Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo disco de Sondeseu
Sondeseu rende homenaxe aos construtores de embarcacións tradicionais no seu disco «Barlovento»

A nave da orquestra Sondeseu emprende no seu terceiro traballo, titulado Barlovento , unha navegación a favor da tradición oral, que evoluciona na musical actual e na sociedade urbana coa desaparición do mundo rural. « Barlovento é unha homenaxe a todas as manifestacións que tiveron un desenvolvemento importante nunha sociedade doutro tempo, e que hoxe en día, eses elementos culturais volver ser retomados; homenaxeamos aos construtores dos barcos tradicionais que volven sucar as rías galegas, agora xa con outras connotacións, pero sobre todo para non esquecer un patrimonio cultural moi importante en Galicia», explica Rodrigo Romaní, director da formación nacida dentro da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo (e-Trad).

Sondeseu é a única orquestra de folk existente en Galicia, e está formada por corenta alumnos da e-Trad. Neste disco, as composicións pertencen a Rodrigo Romaní, Anxo Pintos e Xaquín Xesteira, aínda que tamén incorporan unha canción de Rosa Cedrón. «Rosa Cedrón aparece con unha canción súa, Romance de Mirabella , á que lle fixemos un tratamento orquestral, e ela aparece como invitada especial, cantando», engade Rodrigo Romaní. A lista de colaboracións complétase coa presenza de Javier Feijoo, Xosé Liz, Xaquín Xesteira e o propio Rodrigo Romaní. O disco foi gravado no auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo, «co obxecto de captar o ambiente e a enerxía únicas que caracterizan os concertos de Sondeseu».

Tradición e modernidade
Rodrigo Romaní explica que Sondeseu «quere ser fiel á liña de tomar melodías tradicionais, incorporando a composición moderna como parte do tratamento pero non como elemento en si mesmo». De feito, todas as composición son pequenas suites de dous ou tres temas tradicionais encadeados, nas que están presentes sete instrumentos diferentes e un coro de dez voces femininas.

Rodrigo Romaní opina que a formación ten o futuro garantido. «Dende o punto de vista estrutural, Sondeseu vaise consolidar, ademais como líder dun proxecto europeo, e, desde o punto de vista musical, aínda estamos empezando a ver o que pode dar de si, porque é algo novo que acabamos de inventar e aínda non coñecemos todos os rexistros que ten este instrumento», conclúe o director desta formación que ten a súa xustificación no directo
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 13-04-2010 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
A nova marea negra
O Decreto do Plurilingüismo presentado por Feijóo revive o espírito de "Nunca Máis" e mobiliza o mundo da cultura contra o polémico texto

"Un concertazo contra o decretazo" do Decreto do Plurilingüismo. Así é como lle gusta denominar a Carlos Callón, presidente da Mesa e portavoz de Queremos Galego, o macrofestival musical que a plataforma cidadá organizou "contra as agresións ao idioma propio do país" o vindeiro sábado 17 de abril en Pontevedra.

Polas súas dimensións organizativas e os nomes dos grupos e artistas participantes, o concerto está chamado a converterse nun dos maiores fitos culturais da historia recente do país, nunha acción que lembra as mobilizacións rexistradas en Galicia cando a maré negra do Prestige asolou as costas e o goberno da Xunta teimaba en falar de "fiíños".

No concerto, colaboran desinteresadamente Fuxan os Ventos, A Quenlla, Berrogüetto, Luar na Lubre, Zurrumalla, Os Carunchos, Espido, Fía na Roca, Uxía, García MC (integrante de Dios que te crew), Os Tres Trebóns, Ruxe Ruxe, Galegoz e Lamatumbá. Tamén colabora para a iniciativa a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, que se encargará da animación do numeroso público que a plataforma agarda congregar.

Ante esta tarxeta de presentación, e co multitudinario éxito das manifestacións convocadas pola plataforma contra o texto do Goberno de Núñez Feijóo, desde Queremos Galego asegurarse que é un "motivo de orgullo nacional" contar con tantos grupos e bandas, músicos e artistas, "plenamente comprometidas e comprometidos co país no que viven, o país que senten, o país que transmiten dentro e fóra, nos seus traballos e actuacións".

"Dixemos non das maneiras máis dispares, a cada unha máis masiva, ás súas políticas de demolición da nosa lingua e da nosa cultura; faltábanos a de dicirllo cantando", ironizou Carlos Callón na presentación do festival, "trátase dunha festa reivindicativa, onde a mensaxe que se quere transmitir non impedirá gozar da música e do baile".

Para o macroconcerto puxéronse á venda entradas, que se poden adquirir ao prezo simbólico de dez euros en venda anticipada (doce euros no despacho do recinto, o propio día do concerto). Máis de medio cento de locais colaboran na venda das localidades en todas as comarcas do país. Así mesmo, estas tamén se poden comprar a través do sitio web queremosgalego.org.

Queremos Galego prevé a participación dun público do máis diverso e heteroxéneo, tendo en conta que o cartaz pretende achegar a música galega de hoxe nos seus máis variados estilos e expresións. Para a plataforma cidadá "é un evento para gozar e tamén para reivindicar que a nosa cultura non está nin ensimesmada nin acomplexada".

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2010 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Venda anticipada do Festival Queremos Galego
PUNTOS VENDA ENTRADAS FESTIVAL POLA LINGUA 17 ABRIL


Pontevedra

BNG: MARQUESA 3; 2º F
CIG: PASANTERIA S/N
CASA FILGUEIRA: PRAZA DA LEÑA s/n
A CASA DO LADO: PRAZA DA LEÑA s/n
LIBRERÍA PAZ: RÚA PEREGRINA
LIBRERÍA MICHELENA: RÚA MICHELENA
REI ZENTOLO: RÚA DONA TEREIXA 2
BAGOS: RÚA FLOREZ
TRISQUEL: RUA NOVA DE ABAIXO 14
LIBRARíA SEIJAS (avda. de Vigo)
FORGA: Rúa Médico Ballina, 14

Soutomaior:
Ruta 69 (Avenida Castelao, Arcade)
Baiuca O Turco

Pontecaldelas:
Heicho de dar queridiña (A Insua)

MORAÑA:
Café Bar Sergio (Rúa, 1)

O MORRAZO:

MARÍN:
Bar Undreground, en Marín Centro (Banda do río)
Pub H, en Seixo.
Bar O Tobo, en San Tomé de Piñeiro

MOAÑA:
Libraría O Pontillón (R/Concepción Arenal, 7)

Para Cangas, Bueu e Vilaboa chamar ao 986 313 414 ou mandar correo a omorrazo@queremosgalego.org

O Salnés
LOCAL COMARCAL BNG
Rúa Edelmiro Trillo nº 19 – Entrechán B
Tlf. 986 565 059 (Vilagarcía)
LOCAL COMARCAL CIG VILAGARCÍA
Rúa Alexandre Bóveda nº 2 – 2º
Tlf. 986 505 323
LIBRARÍA RAMÓN CABANILLAS de Cambados
Rúa Hospital nº 40 – Baixo
Tlf. 986 542 952
LIBRARÍA NOBEL de Vilagarcía
Edelmiro Trillo, 19
Tlf/Fax: 986 50 14 75

BAIXO MIÑO

A GUARDA
Sede Comarcal do BNG
R/Manuel Lomba 2-1º
Local da CIG
Praza da Guía nº3
Pódense reservar no teléfono 679986290

LUGO CENTRO:
· CIG Ronda da Muralla nº58 baixo - Lugo. 982225812
· BNG R/Miguel de Cervantes 34, 1º Entrechán – Lugo. 982280410
· Librería Trama. Avd. Coruña nº21 - Lugo. 982254063
· A Cova da Terra. Rúa Nóreas nº12 – Lugo
. Trasdescola. Centro LUG II (Rúa Pintor Corredoira, por debaixo de Maxisterio)
Vilalba: Pub Xanela

COMARCA FERROLTERRA:

Ferrol:
· ATENEO FERROLAN, RÚA MADALENA 202, 15402 FERROL . 981357970
· CIG, RÚA EDUARDO PONDAL 41-43, 15401 FERROL. 981352676
· BNG, RÚA NATURISTA LÓPEZ SEOANE 13 BA ESQUDA, 15403. 981364058
Cedeira: Bar O Mástil (Avenida de España, 13).TLF. 981 480 375

COMARCA SANTIAGO

Puntos de venda en Santiago cidade:
O DEZASEIS casa de Xantar Rúa De San Pedro, 16, 15703 Santiago De Compostela. 981577633
PAPELARIA XAQUÍN. Rua Nova De Abaixo, 10-16. 15706 Santiago De Compostela. 981599451
LIBRARIA PEDREIRARua Do Home Santo, 55.15703 Santiago De Compostela. 981585403
LOCAL COMARCAL BNG. Rua Do Home Santo, 54 baixo. 15703 Santiago De Compostela. 981585403
CIG. Santiago de Compostela. Miguel Ferro Caaveiro, 10. 15703. 981583200

Puntos de venda resto comarca Santiago
FERLÓS. Praza da Mahía, 5. 15220 Ames. 981884406
CASA DO PATÍN. Porta Fondo da Vila, 4. 15900 Padrón. 981 810 705
LIBRARÍA SAR. Praza das Macías, 5. 15900 Padrón. 981811320

COMARCA DA MARIÑA

Burela
CIG. Avda. Arcadio Pardiñas, 137-2º Dta. - Burela.982581861amarinha@galizacig.net
BAR VISTA ALEGRE. Avda. Arcado Pardiñas-fronte a gasolineira – Burela. 982581612
miguelvistaalegre@hotmail.com
PARRILLADA DE JANDRO. Rúa Circunvalación - Burela. 616758322. alejandroladra@hotmail.com
BAR A FAZENDA. Rúa Lamestra, 19 - Burela. 635401078. afazendacafe@gmail.com

Cervo
BNG. Rúa dos Campos, 3 San Cibrao – Cervo. 619591152. bng_cervo@hotmail.com
O BAR DE COPA. Rúa Xosé Álvarez, s/n – Cervo. 619591152. gzlis@hotmail.com

Foz
BNG.Avda. Da Mariña, 34- Baixo – Foz. 982140654. amarinha@bng-galiza.org

Ribadeo
CIG. Avda. De Galiza, nº 20 – 3º andar - Ribadeo. amarinha@galizacig.net
CAFETERÍA O CANTÓN. Cantón dos Moreno - Ribadeo. 982128735
LIBRARIA A CASA DAS LETRAS. Rúa Rodríguez Murias – Ribadeo. buzoncdl@yahoo.es
CIG. Rúa García Doriga, s/n 2º andar – Viveiro. amarinha@galizacig.net

A Estrada

Oficina Municipal de Información Xuvenil
Libraría Alberte Quiñoi
Local da ACOE
Libraría Faro
Cafetaría A Farola
BNG da Estrada (Rúa Xusto Martínez, 12-1º C)

Lalín
■Cafetería Galopín
■Pub Barriga Verde

VIGO
Forga: Avda Aeroporto, 92-1º -36206- Vigo. Preguntar por Chus da Torre
CIG - Federación de Ensino: Gregorio Espino, 47 baixo -36205 – Vigo.
BNG: Celso Emilio Ferreiro, 3 Vigo.
Tipo Vigo Discos: r/ López Mora, 47 – 36211 - Vigo
Libraría Cartabón: Urzáiz, 125 -36205 - Vigo
Libraría Andel: r/ Pintor Lugrís, 10 -36211- Vigo
As. Veciñal de Teis. Preguntar por Anxo Igrexas.
Comunidade de Montes de Teis. Preguntar por Manuel.
Fruitas Vilar: Avda. Castelao, 43-45 baixo. Á esquerda.
r/ López Mora, 47 baixo. Fronte Ekoama
r/ José Antela Conde, 2 – Calvario
Avda. Castrelos, 40. Pasando pavillón
A Curuxa Taberna: Rúa dos Cesteiros, 7
A Nosa Terra: Rúa do Príncipe, 22
Libraría Mendinho: Avenida de Castelao, 7

O CARBALLIÑO E O RIBEIRO

O Carballiño: chamar aos seguintes teléfonos:
667363267
616147591
600876196.

O Ribeiro:
647983612

COMARCA DA CORUÑA

Carral: Local da Asociación Cultura Aberta en horario de tarde. Ou chamar ao 678 799 376 (Amancio)

A Coruña:
- Nicetrip (Rúa Curros Enríquez, 29 baixo)
- CIG (Edificio sindical Avenida Afonso Molina, 6º andar)
- BNG (Rolda de Outeiro, 62 - entresollado)
- A Cova Céltica (Rúa do Orzán, 82)
- O Tabuleiro (Rúa do Anxo, 9)
- Libraría Sisargas (Rúa Curros Enríquez, 9)
- Libraría Couceiro (Praza do Libro)
- A Repichoca (Rúa Beiramar, 13)
- Patachim (Rúa Beiramar, 16)
- Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa dos Olmos, 16-18, 1º)
- A Casa da Moura (Rúa da Barreira, 9)
- O Alfaiate (Rúa San Xoán, 7)

Betanzos:

- Adega O Barral (Avenida da Coruña, xunto aos institutos)
- O Picho Carolo (Soportais da Cañota, nas Calexas)

Arteixo:

- As entradas véndense a través da AC Monte da Estrela. Pódese contactar coa asociación a través do seu web ou do correo-e: acmontedaestrela@gmail.com

Oleiros:

- Cafetaría Melide (xunto ao Centro de Saúde de Perillo)

Cambre:
- Casa Alfredo (Cecebre)

ALLARIZ E A LIMIA

Allariz: O Sarillo (Alexandre Bóveda, 4 - baixo) e Café Roi Xordo (Praza dos Mesóns)

Maceda: Taberna Casa Rosa.

Xinzo de Limia: Agasallos Micaliñas (Avenida de Ourense, 13)

O Barco de Valdeorras

Local da CIG-Saúde (en horario de mañá). Hospital comarcal

Verín

Local da CIG (Rúa Pedro González, 5 - 1º)

Ourense

BNG (Rúa da Concordia, 29 -5º)
Livraría Torga (Rúa da Paz, 12)
Café Cultural Auriense (Praza do Corrixidor).
Biblioteca Central de Ourense, na zona universitaria.

Celanova

Bar Onde Queiras (Rúa Castor Elices, 20)
Cafetaría Londres (Rúa Emilia Pardo Bazán, 4)

Bergantiños

Carballo: Taberna O Patacón (zona dos Baños vellos), Libraría Brañas (Gran Vía) e Local da CIG (Rúa Río Sil)

A Laracha: Libraría Como unha novela (Rúa Santa Lucía)

A Costa da Morte

Cee: Local da CIG (Rúa O Son)

Corcubión: Quiosco Rosalía (Praza de Castelao)

A BARBANZA

Ribeira: 638 070 867 Xosé Antonio V. Cobas

A Pobra: 699 116 776 Manel Casal

Boiro : 676 492 485 Daniel Ermo

Rianxo : 654697768 Adolfo Muínhos

A Montaña

Arzúa: Bar Pedrito

Muros

A Casa da Churra
O Pouso
Pub O Muíño (Louro)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2010 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
A cociña a lume lento de Marful

O cuarteto ultima a gravación do seu segundo disco, que sairá este ano - A banda incorpora máis repertorio propio e ritmos de todo o mundo


Un gato rubio e sen nome que se espreguiza ao sol despois da sesta vespertina é un dos 500 habitantes oficiais da parroquia de Caritel (Ponte Caldelas). O día de abril luminoso na primavera intermitente convida a gozar, ao aire libre, das correntes que envolven a lindeira Serra do Suído e espeluxan os teitos das carballeiras. Agora que calaron o remorso da chuvia e o estourido da madeira seca no lume, a quietude é clamorosa.


Apenas serán uns minutos, mais son efectivos para recargar baterías. A carón da mascota anónima que outra volta claudica sen resistencia e abandónase ao sono, a vocalista e compositora Ugia Pedreira apura a pausa. Tamén tivo que ver esta tranquilidade nos motivos que conduciron á súa banda, Marful, a estar aquí. O grupo remata estes días a gravación do seu segundo álbum. Só resta a voz da cantante e para ese proceso escolleron os estudos Savik Sound, ubicados nunha casa de arquitectura indiana construída a principios do século XX na pequena parroquia e que atesoura unha mesa analóxica dos 80 que achega, segundo o técnico José Trincado, Triki, "calidez, un son peculiar marca da casa". O contexto semella a pé feito para cadrar coa identidade musical dunha banda con querenza especial polos ritmos de ida e volta. "O que máis me gusta desta profesión é estar no palco e escribir, o estudio é o que peor levo; así que, polo menos, compensa o feito de facelo neste lugar", revela. Non é a única confidencia da artista, disposta a compartir unhas horas do seu traballo ao pé do micro, o punto onde converxen ideas probadas, ocorrencias posteriores e o intre preciso en que a cantante se coloca a gravar.

A mecánica aseméllase ao xeito de filmar unha secuencia de cine que amosa o como-se-fixo. Cada tema é un quebracabezas que se pensa, se ensaia, se pule e se escoita, unha e outra vez, para acadar o matiz desexado, o punto interpretativo que require a letra, as inflexións que dialogan cos arranxos e o final que pon o contrapunto aos instrumentos. Nos últimos dous meses, os outros tres membros de Marful, os irmáns Pedro e Pablo Pascual e Marcos Teira, rexistraron as bases musicais propias e as da avultada e ilustre nómina de colaboradores. Ademais dos habituais, o batería Lar Legido e o contrabaixista Xacobe Martínez Antelo, no novo disco de Marful soan os cubanos Alejandro Vargas (piano) e José Manuel Díaz (contrabaixo), a trompeta do músico británico David Herrington, os violíns de Diego Galaz e de Quim Farinha e a serra de Germán Díaz.

Pedreira concéntrase nas observacións apuntadas por Pedro Pascual, quen a acompaña estes días decisivos, un disco aínda sen título e sen data de lanzamento, polo de agora, aínda que será en 2010. Non hai precipitación nesta cociña aberta aos sabores insólitos e que guisa a lume lento, como recomenda o bo xantar. Neste grupo, por certo, hai requintados gastrónomos. Esta tarde incorporáse ademais outra visita, pero é da casa. A cantante Guadi Galego únese ao dúo como colega de profesión, como profesora de canto na escola A Central Folque que dirixe Pedreira e, sobre todo, como amiga de Marful.

Empezan pola Jota para Frank Sinatra. É un tema complexo, con cambios de ritmo e solos de trompeta poderosos que retan á cantante, visibelmente conmovida pola intensidade. "Os músicos traballaron con total liberdade no seu terreo, agora tócame a min facer as miñas aportacións e, ao tempo, axustarme ás variacións dos temas respecto do pactado nos ensaios", explica a cantante. O tema no que traballan nese intre é un dos que xa ten aparecido no repertorio en directo de Marful, porque ao grupo lle gusta ir probando as novas composicións antes do seu lanzamento oficial. O que toca agora é traspoñer ao estudio a interpretación cuñada en vivo.

Até o momento, a actuación do pasado 27 de marzo en Pontevedra, compartindo cartel con Bonovo, é a última de Marful. Tamén foi a única contratada polo Xacobeo para todo este ano. O grupo aproveitou a ocasión para probar en directo outras primicias, como Maria Ninguém, do brasileiro Carlos Lyra que antes foi versionado por Rita Lee e por Brigitte Bardot, Pasodoble Universal, que sairá como primeiro sinxelo, e De Vigo vuelvo, a recreación dunha partitura que Pedro atopou nun anticuario na fronteira francesa. Chamoulle a atención o título e resolveron conservalo coa melodía, para a que Pedreira compuxo a letra. De quen case nada se sabe é do seu autor, un tal Ray Fortuny que algo debeu de andar por Galicia.

"En comparación con Salón de baile [o primeiro disco, autoeditado en 2006], o peso das nosas composicións é maior neste traballo", indica Pablo Pascual. Hai outras novidades salientábeis, como o aumento da variedade instrumental, debida á versatilidade dos músicos. Pablo toca varios tipos de clarinetes; ademais do seu acordeón diatónico, Pedro asume mandolinas, o banjo e a accordina, unha especie de mestura entre o acordeón e a harmónica; o guitarrista Marcos Teira incorpora aos seus ritmos aflamencados guitarras eléctricas, cavaquinhos e o tres cubano. "Ningún destes instrumentos está tocado ao xeito habitual, é algo que nunca antes fixera con Marful", apunta Teira. América e os sons que cruzaron o charco nas maletas dos emigrantes segue no referente, mais tamén con olladas a Europa "agora con moita más elaboración. Porque non somos arqueólogos e cada tema ten un tratamento diferenciado", afirma Pedro.

Postais do mundo
A nova páxina web do grupo (marful.info), deseñada a partir dunha creatividade do artista lalinense Misha Bies Golas, será a plataforma de lanzamento do primeiro single deste segundo disco pendente de bautismo. O 25 de abril, chiscadela a Portugal, estará dispoñible a versión definitiva de Pasodoble Universal. A súa escolla como adianto non é casualidade, pero tampouco é elección ao uso.

"Decidimos empezar a presentar este disco cun tema que é unha canción de estampas, unha chiscadela chea de humor e desenfado, moi diferente ao ton do disco anterior, para que prenda na curiosidade do público e lle apeteza saber máis de nós, pero o resto do novo traballo ten pouco que ver con esta composición", explica Pedro Pascual. Tomando como referencia o pasodobre, emblema da música española, a composición de Marful viaxa polo mundo evocando ritmos nacionais doadamente identificábeis.

Nalgo menos de catro minutos, na versión provisional que xa se pode escoitar no portal virtual do cuarteto, soan compases dos pasodobres Madrid, Islas Canarias e Granada sobre unha melodía orixinal, fado e bossanova. A letra, un texto que repasa as viaxes do grupo en clave surrealista, tamén alude a Francia e Cuba e remata cun significativo "se non me perdo nas voltas, Galiza eu volto a ti" sobre unha alborada. Música galega convertida en canle de intercambio e comunicación cultural.

Marful continúa axitando a cocteleira sonora na que se mesturan os ritmos da viaxe musical emprendida pola banda desde a súa formación. O festival de Ortigueira, a comezos do vindeiro xullo, e o Teatro Colón da Coruña, en setembro, son as próximas citas confirmadas nas que Marful irá debullando as novas cancións, elaboradas con ingredientes da despensa tradicional ao gusto contemporáneo.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2010 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana

Corta feira 14 (Mércores)
• Presentación do libro " Os Instrumentos musicais na tradición galega" no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra ás 20:00 ADIADO
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 15 (Xoves)
• Presentación do libro "Bailabén" no Salón de Actos do Centro Lug II de Lugo ás 20:00
• Berroguetto no C.C Caixanova de Vigo

Sexta feira 16 (Venres)
• Pito de Pikasso na sala Ese (Boiro)
• Labazada na Gentalha do Pichel (Compostela)
• MachinaGz no Badulake rock (Ordes)
• Tromentelo Chispum no pub Gatos (Melide)
• Nao no Chiorta (Cuntis)

Sábado 17
• A Roda e Ruxe-Ruxe no Pazo de Mos
• Nao na Tiradoura (Cangas do Morrazo)
• Ergom no Tarabela (Lalín)
• Brath e María do Ceo no Auditorio Municipal de Vilalba
• Guezos na sala Mogay (Chantada)
• Festival Orgulho de País (Dodro): Zenzar, O Leo i Arremecaghona, Intercoles, Secho e os invisibles, DeepSound.
• Festival Queremos Galego: Luar na Lubre, Berroguetto, Ruxe-Ruxe, Fuxan os Ventos, A Quenlla,... no recinto Feiral de Pontevedra
• Serán en Ventín (Fornelos de Montes)
• Serán en Vilacoba (Salvaterra de Miño)
• Serán no torreiro de San Roque de Morgadáns
• Serán en Mourelle-Gargamala (Mondariz)
• Ruada en Cabaleiros (Tordoia)

Domingo 18
• Berroguetto no Teatro Rosalia de Castro (A Coruña)
• XI Concurso de Música Tradicional Xiradela (Arteixo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-04-2010 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Ventín (Fornelos de Montes)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-04-2010 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada en Cabaleiros (Tordoia)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-04-2010 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Macrofestival Queremos Galego en Pontevedra
Histórico festival a celebrar en Pontevedra pola defensa do galego.

www.queremosgalego.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-04-2010 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Concertazo contra o decretazo
Un 'cartel histórico' únese a prol do ensino do galego

'Música contra o Decretazo'. Este é o slogan do concerto que a plataforma Queremos Galego organiza en Pontevedra o próximo sábado 17 de abril. Uxía Senlle e Carlos Callón presentaron o evento en Santiago.

Berroguëtto, Fía na Roca, A Quenlla, Luar Na Lubre, Fuxan os Ventos, Ruxe-Ruxe, Os Tres Trebóns, Galegoz, Os Carunchos, Zurrumalla, Espido, Lamatumbá, García MC, Asociación de Gaiteros Galegos, e Uxía Senlle sucederanse no Recinto Feiral da cidade do Lérez a partir das 19h30.

As entradas terán un prezo 10 euros en anticipada, 12 no recinto do concerto. Pódense mercar en puntos de venda publicados na web do colectivo cidadá.

Uxía Senlle fixo de voceira dos músicos colaboradores. “Vai ser un concerto histórico pola cantidade de grupos e polo carácter simbólico do acto; agardamos unha resposta masiva (...) igual que nas distintas mobilizacións a prol do uso do galego na escola”, animou a cantante.

Senlle animou a acudir a Pontevedra en defensa dunha lingua “que abre horizontes e que nos permite estar en contacto con outros países, como Brasil ou Portugal”. Como proba da vitalidade da escena do país, a cantante argumentou que “imos poder escoitar dende o rock en galego até o folk e outras moitas expresións”. A artista destacou o carácter “lúdico” do evento para que “teñamos mil primaveras máis” a prol da lingua.

'Só nos faltaba dicilo cantando', responde Callón a Anxo Lorenzo
O voceiro da Mesa pola Normalización lembroulle ao secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, que a maioría do tecido social galego pronunciouse en contra do polémico “Decreto do Plurilingüismo”. “Só nos faltaba dicilo cantando”, ironizou Carlos Callón na presentación do “concertazo contra o decretazo” cun “cartel en verdade histórico”.

Callón criticou as palabras de Lorenzo, que cualificou de “político” o rexeitamento do Consello Escolar de Galicia a nova norma.

O portavoz dixo que “hai un clamor unánime na sociedade” para manter o actual texto, que fixa nun 50 por cento as aulas galegas nalgúns cursos. Así, Callón lembrou que a práctica totalidade de asociacións de pais, alumnos e profesores rexeitaron a contrareforma impulsada polo PP.

O voceiro argumenta que os conservadores insisten en derrogar o texto do bipartito “sen importarlle a opinión nin tan sequera a opinión dos votantes do PP”. Así, recordou que varios ex-altos cargos cos gobernos de Manuel Fraga, caso do ex-conselleiro de Cultura Daniel Barata, xa se pronunciaron contra o “decretazo”.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-04-2010 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
XI Concurso de Música Tradicional Xiradela (Arteixo)

XI CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL
GRUPOS DE PANDERETEIRAS


BASES

1. É un concurso no que poderán participar grupos de asociacións xuvenís, culturais e recreativas, folclóricas, de veciños, etc..., que o desexen.

2. Constará dunha modalidade: grupos de pandereteiras.

3. Na modalidade de pandeireta haberá catro categorías, que dependerá da idade da maioría dos compoñentes:

CATEGORÍA A: ata os 10 anos.
CATEGORÍA B: de 11 a 13 anos.
CATEGORÍA C: de 14 a 17 anos.
CATEGORÍA D: de 18 anos en diante.

4. Os grupos participantes poderán ser: femininos, masculinos ou mixtos, sendo obrigatorio o uso do traxe tradicional.

5. Os participantes non poderán concorrer en máis dun grupo.

6. Os premios serán os seguintes:

PANDERETEIRAS:

CATEGORÍA A e B: 1º premio: Trofeo e 200 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.

Premio ó mellor vestiario en cada categoría

CATEGORÍA C e D: 1º premio: Trofeo e 250 €
2º premio: Trofeo e 150 €
3º premio: Trofeo.

Premio ó mellor vestiario en cada categoría.

7. Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, para interpretar a/ás peza/s coas que tomará parte no certame. O grupo que sobrepase dito tempo quedará descalificado.

8. No momento da calificación o xurado terá en conta:
- Autenticidade da peza, que terá que ser tradicional
- Dificultade da mesma.
- Afinación e interpretación.

9. O concurso terá lugar o día 18 de Abril de 2010 con horario de mañá e tarde, (aínda por determinar) para os Grupos de Pandereteiras, no Centro Cívico Cultural de Arteixo. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente.


Este ano por motivos económicos non se poderá realizar o concurso de cuartetos de gaita nin de gaiteiros solistas.A.X. Xiradela pide desculpas a todos aqueles que quixesen participar.
Comentarios (27) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 12-04-2010 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
II Concurso de cantos de taberna (Melide)
A Asociación Cultural e Musical O Castelo organiza dentro da programación da VI FOLIADA DE MELIDE o “II Concurso de cantos de taberna” que se celebrará en Melide o sábado 24 de abril entre as 12:00h e as 15:00h

BASES

1. Participarán un máximo de 12 grupos que serán incluidos por orde de inscrición

2. Os grupos participantes estarán compostos por un máximo de dez compoñentes

3. A inscrición é gratuita e poderase realizar mediante o e-mail da organización: foliadamelide@gmail.com, ou ben chamando o tlf: 699 173 568

4. O repertorio será preferiblemente tradicional

5. Cada grupo percorrerá un itinerario diferente e irá acompañado por un membro da organización

6. En cada taberna cantarase un só tema, podendo utilizar o mesmo tema en todas as tabernas

7. Da puntuación encargarase o taberneir@ correspondente

8. A puntuación establecerase entre 1 e 10 puntos en cada taberna. O grupo que ao final do percorrido consega máis puntos será o gañador do concurso

9. Establécense tres premios:
1º premio: cea nun reastaurante da vila
2º premio: cesta de productos típicos
3º premio: cesta de productos típicos

10. A resolución do concurso e a entrega de premios realizarase o mesmo día do concurso coa actuación dos grupos gañadores
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 12-04-2010 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 9 (Venres)
• The Homens no Zona Zero de Caldas de Reis
• Zenzar no Pub Sirena (Corcubión)
• Ergom no Clavicémbalo (Lugo)
• Berroguetto no Pazo da cultura de Pontevedra
• Susana Seivane no C.C Caixanova de Vigo ás 20:30
• Luar na lubre no Coliseum da Coruña ás 21:00
• Xistra de Coruxo na taberna Rianxeira (Matamá-Vigo) ás 22:00
• Serán en Beirán (Matamá-Vigo)
• III Serán da Unión en San Pedro (Nigrán)

Sábado 10
• Berroguetto no FNAC A Coruña, ás 19:00
• O Sonoro Maxín na Iguana Club (Vigo)
• Guezos na Tiradoura (Cangas do Morrazo)
• Skacha no Auriense (Ourense)
• Nao na Sala O Foso (Santa Comba)
• The Homens no Sala son de Cangas do Morrazo
• Cristina Pato e Mutenrohi no Tetro Jofre de Ferrol
• Contracocheno no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
• Serán en Angudes (Crecente)
• Serán de Fozara (Ponteareas)

Domingo 11
• XV Xantar Gaiteiro en Lalín
• Vaamonde, Lamas & Romero no Auditorio de Galicia (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-04-2010 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
9 de abril
- Serán de Beirán (Matamá-Vigo)
- III Serán da Unión en San Pedro (Nigrán)

10 de abril
- Serán de Fozara (Ponteareas)
- Serán de Angudes (Crecente)

17 de abril
- Serán en Ventín (Fornelos de Montes)
- Serán en Vilacoba (Salvaterra de Miño)
- Serán no torreiro de San Roque de Morgadáns
- Serán en Mourelle-Gargamala (Mondariz)

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán do Patrocinio (Rianxo)
- Serán en Ribadavia

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)
- II Serán de Boborás (O Carballiño, Ourense)
- III Serán en Santa María de Salceda (Salceda de Caselas) no torreiro da Igrexa

8 de Maio
- III Ruada de Catoira
- V Serán do Mar de Rianxo

15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
- Serán en Borreiros (Gondomar)

16 de Maio
- Serán na Insua (Pontecaldelas) no torreiro Eiravella

22 de Maio
- Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)

29de Maio
- Serán de Coto (O Carballal-Vigo)

30 de Maio
-Tarde de Fiadeiro en Vide (As Neves)

5 de xuño
Serán do Remuiño (Paraños-Covelo)

6 de xuño
- Foliada de lembranza na Ponte de Mourentán (Arbo)

11 de xuño
- Serán no Viso (Redondela)

12 de xuño
- Foliada na casa de veciños de Baíña (sede Airiños da Lagoa)
- Serán en Freaza(Fornelos de Montes) organizado por Eugenio da Pedra Quetiña de Touton.

19 de xuño
- Serán da "Noite da Moura" no campo da festa de Rebordechán (Crecente)


Para localizar os Seráns: Mapa dos Seráns

Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-04-2010 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre estrea no Coliseum o seu proxecto medieval
O grupo homenaxeará ao público coruñés e dedicaralle o seu Premio da Música no concerto que ofrecerá hoxe venres 9 de abril no no recinto do Coliseum da Coruña.


O grupo folk coruñés Luar na Lubre ofrecerá un concerto este venres 9 de abril no Coliseum, dentro do ciclo Música con Raíces. Segundo anunciou o líder do conxunto, Bieito Romero, o recital será especial por varios motivos: ofrecerán ao público coruñés o seu recente Premio da Música, e presentarán un adianto do seu novo traballo, baseado na lírica medieval galegoportuguesa.

O recital foi presentado onte polo músico e pola concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, que destacou a Luar na Lubre como o grupo folk máis importante de España: Esta banda é unha embaixadora da nosa cidade e de Galicia no mundo, afirmou a edil, en referencia á transcendencia internacional da banda nos seus 24 anos de historia.

Bieito Romero agradeceu as palabras de Bravo, e afirmou que a intención do concerto que celebrarán no multiusos coruñés é facer unha homenaxe ao que foi o seu público e a súa fonte de inspiración durante o seu cuarto de século de historia: Esta cidade e Galicia son o centro referencial da nosa música, na que tentamos reflectir a alma, o corazón e o espírito da nosa contorna, explicou o músico.

Romero asegurou tamén que o recital será especial por outro motivo, ademais de por ser a primeira ocasión na que tocarán en solitario no Coliseum: Luar na Lubre presentará temas do que vai ser o seu próximo disco, baseado na lírica medieval galegoportuguesa de autores como Martín Códax ou Alfonso X O Sabio: Vai ser un disco novo avanzou o músico, que irá acompañado dun espectáculo visual de luces e proxeccións, do que ofreceremos unha mostra no concerto.
Romero non ocultou o ambicioso do proxecto, para o que está a levar a cabo un laborioso labor de investigación, e a pesar de recoñecer que é un tema delicado, afirmou que tratarían os textos e as músicas medievais desde a súa propia perspectiva: A lírica medieval é moi pouco coñecida, coñécella máis fóra, e o tratamento novo que lle imos a dar nós nunca se fixo por aquí, advirte o gaiteiro.

Para lograr os seus obxectivos, os músicos de Luar na Lubre recuperarán instrumentos da época, como a zanfona e determinados tipos de frauta, pero engadirán tamén toques de sons en grao sumo contemporáneo, que chamarán a atención dos máis puristas: Imos incluír programacións electrónicas, que pegan moi ben con ese tipo de música, anunciou Romero, que destacou que dentro da música do seu grupo, eminentemente acústica, pretenden darlle un impulso ao uso de tecnoloxías contemporáneas, en principio antagónicas aos seus postulados artísticos tradicionais.

Bieito Romero, cuxo grupo goza de gran prestixio nos círculos mundiais da world music, mostrouse confiado na dimensión internacional deste novo proxecto, a pesar de centrarse nunha lírica e unhas músicas eminentemente locais.


www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-04-2010 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista e concerto en Vigo de Susana seivane

A artista inicia hoxe en Vigo a xira do seu cuarto disco, "os soños que volven"

Susana Seivane (Barcelona, 1976), é a herdeira dunha das familias con máis prestixio no mundo da gaita. No seu catro discos demostrou un estilo xenuíno que achega nova cor á música tradicional galega.


Naceu, como quen di, abrazada a unha gaita. Ao tres anos de idade o seu pai, Álvaro Seivane, ensinoulle a escala musical nun teclado e nun punteiro de gaita e ao cumprir o catro, a pequena Susana pediu como regalo a súa primeira gaita, que o seu avó Xosé fíxolle a medida. Desde entón, non deixou de tocar e agora cumpre dez anos sobre o escenario co seu cuarto disco, ?os soños que volven?, que esta noite de venres(20.30 horas) presenta no Teatro Caixanova de Vigo. Lugo o día 24 e numerosos puntos de Galicia durante todo o verán, serán os seus próximos destinos.

os soños que volven, significa que non conseguiu cumprilos?

?Ao contrario, sinto unha privilexiada e estou orgullosa porque cando saquei o meu primeiro disco non imaxinaba que as cousas sairían así e que os promotores internacionais chamaríanme para participar en festivais tan interesantes. Os soños volven porque neste disco quería recuperar melodías tradicionais que foron importantes para min desde que aos 3 anos descubrín a música galega, grandes clásicos do noso patrimonio que, algúns, estaban a quedar no esquecemento. Tamén fago unha homenaxe a músicos que marcaron a miña vida, como Milladoiro ou ?Moxenas?.

?A súa forma de achegarse a eses temas desde que era nena a hoxe, será moi diferente.

?Evolucionou a miña forma de tocar e vestín as melodías coas miñas propias cores; con arranxos moi modernos e mesmo electrónicos e eu creo que o resultado é moi bonito.

?Volverá soar a súa voz sobre o escenario?

?Fun introducindo a miña voz aos poucos. No primeiro disco facía unha segunda voz; no segundo atrevíame a cantar un tema composto por min e no terceiro, animada por amigas como Uxía, Guadi e Mercedes Peón, xa cantei varias cancións. Vou seguir cantando, porque me gusta e porque é algo moi propio da nosa música. Con todo, sígome expresando mellor coa gaita que coa voz. Creo que é algo natural porque case aprendín antes a tocar a gaita que a falar.

?Este disco editouno no seu propio selo discográfico. Que gañou con respecto ao seu tres anteriores traballos?


?Gústame facer as cousas á miña maneira e, mesmo, desde 2002, teño a miña propia empresa de contratación. Tiven unha relación moi boa co meu anterior discográfica, Boa Music, pero agora son máis libre.

?Regala un disco co prezo da entrada ao concerto. Nos tempos que corren hai que buscar novas fórmulas?

?Hai que animar á xente a acudir aos concertos que son, á fin e ao cabo, o que importa. Artistas e público temos que axuntar esforzos para que isto non se acabe.

?Cunha familia como a súa, de avós e pais gaiteiros, era case obrigado que comezase a tocar o instrumento.

?Nunca sentín obrigada a nada; máis ben obrigueilles eu a eles a facerme unha gaita a medida cando cumpí o catro anos. Parece de xoguete e o soplete é como un chupete. Fanse moi poucas gaitas así porque é un instrumento que require forza. A min saíame de dentro e iso chamaba moito a atención.

?Como exporá os concertos desta nova xira?

?Será unha viaxe polo catro discos que publiquei, centrándome especialmente neste último. Animo a todos os vigueses a que veñan porque desde 2001 non piso coa miña banda este escenario e vai ser unha festa moi divertida e coa participación do público.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-04-2010 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Fozara (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-04-2010 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Beirán (Matamá-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-04-2010 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Angudes (Crecente)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-04-2010 16:28
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en San Pedro (Nigrán)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-04-2010 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
Xistra de Coruxo en Matamá (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-04-2010 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto da mocidade da Costa da Morte
A partir das 23:00h. disfrutaremos do mellor rock en galego coa actuación en directo dos míticos Zënzar e os seus colaboradores.

Os Zënzar, estarán o Venres 9 de Abril no Sirena de Corcubión, como ponto final das Xornadas sobre mocidade da Costa da Morte.

A entrada será de balde.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-04-2010 16:12
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Danza: FALA BAILANDO
Mestre: Serxio Cobos

LUGAR
-----------------------------------------------
Conservatorio Profesional de Muìsica Xan VianÞo de Ferrol

DATAS E HORARIO------------------------------
O saìbado 10 de abril de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.
O domingo 11 de abril de 10:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.

Prazo de inscricioìn: ata o martes 6 de abril, inclusive.
As prazas son limitadas: maìximo 24 alumnos activos, os alumnos aceptaranse por rigoroso orden de recepcioìn dos boletiìns de inscricioìn.

CONTIDOS DO CURSO

XOGOS:
do libro “Para cantar e bailar” e “Zampadanzas” para aprender xogar e ensinar xogando.
Grado de dificultade de 0 a 3 sobre 10.

AGARRADOS E SOLTAGARRADOS: do libro “Zampadanzas”
aprender a bailar cos outros levaìndote e deixaìndote levar en parella e en grupo.
Grado de dificultade de 1 a 5 sobre 10

SOLTOS: Cara aos Bailegramas e “asiì fan os que ben bailan” Sete pasos igual a infinito.
Aprender a combinar creativamente pasos do solto e alucinar coas suìas posibilidades.
Grado de dificultade de 7 a 11, 12, 13... sobre 10.

SERXIO COBOS
Especializado en muìsica e danza tradicional Galega a traveìs da formacioìn na escola de folclore “CANTIGAS E AGARIMOS” e en traballo de campo e recollidas Etnocoreograìficas etnomusicoloìxicas desde o ano 1989.
Foi director musical e inteìrprete de danza na companÞiìa GS21 asiì como inteìrprete do grupo VIOLIA (muìsica tradicional galega) e fundador e inteìrprete de TREBOìN (Novas tendencias da danza galega).
Colaborador como bailador de diferentes agrupacioìns musicais como Berrogueto,
Xoseì Manuel BudinÞo e Marful entre outros. Eì ilustrador de diferentes traballos e actualmente investiga para a creacioìn de unha nomenclatura e simboloxiìa ad hoc ao baile tradicional galego chamado “cara oìs Bailegramas”. Da aulas de danza tradicional galega en Vigo, Pontevedra e Vilagarciìa.
Musicalmente toca acordeoìn no grupo MALA
HERBA (pero iso eì outra historia)....


Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 09-04-2010 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Gaita Galega (Ourense)

CURSOS DE GAITA GALEGA 2010
(abril, maio e xuño)


Organizan:
EMT- Escola de música tradicional de Ourense,
Asociación Ourensá de folclore tradicional - Gomes Mouro.

· Mestre: Xosé Miguélez


Niveis e duración dos cursos:
Medio, 4 sesións de 4 horas de duración
Avanzado, 4 sesións de 4 horas de duración

Datas :
Nivel medio: 10/04, 24/04, 08/05, 15/05/2010
Nivel avanzado: 29/05, 05/06, 12/06, 19/06/2010

Horario e lugar de celebración:
09:30 a 14:00 sábados (descanso entre as 11:30 e 12:00) no local da EMT, Tras Barrocas, 9 baixo, Ourense.

Prazas ofertadas:
Nivel medio: 12 alumnos activos e 15 oíntes
Nivel avanzado: 10 alumnos activos e 15 oíntes.

Prezo e matrícula:
Nivel medio: alumnos activos 25€ (prezo para alumnos da
EMT, socios AOFT e Aula Gomes Mouro) 50€ alumnos externos. Alumnos oÍntes
10€ (prezo para alumnos da EMT, socios AOFT e Aula Gomes Mouro) alumnos oÍntes
externos 40€.
Nivel avanzado: alumnos activos 25€ (prezo para alumnos da
EMT, socios AOFT e Aula Gomes Mouro) 60€ alumnos externos. Alumnos ouvintes
10€ (prezo para alumnos da EMT, socios AOFT e Aula Gomes Mouro) alumnos ouvintes
externos 50€.

A reserva de praza e calquera consulta en referencia aos cursos realizarase
nos teléfonos 654173524/627511770 ou a través do enderezo electrónico
gabelairas@yahoo.es , despois da confirmación da plaza cos responsables da
AOFT o pagamento farase mediante ingreso/transferencia no número de conta
da AOFT:

Nº de Conta: 2091 0400 84 3040038100
Entidad:Caixa Galicia

no concepto do ingreso/transferencia deberá figurar o texto “cursos gaita galega 2010 AOFT”, no primeiro día do curso amosarase o xustificante bancario do ingreso/transferencia.

Recoméndase traer, como mínimo, unha gaita galega afinada en do,
palletas, pallóns e material para a súa manipulación así como un
caderno de música e un pendrive cunha capacidade mínima de 1gb.
Parte das sesións pode ser gravada en audio/video para o seu análise crítico
por parte do mestre, en ningún caso se reproducirá publicamente en ningún
medio nin soporte sen consentimento do alumno/a.

+ información nas páxinas:

www.xlmiguelez.com
http://aoftou.spaces.live.com/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 09-04-2010 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na sala nasa (Compostela)
Sala Nasa (Compostela)
xoves 8 de abril.


Vide botar uns bailes (se non sabedes bailar, Gustavo Couto impartirá un obradoiro de baile antes do próprio serán!)

Horários:

21:30-22:10 - OBRADOIRO: Gustavo Couto
22:15-23:00 - Pandereteiras Acibeche
23:05-23:45 - Pandereteiros Maghúa
23:50-0:30 - Agrupación Brincadeira

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-04-2010 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Berroguetto

Berrogüeto presenta "Kosmogonías", un disco que en palabras de Manuel Rivas supón un "cambio de mirada" na música galega popular

Como "un cambio de mirada" na música galega definiu o escritor Manuel Rivas o último disco de Berrogüetto, Kosmogonías, presentado onte no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) polo autor de Os libros arden mal e a escritora Rosa Neira, ambos vinculados a este proxecto: ela coa introdución literaria Plutón e Manuel Rivas co poema Alalá, musicado na canción Alalá da noite.

Mentres Aneiros aplaudiu a dedicación dos compoñentes da banda como "sete obreiros das corcheas", Rivas manifestou a súa "alegría cósmica" polo impulso a esta "creación sensorial" que, a partir a mestizaxe da tradición e de formas populares cun carácter interdisciplinar e "indisciplinado", demostra que "o universal é o local sen paredes".

Trátase dun disco que propón "unha mirada cara ao firmamento" a xeito de "reflexión" sobre "unha realidade máis xusta", en palabras de Anxo Pintos, un dos membros de Berrogüeto. Un "micro big-bang" , "un planeta sonoro lixeiramente afastado do resto de planetas que fabricamos".

Os once temas que compoñen este traballo -o quinto na traxectoria do grupo pero o primeiro gravado con Xavier Paz como vocalista en substitución de Guadi Galego- reflicten a "humilde reflexión" sobre as relacións do home co planeta, resultado dun "parto de elefante" .

Pola súa banda, o violinista Quin Fariña referiuse ao deseño do CD para destacar o concepto visual do traballo, co obxectivo de transformar a obra nun "concepto de culto". Así, incidiu na colaboración da artista Olaia Sendón a través dunha peza de vídeo creación incluída no DVD que acompaña ao disco.

Sendón plasmou imaxes relativas a sete conceptos, que descompuxo e proxectou sobre cada un dos compoñentes do grupo evocando o leito materno. Xunto a esta participación, tamén se inclúe un documental sobre o conxunto galego que "desvela a parte máis íntima e menos coñecida de Berrogüetto".

Finalmente e a xeito de peche do acto de presentación, Berrogüetto interpretou tres temas en directo incluídos no seu novo álbum. As pezas escollidas foron Nadir, Líridas de Abril e Ataque de jota.

O primeiro sinxelo do disco foi Danza de Meirol, un agarrado baseado na tradición e recuperado grazas ao traballo de campo que habitualmente realiza Berrogüetto compilando de primeira man os sons e as voces de Galiza, en moitas ocasións vivos só de maneira oral. Esta peza foi recollida por Berrogüetto respectando a lírica tradicional e, seguindo o estilo definido do grupo, evoluciona a través dun tratamento contemporáneo.

Dende 1996, ano en que se publica o seu primeiro disco, Navicularia, Berrogüetto mestura a paixón pola música tradicional galega e a experimentación máis contemporánea. Este primeiro traballo supuxo unha gran revolución dentro da música galega polo seu innovador estilo, onde as melodías tradicionais eran tratadas cunha gran frescura, achegando interesantes harmonizacións modais e contrapuntos.

Seleccionados en 2002 aos premios musicais Grammy Latino para a categoría de "mellor álbum folk", a súa innovación e inquietude pola música levounos a experimentar con sons e instrumentos, chegando incluso a fabricalos eles mesmos.

Agora, en Kosmogonías, incorporan a niquelarpa, un instrumento de corda similar no aspecto á zanfona orixinaria do folclore sueco e que foi creada de maneira artesá por Quim Farinha.

APOIOS Recadación para a Fundación Manuel María

O novo cantante do grupo Xavier Díaz avanzou que a recadación dos concertos que integren a xira de presentación do disco, a través das sete principais cidades, doaranse para a recuperación da casa natal do poeta Manuel María en Outeiro de Rei.

O obxectivo, en colaboración coa Fundación Manuel María de Estudos Galegos, é a transformación do inmoble nunha casa-museo que recompile "o seu importantísimo legado cultural".

O proxecto, impulsado por distintas asociacións e apoiado pola Deputación de Lugo ou polo concello de Monforte de Lemos, está pendente de contar co impulso definitivo da Consellería de Cultura, que até agora non lle deu resposta ás demandas.

Ademais de Xavier Paz, Berrogüeto fórmano Anxo Pintos -zanfona, gaita, saxo soprano, violín e teclado-, Guillerme Fernández -guitarras-, Quico Comesaña -bouzouki, mandolina, arpa- Santiago Cribeiro -acordeón e teclados-, Isaac Palacín -percusión- e Quim Farinha -violín, niquelarpa.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-04-2010 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Ugía Pedreira

"Existe a música galega? Sim, quero"
Ugia Pedreira é un dos principais referentes musicais do País.

A través das súas respostas tratamos a música galega na mais ampla definición, o seu estado de saúde até o sistema cultural de que forma parte ou cara a onde está a evolucionar.

Cando formas parte de proxectos tan distitnos como Marful, Nordestinas? é difícil adaptarse, imprimir estilo en cada un deles á hora de cantar?

É laborioso assimilar a situaçom gregária abaixo e acima do palco. Requer reflexom, deixar-se levar... pois para mandar cumpre obedecer e delegar.

Em Marful sinto-me livre, sai-me de dentro, sinto-me tocada pola varinha da música. Em Nordestinas tenho a Guadi, a viagem do cantar é com a companhia de umha companheira leal, virtude que fai o projecto natural e honesto. Eu admiro-a, quero-a e adapto-me a ela como e quando for, e vice-versa.

Como pasaches de, por exemplo, Chouteira a Marful? Forom as circunstancias o que te levou a ampliar dese modo a variedade de rexistros?

Ao rematar o disco Folla de Lata (o do parafuso, Do Fol 2000) conhecim Pedro e Pablo Pascual. Foi um namoramento musical. Com eles puidem mostrar as minhas composiçons guardadas e só ensinadas às amizadas íntimas que vinhan pola casa.

Quando nom me poda reinventar, quando aborrecer do meu ser musical, dedicarei-me a umha outra cousa.

O noso mercado pode absorber todo o que se produce?

Viver numha sociedade semitradicional fai ainda que exista o troco, a ajuda comunitária. Ao redor de umha mesa galega papa-se muito de Dios, chama a isto falha de carinho, romanizaçom, uniom do povo galego ceive ante a degustaçom, epicúreos... nunca se folha de avondo e o fel nom sacia. Inventaríamos nosoutros a antropofaxia?

Canto custa manterse sempre de actualidade no sistema cultural galego? Porque é necesario sinalar que Ugia Pedreira non é só unha artista, senón unha peza clave que marca tendencia no star system do País?

Nom me digas!!! Pois há que ir à piscina, estar perto do mar, intentar que nom te vampirizem e nom dar muita teta, estar e falar com grandes homens, sobretodo com grandes mulheres, ter tempo para mim, viajar, ler os clássicos, conhecer as entranhas do País, nom ler Jodorowsky nem Punset e aprender que as tendências começam e rematam com a singularidade e a vulgaridade. O que hoje é ridículo por novo, amanhá detesta-se por habitual.

Que tal vai a Central Folque? Era así o proxecto que pensastes cando viñestes de Lalín?

Vai bem, con muitos portos abrigados que nos entendem, sim. O projecto é um animal vivo cheio de individualidades que criam esta colectividade musical. É cambiante, mutante, adaptável aos nossos desejos e necessidades. Este projecto é umha empresa democrática no senso mais esquecido da palavra: produçom destinada ao USO e nom só ao LUCRO; produçom segundo as capacidades de cada qual; e que os membros-trabalhadores da música tenham "propriedade" e exerçam direcçom de algumha maneira sobre o projecto.

A nosa música de raiz estase a mover e, se fora así, cara onde camiña?

Segundo Marina Oural, vai cara ao ceu. O meu horóscopo aquariano sempre di que som a perfeita mulher para um homem comprometido, que som visionária e mil chorradas mais. Nom tenho nem ideia. Cada vez sei menos de tudo e de nada. O que nada nom afonda. E se o soubesse diria-cho cantando, e com os anos? sem direitos de autora.

Terás visto e vivido esta situación: pequena/o que asiste a aulas de canto e percusión tradicional e que se expressa en castelán e que logo non entende o que canta.

Tenho vivido esta situaçom também em galego-falantes. O processo de comunicaçom valora-se nom apenas polos conteúdos, mas também prosodia, a curva melódica, a harmonia da fala, a linguagem corporal? isto é, sentir o que cantas, cantar o que sentes. Na comunidade onde vivemos (aldeia, vila, cidade...) a gente nom sabe que o espaço público é um espaço político, por isso nom o defende.

Haberá nenas que soñen con ser Ugia Pedreira?

Que me dis? Mi madrinha! Espero que nom, espero que haja nenas que sonhem com ser melhores mulheres. O meu desejo seria que houvesse nenas a quem lhes puidessem servir as minhas cançons para a sua vida, as cançons que fago agora e que farei de velhinha -cruzo os dedos-. A infáncia, polo menos, nom sabe de vaidade nem contaminaçom social.

Periga a nosa cultura? Cara onde habería que facer pontes para asegurarmos o mantemento da identidade cultural galega?

Na revoluçom industrial chamava-se cultura à suma dos gostos de um País. Olha! Como seria o conceito cultura galega se ainda mantivera esta definiçom. Penso que o importante é fazer cousas sensatas, elementares, pequenas, simples das quais se desfrute e entrem polos sentidos. Na memória a longo prazo só lembramos os sentimentos de umha óptima situaçom vivida.

As nossas casas tenhem que estar construídas a baixo cuso e com alto ganho, sem se privar da arte ou da ciência que rodeia umha arquitecta-artista. Da arquitectura popular e do conhecimento arquitectónico do "reino animal" saem grandes obras chamadas de "arte contemporánea".

Nas nosas casas familiares -do avô, das maes, dos tátaratátaratátara-pum- está o elixir da cultura. Botar unha olhada atrás com o único motivo de colher perspectiva para logo deconstruir é algo BOM. Quiçá, Jéssica, nom tenhamos de construir pontes e ir a nado, ou aprender a fazer umha dorna para navegar.

www.gznacion.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-04-2010 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Esquíos presentan novo disco
Esquíos veñen de rematar a gravación de Galicia carraxe on garaxe (2010).

Din Esquíos que "Andabamos a procura dun son garaxeiro, potente e directo e atopámolo."
Este é o disco que define o son de Esquíos: guitarras potentes, baterías reais coma a vida mesma, voces saturadas e un baixo atronador.
O trabalho tem 12 temas novos

Podedes escoitar, un sampler dos novos temas no seu MySpace.
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-04-2010 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
Novo videoclip de Esquíos
Xa podedes ver o novo videoclip que Esquios veñen de facer sobre o tema E ti riste de min, incluido no seu próximo Lp/Cd que estará dispoñible a primeiros de maio, Galicia, Carraxe On Garaxe.

Entretanto pechan o resto das datas de presentación, xa podemos anunciar que a presentación en Compostela será o Mércores 19 de maio, na Sala Capitol xunto con Pito de Pikasso.

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 08-04-2010 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de BellónMaceiras Quinteto
Xa está dispoñíbel Folkfusión, de BellónMaceiras Quinteto, para Galicia.
Esta edición venderase só nos directos do grupo, ate a saída do cd para a distribución internacional, no mes de maio.


BellónMaceiras Quinteto achéganos a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo, en que a improvisación ten un papel importante. A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrecen unha viaxe musical en que diversos estilos e ritmos de amálgama se complementan cunha ampla variedade de composicións propias.
A fusión é o sinal de identidade de BM5, e a contribución musical de cada compoñente é a que marca o particular son do grupo. Os músicos teñen total liberdade para expresarse, ceibes de ríxidas faixas estilísticas. Do seu gusto por mesturar nace o que eles mesmos definen como "espicho", a introdución de partes dunha melodía coñecida dentro doutra peza.

No disco que se presenta, a gaita sae da súa cuncha para interpretar tango, swing, muiñeira, blues, habanera, jazz, samba, valse francés…

Concertos de presentación en abril:
A Coruña - luns 19 de abril do 2010 - Fórum Metropolitano
Ferrol - mércores 21 de abril do 2010 - Teatro Jofre
Santiago de Compostela - venres 30 de abril do 2010 - Salón Teatro
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 08-04-2010 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Ergom presenta disco en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-04-2010 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Buscanse gaiteiros para a marcha Imperial en Compostela
Esto é de especial interese para todos os gaiteiros, requinteiros e tamborileiros de Compostela.

Nota do Capitán Obvio: cando diga gaiteiros, requinteiros e tamborileiros tamén quero decir gaiteiras, requinteiras e tamborileiras.

O vindeiro 21 de maio de 2010 vaise celebrar en Santiago de Compostela un evento nunca visto no noso país. Unha celebracións de fans da saga Star Wars aberta a todo o mundo. Unha iniciativa popular posta en marcha polos propios veciños da cidade.

O acto principal será un desfile de stormtroopers e outras personaxes da Saga polas rúas da zona histórica de Compostela, rematando na Praza do Obradoiro. Alí Darth Vader será recebido coma unha autoridade e pasará revista ás suas tropas mentras un grupo de gaiteiros vestidos de gala interpreta a Marcha Imperial.

Sabemos que a Marcha Imperial non é doada de tocar coa gaita, e por eso:

■A partitura da Marcha Imperial está sendo lixeiramente adaptada para facilitar a sua interpretacion coa gaita.
■Buscamos gaitas e tamén requintas. As requintas poden chegar a aquelas notas que as gaitas normalmente non poden dar (ou que precisan dun gaiteiro moi-moi experto).
■Imos ensaiar moito para que salga o mellor posible. Para elo tes que darte prisa na inscripción. O 21 de maio xa está aqui!!
Ah!! Pero tamén necesitamos tamborileiros!!

Queremos que gaiteiros, requinteiros e tamborileiros vaian vestidos de gala, e todos iguais ou seguindo unha mesma liña de vestidos. Se nos podes axudar nesto, por favor, contacta con nós!!

Daquela qué: ¿Queres participar no evento máis importante da Galaxia?

www.imperialstormtroopers.com
Comentarios (7) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2010 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Plácido de Meiruco no Alalá

Hoxe, martes, día 06/04/2010

Plácido Vigueret ou Plácido de Meiruco -como lle gusta que o chamen- acaba de converterse nun recoñecido poeta popular na súa terra, en Neaño, no concello de Cabana de Bergantiños, coa publicación do seu libro.


Pero se por algo foi moi coñecido é por outra arte, a da pandeireta, pois desde novo, cando a mercou na feira de Baio con trece anos, soubo que "esa cousa bonita e pequena" como el ben di , ía acompañalo "ata que dese o último suspiro". Como seu bisavó compoñía coplas e a súa avoa era unha gran contadora de contos, con estes precedentes era raro que ao neno non lle gustase unha afección semellante.

Plácido de Meiruco tamén foi fiel ao oficio que todos varóns da súa familia exerceron, o de carpinteiro, aínda que hoxe argalla no seu taller algún choio para manterse ocupado; sempre foi esixente en todo o que fixo e fixéronlle propostas para entrar a formar parte dalgún grupo, pero rexeitounas ata que volveu de Montevideo, cando formou parte do famoso grupo "Os gaiteiros enxebres de Neaño". Hoxe Plácido é o único compoñente vivo desta agrupación. Con el saberemos das súas inquedanzas, do amor á súa muller e á pandeireta, das súas vivencias na emigración e de como vive na actualidade Plácido Vigueret.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 06-04-2010 13:35
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Terza feira 6 (Martes)
• Cristina Pato no FNAC A Coruña, ás 19:00

Corta feira 7 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Conpostela)
• Ergom na Fábrica de Chocolate (Vigo)

Quinta feira 8 (Xoves)
• Zenzar no Forum Celticum (Culleredo)
• Linho no Cuco no Clavicémbalo (Lugo)
• Serán na sala Nasa (Compostela)

Sexta feira 9 (Venres)
• The Homens no Zona Zero de Caldas de Reis
• Zenzar no Pub Sirena (Corcubión)
• Ergom no Clavicémbalo (Lugo)
• Berroguetto no Pazo da cultura de Pontevedra
• Susana Seivane no C.C Caixanova de Vigo ás 20:30
• Luar na lubre no Coliseum da Coruña ás 21:00
• Serán en Beirán (Matamá-Vigo)
• III Serán da Unión en San Pedro (Nigrán)

Sábado 10
• Berroguetto no FNAC A Coruña, ás 19:00
• O Sonoro Maxín na Iguana Club (Vigo)
• Guezos na Tiradoura (Cangas do Morrazo)
• Skacha no Auriense (Ourense)
• Nao na Sala O Foso (Santa Comba)
• The Homens no Sala son de Cangas do Morrazo
• Cristina Pato e Mutenrohi no Tetro Jofre de Ferrol
• Serán en Angudes (Crecente)
• Serán de Fozara

Domingo 11
• XV Xantar Gaiteiro en Lalín
• Vaamonde, Lamas & Romero no Auditorio de Galicia (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2010 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
XV Xantar Gaiteiro (Lalín)

O vindeiro domingo 11 de Abril Lalín acollerá a numerosos gaiteiros e gaiteiras que encherán de música tradicional as rúas da cidade

Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarvos ao XV Xantar Gaiteiro. Será o vindeiro Domingo 11 de Abril, ás 14:30 horas, no restaurante Agarimo de Lalín.


Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional. Quen así o queira poderá traer o seu instrumento para compartir a súa música co resto de convidad@s despois do xantar.
Para asistir ao XV Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do 5 de Abril, indicando, se é o caso, o número de persoas que te acompañarán. Máis abaixo tes diversos xeitos para facelo.

• DATA: 11de Abril de 2009. 14:30 horas (prégase puntualidade).
• LUGAR: Restaurante Agarimo – 986 78 09 02. Avda de Montserrat 2, 36500 Lalín. Pontevedra
• MENÚ: Cocido Completo. Queixo con marmelo, leite fritido e filloas. Auga, mencía, augardente e queimada.
• PREZO: O prezo é de 25 euros por persoa que serán entregados ao entrar.
• RESERVA: secretaria@gaiteirosgalegos.com . Teléfono/Fax: 986 847 074


A Asociación de Gaiteiros Galegos é a única asociación de persoas vencelladas á música tradicional que abrangue a todo o país galego

Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos convida a todos os seus soci@s e persoas amantes da música tradicional galega ao Xantar Gaiteiro. O lugar escollido para a celebración desta XV edición é a cidade de Lalín, concretamente o restaurante Agarimo, onde os asistentes poderán disfrutar dun menú consistente en cocido galego e postres tradicionais como son as filloas, o leite fritido ou o queixo con marmelo. O Xantar Gaiteiro é un encontro anual, organizado pola AGG, que vai pola súa 15ª edición e que cada ano se materializa nunha cidade ou vila, tratando de achegar esta celebración a todos os puntos da xeografía galega. Segundo informou o presidente da AGG, Santiago Caneiro “dende a Asociación de Gaiteiros Galegos traballamos para cohesionar a ese enorme colectivo de persoas que levan anos traballando para normalizar a presenza da nosa música na sociedade, pretendemos que os sons dos nosos instrumentos tradicionais sexan habituais nas rúas, nos medios de comunicación social, nas festas, e en todos aqueles espazos físicos e temporais nos que a música ten cabida”. Con estas declaracións Santiago Caneiro fixo referencia á importancia de manter xuntanzas como o Xantar Gaiteiro que serven para poñer en contacto ás persoas que, dende distintos puntos do país, traballan co obxectivo común de espallar e conservar a música tradicional.
Para asistir a este xantar o único que hai que facer é poñerse en contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos a través do teléfono 986 84 70 74 ou do correo electrónico na dirección secretaria@gaiteirosgalegos.com

A ÚNICA ASOCIACIÓN, DE AMBITO GALEGO, CREADA PARA DEFENDER A DIGNIDADE DA MÚSICA TRADICIONAL
A AGG conta neste momento con 800 asociados e asociadas distribuídas por todas as comarcas galegas e na Galiza exterior. A través dos seus asociados a AGG ten presenza na maior parte das asociacións e colectivos culturais que desenvolven actividades en torno á música tradicional no país. A AGG é a entidade asociativa máis representativa e con maior peso específico no tocante á música tradicional en Galiza. Segundo o presidente da AGG, Santiago Caneiro Aneiros, “é para nos unha responsabilidade facer que todas as persoas que teñan algo que dicir sobre a nosa música tradicional, en todas as súas vertentes, participen activamente na consolidación deste proxecto asociativo”. Con estas declaracións Santiago Caneiro fixo referencia ao empeño que a AGG ten en abrir as súas portas a todos aqueles músicos, artesáns, bailaríns, e demais persoas vencelladas á música tradicional galega.A comezos da década dos 70 tiveron lugar en Ortigueira as primeiras xuntanzas de gaiteiros e artesáns coa común preocupación de unificar criterios deste gremio de profesionais. Pero foi o 28 de maio de 1988 cando Antonio X. Castro, Xosé Vicente Ferreirós (membro de Milladoiro), Xosé Fernández Costas, Xosé Álvarez Marías, Ricardo Santos, Xosé Domingos Fuciños, Xoan Dominguez Silvar, Xoán Xosé Fernández forman a primeira Xunta Xestora na que actuaría como presidente provisorio o finado e emblemático gaiteiro de Viascón Ricardo Portela.

As primeiras actuacións desta primeira xunta xestora foron dirixidas a estructurar o que hoxe é a AGG. Creáronse vocalías nas vilas e cidades galegas e comezouse unha campaña de implantación que acadou uns cento cincuenta socios entre gaiteiros, percusionistas, artesáns, musicólogos, investigadores e xente en xeral vinculada ao mundo da cultura galega. Así botaba a andar a única asociación de músicos tradicionais con implantación en todo o país galego.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-04-2010 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
A Coruña Son 2010

Comeza o concurso!
Xa podes subir as túas cancións, e participar no concurso


Podes subir entre 2 e 5 cancións. O premio: un obradoiro de 6 dias (aloxamento incluído) con Gastón Rodríguez, Andrés Teijeiro, Bieito Romero, Carmen Rey e Xabier Díaz

•Do 22 marzo ao 11 de abril: rexístrate e sube de 2 a 5 cancións.
•Do 12 de abril ao 2 de maio: o público vota as cancións.
•Do 10 ao 15 de maio: os 10 grupos/artistas gañadores reciben un obradoiro de 6 días (incluído aloxamento) e a continuación gravan un disco colectivo

Consulta as bases completas.

http://acorunason.eu
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-04-2010 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer