Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza

Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Voda en Malmequer

Estes días o blog estivo un pouco desatendido xa que había cousas importantes por facer...
Casamento en Malmequer e festa rachada!!!!

Unha boa escusa, así que para seguir de festa e descansar da organización dunha carallada así deixo o mando temporalmente ao noso segundo de abordo e desconectamos do mundo festeiro por uns días.

Edu, o blog é todo teu...

Saúdos
Henrique
Comentarios (6) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2011 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Malvela grava novo disco
Malvela vai editar o seu cuarto disco e quere que nel se sinta o calor do público. Por iso o gravará en directo e na súa terra: o martes 31 de maio ás 21.00 horas o grupo de cantareiras de Sanguiñeda actúa no Multiusos de Mos, nun concerto gratuíto do que sairá o seu novo traballo discográfico: Raianas.

O do martes será un concerto moi especial. Malvela contará coas colaboracións de Uxía, Carlos Blanco, Nuria Freiría, Oli Xiráldez e a poeta de Mos María Magdalena.
A participación de todos eles e máis do público contribuirá a transmitir no disco a esencia do son de Malvela, que se revela máis vivo ca nunca nas súas actuacións en directo.

O concerto será unha festa á que están convidadas todos os seareiros desta formación.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2011 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Dios Ke Te Crew
DIOS KE TE CREW estamos que non collemos en nós!
O traballo estará na rúa na segunda quincena de Xuño e levará por nome "HUMANOSE", no cal estaremos acompañados por diversos artistas do panorama musical.


No que ó traballo artístico e de deseño se refire temos o privilexio de contar con Liqen e Sekone, destacadas figuras da escea da arte urbana.

Xa temos preparado o adianto do novo disco en forma de single, chámase DAME IGHUAL, no que contamos coa colaboración das incomparables voces do Leo I Arremecághona e Loli Nogueira.

Podes descargar o single
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-05-2011 11:41
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Uxía
MEU CANTO o novo álbum de UXIA

Uxía segue o ronsel dunha cultura que viaxa e muda o significado e a natureza das fronteiras. Nesta ocasión a súa travesía lévanos a Brasil, onde foi grabado este traballo, nos estudios da editora Biscoito Fino, en Rio de Janeiro.

A escolla non foi casual, abordar este novo reto coa produción do prestixioso músico Jaime Alem (productor de Maria Bethânia), o talento e a complicidade do virtuoso instrumentista Sérgio Tannus, tamén escoitamos Os Teus Ollos xunto con Lenine, toda unha garantía para palabras e músicas que saen sempre do máis profundo e íntimo do seu ser, da súa alma.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-05-2011 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Treixadura
TREIXADURA “esa si que é muiñada”

Coincidindo con vinte anos de gravacións, concertos, colaboracións e vida en común remata esta cuatriloxía.


Esa si que é muiñada é hoxe unha lúa crescente, case chea, que albisca a fin dun ciclo e, ao tempo, o inicio dun novo.
Os cantos que aínda hoxe viven nas tabernas, nas bandas, que permanecen en nós desde a noite dos tempos de man da tradición oral, os libros e a música.

Treixadura Gaiteiros 2011
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-05-2011 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
Reeditado o derradeiro traballo de Cantadeiras do Berbés
Debido a insistencia do publico, Inquedanzas Sonoras viuse na “obriga moral” de rescatar esta pequena/grande obra do cancionero popular.
Algúns dos temas deste traballo son históricos desta cidade, pezas que foros creadas polo propio pobo vigués onde cantaban situacións que aconteceron na historia de Vigo, como no caso de "O Incendio" (o famoso incendio na Porta do sol) ou o "Pasodoble de Peinador" (a construcción do aeroporto con traballadores obrigados).


Neste terceiro traballo seguen a rescatar vellos temas mariñeiros, cantos de taberna e outras pezas da música popular que acompañan con acordeón, percusións e gaita. O disco profundiza nos temas populares recuperando o sabor das cancións compostas nunha época na que o tradicional era disfrutar do canto en calquera situación: no traballo, na taberna, nas romarías, nos camiños...

Así Cantadeiras recuperan temas que aínda quedaban na memoria colectiva popular, que lembran sonados sucesos da historia viguesa e móstranos como os temas tradicionais aínda están vivos na memoria.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-05-2011 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Esquíos
Producido por Arturo Vaquero e gravado en rigoroso directo nos estudios Abrigueiro, neste traballo Esquíos soan mellor que nunca e presentan o seu disco mais rápido, mais bailón e mais punki, conservando o seu toque garaxeiro e facendo incursións guerrilleiras noutros estilos coma por exemplo o country.

Doce temas propios, un deles coa colaboración vocal de Xavinho (Raiba), con títulos coma “Son parvo”, “Bukowski”(adicada ao escritor), “Psicose no 2012” ou “Xunta-te”, contendo letras divertidas e mais ácidas que nunca.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-05-2011 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Ugia Pedreira e Fred Martins
Os compositores Ugia Pedreira e Fred Martins presentan “Acrobata”, o resultado dunha conxunción artística natural xermolada tras un encontro entre os dous artistas en Rio de Janeiro en 2008.

Tres anos despois daquela unión nace este disco de autor con composicións orixinais e propias de ambos que será lanzado como un exercicio de verticalidade, é dicir, como unha obra que se mira cara dentro e se identifica có sinxelo, o íntimo e o reducido mostrando sen demostrar. Trátase, pois, dun traballo que navega entre os dous extremos que delimita a sensibilidade e a forza.

A palabra é o único vestiario deste traballo onde as linguas galega e portuguesa se saúdan dun xeito cordial e responsable. É a poesía a auténtica protagonista e a única con poder absoluto en todas estas composicións engalanadas coa música.

“Acrobata” é, sen lugar a dúbidas o mellor exemplo pop do achegamento da Música Popular Brasileira (MPG) coa Música Popular Galega (MPG).
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 31-05-2011 11:20
# Ligazón permanente a este artigo
Verán Folque de Poio
ABERTA A INSCRICIÓN PARA O CAMPAMENTO URBANO

O Centro Galego de Música Popular aCental Folque e o Concello de Poio asociáronse un ano máis para levar a cabo o programa Verán Folque no municipio.
É unha iniciativa dirixida aos nenos e que oferta clases e actividades lúdicas relacionadas coa música popular galega. Desenvolverase do 4 ao 15 de xullo a no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, de luns a venres (de 10 a 13.30 horas). Os destinatarios son os nenos de Primaria (de 6 a 12 anos) e o prezo é de 20 euros. A inscrición está aberta no Concello

Os interesados en participar deben inscribirse antes do 15 de xuño no Concello ou a través do correo electrónico da Concellería de Cultura (Praza do Mosteiro 1, Convento de San Xoan 36995; 986 770 001-986 770 038; concellariadecultura@concellodepoio.es)

A iniciativa está coordinada pola especialista Gema Pérez e conta cun equipo docente formado por artistas entre os que figuran Marcelo González, Xurxo Troncoso, Pepa Yáñez e José Manuel Díaz. Os obxectivos da actividade son potenciar a capacidade creativa dos nenos e achegalos á música popular a través de xogos e actividades lúdicas. O ano pasado, Verán Folque desenvolveuse en Chancelas e contou con trece alumnos.


www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2011 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Betanzos aspira a Lorient
O grupo Os Brigantinos organiza un festival con acampada para xuño

Ás citas folkis de Ortigueira, Pardiñas, Carballeira de Zas, ou a de Lorient, que sempre conta con representación galaica, únese este ano unha nova na comarca, o Briganfolk, un certame co mesmo espírito e que se celebrará os días 11 e 12 de xuño no Carregal, onde haberá música e actividades continuas e tamén zona de acampada.
Os organizadores desta primeira edición son os 18 integrantes do grupo Os Brigantinos, formación creada hai 43 anos por José Benito Beade e que agora continúan os seus netos Óscar e Alberto Barallobre, xa convertida en banda de gaitas, con membros de 7 a 35 anos.

Levan traballando ano e medio neste proxecto co que pretenden atraer aos amantes do folclore. «A proposta é difundir ao noso grupo e promover o intercambio cultural», explica Iván Pérez Prieto, un dos directivos dos Brigantinos. «O festival abrirao un desfile por Betanzos de todos os grupos e pretendemos que haxa música en vivo todo o día, da mañá á noite, e que haxa animación no recinto, desde postos de comida, a venda de artesanía e obradoiros de música», comenta.

Os pratos fortes serán a actuación de Xosé Manuel Budiño e Susana Seivane. Hai moitas invitacións cursadas e pode colgar xa no cartel o título de internacional, xa que dous das confirmadas son bandas de Escocia e de México, Clackmannanshire e o Ballet Folclórico de Chiapas, respectivamente.

Os Azoughados de Churío e As Patuleiriñas, de Aranga; e Azougue e Xóvenes do Pobo de Betanzos serán parte da representación da comarca e tamén anunciaron a súa presenza a Banda de Gaitas Villa de Xixón, Castro de Columbrianos (León), Castro Bergidum (Ponferrada), e a asociación folclórica Albada (Salamanca). Non se cobrará entrada, aínda que está previsto que se editen camisetas a prezos populares e que se vendan rifas para colaborar nos gastos deste festival.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2011 11:02
# Ligazón permanente a este artigo
Falece aos 101 anos Elvira Touzón, figura emblemática da música tradicional courelá
Ás cinco da tarde celebraronse na igrexa de Folgoso do Courel os funerais da cantora popular Elvira Touzón Quiroga, natural do pobo de Santa Eufemia, falecida onte cando lle faltaba pouco máis dun mes para cumprir os 102 anos de idade. Elvira Touzón foi a figura máis emblemática do festival folclórico Filandón de Músicas do Courel, que lle renderá unha homenaxe na súa próxima edición, o 8 de agosto.

Elvira Touzón destacou polos seus grandes coñecementos sobre a música tradicional da serra, á que achegou varios cantares de composición propia. Ademais de participar o mencionado festival desde os seus inicios, contribuíu cun gran número de pezas aos sucesivos volumes do libro-disco Músicas do Courel, que recollen o acervo musical da zona. Segundo explicou onte o músico Xosé Lois Foxo, nestas edicións recolléronse en total 136 pezas musicais tradicionais que a cantora conservaba na súa excelente memoria. «Aínda hai un par de meses estivemos gravando varias coplas que ela coñecía e que estaban sen recoller e que serán incorporadas á reedición do primeiro volume de Músicas do Courel», comentou Foxo.

A falecida, a xuízo de Xosé Lois Foxo, «era unha figura paradigmática dá música tradicional dá montaña lucense e dúas cantores populares galegos e grazas a ela puidemos conservar unha parte considerable dunha vella tradición musical que se tería perdido sen a súa axuda».

Nos últimos anos, Elvira Touzón foi obxecto de diversas homenaxes públicas e no seu pobo natal erixíuselle un monumento por iniciativa da asociación de amigos do Filandón de Músicas. No seu funeral actuaron o grupo de gaitas os do Recanto, do municipio de Quiroga.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2011 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
O corazón da zanfona
O músico Germán Díaz crea un espectáculo a partir de latexados rexistrados en 1933

O estudo de Germán Díaz en Cospeito parece máis o obradoiro do excéntrico personaxe de cómic Profesor Franz de Copenhague que o dun músico e investigador. No medio da súa gran colección de instrumentos de corda e das súas zanfoñas, pódense detectar multitude de estraños instrumentos, descoñecidos para un profano da música, pero moi familiares para este músico vallisoletano, que vive en Galicia desde hai case unha década.

Os cortes do disco teñen nomes pouco usuais como 'Insuficiencia aórtica'
A maior parte desta "cacharrería", como el a chama, son artefactos orixinais con nomes case impronunciables como a rollmónica cromática ou o playasax. "Son un seareiro da cacharrería. Antes había unha chea de xoguetes musicais pensando nos nenos que eran fascinantes", explica Díaz, que mesmo ten un vídeo colgado na súa páxina web, onde vai contando como se tocan estes singulares instrumentos. Na súa constante procura de instrumentos estranos, de músicas novas e de investigar coa improvisación, Díaz tivo noticias dunha gravación descoñecida que o fascinou: o denominado Método cardiofónico patentado polo doutor Miguel Iriarte.

Este prestixioso cardiólogo vasco tivo nos anos 30 do pasado século unha iniciativa sen precedentes nesa época en España e, polo que se coñece, posiblemente no mundo. Decidiu rexistrar os latexados dos pacientes con cardiopatías, para mostrar desta forma aos seus alumnos como o son de cada corazón era diferente segundo a súa disfunción. Os cortes do vinilo editado polo doutor Iriarte posúen títulos que non son os máis comúns entre as cancións dun disco: teñen nomes como Lesións valvulares simples ou Insuficiencia aórtica.

Este material chegou a Germán Díaz a través dun amigo do seu pai, que exerce como médico en Valladolid, cidade na que tamén traballou o doutor Iriarte. "Pareceume algo insólito e dunha intuición poética fascinante ter os latexados do corazón gravados en vinilo, e desde o principio vin claro que había unha boa base rítmica", explica Díaz, que a partir deste rexistro deseñou un espectáculo que conta cunha orixinal posta en escena. Todo parte dun gramófono que reproduce os latexados do corazón que toma como base, e aplica simultaneamente un curioso mecanismo de cartóns perforados que xeran notas musicais.

"Enlacei esta base dos latexados con algúns dos meus instrumentos mecánicos, un instrumento medieval como a zanfoña e un computador, e estou moi satisfeito do son obtido", comenta este músico que participou en numerosos proxectos, a maioría coa zanfoña como parte central. O resultado desta posta en escena entre a maxia, a performance dadaísta e as artes escénicas é sorprendente: unhas veces soa a música pop, outras a jazz, e ás veces a música de raíz.

"Vou gravando todo en directo, coas aplicacións dun computador e unhas pedaleras, e vou improvisando por encima. Parece complicado pero é moi doado" resume o artista valisoletano sobre a súa particular reinterpretación do Método cardiofónico de Iriarte. "Acabas asistindo en directo a ese proceso máxico onde ves un cartón con buracos, que ao pasar o aire provoca música", comenta con entusiasmo Germán Díaz, que tanto charla sobre o uso de instrumentos inusuais como a caixa de música ou o órgano de Barbaria, como da evolución da reprodución fonográfica.

Porque Germán Díaz (Valladolid, 1975), non é un recentemente chegado nin un moderno con ínfulas de subirse ao carro cool en grao sumo vangardista. O seu discurso é o dun investigador apaixonado, e un músico de curiosidade insaciable que espreme incribles notas musicais a cacharros aparentemente inservibles. Sobrino de Joaquín Díaz, unha das grandes eminencias en etnografía musical, Germán Díaz tampouco se desvía da liña de investigación na música tradicional. Recentemente acaba de musicar co seu compañeiro Pedro Bravo o histórico cancionero galego de Jesús Bal y Gai.

Dentro duns días, o sábado 4 de xuño, Díaz actuará no II Festival Vibracional, na Cidade da Cultura, nunha cita a cegas co músico sardo Paolo Angeli, que toca unha espectacular guitarra de Sardeña de 18 cordas, preparada con motores e pedais. Díaz levará o seu zanfoña e xuntos retaranse nun man a man de improvisación libre.

Esta vez non contempla mostrar o Método cardiofónico do doutor Iriarte, que gardará en Cospeito até unha mellor ocasión mentres coida das súas galiñas, ás que tamén lle inculca a súa paixón pola música: "Póñolles todo o día Radio Clásica, e despois sacan uns ovos excelentes. Está comprobado". E iso que as galiñas aínda non experimentaron o Método cardiofónico.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2011 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Riobó

O conxunto Riobó vén de realizar o seu debut discográfico, aínda que entre os seus compoñentes achamos a músicos experimentados, o que se reflicite á hora de escoitar o traballo e comprobar a súa madurez sonora. Conversamos con Begoña Riobó, artista que dá nome á formación e que nos últimos anos está a converterse nunha violinista de sobranceiras habelencias cando toca o instrumento .

–Como naceu o conxunto?
–Xosé Liz e eu levábamos tempo coincidindo en diverso proxectos como colaboradores, mais nunca coincidíramos nun grupo. El comentaba que debiamos formalizar a nosa relación musical dunha vez e fixémolo chamando a outros tres compañeiros que tivemos a sorte que aceptasen formar parte da nosa idea musical.

–E vostede exerce como líder, ocupando o centro do escenario nos directos. Tiñan claro o de darlle o seu apelido á banda?
–Para nada, foi cousa dos meus compañeiros e a min non me gustaba. É verdade que o violín está en todo momento moi presente, mais quero deixar claro que non somos o concepto dun solita e unha banda detrás acompañándoo, senón que soamos como un grupo. Aínda que a miña figura saliente máis, isto non é unha ditadura do violín e todos os compañeiros participan nos arranxos, e Liz tamén forma parte da produción artística comigo e Anxo Pintos. Ademais é comenente non cansar ao ouvinte con moito violín e que os outros instrumentos teñan o seu lugar.

–Baséanse na música tradicional galega e confían tanto no seu poder artístico que ata fan pezas de máis de seis minutos.
–En Galicia temos un patrimonio musical amplo e moi rico. O dos temas tan longos, que non creo repitamos, non foi algo premeditado senón que nos saíu así. Gravamos o disco en catro días tocando xuntos, agás as gaitas, coa idea de conservar a dinámica e o ritmo fluído dos concertos. Tiñamos claro o que queriamos e fixemos pequenas renuncias, en canto á perfección á hora de tocar, en función do ben común do grupo e que soase mellor o coxunto.

–Comezou acompañando co seu violín a solistas, participou na orquestra folk Sondeseu e agora exerce como imaxe deste novo grupo. Que foi aprendendo deses diferentes periodos vividos na súa andaina?
–Aprendín moito cos solistas aos que acompañei. Aí tes que axustarte ao que eles queren e agora o que fago en Riobó é moverme nun repertorio no que conduzo o violín por sitios onde estea cómodo. A Sondeseu téñolle un gran agarimo e alí tamén aprendín bastantes cousas do xeito de relacionarse cun escenario. Cando o concerto saía ben a reacción do público era brutal.

–E como ve a súa evolución como violinista?
–Éme difícil definir ese evoluír. Son practicamente autodidacta e así, sen mestres, non ves moito como evolucionas. Noto diferenzas entre as primeiras gravacións e as de agora. O que pretendo nestes momentos é que se note no violín un xeito de tocar netamente galego como consecuencia do traballo de traducir o repertorio de gaita para ese instrumento. A ver se a xente é quen de sentilo así na escoita.

–Agora debe asumir realizar as presentacións nos concertos. Como leva ese cometido?
–É ao que lle teño que adicar máis tempo, xa que non estaba afeita a facelo. É algo que tes que ir aprendendo co tempo e os compañeiros tamén me botan unha man.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2011 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Aires de crises no negocio das gaitas galegas
A boa saúde creativa do folk non se corresponde coas cifras de negocio, o boom de finais dos 90 finalizou e moitos se apartaron deste sector
Algunhas voces cren que a base é moi boa e que rexurdirá ao redor de 2015
Galicia conta con figuras como Seivane ou Núñez pero sen infraestrutura


A boa saúde creativa da música tradicional galega non se corresponde coas cifras de negocio que move na actualidade. Lonxe dos anos dourados nos que os discos se vendían por decenas de miles e case cada concello tiña o seu festival ou concerto de música folk con cachés zumentos, os artistas sobreviven con enxeño a esta época de vacas fracas xeralizada, pero que está a facer especial madeixa na música en plena reformulación do negocio por parte das compañías discográficas. Todos esperan no sector aires novos para que o 'fol' da gaita, en caída libre, vólvase encher.

"No ano 2000 demos case cen concertos. En 2010, uns 30", resume Susana Seivane. Naqueles anos de oropel tiña discográfica a nivel estatal, campañas de promoción e a axenda repleta de actuacións. Agora vese obrigada á autoedición e a tratar de axustar o seu caché aos orzamentos de que dispoñen os organizadores. O seu caso é o reflexo da gran maioría de artistas que viven do folk en Galicia.

A gaiteira Susana Seivane.
A música tradicional galega tivo, fai non moito, un punto moi álxido. Discos como 'A irmandade dás estrelas' de Carlos Núñez, impulsor da 'moda celta', e 'Plenilunio' de Luar na Lubre, relacionábanse nas listas de vendas con Dover, U2, Backstreet Boys ou os 'Romances' de Luís Miguel. E os traballos de Berrogüetto, Uxía, Cristina Pato, Xosé Manuel Budiño, Chouteira ou a propia Susana Seivane acumulaban recoñecementos e exemplares despachados.

"Foi un 'boom' non só do folk galego senón da World Music internacionalmente. Esa moda decaeu, pero non só aquí, en todo o mundo", explica o galego, aínda que fincado en Madrid, Fernando Luaces, responsable de Boa, compañía que publicou boa parte daqueles discos de referencia.

Herdeiros de Milladoiro Para Juan Carlos Fernández Fasero, director da Axencia Galega dás Industrias Culturais (AGADIC), aquel "estoupido" foi produto "do traballo previo de grupos como Milladoiro e Fuxan os Ventos" que sentaron as bases do fenómeno que se viviu na segunda metade dos anos 90 e no comezo do actual século.

"Xurdiron artistas novos interesantes como Budiño, Cristina Pato ou Susana Seivane", prosegue Fasero que recalca a proeza de que "Carlos Núñez vendese máis de 100.000 discos". O agora director de AGADIC era naquela época membro doutra banda moi activa na música tradicional galega, Mutenrohi, e creara a discográfica Zouma, que lanzou a Cristina Pato.

Houbo, antes de empezar a crise, como explica Susana Seivane "unha criba importante" que varreu a "moita xente que se subiu ao carro" do éxito pasaxeiro. "Era unha moda", recoñece, aínda que ela prefire velo como "un recoñecemento masivo ao traballo de pioneiros como Milladoiro".

Juan Carlos Fernández Fasero.
Os concertos, o día a día na vida dos músicos, tampouco son o que eran. Hai menos e peor pagos. Moitos festivais desapareceron ou reduciron a súa partida económica considerablemente. "Aquí sempre faltou unha gran infraestrutura que dese soporte aos músicos, como sucede en Irlanda", laméntase Seivane, que albisca outro mal xerado por tanto concerto gratuíto financiado con diñeiro público. "A xente afíxose aos concertos de balde apunta-. Non hai conciencia de que ás veces hai que pagar unha entrada".

Para Fernández Fasero o empuxe que perdeu o folk gañouno a música 'indie', da que "proliferaron grupos e festivais desde 2005".

"Hai menos concertos, pero a xente profesionalizouse moito. Hai músicos mellor formados grazas ao traballo das escolas e os conservatorios", expón Fernando Luaces. Para Seivane están a recortarse as axudas "á cultura galega" e parece que a ninguén lle importan os músicos".

Unha base consolidada para un novo rexurdir
O director de Boa ten unha visión máis positiva da situación actual e non considera que calquera tempo pasado foi mellor no folk. "Discos non se venden, pero nin de música galega nin de Bustamante", sentenza. Quedou, con todo, daquela época gloriosa "un pouso creativo moi importante" e aínda que non se manexan as cifras de outrora "que Mercedes Peón sexa número 1 da lista europea de World Music dous meses é histórico".

Fernández Fasero considera que o impacto masivo da música tradicional vai por refachos e "sobre 2015" deberiamos "ter unha nova onda" que sitúe ao folk novamente no cume. "É un mercado que ten unha base relativamente sólida. Non se manexan as cifras de entón pero os grupos consolidados venden os seus 3.000-5.000 discos e teñen unha repercusión máis internacional", comenta. Segundo o máximo responsable de AGADIC "o panorama non cambiou moito, si quizais os gustos da xente. Antes había folk en todas partes, pero estou seguro que volverá haber un novo boom nos vindeiros anos".

www.elmundo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2011 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Luns 30

Terza feira 31 (Martes)
• Malvela no Multiusos de Mos ás 21.00 horas

Corta feira 1 (Mércores)
• Arrolos de Salitre na Libraría Libros Para Soñar (Vigo) ás 17:30

Quinta feira 2 (Xoves)

Sexta feira 3 (Venres)
• Leilía en Compostela
• Moxenas Musical Galego no auditorio de Beade (Vigo)
• Guezos na sala Baranda (O Barco de Valdeorras)
• Pé de boi na sala Clavicémbalo (Lugo)
• 3º Aniversario das Noites de Tasca en Ordes

Sábado 4
• VII Gala Esta Noite Hai Unha Fía de Oficios e Labores de O Fiadeiro en Vigo
• Esquíos e K-raxe no Pub Decadas (A Estrada)
• Miguel Alonso na Casa do pobo de Beluso (Bueu)
• Ugia Pedreira e Fred Martins no Parque de Bevis (compostela) ás 20:00
• Moenda no muíño da Pedrosa (Benbrive - Vigo)
• XII Encontros de Música Tradicional (Carboeiro)
• II foliada en Celanova "Canta nos bares"
• I Foliada de Leiro
• Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
• Serán da A. C. Traspés (no adro de Sárdoma - Vigo)
• Serán do mar (Baiona)

Domingo 5
• XXII Concurso de Música Tradicional Xacarandaina (A Coruña)
• II Festival Infantil `O Berce de Donaire´ (A Coruña)
• A Quenlla no Casino do Carballiño ás 20:00
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2011 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
II Foliada `Canta nos bares´ (Celanova)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-05-2011 16:35
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival Infantil `O Berce de Donaire´ (A Coruña)
A asociación cultural Donaire de A Coruña organiza, o 5 de Xuño, as 17:30 h no Forum Metropolitano da mesma cidade, o II Festival Infantil "O Berce de Donaire", tras o gran éxito da súa primeira edición.
Este ano a temática terá como protagonistas aos nosos maiores entre eles os avós e as avoas.


Os grupos participantes, ademais da escola da A.C Donaire, serán:
- A.C Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo)
- ANPA Sarela do CEIP Raiña Fabiola (Compostela)


As entradas poden ser mercadas en Servinova ou o mesmo día do festival na taquilla do Forum Metropolitano prezos 3€ e 2€ (entrada reducida, parados, carne xové e +65)

Vémonos alí!

http://www.blogoteca.com/donaireinfo@acdonaire.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2011 16:23
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán Traspés (Sardoma-Vigo)
Xa queda menos para o noso I Serán, que terá lugar o día 4 de xuño na alameda de Sárdoma (Vigo), ó lado da igrexa.

Dará comezo as 22.00h. coa intervención dos nosos grupos de pandereteiras, pandereteiros e charanga.

Para participar só vos tedes que anotar nada máis chegar.

Agardamos que veñades para facer unha boa troula con chocolatada incluida
¡Animádevos!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2011 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
IV Serán á beira do mar (Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-05-2011 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
3º aniversario Noites de Tasca (Ordes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-05-2011 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Moenda no muíño da Pedrosa (Benbrive - Vigo)
Ola!, queremos convidarvos a moenda que teremos o próximo 4 de Xuño a partires das 16.00 H,
no muíño da Pedrosa e así como a tódalas actividades relacionadas co millo que desenrolaremos na contorna do propio muíño.

Esperamos que acudades .
Un saúdo .
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2011 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco de Ugia Pedreira e Fred Martins
PRESENTACIÓN DE “ACROBATA”, O NOVO DISCO DE UGIA PEDREIRA+FRED MARTINS

O album, que contén composicións orixinais dos dous artistas, formalizará o seu lanzamento con dous concertos de presentación no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) do Parque de Belvís os días 2 e 3 de xuño.


O vindeiro día 1 de xuño, ás 11.30 horas, presentarase “Acrobata”, o novo disco da coñecida artista e escritora, Ugia Pedreira e o compositor brasileiro, Fred Martins, unha mostra do achegamento da Música Popular Brasileira (MPB) coa Música Popular Galega (MPG), así como das dúas linguas. O lanzamento deste traballo verase complementado coa programación de dous concertos no Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) do Parque de Belvís os días 2 e 3 de xuño.

O acto de presentación contará coa presenza da Concelleira Delegada de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel en funcións, Elvira Cieunfuegos e terá lugar no Centro de Información de Parques e Xardíns no Parque da Alameda de Santiago de Compostela.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-05-2011 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Masterclass con Budiño (Illa de San Simón)

A gaita en escena, técnicas e posibilidades
con Xosé Manuel Budiño.


○ Datas: xuño
║ ○ venres 3. de 17h a 21h
║ ○ sábado 4. de 10h a 14h e de 17h a 21h
○ Lugar: Fundación Illa de San Simón
○ Prezo: 50 euros
○ Prazas: 15 alumnos (seleccionados polos profesores entre os currículos recibidos)


•Historia, os gaiteiros do século XX.
•Gaitas Europeas, breve achegamento.
•Introdución á construción da gaita.
•Técnicas de respiración.
•Gravación en estudo.
•Microfonía de concerto.
•Os samplers, introdución á Master Gaita.
•Iniciación cos secuenciadores software (Protools).
•Repertorio de composición: de Paralaia a Volta.

Máis información:
www.masterclassdemusicatradicional.info
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-05-2011 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
I Foliada de Leiro
I FOLIADA DE LEIRO

O Vindeiro Sábado 4 de xuño @s amig@s da Asociación Taparraná, organizan o que será a I Foliada de Leiro, presentannos o seguinte programa:


19:30 Xogos Populares
20:30 Curso Iniciación ao Baile Tradicional
E a partir das 21:00 comenza a "FESTA".......lume!


Haberá Bolos Preñados de balde para todos os asistentes, chocolata e bizcoito.
Non faltara o bo viño do Ribeiro, licor cafe e outras bebidas espérituosas....
Contarase con zona de acampada (se alguen se quere quedar)


Achegádevos ata Leiro que a festa promete !!

Para máis información podedes contactar en taparrana@live.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-05-2011 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
XII Encontros de Música Tradicional (Carboeiro)

XII ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL
4 DE XUÑO DE 2010 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)


13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra
·Subasta das andas e PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de VIRAVOLTA)
·13h-Representación teatral de “O Soño de Prisciliano” por xentes do Portugaliza


-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:
· "PREBE PROBE" Xabier Blanco (Moaña), Diego da Molinera(Lalín), Museo Etnográfico Casa do Patrón (Doade), CETMO (Soutelo de Montes), Museo da Marioneta, Casa do Títere (Lalín) e Museo do Pobo Galego(Compostela)

-FEIRA DE ARTESANÍA:
coiro, prata, abalorios, cerámica, bisutería..

- XANTAR POPULAR (empanada, carne ao caldeiro, queixo con marmelo, pan, viño/auga, café e ghotas -12€)


DURANTE A TARDE:
· XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES con Xandobela, Itaca e Luchi & Quintá
· "come comida E colle o que comas" con Celsiño F. Sanmartín
· VISITA GUIADA AO MOSTEIRO con Tesouros Novos
· REPRESENTACIÓN DIDÁCTICA DA MOSTRA DE INSTRUMENTOS POBRES con Xavier Blanco


E ao que se vaia facendo noite…
FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!


ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA
TELF INFO: 658 62 82 39


VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2011 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
VII Gala Esta Noite Hai Unha Fía de Oficios e Labores

Xa están á venda as entradas da VII Gala "Esta noite hai unha fía, de Oficios e Labores", espectáculo de baile e música tradicional que terá lugar o día 4 de xuño ás 20:00 horas no Teatro Novacaixagalicia de Vigo.

Podedes mercar as entradas chamando ao teléfono 986 110 500 ou 902 504
500, ou ben reservalas na páxina www.servinova.com.

Estades todos convidados

Espectáculo de baile e música tradicional
Hora comezo: 20.00
Lugar: Centro Cultural Novacaixagalicia Teatro - Vigo
Prezo butaca e primeiro anfiteatro: 12.00 euros
Prezo segundo anfiteatro: 9.00 euros
Prezo terceiro anfiteatro: 6.00 euros

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2011 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados Concurso de baile Xacarandaina
Resultados do XXXII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina.

domingo 29 de maio no Coliseum da Coruña.

Categoría A:
1º premio: "O muíño da Retorta " do C.C. A Ponte Vella
2º premio: "Sete ferreñas" da A. de M. e B.T. Vai de Roda-Rianxo
3º premio: "Rebuldeiros" da A.C. Xacarandaina

Categoría B:
1º premio: "Nove ferreñas" da A. de M. e B.T. Vai de Roda-Rianxo
2º premio: "E" da Escola Municipal de Folclore-Betanzos
3º premio: "Tras do Eo" do C.C. A Ponte Vella

Categoría C:
1º premio: "Garagao" da A.C. Xacaranaina
2º premio: "B" da A.C. os Xeitosos de Trazo
3º premio: "Pedravixia" da A.C. Adro-Baio

Categoría D:
1º premio: "Repinicoque" da A.X. Xiradela-Arteixo
2º premio: Escola Municipal Tequexetéldere-A Estrada
3º premio: C.C. A Ponte Vella


Máis información
Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 30-05-2011 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 27 (Venres)
• Labazada no pub Gatos (Melide)
• K-Raxe na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Raiba na sala The Star (Carral)
• Pito de Pikasso no Badulake (Ordes)
• Sondeseu no Teatro Rosalia de Castro (A Coruña)
• Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández no Liceum ( O Porriño)
• Foliada Venrespirar (Ourense) no pub Ollo Ledo

Sábado 28
• IV Concurso de gaitas Nazario González `Moxenas´ en Valadares (Vigo)
• Pito de Pikasso no pub Doble Moral(Lugo)
• Raiba na sala Auriense (Ourense)
• Ataque Escampe no pub Gatos (Melide)
• Proxecto Mixtura no Auditorio de Cordeiro concello de Valga ás 20.30
• II Serán de Chapela (Redondela) na estación de Renfe en Chapela
• Serán na Casa do pobo de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
• Serán do Coto (Cabral-Vigo)

Domingo 29
• XXXII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina no Coliseum da Coruña
• Real Coro Toxos e Froles no Teatro Jofre (FErrol) ás 19:30 horas
II Encontro de Escolas Adultas (Cacheiras - Teo) ás 18:00
• II Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)
• II Romaría da Touba do Brión en Vincios (Gondomar)
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2011 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
X Serán do Carballal (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-05-2011 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Chapela (Redondela)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-05-2011 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Tarde de Fiadeiro en Vide (As Neves)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-05-2011 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
II Romaría da Touba do Brión (Gondomar)

O vindeiro domingo 29 de maio o Coro Tradicional Cantares do Brión organiza a II Romaría da Touba do Brión, unha festa laica que se celebra nas abas da Serra do Galiñeiro.

Calquera persoa que o desexe queda convidada a participar.
A partir das 10:30 da mañá dará comezo a romaría cunha camiñada desde o merendeiro da Comunidade de Montes de Vincios até a Touba do Brión, debaixo do Curro. Na touba, que lle dá nome ao noso coro, seremos informados das características da cova e mais da lenda localizada nesta paraxe, por conta de representantes do Clube Espeleolóxico Maúxo. Despois, Cantares do Brión interpretará algunhas pezas do seu repertorio, entre as que non faltará a “Foliada de Vincios”. Ademais, aproveitaremos esta ocasión para estrear a cantiga que leva por título “Na Touba do Brión”.


A continuación celebraremos un xantar popular no merendeiro do Galiñeiro coa comida e a bebida que acheguen os propios participantes, para comezar a foliada amenizada por grupos de música tradicional e mais polos coristas de Cantares do Brión, colectivo integrado no Centro Cultural de Vincios.

Tal e como sucedeu o ano pasado, agárdase que as romeiras e romeiros máis ousados efectúen unha subida ao pico máis alto do Galiñeiro.

A romaría, aberta a quen queira achegarse ao lugar, esténdese durante todo o día. Aconséllase levar, ademais de comida e bebida, toda clase de instrumentos musicais utilizados na nosa tradición musical.

Deixamos aquí un vídeo dunha das pezas cantadas o ano pasado na Touba do Brión.


http://cantaresdobrion.blogaliza.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2011 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
96 aniversario de `Toxos e Froles´ (Ferrol)

O vindeiro Domingo 29 de maio, ás 19:30 horas, no Teatro Jofre, o Real Coro "Toxos e Froles" celebrará o Festival para conmemorar o seu 96 Aniversario.

Queremos convidar a tódolos nosos amigos a que veñan a celebrar con nós neste Festival, no que faremos entrega do Premio "Manuel Lorenzo 2011" á Asociación Folklórica "Cantigas e Agarimos".

Contaremos coa participación dos seguintes grupos:

•Asociación Folklórica "Cantigas e Agarimos", de Santiago de Compostela
•Rancho das Rendilheiras da Praça, de Vila do Conde (Portugal)
•Real Coro "Toxos e Froles"


As entradas están á vosa disposición dende o martes 17 de maio. Podedes recollelas nas taquillas do Teatro Jofre en horario de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00, ou ben no noso Local Social da Rúa Magdalena 220, en horario de oficina. A entrada é gratuita.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2011 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
II Encontro de Escolas Adultas (Cacheiras - Teo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2011 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Ataque Escampe en Melide
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-05-2011 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer