FEIRA DA PRIMAVERA 2011: 30 de Abril
Barrio de San Pedro (Compostela)
Programa da Feira da Primavera do 30 de Abril
Durante todo o día haberá un Concurso de Decoración de Balcóns e Ventás (para participar preme aquí) pola Rúa de San Pedro. Para votar infórmate no Bar da Comisión na Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño).
11:30 Pasarrúas do grupo de Gaitas A Xuntanza.
12:00 Actividade a cargo do grupo scout Khanhiwara do centro Don Bosco no Cruceiro de San Pedro.
12:00 Visita guiada polo Museo do Pobo Galego. Saída da Praza 8 de Marzo (Porta do Camiño).
12:00 Obradoiro de costura divertida: "o traxe tradicional" para nenos e nenas na Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño).
13:00 Collage. Teatro-literatura na rúa. Un trío amoroso entre sther f. carrodeguas e os seus personaxes, Alicia e Alberto. Con colaboración de Raquel Nogueira e Luis Martínez.No Cruceiro de San Pedro.
13:30 Pasarrúas de Habelas Hainas.
13:30 Rocambola Jazz Orquesta na Esquina de San Pedro. Pase de gorra.
15:30 Sobremesa regueifeira con Luís Caruncho e Benito Lobariñas, na Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño).
17:00 Obradoiro de pandeireta na Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño).
17:00 Rocambola Jazz Orquesta na Cruceiro de San Pedro. Pase de gorra.
17:00 Cantares de cego con Luís Caruncho e Benito Lobariñas, pola rúa de San Pedro.
17:30 Mercado de Troco a cargo de Verdegaia, Mámoa e SPedro em Transiçom na Praciña de San Pedro.
18:00 Obradoiro de elaboración de xabrón a cargo de SPedro em Transiçom na Praciña de San Pedro.
18:00 Visita guiada polo Museo do Pobo Galego. Saída da Praza 8 de Marzo (Porta do Camiño).
19:00 Obradoiro de baile tradicional na Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño).
19:00 Djcapuzzi y la Señorita X no Cruceiro de San Pedro. Pase de gorra.
19:30 Pasarrúas dos Estalotes.
20:00 Astronomía na beirarrúa.
20:30 Coñeceremos o Balcón e a Ventá gañadora no Concurso de Decoración na Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño).
20:30 Sortearemos unha cea para dúas persoas nun restaurante do barrio, entre todas as persoas que mercaran a rifa na Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño). (A persoa gañadora tamén darase a coñecer en fbsp.info).
20:30 Foliada na Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño), trae o teu instrumento e participa
Sexta feira 29 (Venres)
? III Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos (Ferrol)
? II Cursos Folk en Ferrolterra (Ferrol)
? Monográfico de Anxo Pintos: Actuar en público (Vigo)
? Ultracans, DeseQilibrio Mental e A Banda da Balbina no IV Festival do Sar (Padrón)
? Pesdelán na Cidade da Cultura (Compostela) ás 19:00
? Pito de Pikasso e The Weak Force na Sala Capitol - Compostela
? Raiba no Baranda (Barco de Valdeorras)
? Foliada Venrespirar no Bar Efémera (Ourense)
? Foliada no Lar (As Pontes)
? Serán de Beirán (Matamá-Vigo)
Sábado 30
? III Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos (Ferrol)
? II Cursos Folk en Ferrolterra (Ferrol)
? Festival Voces e Sons da Lingua: Roi Casal, Ugía Pedreira, Miro Casabella, Roberto Sobrado na Sala Capitol (Compostela) ás 19:30
? Seminario de Percusión en Melide
? III Concurso de Cantos de Taberna (Melide)
? I Concurso Gaita solista no auditorio municipal de Vigo ás 20:00
? Tic-Tac nas Conchiñas (A Coruña) ás 12:30
? I festival de música tradicional de Cerdedo, ás 20:00 no Centro Cultural de Cerdedo
? Festa do Muiño (Coiro-Cangas do Morrazo): Fiandola, Sons do Muiño, Os Chotos,...
? Quempallou e Çe orquestra Pantasma en Melide
? Marful no Auditorio de Galicia (Compostela) ás 22:00
? Raiba na sala London (Ordes)
? Onda Martenot, Sacha na Horta e Os 3 Trebóns no Pub 982 de Lugo
? Deseqilibrio Mental no pub Gatos (Melide)
? Xosé Manuel Budiño no Auriense (Ourense)
? Festa e Serán do Muiño da Regueira (Matamá-Vigo)
? VII Foliada de Melide
? V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
? Serán en San Campio de Pontellas (O Porriño)
? Serán de Fozara (Ponteareas)
? Serán en Santa María (Salceda de Caselas)
Domingo 1
? Festa do Muiño (Coiro-Cangas do Morrazo)
? II Cursos Folk en Ferrolterra (Ferrol)
? XI Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira-Silleda) ás 18:00
? Espido en Melide ás 19:00
? Banda Broa ás 19:00 no Local Social de Ouzande. (A Estrada)
30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- VII Foliada de Melide
- Serán en San Campio de Pontellas (O Porriño)
- Serán de Fozara (Ponteareas)
- Serán en Santa María (Salceda de Caselas)
- Serán do Muiño da Regueira (Matamá-Vigo)
7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)
- Serán en San Benito (O Porriño)
- Serán Tromentelo (Coiro-Cangas do Morrazo)
14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
- Serán no Torreiro da festa das Angustias (Nigrán).
21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa
- Serán de Borreiros no centro Cultural de Borreiros en Gondomar
28 de Maio
- II Serán de Chapela (Redondela) nos baixos do Pavillón de deportes
- Serán na Casa do pobo de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
- Serán do Coto (Cabral-Vigo)
29 de Maio
- II Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves)
4 de xuño
- Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
- Serán da A. C. Traspés (no adro de Sárdoma - Vigo)
11 de xuño
- Serán da Asociación Folclórica Airiños da Lagoa (Baíña - Baiona)
- Serán na Carballeira dos Prados de Pigarzos (Xesta - A Lama)
17 de xuño
- Serán no Viso (Redondela) no torreiro da festa
25 de xuño
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño)
- XII Serán festa fin de curso da ACF O Fiadeiro na A .V. Santa Mariña de Cabral (Vigo)
30 de xullo
- Serán no monte da Picaraña (Ponteareas)
Un ano máis chega a Noite de Fiadeiro polo derradeiro Sábado de Abril, organizada polo Colectivo Rebulir e co Patrocinio do Concello de Ramirás e a Deputación de Ourense. Neste 2011 cúmprese a V edición da festa, que nacía no 2007 coa intención de recuperar os Antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar.
Deste xeito, o vindeiro 30 de Abril a cita está no pobo de Vilavidal no Concello de Ramirás. Durante toda a Xornada haberá actividades dirixidas a todos os públicos, para chegar as 21:00 h. co prato forte, o Fiadeiro propiamente dito, coa participación de mais de 20 colectivos chegados de diferentes puntos da xeografía galega que porán a música. Previamente, a oferta é variada con animación, teatro, xogos, obradoiros, xigantes e cabezudos... A principal novidade introducida nesta edición é a feira de produtos artesáns, con postos de venda de todo tipo de manufacturados e viandas. Para poder consultar toda a información relativa a esta celebración temos habilitada a páxina web www.noitedefiadeiro.com .
Queremos recordar unha vez máis que non se trata dun festival ou mostra de música tradicional ou folclórica, senón que é unha festa que implica ao visitante na súa dinámica. Deste xeito, procúrase que se poda bailar, tocar, cantar, ou simplemente disfrutar do ambiente da noite.
Para calquera suxestión ou pregunta o teléfono de contacto é o 639 90 80 05 (Alexandre), ou ben no correo rebulir@hotmail.com.
Sen máis, despedimos convidándovos a vir o vindeiro Sábado ata Ramirás. O noso agrademento por adiantado.
A Foliada deste mes de Abril en plena Primavera, será a máis numerosa no que a actuacións se refire, catro grupos comparten cartel:
1º.- O Gaiteiro Freixo con 92 primaveras terá a honra de abrir a verbena, seguro que xa nos tardaba algo velo outra vez polo Lar, a verdade que andivo algo liado cos temas do CD e tamén coas invitacións a participar en varios programas de tv.
2º.- Axouxere de Roupar, grupo Tradicional do veciño concello de Xermade, pero como din algunhas das suas compoñentes ?¡nos somos de Roupar !?.
3º.- As Cantareiras de Alende, formación ben coñecida onde ben acompañadas na parte masculina coa música, destacando as maravillosas voces das rapazas. Con un repertorio moi variado faránnos disfrutar da velada.
4º Os Azoughados de Churío, un quinteto cheo de forza, festeiros por natureza, con folgos dabondo para facer bailar os asistentes. Son os invitados de luxo que veñen dende a terra do Mandeo (Betanzos)
Logo de varios anos sen actuar en Compostela, os Marful voltarán este sábado 30 de abril ás 22 h no Auditorio de Galicia para presentar o aclamado "Manual de sedución".
As entradas anticipadas poden mercarse AQUÍ. Ofrecerán un concerto moi especial nun repaso polo disco sen esquecer temas recoñecibeis do primeiro. Logo dos concertos de Coruña e Porto, o grupo fará un concerto moi especial no Auditorio de Galicia.
Como vén sendo costume ao cuarteto fundacional (Ugia Pedreira, Marcos Teira, Pedro e Pablo Pascual) se lle sumará a excepcional sección rítmica de LAR Legido e Xacobe Martínez Antelo.
CONCERTO NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA E GRAVACIÓN DO PROGRAMA ALALÁ DA TVG DE PESDELÁN
Venres 29 de abril de 2011 ás 19h
Cidade da Cultura de Galicia
Santiago de Compostela (A Coruña)
Anímate a vir e botar uns bailes!!!
Pesdelán é un proxeto de música para baile
Levan vendidas máis de 3000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé, en tan so en 5 meses
Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante
O espazo Alalá da TVG vailles adicar un programa.
Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal (Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.).
O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido. Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008 facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade, en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Festival San Froilanciño (Lugo)...
É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas. Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador polo de público participante, e como non, pasalo ben.
"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema: o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas, para despois bailalos todos xuntos."
Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán. Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito divertido e participativo.
Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.
O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka, conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes do actual panorama artístico en Portugal e leva vendidas máis de 3000 copias en tan so cinco meses.
O sábado 30 de abril celebrarase o III Concurso de cantos de taberna. Participarán dezaseis formacións que percorrerán a zona de viños de 12:00h a 15:00h.
Cada grupo fará un percorrido por dez tabernas e serán os taberneiros os encargados da puntuación. O grupo que ao final do percorrido obteña maior puntuación será o gañador.
Establécense 3 premios:
1º premio: cea nun restaurante de Melide
2º premio: cesta de productos típicos
3º premio: cesta de productos típicos
GRUPOS
1. OS TRAPEIROS (Melide)
2. AXÓUXERE (Melide)
3. RONDALLA MORAIMA (Arzúa)
4. BINGO BIRÓN (Toques)
5. GRUPO DE VISANTOÑA (Santiso)
6. FIADEIRA (Antas de Ulla)
7. OS SUSTOS DE COUSO (A Estrada)
8. SOBREIRAS DO ULLA (Touro)
9. REVIRAVOLTA (O Pino)
10. ALÉN DO MAR (Bergondo)
11. O TRASNO (Santiago)
12. A FERRIÑA FURTIVA (Redondela)
13. A GHAITA DO AVÓ (Marín)
14. AIRIÑOS GALEGOS (Santurtzi)
15. A CASA DA TROULA (Rekalde)
O Real Coro "Toxos e Froles" ven traballando dende o seu nacemento no ano 1915 en dar valor á nosa cultura popular galega, en tódalas súas manifestacións. O presente Congreso non é máis que outro gran de area da nosa longa historia para seguir a facer camiño de busca das nosas tradicións.
Agardámo-la vosa presenza para participar con nós desta experiencia, e dámo-lo noso máis sincero agradecemento a tódolos poñentes pola súa inestimable colaboración.
Dende o Real Coro "Toxos e Froles" tamén queremos dar as grazas a tódolos que fan posible que o Congreso se poida levar adiante. Especialmente, ao Coordinador do mesmo, Fernando Dopico Blanco.
Terá lugar os días 29 e 30 de abril de 2011; o acto de inauguración será o día 29 de abril ás 20:00 horas. No noso Local Social, na Rúa Magdalena, 220, en Ferrol.
Podes inscribirte enviándonos un correo electrónico a info@toxosefroles.com, ou ben por teléfono (650 788 374), antes do día 27 de abril
No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG como ven sendo habitual, organiza coincidindo coa foliada de Melide, un seminario que nesta edición versará sobre a percusión tradicional.
A música tradicional galega é moi rica en instrumentos de percusión (pandeireta, pandeiro, bombo, culleres?) que dan ritmo as cancións e que son algo básico dentro da nosa música.
Estes instrumentos teñen a súa propia partitura e melodía que complementa á principal, polo que desenvolven un papel fundamental no campo da música tradicional galega.
A través deste Seminario de Percusión, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere poñer en valor e afondar neste aspecto da nosa música, contando para isto con dous especialistas de primeira orde como son Francisco Estévez ?Chuco? que será o engargado de conducir as 11 da mañá un relatorio e Roi Adrio que as 5 da tarde conducirá a sesión práctica.
Para formalizar a inscripción hai que enviar o impreso que se pode descargar aquí debidamente cumprimentado a Asociación de Gaiteiros Galegos por correo ordinario, Rúa Alfonso XIII 7, oficina 8, 36002 Pontevedra; ou por correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.com.
O prazo de inscrición rematará o 28 de abril ou cando se complete o aforo. En tal caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes de inscrición. A matrícula é gratuíta.
Informámosvos que se pecha o prazo de inscripción para o Seminario de Percusión que a AGG organiza en Melide o vindeiro sábado 30 por ter completo o aforo.
Monográfico: Actuar en público. Técnica, trucos e práctica. Anxo Pintos
Día 29 de abril
17h a 20h (3h)
Salón de actos da e-Trad
20 prazas
teórico - práctico
Último día de matriculación o 15 de abril 2011 (na oficina da e-Trad de luns a venres de 16h a 19h)
Vencer o medo a falar e presentarse en público. Comunicación verbal e non verbal. Actitude. Como afrontar problemas imprevistos. A importancia da indumentaria. Escenografía. Teoría e práctica
Preferencia de praza para aqueles alumnos do itinerario profesional que teñan elexida na matrícula a opción "cursos de curta duración". Curso con valor académico na e-Trad: computable por 3h
O grupo recibiu o galardón á mellor canción en galego por 'Alalá da noite', con letra de Manuel Rivas
Rosendo, Joan Manuel Serrat e La Shica foron os triunfadores da XV edición dos Premios da Música, cuxos gañadores deu a coñecer a Academia das Artes e as Ciencias da Música. Os galardóns entregaranse o próximo 18 de maio no Teatro Arteria Coliseum de Madrid.
Tanto Rosendo como Serrat impuxéronse en dúas categorías: o de Carabanchel nas de Mellor Álbum e Mellor Álbum Rock e o catalán por Mellor Canción e por Mellor Produción Musical Audiovisual grazas a 18 Minipelículas. Ambos os veteranos copan así as categorías máis desexadas.
La Shica completa o trío de artistas con dous galardóns ao ser sinalada como Artista Revelación polo seu álbum Supercop, e como Autor Revelación polo seu tema Con Dinamita, no que comparte créditos, iso si, con Fernando de la Rúa, Héctor González, Luís Domercq, Miguel Rodrigáñez e Pablo Martín Jones.
Completan o palmarés desta edición, xa todos cun único premio, Macaco como Mellor Álbum Pop, Kiko Veleno como Mellor Álbum Pop Alternativo, Los Planetas como Mellor Álbum de Rock Alternativo, Mala Rodríguez e Delorean como Mellor Tema de Música Electrónica.
Pola súa banda, o falecido Enrique Morente gañou o premio a Mellor Álbum de Flamenco por Morente Flamenco, mentres que Pastora Soler-que partía con tres nomeamentos- fíxose co de Mellor Álbum de Canción Española por 15 Años, Chano Domínguez co de Mellor Álbum de Jazz, Zenet co de Mellor Álbum de Fusión e Kepa Junkera co de Música Tradicional.
A película de Icíar Bollaín También la lluvia foi elixida como Mellor Banda Sonora. No apartado de música clásica, o Mellor Autor é Anxo Illarramendi por 3ª Sinfonía, e o recoñecemento a Mellor Intérprete é para Jordi Savall, Andrew Lawrence-King e Frank McGuire. O premio a Mellor Edición de Obra Musical Clásica vai para Luís Serrano Alarcón.
No que ten que ver cos premios ás diferentes linguas, María do Mar Bonet gañou o premio a Mellor Canción en Catalán-Valenciano por A Dansa da Primavera, Bide Ertzean a Mellor Canción en Eúscaro por Don Inorrez, Berrogüetto a Mellor Canción en Galego por Alalá dá Noite e Anabel Santiago a Mellor Canción en Asturiano por Ágora.
Suso Sáiz foi elixido como Mellor Produtor Artístico polos seus traballos con Iván Ferreiro, Diego Vasallo, Os Seis Días e Pol 3.14, mentres que Carlos Raia é oficialmente o Mellor Técnico de Son grazas ao seu labor cos murcianos M-Clan.
Precisamente M-Clan, grupo liderado por Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez foi o gran perdedor destes premios pois a pesar de partir con seis nomeamentos, só se alzaron co galardón a Mellor Técnico de Son, neste caso grazas ao labor de Carlos Raya. Así mesmo, Dani Martín, que contaba con tres nomeamentos, quedouse cunha man chea de nada e outra cousa de ningunha nesta ocasión.
Finalmente, Fito e Fitipaldis alzáronse co recoñecemento ao Mellor Vídeo Musical, do realizador Rafa Sañudo. O premio a Mellor Arreglista é para Joan Albert Amargós polos seus traballos con Tomatito
Doa volve ós escenarios cun disco no que combina músicas das Cantigas de Santa María de Alfonso X con letras dos poetas populares galego-portugueses
A que podería ser unha das primeiras cancións protesta da historia, na que Airas Nunes indaga na procura da verdade, afastada xa naquel tempo da Igrexa, e a que podería considerarse unha das primeiras pezas feministas, nas que mozas aldraxadas bailan arredor do causante dos seus males, morto, son só dúas das cantigas medievais que recolle A fronda dos cervos, o disco co que Doa volve ós escenarios.
O grupo presentará este traballo o vindeiro 4 de maio en Santiago, en Santo Domingo de Bonaval, ás 18.00 horas: o día 6 no Museo de Belas Artes da Coruña, ás 18.30 horas, e o 7 na Igrexa da Peregrina, en Pontevedra, ás 20.30 horas.
O cancioneiro medieval é alicerce da traxectoria de Doa desde os seus inicios. E este novo álbum está dedicado enteiramente á lírica medieval galego-portuguesa, máis de trinta anos despois do seu primeiro disco O Son da Estrela Escura.
"Temos este patrimonio cultural tan interesante, dunha beleza total, que ademais vai das cantigas de escarnio máis acedas ás de amor tan eróticas, case pornográficas, que non podo entender como os grupos galegos o esqueceron tanto. Moitos outros pobos non conservaron un patrimonio tan completo, nin teñen memoria da súa música ata o século XVII ou XVIII...", salientou Xoán Piñón, un dos integrantes dun grupo cuxa formación foi mudando moito cos anos.
"É que aquí non hai un núcleo que sexa propietario do grupo. Aquí, simplemente, quen ten unha idea, leva o nome de Doa no seu proxecto. É parte da nosa filosofía. Do mesmo xeito que tocamos o que nos apetece, non andamos pendentes do que está de moda ou do que nos podería dar moita gloria, aínda que despois os discos se venden ben. Eu creo que se a túa prioridade é facer o que á xente lle guste estás perdido, non podes ser libre para facer música. Nós non facemos un produto para a industria", sinalou.
A fronda dos cervos inclúe letras Pero Meogo, Meendinho, Martín Códax e Johan Garcia de Guilhade. Cada canción do disco vai acompañada dun pequeno estudo crítico-literario, asinado por Federido Pérez. A poeta Eva Veiga é ademais a autora do limiar, unha introdución á lírica medieval.
A voz de Susana de Lorenzo, a percusión e teclados de Bernardo Martínez, as gaitas, frautas e o xafón de Xaquín Blanco, a zanfona de Oscar Fernández e as guitarras e o laúde de Xoan Piñón interpretan, así, un repertorio que casa a música de cantigas de Santa María de Alfonso X con letras populares.
"Encaixan perfectamente. Ademais, Alfonso X foi un aglutinador, que recolleu músicas que cantaban os trobadores, quitándolles a letra. Así, temos no disco músicas das Cantigas de Santa María con letras das cantigas de amor e de amigo. Tamén dúas músicas de Xosé Quintas, combinadas con textos de Aires Nunes e Meendinho, ademais dunha composición de Bernardo e outra miña", indicou.
O álbum contén, por outra banda, temas instrumentais, baseados nas Cantigas Alfonso X, e unha alicerzada no Códice Calixtino. "O Códice está pensado para cantar en gregoriano. Nós conseguimos atopar unha métrica", subliñou. O grupo ten outra versión dos temas do disco, cantados por Rosa Cedrón, pero non chegou a editarse.
MÁIS "Todo está feito con respecto e coidado"
Doa é un grupo que deixa os discos respirar, con intervalos de cinco ou seis anos entre un e outro. O repertorio medieval estivo sempre no seu traballo.
"O primeiro foi un disco moi innovador nos arranxos, o segundo foi máis folk-rock, o terceiro tirou cara á harmonización do jazz, o cuarto foi máis cara á música de cámara", resumiu Pintos, que é tamén o autor das fotos do disco.
"Son imaxes do Courel. É que o que sucede nas letras do disco podería pasar no Courel, que ten partes que permanecen igual desde a Idade Media. O problema é que as canteiras están acabando con el", apuntou. O disco homenaxea, así, a floresta antiga, da que explica tamén a súa simboloxía -así como a do mar-.
A fronda dos cervos combina ademais a temática das cantigas medievais coa tecnoloxía moderna. "Pero está todo ben integrado, eu creo. No segundo disco amosabamos máis todo o poder da guitarra eléctrica. Neste case non se nota. Todo está feito con respecto, tranquilidade, coidado. Penso que quedou todo moi redondiño. E Susana adaptouse moi ben ás distintas tonalidades das cancións", concluíu.
Anda por Galicia adiante o músico galego Roi Casal e o seu grupo presentando un novo disco, intitulado Maxicamente vello.
Tiven a fortuna de asistir en Compostela á súa estrea no pasado mes de febreiro. Coñecín persoalmente a Roi cando, en pleno fragor da ofensiva contra o galego, o colectivo Galego Patrimonio da Humanidade organizou en Compostela un comicio cívico que Roi e o seu grupo amenizaron coa súa música, para deleite da asistencia. Ocorréusenos convidalos (iso de convidalo é un falar, pois actuaron de balde) despois de ver en YouTube a súa feliz versión do ourilucente poema de Manuel María dedicado ao idioma galego, texto que dá título ao devandito álbum, e que Roi difundira na rede naqueles atreboados momentos. Foi escoitar aquela marabillosa canción e mercar fungando Lendas douradas, un disco onde se ofrecen, entre outros tesouros, dúas auténticas xoias, senllas versións de poemas de Rosalía: Ninfa das frescas augas, chea de feitizo, e Tecín soia a miña tea, un illó de emoción.
Para gañar o futuro, un idioma precisa vivir asociado ás novidades
- A mocidade creativa. Pero non é do caso tecer un panexírico do novel músico de Catoira, non por defecto do seu mérito, senón porque non procede neste lugar. Cando saiamos, oufegando de enerxía, do seu concerto, demos en matinar no seu talento artístico e mais no exemplo que acababa de ofrecer dunha mocidade preparada, afouta e emprendedora, e na inmensa (e non sempre valorada) achega da música -isto é, dos músicos e as músicas-, na revitalización, espallamento e impulso á cultura galega, moi especialmente entre a xente nova. Sobre este segundo tema habemos de voltar noutra endeita. Reparemos arestora na mocidade creactiva (activa + creadora).
A nosa, demasiado ben o sabemos, é unha colectividade mergullada no pesimismo, cun serio déficit de autoconfianza e bombardeada afeito por mensaxes denigratorias: trasantonte Rosa Díez, estoutro día Montilla, onte a Marta de Gran Hermano, hoxe o túzaro castejano... Todo un orballo de menosprezo que nos enchoupa arreo. Incluso as forzas que pretenden activar a cidadanía galega recaen de cando en vez nas mensaxes catastrofistas: o galego baixa en picado, está no peor momento da súa historia, non pára de recuar. Seicasí, perante un panorama tan desalentador, remanece o milagre da xente nova, tan competente canto comprometida, que non se conforma co derrotismo, que evita o fácil recurso á pipela, que se nega a deixarse levar pola corrente, que quere abrir o seu propio camiño.
- Que xurdan cen escolas. Velaí o estudantado universitario, que é quen de rachar coas cadeas da inercia e do dirixismo sectario, e constrúe navíos en que singrar polos seus propios roteiros: Movemento Estudantil Universitario, Liga Estudantil Galega, Mocidades Federalistas Europeas... Que se abran cen flores e que abrollen cen escolas! Escolas diversas, capaces de achegaren matices necesarios e plurais puntos de vista a un diálogo aberto e ilustrado, escolas prestas a colaborar para avanzarmos en común. Todo o contrario do pensamento uniformizado, fósil e unanimista ao que se aferran os que non saben como afrontar os novos esixentes desafíos, que só acertan a repetir consignas gastas e esconxuros rituais. A incapacidade para debullar serenamente os erros do pasado é a mesma que impide mellorar as propostas para afrontar os retos do presente.
Lamentablemente, padecemos unhas elites dirixentes, uns líderes políticos e uns gobernantes enchoídos nos seus intereses de casta e carentes de amplitude de miras, e por tanto incapaces de inspirar un país no que non acreditan. Xentes que no canto de aguilloar, articular e orientar iniciativas cidadás, se entregan a desanimar, confundir e pechar os camiños. Pois o que haberá que facer é demostrar a Galicia, con argumentos, con feitos e con propostas, que somos país, e que somos quen de superar as dificultades que temos por diante. E para isto, nada máis convincente que a forza do exemplo. Acabamos de citar a Roi Casal. Reparemos agora, por sinal, en Jorge Coira e o seu brillante filme 18 comidas. Unha película de baixo presuposto e case sen promoción publicitaria, pero que apampa o público, ao mostrarnos unha Compostela distinta, atópica e heteroxénea, e por iso máis verdadeira. É que, por certo, dá toda unha lección de sociolingüística: puro tecnicolor idiomático, altamente recomendable para os nostálxicos do branco e negro. Non a perdan, se é que aínda non a viron!
- Os científicos novos e o galego. E falando de lingua e de achegas renovadoras, batemos en Jorge Mira, o flamante catedrático de electromagnética e coordinador do programa de divulgación científica ConCiencia. El e o seu equipo acaban de publicar un artigo no New Journal of Physics, titulado A importancia da semellanza interlingüística cara ao bilingüismo estable en situacións de competencia entre dúas linguas, onde presentan un modelo matemático capaz de predicir a evolución das situacións de contacto lingüístico. Un modelo que xa adiantaran o mesmo Mira e Ángel Paredes nun contributo publicado en 2005 na revista Europhysics Letters, xa daquela moi celebrado. O cal, por certo, nos lembra que na primeira liña de defensa do galego cando o blietzkrieg idiomático comandado polos señores que agora gobernan Galicia e disque mañá rexerán España, estiveron os xoves investigadores galegos en física de partículas residentes no CERN de Xenevra.
O traballo máis recente de Mira e o seu equipo -destacado entre outras institucións polo mítico MIT, a Sociedade Americana de Física e o Institute of Physics Publishing-, está a ter un impacto extraordinario na comunidade científica internacional. Resumindo ao máximo (o texto completo en inglés pódese baixar de balde da rede), os investigadores sosteñen que a supervivencia futura do galego é posible a condición de que se estabilice un numeroso grupo bilingüe, o que vén facilitado porque as linguas en competencia son bastante similares. Boas novas para o galego, non si? Unha das mellores recensións que lin en Internet titúlase precisamente How languages can live together without killing each other [Como poden vivir xuntos dous idiomas sen matar un ao outro]. Pois seica a súa conclusión de que o bilingüismo constitúe a solución máis viable de futuro para o galego lles valeu acedas críticas aquí en Galicia. En troques, o seu traballo espertou grande interese en países como Cataluña, Flandres ou Québec. O traballo, por certo, está a outorgar unha insólita visibilidade internacional á nosa lingua.
Volvendo ao rego, apunto: nunha situación de contacto de linguas, a innovación pode fornecer unha vantaxe decisiva. Para gañar o futuro, un idioma precisa vivir asociado ás novidades. Por iso, o porvir do galego, coma o do país, vaino deseñar esa xente creactiva que non recúa ante os atrancos, non renuncia a pelexar e ten competencia e afouteza para afrontar os desafíos contemporáneos con intelixencia, con imaxinación e con esforzo. Xente como Roi, como Coira e como Jorge Mira. Para tanto, cómpre que o país, apostando por eles e por elas (noutra entrega falaremos das mulleres), saiba, queira e poida apostar por si mesmo. Falta fai.
Corta feira 27 (Mércores)
? Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
Quinta feira 28 (Xoves)
? Raiba na Sala Capitol (Compostela)
? Fracasados de Antemano na Fábrica de Chocolate (Vigo)
Sexta feira 29 (Venres)
? III Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos (Ferrol)
? II Cursos Folk en Ferrolterra (Ferrol)
? Monográfico de Anxo Pintos: Actuar en público (Vigo)
? Pesdelán na Cidade da Cultura (Compostela) ás 19:00
? Ultraqans en Padrón
? Raiba no Baranda (Barco de Valdeorras)
? Serán de Beirán (Matamá-Vigo)
Sábado 30
? III Congreso de Música Tradicional Terra de Trasancos (Ferrol)
? II Cursos Folk en Ferrolterra (Ferrol)
? Festival Voces e Sons da Lingua: Roi Casal, Ugía Pedreira, Miro Casabella, Roberto Sobrado na Sala Capitol (Compostela) ás 19:30
? Seminario de Percusión en Melide
? III Concurso de Cantos de Taberna (Melide)
? I Concurso Gaita solista no auditorio municipal de Vigo ás 20:00
? I festival de música tradicional de Cerdedo, ás 20:00 no Centro Cultural de Cerdedo
? Quempallou e Çe orquestra Pantasma en Melide
? Marful no Auditorio de Galicia (Compostela) ás 22:00
? Raiba na sala London (Ordes)
? Deseqilibrio Mental no pub Gatos (Melide)
? Festa e Serán do Muiño da Regueira (Matamá-Vigo)
? VII Foliada de Melide
? V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
? Serán de Fozara (Ponteareas)
? Serán en Santa María (Salceda de Caselas)
Domingo 1
? II Cursos Folk en Ferrolterra (Ferrol)
? XI Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira-Silleda) ás 18:00
? Espido en Melide ás 19:00
Cinco experimentados músicos, inzados de retranca e bo humor que só queren xolda, paixón e frenesí, presentan agora o seu disco.
Os Ulträqäns fabrican un punk‐folk de ciencia ficción, frenético e rotundo, que soa familiar aos ouvidos educados nas tabernas pero nos que os sintetizadores e as bases rítmicas do funk e do ska están presentes ao longo do seu potente directo.
Excompoñentes ou compoñentes de grupos coma Os Diplomáticos de Monte Alto, Ruxe Ruxe, Os Papaqueixos, Alberto MBundi e a Turma Angologalaica, Skupe Skapa, GS 21, Deixa que xa!, Tres Trebóns, ou a Banda Tic Tac, por exemplo, inspíranse de composicións tradicionais de Bulgaria, Rumanía, Rusia, Armenia, Irlanda,e por suposto, Galicia, para fusionalas ate acadar unha mestura particular, fiel á consigna de levar as músicas de raigame tradicional ás ?discotascas??
Este CD, aquí presentado, composto por 17 temas, ilustrado polos impresionantes debuxos de Javi Prieto (debuxante Coruñés) ben podería pasar por unha banda deseñada ilustrada con música. Cada debuxo expresa dun xeito impactante os temas do disco.
Os Ulträqäns son:
- Aarón Bouzón: ..........frauta travesa, Ewi4000s, whistles e gaita
- Antón Díaz: ...............voz, baixo e contrabaixo eléctricos
- Fran Amil: .................batería, voz
- Tino Vilaro: ...............guitarra
- Tomás Saiz: ...............acordeón piano
Como dirían os Ulträqäns, a modo de saúdo ao público:
Que o desfruten.
Chipirixouuuuuuubaaaaaa!
As datas dos concertos confirmados están na axenda da web: www.abada.es
Quinta feira 21 (Xoves)
? XXIX Curso de Cultura Tradicional (Lugo)
? VI Obradoiros Xarabal (Vigo)
? Fracasados de antemano no Auriense (Ourense)
? Festival dos Gandarós (Salcedo-Pobra de Brollón): Quempallou, Fervelleasverzas, Aires da Poxa
? Serán do Sor (O Barqueiro)
? Serán na Sala The Star (Carral)
Sexta feira 22 (Venres)
? XXIX Curso de Cultura Tradicional (Lugo)
? VI Obradoiros Xarabal (Vigo)
? Quempallou en Arbo
? Onda Martenot no C.S. A Rebusca - Manzaneda
? Raiba no Zona Cero (Caldas de Reis)
Sábado 23
? XXIX Curso de Cultura Tradicional (Lugo)
? VI Obradoiros Xarabal (Vigo)
? Guezos no Garufa (A Coruña)
? Ultraqans no Pub Osixeno (Celanova)
? Raiba e K-raxe no Farandula (Vigo)
Domingo 24
? Baile asalto en Marín na Praza de Abastos ás 18:30
? A Roda en Cerdedo
? De outra margem no Aturuxo (Bueu)