios e Labores?.


A publicación "De oficios e labores", plantexada en dous volumes, trata de ser unha edición exclusiva, apta para todo tipo de públicos, en especial para os amantes da música tradicional. Neste primeiro volume, preséntase un pequeno libro de 28 páxinas, no que se referencian e se ilustran, de forma moi didáctica, diversos oficios e labores coa súa correspondente gravación, a cargo do grupo de música de O Fiadeiro, no seu espectáculo homónimo. Labor de nai, oficio de mineiro, oficio de pedreiro e oficio de músico son os mencionados neste primeiro volume.

As melodías están recollidas nun Pen drive, ou chaveiro USB, incluído na publicación. Por este motivo podemos dicir que se trata dunha publicación onde tradición e actualidade, van da man.

A temática elixida para dar forma a esta publicación, funciona de fío condutor da VII gala, aportando certo significado aos bailes e cantos presentes na mesma. En relación aos últimos, son o eixe principal sobre o que se moven as escenas que se mostran no espectáculo. Cada un deles, pertence a un tipo de repertorio concreto relacionado directamente cos oficios e labores que se mostran.

Actualmente, O Fiadeiro está traballando na continuidade desta serie de publicacións, que pouco a pouco vai ir presentándonos para que poidamos completar a nosa propia colección. As temáticas serán diversas e, co paso do tempo, poderemos ter na nosa casa unha pequena biblioteca de folclore.

Comeza, por tanto, unha serie de publicacións a cargo do grupo artístico de O Fiadeiro, na que crea unha "tradición USB". Quen sabe que virá despois? A porta está aberta...

Podes reservar e recoller o teu pen drive no noso local social

Edición limitada de 150 unidades
Prezo socios: 10,00 euros
Prezo non socios: 12,00 euros

Tamén o enviamos a donde queirades, no prezo se incrementarían os gastos de envío.

Mais información en ofiadeiro@ofiadeiro.com

Gracias e un saúdo

O Fiadeiro
629 585 355
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2013 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 27 (Luns)

Terza feira 28 (Martes)
? Homenaxe a Fito: A Roda e Treixadura no multiusos da Xunqueira (Redondela) ás 20:00
? Davide Salvado no teatro Colón (A Coruña) ás 20:30

Corta feira 29 (Mércores)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 30 (Xoves)

Sexta feira 31 (Venres)
? VII Xuntanza de Gaiteiros Manuel Villanueva (Poio)
? Tino Baz no Liceum (O Porriño)
? Çe Orquestra Pantasma no C. S. En pé (Pontevedra) ás 23:00
? Concerto a ceo aberto en Carballo contra a megaminería : María Xosé Silvar (SES), Leo i Arremecághona!!, N.O.M (Nova Orde Mundial), Quempallou e Zënzar
? Machina e Tolemia na Sala Mardigras (A Coruña)
? Esquíos en Pontevedra
? Cantos de Taberna en Pontevedra

Sábado 1
? XIV Encontros de Música Tradicional de Carboeiro (Bandeira-Silleda)
? VII Xuntanza de Gaiteiros Manuel Villanueva (Poio)
? Festival 10º aniversario de No Cómbaro no cine Alovi (As Pontes)
? Moxenas Musical Galego no Adro da Igrexa de Sárdoma (Vigo)
? Xacarandaina no Centro Cultural Novacaixagalicia (Vigo) ás 22:00
? Dúo Fernandez e Quintá Lugar no Auditorio Municipal Ilduara (Celanova) ás 20:30
? Xose Manuel Budiño no Teatro Colón da Coruña ás 20:30 Adiado
? III Foliada Orbazai en Lugo
? Serán de Traspés en Sardoma (Vigo)
? Serán do Mar en Baiona
? Serán do Coto (O Carballal- Cabral- Vigo)
? Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
? Ruada en Antas (A Lama) na Casa Cultural

Domingo 2
? VII Xuntanza de Gaiteiros Manuel Villanueva (Poio)
? Encontro de Escolas adultas no local social da A. C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo) ás 18:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2013 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
A Roda e Treixadura na homenaxe e Fito (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2013 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Davide Salvado na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2013 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
III Serán de Traspés en Sárdoma (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-05-2013 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Baiona
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-05-2013 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-05-2013 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
III Foliada Orbazai (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-05-2013 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Xacarandaina en Vigo

Xacarandaina presenta "Galizien Amerika Linie" no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo.

O Grupo de Música e Bailes Tradicionais Xacarandaina ten a satisfación de representar o seu novo espectáculo "Galizien Amerika Linie" , estreado o pasado ano 2012, no Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo este sábado día 1 de xuño ás 22:00 h.

As entradas poden mercarse a partir dos 8,00? na taquilla do propio teatro, na central de espectáculos de Vigo, na web de servinova e na Taquilla do centro Cultural.

GALIZIEN AMERIKA LINIE pretende achegar ao público ese fenómeno importantísimo da nosa historia contemporánea máis recente: a emigración.

De todos é sabido que os galegos fomos un pobo emigrante, pero aínda que nos toca a todos de preto, non somos o suficientemente conscientes do drama que supuxo aquel éxodo, e menos conscientes somos aínda da importancia económica e cultural que eses emigrantes tiveron para coa súaterra e o amor que lle dispensan, a cambio de nada, desde a distancia. Con tal propósito Xacarandaina acaba de estrear un espectáculo no que se mesturará a propia actuación do Grupo cos seus bailes, danzas, músicas, vestiarios e posta en escena con deseño de luz, espazo sonoro e audiovisual, mesturando así a arte tradicional coas novas tecnoloxías, facendo de "Galizien Amerika Linie" algo novidoso e único dentro do abano dos espectáculos feitos Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2013 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
V Encontro de escolas adultas (Cacheiras-Teo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2013 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Festival 10º aniversario de No Cómbaro (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2013 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2013 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Manuel Budiño na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2013 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Festival contra a megaminería (Carballo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-05-2013 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Xuntanza de gaiteiros Manuel Villanueva (Poio)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2013 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
XIV Encontros de música tradicional de Carboeiro (Bandeira-Silleda)
O 1 de xuño, no Mosteiro de Carboeiro, poderedes facer entrega das vosas ofrendas(as cántigas, bailas, tocatas...) á Santa Ferreña. Poderedes achegarvos ata alí dende a sesión vermú ata ben entrada a madrugada; xa sabedes que esta Santa é de vida moi alegre...A comisión de festas porá á vosa disposición a intendencia necesaria para que os vosos corpos e espíritos sexan capaces de aguantar esta carreira de fondo, e poidades ser dos/as poucos/as que acadades o éxtasis, que de oídas sabemos que lle chaman "aprocesióndepolamañá".

E agora digan todos/as á miña voz:

VIVA A SANTA FERREÑA E TODA A SÚA FAMILIA!
VIVA A XENTE QUE A RODEA E MIRA!
VIVA A MÚSICA E SIGA!

XIV ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL
1 DE XUÑO DE 2013 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)


13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra
· Subasta das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de VIRAVOLTA)

-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:
· "OS NOSOS TESOUROS" exposición adicada aos nosos 'Tesouros Vivos' e acompañada polos títeres do Museo da Marioneta, Casa do Títere (Lalín)

-FEIRA DE ARTESANÍA:
instrumentos tradicionais, coiro, abalorios, xoguetes, cerámica, títeres, bixutería...


- XANTAR POPULAR (empanada, carne ao caldeiro, larpeira, pan, viño/auga, café e ghotas -13?)

DURANTE A TARDE:
· XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES con Itaca e Xandobela
· "OURO MUDO" con Celsiño F. Sanmartín
· VISITA GUIADA AO MOSTEIRO con Tesouros Novos
· Representación teatral 'DOÑA URRACA' de Tantatutanga Teatro

E ao que se vaia facendo noite?

FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!

ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA

VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 27-05-2013 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Concurso de baile tradicional galego Azaloira (Bandeira-Silleda)

A Asociación de baile xuvenil Fortín da Pomba de Bandeira ven de convocar a XIII edición do Concurso de baile tradicional galego Azaloira que terá lugar o vindeiro domingo 16 de xuño de 2013 no auditorio Manuel Dopazo de Bandeira (Silleda)

BASES DO XIII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO AZALOIRA


1. Poderán participar todo tipo de agrupacións da Comunidade Autónoma Galega que cumpran as bases do concurso e respeten o veredicto do xurado.

2. O concurso celebrarase sen eliminatorias, con dúas intervencións cada grupo e dúas partes diferentes que non pasarán de 7 minutos cada unha.

3. Os grupos deberán ser mixtos, con un mínimo de 5 parellas, a non ser que o baile requira outra formación. Os integrantes lucirán o traxe tradicional e os acompañamentos serán en directo.

4. A selección dos grupos farase por valoración do currículum (que deberá ser enviado xunto coa folla de inscripción) e orde de presentación do boletín de inscripción.

5. O grupo organizador, FORTÍN DA POMBA, participará a modo de exhibición.

6. As decisións e veredictos do xurado serán indiscutibles, os premios non poderán quedar desertos.

7. O xurado estará composto por 3 persoas de recoñecido prestixio no mundo do folclore e un representante do Concello que levantará acta e terá voz pero non voto.

8. O grupo gañador do 1º premio poderá participar ao ano seguinte de exhibición.

9. O lugar de celebración será o Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira.

PREMIOS

BAILE:
1º PREMIO: 1200 ? e trofeo
2º PREMIO: 700 ? e trofeo
3º PREMIO: 400 ? e trofeo

O prazo de inscripción remata o vindeiro 15 DE MAIO.
PREGAMOS QUE VOS INSCRIBADES O ANTES POSIBLE.

+ info: fortindapomba@yahoo.es
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-05-2013 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 24 (Venres)
? Gala dos XII Premios Opinión de música folk no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña): pandereteiras Taravela, Agrupación Instrumental da Escola Municipal de Folclore de Betanzos, Guille Fernández e Xabier Díaz, Dhais
? Festival tradicional Aquelando na A.V. Val do Fragoso (Vigo) ás 20:00
? Concerto ?En lembranza de Suso Vaamonde? no cine Alovi (As Pontes) ás 21:00
? Heredeiros da Crus na Discoteca LP45 de Ordes
? Sacha na Horta na Gentalha do Pichel (Compostela) ás 22:30
? Ultraqans no Clavicémbalo (Lugo) ás 23:00
? A Compañía do Ruido no Café Cultural Auriense (Ourense) ás 21:30
? Xoán Curiel no Auditorio Gustavo Freire de Lugo ás 20:30
? Sérgio Tannus Trio en Rianxo
? Familia Caamagno na Sala A Reserva (Carballo) ás 23:00
? Oscar Ibáñez na etrad (Vigo) ás 19:00
? Xardín Desordenado no De Catro a catro (Vigo) ás 22:30
? 2uS no Auditorio Municipal de Vigo ás 21:00
? Chorouvía no Racimo (Vigo) ás 21:00
? Foliada en Couso (A Estrada)

Sábado 25
? Xornada de Música tradicional na casa da cultura de Pobra de Brollón ás 11:30
? Festival Infantil Por cantar e por bailar na Escola Oficial de Idiomas de Vigo ás 18:00
? Gala XXV aniversario de Ximiela (Muros) ás 21:30
? I Xornada feroz de Música Galega (As Pontes)
? Festival Berra en Galego. Praza de Saco e Arce (zona vella) de Ourense: Nao, The Tetas Van, Falperrys,... ás 21:30
? Festival da Escola Livre da MPG no salón Teatro de Compostela ás 21:00
? Festa das Letras Galegas 2013 na Capela
? V Festival Cans de Palleiro en Bembrive (Vigo) ás 20:00
? Dios Ke Te Crew na Sala Capitol (Compostela) ás 22:30
? Martelo e Arrythmia en Lugo na sala Castelao
? Grampoder, Lobishome, Cristina Pato, Radio Cos no festival de Cans (O Porriño)
? I Foliada da A.C. Queiroga en Paiosaco
? II serán dos Maios en Queimadelos (Mondariz)
? I Serán en Oroso (A Cañiza)
? VIII Seran Mar de Rianxo
? Serán no Centro cultural de Borreiros (Gondomar)
? Serán en Cela (Mos)

Domingo 26
? XXIV Concurso de Música Tradicional Xacarandaina
? Coanhadeira no SalaSon (Cangas do Morrazo) ás 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2013 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Serán dos Maios en Queimadelos (Mondariz)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-05-2013 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Seran Mar de Rianxo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-05-2013 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Oroso (A Cañiza)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-05-2013 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0