Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gala de Bricadeira en Compostela
O domingo 25 abril terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela a gran Gala 'Camiños' a cargo de Brincadeira.

Domingo 25 de abril
21:00 no Teatro Principal (Compostela)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2010 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
Tic-Tac na Coruña
A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza actividades para toda a familia para promover a transmisión interxeneracional da lingua galega.

Este sábado 24 de abril no Castrillón, ás 17:00 h terá lugar o contacontos Paula e as palabras que levou o vento e as 17:30 h o espectáculo musical infantil de Pablo Díaz, TIC TAC.

A entrada é de balde.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2010 15:14
# Ligazón permanente a este artigo
O Coro Tradicional Cantares do Brión en Gondomar
O Coro Tradicional Cantares do Brión actúa este sábado en Gondomar

O Coro Tradicional Cantares do Brión, do Centro Cultural de Vincios, actuará o próximo sábado, día 24 de abril, no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar, onde participará no Acto Poético Musical conmemorativo dos “10 Anos do Instituto de Estudos Miñoranos”.

Será a partir das 20,00 horas cando os sesenta compoñentes de Cantares do Brión interpreten pezas corais do cancioneiro popular galego. Precisamente é característico deste coro que o seu repertorio veña constituído, exclusivamente, por pezas tradicionais galegas e no idioma propio de Galicia.

Cantares do Brión compartirá escenario co grupo Kogito, co cantautor César Morán e con nove recoñecidos poetas.

Ao comezo do acto proxectarase un audiovisual sobre os dez anos do IEM.

A entrada é libre.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2010 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
Conferencia e Foliada en Monfero
A Asociación Cultural O Abordelo de Monfero organiza o próximo venres 23 de abril unha conferencia sobre a música tradicional e os coros galegos como parte da evolución da historia musical galega a a partir das 21 h con Moncho do Orzán. Logo haberá unha foliada tradicional onde se poderán escoitar pezas típicas das fiadas, esfollas, mallas e distintos seráns que se levaban a cabo na nosa terra.

Será na Palleira da Casa Lourán nas Restrebas, Val de Xestoso, Monfero


MONCHO DO ORZÁN
Ramón Rodríguez Palleiro

Formouse no mundo da gaita da man de Raúl Galego e Ricardo Santos. Foi membro dos grupos “Barallete” e “Os Cataventos”, cos que percorreu boa parte do País, e vogal da Asociación de Gaiteiros Galegos nos anos 2004 e 2005. Actualmente é corista e vicearquiveiro do histórico coro “Cántigas da Terra” da Coruña e coordina o proxecto de posta en valor e recoñecemento do arquivo desta Institución. Colabora coa revista mariñana “A Xanela” na súa sección de folclore.

http://oabordelo.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2010 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de Melide 2010

A Asociación Cultural e Musical O Castelo organiza a VI FOLIADA DE MELIDE os días 24 e 25 de abri. Na que haberá:

SEMINARIO DE PERCUSIÓN PARA CANTO TRADICIONAL:

Seminario de Percusion para Canto tradicional que se celebrará o 24 de abril con Pablo Carpintero e Marita Guiadáns. Deberase enviar o impreso de inscrición, que se pode descargar premendo aqui e enviándoo á Rúa Alfonso XIII, 7, oficina 8. 36002 Pontevedra; ou por correo-e a secretaria@gaiteirosgalegos.com.Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla

O prazo de inscrición rematará o día 20 de Abril ou cando se complete o aforo. En tal caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes de inscrición. A matrícula é gratuíta.

II CONCURSO DE CANTOS DE TABERNA


O II Concurso de cantos de taberna que se celebrará en Melide o sábado 24 de abril entre as 12:00 h e as 15:00 h.


SERÁN

O mesmo sábado 24 de abril contaremos con 17 grupos para participar no Serán:

1. HERBA GRILEIRA Melide
2. FROITO NOVO Melide
3. AXÓUXERE Melide
4. VAIDARELA Melide
5. ABEANCOS Melide
6. FOL DA CHOUSA Visantoña
7. BINGO BIRÓN Toques
8. A MARISTEL...A Sobrado
9. FIADEIRA Antas de Ulla
10. FALCATRUEIROS Monterroso
11. PANDERETEIRAS Sarria
12. BICO DA BALOUTA Agolada
13. XIRANDOLA Bandeira
14. PAO DE BUXO Silleda
15. D OUTESON Serra de Outes
16. MAGHÚA A Coruña
17. AIRIÑOS GALEGOS Santurtzi

CONCERTOS

O sábado 24 de abril :

-TIRULEQUE
-CÉ ORQUESTRA PANTASMA (home orquestra)

O domingo 25 de abril:

-ARRÁS!

Reservade os días porque a festa está garantizada!!

+ info www.foliadamelide.com


Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-04-2010 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Seminario de Percusion para Canto tradicional
Xa se pode consultar na páxina da Foliada de Melide o programa da VI Edición, un programa que promete variedade e moita festa. Visita a súa web.

A AGG colabora coa Foliada organizando un Seminario de Percusion para Canto tradicional para o cal contaremos coa presenza de Pablo Carpintero e Marita Guiadáns. Consulta o programa. Para asistir ao curso deberase enviar o impreso de inscrición, que se pode descargar premendo aquí.

e enviándoo por correo convencional á Rúa Alfonso XIII, 7, oficina 8. 36002 Pontevedra; ou por correo-e a secretaria@gaiteirosgalegos.com.

O prazo de inscrición rematará o día 20 de Abril ou cando se complete o aforo. En tal caso, aplicarase o criterio de orde temporal de recepción de solicitudes de inscrición. A matrícula é gratuíta.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-04-2010 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Sumrrá en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2010 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)
Un ano máis chega a Noite de Fiadeiro polo derradeiro Sábado de Abril, organizada polo Colectivo Rebulir e o Patrocinio do Concello de Ramirás e a Deputación de Ourense. Neste 2010 cúmprese a IV edición da festa, que nacía no 2007 coa intención de recuperar os Antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar.

Deste xeito, o vindeiro 24 de Abril a cita está no pobo de Vilavidal no Concello de Ramirás. Durante toda a Xornada haberá actividades dirixidas a todos os públicos, para comezar as 21:00 h co prato forte, a festa propiamente dita, coa participación de preto de 20 colectivos chegados de diferentes puntos da xeografía galega que porán a música. Previamente, as 20:00 h farase unha chamada aos veciños para participar da festa, cun pasarrúas de Xigantes e Cabezudos, animación de rúa, foguetes e a Charanga Tradicional Os Estoupapozas tocando polas rúas.

Queremos recordar unha vez máis que non se trata dun festival ou mostra de música tradicional ou folclórica, senón que é unha festa que implica ao visitante na súa dinámica. Deste xeito, procúrase que se poda bailar, tocar, cantar, ou simplemente disfrutar do ambiente da noite.

Para calquera suxestión ou pregunta o teléfono de contacto é o 639 90 80 05 (Alexandre), ou ben no correo rebulir@hotmail.com.

Sen máis, despedimos convidándovos a vir o vindeiro Sábado ata Ramirás. O noso agrademento por adiantado.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-04-2010 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Programa da IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-04-2010 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
X Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira-Silleda)

Benqueridos compañeiros,
A Asociación de baile xuvenil Fortín da Pomba ven de convocar a décima edición do concurso de baile tradicional Azaloira que terá lugar no auditorio Manuel do Pazo o día 25 de abril.


Agardando contar con vós, pregamos que vos inscribades canto antes para poderlle dar a maior difusión posible ó concurso.

BASES DO X CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO AZALOIRA

1. Poderán participar todo tipo de agrupacións da Comunidade Autónoma Galega que cumpran as bases do concurso e respeten o veredicto do xurado.

2. O concurso celebrarase sen eliminatorias, con dúas intervencións cada grupo e dúas partes diferentes que non pasarán de 7 minutos cada unha.

3. Os grupos deberán ser mixtos, con un mínimo de 5 parellas, a non ser que o baile requira outra formación. Os integrantes lucirán o traxe tradicional e os acompañamentos serán en directo.

4. A selección dos grupos farase por valoración do currículum (que deberá ser enviado xunto coa folla de inscripción ou por correo) e orde de inscripción.

5. O grupo organizador, FORTÍN DA POMBA, participará a modo de exhibición.

6. As decisións e veredictos do xurado serán indiscutibles, os premios non poderán quedar desertos.

7. O xurado estará composto por 3 persoas de recoñecido prestixio no mundo do folclore e un representante do Concello que levantará acta que terá voz pero non voto.

8. O grupo gañador do 1º premio poderá participar ó ano seguinte de exhibición.

PREGAMOS QUE VOS ANOTEDES O ANTES POSIBLE.

PREMIOS

BAILE:
1º PREMIO: 1500 € e trofeo
2º PREMIO: 800 € e trofeo
3º PREMIO: 500 € e trofeo

Premio ó millor vestiario: 100 euros.
Premio ó millor acompañamento: 100 euros.

LUGAR DE CELEBRACIÓN: AUDITORIO MANUEL DOPAZO, DE BANDEIRA.

TELÉFONOS DE CONTACTO:
Presidenta: Josefa, 667-49-26-72
FAX: 986-58-55-50
Correo electrónico: josefaferreiro@edu.xunta.es fortindapomba@yahoo.es


O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA O DÍA 4 DE ABRIL.

www.fortindapomba.org
Comentarios (22) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-04-2010 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
III Concurso de gaitas Nazario Gonzalez `Moxenas´
III Concurso Moxenas 2010 do Centro Cultural de Valadares en Vigo

25 de abril de 2010 ás 17:00 no auditorio do Centro Cultural de Valadares en Vigo


Bases do Concurso
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 23-04-2010 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
Introducción á sanfona barroca con Tobie Miller

Curso práctico intensivo coa canadiana Tobie Miller, unha das mellores intérpretes do mundo sobre repertorio da extensa produción conservada para este instrumento no século XVIII, fundamentalmente na corte francesa.

A "vielle à roue" recibiu unha grande atención durante o século das Luces en Francia, especialmente entre o 1710 e o 1760, cunha colección de instrumentos, métodos, partituras e melloras organolóxicas sen parangón en calquera outro momento da historia. Autores coma Haydn ou Mozart -pai- escribiron para vielle ou pra lyra organizatta, así coma outros coma Dupuit, Corrette, Rousseau ou Bouin con tratados organolóxicos e de estilo sobre a interpretación do repertorio.

O curso versará sobre aspectos de execución melódica -inegalités, agrément (battement, port de voix, coulé,...) cadence,...- rítmica -coup de poignée-, ornamentación sobre repertorio do século XVIII a dúo.

Unha oportunidade para aprender as características da sanfona nos tempos nos que se conformou coma instrumento culto da man dunha das intérpretes en activo con máis experiencia do mundo.

Está orientado a sanfonistas iniciados e intérpretes de música antiga.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 23-04-2010 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
III Día da Terra en Lugo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-04-2010 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
Tributo a Radio Océano. Sala Nasa 22/04/2010

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-04-2010 15:03
# Ligazón permanente a este artigo
Radio Oceáno volve 25 anos despois aos escenarios
Músicos de Zenzar, The Homens, Papaqueixos, Rastreros, Galegoz, Siniestro Total e persoeiros como Antón Losada ou Antón Reixa participan este xoves no recordo a un dos grupos pioneiros do rock en galego.

A noite do Xoves 22 de Abril, na Sala Nasa, un grupo do mellor da música galega rendirá homenaxe a Radio Oceáno. Entre os primeiros confirmados están: Marcos “Galegoz” Payno, Leo i Arremecaghoná, Martiño “The Homens” Wu, Marcos “Rastreros”, Fran “Papaqueixo” Amil, Xosé Bocixa “Zënzar”, Xurxo Souto, Antón “Papaqueixo” ou Vituco, pero tamén Antón Reixa, Xulián Hernández, Miguel Costas, Uxía Senlle ou Antón Losada.


A banda coruñesa foi unha das pioneiras en empregar o galego, aos poucos, na música identificada como “rock”. De feito, son Terra Chá e a versión do grupo portugués Sétima Legião (Rodrigo Leão) Como o Vento, dous temas clásicos do repertorio do rock galego.

Evidentemente, e como prato forte do evento, os integrantes da segunda formación subirán a un escenario xuntos por primeira vez desde hai 25 anos e interpretarán algunhas das súas cancións mais lembradas (Terra Cha, Como o vento, Narcisismo, Esto no es Hawai, Aplazamiento, La Chica de Bens...).

Antecedentes

O grupo formáronno os xornalistas coruñeses Xosé Manuel Pereiro (hoxe na TVE e corresponsal de El País e decano do Colexio Profesional de Xornalistas da Galiza), e Santiago Romero en 1981. Pablo Iglesias, Sito Evangelista, Pablo Constenla e Dani Punta estiveron zoupando nos instrumentos con eles. Axiña comezaron tocar cos grupos que naquel momento comezaban facer rock na Galiza (Siniestro Total, Os Resentidos...).

Tamén formaban parte da publicación alternativa La Naval (1986-1987) e colaboraban co poeta Lois Pereiro. O Concello da Coruña está a preparar unha exposición tamén comemorativa da saída ao prelo da revista. Como colofón de todo isto, está a prepararse un disco compilatorio que reúna as cancións de Radio Océano nun só volume.

Abrirán a noite Os 3 Trebóns (Xurxo Souto, Fran Amil e Antón) e os Homes Sen Medo (Manu Paino, Martiño e Olivier). As entradas xa se poden mercar en liña.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-04-2010 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Un concerto histórico hoxe xoves na Nasa (Compostela)
Capitaneada polo actual decano do Colexio de Xornalistas, a banda punk que fundou o Atlantismo reúnese hoxe, vinte anos despois, na Sala Nasa

"Pereiro díxome: Non sei se darei, estou un pouco acabado. Pero agora os demais teremos que limitarnos a facer os coros, porque xa non quere soltar o micro". O Pereiro do que fala Xurxo Souto non é outro que o hogano decano do Colexio de Xornalistas Galegos, antes coñecido como Johnny Rotring -versión antropónima do cantante dos Pixtols-.

A Sala Nasa de Santiago renderalle tributo hoxe ás 21.30 horas á histórica banda Radio Océano, pais do Altantismo -"vocación natural da cultura galega"- da que foi vocalista, e da que en 1981 tamén formaban parte o guitarrista Santiago Romero, alias Rossmero -hoxe redactor xefe en La Opinión A Coruña-, o batería Pablo Iglesias -remudado máis tarde por Sito Evangelista, a quen despois sustituiría Dani Punta- e o baixista Pablo Constenla. Explícao Xesús Ron, fundador de Chévere e da Sala Nasa, que recunca unha cervexa no pub A Reixa de Santiago. O mesmo fai Xurxo Souto, ex Diplomático de Monte Alto e actual cabecilla dos Tres Trebón, a banda que abrirá esta noite o concerto homenaxe. Emulan a operación (ou viceversa) Antón Díaz-Papaqueixos -que, aclara, xa vai pola terceira-, Fran "Papaqueixos" Amil -os outros dous Trebóns- e Martiño dos Homens -aka Martin Wu-. Fóra resiste o sol das cinco da tarde. Pero dentro podería pasar por unha velada noctámbula, se non for porque varios xornalistas asisten ao debate máis ben calados. É a primeira das "Tertulias rock con repichoca acústica" que acollerá cada mes o pub do número un da rúa Tres Salomé, un novo espazo de encontro e interactión entre músicos e periodistas, aberto ao público. "Trátase de reivindicar cando os xornalistas eran punkis", reclama Souto. Pois houbo un tempo en que habitaban as noites "coa única compaña dos delincuentes", enchéndose mutuamente as carencias, nunha entrañábel operación de simbiose, que só as veces derivaba nos puños. "Agora, en lugar de garimbas, se cadra imos ter que lles levar Iniston", chancea Antón.

Os artífices da inciativa? A Nasa a través do seu programa Redenasa.son, sete concertos programados mensualmente desde o pasado novembro do 2009 até xuño deste ano que pretende implicar "outros axentes musicais". "A idea é que conviden un outro grupo para compartir escenario, o que lle dá oportunidade a propostas emerxentes -conta Souto- e nós escollimos a Radio Océano, dos que en realidade emerximos todos, pois foron os pioneiros en moitas materias, entre elas o galego". E continúa: "Nunha época, os gurús dicían que o galego non valía para o rock and roll, e chegaron eles e racharon con todo". Así, para pórlle os dentes longos aos presentes, os cinco tertulianos entoan, co punteo de Martiño á guitarra, a emblemática canción Como o vento "que terían elixido para representar a Eurovisión cando llo propuxeron se non tivesen dito que non" -finalmente foron os Cadillacs- e a que todos os siareiros do grupo esperan escoitar da formación orixinal, quizais precedida por algún vello saúdo como: "Son tan atlántico que teño gripe en agosto". A que hora rematará o concerto? "Até que nos bote Ron, por esixencias do concello". "Como agora parece que a Conde Roa o pescaron nun desfalco, se cadra poderemos ficar media hora máis", bromea o xefe.

"É o primeiro caso dun responsábel de cultura que cre que a cultura é inútil"

É un segredo a voces que a banda orixinal subirá ao escenario, aínda que, en palabras de Fran Amil, "só ensaiaron tres horas". Nada novo para quen no Noroeste Pop Rock Cidade da Couruña se presentaron ante dez mil persoas con a penas oito horas de ensaio no corpo. E vinte anos menos. Os demais encargados do tributo serán Marcos Galegoz, Leo i Arremecaghoná, Marcos Rastreros, Martiño, Bocixa, Os Tres Trebón, Javi Prieto e Os Homes sen Medo. Ao que se sumarán Reixa, Julián Hernández, Costas, Uxía Senlle ou Antón Losada. "A cultura galega mira naturalmente para fóra. atlantismo demostra que o conselleiro de cultura ten un descoñecemento total", engade Souto, "claro que é o primeiro caso dun responsábel de cultura que cre que a cultura é inútil".

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-04-2010 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
Grupos participantes do II Concurso de cantos de taberna
A Asociación Cultural e Musical O Castelo organiza dentro da programación da VI FOLIADA DE MELIDE o “II Concurso de cantos de taberna” que se celebrará en Melide o sábado 24 de abril entre as 12:00h e as 15:00h

Estes son os grupos que participarán no Concurso de cantos de taberna

1. RONDALLA MORAIMA (Arzúa)
2. AXÓUXERE (Melide)
3. GRUPO VISANTOÑA (Santiso)
4. FIADEIRA (Antas de Ulla)
5. MAGHÚA (A Coruña)
6. BINGO BIRÓN (Toques)
7. SOBREIRAS DO ULLA (Touro)
8. REVIRAVOLTA (O Pino)
9. ALÉN DO MAR (Bergondo)
10. A GHAITA DO AVÓ (Marín)
11. A REQUINTA DA LAXEIRA (Vedra)
12. AIRIÑOS GALEGOS (Santurce)

Farán un percorrido por 14 locais. Os tres grupos que obteñan maior puntuación serán os gañadores do concurso.
Comentarios (9) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-04-2010 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada de Cabaleiros: xolda interxeracional, troula universal

15 agrupacións veteranas, coa presenza de moita mocidade entre o público, protagonizan en Tordoia unha foliada que se estendeu até as 8.30 horas do domingo.

Máis de 300 persoas participaron esta fin de semana na Ruada de Cabaleiros, unha foliada protagonizada por 15 agrupacións veteranas da comarca de Ordes que se celebrou na Sala Calviño de Pontepeda, en Tordoia.

A festa, moi animada e con participación espontánea da mocidade na interpretación das pezas, estendeuse das 22.00 horas do sábado até as 8.30 do domingo. Encargouse da súa organización a Asociación Cultural Brisas do Quenllo en colaboración co Concello de Tordoia e a Asociación O Buxo.

Entre as agrupacións que subiron polo escenario estaban as Pandereteiras de Anxerís, Faíscas da Pontraga, os pandereteiros e bailadores da Pontraga, o gaiteiro Flor da Maquía e grupos de Seixán, Santaia, Trazo, Cabaleiros, Viladabade, Cerceda, Val do Dubra e Bedrobe.

www.vieiros.com
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 21-04-2010 00:45
# Ligazón permanente a este artigo
Que estilo de festivais apoia a Xunta de Galicia?
A Xunta promociona con 500.000 euros os eventos culturais do ciclo e promete axudar tamén os excluídos

O Xacobeo destinará, grazas ao programa Galicia ao vivo, máis de 500.000 euros á promoción e ao apoio de doce festivais musicais que se celebran anualmente en Galicia. Desas axudas, 400.000 euros dedicaranse ao patrocionio, mentres que o resto se empregará en diversas campañas de publicidade en medios xerais e especializados. Os encontros que se promocionarán cos fondos cedidos polo Xacobeo son o Festival do Norte, o Festival Alternativo da Xuventude de Ourense, o Cultura Quente de Caldas de Reis, o Jazz&blues de Pontevedra, o Festival dos Abrazos de Compostela, o Marisquiño de Vigo, o Lolapop, o Reperkusión, o Son Estrella Galicia , o Microfest, o de Jazz de Lugo e o Sinsal.

Non obstante, o Galicia ao vivo deixa fóra citas tan importantes do panorama musical galego como é o de Ortigueira, por citar un exemplo. Neste sentido, dende o Xacobeo sinálase que algúns festivais quedan fóra deste programa, pero non por iso quedarán sen axuda institucional. “Hai festivais folk que mantemos fóra deste programa, pero tamén recibirán apoio este ano”, asegurou Ignacio Santos, director da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo.

Con esta iniciativa, na que se mantén á marxe a música de Ortigueira, a Xunta pretende converter Galicia nun gran escenario musical. “Queremos que o Xacobeo se sinta en todos os recantos de Galicia. Así reunimos en Galicia ao vivo doce festivais que sendo moi diferentes entre si, non perderán un ápice da súa diversidade”, sinalou o conselleiro de Cultura, Roberto Varela.

A primeira cita de Galicia ao vivo será o Festival do Norte, que se celebra en Vilagarcía o 30 de abril e o 1 de maio. Neste encontro, actuarán grupos internacionais como Nada Surf ou os londinenses Fanfarlo. Tamén haberá presenza de autores galegos como é o caso do ourensán Emilio José ou dos vigueses Munich. A seguinte cita xa sería en xuño. O Festival Alternativo da Xuventude de Ourense celébrase entre os días 18 e 19 de xuño. Polo seu escenario pasarán distintos músicos de prestixio, tanto estatal como internacional, para converter Ourense na capital da música alternativa no mes de xuño.

Con este inicio do Galicia ao vivo, o Xacobeo busca a mestura de diversos sons para chegar aos diferentes públicos. “O noso concepto de cultura e, neste caso, da música acomódase á perfección coa pluralidade que representan estes festivais. Dende o blues e o jazz até os sons máis novos, o folk ou o pop, pasearán por Galicia”, sinalou o conselleiro na presentación do programa.

Esta iniciativa musical apoiará doce festivais, pero deixará de lado citas moi relevantes que, segundo a Xunta, tamén serán apoiadas.

www.xornal.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 21-04-2010 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Non o queremos non
“Queremos galego/, queremos si señor,/ ¿queremos o decreto?/, non o queremos non.” Así, revisada para a ocasión, soou onte en Pontevedra no concertazo pola lingua ‘A Carolina’, con Fuxan os Ventos. Vendéronse preto de 7.000 entradas, e o público, como os músicos, entregáronse totalmente á festa e á reivindicación

Xosé Lois, O Carrabouxo, volveu entoar, como na masiva manifestación do 21 de xaneiro pasado contra o decreto do galego do Goberno, o Mamá, eu quero galego, quero escribilo, quero falalo, na rúa e no colexio. Como daquela, o público coreou a canción, e moito.

O macrofestival da Plataforma Queremos Galego reuniu en Pontevedra a Festicultores, Zurrumalla, Fía na Roca, Fuxan os Ventos, Espido, García MC, Ruxe Ruxe, Uxía, Berrogüetto, Luar na Lubre, A Quenlla, Os Carunchos, Os Tres Trebóns e Lamatumbá.

Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro da Plataforma Queremos Galego, animou aos participantes a acudir á manifestación do vindeiro 17 de maio. Lembrou a cada un dos asistentes "o papel que cada un podemos facer" ante o decreto da "propaganda do plurilingüismo", pois, salientou, "non hai tal plurilingüismo se se prohibe o galego en determinadas materias, e se os nenos poden estar ata os seis anos sen ter contacto co galego". Callón sinalou ademais que o Goberno "vai gastar un millón de euros" nunha campaña de publicidade sobre o decreto "mentres nos colexios non hai cartos para o comedor e os nenos teñen que comer bocadillos".

Callón agradeceu moito a súa colaboración aos grupos que actuaron no concerto. Parte deles prepararon versións dos seus temas con algúns cambios para a ocasión, de xeito que as letras se converteron tamén, se non o eran xa, nun xeito de reivindicar a lingua.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-04-2010 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Éxito do concerto de Queremos Galego
Máis de 7.000 persoas contra o novo decreto
Redacción . Pontevedra acolleu este sábado o concerto organizado por Queremos Galego contra o novo decreto da lingua no ensino elaborado polo Goberno da Xunta e contra a política lingüística que o PP está a aplicar. Máis de 7.000 persoas achegáronse á cidade do Lérez para escoitar os catorce grupos participantes que colaboraron desinteresadamente en defensa do galego.


O recinto feiral de Pontevedra quedou pequeno para acoller os milleiros de persoas, de todas as idades, que non quixeron perder o concerto. A organización vendeu máis de 7.000 entradas, máis de 1.500 no despacho de billetes do propio festival. Os asistentes entregáronse a fondo e participaron activamente coreando lemas a prol do galego e contra o decreto ao longo de toda a noite. Tamén os intérpretes rexeitaron a política lingüística que está a desenvolver o PP desde a Xunta e subliñaron no escenario que tamén queren "vivir en galego".

Dende as sete e media do serán, tal e como estaba previsto, até as dúas da mañá, pasaron polo escenario Zurrumalla, Fia Na Roca, Fuxan Os Ventos, Espido, Garcia Mc, RuxeRuxe, Uxia, Berrogüetto, Luar Na Lubre, A Quenlla, Os Carunchos, Os 3 Trebóns, Galegoz e Lamatumbá, que actuaron acompañados de diversos audiovisuais nos que se recolleron imaxes das mobilizacións en defensa da lingua.

Entre actuación e actuación, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, insistiu na necesidade de impulsar o galego en todos os ámbitos da sociedade e volveu lembrar os prexuízos do denominado ‘decreto do plurilingüísmo’ para o futuro do idioma propio.

Tamén o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, manifestou o seu desacordo co texto normativo que pretende aprobar o Goberno actual

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-04-2010 23:52
# Ligazón permanente a este artigo
BellónMaceiras Quinteto
BellónMaceiras Quinteto presenta este mércores en Ferrol e o día 30 en Compostela "Folkfusión", un disco co que propón un percorrido por distintos estilos do mundo e de Galicia

Unha nova viaxe polas músicas do mundo e de Galicia. Pero, desta volta, máis "estilística", que "xeográfica". E con cinco músicos, no canto de só gaita e acordeón. É a proposta que BellónMaceiras Quinteto achega no seu disco Folkfusión, que presentou na Coruña no seo dunha xira que este mércores continuará no Teatro Jofre de Ferrol, ás 21.00 horas, e o vindeiro día 30 no Salón Teatro de Compostela, ás 20.30 horas.

Daniel Bellón e Diego Maceiras botaron a andar un proxecto musical a dúo no ano 2005. "Buscamos un oco no mundo do folk, que xa estaba bastante saturado, e atopámolo como dúo. Eramos o primeiro dúo en traballar como tal. Tentamos explorar todas as posibilidades, definir un repertorio axeitado e variado para gaita e acordeón. Xa desde o principio queriamos meter a gaita alí onte non estaba", explicou Daniel.

O seu primeiro disco, Unión das Terras, que presentaron en varios puntos da xeografía europea, ofrece un percorrido por músicas de Arxentina, Portugal, Bretaña, Oriente Medio, países do Leste, Rusia, Euskadi e Galicia. No ano 2007, a súa actuación no Festival do Mundo Celta de Ortigueira foi a oportunidade para incorporar novos músicos. Así se alicerzou o actual quinteto, co que acaban de gravar Folkfusión.

"Foi unha evolución natural. Cada membro do grupo realiza a súa achega. Se marchase alguén, non sería este grupo, senón outro", salienta Bellón. A gaita interpreta neste disco tango, swing, muiñeira, blues, habanera, jazz, samba, valse francés? "Non se trata de construír os temas arredor da gaita, senón de que esta actúe como un instrumento máis. Darlle demasiado protagonismo á gaita non consegue dignificala", reflexiona. Ademais, a improvisación xoga un importante papel neste álbum.

"É un disco que, canto máis se escoite, mellor se percibirán os seus detalles. Hai moito diálogo entre os instrumentos. Son temas longos, na súa duración, que van evolucionando...", apuntou.

"Pensamos os temas para o directo. Algúns xa cambiaron no estudo de gravación. Outros xa non son tampouco iguais que cando comezamos a tocalos, e ademais hai unha parte de improvisación que, claro, nunca é igual", engadiu.

Así, Folkfusión, contén "temas moi variados. Un vai a dúo; outro é unha nova versión da muiñeira de Pontesampaio, do anterior disco; outro ten un aire máis latino, e outro é o primeiro blues que se gravou na historia, outro é Unha noite na eira do trigo, outro ten un aire andaluz, outro soa rumano, outro a fanfarria, hai tamén valse, un tango porque nos gusta como quedara o Libertango do outro disco... Non é o típico do folk. De feito, poderiamos chamarlle Word Music", sostivo.

"Son versións doutros grupos, pero sempre con arranxos novos, e temas compostos por nós", subliñou. Os temas son o resultado dun traballo no que entre todos -Dani, gaita e saxo; Diego, acordeón e acordina; Juan Cabe, guitarra; Miguel Lamas, batería e Juan Tinaquero, contrabaixo-, fan os arranxos.

Para mercalo, nos concertos

Folkfusión supón, segundo Dani, un "cambio radical de estilo" na traxectoria do grupo. Polo momento, o disco só pode mercarse nos seus concertos. "Boa Music encargarase de editalo, aí por maio. Estará no Itunes...", indicou.

O quinteto seguirá a súa xira, despois de Galicia, por Madrid e outros lugares, e ademais no verán tocará en festivais do país.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-04-2010 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana... con retraso
Terza feira 20 (Martes)
• Presentación do "Colectivo O Xestal" (Xoán, Xico, Toniño) no Muíño Vello de Redondela

Corta feira 21 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
• Dani Bellón e Diego Maceiras no Teatro Jofre (Ferrol)

Quinta feira 22 (Xoves)
• IV Día da Terra: Raiba, NoSurrender e Xenroás ás 15:00 no aparcadoiro do pavillón universitario de Lugo.
• Pablo Seoane Grupo na Casa das Crechas (Compostela)
• Tributo a Radio Océano na sala Nasa (Compostela): Os Tres Trebóns e Radio Océano

Sexta feira 23 (Venres)
• Treixadura en Arbo
• Guezos na sala Clan (Xinzo de Limia)
• Skacha na Casa das Atochas (A Coruña)

Sábado 24
• Tic-Tac no Centro Cívico do Castrillón (A Coruña) ás 17:30
• Susana Seivane e Quempallou no Auditorio Gustavo Freire de Lugo
• Sondeseu en Monforte de Lemos
• The Royalties e The Soul Jacket nas Festas de Balaidos (Vigo)
• Ultraquáns na Tarabela (Lalín)
• Linho no Cuco en Ramirás
• IV Noite de Fiadeiro (Vilavidal - Ramirás)
• Foliada de Melide
• Tiruleque e Çe Orquestra Pantasma en Melide
• Serán do Patrocinio (Rianxo)
• Serán en Ribadavia

Domingo 25
• Concurso de baile tradicional Azaloira no auditorio Manuel do Pazo (Bandeira-Silleda)
• III Concurso Moxenas no Centro Cultural de Valadares de Vigo
• Arrás! en Melide
• A Roda e Os Abrentes de Cerdedo na V Festa do Xabarín en Cerdedo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-04-2010 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá no Brasil

Hoxe, martes, día 20/04/2010

En Río de Xaneiro o Alalá vivirá unha experiencia única cos gaiteiros novos. Río é a cidade tropical por excelencia, a capital mundial do carnaval, que tamén foi capital do Brasil e na época colonial a única cidade de América que foi sede dun imperio europeo, o portugués; pero o tropical de Río de Xaneiro non só se mide no clima, pois Río é alegría, sensualidade, provocación, paixón e contraste, pois ao lado do Río marabilloso convive o Río do caos, da miseria e das favelas.

Os galegos que chegaron a Río adaptáronse ben, son alegres e festeiros, pero na vida traballaron moito e duro, case todos no comercio e na hostalería. Na casa de España en Río fixeron a súa pequena Galicia, onde viaxan a través das notas do punteiro cada vez que se xuntan para facer unha comida ou algún curso de galego, pandeireta ou, como non, de gaita.

Pero, existen gaiteiros novos en Río? Chamarse William Monroe e vivir nunha "foresta", que é algo así como a selva brasileira, non cadra moi ben coa gaita. Pero esta noite veremos como William Monroe é un dos mellores gaiteiros que temos no Brasil e ademais toca ao xeito tradicional galego que dominan moi poucos gaiteiros mesmo de aquí: William toca en pechado.

William non naceu en Galicia, pero grazas a súa nai Mercedes e a súa avoa herdou un fondo sentimento cara ao galego, pois na emigración a gaita foi un sustento emocional para todos aqueles emigrantes que cando chegaron aquí eran pouco máis que nenos. Por sorte, o xermolo da música tradicional prendeu en William, brasileiro de nacemento e galego de corazón.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 20-04-2010 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Aula maxistral con Patrick Molard: o Pibroch

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, un dos músicos máis importantes da música comercialmente coñecida como "celta", o bretón Patrick Molard, ofrecerá unha aula maxistral con el sobre o "Pìobaireachd", xénero propio das Terras Altas de Escocia, considerado como a música "culta" escocesa para cornamusa e que foi conservado por tradición oral, da que Patrick Molard está considerado coma un dos mellores intérpretes no xénero sobre o que acaba de editar un CD.

Haberá un pequeno concerto final exclusivo para os asistentes.

Será o xoves 22 abril, 16 a 20.30 h cun prezo: 35 € en Santigo de Compostela.

Esta é unha sesión orientada non só para os gaiteiros máis experimentados senón tamén para calquera músico interesado nos xéneros máis representativos das músicas patrimoniais europeas.

Para inscricións ou máis información en info@folque.com ou no +34 881 031 829


Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-04-2010 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Un novo disco de Xil Ríos... e xa van 27
Xil Rios volve aos escenarios de Galicia con máis forza que nunca. O artista pontevedrés presenta o seu novo disco, Son da alma (PAI Música 2010), unha mistura de ritmos caribeños, sons acústicos e retranca galega.

Son da alma nace dos sonidos cubanos e latinos que cambiaron as orquestras galegas dos anos 50, e que Xil Ríos escoitaba cando era neno, como tantos outros da súa xeración. é o álbume número 27 na extensa discografía de Xil Ríos, un dos artistas máis prolíficos e emblemáticos da nosa música. Logo de cinco anos de retiro creativo, o de Moaña volve así a? primeira liña da escea cun traballo co que pretende "achegar ledicia nestes tempos de tristura" e cunha xira que nos próximos meses o levará polas vilas, discotecas e verbenas de toda Galicia.

Xil Ríos leva case 40 anos no mundo da música, desde que en 1971 participou no festival Bahía de Vigo (cun tema composto por Polito, futbolista do Celta) até hoxe, pasando polo seu maior éxito, Xirarei, un tema que gravou xunto a Juan Pardo en Londres a principios dos 80 e que se converteu nun dos grandes clásicos da música galega.

Xil Rios - Xa caerá from Casa de Tolos on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 15-04-2010 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Xil Ríos
O intérprete de Xirarei presenta un disco de aire cubano, Son da alma, o número 27 na súa carreira.

Xosé Antón Xil Ríos, chamado nalgunha ocasión O Rapsoda de Moaña, foi mariñeiro e fillo de emigrantes, e tamén un dos músicos que máis discos logrou vender cantando en galego, grazas a temas como Rapaciña bonita, Miña Maruxiña ou, sobre todo, Xirarei, coreado por varias xeracións de verbena en verbena. Tras varios anos centrado só no restaurante que ten no Morrazo, volveu agora á música con Son da alma, un disco no que mestura as músicas tradicionais galega e cubana e co que, no verán, volverá saír de xira.

Onde estivo Xil Ríos dende que publicou aquel Vai e vén no 2004?
Teño fillos, unha familia que sacar adiante, así que tiven que buscarme un salario fixo na hostalería, e iso me quitou moito tempo para a música, sobre todo para compoñer. De aí veu esa paréntese de cinco anos sen gravar.

Neste Son da alma quixo mirar para Cuba e o Caribe, non si?
Máis que mirar para o outro lado do mar, recuperei ritmos que nós, a xente de mar, levamos no sangue de escoitárllelos ás orquestras. Eran sons que nos chegaban dende a emigración, e que creo que combinan moi ben coa nosa música tradicional... É un desquite: eu ao comezo era un cantante social, pero logo as discográficas vante levando pola vía do comercial, o bailable... Agora, por sorte, podo gravar o que quero e como quero, e iso é este disco.

Recuperou o gusto por compoñer?
Quixen sacar os ritmos que teño interiorizados dende neno, e combinalos con percusión galega, pandeireiteiras... creo que encaixan moi ben. O produtor musical é Segundo Grandío, que foi baixista de Siniestro Total, e que aquí se revela como un excelente contrabaixista de estilo cubano.

Hai quen o coloca a vostede na Nova Canción Galega, con Voces Ceibes.
Eu fun un loitador toda a vida, e sempre estiven comprometido coa denuncia das inxustizas que vivían os labregos e os mariñeiros de Galicia. Había moito abuso da xente humilde, e todos estabamos por denuncialo, eu como simple mariñeiro, e Voces Ceibes, como intelectuais, dende o mundo universitario... Só que eles estaban máis organizados, e eu tiña que levar as hostias individualmente. Tiven denuncias, ameazas...

É certo que nos 70 foi censurado en Televisión Española?
Si, fora moi famoso aquel caso, no 72. No meu segundo disco, Nosa Galicia, que era unha homenaxe á emigración. A cara B era Aos meus amigos, que falaba da inxustiza que sufría a xente do mar, e non me chamaron para ir presentalo. Pareceume raro, porque eu daquela estaba con Phillips Phonogram, e todos os seus artistas pasaban sempre pola tele, así que preguntei, e o produtor, Alfredo Garrido, díxome que non querían que cantase Aos meus amigos. Era o que había daquela.

Pasaríalle o mesmo se agora quixese cantar na TVG o seu Falemos galego, “canta pobo canta, fala na túa lingua”?
Non, por suposto que non. Hai unha discrepancia de fondo, pero non creo que iso pase na nosa sociedade. Podemos estar máis de acordo ou menos, pero a nosa fala é a nosa fala. Calquera ben nacido, sexa da cor política que sexa, sabe que o galego é o primeiro.

Con 27 discos e centos de cancións, pésalle que o lembren só por Xirarei?
Non é un peso. Ninguén debería estar arrepentido das cousas que fai na vida se as fai con cariño. O curioso é que do disco é a única canción que non é miña, senón que a compuxo Juan Pardo. Pero estou moi orgulloso dela, porque está considerada como unha das cancións míticas dentro da música discográfica galega. Mesmo chegou a ser preseleccionada para Eurovisión, e aínda hoxe en día ninguén se esquece dela.

Preseleccionada para Eurovisión?
Cando volviamos Juan Pardo e mais eu de Londres, pedíronme que fixese unha versión do single en castelán. Estrañoume e preguntei. “É que estás de finalista para ir a Eurovisión”, dixéronme. Así que gravei un Giraré, que me pareceu horroroso, non por estar en castelán, que eu non teño problema en cantar en calquera idioma, senón porque xirarei soa agarimoso, e a tradución faise moi dura, moito ghe...

Que pensa de que alguén en Bos Aires poida descargar Xirarei?
Que me sorprende o doado que é hoxe chegar a todas partes. Antes eu estaba noutros países porque os emigrantes levaban os meus discos de aquí e os puñan nas máquinas dos bares. Sei dun que chegou ata Australia, e que o dono do bar puxéralle Xil ao seu fillo.

Moitas das súas letras falan da emigración, pero non se lle coñecen moitas xiras pola diáspora...
Falo moito do tema porque son fillo de emigrantes. Eu non coñecín os meus pais ata os 21 anos, cando os fun ver a Venezuela. Só unha vez fun tocar a Zúric, nun teatro no que antes tocaba Georgie Dann, e quedei impresionado da xente que había. Foi fermosísimo cando cantei Nosa Galicia: “Cando penso neses fillos, que tes polo mundo adiante, como escravos traballando”. Pero, ao tempo, deume tanta tristura, que non quixen volver saír por aí.

www.xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-04-2010 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada ´Orgullo de País´ en Dodro
O sábado, 17 de abril desenvólvese a “Xornada de Orgullo do país”, organizada polo BNG de Dodro, coas seguintes actividades:

No salón de actos da Paxareira-Dodro:

Ás 17.00h : MESA 1 “LINGUA E COMUNICACIÓN”
“A situación actual da lingua. Unha perspectiva ecolingüística".
- Goretti Sanmartin, profesora de filoloxía galega

“Os medios de comunicación públicos galegos”
- Belén Regueira, xornalista da Radio Galega

Ás 18.30: MESA 2 “A NOSA APORTACIÓN Á HISTORIA E
LITERATURA DO PAÍS”
. Manuel Lorenzo Baleirón, profesor de Historia
. Anxo Angueira, poeta e escritor, profesor de Literatura Galega

Pola noite, a partir das 21.00h na Lavandeira-Imo, actuacións musicais cos seguintes grupos:
1. Deepsound
2. Secho e os Invisibles
3. Leo i Arremecághona
4. Zénzar
5. Intercoles


Convidamos a todas e todos que queiran compartir unha xornada de palabra e música arredor da lingua galega.

Agardámosvos o SÁBADO 17 de abril no Concello de Dodro.
Moitas grazas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-04-2010 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Celebración do XV Xantar Gaiteiro
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos reuniu a moitos dos seus soci@s e persoas amantes da música tradicional galega no Xantar Gaiteiro. O lugar escollido para a celebración desta XV edición foi a cidade de Lalín, concretamente o restaurante Agarimo, onde os asistentes disfrutaron dun menú consistente en cocido galego e postres tradicionais, e todo acompañado da mellor música tradicional.

O Xantar Gaiteiro é un encontro anual, organizado pola AGG, que vai pola súa 15ª edición e que cada ano se materializa nunha cidade ou vila, tratando de achegar esta celebración a todos os puntos da xeografía galega.

Dende a AGG pénsase que é importante manter xuntanzas como o Xantar Gaiteiro que serven para poñer en contacto ás persoas que, dende distintos puntos do país, traballan co obxectivo común de espallar e conservar a música tradicional.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-04-2010 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro ´Instrumentos musicais na Tradición galega" en Pontevedra
Pablo Carpintero presentará a súa monografía "Os instrumentos musicais na tradición galega" en Pontevedra. Nun principio, a presentación estaba prevista para hoxe mércores 14 de Abril mais foi adiada e finalmente terá lugar ao mércores 5 de Maio ás 20:00 horas.

A obra conta cos deseños de Xoán Ramón Marín Martínez, e foi editada en Difusora de Letras Artes e Ideas coa oportuna revisión lingüística de Xosé Henrique Costas.

Esta obra, que conta co aval da UNESCO, describe e relata a historia coñecida de 144 instrumentos musicais e útiles sonoros que se empregaron en Galicia. A magnitude do traballo vai alén das case 500 páxinas e 1000 fotografías pois desde unha perspectiva científica e rigorosa achega a clasificación dos 144 instrumentos musicais catalogados dentro do sistema científico máis empregado en occidente, a clasificación de Hornbostel e Sach.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (2) - Categoría: Publicacións - Publicado o 14-04-2010 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do libro Bailabén en Lugo
O vindeiro Xoves día 15 de Abril, terá lugar en Lugo a presentación de BAILABÉN, un método de aprendizaxe do baile tradicional galego realizado por Edith Cotilla Quintela e Gustavo Couto Rodríguez.

O ácto terá lugar no Salón de Áctos do Centro Lug II (R/Pintor Corredoira nº 4-Lugo) ás 20:00

No acto participarán os autores Edith Cotilla e Gustavo Couto, acompañados de Cándido Meixide en representación da Editorial Cumio.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 14-04-2010 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
O xacobeo non patrocinará o Intercéltico do Morrazo
O Xacobeo descarta patrocinar o Intercéltico ao non atoparse no Camiño de Santiago

Esta decisión pon en perigo a celebración do festival, pois a súa achega non baixaba dos 10.000 euros


A Sociedade de Xestión do Xacobeo descartou a pasada semana colaborar no financiamento do Festival Intercéltico do Morrazo a través dun contrato de patrocinio, como viña facendo desde fai uns cinco anos. Desde o organismo autonómico puxéronse en contacto co Concello de Moaña para comunicarlle a decisión e argumentan que a razón deste cambio na política de patrocinios débese a que "Moaña non se atopa en ningún dous chamados Camiños de Santiago, e decidimos non apoiar economicamente eventos que estean fóra destes trazados", din. Iso si, o Festival de Ortigueira si que contará con esta axuda a pesar de que tampouco se atopa dentro de ningún camiño. "Tratar dun evento cunha traxectoria e un peso que xustifica esta axuda", defenden desde a sociedade de xestión.

Esta noticia fai perigar a celebración do Intercéltico aínda máis, despois da redución de axudas autonómicas do verán de 2009, que obrigou á Concellería de Cultura a realizar unha operación de modificación de crédito para poder pagar a organización do festival. "O pasado ano xa fundimos case todo ou orzamento de Cultura neste evento, pois os patrocinios pasaron de cubrir o 70% dous custes a menos da metade", lamenta o edil Diego Riobó. E é que a cantidade que o Xacobeo achegaba chegou o ano pasado a 10.000 euros, mentres que na edición de 2008 era de 20.000 euros.

Riobó asegura que este ano o Concello dispón de moitos menos fondos. "Esperabamos que ao ser Ano Santo o Xacobeo incrementase a súa achega", apunta. Por tanto, no caso de que non fallen as outras axudas e póidase celebrar o festival este contaría co menor orzamento dos últimos anos. "Sempre traballamos cun orzamento de entre 100.000 e 120.000 euros. Este ano como moito poderemos chegar a 60.000", explica o concelleiro.

O que ten claro Diego Riobó é que si fallan os patrocinios da Consellería de Cultura e a Deputación, ou diminúe a súa cantidade, non se organizará o Intercéltico. "Ou se fai algo cun mínimo de calidade ou mellor non facer nada. Podemos reducir a programación de dous a un día, pero ou Intercéltico xa ten unha traxectoria e unha reputación e non pódese organizar un espectáculo que non pague a pena", sinala.
A continuidade ou non do evento depende actualmente do patrocinio directo da Consellería de Cultura. De momento aínda non deron ningunha resposta ao anteproxecto presentado polo Concello.

O patrocinio do departamento da Xunta é a maior partida económica externa que recibe Moaña para este espectáculo, non en balde as achegas roldan os 25.000 euros. "A resposta que nos dea Cultura será clave", confirma o edil.

E é que Diego Riobó non ten dúbidas sobre a axuda da Deputación de Pontevedra. "Son uns cartos que reparten cada ano para a programación cultural dos Concellos, e non creo que haia problema para recibilos", defende. Esta partida da Deputación gástase integramente no Intercéltico e adoita roldar os 10.000 euros.

www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-04-2010 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Azaloira reunirá a oito grupos de baile tradicional o día 25
O concurso de baile tradicional galego Azaloira da Bandeira chegará o domingo 25 de abril á súa décima edición e Fortín da Pomba, que o organiza, decidiu celebralo incrementando o número de grupos participantes.

En lugar dos cinco ou seis de pasadas edicións, esta vez, serán oito os que pugnen polos 3.000 euros en premios:

- Os Muiños de Oliveira (Ponteareas),
- Os Xeitosos de Trazo (Trazo),
- Malveiras (Vilagarcía),
- Colexiata do Sar (Santiago),
- A Ponte Vella (Reis),
- Xilbarbeira (Boiro),
- Donaire (A Coruña)
- Traspés (Vigo).

O programa do Azaloira completarase coas actuacións de todas as categorías do grupo anfitrión, Fortín da Pomba, que estreará vestiario, e coa Banda de Gaitas do Concello de Forcarei.

O concurso de baile, que comezará ás 18.00 horas no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira, foi presentado onte por membros de Fortín da Pomba, encabezados pola súa presidenta Josefa Ferreiro, e polas concelleiras Eva Lojo e Concha Vázquez. Ferreiro destacou que esta edición «é importantísima, supón a maioría de idade. Cando empezamos non 2001 nunca pensei que chegariamos tan lonxe e agora cada ano vai a máis», asegurou.
Engadiu que no cartel, hai catro grupos que participan por primeira vez e non faltará Donaire, presente en todas as edicións.

Ferreiro e o profesor de Fortín, Simón Muñiz, destacaron a dificultade de manter un certame de grupos mixtos.
O gañador recibirá 1.500 euros; o segundo, 800 euros; e o terceiro, 500 euros. Ademais, haberá premios de 100 euros para o mellor vestiario e acompañamento.

A edil de Cultura, Eva Lojo, agradeceu o esforzo de Fortín ao organizar esta actividade e mostrou o compromiso do Concello de colaborar. «É un cartel moi interesante e animo á xente a que veña», asegurou. A organización disporá, como en anos anteriores, de máis cadeiras no auditorio. Ferreiro agradeceu a colaboración do Concello, Deputación, Caixanova e de case unha vintena de establecementos comerciais co concurso.

La Voz de Galicia
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 14-04-2010 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Patrick Molard en Salceda de Caselas
O gaiteiro bretón Patrick Molard ofrece unha clase maxistral e un concerto en Salceda de Caselas

O gaiteiro bretón Patrick Molard acudirá a Salceda de Caselas hoxe para realizar unha clase maxistral e un concerto. Segundo informou a concellaría de Cultura, Teresa Pérez, a cita permitirá que o municipio sexa escenario dunha actuación dun dos maiores especialistas e virtuosos da gaita escocesa do mundo.
O músico iniciou os seus estudos en 1965 e dedicouse de cheo a este ámbito, a pesar de non pertencer ás terras altas de Escocia. Algunhas das formacións polas que pasou foron Satanazet, Ogham, Gwendal ou Dean, aínda que foi co dúo Dan ar Brass co que creo unha das súas composicións máis excepcionais, nela a gaita está acompañada por unha guitarra acústica.

A cita será no auditorio ás 20.00 horas aínda que previamente, ás 17.00, Patrick Molard ofrecerá unha clase maxistral para gaiteiros e gaiteiras de toda a comarca.


A responsable do departamento, Teresa Pérez, definiu esta visita como unha ocasión única para escoitar a tan importante músico, «e, sobre todo, para poder recibir instruccións sobre ou mundo dá gaita dá súa man». Por iso animou a todos os veciños a achegarse ao auditorio municipal para presenciar a actuación.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2010 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
O gaiteiro Lalín no Alalá

Hoxe, martes, día 13/04/2010

Lalín, gaiteiro desde que con cinco anos quedou fascinado polo son dun punteiro, será o protagonista dunha nova velada de "Alalá", que se internará na súa vida como un exemplo de músico fiel ás súas orixes e sons tradicionais.


Con doce anos mercáronlle a primeira gaita, que custou dez pesos, todo o capital que tiñan seus pais, porque o Lalín di que naceu nunha aldea "rebelde" e nunha familia en que escaseaba todo menos o cariño. Como non tiñan leiras nin cartos, decatouse de que traballando sempre para outros non ía saír da miseria e por iso en canto puido escapou da terra que o escravizaba e marchou a Vigo para traballar nunha empresa. Neste periplo novo sempre estivo acompañado da gaita e ata tocou nun barco que facía xiras turísticas nocturnas pola ría.

Iso foi onte porque hoxe, con 74 anos, segue tocando e dando clases en tres agrupacións e os seus alumnos adórano, porque ademais de ser bo gaiteiro, o Lalín é un mestre formidable que lles aprende moitas artes da música e tamén da vida. O Lalín garda centos de anécdotas das que tirar algunha ensinanza e un xeito de contalas que fai que nas súas clases pasen máis tempo escoitándoo falar que tocando.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 13-04-2010 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer