Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Noite de letras galegas en Tomiño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2012 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Agustín Sánchez e Farrapos de gaita na Cova Céltica (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-05-2012 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 14 (Luns)
• Quempallou e Banda D´além no Teatro Principal de Pontevedra ás 21:00

Terza feira 15 (Martes)
• Conferenecia "Os coros das irmandades: un xeito de vivir o País" no Conservatoriode música de Vigo ás 20:00
• Charla Coloquio "Dende Voces Ceibes ao punk rock: 50 anos berrando en galego" na Fac. de CC. da Educación de Ourense ás 20:15 con Mini e Mero e Leo Arremecaghoná

Corta feira 16 (Mércores)
• Sés no campus de Vigo ás 12:30
• Sés no no Pazo da Cultura de Carballo ás 21:00
• XI Edición dos Premios Opinión de música Folc no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña): Susana Seivane e Rodrigo Romaní, Fran Pérez ‘Narf’ e Lucía Rolle e Moxenas Musical Galego ás 20:30
• Quempallou na Fabrica de Chocolate (Vigo)
• A Banda do Ruido no Aturuxo de Bueu ás 22:30
• Guezos no Marrucho (Baiona)
• A Banda das Crechas no Con do Moucho (Illa de Arousa)
• Leo e Arremecaghoná en S. Salvador de Tebra (Tomiño)
• Agustín Sánchez e Farrapos de gaita na Cova Céltica (A Coruña) ás 22:30
• Foliada no Bar Rúa (Rúa de San Pedro - Compostela)

Quinta feira 17 (Xoves)
• Manifestación Queremos Galego (Compostela)
• Nela e Xistra de Coruxo no CRAC de Coruxo (Vigo) ás 12:00
• Romaría Raigame (Vilanova dos Infantes)
• I Liorta Folk para solistas de gaita, violín, flauta, zanfoña e acordeón na Pastoriza (Lugo) na Praza da Casa do Concello
• Treixadura no Pazo de Cultura de Narón
• Loretta Martin no Clavicémbalo (Lugo)
• Clave de fado e Pentalfa na Regueifa (Ponteareas)
• Coro tradicional Cantares do Brión no auditorio Municipal de Gondomar ás 19:30

Sexta feira 18 (Venres)
• Uxía no Clavicémbalo (Lugo)
• Zenzar na Sala Karma (Pontevedra)
• Mónica de Nut no Liceum (O Porriño)

Sábado 19
• Obradoiro de cantos de arrolos con Xabier Díaz e Guadi Galego ás 17:00 na casa dos veciños de Couso (Ponteceso)
• Presentación de Adacanto (Xabier Díaz, Guillerme Fernández, Xosé Lois Romero e Guadi Galego) ás 23:00 na casa dos veciños de Couso (Ponteceso)
• Xacarandaina no Pavillón Polideportivo Municipal de Melide ás 18:00
• Os Carunchos, Os Vacalouras, Sobre Rodas,... nas festas de San Pedro (Cangas do Morrazo)
• Carlos Blanco e Xosé Manuel Budiño na sala 600 (Melide)
• Primordiais no Cine Teatro de Ribadeo
• Terbutalina na sala A Reserva (Carballo)
• Safari Orquestra na sala Clavicémbalo (Lugo)
• Festa-Homenaxe a Juan de Freixo (Vigo): Os Podridos, O Ciprián e mailo can, KGben, Oxtiax que te pariu,...
• Foliada Retrouso de Cela (Bueu)
• Foliada aniversario de Pau de Buxo no campo da festa de Saídres (Silleda)
• Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
• Serán en Chaín (Gondomar) no C. C. A Merced

Domingo 20
• Os Terribles de Donas na Fundación Eduardo Pondal de couso (Ponteceso) ás 16.00
• Coro Tradicional Cantares do Brión no Centro Cultural de Vincios (Gondomar) ás 19:00
• Zenzar no Aturuxo (Bueu)
• Eliseo Parra no teatro Principal (Compostela) ás 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2012 17:51
# Ligazón permanente a este artigo
A gala dos XI PREMIOS OPINIÓN terá lugar o vindeiro 16 de maio

O dúo formado por Susana Seivane e Rodrigo Romaní, os artistas Fran Pérez ‘Narf’ e Lucía Rolle e o grupo Moxenas Musical Galego son as actuacións previstas para o acto
Coa nova proposta elaborada dende os PREMIOS OPINIÓN para esta edición, que pasan de recoñecer só os tres mellores discos do ano a premiar tamén á mellor canción orixinal e ao mellor artista, coñecéndose os gañadores no decurso da propia cerimonia, xa non ten sentido realizar a gala de entrega dos galardóns dos artistas máis destacados do 2011 no mes de outubro, como viña sendo cotián, e agora adiántase a data de celebración da festa do folk galego, que pon en valor o traballo dos músicos de raíz do noso país.


A noite dos XI PREMIOS OPINIÓN terá lugar o vindeiro 16 de maio no teatro Rosalía de Castro ás oito e media da noite. O programa para esa velada comeza co recital que ofrecerá o dúo composto por Susana Seivane e Rodrigo Romaní. Será a primeira vez que eses músicos realizan un pequeno concerto formal nun teatro. Anteriormente fixeran unha colaboración a convite da Fundación Wenceslao Fernandez Flórez. Romaní comenta que “aínda que as colaboracións cunha artista de tal entidade adoitan ser altamente satisfactorias, Susana ten un feeling especial. Ao rematar a actuación, cómoda e relaxante polo que a min atinxe, coido que comentamos que deberiamos repetila. Por iso resúltame particularmente atractiva a idea de facelo de novo, esta vez nun marco que xa ocupa un anaco na historia da música folk en Galicia: os Premios Opinión. Alí atoparemos amigos e compañeiros da profesión e un público que sabe que tocaremos para el coa ilusión dos principiantes: único tesouro que a veteranía non debe nunca desgastar”. O dúo interpretará catro ou cinco temas con arpa e gaita, os instrumentos polos que son coñecidos.

Logo aparecerá no escenario Fran Pérez Narf coa súa guitarra para pór en escena dúas pezas novas no seu repertorio que estreará en público ese día. O músico realizará unha versión dun tema que ten letra do seu pai e a outra peza está baseada nun texto de Castelao. O músico indica que para el “é un honor que me chamen para participar nuns premios que gozan de prestixio e teñen xa unha traxectoria consolidada. Lembro que cando fun tocar con Manecas Costa, o ano da homenaxe a Milladoiro polo seu trinta aniversario, todo resultou moi agradable”. Lucía Rolle, coñecida anteriormente no eido musical polo seu labor co nome artístico de Sevigny, contará coa axuda do acordeón de Xosé Lois Romero para interpretar dous temas enriba do escenario. Un deles será unha versión da Danza do mar namorado, canción que o grupo Na Lúa incluíu no seu disco Ondas do mar de Vigo e ten un texto do escritor Xosé María Álvarez Cáccamo, mentres a música foi composta por Xosé Paz Antón. Para o outro tema aínda están a barallar diversas opcións antes de decidirse. A cantante coruñesa sinala que logo de estar un tempo afastada dos escenarios “foi un pracer recibir a chamada para formar parte do cartel de actuacións elaborado para esa noite e para min é unha boa ocasión de facer cousas novas”.

Como a gala terá lugar a data anterior á celebración do Día das Letras Galegas quixemos que estes dous músicos ofrecesen aos espectadores presentes no teatro cando menos unha canción que contase con letra dalgún escritor do país para que se reflectise esa unión que, ás veces, se produce entre literatura e música e que xa ofreceu excelentes resultados ao longo do tempo no eido da música.

Os encargados de pechar a noite musical serán os compoñentes da orquestra folk viguesa Moxenas Musical Galego, un bonito proxecto liderado por Xosé Oliveira que está a xerar moi boas sensacións alá por onde vai por mor do bo traballo desenvolvido nos arranxos das pezas elixidas. Será a primeira vez na súa historia que este grupo actúe na cidade de A Coruña.

Polo tanto o público asistente poderá escoitar moitas cousas en primicia nesta nova edición duns premios que axudan a promocionar á escena musical galega que traballa coa música de raíz.

O presentador do evento será o xornalista Alfonso Hermida, coñecido polo seu labor na Televisión de Galicia, quen xa exercera de mestre de cerimonias na gala celebrada o terceiro ano de vida dos galardóns.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2012 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Candidatos a mellor disco (Premios Opinión 2012)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2012 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
Candidatos a mellor artista (Premios Opinión 2012)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2012 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Candidatos a mellor tema (Premios Opinión 2012)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2012 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Cantares do Brión na Semana das letras galegas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-05-2012 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Programa de hoxe no Folk in Trio
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-05-2012 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 11 (Venres)
• O Sonoro Maxín no Clavicémbalo (Lugo)
• Raiba no Sama Sama (Vilagarcía de Arousa)
• The Turre´s Bando no Liceum (O Porriño)
• Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)

Sábado 12
• Festival infantil de baile e música tradicional "O berce de Donaire" no Auditorio do Fórum Metropolitano da Coruña ás 17:30
• XVI Festival infantil de baile tradicional Xirandola (A Bandeira - Silleda) ás 18:00 no auditorio Manuel Dopazo
• Festival Pedras Miúdas de Lires (Cee): Pardal na Rúa, Tombalobos orquestra e a Banda da Balbina
• Festival Cans de Palleiro: Moxenas Musical Galego e Cans de Palleiro no Auditorio de Bembrive (Vigo) ás 20:00
• Festival aniversario Os Resentidos: Os Resentidos e convidados, O Sonoro maxín, Novedades Carmiña en ExpoOurense (Ourense)
• Zenzar na Iguana Club (Vigo)
• Virandeira Folk no Con do Moucho (Illa de Arousa)
• Os Carunchos no bar Curva (Nerga-Cangas do Morrazo) ás 23:00
• V Festival trezecatorce (Salceda de Caselas): Terbutalina, Marxe Esquerda e Vendetta
• Pablo Carpintero, A Requinta de Xián, Pandemeigas,.. no Serán pan con pan de A Poboanza (Parada de Amoeiro)
• Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
• Serán do Coto (Carballal-Vigo)
• Serán en Borreiros (Gondomar) no centro cultural.
• Ruada de Catoira
• Serán de San Sebastián (O Porriño)
• Serán das Letras en Sobrada (Tomiño)
• Ruada Xiradela 30º Aniversario na Praza do Balneario (Arteixo)
• Serán no muiño de Fausto (Coiro-Cangas do Morrazo)

Domingo 13
• III Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro
• Fiandola na Festa dos Maios do Casco Vello (Vigo)
• Os Cempés na Praza das Coles, Melide (A Coruña)as 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-05-2012 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
12 maio
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
- Serán do Coto (Carballal-Vigo)
- Serán en Borreiros (Gondomar) no centro cultural.
- Ruada de Catoira
- Serán de San Sebastián (O Porriño)
- Serán das Letras en Sobrada (Tomiño)
- Ruada Xiradela en Arteixo
- Serán do muiño de Fausto (Coiro-Cangas do Morrazo)

19 maio
- Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
- Serán en Chaín (Gondomar) no C. C. A Merced

26 maio
- VII Serán Mar de Rianxo
- Serán en Arcade (Soutomaior) a carón da estación de tren
- Serán dos Maios en Queimadelos (Mondariz)

27 maio
- Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)

2 xuño
- Serán do Remuiño (Paraños)
- Serán de Traspés na Alameda de Sárdoma (Vigo)
- V Serán á Beira do Mar de Baiona

9 xuño
- III Serán da Insua (Pontecaldelas), no torreiro da festa, a carón da igrexa
- II Serán na Asociación de Veciños de Sampaio de Lavadores (Vigo)

16 xuño
- Serán no adro da capela de Chaín (Pontecaldelas)
- Serán da “Noite da Moura” en Rebordechán (Crecente)
- Serán en Atios (O Porriño) ao carón do campo de futbol do Carballo

17 xuño
- Serán do Viso (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-05-2012 14:46
# Ligazón permanente a este artigo
X Serán Muíño de Fausto (Coiro - Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-05-2012 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Coello (Lourido-Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-05-2012 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Borreiros (Gondomar)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-05-2012 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en San Sebastián (O Porriño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-05-2012 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
V Ruada de Catoira
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-05-2012 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada Xiradela 30º Aniversario (Arteixo)
O 12 de maio ás 22:00 h celébrase na Praza do Balneario (Arteixo) a Ruada Xiradela 30º Aniversario.

Non faltedes, contaremos cunha chea de amigos, entre eles os bailadores e tocadores máis veteranos e expertos das comarcas darredor. (Haberá carpa)


VENTE VINDO, VENTE VINDO,
NON ME FAGAS ESPERAR...
....

www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-05-2012 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
XI Serán do Carballal (Cabral-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-05-2012 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
Venres de Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
VENRES 11 DE MAIO, ÁS 23:00 h

FOLIADA
MÚSICA E BAILE TRADICIONAL GALEGO


... Abrirán a foliada o grupo de gaitas e pandereteiras da Asociación Cultural Meiramar Axóuxeres (Moaña). A continuación, participación libre: traede instrumentos e ganas de bailar!!

Nota: esta foliada en segunda semana de mes é algo excepcional. As foliadas de SalaSon celébranse os primeiros venres de mes.

Entrada de balde
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-05-2012 10:24
# Ligazón permanente a este artigo
I I Serán Pan con Pan (Parada de Amoeiro-A Povoanza)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-05-2012 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festa dos maios en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-05-2012 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Cans de Palleiro (Bembrive-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-05-2012 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Zënzar presenta o seu novo traballo discográfico na Iguana Club de Vigo
Vaise Armar o novo traballo dos decanos do rock en galego presentarase este sábado 12 de maio na Sala Iguana Club de Vigo. Actuarán acompañados da banda Super F.

Zënzar, unha lenda do rock en galego presenta este sábado en Vigo, o último traballo discográfico de estudo, co que van camiño de celebrar o cuarto de século enriba dos escenarios.

Vaise Armar é un disco froito da evolución dos anos da banda e dos propios músicos, e no que mostran o que hoxe en día é Zënzar, un grupo máis maduro musicalmente e máis aberto a sons e ritmos que comezaron a ter máis presenza nos álbumes anteriores de estudo, un rock con moita forza e enerxía que se abre a temas máis persoais e íntimos.

O seu anterior disco “A Tribu”, que conta coas colaboracións de Xurxo Souto, Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Mª Xosé Silvar (ex-Chámalle Xis e actualmente no seu proxecto XES), Pablo Dalama ( ex-Xochilmica, Mamá Cabra), Gende Beat (o xefe do beat box gallego) ou percusionistas como Manolo Suárez e David Bolaño e o gaiteiro José M. Ares. 13 temas rockeiros, estilo Zënzar, con ataques punk, heavys e tradicionais. Falan das súas raíces nunha aldea que morre, da súa condición de galegos sen complexos e dos seus inicios.

En decembro de 2011, Zënzar saca a luz o seu novo traballo “Zënzar ao vivo, Cerceda 09” un DVD que recolle unha presa de cancións extraídas do concerto que deu a banda no Festival de Cerceda 09.

En Vaise Armar volven contar con colaboracións de luxo, moitas das que colaboraron en anteriores traballos e outra vez gravan 13 pezas inéditas.
Pódese escoitar un adianto do novo disco dende a páxina web de Zënzar, o tema “O Galego” o cal participa no certame Cantalingua 2012 e podedes descargar neste enlace 3 temas adianto do novo traballo: https://www.sugarsync.com/pf/D7838164_65517284_768522

Tras o éxito da presentación na sala Josfer (Ordes), con máis de 400 persoas, Zënzar presentarán “Vaise Armar” en Vigo, Pontevedra, Bueu, Boiro, Porriño, Ourense, entre outras localidades, nunha xira que os levará a tocar por salas de todos os recunchos do país e en festivais como o Derrame Rock ou o Brincadeira.
www.zenzar.info
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-05-2012 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Os Cempés en Melide

concerto de OS CEMPÉS
XXI Festa do Melindre e da Repostaría da Terra de Melide


Domingo 13 de maio as 20h,
Praza das Coles, Melide (A Coruña)


Organiza: Concello de Melide
Entradas: de balde

Os Cempeìs, o miìtico grupo paratradicional de Ferrolterra, a piques de cumplir vinte anos de xiras por Galicia, Portugal, EspanÞa, Francia, Noruega ou Inglaterra reaparece despois de catro anos de descanso con nova formacioìn e novo disco.

O novo traballo, que leva por título Tentemozo, foi gravado coa colaboración de numerosos músicos invitados como Carlos Quintá, Begoña Lorenzo, Luis Peixoto, etc, e contou tamén coa colaboración dos mozos e mozas da Escola Livre da Música Popular Galega ELMPG (aCentral Folque).

A gravación do disco foi financiada polos propios fans do grupo a través do sitio www.verkami.com, mediante o sistema de financiación en masa (Crowdfounding) acadando unha excelente acollida e repercusión.

Centos de concertos, cinco CD ìs publicados (dous de eles ao vivo), son a bagaxe desta banda que presume de facer bailar e cantar ao puìblico dende o primeiro ao uìltimo tema dos seus concertos.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-05-2012 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
XVI Festival infantil de baile tradicional Xirandola (A Bandeira - Silleda)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-05-2012 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Festival O Berce de Donaire (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-05-2012 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Xuntanza Folk Pedras Miúdas (Lires-Cee)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-05-2012 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Aniversario dos Resentidos en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-05-2012 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de instrumentos vexetais (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 11-05-2012 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Dezassete (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-05-2012 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
V Festa Treze Catorze (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-05-2012 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Esgotadas as entradas para o Festival Terra da Fraternidade
O peixe está todo vendido… o Auditorio non da para máis

Sentímolo moito por todos os que queriades compartir con nós este festival pero aínda non comprárades a entrada, pero o Auditorio non da para máis, as máis de 900 entradas rematáronse antes de que puideramos abrir a taquilla. Teríamos enchido dous auditorios ou tres se fora polo entusiasmo que todos e todas demostráchedes e a cantidade de peticións de entradas que recibimos estes últimos días. Quizáis a próxima vez optemos por un campo de fútbol!

Para os que non poidades estar no Auditorio de corpo presente, o festival retransmitirase en streaming a través dun enlace que se facilitará na web e nas redes sociais, así que estade atentos que se vos dará a posibilidade de disfrutalo desde casa de balde. Quen dicía que había que revivir o espírito do Zeca.. .está claro que estaba moi vivo. Graciñas a todos e todas

http://terradafraternidade.com/
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 10-05-2012 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
Comunicado de Músicos ao vivo


Este ano 2012 ven cargado de grandes novidades e oportunidades, ademais de importantes retos por superar. Dende a asociación detectamos a difícil situación pola que está a pasar o sector da cultura e da música en particular, e iso lévanos a presentar novas iniciativas encamiñadas a mellorar na medida do posible esta tendencia e a dar solución a problemas endémicos da profesión.


NOVIDADES

 Despois de moito traballo xa estamos recoñecidos como asociación profesional. Este novo status, acadado coa creación dunha nova asociación profesional denominada ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE MÚSICOS AO VIVO, ábrenos un amplo abano de posibilidades, como por exemplo, participar na negociación colectiva ou formar parte de organismos de ámbito estatal.

- A creación desta asociación profesional era un dos pasos a seguir de cara á consolidación do Plan de Regularización Laboral que Músicos ao Vivo ven desenvolvendo dende mediados de 2010 por medio dun convenio co grupo de xestión de Musicat e do que se aproveitan máis de 70 dos nosos socios. Este convenio permite facturar aos músicos a través dun sistema de cooperativas de músicos, ofrecendo así una alternativa totalmente legal e económica á facturación irregular, tan presente no sector.

- A asociación tamén está preparando estudos económicos para analizar a viabilidade de instaurar en Galicia un sistema de cooperativas de músicos autónomo e propio, o que suporía un logro dentro do Plan de Regularización Laboral antes citado.

 Músicos ao Vivo, por medio da súa asociación profesional, é un dos membros fundadores da Federación de Músicos Asociados (FEMA), organización de ámbito estatal formada polas principais asociación de músicos do estado (Musicat, Mus 21, Promusic, UMTRADE) que busca a defensa e promoción dos dereitos dos músicos, a súa normalización laboral, e empregarse na defensa e recoñecemento social dos músicos profesionais e o seu traballo.

 O número de adhesión ao proxecto da nosa asociación segue crecendo. Actualmente preto de 180 socios conforman o apoio social.

 Músicos ao Vivo quere ter un papel máis significativo na elaboración das redes musicais dependentes da Administración. O colectivo de músicos nunca foi tido en conta á hora da determinación das bases aplicables a estas redes e cremos que chegou o momento de ser escoitados. Para iso, a asociación ven de presentar ante AGADIC una serie de propostas para a Rede Galega de Música ao Vivo que, para a edición do presente ano, foron ignoradas. Entre as propostas presentadas podemos destacar:

- Consideramos oportuno e indispensable que se soliciten obrigatoriamente as altas na S.S. (ou comprobante de alta no réxime de autónomos) de todos os músicos participantes nas redes subvencionadas pola Administración. Deste xeito non se producirían situacións de deslealdade profesional con quen cumpre a normativa legal e traballariamos pola dignificación efectiva da profesión, ademais de dar un pulo importante ao proceso de regularización laboral do colectivo e fomentar as boas prácticas entre o gremio.

- Proposta de mínimos salariais en función do nº de músicos por grupo. Isto responde á necesidade de articular un método de salvagarda dos dereitos dos músicos fronte aos últimos datos revelados polo “Informe da RGMV 2011” elaborado por AGADIC, onde se identifica que o caché medio final na rede é practicamente a metade do establecido a priori. Debemos ver polos intereses dos músicos como parte activa na música en directo e non só polos programadores, quen son a parte claramente privilexiada neste caso.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-05-2012 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
III Andaina pola protección da Serra do Galiñeiro
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 10-05-2012 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Roi Casal en Compostela (por un novo referente político para o País)
www.mocidadenacionalistagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2012 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer