Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán en Compostela
Seráns en Compostela
Xoves 2 de maio

A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)

Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de baile
22h30 . Os Melidaos
23h15 . Escola de Cantigas e Agarimos
24h00 . Pana Raiada
01h00 . Foliada


Máis información
www . seransencompostela . org
seranscompostela @ gmai l . com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-04-2013 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 26 (Venres)
? Xistra no Furancho da Balsa (Vigo)
? Xosé Manuel Budiño no Teatro Principal (Ourense)
? Gende Beat no Avante Galiza en Compostela
? Terbutalina na Sala Super 8 (Ferrol)
? Snatch no Cachán (Compostela)
? Cantos de Taberna en Pontevedra
? Foliada no Racimo (Vigo)
? Foliada en Couso (A Estrada)
? Foliada no Lar (As Pontes)

Sábado 27
? Festival infantil de música e baile tradicional na A. V. Cabeiro (Redondela) ás 18:00
? Moxenas Musical Galego en Vigo
? Losto Kinsky no Milenium (Vigo) ás 19:30
? Narf no Café Cultural Roi Xordo (Allariz)
? Guezos no Garufa (A Coruña)
? Milesios no Torreiro da Festa (Vigo) ás 23:00
? Davide Salvado en Celanova
? Sobre Rodas no Var con Uve (Moaña) ás 22:30
? Habelas Hainas e Foliada no Avante (Compostela)
? Concerto solidario por un Sahara libre (Silleda): Ruxe Ruxe, Zenzar, Tiro na Testa, Skarmento e Kambotes
? II Festa da Sementeira (Matamá-Vigo): A Gaita Compaña, Cuchufellos
? Festa da pandeireta (As Encrobas - Cerceda)
? Aña Urbana 2013 (Pontevedra)
? Serán de Guillade (Ponteareas)
? Ruada no casino do Seixido (A Lama)
? VII Noite de Fiadeiro en Vilavidal (Ramirás)
? IX Foliada de Melide: Vaamonde, Lamas & Romero e Pelepau
? Serán no C.C. Alba de Torneiros (O Porriño)

Domingo 28
? II Festa da Sementeira (Matamá-Vigo)
? IX Foliada de Melide: Sés
? Orfeón Mariñeiro do Berbés no Auditorio C.C Novacaixagalicia de Vigo ás 19:30
? Snatch na taberna Maruca na Barrosa (Portonovo) ás 20:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2013 01:53
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Guillade (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2013 01:51
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2013 01:49
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2013 01:47
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Couso (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2013 01:44
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Racimo (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2013 01:40
# Ligazón permanente a este artigo
IX Foliada de Melide
O vindeiro 27 e 28 de abril celébrase a IX Foliada de Melide, un encontro cultural de música, artesanía e tradición, no que participarán máis de corenta grupos musicais e unha vintena de artesáns
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2013 01:39
# Ligazón permanente a este artigo
5º Concurso de Cantos de taberna (Melide)
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-04-2013 01:38
# Ligazón permanente a este artigo
Programa da IX Foliada de Melide
IX FOLIADA DE MELIDE

SÁBADO 27 DE ABRIL


MOSTRA DE ARTESANÍA E INSTRUMENTOS
Abrirá as súas portas a partir das 11:00h da mañá e permanecerá instalada na Praza do Convento durante toda a fin de semana. Reunirá a artesáns de todo o país repartidos en vinte postos que abarcan dende instrumentos de percusión, gaitas ou zanfonas ata confección de traxes tradicionais, talla de madeira, pedra ou coiro.

CANTOS DE TABERNA
A primeira xornada da Foliada comezará cun dos pratos fortes, o concurso de cantos de taberna. Este ano celébrase a quinta edición e as novidades con respecto a outras edicións están no incremento dos grupos e dos locais participantes. Participarán dezasete grupos e dezanove locais de hostalería.
Cada grupo fará un percorrido por oito locais no que recibirán a puntuación do taberneiro correspondente. Os tres grupos con maior puntuación serán os gañadores.
Os grupos proveñen de lugares moi diversos, Marín, Baiona, A Estrada, Santiago, Bergondo, Sada, Antas de Ulla, Arzúa, O Pino, Santiso e Melide.
Cabe salientar a participación de dous grupos do País Vasco, con raices na comarca, Airiños Galegos de Santurtzi e Casa da Troula de Rekalde, e outro de Barcelona.

OBRADOIRO DE BAILE
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza dentro da programación da Foliada de Melide o obradoiro "Entra no baile a bailar...". Este obradoiro levarase a cabo a partir das 18:00h na Praza do Convento.
"Entra no baile a bailar..." é o nome do obradoiro que Luís Prego se encargará de impartir e que está dirixido a todo o público, enfocado a ser totalmente participativo coa intención de contar con nenos e maiores interesados en en aprender recursos de baile tradicional.

MARCHA GAITEIRA
As sete da tarde. Un dos clásicos da Foliada. Un percorrido musical que enche as rúas de Melide de música. Participarán vinte agrupacións musicais que se repartirán por diferentes rúas e prazas. Un pasarrúas multitudinario que anima á vila e nos encamiña ao centro mesmo da festa, a Praza das Coles, onde terá lugar o Serán.

SERÁN
O serán é o xermolo da Foliada. O nacemento desta aventura foi un serán, unha reunión de amigos para tocar e bailar que pronto se fixo grande e colleu vida propia. A partir do serán xurdiu todo o demáis. O serán é unha festa. Uns tocan para que outros poidan bailar. Hai quen se inicia no baile, outros máis avanzados? ?e o que non canta nen baila, qué ven facer ao serán? Aprender catro mentiras para ir contar mañán?. Non, tamén se pode vir a disfrutar dunha noite de música e bon ambiente na que participarán dezaseis agrupacións musicais

CONCERTOS
Sen se mover da praza, como remate do Serán, a partir da unha da noite actuarán Vaamonde, Lamas & Romero e Pelepau.
Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, son tres nomes referenciais na música galega actual. As súas traxectorias individuais abranguen dende a música de raíz ata o folk, a fusión ou o jazz, pasando pola docencia, a composición e dirección musical. Vaamonde, Lamas & Romero son boa música e mellor humor. Un bálsamo terapéutico e liberador para estes tempos de crise.
Pelepau é un grupo de doce componentes que nace co fin de arranxar temas da tradición galega para percusións e voces.

DOMINGO 29 DE ABRIL

Nesta xornada as actividades da mañá desenvolveranse na súa maior parte na Praza do Convento onde a Mostra de artesanía e instrumentos será o principal atractivo.

XOGOS TRADICIONAIS
Obradoiro organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional dirixido a todo o público.

ACTUACIÓN DA BANDA DE GAITAS DA TERRA DE MELIDE
A banda de gaitas da Terra de Melide é un proxecto que agrupa a corenta músicos de diferentes grupos da comarca e que realizarán un concertó ás 13:30h na Praza do Convento

ANIMACIÓN DE RÚA
Durante toda a fin de semana a animación polas rúas estará conducida por diferentes grupos musicais que acompañarán a xigantes e cabezudos.

MOSTRA DE BAILE TRADICIONAL
A exhibición de bailes tradicionais sempre tivo presencia dentro da programación da Foliada, e este ano actuarán a A.C. Furóns e Donicelas de Palas de Rei

MÚSICAS DE RAIZ
Este espazo supón unha apertura ao folk feito fóra de Galicia. Neste edición participarán dúas formacións: Alba Gutiérrez & Yoni Martínez (Cantabria ? Asturias) e Rubén Alba & Viriu Fernández (Asturias)

CONCERTO
Como fin de festa, ás nove da noite na Praza das Coles actuará SÉS.
Sés é o proxecto musical da cantautora coruñesa María Xosé Silvar: ritmos americanos repensados en galego e en feminino, letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente enriba e debaixo do escenario

Con esta actuación pecharase a IX edición da Foliada.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2013 01:38
# Ligazón permanente a este artigo
VII Noite de Fiadeiro (Ramirás)
Un ano máis chega a Noite de Fiadeiro polo derradeiro Sábado de Abril, organizada por Rebulir Cultura Tradicional, co Patrocinio do Concello de Ramirás, Deputación de Ourense e da La Caixa; así como a colaboración de diferentes entidades e empresas.

Neste 2013 cúmprese a VII edición da festa, que nacía no 2007 coa intención de recuperar a esencia dos Antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar.

Deste xeito, o vindeiro 27 de Abril a cita está no pobo de Vilavidal no Concello de Ramirás. Durante toda a Xornada haberá actividades dirixidas a todos os públicos, para chegar as 21:00 h. co prato forte, o Fiadeiro propiamente dito, coa participación de mais de 20 colectivos chegados de diferentes puntos da xeografía galega que porán a música. Previamente, a oferta será variada con unha mostra de produtos artesáns con máis de 30 postos; animación, contacontos, xogos, obradoiros, exposicións, xigantes e cabezudos? Aínda que o programa en esencia é semellante ao de anos anteriores gardamos algunha sorpresa na manga que se irán descubrindo segundo evolucione a noite en Vilavidal. Para poder consultar toda a información relativa a esta celebración temos habilitada a páxina web www.noitedefiadeiro.com .

Queremos recordar unha vez máis que non se trata dun festival ou mostra de música tradicional ou folclórica, senón que é unha festa que implica ao visitante na súa dinámica. Deste xeito, procúrase que se poda bailar, tocar, cantar, ou simplemente disfrutar do ambiente da noite.


Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2013 01:37
# Ligazón permanente a este artigo
Programa Noite de Fiadeiro 2013 (Ramirás)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-04-2013 01:36
# Ligazón permanente a este artigo
Aña Urbana 2013 (Pontevedra)
Días da Aña urbana
16 - 18 - 25 de abril Obradoiros e conferencias
27 - Roteiro e concertos, Seran, Foliada no C.S en pé

+ Info:
http://trepia.org/convocatoria-ana2013.html
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2013 01:36
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Orfeón Mariñeiro do Berbés en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2013 01:29
# Ligazón permanente a este artigo
Festival infantil de música e baile tradicional en Cabeiro (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2013 01:29
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da pandeireta (As Encrobas - Cerceda)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-04-2013 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
Moxenas Musical Galego en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-04-2013 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
II Festa da Sementeira do Millo (Matamá-Vigo)
II FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO -

Matamà(Vigo) 27 e 28 de abril 2013


A asociaciòn COLECTIVO CULTURAL ALTERNATIVO MALAHERBA està a organizar para esta vindeira

fin de semàn a segunda ediciòn da FESTA DA SEMENTEIRA DO MILLO, que terà lugar nas proximidades

do muiño da Regueira situado na parroquia viguesa de Matamà.

PROGRAMACIÒN:

SABADO 27

16H. -Comezo das OLIMPIADAS DO CAMPO (+info: facebook colectivo malaherba)

-OBRADOIRO do pan de millo.

- TROCA DE SEMENTES (Rede galega de troca de sementes) trae as tuas sementes!!!

- MUIÑADAS no muiño da Regueira.

21H. Monòlogo de PEPO SUEVOS

22H. Actuaciòn de A GAITA COMPAÑA folc.

23H. Actuaciòn de OS CUCHUFELLOS.

DOMINGO 28

10:30H. Saìda do CARRO DE BOIS dende o torreiro da festa ( participa vestido de labreg@!!!!)

11H. LABRANZA TRADICIONAL feita cunha parella de bois.



12H. actuaciòn do grupo OS CATRO QUINTOS

14H. XANTAR POPULAR : carne ao caldeiro+auga/viño+pan=8EUROS.

Reserva previo ingreso na conta La Caixa 2100-5980-66-0200007504, especificando

nome, apelidos e telèfono de contacto. Mais informaciòn telf.634 56 13 19.

16H. actuaciòn do GRUPO DE BOMBOS DE VILA PRAIA DE ANCORA (Portugal)

17H. SEMENTEIRA DO MILLO feita pol@s nen@s asistentes.

O domingo faràse unha exhibiciòn de CANS DE RAZA PALLEIRO e montarase un ZOO RURAL con multitude de animais do campo.

Tamèn poderase ver unha MOSTRA ETNOGRAFICA e demostraciòns de OFICIOS TRADICIONAIS.

Os dous dìas haberàn postos de ARTESANIA, PRODUCTOS ECOLOXICOS, COMIDA VEGANA E VEXETARIANA,

No domingo haberà PULPEIRO , BOCATAS e PORCO ASADO ademais da carne ao caldeiro .
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 26-04-2013 21:03
# Ligazón permanente a este artigo
Davide Salvado en Celanova
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-04-2013 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Losto Kinsky no Milenium (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-04-2013 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Milesios no Torreiro da Festa (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-04-2013 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
Labregos do tempos dos Sputniks en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-04-2013 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto solidario por un Sahara libre (Silleda)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-04-2013 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Gaita en Compostela. Repertorio asturiano
Lugar: CSC Castiñeiriño

Prezo: 55 ? (45 ? alumnado aCFolque)

27 de abril de 2013 10:00 h - 20:00 h


Santiago. Monografía para gaita sobre repertorio asturiano con

José Manuel Tejedor
un dos máis reputados e laureados gaiteiros do seu país, gañador do premio MacCallan no festival de Lorient en varias ocasións e cunha sólida carreira internacional como membro do grupo homónimo con quen ten compartido palco e gravacións regularmente con creadores do novo folk do arco atlántico coma Phil Cunningham, Kepa Junquera, James McKintosh, Sharon Shanon , John Joe Kelly, entre moitos outros.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-04-2013 20:49
# Ligazón permanente a este artigo
A voltas co baile (Compostela)

O Museo do Pobo Galego organiza unha nova edición de A voltas co baile.
Nesta edición tratarase a adaptación de bailes foráneos como o Valse, a Rumba ou o Pasodobre, á tradición galega.


O vindeiro 27 de abril, ?A voltas co baile: Valse,Rumba e Pasodobre? continuará a formación iniciada o pasado ano cunha edición na que se trataron bailes centroeuropeos como o Scottish ( Chotis), a Mazurca ou a Polka. A tradición popular conta con moitos bailes. Aínda que os máis coñecidos entre a maioría do público urbano son a muiñeira ou a ?jota?, o certo é que todos os bailes que, nalgún momento, estiveron de moda, pasaron ao acervo tradicional galego coas modificacións que os instrumentos musicais de Galicia, o xeito de bailar e a creatividade popular, infrinxiron sobre os mesmos.

A xornada de formación teórico-práctica do sábado 27 e que se vai desenvolver durante toda a xornada desde ás 11h00 até ás 19h30, ten como tema central a orixe, evolución e transformacións dalgúns destes bailes que, procedentes de Centroeuropa uns e de América outros, fixéronse moi populares en gran parte dos dous continentes. Aquí e acolá, en Europa e en América, son bailes de parella, de bailar agarrado que as e os participantes no curso poderán coñecer desde o punto de vista teórico como do práctico coa execución dos pasos deste baile nos diferentes lugares pero, fundamentalmente, no territorio galego. Este ano a dirección do curso corre a cargo de Manolo Cobas, músico, docente de música e baile tradicional así como recompilador e estudoso do folclore.

As prazas son limitadas e a matrícula farase por orde de inscrición no correo electrónico deac@museodopobo.com.
A matrícula é gratuíta para as persoas socias do Museo e, para o resto, ten un custe por materiais de 5 euros e 3 para persoas desempregadas e pensionistas. O curso conta coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Santiago de Compostela.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-04-2013 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Iniciación á Percusión tradicional (Narón)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 26-04-2013 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
25 de abril...Sempre!!!
Portugal. 25 de abril de 1974. 0 horas 25 minutos.
Por Rádio Renascença escóitase unha canción prohibida pola ditadura: "Grândola, Vila Morena" de José Afonso: era o sinal do Movemento das Forzas Armadas para comezar a ocupación militar dos puntos craves do Estado.

Seis horas despois o réxime caera. Foi unha Revolución que comezou con música.


Grândola, vila morena

Grândola, vila morena
Terra da fraternidade,
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade.

Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena,
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena.

Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade,
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade.

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena.

À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade.

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira,
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade.

José Afonso




Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2013 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Roi Casal en Noia

Roi Casal actúa este xoves 25 de abril en Noia, polo San Marcos

Roi Casal e a súa banda traen a xira ?Máxicamente vello 2013? ás festas de San Marcos. O cantante galego chega a Noia para presentar o seu traballo discográfico ?Maxicamente vello?, que publicou en febreiro de 2011 e co que recibiu moi boa acollida por parte de crítica e polo que Roi Casal foi galardoado en varias ocasións.

O espectáculo comezará ás 23 horas na Alameda, e será a primeira vez que Roi Casal actúe en Noia, cuestión a que ao músico lle fai especial ilusión: ?É o noso primeiro concerto en Noia e queremos dar o mellor de nós?, apunta Casal, ao que engade que ?sairemos ao escenario para que a xente o pase ben nese hora e media?. O catoirense afirma que ?a xente xa coñece moitos dos nosos temas, e o que lle pedimos e que veña á Alameda de Noia a desfrutar, a dar palmas e cantar con nós?. Roi Casal define as súas actuacións como unha mestura ?dunha banda pop-rock, ao que debemos sumar a inspiración da música tradicional e o colorido que lle dan os instrumentos ?, polo que, ?é unha música actual, ambiciosa, comprometida, sen complexos e en galego?. A respecto da calendario de actuacións da banda, Casal adianta que será un verán moi potente, con máis de 30 concertos, tocando nas mellores festas de Galicia, ?como son as festas de San Marcos de Noia?.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2013 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Sérgio Tannus en Compostela

Sérgio Tannus celebra o 25 de Abril cun concerto ?brasilego? na Casa das Crechas

Este xoves día 25, a Casa das Crechas encherase de sambas, choros e outros ritmos durante o concerto de Sérgio Tannus cuarteto. Poderemos escoitar os temas do último disco do artista, 'Son brasilego', no que o artista de Niteroi se rodeou de máis de 40 colaboradores tales como Uxía, Carlos do Carmo, Antonio Zambujo, João Afonso, Narf, Ugia Pedreira e moitos outros. Será ás 22:30 horas.

Paulo Silva (voz e percusións), Pablo Seoane (piano) e Gutier Álvarez (zanfona e violino) acompañarán o multiinstrumentista brasileiro neste concerto. Será ás 22:30 horas e con entradas a 6 ? (5 euros anticipada) cando poderemos escoitar as guitarras, voces e demais instrumentos destes xeniais músicos. Ademais, contará coas colaboracións de, entre outros músicos/as, Najla Shami, Serginho Sales e Uxía Senlle.

Logo do remate do concerto de Xosé Manuel Budiño no Teatro Principal, a música continúa na Casa das Crechas co concerto ?brasilego? de Sérgio Tannus cuarteto e colaboradores/as seguido de unha simbólica jam session luso-brasilega con cancións de cantautores portugueses. Sen dúbida, un bo xeito de rematar a xornada do 25 de Abril, día no que se conmemora a 'Revolução dos Cravos?, que liberou Portugal da dictadura militar de Salazar no ano 1974.

Neste traballo quixo Tannus compartir pezas con artistas galegos cos que viviu ?inesquecibles? momentos musicais nos anos que leva vivindo en Galiza: Ugia Pedreira, Óscar Fernández, Uxía, Najla Shami, Xabier Díaz, Narf e moitos outros, xunto con músicos portugueses, brasileiros, angolanos e doutras nacionalidades. 'Son brasilego' é, daquela, unha auténtica ?ponte musical? entre os países lusófonos, especialmente Galiza e Brasil.

Ademais, o propio artista indica que ?este disco soa a amizade?, xa que ata o de agora sempre foi el o que colaborou noutros traballos e agora ?son eu o solista?, afirma. Sérgio Tannus di isto agradecendo a acollida que durante os anos que leva no país lle brindaron as e os artistas galegos.

A ?brasileguidade?
Segundo Tannus, 'Son brasilego' ?aposta polo intecambio, polo estreitamento do contacto cultural e persoal, pola fusión de ideas, polos ritmos e raíces comúns?, di. Alén da música, proponnos reflexionar sobre a nosa identidade e irmandade, especialmente sobre o futuro desta a través da música e da sonoridade atlántica que nos torna brasilegos. Pero, sobre todo, é un ?agasallo, un agradecemento a todos aqueles músicos e persoas que fixeron posible o crecemento musical e artístico? de Sérgio Tannus desta beira do Atlántico.

Tannus leva desde 2006 vivindo en Galiza e desenvolvendo a súa faceta multiinstrumental no noso país. Colaborador co tecido cultural galego desde a súa chegada, soubo ver e valorar as e os artistas cos que se atopou durante todos estes anos, e cos que quixo establecer unha relación musical enriquecedora para ambas as dúas partes. Precisamente, é grazas a esa mesta rede musical e ao pulo que a súa mestría deu a moitas formacións e solistas galegos/as que nace este proxecto discográfico, ?para que quede constancia delas e isto non sexa máis que un comezo?, indica o propio Sérgio Tannus.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2013 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Xose Manuel Budiño en Compostela
Primeiro concerto de presentación do seu novo disco 'Sotaque'

Xoves 25 abril 2013
21:00 Teatro Principal (Santiago de Compostela)


BUDIÑO ao vivo presenta ?Sotaque? o seu novo traballo discográfico. Un álbum conceptual onde as diferentes gaitas, percusións e voces galegas teñen a labor de marcar o ritmo ao longo de nove músicas compostas por Budiño mais unha peza tradicional, chea de sutileza e vitalidade.

?Sotaque? foi gravado no seu estudio ?Ardora? e mesturado e masterizado nos estudios ?Atlântico Blue Studios de Lisboa?. Este traballo de composición propia reflexa a impronta da música tradicional e en especial da percusión galega, sempre tocada e pulida a man, xunto coa utilización da electrónica co ACENTO característico de Budiño, co seu SOTAQUE.

Os amigos convidados ao Sotaque de Budiño fan que na súa particular atmosfera se misturen os centos de capas percutivas utilizadas para a gravación:

* ANTÓNIO ZAMBUJO desde Portugal canta ao amor en ?Déixame Adiviñar?, unha letra escrita por Carlos Blanco.

* LUIS TOSAR imprime o seu Sotaque cantando á vida, á saudade, na canción ?Hoxe canto en Libertá? con letra de Celso Emilio Ferreiro.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2013 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Clave de fado en Detras do Marco (Vigo)
O día 25 de abril celebraremos en Detrás do Marco (dende as 19:00 horas) o 39 aniversario da Revolución dos Caraveis en Portugal.

Así, contaremos coa actuación de Xulia María, Clave de FaDo e algunha sorpresa máis.

Dende as 19 horas repartiremos caraveis en Detrás do Marco, cantaremos a Grândola e gozaremos coa actuación da poetisa e cantante redondelana Xulia María e de Clave de FaDo. Haberá música galega e portuguesa nunha tarde/noite moi especial e chea de sorpresas.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-04-2013 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Xoaniñas de Vila de Cruces contra Brincadeiras de Beade


Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 25-04-2013 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Semana do 25 de Abril no Avante (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2013 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Tributo a Zeca Afonso en Tui
Teatro Municipal de Tui: "TRIBUTO A ZECA AFONSO"

Mércores, 24 de abril, ás 21h


Vinte e seis anos despois do pasamento de José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos ?Zeca Afonso? a súa música segue estando viva. Na véspera do 25 de abril no Teatro Municipal de Tui volverá soar o ?Grándola Vila Morena? nun concerto promovido pola Eurocidade Tui-Valença. Durante noventa minutos trinta e seis músicos e cantantes interpretarán temas coma a ?Canção de embalar?, ?Verdes São os Campos? ou ?Milho Verde?.

Elenco: Coro Juvenil da Academia Fernandez Fão, coa participación especial da Asociaçao Musical de San Pedro da Torre.

Entradas: 4? - 3?


Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 24-04-2013 13:30
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Xose Manuel Budiño

Xosé Manuel Budiño: «'Sotaque' é un disco conceptual, que afonda na percusión galega»

O gaiteiro de Moaña recupera a súa faceta como compositor no seu sexto traballo, no que tira de amigos como António Zambujo, Luís Tosar, os Cantareiros de O Fiadeiro, McGoldrick e Carlos Blanco«Pode haber unha crise de infraestrutura, pero agora se chega a calquera ouvinte en calquera parte do mundo. É moi relativo o da crise da música»


O sexto disco de Xosé Manuel Budiño (Moaña, 1969) sae o martes a rúa. Un proxecto co que o gaiteiro tira de amigos nunha proposta na que di que quixo dar protagonismo á percusión galega. Gravouno no seu estudio, Ardora, e gábase de telo masterizado nos Atlântico Blue Studios de Lisboa, considerado un dos dez mellores de Europa.

-¿O título «Sotaque» é un aceno a Portugal?

-De sotaque podería ser 'de repente', pero utilízase moito como 'acento'. E saíu de António Zambujo, un convidado neste disco. Cantando a peza que lle tocaba, a de Carlos Blanco, unha das súas preocupacións era se estaba facendo ben a letra en galego e nun momento da gravación preguntoume: «¿Que tal o meu sotaque?». E xa lle quedou. Foi unha luz que se prendeu e vai moi ben porque estaba tratando de darlle o meu propio acento a todo o que estaba facendo. Son moitos anos traballando coa música. Comecei coa tradicional aos 7 anos. Pero tamén foron moitos anos traballando coa música electrónica e aprendendo moitas cousas, e quería aproveitar o xeito da música electrónica, pero levándoo ao mundo da percusión tradicional. Dándolle o meu propio acento.

-¿Que aporta este traballo?

-É un disco que tiña moitas ganas de facer porque o anterior, Volta, fora un disco en directo, gravado no festival de Ortigueira, e como unha escolma dos anteriores. Tiña ganas de traballar no estudio e de compoñer. É un disco de composición, como é habitual na miña carreira. O que máis me gusta é compoñer. E tamén afondar na percusión tradicional galega. É un disco basicamente de percusión, voces e gaitas. Un disco moi conceptual e nada ecléctico, onde todos os temas teñen raíz de percusión galega, traballada, pulida a man e feita por grandes percusionistas do tradicional. E traballo cunha serie de amigos que vas atopando polo camiño. Foi un disco moi meditado, un ano de traballo, e pensando en quen ía cantar cada canción ou quen ía facer a letra.

-Sobre o tema dos amigos, participa Luís Tosar.

-A intervención de Tosar nace dunha letra de Celso Emilio Ferreiro que atopamos e gustounos moito. Coñecémonos desde hai moitos anos, de cando el facía teatro. Presentáranos o director de cine Jorge Coira porque sabía que os dous eramos admiradores un do outro. E ao atopar esa letra de Celso Emilio comecei a pensar na súa voz. Hai moitos anos que quería facer algo con el e este foi o momento. Integrouse totalmente e penso que a xente vai quedar sorprendida co seu traballo. A enerxía que aporta é tremenda.

-¿As voces teñen máis peso neste disco?

-Máis ou menos, sempre adoita haber dous ou tres temas cantados. É certo que neste disco hai moitas voces, de feito está Zambujo, que tamén é un gran amigo e en Portugal neste momento está considerado coma un número un. Ter a António cantando é un luxo. E conto tamén cos Cantareiros de O Fiadeiro, que fan o único tema tradicional e decidín agasallarme a min e a eles para estar no disco. Apetecíame, despois de ver o seu traballo de moitos anos recollendo a música tradicional por Galicia.

-Hai unha colaboración a maiores que é McGoldrick.

-Si, Michael é amigo meu hai moitos anos, toca habitualmente coa banca escocesa Capercaillie e fai xiras con Mark Knoffler. Temos tocado moito cando coincidimos en festivais e tiña moitas ganas de que estivera neste disco. Atopámonos no verán en Lorient tocando e xurdiu a colaboración. El gravou desde Manchester e a tecnoloxía permitiu que nos remitise a súa pista para o tema que dá título o disco, Sotaque, que realmente é unha muiñeira, tocada con percusión tradicional e gaita e no que aporta esa frauta máxica.

-¿Unha definición do disco?

-Non sabería, prefiro que o disco empece a voar e que cada un lle poña a súa historia. É un disco moi galego.

-Aínda que saen novas propostas parece que o tema folk esmoreceu nos últimos anos. ¿Cre que pode rexurdir?

-É a pregunta do millón, pero nunca teño resposta para iso. Nunca a tiven tampouco, porque levo máis de 20 anos enriba dos escenarios e tocando por todo o mundo e só podería falar do meu traballo, e tanto está en Galicia como en Bretaña, México, Oriente Próximo ou Shanghai... Non me gusta etiquetarme, dicir que estou no folk ou noutra música: algún festival ao que imos é de jazz e noutros hai grupos de rock... Todo está moi aberto e o mundo é moi grande. Non sei se está en auxe ou deixa de estalo, non creo nas etiquetas, creo na individualidade de cada proxecto.

-¿Non nota a crise?

-O tema é complicado porque pode haber unha crise da infraestrutura do mundo da música, pero ao mesmo tempo agora se chega a calquera ouvinte en calquera parte do mundo. É moi relativo o da crise na música.

-Máis aló deste novo traballo, ¿que queda do proxecto iLalelo con Carlos Blanco?

-De iLalelo queda todo por vir, é un proxecto moi bonito feito cun amigo e que naceu dun concerto ao que o convidara para cantar e rapear comigo e de repente démonos conta, interpretándoo diante de 30.000 persoas, de que podía dar moito de si. Co paso dos anos chamoume e díxome que tiña un espectáculo en mente. Comezamos a traballar, estivemos un ano xirando e foi unha experiencia enriquecedora. E de aí parte a súa participación co tema que canta Zambujo. Agora el está co seu proxecto de sacar o deuvedé do seu espectáculo no Colón e eu estou co meu disco, pero iLalelo está aí permanente e en calquera momento irá saíndo.

SANTIAGO | Teatro Principal | Xoves 25 | 21 horas | 10 euros

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2013 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0