Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Entre a Música e a Palabra
Co gallo da celebración do "Día das letras Galegas" a Deputación de Pontevedra organiza un espectáculo denominado "Entre a Música e a Palabra" no que participarán os poetas Leticia Costas e Carlos Fontes recitando poemas de Xosé María Álvartez Blázquez, homenaxeado 2008, acompañados polo violinista David Veiga e os grupos Pai da Cana, Pandeireteiras "Trompos ós Pés" e Quinteto de Metais "Banda Artística de Merza", grupos que forman parte do CD Pontevedra en Música: Agrupacións da Provincia editado pola Deputación de Pontevedra.

Este recital-concerto terá lugar o xoves 15 de maio no Salón de Plenos do Palacio da Deputación de Pontevedra ás 20 h.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-05-2008 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Lingua na Coruña o día 15
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-05-2008 01:55
# Ligazón permanente a este artigo
Un ano máis... a polo ghit!
A CANCIÓN GALEGA DO VERÁN

Queda aberto o prazo de recepción de candidaturas para a terceira edición do concurso. A anterior gañouna Biocultivos, de Sacha na horta.

Sabemos que o estabades a agardar. Xa comeza a terceira edición de A polo ghit, o concurso que procura a canción galega do verán e que organizan Vieiros e a Radio Galega. Dende agora mesmo, as agrupacións e solistas que queiran aspirar ao ghit 2008 teñen abertas as caixas de correo reais e virtuais para enviármonos as súas achegas.

Nun par de semanas dará comezo a parte interactiva do concurso, cunha nova web e algunhas novidades, para que os internautas poidan comezar a escoitar, descargar, votar e opinar as cancións presentadas. Tamén soarán no programa Extrarradio, da Radio Galega, e ao longo da programación da emisora pública.

Como nas anteriores edicións, pódense enviar arquivos de audio das cancións ou ben vídeos, acompañados dos datos dos participantes, un breve texto descritivo, a letra da canción e fotografías da banda ou solista. Mais este ano haberá un pequeno cambio nas bases: queremos promover a creatividade dos artistas do país, polo que os temas concursantes terán que ser propios e non versións.

Debe enviarse cadansúa copia dos arquivos aos seguintes enderezos electrónicos:
apologhit@vieiros.com
extrarradio@crtvg.es


Para que non dispoña de conexión á internet, tamén ten a posibilidade de empregar o correo tradicional. Os enderezos para enviar as dúas copias dos temas en formato CD son:
Vieiros
Rúa do Pombal, 43, soto
15705 Santiago de Compostela

Radio Galega
San Marcos
15820 Santiago de Compostela


www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-05-2008 01:42
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do III certame de solistas Manuel Dopazo de Bandeira
Os gañadores ,entre os 12 participantes, do III certame de solistas Manuel Dopazo de Bandeira foron:

1º_ Pablo Devigo Vázquez (Castro Caldelas) con 1.500 €

2º_ Gonzalo M. Abelairas Lemos (Ourense) con 700 €

3º_Pablo Seoane Méndez (Teo)con 500€

O premio especial á mellor peza interpretada de Manuel Dopazo recaeu en

Pablo Devigo Vázquez (Castro Caldelas) con 750€


Comentarios (6) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 13-05-2008 01:40
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá segue por Arxentina
Hoxe luns, día 12/05/2008, o programa Alalá segue mostrándonos cómo se vive a nosa música na emigración.

Neste Alalá, segunda parte en Arxentina, coñeceremos tres maneiras diferentes de interpretar a música galega de alí: a de Lembranzas da Terra, un grupo de baile e música integrado por rapaces moi novos que segue a liña máis tradicional e que aínda fai recollida para que non se perda o que lembran os máis vellos da colectividade galega; a de Sete Netos, que o nome xa o di todo e que é un dos grupos máis coñecidos do movemento celta que hai uns anos revolucionou a música galega en Arxentina; e a de Daniel Alejandro Pazos, o representante da figura do gaiteiro con maiúsculas, considerado o mellor gaiteiro novo do país.

Con eles veremos os diferentes xeitos en que os descendentes dos emigrantes proxectan na música a mestura entre a súa natureza arxentina e as súas raíces galegas, pois calcúlase que uns tres millóns de arxentinos son descendentes de galegos, o dez por cento da poboación do país, nin máis nin menos. Así que imaxinade a proxección que ten alí a música galega.
E ademais da música, tamén saberemos de qué maneira viven os máis novos o sentimento de pertenza a dúas terras. Seguirán sentindo morriña estes galegos nacidos en Arxentina?


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-05-2008 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO

POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO

As persoas e entidades que apoiamos a manifestación nacional “Polo dereito a vivirmos en galego” este 18 de maio de 2008, declaramos:

Consideramos que vivir en galego é un dereito inalienábel das persoas na Galiza, e un dos dereitos humanos elementais que temos como pobo. Lembramos que o galego é o único idioma natural de Galiza, e que mesmo o Estatuto de Autonomía o cualifica como “a lingua propia” do país, o que nos une como galegas e como galegos. O pobo galego ten dereito a que a súa lingua ocupe todos os ámbitos da vida social propios de calquera idioma, con dignidade e con normalidade.


Consecuentemente, deben existir as garantías para podermos vivir en galego, o que exixe compromisos, así como a aplicación e a adopción das disposicións legais necesarias por parte das Administracións públicas.


Denunciamos e alertamos contra os que, apuntándose agora á defensa dun suposto bilingüismo, un bilingüismo dunha soa cara, pretenden unicamente o mantemento da diglosia e a desaparición do galego. Ou, o que é o mesmo, a negación do dereito colectivo á normalidade de usos da nosa lingua en todos os ámbitos.


Chamamos ao compromiso persoal de todas e todos coa lingua galega. Usémola en todos os ámbitos: comezando pola familia, coas nosas nenas e nenos, no noso traballo, nas relacións coa administración, no noso tempo de lecer, etc. O futuro do galego depende de nós.

www.amesanl.org

POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO
Autobuses desde as zonas para a manifestación do 18 de maio


Zona de Ferrol:

Autobuses desde Ferrol (gratuítos): saída ás 10.30 da mañá da praza de Galiza (diante do Teatro Jofre).

Para te apuntares, chama ao local nacional da Mesa (981 563 885) ou mándanos un correo a amesa@amesanl.org

Zona de Lugo:

Bus (gratuíto) con saída de Sarria ás 9.15 da Rúa Calvo Sotelo (no cruce coa Cigüeneiñeira), con parada ás 10 da mañá en Lugo (Ronda da Muralla, Edificio dos Sindicatos) e ás 10.30 da mañá na área de servizo da autovía A-6 de Guitiriz.

Bus (gratuíto) con saída de Antas de Ulla ás 9.45 desde a Praza de Antas: paradas en Monterroso (parada de autobuses na Estrada de Palas) ás 10h e en Palas de Rei ás 10.15h (na Estrada de Compostela).

Para te apuntares, chama ao local nacional da Mesa (981 563 885), ao 620 565 712 (Fernán) ou mándanos un correo a amesa@amesanl.org

Zona da Coruña:

Buses (gratuítos) con saída ás 10.30 da mañá da Praza da Palloza (xunto á antiga Fábrica de Tabacos).

Para te apuntares, chama ao 981 200 869 ou mándanos un correo a amesa@amesanl.org

Zona de Valdeorras:

Buses (gratuítos) con saída do Barco de Valdeorras ás 8’30 da mañá (desde a Casa do Concello). Pararán tamén na Rúa de Valdeorras (diante da Casa do Concello) ás 8.45.

Para te apuntares, chama ao 622 53 80 10 antes do día 15 de maio.

Concello de Ames

O Concello de Ames pon ao dispor de quen o precisar un servizo de transporte gratuíto desde Bertamiráns e O Milladoiro.

Para utilizalo é preciso apuntarse antes do 13 de maio chamando, das 9.00 ás 15.00, ao teléfono do Servizo de Normalización Lingüística de Ames: 981 884 991.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-05-2008 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Apoio da CIG á manifestación en Compostela
O galego implícanos a todos e todas
Máis galego no teu centro de traballo


O mundo da empresa, o das relacións laborais ou o do traballo en xeral constitúen espazos públicos nos que, a diferente escala, a presenza do galego aínda non está plenamente normalizada. É máis, desenvolvermos o noso traballo con normalidade na lingua propia de Galiza resulta unha tarefa difícil, que choca moitas veces coa postura belixerante de boa parte do empresariado, que subestima, ignora ou mesmo despreza o galego como lingua válida no día a día dos centros de traballo.

Esta situación explícase polos condicionamentos ideolóxicos que vén sostendo a patronal no noso país, unha patronal instalada moi maioritariamente no español, idioma que funciona como lingua de poder fronte ao galego. Ademais desta razón de fondo, existen outras que teñen que ver coas rutinas que se dan na empresa, a falta dunha demanda social máis activa fronte a estas, as escasas medidas galeguizadoras impulsadas desde as diferentes administracións... A respecto destas últimas, non está de máis facer denuncia expresa do desleixo, a respecto da cuestión do idioma, que manteñen as diferentes instancias da administración no ámbito laboral (inspeccións de traballo, xulgados do social, Consellaría de Traballo e outros organismos).

Nunha situación como o actual, na que o galego segue sen alcanzar a súa plena normalización e nun eido como o sociolaboral, onde predomina o castelán de maneira abafante, é necesario darmos unha resposta, individual e colectiva, para avanzarmos no uso da nosa lingua no seo das empresas, nos centros de traballo e no conxunto das relacións laborais.

Témonos que implicar, conscientemente, en favor dun maior e mellor desenvolvemento do galego no mundo do traballo. E témolo que facer desde as diferentes vías en podemos facelo. Temos que denunciar, alí onde se produzan, todas aquelas situacións de discriminación lingüística que impidan que os traballadores e traballadoras poidamos facer uso do galego nos nosos labores cotiás; isto tamén nos procesos de selección de persoal, xa que aí moitas veces as empresas xa aproveitan para faceren a súa particular peneira de xente, infravalorando as persoas que se expresan habitualmente en lingua galega.

Témonos que implicar, tamén, demandando das empresas, e exixindo das diferentes administracións, un maior compromiso en prol do galego, tanto nas súas comunicacións e documentación (anuncios, contratos, nóminas...) como na oferta dos seus bens e/ou servizos, máxime cando estes teñan como destinatarios aos galegos e galegas.

Témonos que implicar, igualmente, a nivel social, promovendo activamente un maior uso do galego naqueles espazos e ámbitos da nosa vida (ensino, tempo de lecer, etc.).

Como traballadores/as galegos/as, que apostamos polo sindicalismo nacionalista que representa a CIG, debemos redobrar esforzos en favor do galego, a nosa lingua propia e nacional. Está en xogo a vitalidade dun dos sinais que mellor nos definen como pobo e como clase traballadora nesta vella nación atlántica chamada Galiza.

Manifestación “Polo dereitos a vivirmos en galego”. 18 de maio ás 12. Alameda de Compostela

www.galizacig.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-05-2008 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Apoio do BNG á manifestación en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-05-2008 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso popular de videos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-05-2008 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 9 (Venres)
• Treixadura e Orfeón nas Pontes (A Coruña)
• Humor Neghro en Lugo
• Foliada Ven Respirar no Don Gaetano (Ourense)
• Transilvaninas no Salón Parroquial de Ponteareas
• María do Ceo na Fundación CaixaGalicia da Coruña
• Macfeck no "Xoldra" de Guitiriz
• II Festival Morrazo Solidario 2008: Xose Manuel Budiño, Mercedes Peón, Eva Carreras,... en Reibón (Moaña)

Sábado 10
• Encontro de Pandeireta de Asturies e Galiza en Asturies
• Obradoiro de cantigas de Berce en Pontevedra (Os Chichisos)
• Humor Neghro en Vigo
• Ruxe-Ruxe en Lugo
• Zenzar na Fragua (Redondela)
• Son do Galpóm no Mogay de Chantada
• Kiosko das Almas Perdidas (Con Mercedes Peón) no Teatro Jofre de Ferrol
• The Tubas, Sonoro Maxín en Salceda de Caselas (Festa Trezecatorzeadora)
• I Festival de Música Tradicional "Cans de Palleiro" no auditorio da S.C.D.R. "Helios" de Bembrive Vigo: Cans de Palleiro, Moxenas Musical Galego e Grupo de Gaitas de Aluarada de Vilar.
• Gala Ao Son do Tangaraño (Mos)
• Serán-Muiñada no Muiño de Fausto en Coiro (Cangas)
• Serán no Porriño (Praza de S.Benito)
• II Serán do Frendoal-Limens (Cangas)
• III Serán do Mar de Rianxo
• Serán en Valadares (Vigo)

Domingo 11
• Festa dos Maios no Casco vello de Vigo
• III Certame de gaiteiros solistas Manuel Dopazo en Bandeira (Silleda)
• Treixadura e Orfeón en Melide
• Carmen Dor en Compostela
• Kiosko das Almas Perdidas (Con Mercedes Peón) no Teatro Jofre de Ferrol
• Humor Neghro en Vigo
• Folear e Marta Coutinho (Portugal) na Praza da Constitución de Vigo ás 18:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2008 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
E continúan os Seráns
Sábado 10 de maio:
-Serán no Porriño (Praza de S.Benito)
-II Serán no Frendoal-Limens (Cangas do Morrazo)
-III Serán do Mar de Rianxo
-Serán en Valadares (Vigo)
-Serán-Muiñada no Muiño de Fausto en Coiro (Cangas)

Sábado 17 de maio
-Serán en Romaríz (Soutomaior)
-Serán en Redondela (Alameda)

Sábado 24 de maio
-Serán en Sobrada (Tomiño)
-Serán do Carballal (Vigo)
-Serán en Chaín (Gondomar) no C.C. A Merced

Sábado 31 de maio
-II Serán As Angustias (As Angustias-Nigrán)

14 e 15 de Xuño
-Foliada e Romaria do Lecer de Xacarandaina na Coruña

Sábado 21 de xuño
-Serán de Vincios (Gondomar)

Sábado 28 de xuño
-Serán do Fiadeiro (Vigo)

Sábado 5 de xullo
-Serán en Amorín (Tomiño)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-05-2008 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de Baile (2/05/08)
1ª Eliminatoria (8 mellores parellas da tempada)

Vai de baile do 2 de maio de 2008

Os Armantes de Paiosaco VS Os Chapeludos de Chapela

Fase de Concurso



Xurado

Comentarios (1) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 09-05-2008 11:47
# Ligazón permanente a este artigo
Festa dos Maios en Vigo

Programa da XXVI Festa dos Maios:

Venres, 9 de maio
Saída ao campo para recoller flores. Ás 16:30 dende o local da Asociación na rúa Canovas del Castillo 2

Ensaio xeral da representación a partires das 19:30 na Praza da Constitución

Sábado 10 de maio
A partir das 16:30 no local da Asociación na rúa Canovas del Castillo 2
Obradoiro de confección de flores, fiuncho e espadana para montaxe do noso maio e ornamentación da praza da Constitución.

Domingo 11 de maio
na Praza da Constitución

Pola mañá, a partir das 10:30
• Confección do maio na farola Central da praza
• Feira apícola. Demostración de labores apícolas e venda de mel (Asociación de apícultores de Pontevedra)
• Obradoiro de flores para cativos
• Obradoiro de Pan
• Obradoiro de cestería para cativas e cativos de 12.30 h a 14.30 h (C.A.T.) Monitora Mª Jesús Barreiro
• Obradoiro de pan, moenda do millo, amasado e cocedura.(Panadería Manuel Pereira)

Pola tarde, ás 17:30
• Recoñecemento a persoas e colectivos colaboradores
• Entrada dos Maios convidados
• Festa dramatizada
• Concerto do grupo de música tradicional europea ”Folear” (Portugal) coa colaboración nas danzas de Marta Coutinho.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2008 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
Humor Neghro
CARLOS BLANCO actor e coautor de ’humor neghro’.
Abraiado co éxito da súa última obra ’Humor Neghro’, chega a Vigo coa ilusión de representar no teatro do Centro Cultural Caixanova: ’É un soño poder actuar nunha sala tan bonita, un auténtico luxo, e agardamos que a reacción do público vigués ante a nosa proposta sexa positiva, semellante a que recibimos ata o de agora’.


Carlos Blanco xunto ao músico Manecas Costas, o seu partener no esceario. foto: s.e.Nado en Vilagarcía de Arousa, en 1959, Carlos Blanco é actor, director e autor que traballou na Radio Galega e na Televisión de Galicia en títulos tan populares como ’Mareas Vivas’. No 2003 quedou finalista no Club da Comedia, e entre os seus traballos destaca un pequeno papel en ’Volver’, de Almodóvar. Actualmente é un habitual dos escearios galegos e da pequena pantalla pola súa colaboración na serie televisiva ’El Comisario’. Este fin de semana representa ’Humor Neghro’ no teatro de Caixanova.

Como está a transcorrer a representación da súa obra?
É un bo traballo, e estou moi feliz de como está a resultar todo. A xente gústalle e en tódolos teatros enchemos, incluso en Portugal, onde nun principio tiñamos algo de medo xa que o meu portugués non é moi bo e o humor ten moito de sutileza na linguaxe. Pero foi todo un éxito e dende entón nos saíron mais actuacións neste país.

En ’Humor Neghro’ comparte esceario co músico guineano Manecas Costa, como xurdíu?
Naceu como un flechazo cando o vin actuando en Pontevedra o 25 de abril. Propúxenlle que traballasemos xuntos e aceptou. Dende entón nos xuntamos na súa casa ou na miña para elaborar a música, que a fai el, e as letras, escritas por min, ademais tamén cantamos xuntos. O resultado é un cabaret de cadaleitos, xa que o esceario está presidido por seis caixas preciosas, deseñadas por Carlos Alonso, nada tétricas.

Serve como reflexión sobre os lazos de unión entre Galicia e Portugal?
Hai unha mesma cultura que fai que un músico portugués e un actor galego se entendan no esceario. É unha celebración dunha lin gua común, onde o audiovisual ten moito peso, e que conta con colaboracións como a de Batuko Tabanka, o grupo de caboverdianas asentadas en Galicia. Ao cabo é unha mestura intercultural que proba a infinidade de cousas que compartimos.

Favorecer estas afinidades luso-galaicas segue a ser unha asignatura pendente?
A fin da obra non é tanto amosar a relación entre Galicia e Portugal, senon celebrar unha cultura propia. Se somos unha eurorrexión no económico e no empresarial, ten senso que tamén o sexamos a nivel cultural e haxa intercambios entre artistas. Non debera ser nengunha novidade, non embargante é noticia, o que nos dá unha idea da situación na que estamos.

Como espera que sexa acollida a súa proposta en Vigo?
Agardo que se reciba moi ben, como no resto das localidades. En Cangas encheuse o teatro cun aforo de 700 prazas e quedou xente fóra. Por agora as vendas en Vigo van ben, cunhas 400 entradas vendidas para cada día. Ademais para min supón un luxo representar no teatro Caixanova.

Agora está compaxinando o teatro coa televisión, como o fai?
Pois é moi complicado. Este fin de semana representamos en Vigo, o martes e mércores gravo El Comisario en Madrid, para voltar o xoves a Galicia ata o sábado que estreamos ’Humor Neghro’ en Barcelona. É duro, pero merece a pena se che gusta o que fas.

En Barcelona tamén será en galego e portugués?
Estou pensando en facela medio en catalán e castelán, ademais de manter o galego e o portugués. É o bo do cabaret que a actualidade sempre está presente e non faltará a sobriña de Rouco. Xogamos coa improvisación, nengunha representación é igual.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2008 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Cantigas de Berce
O próximo sábado 10 de maio, o grupo Os Chichisos organiza un obradoiro de cantigas de Berce, da man de Xaime Estévez, doutor en Ciencias da Educación e profesor de música no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Será a partires das 11h da mañá no Local da Federación de Veciños Castelao de Pontevedra, rúa Gagos de Mendoza.

ACTIVIDADES

11.00 h :
• As cantigas de berce na música galega
• As cantigas de berce no ciclo da vida e do ano.
• Taller de práctica vocal: cantigas de berce de todo o mundo.
• Análise literaria e musical.

13.30 h : Xantar

16.00 h :
• Beneficios da lactación materna. A cargo de María Gayoso Couce, da Asociación Mámoa
• Taller de creatividade.
• Taller vocal-instrumental.
• Cantigas de berce dos nosos maiores: Sra. Divina e Sr. Manuel de Mogor, Marín, e Sra. Felicia de Paredes, Vilaboa.

19.00 h : Merenda “infantil” pra todos os asistentes

Prazas limitadas.
Prezo: 5 €
Reservas: 676 842 942
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2008 01:09
# Ligazón permanente a este artigo
Serán Mar de Rianxo
O vindeiro Sabado 10 de Maio no Campo de Arriba, Rianxo e dende as 21:30 celebrarase o III SERÁN MAR DE RIANXO, organizado pola Asociación de Música e Baile Tradicional "VAI DE RODA" de Rianxo.

Como en edicións anteriores asistiran cantareiras e bailadores maiores chegados dende Pazos de Borbén, Toutón, Laxoso, Limiñoa, etc.
Tamén actuarán o Grupo de Música e Baile Tradicional Vai de Roda e Os Campantes da Baña entre outros.

Aqueles grupos que estiveran interesados en participar, poden inscribirse chamando os tlf. 981 866 141 ou 669 466 039.


www.blogoteca.com/vaideroda
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-05-2008 01:07
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Valladares
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-05-2008 01:06
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Trece Catorce en Salceda de Caselas
Presentacón da Asociación Cultural, Deportiva e Ecoloxista "Treze Catorze"

Festa Trezecatorzeadora o 10 de Maio en Salceda de Caselas.

Á tarde haberá actividades:
títeres, artesanía, obradoiros, papiroflexia e cestería, con un artista convidado, Alfredo Santos (Cáceres), con unha improvisación de xiz sobre parede.

Á noite, concerto con:

-The Tubas
-O Sonoro Maxín
-Dj Festeiro


Mais info. A.C.D.E "Treze Catorze"
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-05-2008 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
Gala Ao Son do Tangaraño 2008

www.tangarano.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2008 01:01
# Ligazón permanente a este artigo
Humor Neghro chega a Vigho
Son xa cinco meses percorrendo vilas e escenarios, enchendo salas e teatros por toda Galiza. Este mes, despois de acadar un importante éxito na súa primeira representación no país veciño, o pasado 25 de abril en Sines (Portugal), ‘Humor Neghro’ aterra en Vigo.

Carlos Blanco e Manecas Costa, ou o que é o mesmo, o teatro e maila música, únense neste espectáculo que xira en torno ao humor, á emigración e ás diferenzas e similitudes entre as nosas culturas. ‘Humor Neghro’ quere facernos ver máis aló, afastándonos dos tópicos, para centrarnos no que nos une por riba de todo, un mesmo xeito de ver a vida.

‘Humor neghro’ son Carlos Blanco e Manecas Costa. Carlos Blanco é un dos artistas galegos máis polifacéticos: xornalista, humorista e actor, a súa traxectoria esténdese por distintos medios, dende a radio ao cine, pasando pola televisión e o teatro. Manecas Costa é un dos músicos de referencia do seu país, Guinea-Bissau. Nos seus discos combina composicións propias, melodías do seu país e a súa característica voz.

Esta obra, que comezou a súa andaina en xaneiro, está a colleitar un grande éxito por parte de crítica e público, enchendo teatros ao longo da xeografía do país, chegando ao cheo absoluto coma no caso de Cangas do Morrazo e Vilagarcía de Arousa.

Este mes de maio chega a Vigo con dúas funcións. O auditorio do Centro Cultural Caixanova será o escenario onde o público vigués poderá gozar do ‘Humor Neghro’, o sábado 10 de maio ás 22h30 e o domingo 11 ás 20h30. As entradas pódense adquirir na taquilla do Centro Cultural Caixanova ou a través da web www.servinova.com, o servizo de televenda de Caixanova.

Con ‘Humor Neghro’, Manecas Costa e Carlos Blanco aparcan as súas diferenzas para amosarnos a realidade cotiá dun xeito innovador a través da música, os textos e unha posta en escea sorprendente. Esta obra é un punto de encontro para as culturas galega e portuguesa, alén de fronteiras, en clave de humor... neghro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-05-2008 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
V Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana

V Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.
Imos pra Asturies!!!


O sábado 10 de Maio, ímoslle tod@s ata Asturies, gozar xa por quinta vez da convivencia e recoñecemento mutuo cos nosos curmáns. O catalizador xa o sabedes, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas.

Será como de costume no enxebre local El Sabil, situado no fermoso Conceyu de Santu Adrianu (www.elsabil.net; tlf. 985 761 472). Dende alí, se chegades cedo, poderedes facer rutas turísticas pola marabillosa montaña astur; coidado cos osos!! ;-).

-20:30 h. Será a hora na que nos, xuntaremos tod@s no Sabil. Algo máis tarde teremos a consabida cea-confraternización con menú a base de produtos da terra (...asturiana hehehe), que unha boa “folixa” presta ben máis co bandullo cheo.

-23:00h. (hora aproximada, que xa se sabe). Concertos das Pandereteiras d’O Tear de Llerena (Pontevedra) e máis das anfitrionas, Pandereteres de Fitoria.

-1:30h-.... A partir de aí xa sabemos que todo se empeza a poñer turbio e xa un non sabe moi ben se toca pandeireta galega ou asturiana, pero a festa e o bo ambiente de intercambio están máis que garantidos ata que os corpos non dean máis de si.

E cando sexa hora de ir deitar algo a cabeza, teremos o aloxamento ben preto, no albergue do que dispón o propio Sabil, mesmo a carón do local.

O prezo estipulado é de 30 Euros de nada, así que os cartos non son excusa!!

Información e Inscricións:

-Chamando ao propio El Sabil: 985 761 472. www.elsabil.net.

Organiza: Colectivo Transeu.

Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 09-05-2008 00:58
# Ligazón permanente a este artigo
Programación do Liceum do Porriño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2008 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con The Homens
A banda galega de powerpop recomenda o Mesón Manolito de Portonovo para degustar o peixe de nome homónimo ao eterno estampado das súas camisetas. Inician xira internacional mentres o videoclip do tema ‘Calamar’, que acaba de ver a luz, arrasa. Desde Compostela, a súa urbe de operacións, asegúrannos que o futuro da música “está en facer boas cancións” e que no “deostado” panorama nocturno da cidade “só quedan oasis”. Alí nos encontraremos.


As probas están amañadas, perder é o normal”. É unha das advertencias de Tres (Falcatruada 07), o último traballo da banda galega de powerpop The Homens. O verso vai dedicado a aquela Opositora –así se chama de feito o tema– que tivo en vilo a sociedade compostelá mentres pasaba as semanas pechada no seu coche estudando o temario pero acaba sendo, como todas as súas letras, unha aceda crítica con envoltorio quedón e contaxioso, dun grupo que hoxe trae o peto cargado de novidades.

Os homes de raias estrean o videoclip da canción Calamar, inician xira internacional e até inauguran local de ensaio en Santiago, a cidade que os viu medrar. Desenvolveron o seu talento creativo entre a humidade das paredes da Casa Xurásica da urbe catedralicia retroalimentándose con outra flora autóctona como Samesugas, Fame Neghra ou Redullos. Eles son Xocas (batería), Roi (baixo e voz) e Martin Wu (guitarra e voz). Maman do post-core de Hüsker Dü ou Fugazi, e son uns namorados dos grupos da nova onda británica de finais dos setenta.

No verán de 2005 autoeditáronse o seu primeiro disco, cheo de refráns de intensidade bailábel. Logo de percorrer escenarios e outra serie de taboados, na primavera de 2006 sacan á rúa o segundo EP, con máis pop, máis intenso e no que as súas influencias se suman con forza ás de Teenage Fanclub, Barracudas, os Pixies, os Shins e os grupos de post punk. Non en van, o seu é un dos directos máis cañeiros do panorama galego. Agora con Tres déixannos exhaustos en cada concerto. Se pasan por Alemaña, Suiza, Francia ou Portugal entre xuño e setembro poderán comprobalo. Se non, agarden, que o tempo pasa rápido e pronto os teremos connosco para nos faceren bailar.

Roi, faga honra ao seu vello costume: Cóntenos un chiste, home, antes de empezar a entrevista.
Vale. Un que lle lin a Umberto Eco: Isto é un empresario estrañado de que un dos seus empregados se vaia cada día da oficina á unha en punto para regresar sempre ás tres en punto. Decide que outro dos seus empregados o vixile e lle pase un informe. O informe chega; “este home vaise cada día á unha, compra unha botella de champán, vaise á súa casa e entretense coa súa muller”. O empresario, alarmado, di “pero, non podería entreterse pola noite, coma todo o mundo?”. Despois de darlle voltas, o investigador respóndelle ao seu xefe: “Igual vostede o entendería mellor se me deixase tratalo de ti”.

Na súa liña, interesante. De onde saca a inspiración?
Normalmente pídollos ao noso amigo Ángel que é un tipo que ten bastante máis graza ca min. De feito esa é unha das grandes frustracións da miña vida. A de non ser gracioso. Porén, o feito de non ter graza en absoluto é gracioso en si mesmo, sobre todo se te dedicas a contar chistes nun concerto de rock.

O éxito é indiscutíbel, xúrocho. Por outra banda, acabo de ver o videoclip non oficial de ‘Calamar’ en youtube (Youtube.com, The Homens, Calamar). Non sei se me gusta máis que o orixinal. Quen é o seu coreógrafo?
O non oficial está moi ben, é máis espontáneo. Descubrímolo tarde, porque esa parella era unha boa fichaxe coma bailaríns. De tódolos xeitos, estamos encantados co traballo que fixeron Roi Fernández e Isaac Cordal de Fundación Intemperie co clip do calamar. Na gravación pasámolo en grande, e co resultado final quedamos completamente abraiados. O traballo recoñeceuse fóra ademais, quedando finalista no Festival Internacional de Videoclips Musiclip, na categoría de animación.

Como é que lles teñen tanto aprecio vostedes as raias?
A nós a raia que nos gusta de verdade é a que vén preparada en caldeirada, preferiblemente a que cociñan no Mesón Manolito de Portonovo. As outras, as das camisetas –nós chamámoslle “as elásticas”–, viñeron de xeito casual.

Sóame familiar o dos elásticos. Non serán vostedse de Ferrol?
Non, nos en concreto non, pero por aí van os tiros. Estamos a pensar que igual influiu algo o look dos grupos que escoitábamos naquela época, todo ese powerpop tipo Barracudas, Elvis Costello ou Jonathan Richman, xente que fixo a camisola de raias unha seña de identidade.

Cales son seus referentes estéticos e musicais?
Non pensamos demasiado a nivel estético. A única reflexión neste sentido fixémola cando montamos o grupo, pensando que igual estaba ben uniformarse, que sería identificable e que lle facilitaría as cousas ó deseñador. Musicalmente metemos nun saco a nova ola de finais dos 70, o post hardcore dos 80 e o pop británico en xeral.

E os seus bares de referencia?
En compostela paramos bastante no Bartolo, Miúdo, Malas Pécoras e Ambigú. Son os oasis que van quedando no denostado panorama nocturno desta cidade.

Falando de Compostela, como vedes a escea musical da cidade?
Vemos que por unha banda cada vez hai máis grupos e por outra, menos locais ‘accesíbeis’ onde tocar, por non decir ningún. Cando dicimos accesíbeis, referímonos a salas onde non tes que poñer por adiantado seiscentos euros de alugueiro, pasta que poucos grupos se poden permitir. As iniciativas de locais que intentan dar cabida a eses grupos pouco solventes son recibidas con recelo burocrático ou persecución. A realidade é que hoxe en día, un grupo mediano-pequeno teno moi difícil para tocar neste Faro da Cultura Universal que é Compostela.

Pásano ben nos concertos? Son unha banda de directos?
Si, pasámolo en grande, e supoño que se nota. O directo é onde se ve realmente de que vai unha banda.

O futuro da música está na distribución con licencia creative commons?
O futuro da música está en facer boas cancións. E en adecuar o negocio musical ós tempos que corren. O Creative Commons é unha boa alternativa á presión draconiana que exerce a SGAE, pero de momento só é un parche. Hai que pensar nun modelo alternativo para a xestión dos dereitos, porque a situación actual é propia dalgún século pasado

O pirateo é nocivo?
O pirateo é o sino dos nosos tempos, e tentar frear iso é coma poñerlle portas ao campo. Hai que aproveitar as redes de intercambio de datos como ferramenta de difusión e poñerlle as cousas fáciles á xente, non ó contrario Se lles mento á SGAE dálles denteira?
Lamentábelmente, esas catro siglas teñen cada vez máis presencia nas nosas vidas, e estanse xerando correntes de opinión bastante críticas e que veñen de lugares moi diversos. Cremos que xa vai sendo hora de facer unha reflexión seria sobre o papel que xoga na nosa sociedade e de replantexar o sistema de xestión de dereitos de autor.

Que lles parece que Papito sexa o cd en soporte físico máis vendido do 2007?
Non nos extraña.

A Lonxa Cultural marca un antes e un despois na distribución da música galega?
Era necesario un proxecto deste tipo, que modernice o sistema de distribución e que aglutine as distintas músicas que se fan neste país dándolle proxección fóra.

Leo no GALICIA HOXE que a súa web ten dez mil visitas ao día.
Iso foi un pico que tivemos cando sacamos o disco, pero a cousa baixou bastante, como é normal.

Hai unha identidade xeneracional nas novas bandas que cantan en galego?
Non estamos seguros. Comprendemos que a moita xente lle facilita o traballo o feito de que exista unha ‘Xeración X’, pero neste caso nin o temos claro, nin cremos que sexa moi beneficioso. Consideramos que vivimos unha época de cambio e de gran creatividade artística en diversos estilos musicais, que se contrapón a unha realidade social e política non demasiado ilusionante.

Que lles parece a rede galega de música ao vivo, o circuíto de salas do Igaem?
É unha boa iniciativa, agardamos que se perpetúe no tempo e que sirva de escenario de difusión e traballo.

E agora, o mundo enteiro agarda por vostedes.
Bueno, temos bastantes concertos até o verán por Galiza e incluso hai un proxecto de minixira europea en xuño que se está pechando. De momento xa temos dúas datas en Euskadi, unha en Francia e dúas en Alemaña, pero hai outras sen confirmar totalemente que é moi probábel que saian. Temos que axustar calendarios. Tiñamos tamén a posibilidade de achegarnos a Bruxelas, pero xa vai ser demasiado. Por outra parte, a finais de xuño teremos dúas datas en Vigo e Ferrol con Charades, un grupo que nos encanta e que acaban de sacar un disco maravilloso e completamente imprescindible.

Hai algo que sempre quixeron contar nunha entrevista e que nunca lle preguntaron? Adiante, non se repriman.
Imos darlle a volta e vouche dicir as preguntas que nos gustaría que non nos fixeran nunca máis. Cousas do tipo “Por que cantades en galego?” ou “Cando ides dar o salto ao castelán?”

(A entrevista a The Homens fíxose a través de mensaxería instantánea mentres os protagonistas estaban en Valencia. As tres imaxes superiores forman parte do videoclip de ‘Calamar’)

www.elcorreogallego.es

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2008 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
Unha terra, un pobo, unha fala
Unha terra, un pobo, unha fala

Este verso dunha canción de Saraibas é o lema dun selo que na Illa de Man editaron sobre Galiza, dentro dunha serie de selos sobre as nacións celtas.

Todos eles coa bandeira da respectiva nación, o nome e mais unha fraseciña, un verso apenas, sobre os idiomas nacionais. "Sen lingua non hai país" é a lenda escollida para o propio selo manxe, "un país que despreza a súa propia lingua non ten alma" sentencia o dedicado a Asturias. E como atinadamente deixou alguén nas Mil razóns para as Mil Primaveras citando a Castelao, "se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma".

Todo un recado para os que piden bilingüismos harmónicos, tranquilos ou normais, bilingüismos dunha soa cara onde en realidade nada cambie e se manteña a perpetua diglosia e no que como moito se lle busque unha morte con dignidade ao galego. Unha terra, un pobo, unha fala.



Unha flor, un amor, unha alborada,
unha fonte, un río, unha praia,
unha estrela, un camiño, unha alma,
unha terra, un pobo e unha fala...

A maneira de busca-lo noso pan,
unha forma de bailar no noso chan,
muiñeiras, alalás ou foliadas,
unha terra, un pobo e unha fala...

Un viñedo, un carballo, unha gaita,
a morriña espallada polo mundo,
a muller que na casa está emigrada,
unha terra, un pobo e unha fala...

Castiñeiros, carballeiras, romerías,
eirexados, mosteiros, gandeiría,
rebordelas, corredoiras embruxadas,
unha terra, un pobo e unha fala...

O mareiro vento desta costa,
o batir das olas en Fisterra,
un ardente corazón que sinte e cala,
unha terra, un pobo e unha fala...

A maneira de busca-lo noso pan,
unha forma de bailar no noso chan,
muiñeiras, alalás ou foliadas,
unha terra un pobo e unha fala...

Castiñeiros, carballeiras, romerías,
eirexados, mosteiros, gandeiría
rebordelas, corredoiras embruxadas,
unha terra, un pobo e unha fala...

Unha terra un pobo e unha fala...


www.blogoteca.com/cartafoldomandeo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2008 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica do novo disco de Skarnio
Skarnio - O nosso caminho

Logo dun longo silenzo por mor da substitución do vocalista, a banda galega Skárnio volta con forza nesta nova entrega da súa “música de combate” que basean no ska-reggae e o punk. Deixaran o listón moi alto en “Arredista” (2003),
mais neste disco afondan no seu pulo: a claridade de ideas políticas e musicais.
Así, abordan temas como a situación dos presos/as independentistas ou o bolivarianismo. Amais potencian a sección de ventos, emocionante nas instrumentais “Saíndo do Koxobar” e “Greve!!”. Coherentemente, o traballo tén unha licencia Creative Commons, o que permite reproducilo sen fines comerciais.
I.L.M.

www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 08-05-2008 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica do novo disco de Mutenrohi
Mutenrohi - Sete

Debemos encomiar a persistencia (e a insistencia) da proposta destes Mutenrohi que, xurdidos en Ourense, en plena efervecescencia do Novo Folk (década dos 90) apostaron por un pop-folk que deu lugar a unha discografía irregular, infestada de altibaixos, que se notan ata en cada un dos seus traballos. É o caso deste, onde hai momentos bos e malos, recreacións desafortunadas e algún que outro acerto (a versión de ?Greenlands? de Dan Ar Bras, por exemplo). Pero, en conxunto, ?Sete? non é o álbum que se esperaba porque, por moito que o anuncien, os Mutenrohi non acaban de madurar.
S.R.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-05-2008 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Serán - Foliada hoxe na Fábrica de Chocolate


SERÁN - FOLIADA (Música e baile tradicional Galego)

Mércores, 7 de maio - 22:30 H.
Entrada de balde
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-05-2008 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Ata 18 grupos poderán gravar disco co programa 'Outra+Outra'
A Deputación da Coruña financia con 34.800 euros unha nova edición de "Outra+Outra"

A Deputación da Coruña e a Fundación Paideia promoven un programa de gravacións para grupos musicais da provincia

Un total de 18 grupos de música, entre bandas, grupos de rock, folk, solistas e formacións orquestrais poderá beneficiarse este ano dunha edición do programa "Outra + Outra", impulsado pola Deputación da Coruña e a Fundación Paideia para a produción doutros tantos CD.

O convenio que permitirá o desenvolvemento desta actividade foi asinado esta mañá polo presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e a súa homóloga da Fundación Paideia, Rosalía Mera, ambos os dous valoraron de forma moi positiva este programa "que pretende un desenvolvemento estratéxico do sector musical", segundo o expresado polo máximo responsable da institución provincial.

Fernández Moreda salientou que nesta iniciativa poderán participar os grupos ou formacións musicais que este ano se integraron na "rede cultural", "o programa cultural máis ambicioso dos desenvolvidos na provincia". Cifrou a participación na "rede cultural" nun total de 400 formacións ou grupos musicais.

Do conxunto das solicitudes, cuxo prazo se estende até o próximo 16 de maio de 2008, un xurado conformado por especialistas fará unha selección para decidir os 18 grupos que terán a oportunidade de gravaren un CD nun dos mellores estudos de España, o que a Fundación Paideia ten no Centro de Iniciativas Empresariais Mans, segundo o presidente provincial.

Salvador Fernández Moreda agradeceu que a Fundación Paideia poña ao dispor deste programa "un estudo que conta con tecnoloxía de última xeración, cunhas instalacións multifuncionais".

Cada un dos grupos seleccionados dispoñerá de mil copias do CD para saír ao mercado discográfico. "Un proxecto difícil de desenvolver para os grupos, de non desenvolver programas como o que hoxe aprobamos", dixo Salvador Fernández Moreda, que eloxiou a colaboración da Fundación Paideia.

O presidente provincial manifestou tamén que a Deputación da Coruña destinará un presuposto de 34.800 euros para financiar a actividade, de maneira que sufragará o 50 por cento do custo total da gravación. O cincuenta por cento restante corresponderalles aos grupos seleccionados. "Un custo asumible para os grupos", segundo a opinión de Fernández Moreda, quen apostou por incentivar a creación musical na provincia.

A presidenta da Fundación Paideia eloxiou esta iniciativa e o apoio da Deputación da Coruña, subliñando que este programa xa se estendeu a outros puntos de Galicia, como é o caso de Lugo co apoio da institución provincial lucense.
As persoas interesadas neste programa poden obter máis información e descargar a folla de solicitude na páxina web do centro MANS (www.mans-paideia.com).

Na pasada edición do programa, correspondente ao ano 2007, 15 formacións musicais conseguiron cadansúa gravación dun CD. Entre estes grupos, o coro de cámara Ludus Tonalis, a banda de música Sementeira de Cambre; o coro ferrolán Toxos e Froles; a formación coral tradicional máis antiga de Galicia; a coral polifónica O Pote; o grupo de danzas Lar, e, entre outros, a formación Capriccio Vocale.

www.dicoruna.es

www.mans-paideia.com

Grupos participantes na anterior edición:

-Intermissión dúo de Percusión (A Coruña)
-Grupo de Bailes Populares IAR (A Coruña)
-Capriccio Vocale (A Coruña)
-Grupo de Cámara Ludus Tonales (A Coruña)
-Antología Grupo (Cambre)
-Banda de Música Sementeira (Cambre)
-Dúo Saúl Canosa y Natalia Méndez (Santiago)
-Coral Polifónica “O Pote” (Maniños/Fene
-Real Coro Toxos e Froles (Ferrol)
-Tamara Lorenzo Gabeiras (Ortigueira)
-Coral P. Casino Progreso de Franza (Mugardos)
-Banda de Gaitas Maruxía (Laxe)
-Capela de Música Lauda Sión (A Pobra do Caramiñal)
-Asociación Xuvenil Regueifa (Val do Dubra)
-Asociación Cultural “O Castro” (Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2008 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
'A crise carnívora' e 'Abrígate' farán a súa estrea mundial na Coruña
Os dous novos filmes da produtora galega Continental farán a súa presentación oficial no noso país.

Trátase de dous filmes ben diferentes, cuxa estrea vaise producir cunha semana de diferenza. O xoves 15 de maio A Coruña acollerá a presentación de A crise carnívora, un filme que se estreará en todo o Estado o día seguinte. É a primeira longametraxe realizada integramente en animación flash. Cun humor irreverente e dirixido non ao público infantil, senón a unha audiencia xuvenil e adulta, A crise carnívora conta a historia dunha hiena que visita o cemiterio na procura de cadáveres para poder comer carne; porén, cando chega alí, descobre que non hai corpo ningún, pois outros tiveran a súa mesma idea.

O filme está producido por Continental e foi realizado polos creadores de Cálico Electrónico, a serie de animación en Internet de máis éxito, vista por máis de 50 millóns de persoas. Conta con Joaquín Reyes (Muchachada Nui), Oskar Terol (Vaya Semanita), Enrique San Francisco ou Pablo Carbonell para a súa dobraxe en castelán. Peron na súa versión galega, as voces serán da mesma categoría: Manquiña, Antonio Durán Morris, Os Tonechos, Xosé Manuel Piñeiro, Xurxo Souto e o grupo de Corre Carmela que chove, que se atreve a poñerlle a voz de Fraga a un oso panda moi estupendo.





Por outra banda, o 23 de maio estrearase na Coruña Abrígate, outro filme de Continental, dirixido por Ramón Costafreda con guión de Fernando Castets, responsábel do texto de El Hijo de la novia. A película, que se rodou entre Betanzos e A Coruña, está protagonizada por Félix Gómez, Manuela Pal, María Bouzas e Celso Bugallo. Ademais, as cancións que aparecen no filme son obra de Uxía, completando unha achega galega que se estende a boa parte do equipo técnico.

No filme, Valeria cambia o seu Bos Aires natal por Betanzos, de onde procede a súa familia. Excéntrica, soñadora e divertida, aos seus 25 anos atópase na encrucillada sentimental máis surrealista da súa vida: trala repentina morte do seu maduro e atractivo amante, namórase de Marcelo, o fillo do defunto.



www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2008 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Lamatumbá
Saben facerse agardar. Tres anos levamos esperando por eles e, ao fin! “Paraugas universal” xa está nas tendas para choutar

Lamatumbá vive a súa segunda vida tralo éxito de “Lume” e faino con “Paraugas universal”, o seu novo e esperadísimo disco. As idas e vidas de novos membros no grupo non lle restaron nin un chisco de festa. Desde o primeiro tema, “Malas herbas” ata o último, o número quince deste CD, “Aquí”, o grupo pide bailar, bailar e bailar.

A nova viaxe lamatumbeña, coa pasaxe de PAI Música, chega ás tendas de discos hoxe con pasaxeiros excepcionais nas colaboracións entre os que destacan Uxía Senlle e Guadi Galego. A nova ruta leva a voz de Sergio Zearreta “Trosma”,
chegado hai quince meses á banda.

Actor e agora “rock star”, como el se describe con mofa, “Trosma” presenta o novo disco (no que se aventurou a escribir as letras de varios temas) acompañado dun DVD que presenta o vídeo “Camiños” e as impresións da banda durante a gravación nos Estudios Casa de Tolos de Gondomar. “Paraugas universal” chega, así, para acollernos a todos na súa fusión de estilos, preparados para brincar, unha vez máis, no torreiro da festa.

- Rexeneración, nova vida, cambio radical... en que etapa se encontra agora Lamatumbá?
- É un grupo que sofre unha transformación coa miña entrada maila de Rafa e Nico para compensar a marcha doutros componentes. A min, chamáronme para probar a voz e comecei en xaneiro de 2007. En outubro, xa tiñamos o disco preparado para entrar en estudio. O traballo fíxose moi rápido.
No primeiro disco están as ideas de toda unha vida, no segundo as ideas de todo un ano.

- O cambio de cantante nunha banda pode supór un duro golpe. Incomódache que che comparen con
Ico?

- No que respecta á miña voz, non houbo demasiado críticas. Levo un discurso diferente ao anterior cantante pero creo que compaxina ben co grupo.
Eu son novato e a xente do teatro sente envexa de que ande por aí de “rock star”, é o papel que todos queren ter. É un personaxe bastante total o de ser cantante de grupo de rock. A nivel enerxético é moi esixente e non me deixa leria para outras cousas.

- Seguides igual de festeiros pero soades diferentes. Coincides nisto ou cres que o actual proxecto é parecido ao anterior disco “Lume”?
- Eu creo que o son é parecido ao do anterior disco. É algo implícito á persoalidade do grupo que xunta experimentación, fusión e baile, pero agora con máis visceralidade. É no que nos baseamos cando compoñemos e gravamos pero con ánimo de festa. Despois, tamén hai algún tema intimista que sae de min...

- O ska déixadelo de lado?
- Nalgún momento do disco si pretendemos facelo. É un elemento máis, non primordial, pero tamén temos cumbias, tango, merengue... que cobran outra dimensión. Había que volver aos ritmos do primeiro disco pero a partir de aí había que crecer.

- Quitando estes días, non che está a chover moito.
De onde vén o título de paraugas universal?
- É unha historia, unha lenda de Xan da Cova, un personaxe ourensán peculiar que inventou o trampitán, linguaxe que só entendía el mesmo. Xan falaba dun posible invento de poñer un paraguas no casquete polar para evitar a chuvia.
El tiña un mundo fantástico que nos atraía moito. Pablo Otero, que nos fixo a arte do disco, foi o que propuxo o nome en alusión ao invento de Xan da Cova, olvidando a teoría da relatividade. Así que xa nos convenceu. E polo da falta de auga, ogallá fagan falta os paraugas...

- Cando colledes a ruta dos directos?
- No directo, é onde queremos crecer. A idea é empezar a xira a mediados de maio. Gustaríanos empezar o Día das Letras Galegas. A idea é que durante este mes, os máis fanáticos que algún hai afortunadamente, vaian mirando as letras e aprendéndoas para que despois enchan os locais. Tamén sacamos o vídeo “Camiños”, o noso primeiro sinxelo, que está en You Tube para que a xente o disfrute e vexa as caras novas que hai.

www.farodevigo.es



O vindeiro mércores día 7 de Maio, Lamatumbá estará na Fnac de A Coruña firmando exemplares do seu "Paraugas universal"

Os seguidores de Lamatumbá da Coruña están de noraboa. A partires das 19:30 h do vindeiro mércores día 7 de Maio na Fnac de A Coruña, a banda firmará exemplares ante o público do seu derradeiro traballo discográfico "Paraugas Universal" (PAI-Música 2008).

22 de maio, presentación do novo disco en directo e inicio da xira por toda Galiza.
Sala Capitol de Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2008 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Éxito da II Noite de Fiadeiro en Ramirás
MOITAS GRAZAS A TOD@S !!!

Grazas a todos vos a II Noite de Fiadeiro foi un tremendo éxito. Grazas a xente de ... Ramirás, Celanova, Cartelle,Arnoia, Paderne, Ourense, Vigo, Soutomaior, Pazos de Borbén, Carballiño, Ribadavia, Lisboa.. etc.

Superamos record de asistencia chegando nalgún momento da noite preto das 500 persoas na Praza de San Andrés. Queda demostrado no senso de que a pulpeira rematou o pulpo e o taberneiro rematou pan, viño, cervexa...

Con este éxito agora toca comezar a pensar na III Noite e a seguir argallando actividades. Por certo tedes xa as fotos o final do blog podedes botarlle un ollo non teñen desperdicio.

www.rebulir.blogspot.com

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-05-2008 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Novo proxecto de Ialma
O grupo de música tradicional galega Ialma presentará o vindeiro 9 de maio no Teatro Molière de Bruxelas (Bélxica) ás 20.00 horas un espectáculo de danza baixo o nome de 100 voltas, que se basea no diálogo intercultural.

Segundo explicou o grupo a través dunha nota de prensa, o proxecto propón un ambiente de expresión cargado de "liberdade" para obter un resultado "espectacular", onde interactuarán "excelentes" músicos xunto con convidados "entrañables".

Ademais, revelou que co título de 100 voltas, que fai referencia á expresión ‘sei cen veces máis ca ti’, aspiran a facer todo o contrario e propoñen asemade a apertura cara a outras culturas para "coñecer, apreciar e ata enriquecer" a propia.

Entre os participantes do espectáculo estarán dúas ‘cantareiras’ galegas de 75 e 82 anos, Rosa e Aída, que viaxan por primeira vez a Bruxelas desde a súa aldea galega de Moscoso (Pontevedra).

Así mesmo, contarán con diferentes invitados relacionados co mundo da danza e o canto; así estará un especialista en danza de Hungría, Gabor Varga; un rapeiro de Galicia, Puto Coke; e unha cantante e bailarina de Tunisia, Ghalia Benali, entre outros.

Unha "nova" xeración da música galega dende fóra

O grupo Ialma, que está composto por cinco mulleres galegas residentes en Bruxelas, recolle desde hai anos os cantos tradicionais dos seus antepasados galegos para transformalos cun estilo "persoal" en música "actual, festiva e sedutora", para representar unha "nova" xeración de música galega.

A través de numerosos festivais e concertos o grupo presentou xa os seus diferentes álbums expresando, ó seu xuízo, a música cunha enerxía galega "incomparable".

Así, deron a coñecer o seu primeiro disco Palabras darei, gravado integramente a capella. Despois Marmulladas, que supuxo un encontro das cinco compoñentes galegas con músicos belgas, e o terceiro, e último, Nova Era, que contén unha versión de Under the bridge, un tema do grupo Red Hot Chili Peppers, así como composicións propias.

Baixo a dirección de Ad Cominotto, innovan na música onde as máis puras tradicións galegas soan como propias, dado á colaboración das septuaxenarias Damas de Laxoso na canción Lévame.

O disco contou ademais con colaboracións destacadas como Mercedes Peón e Guadi Galego entre outros artistas.

www.galicia-hoxe.com

Comentarios (17) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2008 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
O Xacobeo contratará os concertos do Festival de Ortigueira
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, e o alcalde de Ortigueira, Rafael José Girón, asinaron este martes en Santiago un convenio de colaboración para a organización do Festival Internacional do Mundo Celta que se celebra dende hai 30 anos neste concello coruñés.

É a primeira vez que a Consellería se implica de maneira activa no evento, xa que ata o de agora só respaldaba labores de patrocinio.

Nesta liña, o acordo establece que a Consellería de Innovación, a través da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, será o encargado do deseño e contratación artística de todos os concertos e actividades paralelas do certame.

Ocuparase ademais da produción dos espectáculos e do deseño da publicidade e imaxe corporativa, común tanto para o Concello como para o Xacobeo, que nas súas campañas asociará o seu nome ao do Festival.

Os labores do Concello
Pola súa banda, o Concello de Ortigueira comprométese a xestionar o pagamento para que os espazos onde se desenvolva o certame conten coas licenzas e autorizacións pertinentes, realizar a limpeza e acondicionamento dos espazos antes e despois do evento.

Tamén se ocupará de coordinar as actuacións de vixilancia e socorrismo nas praias e zonas de acampada, elaborar e vender o merchandising do festival, xestionar o transporte entre a zona de acampada e a de concertos e os aparcadoiros.

E deberá contratar equipos sanitarios para os lugares de aglomeración e xestionar o tráfico e efectivos de protección civil necesarios, así coma a concesión de licenza aos establecementos hostaleiros.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-05-2008 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Miro Casabella en Vigo
Luns, 5 de maio ás 20.00 horas na Aula Magna da Escola Oficial de Idiomas de Vigo
(entrada de balde)

Miro Casabella

Ramiro Casabella López (Ferreira do Valadouro, 1946). É un músico galego vencellado nos seus inicios ao grupo Voces Ceibes e máis adiante ao grupo Doa.

Estudante de Arquitectura en Barcelona, o seu debut musical acontece no ano 1967 nesa cidade, acompañando a cantantes da Nova Cançó Catalana. Será tamén en Cataluña onde grava os seus primeiros discos, a finais da década dos sesenta: Miro canta as súas cancións e Miro canta cantigas de escarnio e maldizer. Ambos os traballos son EP's de catro cancións. O seu contacto co grupo Voces Ceibes terá lugar a mediados do ano 1968, cando Benedicto e Xerardo Moscoso acudan á capital catalá para gravar os seus primeiros traballos. Miro intégrase completamente no colectivo, aínda que continúa cos seus estudos en Barcelona. Durante os seguintes anos colaborará en xiras por Francia acompañando a Paco Ibáñez e polo Estado español colaborando co cantor portugués Luis Cília.

En 1970 participa no I Festival da Canción Ibérica, xunto con Paco Ibáñez, Luís Cília, Xabier Ribalta, e José Afonso. Tamén nese mesmo ano toca en París na Festa da Humanité, a festa do PC francés, onde actuarán tamén figuras como G. Moustaki, P. Ibáñez ou J. Báez.

A finais de 1974 o grupo Voces Ceibes decide finalizar o seu proxecto e dar comezo ao Movemento Popular da Canción Galega onde, cunha perspectiva ampla, teñen cabida múltiples artistas de distintos estilos. Miro participa do novo colectivo e actúa no seu único concerto, o 2 de marzo de 1975 que consegue reunir a máis de 5000 persoas no Pavillón do Obradoiro, en Compostela.

Nos anos seguintes, Miro participará en multitude de concertos e festivais, na Galiza e en todo o Estado español, unha actividade que aumentará a partir de 1976 coa desaparición da censura franquista que propiciará tamén a aparición dos seus primeiros traballos longos.
En 1977, e con arranxos de José Mário Branco, ve a luz o disco Ti, Galiza, e dous anos máis tarde publicarase Treboada.

A finais dos anos 70, Miro entra en contacto co grupo folc DOA, que lle propón colaborar no que ía ser o seu primeiro traballo. O cantor incorpórase ao grupo, co que colaborara facendo arranxos, en labores de produción, e tamén como cantante nalgúns dos temas, aínda que a orientación do grupo segue a ser eminentemente instrumental. A súa colaboración non foi máis alá do primeiro traballo (O son da estrela escura, 1979) e rematou a principios dos anos 80.

O último traballo individual do cantor sería o disco Orballo, de 2004, onde ademais de revisar algúns antigos temas, toca novamente a problemática social do pobo galego dende unha perspectiva contemporánea, cunha canción dedicada ao Prestige. Ese disco e o feito de seguir participando nalgúns concertos, convérteno no último representante de Voces Ceibes en activo, tras a morte de Suso Vaamonde e o abandono da carreira musical do resto dos seus formantes.




Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2008 01:02
# Ligazón permanente a este artigo
Voces Ceibes: 40 anos despois
Voces Ceibes: 40 anos despois (1968-2008)

No ambiente universitario santiagués de finais dos sesenta, algúns estudantes sensibilizados pola difícil realidade social da época descubriron o poder da palabra unida á música para axitar conciencias.b>

O duro control do franquismo perseguía calquera postura crítica, pero noutros recantos había xente como Lluis Llach, Mikel Laboa ou Raimon que respostaban ao acoso da policía con cancións.
Precisamente, unha actuación de Raimon en Compostela (marzo de 1967) supuxo para varios daqueles rapaces unha experiencia reveladora. Ao ver as emocións que xeraban entre o público as cancións do valenciano, decatáronse de que a música era a forma de expresión que necesitaban para difundir o seu ideario.

Foi por iniciativa de Xavier González del Valle, un alumno de Químicas máis interesado en compoñer cancións que nos estudos, que Benedicto, Guillermo Rojo, Xerardo Moscoso e Vicente Araguas entraron en contacto. El impulsou o histórico concerto da Facultade de Medicina, do que se celebrou o 40º aniversario o pasado 26 de abril.

Aquel recital foi a primeira das moitas ocasións na que os cinco compartiron escenario. Semanas despois, nun encontro con Alfredo Conde e Margariña Valderrama no bodegón do Hotel Compostela, o movemento tomaría corpo: “Reunidos, pois, naquel bodegón decadente (no retrete lucía a pintada de ´Viva Galicia Ceibe de farrapos e cadeas ´) e sentadas as bases (canción monolingüe, social, belixerante,etc), faltaba o nome que tiña que agruparnos.
Recordo que eu propuxera o de ‘As ovellas negras’ e que fora rexeitado por radical e improcedente. ‘Os biosbardos’, que era o barallado por Alfredo, resultaba un chisco lírico e, por tanto, inoperante. Ao fin Xavier González del Valle apuntou o definitivo: ‘Voces Ceibes’”. Así, con claridade e humor, recorda a escea Vicente Araguas no seu libro Voces Ceibes (Edicións Xeráis, 1991).

O proxecto tiña unha intención clara. A identidade cultural galega estaba baixo o control do réxime, que supervisaba as actividades das agrupacións folclóricas para que foran acordes coa interpretación da tradición que facía o franquismo. Polo que había que reaccionar creando un colectivo que promovera a Canción galega, da mesma forma que o fixeran os grupos Els Setze Jutges en Cataluña ou Ez Dok Amairu no País Vasco. Até a súa disolución en 1974, Voces Ceibes traballaron arreo nesa dirección. Facendo actuacións en centros culturais de toda Galicia –en moitas ocasións gratis-; musicando a Manuel María, a Ramón Cabanillas ou a Celso Emilio Ferreiro; establecendo coloquios co público; enfrentándose coa censura. Algúns dos que participaran no concerto de Medicina abandonaron o barco antes de tempo, pero chegaron outros que mantiveron o impulso: Miro Casabella, Tino Álvarez ou Xaime Barreiro Gil. Aínda que, malia os esforzos, deron con moitos máis problemas no seu camiño que os grupos vasco e catalán que lles servían de modelo.

Deixando de lado as discrepancias internas e as entradas e saídas de compoñentes, unha das grandes limitacións de Voces Ceibes foi que en Galicia non había industria discográfica; a súa editora era de Barcelona. Como os resultados comerciais eran discretos, a aposta polo colectivo da Canción galega era tímida.

Tampouco axudou o feito de que existira unha corrente de artistas con carácter máis comercial que utilizaba á súa orixe como unha ferramenta de promoción. Andrés do Barro cantaba na nosa lingua, pero outros coma María Ostiz ou mesmo Julio Iglesias nin sequera iso. Porén, a maior limitación eran os pobres coñecementos técnicos dalgúns dos membros: unha eiva que non deixaba desenvolver ideas músicas máis complexas.

Estas circunstancias fixeron de Voces Ceibes un movemento de gran valor para a nosa historia cultural, pero sen efectos no presente da música galega. Para colmo, é difícil de rastrear, porque atopar os discos que publicaron é misión imposible. Se como din, hai que coñecer o pasado para poder construír un futuro, a música galega ten un problema mentres non se reediten equelas gravacións.

www.farodevigo.es

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 05-05-2008 01:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer