Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

The Homens pecha xira en Vigo
A banda compostelá percorreu unha decena de localidades de Galiza, Portugal e Cataluña na súa tour de inverno-primavera.

Tentan desde hai catro anos cadrar a ecuación de «melodía, enerxía e actitude». Máis confesións: Gústalles a nova onda de finais dos 70, o post hardcore dos 80 e o pop británico de calquera época. Cantan en galego porque para eles «é o normal e natural». Visten con camisetas de raias e o seu propósito é: «facervos bailar, cantar e botar os fígados nos nosos concertos». Este xoves intentarano na sala A Fábrica de Chocolate de Vigo.

The Homens está formado por Martin Wu (guitarra e voz), Xocas (batería) e Roi Fernández (baixo e voz), aos que hai que sumar a recente incorporación de Cristovo (teclas, pandeiretas e enerxía eléctrica).

Logo de editar dous ep's, lanzaron no ano 2007 o seu traballo Tres, gravado en Sant Feliu de Guixols, que contén once cancións «intensas, melódicas e furiosas». E nestes momentos The Homens está en pleno proceso de creación do que será o seu segundo álbum.

Con esta actuación a banda pon punto e final á xira de inverno-primavera 2009, que lles levou por unha decena de localidades de Galicia, Portugal e Cataluña.

THE HOMENS
Fábrica de Chocolate (Vigo)
Xoves 30 Abril 21:30 h.
Entrada: 3 euros
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2009 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a ponte do 1º de Maio
Quinta feira 30 (Xoves)
? Dandy Fever no Aturuxo de Bueu
? Kogito no Sete flores (O Carballiño)
? The Homens na Fábrica de Chocolate (Vigo)
? Ataque Escampe no C.C. Torrente Ballester (Ferrol) ás 22:00
? Ninho do Cuco na sala 600 de Melide
? Pepe Vaamonde Grupo no Teatro Principal (Pontevedra) ás 21:00
? Foliada de primavera en Cecebre na cervexaría O Rincón
? Tabú no furancho da Balsa (Vigo)
? Grialia (pandereteiras) no bar Aturuxo (Alcabre-Vigo) ás 21:30

Sexta feira 1 (Venres)
? Guezos no Saloon Universal (Cedeira)
? Os John Deeres no Pub Jazzmin do Carballiño
? O Sonoro Maxín en Ribadavia (Arteficial 09)
? Banda Potenkim no Marrucho de Baiona
? Skandalo GZ en Torneiros (O Porriño)
? Kastomá na Fundación Artabria (Ferrol)
? Noite de Carpenta no Carpinteiro (A Coruña)

Sábado 2
? Guezos no Clavicembalo (Lugo)
? Xarín, Gaiteiros do Incio e Os Cuchufellos en Vilachá (Pobra de Brollón)
? Balakandra no Con do Moucho (Illa de Arousa)
? Presentación novo disco de Zënzar con Machina e Kastomá no Campo da Feira de Cerceda
? Abaloiro, Os Trebellos do Morrazo e Os Carunchos en Coiro (Cangas do Morrazo) ás 22:00
? Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
? IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
? I Serán en Boborás (O Carballiño, Ourense)
? I Serán do Patrocinio en Rianxiño (Rianxo)

Domingo 3
? Tino Baz en Coiro (Cangas do Morrazo) ás 18:30
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2009 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
1º de Maio na Galiza


MANIFESTACIÓNS PREVISTAS NAS DISTINTAS COMARCAS

VIGO: ás 12:00 con saída dende a Doblada.

A CORUÑA: ás 12:00 horas dende a Praza de Vigo.

COMPOSTELA: ás 12:30 horas dende a Praza Roxa.

FERROL: ás 12:00 horas con saída na Avenida do Esteiro.

A MARIÑA: ás 12:30 horas dende a Praza do Conde de Fontao (FOZ).

LUGO: ás 12:00 horas dende a Ronda da Muralla

OURENSE: ás 12:00 horas dende o Pavillón dos Remedios.

PONTEVEDRA: ás 12:00 horas dende a Praza da Ferrería.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2009 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Laxoso
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-04-2009 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Boborás
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-04-2009 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Patrocinio en Rianxo
I SERÁN DO PATROCINIO EN RIANXIÑO (Rianxo)

Este sábado 2 de maio a eso das 20:00 h aprox. comeza no campo de San Xosé en Rianxiño o I serán do patrocinio, no que haberá comida, bebida e como non boa música galega, así que xa sabedes animadevos a participar só tendes q traer os vosos instrumentos e gañas de bailar . E para os máis golosos, a partir da media noite repartirase o tradicional arroz con leite da festa do patrocinio, pero tamén hai cabida para os máis ambiciosos xa que coa consumición entras a formar parte dun sorteo de un lote de conservas, así que xa sabedes animádevos a participar e a pasalo ben. Vemonos na festa.


* Todo aquel interesado en inscribirse para tocar no serán farao na mesa dos tickets colocada no campo da festa.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-04-2009 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
Bruma: Novo proxecto de danza
Estreo do primeiro espectáculo de "Bruma"

Sábado 2 de Maio, ás 21:00 no Auditorio de Cangas


BRUMA
9 ESPELLOS E UNHA CAIXA DE MÚSICA


?nun lugar descoñecido de nós?

Somos a través dos outros ou viceversa, ou todo?

Consciente ou inconscientemente pasamos a vida buscando espellos humanos nos que o seu reflexo nos diga algo de nós, algúns aborrecémolos, outros namórannos, pero nada ou case nada dura.

?El olvido solo se llevó la mitad? Joan Manuel Serrat en Lucía.

Dentro disto o terrible é non atopar un só reflexo no que quedarnos alomenos un instante ou unha vida, e así vagan pola súa existencia aqueles que non poden, ou peor, non queren; quedando só deles a súa anguria, a incerteza, a dúbida o medo etc?

Presentámosvos algunhas destas imaxes preguntando: onde te quedas ti?

FICHA TÉCNICA

Dirección Artística e Musical: Serxio Cobos
Intérpretes: Uxia Portela, Manuel Covas, Maria Prieto, Mercedes Prieto, Iván Costa, Miguel Fraguas, Serxio Cobos
Iluminación: Ángel Cobos
Son: Fran Santos
Vestiario músicos: Patri
Vestiario bailaríns: Ada Negra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2009 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Cecebre
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-04-2009 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Muiño en Coiro (Cangas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2009 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Zënzar presenta o seu novo disco en directo
Zënzar, unha das bandas veteranas do rock en galego, presenta en directo o seu novo disco 'A Tribu, cando se cumpren 20 anos da súa formación. Será no XVI Festival de Cerceda, no que tamén se escoitarán ao vivo os temas que compoñen o novo traballo de Machina

O 2 de maio celébrase a XVI edición do Festival de Cerceda, unha das citas claves do rock en Galiza, que dende os seus inicios apostou por facer realidade a máxima do movemento bravú: achegar as guitarras eléctricas ás aldeas. A nova edición adiántase no calendario para acoller a presentación dos novos traballos de dúas bandas locais emblemáticas como son Zënzar e Machina.

Xurxo Souto e Sofía de Labañou serán os mestres de cerimonias no que Zënzar achegará ao Campo da Feira os temas de A 'Tribu', o seu quinto disco, enclavado no rock con arroutadas punk e metal. A saída do disco coincide co 20 aniversario desta banda pioneira do rock en galego e buque insignia, xunto con outros moitos, do movemento bravú.

Pola súa banda Machina debullará en directo Post-bravú, un disco difícil de clasificar, que bebe do metal e o rock e que non nega influencias do movemento bravú. Ao palco do festival subirase tamén como grupo convidado Kastomä, estreando o repertorio do seu novo álbum, Almas da noite. Zënzar e Machina contarán tamén no directo cos músicos que participaron na gravación de cadanseus discos. O concerto será filmado en vídeo e audio e realizarase proximamente unha edición conxunta con temas das dúas formacións.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-04-2009 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Zenzar
Xa está dispoñible o novo disco de Zenzar "A Tribu", un traballo sobre todo roqueiro pero coma sempre con arroutadas punkies, heavies e tradicionais.

Gravado e co-producido por Javier Abreu e Zënzar nos estudios Océano de Nigrán. Contan coa colaboración de Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Xurxo Souto (3 Trebóns), GendeBeat, María X.Silvar (Chámalle Xis), os percusionistas Manolo Suárez e David Bolaño así como o gaiteiro José M. Ares. Este disco é Autoeditado por Zënzar e distribuido por Lonxa Cultural.

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 30-04-2009 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Cerceda
O vindeiro 2 de maio a partir das 21,00h. con carpa e entrada de balde celébrase a XVI edición do festival de Cerceda.

Esta edición adiantase ao verán para así celebrar a presentación conxunta dos novos disco de Machina e Zenzär e conta coa colaboración de Kastomä.

Así baixo a denominación de Són Cerceda 100% a Asociación Lucerna vólcase na promoción dos grupos da comarca e organiza esta noite de rock na que se espera a afluencia masiva de todos os seguidores destes grupos e dos amantes do bo rock galego en xeral.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-04-2009 11:29
# Ligazón permanente a este artigo
Festival polo Sahara livre
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-04-2009 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Derradeiro Serán da tempada na Nasa
O vindeiro mércores 29 de abril ás 21:30 temos o último "Seráns da Nasa" desta tempada, para tódolos bailadores e bailadoras espallados por Galiza que teñades gañas e necesidade de botar unhas bailas, e tamén para todos aqueles que non sabedes bailar e queredes disfrutar da música,coñecer que é iso dos seráns e animarvos a botarlle un puntiño...

Os grupos que van poñer a música son:

- Pandereteiras FARGALLOS de Teo
- Grupo de gaiteiros ?A MAMOA? de Luou
- ALVARIZA de Teo
- ?OS REPUBLICANOS
"

O baile pólo ti.
Grazas a todos por facer dos Seráns unha realidade.

Agardámosvos .
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-04-2009 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre o disco de Tanxedoras
Irrumpe no panorama da música tradicional galega ?escaso de novas propostas tras aquela eclosión dos anos 90? esta agrupación constituida por cinco xoves mulleres ?Loli, Leni, María, Margó e Tere? que, frente a outras propostas de cantareiras e pandereteiras que apostan pola ?modernidade popeira?, decantanse en troques por unha derivación cara as raíces máis profundas do noso folklore cun feixe de pezas interpretadas á antiga usanza, incorporando instrumentos de percusión como sachos, tixolas, culleres...
Sen dúbida, un traballo artístico ?de grande valor?.
S.R.

www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 29-04-2009 01:01
# Ligazón permanente a este artigo
Sumrrá en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-04-2009 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
Novo libro-CD de Edicións do Cumio

Comentarios (0) - Categoría: Publicacións - Publicado o 29-04-2009 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá con Cesar Fernández
Hoxe, martes, día 28/04/2009

Nesta ocasión "Alalá" terá un destacamento estelar: un programa dedicado ao mellor tocador do berimbao de Galicia, César Fernández, que ademais é un gran gaiteiro e todo un catedrático na universidade da vida.
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 28-04-2009 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Fran Pérez
Aló Irmao é un proxecto musical integrado polo galego Fran Pérez, máis coñecido como Narf, e o guineano Manecas Costa. Tivo que chegar un encontro como Cantos na Maré para que estos dous artistas uniran os seus talentos.

En Aló Irmao, o potente latido africano xúntase ás sonoridades galegas, e da faísca xorde un regueiro de ideas que dá luz a un torrente de sensacións. Estes días atópanse en Canarias, no Festival Tránsitos, mais os 16 e 17 de xuño será a hora de desembarcar en Compostela, cidade na que gravarán o seu primeiro disco en directo.

Pregunta: Que lle dirías a alguén que non soubese que é Aló Irmao?

Resposta: É un espectáculo de encontro entre un artista de Guinea Bissau, guitarrista e cantante extraordinario, Manecas Costa, e Narf, que son eu. Ten dúas características moi definitorias do que é. Primeiro, que é un espectáculo simple, moi intimista. Estamos nos os dous sós coas guitarras. Segundo, que o repertorio está composto a medias entre os dous especialmente para o espectáculo.

De maneira que saíron unhas cancións que establecen unha ponte con dous sentidos. Por unha parte, partimos do que tempos en común, que é moito a pesar das distancias físicas, e ao mesmo tempo, isto nos vale para disfrutar do que temos de diferencia, que tamén é moito; estilísticamente, a maneira de expresar as cousas, de cantar, de tocar... Son cancións que falan de temáticas que nos son comúns: a memoria, a infancia, a emigración, o amor, tantas cousas...

Orixinal sonoridade
P: Como definirías o voso son?


R: É un son orixinal. En realidade, acaba por ser unha cousa que ten bastante novidade, porque, por unha parte, se xunta un estilo que é persoal de Manecas, pero que ten as súas raíces na música de Guinea, pero é un artista que se ten expandido moito estilísticamente, que é moi aberto no seu estilo. E logo está o meu estilo, que tamén é un estilo un tanto peculiar, unha especie de galego que mira cara o sur.

En vez de ter tanta influencia celtíca teño o que eu chamo música silvestre, que é que ao terreo abonado da identidade, do que eu son, galego, chegan as sementes que veñen de calquera parte do mundo. A verdade é que de ahí sae unha cousa bastante difícil de definir, moi orixinal, e de feito esa foi a sensación que causou por exemplo en Womex, un foro moi importante de world music de Sevilla. Creo que a xente quedou moi sorprendida da sonoridade que alí saía. Logo, o idioma galego ten sido tamén unha ponte, porque en todos os países da Lusofonía falar o galego é unha porta moi grande.

Admiración mutua
P: Como decidistes unirvos?


R: Isto xurdiu precisamente nun encontro de artistas da Lusofonía, Cantos na maré. Alí encontrámonos, porque eramos convidados. Nestas cousas que pasan no camerino, cando estás esperando a saír, neses momentos mortos que hai, coas guitarras na man e xorde a chispa. Normalmente, estas cousas quedan en nada, pero logo xurdiu a oportunidade de facer un espectáculo xuntos e en vez de tirar por un camiño máis simple, de tocar cada uns as súas, como tiña xurdido aquela chispa, decidimos darlle contidos e puxémonos a compoñer cancións especificamente para ese día.

P: Sodes unha parexa ben avida? Resulta doado traballar xuntos?

R: Claro. O interesante é iso, como é o traballo de levarse ben artisticamente falando. Se queres, non é difícil entenderse cunha persoa. Aquí, temos tamén a dimensión musical, que esixe, por unha parte, dunha admiración grande mutua, un respeto, porque tanto a súa linguaxe como a miña teñen moita personalidade.

Nun encontro hai sempre unha xenerosidade. Da para que se enriqueza o producto final. Creo que a música que sae nunca a faría só e atrévome a dicir que Manecas tampouco. É moi enriquecedor para os dous e, de momento, creo que estamos tendo esa óptica de saber beneficiarnos os dous nun sentido artístico. Sentimos que iso nos engrandece aos dous.

Gravación en Santiago
P: Entón, é un proxecto con futuro por diante...


R: Si. O primeiro que queremos facer, e ademais xa temos data, é que os días 16 e 17 de xuño imos gravar en Santiago, no Teatro Principal, un disco en directo. Utilizaremos os dous días para ver cal é mellor para gravar un disco e un DVD. Iso quere dicir que dunha maneira un tanto inesperada o proxecto foi dando frutos.

P: Tocastes tanto en Europa como en África, son públicos moi diferentes?

R: Aí é onde está a cuestión curiosa. O público é diferente, pero creo que o bo que ten o espectáculo é que ten elementos para ser visto dende os dous puntos de vista. É un pouco o que che dicía antes, se nós o que facemos é disfrutar do que temos en común e do que nos diferencia, o público recibe tamén iso mesmo e acaba disfrutando un público africano, un público europeo de iso, do que temos todos en común e das maneiras diferentes de expresalo. Isto enriquécenos.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2009 00:52
# Ligazón permanente a este artigo
O Son enxebre das Pontes
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2009 00:50
# Ligazón permanente a este artigo
Tanxedoras chegan ó esceario da súa orixe
Leni, Yoli, María e Tere ou o que o mesmo, As Tanxedoreas, subiron unha vez máis ao esceario, mais esta vez na súa cidade e cun traballo discográfico baixo o brazo: ?Enerxía para botar por fóra?, un cd coa escolma das mellores pezas das recollidas feitas ao longo dos seus seis anos de existencia.

A son do pandeiro, panderetas, castañolas ou percusións, o potencial das cinco integrantes de As Tanxedoras deixouse notar onte sobre as táboas do Centro Cultural Caixanova. ?Estamos moi ilusionadas por poder tocar na nosa cidade e nun lugar tan emblemático como é Caixanova, xa que, pese a ser viguesas, aquí é onde menos oportunidades de tocar tivemos?, afirmou para este medio, María Silva, unha das Tanxedoras, horas antes do comezo do recital.

O repertorio foi a base de pezas que as cinco intérpretes recolleron polas aldeas de toda Galicia ao longo de seis anos: ?A riqueza do noso patrimonio musical é importantísima; cada zona ten un xeito propio de nasalizar a voz, variando incluso fonéticamente, e acompáñase por diferentes instrumentos, por exemplo, mentres en Ribeira domina a gaita e o tambor, na Costa da Morte, a pandeireta?, afirmou Silva.

Ao longo deste tempo teñen recollido todo tipo de expresións artísticas, aínda que para As Tanxedoras as que máis chaman atención do público son as que musicalizan aparellos cotiás: ?É moi curiosa a tradición que aínda conservan na zona de Ourense, onde se acompañan coa son das tixolas ou os temas musicalizados pola son das sachadas; a xente chócalle, pero estes costumes existían, xa que nas xornadas de campo, facían competicións para ver quen remata antes e despois botábanse a cantar acompañándose do que tiñan a man?, sinalou a cantareira. Vigo, ao seren unha área industrializada, conserva pouco deste patrimonio: ?Da cidade temos algunha cantiga de taberna, festeira acompaña por gaita ou acordeón; é máis rico o acerbo de Mondariz ou A Paradanta, que conservan a tradición dos seráns?, concluíu María Silva, que xunto as súas compañeiras, comezaron no folk de nenas.

www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2009 00:50
# Ligazón permanente a este artigo
Artigo da Central Folque (Compostela)
A Central Folque renova a música popular galega
Para aclarar que os ritmos tradicionais non son só un feixe de gaitas, esta organización impulsa o estudo e promoción dos novos sons que se producen nestes intres no país.


?Para distinguir o de aquí, hai que ter unha visión multicultural?. É a tese de Sergio Fernández, músico catalán que toca a gaita e que agora vén de se lanzar á aventura co acordeón diatónico. Reside en Galicia, e a única forma que ten de se familiarizar con este instrumento é a través dun mestre como Pedro Pascual, integrante de Marful e toda unha referencia nesta materia.

?Ségueme a alucinar que exista unha escola así?, di o profesor. ?Cando eu comecei a tocar, tiña que pagar cursos en Euskadi ou Francia. O que a min me levou varios anos, aquí pódese facer en un?, di. Estase a referir á escola musical que a Central Folque ten en Santiago de Compostela, unha iniciativa pioneira, cun plano de estudos de catro anos, para se especializar na música tradicional galega.

Pascual dá clases todos os sábados xunto a un interesante conxunto de ?non docentes?, como os define Ugía Pedreira, compañeira de grupo de Pascual e directora desta novidosa academia. ?Somos todos da xeración dos 70, a de Carlos Núñez?, recorda a cantante, que cre que a profesionalización veu despois da creación no seu caso, pero que esta porta que eles abriron pode agora beneficiar as novas xeracións.
?Vese que Óscar é un bo músico, con moitos recursos?, di Ramón do seu profesor, Óscar Fernández, que lles ensina, a el e outros compañeiros, a coñecer ben a zanfona, instrumento que sae moito do típico, adxectivo que nesta escola, aberta ao mundo, parece non existir.

Pauliine, licenciada en Filoloxía Hispánica, provinte de Letonia, recorda que se puxo a tocar este instrumento porque se sentiu interesada polos ritmos do país logo de ler un libro sobre lendas galegas.
?A música evoluciona, non é ríxida, e aquí axúdannos a fixar ese enfoque?, explica Beatriz Blanco, que vén de tocar con Pedro Pascual un tema moi na liña de Yann Tiersen, o célebre compositor da banda sonora de Amélie. Non por nada opina Pascual que Francia ten máis tradición co acordeón diatónico. ?Non me atrevería a falar dun estilo galego con este instrumento?, di, pero ben que probou que se poden facer propios os sons alleos.

Do local ao global
Esta filosofía, a de fusionar o cosmopolita coa tradición máis local, parece imperar nunha escola que tivo o ano pasado unhas 400 solicitudes, aínda que só admitiron a 120. ?A selección foi moi difícil?, admite Edelmiro Fernández, responsable das clases de gaita, que xa era ?non docente? na anterior escola que tiñan el Lalín. Agora, esa primeira academia dividiuse en dúas localidades, a de Santiago de Compostela e a de Pontevedra, dirixida ao público infantil.

Pero non só de clases vive a Central Folque. As súas actividades inclúen tres piares: docencia, investigación e producións. Estas últimas reprodúcense por todo o mapa galego e no estranxeiro.

Un dos eventos máis importantes por vir é o Ciclo de Músicas Portuarias, que terá lugar en Ferrol do 20 de xuño ao 11 de xullo, unindo a diferentes culturas a través do mar. Estarán presentes o arxentino Marcelo Mercadante, a asturiana Anabel Santiago, os galegos Marful, e a portuguesa Mísia.
Ademais, Aleksander Kolkowski estará no ciclo Espazos Sonoros o luns na Sala Nasa de Santiago.

INVESTIGACIÓN

Ademais da produción de diversos espectáculos, e das clases impartidas nos centros de Santiago de Compostela e Pontevedra, a Central Folque leva a cabo varias investigacións sobre a música tradicional galega.

A máis recente, publicada no libro A la Habana quiero ir, de Ramón Piñeiro, fala da fusión entre os ritmos do país e os do Estado comunista. Froito de ?dous meses de investimento musical?, como os define Ugía Pedreira, a máxima responsable da organización, é o espectáculo Descarga ao vivo. Cuba-Galiza 08.
Este é un macroconcerto con novas versións de temas clásicos, que pasan polo filtro do cubano. ?Esperamos poder traelo a Galicia?, di Pedreira.

Actualmente, a Central Folque ten dous novos proxectos de investigación. Un, sobre a regueifa e ?outras actividades de canto improvisado?, para a Asociación Veciñal de Valadares. Outro, sobre a canción mariñeira de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa).

www.xornal.com
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2009 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 27 (Luns)
? Arrás! no Forum Metropolitano (A Coruña) ás 21:00

Terza feira 28 (Martes)
? Paco Represas e a banda dos 45 no Muiño Vello de Redondela

Corta feira 29 (Mércores)
? Serán na sala Nasa (Compostela)

Quinta feira 30 (Xoves)
? Dandy Fever no Aturuxo de Bueu
? Kogito no Sete flores (O Carballiño)
? The Homens na Fábrica de Chocolate (Vigo)
? Ataque Escampe no C.C. Torrente Ballester (Ferrol) ás 22:00
? Ninho do Cuco na sala 600 de Melide
? Pepe Vaamonde Grupo no Teatro Principal (Pontevedra) ás 21:00
? Foliada de primavera en Cecebre na cervexaría O Rincón

Sexta feira 1 (Venres)
? Guezos no Saloon Universal (Cedeira)
? Os John Deeres no Pub Jazzmin do Carballiño
? O Sonoro Maxín en Ribadavia (Arteficial 09)
? Banda Potenkim no Marrucho de Baiona

Sábado 2
? Guezos no Clavicembalo (Lugo)
? Xarín, Gaiteiros do Incio e Os Cuchufellos en Vilachá (Pobra de Brollón)
? Balakandra no Con do Moucho (Illa de Arousa)
? Presentación novo disco de Zënzar con Machina e Kastomá no Campo da Feira de Cerceda
? Abaloiro, Os Trebellos do Morrazo e Os Carunchos en Coiro (Cangas do Morrazo) ás 22:00
? Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
? IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
? I Serán en Boborás (O Carballiño, Ourense)
? I Serán do Patrocinio en Rianxiño (Rianxo)

Domingo 3
? Tino Baz en Coiro (Cangas do Morrazo) ás 18:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2009 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do IX Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira

1º premio: Ponte Vella
2º premio: Colexiata do Sar
3º premio: Malveiras

Donaire: Mellor vestiario e acompañamento
Comentarios (29) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-04-2009 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Arrás! na Coruña
Hoxe luns 27 de abril ás 21 horas o auditorio do Forum Metropolitano acollerá no marco do seu ciclo Forumfolk a presentación do traballo discográfico "Asumindo riscos", o primeiro disco do grupo folk ARRÁS no que o grupo condensa as diversas tendencias musicais e sonoras que o caracterizan.

ARRÁS!! nace a finais do ano 2004 como un grupo de amigos estudantes que deciden facer música; música que lles gusta, sinxela, que surxe...Sen dúbida a ideosincrasia do grupo refléxase na súa música, podénsose calificar coma un auténtico "potaxe galego", froito das diversas influencias musicais e humanas dos seus integrantes. Se caracteriza por manter unha liña de traballo definida, constituíndo a base do seu repertorio as composicións propias, que en ocasións, o grupo mistura en perfecta sintonía coa música tradicional e popular. Arrás foi gañador do VI Concurso Folk organizado por Radio Obradoiro tendo a sorte de poder levar a súa música ó longo destes anos por algúns dos máis representativos escenarios e festivais galegos: Teatro Principal de Compostela, Teatro de Viveiros, Viveifolk, Festival folk de Guísamo, Festival folk da praia de Ézaro, Festa do Queixo... así coma de compartir escenario e vivencias con grupos de renome: Kepa Jnquera, Cristina Pato, leilía, Susana Seivane, Brath, Faltriqueira... Arrás!!! está formado por seis compoñentes de diversa procedencia, todos eles curtidos no mundo da música dende moi vnovos e unidos cun boxetivo común: desfrutar coa boa música.

Manu Abraldes: baixo eléctrico e acústico
Rocío Jiménez: voz
David Bellas: gaitas, saxos tenor e soprano e frautas
Pablo Gómez: piano, teclados e voz
Michel Ribadulla: guitarras acústica e eléctrica
Dani Díaz: batería e percusión

www.folkarras.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2009 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de gravación en cilindro fonográfico
aCentral Folque en Espazos Sonoros
Obradoiro de gravación en cilindro fonográfico con A.Kolkowski

Terá lugar o día luns 27 de abril pola tarde (16 a 20 h) na Sala Nasa.


A proposta para este obradoiro é experimentar coa gravación en cilindro fonográfico e que alumnos e profesores da escola graven ao vivo diante dos aparatos deste sistema ?primitivo? na fixación dos rexistros sonoros.

É aberto e de balde para os que queiran asistir a este obradoiro previa inscrición no teléfono +34 881 031 829 ou no correo electrónico info@folque.com

Ademais da parte práctica da gravación, haberá outros temas de interese coma Introdución ás técnicas de gravación con cilindros de cera e discos de acetato; Demostración de gravacións acústicas; Sesións de gravación en disco coa música e cds dos alumnos.

Aleksander Kolkowski (1959, Londres) músico e compositor británico que traballa con instrumentos e máquinas da era pioneira da gravación e da reprodución (violíns de Stroh, gramófonos da conclusión, discos da goma laca e fonógrafos de cilindro) para facer música mecánico-acústica viva.

Espazos Sonoros é un festival de música suxestiva en arquitecturas especiais. Engloba ámbitos temáticos adicados á diferentes xéneros, estilos e épocas. Unha das súas orientacións é repasar algunhas propostas relacionadas coa música desde outros puntos de vista abertos á investigación e a reflexión sonora.

Esta actividade está encadrada na visita deste artista convidado polo festival para realizar unha serie de concertos baixo a denominación de Wireless, que levará en forma de concerto e exhibición sonora o mércores 29 de abril no Museo de Belas Artes da Coruña ás 20.30 h e o xoves 30 de abril no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense ás 20.30 h.
Wireless é unha resposta persoal á música da nosa incorpórea era dixital. Trátase dunha performance con gramófonos, cilindros fonográficos, gravacións en cilindros de cera e discos de goma laca acompañados do violín Stroh (1899).

No canto dun computador portátil, altofalantes, cables e un violín eléctrico, temos gramófonos antigos, fonógrafos con cilindros de cera e violíns de corno dos primeiros tempos da gravación e reprodución mecánica. Todos os equipos se tocan para crear unha composición que incorpora a música en directo ás gravacións históricas de sons mecánicos e da natureza, evocando ao mesmo tempo a música electrónica e a ?musique concrète?, pero sen medios electrónicos.

As pioneiras tecnoloxías musicais de finais do século XIX, que precisaron bucinas e diafragmas cos que recibir e transmitir o son, son agora resucitadas para producir unha música inequivocamente do presente. Así, o espírito da antiga reprodución mecánica e a influencia da música moderna e de posguerra converxen coa unión do home e a máquina, unha condición xa de seu asociada ao rexistro sonoro mecánico.

Esta performance recrea o marabilloso da reprodución musical acústica e realza a imprescindible esencia do ?defecto? natural en toda a música analóxica.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-04-2009 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
IX Concurso de Música e Baile Tradicional Galego en Catalunya

A Federación de Entidades Galegas de Catalunya organiza o IX Concurso de Música e Baile Tradicional Galego en Catalunya.

Desde o ano pasado está aberto a todas as entidades que en calquera parte do mundo dedícanse a difundir a nosa música tradicional.

IX Concurso de Música e Baile Tradicional Galego en Catalunya

BASES XERAIS DE PARTICIPACIÓN

O IX Concurso da Federación de Entidades Culturais Galegas de Catalunya terá lugar o 17 de maio de 2009 no Auditori de Cornellà, rúa Albert Einstein nº 51 de Cornellà de Llobregat, ás 10 h. (a hora na que deben presentarse os grupos participantes é as 9 h.)

Os concursantes terán que levar traxes tradicionais galegos e empregar instrumentos tradicionais galegos.

Os concursantes deberán estar preparados 15 minutos antes da súa actuación situados na zona de espera. En ningún caso variarase a orde de actuación designada pola organización.

A participación deberase confirmar por mail ou fax antes do día 17/04/2009. (Ver folla de inscrición).

Ningún participante poderá participar con dúas entidades nalgunha das categorías. En casos excepcionais, poderase solicitar o incumprimento desta norma, debendo obter o permiso pola Federación, se esta considérao apropiado. (correo@fegalcat.org)

As pezas deberán ser comunicadas por escrito no mesmo mail o fax (preferiblemente mail) no que se confirme a participación en cada disciplina e acompañadas da correspondente partitura (no caso de gaiteiros/as solistas, cuartetos/quintetos e bandas). No caso de que as pezas propostas expoñan algún xénero de dúbida, quedará a disposición do xurado a aceptación ou non desas pezas.

Penalizarase se excede ata 60 segundos (1 minuto) máis da duración máxima permitida en cada categoría. Se se excede en máis de 1 MINUTO, das duracións máximas permitidas, descualificarase automaticamente ao grupo participante, nesa categoría.

INSCRIPCIÓNS
Debido as múltiples categorías do concurso e a variedade de grupos que se rexistran o número de inscricións máximo, por categoría, é de 10 participantes e será rexida en orden de chegada das inscricións.

O prazo de inscricións será do 1 de abril ata o 17 de abril de 2009, por e-mail (concurso@fegalcat.org) ou no fax 934 310 434 (mellor vía mail). A cumplimentación de todos os datos da folla de inscrición é imprescindible.

RELACIÓN DE PREMIOS

SOLISTAS:
? PRIMEIRO: 500 euros
? SEGUNDO: 250 euros
? TERCEIRO: 125 euros

CUARTETOS/QUINTETOS:
? PRIMEIRO: 800 euros
? SEGUNDO: 400 euros
? TERCEIRO: 200 euros

CANTEREIRAS/OS:
? PRIMEIRO: 800 euros
? SEGUNDO: 400 euros
? TERCEIRO: 200 euros

BANDAS:
? PRIMEIRO: 2.000 euros
? SEGUNDO: 1.000 euros
? TERCEIRO: 500 euros

BAILE:
? PRIMEIRO: 2.000 euros
? SEGUNDO: 1.000 euros
? TERCEIRO: 500 euros

Bases completas e formulario para participar no concurso.

Organiza:
FEDERACIÓN DE ENTIDADES CULTURAIS GALEGAS DE CATALUNYA

Rúa Córcega 168, 1º 4ª. 08036 Barcelona
Teléfono 933 214 350 Fax:933 636 206
concurso@fegalcat.org
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 27-04-2009 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Xoán Curiel en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2009 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 24 (Venres)
? Encontros dos Axóuxeres en Outes. Centro Social ás 18:00
? Labazada no Zona Zero de Caldas
? Snatch no Jazzmin (O Carballiño)
? Victor Aneiros no Clavicembalo (Lugo)
? Dandy Fever no Jazz Vides (A Coruña)
? Esquíos na Gentalha do Pichel (Compostela)
? Vozes da radio (Portugal) no Auriense (Ourense)
? Ardentia ás 21.00 no auditorio municipal de Arbo
? Os Irmandiños de Vincios no Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
? XI Noite de Tasca no bar O Taxista en Ponte Carreira (Frades)
? Foliada nas Pontes, na Cafetería Lar
? Foliada no Salasón (Cangas do Morrazo) a partir das 23:00

Sábado 25
? Encontros dos Axóuxeres na Estrada. Teatro Principal. 12.00 horas
? Aña Urbana, nas ruas e prazas da zona vella de Pontevedra, de 11:00 a 13:00 (aprox.).
? Encontros dos Axóuxeres en Poio. Comunidade de Montes "Rega dos Agros" de Combarro. 18.00 horas
? Nova Galega de Danza no Auditorio de Vilalba ás 20:30
? Dandy Fever no pub Leblon (Pontecaldelas)
? Kogito no Salason (Cangas do Morrazo)
? Vozes da radio (Portugal) no Liceum (O Porriño)
? Xose Constenla no Grándola Café de Ourense
? Ghaita de Pedra no Auditorio Gustavo Freire de Lugo
? Xoán Curiel no Verbum de Vigo ás 20:00
? Tocadoras do Pandeiro en Vigo ás 22:30 no C.C. Caixanova
? Lembrando o 25 de abril con Xico de Carinho no Faisca (Vigo) ás 21:00
? Lembrando o 25 de abril con Terra Morena no Esmorga (Ourense) ás 21:30
? Lembrando o 25 de abril con María Xosé López no Revolta (Vigo) ás 22:00
? Lembrando o 25 de abril con Jorge Mirancos (Portugal) no Revira (Pontevedra) ás 22:00
? IV Foliada de Cerqueda nas Escolas das Pozacas
? III Noite de Fiadeiro (Ramirás)
? Foliada de Melide con Serán e Tanto nos Ten con Xarín Gaiteiros do Incio.
? Serán en Morgadáns (Gondomar) no torreiro de San Roque
? Serán en Santa Mª da Guía (Randufe-Tui)
? Serán de Lentille (Santa Eulalia de Batalláns, As Neves)
? Serán na casa da cultura de Mogor (Marín)

Domingo 26
? VI Repichoca nas Pontes a partires das 13:00
? IX Concurso de baile Tradicional Azaloira (Bandeira-Silleda)
? Encontros dos Axóuxeres en Teo. Casa Común de Oza. 18.00 horas
? Mini e Mero en Melide ás 19:00
? Xose Manuel Budiño no Auditorio de Cangas do Morrazo (Festival Benéfico Afamo)
? Nova Galega de Danza no Teatro Jofre de Ferrol ás 20:30
? Projecto Miño no Auditorio de Galicia (Compostela) ás 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2009 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
Sábado 25 de abril
-III Noite de Fiadeiro (Ramirás)
-Foliada de Melide
-IV Foliada de Cerqueda nas Escolas das Pozacas
-Serán en Morgadáns (Gondomar) no torreiro de San Roque
-Serán en Santa Mª da Guía (Randufe-Tui)
-Serán de Lentille (Santa Eulalia de Batalláns, As Neves)
-Serán na casa da cultura de Mogor (Marín)

Sábado 2 de maio
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-IV Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
-I Serán en Boborás (O Carballiño, Ourense)
-I Serán do Patrocinio en Rianxiño (Rianxo)

Sábado 9 de maio
-Serán en Pazos de Borbén na Praza do Concello
-Serán de San Benito no Porriño a carón da capela de S. Benito
-Seran no Muiño de Fausto en Coiro (Cangas do Morrazo).

Sábado 16 de maio
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)
-Ruada en Cerdedo
-Serán no campo de futbol de Sobrada
-Serán na praza da Veiguiña de Marín

Sábado 23 de maio
-IV Serán Mar de Rianxo-Serán en San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
-3º seran do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo).
-Serán na Asoc. Veciños do Freixo (Vigo)

Sábado 30 de maio
-Serán no casino de Antas(A Lama)
-Serán do Coto, en Carballal (Cabral-Vigo)

Sábado 6 de xuño
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)

Venres 12 de xuño
-Serán no Vilar-Pontesampaio
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2009 16:05
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 20 de marzo
Vai de baile do 20 de marzo de 2009

Os Bugalleiros (Ames) vs Os Aturuxeiros (Barcelona)

Concurso


Xurado
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 24-04-2009 16:03
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Lentile (As Neves)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-04-2009 16:00
# Ligazón permanente a este artigo
Jam session folque no Airas Nunes de Compostela
Comeza unha nova jam no Airas Nunes de Compostela

Comezando este venres 24 de abril e cunha intención de periodicidade semanal, tódolos venres ás 21.30 h no Café Airas Nunes da rúa do Vilar nº17 de Santiago de Compostela.


Tódolos músicos están convidados a traer os seus instrumentos.

A partires das 24 h faremos tamén Jam Session de Trova Cubana.

O contacto para esta nova andaina é Martín Blanes (martin_blanes@yahoo.com)


www.folque.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-04-2009 15:58
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada nas Pontes
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-04-2009 15:54
# Ligazón permanente a este artigo
III Noite de Fiadeiro (Ramirás)

A A.C. Rebulir, Escola de Baile e Música Tradicional, organiza un ano máis a Noite de Fiadeiro, que chega a súa terceira edición. A cita como ven sendo habitual, será o derradeiro Sábado de Abril, día 25, na Praza de San Andrés (Vilavidal-Ramirás).

A idea desta festa é poder recuperar a esencia dos antigos Fiadeiros que se celebraban na Comarca, onde mozos e mozas se xuntaban a noitiña para cantar, bailar, tocar e en definitiva pasalo ben. Para procurar crear ese ambiente contaremos con máis de 10 colectivos que porán a ambientación musical, e que son:

- - Escola Provincial de Danza ?Castro Floxo (Ourense)
- - Airiños d´Arnoia (Arnoia)
- - Cantareiras da Bola (A Bola)
- - Os Jalos d´Antioquia (A Limia)
- - Grupo Lembranza-Solpor (Celanova)
- - Brixel (Verín)
- - Os Chichisos (Bueu)
- - Atalúns (Pontevedra)
- - Pandereteiras Lecer (Pazos de Borbén)
- - Cantareiros Maghúa (A Coruña)

Non é un festival, nin unha actuación dos grupos sen máis. A intención é que os asistentes participen do ambiente de troula, e que mesmo se animen a botarlle uns puntos ou uns agarrados, porque o torreiro está aberto a todos. Na mesma praza contaremos con posto de pulpo, comida e taberna, para ir repoñendo forzas e que as pernas non fallen segundo vaia descorrendo a noite, para poder chegar as 12 e brindar xuntos cunha cunca de queimada, que se distribuirá de xeito gratuíto.

www.rebulir.blogspot.com
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-04-2009 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0