Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chega a fin de semana
Sexta feira 30 (Venres)
• Concerto Didáctico de Pablo Carpintero ás 20.00 en Redondela (Multiusos)
• Dani Bellón e Diego Maceiras no Salón Teatro (Compostela)
• Nao en Lalín
• Samesugas na Xasa das Atochas (A Coruña)
• Guezos na sala 600 (Melide)
• Foliada Ven Respirar en Ourense no Café Efémera
• Noites de tasca en Tordoisa cos Carunchos

Sábado 1
• Encontro de Pandeireta Galiza-Asturias (Sabil-Asturias)
• VI Concurso de Baile tradicional Tequexeteldere no Teatro Principal (A Estrada)
• Concerto pola Lingua: Mercedes Peón, Emilio Rúa, Os Tres Trebons na Praza de Santa Maria (Lugo)
• Zenzar na sala Clavicémbalo (Lugo)
• Nao na casa das Atochas (A Coruña)
• Residuos radiactivas (palleiro punki) no Heicho de dar Queridiña (A Insua)
• Festa do Muiño en Coiro (Cangas do Morrazo): Sons no muiño, Puma e Prieto, Tanto Nos Ten,...
• Serán do Coello (Soutomaior)
• II Serán de Boborás (O Carballiño, Ourense)
• III Serán en Santa María de Salceda (Salceda de Caselas) no torreiro da Igrexa

Domingo 2
• Tanxedoras no C.C. de Cedeira (Redondela) ás 19:30
• Tino Baz en Tomiño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2010 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Non saímos do lixo Cap03: A Relixión

NON SAÍMOS DO LIXO cap.3 "A relixión" from komunikando tv on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 29-04-2010 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Xa hai data para os XI Encontros de Música Tradicional

Beatos e beatas da Santa Ferreña e dos XI Encontros de Música Tradicional ide entrenando eses corpos que o 5 de xuño vémonos en Carboeiro!!!
Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-04-2010 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Alejandro López Regueiro
En principio que un mozo se preocupe polo estudo e conservación da nosa cultura máis antiga semella un pouco raro. Se ademais eses estudos se centran no traxe tradicional galego parece algo extraordinario. E se algo define o traballo e dedicación de Alejandro López Regueiro, de 32, que agora mesmo é un referente no mundo da galega.

El mesmo defínese como “como artista-artesán de alta costura tradicional e contemporánea. O meu traballo como investigador abrangue unha parte do mundo téxtil (non industrial) bastante ampla. Dedícome a conservar esa parte do patrimonio galego que é o noso traxe tradicional, ao mesmo tempo que estou a recuperar a Moda Elegante. En definitiva, os diferentes xeitos de vestir das galegas do XIX”. Tamén hai que dicir que Álex é creador de alta costura galega, nunca mellor dito.

¿Como xorde o interese polo traxe tradicional galego?
O interese polo traxe xorde cando tiña 18 anos, tras atopar unhas fotografías dos meus antepasados vestidos co traxe galego. Comecei a indagar e descubrín que apenas había estudos sobre o tema, e digo case que nada, porque toda a información que está publicada refírese ao traxe para grupos de coros e danzas.

¿Cal é para ti o maior logro que acadaches?
O maior logro que acadei...iso é complicado. Para min o maior logro acadado nestes 15 anos foi conseguir a diferenciación entre traxe popular de uso e costume, o que se empregaba na vida cotiá en Galicia, e o traxe rexional, o traxe inspirado para bailar, tocar...., que se inspira no tradicional, pero non o é.

¿Cres que o traxe tradicional aínda inflúe no xeito de vestir das mulleres de hoxe?
Non, de ningún xeito. Durante a ditadura, asociouse o traxe galego a usos propagandísticos e acabou por converterse en disfrace no Entroido.

¿Cres que os grandes modistos galegos deberían facerlle unha especie de homenaxe ao noso traxe tradicional, ao igual que fan moitos deseñadores andaluces (por exemplo)?
Para iso hai que quererlle ao traxe e coñecelo, e estar orgullosos de ser galegos. Como me dixo unha vez unha mestra, Encarna Otero, “ dende o amor chégase ao coñecemento, mentres non se ame o traxe non haberá coñecemento sobre el”. Eu, pola miña parte, inspírome nel todos os días.

¿Cales son as fontes que utilizas no teu traballo?
As fontes son moi diversas:

-traballo de campo, andar casa por casa buscando información

-arquivos, estudar os fondos dos museos

-bibliotecas, buscar e indagar en escritores galegos e foráneos que tiveron contacto coas tradicións galegas.

-fotografía, esta parte é unha das mais fidedigna no que ás formas se refire, por desgraza, identificar cores é difícil, aínda que non imposible.

-pintores, a pintura costumista é unha arma moi boa para conseguir aproximar as cores dos traxes.

¿Tes algún apoio institucional ou privado que te axuda na túa investigación?

A nivel institucional, atopei apoio do Concello de Teo ao principio da miña andaina, e actualmente ese apoio dámo o Ministerio de Cultura, a través do Museo del Traje. Tamén, estou a traballar nun proxecto precioso cun museo da Coruña.

¿Como ves o futuro do traxe?

Bastante esperanzador. O grupo que coordino na rede, nun ano aproximadamente, superou os 2000 membros. Isto quere dicir que hai moita máis xente da que as institucións se pensan, desexando recuperar esta parte da tradición.

www.vidavedra.es
Comentarios (19) - Categoría: Novas - Publicado o 29-04-2010 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
Reedición de ´El Traje regional de Galicia´
Dado o interes etnográfico do libro EL TRAJE REGIONAL DE GALICIA, de Nieves de Hoyos Sancho, promovimos a segunda edición deste valioso traballo para espallar mais o coñecimento do noso traxe tradicional e debido a que era case imposible conseguir libros da primeira edición do ano 1971.

Coa autorizacion do Consello Superior de Investigacions Cientificas para o Grupo Etnografico das Mariñas de Ferrol, logramos por de novo na rua iste traballo.

O libro vai correxido, mantendoo en lingua castelan, con resalte das palabras galegas e un pequeno vocabulario ao fin, e leva 24 laminas en b/n e patrons de pezas, total 112 paxinas.
se queredes algun exemplar, podedelo solicitar ao enderezo electronico etnograficodasmarinas@gmail.com, o custo de cada exemplar é de 30 euros mais gastos de envio. non se vai comercializar en librerias e a sua tirada é de tan so 500 exemplares.

un saudo

GRUPO ETNOGRAFICO DAS MARIÑAS
FERROL (A Coruña)
Comentarios (1) - Categoría: Publicacións - Publicado o 29-04-2010 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
III Exposición de Traxes Galegos (A guarda)
III desfile do Traxe galego da Guarda o vindeiro 9 de maio de 2010.

A Asociación para a recuperación do Traxe Galego da Guarda vai a por en marcha un ano máis os actos da III Exposición e Desfile do Traxe Galego co seguinte programa: Inauguración o 23 de abril ás 20:00 h. cunha conferencia a cargo de D. Rafael González Goyanes do Centro de Recuperación da Cultura Popular do Castelo de Sobroso.

A partir do día 24 de abril ata o 7 de maio estará aberta ó público a III Exposición de Traxes Galegos no Centro Cultural da Guarda en horario de 18:00 a 21:00 h. E para rematar o día 9 de maio a partir das 18:00 terá lugar o desfile de traxes galegos polas rúas da Guarda.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-04-2010 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación da Matamá Ensemble

Matamá Ensemble é unha formación que aposta pola actualidade e contemporáneidade da música tradicional galega dende unha óptica actual.
Arranxos modernos que escorregan porriba das melodías e clichés coñecidos por todos, unha proposta que evita a indiferencia.

Matamá Ensemble fórmano: Lucía Comesaña (zanfona electroacústica), Noa Vidal (percusións), David Bellas ( saxo soprano), e Xián Herrera (gaita de fol)

Presentan o seu espectáculo na taberna Rianxeira en Matamá (Vigo) o vindeiro venres 30 ás 23:00
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 29-04-2010 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
BellónMaceiras Quinteto en Compostela
BellónMaceiras Quinteto presenta o seu novo traballo discográfico Folkfusión, o venres 30 de abril, ás 20h30 no Salón Teatro de Santiago de Compostela.

As entradas, a 5 euros, xa se poden mercar na billeteira de Caixa Galicia.

A fusión é o sinal de identidade de BM5, e a contribución musical de cada compoñente é a que marca o particular son do grupo. Do seu gusto por mesturar nace o que eles mesmos definen como "espicho", a introdución de partes dunha melodía coñecida dentro doutra peza.
No disco que se presenta, a gaita sae da súa cuncha para interpretar tango, swing, muiñeira, blues, habanera, jazz, samba, valse francés…






Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-04-2010 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto didáctico de Pablo Carpintero en Redondela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-04-2010 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
O músico vigués Ernesto Campos estrea a primeira obra de "folk sinfónico" en Galicia
A peza, composta para a Banda de Música de Pontevedra e Crema de Gaita, pechará o concerto dedicado ao compositor que se celebra esta noite na cidade do Lérez

A nova aventura do músico vigués Ernesto Campos, un dos integrantes de Crema de Gaita, ten nome e apelido: folk sinfónico. O compositor creou a primeira peza para banda de música e grupo de folk solista, "Concerto de Chapela", que se estreará esta noite, as nove, no Pazo da Cultura de Pontevedra nun concerto que estará dedicado ao propio músico. "É a primeira vez na historia da música de Galicia que se xuntan unha banda de música e outra de folk para interpretar unha peza composta para ambas as formacións", asegura o compositor.

Preto de corenta músicos da banda municipal e os integrantes de Crema de Gaita (oito) interpretarán, coa dirección de Xosé Luís Represas, esta primeira peza de folk sinfónico "termo acuñado polos propio Campos para definir a súa nova experiencia musical" nun concerto gratuíto, que irá "in crescendo", anuncia o artista.

"Arrincaremos coa estrea da versión sinfónica de ´Luces do Atlántico´, despois actuará Crema de Gaita e para acabar, este ´Concerto de Chapela´. Vai ser un concerto canto menos curioso", adianta o compositor.

Dedicada a unha familia de gaiteiros de Chapela (Redondela), "Concerto de Chapela" xurdiu tras unha conversación con varios integrantes da banda de música pontevedresa. "Xa compuxera pezas para gaita e piano e para banda de música e un gaiteiro. Un día, alguén me preguntou como soaría unha destas obras cunha banda de música. E como non había ningunha para ambas as formacións, decidín compola", lembra.

O compositor vigués sabe que esta nova fusión pode non gustar demasiado a puristas dun e outro xénero, aínda que defende que na música todo é posible a condición de que se teñan claros os termos. "Eu son bastante purista pero aos meus alumnos (imparte clases de gaita e piano) sempre lles digo que unha cousa é a música tradicional, o folclore, coa súa gaita, o seu tambor, o seu bombo e a súa pandereita, e outra o folk, que é unha recreación do primeiro, coa gaita tocando con outros instrumentos. Sabendo isto, por que non meter unha guitarra nunha muiñeira?", defende.

Campos, compositor de Crema de Gaita, ten máis de cen pezas musicais, ás que agora suma esta, que reúne en mesmo escenario todos os instrumentos da banda con tres gaitas, guitarra, teclado, baixo eléctrico e batería.

www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 29-04-2010 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Videos do Concurso de baile Azaloira 2010 de Bandeira (Silleda)
Concurso de baile Azaloira 2010 de Bandeira (Silleda)

1º premio: C.C. A Ponte Vella



2º Premio: AC Donaire

Pasodoble, Jota e Muiñeira de Pousada (Carcacía)


Ribeirana de Limiñoa


3º premio: A.C. Traspés

Añas de Paredes

Muiñeira vella e jota de Cerqueda


A.C. Malveiras



Xilbarbeira

Xota de Cervantes


Colexiata do Sar

Rúada de Folgoso (Cerdedo)


Muiñeira de Sabaxans e agharado de Toutón (Mondariz)
Comentarios (19) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-04-2010 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Muiño en Coiro (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2010 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
A Presenza da música tradicional nos medios públicos
Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos queremos facer pública a nosa preocupación pola diminución da presenza da música tradicional nos medios de comunicación púbilcos.

Lamentamos os esforzos que se están a producir por parte do goberno para eliminar os programas relacionados coa cultura tradicional das súas canles habituais; un exemplo é o troco de horario do programa Alalá (TVG), que pasa a ser emitido os xoves ás 23.00 horas, e anteriormente o troco de emisora do programa Lume na Palleira, que emitía a Radio Galega. Os dous programas teñen como protagonistas a persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas.

A música tradicional forma parte da identidade dun pobo, identidade que se debe resgardar, e con actuacións como as que se están a promover dende os medios públicos galegos, fan que o noso patrimonio cultural, que forma parte de todos os galegos e as galegas, desapareza.

Tanto a televisión como a radio pública galega deberían apostar por manter espazos nos que a música tradicional teña unha presenza significada.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2010 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Coello (Lourido-Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-04-2010 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Ghaiteirada na Baña
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-04-2010 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Pablo Carpintero e Domingo Villar gañan o Losada Diéguez
Recibirán o premio o vindeiro 13 de xuño nun acto previsto no pazo da familia Losada, en Moldes (Borborás).

O xurado da vixésimo quinta edición do premio Antón Losada Diéguez decidiu outorgar os galardóns a Pablo Carpintero Arias, no eido de investigación e ensaio, e a Domingo Villar, en creación literaria.

O primeiro resulta premiado polo seu traballo “Os instrumentos musicais na tradición galega”, unha obra da que o xurado destacou “a súa singularidade ao recuperar un mundo que se está a perder e que abarca todo o dominio lingüístico do galego” e que “é unha contribución singular para salvagardar o noso patrimonio material e inmaterial”, que resulta “amena e adsequíbel para todo tipo de públicos”.

No caso de Domingo Villar, a premiada é a súa novela “A praia dos afogados”. O fallo destaca “a súa excelente construción narrativa, que desenvolve unha trama chea de ritmo que atrapa o lector”, así como “a solidez dos personaxes, en particular do inspector Leo Caldas”. Asemade, subliña a gran capacidade do autor para atraer novos públicos á literatura en galego.

Os gañadores recibirán cada un seis mil euros e un diploma, nun acto que se celebrará o vindeiro sábado 14 de xuño no pazo da familia Losada, en Moldes (Borborás).

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2010 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
'Pradolongo' triunfa en Portugal fronte ás superproducións
O filme estreouse en Braga sen dobraxe nin subtítulos e seguirá a promocionarse no país veciño loitando co monopolio do cinema estadounidense.

A estrea do filme galego Pradolongo en Portugal foi todo un éxito. Dende a súa estrea o día 17 de abril nos Cinemas Cinemax de Braga, miles de persoas xa viron o filme, que retrata unhas historias moi próximas tamén para o público portugués, e sen ningún tipo de atranco ou prexuízo idiomático.

O realizador do filme, Ignacio Vilar, valorou moi positivamente a estrea, lembrando o importante labor de promoción previa que levaron a cabo tanto en Braga como en vilas lindeiras, en escolas e asociacións e en medios de comunicación local "como xa fixeramos en Galiza", explica. Nos actos de presentación, Vilar estivo acompañado polos actores Tamara Canosa, Rubén Riós e Roberto Porto. Ademais, repartiron folletos sobre o filme ,"todo en galego", do mesmo xeito ca o filme se exhibiu na nosa lingua, sen ningún tipo de subtítulos.

No día da estrea, tivo lugar tamén un coloquio. "O cine estaba cheo. Foi moi interesante, porque para eles o filme e a historia eran moi próximos. Non houbo ningún problema de idioma. Chegamos á conclusión de que nos entendemos, malia termos acentos diferentes".

Atrancos na distribución
Mais, o principal problema para chegar ás salas, tanto portuguesas como do Estado Español e, en xeral, de Europa, é que "o sistema de pantallas está controlado polos norteamericanos. O cine galego e europeo non pode chegar ás pantallas. Iso téñeno que solucionar os políticos", denuncia Vilar.

De feito, unha das preguntas formuladas polos espectadores miñotos no coloquio da estrea de Pradolongo foi "como era posíbel que para viaxar de Braga a Vigo só levase unha hora, pero o filme tardase dous anos en chegar a Portugal".

"A estrea foi moi positiva. Abrimos un camiño moi interesante", asegura o realizador. Porén, non cre que o feito de que o filme non se estrease no Estado Español fose por mor do idioma. "Pradolongo ten seis subtítulos, en castelán, éuscaro, catalán, portugués -aínda que en Portugal se proxectou sen eles-, pero 'algo cheira a podre en Dinamarca', porque os políticos non toman medidas para protexer o noso cinema".

Así, Vilar puxo o exemplo de Francia, onde se defende a cinematografía propia fronte á estadounidense, "que atenta mesmo contra a liberdade de mercado controlando a produción, a distribución e a exhibición". Ese é o principal atranco para que filmes como Pradolongo cheguen ás pantallas. Fronte a ese monopolio, o filme vai seguir co seu sistema de promoción case porta a porta.

"Estamos a preparar a presentación en Lisboa, porque a nosa forma de distribución é diferente do que se fai nos EUA. Imos pouco a pouco. Facemos promoción nunha cidade durante catro ou cinco días e despois imos a outra". Ignacio Vilar amosouse en contra "da política de que o filme se bote ao lixo despois da catro semanas. Creo que as películas non son de usar e tirar. Pódese seguir vendo. O tempo non ten por que ser un condicionante. Tentamos combater esa ideoloxía" da caducidade do cinema.

Despois do seu paso por Portugal, onde Pradolongo foi o primeiro filme galego en estrearse nas salas comerciais, o equipo xa está a preparar a súa posíbel exhibición en Cataluña.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2010 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Un compositor vigués crea o folk sinfónico
Ernesto Campos compón por primeira vez para banda e grupo

Un vigués será o homenaxeado este xoves no Pazo de Congresos de Pontevedra, ás 21 horas. O acto, o Monográfico Ernesto Campo onde a Banda Municipal de Pontevedra ofrecerá un concerto xunto á agrupación folk Crema de Gaita. O repertorio constará de "Luces de Atlántico", peza que se estrea para gaita e banda de música; o grupo folk interpretará tres temas propios para finalizar co Concerto de Chapela, verdadeiro leit motiv do acto.

A totalidade das composicións é obra de Ernesto Campo, integrante de Crema de Gaita e profesor no Conservatorio de Músico Mayeusis: "É moi especial, xa que será a primeira vez que toque unha banda de música cun grupo folk unha obra realizada especificamente para esta ocasión, é dicir, é unha obra concertante onde se consegue un diálogo a partes iguais entre as agrupacións". Campos, veciño de Cabral, leva involucrado no mundo da música tradicional desde fai máis de tres décadas e é responsable de máis de cen composicións. "Estou emocionado e agradecido porque en todo o proceso, que durou meses, sentín arroupado e apoiado polos integrantes do grupo, que se implicaron no proxecto dunha forma desinteresada e ilusionante".

Para Campos, o que o mesmo denomina como un experimento musical, hai que entendelo como unha fusión da música culta coa popular no que se pode chamar un folk sinfónico. Son dúas formas de tocar, de entender a posta en escena e de interpretar as pezas que van soar por primeira vez en harmonía. "O máis complicado á hora de afrontar esta composición foi coordinar o baixo eléctrico de Crema coas tubas da banda, que exercen de baixos, xa que non actúan igual; outro aspecto foi o da percusión, mentres a da banda ten partituras escritas, a nosa batería terá que improvisar centrándose nas notas para a sinfónica, xa que as baterías non adoitan ter as súas partes fixadas". Para o compositor, este tipo de traballos contribúen a consolidar a música popular galega, dándolle unha maior proxección: "O Concerto de Chapela encádrase no camiño das fusións de estilos, onde non se menosprezan ningunha dos integrantes; en lugar de mesturar o son galego co flamenco ou co arxentino, como facemos desde Crema de Gaita, apostamos pola unión de dúas formas de entender a música: a culta e a popular".

O concerto do próximo xoves de Pontevedra, con entrada gratuíta, está destinado a "picar a curiosidade da xente que desta forma achégase a dous mundos interpretativos diferentes", sostivo Campos. A idea que revoluciona o mundo compositivo da música galega xurdiu de casualidade "tomando un café con membros da banda de Pontevedra, suxerinlles unha idea que levaba tempo roldándome pola cabeza e brindáronse de moi boa gana". A pesar de que "O concerto de Chapela" é unha obra autoría dun vigués e que o grupo implicado, "Crema de Gaita", tamén é vigués, a estrea terá lugar en Pontevedra, sen que haxa unha data concreta para a súa presentación na cidade: "Sería xenial tocar aquí, pero iso xa depende do apoio das administracións, pois habería que mobilizar a gran número de músicos e polas características do mesmo, non se pode realizar en calquera escenario; necesita grandes espazos, ben ao aire libre como o auditorio de Castrelos ou pechados, como o teatro do Centro Cultural Caixanova. Campos espera que tras a estrea da obra, outras bandas de música interesen pola peza, que xa queda preparada para a súa interpretación.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2010 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Ortigueira quere superar as cen mil persoas cun cartel 100% celta
O festival celebrarase entre o 8 e o 11 de xullo con "novos grupos" e "novos estilos"

A XXVI edición do Festival Internacional do Mundo Celta, que acollerá a localidade coruñesa de Ortigueira entre os días 8 e 11 de xullo, apostará este ano 2010 polos "novos grupos" e os "novos estilos" co obxectivo de atraer até este municipio a máis de 100.000 festivaleros.


Así o explicou hoxe o coordinador do festival, Alberto Balboa, que indicou que nesta ocasión decidiron volver a un cartel "100 por cen celta", apostar polos novos grupos e promover "novos estilos" como o folk rock.

Estas propostas innovadoras centraranse no xoves día 8, a primeira xornada do festival, que se reforzará con respecto a outros anos para acoller as propostas de 'rock celta' dos bretóns Kreposuk, os ingleses Oysterband e os españois Celtas Cortos.

Posteriormente, o venres e o sábado, explicou Alberto Balboa, o evento volverase "máis tradicional", coa subida ao escenario Estrella Galicia de Marful, a Escola de gaitas de Ortigueira, Cristina Pato, os irlandeses Afterhours e os cataláns Qui Hi Ha?, aínda que neste apartado aínda quedan "por pechar" un par de actuacións.

O sábado, que aínda non esta pechado, será a quenda de Anxo Lorenzo Band, os estadounidenses Gaelic Storm, os escoceses Shooglenifty e os andaluces Rare Folk. Segundo destaco Alberto Balboa, este ano apostarase por unha programación "moi internacional" na que o 70% dos grupos actúan por primeira vez neste festival e intensificaranse os concertos na alameda para compensar a retirada de espectáculos o domingo pola noite.

PROXECTO RUNAS E GAITAS

O domingo día 11 celebrarase en Ortigueira o Proxecto Runas, de promoción de "novos valores da música folk" e terá lugar a exhibición de bandas de gaitas, onde participarán entre 400 e 500 gaiteiros de Galicia, Portugal, Bretaña, España e Escocia.

Entre outras actividades, durante as 96 horas de acampada libre e gratuíta do festival, celebraranse talleres de zanfona, regueifa e baile tradicional, entre outras disciplinas.

Este "clásico da axenda musical" galega, segundo indicaron, conta nesta ocasión co patrocinio do Xacobeo, que achegará 200.000 euros á celebración; así como de Estrella Galicia, que participa con 150.000 euros, a Deputación Provincial da Coruña, con 100.000, e outras entidades como Gadisa ou Coca Cola. Entre todas estas organizacións e o concello tratarán de sufragar os 650.000 euros que custa a organización do evento, dado que a entrada e a acampada son totalmente gratuítas.

Durante o pasado ano, o Festival de Ortigueira reuniu preto de 100.000 persoas nos seus días de mais afluencia, unha cifra que se espera superar este ano co tirón do Xacobeo. Así mesmo, o alcalde de Ortigueira, Rafael Girón, destacou a posibilidade de que o contexto de crise favoreza ao evento, dado que toda a oferta é gratuíta.

Pola súa banda, o xerente da S.A. De Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, destacou o papel do festival como unha "magnífica canle para a difusión da mensaxe do Xacobeo", coa súa imaxe de "integración de culturas" no que participan grupos galegos e internacionais.

Ademais, Ignacio Santos reiterou o apoio do organismo que dirixe á música e a función do festival como "plataforma de difusión a nivel nacional e internacional da música feita en Galicia".

www.xornal.com
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2010 14:52
# Ligazón permanente a este artigo
Novo sinxelo de Marful
O novo sinxelo de Marful proba a súa constante evolución
O grupo aínda non ten data de lanzamento para o seu novo traballo discográfico, pero xa se atopa na fase de edición. Xornal.com ofréceche un adianto. Descarga aquí o seu primeiro sinxelo ou goza simplemente co primeiro videoclip do disco




“O novo disco vai cargado de humor e de ironía. Iso quere dicir que hai sufrimento, pero está cheo dese humor galego que temos”. Así define a cantante e compositora Ugía Pedreira o novo disco de Marful que, pese a carecer aínda de título, xa é case unha realidade da que Xornal.com ofrece o primeiro sinxelo. A formación composta por Pedro e Pablo Pascual, Marcos Teira e a propia Ugía atópase en pleno proceso de edición do álbum. “A música xa está”, admite Teira. Pero agora falta toda esa burocracia que vén despois da arte para converter un feixe de cancións nun produto.

Por iso aínda Marful non ten data de publicación para este segundo traballo, que chega catro anos despois da súa estrea discográfica. Entre un álbum e outro, moitas cousas mudaron, pero a esencia do grupo segue sendo a mesma. “Entre o primeiro e este segundo disco hai moitas diferenzas. No anterior traballabamos máis nas formas, nos pasodobres e nos tangos. Iso todo, que segue a estar, é agora máis anecdótico”, explica o guitarrista Marcos Teira.

Aí están as diferenzas pero, no substrato, a natureza deste grupo permanece. “O son Marful segue aí, evolucionou, o son sempre está en constante evolución, pero Marful está neste disco e no anterior. E estará no terceiro, que será unha volta de rosca”, completa Pablo Pascual a apreciación do seu compañeiro de formación Marcos Teira.

“ENTRE DOCE E CATORCE TEMAS”

O número de cancións do novo traballo discográfico de Marful tampouco está pechado polo momento. “Serán entre 12 e 14 temas. Depende da elección final. Son cancións longas e hai que decidir se queremos un disco máis ou menos longo”, confesa Marcos Teira. Pese a que quedan varios elementos por pechar, Marful xa decidiu que músicos colaboran neste traballo. Ademais dos sospeitosos habituais de Marful, que son o contrabaixista Xacobe Martínez e o batería Luis Alberto Rodríguez Legido, únense músicos como o trompetista David Herrington, os violinistas Diego Galaz e Quim Farinha, o pianista Alejandro Vargas, o contrabaixista José Manuel Díaz e Germán Díaz, que toca a serra. “Non son colaboracións de medallas”, sinala Ugía en referencia a que todos estes músicos participan porque xa coñecen o grupo e tocaron cos seus membros.

Un dos temas que estarán no novo disco, titulado De Vigo vuelvo, ten unha curiosa historia detrás. “Atopei nun anticuario unha composición chamada así dun autor chamado Ray Fortuny. Investiguei sobre el e pouca información atopei”, explica Pedro Pascual. Con esa composición, Ugía escribiu unha letra na que retrata Vigo. “É un paseo pola cidade dende o punto de vista dos meus amigos de alí, con ese caos que ten Vigo”, sinala a cantante.

O disco que sairá finalmente da factoría Marful será un traballo para gozar en diversas dimensións. “Este álbum ten un punto de saborear cos cinco sentidos”, asegura Ugía. Ese prato de bo gusto harmónico que poñerán nas mesas musicais de Galicia en breve sérvelle ao grupo para facer bromas ao respecto. “Entre nós, cun pouco de humor, dicimos que este disco tiña que estar patrocinado pola Guía Michelín porque é un disco para viaxar a moitos lugares e no que hai gastronomía”, explica Pedro Pascual. Con ou sen ese patrocinio, Marful ofrecerá seguro un disco cinco estrelas.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2010 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Lamatumbá
Á venda o 20 de maio.

A Axencia Espacial Ourensana ten o pracer de anunciar o vindeiro lanzamento do seu novo album. Lamatumbá bota ao espazo A Órbita da Banda Hipnótica, un foguete cargado con quince novas cancións, quince estrelas de festa, quince soles de amores. Quince satélites en pé de verbena, mais tamén algún que outro burato negro de carraxe donde arroxar todo aquilo que nos sigue a facer mal. Tras unha extensa xira co seu anterior traballo, Paraugas Universal, que os levou a tocar polo mundo adiante, agora voltan coas pilas máis cargadas que nunca para ponher en órbita o seu novo traballo.



E xa tenhen datas preparadas.
Maio:

Sáb. 15, A Marosa, Burela.
Dom. 16, Clandestino, Nigrán.
Xov 20, Capitol, Compostela.
Xunho:

Ven. 4, The Star, Carral.
Sáb. 5, Sala 600, Melide.
Sáb. 19, FAX Festival, Ourense

www.komunikando.net

www.myspace.com/lamatumba
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2010 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Unha lección de supervivencia a través da Música de Gaita
Artigo publicado na Revista Atenea referente ao Constantino Bellón e elaborado por Ana Martin (a presentadora da pasada edición).
Saúde!

www.ateneoferrolan.org

Noites singulares, quizais estrañas, ou incluso atípicas foron ambas as dúas veladas da última edición do Constantino Bellón. Atípicas polo estraño que se fixo aló polo mes de novembro, escoitar o sons das gaitas inundando o espectacular aforo do Teatro Jofre. Singulares pola forza que puxo a orquestra do conservatorio superior de música da Coruña, ao interpretar as partituras gaiteirís nun frío serán de marzo.

Xa sei, xa sei, que o Jofre é un recinto moi acostumado a acoller no seu seo con agarimo e dozura o Certame Constantino Bellón, pero acadaba facelo nunha data que sempre crin inamovible, a de fins de agosto.

É coma se a música do máis tradicional dos instrumentos galegos estivera na miña memoria inevitablemente unida aos últimos solpores das vacacións, ao calor dun verán que comeza a se extinguir.

É, en definitiva, como se fose o roncón da gaita o sinal para que os fogos de Amboaxe comezasen a alumear de cores a enseada da Malata.

No 2009 non puido ser. Fose pola crise, fose por falta de información ou de coñecemento sobre a cultura dun pobo, faltaron os apoios. E aínda que os tempos dos choros deberan pertencer sempre ao pasado, cómpre lembrar ata a saciedade a importancia dun evento como o Bellón para que os pulos para seguir loitando polo certame non se extingan.

Sen dúbida todos os participantes do certame nesta XIX edición merecen os aplausos e loas do público que puido velos e escoitalos, pero o aplauso máis forte debemos dirixilo ao Ateneo Ferrolán, unha institución que nunca cesa na loita e que en cada empresa que acomete ensínanos unha lección de paciencia, de humildade e de teima.

Anos levan “tocando baixo a chuvia” dunhas goteiras xurdidas nun tellado que máis parecen os xardíns colgantes de Babilonia. Anos agardando unhas reformas que prexudicaron en moito a súa hemeroteca e biblioteca, onde dende algún antigo exemplar vetusto, Mariano José de Larra lémbranos, aínda hoxe, que nas cousas da administración aquilo de “volva vostede mañá…” segue a ser o pan noso de cada día…

A estes obstáculos lle engadimos os do recente certame Constantino Bellón que a piques estivo de non se celebrar. A Xunta de Galicia non foi quen de entender a relevancia do evento, xa non para Ferrolterra, senón para Galicia, para os galegos do exterior, e por suposto, para o mundo da música en xeral.

Que descubro eu se lles escribo nunhas liñas a relevancia que os sons da gaita tiveron e teñen para o rural galego, para as romarías, para as festas e os pasarrúas, para os recunchos onde hoxe os mozos xúntase para compoñer e facer música fusión, para o folk, para o tradicional e o moderno? Non descubro nada…

A gaita é un símbolo da Galicia coa que permitimos que moitos turistas nos torpedeen os oídos cando mercan esas agudas réplicas miniaturizadas dun euro. Pero, á marxe de simpáticos tópicos, é un orgullo que nos leva as mans ao corazón e as bágoas aos ollos cando a escoitamos fóra da terra. É parte do ser galego…

Por iso non se entende que cando existe un certame que nos dignifica como pobo, que sabe respectar e elevar os seus signos e símbolos, non se lle dea o apoio que precisa. Porque ese empuxe non se lle nega ao Ateneo, nin ao propio Certame, négasenos a todos nós como colectividade que compartimos tantas lembranzas e vivencias cuxa banda sonora soa a alborada.

En fin. Supoño que haberá algún de vostedes que non puido asistir á gala deste pasado mes de marzo, cando se presentaban e interpretaban as partituras gañadoras do apartado de Composición. Pois téñolles que dicir que, non saben o que se perderon!!!!
Tivemos maxia e sorpresas con forma de agasallos musicais que nos ofreceu a orquestra do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Foron eles e a música do xordo xenial os que levantaron o pano do teatro. Logo presentouse o dobre CD da edición anterior, por certo, unha edición moi coidada que xa está á venda. E a expectación ía medrando, cando se presentou a Javier María López Rodríguez, gañador dun dos accésits. E a pesar de que unha servidora, presentadora do evento, ten a tendencia de lle cambiar o nome a todo o mundo, Javier non perdeu o sorriso e con moita naturalidade subiu a escena para contarnos algunhas anécdotas, como o curioso nome da súa composición, “tumbaleira”. Disque a súa nai, tiña tendencia a inventar palabras e de tales pais, tales fillos. Facendo a súa composición tiña preto dúas gaitas, unha de sonoridade grave TUMBALET e outra aguda GRILEIRA. Curiosa cousa esta de mesturar nomes… e sons… e xerar músicas ou palabras tan sonoras coma tumbaleira. É dicir que a min, cando escoite o nome, deume un arrebato fúnebre rosaliano, e busquei a negra sombra no que eu entendía que quería referirse a unha leira chea de tumbas, un camposanto, vaia!!! Menos mal que Javier, compañeiro de oficio, soubo levar a broma.

Javier é natural de Lugo pero con parte da súa alma convertida xa en picheleira e asentada dende hai tempo na cidade santa compostelá.

Conta Javier María que o primeiro instrumento que tocaron as súas mans foi unha gaita cando apenas contaba con dez ou once anos. Logo, vese que o verme musical picou nel e entrou de cheo no mundo da música, estudando no conservatorio, e mesmo converténdose pasados os anos en profesor de música, tanto no conservatorio como na ensinanza secundaria.

Esta bagaxe como mestre levouno a publicar varias obras de carácter pedagóxico. Pero Javier ten unha teima coa composición, unha teima bastante exitosa por certo, pois foi xa gañador deste certame no ano 2005 e accésit no certame do 2008.

Gústalle compoñer, diso non cabe dúbida, préndelle a música contemporánea, que aínda que soe estraño, Javier considera moi afín e próxima á tradicional. Este 2010 vai amosar todas as súas posibilidades musicais en Santiago de Compostela, cidade que terá unha ampla oferta cultural neste ano santo e aló escoitarase o nome e a obra de Javier María López Rodríguez con tanta forza como puidemos facelo nós na pasada data.

Xunto a nós estivo tamén, Jesús Rodil Rodríguez, primeiro premio de Composición 2009.

Natural de A Coruña. É un músico moi novo pero non por iso inexperto. Esta a piques de rematar a carreira musical de composición e foi dentro do conservatorio, cando un dos seus profesores Mario Seoane, vendo as súas calidades animouno a participar neste certame. Con moita humildade Jesús confesaba que non pensou que puidera gañar, pois era a primeira peza que compoñía para gaita…

Unha composición, por certo, que naceu nun primeiro momento cando a súa ollada se cruzou coa pintura de “Lugrís”. Ese foi tan só un punto de partida do que pouco a pouco, paseniñamente foron brotando notas que lle pedían unha composición moi rítmica, con percusións, con instrumentos de corda, para que a gaita se sentise tan libre como cando soa ao aire libre. Algo así como xerar unha atmosfera onde a gaita viva en completa liberdade na compaña dun tema popular que servese de base a idea central.

E o resultado impresionou, tanto pola súa fermosura, como pola calidade interpretativa da orquestra do conservatorio da Coruña, a quen Jesús deu as grazas dun xeito moi agarimoso pois moitos dos intérpretes eran compañeiros de estudos e de soños.

A velada prolongouse de xeito moi afortunado e xa na noitiña, compartimos un ágape cos premiados e os músicos. Aló estaban os membros do Ateneo e tamén, membros do goberno municipal, o señor alcalde, Vicente Irisarri, e os concelleiros Mercedes Carbajales e Ramón Veloso, a quen temos que agradecer o seu esforzo por apoiar ao certame no momento máis crítico da súa historia. Pero agora tan só quedan os desexos para a XX edición.

Oxalá que o vindeiro, e veciño xa, mes de agosto poidamos devolverlle ao Teatro Jofre esa maxia do noso. Oxalá que ninguén teña que gardar en un caixón as súas composicións para gaita e orquestra, nin teñan que deixar en barbeito as máxicas mans deses gaiteiros (ou gaitistas que se din algúns) que son quen de extraer dende o máis profundo suspiro dun fol, melodías que en ningún outro lugar, en ningún outro momento poderán ser escoitados.

Por iso hai que saber dar as grazas os que souberon apreciar o Bellón e alentalo con cariño e con esforzo. Xente como a familia Seivane, que colabora, acude, anima é exemplo de vida musical. E como non, ao Concello de Ferrol, que non quixo deixar morrer unha iniciativa que está a piques de cumprir as dúas de décadas de vida.

Ana Martín García.
Licenciada en Xeografía e Historia e en Xornalismo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2010 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Ophiusa en Compostela
Ophiusa presenta hoxe martes ‘Sen Planeta’ no Salón Teatro de Santiago. Ophiusa naceu en Compostela en 1986 e tivo novas incorporacións en 2005

O grupo compostelán Ophiusa -Ramón Feáns Chiri, Paulo Gacio, Paco Nogueiras, Antonio Presedo, Antón Bello e Dani Riveiro- presentará hoxe no Salón Teatro de Santiago, ás 20.30 horas, o seu segundo disco de estudio, Sen Planeta.


A música da banda experimenta neste segundo traballo unha evolución cara á parte máis "eléctrica e ecléctica dentro do seu son".

Autoproducido e gravado nos seus propios estudios -Pink-, o disco foi facturado de maneira que a banda puido traballar sen presións e con liberdade, e iso traduciuse na posibilidade de experimentar sen présa, de probar, de xogar coa música e coas posibilidades que ofrecen aparatos como os sintetizadores analóxicos ou os secuenciadores.

Os nove temas incluídos no disco están compostos por eles na súa totalidade, salvo a inclusión dun fragmento do poema de Paul Eluard, Liberté, recitado por Gérard Philipe, na canción que abre o CD, Siga a ese coche.

Sen Planeta é o resultado desa "liberdade creativa absoluta", fillo da imaxinación e da creatividade sen atrancos e enfrontado directamente aos convencionalismos. "Unha metáfora do compromiso coa singularidade fronte a unha realidade cada vez máis estruturada e arquetípica", sinalan.

Neste CD dan "un xiro á contemporaneidade"

Se no seu debut discográfico -Paos, finalista nos Premios de la Música 2008 na categoría de mellor canción cantada en galego- a banda traballaba con ritmos existentes na música popular global (como reggae e bluegrass) ademais dos ritmos que son propios de Galicia tales como a muiñeira, en Sen Planeta a música de Ophiusa "dá un xiro cara á contemporaneidade".

Ophiusa conta neste disco con colaboradores de primeira liña da escena folk coma Bieito Romero (Luar na Lubre), Óscar Fernández (bOnOvO), Benxamín Otero (Linho do Cuco) ou o guitarrista Valentín Caamaño, entre outros. O grupo ten tocado nos máis salientables escenarios do eido do folk, tales como o Escenario Runas do Festival de Ortigueira, o Festival Irmandiño de Moeche, o Festival Folk Cuartu de Los Valles en Asturias, a Festa do Lugnasad en Bretoña ou as Festas do Apóstolo en Compostela. O grupo tamén ten realizado xiras polas illas británicas, chegando a representar a Galicia en festivais como o Eisteddfod de Llangollen (Gales).

Ademais de actuar en Compostela, o vindeiro 6 de maio presentarán o seu CD na Sala Clavicémbalo de Lugo, e o 8 de maio, no Bar Liceum do Porriño.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2010 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Marful grava o seu novo disco en Ponte Caldelas
Marful pecha os salóns de baile e abre os cinemas. Iso pasou así na historia recente de Galicia: os salóns de baile reconvertíronse en salas de cinema. E iso pasa así no segundo capítulo da historia de Marful, que grava estos días o seu novo traballo nos estudios Savik Sound de Caritel, en Ponte Caldelas.

O grupo que lidera Ugía Pedreira (e no que militan Pedro Pascual -acordeón diatónico-, Pablo Pascual -clarinete baixo- e o guitarrista flamenco Marcos Teira) quixo aproveitar a circunstancia do cambio salón-cinema para apuntalar a súa traxectoria e, mentres aínda están coas mans na masa, xa anuncian na súa páxina web (www.marful.info) que se van ao cinema. «É unha brincadeira nosa relacionada co feito ese da transformación dos vellos salóns de baile en cinemas. Hoxe en día xa pecharon tamén moitas destas salas», di a cantante. «Aínda así, o disco está cheo de imaxes. É como se lle puxeramos a banda sonora a unha serie de imaxes nas que nos inspiramos».

O segundo traballo de Marful apunta maneiras. «Estanos saíndo un disco moi viaxeiro onde a música e a poesía van sempre da man e onde hai unha mestura entre o imaxinario, o onírico, ese realismo máxico, que tanto define aos galegos, e o real». O grupo púxolle banda sonora a toda unha película de viaxes. «Neste disco viaxamos a Brasil, viaxamos a Cuba, viaxamos a Italia, viaxamos a Francia... Imos a moitos dos sitios nos que estivemos durante estes anos, anos que foron de barbeito, pero tamén de escenarios», di Ugía Pedreira.
O son que conseguimos é máis 'vintage' que no anterior traballo. Eu diría que é impactante-exuberante. Como se andiveramos con sementes de flores exuberantes dun lado para o outro». E por suposo... «E por suposto xogamos constantemente coa retranca, co humor galego, coa sorna...». Iso si: que ninguén solte a parella de baile porque a festa continúa. «Bailaremos quizais máis que no primeiro disco».

O técnico de son
Como deron os Marful co estudio Savik Sound que José Trincado ‘Triki’ ten en Caritel é sinxelo de explicar. «El é o noso técnico dende hai moitos anos, dende o inicio do grupo, así que nos coñece moi ben aos catro e coñece moi ben o son cálido que buscamos nesta nova viaxe», conta Pedreira. «E logo el ten unha mesa de mesturas moi especial, unha Midas dos anos 80, que converteu este estudio en toda unha referencia». Ata aquí veu a esquimal amiga de Björk, Tanya Tagaq, buscándoo. «Pero é que ademais está situado nun pequeno paraíso para gravar, Ponte Caldelas, e é case como unha casa indiana cunha arquitectura fabulosa».


10 de setembro
O disco «cheo de detalles», que anuncia Ugía Pedreira, máis internacional e alegre que o anterior traballo, «luminoso e exuberante coma as grandes extensións de vides», aínda non ten título nin data de lanzamento. Marful coida con celo cada peza do puzzle, como xa fixera co seu debut discográfico. O que si teñen xa os músicos é data para a presentación en directo dos seus novos temas: o 10 de setembro no Teatro Colón da Coruña. Anuncian pasodobres, swings, mambos, valses e jotas para non parar de bailar.

Historia
Marful apareceu como tal no ano 2006 cun disco homónimo no que se reivindicaba a música de baile galega de entre os anos 30 e 50. Os oíntes da Radio Galega escolleron o seu como mellor traballo daquel ano. O grupo tocou no Festival de músicas do mundo de Sines e foi a primeira banda en representar a Galiza no prestixioso Womex.

http://diariodepontevedra.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2010 12:16
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 26(luns)

Terza feira 27 (Martes)
• Ophiusa no Salón Teatro (Compostela)

Corta feira 28 (Mércores)

Quinta feira 29 (Xoves)
• Festa do Trópico na sala Nasa (Compostela)

Sexta feira 30 (Venres)
• Dani Bellón e Diego Maceiras no Salón Teatro (Compostela)
• Nao en Lalín
• Samesugas na Xasa das Atochas (A Coruña)
• Guezos na sala 600 (Melide)
• Foliada Ven Respirar en Ourense

Sábado 1
• Encontro de Pandeireta Galiza-Asturias (Sabil-Asturias)
• VI Concurso de Baile tradicional Tequexeteldere no Teatro Principal (A Estrada)
• Concerto pola Lingua: Mercedes Peón, Emilio Rúa, Os Tres Trebons na Praza de Santa Maria (Lugo)
• Zenzar na sala Clavicémbalo (Lugo)
• Nao na casa das Atochas (A Coruña)
• Serán do Coello (Soutomaior)
• II Serán de Boborás (O Carballiño, Ourense)
• III Serán en Santa María de Salceda (Salceda de Caselas) no torreiro da Igrexa

Domingo 2
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 26-04-2010 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
Conferencia na Coruña : Os coros das Irmandades
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-04-2010 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
IX Encontro de Pandereta Galega eAsturiana

IX Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.
Imos pra Asturies!!!

O sábado 1 de Maio, ímoslle tod@s ata Asturies, camiño da novena edición desta festa de irmandamento musical cos nosos curmáns astures.

O catalizador xa o sabedes, os cantares e bailes das dúas terras sempre acompañados do son de pelicas e ferreñas.
Será como de costume no enxebre local El Sabil, situado no fermoso Conceyu de Santu Adrianu (www.elsabil.net; tlf. 985 761 472). Dende alí, se chegades cedo, poderedes facer rutas turísticas pola marabillosa montaña astur; coidado cos osos!! ;-).

-20:30 h. Será a hora na que nos xuntaremos tod@s en El Sabil. Algo máis tarde teremos a consabida cea-confraternización con menú a base de produtos da terra (...asturiana hehehe), que unha boa “folixa” presta ben máis co bandullo cheo.

-23:00h. (hora aproximada, que xa se sabe). Concertos das Pandereteiras Os Muíños de Oliveira (Ponteareas) e máis dos Anfitrións, Cantaruxare.

-1:30h-.... A partir de aí xa sabemos que todo se empeza a poñer turbio e xa un non sabe moi ben se toca pandeireta galega ou asturiana, pero a festa e o bo ambiente de intercambio están máis que garantidos ata que os corpos non dean máis de si.

E cando sexa hora de ir deitar algo a cabeza, teremos o aloxamento ben preto, no albergue do que dispón o propio Sabil, mesmo a carón do local.

O prezo estipulado é de 35 Euros de nada, así que os cartos non son excusa!!

Información e Inscricións:

-Chamando ao propio. El Sabil: 985 761 472. info@elsabil.net
www.elsabil.net.

NON VOS DESPISTEDES,
PRAZAS LIMITADAS!!!


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-04-2010 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Salceda de Caselas
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-04-2010 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán de Boborás (Ourense)
II Serán de Boborás, o sábado 1 de Maio a partires das 20.00 horas no colexio de Boborás.

Esperámosvos alí cos vosos instrumentos, pero sobre todo con moitas ganas de bailar, cantar e pasalo ben!
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-04-2010 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de tasca en Tordoia

www.osviqueiras.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-04-2010 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do X Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira-Silleda)
Resultados:

1º premio: Ponte Vella
2º Premio: Donaire
3º Premio: Traspés

Mellor vestiario: Ponte Vella
Mellor acompañamento: Donaire
Comentarios (130) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 26-04-2010 14:13
# Ligazón permanente a este artigo
1º seran benefico de Ribadavia
Recordarvos a todos-as que o sábado 24 de abril 2010, na alameda de Ribadavia (fronte o castelo) as 20:30 p.m. tendes unha cita coa soliradidade para co pobo haitiano.

Vente divertir,Haiti necesita a tua axuda.

1ºseran benefico de Ribadavia, a favor dos damnificados de Haiti. Colaboran: concello de ribadavia, e cruz roja. Non faltedes.
Un bico a todos e grazas
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-04-2010 21:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 23 (Venres)
• Treixadura en Arbo
• Guezos na sala Clan (Xinzo de Limia)
• Skacha na Casa das Atochas (A Coruña)

Sábado 24
• Tic-Tac no Centro Cívico do Castrillón (A Coruña) ás 17:30
• Susana Seivane e Quempallou no Auditorio Gustavo Freire de Lugo
• Sondeseu en Monforte de Lemos
• The Royalties e The Soul Jacket nas Festas de Balaidos (Vigo)
• Ultraquáns na Tarabela (Lalín)
• Linho no Cuco en Ramirás
• IV Noite de Fiadeiro (Vilavidal - Ramirás)
• Foliada de Melide
• Tiruleque e Çe Orquestra Pantasma en Melide
• Serán do Patrocinio (Rianxo)
• Serán en Ribadavia

Domingo 25
• Concurso de baile tradicional Azaloira no auditorio Manuel do Pazo (Bandeira-Silleda)
• III Concurso Moxenas no Centro Cultural de Valadares de Vigo
• Arrás! en Melide
• A Roda e Os Abrentes de Cerdedo na V Festa do Xabarín en Cerdedo
• Gala de Bricadeira no Teatro principal de Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-04-2010 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os seráns
24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán do Patrocinio (Rianxo)
- Serán en Ribadavia

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)
- II Serán de Boborás (O Carballiño, Ourense)
- III Serán en Santa María de Salceda (Salceda de Caselas) no torreiro da Igrexa

8 de Maio
- III Ruada de Catoira
- V Serán do Mar de Rianxo
- Serán do Freixo (Valadares-Vigo)
- Serán de San Benito (O Porriño) a carón da Capela de S. Benito

15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
- Serán en Borreiros (Gondomar)

16 de Maio
- Serán na Insua (Pontecaldelas) no torreiro Eiravella

22 de Maio
- Serán na casa do pobo de San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
- Serán das letras en Sobrada (Tomiño)

29de Maio
- Serán de Coto (O Carballal-Vigo)

30 de Maio
-Tarde de Fiadeiro en Vide (As Neves)

5 de xuño
Serán do Remuiño (Paraños-Covelo)

6 de xuño
- Foliada de lembranza na Ponte de Mourentán (Arbo)

11 de xuño
- Serán no Viso (Redondela)

12 de xuño
- Foliada na casa de veciños de Baíña (sede Airiños da Lagoa)
- Serán en Freaza(Fornelos de Montes) organizado por Eugenio da Pedra Quetiña de Touton.

19 de xuño
- Serán da "Noite da Moura" no campo da festa de Rebordechán (Crecente)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-04-2010 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Patrocinio (Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-04-2010 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer