Sexta feira 29 (Venres)
? Som do Galpóm na Fábrica de Chocolate (Vigo)
? Tino Baz na Casa das Atochas (Montealto - A Coruña) ás 20.30
? A Tuna Rastafari no Liceum (O Porriño)
? Balakandra no Clandestino (A Ramallosa)
? Os John Deeres na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Duplo Son no Auditorio da Fundación Caixa Galicia (A Coruña)
? Cé orquestra pantasma no café concerto "O Rastro" de Pontevedra.
? Moxenas Musical Galego ás 21:00 no Auditorio de Beade (Vigo)
? XII Noites de Tasca en Trazo (A Coruña)
? Foliada no Lar (As Pontes)
? Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo)
Sábado 30
? Xornada de bailes agarrados en Pontevedra
? A Quenlla e A Vaga Banda na homenaxe a Neira Vilas no Verbum (Vigo) ás 12:00
? AFI (Folque) presenta espectáculo Cidades Imaxinarias ás 18:00 no Teatro Principal de Pontevedra
? Snatch no Con do Moucho (Illa de Arousa)
? Malvela no Auditorio da Casa da Cultura (Burela) ás 22:00
? Kogito no Pub Gatos (Melide)
? Duplo Son no Clavicémbalo (Lugo)
? Som do Galpom na Sala Rum-Rum (Ferrol)
? Tarxa no Liceum (O Porriño)
? 2us (Dous) ás 20:30 na Igrexa da Madalena de Ribadavia
? Sondeseu ás 22:30 no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo
? V Romaría das Flores (Oroso): Electróxeno, Los Chavales, Amacheta e Kastomá
? Serán no casino de Antas(A Lama)
? Serán do Coto, en Carballal (Cabral-Vigo)
Domingo 31
? XXI Festival folclórico de Cacheiras (Teo - A Coruña)
Sábado 30 de maio
-Serán no casino de Antas(A Lama)
-Serán do Coto, en Carballal (Cabral-Vigo)
Sábado 6 de xuño
-II Serán Ramón Cabanillas (Cambados)
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
-3º Seran do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo)
-Encontros de Música Tradicional de Carboeiro (Bandeira-Silleda)
Venres 12 de xuño
-Serán no Vilar-Pontesampaio
Sábado 13 de xuño
-Serán na Carballeira dos Padros de Xesta - A Lama
-II Serán A ribeira do mar (Baiona)
Sábado 20 de xuño
-Serán da Federación Veciñal de Vigo no Parque de Castrelos
Sábado 27 de xuño
- Ruada en Cerdedo( Pendente de confirmación)
11 de xullo
-III Serán na Ribeira do Rio Miño (Amorin- Tomiño)
-Serán no casino de Xesta - A Lama
Chegamos a última Foliada de esta temporada con cartel de luxo.
Contamos co grupo Alxibeira de Narón, os cales participarán coas secions de gaita e percusión, cantareiras e baile tradicional. Esta formación xa nos había ter visitado no mes de Xaneiro pero un ciclón chamado Klaus que pasou por aquí non o permiteo.
E para rematar, o prato forte da temporada. Dende o Bierzo chega o grupo Folk Antubel, contan xa con tres discos gravados dende o ano 1999, data da sua fundación. Nos seos temas, moitos de eles de composición propia, falaránnos de meigas, lendas e feitizos.
No seo repertorio tamén encontraremos temas tradicionales galegos, de feito a gaita galega e un dos instrumentos que empregan.
?Foliada?
Venres 29 de maio a partir das 23:00 h
Entrada de balde
Como todos os últimos venres de cada mes, toca Foliada, música e baile tradicional en directo. Se queres vir tocar, bailar, ou tamén escoitar e pasalo ben, non o dubides pásate polo SalaSon e disfruta da Foliada.
Este venres na Cantina da Estación de Arcade a iso das 23:15h CONCERTO DE "TANTO NOS TEN", un ghrupaso de música tradicional de Galiza
Diversión, reivindicación, lingua galega e moito máis a través da gaita, tamboril, bombo, zanfona e acordeón diatónico de TNT (dinamita musical en prol da nosa identidade).
Música tradicional da comarca (Soutomaior, Redondela, Pontevedra e Vigo), o mellor ingrediente para acompañar a un bo licor café ou derivados.
Se non o viches, a que esperas? (e se tes un festival, gharito ou eres conselleiro vai pensando en contratalos...)
A organización desta xornada lúdica divulgativa, ten por obxecto o dar un amplo visionado, a unha das formas do noso baile tradicional, o baile agarrado, a través da seguinte programación:
1.- Breve introdución do contexto histórico, ou o como os bailes agarrados se integran no baile galego.
2.-Introdución aos ritmos: pasodobre, valse, mazurca...., sempre mostrándoos tal e como eran executados nalgunha das comarcas de Galiza, polos nosos devanceiros
3.-Os xogos: como elementos etnográficos, nos que pode aparecer inserido o baile agarrado (o xogo do gharutinho)
Como se indicou anteriormente, sempre se tratará de mostrar os bailes da forma máis auténtica, e respectando as formas e contidos, que nos foran transmitidos a través de múltiplas recollidas.
TODA A XORNADA ESTARÁ ANIMADA POLOS GAITEIROS AIRIÑOS DE SILVOSO
? Mestre: David Álvarez López, da Agrupación folclórica Xalgarete de Vigo.
? Participantes: todas as idades, menores acompañados. Non é necesario ter coñecementos de baile tradicional galego.
Nota: haberá un descanso para merendar, como se facía nas romarías de antes, (mantel, cesta de vimbio, comida, bebida, etc).
Homenaxe ao grande escritor galego Xosé Neira Vilas.
Sábado 30 de maio ás 12:00 no Museo Verbum de Vigo
Celebración onde 53 escritores presentarán un libro adicado a Neira Vilas, proxectarase a película de Ismael González e Xan Leira "Memorias dun neno labrego" e o evento será amenizado musicalmente por A VAGA BANDA e A QUENLLA.
Este sábado 30 de maio ás 18 h no Teatro Principal de Pontevedra os nenos e nenas da AFI actuarán co seu último espectáculo Cidades imaxinarias, obra que mistura música, teatro e novas tecnoloxías nunha viaxe por espazos cotiáns e cunha reflexión irónica sobre o ser humano.
O Laboratorio de Sons e a Compañía Infantil AFI chegan así á súa terceira grande produción logo de termos amosado unha grande calidade conceptual e executiva co Circus AFI (2007) e Morfasóns (2008) nunha cita anual que se renova cada edición.
Cidades imaxinarias é o título dun espectáculo que mistura danza, teatro, música, video-creación, canto e improvisación libre. Está escrito e interpretado por rapaces entre 6 e 13 anos, protagonistas absolutos da obra na que os mestres da AFI simplemente os guiaron e coordinaron no proceso creativo.
A obra plantexa unha viaxe por diferentes espazos: un peirao, unha praia, unha grande urbe, un mercado,... desenvolvida en distintas artes escénicas para representar valores colectivos universais, ?o resultado desta viaxe é que ao final todos somos iguais e estamos xuntos no mundo? afirma Marcelo González, coordinador do proxecto.
Cidades Imaxinarias é o resultado do traballo do curso que os máis pequenos desenvolven no Laboratorio de Sons, unha actividade que ten lugar todos os sábados dentro do programa docente da Aula Folque Infantil da AFI no edificio do Antigo Conservatorio de Música.
A AFI (Aula Folque Infantil) e un proxecto de escola experimental asociado ao Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque.
XXI Festival folclórico que celebra a Asociacion Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo - A Coruña) o Domingo 31 de maio a partir das 5 da tarde.
Este ano, ademais da sua Escola de Baile e Música Tradicional, tamen participan grupos das seguintes asociacións:
* Obradoiro de Cultura Tradicional Chorima (Rois).
* Sociedade Recreativa San Xoan de Calo (Teo).
* Asociación Cultural Agarimo de San Fins (San Félix de Sales ? Vedra)
* Agrupación Folclórica ?Alborada? de Santa Lucía (Santiago de Compostela).
Fía na roca presenta o seu DVD Quince Maios, un traballo que fai repaso a toda a súa traxectoria musical e confirma á banda como parte da historia da música do noso país.
Quince Maios divídese en dúas partes: Por un lado contén a gravación do concerto-aniversario que a banda ofreceu o pasado 30 de xuño no Teatro Principal de Santiago de Compostela como celebración do seu aniversario; polo outro, o DVD contén entrevistas aos membros de Fía na roca e a diferentes persoeiros do mundo da música e da cultura do país, que conversan acerca da traxectoria do grupo, contan anécdotas ou participan da historia da banda.
Quince Maios estará nas tendas a finais de xuño, ata entón o DVD poderase conseguir en exclusiva e conxuntamente co xornal A Nosa Terra, ao prezo de 14? (2? o xornal, 12? o DVD).
Os subscritores do xornal terán que chamar ao teléfono 986 222 405 e encargar o DVD, sen custo adicional. A partires do 18 de xuño, Quince Maios estará nas tendas de música e grandes superficies, a 15?.
Fía na roca ofrecerá este xoves, 28 de maio, ás 21h, un concerto moi especial no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, no que presentarán Quince Maios ao público, dentro do ciclo Música con Raíces de Caixanova.
A cita é ás 21h e as entradas pódense adquirir a través de Servinova, o servizo de venda de entradas de Caixanova.
Volve unha das agrupacións máis destacadas do folk galego. Co seu novo CD-DVD, 'Ao vivo', Luar na Lubre recolle 18 cancións, interpretadas os días 22 e 23 de xaneiro no Teatro Colón da Coruña, arroupada por diferentes colaboracións. Falamos co grupo.
Neste disco gravado en directo podemos escoitar os temas míticos da agrupación: "Tu gitana", "O son do ar", "Chove en Santiago", etc., amais dun tema inédito ("Axeitame polainiña") e tres colaboracións moi especiais de amigos como Luz Casal ("Camariñas") , Diana Navarro ("Romeiro ao lonxe") e Pedro Guerra ("Memoria da noite"). E por outra banda, xunto co CD vén un DVD co concerto completo e un "bonus track": Ismael Serrano canta xunta Luar na Lubre "El derecho de vivir en paz", en solidariedade con Palestina.
Luar na Lubre, na actualidade, son SaraL ouraço Vidal, voz e percusión; Xavier Ferreiro, nas percusións africanas e programación; Patxi Bermúdez, tambor, djimbek e bodhram; Xulio Varela, bouzouki, voz e percusións; Bieito Romero, gaitas, acordeón e zanfona; Eduardo Coma ao violín; Valero na guitarra acústica; e Xan Cerqueiro nas frautas.
Se vas estar noutra localidade do Estado Español diferente de onde che corresponde votar, podes votar por correo:
1. Ata o 28 de maio, vai a calquera oficina de correos co Documento de Identidade, e cubre o modelo para solicitar o certificado de inscrición no censo electoral. O enderezo que indiques será a onde che envíen toda a documentación.
2. Do 18 ao 31 de maio, remitiranche a documentación para poder votar ao enderezo que indicaches (certificado de inscrición, papeletas e sobre electoral, enderezo da mesa onde che corresponde votar e folla explicativa de todo o proceso).
3. Con esta documentación elixe a papeleta de voto e introdúcea no sobre de votación, logo métea noutro sobre co enderezo da mesa electoral, xunto coa inscrición no censo.
4. Ata o 3 de xuño tes de prazo para enviala por correo certificado e urxente.
*TODO O PROCESO É DE BALDE.
*UNHA VEZ QUE SOLICITAS O VOTO POR CORREO (AÍNDA QUE DESPOIS DESISTAS) IMPIDE O VOTO PRESENCIAL NA MESA ELECTORAL O DÍA DAS ELECCIÓNS.
O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá o vindeiro martes, 26 de maio, ás 20.30 horas, a segunda edición da Festa da Lingua, un acto festivo que será presentado por Isabel Risco e contará coas actuacións do actor e monologuista Xosé Touriñán e da agrupación musical Malvela.
A entrada será de balde ata completar o aforo do teatro
O percorrido deste novo "Alalá" vai xirar ao ritmo da música tradicional da cidade de Santos, en Brasil, para comezar pola baixada Santista, cando a frondosidade da selva da mata atlántica se abre para dar paso ao tecido industrial dos arredores de Santos.
Estamos nas portas da cidade; a un lado a selva, no outro o mar e no medio esta cidade de medio millón de habitantes que vive do turismo e do porto que é o máis grande de América Latina. Con estas proporcións, para mover as 60 toneladas de mercancía que desembarcan cada ano fan falla 200 quilómetros de rede ferroviaria e miles de camións, guindastres e traballadores. A guía por esta viaxe cosmopolita pero apegada ás orixes vai ser o son inconfundible e hipnotizador da gaita galega.
O turismo e o porto fan que Santos sexa unha cidade de ida e volta, pero onde moitos galegos chegaron e sen embargo preferiron quedar. O programa propón para hoxe unha viaxe de ida e volta para saber como nos comportamos e como somos os galegos cando nunha soa cidade nos atopamos con medio mundo.
A entrega do Pedrón na Casa de Rosalía convértese nunha reivindicación do galego nunha época de "reviravoltas políticas"
Din que corren tempos incertos para o idioma, polas reviravoltas da política, e semella ao escoitar as palabras pronunciadas onte, na entrega dos premios do padroado da Fundación Pedrón de Ouro, baixo a parra da Horta da Paz da Matanza (Padrón), onde Rosalía adoitaba sentar, que a pantasma daquela longa noite de pedra veñen paseniño ameazando pola beira de Laíño.
"Irmáns! En pé, sereos.
A limpa frente erguida;
o corazón aberto a toda verba amiga.
En pé! En pé, dispostos a non morrer sen loita.
A oliva nunha man, a fouce noutra.
Berremos alto e forte: A nosa terra é nosa!".
Manuel Caa- maño, presidente en funcións do Pedrón, botou man deste poema de Ramón Cabanillas para resumir os densos discursos de fervor pronunciados tanto por membros da institución (como David Otero ou Xosé Ramón Fandiño) como polos galardoados cos pedróns de Ouro e Honra (os compoñentes de A Quenlla, Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, os populares Mini e Mero, así como a filóloga romanesa Mariana Ploae-Hanganu). Discursos, por outra banda, dirixidos por un sentido alegato de resistencia e de defensa da lingua, cultura e identidade galegas.
Non en van estes alegatos rea- firmaron ó final do acto a Casa da Matanza como símbolo do bastión de resistencia da galeguidade. Do primeiro ó último, incluídas as pezas musicadas de Mini e Mero, foron discursos envelenados con dardos de metáforas e ironías cara ós "ananos" de Celso Emilio Ferreiro que chaman "bilingüismo á diglosia porque seguimos", apunta Baldomero Iglesias, "na súa periferia, en provincia, cheos de limitacións e dependencias, que non saben nin deixan reparar as miserias que arrastramos de vello".
Mini e Mero, Pedrón de Ouro pola súa traxectoria en prol da lingua e dos sinais de identidade da cultura galegas: "Sementadores", como dixo David Otero, " do renacer patrio", avogaron por seguir "cantando ese alalá incandescente, que a nós nos quenta e aos soberbios abrasa". Eles téñeno claro: "O problema non ésta na convivencia de pobos e linguas. Está na actitude de quen nega a existencia da diversidade e tenta aniquilar os elementos de cohesión e de liberdade".
E nesa diversidade, nese saber "aprender do outro e de como aprender co outro", segundo Otero, destaca Mariana Ploae-Hanga-nu, que leva anos difundido o galego na súa Romanía natal.
Para a filóloga, recibir o galardón é toda unha ledicia. Cun discurso máis íntimo Ploae espertou nos presentes o amor cara á terra galega, invitando a reflexionar sobre "unha lingua única; unha terra propia". Apaixonada de Castelao, utilizou termos do galeguista para defender a permanencia de rexistros e da identidade galegas. As primeiras verbas que a levaron a amar Galicia foron "miña nena e nai; un tándem inseparable". E como expresión da diversidade dos pobos e das culturas, Mariana recitou en romanés a estrofa de Rosalía "dende aquí vexo o camiño que non sei a onde vai". Un camiño que para O Pedrón e para Mini e Mero e os intelectuais presentes na Matanza é o da "loita na defensa propia".
HOMENAXES Lembranza de Abuín de Tembra
Tamén houbo ao longo das case dúas horas que durou a entrega do Pedrón momentos para a lembranza dos que como os de agora e os de antes defenderon o galego por riba de todo. Nese camiño, ademais dos escritores, poetas e dramaturgos do Rexurdimento, atópanse figuras máis próximas, e que dende a bandeira do Pedrón, defenderon os mesmos intereses: Galicia, o seu pobo, a súa lingua, o seu ser e a súa cultura.
Nese camiño houbo palabras emocionadas de Xosé Ramón Fandiño ou de Manuel Caamaño para o que levou nos últimos quince anos o temón da Fundación O Pedrón e cofundador desta: Avelino Abuín de Tembra. Tamén houbo sinxelas lembranzas para Gustavo Santiago Valencia (presidente de Honra), Xosé Porto e Octavio Sanmartín.
Co cantar de cegos, cos sons das gaitas de Bico da Balouta e o canto á nación de Breogán de Pondal quedou claro que "sempre haberá unha cantiga, sen concesións e, se fai falta, tamén para abolir calquera intento ou sistema que nos agrida e queira condicionar", unha cantiga que garanta "moitas máis de mil primaveras para a nosa patria, para a nosa lingua".
O seu último traballo discográfico acaba de saír do forno; «Benzón» pretende ser un universo galego, pero sen fronteiras, unha música universal
Ten unha das voces máis características do panorama musical de Galicia. Un día haberá unha xeración de galegos que contarán que, de nenos, durmiron no colo dos seus pais mentres escoitaban un dos cantos de berce máis fermosos que se teñan gravado nunca. Guadi Galego (Cedeira, 1974) vén de poñer no mercado outra desas apostas que, pola súa complicación, resultará practicamente imposible escoitar en directo. Pero hai conservas que manteñen intacta a calidade do produto fresco. Benzón é unha desas conservas que arrecende a frescura.
-¿Que é «Benzón»?
-A palabra normativa sería Beizón , que é bendición . Pero aparecía benzón nun dos primeiros dicionarios galegos, e era o que dicían os paisanos, incluso os mendigos, cando daban as grazas por algo dun xeito especial. Quería facer un disco así, que xuntara o camiño no que estamos moitos, a música tradicional e a música de autor. Son cinco temas tradicionais, arranxados, e cinco composicións.
-¿Súas?
-O xermolo é meu, o que pasa que algunhas as firmo con alguén porque penso que os arranxistas collen un peso moi importante. As composicións están inspiradas nas músicas ou nas letras das pezas tradicionais. En cada tema, escollín un arranxista. Benzón pretende ser un universo galego, pero sen fronteiras, unha música moi universal. Agora estamos moi preparados para mostrar todo iso.
-Sempre foi vostede de «proxectos», de colaboracións con outros músicos. ¿Este pode ser o primeiro traballo realmente seu?
-Non. Aquí hai 25 músicos, oito arranxistas e catro letristas máis ca min. Non teño ese carácter de solista. E agora o digo completamente en serio: este país faise con todos e admiro moito á xente que traballou neste disco.
-¿O traballo é transportable a un concerto en directo?
-Si, pero non o vou tocar.
-¿Só para poñer, logo?
-Si. Hai unha páxina para ver tamén, en guadigalego.com. Cando deixei Berrogüetto tiña claro que non me apetecía facer directos grandes. Sigo a ter Espido, Nordestinas, a Berrogüetto no meu corazón e ás veces colaboro con eles... Pero non quero tocar este disco. Está feito e queda aí.
-¿Pensado tamén para fóra?
-Penso que é moi galego e moi universal. No disco inclúense unha serie de fotografías de ceos galegos, aínda que o ceo non é de ninguén.
-Moitos galegos durmimos aos nosos fillos co «Arrorró» que gravou vostede naquel disco de cancións de berce que editou a Xunta...
-É curioso, moita xente me recorda por iso. Gústanme especialmente os cantos de berce e os nenos tamén. Foi unha encarga dunha compañeira túa, para regalarlla a un amigo. Fíxena un día, antes dunha clase [é mestra]. Letra e música.
-Arrorró... rorró meu neno... arrorró... rorró meu sol...
-[Segue]... No teu mar, bailan sereas, no teu ceo, o rei é o sol. Son as cousas normais da vida. Era para iso, para adurmiñar aos nenos.
-E aos pais, dou fe...
-[Ri] ¡Podo imaxinalo!
-¿Non se embarca en demasiados proxectos?
-¡Estou aprendendo a dicir que non! Xan fun máis do que son. Os proxectos fanse para un momento. Se despois xa non hai máis que dicir, hai que rematalos, non teñen sentido. En Nordestinas, por exemplo, fixemos un disco, pero non se sabe se vai haber outro, pode que si, pode que non, depende por onde vaian as vidas dos tres. Tampouco sei se haberá un Espido o ano que vén, dentro de tres...
-Pensaba que viviría exclusivamente da música, pero non, dá clases nunha escola en Sarria ¿A música non dá para vivir ou non se arrisca?
-Eu son así. Podería vivir disto se me dedicara profesionalmente a tope. Pero xa non faríamos o que fago. Se fago a música que fago é porque estou conectada ao mundo, e estar cos nenos é a realidade para min. Aprendo moito deles. Se me dedicara a outra cousa, faría outra música. Estou dando clases de primaria e o levo moi ben, con nenos de oito e nove anos.
-¿Cántalles?
-¡Si! Alucinan con que eu sexa cantante: ¡El no va más! A min preocupábame mogollón pensar que tiña que vivir da música, cando todo o mundo está pensando no contrario; tiña medo de que se convertera nunha obriga. As cousas que fas ben son as que fas de corazón.
-Non sei que lle parecerá a vostede, pero teño a impresión de que hai xente que, polo feito de cantar en galego, xa se cre quen de situar politicamente ao cantante...
-Iso é tremendo. Vincular politicamente unha lingua é o peor que se lle pode facer a unha lingua, é moi duro. Hai quen pensa que, por falar galego, ou es de aldea ou es do Bloque. É moi inxusto xogar coa lingua politicamente.
A discográfica publica o libro-disco 'Acordeón Mariñeiro' dos Hermanos Moreira, os primeiros galegos en gravar pezas interpretadas con acordeón.R ecompila a totalidade das súas gravacións comerciais, e tamén un importante conxunto de pezas inéditas, amais de reproducións gráficas e un rigoroso estudo documental sobre a agrupación musical.
Foi o antropólogo bonaerense Norberto Pablo Cirio quen investigou e recuperou a historia dos Moreira para Ouvirmos. Cirio desenvolvera na Arxentina o proxecto La música tradicional gallega en la Argentina. Permanencia y proceso de cambio a partir del proceso migratorio, e no 2002 levou o "Premio Latinoamericano de Musicoloxía Samuel Claro Valdés" e obtivo tamén unha bolsa do Centro de Documentación e Danza do INAEM
Os Hermanos Moreira, orixinarios de Ponteceso, chegaron nos anos 20 a Buenos Aires. Ensaiaban na barbería dos irmáns, montaron un estudio de gravación no soto da casa. A comezos dos 30, máis ou menos, Pedro e Manuel comezaron como dúo, e ao longo do tempo fóronse incorporando varios músicos á agrupación. Levaron polcas, fox-trots e tangos aos centros galegos e aos teatros porteños até finais dos 60, cando se disolveu. Algunhas das pezas máis populares do seu repertorio eran o vals "Recordando a Galicia" ou o pasodobre "Aires de Bergantiños", amais do vals arxentino de corte hispano "Así cantaba mi madre", a rancheira "Cancha a la rueda", ou a rumba "El loco de la batería"
A agrupación gravou catro placas: dúas de lousa de 78 r.p.m. e dous sinxelos de vinilo de 33 e 1⁄3 r.p.m. Descoñécese a tirada que tivo cada unha, mais parece ser que foron moi vendidas e apreciadas nas festas e programas de radio da colectividade galega. Compuxeron 36 obras en total, e todas as gravacións comerciais son do conxunto: agás os dous tangos de Santiago, todo o demais o compoñían Manuel e Pedro, e rexistraban moitas veces a súa obra co anagrama MAPEMOR (Manuel e Pedro Moreira).
Agora, para este libro-disco, seleccionáronse as gravacións caseiras procurando enriquecer a variedade de xéneros e autores. Acordeón Mariñeiro forma parte da colección A Tiracolo, un proxecto de restauración sonora e dixitalización das gravacións históricas da música galega: o primeiro disco galego do coro Aires da terra, a primeira versión gravada do himno de Cantigas da terra, as pezas do violinista Manuel Quiroga ou de Os Gaiteiros de Soutelo... A Tiracolo levou no 2008 o Premio da Crítica de Galicia no apartado de Música pola "novidade da formulación editorial dende o punto de vista discográfico, a posta en valor da historia musical galega e a recuperación do patrimonio musical".
A gaiteira e cantante lanza ao mercado o seu terceiro disco: 'Os soños que volven', onde recrea temas que interpretaba na súa infancia. Presentarase en xuño.
Coincidindo co décimo aniversario do seu primeiro disco, a gaiteira e cantante Susana Seivane, lanza ao mercado o seu cuarto traballo: Os soños que volven. Estará nas tendas o vindeiro mes de xuño.
Trátase dun disco no que a artista une a súa longa experiencia nos escenarios do mundo e a paixón polo tradicional, recuperando os temas que interpretaba na súa infancia; vellas cancións rescatadas agora, dándolles unha perspectiva actual, marcada polos directos de Seivane.
O disco está composto por 14 temas, e está editado polo selo discográfico da propia Susana Seivane, Enavíes Música. A produción e os arranxos corren a cargo de Seivane e a súa banda. Na gravación colaboraron músicos da talla de Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Pedro Lamas e Harry Price, entre outros.
O multinstrumentista porriñés Pancho Álvarez presentou no marco do Festival de Cans o seu terceiro traballo en solitario, 'Sólidos Galicianos' (Pai Música), trece temas nos que se mergulla nos ritmos galegos tradicionais. O músico deuse a coñecer como violinista do grupo Na Lúa a comezos dos 80, formando parte despois de Matto Congrio e da formación de acompañamento e gravación de Carlos Núñez.
Por que Sólidos galicianos?
O título fai referencia a estas moedas que se acuñaron no Reino Galiza. Chamoume a atención o significado que de aí se pode extraer. Era para min unha sorte de reafirmación da identidade galega. Por outro lado tamén imaxino esas moedas formando parte dos tesouros que os mouros agocharon nos castros e nas mámoas como di a mitoloxía popular. Para min é unha metáfora da riqueza do noso patrimonio cultural.
Pasaron oito anos dende o seu último disco en solitario, Nas cordas. O público vaise topar aquí cun novo Pancho Álvarez?
Agardo que a xente tope aspectos mellores froito da maduración, aprendizaxe e da evolución que dá o tempo. Neste disco atopei novas sonoridades da man de instrumentos cos que fun experimentando. Son un curioso compulsivo nisto da música. Empecei a tocar a viola de gamba, que se adapta a todo tipo de estilos, experimentei con instrumentos de corda doutras latitudes, descubrín a zanfona galega con todas as súas posibilidades, topei na casa a forza da voz de María Solleiro, e todos estes elementos xuntos conferíronlle un carácter diferente ao disco.
Que peso ten a composición propia neste disco?
Basicamente é un traballo de composición aínda que incluín algún tema tradicional arranxado. Cando compoño pretendo que soen a música tradicional, con melodías próximas ás que coñecemos. Neste disco tamén está recollido un cantar de cego que interpreta Hermelinda do Muíño, de Sarreaus, pero actualicei a letra cos problemas que nos toca vivir hoxe.
Como definirías o traballo?
Como unha aposta persoal para topar un camiño propio dentro da tradición.
Que dificultades existen para un músico que forma parte de grupos coñecidos á hora de iniciar unha carreira en solitario?
As mesmas que calquera outro artista. Non é nada doado saír adiante, menos co mercado do disco tan tocado. Evidentemente para un estilo de música máis limitado como é o tradicional, as dificultades poden ser maiores. O que si é certo é que este tipo de música goza de gran recoñecemento internacional. Se creas un proxecto claro e atractivo é posíbel que consigas un mercado, reducido, pero moi diverso e estendido. Vivo moi de cerca esta experiencia con Carlos Núñez [Pancho Álvarez forma parte da banda habitual de Carlos Núñez] e percibo ese interese constantemente.
Ademais de presentar o disco, no Festival de Cans interpretará un cantar de cego.
É a primeira que interpreto un cantar de cego destas características. Este concretamente narra o sucedido tras embocar dun autobús nesta parroquia do Porriño, no que morreu moita xente.
A pesar de todo, os cantares de cego xa están presentes no seu repertorio.
O meu primeiro disco en solitario dediqueino a Florencio, o Cego dos Vilares, un dos últimos músicos de prestixio destas características, recoñecido pola xente que se dedica á musica tradicional pero non tan ben considerado socialmente. Por aquel entón non había cobertura social para os cegos e esta era unha saía económica máis. Naquel disco homenaxeábao interpretando boa parte do seu repertorio, tanto cantigas de cego como outras melodías de música tradicional que tocaba. No segundo tamén incluín algunha outra peza do seu repertorio.
A música dos filandóns do Caurel está agora recollida nun cd, vinte catro temas tradicionais herdadados da súa familia ou do cego de Eixón, orixinario do Brollón. A interprete é Ilda Álvarez Macía, veciña de Ferreirós, quen decidiu dar o paso e evitar que a tradición se perdese.
Na familia a convivencia coa música era acotío, o avó foi o gaiteiro de Ferreirós, Ramón Macía, e a nai a cantareira Amelia Macía. Agora Ilda está acompañada neste cd polos seus irmáns, Consuelo e Pepe, e por varios veciños de Ferreirós. Recoñece que actualmente cántase pouco. Segundo Ilda, ?cando había pobreza, curiosamente, había máis alegría?. Lembra as noites de inverno, cando a música era, sobre todo, un modo de relación entre os veciños. ?As noites, longas noites de inverno, pasabámolas ao lado do lume, cantando e contando contos?. Os cantares acompañaban tamén o traballo no campo. Na posguerra, o cego de Eixón reclamaba a Ilda nas súas visitas ao Caurel, onde compartiron filandón máis dunha vez.
Esta serra luguesa e, sen dúbida, a de maior produción de música popular. Ao longo dos últimos anos recolléronse máis de mil cantigas e catrocentos rexistros sonoros, preservados polo illamento no que se mantivo o Caurel ao longo de practicamente todo o século vinte.
Agora por enriba dos setenta anos, despois de actuar nos filandóns do verán e, incluso, acudir a New York, Ilda dá o paso e aglutina neste cd e dvd algo máis que música: o sentir dos veciños dun lugar illado secularmente, o Caurel.
A música forma parte da súa nenez?
Da miña, da dos meus irmáns e, diría máis, da de todos os veciños do Caurel. En Ferreirós non había noite onde non se xuntasen catro e ao pouco saíse xa unha cantiga. Tamén saían cando se traballaba ou cando tocaba namorar. O avó era gaiteiro e a miña nai, a parte de cantar ben, coñecía e conservaba moitas cantigas xa herdadas e que vas recordando de vez en cando.
Antes cantábase máis?
Non existían outros enredos. Había moita máis pobreza, pouco que comer pero, non embargante, había máis alegría. Agora parecemos máis amargados, iso si, máis ricos. Nas aldeas do Caurel, practicamente todo o mundo sabía cantigas e, incluso, iamos dun lugar a outro a cantar, montábase un filandón e xa había festa. Hoxe non hai xente nin predisposición.
As cantigas recollidas no cd son todas tradicionais?
Parte delas transmitidas pola miña familía, outras recollidas do cego de Eixón, que viña polo Caurel aos filandóns de Ferreirós e chamabame para actuar con el. Daquelas por esta montaña andaban varios invidentes de lareira en lareira e de casa en casa, actuando moitas veces polo caldo. Lémbrome que a pesar da pobreza, o cego de Eixón ofrecíame seis reais, que daquelas eran moitos cartos. Outras veces a miña nai, cando ía á feira a Quiroga, traía algo novo para o repertorio.
Temas que teñen doble vez?
Que sería da música tradicional se en moitas ocasións non falase dos curas ou da picaresca, perdería a substancia. Os contos e as cancións sempre bordean o sexo e logo cada un pode pensar o que quere. Pero tamén se cantaban moitos temas da Igrexa, de séculos pasados, os relacionados cos cantares de reis ou de Nadal. No cd recollemos desde romanzas medievais, de orixe carolinxia, a cantares nacidos despois da guerra civil.
A cuarta edición do Certame de Gaiteiros Solistas rende unha homenaxe ao artesano Xosé Manuel Seivane
O Auditorio Manuel Dopazo, da Bandeira, volveu quedarse pequeno con motivo da cuarta edición do certamen de gaiteiros solistas que leva o mesmo nome e que organiza a asociación cultural Vista Alegre en colaboración co concello trasdezano. O vigués Alberto Coya, que obtivo unha cualificación de 105 puntos, impúxose nun festival en que o segundo posto recayó en Pedro Álvarez Fariñas, de Nigrán, mentres que o ourensano Gonzalo Abelairas fíxose co tercer posto do podio. Ningunha muller participou nesta ocasión.
A elección do mellor intérprete na cuarta edición do Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo non foi fácil, do mesmo xeito que en anos anteriores. A calidade dos participantes, moitos deles xa curtidos pola experiencia de anteriores edicións, obrigou a que o xurado prolongase o seu fallo, que ao final concedeu o primeiro posto a Alberto Coya Otero, que alcanzou unha nota de 105 puntos e 1.500 euros de premio.
O tribunal composto por Anxo Lorenzo Álvarez, Anxo Pintos e Xosé Casal tiña que valorar non só a dificultade da peza que tocaba cada candidato, senón tamén o seu estilo e ata o seu originalidad. Todo isto debía demostrarse en só seis minutos nos que cada participante tiña que tocar polo menos un tema. Os tres membros do xurado, que forman parte ademais de grupos como Berrogüeto, Ártabra ou Espírito 986, concederon á @mozo vigués un primeiro premio polo que xa loitou na edición de 2008. Moi preto de Coya e en segundo posto clasificouse Pedro Álvarez ?con 101,5 puntos?, polo que recibiu 700 euros. Para rematar, Gonzalo Abelairas, de Ourense, conseguiu o tercer posto (97,5 puntos e 500 euros), no seu xa cuarto ano de participación consecutiva no certamen.
Os tres nomes ganadores deste certamen ao que acudiron 10 gaiteiros fixéronse esperar, si, pero o público se deleitó mentres coa actuación das Ruadeiras de Loimil, un grupo creado no seo da asociación de mulleres desta localidade estradense.
Tributo
Como colofón ao certamen, a organización entregou unha mención honorífica a Xosé Manuel Seivane Rivas, artesano de gaitas desde 1939 e patriarca dunha familia moi vinculada á música tradicional, xa que a súa neta, Susana Seivane, pode presumir de ser das primeiras mulleres gaiteiras de Galicia. Precisamente o certamen de onte non contou con ningunha participante entre a decena de asistentes ?inicialmente había 13 inscritos? por un imprevisto. Ao término do festival, os asistentes desprazáronse á Casa de Cultura para degustar uns pinchos.
Resultados do VIII Concurso de Baile Tradicional de Malveiras
Categoría I (maiores de 15 anos)
1º premio de 900 euros: ?Colexiata do Sar?;
2º segundo, de 350 euros: ?Casa Galega de Hòspitalet?;
3º premio, de 250 euros: ?Donaire?.
Premio do público:?Centro Cultural A Ponte Vella?.
Categoría II (menores de 15 años):
1º premio, de 300 euros:?Tequexeteldere?;
2º segundo, de 150 euros: ?Xeitosos de Trazo?,
Este luns 25 de maio ás 21:00 h o grupo Con Canto Donaire fará a súa presentación no Forum Metropolitano da Coruña dentro do programa Forumfolk 09
Con Canto Donaire é unha proposta musical que incia o grupo de pandereteiras Donaire tratando de dar unha visión persoal e actualizada da música tradicional que levan anos interpretando.
Nesta nova andaina estas seis mulleres intentan encaixar dende as raíces da tradición, as súas diferentes tesituras vocais, gustos musicais i experiencias vitais, como se se tratase das pezas dun puzle, para chegar a variados resultados estético-musicais en cada peza.
Para poder expresar a súa inquietude contarán coa axuda de:
Gutier Álvarez: zanfona e programacións;
Pablo Díaz: clarinete e percusións;
Pablo Aller: guitarra;
Ismael García: percusións e gaita;
Natalia Pérez: percusións.
Elas son:
Helga Vázquez R.
Iria Penabad
Graciela Carral
Rocío Carral
Olga Kirk
Lucía Vázquez Q.