Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza

Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

“Método de Gaita Galega I” por Xaquín Xesteira
Edicións do Cumio presenta este venres 1 de xuño ás 19 horas Auditorio da Escola de Artes e Oficios de Vigo o libro “Método de Gaita Galega I” escrito polo mestre Xesteira e que inclúe un CD.

Mestre de gaita e percusión na Universidade Popular de Vigo e membro fundador do grupo Treixadura Gaiteiros, o cambadés Xaquín Xesteira leva desde neno inserido no mundo da música tradicional.
Ademais de tocar en varios concertos con Milladoiro na década dos noventa participou en gravacións cos grupos Na Lúa e Fuxan os ventos e tamén é fundador da Fundación Sondeseu xunto a Anxo Pintos ou Rodrigo Romaní.

Comentarios (8) - Categoría: Publicacións - Publicado o 31-05-2007 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Bonovo o 2 de xuño no Liceum
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 31-05-2007 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Coca 2007
RockOnDela 1º Festival Alternativo "Millo Verde"
Anexo do Campo do Choco ás 21h.

Venres 1
-Super Scoopa
-The Silence
-Estado de Sitio
-Flor como virus

Sábado 2
-Motor Perkins
-Antisocial
-Banda de Potemkin
-Os Trasnos de Moscoso
-Lixivia

Festa da Coca 2007 (2 ó 10 de Xuño)

Programación (resume)

Sábado 2
20:00 h.- Bombas de palenque anunciando o inicio das Festas
21:30 h.- Lectura do Pregón das Festas a cargo de: D. Francisco López Peña (Presidente da Zona Franca de Vigo)
22:00 h.- Prendido do alumeado da Coca2007

Mércores 6
11:00 h.- Desfile de Xigantes e Cabezudos acompañados polo grupo de gaitas Os Alegres de Pontevedra
21:30 h.- Atracción "La Década Prodigiosa" | Elaboración de alfombras florais nas Rúas de Redondela

Xoves 7
10:00 h.- Alborada e Desfile da Coca acompañada dos Xigantes e Cabezudos co grupo de gaitas Os Alegres de Pontevedra
10:30 h.- Traslado da Virxe "A Gabacha" dende Vilavella á Igrexia de Santiago de Redondela escoltada pola Danza das Espadas e a Banda de Música Municipal de Redondela
12:00 h.- Misa Maior na Igrexia de Santiago de Redondela coa Coral Polifónica Santiago Apostol do C.R.C. de Redondela | Procesión polas Rúas adoviadas con artísticas Alfombras Florais
13:00 h.- Baile da Danza das Espadas e máis as Penlas na Praza da Constitución

A Coca dos Nenos:
18:00 h.- "Pablo Trasno"
19:00 h.- "Caramuxo Teatro "
20:00 h.- "Pablo Trasno"

Venres 8
A Coca dos Nenos:
18:00 h.- Clowntaminación
19:00 h.- O Gran Rufus
20:00 h.- Día da Muiñeira: Desfile e Actuación nas rúas de Alfonso XII e Ribeira

Sábado 9
Elaboración de Alfombras nas rúas de Vilavella

A Coca dos Nenos:
18:00 h.- Fredi
19:00 h.- O Gran Rufus

Domingo 10
12:30 h.- Misa na Igrexia de Vilavella. Procesión polas rúas. Baile da Danza das Espadas e máis as Penlas
17:00 h.- Finais do Campionato de Petanca
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2007 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Boi 2007

Programa da Festa 2007

sábado, 2 de xuño
19:00 Tronar de Bombas
19:00 Pasarrúas con MUIÑOS DA REGUEIRA
19:00 Actividade para nenos na Casa da Cultura
20:30 PROBA DO BOI
21:00 Pasarrúas en Rolda de Viños e outros 2 grupos de Gaiteiros
00:00 Concerto na Barreira con MILLADOIRO do programa de concertos do XACOBEO

domingo, 3 de xuño
11:30 Pasarrúas con TREIXADURA e VALUROS
12:00 Procesión do Xan de Arzúa, dende a Praza do Eiró deica a Praza Maior, rematará co acto da entrega do sedeño.
13:00 Xogo do Carro en Vilanova
14:00 Xantar de todos os gremios no Arnado
- Anuncio do gañador do concurso de ambientación
20:00 CARREIRA MEDIEVAL DO BOI

luns, 4 de xuño
18:00 CARREIRA DO BOI INFANTIL
20:00 Pasarrúas con Charanga
21:00 CARREIRA DO BOI

martes, 5 de xuño
20:00 Pasarrúas con Charanga
21:00 CARREIRA DO BOI

mércores, 6 de xuño
16:30 Festa Infantil. Inchables no Pavillón Municipal, xunto ao colexio
18:00 Merenda Popular Infantil
18:30 Continuación da Festa deica as 20.30h

xoves, 7 de xuño
16:30 Festa Infantil. Inchables no Pavillón Municipal, xunto ao colexio deica as 19.30
19:00 Tronar de Bombas
19:30 Pasarrúas con AULA GOMES MOURO
20:30 CARREIRA DO BOI
21:30 CEA POPULAR
23:30 Verbena na Barreira coa orquestra "PASSARELA"

venres, 8 de xuño
07:30 Tronar de Bombas e Treboada de Zés P'reiras
08:30 CARREIRA DO BOI
12:00 CARREIRA DO BOI INFANTIL
12:30 Pasarrúas coas Charangas
13:00 Treboada dos Zés P'reiras
13:30 CARREIRA DO BOI
19:00 Procesión das Argolas, dende Santo Estevo, coas charangas NBA e APELES, xunto a Xarín, gaiteiros do Incio e Treboada dos Zés P'reiras
20:30 CARREIRA DO BOI
21:00 Rolda de Viños coas charangas e gaiteiros
00:30 Gran Folión na barreira coa Orquestra "ISLA"
00:30 Música na Praza Maior, TRÓPICO DE GRELOS e FESTICULTORES TROUPE

sábado, 9 de xuño
07:30 Tronar de Bombas e Treboada de Zés P'reiras
08:30 CARREIRA DO BOI
12:00 Pasarrúas coas charangas NBA e APELES, xunto a Xarín, gaiteiros do Incio
13:00 Treboada dos Zés P'reiras
13:30 CARREIRA DO BOI
18:00 Pasarrúas con Xarín, gaiteiros do Incio
19:00 Procesión da Purrela, dende o Eiró, coas Charangas APELES e NBA, xunto a Xarín, gaiteiros do Incio
20:00 Treboada dos Zés P'reiras
20:30 CARREIRA DO BOI
21:00 Rolda de Viños coas Charangas APELES e NBA, xunto a Xarín, gaiteiros do Incio
00:30 Música na Praza Maior con BLOCO DA BALIZA e FESTICULTORES LIVE!
00.:30 Gran Folión na barreira coa Orquestra "SUPER T"

domingo, 10 de xuño
11:30 Procesión Relixiosa do Corpus coa Banda de Alongos
12:30 Pasarrúas con JALATICOS
13:30 Treboada dos Zés P'reiras
13:45 CARREIRA DO BOI
17:00 Orquestra de Percusión QUARTO TEMPO de Braga, dende a Alameda
18:30 Treboada dos Zés P'reiras
19:00 MARATÓN DO BOI
20:30 Embiste do Meco
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2007 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Gaideón na Casa do Coto
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-05-2007 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Gayoso, Luar, o Fary e Sonoro Maxín...

Seica Gayoso tomouno con bo sentido do humor.

Esa retranca galega!!!

Historia

Un saúdo a Ico e a todo o Sonoro Maxín.
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2007 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá en Cuba
Hoxe, martes, día 29/05/2007

Alalá cruza o Atlántico, con destino á Habana para comprobar a prolífica actividade que a colonia de galegos de Cuba desenvolveu na Illa. Durante o derradeiro terzo do século foi o destino principal dos emigrantes que partían dos portos galegos. Alalá aproveita a viaxe para celebrar todo un acontecemento: o vinte de decembro deste ano 2007 cúmprense cen anos da primeira representación do himno galego na Habana.
A gran colectividade de galegos, na década do 1870 comeza a organizarse formalmente e van xurdindo centros e asociacións que teñen carácter benéfico, recreativo e cultural. Neste primeiro programa de Alalá en Cuba estaremos no Centro Galego da Habana.

Tamén falaremos do espírito creador dos galegos de Cuba e como a Habana se converteu, en certa maneira, na capital cultural de Galicia. Aquí naceron ou se lles deu forma a elementos tan importantes coma: a bandeira galega, o escudo, a edición de Follas Novas de Rosalía de Castro e o himno galego entre outras moitas cousas.

A pervivencia da nosa tradición musical está presente noutros centros galegos como é o caso da Sociedade Rosalía de Castro. Aquí galegos, descendentes e nativos cubanos móvense que hai que velo para crelo!.

Os comezos dos galegos en Cuba non sempre foron doados, para moitos, cos primeiros traballos deixaron algo máis que suor e esforzo, algúns deixaron ata a pel. Os que non dubidaron foi en relacionarse cos negros, foron os menos racistas e os que mellor se integraron. De aí, un dito que nos contaron: o mulato é un dos inventos do galego en Cuba.

Pero esta é a primeira parte da nosa viaxe, a semana que vén Alalá segue en Cuba, nesta ocasión para falar das historias dos últimos galegos nativos que quedan alá, como foi a súa vida, acadaron realmente o sono americano?, fixeron fortuna? Como viviron? Como acadaron o prestixio que hoxe ten “o galego”?. Tamén visitaremos un centro galego que está nas aforas da Habana, nun barrio obreiro con moi poucos recursos: o centro de Monterroso e Antas de Ulla, toda unha conquista da aldea galega en Cuba.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-05-2007 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Grupos finalistas do XXVIII Concurso de Baile Tradicional

Os grupos clasificados para a final de Baile Tradicional que terá lugar o día 8 de Xullo no Pazo da Ópera da Coruña, despois de participar na eliminatoria do día 27 de maio, foron os seguintes:

Categoría A: (Até 8 anos)
- "I" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Teirón" da A.R.E.D. San Martín - Razo
- "Escornabois" da A.F. Santiaguiños - Boimorto
- "A" da Agrupación Municipal Tequexetéldere - A Estrada

Categoría B: (De 9 a 12 anos)
- "Farrapo" da A.F. San Lorenzo de Agualada
- "Lareteiros" da A.X. Xacarandaina
- "Mar Adentro" da A.C. As Neves de Buxantes
- "Garagao" da A.X. Xacarandaina
- "B" da Agrupación Municipal Tequexetéldere - A Estrada
- "B" do Grupo de Baile e Música "Tahume" - Olveira
- "D" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Pedravixía" da A.C. Adro - Baio

Categoría C: (De 13 a 16 anos)
- "C" da Escola de Muineira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Seara" da A.C. Arume - Verdillo
- "Bulideiro" da A.V.V. A Coteleira - Cores
- "Carabilla" da A.X. Xiradela - Arteixo
- "Xarío" da A.X. Xacarandaina
- "B" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Béltrago" da A.X. Xacarandaina

Categoría D: (A partires dos 17 anos)
- "Abrente" da A.C. Queiroa - Laracha
- "Bulideiro" do Colexio Público Salgado Torres
- "D" da Agrupación Municipal Tequexetéldere - A Estrada
- "A" da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos - Santiago
- "Brétema" da Casa Galega de L´Hospilatet
- "Fusos e rocas" da A.C.F. "O Fiadeiro" - Vigo
- "Repenicoque" da A.X. Xiradela - Arteixo
- "D" do Grupo de Música e Baile Tradicional Tahume - Olveira
Comentarios (35) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-05-2007 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Rock´n Oia 2007

1 e 2 de xuño do 2007, no mesmo sitio (Canido-Vigo) e na mesma carpa de 600 m2 dos últimos anos, a partires das 21:30.

Venres 1 xuño: Paranoid, Lamatumbá, Betagarri.

Sábado 2 xuño: Skama la rede, Segismundo Toxicómano, Nao, Malas pulgas.

Os prezos das entradas son os seguintes:

- 1 día en taquilla: 8 €
- 2 días por adiantado: 12 €
- 2 días en taquilla: 14 €

As entradas por adiantado mércanse na "Cervexaría Miguel" en Kanido.
Rock´n Oia
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-05-2007 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do VI Concurso de Baile Tradicional de Vilagarcía

Organizado pola Asociación Cultural Malveiras e o Concello de Vilagarcía

Grupos participantes:
1. Grupo Brétema da Casa Galega de Hospitalet – Barcelona
2. Grupo Vai de Roda de Rianxo
3. Grupo de Bailes populares Iar de A Coruña
4. Grupo Donaire de A Coruña
5. Grupo Colexiata do Sar de Santiago
6. Grupo Fortín da Pomba de Bandeira
7. Grupo “A” da escola Cantigas e Agarimos de Santiago

Resultados:
1º Grupo “A” da escola Cantigas e Agarimos de Santiago (900 € e diploma).
2º Grupo Brétema da Casa Galega de Hospitalet – Barcelona (400 € e diploma).
3º Grupo Donaire de A Coruña (300 € e diploma).
Premio do público: Grupo Donaire de A Coruña

Comentarios:

Video resume:
Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-05-2007 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
Programa dos VIII Encontros de Música Tradicional de Carboeiro
2 de xuño de 2007 no Mosteiro de Carboeiro (Silleda)

13:00- SESIÓN VERMÚ COS GRUPOS DA BISBARRA
PROCESIÓN DA SANTA FERREÑA
A COMPAÑÍA DE TÍTERES SEISDEDOS PRESENTA: "DUETO DE FIO"

-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:
"CON MEDIA VARA DE TELA" org: Luis Prego, Toño López e Fuen Nieto. Colabora:
Brincadeira, Veña que vai e Albendeira
MUSEO DA MARIONETA, CASA DO TÍTERE (LALÍN)
CARLOS DO VISO-instrumentos de percusión e zanfonas(O VISO, REDONDELA)
XOSÉ TUÑAS-percusión tradicional (Compostela)


FEIRA DE ARTESANÍA:
TALLER ABRENTE: pirograbado, talla en corno, madeira e óso(Queixas, Cerceda)
ANA SÁNCHEZ: artesanía en tellla(A Coruña)
PILI SILVA: pequenos enseños en fimo (Compostela)
ARTE JAVIER: macramé e caleidoscopios (Lugo)

15:00- XANTAR POPULAR

18:00-XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS E MAIORES

18:00-"CONTOS CALADIÑOS, CONTOS QUE NON FALTEN"
Con Pura Iglesias Espiño, da Residencia da 3ª Idade Nosa Señora das Dores e Lalín, e Celsiño Fndez. Sanmartín.

20:30-O grupo da 3ª Idade da aula municipal de teatro "Anxo Casal" de Arzúa preséntanos:"A NOSA MINIA" e Manuel Lugrís Freire.

E POR SE NON CHEGOU, FOLIADA ATA QUE O CORPO AGUANTE!


ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA
TELF INFO: 658 628239

VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2007 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Siareiros galegos
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-05-2007 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Baile e Foliada en Bertamiráns (Ames)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2007 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
II Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA
Os días 1, 2 e 3 de xuño celebrarase en Poio o II Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste.

Entre as actividades organizadas destacan: relatorios, o IV concurso de gaiteiros MANUEL VILLANUEVA, xuntanza de gaiteiros e moitas mais novidades que podedes consultar neste nova. Non vos esquezades de acudir e participar da nosa música tradicional.

Actividades do encontro

1.- RELATORIOS a cargo de prestixiosos especialistas para o estudo da gaita galega no contexto do gaitas de fol do noroeste peninsular no que se analizan as distintas variantes morfolóxicas do instrumento por áreas xeográficas.

GALICIA
- A entonación da gaita galega: pasado e presente.
Carlos Real e Manuel Fernández. Investigadores, Grupo de gaitas Asubío

ASTURIAS
- La gaita asturiana: características y evolución
J. Alfonso Fernández. Director del Museo de la gaita de Gijón

CANTABRIA
- La gaita cántabra
Roberto Diego. Director de la Escuela de Música Popular Cántabra de Santander

LEÓN
- La gaita en el oeste de la provincia e León
Rafa Busto. Grupo Folclórico Cultural Alegría Berciana


2.- IV Concurso de Gateiros MANUEL VILLANUEVA a través do que se potencia e se difunde o repertorio da tradición gaitística de Poio e tamén se recupera a gaita tumbal con ronquillo de dixitación pechada que tivo presencia no noso municipio e mais en Pontevedra até a súa desaparición a mediados do s. XX. Poderán participar todos os gaiteiros que vo desexen con gaita galega en calquera tonalidade e dixitación.

PREMIOS:

1º Premio ......................................................... 1.200 €, diploma e trofeo
2º Premio ........................................................... 900 €, diploma e trofeo
3º Premio ............................................................ 600 €, diploma e trofeo
Premio especial MANUL VILLANUEVA ....... 600 €, diploma e trofeo


O concurso gravarase en directo co fin de editar un CD.

3.- XUNTANZA DE GAITEIROS é unha romaría na que non faltan polbeiras e rosquilleiras, así como artesáns de instrumentos tradicionais, de coiro, etc. Durante todo o día hai un escenario con micros abertos dende as 10 h para a participación musical libre de todos aqueles solistas ou grupos de música tradicional que o desexen.

Como actividades paralelas presentarase o CD do III Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA, haberá alboradas a cargo de grupos locais, actuación de gaiteiros tradicionais e concertos.

Toda a información no folleto adxunto: horarios, prazos e enderezos para a inscrición nas distintas actividades, bases do concurso, etc...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-05-2007 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Aquel día das Letras Galegas

Pois si, ese de aí son eu, lendo un poema de María Mariño para iniciar o recitado de poesía organizado polo Casco Vello de Vigo.

Xente esta do Casco vello que está a facer unha laboura impresionante dende hai anos, pouca xente, moito ánimo e azos de loitar por un barrio que tiña que ser o referente para toda a cidade de Vigo...a Festa da Reconquista, a Festa dos Maios, o Entroido cos seus Merdeiros, o Samaín, o Akelarre e a Fogueira de San Xoán, As Cantadeiras do Berbés, o Certame de música mariñeira, o día das Letras Galegas,...

Este día das letras galegas tan especial para mín, deitarse preto das seis da mañá o día antes(Cea Malmequer-Amalghama) e acordar ás nove para botar unha mán nos preparativos da festa é moi duro.

Máis todo saiu ben, a ofrenda, a lectura de poemas, os músicos, o baile...dixen o baile? ben..o baile ao mellor non tan ben...

E pola tarde, esa preciosa excursión a Donón. Mirando a foto do anoitecer podedes imaxinar que a gusto estabamos tod@s nesa paraxe, foi perfecto...e podía ser máis perfecto? si, ela estaba alí pero non coma antes, nin coma o día anterior, nin coma a semana anterior, nin coma o mes anterior...e chegou o día seguinte e o 18 de maio foi outro día, doutra época, doutra dimensión e daquela... eu xa non era eu.

Bikos para ela
Henrique
Comentarios (3) - Categoría: Resacosix - Publicado o 25-05-2007 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán de Redondela
Graciñas a Xosé Covelo por pasarnos fotos do Serán de Redondela xa que, índa que estivemos por alí, os reporteiros máis dicharacheiros de Malmequer non puideron achegarse e quedamos sen fotos "oficiais".

Préstalle a ún comprobar que podes contar con outros festeiros coas mesmas inquedanzas para colaborar con este blog.

O dito Xosé, graciñas e un saúdo

P.D.: Para cando ese marabilloso Festival da Lúa Meiga no Viso?

Serán de Redondela

Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-05-2007 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
De excursión

Hai uns días estivemos de excursión por Cabo Home e un fotógrafo fíxonos unha foto.

Eíquí temos a proba.

Precioso día, bo ambiente e moi boa compaña.

Bikos e apertas a tod@s

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 25-05-2007 10:59
# Ligazón permanente a este artigo
Hai moito que cambiar

Moita Sorte a todos @s amig@s que se presentan a estas eleccións:

A nosa Malmequeriana Beni en Bembrive
A Xosefa, Xulio, Cris,... en Vigo
A Xaquín en Cambados
A Lorena en Soutomaior
....

e pola miña parte ao resto de candidatos que cren no País.

Hai moito que cambiar, sobre todo no rural:

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 24-05-2007 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán de Pontevedra
Subidas as fotos do Serán de Pontevedra

un saúdo a tod@s

Serán de Pontevedra

Como rematou a noite de Serán?

Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-05-2007 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
Ex-Lamatumbá montan un novo grupo
Que pasou coa metade do grupo que deixou Lamatumbá?
Afortunadamente seguén aí, montando outro grupo festeiro, "O Sonoro Maxín".

Moita sorte.




Detalle: Fixádevos na retranca da camiseta amarela...
O porqué? neste video do Luar:

Comentarios (3) - Categoría: Videos - Publicado o 23-05-2007 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
I Feira de Sons en Ordes
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-05-2007 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival Folc Manguelo (Orazo-A Estrada)
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-05-2007 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
II Seminario Galego de Etnografía en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2007 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe Alalá no Bierzo
Di a copla milenaria que marzo é airoso e abril chuviñoso, pero o mes de maio é florido e fermoso. Pois nin fermosura nin flores lle faltan a Vilafranca do Bierzo que é o lugar onde se desprazou todo o equipo do Alalá para vivir en primeira persoa unha das tradicións máis antigas que se coñecen: o Maio vivo. É certo que os maios tamén se celebran en Galicia, pero desgraciadamente ningún maio vivo como o que se celebra en Vilafranca do Bierzo. O maio vivo ou maio mozo.

Di a lenda que o día 1 de maio o inverno e a escuridade morrían, porque era o día no que chegaba o Maio e toda a natureza renacía en cores e olores. O maio iniciaba o ciclo agrario do ano e traía con el a fertilidade, por iso se celebrou en zonas onde sempre se viviu do froito da terra, como Vilafranca.

O maio mozo diferénciase dos maios galegos en que aquí o Maio cobra vida, porque varios mozos da vila se visten con cañaveira, que en Galicia chamamos mazandois ou apio dos cabalos e no día do Maio é a planta tótem, porque co seu manto transforma o mozo en vexetal. Por cada rúa hai un maio e por cada maio varios músicos que o acompañan cantando unha copla milenaria casa por casa. As estrofas da copla fan unha petición moi parecida a un aguinaldo e segundo a xenerosidade dos veciños cántase unha estrofa de agradecemento ou con ironía e escarnio.
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 22-05-2007 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Sondeseu "Trastempo"

"Trastempo"

Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2007 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Malvela "Da miña xanela á túa"

Da miña xanela á túa



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2007 14:53
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de semana de Folclore Galego
Fin da inscrición: 25 de Maio.

FIN DE SEMANA DE FOLCLORE GALEGO

¿Gústache a música e o baile? ¿queres aprender a fabricar instrumentos, tocalos e bailar? ¿Queres sair da rutina, relaxarte e desfrutar cunha proposta orixinal? Propoñémosche un paseo polo folclore musical galego durante todo un fin de semana, nunha afastada casa de turismo rural onde poderás achar, ademáis de tranquilidade, un lote de información sobre os instrumentos musicais, o canto e o baile tradicional galegos e, sobre todo, moita diversión e relax.

O lugar
Celebraremos o encontro na Casa da Alba, en Antas de Ulla, no mesmo corazón de Galiza. Trátase dun lugar para descansar, onde te poderás reconciliar coa natureza, coa vida e coa saúde a través da música, nun ambiente familiar e cálido. É un espazo aberto, respetuoso e sinxelo, un edificio de madeira de 800 m² construído baixo as normas de bioconstrucción e Feng-Shui.
Os compañeiros guías
Entre iles acharás a tres profesionais con moitísma experiencia que te guiarán neste percorrido que te transportará a tempos antigos, cando todo fluía máis despacio e a música axudaba a relaxar....
Rosa Sánchez ensinarache cales son os instrumentos de percusión empregados polas mulleres dende tempos remotos para acompañar o seus cantos, escoitarás e tocarás pandeiros, pandeiretas, latas, tixolas, cunchas, trécolas, ferriños, ....

Pablo Carpintero explicarache cales son e como se tocan os instrumentos melódicos e coñecerás a súa longa historia....verás como se toca a folla, a requinta, a trompa, as pipas de alcacén, o rabel, as gaitas de fol, o acordeón, as frautas de cana, e tantos outros...

Garantizámosche que con Gustavo Couto aprenderás o fundamentos do baile tradicional galego en dous días. O sábado pola noito todos xuntos botaremos unha boa baila e dende entón poderás dicir ¡sei bailar como os galegos!

As actividades.
Venres 1 de Xuño
Chegada pola tardiña, á hora que ti poidas, non hai presa. Cando todo o grupo esté reunido, a iso das 19:00 faremos unha presentación e unha posta en común, despois falaremos sobre o folclore galego, sobre o que sabemos da súa historia, sobre como o saber do pobo galego se perde na noite dos tempos. A iso das 20:00 tentaremos relaxarnos todos aplicando unha técnica especialmente deseñada para iso e cando xa o consigamos e guiados por Rosa e Pablo participaremos nun concerto de percusión onde poderemos tomar contacto con estes instrumentos galegos. Despois de cear aprenderemos a tocar todos eses instrumentos, cantaremos e tocaremos ata a hora que cada un teña a ben. Si eres músico podes traer o teu instrumento preferido, se non o eres tamén, e se non o tes, nos che proporcionaremos un, tanto ten que sexa galego como que non o sexa, djembés, pandeiretas, darbukas, pandeiros, bandires, congas e maracas serán ben recibidos pois so pretendemos pasalo ben achegándonos ós instrumentos de percusión.

Sábado 2 de Xuño.
Erguerémonos ás 10:00 e, despois de almorzar, asistiremos a un obradoiro de instrumentos musicais sinxelos. Ó longo de toda a mañán aprenderás a facer, afinar e tocar: frautas de cana (rectas e traveseiras), gaitas de sabugueiro e gaitas de cana. Aprenderás a manexar a navalla, os ferros quentes, a cera de abella e o fío. Non precisas traer nada, nós aportamos todo o material e ferramentas.
Despois de comer a iso das 14:30, o que queira durmirá unha relaxante sesta. Mais ou menos as 16:30 sairemos a dar un pequeno paseo no que verás que sempre hai cousas na natureza coas que facer música.... despois deste paseo faremos un seminario de baile de varias horas, nil Gustavo ensinarache os pasos básicos que compoñen tódolos puntos do baile tradicional galego e, cando estemos todos cansos, faremos outra sesión de relaxación para asistir a un concerto no que Pablo nos amosará a enorme variedade de instrumentos melódicos que hai no folclore galego. Despois de cear, a iso das 22:00, asistiremos a unha festa para que todos podamos poñer en práctica as ensinanzas de Gustavo e montar un auténtico serán galego ata a hora que nos veña ben.

Domingo 3 de Xuño.
Despois de almorzar a iso das 10:30 Pablo desvelarache tódolos segredos do aturuxo galego, xuntos estes berros, os exercicios de relaxación e os cantos acabarán por relaxarte completamente de paso que aprendes a facer algo que antes todos sabían facer: cantar, aturuxar e desafogarse.
Cando xa teñamos claro que é o aturuxo e como se fai, iremos a comer e, despois da sesta, a iso das 16:30 faremos o peche deste fin de semana de saber tradicional e partiremos ata volvernos a ver.

Prezo da fin de semana con pensión completa: 200€
Reservas e máis información en: 626588381 (Pablo Carpintero) ou 981 57 15 88 de 10:00 a 14:00 (Rosa Sánchez)
Prazas limitadas a 25 persoas.
Fin da inscrición: 25 de Maio.

Rosa Sánchez é bailadora e pandereteira do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. A súa andaina no folclore comezou hai 20 anos en Cantigas e Agarimos. Dende entón dirixiu varias escolas de baile tradicional e impartiu clases de canto e pandeireta en varias asociacións culturais e colexios. É tamborileira da Requinta de Xián e de Pablo Carpintero, a quen acompañou durante grande parte do seu traballo de campo por toda Galicia, Portugal, Asturias e parte de Zamora, polo que ten unha grande experiencia en música tradicional galega.

Gustavo Couto e bailador do Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia e dirixe varias escolas de baile tradicional galego. Forma parte da directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos e é percusionista de Ultreia, de Pablo Carpintero e dos Campantes da Baña, tendo tamén unha ampla experiencia no traballo de campo por toda Galicia.

Pablo Carpintero Arias é doutor en Ciencias pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor de Bioquímica nesta universidade e actualmente realiza un segundo doutorado sobre a gaita de fol no Departamento de Historia da Arte da USC. É membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos e dirixe dous importantes grupos de recuperación de tradicions musicais galegas: A Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia. Produciu, ata o momento, varios artigos en revistas especializadas en folklore e sete trabalhos discográficos froito das investigacións de campo que nos últimos 15 anos ven realizando por toda Galicia, Zamora, Asturias e Portugal.
O seu traballo de investigación está centrado principalmente na evolución da morfología e repertorio da gaita de fol e na súa contextualización social e histórica, así coma no estudo dos instrumentos musicias tradicionais galegos. Colabora con institucións como o Consello da Cultura Galega, a quen cedeu en 2005 un arquivo composto de máis de 350 horas de gravacións de campo, a Radio Galega, onde periodicamente realiza seccións dedicadas ó folklore galego ou o Concello de Santiago de Compostela, con quen organiza actividades encamiñadas á divulgación do saber tradicional galego.
Para chegar á casa:
En coche:
Autovía hasta Lugo, coller estrada Ourense ata o Km 25 desvío a Lalín a 15 Km Antas de Ulla, cruce de catro camiños esquina Banco Pastor, carretera da esquerda a 1.5 km desvio á esquerda, letreiros indicativos Monterroso e La Casa del Alba, seguir 1.5 Km entrada á esquerda camiño de terra, letreiro “La Casa del Alba.
En avión:
Destino aeropuerto de Santiago de Compostela. Dende o aeroporto autobus a Lugo e parada en Palas de Rey (4,2 € autobús, 60 km, unha hora de viaxe ), alí poden recollervos por 6 € (15 km, 12 minutos). Horarios de autobuses no aeroporto: 7•30 / 9•45 / 11•30 / 13•15 / 16•30 / 19 / 20•30.
Tamén vos poden recoller no aeropuerto (30€ viaje).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2007 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Instrumentos Musicais
Día: 26 de maio do 2007
Hora: 11:00 h a 19:00 h
Lugar: ribeira do río dos Gafos, Pontevedra
Punto de encontro: 11.00 h diante da estación de autobuses de Pontevedra
Nº de prazas: 15
Impartido por: Pablo Carpintero
Prezo: 15 €
Organiza: Grupo de música tradicional “Os Chichisos” e “Vaipolorío”
Información e inscricións: 676.842.942

PROGRAMA:


• 11.00 h: paseo polas ribeiras do río en busca de materiais pra construcción dos instrumentos (sabugueiro, cana, espadanas, salgueiros, ameneiro, etc.). Durante o paseo construiranse diversos instrumentos con materiais perecedeiros (follas de hedra, cúdias de ameneiro, castiñeiro, etc.).

• 14.00 h: xantar no río (cada un levará a súa comida e bebida)

• 15.30 h: aprenderemos a construír e a tocar instrumentos feitos con cana e sabugueiro, tales como son as gaitas e as frautas rectas e traveseiras.

MATERIAL NECESARIO:

Cada persoa interesada en asistir ao curso, deberá traer unha navalla ben afiada.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-05-2007 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
VI concurso baile tradicional de Vilagarcia

Organizado pola Asociación Cultural Malveiras e o Concello de Vilagarcía

Grupos participantes por orde de actuación (por motivos de transporte o grupo Bretema que ía no lugar 7º pasa ó 1º):

1. Grupo Brétema da Casa Galega de Hospitalet – Barcelona
2. Grupo Vai de Roda de Rianxo
3. Grupo de Bailes populares Iar de A Coruña
4. Grupo Donaire de A Coruña
5. Grupo Colexiata do Sar de Santiago
6. Grupo Fortín da Pomba de Bandeira
7. Grupo “A” da escola Cantigas e Agarimos de Santiago

Cada grupo interpretará unha peza cunha duración máxima de 6 minutos

Na deliveración do xurado actuarán as pandereteiras e gaitas de Malveiras

A patir das 16:00 estarán as portas abertas só para os grupos participantes, que podrán ver o esceario) , e a partir das 19:00 horas para público asistente.


Comentarios (15) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-05-2007 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Carballal
Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 21-05-2007 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro pola Costa de Cangas
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 19-05-2007 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festival de Cans (O Porriño)

O programa:
(agás das curtas nos galpóns, todo é de balde).

Mércores 23
Xornada especial para @s veciñ@s de Cans

21:30 h. Documental “Día de ramo”, un retrato da parroquia de Cans.
22:00 h. Curtametraxe “As farolas”, de Abelardo Rendo.
Sesión amenizada por Moncho e a súa Armónica e convidados especiais.
No Baixo do Bar Moncho, Cans

Xoves 24
No Porriño

Proxección da longametraxe “Abrígate”, de Ramón Costafreda
21:00 h. Actuación de Uxía, que interpretará temas da B.S.O. do filme.
22:00 h. Pase de “Abrígate”.
Círculo Recreativo Cultural do Porriño.
00:00 h. Concurso de Videoclips.
01:00 h. Sesión musical a cargo de Juan de Pablos (Flor de pasión, Radio 3)
Pub Tubulart.

Venres 25
En Cans

21:00 h. Proxección de “Só concertinas”, documental musical de Víctor Coyote.
20:00 h. Proxección de “Gritos en el pasillo”, de Juanjo Ramírez.
Longametraxe de animación de terror realizada con cacahuetes.
No Baixo do Bar Moncho

Noite de Estrea
22:00 h. Proxeccións:
● Videoclip gañador do concurso.
● “Os Cans de Lobato”, montaxe fotográfica de Xurxo Lobato sobre a edición anterior.
● Varios trailers de producións audiovisuais que se estrean nos próximos meses.
22:30 h. Entrega dos chimpíns de plata a un veciño e unha persoa do audiovisual pola súa colaboración co festival: o artesán Paco Candán e a actriz Teté Delgado.
22:45 h. Entrega do premio de honra Pedigree'07 a Antón Reixa.
23:00 h. Concerto de Víctor Coyote, Pablo Novoa e grupo de bombos Os Bravos de São Vicente
23:30 h. Concerto de The Ellas
No torreiro de Cans

01:00 h. Festa do Cine
Nos locais de Espacio Noite (O Porriño)

Sábado 26

11:00 h. Apertura da Can Parade
Nas leiras de Cans

12:00 h. Coloquio na Leira: Tristán Ulloa.
13:00 h. Sesión Vermouth: charanga The Turres Band.
No torreiro de Cans

13:30 h. Procesión de chimpibuses amenizada por The Turres Band.
16:00 h. Ponse en marcha o servizo de chimpibuses.
16:30 h. Inicio das proxeccións nas salas a concurso e no “Jalpón friki” (entrada gratuíta).
19:00 h. Intermedio. Actuación de Toni Lomba e Elio dos Santos.
20:30 h. Reanúdanse as proxeccións.
23:00 h. Entrega de premios.
23:30 h. Concerto fin de festa con Festicultores.
No torreiro de Cans

01:00 h. Festa do Cine
Nos locais de Espacio Noite (O Porriño)


Entradas

Ás entradas para o Festival dan acceso a todas as curtas a concurso (12 de ficción e 7 de animación) visitando catro salas-alpendres nas que se proxectan as curtametraxes participantes.
En total hai 480 tickets á venda. O acceso ás salas funciona cun sistema rotatorio. Segundo o número do ticket, deberás seguir unha orde para así poder entrar en todos os alpendres.
As entradas están á venda ao prezo de 6 € no Local Parroquial de Cans.

Só se poden mercar 2 como máximo por persoa e non se admiten reservas, así que non te despistes!

¿E SE NON TES ENTRADA?
Non te esquezas de que a maior parte das actividades do festival son de entrada libre e gratuíta. Non che fai falta ticket para acudir o xoves á estrea de “Abrígate”, do realizador porriñés Ramón Costafreda, para ver a estrea mundial e simultánea con Cannes da peli de terror friki con cacahuetes “Gritos en el pasillo”, para acudir á festa da noite do venres ao torreiro de Cans, coa actuación de The Ellas, para escoitar o coloquio matinal do sábado e bailar na sesión vermú de The Turres Band, para entrar no Jalpón Friki durante toda a tarde do sábado e ver as curtas que alí se proxectan, para pasarte polo torreiro e tomarte unhas cañas mentres escoitas a Toni Lomba e Elio dos Santos, para pasear polas leiras de Cans e ver as creacións dos artistas locais para a “Can Parade”, para acompañarnos ata a última hora do sábado, presenciar a entrega de premios e cerrar o festival co concerto-festa dos Festiclutores… Pásate por Cans e goza con nós do Festival.


Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 19-05-2007 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Carboeiro 2007

Xa chegaron os VIII Encontros de Musica Tradicional en Carboeiro (Silleda)


Música,
Baile,
Festa,
Actividades,
Acampamento á beira do río,
....
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-05-2007 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Projecto Mourente...por fin en directo
Por fin chegou a presentacion en directo do Projecto Mourente, este 16 de maio na Sala Nasa de Compostela e parece que con moi bo éxito.

A ver se temos a oportunidade de velo polas Rías Baixas que o projecto promete.

Sorte!!



Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 18-05-2007 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Disco de Nova Galega de Danza

A música de Engado, o espectáculo co que a Nova Galega de Danza (NGD) está a percorrer o país, saiu a venda o día 14 de maio editada por Falcatruada e distribuída por Lonxa Cultural. Trátase de propostas onde a contemporaneidade bebe das raíces da música tradicional e do folk para desenvolver un estilo propio e definido. A equipa musical de NGD está encabezada por Xosé Lois Romero, e conta entre os seus integrantes con Pedro Lamas, Xavier Díaz, ou Suso Iglesias. Tamén está previsto que Falcatruada reedite Alento, un disco de Xosé Lois Romero que desapareceu das tendas hai un ano, e que acompañou a anterior xira de NGD acadando o V Premio Opinión ao mellor disco de 2005.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-05-2007 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer